1. HAI UN COLEXIO
Hai un colexio
No fondo do mar,
Onde os bonitos
Baixan a estudar.
E o que máis escribe
É o calamar,
E o que menos sabe
Non sabe o a.
A dar a lección
Peixe espada vai,
E leva un punteiro
Para sinalar.
Con ondas e barcas
O norte do mar,
E limita ao leste
Con praias sen par.
Pupitre de perlas
Bancos de coral,
Encerado verde
E xices de sal.
2. COMEZA A ESCOLA
Hoxe estamos ledos
todos os amigos;
Escomeza a escola
Por fin xa xuntiños.
Libros e cadernos
Imos estrear;
Contiños e contas
Vannos ensinar.
Faremos descansos
Para ir xogar,
Moitas cancións novas
Queremos cantar.
3. NUNCA LLEGAR TARDE
Al amanecer en un día gris,
Me levantaré, tengo que marchar.
Si quiero aprender tengo que intentar
Nunca llegar tarde a la escuela.
En la primavera, cuando luce el sol,
Llena de color los campos en flor.
Si quiero aprender tengo que intentar
Nunca llegar tarde a la escuela.
Ya llegó el período vacacional,
Todos a jugar, ya no hay que estudiar,
Y muy orgulloso yo podré decir:
Nunca llegué tarde a la escuela.
4. NA CASIÑA DE FARRUCO
Na casiña de Farruco
Hai un salguiro chorón;
Hai carballos e maceiras
E un buraco de leirçon.
Trailaralalá…………..
Hai tamén unha cociña
Con tixolas e tazóns,
Marmelada e chocolate,
Larpeiradas de turrón.
Trailaralalá…………
5. O LUNS HAI QUE VARRER
O luns hai que barrer,
O martes hai de fregar,
O mércores ao muíño
Para o xoves amasar.
Que cando vas fiar, fiar, Matías,
Que cando vas fíar, fiar, fiar.
Que cando vas fiar, fiar, Matías,
Mañanciña de San Xoán.
O venres facer bogada
Para o sábado lavar,
O domingo, como é festa,
Non se pode traballar.
Que cando vas fiar, fiar, Matías,
Que cando vas fíar, fiar, fiar.
Que cando vas fiar, fiar, Matías,
Mañanciña de San Xoán.
6. GALICIA
Galicia docemente
Está ollando ó mar:
Ten vales e montañas
E terras para labrar!
Ten portor, mariñeiros,
Ciudades e labregos
Cargados de traballos,
Cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
Velliña, soñadora:
Na voz da gaita rise,
Na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
A terra, o mar, o vento…
Pro hai outra Galicia
Que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
A xente e mais a fala
Si buscas a Galicia
En ti tes que atopala!