SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 193
NOIA
A NATUREZA
A comarca desde o alto do Tremuzo
A comarca de Noia está situada no suroeste da provincia de A Coruña, con fronte ao centro e
sur da ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas Galegas. É unha comarca de paisaxes asociados ao
mar e ás serras, onde as estreitas chairas costeiras están rodeadas en toda a súa contorna por
aliñacións de cumes que van do Tremuzo, ao norte, ata o Barbanza, ao sur. O río Tambre é a
principal arteria da comarca e forma o maior esteiro que ocupa o fondo da ría.
As áreas de maior interese natural atópanse ao longo de toda a costa onde hai numerosas
praias e cantís de grande valor ecolóxico, e no esteiro do Tambre.
SUPERFICIE:
325,1 km2
POBOACIÓN:
36.480 habitantes
CONCELLOS:
Lousame, Noia, Outes e Porto
do Son.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Esteiro do Tambre” e
“Complexo Húmido de
Corrubedo”.
CLIMA
Praia de Hornanda en Porto do Son
Oceánico húmido, cunha media anual de 14 ºC.
ACTIVIDADES
Lonxa de Noia
As máis destacadas son os servizos, a pesca, o marisqueo, a acuicultura , a industria e a
construción.
Maiscadoras na praia do Testal
Pesca do cerco nas augas da ría de Muros e Noia
A ría de Muros e Noia e as costas próximas acollen
unha importantes riqueza pesqueira e marisqueira,
fonte de recursos para a poboación costeira.
Descarga de peixe en Portosín
O Freixo (Outes)
PATRIMONIO
Castro de Baroña (Porto do Son)
Foi descuberto en 1933 e declarado Patrimonio Artístico Nacional. Está situado nunha pequena
península rochosa e unido a terra por un pequeno istmo areoso protexido con muros defensivos.
A comarca de noia acolle un importante patrimonio arqueolóxico (castros, mámoas,
petróglifos...), histórico artístico (igrexas, cruceiros, pontes, cascos históricos...) e etnográfico
(muíños, hórreos, embarcacións tradicionais, oficios artesanais, cultura marítima...)
Dorme de Argalo (Noia)
“Desde a Cova da moura ata o Dolme de Argalo
hai os saberes de sete reinados”
Segundo contan unha moura moraba nesta anta e no seu interior hai un pozo con escaleiras e un túnel
que comunica con lugares onde aparece un “encanto”.
Tamén din que hai unha trabe de ouro ou un cabalo de ouro soterrados.
Igrexa de San Martiño, do século XV (Noia)
Igrexa de Santa María a Nova (Noia).
Actualmente acolle un museo cunha mostra
singular de laudas sepulcrais que datan dos
séculos XIV ao XIX. Foi declarada
monumento histórico artístico en 1973.
Convento de San Francisco (Noia)
Igrexa de San Xoán en Roo (Outes)
Igrexa de Tállara (Lousame)
Imaxe de San Pedro na igrexa de Tállara Cruceiro en Tállara (Lousame)
Cruceiro na praza do Tapal (Noia)
Cruceiro en Quintá (Berrimes, Lousame)
Telleira na praia de Aguieira (Porto do Son)
Ruínas do Pazo da Chaínza e fábrica de curtidos de Cadarso de 1700.
Na contorna do Barrio Preindustrial da Chaínza (Noia)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 93,58 km2
POBOACIÓN: 3.513 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Camboño,
Fruíme, Lesende, Lousame,
Tállara, Toxos Outos e
Vilacova.
Val de Lousame desde o cume da Muralla
LOUSAME
Está situado ao leste da comarca, no interior da península do Barbanza. É un concello
marcadamente rural totalmente interior cun territorio que se reparte entre as serras do
Barbanza, ao oeste (co cume máis alto no Iroite, de 691 m), unha aliñación de cumes polo
leste (Costoia, Siroña e Muralla) e os vales fluviais que os separan. Está atravesada por
numerosos ríos de curto percorrido: o Tállara, e o Pesqueira, Vilacova e San Xusto (afluentes
do Traba), van á Ría de Noia, e o Beluso á de Arousa.
Área de lecer no río San Xusto en
Toxosoutos. Unha ruta permite seguir o
río ver o mosteiro e varias fervenzas.
As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos.
As áreas de maior interese natural atópanse nas serras e nos ríos, onde se poden facer rutas
de sendeirismo e gozar de vistas impresionantes.
Acolle un rico patrimonio etnográfico, sobre todo asociado aos ríos: muíños, restos de
fábricas de papel, pontes...
Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, situado nun
estreito val ao pé do río, nunha paraxe natural cun
fermoso bosque de ribeira e varias fervenzas.
Noia, no fondo da Ría, no esteiro que
forman os ríos Traba e Tállara
SUPERFICIE: 27,19 km2
POBOACIÓN: 14.571
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Argalo, Barro,
Boa, Noia, O Obre e Roo.
NOIA
Atópase no centro da comarca, no fondo da ría de Muros e Noia, na marxe esquerda e co río
Tambre facéndolle de linde polo norte. Ocupa unha superficie de e tén distribuídos nas
parroquias O territorio está formado por terras costeiras baixas, na entorna do esteiro do
Tambre e dos ríos Traba, Tállara e Vilaboa, rodeadas de cumes de media altura, entre os que
destacan o Costoira (529 m) e Pena de Ferro (526 m) ao nordeste, e o Tállara (429 m) ao sur.
As principais actividades son os servizos, en especial o comercio; o marisqueo e a pesca e
pequenas industrias relacionadas co mar e co sector forestal.
O patrimonio natural está asociado ao río Tambre, protexido no LIC “Esteiro do Tambre” e no
espazo municipal “Devesa de Nimo”.
Ten un importante casco histórico, declarado Conxunto Histórico Artístico en 1981, no que se
conservan numerosas rúas e casas medievais, pazos e igrexas
Rúa no casco antigo. Noia é unha antiga vila mariñeira que
conserva un fermoso casco histórico, importantes restos
arqueolóxicos e boas representacións da arte románica e gótica.
Cruceiro
de Eiroa
Vista do concello de Outes
desde o Tremuzo
SUPERFICIE: 99,64 km2
POBOACIÓN: 6.804 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Cando, Entíns, O Freixo de Sabardes, Matasueiro, Outes, Roo, San Cosme de Outeiro, Santo
Ourente de Entíns, Tarás e Valadares.
OUTES
Está situado ao norte da comarca, na marxe dereita da ría de Muros e Noia, co Tambre
facendo linde polo sur. O territorio do concello é de releve moi irregular. A maior parte está
ocupado por serras moi próximas ao mar: ao noroeste o Tremuzo (526 m), no nordeste o Coto
de Eiras (511 m) e os montes da Pena (Vilar, con 497 m). Na beira da ría e no esteiro do
Tambre atópase unha estreita faixa de terreo achairado onde se asentan os principais núcleos
de poboación: A Serra de Outes (capital municipal), Roo e O Freixo.
Sancosmeiro
A elaboración de sombreiros de
palla coñecidos como sancosmeiros
é unha actividade artesanal
característica da parroquia de San
Cosme, en Outes.
As principais actividades son os servizos, a industria (astaleiros e serradoiros), a pesca e o
marisqueo, a agricultura e o sector forestal.
Acolle áreas de grande interese natural asociadas aos montes, desde os que se divisan
paisaxes impresionantes, e ao río Tambre, protexido no LIC “Esteiro do Tambre”.
Conserva un importante patrimonio cultural: castros, mámoas, pontes, hórreos (chamados
localmente moas), cruceiros, igrexas...
Antigo porto de O Freixo
Vista de Porto do Son desde o Mar, cos montes Dordo e Enxa detrás
SUPERFICIE: 94,57 km2
POBOACIÓN: 9.436 habitantes
PARROQUIAS: Baroña, Caamaño, Goiáns, Miñortos, Nebra, Noal, Queiruga, Ribasieira, San Pedro de Muro
e Xuño.
PORTO DO SON
Esténdese pola beira esquerda da ría de Arousa, ao sur de comarca. Ten un releve moi
accidentado marcado pola proximidade ao mar da serra do Barbanza, que en menos de 6 km
descende 600 m. Os cumes máis importantes son o Iroite (691 m), Enxa (543), Barazal (644 m)
e Os Forcados (618 m). Numerosos ríos de pequeno percorrido e grande desnivel baixan da
serra á ría: Cans, Quintáns, Portovello, Maior, Ribasieira... Nos máis de 25 km de costa
podemos atopar extensos areais, cantís, dunas e lagoas litorais.
Portosín, un porto especializado en pesca de baixura
que conta cunha importante flota de cerco
As principais actividades son a pesca (porto de Porto do Son e Portosín) e os servizos.
Os principais valores naturais atópanse asociados á costa onde se conservan complexos
dunares, lagoas e cantís de grande interese. Unha parte está protexida no LIC “Complexo
Húmido de Corrubedo”.
O patrimonio cultural é tamén moi variado (igrexas, castros, mámoas, muíños, petróglifos...).
Destaca a presenza do castro de Baroña, un dos máis representativos de Galiza, que se
complementa cun museo para interpretar a cultura castrexa en Porto do Son.
Península onde se asenta o Castro de Baroña
RELEVO
O Iroite, o cume máis alto da serrado Barbanza e da comarca
Na comarca de Noia diferéncianse dúas áreas que seguen a liña costeira. Pola beira do mar
unha estreita faixa de releve achairado que se fai máis ampla no esteiro do Tambre, e
formando un arco de norte a sur unha serie de serras que separan as terras costeiras das
penichairas interiores. Ao norte atópanse os monte do Tremuzo e a Serra de Outes que se
prolongan en alturas menores ata o val do Tambre. Polo leste unha aliñación de montes que
chagan ata o cume máis alto na Muralla (674 m), e polo sur a serra do Barbanza, co cume
máximo no Iroite, con 691 m.
Vista desde o Tremuzo dos cumes que rodean a comarca polo leste
Os materiais dominantes nas serras son os granitos que aparecen frecuentemente
erosionados formando grandes bolos e penedos.
Toxo, a planta máis abundante no mato dos montes da comarca
A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo nos cumes e plantacións de piñeiros e
eucaliptos nas partes máis baixas. Só nalgunhas áreas afastadas se conservan pequenas
formacións de bosque autóctono.
Abrodia (Asphodelus albus) con escarabellos
(Oxythyrea funesta). A abrodia é unha planta que se
desenvolve ben nos terreos queimados.
Cotovía (Galerida cristata)
A fauna é a típica de espazos abertos e degradados. Destaca unha grande variedade de aves
de mato rochedos.
Lagarta galega, macho e femia, (Podarcis bocagei)
Vista do Tremuzo desde a ría
O TREMUZO
É un macizo granítico situado ao norte da Ría de Muros e Noia. O punto máis alto é o Tremuzo
con 525 m. Na aba sur nacen pequenos regos que van á ría de Noia, entre os que destaca o
Bendimón, e na aba norte afluentes do Xallas.
A vexetación dominante son toxeiras nas partes altas e piñeirais nas baixas. Desde o cume hai
unhas boas vistas da ría e da Serra da Barbanza.
Accedese pola estrada de Noia a Muros desde O Freixo.
Monte Seixo Branco, na serra do Tremuzo. A vexetación dominante é o monte baixo nos cumes, os piñeiros nas partes
altas e algúns castiñeiros e carballos residuais.
Vista desde o Tremuzo sobre a banda sur da ría de Muros e Noia
Cumes do Tremuzo
Serra da Pena desde San Ourente de Entíns
SERRA DA PENA
Pequena aliñación que se estende con dirección norte-sur entre o linde do concello de Serra
de Outes e Negreira.
Os cumes máis altos son o Alto do Vilar, con 497 m e o Monteagudo, con 491 m.
Serra da Pena, na marxe esquerda do Tambre
O Río Tambre encaixase pouco antes da súa desembocadura entre os montes de Paradela, O
Vilar e Pena Serpal (423 m) no concello de Outes, e o Monte Castelo (506 m) no concello de
Noia, en abruptas paredes graníticas. Unha parte deste canón forma parte do espazo
coñecido como Devesa de Nimo, incluída no LIC “Esteiro do Tambre”.
Monte Castelo e Pena do Ferro. No primeiro plano a Ponte Nafonso.
Vista desde O Castelo sobre a ría de Noia
Vista da serra da Muralla desde o Tremuzo
A MURALLA
Esténdese con direción norte-sur entre a serra de Barbanza e a Depresión Meridiana, nos
lindes das comarcas de Barbanza, Noia e Sar. Os cumes máis altos son a Muralla, con 674 m e
Monte Treito, con 658 m. A zona noroeste, no linde con Lousame coñécese como montes da
Xenela. Na aba sur e oeste nacen os ríos Beluso e Te.
Cume da Muralla desde Lousame
Noia, a ría, Outes e parte de Lousame desde a Muralla. No primeiro plano os montes de Siroña e Chan da Fonte nos que
se atopan as minas de San Fins.
Minas de San Fins, na parroquia de Vilacova (Lousame).
Foron explotadas ata 1989 para obter estano e
wolframio. A época de maior intensidade foi durante a II
Guerra Mundial. Chegou a ter mil traballadores.
Recentemente rehabilitouse o poboado da mina, e a
antiga escola foi acondicionada como museo e centro de
interpretación.
Nos últimos anos estase poendo de novo en activo, con
grandes protestas pola posible contaminación da ría e
dos bancos marisqueiros.
Boca dun filón
explotado por
aventureiros para obter
mineral.
Panorámica da serra desde o monte Enxa. Á esquerda o Iroite e á dereita a Curota.
SERRA DO BARBANZA
A península da Barbanza está situada entre as Rías de Noia, ao Norte e a de Arousa, ao Sur. É
un grande bloque de granitos e xistos paleozoicos que se ergueron nos últimos tempos da
Oroxenia Alpina. As alturas máximas son o Iroite (685m), o Barbanza (652 m) e o Enxa (543
m). Por riba dos 500 m a península do Barbanza é un extenso altiplán erosionado.
Os ríos teñen cursos curtos e de grandes desniveis.
Un dos aspectos máis interesantes desta zona son as vistas panorámicas sobre as rías de Noia
e Arousa, e as costas de Corrubedo e Aguiño.
Pódese acceder desde Boiro, A Pobra, Ribeira, Porto do Son ou Noia.
A Barbanza entre o Iroite e o Enxa
A maioría da serra está cuberta dun mato de toxo, xestas, fentos e uces. Está repoboada con
piñeiros nas partes altas e piñeiros e eucalitos nas zonas baixas.
No fondo dos vales, quedan pequenas manchas de bosque autóctono con carballos, sobreiras,
sanguiños, pereiras bravas, estripos... Hai cabalos e vacas en libertade.
Monte Enxa e Ría de Noia. No cume do Enxa está instalada unha Estación de Vixilancia Marítima.
Os Forcados (618 m), un dos últimos cumes do barbanza cara ao sur, no linde entre Porto do Son e Ribeira.
MONTE CULOU
Un cume de 510 m de altitude situado ao leste da comarca, en terreos de Lousame. Desde o
alto hai unhas vistas espectaculares sobre a ría.
Accedese desde a estrada de Noia a Santiago, nas proximidades de Cedofeito.
Vistas desde o Monte Culou
MONTE DE SAN MAMEDE
Situado entre as serras do barbanza e a Muralla. Nos seus cumes graníticos abondan os
penedos, as penas de equilibrios e as pedras de curiosas figuras.
Desde os cumes (319 m de altitude) hai vistas panorámicas sobre as rías de Arousa e Noia.
Accedese desde a estrada de Ponte Beluso a Confurco
MONTE DE SAN LOIS
Un pequeno cume de 363 m de altitude situado entre a ría e o río Tállara. Desde o cume hai
unhas vistas espectaculares sobre Noia e a ría.
Accedese desde Noia por Boiro.
Vistas desde o Monte
de San Lois sobre Noia e
a banda sur da ría
MONTE TAÚME
Un pequeno cume de 240
m de altitude situado no
linde entre Porto do Son e
Ribeira. Está coroado por
unha torre de vixiancia e
salvamento marítimo.
Desde o cume hai unhas
vistas espectaculares sobre
a costa. Accédese desde
Seráns (Porto do Son).
OS RÍOS
Esteiros do Tins (Enseada do Engano) e do Tambre
O principal curso fluvial da comarca é o Tambre que ten aquí o último tramo e un amplo
esteiro que se sitúa no fondo da ría de Muros e Noia. O resto dos ríos son de curto percorrido
e baixan ao mar salvando fortes desniveis desde as serras costeiras. Na banda norte da ría
desaugan o o Tins e Bendimón. Na banda sur o Vilacova, Tállara e Sieira. O Beluso, que
desemboca na ría de Arousa, ten o seu curso alto no concello de Lousame.
Bosque de ribeira no río Sieira
Nas augas dos ríos e nas súas ribeiras
atópanse ecosistemas de gran valor
ecolóxico: esteiros, fervenzas, rápidos,
pozas, bosques de ribeira e son varias
as rutas que se poden facer para visitar
fervenzas como as de Toxosoutos ou
Ribasieira ou a Devesa de Nimo, nas
beiras do Tambre.
Lirio, espadana (Iris pseudacorus)
Carrizos (Phragmites communis)
Lavanco real
(Anas platirhynchos)
xuvenil
Cabalo do demo (Aeshna cyanea)Píntega común (Salamandra salamandra)
Pontenafonso, sobre o Tambre, entre Outes e Noia. Construída nos
séculos XIV-XV. Ten 270 m de lonxitude con 20 arcos oxivais.
Son ríos que foron intensamente explotados e arredor deles consérvase un variado
patrimonio etnográfico e histórico-artístico: pontes, lavadoiros, muíños, fábricas de papel,
acuedutos...
Desembocadura e esteiro do Bendimón
na enseada de Broña (Outes).
RÍO BENDIMÓN
Nace serra do Tremuzo e desemboca na enseada de Broño. Todo o seu percorrido (5 km)
faino por terreos do concello de Outes.
Pontella en Bendimón
Esteiro do Tins
RÍO TINS
Nace en Mazaricos e despois de 12 quilómetros desemboca formando un amplo esteiro na
Enseada do Engano, moi preto da desembocadura do Tambre. Os afluentes máis importantes
son o Santabaia e o Nosiño. Drena o concello de Outes.
O Tins en Serra de Outes
Esteiro do Tins, na enseada do Engano
Devesa de Nimo, no último tramo do Tambre
antes do encoro de Barrié de la Maza.
RÍO TAMBRE
Nace na Serra do Bocelo e percorre o último
tramo do seu curso entre os concellos de
Noia e Outes, encaixado nun fondo canón
rochoso. Despois de 124,5 km desemboca en
Ponte Nafonso, na ría de Muros e Noia
formando un amplo esteiro. Presenta augas
altas de decembro a marzo e estiaxe en
agosto. Na comarca recibe pola dereita o
Donas (co Banzas e Portomourelo) e o
Laxoso e pola esquerda os regos do Souto e
do Muíño.
O curso do Tambre está protexido
parcialmente no LIC “Esteiro do Tambre”.
Encoro no Tambre
Desembocadura do Tambre en Pontenafonso
Pesqueira, redeira ou canle. Instalacións para a pesca da lamprea que foron moi abundantes no Tambre noutros tempos
e deixaron de ser útiles a partir da construción dos encoros.
Rodeiras, pozos rodeados con pedras para capturar as lampreas e os salmóns
Ponte dos Arados (Outes), unha pequena área de lecer con praia
fluvial no río Donas, o último afluente do Tambre pola dereita
O Traba en Noia
RÍO TRABA
Está formado pola unión dos ríos Soñora ou Vilacova, que nace no Monte da Muralla e o San
Xusto que nace no monte da Costoira. Desemboca en Noia, no fondo da ría. Recibe pola
esquerda o Pesqueira.
O Vilacova en Brandía. Neste lugar comeza unha ruta polo concello de Lousame que percorre o río e visita paraxes moi
fermosos onde se conservan os restos de varias papeleiras, pontes e muíños.
Fábrica de papel de Fontán.
Ao longo do curso do río Vilacova hai restos de varias instalacións hidráulicas para facer papel (Brandía, Labarta, Fontán,
Galiñeira, Baña e Maciriñas).
Ponte de Vilacova (Lousame)
Río Rabaceiras que baixa de San Fins e
xúntase co Pesqueira, afluente do Traba
Atranco polo que se desviaba a auga do río
Vilacova para abastecer a fábrica de papel de
Fontán.
O Río Vilacova alterna tramos onde discorre
totalmente encaixado con vales abertos. No seu
curso hai varias instalacións hidráulicas, pontes
e muíños. Unha ruta sinalizada permite
percorrer case todo o seu curso polo concello de
Lousame.
FERVENZAS DE TOXOSOUTOS
No concello de Lousame
O río San Xusto salva un forte desnivel en granitos e xistos
con varias fervenzas, rápidos e pozas. A primeira ten uns 5
m e a segunda 10 m.
Está rodeado dunha vexetación de ribeira ben conservada:
amieiras, salgueiros, carballos, castiñeiros… Nas
proximidades están os restos do mosteiro de San Xusto de
Toxosoutos.
COMO CHEGAR: na estrada de Noia a Santiago, no lugar de
Toxosoutos (Lousame), xusto ao rematar a localidade
atópase o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos e hai un
carreiro sinalizado que leva ás fervenzas.
Muíños no río Traba en Noia
Ponte medieval do Traba en Noia
Ponte medieval sobre o río Pesqueira, un afluente do Traba, en Berrimes (Lousame)
O Tállara en Noia. Un paseo permite percorrer parte do esteiro.
Río arriba, no concello de Lousame hai unha ruta con muíños.
RÍO TÁLLARA
Nace na serra do Barbanza en Moimenta (Boiro), percorre terreos de Lousame e Noia e
desemboca en Noia preto do esteiro do Traba. Coñécese tamén co nome de río Lobo.
Esteiro do Tállara en Noia
Muíños no rego de Portovello
REGO DE PORTOVELLO
Un pequeno río que nace nas abas
do monte Enxa e desemboca en
Porto do Son, na praia de Suaigrexa.
O Beluso en Fruíme
RÍO BELUSO ou DA ESCABIA
Nace na Portela de Aldarís. No seu curso alto percorre o concello de Lousame e logo intérnase
no de Boiro para desembocar na ría de Arousa.
Pequena fervenza dun afluente
que desemboca no Beluso, en
Ponte medieval sobre o río Sieira en Pontesieira
RÍO SIEIRA
Nace na Serra da Barbanza e desemboca na praia de Río Sieira. Todo o seu curso discorre polo
concello de Porto do Son e salva un grande desnivel en poucos quilómetros.
FERVENZAS DE RIBASIEIRA OU DA MADALENA
Na parroquia de Ribasieira, concello de Porto do Son.
Forma varias fervenzas e rápidos nun corte de gneis con intrusións graníticas. O conxunto de fervenzas máis interesante
está formado por varios saltos de 15, 10, e 4 m. Máis arriba e máis abaixo hai outras fervenzas máis pequenas.
COMO CHEGAR: pódese acceder desde Porto do Son, pola estrada que está sinalada (9,5 km) ou desde Xuño pola
estrada que vai a A Trabe e á igrexa da Madalena (7,5 km). Déixase o coche no aparcamento da igrexa da Madalena e un
pouco máis arriba, en dirección á Trabe hai un camiño que en 10 minutos a pé conduce a varios miradoiros sobre as
Desembocadura do río Sieira na praia de Ribasieira
A COSTA
Fondo da ría de Muros e Noia
A comarca de Noia está integramente na ría de Noia e tres son os concellos costeiros: Serra de
Outes, Noia e Porto do Son. A liña de costa vai desde a Punta Cambrona, no linde con Muros,
ata a praia de Espiñeirido, no linde con Ribeira.
Neste tramo de costa podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais,
marismas, illas e illotes, fondos mariños rochosos e areosos...) que acollen unha grande
biodiversidade, entre as que se atopan especies únicas ou moi escasas.
Vexetación típica dos areais (Praia de San Pedro de Muro)
Golfos (Laminaria ochroleuca ), comúns nas zonas
infralitorais de costas expostas onde forman
bosques submariños.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis
comúns nas rochas das áreas abrigadas. Soportan
ben a desecación e serven de acobillo a caramuxos,
caracolas, cangrexos...
O alhelí mariño (Mathiola sinuata) florece durante a
primavera e o verán nos areais costeiros. Todas as
plantas que viven nas praias presentan adaptacións
específicas que lles permiten soportar as duras
condicións ambientais (seca, forte exposición solar e ao
vento...). No alhelí podemos ver cores craras que
reflicten a luz, pelos que illan do vento, reducen a seca
e reteñen a humidade e forma redonda e compacta
para ofrecer menos resistencia ao vento.
Antelas (Scirpus lacustris), xuncos típicos de
lagoas, de talos grosos de ata 2 m de alto.
Honckenya peploides. É a planta con flores que vive
máis preto do mar nas praias entre area solta.
Tamén é a que máis sofre os impactos dos usuarios
dos areais.
Cardo mariño (Eryngium maritimum)un
representante común da flora especialmente
adaptada ás duras condicións ambientais dos
sistemas dunares das praias.
Ambroíños e ra na lagoa de Xuño. Algunhas lagoas de auga dóce aparecen
parcialmente cubertas polos ambroíños ou tapadeiras.
Pilro curlibico (Calidris alpina)
A grande diversidade de hábitats mariños e terrestres da lugar á presenza dunha grande
varidade de especies. Destaca o número de aves, especialmente invernantes, das lagoas de
Xuño e Muro e do esteiro do Tambre e os invertebrados mariños que se acobillan entre as
rochas e nos areais.
Garzota (Egretta garzeta)
Parrulos rabudos (Anas acuta), visitantes
invernais dos esteiros.
Gaivota escura (Larus fuscus)
As rochas son o lugar idóneo para o asentamento das
chuponas ou ventosas (Anemonia sulcata).
Berberechos (Cerastoderma edule). Os areais do fondo
da ria de Noia son importantes bancos marisqueiros
nos que destaca, sobre todo, a produción de
berberechos.
Chinche sobre unha flor de carraspique (Iberis
procumbens). A capacidade para pasar desapercibidos é
fundamental para a supervivencia dos animais
Eiruga da avelaíña Brithys crini que se alimenta
unicamente de cebola das gaivotas (Pancratium
maritimum), unha planta común das dunas
fixadas.
Costa da comarca na banda sur da ría de Muros e Noia, desde o Tremuzo.
RÍA DE MUROS E NOIA
Ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur, orientada seguindo unha
fractura con orientación SO-NO. Ten 18 km de lonxitude e unha superficie de 125 km2
.
É máis recortada na marxe dereita, ata a desembocadura do Tambre, co monte Tremuzo
como fondo. Na marxe esquerda está flanqueda pola Serra da Barbanza e destacan os areais
de Portosín, Anguieira e Xuño.
Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría orixinan extensos areais e zonas
fangosas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros.
Parte da ría está protexida no LIC “Esteiro do Tambre”
O FREIXO (Outes) desde o monte Tremuzo. Na outra banda da ría as praias Mexilloeira e Boa.
O Freixo e o Tremuzo desde o monte San Lois
O Freixo desde o monte San Lois
ENSEADA DE BROÑA
PRAIA DE BROÑA ou MALLANTE (Outes). Ao fondo O Freixo.
Praia de Broña ou Mallante
Praia de Broña e monte Picouso
O Portiño medieval de SAN COSME (Outes)
ENSEADA DO ENGANO (Outes)
Botes na enseada do Engano
ESTEIRO DO TAMBRE desde o Monte Castelo
ESTEIRO DO TAMBRE E PONTENAFONSO
ESTEIRO DO TAMBRE E PUNTA PEÓN (Noia)
PUNTA PARALADA (Noia)
A BARQUIÑA desde o Tremuzo
A costa de Noia, desde punta Abruñeira ata o Testal, vista desde o Tremuzo.
NOIA, esteiro do Traba e do Tállara
NOIA, esteiro do Traba e do Tállara
NOIA, esteiro do Traba e do Tállara. No primeiro plano a praia do Testal
PUNTA DO TESTAL (Noia)
PORTO DO TESTAL (Noia)
Botes no Testal (Noia)
PRAIA DO TESTAL, de 1850 m de lonxitude. Un dos mellores bancos marisqueiros da ría de Noia
PRAIA DO TESTAL (Noia)
PRAIA BOA PEQUENA (Noia)
PRAIA BOA GRANDE, OU CABALO BAIXO. De 500 m de lonxitude e area branca e fina.
Praias Boa Grande, Boa Pequena, Mexilloeira e Testal
PRAIA DA TELLEIRA (Porto do Son)
PUNTA BATUDA (Porto do Son)
PRAIA DE ORNANDA, na desembocadura do rego do mesmo nome que baixa do Barbanza.
PUNTA GATA e praia Ornanda (Porto do Son)
PRAIA DA GATA
PORTOSÍN. Unha vila de grande desenvolvemento urbanístico asociado ao
turismo. O seu porto acolle unha importante flota do cerco.
Portosín e o monte Enxa
Praias de Portosín: Entrepuntas e Coira
Portosín e praias de Entrepuntas, Coira, Langaño, Pozo e Aguieira
PRAIA DE COIRA (Portosín, Porto do Son)
PRAIA DE LANGAÑO (Porto do Son)
PRAIA DO POZO (Porto do Son)
PRAIA AGUIEIRA OU DE CEDEIRA (Porto do Son) de 1320 m de lonxitude.
Desembocadura do rego de Quintáns na praia de Aguieira (Porto do Son)
PUNTA AGUIEIRA (Porto do Son)
PUNTA CABEIRO e o monte Enxa desde o mar
Praia e punta de Cabeiro desde o monte Enxa
Portosín, praia Aguieira, punta Cabeiro e O Porto do Son
Praia e Punta Cabeiro e ao fondo Aguieira
PRAIA DE SUAIGREXA (Porto do Son)
PRAIA DO MALECÓN OU DO SON (Porto do Son)
O PORTO DO SON
Costa do PORTO DO SON
PUNTA DO FONFORRÓN, co monte Louro ao fondo, na outra banda da ría
PRAIA E FURNA DO FONFORRÓN
FURNA DO FONFORRÓN, á que so se pode acceder coa marea baixa.
PRAIA DA ARNELA (Porto do Son)
PUNTA CABRA DO MAR
PUNTA DO CASTRO, PENÍNSULA E CASTRO DE BAROÑA
PRAIA DE BAROÑA
PUNTA DO DIQUE
PRAIA DE RÍO MAIOR
PRAIA E CANTÍS DAS FURNAS
PRAIAS DE QUEIRUGA E AREALONGA (1.200 m de lonxitude), entre a punta Calleira e a punta do Castro.
Praias de Baroña, Area Maior, Río Maior e Queiruga entre a punta do Castro e a punta Calleira
Praia de Queiruga ou das Seiras e puntas Calleira e do Axo e, entre elas a praia de Porto Nadela
PUNTAS PORCALLEIRA E DO AXO
PORTO NADELA
Punta ILLA DO MAR (Porto do Son)
Enseada de
FURNA DA LAXE
FURNA DA LAXE (Porto do Son)
PRAIA PEMENTA
(Porto do Son)
Praia de RÍO SIEIRA ou do PRADO DO RÍO (Porto do Son).
Mide 800 m de lonxitude e nela desemboca o río Sieira.
Praia de Río Sieira, entre as puntas Río Sieira e das Pedras Negras
PUNTA DE PEDRAS NEGRAS. Punta xistosa con estratos verticais dispostos perpendicularmente á liña de
costa o que favorece a erosión mariña e a formación de furnas e labirintos.
PRAIAS DAS FURNAS (Xuño, Porto do Son)
Praias das Basoñas ou Muro, Xuño e das Furnas, unha barreira areosa de 2.700 m de lonxitude que pecha
as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro.
LAGOA DE XUÑO. Ten forma redondeada e non ten comunicación co mar. As plantas máis abondosas son
os carrizos, ambroíños, ranúnculos, espigas de auga, utricularia...
PRAIA de SAN PEDRO DE MURO OU BASOÑAS
Acolle un interesante sistema dunar no que se atopan varias especies de interese: Iberis procumbens
(endemismo galego) e unha pequena poboación de Omphalodes littoralis, subsp gallaecica, endemismo
de algunhas praias da Coruña
Praia de San Pedro de Muro e Punta da Sarrosa
LAGOA DE SAN PEDRO DE MURO OU BASOÑAS
Está separada do mar por un cordón de dunas fixas e pola praia de Basoñas.
Nas mareas vivas a auga do mar chega a penetrar por unha canle no extremo norte da lagoa.
Destaca a presenza da alga Nitella gracilis, única cita en España, e a espiga de auga (Potamogeton
trichoides), novidade provincial.
Nas dunas cría a píllara papuda. No inverno visítana gran cantidade de aves acuáticas.
CABO TEIRA desde o monte Taúme. Á esquerda a praia de Seráns
PRAIA DE ESPIÑEIRIDO, o último areal do sur da comarca, no linde com Ribeira
Costa de Porto do Son desde Espiñeirido a Xuño
AS ÁRBORES
Devesa de Nimo na beira do
canón do Tambre.
Na Devesa de Nimo podemos
atopar unha grande variedade
de árbores: carballos, rebolos,
loureiros, acivros, avelairas,
estripos, cereixeiras, maceiras
silvestres, salgueiros,
amieiras, freixos, sanguiños,
erbedos, pereiras bravas...
A maior parte das árbores da comarca son piñeiros e eucaliptos que ocupan extensas áreas
forestais nos montes e terras sen cultivar. Nos vales máis afastados consérvanse algunhas
carballeiras de interese cunha grande biodiversidade. A máis interesante é a Devesa de Nimo,
no val do Tambre, en Noia. Nos parques e xardíns de Noia e dalgúns pazos consérvanse
exemplares monumentais de especies ornamentais.
Carballo (Quercus robur) da igrexa do Carme
(Cando-Outes)
-4 m de perímetro.
Carballos (Quercus robur) na central do Tambre (Noia)
Sobreiral (Quercus suber) de San Lourenzo,
(no monte de San Mamede, en Lousame)
Na contorna da capela de San Lourenzo.
Varios exemplares que sobrepasan os 3 m
de perímetro
Accedese desde a estrada de Noia a Ponte
Beluso no Confurco.
Piñeiros bravos (Pinus pinaster)
da praia de Broña (Outes)
Dous piñeiros de bo porte con
máis de 4 m de perímetro.
Oliveira (Olea europaea) do
cimeterio de San Ourente de
Entíns (Outes).
-Dous brazos de 2,80 e 1,70 m de
perímetro
Acacia (Acacia melanoxylon) da Casa do
Enxido (Outes). Á beira do Tambre.
-24 m de altura, 4,23 m de perímetro.
Chopos (Populus nigra) Campo da
Feira (Noia).
-varios exemplares plantados na
segunda metade do século XIX.
Magnolia grandiflora dos Xardíns de Noia
-3,52 m de perímetro.
PAZO PENADOURO (Noia): abeto branco, amieiras
italianas, araucaria excelsa, carpes, maclura pomífera e
secuoia, plátanos...
Abeto branco (Abies alba)
-25 m de altura; 3,34 m de perímetro.
Secuoia vermella e plátanos
PAZO QUINTAHERMOSA (Noia):
Carreira de araucarias, Magnolia de Yulán
Araucarias de Bidwill (Araucaria bidwilli)
-24 e 27 m de altura; 2,85 e 3,05 m de perímetro.
Incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
Araucaria excelsa (Araucaria heterophylla)
-29,50 m de altura e 3,55 m de perímetro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Lagoa de Xuño
LIC COMPLEXO HÚMIDO DE CORRUBEDO
Inclúe desde a Punta do Castro até a illa de Sálvora (926 ha). Está protexida tamén como
ZONA DE ESPECIAL PROTECIÓN PARA AS AVES E ZONA HÚMIDA DE IMPORTANCIA
INTERNACIONAL acollida ao Convenio de RAMSAR.
Nesta comarca inclúe a costa entre a Punta do Castro e a praia de Espiñeirido, unha costa que
alterna cantís rochosos e praias como as de Espiñeirido, Serán Basoñas, Río Sieira, Queiruga,
Arealonga e Baroña. Ademáis dúas lagoas litorais, as de Xuño e San Pedro de Muro.
LIC ESTEIRO DO TAMBRE
Abrangue 1.583 ha situadas nos concellos de Brión, Negreira, Noia, Outes e Porto do Son.
Inclúe o curso baixo do Tambre desde o encoro, o esteiro do Tambre e outros pequenos ríos:
Soñora (Noia), Donas e Tines (Serra de Outes) e Bendimón, e parte da Ría de Noia, desde a
praia da Arnela ata a praia de Boa Grande. Na marxe esquerda do río, entre a Central do
Tambre e o concello de Brión, atópase a Devesa de Nimo, un bosque atlántico ben
conservado.
Amplas zonas do esteiro e as marismas están colonizadas por plantas acuáticas que forman
extensos carrizais e xunqueiras. Os fondos mariños da ría, dos esteiros e marismas son un
hábitat excelente para multitude de invertebrados e para a cría de peixes. Nesta zona
concéntranse numerosas aves acuáticas, especialmente nos pasos invernais.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
actualizado en xullo 2017

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courelmonadela
 
LIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de LouroLIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de Louromonadela
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabramonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurésmonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambremonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
LIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de LouroLIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de Louro
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabra
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambre
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 

Similar a Comarca Noia

Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A CostaMonContos
 
Muros, A Costa
Muros, A CostaMuros, A Costa
Muros, A CostaMonContos
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiromonadela
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo monadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 

Similar a Comarca Noia (20)

Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
 
Muros, A Costa
Muros, A CostaMuros, A Costa
Muros, A Costa
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoimonadela
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzosmonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 

Comarca Noia

  • 2. A comarca desde o alto do Tremuzo A comarca de Noia está situada no suroeste da provincia de A Coruña, con fronte ao centro e sur da ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas Galegas. É unha comarca de paisaxes asociados ao mar e ás serras, onde as estreitas chairas costeiras están rodeadas en toda a súa contorna por aliñacións de cumes que van do Tremuzo, ao norte, ata o Barbanza, ao sur. O río Tambre é a principal arteria da comarca e forma o maior esteiro que ocupa o fondo da ría. As áreas de maior interese natural atópanse ao longo de toda a costa onde hai numerosas praias e cantís de grande valor ecolóxico, e no esteiro do Tambre.
  • 3. SUPERFICIE: 325,1 km2 POBOACIÓN: 36.480 habitantes CONCELLOS: Lousame, Noia, Outes e Porto do Son. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Esteiro do Tambre” e “Complexo Húmido de Corrubedo”.
  • 4. CLIMA Praia de Hornanda en Porto do Son Oceánico húmido, cunha media anual de 14 ºC.
  • 5. ACTIVIDADES Lonxa de Noia As máis destacadas son os servizos, a pesca, o marisqueo, a acuicultura , a industria e a construción.
  • 7. Pesca do cerco nas augas da ría de Muros e Noia A ría de Muros e Noia e as costas próximas acollen unha importantes riqueza pesqueira e marisqueira, fonte de recursos para a poboación costeira. Descarga de peixe en Portosín
  • 9. PATRIMONIO Castro de Baroña (Porto do Son) Foi descuberto en 1933 e declarado Patrimonio Artístico Nacional. Está situado nunha pequena península rochosa e unido a terra por un pequeno istmo areoso protexido con muros defensivos. A comarca de noia acolle un importante patrimonio arqueolóxico (castros, mámoas, petróglifos...), histórico artístico (igrexas, cruceiros, pontes, cascos históricos...) e etnográfico (muíños, hórreos, embarcacións tradicionais, oficios artesanais, cultura marítima...)
  • 10. Dorme de Argalo (Noia) “Desde a Cova da moura ata o Dolme de Argalo hai os saberes de sete reinados” Segundo contan unha moura moraba nesta anta e no seu interior hai un pozo con escaleiras e un túnel que comunica con lugares onde aparece un “encanto”. Tamén din que hai unha trabe de ouro ou un cabalo de ouro soterrados.
  • 11. Igrexa de San Martiño, do século XV (Noia)
  • 12. Igrexa de Santa María a Nova (Noia). Actualmente acolle un museo cunha mostra singular de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ao XIX. Foi declarada monumento histórico artístico en 1973.
  • 13. Convento de San Francisco (Noia)
  • 14. Igrexa de San Xoán en Roo (Outes)
  • 15. Igrexa de Tállara (Lousame)
  • 16. Imaxe de San Pedro na igrexa de Tállara Cruceiro en Tállara (Lousame)
  • 17. Cruceiro na praza do Tapal (Noia)
  • 18. Cruceiro en Quintá (Berrimes, Lousame)
  • 19. Telleira na praia de Aguieira (Porto do Son)
  • 20. Ruínas do Pazo da Chaínza e fábrica de curtidos de Cadarso de 1700. Na contorna do Barrio Preindustrial da Chaínza (Noia)
  • 21. CONCELLOS SUPERFICIE: 93,58 km2 POBOACIÓN: 3.513 habitantes (2014) PARROQUIAS: Camboño, Fruíme, Lesende, Lousame, Tállara, Toxos Outos e Vilacova. Val de Lousame desde o cume da Muralla LOUSAME Está situado ao leste da comarca, no interior da península do Barbanza. É un concello marcadamente rural totalmente interior cun territorio que se reparte entre as serras do Barbanza, ao oeste (co cume máis alto no Iroite, de 691 m), unha aliñación de cumes polo leste (Costoia, Siroña e Muralla) e os vales fluviais que os separan. Está atravesada por numerosos ríos de curto percorrido: o Tállara, e o Pesqueira, Vilacova e San Xusto (afluentes do Traba), van á Ría de Noia, e o Beluso á de Arousa.
  • 22. Área de lecer no río San Xusto en Toxosoutos. Unha ruta permite seguir o río ver o mosteiro e varias fervenzas. As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos. As áreas de maior interese natural atópanse nas serras e nos ríos, onde se poden facer rutas de sendeirismo e gozar de vistas impresionantes. Acolle un rico patrimonio etnográfico, sobre todo asociado aos ríos: muíños, restos de fábricas de papel, pontes... Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, situado nun estreito val ao pé do río, nunha paraxe natural cun fermoso bosque de ribeira e varias fervenzas.
  • 23. Noia, no fondo da Ría, no esteiro que forman os ríos Traba e Tállara SUPERFICIE: 27,19 km2 POBOACIÓN: 14.571 habitantes (2014) PARROQUIAS: Argalo, Barro, Boa, Noia, O Obre e Roo. NOIA Atópase no centro da comarca, no fondo da ría de Muros e Noia, na marxe esquerda e co río Tambre facéndolle de linde polo norte. Ocupa unha superficie de e tén distribuídos nas parroquias O territorio está formado por terras costeiras baixas, na entorna do esteiro do Tambre e dos ríos Traba, Tállara e Vilaboa, rodeadas de cumes de media altura, entre os que destacan o Costoira (529 m) e Pena de Ferro (526 m) ao nordeste, e o Tállara (429 m) ao sur.
  • 24. As principais actividades son os servizos, en especial o comercio; o marisqueo e a pesca e pequenas industrias relacionadas co mar e co sector forestal. O patrimonio natural está asociado ao río Tambre, protexido no LIC “Esteiro do Tambre” e no espazo municipal “Devesa de Nimo”. Ten un importante casco histórico, declarado Conxunto Histórico Artístico en 1981, no que se conservan numerosas rúas e casas medievais, pazos e igrexas Rúa no casco antigo. Noia é unha antiga vila mariñeira que conserva un fermoso casco histórico, importantes restos arqueolóxicos e boas representacións da arte románica e gótica. Cruceiro de Eiroa
  • 25. Vista do concello de Outes desde o Tremuzo SUPERFICIE: 99,64 km2 POBOACIÓN: 6.804 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cando, Entíns, O Freixo de Sabardes, Matasueiro, Outes, Roo, San Cosme de Outeiro, Santo Ourente de Entíns, Tarás e Valadares. OUTES Está situado ao norte da comarca, na marxe dereita da ría de Muros e Noia, co Tambre facendo linde polo sur. O territorio do concello é de releve moi irregular. A maior parte está ocupado por serras moi próximas ao mar: ao noroeste o Tremuzo (526 m), no nordeste o Coto de Eiras (511 m) e os montes da Pena (Vilar, con 497 m). Na beira da ría e no esteiro do Tambre atópase unha estreita faixa de terreo achairado onde se asentan os principais núcleos de poboación: A Serra de Outes (capital municipal), Roo e O Freixo.
  • 26. Sancosmeiro A elaboración de sombreiros de palla coñecidos como sancosmeiros é unha actividade artesanal característica da parroquia de San Cosme, en Outes. As principais actividades son os servizos, a industria (astaleiros e serradoiros), a pesca e o marisqueo, a agricultura e o sector forestal. Acolle áreas de grande interese natural asociadas aos montes, desde os que se divisan paisaxes impresionantes, e ao río Tambre, protexido no LIC “Esteiro do Tambre”. Conserva un importante patrimonio cultural: castros, mámoas, pontes, hórreos (chamados localmente moas), cruceiros, igrexas... Antigo porto de O Freixo
  • 27. Vista de Porto do Son desde o Mar, cos montes Dordo e Enxa detrás SUPERFICIE: 94,57 km2 POBOACIÓN: 9.436 habitantes PARROQUIAS: Baroña, Caamaño, Goiáns, Miñortos, Nebra, Noal, Queiruga, Ribasieira, San Pedro de Muro e Xuño. PORTO DO SON Esténdese pola beira esquerda da ría de Arousa, ao sur de comarca. Ten un releve moi accidentado marcado pola proximidade ao mar da serra do Barbanza, que en menos de 6 km descende 600 m. Os cumes máis importantes son o Iroite (691 m), Enxa (543), Barazal (644 m) e Os Forcados (618 m). Numerosos ríos de pequeno percorrido e grande desnivel baixan da serra á ría: Cans, Quintáns, Portovello, Maior, Ribasieira... Nos máis de 25 km de costa podemos atopar extensos areais, cantís, dunas e lagoas litorais.
  • 28. Portosín, un porto especializado en pesca de baixura que conta cunha importante flota de cerco As principais actividades son a pesca (porto de Porto do Son e Portosín) e os servizos. Os principais valores naturais atópanse asociados á costa onde se conservan complexos dunares, lagoas e cantís de grande interese. Unha parte está protexida no LIC “Complexo Húmido de Corrubedo”. O patrimonio cultural é tamén moi variado (igrexas, castros, mámoas, muíños, petróglifos...). Destaca a presenza do castro de Baroña, un dos máis representativos de Galiza, que se complementa cun museo para interpretar a cultura castrexa en Porto do Son. Península onde se asenta o Castro de Baroña
  • 29. RELEVO O Iroite, o cume máis alto da serrado Barbanza e da comarca Na comarca de Noia diferéncianse dúas áreas que seguen a liña costeira. Pola beira do mar unha estreita faixa de releve achairado que se fai máis ampla no esteiro do Tambre, e formando un arco de norte a sur unha serie de serras que separan as terras costeiras das penichairas interiores. Ao norte atópanse os monte do Tremuzo e a Serra de Outes que se prolongan en alturas menores ata o val do Tambre. Polo leste unha aliñación de montes que chagan ata o cume máis alto na Muralla (674 m), e polo sur a serra do Barbanza, co cume máximo no Iroite, con 691 m.
  • 30. Vista desde o Tremuzo dos cumes que rodean a comarca polo leste
  • 31. Os materiais dominantes nas serras son os granitos que aparecen frecuentemente erosionados formando grandes bolos e penedos.
  • 32. Toxo, a planta máis abundante no mato dos montes da comarca A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo nos cumes e plantacións de piñeiros e eucaliptos nas partes máis baixas. Só nalgunhas áreas afastadas se conservan pequenas formacións de bosque autóctono. Abrodia (Asphodelus albus) con escarabellos (Oxythyrea funesta). A abrodia é unha planta que se desenvolve ben nos terreos queimados.
  • 33. Cotovía (Galerida cristata) A fauna é a típica de espazos abertos e degradados. Destaca unha grande variedade de aves de mato rochedos. Lagarta galega, macho e femia, (Podarcis bocagei)
  • 34. Vista do Tremuzo desde a ría O TREMUZO É un macizo granítico situado ao norte da Ría de Muros e Noia. O punto máis alto é o Tremuzo con 525 m. Na aba sur nacen pequenos regos que van á ría de Noia, entre os que destaca o Bendimón, e na aba norte afluentes do Xallas. A vexetación dominante son toxeiras nas partes altas e piñeirais nas baixas. Desde o cume hai unhas boas vistas da ría e da Serra da Barbanza. Accedese pola estrada de Noia a Muros desde O Freixo.
  • 35. Monte Seixo Branco, na serra do Tremuzo. A vexetación dominante é o monte baixo nos cumes, os piñeiros nas partes altas e algúns castiñeiros e carballos residuais.
  • 36. Vista desde o Tremuzo sobre a banda sur da ría de Muros e Noia
  • 38. Serra da Pena desde San Ourente de Entíns SERRA DA PENA Pequena aliñación que se estende con dirección norte-sur entre o linde do concello de Serra de Outes e Negreira. Os cumes máis altos son o Alto do Vilar, con 497 m e o Monteagudo, con 491 m.
  • 39. Serra da Pena, na marxe esquerda do Tambre
  • 40. O Río Tambre encaixase pouco antes da súa desembocadura entre os montes de Paradela, O Vilar e Pena Serpal (423 m) no concello de Outes, e o Monte Castelo (506 m) no concello de Noia, en abruptas paredes graníticas. Unha parte deste canón forma parte do espazo coñecido como Devesa de Nimo, incluída no LIC “Esteiro do Tambre”.
  • 41. Monte Castelo e Pena do Ferro. No primeiro plano a Ponte Nafonso.
  • 42. Vista desde O Castelo sobre a ría de Noia
  • 43. Vista da serra da Muralla desde o Tremuzo A MURALLA Esténdese con direción norte-sur entre a serra de Barbanza e a Depresión Meridiana, nos lindes das comarcas de Barbanza, Noia e Sar. Os cumes máis altos son a Muralla, con 674 m e Monte Treito, con 658 m. A zona noroeste, no linde con Lousame coñécese como montes da Xenela. Na aba sur e oeste nacen os ríos Beluso e Te.
  • 44. Cume da Muralla desde Lousame
  • 45. Noia, a ría, Outes e parte de Lousame desde a Muralla. No primeiro plano os montes de Siroña e Chan da Fonte nos que se atopan as minas de San Fins.
  • 46. Minas de San Fins, na parroquia de Vilacova (Lousame). Foron explotadas ata 1989 para obter estano e wolframio. A época de maior intensidade foi durante a II Guerra Mundial. Chegou a ter mil traballadores. Recentemente rehabilitouse o poboado da mina, e a antiga escola foi acondicionada como museo e centro de interpretación. Nos últimos anos estase poendo de novo en activo, con grandes protestas pola posible contaminación da ría e dos bancos marisqueiros. Boca dun filón explotado por aventureiros para obter mineral.
  • 47. Panorámica da serra desde o monte Enxa. Á esquerda o Iroite e á dereita a Curota. SERRA DO BARBANZA A península da Barbanza está situada entre as Rías de Noia, ao Norte e a de Arousa, ao Sur. É un grande bloque de granitos e xistos paleozoicos que se ergueron nos últimos tempos da Oroxenia Alpina. As alturas máximas son o Iroite (685m), o Barbanza (652 m) e o Enxa (543 m). Por riba dos 500 m a península do Barbanza é un extenso altiplán erosionado. Os ríos teñen cursos curtos e de grandes desniveis. Un dos aspectos máis interesantes desta zona son as vistas panorámicas sobre as rías de Noia e Arousa, e as costas de Corrubedo e Aguiño. Pódese acceder desde Boiro, A Pobra, Ribeira, Porto do Son ou Noia.
  • 48. A Barbanza entre o Iroite e o Enxa A maioría da serra está cuberta dun mato de toxo, xestas, fentos e uces. Está repoboada con piñeiros nas partes altas e piñeiros e eucalitos nas zonas baixas. No fondo dos vales, quedan pequenas manchas de bosque autóctono con carballos, sobreiras, sanguiños, pereiras bravas, estripos... Hai cabalos e vacas en libertade.
  • 49. Monte Enxa e Ría de Noia. No cume do Enxa está instalada unha Estación de Vixilancia Marítima.
  • 50. Os Forcados (618 m), un dos últimos cumes do barbanza cara ao sur, no linde entre Porto do Son e Ribeira.
  • 51. MONTE CULOU Un cume de 510 m de altitude situado ao leste da comarca, en terreos de Lousame. Desde o alto hai unhas vistas espectaculares sobre a ría. Accedese desde a estrada de Noia a Santiago, nas proximidades de Cedofeito.
  • 52. Vistas desde o Monte Culou
  • 53. MONTE DE SAN MAMEDE Situado entre as serras do barbanza e a Muralla. Nos seus cumes graníticos abondan os penedos, as penas de equilibrios e as pedras de curiosas figuras. Desde os cumes (319 m de altitude) hai vistas panorámicas sobre as rías de Arousa e Noia. Accedese desde a estrada de Ponte Beluso a Confurco
  • 54. MONTE DE SAN LOIS Un pequeno cume de 363 m de altitude situado entre a ría e o río Tállara. Desde o cume hai unhas vistas espectaculares sobre Noia e a ría. Accedese desde Noia por Boiro.
  • 55. Vistas desde o Monte de San Lois sobre Noia e a banda sur da ría
  • 56. MONTE TAÚME Un pequeno cume de 240 m de altitude situado no linde entre Porto do Son e Ribeira. Está coroado por unha torre de vixiancia e salvamento marítimo. Desde o cume hai unhas vistas espectaculares sobre a costa. Accédese desde Seráns (Porto do Son).
  • 57. OS RÍOS Esteiros do Tins (Enseada do Engano) e do Tambre O principal curso fluvial da comarca é o Tambre que ten aquí o último tramo e un amplo esteiro que se sitúa no fondo da ría de Muros e Noia. O resto dos ríos son de curto percorrido e baixan ao mar salvando fortes desniveis desde as serras costeiras. Na banda norte da ría desaugan o o Tins e Bendimón. Na banda sur o Vilacova, Tállara e Sieira. O Beluso, que desemboca na ría de Arousa, ten o seu curso alto no concello de Lousame.
  • 58. Bosque de ribeira no río Sieira Nas augas dos ríos e nas súas ribeiras atópanse ecosistemas de gran valor ecolóxico: esteiros, fervenzas, rápidos, pozas, bosques de ribeira e son varias as rutas que se poden facer para visitar fervenzas como as de Toxosoutos ou Ribasieira ou a Devesa de Nimo, nas beiras do Tambre.
  • 59. Lirio, espadana (Iris pseudacorus) Carrizos (Phragmites communis)
  • 60. Lavanco real (Anas platirhynchos) xuvenil Cabalo do demo (Aeshna cyanea)Píntega común (Salamandra salamandra)
  • 61. Pontenafonso, sobre o Tambre, entre Outes e Noia. Construída nos séculos XIV-XV. Ten 270 m de lonxitude con 20 arcos oxivais. Son ríos que foron intensamente explotados e arredor deles consérvase un variado patrimonio etnográfico e histórico-artístico: pontes, lavadoiros, muíños, fábricas de papel, acuedutos...
  • 62. Desembocadura e esteiro do Bendimón na enseada de Broña (Outes). RÍO BENDIMÓN Nace serra do Tremuzo e desemboca na enseada de Broño. Todo o seu percorrido (5 km) faino por terreos do concello de Outes. Pontella en Bendimón
  • 63. Esteiro do Tins RÍO TINS Nace en Mazaricos e despois de 12 quilómetros desemboca formando un amplo esteiro na Enseada do Engano, moi preto da desembocadura do Tambre. Os afluentes máis importantes son o Santabaia e o Nosiño. Drena o concello de Outes.
  • 64. O Tins en Serra de Outes
  • 65. Esteiro do Tins, na enseada do Engano
  • 66. Devesa de Nimo, no último tramo do Tambre antes do encoro de Barrié de la Maza. RÍO TAMBRE Nace na Serra do Bocelo e percorre o último tramo do seu curso entre os concellos de Noia e Outes, encaixado nun fondo canón rochoso. Despois de 124,5 km desemboca en Ponte Nafonso, na ría de Muros e Noia formando un amplo esteiro. Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto. Na comarca recibe pola dereita o Donas (co Banzas e Portomourelo) e o Laxoso e pola esquerda os regos do Souto e do Muíño. O curso do Tambre está protexido parcialmente no LIC “Esteiro do Tambre”.
  • 68. Desembocadura do Tambre en Pontenafonso
  • 69. Pesqueira, redeira ou canle. Instalacións para a pesca da lamprea que foron moi abundantes no Tambre noutros tempos e deixaron de ser útiles a partir da construción dos encoros.
  • 70. Rodeiras, pozos rodeados con pedras para capturar as lampreas e os salmóns
  • 71. Ponte dos Arados (Outes), unha pequena área de lecer con praia fluvial no río Donas, o último afluente do Tambre pola dereita
  • 72. O Traba en Noia RÍO TRABA Está formado pola unión dos ríos Soñora ou Vilacova, que nace no Monte da Muralla e o San Xusto que nace no monte da Costoira. Desemboca en Noia, no fondo da ría. Recibe pola esquerda o Pesqueira.
  • 73. O Vilacova en Brandía. Neste lugar comeza unha ruta polo concello de Lousame que percorre o río e visita paraxes moi fermosos onde se conservan os restos de varias papeleiras, pontes e muíños.
  • 74. Fábrica de papel de Fontán. Ao longo do curso do río Vilacova hai restos de varias instalacións hidráulicas para facer papel (Brandía, Labarta, Fontán, Galiñeira, Baña e Maciriñas).
  • 75. Ponte de Vilacova (Lousame)
  • 76. Río Rabaceiras que baixa de San Fins e xúntase co Pesqueira, afluente do Traba Atranco polo que se desviaba a auga do río Vilacova para abastecer a fábrica de papel de Fontán. O Río Vilacova alterna tramos onde discorre totalmente encaixado con vales abertos. No seu curso hai varias instalacións hidráulicas, pontes e muíños. Unha ruta sinalizada permite percorrer case todo o seu curso polo concello de Lousame.
  • 77. FERVENZAS DE TOXOSOUTOS No concello de Lousame O río San Xusto salva un forte desnivel en granitos e xistos con varias fervenzas, rápidos e pozas. A primeira ten uns 5 m e a segunda 10 m. Está rodeado dunha vexetación de ribeira ben conservada: amieiras, salgueiros, carballos, castiñeiros… Nas proximidades están os restos do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos. COMO CHEGAR: na estrada de Noia a Santiago, no lugar de Toxosoutos (Lousame), xusto ao rematar a localidade atópase o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos e hai un carreiro sinalizado que leva ás fervenzas.
  • 78. Muíños no río Traba en Noia
  • 79. Ponte medieval do Traba en Noia
  • 80. Ponte medieval sobre o río Pesqueira, un afluente do Traba, en Berrimes (Lousame)
  • 81. O Tállara en Noia. Un paseo permite percorrer parte do esteiro. Río arriba, no concello de Lousame hai unha ruta con muíños. RÍO TÁLLARA Nace na serra do Barbanza en Moimenta (Boiro), percorre terreos de Lousame e Noia e desemboca en Noia preto do esteiro do Traba. Coñécese tamén co nome de río Lobo.
  • 83. Muíños no rego de Portovello REGO DE PORTOVELLO Un pequeno río que nace nas abas do monte Enxa e desemboca en Porto do Son, na praia de Suaigrexa.
  • 84. O Beluso en Fruíme RÍO BELUSO ou DA ESCABIA Nace na Portela de Aldarís. No seu curso alto percorre o concello de Lousame e logo intérnase no de Boiro para desembocar na ría de Arousa. Pequena fervenza dun afluente que desemboca no Beluso, en
  • 85. Ponte medieval sobre o río Sieira en Pontesieira RÍO SIEIRA Nace na Serra da Barbanza e desemboca na praia de Río Sieira. Todo o seu curso discorre polo concello de Porto do Son e salva un grande desnivel en poucos quilómetros.
  • 86. FERVENZAS DE RIBASIEIRA OU DA MADALENA Na parroquia de Ribasieira, concello de Porto do Son. Forma varias fervenzas e rápidos nun corte de gneis con intrusións graníticas. O conxunto de fervenzas máis interesante está formado por varios saltos de 15, 10, e 4 m. Máis arriba e máis abaixo hai outras fervenzas máis pequenas. COMO CHEGAR: pódese acceder desde Porto do Son, pola estrada que está sinalada (9,5 km) ou desde Xuño pola estrada que vai a A Trabe e á igrexa da Madalena (7,5 km). Déixase o coche no aparcamento da igrexa da Madalena e un pouco máis arriba, en dirección á Trabe hai un camiño que en 10 minutos a pé conduce a varios miradoiros sobre as
  • 87. Desembocadura do río Sieira na praia de Ribasieira
  • 88. A COSTA Fondo da ría de Muros e Noia A comarca de Noia está integramente na ría de Noia e tres son os concellos costeiros: Serra de Outes, Noia e Porto do Son. A liña de costa vai desde a Punta Cambrona, no linde con Muros, ata a praia de Espiñeirido, no linde con Ribeira.
  • 89. Neste tramo de costa podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais, marismas, illas e illotes, fondos mariños rochosos e areosos...) que acollen unha grande biodiversidade, entre as que se atopan especies únicas ou moi escasas. Vexetación típica dos areais (Praia de San Pedro de Muro)
  • 90. Golfos (Laminaria ochroleuca ), comúns nas zonas infralitorais de costas expostas onde forman bosques submariños. Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis comúns nas rochas das áreas abrigadas. Soportan ben a desecación e serven de acobillo a caramuxos, caracolas, cangrexos...
  • 91. O alhelí mariño (Mathiola sinuata) florece durante a primavera e o verán nos areais costeiros. Todas as plantas que viven nas praias presentan adaptacións específicas que lles permiten soportar as duras condicións ambientais (seca, forte exposición solar e ao vento...). No alhelí podemos ver cores craras que reflicten a luz, pelos que illan do vento, reducen a seca e reteñen a humidade e forma redonda e compacta para ofrecer menos resistencia ao vento. Antelas (Scirpus lacustris), xuncos típicos de lagoas, de talos grosos de ata 2 m de alto.
  • 92. Honckenya peploides. É a planta con flores que vive máis preto do mar nas praias entre area solta. Tamén é a que máis sofre os impactos dos usuarios dos areais. Cardo mariño (Eryngium maritimum)un representante común da flora especialmente adaptada ás duras condicións ambientais dos sistemas dunares das praias.
  • 93. Ambroíños e ra na lagoa de Xuño. Algunhas lagoas de auga dóce aparecen parcialmente cubertas polos ambroíños ou tapadeiras.
  • 94. Pilro curlibico (Calidris alpina) A grande diversidade de hábitats mariños e terrestres da lugar á presenza dunha grande varidade de especies. Destaca o número de aves, especialmente invernantes, das lagoas de Xuño e Muro e do esteiro do Tambre e os invertebrados mariños que se acobillan entre as rochas e nos areais.
  • 95. Garzota (Egretta garzeta) Parrulos rabudos (Anas acuta), visitantes invernais dos esteiros.
  • 97. As rochas son o lugar idóneo para o asentamento das chuponas ou ventosas (Anemonia sulcata). Berberechos (Cerastoderma edule). Os areais do fondo da ria de Noia son importantes bancos marisqueiros nos que destaca, sobre todo, a produción de berberechos.
  • 98. Chinche sobre unha flor de carraspique (Iberis procumbens). A capacidade para pasar desapercibidos é fundamental para a supervivencia dos animais Eiruga da avelaíña Brithys crini que se alimenta unicamente de cebola das gaivotas (Pancratium maritimum), unha planta común das dunas fixadas.
  • 99. Costa da comarca na banda sur da ría de Muros e Noia, desde o Tremuzo. RÍA DE MUROS E NOIA Ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur, orientada seguindo unha fractura con orientación SO-NO. Ten 18 km de lonxitude e unha superficie de 125 km2 . É máis recortada na marxe dereita, ata a desembocadura do Tambre, co monte Tremuzo como fondo. Na marxe esquerda está flanqueda pola Serra da Barbanza e destacan os areais de Portosín, Anguieira e Xuño. Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría orixinan extensos areais e zonas fangosas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros. Parte da ría está protexida no LIC “Esteiro do Tambre”
  • 100. O FREIXO (Outes) desde o monte Tremuzo. Na outra banda da ría as praias Mexilloeira e Boa.
  • 101. O Freixo e o Tremuzo desde o monte San Lois
  • 102. O Freixo desde o monte San Lois
  • 104. PRAIA DE BROÑA ou MALLANTE (Outes). Ao fondo O Freixo.
  • 105. Praia de Broña ou Mallante
  • 106. Praia de Broña e monte Picouso
  • 107. O Portiño medieval de SAN COSME (Outes)
  • 108. ENSEADA DO ENGANO (Outes)
  • 109. Botes na enseada do Engano
  • 110. ESTEIRO DO TAMBRE desde o Monte Castelo
  • 111. ESTEIRO DO TAMBRE E PONTENAFONSO
  • 112. ESTEIRO DO TAMBRE E PUNTA PEÓN (Noia)
  • 114. A BARQUIÑA desde o Tremuzo
  • 115. A costa de Noia, desde punta Abruñeira ata o Testal, vista desde o Tremuzo.
  • 116. NOIA, esteiro do Traba e do Tállara
  • 117. NOIA, esteiro do Traba e do Tállara
  • 118. NOIA, esteiro do Traba e do Tállara. No primeiro plano a praia do Testal
  • 119. PUNTA DO TESTAL (Noia)
  • 120. PORTO DO TESTAL (Noia)
  • 121. Botes no Testal (Noia)
  • 122. PRAIA DO TESTAL, de 1850 m de lonxitude. Un dos mellores bancos marisqueiros da ría de Noia
  • 123. PRAIA DO TESTAL (Noia)
  • 124. PRAIA BOA PEQUENA (Noia)
  • 125. PRAIA BOA GRANDE, OU CABALO BAIXO. De 500 m de lonxitude e area branca e fina.
  • 126. Praias Boa Grande, Boa Pequena, Mexilloeira e Testal
  • 127. PRAIA DA TELLEIRA (Porto do Son)
  • 129. PRAIA DE ORNANDA, na desembocadura do rego do mesmo nome que baixa do Barbanza.
  • 130. PUNTA GATA e praia Ornanda (Porto do Son)
  • 132. PORTOSÍN. Unha vila de grande desenvolvemento urbanístico asociado ao turismo. O seu porto acolle unha importante flota do cerco.
  • 133. Portosín e o monte Enxa
  • 134. Praias de Portosín: Entrepuntas e Coira
  • 135. Portosín e praias de Entrepuntas, Coira, Langaño, Pozo e Aguieira
  • 136. PRAIA DE COIRA (Portosín, Porto do Son)
  • 137. PRAIA DE LANGAÑO (Porto do Son)
  • 138. PRAIA DO POZO (Porto do Son)
  • 139. PRAIA AGUIEIRA OU DE CEDEIRA (Porto do Son) de 1320 m de lonxitude.
  • 140. Desembocadura do rego de Quintáns na praia de Aguieira (Porto do Son)
  • 142. PUNTA CABEIRO e o monte Enxa desde o mar
  • 143. Praia e punta de Cabeiro desde o monte Enxa
  • 144. Portosín, praia Aguieira, punta Cabeiro e O Porto do Son
  • 145. Praia e Punta Cabeiro e ao fondo Aguieira
  • 146. PRAIA DE SUAIGREXA (Porto do Son)
  • 147. PRAIA DO MALECÓN OU DO SON (Porto do Son)
  • 148. O PORTO DO SON
  • 149. Costa do PORTO DO SON
  • 150. PUNTA DO FONFORRÓN, co monte Louro ao fondo, na outra banda da ría
  • 151. PRAIA E FURNA DO FONFORRÓN
  • 152. FURNA DO FONFORRÓN, á que so se pode acceder coa marea baixa.
  • 153. PRAIA DA ARNELA (Porto do Son)
  • 155. PUNTA DO CASTRO, PENÍNSULA E CASTRO DE BAROÑA
  • 158. PRAIA DE RÍO MAIOR
  • 159. PRAIA E CANTÍS DAS FURNAS
  • 160. PRAIAS DE QUEIRUGA E AREALONGA (1.200 m de lonxitude), entre a punta Calleira e a punta do Castro.
  • 161. Praias de Baroña, Area Maior, Río Maior e Queiruga entre a punta do Castro e a punta Calleira
  • 162. Praia de Queiruga ou das Seiras e puntas Calleira e do Axo e, entre elas a praia de Porto Nadela
  • 165. Punta ILLA DO MAR (Porto do Son)
  • 167. FURNA DA LAXE (Porto do Son)
  • 169. Praia de RÍO SIEIRA ou do PRADO DO RÍO (Porto do Son). Mide 800 m de lonxitude e nela desemboca o río Sieira.
  • 170. Praia de Río Sieira, entre as puntas Río Sieira e das Pedras Negras
  • 171. PUNTA DE PEDRAS NEGRAS. Punta xistosa con estratos verticais dispostos perpendicularmente á liña de costa o que favorece a erosión mariña e a formación de furnas e labirintos.
  • 172. PRAIAS DAS FURNAS (Xuño, Porto do Son)
  • 173. Praias das Basoñas ou Muro, Xuño e das Furnas, unha barreira areosa de 2.700 m de lonxitude que pecha as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro.
  • 174. LAGOA DE XUÑO. Ten forma redondeada e non ten comunicación co mar. As plantas máis abondosas son os carrizos, ambroíños, ranúnculos, espigas de auga, utricularia...
  • 175. PRAIA de SAN PEDRO DE MURO OU BASOÑAS Acolle un interesante sistema dunar no que se atopan varias especies de interese: Iberis procumbens (endemismo galego) e unha pequena poboación de Omphalodes littoralis, subsp gallaecica, endemismo de algunhas praias da Coruña
  • 176. Praia de San Pedro de Muro e Punta da Sarrosa
  • 177. LAGOA DE SAN PEDRO DE MURO OU BASOÑAS Está separada do mar por un cordón de dunas fixas e pola praia de Basoñas. Nas mareas vivas a auga do mar chega a penetrar por unha canle no extremo norte da lagoa. Destaca a presenza da alga Nitella gracilis, única cita en España, e a espiga de auga (Potamogeton trichoides), novidade provincial. Nas dunas cría a píllara papuda. No inverno visítana gran cantidade de aves acuáticas.
  • 178. CABO TEIRA desde o monte Taúme. Á esquerda a praia de Seráns
  • 179. PRAIA DE ESPIÑEIRIDO, o último areal do sur da comarca, no linde com Ribeira
  • 180. Costa de Porto do Son desde Espiñeirido a Xuño
  • 181. AS ÁRBORES Devesa de Nimo na beira do canón do Tambre. Na Devesa de Nimo podemos atopar unha grande variedade de árbores: carballos, rebolos, loureiros, acivros, avelairas, estripos, cereixeiras, maceiras silvestres, salgueiros, amieiras, freixos, sanguiños, erbedos, pereiras bravas... A maior parte das árbores da comarca son piñeiros e eucaliptos que ocupan extensas áreas forestais nos montes e terras sen cultivar. Nos vales máis afastados consérvanse algunhas carballeiras de interese cunha grande biodiversidade. A máis interesante é a Devesa de Nimo, no val do Tambre, en Noia. Nos parques e xardíns de Noia e dalgúns pazos consérvanse exemplares monumentais de especies ornamentais.
  • 182. Carballo (Quercus robur) da igrexa do Carme (Cando-Outes) -4 m de perímetro. Carballos (Quercus robur) na central do Tambre (Noia)
  • 183. Sobreiral (Quercus suber) de San Lourenzo, (no monte de San Mamede, en Lousame) Na contorna da capela de San Lourenzo. Varios exemplares que sobrepasan os 3 m de perímetro Accedese desde a estrada de Noia a Ponte Beluso no Confurco.
  • 184. Piñeiros bravos (Pinus pinaster) da praia de Broña (Outes) Dous piñeiros de bo porte con máis de 4 m de perímetro.
  • 185. Oliveira (Olea europaea) do cimeterio de San Ourente de Entíns (Outes). -Dous brazos de 2,80 e 1,70 m de perímetro
  • 186. Acacia (Acacia melanoxylon) da Casa do Enxido (Outes). Á beira do Tambre. -24 m de altura, 4,23 m de perímetro.
  • 187. Chopos (Populus nigra) Campo da Feira (Noia). -varios exemplares plantados na segunda metade do século XIX.
  • 188. Magnolia grandiflora dos Xardíns de Noia -3,52 m de perímetro.
  • 189. PAZO PENADOURO (Noia): abeto branco, amieiras italianas, araucaria excelsa, carpes, maclura pomífera e secuoia, plátanos... Abeto branco (Abies alba) -25 m de altura; 3,34 m de perímetro. Secuoia vermella e plátanos
  • 190. PAZO QUINTAHERMOSA (Noia): Carreira de araucarias, Magnolia de Yulán Araucarias de Bidwill (Araucaria bidwilli) -24 e 27 m de altura; 2,85 e 3,05 m de perímetro. Incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza Araucaria excelsa (Araucaria heterophylla) -29,50 m de altura e 3,55 m de perímetro.
  • 191. ESPAZOS PROTEXIDOS Lagoa de Xuño LIC COMPLEXO HÚMIDO DE CORRUBEDO Inclúe desde a Punta do Castro até a illa de Sálvora (926 ha). Está protexida tamén como ZONA DE ESPECIAL PROTECIÓN PARA AS AVES E ZONA HÚMIDA DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL acollida ao Convenio de RAMSAR. Nesta comarca inclúe a costa entre a Punta do Castro e a praia de Espiñeirido, unha costa que alterna cantís rochosos e praias como as de Espiñeirido, Serán Basoñas, Río Sieira, Queiruga, Arealonga e Baroña. Ademáis dúas lagoas litorais, as de Xuño e San Pedro de Muro.
  • 192. LIC ESTEIRO DO TAMBRE Abrangue 1.583 ha situadas nos concellos de Brión, Negreira, Noia, Outes e Porto do Son. Inclúe o curso baixo do Tambre desde o encoro, o esteiro do Tambre e outros pequenos ríos: Soñora (Noia), Donas e Tines (Serra de Outes) e Bendimón, e parte da Ría de Noia, desde a praia da Arnela ata a praia de Boa Grande. Na marxe esquerda do río, entre a Central do Tambre e o concello de Brión, atópase a Devesa de Nimo, un bosque atlántico ben conservado. Amplas zonas do esteiro e as marismas están colonizadas por plantas acuáticas que forman extensos carrizais e xunqueiras. Os fondos mariños da ría, dos esteiros e marismas son un hábitat excelente para multitude de invertebrados e para a cría de peixes. Nesta zona concéntranse numerosas aves acuáticas, especialmente nos pasos invernais.
  • 193. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta actualizado en xullo 2017