SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 67
as árbores
na cultura popular
“A árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galiza. A árbore é un
engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha delicia dos oídos,
porque nela cantan os paxaros; é un arrolado do espírito porque nas
súas pólas conta contos o vento. A árbore pídelle auga ó ceo para
que a terra teña sangue, vida e bonitura“.
Castelao
CASTIÑEIRO DO
VAL. (Castelao)
Museo de
Pontevedra
Neste traballo recollemos unha pequena mostra das expresións
populares de temas relacionados coas árbores e a tradición:
crenzas, lendas, ritos e costumes, refráns, cantigas, adiviñas...
A información foi recollida en directo, de bibliografía ou da Internet.
A cultura tradicional galega é marcadamente campesiña e a árbore
ten un grande simbolismo, mestura de tradicións preindoeuropeas,
atlánticas e célticas, e da cultura cristiá occidental. Desta
combinación sobreviven mitos, lendas, crenzas, vocabulario e
costumes por todo o territorio.
Os bosques e fragas galegas están cheos de lendas e tradicións pagás, moitas
delas cristianizadas.
Os nosos devanceiros
abrazaban o toro dunha árbore
para lle transmitir as súas
angurias e os seus problemas e
receber a súa forza.
Moitas árbores vellas, en
especial os carballos, eran lugar
de reunión da veciñanza.
Algunhas árbores adquiriron
carácter sagrado por ter un
vencello con fenómenos
atmosféricos, como por exemplo
pola sua capacidade de atraer aos
temibles lóstregos. É o caso dos
salgueiros, carballos, aciñeiras,
abetos e tileiras. Outros non se ven
afectados por esta descarga
eléctrica, coma os ulmeiros,
freixos, sabugueiros e faias. E esta
crenza é un resultado da
observazón. Por iso, no caso de
treboada hai que escoller ben a
que árbore achegarse.
A árbore era o símbolo da
resurrección cíclica da vexetación
(primavera-verán). Esta simboloxía
maniféstase na celebración de
diferentes festas:
-Os maios son unha festa de exaltación da
fertilidade vexetal celebrada con cantares
e con roupas vexetais que visten os mozos
e mozas.
-O 3 de maio en Laza os mozos rouban
unha árbore e lévana ata a praza principal
da vila para presidir a festa.
En Galiza hai varias tradicións
relacionadas cos maios. En moitos
lugares (Pontevedra, Vilagarcía de
Arousa, Ourense...) fanse os maios,
monumentos vexetais de forma cónica
ou con motivos figurativos adornados
con flores, ovos, fitas... e cántanse
coplas. Tamén se visten os rapaces de
“maios” con ponlas e flores para ir polas
casas a pedir agasallos.
Aí ven o maio
de frores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Curros Enríquez
Xeralmente as árbores considéranse beneficiosas. Son as máis salientábles o
loureiro, a oliveira, o carballo e todas as árbores froiteiras.
"Quen a boa árbore se achega, ben acubilla".
Nalgúns lugares hai árbores santas, ou consagradas a algúns santos.
-Carballo de Santo Antonio en Vilardefrancos. Cando se produce unha ferida no
toro bota sangue. Isto atribúese a miragres do santo.
-Carballo de Augas Santas (Allariz) bota sangue cando lle cortan o toro.
-Din que o que cortou un piñeiro vencellado ao Santuario da Caridade en
Monterrei quedou cego.
-Hai carballos bendecidos por un santo da mesma madeira (Ameixoada)...
Carballo de Augasantas
Hai moitas especies ás que se lle outorga un carácter máxico: loureiro, teixo,
bidueiro, estripeiro, abelaira, freixo, sabugueiro, virgondoiro, cerdeira, lodoeiro,
cerquiño, salgueiro, castiñeiro das bruxas, oliveira, cinamomo ou árbore de
Santo Eutelo...
abelaira
Hai moitos contos e lendas relacionados cos bosques e fragas: trasnos, meigas,
fadas, lobishomes, Santa Compaña, olláparo, apalpador, mouros e mouras... Din
que hai demos que foron expulsados do ceo e viven nas fragas.
AS SOMBRAS DAS ÁRBORES
A sombra do carballo e máis a do piñeiro son boas, a do castiñeiro húmida e fría
e a da nogueira enfermiza. Considéranse tamén prexudiciais as sombras da
figueira e do alcipreste dos cimeterios, durmir ao seu carón senta mal e ata pode
facer enfermar.
PARA DAR FROITAS
Cando unha árbore non daba froito dábaselle
unha tunda con paus ou préndíanselle pedras nas
ponlas.
Despois da cea de Noiteboa, os nenos e os
maiores tiraban pedras ás árbores, especialmente
ás froiteiras que so dan froito cada dous anos.
O dono da árbore di:
-eiquí estamos,
heino de cortar.
Outro veciño, que fai de defensor da árbore di:
-Por Deus e polas ánimas
deixádeo quedar,
pró ano que ven
hállas de dar.
O dono accede ao rogo, pero apredra de novo a
árbore e vaille dando as costas. Esa mesma noite
as árbores revíranse e poñen as raíces ao aire e as
copas na terra para que as ponlas e as follas collan
a substancia da terra e dean fartura de froitas.
CARBALLO
O carballo é a árbore máis simbólica en Galiza e a máis sagrada de todas. Símbolo
de forza e de pureza, de sombra beneficiosa e con poderes curativos.
-Os carballos purifican o ambiente e dan
boa sorte.
-É bo refregar aos animais por noiteboa
con ponlas de carballo.
-Rañarse contra un carballo cura a sarna.
-Os carballos curan tamén os meigallos e o
arangaño e en xeral as doenzas
contaxiosas.
-As persoas enfermas sandaban se
deixaban a súa roupa pendurada das
ponlas dun carballo.
-Para curar aos cativos fanse pasar por
unha fenda dun carballo vello porque se
cre que no seu interior agochan as “pedras
do raio”. Outra opción e facelo entre dúas
ponlas que fagan forquita ou por dúas
partes dunha ponla que se fende adrede e
se ata despois para ver se liga ou non, que
será sinal de que cure ou non cure.
Nalgúns árbores co toro furado tíranse
pedras para adiviñar a sorte en amores.
CARBALLO CASADEIRO DE SANTO ANTONIO. (Artes-Carballo).
Segundo a tradición, cando santo Antonio peregrinou
a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había
unha pequena ermida. Mentres o santo oficiaba,
naceu debaixo do altar un carballo que co tempo
derrubou o edificio.
Conta a lenda que o burato do carballo é
consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco
despois de morrer santo Antonio.
As mozas namoradas van alí e poñéndose de costas
tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen
di que abonda con meter unha, e outros din que son
precisas sete. Se o conseguen, casan antes do ano. Se
xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo
ritual serve para pedir un desexo calquera.
Tamén se conta que
en caso de facerlle
unha ferida ou de
cortarlle unha póla,
o carballo derrama
un líquido que
semella sangue
(prodixio atribuído
ao santo Antonio).
CARBALLO DE SANTA MARGARIDA. (Mourente-Pontevedra)
Segundo a tradición as promesas que se fan debaixo non poden romperse.
Nas súas proximidades había unha fonte miragreira, na que se lavaban os leprosos
coa esperanza de curar. O carballo é testemuña do que foi a “Carballeira dos
Gafos”, é dicir, dos leprosos.
Santa Margarida
do Monteporreiro
que ten o carballo
maiore do Reino.
Frei Martín Sarmiento
(1695-1772) “Coloquio en mil
duascentas coplas galegas”, 1746.
CARBALLO DO VIÑO (O Pelete. San Sebastián de Covelo-A Lama).
Conta a lenda que unha das mulas dun arrieiro, que ían cargadas de viño, deulle
unha couce ao fillo e deixouno medio morto. Desesperado, o seu pai pediu a
intercesión da Virxe dos Remedios para que o curara. O arrieiro agradeceulle á
Virxe a curación donando o viño que se consumira na festa.
Na festa dos Remedios
séguese a tradición de
regar o carballo con
viño. Segundo os
veciños por iso este
carballo se mantén tan
saúdable despois de
tantos anos.
CARBALLO DOS CARTOS
Castelo (Taboada)
Contan que un soldado deixou
a súa fortuna agochada no pé
dun carballo. Cando soubo que
non volvería escribeulle á súa
muller pra dicirllo. Como ela
non sabía ler deulle a carta a
un veciño, que a enganou, logo
mercoulle a carballeira e desde
ese día empezou a dispoñer de
riquezas, que aumentaban
cada vez que visitaba o
carballo.
Desde entonces quedou entre
as xentes do lugar o costume
de meter a man no furado que
tiña a árbore no pé coa
esperanza de facerse rico.
Hoxe a árbore, convertida en
monumento, adorna o lugar.
REBOLO, CERQUIÑO, CARBALLO NEGRO
Cura a sarna e o tangaraño. Hai que fregar o corpo contra el e deixar a roupa
colgada na árbore.
ACIÑEIRA
As persoas enfermas sandaban se deixaban a súa roupa pendurada das ponlas
dunha aciñeira.
CASTIÑEIRO
-Para pedir un desexo danse voltar arredor dun castiñeiro vello.
-Din que os trasnos varean os castiñeiros pola noite.
CASTIÑEIRO DE BEMBIBRE
Viana do Bolo.
Tiña uns 20 m de perímetro.
Foi cortado na Guerra Civil.
Segundo referencias de D.
Antón Fraguas, cortárono
porque Otero Pedrayo,
subido nunha das súas
ponlas, deu un discurso a
favor do Estatuto Galego,
en 1936, "
O MAGOSTO
É unha festa que se celebra en novembro de longa tradición en Ourense. Ten
unha orixe moi antiga relacionada co ciclo das colleitas.
Ásanse e cómense as castañas xógase e cántase.
Hai a crenza de que despois da festa as ánimas van quentarse ás brasas das
fogueiras e hai que deixarlles algunhas castañas para elas.
CASTIÑEIRO DE INDIAS
As castañas de indias (chamadas tamén castañas das
Bruxas ou castañas louras) úsanse para dar sorte e
espantar as meigas. Tamén se poñían nos ropeiros para
que non se picase a roupa.
LOUREIRO
-O loureiro plántase arredor das casas para protexelas.
-Protexe das treboadas, os malos espíritos e as bruxas e evita que a envexa
prexudique ás criaturas ou aos animais da casa.
-Cando se remata de levantar unha casa ponse un ramo de loureiro no tellado.
-Cando se ten o viño “abillado” (á venda nas adegas) colócase un ramo de
loureiro na porta para anuncialo.
-Na porta das pousadas e tabernas era común poñer unha ponla de loureiro para
indicarlle á xente que eran bos lugares de descanso. O loureiro protexía o viaxeiro
e dáballe sorte ao negocio.
-O loureiro úsase para os esconxuros, para quitar “aires” de morto.
-Nalgúns lugares queimábase o loureiro e facíase pasar a criatura polo fume
durante tres días dicindo: “Loureiro que foches nado sen ser plantado, quítalle o
aire de morto e de excomulgado”.
-Unha ponla de loureiro emprégase para bendecir aos mortos.
OLIVEIRA
-Plantada en lugar sagrado ten propiedades curativas.
-Protexe contra os lóstregos, os malos espíritos e as meigas e evita que a envexa
prexudique os meniños ou os animais da casa.
-Ponse unha ponla de oliveira
enriba da entrada, tanto da casa
coma da corte.
-Por Pascua lévanse ramos de
oliveiras a bendecir e gárdanse na
casa todo o ano para que dean boa
sorte.
-As mulleres que van tomar as nove
ondas acompáñanse de nove follas
de oliveira.
-Para protexer e conxurar nos nenos
o mal da envexa, lévase a criatura á
oliveira e alí, espido, toca a árbore
dicindo: ” oliveira bendita quita do
neno a fada da envexa”.
SABUGUEIRO
-Na noite de San Xoan facíanse fogueiras de sabugueiro
e facíase que o gando dera voltas arredor delas para
liberalo da peste.
-Tamén se empregan ponlas de sabugueiro para
espantar as bruxas.
-Din que o sabugueiro é bo para espantar aos sapos,
píntegas e cóbregas polo cheiro que desprende.
ACIVRO
-Para curar os cólicos dos
animais dáselles fregas no
ventre cunha ponliña de acivro.
-Ten propiedades para namorar.
Cando un mozo desexaba ser
amado por unha rapaza
apañaba unha ponla de acibro
na media noite do día de San
Xoán, levabaa ao mar e pasaba
por baixo de trece ondas,
rezando de cada vez un credo. A
ponla tornábase máxica e a
moza á que se lle tocase con ela
quedaría perdidamente
namorada.
LIMOEIRO
Plantar un limoeiro na horta da casa ou no eido da boa sorte.
FIGUEIRA
-Disque a figueira florece no Venres Santo e que da unha soa flor moi cobizada
como amuleto para a sorte.
-O que se acobilla debaixo dunha figueira é atacado axiña polo “aire” da árbore
que produce inchazóns en todo o corpo, así tamén coma “mal de ollo” e mesmo
conxuntivite.
-Nalgúns lugares aseguran que nas entrañas da figueira teñen a súa morada
lexións de espíritos infernais, e que estas árbores son refuxio propicio para os
trasnos.
FIGUEIRA DO MECO
Atópase nun con do monte da
Siradella (O Grove)
Conta a lenda que o Meco era
un cacique do Grove que
cometía moitos abusos. Unha
noite tivo unha discusión nunha
taberna e partíronlle unha xerra
na cabeza. Os veciños levárono
ao monte da Siradella e
colgáronno dunha figueira.
Cando a xustiza preguntou
Quen matou ao Meco? o pobo
respondeu Matámolo todos!
ALCIPRESTE
-Os ramos úsanse contra o mal de ollo.
TEIXO
Os romeiros que van a Santo André de Teixido
levan ponlas de teixo.
CERDEIRA
-Na noite de San Xoán
empréganse ponlas de
cerdeira para espantar as
bruxas.
-En Laza os mozos colgan
ramos de cerdeira nos
balcóns das mozas.
SALGUEIRO CHORÓN
O salgueiro chorón protexe do raio.
-Din que se lle dobraron as ponlas para darlle acubillo á Sagrada Familia cando
fuxía de Herodes (Verín).
-Outros din que foi para protexer a Xesús dos seus perseguidores, ou que foi
chorando a morte do Noso Señor.
NOGUEIRA
-A sombra da nogueira é prexudicial tanto para as persoas como para as
sementes.
-As follas e a tona empregábanse en medicina tradicional como purgante,
para tratar problemas do cute, furunchos e tallos.
-Beber auga que pase ao pé das raíces dunha nogueira produce bocio.
CINAMOMO (SANGOMIÑO)
Coñecido como árbore do Santo Outel ou San Eutelo.
-Cura a rabia.
VIRGONDOIRO
-Cura a rabia.
REFRÁNS
-Achégate á folla mentras non molla.
-Xente nova e leña verde, todo é fume.
-O que a boa árbore se achega, boa
sombra o acobilla.
-Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo
ano de froitas e troitas.
-O que non sabe mañas non come castañas.
-A castaña no agosto quer beber e no setembro comer.
-A castaña no Nadal sabe ben e parte mal.
-A castaña e o besugo en febreiro non ten zugo.
-Temperá é a castaña que por setembre regaña.
-Pranta eucalitos para ti, piñeiros para os fillos e carballos para os netos.
-No tempo dos figos non hai amigos.
-Auga para o figo, e para a pera o viño.
-Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote, meu amigo.
-As cerdeiras e os ladróns, anque os prendan non son bos.
-Non quero pereira, quero castiñeiro, para ter castañas para o ano enteiro.
-Se para San Xurxo (abril) xea non collerás nin unha pera.
-De escribáns e de ameixeiras, libre Deus as miñas terras.
-A laranxa e o limón medios ciruxáns son.
-Por San Xusto e San Pastor entran as noces en sabor.
-Se queres ter bo banastro, corta as vimbias no marzo.
-Queimemos o loureiro no mes de xaneiro
DITOS
-Da árbore caída todos fan
leña.
-De tal árbore tal astela
-A árbore coñécese polo
froito.
-Ser máis raro que un piñeiro
manso.
-Ser forte coma un carballo.
Carballo en Carballedo
CANTARES
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño,
tres castañiñas me deu
para ti meu queridiño.
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.
A castaña no ourizo
eu ben sei o que che fai;
se é que está verde, amadura,
e despois de madura cai.
Santo que estás no canizo
bota castañas abaixo,
que anque non teño mantelo,
apáñochas no refaixo.
O río cando vai cheo
leva carballos e follas,
tamén debería levar
as línguas marmuradoras.
O carballo da Portela
ten a folla revirada,
que lla revirou o vento
nunha noite de xeada.
A raíz do toxo verde
é moi mala de arrincar,
carballo que nace torto
non se pode endereitar.
Carballo da Portela (Mondariz)
Arrimeime a un pino verde
por ver se me consolaba,
e o pino como era novo (ou verde)
ao verme chorar, choraba.
Alto pino, pino alto,
que ao ceo chega coa rama,
non me derrames o pino
que me derramas a alma.
Paxariño comechón
que me andas nas cereixas,
come paxariño come,
pero a ver as que me deixas.
Chamácheme moreniña,
éche do polvo da eira,
xa me verás o domingo
como a guinda na guindeira.
Nena que vendes as peras,
Cantas che mandaron dar?
para ti meu galaniño
non mas mandaron contar.
Da miña pereira as peras,
todiñas me van roubando,
unha a unha, tres a tres,
sen elas me vou quedando.
Xa fun a Marín
xa pasei o mar,
xa comín laranxas
do teu laranxal.
A laranxa naceu verde
e co tempo madurou,
o meu corazón era libre,
ata que te conquistou.
Debaixo da oliveira
non chove nin hai orballo,
meniña, se has de ser miña
non me deas máis traballo.
Salgueiro prende de ponla,
ameneiro de raíz,
amores que foron doutra
non servides para min.
Un cesteiro anda tras de min,
e eu fuxindo do cesteiro,
anda cun feixe de varas
e pode tentalo o demo.
Desgraciado do loureiro
que está ao pé do camiño,
cada persoa que pasa
tíralle o seu ramiño.
Alcipreste non se rega
porque na lentura nace;
amor firme non se esquece
por máis traballos que pase.
Se queres que o carro ande
forte, a un tempo e velaíño,
bótalle o eixo de freixo
e as treitoiras de sanguiño.
Glorioso San Sebastián
feito de pau de ameneiro,
primo carnal dos meus zocos,
curmán do meu tabaqueiro.
ADIVIÑAS
No campo nacín,
no campo me alimento,
sempre a onde me levan
é para darme tormento.
(A madeira)
Nace no monte,
no monte se cría,
e antes de vir para a casa,
arma unha gritería
(A madeira no serradoiro)
A un alto cabaleiro
dalle a risa e perde o diñeiro
(O ourizo da castaña)
No alto estou
de ouro vestido,
por unha regaña
perdín os meus fillos
(O ourizo da castaña)
No aire se cría,
no aire se ten,
bota unha risada
e perde canto ten.
(O ourizo da castaña)
Alto está, barbas ten
rí, e guinda o que ten.
(O ourizo da castaña)
Alto pimpín,
ruín cabaleiro,
pégalle unha risada
e perde o diñeiro
(O ourizo da castaña)
Ten pelexo como a xente
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.
(A castaña)
No alto estou,
ladróns vexo vir,
da miña carapuchiña
non podo saír.
(A landra)
Unha casa de madeira
toda de alcobas chea,
en cada alcoba unha dama
a que abran as portas espera
(Piña e piñóns)
Casa pechada,
e en cada alcoba unha dama.
(Piña e piñóns)
Primeiro fun branca
logo verde me vin,
e agora que estou dourada,
ai pobre de min!
(A laranxa)
De bronce é o talo,
as follas de esmeralda.
De ouro é o froito,
as froles de prata.
(A laranxeira)
Cen e cen fillos ten
e a todos con leite mantén.
(A figueira)
Adiviña adiviñador,
que frutal carga sen a súa flor,
(A figueira)
Unha caixiña
requinquilladiña,
e non hai requinquillador
que a requinquille mellor.
(A noz)
Catro monxas nun convento
donde non entra nin aire nin vento.
(A noz)
BIBLIOGRAFÍA
-Ritos y creencias gallegas. Xesús Taboada Chivite. Ed. Sálvora, 1982.
-Diccionario dos seres míticos galegos. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé
Miranda. Ed. Xerais, 1999.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Cambados, setembro 2015

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (14)

Cantosde Nadal
Cantosde NadalCantosde Nadal
Cantosde Nadal
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
OS MAIOS
OS MAIOSOS MAIOS
OS MAIOS
 
Entroido 2021
Entroido 2021Entroido 2021
Entroido 2021
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
O apalpador ud
O apalpador udO apalpador ud
O apalpador ud
 
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
 
Magosto
MagostoMagosto
Magosto
 
Sabugueiro (Sambucus nigra)
Sabugueiro (Sambucus nigra)Sabugueiro (Sambucus nigra)
Sabugueiro (Sambucus nigra)
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
 
Samaín 2013
Samaín 2013Samaín 2013
Samaín 2013
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en Galiza
 
Wangari e as árbores da paz
Wangari e as árbores da pazWangari e as árbores da paz
Wangari e as árbores da paz
 

Destacado

Destacado (6)

Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)
 
Aves
AvesAves
Aves
 
Einstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempoEinstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempo
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 

Similar a As árbores na cultura popular

Similar a As árbores na cultura popular (20)

O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de Carnaval
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobroso
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobroso
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobroso
 
Os maios
Os maiosOs maios
Os maios
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
 
Anxo Moure
Anxo MoureAnxo Moure
Anxo Moure
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíN
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
MAGOSTO 2011
MAGOSTO 2011MAGOSTO 2011
MAGOSTO 2011
 
MAGOSTO
MAGOSTOMAGOSTO
MAGOSTO
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

As árbores na cultura popular

  • 2. “A árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galiza. A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha delicia dos oídos, porque nela cantan os paxaros; é un arrolado do espírito porque nas súas pólas conta contos o vento. A árbore pídelle auga ó ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura“. Castelao CASTIÑEIRO DO VAL. (Castelao) Museo de Pontevedra
  • 3. Neste traballo recollemos unha pequena mostra das expresións populares de temas relacionados coas árbores e a tradición: crenzas, lendas, ritos e costumes, refráns, cantigas, adiviñas... A información foi recollida en directo, de bibliografía ou da Internet.
  • 4. A cultura tradicional galega é marcadamente campesiña e a árbore ten un grande simbolismo, mestura de tradicións preindoeuropeas, atlánticas e célticas, e da cultura cristiá occidental. Desta combinación sobreviven mitos, lendas, crenzas, vocabulario e costumes por todo o territorio.
  • 5. Os bosques e fragas galegas están cheos de lendas e tradicións pagás, moitas delas cristianizadas.
  • 6. Os nosos devanceiros abrazaban o toro dunha árbore para lle transmitir as súas angurias e os seus problemas e receber a súa forza. Moitas árbores vellas, en especial os carballos, eran lugar de reunión da veciñanza.
  • 7. Algunhas árbores adquiriron carácter sagrado por ter un vencello con fenómenos atmosféricos, como por exemplo pola sua capacidade de atraer aos temibles lóstregos. É o caso dos salgueiros, carballos, aciñeiras, abetos e tileiras. Outros non se ven afectados por esta descarga eléctrica, coma os ulmeiros, freixos, sabugueiros e faias. E esta crenza é un resultado da observazón. Por iso, no caso de treboada hai que escoller ben a que árbore achegarse.
  • 8. A árbore era o símbolo da resurrección cíclica da vexetación (primavera-verán). Esta simboloxía maniféstase na celebración de diferentes festas: -Os maios son unha festa de exaltación da fertilidade vexetal celebrada con cantares e con roupas vexetais que visten os mozos e mozas. -O 3 de maio en Laza os mozos rouban unha árbore e lévana ata a praza principal da vila para presidir a festa.
  • 9. En Galiza hai varias tradicións relacionadas cos maios. En moitos lugares (Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense...) fanse os maios, monumentos vexetais de forma cónica ou con motivos figurativos adornados con flores, ovos, fitas... e cántanse coplas. Tamén se visten os rapaces de “maios” con ponlas e flores para ir polas casas a pedir agasallos. Aí ven o maio de frores cuberto... Puxéronse á porta cantándome os nenos; e os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Curros Enríquez
  • 10. Xeralmente as árbores considéranse beneficiosas. Son as máis salientábles o loureiro, a oliveira, o carballo e todas as árbores froiteiras. "Quen a boa árbore se achega, ben acubilla".
  • 11. Nalgúns lugares hai árbores santas, ou consagradas a algúns santos. -Carballo de Santo Antonio en Vilardefrancos. Cando se produce unha ferida no toro bota sangue. Isto atribúese a miragres do santo. -Carballo de Augas Santas (Allariz) bota sangue cando lle cortan o toro. -Din que o que cortou un piñeiro vencellado ao Santuario da Caridade en Monterrei quedou cego. -Hai carballos bendecidos por un santo da mesma madeira (Ameixoada)... Carballo de Augasantas
  • 12. Hai moitas especies ás que se lle outorga un carácter máxico: loureiro, teixo, bidueiro, estripeiro, abelaira, freixo, sabugueiro, virgondoiro, cerdeira, lodoeiro, cerquiño, salgueiro, castiñeiro das bruxas, oliveira, cinamomo ou árbore de Santo Eutelo... abelaira
  • 13. Hai moitos contos e lendas relacionados cos bosques e fragas: trasnos, meigas, fadas, lobishomes, Santa Compaña, olláparo, apalpador, mouros e mouras... Din que hai demos que foron expulsados do ceo e viven nas fragas.
  • 14. AS SOMBRAS DAS ÁRBORES A sombra do carballo e máis a do piñeiro son boas, a do castiñeiro húmida e fría e a da nogueira enfermiza. Considéranse tamén prexudiciais as sombras da figueira e do alcipreste dos cimeterios, durmir ao seu carón senta mal e ata pode facer enfermar.
  • 15. PARA DAR FROITAS Cando unha árbore non daba froito dábaselle unha tunda con paus ou préndíanselle pedras nas ponlas. Despois da cea de Noiteboa, os nenos e os maiores tiraban pedras ás árbores, especialmente ás froiteiras que so dan froito cada dous anos. O dono da árbore di: -eiquí estamos, heino de cortar. Outro veciño, que fai de defensor da árbore di: -Por Deus e polas ánimas deixádeo quedar, pró ano que ven hállas de dar. O dono accede ao rogo, pero apredra de novo a árbore e vaille dando as costas. Esa mesma noite as árbores revíranse e poñen as raíces ao aire e as copas na terra para que as ponlas e as follas collan a substancia da terra e dean fartura de froitas.
  • 16. CARBALLO O carballo é a árbore máis simbólica en Galiza e a máis sagrada de todas. Símbolo de forza e de pureza, de sombra beneficiosa e con poderes curativos.
  • 17. -Os carballos purifican o ambiente e dan boa sorte. -É bo refregar aos animais por noiteboa con ponlas de carballo. -Rañarse contra un carballo cura a sarna. -Os carballos curan tamén os meigallos e o arangaño e en xeral as doenzas contaxiosas. -As persoas enfermas sandaban se deixaban a súa roupa pendurada das ponlas dun carballo. -Para curar aos cativos fanse pasar por unha fenda dun carballo vello porque se cre que no seu interior agochan as “pedras do raio”. Outra opción e facelo entre dúas ponlas que fagan forquita ou por dúas partes dunha ponla que se fende adrede e se ata despois para ver se liga ou non, que será sinal de que cure ou non cure. Nalgúns árbores co toro furado tíranse pedras para adiviñar a sorte en amores.
  • 18. CARBALLO CASADEIRO DE SANTO ANTONIO. (Artes-Carballo). Segundo a tradición, cando santo Antonio peregrinou a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había unha pequena ermida. Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do altar un carballo que co tempo derrubou o edificio. Conta a lenda que o burato do carballo é consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco despois de morrer santo Antonio. As mozas namoradas van alí e poñéndose de costas tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen di que abonda con meter unha, e outros din que son precisas sete. Se o conseguen, casan antes do ano. Se xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual serve para pedir un desexo calquera. Tamén se conta que en caso de facerlle unha ferida ou de cortarlle unha póla, o carballo derrama un líquido que semella sangue (prodixio atribuído ao santo Antonio).
  • 19. CARBALLO DE SANTA MARGARIDA. (Mourente-Pontevedra) Segundo a tradición as promesas que se fan debaixo non poden romperse. Nas súas proximidades había unha fonte miragreira, na que se lavaban os leprosos coa esperanza de curar. O carballo é testemuña do que foi a “Carballeira dos Gafos”, é dicir, dos leprosos. Santa Margarida do Monteporreiro que ten o carballo maiore do Reino. Frei Martín Sarmiento (1695-1772) “Coloquio en mil duascentas coplas galegas”, 1746.
  • 20. CARBALLO DO VIÑO (O Pelete. San Sebastián de Covelo-A Lama). Conta a lenda que unha das mulas dun arrieiro, que ían cargadas de viño, deulle unha couce ao fillo e deixouno medio morto. Desesperado, o seu pai pediu a intercesión da Virxe dos Remedios para que o curara. O arrieiro agradeceulle á Virxe a curación donando o viño que se consumira na festa. Na festa dos Remedios séguese a tradición de regar o carballo con viño. Segundo os veciños por iso este carballo se mantén tan saúdable despois de tantos anos.
  • 21. CARBALLO DOS CARTOS Castelo (Taboada) Contan que un soldado deixou a súa fortuna agochada no pé dun carballo. Cando soubo que non volvería escribeulle á súa muller pra dicirllo. Como ela non sabía ler deulle a carta a un veciño, que a enganou, logo mercoulle a carballeira e desde ese día empezou a dispoñer de riquezas, que aumentaban cada vez que visitaba o carballo. Desde entonces quedou entre as xentes do lugar o costume de meter a man no furado que tiña a árbore no pé coa esperanza de facerse rico. Hoxe a árbore, convertida en monumento, adorna o lugar.
  • 22. REBOLO, CERQUIÑO, CARBALLO NEGRO Cura a sarna e o tangaraño. Hai que fregar o corpo contra el e deixar a roupa colgada na árbore.
  • 23. ACIÑEIRA As persoas enfermas sandaban se deixaban a súa roupa pendurada das ponlas dunha aciñeira.
  • 24. CASTIÑEIRO -Para pedir un desexo danse voltar arredor dun castiñeiro vello. -Din que os trasnos varean os castiñeiros pola noite.
  • 25. CASTIÑEIRO DE BEMBIBRE Viana do Bolo. Tiña uns 20 m de perímetro. Foi cortado na Guerra Civil. Segundo referencias de D. Antón Fraguas, cortárono porque Otero Pedrayo, subido nunha das súas ponlas, deu un discurso a favor do Estatuto Galego, en 1936, "
  • 26. O MAGOSTO É unha festa que se celebra en novembro de longa tradición en Ourense. Ten unha orixe moi antiga relacionada co ciclo das colleitas. Ásanse e cómense as castañas xógase e cántase. Hai a crenza de que despois da festa as ánimas van quentarse ás brasas das fogueiras e hai que deixarlles algunhas castañas para elas.
  • 27. CASTIÑEIRO DE INDIAS As castañas de indias (chamadas tamén castañas das Bruxas ou castañas louras) úsanse para dar sorte e espantar as meigas. Tamén se poñían nos ropeiros para que non se picase a roupa.
  • 28. LOUREIRO -O loureiro plántase arredor das casas para protexelas. -Protexe das treboadas, os malos espíritos e as bruxas e evita que a envexa prexudique ás criaturas ou aos animais da casa. -Cando se remata de levantar unha casa ponse un ramo de loureiro no tellado. -Cando se ten o viño “abillado” (á venda nas adegas) colócase un ramo de loureiro na porta para anuncialo.
  • 29. -Na porta das pousadas e tabernas era común poñer unha ponla de loureiro para indicarlle á xente que eran bos lugares de descanso. O loureiro protexía o viaxeiro e dáballe sorte ao negocio. -O loureiro úsase para os esconxuros, para quitar “aires” de morto. -Nalgúns lugares queimábase o loureiro e facíase pasar a criatura polo fume durante tres días dicindo: “Loureiro que foches nado sen ser plantado, quítalle o aire de morto e de excomulgado”. -Unha ponla de loureiro emprégase para bendecir aos mortos.
  • 30. OLIVEIRA -Plantada en lugar sagrado ten propiedades curativas. -Protexe contra os lóstregos, os malos espíritos e as meigas e evita que a envexa prexudique os meniños ou os animais da casa.
  • 31. -Ponse unha ponla de oliveira enriba da entrada, tanto da casa coma da corte. -Por Pascua lévanse ramos de oliveiras a bendecir e gárdanse na casa todo o ano para que dean boa sorte. -As mulleres que van tomar as nove ondas acompáñanse de nove follas de oliveira. -Para protexer e conxurar nos nenos o mal da envexa, lévase a criatura á oliveira e alí, espido, toca a árbore dicindo: ” oliveira bendita quita do neno a fada da envexa”.
  • 32. SABUGUEIRO -Na noite de San Xoan facíanse fogueiras de sabugueiro e facíase que o gando dera voltas arredor delas para liberalo da peste. -Tamén se empregan ponlas de sabugueiro para espantar as bruxas. -Din que o sabugueiro é bo para espantar aos sapos, píntegas e cóbregas polo cheiro que desprende.
  • 33. ACIVRO -Para curar os cólicos dos animais dáselles fregas no ventre cunha ponliña de acivro. -Ten propiedades para namorar. Cando un mozo desexaba ser amado por unha rapaza apañaba unha ponla de acibro na media noite do día de San Xoán, levabaa ao mar e pasaba por baixo de trece ondas, rezando de cada vez un credo. A ponla tornábase máxica e a moza á que se lle tocase con ela quedaría perdidamente namorada.
  • 34. LIMOEIRO Plantar un limoeiro na horta da casa ou no eido da boa sorte.
  • 35. FIGUEIRA -Disque a figueira florece no Venres Santo e que da unha soa flor moi cobizada como amuleto para a sorte. -O que se acobilla debaixo dunha figueira é atacado axiña polo “aire” da árbore que produce inchazóns en todo o corpo, así tamén coma “mal de ollo” e mesmo conxuntivite. -Nalgúns lugares aseguran que nas entrañas da figueira teñen a súa morada lexións de espíritos infernais, e que estas árbores son refuxio propicio para os trasnos.
  • 36. FIGUEIRA DO MECO Atópase nun con do monte da Siradella (O Grove) Conta a lenda que o Meco era un cacique do Grove que cometía moitos abusos. Unha noite tivo unha discusión nunha taberna e partíronlle unha xerra na cabeza. Os veciños levárono ao monte da Siradella e colgáronno dunha figueira. Cando a xustiza preguntou Quen matou ao Meco? o pobo respondeu Matámolo todos!
  • 37. ALCIPRESTE -Os ramos úsanse contra o mal de ollo.
  • 38. TEIXO Os romeiros que van a Santo André de Teixido levan ponlas de teixo.
  • 39. CERDEIRA -Na noite de San Xoán empréganse ponlas de cerdeira para espantar as bruxas. -En Laza os mozos colgan ramos de cerdeira nos balcóns das mozas.
  • 40. SALGUEIRO CHORÓN O salgueiro chorón protexe do raio. -Din que se lle dobraron as ponlas para darlle acubillo á Sagrada Familia cando fuxía de Herodes (Verín). -Outros din que foi para protexer a Xesús dos seus perseguidores, ou que foi chorando a morte do Noso Señor.
  • 41. NOGUEIRA -A sombra da nogueira é prexudicial tanto para as persoas como para as sementes. -As follas e a tona empregábanse en medicina tradicional como purgante, para tratar problemas do cute, furunchos e tallos. -Beber auga que pase ao pé das raíces dunha nogueira produce bocio.
  • 42. CINAMOMO (SANGOMIÑO) Coñecido como árbore do Santo Outel ou San Eutelo. -Cura a rabia.
  • 44. REFRÁNS -Achégate á folla mentras non molla. -Xente nova e leña verde, todo é fume. -O que a boa árbore se achega, boa sombra o acobilla. -Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas.
  • 45. -O que non sabe mañas non come castañas. -A castaña no agosto quer beber e no setembro comer. -A castaña no Nadal sabe ben e parte mal. -A castaña e o besugo en febreiro non ten zugo. -Temperá é a castaña que por setembre regaña.
  • 46. -Pranta eucalitos para ti, piñeiros para os fillos e carballos para os netos.
  • 47. -No tempo dos figos non hai amigos. -Auga para o figo, e para a pera o viño.
  • 48. -Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote, meu amigo. -As cerdeiras e os ladróns, anque os prendan non son bos. -Non quero pereira, quero castiñeiro, para ter castañas para o ano enteiro. -Se para San Xurxo (abril) xea non collerás nin unha pera. -De escribáns e de ameixeiras, libre Deus as miñas terras. -A laranxa e o limón medios ciruxáns son. -Por San Xusto e San Pastor entran as noces en sabor.
  • 49. -Se queres ter bo banastro, corta as vimbias no marzo. -Queimemos o loureiro no mes de xaneiro
  • 50. DITOS -Da árbore caída todos fan leña. -De tal árbore tal astela -A árbore coñécese polo froito. -Ser máis raro que un piñeiro manso. -Ser forte coma un carballo. Carballo en Carballedo
  • 51. CANTARES Indo polo souto abaixo atopei un ouriciño, tres castañiñas me deu para ti meu queridiño. Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, Non chas quero, non chas quero, que me cheiran ao chamosco. A castaña no ourizo eu ben sei o que che fai; se é que está verde, amadura, e despois de madura cai. Santo que estás no canizo bota castañas abaixo, que anque non teño mantelo, apáñochas no refaixo.
  • 52. O río cando vai cheo leva carballos e follas, tamén debería levar as línguas marmuradoras. O carballo da Portela ten a folla revirada, que lla revirou o vento nunha noite de xeada. A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar, carballo que nace torto non se pode endereitar. Carballo da Portela (Mondariz)
  • 53. Arrimeime a un pino verde por ver se me consolaba, e o pino como era novo (ou verde) ao verme chorar, choraba. Alto pino, pino alto, que ao ceo chega coa rama, non me derrames o pino que me derramas a alma.
  • 54. Paxariño comechón que me andas nas cereixas, come paxariño come, pero a ver as que me deixas. Chamácheme moreniña, éche do polvo da eira, xa me verás o domingo como a guinda na guindeira. Nena que vendes as peras, Cantas che mandaron dar? para ti meu galaniño non mas mandaron contar. Da miña pereira as peras, todiñas me van roubando, unha a unha, tres a tres, sen elas me vou quedando.
  • 55. Xa fun a Marín xa pasei o mar, xa comín laranxas do teu laranxal. A laranxa naceu verde e co tempo madurou, o meu corazón era libre, ata que te conquistou.
  • 56. Debaixo da oliveira non chove nin hai orballo, meniña, se has de ser miña non me deas máis traballo. Salgueiro prende de ponla, ameneiro de raíz, amores que foron doutra non servides para min. Un cesteiro anda tras de min, e eu fuxindo do cesteiro, anda cun feixe de varas e pode tentalo o demo.
  • 57. Desgraciado do loureiro que está ao pé do camiño, cada persoa que pasa tíralle o seu ramiño. Alcipreste non se rega porque na lentura nace; amor firme non se esquece por máis traballos que pase.
  • 58. Se queres que o carro ande forte, a un tempo e velaíño, bótalle o eixo de freixo e as treitoiras de sanguiño. Glorioso San Sebastián feito de pau de ameneiro, primo carnal dos meus zocos, curmán do meu tabaqueiro.
  • 59. ADIVIÑAS No campo nacín, no campo me alimento, sempre a onde me levan é para darme tormento. (A madeira) Nace no monte, no monte se cría, e antes de vir para a casa, arma unha gritería (A madeira no serradoiro)
  • 60. A un alto cabaleiro dalle a risa e perde o diñeiro (O ourizo da castaña) No alto estou de ouro vestido, por unha regaña perdín os meus fillos (O ourizo da castaña) No aire se cría, no aire se ten, bota unha risada e perde canto ten. (O ourizo da castaña) Alto está, barbas ten rí, e guinda o que ten. (O ourizo da castaña) Alto pimpín, ruín cabaleiro, pégalle unha risada e perde o diñeiro (O ourizo da castaña) Ten pelexo como a xente e é moi boa para comer; chega polo mes de Santos e todo o ano a tes. (A castaña)
  • 61. No alto estou, ladróns vexo vir, da miña carapuchiña non podo saír. (A landra)
  • 62. Unha casa de madeira toda de alcobas chea, en cada alcoba unha dama a que abran as portas espera (Piña e piñóns) Casa pechada, e en cada alcoba unha dama. (Piña e piñóns)
  • 63. Primeiro fun branca logo verde me vin, e agora que estou dourada, ai pobre de min! (A laranxa) De bronce é o talo, as follas de esmeralda. De ouro é o froito, as froles de prata. (A laranxeira)
  • 64. Cen e cen fillos ten e a todos con leite mantén. (A figueira) Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa flor, (A figueira)
  • 65. Unha caixiña requinquilladiña, e non hai requinquillador que a requinquille mellor. (A noz) Catro monxas nun convento donde non entra nin aire nin vento. (A noz)
  • 66. BIBLIOGRAFÍA -Ritos y creencias gallegas. Xesús Taboada Chivite. Ed. Sálvora, 1982. -Diccionario dos seres míticos galegos. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed. Xerais, 1999.
  • 67. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Cambados, setembro 2015