SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 94
BETANZOS
A NATUREZA
A comarca de Betanzos está situada no norte de Galiza, entre a costa do fondo do
Golfo Ártabro e as serrasda Dorsal Galega.
Forma parte dunha gran comarca tradicional coñecida como Terras das Mariñas ou
Mariñas dos Condes que vai desde A Coruñe ata a desembocadura do Eume.
O territorio é dunha gran diversidade xeolóxica e morfolóxica, desde as terras baixas
achegadas á costa ata os cumes da Dorsal e as penichairas do interior da provincia
da Coruña, o que da lugar tamén a unha gran diversidade paisaxística, climática e
biolóxica. Acolle unha gran diversidade natural con espazos de montaña, fluviais e
costeiros e dúas áreas protexidas, os LICs “Betanzos-Madeo” e “Encoro de Cecebre”.
O Mandeo en Chelo, entre Coirós e Paderne.
SUPERFICIE: 677 km2
POBOACIÓN: 37.452 habitantes
(2014)
CONCELLOS: Aranga, Betanzos,
Oza-Cesuras, Curtis, Irixoa,
Miño, Paderne, Vilarmaior e
Vilasantar
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Betanzos-Mandeo”,
“Encoro de Cecebre”
CLIMA
Nas áreas próximas á costa o clima é oceánico-húmido, cunha media de 13,3 ºC. No
interior tén matices continentais, con invernos moito máis frios (en Curtis a media é
de dous graos menos).
Esteiro do Baxoi (Miño)
ACTIVIDADES
As principais actividades son os servizos (54%), a industria (17%), e a agrogandaría
(17%).
Vista de Betanzos
PATRIMONIO
O patrimonio histórico-artístico e etnográfico é moi importantes: casco histórico de
Betanzos, numerosas igrexas románicas e barrocas, pontes, muíños, pazos, castelos,
hórreos...
Xacemento arqueolóxico de Pena Furada
Destaca o pretróglifo “A Moura” unha figura co sexo
moi destacado que podería representar a fertilidade
no simbolismo da idade do ferro.
Igrexa de San Francisco de Betanzos
Igrexa de San Francisco, do século XIV, un dos mellores exemplos do gótico galego
Igrexa de Colantres (Coirós)
Igrexa de Santa María de Lesa (Coirós)
Igrexa de Santa María de Ois (Coirós)Igrexa de Santiago de Ois (Coirós)
Igrexa de Mandaio (Oza-Cesuras) Igrexa de Salto (Oza-Cesuras)
Igrexa de Santa Cruz de Mondoi (Oza-Cesuras)
Igrexa de Porzomillos (Oza-Cesuras)
Igrexa de San Pedro de Oza (Oza-Cesuras)
O XARDÍN DO PASATEMPO
Situado ás aforas de Betanzos. Promovido polo indiano Juan García Naveira, emigrante retornado. Foi
construído en 1893 a xeito de parque temático. Contaba con 90.000 m2
de superfie (consérvase unha
décima parte) repartidos entre xardíns e construcións: fontes, covas, estanques, estatuas... Na Guerra Civil
foi destruído en parte e dedicado a campo de concentración, logo quedou abandoado. Foi mercado polo
concello de Betanzos en 1986 e rehabilitado como parque.
CONCELLOS
SUPERFICIE: 120,11 km2
POBOACIÓN: 2.033
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Aranga,
Cambás, Feás, Muniferral,
San Vicente de Fervenzas e
Vilarraso.
ARANGA
Situado ao leste da comarca na vertente oeste das serras da Dorsal. O territorio é montañoso
e está atravesado e sur a noroeste polo río Mandeo que recibe como principal afluente ao
Cambás. Está rodeado de serras, en especial polo norte (serra da Loba) e leste (Cordal de
Montouto). A máxima altura do concello é o Buño, con 738 m.
Vista sobre Aranga e Curtis desde o
Serrón Gordo, na estrada de Ponte
Aranga a Cambás.
Aranga é un concello eminentemente rural sen grandes núcleos de poboación e cunha grande
superficie forestal. As actividade principal é a agrogandaría, en especial o gando vacún de
leite.
Acolle espazos de gran interese natural e etnográfico na contorna do río Mandeo e do seu
afluente Cambás. Varias rutas sinalizadas polo concello permiter percorrer estes ríos e a fraga
das Barbudas.
Ponte sobre o
Mandeo en
Aranga.
Canón do Mandeo
en Aranga
(A Castellana).
SUPERFICIE: 24,23 km2
POBOACIÓN: 13.352
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Betanzos,
Brabío, Piadela, Pontellas,
Requián, San Pedro das
Viñas e Tiobre
BETANZOS
Situado no noroeste da comarca. O territorio do concello forma parte das Mariñas Coruñesas,
é de relevo irregular con pequenas alturas que acadan o máximo no nordeste, no monte
Barreiras (166 m), no linde con Paderne. Os cursos baixos dos ríos Mandeo e Mendo forman
os vales da parte central do concello e o río Mero fai de linde polo sur e polo oeste.
Casas tradicionais en Betanzos. A
vila de Betanzos foi capital dunha
das sete provincias en que estaba
dividido o antigo reino de Galiza.
Tivo un gran desenvolvemento
comercial e portuario desde a Idade
Media ata o século XIX.
As principais actividades son os servizos, a industria, a agricultura (viñedos, produtos de
horta) e a gandaría. A vila de Betanzos é o centro de servizos da comarca, un importante
núcleo turístico e nó de comunicacións.
Os espazos de maior interese natural atópanse nos vales dos ríos con zonas protexidas nos
LICs “Betanzos-Madeo” e “Encoro de Cecebre”.
Acolle un importante patrimonio histórico-artístico, centrado especialmente no casco
histórico da vila de Betanzos que conserva rúas de trazado medieval, casas tradicionais e
numerosas igrexas de grande valor monumental. Foi declarada Conxunto Histórico Artístico
en 1970.
Detalle do pórtico de Santa María de Azogue,
de finais do século XIV e comezos do XV.
Igrexa de San Domingos
Vistas do casco histórico de Betanzos
SUPERFICIE: 33,60 km2
POBOACIÓN: 1.747
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Armea,
Coirós, Colantres, Santa
María de Ois, Santa
Mariña de Lesa e
Santiago de Ois.
COIRÓS
Está situado no centro da comarca, entre os vales dos ríos Mandeo e Mendo. O relevo é moi
accidentado e con grandes desniveis xa que se atopa no terreo de transición entre a
Superficie Fundamental Galega, situada ao leste e as terras baixas costeiras. As máximas
altura sitúanse no leste cos puntos máis altos no Pico da Felga (595) e na Pena do Sal (499 m).
Os ríos forman vales encaixados, o Mandeo, fai de linde polo norte e o Mendo polo sur.
O río Mendo entre Coirós
e Oza-Cesuras, no Muíño
dos Cabalos.
Coiros é un concello eminentemente rural sen importantes núcleos de poboación. As
principais actividades son a agrogandaría (granxas avícolas, cultivos de horta, gando vacún),
os servizos e o sector forestal.
Os espazos naturais máis interesantes atópanse nos ríos, protexidos no LIC “Betanzos-
Mandeo”.
Acolle un importante patrimonio histórico artístico, no que destacan as igrexas da Espenuca,
Santa María e Santiago de Ois.
Aula da natureza en Chelo, centro de
interpretación da auga e do río.
Campanario no cume da Espenuca
SUPERFICIE:
116,53 km2
POBOACIÓN:
4.048 habitantes
(2014)
PARROQUIAS:
Curtis (Santaia),
Fisteus, Foxado
e Curtis-
Estación.
CURTIS
Situad no sur da comarca. Forma parte dunha gran superficie de erosión polo que ten un
relevo bastante uniforme e achairado cunha altitude media de 550 m. A serra da Cova da
Serpe fai de linde do concello polo leste, co cume máis alto na Pena do Ombral, con 644 m.
Una aliñación que sae desta serra cara ao oeste fai de linde polo sur, coa máxima altitude nas
Barrosas, con 584 m.
O río máis importante é o Mandeo, que percorre o territorio do concello de sur a norte e os
seus afluentes Mendo, Deo e Carballido. O Rego dos Muíños, afluente da cabeceira do
Tambre, circula polo sur.
Paisaxe de Curtis.
As principais actividades son a
industria (conta con dous importantes
polígonos industriais en Curtis e
Teixeiro) e a agrogandaría.
Os lugares de maior interese natural
atópanse na serra da Cova da Serpe e
nos vales dos ríos (Brañas do Deo)
Polígono industrial de
Teixeiro-Curtis.
O Mandeo en Foxado.
SUPERFICIE: 68,19 km2
POBOACIÓN: 1.421
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Ambroa, Churío,
Coruxou, Irixoa,
Mántaras, Verís e A
Viña
IRIXOA
Está situado ao nordeste da comarca. O territorio é de relevo achairado con formas suaves e
dunha altitude media de 400 a 500 m. As máximas alturas atópanse ao leste nos montes da
Pena que forman parte das estribacións da serra da Loba (Pico de Vales, con 699 m).
O río Mandeo fai de linde polo sur do concello e o seu afluente, o Zarzo percórreo de leste a
oeste. O Lambre circula polo norte e fai parcialmente de linde co concello de Vilarmaior.
O Mandeo en Irixoa.
A principal actividade é a agrogandaría.
Os espazos naturais de maior interese atópanse nos vales dos ríos e nas montañas. Unha
parte está protexida no LIC “Betanzos-Mandeo”
O Mandeo en Irixoa.
SUPERFICIE: 32,51 km2
POBOACIÓN: 5.838 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Bemantes, Callobre,
Carantoña, Castro, Leiro, Miño,
Perbes e Vilanova.
MIÑO
Está situado na marxe dereita da ría de Betanzos, nun territorio que forma parte das Mariñas,
de relevo moi variado e irregular, pero de pouca altura. O río Baxoi é o principal curso fluvial
do concello. Atravésao de leste a oeste e forma un amplo esteiro e a barra onde se asenta a
praia de Miño. O río Lambre fai de linde polo sur.
A costa alterna amplos areais protexidos con zonas rochosas de pouca altura.
Porto e praia da Ribeira, en Miño.
Ponte medieval (do século
XIV) sobre o Baxoi, en Miño.
As principais actividades son os servizos, en especial o turismo, a agrogandaría, a pesca e o
marisqueo.
A súa costa ten un grande interese natural, unha parte está protexida no LIC “Betanzos-
Mandeo”
Igrexa románica de San Xoán de
Vilanova, do século XII.
Muíño de vento do Boucelo
SUPERFICIE: 151,8 km2
POBOACIÓN: 5.275
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Borrifáns,
Bragade, Carres, Cutián,
Dordaño, Figueiredo,
Filgueira de Barranca,
Filgueira de Traba,
Loureda, Mandaio,
Paderne, Probaos e
Trasanquelos (antes
Cesuras), Bandoxa, Cis,
Cuíña, Mondoi, Oza,
Parada, Porzomillos,
Reboredo, A Regueira,
Rodeiro, Salto e Vivente
(antes Oza dos Ríos).
OZA-CESURAS
É o concello máis novo de Galiza, constituído o 7 de xuño de 2013 por fusión dos concellos de
Cesuras e Oza dos Ríos.
Está situado no suroeste da comarca. O terreo encosta baixa cara ao oeste desde os montes
da Tieira, ao sur (520 m) e os montes do Gato, ao leste (550 m), nos que recollen as augas os
ríos Mero (recibe O Miñatos e o Felín) e Mendo (cos seus afluentes Furoca e Corveiro).
As principais actividades son os servizos, a
agrogandaría (gando vacún) e o sector forestal.
Os espazos naturais de maior interese atópanse
nos vales dos ríos que acollen áreas de bosques
de ribeira ben conservadas e algunha fervenza.
Unha parte está protexida no LIC “Betanzos-
Mandeo”.
Conserva un importante patrimonio histórico
artístico entre o que destacan as igrexas
románicas de San Nicolás de Cis e San Pedro.
Igrexa románica de
San Nicolao de Cis.
O Sanatorio (O Paraxón, Bragade).
Construído en 1927 con cartos dos
emigrantes cubanos, só funcionou como
centro antituberculoso durantes uns
meses. Actualmente é un parque municipal
cun amplo espazo de bosque.
SUPERFICIE: 39,90 km2
POBOACIÓN: 2.502
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Adragonte,
Obre, Paderne, Quintas,
San Pantaleón das Viñas,
San Xulián de Vigo,
Souto, Vilamourel e
Vilouzás.
Desembocadura do lambre na Ponte do Porco.
PADERNE
Está situado ao noroeste da comarca, na marxe dereita da ría de Betanzos. A capital
municipal é O Consistorio.
O territorio é unha sucesión de superficies de erosión situadas entre os vales dos ríos Lambre,
ao norte, e Mandeo, ao sur, coas máximas alturas ao leste, no Pico do Feal (409 m) e monte
Petón (338 m) e unha zona achairada no centro. A liña costeira vai desde o esteiro do Mandeo
ata o do Lambre e alterna pequenas áreas de rochas baixas con extensos areais protexidos.
As principais actividades son a agrogandaría (especialmente gando vacún) e os servizos.
Os espazos de interese natural está asociados á costa e ao río Mandeo, ambos protexidos no
LIC: “Betanzos-Mandeo”.
Ponte do Pedrido,
na desembocadura
do Mandeo.
Igrexa de San
pantaleón das
Viñas, no camiño
de Santiago.
SUPERFICIE: 30,34 km2
POBOACIÓN: 1.236
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Doroña,
Goimil, Grandal, Torres,
Vilamateo e Vilarmaior
Paisaxe de Vilarmaior.
VILARMAIOR
Ocupa una superficie de no nordeste da comarca. A capital municipal é A Armada.
O territorio é accidentado, moi fracturado e afectado pola erosión dos ríos. Sitúase na
transición entre as terras costeiras das Mariñas e as penichairas de Monfero e ten as máximas
altitudes no leste, no Catasol (440 m) e no Seixo Grande (375 m).
O río Baxoi cruza o concello de leste a oeste e o Lambre fai de linde polo sur.
Igrexa románica de Doroña.
As principais actividades son os servizos, a agrogandaría e o sector forestal.
Os espazos naturais de maior interese atópanse nas marxes dos ríos.
No patrimonio cultural destacan as igrexas románicas de Santa María de Doroña, construída
en 1162, e a de San Pedro de Vilarmaior.
Área de lecer Muíño da
Ferreña, no río Anduriña.
SUPERFICIE: 59,21 km2
POBOACIÓN: 1.316 habitantes (2014).
PARROQUIAS: Armental, Barbeito, Mezonzo, Présaras, San Vicenzo de Curtis, Vilariño e
Vilasantar.
Escola de agricultura ecolóxica.
VILASANTAR
Está situado ao sur da comarca. O territorio do concello forma parte dunha ampla superficie
de erosión cunha altitude de 350 a 500 m. Os cumes máis destacados son o Pena Grande, con
563 m e o O Corvo, con 550 m.
Forma parte da conca do Tambre, que percorre o linde do concello polo sur e recolle as augas
do rego dos Muíños, Cabalar e Gándaras.
Igrexa de Santa María de Mezonzo. Formou
parte dun mosteiro suprimido no século XV.
A principal actividade é a agrogandaría, especialmente o gando vacún de leite e a forestal.
Os espazos de maior interese natural atópanse nas beiras dos ríos.
Conserva un importante patrimonio histórico artístico no que destaca a igrexa románica de
Santa María de Mezonzo.
Encoro da minicentral de Présara, na
confluencia dos ríos Tambre e Cabalar.
RELEVO
A comarca de Betanzos ten un relevo moi irregular con alternancia de zonas baixas e altas, de
vales profundos, serras e penichairas. A composición das rochas é tamén moi variada, o que
constribúe a unha paisaxe máis diversa. As partes baixas forman parte do chamado Complexo
de Ordes, con rochas moi variadas, (xistos, anfibolitas, gabros...) e as altas está formadas
maiormente por granitos.
No relevo distínguense varias zonas: no oeste e norte unha área de baixa altitude de vales
amplos que descenden en xeral cara á costa e aos vales dos ríos Lambre, Mandeo, Mendo e
Mero; no centro unha área de transición con relevos abruptos e abundancia de granitos; e no
sur unha ampla penichaira de 500 a 600 m de altitude. No linde leste unha sucesión de serras
que forman parte da Dorsal Galega: serra da Loba, Cordal de Montouto e Cova da Serpe, e no
suroeste os monte da Tieira, que fan de linde coa comarca de Ordes.
Cumes da serra da Loba
Vista das serras da Loba e Montouto onde se aprecian os cumes achairados.
A vexetación dos montes é tamén moi variada. Hai grandes áreas repoboadas con piñeiros e
eucaliptos e nas serras da Dorsal consérvanse algunhas fragas atlánticas.
Os cumes están cubertos de mato de toxo e breixo. Nas zonas achairadas de cumes suaves os
montes están aproveitados como terras de pastos.
Montes da Pena, en Aranga.
Breixos, unha das plantas
máis abundantes no mato
dos montes.
Vista xeral da serra.
SERRA DA LOBA
Esténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña,
desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Mandeo (oeste) e Labrada (leste) que
a separan da Cordal de Montouto. É unha serra de relevo suave modelado sobre granito de
dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos migmatíticos e granito intrusivo.
Fai de divisoria de augas entre a conca do Miño e as do Lambre e Mandeo.
Os puntos máis altos nesta comarca son o Serrón Gordo, con 682 m e o Outeiro da Loba, con
639 m. Accedese desde Cambás (Aranga).
Unha ruta indicada polo concello de Aranga permite percorrer gran parte desta serra e do
Cordal de Montouto.
Serra da Loba
desde o monte da
Feixa.
Gran parte das
abas e cumes da
serra da Loba son
aproveirados para
pasteiros.
Vista da vertente oeste do Cordal de Montouto.
CORDAL DE MONTOUTO
Serra de relevos aplanados con orientación norte-sur, que se estende a continuación da serra
da Loba e fai de divisoria entre A Coruña (Aranga) e Lugo (Gutiriz). Na vertente leste nacen
afluentes do Parga e na oeste afluentes do Mandeo. O punto máis alto é Pena da Uce, con
734 m. Nos vales do Barranco da Loba e rego da Palanca (afluentes do Cambás, que á súa vez
vai ao Mandeo) consérvanse fragas autóctonas de bastante extensión.
Accedese desde Cambás (Aranga).
Fraga do Barranco da Loba,
na ladeira oeste do Cordal
de Montouto.
Interior da fraga das Barbudas, ao pé dunha das
fervenzas do rego da Palanca. Cultivos e sebes nas abas do Montouto.
Vista xeral da serra.
SERRA DA COVA DA SERPE
Esténdese con dirección N-S facendo linde entre as provincias de Lugo (Guitiriz e Friol) e A
Coruña (Curtis e Sobrado). Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”,
xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación
cara ao leste. O monte máis alto nesta comarca é a Pena do Ombral, con 644 m.
Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo.
Accedese desde Teixeiro.
Vista sobre Curtis desde a
Cova da Serpe.
Aproveitamento agro-
gandeiro na serra.
Vista dos montes do Gato desde Paderne.
MONTES DO GATO
Serra que se estende con direción SE-NO polos lindes dos concellos de Coirós, Oza-Cesuras e
Aranga. Os cumes máis destacados son o Petón (557 m), Pena Moura (554 m) e Felgar (512
m). Son a divisoria das augas do Mandeo e o Mendo.
MONTES DA TIEIRA
Pequena aliñación que se estende con dirección leste-oeste entre os concellos de Oza-Cesuras
e Mesía. Os cumes máis destacados son o alto de Gabrui, con 482 m e o Alto do Sesto, con
439 m. As partes chans están cubertas de prados e repoboacións forestais onde dominan os
eucaliptos. Nas zonas máis escarpadas consérvanse bosques autóctonos.
Accedese desde Borrifáns (Cesuras).
RÍOS
A maior parte da comarca de Betanzos está drenada polo río Mandeo que a percorre,
primeiro de sur a norte, e despois de este a oeste ata desaugar na ría de Betanzos. Ao norte
están os ríos Baxoi e Lambre que desembocan na marxe dereita da ría. O Mero fai de linde
polo oeste e alguns regos do curso alto do Tambre drenan a zona sur en terras de Vilasantar.
Os ríos forman vales encaixados nos cursos altos, nos que son frecuentes os rápidos e as
fervenzas e amplos esteiros na súa desembocadura.
Rego da Palanca.
O releve irregular favorece a
presenza de saltos e fervenzas,
sobre todo nos pequenos ríos
das cabeceiras.
Nas augas dos ríos e nas beiras fórmanse
ecosistemas moi variados e dunha
grande riqueza biolóxica: bosques de
ribeira, pozas, marismas...
Asociados aos ríos consérvanse gran
cantidade de patrimonio cultural: pontes,
muíños, caneiros, lavadoiros...
Numerosas rutas por toda a comarca
permiten percorrer as zonas máis
interesantes.
Os cursos altos e medios dos ríos da
comarca están flanqueados por bosques
de ribeira ben conservados.
Esteiro do Baxoi. Os principais
ríos da comarca forman, na súa
desembocadura, esteiros dunha
grande riqueza biolóxica.
Flores femininas de salgueiro (Salix cinerea), unha das
árbores máis comúns dos ríos e zonas húmidas.
Freixos na ribeira do Mandeo.
Pé de boi (Oenanthe crocata), unha planta común
nos ríos que pode vivir dentro dos cauces ou na
beira.
Carrizos (Phragmites communis), gramíneas que poden
acadar 4 m de altura e ocupan grandes extensións nas
zonas húmidas dos cursos baixos dos ríos.
Galiña de auga (Gallinula chloropus). Vive entre a
vexetación de lugares asolagados: pozas, lagoas,
remansos, encoros, esteiros...
O máis destacado da fauna son as aves acuáticas: garza,
garzota, martiño peixeiro, gabita, gaivotas (patiamarela,
chorona e escura), mazarico (galego e curlí), píllara real,
alavanco real, pato cincento, pato asubión, parrulo
pentumeiro común, mergo, corvo mariño real...
Garzota (Egretta garceta).
Visitante habitual dos esteiros.
Cobra de auga (Natrix maura). É a máis acuática das cobras, onde
busca alimento e refuxio. Aínda que escasea no tercio norte de
Galicia, está presente nesta área.
Lontra (Lutra lutra). Está intimamente ligada á
vida acuática. Aliméntase sobre todo de peixes,
anfibios e algúns micromamíferos que captura
na auga ou na beira.
Esteiro do Baxoi
en Miño.
RÍO BAXOI
Os ríos Anduriña e Vilariño que nacen en
Monfero, na serra do Queixeiro, forman
o Xurio, en Vilarmaior, nomeado Baxoi
en Miño, onde desemboca dando lugar,
en acción conxunta co mar, unha frecha
de area que forma a praia Grande de
Miño, na ría de Betanzos.
O río Anduriña, unha das
cabeceiras do Baxoi, en
Vilarmaior.
RÍO LAMBRE
Nace no Monte da Pena da Uz (Monfero) e pasa polos concellos de Monfero, Irixoa,
Vilarmaior (onde hai dúas minicentrais), Miño e Paderne. Desemboca na Ponte do Porco na
ría de Betanzos facendo fronteira entre os concellos de Paderne e Miño.
Ponte medieval sobre o
Lambre na estrada da Ponte
do Porco a Vilamateu.
Río do Medio
(Lambre) entre
Callobre
(Miño) e
Güimil
(Vilarmaior)
O Mandeo na Castellana discorre por un
tramo encaixado con forte desnivel no que
forma pozas, rápidos e fervenzas.
RÍO MANDEO
Nace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), entre os montes do Bocelo e do Corno do Boi.
Nos seus 56 km de percorrido drena os concellos de Sobrado, Aranga, Curtis, Irixoa, Oza-
Cesuras, Coirós, Paderne e Betanzos. Despois dun lento percorrido pola penichaira cae
rapidamente no val de Betanzos onde moi a modo acada a desembocadura formando un
amplo esteiro.
Os principais a fluentes pola dereita son o
Portabenza, Cambás (co Palanca) e Zarzo; e pola
esquerda o Deo (co Carballido), Vexo e Mendo.
Ten varios aproveitamentos hidroeléctricos:
Central Eléctrica Mandeo-Zarzo, MC da Castellana
(no Mandeo), MC Vexo e Cambás.
Está protexido desde a confluencia do Cambás
(Ponte Aranga) ata o esteiro no LIC “Betanzos-
Mandeo”. En Chelo (Coirós) hai unha Aula da
Natureza e un centro de interpretación dos ríos e
da auga.
FERVENZAS DA CASTELLANA
Na parroquia de Vilarraso (Aranga). O río Mandeo á altura da Castellana encáixase nun canón en rochas graníticas
facendo unha combinación de rápidos, fervenzas e grandes pozas. A de máis altura é a do pozo da Xesta, de entre 6 e 8
m. O caudal do río está moi diminuído polo encoro que se atopa un pouco máis arriba.
Fervenza do Pozo da Xesta.
Rápidos e pozo da Maraguda.
Rego da Portorosa ou Piogueira, un afluente do Mandeo que
desemboca no canón na Castellana-Vilarrasa (Aranga)
O Mandeo en Betanzos.
Moitos dos barcos do
río empréganse para
remontalo na romería
dos Caneiros.
O Mandeo en Chelo.
Ponte sobre o Mandeo en Betanzos
O Mandeo en Betanzos, na confluencia co Mendo.
Esteiro do
Mandeo.
Ponte do Pedrido,
sobre a
desembocadura
do Mandeo, entre
os concellos de
Bergondo e
Paderne.
O Deo en Curtis
RÍO DEO
Nace nos montes da Carriceira e da Graña (Curtis) e xúntase co Mandeo na Castellana (Aranga). Os seus
principais afluentes son o Martín, o Carballido, o Rego de Porto Espiñeira e o Rego de Vilarraso.
RÍO CAMBÁS
Un afluente do Mandeo que se forma coa confluencia do Rego da Loba (que ven da Serra da Loba) e o
rego da Palanca, que ven do Cordal de Montouto.
No seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con agún afloramento de cuarcita e escavan
profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas.
FERVENZAS DO REGO DA PALANCA
Na parroquia de Cambás (Aranga). A
fervenza máis grande salva un desnivel duns
30 m en neis. A caída principal ten 20 m de
altura.
Augas arriba da fervenza grande atópase o
atranco da antiga minicentral e unha
pequena fervenza duns 5 m de altura.
Nos vales destes dous ríos consérvase a fraga das
Barbudas, un bosque autóctono que se pode
percorrer cun itinerario (ruta de sendeirismo nº 2 do
concello de Aranga) que pasa por antigas
instalacións de centrais eléctricas e varios muíños e
fervenzas.
Ao pé de antiga minicentral atópase esta fervenza, con
dous saltos de de 5 e 10 m de altura.
POZO DE CASTRO RODICIO
No rego da Loba, na parroquia de Cambás (Aranga).
O río, moi diminuído polo encoro que hai máis arriba,
salva un desnivel de máis de 20 m en varios saltos e
forma un pozo circular moi profundo.
RÍO VEXO
Un afluente do Mandeo que nace preto dos montes do Gato (Aranga). Ten un percorrido con grandes
desniveis, dando lugar a numerosas fervenzas e rápidos
No seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con agún afloramento de cuarcita e escavan
profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas.
Río Vexo en Santa
María de Ois.
Unha ruta que sae
de Ponte Xora
(Coirós) segue o
curso do río nunha
zona con varios
saltos e áreas de
rápidos, muíños,
unha minicentral e
restos dun mazo.
FERVENZAS DE FERVENCEDO
Na parroquia de Fervenzas (Aranga). O río das Fervenzas, afluente do Mandeo,
baixa por unha zona de rochas granítica moi encaixado con varios saltos de
máis de 5 m e numerosos rápidos.
Rego de Maínzoso (Mandeo)
Paderne
Rego das Moas, un
afluente do río Zarzo en
Mántaras (Irixoa)
RÍO ZARZO
Un afluente do Mandeo que baixa dos Montes da Pena e atravesa terreos de Irixoa e Paderne. Únese ao
Mandeo en Vigo (Paderne) nun estreito canón no que se atopa unha sucesión de rápidos e pequenas
fervenzas. Está aproveitado por unha minicentral que mingua moito o seu caudal.
Río Zarzo en
Vigo (Paderne)
Río Zarzo en Verís (Irixoa)
FERVENZA DA REXEDOIRA
Na parroquia de Filgueira de Barranca (Oza-
Cesuras). O río Mendo ten un tramo con rápidos
e varias fervenzas en xistos e lousas. A máis
grande mide arredor de 8 m de altura encaixada
entra rochas.
RÍO MENDO
É o principal afluente do Mandeo. Nace en Foxado (Curtis), entre o coto da Carriceira e o monte da Graña,
e percorre terreos de Cesuras, Oza-Cesura (fai límite con Coirós) e Betanzos onde se xunta co Mandeo,
pouco antes da desembocadura. Ten como afluentes pola dereita o Carnes, Miñatos e Torarou; e pola
esquerda o Piñeiredo e Velín.
Ponte Roibeira sobre o Mendo entre Betanzos (Bravío) e Oza-Cesuras (Mondoi)
Ponte das Cascas sobre o Mendo en Betanzos
O Mendo en Betanzos
O Mendo en Betanzos, poco antes de
se xuntar co Mandeo.
Encoro de Cecebre, entre Betanzos (ao fondo) e Abegondo.
RÍO MERO
Nace nos montes de Tieira. Desde a penichaira de Cesuras ata as Mariñas coruñesas descende
lentamente case todo o seu curso cara ao Atlántico cun trazado sinuoso, e desemboca na ría
do Burgo, entre Culleredo e Cambre despois de 46 km de percorrido. Nesta comarca fai de
linde polo oeste, en terras de Betanzos e Oza-Cesuras e recibe pola dereita o Furoca.
Está protexido no LIC “Encoro de Cecebre”.
FERVENZA DE VISANTOÑA
No linde entre os concellos de Cesurase Mesía. O
río da Furoca, afluente do Mero, salva un resalte
en xistos e lousas de aproximadamente 8 m de
altura en varios saltos. Río abaixo hai outras
fervenzas máis pequenas.
Ponte romano de Beldoña,
entre Betanzos e Abegondo.
Confluencia do
Cabalar e o Tambre
en Présaras. Neste
tramo o Tambre corre
encaixado entre
grandes bolos
graníticos que forman
pequenas fervenzas e
rápidos.
RÍO TAMBRE
Nace na Serra do Bocelo e desemboca na ría de Muros e Noia. Na comarca ten un percorrido
bastante encaixado ao sur do concello de Vilasantar, no linde con Sobrado e Boimorto.
Recolle as augas do Cabalar e Gándaras.
Varias rutas de sendeirismo permiten percorrer o rego das Gándaras, onde se conservan
varios muíños e outros aproveitamentos hidráulicos, e parte do Cabalar e o Tambre.
O Tambre en
Mezonzo.
FERVENZA DO CABALAR
En Vilasantar, entre as parroquias de Présaras e Mezonzo.
Antes de se xuntar co Tambre, o Cabalar cae nun forte
desnivel entre bolos graníticos formando varios saltos e
numerosos rápidos. O máis grande ten 4 m de altura.
A COSTA
A área costeira desta comarca é un pequeno tramo na ría de Betanzos que vai desde a
desembocadura do Mandeo ata a praia de Perbes.
Miño
Acolle diversos ecosistemas: esteiros, marismas, praias, dunas e cantís de pouca altura nos
que se conserva unha rica flora e fauna adaptada.
Pirixel do mar (Crithmum maritimum) Limícolas.
Correola
(Calystegia
soldanella)
Praia de Perbes. Ao fondo a illa
Carboeira.
En Perbes hai tres areais
(Andaio, San Pedro e Marín)
que en conxunto miden 600 m
de lonxitude.
RÍA DE BETANZOS
Mide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro, de Betanzos
ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan os lodos transportados polos ríos
Mandeo e Mendo, unha zona estreita con amplas zonas fangosas que quedan descubertas
coa marea baixa. O segundo, entre as puntas Lavadoira e Torella, é máis amplo e conflúe coa
ría de Ares. As rochas dominantes son xistos, filitas e lousas. É unha importante zona
marisqueira (ameixa, berberecho...). Os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de
Betanzos entre Miño e Gandarío forma parte do LIC “Betanzos-Mandeo”
Praia de San Pedro, en Perbes
Praia Grande de Miño (1360 m), formada sobre a frecha que pecha o
esteiro do río Baxoi. Miño é un dos centros de veraneo máis
importantes de Galiza.
Praia de Ponte do Porco, na
desembocadura do río Lambre,
etre Miño e Paderne.
Praia pequena de Miño ou da
Ribeira, e punta Xurelos.
Ría de Betanzos desde Ponte Pedrido, na desembocadura do Mandeo, o río principal que alimenta a ría de Betanzos. O
tramo final do río conserva unhas extensas marismas de gran riqueza biolóxica.
AS ÁRBORES
En xeral o terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos. Nas serras da
dorsal e nos vales máis profundos dos ríos consérvanse fragas atlánticas dunha gran
diversidade formadas por carballos, bidueiros, castiñeiros, pereiras bravas... e nas beiras dos
ríos salgueiros, amieiras e freixos. As máis destacadas son as dos vales dos regos Palanca e A
Loba en Aranga.
Fraga das Barbudas en
Aranga. Pódese percorrer
seguindo a ruta nº 2 do
concello de Aranga.
Carballo (Quercus robur) do campo da igrexa
parroquial da Nosa Señora dos Remedios en
Teixeiro (Curtis). Mide 20 m de altura.
Nalgúns parques e xardíns de pazos atópanse especies monumentais, entre os que destacan a
grevillea e a magnolia do pazo de Illobre, en Betanzos.
Carballo (Quercus robur) en Grandal (Vilarmaior).
Maceira en Colantres (Coirós). Mide 2,80 m de perímetro e ten unha ampla copa de 23 m de diámetro.
Segundo os veciños chegou a dar 2.000 kg de mazáns.
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC BETANZOS-MANDEO
Comprende 865 ha o curso do río Mandeo, desde Ponte Aranga, e o do Mendo desde Oza dos
Ríos, os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de Betanzos entre Miño e Gandarío.
Nesta comarca terreos dos concellos de Aranga, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Oza-
Cesuras.
O Mandeo en Aranga,
no comezo do espazo
protexido.
Podemos atopar varios ecosistemas diferenciados:
-O curso medio dos ríos Mandeo e Mendo conservan bosques de ribeira con amieiras, salgueiros freixos,
bidueiros, abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos, fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento
femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas,
pe de boi, reina, adelfiña, herba centella, espiga de auga...
-Esteiros e marismas, con predominio de plantas adaptadas ás augas solobres: sebas, xuncos, salicornias,
verdoaga mariña, acelga salgada, herba das anduriñas, escirpo... e gran grariedade de aves acuáticas.
-Areais e dunas cunha vexetación psamófila típica.
-Costa rochosa protexida na que viven as algas e animais propios da zona.
O Mandeo na zona da Espenuca e Chelo discorre encaixado por un
angosto canón de rochas xistosas e granitos. Nesa zona atópase a
aula da natureza cun centro de interpretación fluvial. Esteiro do Mandeo
LIC ENCORO DE CECEBRE
É un encoro construído en 1976 para o abastecemento de auga potable á Coruña. O espazo
protexido comprende 522 ha no encoro, áreas da súa ribeira e parte dos cursos dos ríos Mero
e Barcés. Nesta comarca unha parte do concello de Betanzos.
O principal interese deste espazo son as aves acuáticas, tanto sedentarias como de paso,
entre as que se atopan algungas pouco comúns en Galiza.
BRAÑAS DO DEO
É un espazo proposto como LIC (3.385,2 ha), pendente de aprobación. Está situado na cunca
do río Deo (afluente do Mandeo) ao sur da.
As brañas aséntase nunha ampla penichaira atravesada por numerosos cursos de auga
tributarios do do Deo (afluente do Mandeo). A maior parte do terreoo está ocupado por
brañas, prados e matogueira con árbores nas beiras e faixas de bosques de galería que
acompañan os cursos dos ríos. Hai tamén amplas zonas de repoboación con piñeiros e
eucaliptos.
ESTEIRO DO BAXOI
É un espazo proposto como LIC (93 ha, 64,8 terrestres e 28,2 acuáticas) pendente de
aprobación. Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha
pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño.
Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Xullo 2016

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 

Destacado

Fall 2015 LinkedIn_Pro Writing
Fall 2015 LinkedIn_Pro WritingFall 2015 LinkedIn_Pro Writing
Fall 2015 LinkedIn_Pro WritingDanFarkasOUClasses
 
Marketing your bank to small business in 2012
Marketing your bank to small business in 2012Marketing your bank to small business in 2012
Marketing your bank to small business in 2012bredinonline
 
Demi technology audits
Demi technology auditsDemi technology audits
Demi technology auditsDemiLowe
 
Demi technology audits
Demi technology auditsDemi technology audits
Demi technology auditsDemiLowe
 
Real-time Classification of Malicious URLs on Twitter using Machine Activity ...
Real-time Classification of Malicious URLs on Twitter using Machine Activity ...Real-time Classification of Malicious URLs on Twitter using Machine Activity ...
Real-time Classification of Malicious URLs on Twitter using Machine Activity ...Pete Burnap
 
Brangwyn y hopkins transition iniciatives primer
Brangwyn y hopkins   transition iniciatives primerBrangwyn y hopkins   transition iniciatives primer
Brangwyn y hopkins transition iniciatives primerPlan Huerta
 
Marc Maayo_Portfolio 27.08
Marc Maayo_Portfolio 27.08Marc Maayo_Portfolio 27.08
Marc Maayo_Portfolio 27.08Marc Maayo
 

Destacado (13)

Fall 2015 LinkedIn_Pro Writing
Fall 2015 LinkedIn_Pro WritingFall 2015 LinkedIn_Pro Writing
Fall 2015 LinkedIn_Pro Writing
 
DAFTAR RIWAYAT HIDUP
DAFTAR RIWAYAT HIDUPDAFTAR RIWAYAT HIDUP
DAFTAR RIWAYAT HIDUP
 
დამოუკიდებელი სამუშაოები (ლიტერატურის მოდული)
დამოუკიდებელი სამუშაოები (ლიტერატურის მოდული)დამოუკიდებელი სამუშაოები (ლიტერატურის მოდული)
დამოუკიდებელი სამუშაოები (ლიტერატურის მოდული)
 
Workshop 4 #2.key Final Workshop
Workshop 4 #2.key Final WorkshopWorkshop 4 #2.key Final Workshop
Workshop 4 #2.key Final Workshop
 
Marketing your bank to small business in 2012
Marketing your bank to small business in 2012Marketing your bank to small business in 2012
Marketing your bank to small business in 2012
 
Demi technology audits
Demi technology auditsDemi technology audits
Demi technology audits
 
Demi technology audits
Demi technology auditsDemi technology audits
Demi technology audits
 
Anatomy of Public Relations rev on 1/7/12 for PR Playbook 4th edition
Anatomy of Public Relations rev on 1/7/12 for PR Playbook 4th editionAnatomy of Public Relations rev on 1/7/12 for PR Playbook 4th edition
Anatomy of Public Relations rev on 1/7/12 for PR Playbook 4th edition
 
Distracted Driving
Distracted DrivingDistracted Driving
Distracted Driving
 
Obstetric Fistula
Obstetric FistulaObstetric Fistula
Obstetric Fistula
 
Real-time Classification of Malicious URLs on Twitter using Machine Activity ...
Real-time Classification of Malicious URLs on Twitter using Machine Activity ...Real-time Classification of Malicious URLs on Twitter using Machine Activity ...
Real-time Classification of Malicious URLs on Twitter using Machine Activity ...
 
Brangwyn y hopkins transition iniciatives primer
Brangwyn y hopkins   transition iniciatives primerBrangwyn y hopkins   transition iniciatives primer
Brangwyn y hopkins transition iniciatives primer
 
Marc Maayo_Portfolio 27.08
Marc Maayo_Portfolio 27.08Marc Maayo_Portfolio 27.08
Marc Maayo_Portfolio 27.08
 

Similar a Comarca de Betanzos

Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 

Similar a Comarca de Betanzos (11)

Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Último

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Comarca de Betanzos

  • 2. A comarca de Betanzos está situada no norte de Galiza, entre a costa do fondo do Golfo Ártabro e as serrasda Dorsal Galega. Forma parte dunha gran comarca tradicional coñecida como Terras das Mariñas ou Mariñas dos Condes que vai desde A Coruñe ata a desembocadura do Eume. O territorio é dunha gran diversidade xeolóxica e morfolóxica, desde as terras baixas achegadas á costa ata os cumes da Dorsal e as penichairas do interior da provincia da Coruña, o que da lugar tamén a unha gran diversidade paisaxística, climática e biolóxica. Acolle unha gran diversidade natural con espazos de montaña, fluviais e costeiros e dúas áreas protexidas, os LICs “Betanzos-Madeo” e “Encoro de Cecebre”.
  • 3. O Mandeo en Chelo, entre Coirós e Paderne.
  • 4. SUPERFICIE: 677 km2 POBOACIÓN: 37.452 habitantes (2014) CONCELLOS: Aranga, Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Irixoa, Miño, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Betanzos-Mandeo”, “Encoro de Cecebre”
  • 5. CLIMA Nas áreas próximas á costa o clima é oceánico-húmido, cunha media de 13,3 ºC. No interior tén matices continentais, con invernos moito máis frios (en Curtis a media é de dous graos menos). Esteiro do Baxoi (Miño)
  • 6. ACTIVIDADES As principais actividades son os servizos (54%), a industria (17%), e a agrogandaría (17%). Vista de Betanzos
  • 7. PATRIMONIO O patrimonio histórico-artístico e etnográfico é moi importantes: casco histórico de Betanzos, numerosas igrexas románicas e barrocas, pontes, muíños, pazos, castelos, hórreos... Xacemento arqueolóxico de Pena Furada Destaca o pretróglifo “A Moura” unha figura co sexo moi destacado que podería representar a fertilidade no simbolismo da idade do ferro.
  • 8. Igrexa de San Francisco de Betanzos
  • 9. Igrexa de San Francisco, do século XIV, un dos mellores exemplos do gótico galego
  • 10. Igrexa de Colantres (Coirós) Igrexa de Santa María de Lesa (Coirós)
  • 11. Igrexa de Santa María de Ois (Coirós)Igrexa de Santiago de Ois (Coirós)
  • 12. Igrexa de Mandaio (Oza-Cesuras) Igrexa de Salto (Oza-Cesuras)
  • 13. Igrexa de Santa Cruz de Mondoi (Oza-Cesuras) Igrexa de Porzomillos (Oza-Cesuras)
  • 14. Igrexa de San Pedro de Oza (Oza-Cesuras)
  • 15. O XARDÍN DO PASATEMPO Situado ás aforas de Betanzos. Promovido polo indiano Juan García Naveira, emigrante retornado. Foi construído en 1893 a xeito de parque temático. Contaba con 90.000 m2 de superfie (consérvase unha décima parte) repartidos entre xardíns e construcións: fontes, covas, estanques, estatuas... Na Guerra Civil foi destruído en parte e dedicado a campo de concentración, logo quedou abandoado. Foi mercado polo concello de Betanzos en 1986 e rehabilitado como parque.
  • 16. CONCELLOS SUPERFICIE: 120,11 km2 POBOACIÓN: 2.033 habitantes (2014) PARROQUIAS: Aranga, Cambás, Feás, Muniferral, San Vicente de Fervenzas e Vilarraso. ARANGA Situado ao leste da comarca na vertente oeste das serras da Dorsal. O territorio é montañoso e está atravesado e sur a noroeste polo río Mandeo que recibe como principal afluente ao Cambás. Está rodeado de serras, en especial polo norte (serra da Loba) e leste (Cordal de Montouto). A máxima altura do concello é o Buño, con 738 m. Vista sobre Aranga e Curtis desde o Serrón Gordo, na estrada de Ponte Aranga a Cambás.
  • 17. Aranga é un concello eminentemente rural sen grandes núcleos de poboación e cunha grande superficie forestal. As actividade principal é a agrogandaría, en especial o gando vacún de leite. Acolle espazos de gran interese natural e etnográfico na contorna do río Mandeo e do seu afluente Cambás. Varias rutas sinalizadas polo concello permiter percorrer estes ríos e a fraga das Barbudas. Ponte sobre o Mandeo en Aranga. Canón do Mandeo en Aranga (A Castellana).
  • 18. SUPERFICIE: 24,23 km2 POBOACIÓN: 13.352 habitantes (2014) PARROQUIAS: Betanzos, Brabío, Piadela, Pontellas, Requián, San Pedro das Viñas e Tiobre BETANZOS Situado no noroeste da comarca. O territorio do concello forma parte das Mariñas Coruñesas, é de relevo irregular con pequenas alturas que acadan o máximo no nordeste, no monte Barreiras (166 m), no linde con Paderne. Os cursos baixos dos ríos Mandeo e Mendo forman os vales da parte central do concello e o río Mero fai de linde polo sur e polo oeste. Casas tradicionais en Betanzos. A vila de Betanzos foi capital dunha das sete provincias en que estaba dividido o antigo reino de Galiza. Tivo un gran desenvolvemento comercial e portuario desde a Idade Media ata o século XIX.
  • 19. As principais actividades son os servizos, a industria, a agricultura (viñedos, produtos de horta) e a gandaría. A vila de Betanzos é o centro de servizos da comarca, un importante núcleo turístico e nó de comunicacións. Os espazos de maior interese natural atópanse nos vales dos ríos con zonas protexidas nos LICs “Betanzos-Madeo” e “Encoro de Cecebre”. Acolle un importante patrimonio histórico-artístico, centrado especialmente no casco histórico da vila de Betanzos que conserva rúas de trazado medieval, casas tradicionais e numerosas igrexas de grande valor monumental. Foi declarada Conxunto Histórico Artístico en 1970. Detalle do pórtico de Santa María de Azogue, de finais do século XIV e comezos do XV. Igrexa de San Domingos
  • 20. Vistas do casco histórico de Betanzos
  • 21. SUPERFICIE: 33,60 km2 POBOACIÓN: 1.747 habitantes (2014) PARROQUIAS: Armea, Coirós, Colantres, Santa María de Ois, Santa Mariña de Lesa e Santiago de Ois. COIRÓS Está situado no centro da comarca, entre os vales dos ríos Mandeo e Mendo. O relevo é moi accidentado e con grandes desniveis xa que se atopa no terreo de transición entre a Superficie Fundamental Galega, situada ao leste e as terras baixas costeiras. As máximas altura sitúanse no leste cos puntos máis altos no Pico da Felga (595) e na Pena do Sal (499 m). Os ríos forman vales encaixados, o Mandeo, fai de linde polo norte e o Mendo polo sur. O río Mendo entre Coirós e Oza-Cesuras, no Muíño dos Cabalos.
  • 22. Coiros é un concello eminentemente rural sen importantes núcleos de poboación. As principais actividades son a agrogandaría (granxas avícolas, cultivos de horta, gando vacún), os servizos e o sector forestal. Os espazos naturais máis interesantes atópanse nos ríos, protexidos no LIC “Betanzos- Mandeo”. Acolle un importante patrimonio histórico artístico, no que destacan as igrexas da Espenuca, Santa María e Santiago de Ois. Aula da natureza en Chelo, centro de interpretación da auga e do río. Campanario no cume da Espenuca
  • 23. SUPERFICIE: 116,53 km2 POBOACIÓN: 4.048 habitantes (2014) PARROQUIAS: Curtis (Santaia), Fisteus, Foxado e Curtis- Estación. CURTIS Situad no sur da comarca. Forma parte dunha gran superficie de erosión polo que ten un relevo bastante uniforme e achairado cunha altitude media de 550 m. A serra da Cova da Serpe fai de linde do concello polo leste, co cume máis alto na Pena do Ombral, con 644 m. Una aliñación que sae desta serra cara ao oeste fai de linde polo sur, coa máxima altitude nas Barrosas, con 584 m. O río máis importante é o Mandeo, que percorre o territorio do concello de sur a norte e os seus afluentes Mendo, Deo e Carballido. O Rego dos Muíños, afluente da cabeceira do Tambre, circula polo sur. Paisaxe de Curtis.
  • 24. As principais actividades son a industria (conta con dous importantes polígonos industriais en Curtis e Teixeiro) e a agrogandaría. Os lugares de maior interese natural atópanse na serra da Cova da Serpe e nos vales dos ríos (Brañas do Deo) Polígono industrial de Teixeiro-Curtis. O Mandeo en Foxado.
  • 25. SUPERFICIE: 68,19 km2 POBOACIÓN: 1.421 habitantes (2014) PARROQUIAS: Ambroa, Churío, Coruxou, Irixoa, Mántaras, Verís e A Viña IRIXOA Está situado ao nordeste da comarca. O territorio é de relevo achairado con formas suaves e dunha altitude media de 400 a 500 m. As máximas alturas atópanse ao leste nos montes da Pena que forman parte das estribacións da serra da Loba (Pico de Vales, con 699 m). O río Mandeo fai de linde polo sur do concello e o seu afluente, o Zarzo percórreo de leste a oeste. O Lambre circula polo norte e fai parcialmente de linde co concello de Vilarmaior. O Mandeo en Irixoa.
  • 26. A principal actividade é a agrogandaría. Os espazos naturais de maior interese atópanse nos vales dos ríos e nas montañas. Unha parte está protexida no LIC “Betanzos-Mandeo” O Mandeo en Irixoa.
  • 27. SUPERFICIE: 32,51 km2 POBOACIÓN: 5.838 habitantes (2014) PARROQUIAS: Bemantes, Callobre, Carantoña, Castro, Leiro, Miño, Perbes e Vilanova. MIÑO Está situado na marxe dereita da ría de Betanzos, nun territorio que forma parte das Mariñas, de relevo moi variado e irregular, pero de pouca altura. O río Baxoi é o principal curso fluvial do concello. Atravésao de leste a oeste e forma un amplo esteiro e a barra onde se asenta a praia de Miño. O río Lambre fai de linde polo sur. A costa alterna amplos areais protexidos con zonas rochosas de pouca altura. Porto e praia da Ribeira, en Miño. Ponte medieval (do século XIV) sobre o Baxoi, en Miño.
  • 28. As principais actividades son os servizos, en especial o turismo, a agrogandaría, a pesca e o marisqueo. A súa costa ten un grande interese natural, unha parte está protexida no LIC “Betanzos- Mandeo” Igrexa románica de San Xoán de Vilanova, do século XII. Muíño de vento do Boucelo
  • 29. SUPERFICIE: 151,8 km2 POBOACIÓN: 5.275 habitantes (2014) PARROQUIAS: Borrifáns, Bragade, Carres, Cutián, Dordaño, Figueiredo, Filgueira de Barranca, Filgueira de Traba, Loureda, Mandaio, Paderne, Probaos e Trasanquelos (antes Cesuras), Bandoxa, Cis, Cuíña, Mondoi, Oza, Parada, Porzomillos, Reboredo, A Regueira, Rodeiro, Salto e Vivente (antes Oza dos Ríos). OZA-CESURAS É o concello máis novo de Galiza, constituído o 7 de xuño de 2013 por fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos. Está situado no suroeste da comarca. O terreo encosta baixa cara ao oeste desde os montes da Tieira, ao sur (520 m) e os montes do Gato, ao leste (550 m), nos que recollen as augas os ríos Mero (recibe O Miñatos e o Felín) e Mendo (cos seus afluentes Furoca e Corveiro).
  • 30. As principais actividades son os servizos, a agrogandaría (gando vacún) e o sector forestal. Os espazos naturais de maior interese atópanse nos vales dos ríos que acollen áreas de bosques de ribeira ben conservadas e algunha fervenza. Unha parte está protexida no LIC “Betanzos- Mandeo”. Conserva un importante patrimonio histórico artístico entre o que destacan as igrexas románicas de San Nicolás de Cis e San Pedro. Igrexa románica de San Nicolao de Cis. O Sanatorio (O Paraxón, Bragade). Construído en 1927 con cartos dos emigrantes cubanos, só funcionou como centro antituberculoso durantes uns meses. Actualmente é un parque municipal cun amplo espazo de bosque.
  • 31. SUPERFICIE: 39,90 km2 POBOACIÓN: 2.502 habitantes (2014) PARROQUIAS: Adragonte, Obre, Paderne, Quintas, San Pantaleón das Viñas, San Xulián de Vigo, Souto, Vilamourel e Vilouzás. Desembocadura do lambre na Ponte do Porco. PADERNE Está situado ao noroeste da comarca, na marxe dereita da ría de Betanzos. A capital municipal é O Consistorio. O territorio é unha sucesión de superficies de erosión situadas entre os vales dos ríos Lambre, ao norte, e Mandeo, ao sur, coas máximas alturas ao leste, no Pico do Feal (409 m) e monte Petón (338 m) e unha zona achairada no centro. A liña costeira vai desde o esteiro do Mandeo ata o do Lambre e alterna pequenas áreas de rochas baixas con extensos areais protexidos.
  • 32. As principais actividades son a agrogandaría (especialmente gando vacún) e os servizos. Os espazos de interese natural está asociados á costa e ao río Mandeo, ambos protexidos no LIC: “Betanzos-Mandeo”. Ponte do Pedrido, na desembocadura do Mandeo. Igrexa de San pantaleón das Viñas, no camiño de Santiago.
  • 33. SUPERFICIE: 30,34 km2 POBOACIÓN: 1.236 habitantes (2014). PARROQUIAS: Doroña, Goimil, Grandal, Torres, Vilamateo e Vilarmaior Paisaxe de Vilarmaior. VILARMAIOR Ocupa una superficie de no nordeste da comarca. A capital municipal é A Armada. O territorio é accidentado, moi fracturado e afectado pola erosión dos ríos. Sitúase na transición entre as terras costeiras das Mariñas e as penichairas de Monfero e ten as máximas altitudes no leste, no Catasol (440 m) e no Seixo Grande (375 m). O río Baxoi cruza o concello de leste a oeste e o Lambre fai de linde polo sur.
  • 34. Igrexa románica de Doroña. As principais actividades son os servizos, a agrogandaría e o sector forestal. Os espazos naturais de maior interese atópanse nas marxes dos ríos. No patrimonio cultural destacan as igrexas románicas de Santa María de Doroña, construída en 1162, e a de San Pedro de Vilarmaior. Área de lecer Muíño da Ferreña, no río Anduriña.
  • 35. SUPERFICIE: 59,21 km2 POBOACIÓN: 1.316 habitantes (2014). PARROQUIAS: Armental, Barbeito, Mezonzo, Présaras, San Vicenzo de Curtis, Vilariño e Vilasantar. Escola de agricultura ecolóxica. VILASANTAR Está situado ao sur da comarca. O territorio do concello forma parte dunha ampla superficie de erosión cunha altitude de 350 a 500 m. Os cumes máis destacados son o Pena Grande, con 563 m e o O Corvo, con 550 m. Forma parte da conca do Tambre, que percorre o linde do concello polo sur e recolle as augas do rego dos Muíños, Cabalar e Gándaras.
  • 36. Igrexa de Santa María de Mezonzo. Formou parte dun mosteiro suprimido no século XV. A principal actividade é a agrogandaría, especialmente o gando vacún de leite e a forestal. Os espazos de maior interese natural atópanse nas beiras dos ríos. Conserva un importante patrimonio histórico artístico no que destaca a igrexa románica de Santa María de Mezonzo. Encoro da minicentral de Présara, na confluencia dos ríos Tambre e Cabalar.
  • 37. RELEVO A comarca de Betanzos ten un relevo moi irregular con alternancia de zonas baixas e altas, de vales profundos, serras e penichairas. A composición das rochas é tamén moi variada, o que constribúe a unha paisaxe máis diversa. As partes baixas forman parte do chamado Complexo de Ordes, con rochas moi variadas, (xistos, anfibolitas, gabros...) e as altas está formadas maiormente por granitos. No relevo distínguense varias zonas: no oeste e norte unha área de baixa altitude de vales amplos que descenden en xeral cara á costa e aos vales dos ríos Lambre, Mandeo, Mendo e Mero; no centro unha área de transición con relevos abruptos e abundancia de granitos; e no sur unha ampla penichaira de 500 a 600 m de altitude. No linde leste unha sucesión de serras que forman parte da Dorsal Galega: serra da Loba, Cordal de Montouto e Cova da Serpe, e no suroeste os monte da Tieira, que fan de linde coa comarca de Ordes. Cumes da serra da Loba
  • 38. Vista das serras da Loba e Montouto onde se aprecian os cumes achairados.
  • 39. A vexetación dos montes é tamén moi variada. Hai grandes áreas repoboadas con piñeiros e eucaliptos e nas serras da Dorsal consérvanse algunhas fragas atlánticas. Os cumes están cubertos de mato de toxo e breixo. Nas zonas achairadas de cumes suaves os montes están aproveitados como terras de pastos. Montes da Pena, en Aranga. Breixos, unha das plantas máis abundantes no mato dos montes.
  • 40. Vista xeral da serra. SERRA DA LOBA Esténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña, desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Mandeo (oeste) e Labrada (leste) que a separan da Cordal de Montouto. É unha serra de relevo suave modelado sobre granito de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos migmatíticos e granito intrusivo. Fai de divisoria de augas entre a conca do Miño e as do Lambre e Mandeo. Os puntos máis altos nesta comarca son o Serrón Gordo, con 682 m e o Outeiro da Loba, con 639 m. Accedese desde Cambás (Aranga). Unha ruta indicada polo concello de Aranga permite percorrer gran parte desta serra e do Cordal de Montouto.
  • 41. Serra da Loba desde o monte da Feixa. Gran parte das abas e cumes da serra da Loba son aproveirados para pasteiros.
  • 42. Vista da vertente oeste do Cordal de Montouto. CORDAL DE MONTOUTO Serra de relevos aplanados con orientación norte-sur, que se estende a continuación da serra da Loba e fai de divisoria entre A Coruña (Aranga) e Lugo (Gutiriz). Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste afluentes do Mandeo. O punto máis alto é Pena da Uce, con 734 m. Nos vales do Barranco da Loba e rego da Palanca (afluentes do Cambás, que á súa vez vai ao Mandeo) consérvanse fragas autóctonas de bastante extensión. Accedese desde Cambás (Aranga).
  • 43. Fraga do Barranco da Loba, na ladeira oeste do Cordal de Montouto. Interior da fraga das Barbudas, ao pé dunha das fervenzas do rego da Palanca. Cultivos e sebes nas abas do Montouto.
  • 44. Vista xeral da serra. SERRA DA COVA DA SERPE Esténdese con dirección N-S facendo linde entre as provincias de Lugo (Guitiriz e Friol) e A Coruña (Curtis e Sobrado). Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. O monte máis alto nesta comarca é a Pena do Ombral, con 644 m. Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo. Accedese desde Teixeiro.
  • 45. Vista sobre Curtis desde a Cova da Serpe. Aproveitamento agro- gandeiro na serra.
  • 46. Vista dos montes do Gato desde Paderne. MONTES DO GATO Serra que se estende con direción SE-NO polos lindes dos concellos de Coirós, Oza-Cesuras e Aranga. Os cumes máis destacados son o Petón (557 m), Pena Moura (554 m) e Felgar (512 m). Son a divisoria das augas do Mandeo e o Mendo.
  • 47. MONTES DA TIEIRA Pequena aliñación que se estende con dirección leste-oeste entre os concellos de Oza-Cesuras e Mesía. Os cumes máis destacados son o alto de Gabrui, con 482 m e o Alto do Sesto, con 439 m. As partes chans están cubertas de prados e repoboacións forestais onde dominan os eucaliptos. Nas zonas máis escarpadas consérvanse bosques autóctonos. Accedese desde Borrifáns (Cesuras).
  • 48. RÍOS A maior parte da comarca de Betanzos está drenada polo río Mandeo que a percorre, primeiro de sur a norte, e despois de este a oeste ata desaugar na ría de Betanzos. Ao norte están os ríos Baxoi e Lambre que desembocan na marxe dereita da ría. O Mero fai de linde polo oeste e alguns regos do curso alto do Tambre drenan a zona sur en terras de Vilasantar. Os ríos forman vales encaixados nos cursos altos, nos que son frecuentes os rápidos e as fervenzas e amplos esteiros na súa desembocadura. Rego da Palanca. O releve irregular favorece a presenza de saltos e fervenzas, sobre todo nos pequenos ríos das cabeceiras.
  • 49. Nas augas dos ríos e nas beiras fórmanse ecosistemas moi variados e dunha grande riqueza biolóxica: bosques de ribeira, pozas, marismas... Asociados aos ríos consérvanse gran cantidade de patrimonio cultural: pontes, muíños, caneiros, lavadoiros... Numerosas rutas por toda a comarca permiten percorrer as zonas máis interesantes. Os cursos altos e medios dos ríos da comarca están flanqueados por bosques de ribeira ben conservados. Esteiro do Baxoi. Os principais ríos da comarca forman, na súa desembocadura, esteiros dunha grande riqueza biolóxica.
  • 50. Flores femininas de salgueiro (Salix cinerea), unha das árbores máis comúns dos ríos e zonas húmidas. Freixos na ribeira do Mandeo.
  • 51. Pé de boi (Oenanthe crocata), unha planta común nos ríos que pode vivir dentro dos cauces ou na beira. Carrizos (Phragmites communis), gramíneas que poden acadar 4 m de altura e ocupan grandes extensións nas zonas húmidas dos cursos baixos dos ríos.
  • 52. Galiña de auga (Gallinula chloropus). Vive entre a vexetación de lugares asolagados: pozas, lagoas, remansos, encoros, esteiros... O máis destacado da fauna son as aves acuáticas: garza, garzota, martiño peixeiro, gabita, gaivotas (patiamarela, chorona e escura), mazarico (galego e curlí), píllara real, alavanco real, pato cincento, pato asubión, parrulo pentumeiro común, mergo, corvo mariño real... Garzota (Egretta garceta). Visitante habitual dos esteiros.
  • 53. Cobra de auga (Natrix maura). É a máis acuática das cobras, onde busca alimento e refuxio. Aínda que escasea no tercio norte de Galicia, está presente nesta área. Lontra (Lutra lutra). Está intimamente ligada á vida acuática. Aliméntase sobre todo de peixes, anfibios e algúns micromamíferos que captura na auga ou na beira.
  • 54. Esteiro do Baxoi en Miño. RÍO BAXOI Os ríos Anduriña e Vilariño que nacen en Monfero, na serra do Queixeiro, forman o Xurio, en Vilarmaior, nomeado Baxoi en Miño, onde desemboca dando lugar, en acción conxunta co mar, unha frecha de area que forma a praia Grande de Miño, na ría de Betanzos. O río Anduriña, unha das cabeceiras do Baxoi, en Vilarmaior.
  • 55. RÍO LAMBRE Nace no Monte da Pena da Uz (Monfero) e pasa polos concellos de Monfero, Irixoa, Vilarmaior (onde hai dúas minicentrais), Miño e Paderne. Desemboca na Ponte do Porco na ría de Betanzos facendo fronteira entre os concellos de Paderne e Miño. Ponte medieval sobre o Lambre na estrada da Ponte do Porco a Vilamateu. Río do Medio (Lambre) entre Callobre (Miño) e Güimil (Vilarmaior)
  • 56. O Mandeo na Castellana discorre por un tramo encaixado con forte desnivel no que forma pozas, rápidos e fervenzas. RÍO MANDEO Nace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), entre os montes do Bocelo e do Corno do Boi. Nos seus 56 km de percorrido drena os concellos de Sobrado, Aranga, Curtis, Irixoa, Oza- Cesuras, Coirós, Paderne e Betanzos. Despois dun lento percorrido pola penichaira cae rapidamente no val de Betanzos onde moi a modo acada a desembocadura formando un amplo esteiro. Os principais a fluentes pola dereita son o Portabenza, Cambás (co Palanca) e Zarzo; e pola esquerda o Deo (co Carballido), Vexo e Mendo. Ten varios aproveitamentos hidroeléctricos: Central Eléctrica Mandeo-Zarzo, MC da Castellana (no Mandeo), MC Vexo e Cambás. Está protexido desde a confluencia do Cambás (Ponte Aranga) ata o esteiro no LIC “Betanzos- Mandeo”. En Chelo (Coirós) hai unha Aula da Natureza e un centro de interpretación dos ríos e da auga.
  • 57. FERVENZAS DA CASTELLANA Na parroquia de Vilarraso (Aranga). O río Mandeo á altura da Castellana encáixase nun canón en rochas graníticas facendo unha combinación de rápidos, fervenzas e grandes pozas. A de máis altura é a do pozo da Xesta, de entre 6 e 8 m. O caudal do río está moi diminuído polo encoro que se atopa un pouco máis arriba. Fervenza do Pozo da Xesta. Rápidos e pozo da Maraguda.
  • 58. Rego da Portorosa ou Piogueira, un afluente do Mandeo que desemboca no canón na Castellana-Vilarrasa (Aranga)
  • 59. O Mandeo en Betanzos. Moitos dos barcos do río empréganse para remontalo na romería dos Caneiros. O Mandeo en Chelo.
  • 60. Ponte sobre o Mandeo en Betanzos
  • 61. O Mandeo en Betanzos, na confluencia co Mendo.
  • 62. Esteiro do Mandeo. Ponte do Pedrido, sobre a desembocadura do Mandeo, entre os concellos de Bergondo e Paderne.
  • 63. O Deo en Curtis RÍO DEO Nace nos montes da Carriceira e da Graña (Curtis) e xúntase co Mandeo na Castellana (Aranga). Os seus principais afluentes son o Martín, o Carballido, o Rego de Porto Espiñeira e o Rego de Vilarraso.
  • 64. RÍO CAMBÁS Un afluente do Mandeo que se forma coa confluencia do Rego da Loba (que ven da Serra da Loba) e o rego da Palanca, que ven do Cordal de Montouto. No seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con agún afloramento de cuarcita e escavan profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas. FERVENZAS DO REGO DA PALANCA Na parroquia de Cambás (Aranga). A fervenza máis grande salva un desnivel duns 30 m en neis. A caída principal ten 20 m de altura. Augas arriba da fervenza grande atópase o atranco da antiga minicentral e unha pequena fervenza duns 5 m de altura. Nos vales destes dous ríos consérvase a fraga das Barbudas, un bosque autóctono que se pode percorrer cun itinerario (ruta de sendeirismo nº 2 do concello de Aranga) que pasa por antigas instalacións de centrais eléctricas e varios muíños e fervenzas.
  • 65. Ao pé de antiga minicentral atópase esta fervenza, con dous saltos de de 5 e 10 m de altura. POZO DE CASTRO RODICIO No rego da Loba, na parroquia de Cambás (Aranga). O río, moi diminuído polo encoro que hai máis arriba, salva un desnivel de máis de 20 m en varios saltos e forma un pozo circular moi profundo.
  • 66. RÍO VEXO Un afluente do Mandeo que nace preto dos montes do Gato (Aranga). Ten un percorrido con grandes desniveis, dando lugar a numerosas fervenzas e rápidos No seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con agún afloramento de cuarcita e escavan profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas. Río Vexo en Santa María de Ois. Unha ruta que sae de Ponte Xora (Coirós) segue o curso do río nunha zona con varios saltos e áreas de rápidos, muíños, unha minicentral e restos dun mazo.
  • 67. FERVENZAS DE FERVENCEDO Na parroquia de Fervenzas (Aranga). O río das Fervenzas, afluente do Mandeo, baixa por unha zona de rochas granítica moi encaixado con varios saltos de máis de 5 m e numerosos rápidos.
  • 68. Rego de Maínzoso (Mandeo) Paderne
  • 69. Rego das Moas, un afluente do río Zarzo en Mántaras (Irixoa) RÍO ZARZO Un afluente do Mandeo que baixa dos Montes da Pena e atravesa terreos de Irixoa e Paderne. Únese ao Mandeo en Vigo (Paderne) nun estreito canón no que se atopa unha sucesión de rápidos e pequenas fervenzas. Está aproveitado por unha minicentral que mingua moito o seu caudal. Río Zarzo en Vigo (Paderne)
  • 70. Río Zarzo en Verís (Irixoa)
  • 71. FERVENZA DA REXEDOIRA Na parroquia de Filgueira de Barranca (Oza- Cesuras). O río Mendo ten un tramo con rápidos e varias fervenzas en xistos e lousas. A máis grande mide arredor de 8 m de altura encaixada entra rochas. RÍO MENDO É o principal afluente do Mandeo. Nace en Foxado (Curtis), entre o coto da Carriceira e o monte da Graña, e percorre terreos de Cesuras, Oza-Cesura (fai límite con Coirós) e Betanzos onde se xunta co Mandeo, pouco antes da desembocadura. Ten como afluentes pola dereita o Carnes, Miñatos e Torarou; e pola esquerda o Piñeiredo e Velín.
  • 72. Ponte Roibeira sobre o Mendo entre Betanzos (Bravío) e Oza-Cesuras (Mondoi)
  • 73. Ponte das Cascas sobre o Mendo en Betanzos
  • 74. O Mendo en Betanzos
  • 75. O Mendo en Betanzos, poco antes de se xuntar co Mandeo.
  • 76. Encoro de Cecebre, entre Betanzos (ao fondo) e Abegondo. RÍO MERO Nace nos montes de Tieira. Desde a penichaira de Cesuras ata as Mariñas coruñesas descende lentamente case todo o seu curso cara ao Atlántico cun trazado sinuoso, e desemboca na ría do Burgo, entre Culleredo e Cambre despois de 46 km de percorrido. Nesta comarca fai de linde polo oeste, en terras de Betanzos e Oza-Cesuras e recibe pola dereita o Furoca. Está protexido no LIC “Encoro de Cecebre”.
  • 77. FERVENZA DE VISANTOÑA No linde entre os concellos de Cesurase Mesía. O río da Furoca, afluente do Mero, salva un resalte en xistos e lousas de aproximadamente 8 m de altura en varios saltos. Río abaixo hai outras fervenzas máis pequenas. Ponte romano de Beldoña, entre Betanzos e Abegondo.
  • 78. Confluencia do Cabalar e o Tambre en Présaras. Neste tramo o Tambre corre encaixado entre grandes bolos graníticos que forman pequenas fervenzas e rápidos. RÍO TAMBRE Nace na Serra do Bocelo e desemboca na ría de Muros e Noia. Na comarca ten un percorrido bastante encaixado ao sur do concello de Vilasantar, no linde con Sobrado e Boimorto. Recolle as augas do Cabalar e Gándaras. Varias rutas de sendeirismo permiten percorrer o rego das Gándaras, onde se conservan varios muíños e outros aproveitamentos hidráulicos, e parte do Cabalar e o Tambre. O Tambre en Mezonzo.
  • 79. FERVENZA DO CABALAR En Vilasantar, entre as parroquias de Présaras e Mezonzo. Antes de se xuntar co Tambre, o Cabalar cae nun forte desnivel entre bolos graníticos formando varios saltos e numerosos rápidos. O máis grande ten 4 m de altura.
  • 80. A COSTA A área costeira desta comarca é un pequeno tramo na ría de Betanzos que vai desde a desembocadura do Mandeo ata a praia de Perbes. Miño
  • 81. Acolle diversos ecosistemas: esteiros, marismas, praias, dunas e cantís de pouca altura nos que se conserva unha rica flora e fauna adaptada. Pirixel do mar (Crithmum maritimum) Limícolas. Correola (Calystegia soldanella)
  • 82. Praia de Perbes. Ao fondo a illa Carboeira. En Perbes hai tres areais (Andaio, San Pedro e Marín) que en conxunto miden 600 m de lonxitude. RÍA DE BETANZOS Mide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro, de Betanzos ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan os lodos transportados polos ríos Mandeo e Mendo, unha zona estreita con amplas zonas fangosas que quedan descubertas coa marea baixa. O segundo, entre as puntas Lavadoira e Torella, é máis amplo e conflúe coa ría de Ares. As rochas dominantes son xistos, filitas e lousas. É unha importante zona marisqueira (ameixa, berberecho...). Os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de Betanzos entre Miño e Gandarío forma parte do LIC “Betanzos-Mandeo”
  • 83. Praia de San Pedro, en Perbes Praia Grande de Miño (1360 m), formada sobre a frecha que pecha o esteiro do río Baxoi. Miño é un dos centros de veraneo máis importantes de Galiza.
  • 84. Praia de Ponte do Porco, na desembocadura do río Lambre, etre Miño e Paderne. Praia pequena de Miño ou da Ribeira, e punta Xurelos.
  • 85. Ría de Betanzos desde Ponte Pedrido, na desembocadura do Mandeo, o río principal que alimenta a ría de Betanzos. O tramo final do río conserva unhas extensas marismas de gran riqueza biolóxica.
  • 86. AS ÁRBORES En xeral o terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos. Nas serras da dorsal e nos vales máis profundos dos ríos consérvanse fragas atlánticas dunha gran diversidade formadas por carballos, bidueiros, castiñeiros, pereiras bravas... e nas beiras dos ríos salgueiros, amieiras e freixos. As máis destacadas son as dos vales dos regos Palanca e A Loba en Aranga. Fraga das Barbudas en Aranga. Pódese percorrer seguindo a ruta nº 2 do concello de Aranga.
  • 87. Carballo (Quercus robur) do campo da igrexa parroquial da Nosa Señora dos Remedios en Teixeiro (Curtis). Mide 20 m de altura. Nalgúns parques e xardíns de pazos atópanse especies monumentais, entre os que destacan a grevillea e a magnolia do pazo de Illobre, en Betanzos. Carballo (Quercus robur) en Grandal (Vilarmaior).
  • 88. Maceira en Colantres (Coirós). Mide 2,80 m de perímetro e ten unha ampla copa de 23 m de diámetro. Segundo os veciños chegou a dar 2.000 kg de mazáns.
  • 89. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC BETANZOS-MANDEO Comprende 865 ha o curso do río Mandeo, desde Ponte Aranga, e o do Mendo desde Oza dos Ríos, os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de Betanzos entre Miño e Gandarío. Nesta comarca terreos dos concellos de Aranga, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Oza- Cesuras. O Mandeo en Aranga, no comezo do espazo protexido.
  • 90. Podemos atopar varios ecosistemas diferenciados: -O curso medio dos ríos Mandeo e Mendo conservan bosques de ribeira con amieiras, salgueiros freixos, bidueiros, abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos, fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, reina, adelfiña, herba centella, espiga de auga... -Esteiros e marismas, con predominio de plantas adaptadas ás augas solobres: sebas, xuncos, salicornias, verdoaga mariña, acelga salgada, herba das anduriñas, escirpo... e gran grariedade de aves acuáticas. -Areais e dunas cunha vexetación psamófila típica. -Costa rochosa protexida na que viven as algas e animais propios da zona. O Mandeo na zona da Espenuca e Chelo discorre encaixado por un angosto canón de rochas xistosas e granitos. Nesa zona atópase a aula da natureza cun centro de interpretación fluvial. Esteiro do Mandeo
  • 91. LIC ENCORO DE CECEBRE É un encoro construído en 1976 para o abastecemento de auga potable á Coruña. O espazo protexido comprende 522 ha no encoro, áreas da súa ribeira e parte dos cursos dos ríos Mero e Barcés. Nesta comarca unha parte do concello de Betanzos. O principal interese deste espazo son as aves acuáticas, tanto sedentarias como de paso, entre as que se atopan algungas pouco comúns en Galiza.
  • 92. BRAÑAS DO DEO É un espazo proposto como LIC (3.385,2 ha), pendente de aprobación. Está situado na cunca do río Deo (afluente do Mandeo) ao sur da. As brañas aséntase nunha ampla penichaira atravesada por numerosos cursos de auga tributarios do do Deo (afluente do Mandeo). A maior parte do terreoo está ocupado por brañas, prados e matogueira con árbores nas beiras e faixas de bosques de galería que acompañan os cursos dos ríos. Hai tamén amplas zonas de repoboación con piñeiros e eucaliptos.
  • 93. ESTEIRO DO BAXOI É un espazo proposto como LIC (93 ha, 64,8 terrestres e 28,2 acuáticas) pendente de aprobación. Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
  • 94. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2016