SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 148
O MORRAZO
A NATUREZA
Ría de Vigo e o Morrazo
A comarca do Morrazo está situada na costa leste de Pontevedra, entre as rías de Pontevedra
e Vigo. O territorio presenta un releve moi irregular, aínda que non acada grandes alturas e
unha costa moi recortada e diversa con zonas abrigadas en rías e enseadas, areaias e cantís de
gran altura. Está moi fracturado e percorrido por numerosos ríos de curso curto e escaso
caudal.
Acolle unha gran diversidade de ecosistemas e espazos naturais protexidos.
SUPERFICIE: 140,7 km2
POBOACIÓN: 83.480 habitantes (2014)
CONCELLOS: Bueu, Cangas, Marín e Moaña
ESPAZOS PROTEXIDOS: “Parque Nacional das illas Atlánticas (Illa de Ons)” e LICs “Costa da
Vela”, “Cabo Udra” e “Enseada de San Simón”.
CLIMA
Oceánico húmido cunha media anual de 14,5 ºC.
ACTIVIDADES
Pesca, marisqueo, acuicultura, industrias relacionadas co mar, servizos.
É unha comarca cunha gran densidade de poboación concentrada na costa. Non ten unha
cabeceira clara. Na ría de Pontevedra os núcleos máis importantes son Marín e Bueu e teñen
unha estreita relación coa cidade de Pontevedra. Na ría de Vigo Cangas e Moaña, cunha
importante relación coa cidade de Vigo.
Porto de Marín
Barco pescando na ría de Aldán
PATRIMONIO
O patrimonio cultural é moi relevante: castros, muíños, cruceiros, igrexas, núcleos
tradicionais, embarcacións...
Petróglifos de Mogor (Marín), declarado
Ben de Interese Cultural en 1975.
Centro de interpretación dos petróglifos de Mogor
Dolme do Chan da Arquiña, no monte de
Domaio (Moaña), datado en 2900 a. de C.
Castro da Subidá (Marín)
Igrexa de Coiro (Cangas)
Igrexa do Hío (Cangas)
Colexiata de Cangas
Capela do Hospital
(Cangas)
Igrexa de Tirán (Moaña)
Igrexa de Santa María do Campo (Marín)
Igrexa de San Tomé de Piñeiro (Marín)
Cruceiro do Hío (Cangas)
Acueduto do Frendoal (Aldán, Cangas)
Facho de Donón, construción singular de orixe medieval que domina a vista sobre a costa da Vela, as illas Cíes e Ons e as
bocas das rías de Vigo e Pontevedra.
Museo do Mar da familia Massó. Instalado en 1932 no edificio da antiga fábrica de conservas (construída en 1883). Foi
adquirido e ampliado pola Xunta de Galiza en 2002. Mostra unha variada tipoloxía de embarcacións tradicionais,
maquetas, libros antigos, cartas mariñas e aparellos de pesca, marisqueo e industriais.
Antiga fábrica de conservas Massó (Cangas)
Antiga salga na punta da Mourisca (Bueu)
Hórreo en Aldán
Dorna
CONCELLOS
SUPERFICIE: 97,92 km2
POBOACIÓN: 12.189
habitantes (2016).
PARROQUIAS: Beluso, Bueu.
Cela, Ermelo e A Illa de Ons.
BUEU
Está situado ao oeste da comarca, no extremo da banda sur da ría de Pontevedra e inclúe as
illas de Ons, Onza e Centoleiro. Tén unha importante fachada costeira, o norte na ría de
Pontevedra e o leste na de Aldán, con enseadas, praias e cantís. O releve é moi accidentado e
os montes están próximos á costa. A zona leste e sur está rodeada por pequenas elevación
nas que destacan o Paralaia, con 432 m e os Chans de Botas, con 408 m. Unha falla atravesa o
territorio de norte a sur e forma unha pequena depresión aproveitada para as comunicacións.
O río máis importante é o dos Frades ou da Igrexa
Bueu e a ría
Igrexa de Santa
María de Cela
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, a acuicultura e os servizos.
Conserva importantes valores naturais, asociados aos ecosistemas costeiros protexidos no
“Parque Nacional das illas Atlánticas (Illa de Ons)” e no LIC “Cabo Udra”. No linde con Cangas
atópase a Carballeira de Coiro-Ermelo, unha das poucas fragas autóctonas do Morrazo.
O patrimonio cultural está representado por igrexas, pazos, cruceiros, hórreos, muíños... Na
vila de Bueu atópase o Museo Massó, un museo do mar que acolle unha interesante colección
de documentos, artes de pesca e maquetas de embarcacións.
Porto de Bueu, onde alternan
pequenas embarcacións artesanais
con grandes buques de arrastre.
Cangas desde a capela de
San Roque do Monte.
SUPERFICIE: 38,03 km2
POBOACIÓN: 26.567
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Aldán, Cangas,
Coiro, Darbo e O Hío
CANGAS
Situado no suroeste da comarca, entre as rías de Vigo e Aldán. O territorio é moi irregular e
ten un gran tramo costeiro moi accidentado e diversificado, con numesosas praias, enseadas
e altos cantís. A costa norte está ocupada pola ría de Aldán que fai un entrante en forma de v
con dirección N-S seguindo unha fractura que deu lugar á península de Darbo ou do Hío que
pecha a ría de Vigo polo norte. Ao leste atópase unha costa rectilínea de altos cantís (a costa
da Vela) e ao sur a costa da ría de Vigo. O interior do concello está formado por unha sucesión
de montes e vales, coas últimas aliñacións do Morrazo e a serra da Magdalena (Liboreiro, con
329 m). Os ríos máis importantes son o Orxás, que forma a ría de Aldán, e o río da Presa.
Cruceiro de O Hío, de finais do século XIX,
do escultor Xosé Cerviño. Un dos cruceiros
máis elaborados de Galiza.
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co
mar.
Acolle un importante patrimonio histórico artístico e etnográfico: castros, pazos, cruceiros,
igrexas, casco histórico de Cangas, muíños, pontes...
Os espazos naturais máis destacados son o LIC “Costa da Vela” e a Carballeira de Coiro.
A vila de Aldán (ao fondo) conserva interesantes casas
mariñeiras e edificios de interese artístico.
Vista da cidade de Marín
SUPERFICIE: 36,44 km2
POBOACIÓN: 25.359 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Ardán, O Campo, Marín (San Xiao e Santa María do Porto), Mogor, San Tomé de Piñeiro e
Seixo.
MARÍN
Está situado na zona central a península do Morrazo, na banda sur da ría de Pontevedra. Ten
10 km de costa que limitan o concello polo noroeste e na que alternan enseadas, praias e
pequenos cantís. O territorio interior vai gañando altura cara ao leste e sur onde se atopa a
serra de Domaio. O máximo cume do concello é o Castiñeira, con 525 m.
Os ríos máis importantes son o Lameira e o Loira.
As principais actividades son as pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co
mar. Na cidade de Marín atópase un importante porto comercial.
Os espazos naturais de maior interese atópanse na costa e no lago de Castiñeiras onde hai
unha área de lecer cun parque, unha lagoa e un Refuxio de Fauna.
Marín acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, mámoas, dolmes, restos
de porto e ponte romanos), igrexas, hórreos, pazos e muíños.
Asteleiros no porto de Marín
Parque de Castiñeiras
Moaña desde o monte da Guía, na outra banda da ría.
SUPERFICIE: 35,05 km2
POBOACIÓN: 19.365 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Domaio, Meira, Moaña (San Martiño e Virxe do Carme) e Tirán.
MOAÑA
Situado no sur da comarca, na banda norte da ría de Vigo. O territorio do concello é de releve
moi abrupto que cae en poucos quilómetros sobre o mar. As máximas alturas sitúanse no
monte Xaxán (Faro de Domaio, con 622 m). Está percorrido por numerosos regos de curto
percorrido e grandes desniveis que baixan da serra de Domaio e do Monte de Xaxán á ría de
Vigo. Os máis grandes son o Río da Fraga e o Miñouva ou da Pasaxe.
Portada da igrexa románica
de San Martiño
As principais actividades son a pesca, a acuicultura, os servizos e as industrias relacionadas co
mar (conservas, conxeladores, astaleiros...).
Os lugares de maior interese natural son os vales do ríos, os montes de Domaio, desde os que
hai unhas vistas impresionantes sobre as rías de Vigo e Pontevedra, e a costa.
Ten importantes restos arqueolóxicos: castros, petróglifos (Borna, Montealegre), mámoas,
dolmes e varias igrexas románicas de interese como as de San Martiño de Moaña (século XII)
e San Xoán de Tirán (século XIII).
Astaleiros
RELEVO
Montes do Morrazo e ría de Pontevedra desde o alto do Castrove
A comarca do Morrazo ocupa unha grande parte da península do mesmo nome formada por
un macizo granítico, resto dunha antiga superficie de erosión fragmentada e levantada
durante o terciario e atravesado por varias fallas con dirección norte-sur, aproveitadas polos
ríos para escavar as súas canles. A zona máis elevada atópase ao leste, na serra de Domaio
onde se acadan os 622 m. Progresivamente vai diminuíndo cara o leste onde se atopa a serra
da Magdalena e o Facho de Donón que cae en abruptos cantís cara ao mar.
Cara ao oeste tamén varía a composición das rochas e aparecen neis e xistos.
Bolos coroando os cumes do Morrazo, nas proximidades de Cabo Udra. A erosión produce formas esféricas
características nas rochas graníticas coñecidas como cons, penedos ou penas.
Breixo (Erica cinerea)
A vexetación dominante da zona son os bosques de repoboación de piñeiros e eucaliptos.
Conservanse pequenas áreas de bosques autóctonos nos lugares máis inaccesibles, sobre
todo nas áreas de forte pendente polas que discorren os cursos de auga como o río da Fraga,
o Bouzós ou o Miñouva.
Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), una planta
común no sotobosque das carballeiras.
Ferreiriño común (Parus ater)
Saltón
A fauna é a típica do mato e dos bosques, en especial paxaros, lagartos e insectos.
Faro de Domaio desde a ría de Vigo
SERRA DE DOMAIO
Esténdese con direción NE-SO ao longo da península do Morrazo, entre as rías de Vigo e
Pontevedra. Son bloques graníticos de mediana altitude levantados a finais do Perído
Terciario. Os puntos máis altos son o Faro de Domaio con 622 m e o Coto Redondo con 530 m,
ambos expléndidos miradoiros sobre as rías de Vigo e Pontevedra.
Na zona hai numerosas mámoas, varias excavadas (Chan de Castiñeiras, Chan da Arquiña,
Chan da Armada...).
O acceso pódese facer desde Marín, Moaña ou Meira.
Faro de Domaio desde o Castrove
Parque de Castiñeiras. Nos cumes do Morrazo, entre os concellos de Marín e Vilaboa hai un espazo acondicionado cunha
lagoa artificial, un parque e áreas de lecer. Neste espazo tamén se atopa o centro de recuperación de fauna silvestre de
Pontevedra.
SERRA DA MAGDALENA
Pequena serra que se estende con dirección norte sur desde Darbo ata Beluso. As máximas
altitudes son o Carballiño (331 m) e o Libureiro (329 m). Desde os cumes hai unha vistas
excepcionais sobre a ría de Aldán e as bocas das rías de Vigo e Pontevedra e as Illas
Atlánticas. Accedese pola pista que sobe por detrás dos institutos de Cangas.
Cumes na illa de Ons
A formación das illas Cíes, Ons e Sálvora está relacionada cos acontecementos xeolóxicos de finais do
Terciario. Despois da Oroxenia Alpina produciuse o afundimento de grandes bloques da codia litoral. O
mar penetrou pos estas zonas afundidas dando lugar ás rías, e as illas atlánticas son os cumes das serras
costeiras que resultaron parcialmente afundidas baixo o mar.
OS RÍOS
Río da Fraga no inverno
Na comarca do Morrazo os ríos teñen
percorridos curtos e con moito desnivel xa
que salvan en poucos quilómetros de 600 a
400 m de altura. Son cursos de caudal moi
irregular e algúns chegan a secar case
totalmente no verán. Son frecuentes as
fervenzas e os rápidos.
Na ría de Pontevedra desaugan o río da Grela
ou Lameiras que pasa por Marín; o Loira, co
seu afluente o Gorgados, que desemboca na
praia de Loira; e o Río dos Frades en Bueu.
Na ría de Aldán desemboca, nun amplo
esteiro, o Orxás.
Na ría de Vigo o Río da Presa, co Bouzós, e o
Saíñas que desembocan na praia de Rodeira,
en Cangas; o río da Fraga, na praia de Moaña;
e o Miñouva en Domaio.
Vexetación no curso alto dun río no
Morrazo: brións, fentos, violetas...
Ao ser unha zona tan poboada os cursos dos ríos están moi aproveitados e, en moitos casos
canalizados. Na entorna dalgúns ríos como o da Fraga consérvanse pequenos espazos
naturais con bosques de ribeira cunha gran varidede de flora e fauna asociadas ás ribeiras.
Lago Castiñeiras, en Cotorredondo. Nunha das nacentes do río Lameiras que percorre terreos do concello de Marín e
desemboca na ría de Pontevedra.É unha lagoa artificial que forma parte dun espazo de lecer.
RÍO DA PENA
Nace nos montes do Morrazo e
desemboca na praia de Agrelo.
Río da Pena en Cela (Bueu)Desembocadura do Río da Pena
REGO DAS GORGADAS OU DE LOIRA
Nace no Alto do Cruceiro e desemboca na praia de Loira.
Desembocadura do Río das
Gorgadas na praia de Loira
Desembocadura do Orxas en Aldán
RÍO ORXAS
Recolle as augas da aba oeste da serra da Madalena e levas á ría de Aldán.
Ponte medieval sobre o Orxas, ao pé da Torre de Aldán
RÍO DAS PRESAS
Nace en Ermelo e desemboca en Cangas.
FERVENZA DE COIRO. Na parroquia de Coiro (Cangas). No río Bouzós, un afluente do río das Presas. O curso alto do río
atravesa a carballeira de Coiro nunha sucesión de rápidos, fervenzas e tobogáns entre grandes bolos de gneis e granito.
A caída máis alta ten uns 6 m.
COMO CHEGAR: no alto da Portela, na estrada Cangas-Bueu sae unha pista pola dereita que leva, nun km, á Carballeira
de Coiro. Os saltos máis grandes atópanse seguindo o curso do río por debaixo da pista.
RÍO DA FRAGA
Nace na serra de Domaio e desemboca na enseada de Moaña
FERVENZA DA FRAGA. En Meira (Moaña). O salto
máis grande ten arredor de 6 m de altura.
COMO CHEGAR: desde Moaña cóllese unha estrada
que vai a Marín e crúzase o río por unha ponte. A
partir dela hai un carreiro que segue o río.
Fervenzas no rego da Freixa
REGO DA FREIXA
Nace debaixo do Faro de Domaio e desemboca na ría de Vigo.
RÍO DA MIÑOUVA OU DA PASAXE
Nace na serra de Domaio e desemboca na ría de Vigo.
FERVENZA DE VERDEAL
(POZO DAS MEIGAS)
Na aldea de Verdeal, na
parroquia de Domaio
(Moaña). Salva un
desnivel duns 50 m, en
rochas graníticas, o último
tramo moi pechado entre
as casas. Está afectada
pola construcción da
ponte da vía do Morrazo.
COMO CHEGAR: na
estrada de Pontevedra a
Moaña, despois de pasar a
saída da autopista cóllese
un cruce que vai a
Verdeal, 1 km antes de
Domaio. Para acceder á
fervenza sóbese por un
camiño entre as casas.
Pódese ver desde o
viaduto da nova estrada
ou desde destrás do
Pavillón de Deportes ao pé
do Colexio.
Rego da Miñouba
FERVENZAS DE DOMAIO
Unha ruta circular polas partes altas dos regos da
Freixa e da Miñouva que caen dos montes de
Domaio formando numerosos saltos, rápidos e
pozas, nunha contorna natural no que se atopan
numerosos muíños de grande interese etnográfico.
COMO CHEGAR:
Pódese acceder directamente desde a Vía do
Morrazo collendo a saída de Domaio e collendo
cara ao monte. Alí mesmo déixase o coche e
comézase a ruta baixando cara ao río. A primeira
parte remonta o rego da Freixa. no que iremos
atopando varias fervenzas e nove muíños. Ao
chegar á estrada asfaltada collemos á dereita, por
debaixo da urbanización ata chegar ao rego da
Miñouva. Alí podemos ver tres fermosos muíños,
pozas e varios saltos. Tamén poderemos gozar das
vistas da Ría de Vigo e o estreito de Rande.
Facemos o itinerario de volta e, no rego da Freixa,
en vez de baixar polo río, se queremos aforrar
tempo, podemos baixar pola estrada.
Tamén se pode acceder desde Domaio pasado
Palmás, collendo a estrada que sobe ao campo de
Golf.
A COSTA
Costa da ría de Pontevedra
A costa do Morrazo inclúe parte da banda sur da ría de Pontevedra, a ría de Aldán, a costa da
Vela ou Soavela e o tramo da ría de Vigo ata o estreito de Rande. Ademais inclúe o
arquipélago de Ons. É unha costa moi recortada e diversa, con zonas abrigadas e expostas,
areais, praias, rochedos e cantís onde se alternan tramos de rochas graníticas con rochas
metamórficas variadas (xistos, neis, cuarcitas...).
Acolle ecosistemas moi variados e ricos: enseadas, areais, cantís, dunas e fondos mariños que
están protexidos en diferentes espazos: “Parque Nacional das illas Atlánticas (Illa de Ons)” e
LICs “Costa da Vela”, “Cabo Udra” e “Enseada de San Simón”.
Interior da Ría de Vigo en Moaña
A costa e o mar desta comarca é unha das principais fonte de recursos da comarca na que a
pesca, o marisqueo e a acuicultura e toda unha serie de actividades derivadas (conserveiras,
astaleiros, conxeladores, fábricas de aparellos...).
Cantís da illa de Ons
A margarida (Leucanthemum merinoi), unha especie
en perigo de extinción cunha área de distribución
restrinxida ao Norte de Portugal e a costa atlántica
galega, é común nos cantís de Ons.
Nos cantís, rochedos e algunhas praias podemos atopar
distintas especies de herba de namorar (Armeria...). A
Armeria pubigera tén as follas máis pequenas e veludas.
É un endemismo do NW da Península Ibérica.
Podemos atopar tamén centáurea, macela mariña, fento
mariño, prixel do mar, anxélica e diversos tipos de
liques. Nas zonas de monte domina o mato de toxo, as
xestas e as carpazas.
Cytisus atlanticus, unha xesta descuberta recentemente con poboacións interesantes en Ons e Sálvora. Distínguese a
primeira vista das demais xestas por ter as follas simples e de maior tamaño.
Nas dunas e areais aséntase unha a flora especializada: cebola das gaivotas, tomelo bravo, feo, correola
da praia, leiteiras, alhelís, arenarias, paxariños, brións, liques...
Correola (Calystegia soldanella)
Margarida
(Leucanthemum merinoi)
Os percebes (Polycipes cornucopia) son crustáceos
coloniais que viven apegados ás rochas da zona
mediolitoral e infralitoral das zonas de mar batido.
O fondos rochosos da costa están poboados por unha grande cantidade e variedade de algas que proporcionan
alimento e refuxio a unha enorme diversidade de animais. Na faixa intermareal das rochas atópanse boas colonias de
percebes e nos fondos moluscos, crustáceos e peixes de rocha.
O queimacasas (Pachygrapsus marmoratus) é o
cangrexo que vemos correr polas pedras, fora da auga.
Non soporta a contaminación e vive habitualmente en
zonas de augas limpas.
Nos fondos mariños, na súa maioría rochosos, a variación do nivel das mareas da lugar a pozas nas que se acumulan
algas calcáreas, chuponas, anémonas, mexillóns, caracolas, camaróns, pequenos peixes...
As chuponas, apegóns ou tetos (Bunodactis verrucosa)
viven en pozas e fendas das rochas con boa luz.
Nas zonas de fondo areoso atópanse peixes planos, cabaliños do mar, moluscos (ameixas, beberechos, xibas) , vermes…
O cabaliño de mar (Hippocampus ramulosus) é un peixe
curioso pola súa estrutura, a súa forma de desprazarse e
a maneira de reproducirse –o macho protexe os ovos
nunha bolsa abdominal- que vive entre as pradeiras de
sebas das enseadas.
Ameixa
Gaivota patiamarela
no niño.
Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus)
Os corvos mariños están moi ben adaptados á vida acuática. Teñen membrana interdixital entre os catro dedos e
aliméntanse de peixe que capturan mergullándose, pero non teñen a plumaxe impermeábel, polo que despois de cada
período de inmersións teñen que poñelo a secar para que as prumas recuperen a capacidade illante.
Nos cantís occidentais de Ons crían unhas 600 parellas de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis)
Vista da ría de Pontevedra desde o alto do Castrove.
RÍA DE PONTEVEDRA
É a máis pequena das rías baixas e ábrese, seguindo unha fractura con dirección SO-NE, entre
as puntas de Cabicastro, ao norte e o o cabo Udra, ao Sur.
Está separa da da ría de Vigo pola península do Morrazo na que se eleva a Serra de Domaio. O
río máis importante que desauga nela é o Lérez e do Castrove e Domaio baixan pequenos
regatos. Na boca da ría atópase o arquipélago de Ons e no seu interior a pequena illa de
Tambo. Seguindo cara ao sur atópase a enseada de Aldán, considerada por algúns autores
como unha pequena ría, e por outros como unha prolongación da ría de Pontevedra;
protexida do mar aberto pola península de Donón e a punta do Couso.
É unha ría moi poboada e con intensa actividade pesqueira, marisqueira e industrial. As
poboacións máis importantes, nesta comarca, son Marín e Bueu.
Marín, a cidade máis grande do Morrazo, na banda norte da ría de Pontevedra.
No primiero plano a illa de Tambo (Poio).
Praia de Portocelo (Marín)
Praia de Mogor (Marín), pequeno areal entre as puntas Rabuñagatos e A Moa
Praia e porto de Aguete (Marín)
Praia de Loira (Marín)
Vista da costa entre os montes Gordo (Bueu) e Sobareiro (Marín), coa illa do Santo do Mar
Praia de Lapamán (Bueu) e illa do Santo do Mar
Praias de Agrelo e Porto Maior, situadas entre a Punta Corveiro e o Monte Gordo, nas proximidades de Bueu. Entre elas
desemboca o rego do Inferno.
Costa de Bueu, coas praias de Agrelo, Loureiro e de Bueu
Praia de Beluso (Bueu)
Costa de Bueu, entre as puntas
Cagadoiro e Arbosa, coas praias
da Mourisca e da Tulla
Praia da Tulla (Bueu)
Praia da Mourisca (Bueu)
Punta da Mourisca (Bueu)
CABO UDRA
Situado no extremo Noroeste da Península do Morrazo, no límite da ría de Pontevedra, pechando polo
leste a ría de Aldán.
O cabo Udra é unha masa de rochas graníticas que forman cantís de media altura e paisaxes de grandes
penedos e bolos. A erosión mariña deu lugar a unha grande diversidade de recunchos que acollen unha
rica flora e fauna mariñas. Un dos valores ecolóxicos de maior interese constitúeno os fondos mariños
poboados por algas que crean ricos ecosistemas para crustáceos, moluscos e peixes de gran valor
comercial. Está declarado LIC/ZEC.
Vista de Cabo Udra, coa illa de Ons ao fondo
Cabo Udra
Vista aérea do Cabo Udra
Cantís do Pedrón (Bueu)
Praia de Ancoradouro, ao abrigo do Cabo Udra
Ons desde o Monte da Siradella (O Grove)
ARQUIPÉLAGO DE ONS
Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos (O Centolo, As Freitosas, O Fedorento, O Cairo, O
Gaiteiro e o Xubenco), situadas fronte á Ría de Pontevedra. Son propiedade da Xunta de Galiza.
Forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e do LIC/ZEC “Complexo Ons-O Grove”
Hai liñas regulares de barcos no verán desde Bueu.
A illa de Ons é a máis extensa, de superficie amesetada e con abruptos cantís na parte que da ao mar
aberto. A cota máis alta é o monte Cucorno, con 128 m, onde está o faro.
Foi habitada desde tempos antigos como demostran os achádegos de machados de pedra do neolítico e
un de bronce e os restos do castro da Cova da Moura. A illa Aones foi doada polo rei Alfonso II O Magno
no ano 899 ao Cabildo da Catedral de Santiago. O pai Sarmiento cita a fundación dun mosteiro na illa. A
comezos do século XX instaláronse fábricas de salga.
Ons superou os 500 habitantes nos seus mellores tempos. En 1986 non chegaban a vinte e na actualidade
so viven unhas poucas persoas de xeito estable, e no verán a maioría dos antigos poboadores pasan
longas tempadas na illa e cultivan algunhas parcelas. Foi propiedade do Marqués de Valadares e
expropiada polo Estado en 1943. Desde 1981 é propiedade da Xunta de Galiza
Miradoiro do Fedorente e illa de Onza
Praia de Melide, o mellor areal de Ons cun bo complexo dunar
Illa de Ons e faro
A RÍA OU ENSEADA DE ALDÁN
Ábrese entre o Cabo Udra ao norte e a punta de Couso ao sur, seguindo unha fractura con dirección
norte-sur. No seu fondo desemboca o río Orxás que forma un amplo esteiro que queda en seco na marea
baixa. No interior atópanse praias abrigadas de areas finas como Menduíña, Os Picos, Arnelas, San Xián e
Area Brava.
Punta Couso e Cabo Udra, os dous extremos da ría de Aldán
Punta Couso e Cabo Udra, os dous extremos da ría de Aldán
Praia do Lago (Bueu)
Vista desde a punta Preguntouro
Praia Area de Bon (Bueu)
Punta Niño do Corvo
Praia de Menduíña (Cangas), na banda norte da enseada de Aldán, estre as puntas Niño do Corvo e Cativa.
Punta Cativa
Ría de Aldán desde o cume do coto de Aldao, na serra da Madalena
Praia de Vilariño e ao fondo Aldán
Praia de Area da Cova (Cangas)
Punta Pinela (Cangas)
Praia de Area Brava e punta Corveiro
Praia de Area Brava/Castiñeiras
Punta de Lalada cos restos de antigas salgas
Vista xeral da costa da Vela desde Cabo Home
COSTA DA VELA OU DE SOAVELA.
Situada no extremo Sur-Leste da Península do Morrazo, limitando coa ría de Vigo polo Sur (concello de
Cangas). É unha costa de rochas graníticas con cantís de ata 150 m de altura co cume máis alto no Monte
Facho ou Vixía, con 184 m.
Os cantís da Costa da Vela, o Cabo Home, a punta Subrido e as praias e sistemas dunares de Melide e
Barra forman parte do LIC/ZEC“Costa da Vela”.
Faro na Punta do Couso
Punta Vixía ou Soavela. A parte máis alta da Costa da Vela atópase entre as puntas de Couso e Cabo Home e segue a
dirección Norte-Sur, fronte ao Atlántico. Está formada por cantís de máis de cen metros de altura polo que a costa
resulta moi abrupta con grandes bloques graníticos que se acumulan nas beiras do mar.
Arco e faro nos cantís
de Cabo Home
As rochas do cabo Home son metamórficas (gneis) e
forman parte do dun complexo que vai desde Malpica
ata o Sur de Galiza. A cor escura contrasta co gris craro
dos granitos da Costa da Vela e a disposición dos
estratos en distintas orientacións con fallas e pregues
da lugar a formas de paisaxe dunha beleza especial.
Boca de ría de Vigo, entre Cabo Home e cabo Silleiro, vista desde o facho de Donón
RÍA DE VIGO
Ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con
33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que
a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Enseada de San
Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas
máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas.
A comarca do Morrazo inclúe a banda sur da Ría de Vigo, nos concellos de Moaña e Cangas.
Está habitada desde tempos antigos e densamente poboada. Ten unha intensa actividade
pesqueira, marisqueira, de acuicultura e industrial.
Punta Robaleira
Praia de Melide e Punta Sobrido desde Cabo Home.
Punta Sobrido
A praias de Barra e Nerga están situadas ao entre Punta Sobrido e Punta dos Castros, separadas entre sí por uns saíntes
rochosos. Forman un areal de dous quilómetros de lonxitude e conservan un amplo sistema dunar cunha rica flora e
fauna. A zona das dunas de Barra ten un grande interese micolóxico. Un estudo revelou a existencia de 140 especies de
macromicetes, das cales 26 son primeiras citas para Galiza: Fuligo cinerea, Hohenbuenhelia geogenia, Sistrotrema
confluens, Sarcosphaera crassa, Paxina leucomela....
Praia de Limens (Cangas)
Praia de Rodeira (Cangas)
Praia de Areamilla (Cangas)
Praia das Colchas (Cangas)
Punta Borneira e illote Corveiro (Cangas)
Faro de Borneiro (Cangas)
Punta Balea
Praia do Medio, na punta Balea (Cangas)
Lagoa da Congorza, no cabo Balea (Cangas)
Enseada de Moaña coa marea baixa desde a praia de Xunqueira
Desembocadura do río da Fraga na enseada de Moaña
Praia de Meira (Moaña)
Praia de Borna (Moaña)
Enseada de Domaio. Os abrigos favorecen a instalacións de acuicultura
O Morrazo e a ría de Vigo desde o monte da Guía: Meira, Moaña, Cangas, Cabo Home e Illas Cíes. A banda norte da ría
de Vigo, desde o estreito de Rande ata Cangas, está ocupada po un contínuo de núcleos habitados difíciles de
diferenciar. Cangas, Moaña, Meira e Domaio son vilas mariñeiras cunha intensa actividade industrial relacionada co mar.
A Punta do Castelo, ou do Corveiro (á dereita, debaixo da ponte de Rande),
marca o límite da comarca do Morrazo na ría de Vigo
AS ÁRBORES
CARBALLEIRA DE COIRO-ERMELO
Espazo de 365 hectáreas localizado nos lindes dos concellos de
Bueu, Cangas e Moaña. Representa unha das máis importantes
masas de bosque autóctono da costa sur de Galiza. A árbore
dominante é o carballo (Quercus robur), con exemplares de bo
porte, acompañado de castiñeiros, cerdeiras, loureiros,
sanguiños, estripos... En moitos puntos aparecen mesturados
eucaliptos, piñeiros e acacias.
Accedese desde o Alto da Portela, na estrada de Bueu a Cangas,
polo desvío que pasa por detrás da ermida de San Cosme.
Tamén se pode ir desde a igrexa de Coiro.
As árbores dominantes no Morrazo son os piñeiros e os eucaliptos que cobren practicamente
todos os montes cunha masa uniforme. Só se conservan algúnhas carballeiras de tamaño
reducido, como a de Coiro, e especies autóctonas mesturadas coas de repoboación nos vales
máis escarpados e ao pé dos ríos. Nos xardíns públicos e nalgúns pazos hai algúns exemplares
de árbores ornamentais interesantes.
Carballo (Quercus robur) en Tirán (Moaña). -4,46 m de perímetro
Piñeiros mansos de San Roque do Monte. Dous magníficos exemplares de case 5 m de perímetro que se atopan no adro
da capela, nunha paraxe con vistas panorámicas sobre Cangas e a ría de Vigo.
Eucaliptos (Eucaliptus globulus) na praia da Mourisca (Bueu).
O máis grande mide 5,60 m de perímetro
Bosque do Frendoal en Aldán. Parque que
formou parte das propiedades da Torre de
Aldán e na actualidade é municipal.
Conserva bos exemplares de eucaliptos,
carballos, castiñeiros e especies
ornamentais (carballos turcos, lamagueiros,
cedros...).
Eucalipto branco de río (Eucaliptus elata)
en Cotorredondo
Secuoia vermella (Secuoia sempervirens)
da finca Forqueiros, Beluso (Bueu)
Tuias xigantes (Thuja plicata). A máis grande mide 2,83 m de perímetro.
LAGO CASTIÑEIRAS: tuias, alcipreste de California,
carballos, castiñeiros, carballos americanos...
Carballo americano (Quercus rubra) Alcipreste de Lawson.-2,45 m de perímetro
ESPAZOS PROTEXIDOS
A maioría da superficie da Illa de Ons
está ocupada por un denso mato de
toxos xunto con anxélicas, xestas,
queirugas, silvas, fentos, carpazas,
troviscos, acedas, margaridas... Da
vexetación arbórea orixinal so se
conservan algúns salgueiros e
estripos. Algunhas zonas están
repoboadas con piñeiros e eucaliptos.
Nos cantís hai herba de namorar,
prixel do mar, fento mariño, colexas...
e nas dunas feo, eiruga mariña,
correola das praias, eiruga mariña,
leiteira, alhelí, cebola das gaivotas...
PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE
GALIZA E LIC ONS-O GROVE
Está formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes,
Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras. Nesta comarca está incluído o arquipélago
de Ons, 989,80 ha, das que 445,88 son emerxidas. Os terreos son propiedade da Xunta de
Galiza.
Nos cantís crían gaivotas patiamarelas e corvos mariños.
No mar pódense ver mascatos, corvos mariños reais,
araos romeiros, pardelas, gaivotas choronas, carráns. En
terra hai corvos, pombos e unha ampla variedade de
paxaros (verderolos, xílgaros, pardillos, chascos,
borrallentas...), cobras de escada e lagartos.
LIC/ZEC COSTA DA VELA
Situado no extremo Sur-Leste da Península do Morrazo. O terreo protexido, cunha extensión
de 1.385 ha pertence ao concello de Cangas. Comprende os cantís da Costa da Vela, co espazo
marítimo situado fronte a eles, o Cabo Home, a punta Subrido e as praias e sistemas dunares
de Melide e Barra. O primeiro tramo, entre as puntas de Couso e Cabo Home é de cantís
graníticos, abruptos e altos. Ao chegar a Cabo Home o aspecto cambia bruscamente debido á
intrusión de rochas metamórficas (gneis) que forman parte dun complexo que vai desde
Malpica ata o Sur de Galicia. A zona ten un grande valor biolóxico (en especial os fondos
mariños), xeolóxico, paisaxístico e botánico.
Rochas metamórficas de Cabo Home nas que se aprecia a posición vertical dos estratos e a cor escura
LIC/ZEC CABO UDRA
Situado no extremo Noroeste da Península do Morrazo, entre as rías de Pontevedra e Aldán,
623 ha nos concellos Bueu e Cangas.
Neste espazo as protagonistas son a rochas nas que o mar bate sen descanso.
Podemos atopar diferentes ecosistemas mariños e costeiros máis ou menos protexidos do
vento, o salitre e os embates do mar.
Vista da costa de Cabo Udra
As rochas que constitúen Cabo Udra son un curioso tipo
de pedra de gran (granodiorita precoz) con grandes
cristais de feldespato blanco.
Os terreos sen cultivar manteñen unha ampla
variedade de plantas con flores nas que podemos
atopar moitos insectos, como este curioso
escaravello.
Un pequeno tramo da costa de Domaio, á esquerda, forma parte do LIC Enseada de San Simón
LIC ENSEADA DE SAN SIMÓN
Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir do estreito de Rande, nesta comarca un tramo da costa
do concello de Moaña, desde Domaio a Rande.
É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos.
É unha zona abrigada con augas pouco profundas, agás no estreito de Rande, con alternancia
de costa rochosa, de pouca altura, e costa areosa formada por pequenas praias e unha gran
superficie de marisma que queda descuberta ao debalar a marea.
A Enseada de San Simón é un ecosistema cunha alta produtividade biolóxica e de gran riqueza
marisqueira no que hai importantes bancos de bivalvos.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Actualizado en outubro de 2017

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo monadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Mortebienesgalicia
 
Lic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-MandeoLic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-Mandeomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costaMonContos
 
Cambados, A Costa
Cambados, A CostaCambados, A Costa
Cambados, A CostaMonContos
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galegaMonContos
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costaMonContos
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costaMonContos
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costamonadela
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindomonadela
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega monadela
 

La actualidad más candente (20)

Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
Lic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-MandeoLic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-Mandeo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costa
 
Cambados, A Costa
Cambados, A CostaCambados, A Costa
Cambados, A Costa
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costa
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Ría de Foz
Ría de FozRía de Foz
Ría de Foz
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 

Similar a Comarca O Morrazo

Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de VigoMonContos
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de PontevedraMonContos
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de CamariñasMonContos
 
LIC Ons o Grove
LIC Ons o GroveLIC Ons o Grove
LIC Ons o Grovemonadela
 
Mugardos, A Costa
Mugardos, A CostaMugardos, A Costa
Mugardos, A Costamonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Mortemonadela
 
Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza
Parque Nacional Illas Atlánticas de GalizaParque Nacional Illas Atlánticas de Galiza
Parque Nacional Illas Atlánticas de Galizamonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNmonadela
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costaMonContos
 

Similar a Comarca O Morrazo (17)

Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de Vigo
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de Pontevedra
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
LIC Ons o Grove
LIC Ons o GroveLIC Ons o Grove
LIC Ons o Grove
 
Mugardos, A Costa
Mugardos, A CostaMugardos, A Costa
Mugardos, A Costa
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza
Parque Nacional Illas Atlánticas de GalizaParque Nacional Illas Atlánticas de Galiza
Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoimonadela
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzosmonadela
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costamonadela
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costamonadela
 
Paderne, A Costa
Paderne, A CostaPaderne, A Costa
Paderne, A Costamonadela
 
Miño, A Costa
Miño, A CostaMiño, A Costa
Miño, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costa
 
Paderne, A Costa
Paderne, A CostaPaderne, A Costa
Paderne, A Costa
 
Miño, A Costa
Miño, A CostaMiño, A Costa
Miño, A Costa
 

Comarca O Morrazo

  • 2. Ría de Vigo e o Morrazo A comarca do Morrazo está situada na costa leste de Pontevedra, entre as rías de Pontevedra e Vigo. O territorio presenta un releve moi irregular, aínda que non acada grandes alturas e unha costa moi recortada e diversa con zonas abrigadas en rías e enseadas, areaias e cantís de gran altura. Está moi fracturado e percorrido por numerosos ríos de curso curto e escaso caudal. Acolle unha gran diversidade de ecosistemas e espazos naturais protexidos.
  • 3. SUPERFICIE: 140,7 km2 POBOACIÓN: 83.480 habitantes (2014) CONCELLOS: Bueu, Cangas, Marín e Moaña ESPAZOS PROTEXIDOS: “Parque Nacional das illas Atlánticas (Illa de Ons)” e LICs “Costa da Vela”, “Cabo Udra” e “Enseada de San Simón”.
  • 4. CLIMA Oceánico húmido cunha media anual de 14,5 ºC.
  • 5. ACTIVIDADES Pesca, marisqueo, acuicultura, industrias relacionadas co mar, servizos. É unha comarca cunha gran densidade de poboación concentrada na costa. Non ten unha cabeceira clara. Na ría de Pontevedra os núcleos máis importantes son Marín e Bueu e teñen unha estreita relación coa cidade de Pontevedra. Na ría de Vigo Cangas e Moaña, cunha importante relación coa cidade de Vigo.
  • 7. Barco pescando na ría de Aldán
  • 8. PATRIMONIO O patrimonio cultural é moi relevante: castros, muíños, cruceiros, igrexas, núcleos tradicionais, embarcacións... Petróglifos de Mogor (Marín), declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
  • 9. Centro de interpretación dos petróglifos de Mogor
  • 10. Dolme do Chan da Arquiña, no monte de Domaio (Moaña), datado en 2900 a. de C.
  • 11. Castro da Subidá (Marín)
  • 12. Igrexa de Coiro (Cangas) Igrexa do Hío (Cangas)
  • 15. Igrexa de Tirán (Moaña)
  • 16. Igrexa de Santa María do Campo (Marín)
  • 17. Igrexa de San Tomé de Piñeiro (Marín)
  • 18. Cruceiro do Hío (Cangas)
  • 19. Acueduto do Frendoal (Aldán, Cangas)
  • 20. Facho de Donón, construción singular de orixe medieval que domina a vista sobre a costa da Vela, as illas Cíes e Ons e as bocas das rías de Vigo e Pontevedra.
  • 21. Museo do Mar da familia Massó. Instalado en 1932 no edificio da antiga fábrica de conservas (construída en 1883). Foi adquirido e ampliado pola Xunta de Galiza en 2002. Mostra unha variada tipoloxía de embarcacións tradicionais, maquetas, libros antigos, cartas mariñas e aparellos de pesca, marisqueo e industriais.
  • 22. Antiga fábrica de conservas Massó (Cangas)
  • 23. Antiga salga na punta da Mourisca (Bueu)
  • 25. Dorna
  • 26. CONCELLOS SUPERFICIE: 97,92 km2 POBOACIÓN: 12.189 habitantes (2016). PARROQUIAS: Beluso, Bueu. Cela, Ermelo e A Illa de Ons. BUEU Está situado ao oeste da comarca, no extremo da banda sur da ría de Pontevedra e inclúe as illas de Ons, Onza e Centoleiro. Tén unha importante fachada costeira, o norte na ría de Pontevedra e o leste na de Aldán, con enseadas, praias e cantís. O releve é moi accidentado e os montes están próximos á costa. A zona leste e sur está rodeada por pequenas elevación nas que destacan o Paralaia, con 432 m e os Chans de Botas, con 408 m. Unha falla atravesa o territorio de norte a sur e forma unha pequena depresión aproveitada para as comunicacións. O río máis importante é o dos Frades ou da Igrexa Bueu e a ría
  • 27. Igrexa de Santa María de Cela As principais actividades son a pesca, o marisqueo, a acuicultura e os servizos. Conserva importantes valores naturais, asociados aos ecosistemas costeiros protexidos no “Parque Nacional das illas Atlánticas (Illa de Ons)” e no LIC “Cabo Udra”. No linde con Cangas atópase a Carballeira de Coiro-Ermelo, unha das poucas fragas autóctonas do Morrazo. O patrimonio cultural está representado por igrexas, pazos, cruceiros, hórreos, muíños... Na vila de Bueu atópase o Museo Massó, un museo do mar que acolle unha interesante colección de documentos, artes de pesca e maquetas de embarcacións. Porto de Bueu, onde alternan pequenas embarcacións artesanais con grandes buques de arrastre.
  • 28. Cangas desde a capela de San Roque do Monte. SUPERFICIE: 38,03 km2 POBOACIÓN: 26.567 habitantes (2014) PARROQUIAS: Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e O Hío CANGAS Situado no suroeste da comarca, entre as rías de Vigo e Aldán. O territorio é moi irregular e ten un gran tramo costeiro moi accidentado e diversificado, con numesosas praias, enseadas e altos cantís. A costa norte está ocupada pola ría de Aldán que fai un entrante en forma de v con dirección N-S seguindo unha fractura que deu lugar á península de Darbo ou do Hío que pecha a ría de Vigo polo norte. Ao leste atópase unha costa rectilínea de altos cantís (a costa da Vela) e ao sur a costa da ría de Vigo. O interior do concello está formado por unha sucesión de montes e vales, coas últimas aliñacións do Morrazo e a serra da Magdalena (Liboreiro, con 329 m). Os ríos máis importantes son o Orxás, que forma a ría de Aldán, e o río da Presa.
  • 29. Cruceiro de O Hío, de finais do século XIX, do escultor Xosé Cerviño. Un dos cruceiros máis elaborados de Galiza. As principais actividades son a pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar. Acolle un importante patrimonio histórico artístico e etnográfico: castros, pazos, cruceiros, igrexas, casco histórico de Cangas, muíños, pontes... Os espazos naturais máis destacados son o LIC “Costa da Vela” e a Carballeira de Coiro. A vila de Aldán (ao fondo) conserva interesantes casas mariñeiras e edificios de interese artístico.
  • 30. Vista da cidade de Marín SUPERFICIE: 36,44 km2 POBOACIÓN: 25.359 habitantes (2014) PARROQUIAS: Ardán, O Campo, Marín (San Xiao e Santa María do Porto), Mogor, San Tomé de Piñeiro e Seixo. MARÍN Está situado na zona central a península do Morrazo, na banda sur da ría de Pontevedra. Ten 10 km de costa que limitan o concello polo noroeste e na que alternan enseadas, praias e pequenos cantís. O territorio interior vai gañando altura cara ao leste e sur onde se atopa a serra de Domaio. O máximo cume do concello é o Castiñeira, con 525 m. Os ríos máis importantes son o Lameira e o Loira.
  • 31. As principais actividades son as pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar. Na cidade de Marín atópase un importante porto comercial. Os espazos naturais de maior interese atópanse na costa e no lago de Castiñeiras onde hai unha área de lecer cun parque, unha lagoa e un Refuxio de Fauna. Marín acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, mámoas, dolmes, restos de porto e ponte romanos), igrexas, hórreos, pazos e muíños. Asteleiros no porto de Marín Parque de Castiñeiras
  • 32. Moaña desde o monte da Guía, na outra banda da ría. SUPERFICIE: 35,05 km2 POBOACIÓN: 19.365 habitantes (2014) PARROQUIAS: Domaio, Meira, Moaña (San Martiño e Virxe do Carme) e Tirán. MOAÑA Situado no sur da comarca, na banda norte da ría de Vigo. O territorio do concello é de releve moi abrupto que cae en poucos quilómetros sobre o mar. As máximas alturas sitúanse no monte Xaxán (Faro de Domaio, con 622 m). Está percorrido por numerosos regos de curto percorrido e grandes desniveis que baixan da serra de Domaio e do Monte de Xaxán á ría de Vigo. Os máis grandes son o Río da Fraga e o Miñouva ou da Pasaxe.
  • 33. Portada da igrexa románica de San Martiño As principais actividades son a pesca, a acuicultura, os servizos e as industrias relacionadas co mar (conservas, conxeladores, astaleiros...). Os lugares de maior interese natural son os vales do ríos, os montes de Domaio, desde os que hai unhas vistas impresionantes sobre as rías de Vigo e Pontevedra, e a costa. Ten importantes restos arqueolóxicos: castros, petróglifos (Borna, Montealegre), mámoas, dolmes e varias igrexas románicas de interese como as de San Martiño de Moaña (século XII) e San Xoán de Tirán (século XIII). Astaleiros
  • 34. RELEVO Montes do Morrazo e ría de Pontevedra desde o alto do Castrove A comarca do Morrazo ocupa unha grande parte da península do mesmo nome formada por un macizo granítico, resto dunha antiga superficie de erosión fragmentada e levantada durante o terciario e atravesado por varias fallas con dirección norte-sur, aproveitadas polos ríos para escavar as súas canles. A zona máis elevada atópase ao leste, na serra de Domaio onde se acadan os 622 m. Progresivamente vai diminuíndo cara o leste onde se atopa a serra da Magdalena e o Facho de Donón que cae en abruptos cantís cara ao mar. Cara ao oeste tamén varía a composición das rochas e aparecen neis e xistos.
  • 35. Bolos coroando os cumes do Morrazo, nas proximidades de Cabo Udra. A erosión produce formas esféricas características nas rochas graníticas coñecidas como cons, penedos ou penas.
  • 36. Breixo (Erica cinerea) A vexetación dominante da zona son os bosques de repoboación de piñeiros e eucaliptos. Conservanse pequenas áreas de bosques autóctonos nos lugares máis inaccesibles, sobre todo nas áreas de forte pendente polas que discorren os cursos de auga como o río da Fraga, o Bouzós ou o Miñouva. Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), una planta común no sotobosque das carballeiras.
  • 37. Ferreiriño común (Parus ater) Saltón A fauna é a típica do mato e dos bosques, en especial paxaros, lagartos e insectos.
  • 38. Faro de Domaio desde a ría de Vigo SERRA DE DOMAIO Esténdese con direción NE-SO ao longo da península do Morrazo, entre as rías de Vigo e Pontevedra. Son bloques graníticos de mediana altitude levantados a finais do Perído Terciario. Os puntos máis altos son o Faro de Domaio con 622 m e o Coto Redondo con 530 m, ambos expléndidos miradoiros sobre as rías de Vigo e Pontevedra. Na zona hai numerosas mámoas, varias excavadas (Chan de Castiñeiras, Chan da Arquiña, Chan da Armada...). O acceso pódese facer desde Marín, Moaña ou Meira.
  • 39. Faro de Domaio desde o Castrove
  • 40. Parque de Castiñeiras. Nos cumes do Morrazo, entre os concellos de Marín e Vilaboa hai un espazo acondicionado cunha lagoa artificial, un parque e áreas de lecer. Neste espazo tamén se atopa o centro de recuperación de fauna silvestre de Pontevedra.
  • 41. SERRA DA MAGDALENA Pequena serra que se estende con dirección norte sur desde Darbo ata Beluso. As máximas altitudes son o Carballiño (331 m) e o Libureiro (329 m). Desde os cumes hai unha vistas excepcionais sobre a ría de Aldán e as bocas das rías de Vigo e Pontevedra e as Illas Atlánticas. Accedese pola pista que sobe por detrás dos institutos de Cangas.
  • 42. Cumes na illa de Ons A formación das illas Cíes, Ons e Sálvora está relacionada cos acontecementos xeolóxicos de finais do Terciario. Despois da Oroxenia Alpina produciuse o afundimento de grandes bloques da codia litoral. O mar penetrou pos estas zonas afundidas dando lugar ás rías, e as illas atlánticas son os cumes das serras costeiras que resultaron parcialmente afundidas baixo o mar.
  • 43. OS RÍOS Río da Fraga no inverno Na comarca do Morrazo os ríos teñen percorridos curtos e con moito desnivel xa que salvan en poucos quilómetros de 600 a 400 m de altura. Son cursos de caudal moi irregular e algúns chegan a secar case totalmente no verán. Son frecuentes as fervenzas e os rápidos. Na ría de Pontevedra desaugan o río da Grela ou Lameiras que pasa por Marín; o Loira, co seu afluente o Gorgados, que desemboca na praia de Loira; e o Río dos Frades en Bueu. Na ría de Aldán desemboca, nun amplo esteiro, o Orxás. Na ría de Vigo o Río da Presa, co Bouzós, e o Saíñas que desembocan na praia de Rodeira, en Cangas; o río da Fraga, na praia de Moaña; e o Miñouva en Domaio.
  • 44. Vexetación no curso alto dun río no Morrazo: brións, fentos, violetas... Ao ser unha zona tan poboada os cursos dos ríos están moi aproveitados e, en moitos casos canalizados. Na entorna dalgúns ríos como o da Fraga consérvanse pequenos espazos naturais con bosques de ribeira cunha gran varidede de flora e fauna asociadas ás ribeiras.
  • 45. Lago Castiñeiras, en Cotorredondo. Nunha das nacentes do río Lameiras que percorre terreos do concello de Marín e desemboca na ría de Pontevedra.É unha lagoa artificial que forma parte dun espazo de lecer.
  • 46. RÍO DA PENA Nace nos montes do Morrazo e desemboca na praia de Agrelo. Río da Pena en Cela (Bueu)Desembocadura do Río da Pena
  • 47. REGO DAS GORGADAS OU DE LOIRA Nace no Alto do Cruceiro e desemboca na praia de Loira. Desembocadura do Río das Gorgadas na praia de Loira
  • 48. Desembocadura do Orxas en Aldán RÍO ORXAS Recolle as augas da aba oeste da serra da Madalena e levas á ría de Aldán.
  • 49. Ponte medieval sobre o Orxas, ao pé da Torre de Aldán
  • 50. RÍO DAS PRESAS Nace en Ermelo e desemboca en Cangas. FERVENZA DE COIRO. Na parroquia de Coiro (Cangas). No río Bouzós, un afluente do río das Presas. O curso alto do río atravesa a carballeira de Coiro nunha sucesión de rápidos, fervenzas e tobogáns entre grandes bolos de gneis e granito. A caída máis alta ten uns 6 m. COMO CHEGAR: no alto da Portela, na estrada Cangas-Bueu sae unha pista pola dereita que leva, nun km, á Carballeira de Coiro. Os saltos máis grandes atópanse seguindo o curso do río por debaixo da pista.
  • 51. RÍO DA FRAGA Nace na serra de Domaio e desemboca na enseada de Moaña FERVENZA DA FRAGA. En Meira (Moaña). O salto máis grande ten arredor de 6 m de altura. COMO CHEGAR: desde Moaña cóllese unha estrada que vai a Marín e crúzase o río por unha ponte. A partir dela hai un carreiro que segue o río.
  • 52. Fervenzas no rego da Freixa REGO DA FREIXA Nace debaixo do Faro de Domaio e desemboca na ría de Vigo.
  • 53. RÍO DA MIÑOUVA OU DA PASAXE Nace na serra de Domaio e desemboca na ría de Vigo. FERVENZA DE VERDEAL (POZO DAS MEIGAS) Na aldea de Verdeal, na parroquia de Domaio (Moaña). Salva un desnivel duns 50 m, en rochas graníticas, o último tramo moi pechado entre as casas. Está afectada pola construcción da ponte da vía do Morrazo. COMO CHEGAR: na estrada de Pontevedra a Moaña, despois de pasar a saída da autopista cóllese un cruce que vai a Verdeal, 1 km antes de Domaio. Para acceder á fervenza sóbese por un camiño entre as casas. Pódese ver desde o viaduto da nova estrada ou desde destrás do Pavillón de Deportes ao pé do Colexio.
  • 54. Rego da Miñouba FERVENZAS DE DOMAIO Unha ruta circular polas partes altas dos regos da Freixa e da Miñouva que caen dos montes de Domaio formando numerosos saltos, rápidos e pozas, nunha contorna natural no que se atopan numerosos muíños de grande interese etnográfico. COMO CHEGAR: Pódese acceder directamente desde a Vía do Morrazo collendo a saída de Domaio e collendo cara ao monte. Alí mesmo déixase o coche e comézase a ruta baixando cara ao río. A primeira parte remonta o rego da Freixa. no que iremos atopando varias fervenzas e nove muíños. Ao chegar á estrada asfaltada collemos á dereita, por debaixo da urbanización ata chegar ao rego da Miñouva. Alí podemos ver tres fermosos muíños, pozas e varios saltos. Tamén poderemos gozar das vistas da Ría de Vigo e o estreito de Rande. Facemos o itinerario de volta e, no rego da Freixa, en vez de baixar polo río, se queremos aforrar tempo, podemos baixar pola estrada. Tamén se pode acceder desde Domaio pasado Palmás, collendo a estrada que sobe ao campo de Golf.
  • 55. A COSTA Costa da ría de Pontevedra A costa do Morrazo inclúe parte da banda sur da ría de Pontevedra, a ría de Aldán, a costa da Vela ou Soavela e o tramo da ría de Vigo ata o estreito de Rande. Ademais inclúe o arquipélago de Ons. É unha costa moi recortada e diversa, con zonas abrigadas e expostas, areais, praias, rochedos e cantís onde se alternan tramos de rochas graníticas con rochas metamórficas variadas (xistos, neis, cuarcitas...). Acolle ecosistemas moi variados e ricos: enseadas, areais, cantís, dunas e fondos mariños que están protexidos en diferentes espazos: “Parque Nacional das illas Atlánticas (Illa de Ons)” e LICs “Costa da Vela”, “Cabo Udra” e “Enseada de San Simón”.
  • 56. Interior da Ría de Vigo en Moaña A costa e o mar desta comarca é unha das principais fonte de recursos da comarca na que a pesca, o marisqueo e a acuicultura e toda unha serie de actividades derivadas (conserveiras, astaleiros, conxeladores, fábricas de aparellos...).
  • 57. Cantís da illa de Ons
  • 58. A margarida (Leucanthemum merinoi), unha especie en perigo de extinción cunha área de distribución restrinxida ao Norte de Portugal e a costa atlántica galega, é común nos cantís de Ons. Nos cantís, rochedos e algunhas praias podemos atopar distintas especies de herba de namorar (Armeria...). A Armeria pubigera tén as follas máis pequenas e veludas. É un endemismo do NW da Península Ibérica. Podemos atopar tamén centáurea, macela mariña, fento mariño, prixel do mar, anxélica e diversos tipos de liques. Nas zonas de monte domina o mato de toxo, as xestas e as carpazas.
  • 59. Cytisus atlanticus, unha xesta descuberta recentemente con poboacións interesantes en Ons e Sálvora. Distínguese a primeira vista das demais xestas por ter as follas simples e de maior tamaño.
  • 60. Nas dunas e areais aséntase unha a flora especializada: cebola das gaivotas, tomelo bravo, feo, correola da praia, leiteiras, alhelís, arenarias, paxariños, brións, liques... Correola (Calystegia soldanella) Margarida (Leucanthemum merinoi)
  • 61. Os percebes (Polycipes cornucopia) son crustáceos coloniais que viven apegados ás rochas da zona mediolitoral e infralitoral das zonas de mar batido. O fondos rochosos da costa están poboados por unha grande cantidade e variedade de algas que proporcionan alimento e refuxio a unha enorme diversidade de animais. Na faixa intermareal das rochas atópanse boas colonias de percebes e nos fondos moluscos, crustáceos e peixes de rocha. O queimacasas (Pachygrapsus marmoratus) é o cangrexo que vemos correr polas pedras, fora da auga. Non soporta a contaminación e vive habitualmente en zonas de augas limpas.
  • 62. Nos fondos mariños, na súa maioría rochosos, a variación do nivel das mareas da lugar a pozas nas que se acumulan algas calcáreas, chuponas, anémonas, mexillóns, caracolas, camaróns, pequenos peixes... As chuponas, apegóns ou tetos (Bunodactis verrucosa) viven en pozas e fendas das rochas con boa luz.
  • 63. Nas zonas de fondo areoso atópanse peixes planos, cabaliños do mar, moluscos (ameixas, beberechos, xibas) , vermes… O cabaliño de mar (Hippocampus ramulosus) é un peixe curioso pola súa estrutura, a súa forma de desprazarse e a maneira de reproducirse –o macho protexe os ovos nunha bolsa abdominal- que vive entre as pradeiras de sebas das enseadas. Ameixa
  • 66. Os corvos mariños están moi ben adaptados á vida acuática. Teñen membrana interdixital entre os catro dedos e aliméntanse de peixe que capturan mergullándose, pero non teñen a plumaxe impermeábel, polo que despois de cada período de inmersións teñen que poñelo a secar para que as prumas recuperen a capacidade illante. Nos cantís occidentais de Ons crían unhas 600 parellas de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis)
  • 67. Vista da ría de Pontevedra desde o alto do Castrove. RÍA DE PONTEVEDRA É a máis pequena das rías baixas e ábrese, seguindo unha fractura con dirección SO-NE, entre as puntas de Cabicastro, ao norte e o o cabo Udra, ao Sur. Está separa da da ría de Vigo pola península do Morrazo na que se eleva a Serra de Domaio. O río máis importante que desauga nela é o Lérez e do Castrove e Domaio baixan pequenos regatos. Na boca da ría atópase o arquipélago de Ons e no seu interior a pequena illa de Tambo. Seguindo cara ao sur atópase a enseada de Aldán, considerada por algúns autores como unha pequena ría, e por outros como unha prolongación da ría de Pontevedra; protexida do mar aberto pola península de Donón e a punta do Couso. É unha ría moi poboada e con intensa actividade pesqueira, marisqueira e industrial. As poboacións máis importantes, nesta comarca, son Marín e Bueu.
  • 68. Marín, a cidade máis grande do Morrazo, na banda norte da ría de Pontevedra. No primiero plano a illa de Tambo (Poio).
  • 69. Praia de Portocelo (Marín)
  • 70. Praia de Mogor (Marín), pequeno areal entre as puntas Rabuñagatos e A Moa
  • 71. Praia e porto de Aguete (Marín)
  • 72. Praia de Loira (Marín)
  • 73. Vista da costa entre os montes Gordo (Bueu) e Sobareiro (Marín), coa illa do Santo do Mar
  • 74. Praia de Lapamán (Bueu) e illa do Santo do Mar
  • 75. Praias de Agrelo e Porto Maior, situadas entre a Punta Corveiro e o Monte Gordo, nas proximidades de Bueu. Entre elas desemboca o rego do Inferno.
  • 76. Costa de Bueu, coas praias de Agrelo, Loureiro e de Bueu
  • 77. Praia de Beluso (Bueu)
  • 78. Costa de Bueu, entre as puntas Cagadoiro e Arbosa, coas praias da Mourisca e da Tulla
  • 79. Praia da Tulla (Bueu)
  • 82. CABO UDRA Situado no extremo Noroeste da Península do Morrazo, no límite da ría de Pontevedra, pechando polo leste a ría de Aldán. O cabo Udra é unha masa de rochas graníticas que forman cantís de media altura e paisaxes de grandes penedos e bolos. A erosión mariña deu lugar a unha grande diversidade de recunchos que acollen unha rica flora e fauna mariñas. Un dos valores ecolóxicos de maior interese constitúeno os fondos mariños poboados por algas que crean ricos ecosistemas para crustáceos, moluscos e peixes de gran valor comercial. Está declarado LIC/ZEC. Vista de Cabo Udra, coa illa de Ons ao fondo
  • 84. Vista aérea do Cabo Udra
  • 86. Praia de Ancoradouro, ao abrigo do Cabo Udra
  • 87. Ons desde o Monte da Siradella (O Grove) ARQUIPÉLAGO DE ONS Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos (O Centolo, As Freitosas, O Fedorento, O Cairo, O Gaiteiro e o Xubenco), situadas fronte á Ría de Pontevedra. Son propiedade da Xunta de Galiza. Forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e do LIC/ZEC “Complexo Ons-O Grove” Hai liñas regulares de barcos no verán desde Bueu.
  • 88. A illa de Ons é a máis extensa, de superficie amesetada e con abruptos cantís na parte que da ao mar aberto. A cota máis alta é o monte Cucorno, con 128 m, onde está o faro. Foi habitada desde tempos antigos como demostran os achádegos de machados de pedra do neolítico e un de bronce e os restos do castro da Cova da Moura. A illa Aones foi doada polo rei Alfonso II O Magno no ano 899 ao Cabildo da Catedral de Santiago. O pai Sarmiento cita a fundación dun mosteiro na illa. A comezos do século XX instaláronse fábricas de salga. Ons superou os 500 habitantes nos seus mellores tempos. En 1986 non chegaban a vinte e na actualidade so viven unhas poucas persoas de xeito estable, e no verán a maioría dos antigos poboadores pasan longas tempadas na illa e cultivan algunhas parcelas. Foi propiedade do Marqués de Valadares e expropiada polo Estado en 1943. Desde 1981 é propiedade da Xunta de Galiza
  • 89. Miradoiro do Fedorente e illa de Onza
  • 90. Praia de Melide, o mellor areal de Ons cun bo complexo dunar
  • 91. Illa de Ons e faro
  • 92. A RÍA OU ENSEADA DE ALDÁN Ábrese entre o Cabo Udra ao norte e a punta de Couso ao sur, seguindo unha fractura con dirección norte-sur. No seu fondo desemboca o río Orxás que forma un amplo esteiro que queda en seco na marea baixa. No interior atópanse praias abrigadas de areas finas como Menduíña, Os Picos, Arnelas, San Xián e Area Brava. Punta Couso e Cabo Udra, os dous extremos da ría de Aldán
  • 93. Punta Couso e Cabo Udra, os dous extremos da ría de Aldán
  • 94. Praia do Lago (Bueu)
  • 95. Vista desde a punta Preguntouro
  • 96. Praia Area de Bon (Bueu)
  • 97. Punta Niño do Corvo
  • 98. Praia de Menduíña (Cangas), na banda norte da enseada de Aldán, estre as puntas Niño do Corvo e Cativa.
  • 100. Ría de Aldán desde o cume do coto de Aldao, na serra da Madalena
  • 101. Praia de Vilariño e ao fondo Aldán
  • 102. Praia de Area da Cova (Cangas)
  • 104. Praia de Area Brava e punta Corveiro
  • 105. Praia de Area Brava/Castiñeiras
  • 106. Punta de Lalada cos restos de antigas salgas
  • 107. Vista xeral da costa da Vela desde Cabo Home COSTA DA VELA OU DE SOAVELA. Situada no extremo Sur-Leste da Península do Morrazo, limitando coa ría de Vigo polo Sur (concello de Cangas). É unha costa de rochas graníticas con cantís de ata 150 m de altura co cume máis alto no Monte Facho ou Vixía, con 184 m. Os cantís da Costa da Vela, o Cabo Home, a punta Subrido e as praias e sistemas dunares de Melide e Barra forman parte do LIC/ZEC“Costa da Vela”.
  • 108. Faro na Punta do Couso
  • 109. Punta Vixía ou Soavela. A parte máis alta da Costa da Vela atópase entre as puntas de Couso e Cabo Home e segue a dirección Norte-Sur, fronte ao Atlántico. Está formada por cantís de máis de cen metros de altura polo que a costa resulta moi abrupta con grandes bloques graníticos que se acumulan nas beiras do mar.
  • 110. Arco e faro nos cantís de Cabo Home
  • 111. As rochas do cabo Home son metamórficas (gneis) e forman parte do dun complexo que vai desde Malpica ata o Sur de Galiza. A cor escura contrasta co gris craro dos granitos da Costa da Vela e a disposición dos estratos en distintas orientacións con fallas e pregues da lugar a formas de paisaxe dunha beleza especial.
  • 112. Boca de ría de Vigo, entre Cabo Home e cabo Silleiro, vista desde o facho de Donón RÍA DE VIGO Ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Enseada de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. A comarca do Morrazo inclúe a banda sur da Ría de Vigo, nos concellos de Moaña e Cangas. Está habitada desde tempos antigos e densamente poboada. Ten unha intensa actividade pesqueira, marisqueira, de acuicultura e industrial.
  • 114. Praia de Melide e Punta Sobrido desde Cabo Home.
  • 116. A praias de Barra e Nerga están situadas ao entre Punta Sobrido e Punta dos Castros, separadas entre sí por uns saíntes rochosos. Forman un areal de dous quilómetros de lonxitude e conservan un amplo sistema dunar cunha rica flora e fauna. A zona das dunas de Barra ten un grande interese micolóxico. Un estudo revelou a existencia de 140 especies de macromicetes, das cales 26 son primeiras citas para Galiza: Fuligo cinerea, Hohenbuenhelia geogenia, Sistrotrema confluens, Sarcosphaera crassa, Paxina leucomela....
  • 117. Praia de Limens (Cangas)
  • 118. Praia de Rodeira (Cangas)
  • 119. Praia de Areamilla (Cangas)
  • 120. Praia das Colchas (Cangas)
  • 121. Punta Borneira e illote Corveiro (Cangas)
  • 122. Faro de Borneiro (Cangas)
  • 124. Praia do Medio, na punta Balea (Cangas)
  • 125. Lagoa da Congorza, no cabo Balea (Cangas)
  • 126. Enseada de Moaña coa marea baixa desde a praia de Xunqueira
  • 127. Desembocadura do río da Fraga na enseada de Moaña
  • 128. Praia de Meira (Moaña)
  • 129. Praia de Borna (Moaña)
  • 130. Enseada de Domaio. Os abrigos favorecen a instalacións de acuicultura
  • 131. O Morrazo e a ría de Vigo desde o monte da Guía: Meira, Moaña, Cangas, Cabo Home e Illas Cíes. A banda norte da ría de Vigo, desde o estreito de Rande ata Cangas, está ocupada po un contínuo de núcleos habitados difíciles de diferenciar. Cangas, Moaña, Meira e Domaio son vilas mariñeiras cunha intensa actividade industrial relacionada co mar.
  • 132. A Punta do Castelo, ou do Corveiro (á dereita, debaixo da ponte de Rande), marca o límite da comarca do Morrazo na ría de Vigo
  • 133. AS ÁRBORES CARBALLEIRA DE COIRO-ERMELO Espazo de 365 hectáreas localizado nos lindes dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña. Representa unha das máis importantes masas de bosque autóctono da costa sur de Galiza. A árbore dominante é o carballo (Quercus robur), con exemplares de bo porte, acompañado de castiñeiros, cerdeiras, loureiros, sanguiños, estripos... En moitos puntos aparecen mesturados eucaliptos, piñeiros e acacias. Accedese desde o Alto da Portela, na estrada de Bueu a Cangas, polo desvío que pasa por detrás da ermida de San Cosme. Tamén se pode ir desde a igrexa de Coiro. As árbores dominantes no Morrazo son os piñeiros e os eucaliptos que cobren practicamente todos os montes cunha masa uniforme. Só se conservan algúnhas carballeiras de tamaño reducido, como a de Coiro, e especies autóctonas mesturadas coas de repoboación nos vales máis escarpados e ao pé dos ríos. Nos xardíns públicos e nalgúns pazos hai algúns exemplares de árbores ornamentais interesantes.
  • 134. Carballo (Quercus robur) en Tirán (Moaña). -4,46 m de perímetro
  • 135. Piñeiros mansos de San Roque do Monte. Dous magníficos exemplares de case 5 m de perímetro que se atopan no adro da capela, nunha paraxe con vistas panorámicas sobre Cangas e a ría de Vigo.
  • 136. Eucaliptos (Eucaliptus globulus) na praia da Mourisca (Bueu). O máis grande mide 5,60 m de perímetro
  • 137. Bosque do Frendoal en Aldán. Parque que formou parte das propiedades da Torre de Aldán e na actualidade é municipal. Conserva bos exemplares de eucaliptos, carballos, castiñeiros e especies ornamentais (carballos turcos, lamagueiros, cedros...).
  • 138. Eucalipto branco de río (Eucaliptus elata) en Cotorredondo Secuoia vermella (Secuoia sempervirens) da finca Forqueiros, Beluso (Bueu)
  • 139. Tuias xigantes (Thuja plicata). A máis grande mide 2,83 m de perímetro. LAGO CASTIÑEIRAS: tuias, alcipreste de California, carballos, castiñeiros, carballos americanos...
  • 140. Carballo americano (Quercus rubra) Alcipreste de Lawson.-2,45 m de perímetro
  • 141. ESPAZOS PROTEXIDOS A maioría da superficie da Illa de Ons está ocupada por un denso mato de toxos xunto con anxélicas, xestas, queirugas, silvas, fentos, carpazas, troviscos, acedas, margaridas... Da vexetación arbórea orixinal so se conservan algúns salgueiros e estripos. Algunhas zonas están repoboadas con piñeiros e eucaliptos. Nos cantís hai herba de namorar, prixel do mar, fento mariño, colexas... e nas dunas feo, eiruga mariña, correola das praias, eiruga mariña, leiteira, alhelí, cebola das gaivotas... PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA E LIC ONS-O GROVE Está formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras. Nesta comarca está incluído o arquipélago de Ons, 989,80 ha, das que 445,88 son emerxidas. Os terreos son propiedade da Xunta de Galiza.
  • 142. Nos cantís crían gaivotas patiamarelas e corvos mariños. No mar pódense ver mascatos, corvos mariños reais, araos romeiros, pardelas, gaivotas choronas, carráns. En terra hai corvos, pombos e unha ampla variedade de paxaros (verderolos, xílgaros, pardillos, chascos, borrallentas...), cobras de escada e lagartos.
  • 143. LIC/ZEC COSTA DA VELA Situado no extremo Sur-Leste da Península do Morrazo. O terreo protexido, cunha extensión de 1.385 ha pertence ao concello de Cangas. Comprende os cantís da Costa da Vela, co espazo marítimo situado fronte a eles, o Cabo Home, a punta Subrido e as praias e sistemas dunares de Melide e Barra. O primeiro tramo, entre as puntas de Couso e Cabo Home é de cantís graníticos, abruptos e altos. Ao chegar a Cabo Home o aspecto cambia bruscamente debido á intrusión de rochas metamórficas (gneis) que forman parte dun complexo que vai desde Malpica ata o Sur de Galicia. A zona ten un grande valor biolóxico (en especial os fondos mariños), xeolóxico, paisaxístico e botánico.
  • 144. Rochas metamórficas de Cabo Home nas que se aprecia a posición vertical dos estratos e a cor escura
  • 145. LIC/ZEC CABO UDRA Situado no extremo Noroeste da Península do Morrazo, entre as rías de Pontevedra e Aldán, 623 ha nos concellos Bueu e Cangas. Neste espazo as protagonistas son a rochas nas que o mar bate sen descanso. Podemos atopar diferentes ecosistemas mariños e costeiros máis ou menos protexidos do vento, o salitre e os embates do mar.
  • 146. Vista da costa de Cabo Udra As rochas que constitúen Cabo Udra son un curioso tipo de pedra de gran (granodiorita precoz) con grandes cristais de feldespato blanco. Os terreos sen cultivar manteñen unha ampla variedade de plantas con flores nas que podemos atopar moitos insectos, como este curioso escaravello.
  • 147. Un pequeno tramo da costa de Domaio, á esquerda, forma parte do LIC Enseada de San Simón LIC ENSEADA DE SAN SIMÓN Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir do estreito de Rande, nesta comarca un tramo da costa do concello de Moaña, desde Domaio a Rande. É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos. É unha zona abrigada con augas pouco profundas, agás no estreito de Rande, con alternancia de costa rochosa, de pouca altura, e costa areosa formada por pequenas praias e unha gran superficie de marisma que queda descuberta ao debalar a marea. A Enseada de San Simón é un ecosistema cunha alta produtividade biolóxica e de gran riqueza marisqueira no que hai importantes bancos de bivalvos.
  • 148. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Actualizado en outubro de 2017