SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 101
A TERRA CHA
A NATUREZA
A TERRA CHA é unha comarca
situada no centro-norte da provincia
de Lugo, ocupando parte da
penichaira do mesmo nome.
SUPERFICIE: 1.823 km2
HABITANTES: 46.000 aprox.
CONCELLOS: Abadín, Begonte,
Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz,
Muras, A Pastoriza, Vilalba e
Xermade.
ESPAZOS PROTEXIDOS: Reserva da
Biosfera “Terras do Miño”, LICs
“Parga-Ladra-Támoga” e “Serra do
Xistral”.
Ten unha paisaxe
dominada polas chairas
lixeiramente
alombadas rodeadas
polo norte polas serras
do Xistral, A Toxiza, a
Carba, a serra de
Lourenzá e a de
Carracedo, e polo oeste
polas serras da Dorsal
(Serra da Loba, Cordal
de Montouto e os
montes da Cova da
Serpe), polo leste non
presenta elevacións
apreciables e polo sur
só destaca a Cordal de
Ousá. Toda a comarca
presenta unha lixeira
inclinación cara ao SE
pola que esbaran os
afluentes do Miño.
... O seu espazo real non coincide co oficial. Imos, pois, determinar o seu
espazo real, o que a xente denomina e coñece como Terra Chá.
A TERRA CHA linda ao norte coas Serras da Corda e da Carba. Ao sur, cos
Montes de Outeiro Maior e a Serra do Fitoiro, que hai quen lle chama do
Mirador, e incluso de San Fitoiro. Ao leste, ou nacente, coa Serra de
Meira; e ao oeste, ou poñente, coa serra da Loba, Cordal do Montouto e
Cova da Serpe. Pertence a tres partidos xudiciais e a dous bispados. As
demarcacións municipais non cadran coa da bisbarra. Na actual división
comarcal de Galicia incluíron na Terra Chá concellos enteiros, ou parte
deles, que xeograficamente non son nin endexamais se consideraron
chairegos. E excluíron outros esencialmente chairegos como Rábade e
Outeiro de Rei. A Terra Chá ten 1933 quilómetros cadrados e 208
parroquias.
Manuel María, en “A TERRA CHÁ: POESÍA E PAISAXE”, discurso de toma de posesión como
membro da REAL ACADEMIA GALEGA.
CLIMA
De características continentais, por atoparse illada da influencia do
mar pola Dorsal e as Serras do Norte.
A abundancia de precipitación e o releve chan favorecen as enchentes.
É unha comarca de gran valor ecolóxico que acolle ecosistemas
únicos (ríos, humidais e serras) nos que se atopan importantes
valores paisaxísticos, xeolóxicos e biolóxicos.
As principais actividades son a agrogandería e as industrias
relacionadas con ela, o sector forestal e os servizos.
Conserva un rico e variado
patrimonio etnográfico e
histórico artístico.
Cruceiro de Lanzán (Vilalba)Cruceiro en Saavedra.
Casa e fonte en Saavedra (Begonte)
Igrexa de San Xiao de Mos (Castro de Rei)
Igrexa de San Alberte de Parga (Guitiriz)
Chimenea en Xermar (Cospeito)
Igrexa de
Vilalba
Igrexa de Goiriz (Vilalba)
Igrexa de Lindín
(Carballido, Vilalba)
Cimeterio de Goiriz
(Vilalba)
Cimeterio de Santa
María de Abadín
Cimeterio de Roás (Cospeito)
ABADÍN
Está situado ao norte da comarca, ocupa unha superficie de 85.68 km2
e ten
unha poboación de 2.721 (datos 2013) habitantes repartidos en 19 parroquias.
O relevo de Abadín presenta dúas zonas ben diferenciadas a metade norte está
ocupada polas serras do Xistral (no Lombo Pequeno acada os 1.015 m de altura),
a Toxiza, a serra de Lourenzá e a cordal de Neda; e na metade sur a chaira.
En terras de Abadín nacen os ríos que forman e enchen o Masma (o río da Fraga
Vella, o Pedrido e o Valiñadares), dá os seus primeiros pasos o Eume, e corren
cara ao Miño o Anllo, chamado tamén río de Abadín, e o Arnela afluente do
Batán.
Vista de Abadín desde
a Cordal de Neda. No
centro a vila e ao fondo
o Xistral e A Toxiza.
Vivendas tradicionais no rural de Abadín.
Igrexa de Santa María de Abadín,
do século XII. Á beira do Camiño
Norte de Santiago.
Gando na Cordal de Neda.
BEGONTE
Está situado ao sur da comarca, ocupa unha superficie de case 127 km2
e ten
unha poboación de 3.322 habitantes (datos 2013) distribuídos en 19 parroquias.
A superficie é achairada con pequenas elevacións polo oeste e polo sur onde se
atopa a cordal de Ousá que no linde do concello acada a súa máxima altitude
(734 m). Está atravesado polo río Ladra ao que se lle xunta, en Pacios, o Parga, e
máis adiante, o Porto Lousado e o Xabarixo.
Clube fluvial de
Begonte e área
recreativa no río
Ladra.
Os Miragres de Saavedra.
Igrexa románica de Santiago de Baamonde.
Castiñeiro da Capela
Baamonde (Begonte-
Lugo). No seu interior ten
unha talla da Virxe do
Rosario. O especial
cariño que lle tiña a
xente do lugar e o
traballo que fixo nel o
escultor Victor Corral,
impediron que fose
cortado cando se
ampliau a estrada.
CASTRO DE REI
Ocupa o surleste da comarca, ten unha superficie de 177 km2
e unha poboación
de case 5.267 habitantes (datos 20013) nas súas 25 parroquias.
O territorio é chan pero xa presenta, sobre todo cara ao leste, elevacións que nos
lindes co concello de Pol superan nalgúns puntos os 600 m (o monte dos Millares,
ao sur, acada os 613 m, e en Prevesos, no norte, os 619). O río máis importante é
o Miño, que beirea o concello polo oeste, e cara o que van o Azúmara, o Lea e os
seus afluentes, que nacen nas primeiras elevacións das Serras Orientais e
atravesan o concello.
Vista de Castro de Rei desde o
clube fluvial no río Azúmara.
Castro de Viladonga. Un dos máis importantes da provincia de Lugo. Hai unha área escavada e ao pé
un museo e centro de intrepretación.
A tradición popular conserva varias lendas: o outeiro do castro está oco e dentro hai unha galiña cos
pitos de ouro, outra dí que dentro hai unha mina de ouro.
COSPEITO
Situado ao sur da comarca; ten unha superficie de 144.7 km2
e arredor de 5.231
habitantes (datos 2013) repartidos entre as súas 20 parroquias.
O territorio é case totalmente chan, con pequenas depresións, que no inverno
se converten en lameiros e lagoas. O Miño percorre o concello polo leste e
polo sur, e atravésanno, de norte a sur, o Anllo e o Labrada.
Vista de Feira do Monte, capital do concello de Cospeito, desde a lagoa.
Torre de Caldaloba ou Vilarxoán, que
pertenceu ao mariscal Pardo de Cela. Foi
destruída na revolta irmandiña e restaurada
no século XVII.
Igrexa da Virxe do Monte de Cospeito.
GUITIRIZ
Ten unha superficie de 239.5 km2
e unha poboación de 5.658 habitantes (datos
2013) repartidos en 18 parroquias.
Ocupa o suroeste da comarca presenta un predominio dos terreos chans que se
elevan cara ao oeste nas serras da Loba, a Cordal de Montouto e a Cova da Serpe,
da Dorsal Galega e polo leste, entre as parroquias de Parga e Pígara, os montes de
Suexo que acadan no Mirador os 690 m.
Canteira de granito en Parga. Unha rocha de gran fino de gran calidade.
Balneario de Lagostelle. Está rodeado dun
magnífico parque no que hai gran
variedade de árbores. Na área de Guitiriz
hai unha gran tradición termal.
Pena Xiboi. Está declarada Ben de Interese Cultural
pola Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e
Documental da Xunta da Galiza. Ao seu pé
atopáronse restos duns nove mil anos de
antigüidade, pertencentes á cultura neolítica
nómada.
Area recreativa de Sete Muíños en Guitiriz.
MURAS
Ocupa o noroeste da comarca; ten unha superficie de case 164 km2
e unha
poboación 754 habitantes (datos 2013), repartidas en 8 parroquias.
É é o concello co relevo máis accidentado da comarca, todo o seu territorio está
ocupado por montes (ao norte os montes de Bustelo, Montouto e o Guriscado,
ao oeste a serra do Xistral, ao sur a serra da Carba) entre os que se encaixan os
cursos altos dos ríos que nacen ao recoller as augas das súas ladeiras (o Sor e o
Landro que van ao Cantábrico e o Eume que leva as augas ao Atlántico).
Vista de Muras coa Carba
e o Peñote ao fondo.
Practicamente todos os
montes do concello de
Muras están cubertos de
xeradores eólicos.
O Eume ao seu paso por Muras.
Montes do Bustelo.
A PASTORIZA
Está situada ao noreste da comarca, na zona de transición enre a Terra Cha e as
serras do norte e orientais. Ocupa unha superficie de175 km2
, repartida en 19
parroquias, nas que habitan 3.566 persoas.
Ocupa o espazo entre a serra de Carracedo, ao norte, a Cordal de Neda, ao
oeste, e as estribacións da serra de Meira e o Pousadoiro, polo leste. Un curto
tramo do val do Miño e os vales dos ríos interiores, afluentes do Miño, que
baixan en dirección ao sur (Madalena-Miñotelo, Rigueira-da Lagoa e río
Pequeno).
Paisaxe agraria
da Pastoriza.
Os principais
cultivos son os
forraxes para
alimentar á
importante
cabana
gandeira coa
que conta o
concello.
Louseira no Campo do Oso.
A extración e manufactura de
lousa é outra das actividades
importantes da Pastoriza.
Fonmiñá,
surxencias de
augas que
alimentan o
Miño.
VILALBA
Ocupa o centro xeográfico da comarca. Ten unha superficie de case 379 km2
e
unha poboación de 14.980 habitantes (datos 2013) distribuída en 30 parroquias.
O relevo de Vilalba é chan na meirande parte da súa superficie agás no norte
donde chega ás serras do Xistral, que no cume do Monseiván acada os 930 m, e a
Carba; e no SO onde no límite con Guitiriz, nos montes de Soexo, acada os 630 m
na Pena do Mirador. Polo territorio corren os ríos que, desde a Carba (Batán-
Santaballa e Madalena) e a Dorsal ( Trimaz, Ladra e Labrada), van ao Miño.
O núcleo principal é
Vilalba, capital do
concello e centro da
comarca, que acolle un
terzo da poboación
total, os principais
centros industriais e os
servizos.
Queixo de San Simón.
Afúmase con madeira de
bidueiro e madúrase
como mínimo durante
dous meses.
Vista de San Simón da Costa cos seus elementos máis
representativos, as vacas que producen o leite co que
se fai o queixo de San Simón, e a igrexa, coñecida
como a “Basílica da Terra Cha”.
Torre dos Andrade en Vilalba, actualmente
Parador de Turismo.
XERMADE
Está situado ao oeste da comarca. Ocupa unha superficie de 166.5 km2
e ten,
distribuídos en 10 parroquias, 2.101 habitantes (datos 2013).
O relevo do concello é accidentado, polo norte achégase aos cumes da serra da
Carba (O Peñote 871 m), dos que baixan os regatos que conforman o río Trimaz, e
polo oeste ao val do río Eume, que é límite do concello nun pequeno tramo do
seu curso, e aos cumes da serra da Loba (Serrón do Lobo, 702 m, e Candieiro, 706
m) nos que nace o río Labrada. Desde esas alturas descende suavemente en
dirección SE ata o nivel da penichaira.
A explotación da
gandería de carne en
réxime extensivo é unha
das principais
actividades do concello
de Xermade.
Parque eólico experimental de Sotavento. Unha estación produtora de
enerxía con finalidade didáctica e experimental. Acolle un museo das
enerxías renovables e aulas obradoiro.
Característicos remates dos cimeterios da
Terra Cha onde se pode apreciar o bo facer
dos canteiros da comarca.
O RELEVO
O núcleo principal do relevo é a penichaira, a maior superficie
aplanada de Galiza. É un val tectónico de case 2.000 km2
, situado
entre os 400 e os 500 m de altitude, aínda que os lindes da comarca
abranguen as abas correspondentes das serras e montes que a
rodean e a limitan, agás no leste e no sur. No oeste a Dorsal Galega,
no norte as Serra da Carba, O Xistral, A Toxiza, Lourenzá e Carracedo,
e no sur a Cordal de Ousá. No interior da chaira atópanse algunhas
ringleiras de montes de pouca altura e outeiros illados.
Vista do SO da Terra Cha (Guitiriz e Begonte) desde o cume da Cova da Serpe. Á esquerda da imaxe o
cume máis alto do interior da chaira, o pico Mirador, límite entre Guitiriz e Vilalba.
O substrato está formado por xistos moi vellos, erosionados a comezos do Período
Terciario e cubertos parcialmente por arxilas e areas terciarias e por aluvións
cuaternarios de coios que formaron terrazas fluviais. Os sedimentos acadan unha
profundidade de ata 30-40 m.
As rochas máis abundantes son as lousas e xistos con algunhas zonas graníticas e
pequenas áreas de cuarcita.
Coto Pina, en Abadín, representante das formas de relevo do norte da
comarca. Desde o cume abránguese unha ampla panorámica da Terra Cha.
SERRA DA COVA DA SERPE
Esténdese con dirección N-S facendo límite entre as provincias de Lugo (Guitiriz e
Friol) e A Coruña (Curtis e Sobrado). Está formada por granitos de dúas micas,
gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo
e suave cunha maior inclinación cara ao leste. O monte máis alto é o Pico da Cova,
con 841 m. Na vertente leste nacen afluentes do Parga.
Accedese pola estrada de Guitiriz a Sobrado, por unha pista desde Negradas.
Pena Cova da Serpe, na Pena
Furada. Segundo a lenda nesta
cova vivía unha gran serpe que
comía ao gando e ás persoas.
Outra versión di que a serpe
baixaba polas noites á aldea e
mamaba leite das vacas.
CORDAL DE MONTOUTO
Serra de relevos aplanados con orientación norte-sur, que fai de divisoria entre
Lugo (Gutiriz) e A Coruña (Aranga).
Na vertente leste nacen afluentes do Parga.
SERRA DA LOBA
Esténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A
Coruña, desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Cambás (oeste) e
Labrada (leste) que a separan da Cordal de Montouto. É unha serra de relevo
suave modelado sobre granito de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos
migmatíticos e granito intrusivo. Accedese desde Momán (Xermade).
MONTES DA GAÑIDOIRA
Situado no concello de Muras (montes de Montouto e Bustelo) unidos polo leste
co monte Guriscado. Teñen unha altura media de 700 m.
Montes da Gañidoira: Montouto á dereita e Bustelo á esquerda.
MONTE GURISCADO
Situado ao leste da Gañidoira, limitado polo oeste polo río Landro. Ten 932 m de
altura. Desde o cume hai unhas boas vistas da serra do Xistral e do val do Landro.
Accedese desde o Alto da Gañidoira, na estrada de Vilalba a Viveiro collendo, á
dereita, o cruce de Viveiró.
SERRA DA CARBA
Límite natural norte da Terra Cha, á marxe esquerda do curso alto do río Eume en
terreos de Muras, Xermade e Vilalba. Na súa cara sur nacen varios regatos que
van aos afluentes do Miño. Está formada esencialmente por cuarcitas do
Cámbrico cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e
uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas. O punto máis alto é a
Carba con 908 m. Accedese desde Vilalba pola estrada que leva ao parque eólico
ou desde Xermade (Roupar).
O cume máis representativo da
serra da Carba é Pena da Goía ou
Peñote (871 m) cun perfil
escarpado de forma piramidal
labrado en cuarcitas que contrastan
coas formas máis redondeadas do
resto da serra.
SERRA DO XISTRAL
É unha serra con orientación NNE-SSO que limita a Terra Cha polo norte, nos
concellos de Muras, Vilalba e Abadín. Está formada por materiais xistosos, pelitas
e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos de granito
nas partes altas.
Os picos máis altos son O Xistral en Muras (1.033 m), e o Seixo Branco (1.015 m)
e o Chao de Lamoso (1.039 m) no linde de Muras coa Mariña.
A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de
lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e
trasladados polo xeo.
Un dos elementos máis
característicos do Xistral son as
turbeiras que se forman e
manteñen coas achegas de
humidade das nubes
procedentes do mar.
Moitos dos cumes desta serra
están coroados por
aeroxeradores. Existen ademais
varias explotacións de turba.
Está declarada LIC, xunto coa
serra da Carba e A Toxiza, e
incluída en parte na Reserva da
Biosfera “Terras do Miño”.
Accedese desde Abadín, San
Simón da Costa (Vilalba) e
Muras.
Brións (Esfagnos).
No Xistral atópase a maior poboación de Sphagnum
pylaesi da Península e unha das poucas que existen
no mundo. Segundo os expertos, nas turbeiras do
Xistral e do Cadramón atópanse o maior número de
especies de brións (esfagnos) de toda a Península
ibérica e 26 especies de plantas consideradas en
perigo de extinción.
Val de Viveiró e serra do Xistral desde o Guriscado.
No Xistral rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata
2.500 l/m2
) e ás abondantes néboas que producen precipitacións horizontais. Esta humidade
favorece a formación das turbeiras.
As TURBEIRAS ou TREMOAIS son
medios permanentemente saturados
de auga nos que as condicións de
asolagamento permanente provocan
unha diminución do nivel de osíxeno
e a inactivación dos
microorganismos descompoñedores
que viven no solo, polo que as
achegas de materia vexetal non se
mineralizan e acumúlanse en forma
de turba.
No Xistral podemos atopar varios
tipos de turbeiras: as máis
interesantes son as de cobertor que
recobren os cumes dos montes máis
altos, por riba dos 900 m e as que
ocupan os fondos dos vales onde a
auga non evacúa suficientemente,
que poden acadar grandes
dimensións. Os mellores exemplos
están nos nacementos do Eume,
Landro e Ouro.
Vista de turbeiras de cobertor (nos cumes) e de val.
O Xistral contén o maior sistema de turbeiras de
cobertor da Península Ibérica e das mellores de
Europa, debido ás condicións de humidade xunto
con temperaturas frescas durante case todo o
ano. Nalgúns puntos a turba acada os 3 m de
espersor, co que considerando a súa velocidade
de formación, dalle unha antigüidade de máis de
7.000 anos.
Coenonympha glycerion
A fauna do Xistral é moi rica e variada.
Destaca a presenza de varios endemismos
mundiais como as bolboretas Erebia
triaria pargapondalense e Erebia epiphron
xistralensis, e especies pouco comúns
como a toupa de auga ou furapresas
(Galemys pyrenaica) e a lagartixa das
turbeiras (Lacerta vivipara).
Xuncas de algodón (Eriophorum
angustifolium), unha especie típica de
solos asolagados coas envolturas
florais (perianto) formadas por finas
febras brancas, de ata 5 cm de
lonxitude, que lle dan un aspecto
característico.
SERRA DA TOXIZA
É un macizo formado por unha grande masa de granodioritas, do que unha parte
está no concello de Abadín. Acada 838 m de altura máxima. A erosión do granito
formou espectaculares bolos e penedos. A maioría do terreo está repoboado con
piñeiros e consérvanse pequenas masas de carballos. Destacan as formacións de
turbeiras. Accedese desde Abadín pola estrada do Valadouro e da Fraga Vella.
Vista da Toxiza desde a estrada
que vai ao Cadramón.
MONTES DE CARRACEDO
Fan límite entre o nordeste da Terra Cha e as comarcas de Meira e A Mariña. O
punto máis alto é O Carracedo, con 833 m no que conflúen os concellos
Mondoñedo, Riotorto e A Pastoriza. Están cubertos por pasteiros, agás nos
terreos en costa onde se conservan fragas en bo estado, ou están repoboados
con piñeiros e eucaliptos.
Cume de Carracedo.
Cabalos no Campo do oso, onde se celebra
anualmente unha rapa das bestas.
CORDAL DE NEDA
Pequena serra de relevo aplanado con orientación NE-SO situada entre os
concellos da Pastoriza e Abadín, no norte da Terra Cha. Presenta un nivel aplanado
de cume, coa máxima altura no Monte Neda, con 798 m. Accedese pola estrada de
Abadín á Pastoriza.
Desde os cumes hai unhas boas vistas da Terra Cha o monte Monseiván e as serras
do Xistral e A Toxiza, cara ao oeste, e das terras da Pastoriza cara ao leste.
Cordal de Neda desde A Pastoriza.
CORDAL DE OUSÁ
Unha pequena serra que forma
un arco de dirección E-O que fai
límite entre a Terra Cha
(Begonte) e a comarca de Lugo.
O punto máis alto é a Cordal,
con 739 m.
CHAO DA LEBRE
Unha das pequenas elevacións, de 567
m, que se poden atopar pola Terra
Cha, no concello de Vilalba.
OS RÍOS E HUMIDAIS
A Terra Cha é un territorio no que a auga é a protagonista en forma
de correntes lagoas e humidais.
Miño
O Miño é o río principal, o que recolle
a maioría das augas da comarca.
Percórrea lentamente recibindo as
achegas dos numerosos afluentes
que forman unha complicada rede
hidrográfica favorecida pola
horizontalidade do terreo. O elevado
nivel freático da zona e o chan
arxiloso favorecen a aparición de
lagoas e zonas húmidas de carácter
estacional que forman a mellor rede
de humidais de Galiza.
Nas serras do norte da comarca
nacen o Eume, O Sor, o Landro e o
Masma. Agás o Eume, que
atravesa o concello de Muras, os
demais teñen un curto percorrido
nesta comarca.Eume
Este sistema húmido mantén numerosos e ben conservados ecosistemas
acuáticos e terrestres asociados á auga: ríos, ribeiras e bosques de galería,
veigas inundadas, gándaras e brañas, lagoas, cunha flora e fauna propias.
A maioría dos ríos e humidais da Terra Cha están protexidos no LIC Parga,
Ladra, Támoga e na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Isoetes fluitans
Nos humidais da Terra Chá atópanse 16
especies vexetais de interese para a súa
conservación. Entre elas hai tres
“especies prioritarias” que gozan dun
maior nivel de proteción no ámbito de
Unión Europea: o cardiño da lagoa
(Eryngium viviparum), unha pequena
planta acuática (Luronium natans) e
dúas bulbosas endémicas da Península
Ibérica (Narcissus pseudonarcissus
subsp. nobilis e Narcisus asturiensis).
Ten tamén especial interese Isoetes
fluitans, un fento en perigo de extinción
que ten na Terra Cha o principal enclave
a nivel mundial.
Galiñola negra (Fulica atra)
Os máis de 50 humedais da Terra Chá acollen
un gran número de aves acuáticas: lavancos,
avefrías, cegoñas, garzas, galiñas de auga; e
miñatos (común e queimado), fulepas,
picaxuncos... cantidade que se ve incrementada
no inverno coa chegada de especies
procedentes do norte de Europa. Tamén é
importante a representación de anfibios e
insectos.
Cegoña
RÍO MIÑO
Fórmase coas augas que baixan dos montes de Meira e énchese, no seu curso
alto, coas que recolle da Terra Cha e das serras que a circundan. Nun lento
circular percorre a chaira cun curso meandrizante, formando illas e lagoas
endorréicas. Despois de 307,5 km de percorrido desemboca ao pé do Monte
Sta Tegra na Guarda.
Nesta parte do seu percorrido recibe pola dereita as augas do Madanela ou
Miñotelo, Rigueira ou Úbeda, Pequeno, Anllo, Támoga e Ladra, e pola
esquerda o Azúmara e o Lea.
Lagoa de Fonmiñá, unha surxencia en
rochas calcárias que incrementa
notablemente o caudal do río Miño, ao
pouco do seu nacemento. No entorno
hai unha área recreativa. Accedese
desde a estrada de A Pastoriza a Meira
ou desde Vilalba-Meira no cruce á
Pastoriza.
O Miño en Fonmiñá
(A Pastoriza). Unha
paseo segue o río ata
Meira.
O Miño en Arcillá
(Cospeito).
As libeliñas buscan as augas
de correntes lentas para
reproducírense e son moi
abundantes nos ríos e
humidais da terra Cha.
RÍO ANLLO
Nace na serra do Xistral, preto de Labrada. Pasa por terras dos concellos de
Abadín, Cospeito e Castro de Rei, onde se xunta ao Miño. Cando entra no
concello de Cospeito divídese en dous brazos, un que, co nome de río Guisande,
vai á lagoa de Cospeito e segue ata desembocar no Támoga, e outro que vai ao
Miño.
O Labrada ao pouco do seu nacemento, en terras de
Abadín.
O río Anllo ao seu paso polo concello de Abadín recibe
os nomes de Labrada (preto do nacemento), río de
Gontán, río de Abadín e despois Anllo.
Área recretiva do Anllo en Gontán
(Abadín).
RÍO TÁMOGA
Baixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Ten varias cabeceiras: o Ribeira
e o Laxoso que forman o río Batán, e ao xuntarse co Arnela forman o Santabaia
e a partir de Cospeito recibe o nome de Támoga.
Percorre terreos nos concellos de Abadín, Vilalba, Cospeito e Begonte e
desemboca no Miño nas proximidades de Cela. É o axente drenador da lagoa de
Cospeito.
As espadanas (Platanaria) medran
arraigadas no fondo das beiras das
lagoas e augas quedas. O Támoga en Támoga.
Fervenza no río Arnela (Támoga)
COMO CHEGAR: Na estrada Abadín-Vilalba cóllese un cruce á dereita antes de Castromaior. Despois
de 2 km por estrada asfaltada chégase a un cruce onde segue por un camiño de terra durante outros
2 km. A ruta está sinalizada e hai unha área recreativa.
Ponte Vella (do século XVII) sobre o río de Batán en Martiñá (Goiriz), no linde entre Vilalba
e Abadín. Por ela pasa o Camiño de Santiago.
Sumidoiro da lagoa de Cospeito ao Río Guisande, brazo do Anllo que vai ao Támoga.
RÍO LADRA
Fórmase pola confluencia dos ríos Trimaz, que nace nos montes de Xermade; do
Madalena, que nace na Serra da Carba, e do Fabilas. Pasa por terras de Vilalba,
Begonte e Outeiro de Rei. Recolle as augas do Labrada, que nace na Serra da
Loba e pasa por Guitiriz, Xermade e Vilalba; e do Parga que baixa da serra da
Cova da Serpe e pasa por Friol, Guitiriz e Begonte e os e seus afluentes Landroi,
Lavandeira, Requeixo e Branqueño. Xúntase co Miño en Santa Sabela (Outeiro
de Rei).
Río Trimaz preto de Codesido
(Vilalba). Os ríos da Terra Cha
rebordan a miúdo durante a
época de choivas.
Río Madalena en Vilalba, onde hai unha
área recreativa cunha praia fluvial, unha
ruta acondicinada e varios muíños
restaurados.
Ponte de Saa sobre o río
Labrada (Vilalba).
O Ladra en Begonte ao pé da área recreativa.
Sete Muíños (Guitiriz)
Na zona de Sete
Muíños o río
Escadebas (afluente
do Ladroil, que vai ao
Parga) forma varios
rápidos e pequenos
saltos entre rochas
graníticas nunha
zona aproveitada
para instalar muíños.
Hai unha área
recreativa, unha zona
acondicionada como
piscina e un paseo
que segue o río.
Fervenza da Ruxida en Parga
(Guitiriz). No regato da Ruxida,
afluente do Ladroil que vai ao Parga.
COMO CHEGAR: desde Parga vaise a
Becín e séguese o camiño de terra
que pasa polas canteiras.
Río Labrada en Cazás (Vilalba).
Ponte medieval sobre o río Parga en San Alberte.
O Parga en Baamonde.
Presa e muíño de Merra no río Requeixo (Parga).
RÍO AZÚMARA
Nace na serra do Mirador, nas proximidades de Castro (Hermunde-Pol), onde se
coñece co nome de rego das Égoas. Logo pasa a terras do concello de Castro de
Rei onde xa toma o nome de Azúmara e desemboca no Miño na parroquia de
Orexe (Bazar) despois dun percorrido de 25 km.
Freixo de folla
ancha (Fraxinus
excelsior), un
acompañante
dos ríos na
metade norte
de Galiza.
O Azúmara en Castro de Rei
RÍO LEA
Ven do monte de Fitoiro no Monciro. Percorre terras nos concellos de Pol e
Castro de Rei e verte no Miño en Beloi. Os seus afluentes son Porto Muíño e
Fieitoso, pola dereita, e A Carballeira, O Rial, Regadas, Regueira, As Olas, Rozas e
O Corvo, pola esquerda.
Ponte romana dos Pedregás, en Duarría, sobre
o río Rozas, afluente do Lea.
O Lea en Castro Ribeiras de Lea co paseo que
permite seguir parte do seu curso.
RÍO EUME
Nace no Seixobranco (Serra do Xistral) e nesta comarca recolle as augas dos
concellos de Muras e Xermade en numerosos regos que baixan das serras do
Xistral e A Carba e dos montes de Montouto, Bostelo e Guriscado. Pola dereita
recibe o Pieles, Montouto e Ferreiras, e pola esquerda o Reboiras, Mosqueiros,
Sarrón e Carracedo. Desemboca en Pontedeume, na ría de Ares.
O Eume en Muras. Un sendeiro permite seguir o
curso do río durante aproximadamente 2 km
entre a área recreativa de Muras e a ponte da
estrada de Casateita a Batán.
O Eume en Muras ten un percorrido
encaixado por un val no que se conservan
fragas frondosas cunha gran diversidade de
especies.
Rego do Casal, un afluente do Eume que
recolle as augas da serra da Carba.
Batán e muíño en
Folgoso (Lousada,
Xermade).
LAGOAS E HUMIDAIS
LAGOA DE CAQUE OU BARDANCOS
Nas proximidades de Xustás. É a máis grande da Terra Chá, con 19 ha. Non está
alimentada por ningún río. Foi parcialmente recuperada en 1988. Está rodeada
de piñeiros de Monterrei, piñeiros bravos, amieiras, salgueiros, toxos, carrizos,
xuncos... É un importante refuxio para as aves, sobre todo no inverno.
LAGOA DE COSPEITO
Situada ao pé de Feira do Monte, capital do concello de Cospeito. Está
alimentada polo río Guisande. Ten unhas cinco hectáreas, aínda que no inverno
aumenta moito a superficie. Era a lagoa máis grande da Terra Cha (57,5 ha) pero
foi desecada arredor de 1960 polo IRYDA e parcialmente recuperada en 1981.
As plantas máis comúns son os carrizos, os xuncos, as espadainas... É un punto
importante de cría de avefría, somorgullo pequeño, pita de auga, demo negro...
No inverno aparecen grandes grupos de anátidas (lavanco real, charneco, pato
cullerete, pato asubión, pato rabudo, parrulo chupón, parrulo cristado, ganso...)
e limícolas (avefría, mazaricos...). Tamén son frecuentes as cegoñas e as garzas.
Está acondicionada para visitas. Ten un sendeiro que a rodea, varios
observatorios e un centro de interpretación.
Ludwigia palustris.
Florece no verán en pozas
e regatos de pouca
corrente, como as da
Terra Cha.
Ludwigia palustris. Florece no verán en pozas e
regatos de pouca corrente, como as da Terra
Cha.
Niño de cegoñas na Terra Cha. As cegoñas
aliméntanse de animais que atopan nas
numerosas “lamas” da Terra Chá.
As ras son os animais que máis se fan notar nas
lagoas polo seu croar.
As ras son os animais que
máis se fan notar nas lagoas
polo seu croar.
LAGOAS DE RIOCALDO OU PEDROSO
Conxunto de cinco lagoas situadas xunto ao río Ladra (Begonte). Orixináronse
polas explotacións mineiras.
Utricularia (Utricularia australis) vive
aboiando na auga das lagoas.
Aliméntase de pequenos animais que
captura cos sacos dixestivos
POZOS DO OLLO (BEGONTE)
VEIGA DE PUMAR
É unha zona húmida situada na marxe dereita do río Miño, entre Oroxe e Pumar.
Ocupa unhas 30 ha, alimentada polo Rego de Pumar e polas chuvias invernais.
No verán desécase case totalmente. Alternan os espazos abertos e as áreas
arboradas con bidueiros, salgueiros, ameneiros... e unha gran variedade de
plantas das zonas húmidas xunto con pasteiros. Acolle numerosas aves
invernantes.
ALLIGAL DE CODESIDO
Unha extensa área que se inunda
temporalmente coas augas do río
Trimaz, ocupada por prados húmidos
e bosques de amieiras, bidueiros
salgueiros e carballos.
Piscina acondicionada sobre o manancial de augas
termais (arredor de 30º) do Alligal de Codesido, en
Santabaia (Vilalba).
LAGOA DE DENUNE (BEGONTE)
LAGOA DA CARBALLOSA (COSPEITO)
LAGOA DE FONTEFRÍA (BEGONTE)
LAGOA EN O CASTRO (CASTRO DE REI)
LAGOA DE FABÁS (VILALBA)
AS ÁRBORES
Unha constante na paisaxe da Terra Cha son as árbores. A Chaira
vese cada pouco interrumpida polas ringleiras de árbores que
acompañan o curso sinuoso dos numerosos ríos, as que marcan as
lindes das fincas e as masas que ocupan as áreas próximas aos
moitos humidais que se atopan espallados por toda a comarca. As
máis comúns son as propias das zonas húmidas (bidueiros, amieiras,
salgueiros...) e os carballos. Ademáis atópanse exemplares illados
que polo seu tamaño ou porte merecen o noso interese.
Carballo de Luxís. (Pacios-Castro de Rei).
-20 m de altura e 4,20 m de perímetro.
Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Carballo de Freán (Cazás, Xermade).
Mide 7,28 m de perímetro cunha copa ampla e
moi ben estruturada.
Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Carballo da Casa de Altide (Begonte).
-20,5 m de altura, 7 m de perímetro.Carballo do Roxo (Altide, Begonte)
-8 m de perímetro.
Carballo do Campo do Cacharrón (Cospeito)
-5,70 m de perímetro.Carballo de Bóveda (Begonte).
Ten 4,20 m de perímetro e moi bo porte.
Carba de Gomariz (Goiriz, Vilalba)
-7,24 m de perímetro.
Carba de Casamado (Goiriz, Vilalba)
-7,30 m de perímetro.
Carballos de Muimenta (Cospeito)
-Catro carballos situados no campo entre a antiga igrexa e a escola. O máis groso mide 4,40 m
de perímetro.
Incluídos no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Casa da Rúa (Xoibán, Vilalba)
-6 m de perímetro
Castiñeiro da Capela.
Baamonde (Begonte). Situado no
adro da igrexa parroquial de
Baamonde. No seu interior ten unha
capela.
-6,60 m de perímetro.
Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Freixo de Muimenta (Cospeito)
-3,25 m de perímetro.
Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
“Pravia” de Vilalba
Un pradairo que pode ter máis de 150
anos. Mide 4 m de perímetro. Atópase no
centro da vila de Vilalba.
Olmo (Ulmus hollandica) do
xardín municipal de Vilalba,
plantado a finais do século XIX.
Mide 15 m de altura.
Acivro da Casa da Quinta
(Folgoso, Lousada, Xermade)
-3,25 de perímetro.
Acivro de Rioaveso
(Vilalba-Lugo)
-2,10 de perímetro.
Eucalipto do maná da Casa de Órdax.
As Lombas (Castro de Rei).
Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Teixo de A Torre
(Balmonte-Castro de Rei).
-4,32 m de perímetro.
Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Teixo de Luxís
(Pacios, Castro de Rei)
-4,5 m de perímetro no pé.
Alcipreste de California do
adro da igrexa de Xermade.
-5,90 m de perímetro.
Alcipreste de California do Xardín do
Balneario de Guitiriz
-5,82 m de perímetro.
OS ESPAZOS PROTEXIDOS DA TERRA CHA
Lagoa de Begonte
RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO
Espazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo
entre os que están os da Terra Cha. É un gran espazo vertebrado polo curso alto
do río Miño e os seus afluentes.
Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002. Inclúe os LICs. “Parga-
Ladra-Támoga” e “Serra do Xistral”, propostos para a Rede Natura 2000.
A zona núcleo, a de maior nivel de protección, contén os escosistemas de maior
valor ecolóxico. Inclúe o río Miño e os seus afluentes, os humedais, os bosques
aluviais e a Serra do Xistral.
Un dos aspectos a destacar nas
reservas da Biosfera é a convivencia
armónica entre natureza e
actividades humanas. Nas Terras do
Miño desenvólvense todo tipo de
actividades, pero unha gran parte da
poboación (o 46,7 % ) vive do sector
primario, especialmente agricultura e
gandería.
Os proxectos que se pretenden
desenvolver van encamiñados a
fomentar e dar a coñecer os valores
mediambientais e etnográficos para
impulsar o turismo rural e ecolóxico:
crear unha rede de museos
etnográficos e aulas de interpretación
da natureza, rotas de sendeirismo e a
recuperación de instalacións
etnográficas (muíños, ferrerías,
mazos...).
O Ladra en Uriz
Observatorio na lagoa
de Cospeito.
Reconstruccións de barcas
tradicionais do río usadas
para o paseo na área
recreativa de Begonte.
LIC PARGA-LADRA-TÁMOGA
Inclúe territorios dos concellos de Begonte, Cospeito, Guitiriz, Vilalba, Xermade,
Abadín e Castro de Rei. Parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus
afluentes Ladra (co Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla, as
lagoas de Cospeito, Santa Cristina, Reboredo, Pedroso, Codesido, Fontefría,
Denune e Seixas, e as Lamas de Xermar e Xoibán.
Lagoa de Cospeito.
SERRA DO XISTRAL
Inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza en terreos dos concellos de Abadín,
Muras, Vilalba e Xermade. Destaca polo valor xeolóxico (restos periglaciares) e
ecolóxico (varios tipos de turbeiras e unha rica flora e fauna con especies únicas
ou raras).
Tremoal na Pena Vella, en Abadín.
Breixo de turbeira (Erica tetralix).
Só se atopa en medios con alto
nivel de humidade.
Rorela (Drosera rotundifolia).
Unha planta carnívora das
turbeiras ou tremoais.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Decembro 2015

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 

Similar a Comarca: A Terra Cha

Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 

Similar a Comarca: A Terra Cha (14)

Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca: A Terra Cha

  • 1. A TERRA CHA A NATUREZA
  • 2. A TERRA CHA é unha comarca situada no centro-norte da provincia de Lugo, ocupando parte da penichaira do mesmo nome. SUPERFICIE: 1.823 km2 HABITANTES: 46.000 aprox. CONCELLOS: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade. ESPAZOS PROTEXIDOS: Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, LICs “Parga-Ladra-Támoga” e “Serra do Xistral”.
  • 3. Ten unha paisaxe dominada polas chairas lixeiramente alombadas rodeadas polo norte polas serras do Xistral, A Toxiza, a Carba, a serra de Lourenzá e a de Carracedo, e polo oeste polas serras da Dorsal (Serra da Loba, Cordal de Montouto e os montes da Cova da Serpe), polo leste non presenta elevacións apreciables e polo sur só destaca a Cordal de Ousá. Toda a comarca presenta unha lixeira inclinación cara ao SE pola que esbaran os afluentes do Miño.
  • 4. ... O seu espazo real non coincide co oficial. Imos, pois, determinar o seu espazo real, o que a xente denomina e coñece como Terra Chá. A TERRA CHA linda ao norte coas Serras da Corda e da Carba. Ao sur, cos Montes de Outeiro Maior e a Serra do Fitoiro, que hai quen lle chama do Mirador, e incluso de San Fitoiro. Ao leste, ou nacente, coa Serra de Meira; e ao oeste, ou poñente, coa serra da Loba, Cordal do Montouto e Cova da Serpe. Pertence a tres partidos xudiciais e a dous bispados. As demarcacións municipais non cadran coa da bisbarra. Na actual división comarcal de Galicia incluíron na Terra Chá concellos enteiros, ou parte deles, que xeograficamente non son nin endexamais se consideraron chairegos. E excluíron outros esencialmente chairegos como Rábade e Outeiro de Rei. A Terra Chá ten 1933 quilómetros cadrados e 208 parroquias. Manuel María, en “A TERRA CHÁ: POESÍA E PAISAXE”, discurso de toma de posesión como membro da REAL ACADEMIA GALEGA.
  • 5. CLIMA De características continentais, por atoparse illada da influencia do mar pola Dorsal e as Serras do Norte. A abundancia de precipitación e o releve chan favorecen as enchentes.
  • 6. É unha comarca de gran valor ecolóxico que acolle ecosistemas únicos (ríos, humidais e serras) nos que se atopan importantes valores paisaxísticos, xeolóxicos e biolóxicos.
  • 7. As principais actividades son a agrogandería e as industrias relacionadas con ela, o sector forestal e os servizos.
  • 8. Conserva un rico e variado patrimonio etnográfico e histórico artístico. Cruceiro de Lanzán (Vilalba)Cruceiro en Saavedra.
  • 9. Casa e fonte en Saavedra (Begonte) Igrexa de San Xiao de Mos (Castro de Rei) Igrexa de San Alberte de Parga (Guitiriz) Chimenea en Xermar (Cospeito)
  • 10. Igrexa de Vilalba Igrexa de Goiriz (Vilalba) Igrexa de Lindín (Carballido, Vilalba)
  • 11. Cimeterio de Goiriz (Vilalba) Cimeterio de Santa María de Abadín Cimeterio de Roás (Cospeito)
  • 12. ABADÍN Está situado ao norte da comarca, ocupa unha superficie de 85.68 km2 e ten unha poboación de 2.721 (datos 2013) habitantes repartidos en 19 parroquias. O relevo de Abadín presenta dúas zonas ben diferenciadas a metade norte está ocupada polas serras do Xistral (no Lombo Pequeno acada os 1.015 m de altura), a Toxiza, a serra de Lourenzá e a cordal de Neda; e na metade sur a chaira. En terras de Abadín nacen os ríos que forman e enchen o Masma (o río da Fraga Vella, o Pedrido e o Valiñadares), dá os seus primeiros pasos o Eume, e corren cara ao Miño o Anllo, chamado tamén río de Abadín, e o Arnela afluente do Batán. Vista de Abadín desde a Cordal de Neda. No centro a vila e ao fondo o Xistral e A Toxiza.
  • 13. Vivendas tradicionais no rural de Abadín. Igrexa de Santa María de Abadín, do século XII. Á beira do Camiño Norte de Santiago. Gando na Cordal de Neda.
  • 14. BEGONTE Está situado ao sur da comarca, ocupa unha superficie de case 127 km2 e ten unha poboación de 3.322 habitantes (datos 2013) distribuídos en 19 parroquias. A superficie é achairada con pequenas elevacións polo oeste e polo sur onde se atopa a cordal de Ousá que no linde do concello acada a súa máxima altitude (734 m). Está atravesado polo río Ladra ao que se lle xunta, en Pacios, o Parga, e máis adiante, o Porto Lousado e o Xabarixo. Clube fluvial de Begonte e área recreativa no río Ladra.
  • 15. Os Miragres de Saavedra. Igrexa románica de Santiago de Baamonde. Castiñeiro da Capela Baamonde (Begonte- Lugo). No seu interior ten unha talla da Virxe do Rosario. O especial cariño que lle tiña a xente do lugar e o traballo que fixo nel o escultor Victor Corral, impediron que fose cortado cando se ampliau a estrada.
  • 16. CASTRO DE REI Ocupa o surleste da comarca, ten unha superficie de 177 km2 e unha poboación de case 5.267 habitantes (datos 20013) nas súas 25 parroquias. O territorio é chan pero xa presenta, sobre todo cara ao leste, elevacións que nos lindes co concello de Pol superan nalgúns puntos os 600 m (o monte dos Millares, ao sur, acada os 613 m, e en Prevesos, no norte, os 619). O río máis importante é o Miño, que beirea o concello polo oeste, e cara o que van o Azúmara, o Lea e os seus afluentes, que nacen nas primeiras elevacións das Serras Orientais e atravesan o concello. Vista de Castro de Rei desde o clube fluvial no río Azúmara.
  • 17. Castro de Viladonga. Un dos máis importantes da provincia de Lugo. Hai unha área escavada e ao pé un museo e centro de intrepretación. A tradición popular conserva varias lendas: o outeiro do castro está oco e dentro hai unha galiña cos pitos de ouro, outra dí que dentro hai unha mina de ouro.
  • 18. COSPEITO Situado ao sur da comarca; ten unha superficie de 144.7 km2 e arredor de 5.231 habitantes (datos 2013) repartidos entre as súas 20 parroquias. O territorio é case totalmente chan, con pequenas depresións, que no inverno se converten en lameiros e lagoas. O Miño percorre o concello polo leste e polo sur, e atravésanno, de norte a sur, o Anllo e o Labrada. Vista de Feira do Monte, capital do concello de Cospeito, desde a lagoa.
  • 19. Torre de Caldaloba ou Vilarxoán, que pertenceu ao mariscal Pardo de Cela. Foi destruída na revolta irmandiña e restaurada no século XVII. Igrexa da Virxe do Monte de Cospeito.
  • 20. GUITIRIZ Ten unha superficie de 239.5 km2 e unha poboación de 5.658 habitantes (datos 2013) repartidos en 18 parroquias. Ocupa o suroeste da comarca presenta un predominio dos terreos chans que se elevan cara ao oeste nas serras da Loba, a Cordal de Montouto e a Cova da Serpe, da Dorsal Galega e polo leste, entre as parroquias de Parga e Pígara, os montes de Suexo que acadan no Mirador os 690 m. Canteira de granito en Parga. Unha rocha de gran fino de gran calidade.
  • 21. Balneario de Lagostelle. Está rodeado dun magnífico parque no que hai gran variedade de árbores. Na área de Guitiriz hai unha gran tradición termal. Pena Xiboi. Está declarada Ben de Interese Cultural pola Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Xunta da Galiza. Ao seu pé atopáronse restos duns nove mil anos de antigüidade, pertencentes á cultura neolítica nómada. Area recreativa de Sete Muíños en Guitiriz.
  • 22. MURAS Ocupa o noroeste da comarca; ten unha superficie de case 164 km2 e unha poboación 754 habitantes (datos 2013), repartidas en 8 parroquias. É é o concello co relevo máis accidentado da comarca, todo o seu territorio está ocupado por montes (ao norte os montes de Bustelo, Montouto e o Guriscado, ao oeste a serra do Xistral, ao sur a serra da Carba) entre os que se encaixan os cursos altos dos ríos que nacen ao recoller as augas das súas ladeiras (o Sor e o Landro que van ao Cantábrico e o Eume que leva as augas ao Atlántico). Vista de Muras coa Carba e o Peñote ao fondo. Practicamente todos os montes do concello de Muras están cubertos de xeradores eólicos.
  • 23. O Eume ao seu paso por Muras. Montes do Bustelo.
  • 24. A PASTORIZA Está situada ao noreste da comarca, na zona de transición enre a Terra Cha e as serras do norte e orientais. Ocupa unha superficie de175 km2 , repartida en 19 parroquias, nas que habitan 3.566 persoas. Ocupa o espazo entre a serra de Carracedo, ao norte, a Cordal de Neda, ao oeste, e as estribacións da serra de Meira e o Pousadoiro, polo leste. Un curto tramo do val do Miño e os vales dos ríos interiores, afluentes do Miño, que baixan en dirección ao sur (Madalena-Miñotelo, Rigueira-da Lagoa e río Pequeno). Paisaxe agraria da Pastoriza. Os principais cultivos son os forraxes para alimentar á importante cabana gandeira coa que conta o concello.
  • 25. Louseira no Campo do Oso. A extración e manufactura de lousa é outra das actividades importantes da Pastoriza. Fonmiñá, surxencias de augas que alimentan o Miño.
  • 26. VILALBA Ocupa o centro xeográfico da comarca. Ten unha superficie de case 379 km2 e unha poboación de 14.980 habitantes (datos 2013) distribuída en 30 parroquias. O relevo de Vilalba é chan na meirande parte da súa superficie agás no norte donde chega ás serras do Xistral, que no cume do Monseiván acada os 930 m, e a Carba; e no SO onde no límite con Guitiriz, nos montes de Soexo, acada os 630 m na Pena do Mirador. Polo territorio corren os ríos que, desde a Carba (Batán- Santaballa e Madalena) e a Dorsal ( Trimaz, Ladra e Labrada), van ao Miño. O núcleo principal é Vilalba, capital do concello e centro da comarca, que acolle un terzo da poboación total, os principais centros industriais e os servizos.
  • 27. Queixo de San Simón. Afúmase con madeira de bidueiro e madúrase como mínimo durante dous meses. Vista de San Simón da Costa cos seus elementos máis representativos, as vacas que producen o leite co que se fai o queixo de San Simón, e a igrexa, coñecida como a “Basílica da Terra Cha”. Torre dos Andrade en Vilalba, actualmente Parador de Turismo.
  • 28. XERMADE Está situado ao oeste da comarca. Ocupa unha superficie de 166.5 km2 e ten, distribuídos en 10 parroquias, 2.101 habitantes (datos 2013). O relevo do concello é accidentado, polo norte achégase aos cumes da serra da Carba (O Peñote 871 m), dos que baixan os regatos que conforman o río Trimaz, e polo oeste ao val do río Eume, que é límite do concello nun pequeno tramo do seu curso, e aos cumes da serra da Loba (Serrón do Lobo, 702 m, e Candieiro, 706 m) nos que nace o río Labrada. Desde esas alturas descende suavemente en dirección SE ata o nivel da penichaira. A explotación da gandería de carne en réxime extensivo é unha das principais actividades do concello de Xermade.
  • 29. Parque eólico experimental de Sotavento. Unha estación produtora de enerxía con finalidade didáctica e experimental. Acolle un museo das enerxías renovables e aulas obradoiro. Característicos remates dos cimeterios da Terra Cha onde se pode apreciar o bo facer dos canteiros da comarca.
  • 30. O RELEVO O núcleo principal do relevo é a penichaira, a maior superficie aplanada de Galiza. É un val tectónico de case 2.000 km2 , situado entre os 400 e os 500 m de altitude, aínda que os lindes da comarca abranguen as abas correspondentes das serras e montes que a rodean e a limitan, agás no leste e no sur. No oeste a Dorsal Galega, no norte as Serra da Carba, O Xistral, A Toxiza, Lourenzá e Carracedo, e no sur a Cordal de Ousá. No interior da chaira atópanse algunhas ringleiras de montes de pouca altura e outeiros illados. Vista do SO da Terra Cha (Guitiriz e Begonte) desde o cume da Cova da Serpe. Á esquerda da imaxe o cume máis alto do interior da chaira, o pico Mirador, límite entre Guitiriz e Vilalba.
  • 31. O substrato está formado por xistos moi vellos, erosionados a comezos do Período Terciario e cubertos parcialmente por arxilas e areas terciarias e por aluvións cuaternarios de coios que formaron terrazas fluviais. Os sedimentos acadan unha profundidade de ata 30-40 m. As rochas máis abundantes son as lousas e xistos con algunhas zonas graníticas e pequenas áreas de cuarcita. Coto Pina, en Abadín, representante das formas de relevo do norte da comarca. Desde o cume abránguese unha ampla panorámica da Terra Cha.
  • 32. SERRA DA COVA DA SERPE Esténdese con dirección N-S facendo límite entre as provincias de Lugo (Guitiriz e Friol) e A Coruña (Curtis e Sobrado). Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. O monte máis alto é o Pico da Cova, con 841 m. Na vertente leste nacen afluentes do Parga. Accedese pola estrada de Guitiriz a Sobrado, por unha pista desde Negradas. Pena Cova da Serpe, na Pena Furada. Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas noites á aldea e mamaba leite das vacas.
  • 33. CORDAL DE MONTOUTO Serra de relevos aplanados con orientación norte-sur, que fai de divisoria entre Lugo (Gutiriz) e A Coruña (Aranga). Na vertente leste nacen afluentes do Parga.
  • 34. SERRA DA LOBA Esténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña, desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Cambás (oeste) e Labrada (leste) que a separan da Cordal de Montouto. É unha serra de relevo suave modelado sobre granito de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos migmatíticos e granito intrusivo. Accedese desde Momán (Xermade).
  • 35. MONTES DA GAÑIDOIRA Situado no concello de Muras (montes de Montouto e Bustelo) unidos polo leste co monte Guriscado. Teñen unha altura media de 700 m. Montes da Gañidoira: Montouto á dereita e Bustelo á esquerda.
  • 36. MONTE GURISCADO Situado ao leste da Gañidoira, limitado polo oeste polo río Landro. Ten 932 m de altura. Desde o cume hai unhas boas vistas da serra do Xistral e do val do Landro. Accedese desde o Alto da Gañidoira, na estrada de Vilalba a Viveiro collendo, á dereita, o cruce de Viveiró.
  • 37. SERRA DA CARBA Límite natural norte da Terra Cha, á marxe esquerda do curso alto do río Eume en terreos de Muras, Xermade e Vilalba. Na súa cara sur nacen varios regatos que van aos afluentes do Miño. Está formada esencialmente por cuarcitas do Cámbrico cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas. O punto máis alto é a Carba con 908 m. Accedese desde Vilalba pola estrada que leva ao parque eólico ou desde Xermade (Roupar). O cume máis representativo da serra da Carba é Pena da Goía ou Peñote (871 m) cun perfil escarpado de forma piramidal labrado en cuarcitas que contrastan coas formas máis redondeadas do resto da serra.
  • 38. SERRA DO XISTRAL É unha serra con orientación NNE-SSO que limita a Terra Cha polo norte, nos concellos de Muras, Vilalba e Abadín. Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos de granito nas partes altas. Os picos máis altos son O Xistral en Muras (1.033 m), e o Seixo Branco (1.015 m) e o Chao de Lamoso (1.039 m) no linde de Muras coa Mariña. A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.
  • 39. Un dos elementos máis característicos do Xistral son as turbeiras que se forman e manteñen coas achegas de humidade das nubes procedentes do mar. Moitos dos cumes desta serra están coroados por aeroxeradores. Existen ademais varias explotacións de turba. Está declarada LIC, xunto coa serra da Carba e A Toxiza, e incluída en parte na Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. Accedese desde Abadín, San Simón da Costa (Vilalba) e Muras. Brións (Esfagnos). No Xistral atópase a maior poboación de Sphagnum pylaesi da Península e unha das poucas que existen no mundo. Segundo os expertos, nas turbeiras do Xistral e do Cadramón atópanse o maior número de especies de brións (esfagnos) de toda a Península ibérica e 26 especies de plantas consideradas en perigo de extinción.
  • 40. Val de Viveiró e serra do Xistral desde o Guriscado. No Xistral rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata 2.500 l/m2 ) e ás abondantes néboas que producen precipitacións horizontais. Esta humidade favorece a formación das turbeiras.
  • 41. As TURBEIRAS ou TREMOAIS son medios permanentemente saturados de auga nos que as condicións de asolagamento permanente provocan unha diminución do nivel de osíxeno e a inactivación dos microorganismos descompoñedores que viven no solo, polo que as achegas de materia vexetal non se mineralizan e acumúlanse en forma de turba. No Xistral podemos atopar varios tipos de turbeiras: as máis interesantes son as de cobertor que recobren os cumes dos montes máis altos, por riba dos 900 m e as que ocupan os fondos dos vales onde a auga non evacúa suficientemente, que poden acadar grandes dimensións. Os mellores exemplos están nos nacementos do Eume, Landro e Ouro. Vista de turbeiras de cobertor (nos cumes) e de val. O Xistral contén o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica e das mellores de Europa, debido ás condicións de humidade xunto con temperaturas frescas durante case todo o ano. Nalgúns puntos a turba acada os 3 m de espersor, co que considerando a súa velocidade de formación, dalle unha antigüidade de máis de 7.000 anos.
  • 42. Coenonympha glycerion A fauna do Xistral é moi rica e variada. Destaca a presenza de varios endemismos mundiais como as bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphron xistralensis, e especies pouco comúns como a toupa de auga ou furapresas (Galemys pyrenaica) e a lagartixa das turbeiras (Lacerta vivipara). Xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), unha especie típica de solos asolagados coas envolturas florais (perianto) formadas por finas febras brancas, de ata 5 cm de lonxitude, que lle dan un aspecto característico.
  • 43. SERRA DA TOXIZA É un macizo formado por unha grande masa de granodioritas, do que unha parte está no concello de Abadín. Acada 838 m de altura máxima. A erosión do granito formou espectaculares bolos e penedos. A maioría do terreo está repoboado con piñeiros e consérvanse pequenas masas de carballos. Destacan as formacións de turbeiras. Accedese desde Abadín pola estrada do Valadouro e da Fraga Vella. Vista da Toxiza desde a estrada que vai ao Cadramón.
  • 44. MONTES DE CARRACEDO Fan límite entre o nordeste da Terra Cha e as comarcas de Meira e A Mariña. O punto máis alto é O Carracedo, con 833 m no que conflúen os concellos Mondoñedo, Riotorto e A Pastoriza. Están cubertos por pasteiros, agás nos terreos en costa onde se conservan fragas en bo estado, ou están repoboados con piñeiros e eucaliptos. Cume de Carracedo. Cabalos no Campo do oso, onde se celebra anualmente unha rapa das bestas.
  • 45. CORDAL DE NEDA Pequena serra de relevo aplanado con orientación NE-SO situada entre os concellos da Pastoriza e Abadín, no norte da Terra Cha. Presenta un nivel aplanado de cume, coa máxima altura no Monte Neda, con 798 m. Accedese pola estrada de Abadín á Pastoriza. Desde os cumes hai unhas boas vistas da Terra Cha o monte Monseiván e as serras do Xistral e A Toxiza, cara ao oeste, e das terras da Pastoriza cara ao leste. Cordal de Neda desde A Pastoriza.
  • 46. CORDAL DE OUSÁ Unha pequena serra que forma un arco de dirección E-O que fai límite entre a Terra Cha (Begonte) e a comarca de Lugo. O punto máis alto é a Cordal, con 739 m. CHAO DA LEBRE Unha das pequenas elevacións, de 567 m, que se poden atopar pola Terra Cha, no concello de Vilalba.
  • 47. OS RÍOS E HUMIDAIS A Terra Cha é un territorio no que a auga é a protagonista en forma de correntes lagoas e humidais. Miño
  • 48. O Miño é o río principal, o que recolle a maioría das augas da comarca. Percórrea lentamente recibindo as achegas dos numerosos afluentes que forman unha complicada rede hidrográfica favorecida pola horizontalidade do terreo. O elevado nivel freático da zona e o chan arxiloso favorecen a aparición de lagoas e zonas húmidas de carácter estacional que forman a mellor rede de humidais de Galiza. Nas serras do norte da comarca nacen o Eume, O Sor, o Landro e o Masma. Agás o Eume, que atravesa o concello de Muras, os demais teñen un curto percorrido nesta comarca.Eume
  • 49. Este sistema húmido mantén numerosos e ben conservados ecosistemas acuáticos e terrestres asociados á auga: ríos, ribeiras e bosques de galería, veigas inundadas, gándaras e brañas, lagoas, cunha flora e fauna propias. A maioría dos ríos e humidais da Terra Cha están protexidos no LIC Parga, Ladra, Támoga e na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Isoetes fluitans Nos humidais da Terra Chá atópanse 16 especies vexetais de interese para a súa conservación. Entre elas hai tres “especies prioritarias” que gozan dun maior nivel de proteción no ámbito de Unión Europea: o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum), unha pequena planta acuática (Luronium natans) e dúas bulbosas endémicas da Península Ibérica (Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis e Narcisus asturiensis). Ten tamén especial interese Isoetes fluitans, un fento en perigo de extinción que ten na Terra Cha o principal enclave a nivel mundial.
  • 50. Galiñola negra (Fulica atra) Os máis de 50 humedais da Terra Chá acollen un gran número de aves acuáticas: lavancos, avefrías, cegoñas, garzas, galiñas de auga; e miñatos (común e queimado), fulepas, picaxuncos... cantidade que se ve incrementada no inverno coa chegada de especies procedentes do norte de Europa. Tamén é importante a representación de anfibios e insectos. Cegoña
  • 51. RÍO MIÑO Fórmase coas augas que baixan dos montes de Meira e énchese, no seu curso alto, coas que recolle da Terra Cha e das serras que a circundan. Nun lento circular percorre a chaira cun curso meandrizante, formando illas e lagoas endorréicas. Despois de 307,5 km de percorrido desemboca ao pé do Monte Sta Tegra na Guarda. Nesta parte do seu percorrido recibe pola dereita as augas do Madanela ou Miñotelo, Rigueira ou Úbeda, Pequeno, Anllo, Támoga e Ladra, e pola esquerda o Azúmara e o Lea. Lagoa de Fonmiñá, unha surxencia en rochas calcárias que incrementa notablemente o caudal do río Miño, ao pouco do seu nacemento. No entorno hai unha área recreativa. Accedese desde a estrada de A Pastoriza a Meira ou desde Vilalba-Meira no cruce á Pastoriza.
  • 52. O Miño en Fonmiñá (A Pastoriza). Unha paseo segue o río ata Meira. O Miño en Arcillá (Cospeito). As libeliñas buscan as augas de correntes lentas para reproducírense e son moi abundantes nos ríos e humidais da terra Cha.
  • 53. RÍO ANLLO Nace na serra do Xistral, preto de Labrada. Pasa por terras dos concellos de Abadín, Cospeito e Castro de Rei, onde se xunta ao Miño. Cando entra no concello de Cospeito divídese en dous brazos, un que, co nome de río Guisande, vai á lagoa de Cospeito e segue ata desembocar no Támoga, e outro que vai ao Miño. O Labrada ao pouco do seu nacemento, en terras de Abadín. O río Anllo ao seu paso polo concello de Abadín recibe os nomes de Labrada (preto do nacemento), río de Gontán, río de Abadín e despois Anllo. Área recretiva do Anllo en Gontán (Abadín).
  • 54. RÍO TÁMOGA Baixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Ten varias cabeceiras: o Ribeira e o Laxoso que forman o río Batán, e ao xuntarse co Arnela forman o Santabaia e a partir de Cospeito recibe o nome de Támoga. Percorre terreos nos concellos de Abadín, Vilalba, Cospeito e Begonte e desemboca no Miño nas proximidades de Cela. É o axente drenador da lagoa de Cospeito. As espadanas (Platanaria) medran arraigadas no fondo das beiras das lagoas e augas quedas. O Támoga en Támoga.
  • 55. Fervenza no río Arnela (Támoga) COMO CHEGAR: Na estrada Abadín-Vilalba cóllese un cruce á dereita antes de Castromaior. Despois de 2 km por estrada asfaltada chégase a un cruce onde segue por un camiño de terra durante outros 2 km. A ruta está sinalizada e hai unha área recreativa.
  • 56. Ponte Vella (do século XVII) sobre o río de Batán en Martiñá (Goiriz), no linde entre Vilalba e Abadín. Por ela pasa o Camiño de Santiago.
  • 57. Sumidoiro da lagoa de Cospeito ao Río Guisande, brazo do Anllo que vai ao Támoga.
  • 58. RÍO LADRA Fórmase pola confluencia dos ríos Trimaz, que nace nos montes de Xermade; do Madalena, que nace na Serra da Carba, e do Fabilas. Pasa por terras de Vilalba, Begonte e Outeiro de Rei. Recolle as augas do Labrada, que nace na Serra da Loba e pasa por Guitiriz, Xermade e Vilalba; e do Parga que baixa da serra da Cova da Serpe e pasa por Friol, Guitiriz e Begonte e os e seus afluentes Landroi, Lavandeira, Requeixo e Branqueño. Xúntase co Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei). Río Trimaz preto de Codesido (Vilalba). Os ríos da Terra Cha rebordan a miúdo durante a época de choivas.
  • 59. Río Madalena en Vilalba, onde hai unha área recreativa cunha praia fluvial, unha ruta acondicinada e varios muíños restaurados. Ponte de Saa sobre o río Labrada (Vilalba). O Ladra en Begonte ao pé da área recreativa.
  • 60. Sete Muíños (Guitiriz) Na zona de Sete Muíños o río Escadebas (afluente do Ladroil, que vai ao Parga) forma varios rápidos e pequenos saltos entre rochas graníticas nunha zona aproveitada para instalar muíños. Hai unha área recreativa, unha zona acondicionada como piscina e un paseo que segue o río. Fervenza da Ruxida en Parga (Guitiriz). No regato da Ruxida, afluente do Ladroil que vai ao Parga. COMO CHEGAR: desde Parga vaise a Becín e séguese o camiño de terra que pasa polas canteiras.
  • 61. Río Labrada en Cazás (Vilalba). Ponte medieval sobre o río Parga en San Alberte. O Parga en Baamonde.
  • 62. Presa e muíño de Merra no río Requeixo (Parga).
  • 63. RÍO AZÚMARA Nace na serra do Mirador, nas proximidades de Castro (Hermunde-Pol), onde se coñece co nome de rego das Égoas. Logo pasa a terras do concello de Castro de Rei onde xa toma o nome de Azúmara e desemboca no Miño na parroquia de Orexe (Bazar) despois dun percorrido de 25 km. Freixo de folla ancha (Fraxinus excelsior), un acompañante dos ríos na metade norte de Galiza. O Azúmara en Castro de Rei
  • 64. RÍO LEA Ven do monte de Fitoiro no Monciro. Percorre terras nos concellos de Pol e Castro de Rei e verte no Miño en Beloi. Os seus afluentes son Porto Muíño e Fieitoso, pola dereita, e A Carballeira, O Rial, Regadas, Regueira, As Olas, Rozas e O Corvo, pola esquerda. Ponte romana dos Pedregás, en Duarría, sobre o río Rozas, afluente do Lea. O Lea en Castro Ribeiras de Lea co paseo que permite seguir parte do seu curso.
  • 65. RÍO EUME Nace no Seixobranco (Serra do Xistral) e nesta comarca recolle as augas dos concellos de Muras e Xermade en numerosos regos que baixan das serras do Xistral e A Carba e dos montes de Montouto, Bostelo e Guriscado. Pola dereita recibe o Pieles, Montouto e Ferreiras, e pola esquerda o Reboiras, Mosqueiros, Sarrón e Carracedo. Desemboca en Pontedeume, na ría de Ares. O Eume en Muras. Un sendeiro permite seguir o curso do río durante aproximadamente 2 km entre a área recreativa de Muras e a ponte da estrada de Casateita a Batán. O Eume en Muras ten un percorrido encaixado por un val no que se conservan fragas frondosas cunha gran diversidade de especies.
  • 66. Rego do Casal, un afluente do Eume que recolle as augas da serra da Carba. Batán e muíño en Folgoso (Lousada, Xermade).
  • 67. LAGOAS E HUMIDAIS LAGOA DE CAQUE OU BARDANCOS Nas proximidades de Xustás. É a máis grande da Terra Chá, con 19 ha. Non está alimentada por ningún río. Foi parcialmente recuperada en 1988. Está rodeada de piñeiros de Monterrei, piñeiros bravos, amieiras, salgueiros, toxos, carrizos, xuncos... É un importante refuxio para as aves, sobre todo no inverno.
  • 68. LAGOA DE COSPEITO Situada ao pé de Feira do Monte, capital do concello de Cospeito. Está alimentada polo río Guisande. Ten unhas cinco hectáreas, aínda que no inverno aumenta moito a superficie. Era a lagoa máis grande da Terra Cha (57,5 ha) pero foi desecada arredor de 1960 polo IRYDA e parcialmente recuperada en 1981. As plantas máis comúns son os carrizos, os xuncos, as espadainas... É un punto importante de cría de avefría, somorgullo pequeño, pita de auga, demo negro... No inverno aparecen grandes grupos de anátidas (lavanco real, charneco, pato cullerete, pato asubión, pato rabudo, parrulo chupón, parrulo cristado, ganso...) e limícolas (avefría, mazaricos...). Tamén son frecuentes as cegoñas e as garzas. Está acondicionada para visitas. Ten un sendeiro que a rodea, varios observatorios e un centro de interpretación.
  • 69. Ludwigia palustris. Florece no verán en pozas e regatos de pouca corrente, como as da Terra Cha. Ludwigia palustris. Florece no verán en pozas e regatos de pouca corrente, como as da Terra Cha. Niño de cegoñas na Terra Cha. As cegoñas aliméntanse de animais que atopan nas numerosas “lamas” da Terra Chá. As ras son os animais que máis se fan notar nas lagoas polo seu croar. As ras son os animais que máis se fan notar nas lagoas polo seu croar.
  • 70. LAGOAS DE RIOCALDO OU PEDROSO Conxunto de cinco lagoas situadas xunto ao río Ladra (Begonte). Orixináronse polas explotacións mineiras. Utricularia (Utricularia australis) vive aboiando na auga das lagoas. Aliméntase de pequenos animais que captura cos sacos dixestivos
  • 71. POZOS DO OLLO (BEGONTE)
  • 72. VEIGA DE PUMAR É unha zona húmida situada na marxe dereita do río Miño, entre Oroxe e Pumar. Ocupa unhas 30 ha, alimentada polo Rego de Pumar e polas chuvias invernais. No verán desécase case totalmente. Alternan os espazos abertos e as áreas arboradas con bidueiros, salgueiros, ameneiros... e unha gran variedade de plantas das zonas húmidas xunto con pasteiros. Acolle numerosas aves invernantes.
  • 73. ALLIGAL DE CODESIDO Unha extensa área que se inunda temporalmente coas augas do río Trimaz, ocupada por prados húmidos e bosques de amieiras, bidueiros salgueiros e carballos. Piscina acondicionada sobre o manancial de augas termais (arredor de 30º) do Alligal de Codesido, en Santabaia (Vilalba).
  • 74. LAGOA DE DENUNE (BEGONTE)
  • 75. LAGOA DA CARBALLOSA (COSPEITO)
  • 76. LAGOA DE FONTEFRÍA (BEGONTE)
  • 77. LAGOA EN O CASTRO (CASTRO DE REI)
  • 78. LAGOA DE FABÁS (VILALBA)
  • 79. AS ÁRBORES Unha constante na paisaxe da Terra Cha son as árbores. A Chaira vese cada pouco interrumpida polas ringleiras de árbores que acompañan o curso sinuoso dos numerosos ríos, as que marcan as lindes das fincas e as masas que ocupan as áreas próximas aos moitos humidais que se atopan espallados por toda a comarca. As máis comúns son as propias das zonas húmidas (bidueiros, amieiras, salgueiros...) e os carballos. Ademáis atópanse exemplares illados que polo seu tamaño ou porte merecen o noso interese.
  • 80. Carballo de Luxís. (Pacios-Castro de Rei). -20 m de altura e 4,20 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 81. Carballo de Freán (Cazás, Xermade). Mide 7,28 m de perímetro cunha copa ampla e moi ben estruturada. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 82. Carballo da Casa de Altide (Begonte). -20,5 m de altura, 7 m de perímetro.Carballo do Roxo (Altide, Begonte) -8 m de perímetro.
  • 83. Carballo do Campo do Cacharrón (Cospeito) -5,70 m de perímetro.Carballo de Bóveda (Begonte). Ten 4,20 m de perímetro e moi bo porte.
  • 84. Carba de Gomariz (Goiriz, Vilalba) -7,24 m de perímetro. Carba de Casamado (Goiriz, Vilalba) -7,30 m de perímetro.
  • 85. Carballos de Muimenta (Cospeito) -Catro carballos situados no campo entre a antiga igrexa e a escola. O máis groso mide 4,40 m de perímetro. Incluídos no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 86. Casa da Rúa (Xoibán, Vilalba) -6 m de perímetro
  • 87. Castiñeiro da Capela. Baamonde (Begonte). Situado no adro da igrexa parroquial de Baamonde. No seu interior ten unha capela. -6,60 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 88. Freixo de Muimenta (Cospeito) -3,25 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 89. “Pravia” de Vilalba Un pradairo que pode ter máis de 150 anos. Mide 4 m de perímetro. Atópase no centro da vila de Vilalba. Olmo (Ulmus hollandica) do xardín municipal de Vilalba, plantado a finais do século XIX. Mide 15 m de altura.
  • 90. Acivro da Casa da Quinta (Folgoso, Lousada, Xermade) -3,25 de perímetro. Acivro de Rioaveso (Vilalba-Lugo) -2,10 de perímetro.
  • 91. Eucalipto do maná da Casa de Órdax. As Lombas (Castro de Rei). Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 92. Teixo de A Torre (Balmonte-Castro de Rei). -4,32 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA Teixo de Luxís (Pacios, Castro de Rei) -4,5 m de perímetro no pé.
  • 93. Alcipreste de California do adro da igrexa de Xermade. -5,90 m de perímetro. Alcipreste de California do Xardín do Balneario de Guitiriz -5,82 m de perímetro.
  • 94. OS ESPAZOS PROTEXIDOS DA TERRA CHA Lagoa de Begonte
  • 95. RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO Espazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que están os da Terra Cha. É un gran espazo vertebrado polo curso alto do río Miño e os seus afluentes. Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002. Inclúe os LICs. “Parga- Ladra-Támoga” e “Serra do Xistral”, propostos para a Rede Natura 2000. A zona núcleo, a de maior nivel de protección, contén os escosistemas de maior valor ecolóxico. Inclúe o río Miño e os seus afluentes, os humedais, os bosques aluviais e a Serra do Xistral.
  • 96. Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza e actividades humanas. Nas Terras do Miño desenvólvense todo tipo de actividades, pero unha gran parte da poboación (o 46,7 % ) vive do sector primario, especialmente agricultura e gandería. Os proxectos que se pretenden desenvolver van encamiñados a fomentar e dar a coñecer os valores mediambientais e etnográficos para impulsar o turismo rural e ecolóxico: crear unha rede de museos etnográficos e aulas de interpretación da natureza, rotas de sendeirismo e a recuperación de instalacións etnográficas (muíños, ferrerías, mazos...). O Ladra en Uriz
  • 97. Observatorio na lagoa de Cospeito. Reconstruccións de barcas tradicionais do río usadas para o paseo na área recreativa de Begonte.
  • 98. LIC PARGA-LADRA-TÁMOGA Inclúe territorios dos concellos de Begonte, Cospeito, Guitiriz, Vilalba, Xermade, Abadín e Castro de Rei. Parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus afluentes Ladra (co Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla, as lagoas de Cospeito, Santa Cristina, Reboredo, Pedroso, Codesido, Fontefría, Denune e Seixas, e as Lamas de Xermar e Xoibán. Lagoa de Cospeito.
  • 99. SERRA DO XISTRAL Inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza en terreos dos concellos de Abadín, Muras, Vilalba e Xermade. Destaca polo valor xeolóxico (restos periglaciares) e ecolóxico (varios tipos de turbeiras e unha rica flora e fauna con especies únicas ou raras). Tremoal na Pena Vella, en Abadín.
  • 100. Breixo de turbeira (Erica tetralix). Só se atopa en medios con alto nivel de humidade. Rorela (Drosera rotundifolia). Unha planta carnívora das turbeiras ou tremoais.
  • 101. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2015