1. A FORMACIÓN, EXPANSIÓN E EVOLUCIÓN DOS REINOS
CRISTIÁNS PENINSULARES
I. A PENÍNSULA IBÉRICA ENTRE OS SÉCULOS VIII E XI
No século VIII a meirande parte da península ibérica fora ocupada polos musulmáns que crearon un
poderoso estado, AI-Ándalus, que hexemonizou o poder peninsular ata o século XI no que se
iniciou un declive islámico paralelo á consolidación dos primeiros reinos cristiáns peninsulares. Os
núcleos orixinarios desta “resistencia” situáronse nas zonas montañosas da Cordilleira Cantábrica,
o reino de Asturias foi fundado no século VIII. Na cordilleira Pirenaica os reis carolinxios
constituíron a Marca Hispánica, uns condados vinculados ao reino franco, que co tempo se
independizaron.
Durante estes séculos desenvolvéronse tamén as peregrinacións do Camiño de Santiago
favorecendo o desenvolvemento do comercio e a entrada das culturas e os estilos artísticos
imperantes en Europa.
1.O NUCLEO ASTURIANO
•Como se iniciou a resistencia armada os exércitos islámicos?
•Cales foron os primeiros reinos que se formaron? Que territorios abranguían?
•Por que no século X se freou o expansionismo do rei de León cara o sur?
1.O NUCLEO PIRENÁICO
•Que núcleos cristiáns se crearon nos Perineos durante o século IX?
•Que relación tivo o rei franco Carlomagno ca súa creación?
•Por que se lles chamou a estes condados a MARCA HISPÁNICA?
•Que núcleos pirenaicos se constituíron en reinos e cando o fixeron?
•Como se independizaron os condados cataláns?
1.“RECONQUISTA” E REPOBOACIÓN
•Que eran as PARIAS? Por que os reis andalusís comezaron a pagalas no século XI e non
antes?
•Por que os almorábides e os almohades atacaron a península Ibérica?
2. •Busca información sobre Rodrigo Díaz de Vivir o Cid. Busca asemade que é o
CANTAR DE MIO CID, e distingue entre o mito e a realidade.
•Que eran as repoboacións? Explica as diferenzas entre as repoboacións libres e as
concellís.
•Por que habitaban tantos campesiños libres as comarcas do val do Douro e do Sur dos
Perineos?
•Explica en que consiste a economía de subsistencia e as características que presenta.
1.A PENÍNSULA IBÉRICA: ENCONTRO DE CULTURAS
•Por que dicimos que a España medieval era un punto de encontro de culturas?
•Que era a escola de tradutores de Toledo?
•Que eran as xuderías?
•Diferencia os termos mozárabe, mudéxar e mourisco
Enlaces para contestar esta primeira parte do tema
•A expansión dos reinos cristiáns peninsulares
•A "reconquista" cristiá (vídeo)
•A evolución da "reconquista"