SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 129
OS ANCARES
A NATUREZA
A comarca dos Ancares está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da
provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña
onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia
atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das
serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas),
ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.
Serra dos Ancares no inverno: Tres Bispos, Penarrubia e serra das Maseiras co val do rego da Vara.
SUPERFICIE:
1.048,7 km2
POBOACIÓN:
13.350 habitantes
CONCELLOS:
Baralla, Becerreá,
Cervantes, Navia de
Suarna, As Nogais e
Pedrafita do Cebreiro.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Os Ancares O
Courel” e “Cruzul-
Agüeira”.
Os Ancares lugueses e os
montes de Navia foron
declarados Reserva da
Biosfera pola UNESCO, en
outubro de 2006.
CLIMA
Oceánico de montaña con invernos moi fríos e veráns frescos.
Mecer na serra do Pando. Vista desde o alto do Cieiro. O vapor de auga que se condensa e descende de nivel ao baixar as
temperaturas polas noites forma pola mañán masas de nubes das que sobresaen cumes.
ACTIVIDADES
Agrogandaría, forestal, pequenas industrias, servizos, turismo...
Queixo do Cebreiro
HISTORIA e PATRIMONIO
A pesar do seu relevo accidentado son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan
os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Conserva un rico patrimonio histórico-artístico
(castros, igrexas, castelos...) e etnográfico (pallozas, hórreos, núcleos tradicionais, pontes,
alvarizas, muíños, folclore...).
Capela e castro de Santa María do Castro (Cervantes )
Igrexa de Nullán (As Nogais)
Igrexa de Noceda (As Nogais)
Igrexa de Torés (As Nogais)
Igrexa de Berselos (Baralla)
Igrexa de Santo André das Nogais
Igrexa de San Martiño de Neira de Rei (Baralla)
Igrexa de San Miguel de Ponte Neira (Baralla)
Igrexa de Cadoalla (Becerreá)
Igrexa de Ouselle (Becerreá) Igrexa de Eixibrón (Tortes, Becerreá)
Igrexa de San Tomé da Cancelada (Cervantes)
Igrexa de Vilapún (Cervantes)
Igrexa de Dorna
(Cervantes)
Igrexa de Donís (Cervantes)
Igrexa de Hospital (Pedrafita do Cebreiro)
Castelo de Doiras (Cervantes)
Torre de Doncos (As Nogais)
Torre de Tores (As Nogais) Igrexa de
Pazo de Doncos (As Nogais)
Pombeiro en Doncos (As Nogais)
Muíño en Penamaior (Becerreá)
Muíño en Pontes de Gatín
(Liber, Becerreá)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 141,10 km2
POBOACIÓN: 2.774 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Aranza (Santiago), Arroxo (San Xoán),
Baralla (Santa Mª Madalena), Berselos (San Martiño),
Costantín (Santa María), Covas (Santiago), Ferreiros (San
Pedro), Francos (San Salvador), Guimarei (San Tomé), Laxes
(San Pedro), Lebruxo (San Tomé), Lexo (San Xoán), Pacios
(Santa María), Pedrafita de Camporredondo (San Xoán),
Penarrubia (Santa María), Piñeira (San Salvador), Pol (Santa
María), Pousada (Santiago), Recesende (San Cirilo), Riba de
Neira (Santalla), San Martín de Neira de Rei (San Pedro), San
Miguel de Neira de Rei, Sixirei (San Pedro), Sobrado de
Picato (Santa Cruz), Vale (San Xurxo), Vilachambre (Santa
Mariña), Vilarpunteiro (Santa Marta), Vilartelín (Santa
Eufemia). O río Neira no val de
Neira de Rei.
BARALLA
Está situado no oeste da comarca, no val do río Neira que atravesa o territorio do concello de
NE a SO. O territorio é moi irregular. Unha grande parte é montañoso: ao norte os últimos
cumes da serra do Puñago, ao leste a de Vilamane e ao sur a Pena do Pico. A máxima altura é
o monte Labrada con 900 m. O Neira circula nun primeiro tramo encaixado (vales de Neira de
Rei e Baralla) nunha fractura entre lousas, xistos e cuarcitas, e máis abaixo ábrese formando o
val de Xusá.
Casa e hórreo en San Martiño
de Neira de Rei.
As principais actividades son a agrogandaría e os servizos.
Conserva importantes valores naturais, etnográficos e histórico-artísticos na contorna do río
Neira e os seus afluentes: bosques de ribeira, carballeiras, pontes, muíños, ferrerías, arcas
para a pesca de anguías, igrexas, casas, pazos, hórreos...
Hai sinalizadas varias rutas que percorren os lugares de maior interese do concello.
SUPERFICIE: 172,01 km2
POBOACIÓN: 2.987 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Agüeira (San
Xoán), Armesto (San Román), Becerreá (San
Xoán), Cadoalla (San Pedro), Cascallá (Santa
María), O Cereixal (San Xosé), Cruzul (San
Martiño), Ferreirós de Valboa (Santa
María), Fontarón (Sancti Spiritus), Furco (San
Xoán), Guilfrei (Santa Eulalia), Guillén (San
Pedro), Liber (San Remixio), Morcelle (San
Xulián), Ouselle (San Cosme), Ousón (Santo
Adrao), Pando (San Xoán), Penamaior (Santa
María de San Lourenzo), Quintá de
Cancelada (Santa Eulalia), Sevane (San
Xoán), Tortes (San Pedro), Veiga (Santa
Mariña), Vilachá (San Pedro), Vilaíz
(Santiago), Vilamane (Santa María), Vilouta
(Santa Mariña).
Becerreá un día de inverno.
Detrás a serra da Pena do Pico.
BECERREÁ
Está situada no centro norte da comarca, na marxe esquerda do río Navia. O territorio é
montañoso e descende pouco a pouco cara ao val do Navia que fai de linde polo leste cos
concellos de As Nogais e Cervantes. Ao norte atópanse as serras de Calamouco, Portelo,
Restelo e Vilamane, ao sur a Pena da Hedra e Albela, e ao oeste a Pena do Pico. O cume máis
alto é o Pico da Pena con 1.182 m.
O Navia é o río principal e recibe en Becerreá ao San Martiño, Narón e Ferreiros.
Santa María de
Penamaior, románica
do século XII, resto
dun antigo mosteiro.
Declarado Ben de
Interese Cultural.
Fronte á igrexa
atópase un muíño.
As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o gando vacún de leite), a
forestal e os servizos. A vila de Becerreá é a capital municipal e comarcal e concentra a
maioría dos servizos. Acolle importantes valores naturais arredor dos ríos e nas serras. Dentro
do territorio do concello está protexido o LIC “Cruzul-Agüeira” e o linde do LIC “Os Ancares O
Courel”, que afecta ao curso do río Navia.
Tamén conserva un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico: pontes, muíños, igrexas,
mosteiros, castros...
CERVANTES
Está situado no extremo oriental da comarca e da provincia de Lugo, no linde con León, na
marxe dereita do río Navia.
O relevo vai gañando altura desde o val do Navia cara ao leste ata a liña de Cumes dos
Ancares onde se atopa a máxima cota (Mostallar, con 1.924 m). Os sistema fluvial está
artellado arredor do Navia que recibe varios afluentes que baixan da serra dos Ancares e as
súas estribacións: Ser, Castro, Cervantes...
Xantes.
SUPERFICIE: 277,6 km2
POBOACIÓN: 1.487 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Ambasvías (Santalla),
Castelo (San Pedro), O Castro (Santa
María), Cereixedo (Santiago), Donís
(San Fiz), Dorna (Santa María), Lamas
(San Xiao), O Mosteiro (San Xoán),
Noceda (San Pedro), O Pando (Santa
María), Quindous (San Xusto), A Ribeira
(San Martín), San Pedro de Cervantes,
San Román de Cervantes, San Tomé de
Cancelada, Vilapún (Santa Comba),
Vilaquinte (San Breixo), Vilarello (Santa
María), Vilasante (Santiago),
Vilaspasantes (San Xoán), Vilaver (San
Xusto).
É un concello de montaña eminentemente rural cunha poboación moi avellentada e unha alta
taxa de emigración. As principais actividades son a agrogandaría (especialmente gando vacún)
e as explotacións forestais. Recentemente están adquirindo importantacia os servizos
asociados ao turismo.
É un concello cuns grandes valores naturais (fragas, formacións xeolóxicas, especies animais e
vexetais raras ou únicas...) e etnográficos (pallozas, hórreos, asentamentos de montaña...).
Unha grande parte do territorio está protexido no do LIC “Os Ancares O Courel” e forma parte
da Reserva da Biosfera “Os Ancares”.
Piornedo.
SUPERFICIE: 242,54 km2
POBOACIÓN: 1.211 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Barcia (San Miguel),
Cabanela (Santa María), Castañedo
(Santiago), Folgueiras (Santa Eufemia),
Freixís (San Pedro), Galegos (Santiago),
Moia (Santiago), Mosteiro (San
Salvador), Muñís (San Xosé), Penamil
(Santiago), Pin (Santa María), A Proba
de Navia (Santa María Madanela),
Queizán (Santiago), Rao (Santa
María), A Ribeira (Santo Estevo), Ribón
(Santa Mariña), Son (Santa María),
Vallo (Santa Mariña), Vilarpandín
(Santo Estevo).
A Pobra de Navia de Suarna. No centro o castelo e a “Ponte Vella”,
unha ponte medieval sobre o Navia, de posible orixe romana.
NAVIA DE SUARNA
Situada ao nordeste da comarca, no linde con Asturias e A Fonsagrada. O territorio pode
considerarse, na súa maior parte, de alta montaña. Está ocupado por serras separadas por
profundos vales dos ríos que aproveitan as fracturas do terreo. O Val do Navia atravesa o
concello de SO a NE e recibe numerosos afluentes: Ser, Mingueiro, Vilarpandín, Moia e Rao,
pola dereita; Queizán e Mosteiro pola esquerda.
Ao norte atópanse as serras da Mora e A Bara; ao oeste Restelo, Pedruñais e Pedreo; ao sur
Murias e Corneantes; e ao leste Ancares, Brañal, Surcio e Barreiro. O cume máis alto do
concello é o Tesón, con 1.74 m.
Castelo da Pobra de Navia de Suarna,
destruído na Revolta Irmandiña e
recostruído posteriormente.
As principais actividades son as explotacións
forestais, a agrogandaría (especialmente
gando vacún) e os servizos. Acolle un grande
patrimonio natural e etnográfico e forma
parte do LIC “Os Ancares O Courel” e da
Reserva da Biosfera “Os Ancares”.
Serra de Airelos e val do Rao. No centro Coro, un
núcleo rural que se está rehabilitando.
Torre de Doncos situada nun resalte rochoso rodeado polo río Navia.
AS NOGAIS
Situado no centro-sur da comarca, Ten un relevo moi irregular con numerosas serras situadas
nas dúas marxes do río Navia que atravesa o concello con dirección SE-NO nun estreito val
cunha altitude media de 600-800 m. Ao norte está a serra da Pena da Hedra, ao leste
Pintinidoira e A Escrita, ao sur o Rañadoiro, Piornal, A Pena e Travesa, e ao oeste o monte
Albela, no linde con Triacastela (comarca de Sarria). O cume máis alto é o Alto do Poio, con
1.415 m.
SUPERFICIE: 110,31 km2
POBOACIÓN: 1.191
habitantes (2015).
PARROQUIAS: A Alence
(santa Lucía), Doncos
(Santiago), Noceda (San
Xoán), As Nogais (santa
María Madanela), Nullán
(San Cosmede), Quintá (San
Pedro), Santo André, Torés
(San Xoán) e Vilaicente (San
Xoán).
Vista do territorio das Nogais desde os cumes do Rañadoiro, no linde con Pedrafita.
É un concello de montaña eminentemente rural, con pequenos núcleos de poboación e
atravesado polas principais vias de comunicación de Galiza coa Meseta.
As principais actividades son as explotacións forestais, a agrogandaría e a mineiría.
Acolle importantes valores naturais nas serras e nos vales dos ríos e un variado patrimonio
histórico-artístico e etnográfico: castelos, pazos, muíños, pontes...
O curso do río Navia está protexido no LIC “Os Ancares O Courel”.
SUPERFICIE: 104,87 km2
POBOACIÓN: 1.119 habitantes
(2015).
PARROQUIAS: O Cebreiro (Santa
María), Fonfría (San Xoán),
Hospital (San Xoán), Liñares
(Santo Estevo), Lousada (San
Vicente), Louzarela (San Xoán),
Pacios (San Lourenzo), Padornelo
(San Xoán), Pedrafita do Cebreiro
Santo Antón), Riocereixa (santa
María Madanela), Veiga de Forcas
(Santa María) e Zanfoga (San
Martiño).
Igrexa de Santa María a Real, no Cebreiro. Formou parte dun
mosteiro fundado no século IX que tivo gran importancia como
institución hospitalaria no Camiño Francés da Ruta Xacobea. O
edificio do antigo hospital está convertido en hospedería.
PEDRAFITA DO CEBREIRO
Está situado no sur da comarca, nun terreo de transición entre as serras dos Ancares e O
Courel e nun lugar natural de paso entre as serras orientais galegas e as rutas á Meseta.
O relevo é moi irregular e está profundamente dividido por fallas aproveitadas polos ríos para
escavar os seus vales. A norte está a serra do Piornal; ao leste os Montes de Pedrafita, o Chao
da Poza (1402 m), A Pena e A Travesa; ao sur a serra do Courel (O Faro, 1.621 m); e ao oeste o
Rañadoiro. O territorio de Pedrafita é punto de separación das vertentes do Navia, cara ao
norte, e os Lor e o seu afluente o Lóuzara, cara ao sur.
Pedrafita cos
Ancares ao
fondo.
As principais actividades son a agrogandaría,
o sector forestal e os servizos, en especial o
turismo asociado á natureza e ao Camiño de
Santiago, que atravesa o concello e ten no
Cebreiro un dos seus referentes máis
destacados.
Acolle un importante patrimonio natural,
etnográfico e histórico-artístico. Parte do
curso do Navia está protexido no LIC “Os
Ancares O Courel”.
Palloza no Cebreiro
RELEVO
O territorio da comarca dos Ancares é unha sucesión de serras interrumpidas por fracturas e
vales fluviais encaixados con predominancia de xistos e lousas e algunhas bandas de
cuarcitas.
A serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con orientación
norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese unha sucesión de
serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Granda de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e
Escrita. Na marxe esquerda do Navia atópanse, de norte a sur, as serras da Mora, Bara,
Pedruñais, Portelo, Vilamane, Calamouco, Pena do Pico, Pena da Hedra, Piornal e Rañadoiro.
Ao sur da comarca, en terras de Pedrafita do Cebreiro atópanse as últimas estribaciónas cara
ao norte da serra do Courel.
Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares,ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a
consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.
En xeral son serras de cumes erosionados e ladeiras abruptas que se corresponden cun antigo
bloque desgastado e posteriormente erguido pola Oroxenia Alpina no que máis tarde a
actividade glaciar e fluvial escavou profundos vales de paredes con grandes desniveis.
Vista desde o alto do Murallón (serra do Rañadoiro).
No primeiro plano as serras de Pional e Pena da Hedra e ao fondo Os Ancares.
Faial de Fonteformosa, nas abas do Faro (Pedrafita do Cebreiro), o faial máis puro de Galiza.
Nestas serras consérvanse formacións vexetais de grande valor ecolóxico: matogueiras,
fragas, acibeirais, carballeiras, bidueirais, soutos... e unha rica flora e fauna asociadas entre as
que se atopan numerosos endemismos e especies en perigo de extinción.
Piñeiro Rubio (Pinus silvestris), especie
empregada en plantacións forestais.
O capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia) é unha
árbore típica das montañas. Cóbrese de flores a
finais da primavera e os seus froitos vermellos atraen
aos paxaros durante o outono.
Acibeiral na
Fraga da
Cabanavella.
Froitos de acivro (Ilex aquifolilium), Os acivros medran como sotobosque nas fragas e
carballeiras e ás veces forman bosques monoespecíficos en zonas de altura moi illadas. Son
importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres
de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo,
son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do
Flores de arandeira (Vaccinium myrtillus). Lilium martagon
Uvas de can (Cornus sanguinea), arbusto de
follas ovais que se volven encarnadas no
outono. Atópase nas sebes e beirais do
bosque en zonas calcárias.
A herba do pobre (Clematis vitalba) en Galiza
aparece sempre asociada ás rochas calcarias.
Liques Eryngium duriaei
Vista xeral da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane.
O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de
Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés.
SERRA DOS ANCARES
É a prolongación cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica que se extende en dirección NNE a
SSO formando unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre o porto
dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro e que separa administrativamente Galiza (concello de
Cervantes) do Bierzo. Está limitada polo río Navia no oeste, as cabeceiras dos ríos Cua, Burbia
e Ancares, polo leste e as estribacións da serra do Courel cara ao sur. As rochas máis
abundantes son as lousas do Paleozoico, posteriormente pregadas na Oroxenia Hercínica,
que lle confiren un perfil suave, mesturadas con cuarcitas, areíscas e granitos de dúas micas.
Na vertente leste dos Ancares nacen os ríos que van á cunca do Sil e na oeste os da cunca do
Navia (Ser, Rao...).
A serra dos Ancares ten un grande interese xeolóxico, biolóxico e etnográfico.
Forma parte do LIC “Ancares-Courel”, e da ZEPA e Reserva da Biosfera “Os Ancares”
Pódese acceder desde Navia de Suarna, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro ou Ambasmestas.
Numerosas rutas permiten percorrer os lugares de maior interese e facer travesías polos
cumes conectando coas dos Ancares Leoneses.
O Mostallar.
O cume máis alto da serra é
o Cuíña (1.987 m), en León.
Na parte galega o máis alto é
o Mostallar, na fronteira,
con 1.924 m.
Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas
de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.
Na partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar
diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa), como no Val de Tres Bispos, val
de Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol...
Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo
Morrenas en Piornedo. No val de
Piornedo (val de Bous) houbo un
glaciar de 6 km de lonxitude e
180 m de espesor.
Corte do solo onde se aprecian os
distintos materiais transportados
en períodos de xeo-desxeo.
Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira
do Ortigal, afluente do Ser.
Nas zonas baixas dos vales e ata os 1.500 m de altitude medran bosques caducifolios de enorme valor
ecolóxico. Nas abas soleadas están formados por cerquiños e nas sombrías de carballos acompañados de
carbas, abelairas, freixos, capudres, teixos, pradairos e acivros. Atópanse 20 endemismos de plantas da
área cantábrica Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana,
Vaccinium uliginosum...)
O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o
bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos
talose madeira de carballo e carba, para as travesas
de ferrocarril e a construción naval.
Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas
(avesías) orientadas ao norte.
Interior dunha fraga camiño de Penarrubia.
Nas partes altas da serra aparecen bidueiros acompañados de piornos, xenebreiros, e xensás. O mato está
formado por carqueixas, uces e arandeiras. Tamén hai áreas de pradeiras subalpinas e algunhas turbeiras.
A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, a lebre de
piornal, o bufo real, a charrela...
Pinguicula lusitanica.
Nas áreas achairadas dos
cumes máis altos
abondan as turbeiras
onde se poden atopar
especies adaptadas aos
solos pobres que se
alimentan de insectos
como as pinguicolas e as
rorelas..
Iris latifolia Ranunculus platanifolius
Narcisos (Narcissus pseudonarcissus) no Campo Formoso (Val do Ortigal)
Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte peninsular
que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.
Vista da serras da Fiosa e a
Cortella (ao fondo) no
primeiro plano Xantes, na
beira da serra do Agulleiro.
SERRA DA CORTELLA
Pequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume
máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude.
Accedese desde Vilar de Mouros.
SERRA DA FIOSA
Esténdese con orientación N-S, con
prolongación cara á serra da Cortella, ao
oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese
desde San Román de Cervantes ou
Quindous. O punto máis alto é o Monte da
Fiosa, con 1.422 m.
Accedese desde a estrada de Cervantes (San
Román) a Degrada.
Monte da Fiosa
(á esquerda) e
Pena do Santo.
Vista da serra
da Fiosa desde
o alto de
Boixecide, a
carón do
Albergue dos
Ancares.
Serra das Maseiras despois
dunha nevada. Detrás vese
Penarrubia.
SERRAS DO PANDO E MASEIRAS
É un sistema montañoso que se pode considerar
como unha das estribacións dos Ancares, con
orientación NE-SO. O punto máis elevado é o
monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada
polos regos da Vara e Brego (afluentes do
Cancelada-Cervantes).
Accedese desde Cereixedo, Pando e Deva. Unha ruta que
sae do Albergue dos Ancares permite percorrer as fragas
do rego da Vara e continuar cara a Penarrubia. Desde
Doiras, por Vilanova do Pedregal sae outra ruta que chega
a Penarrubia e pasa polo rego de Brego. Serra do Pando. Ao fondo
Tres Bispos (á esquerda) e
Penarrubia (á dereita).
Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara
desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse
unhas das fragas máis importantes dos Ancares.
Cereixido e detrás a serra do Pando.
SERRA DE GRANDA DE ARROXO
E VILAR
Esténdese con dirección SO-NO entre os
ríos de Quindous e Ser. O cume máis alto
acada 1.278 m no contacto coa serra da
Fiosa. Accedese desde Quindous por
Vilarín ou desde Vilar.
Serra do Vilar
Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno.
SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUS
Esténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos
regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca
con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.
Accedese desde Vilarello ou Piornedo. Unha ruta que segue o río Piornedo sube aos cumes onde se poden
atravesar fragas e acibeirais.
SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑAL
Esténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o
Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m.
Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo de
Murias e as Brañas de Pan de Zarco e sae na Cruz de Cespedosa.
Vista da zona de
Murias de Rao.
De esquerda a
dereita: o canón do
Rao, a serra do
Brañal co Penedo
de Murias e a serra
de Airelos.
Vista das Brañas de Pan de Zarco, nos
cumes da serra do Brañal.
Cabanas na Alzada de Pan de Zarco. As
Alzadas eran lugares de pastoreo no verán.
As cabanas estaban acondicionadas para
residir na tempada de verán mentres se
coidaba do gando na montaña.
Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de
altura. Este impresionante penedo de
cuarcitas sobresae á beira do camiño de
Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.
Pico do Surcio. Na chaira que se
ve á dereita da imaxe conflúen
Galiza, Asturias e León.
SERRA DE SURCIO
No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río
Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes
verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con
1.456 m. Accedese desde Navia de Suarna, pola estrada de Rao.
A serra do Barreiro está cuberta
de mato agás nos fondos dos
vales e nas proximidades dos
lugares habitados.
SERRA DE BARREIRO
Situada no límite de Navia de Suarna
con Asturias, con orientación NO-SE,
formada por lousas e cuarcitas.
A máxima altura é o Dangoleo, con
1.181 m. Na vertente sur nacen
pequenos ríos afluentes do Rao.
Accedese desde Navia de Suarna.
Serra de Louxas cos Ancares ao fondo.
SERRA DE LOUXAS
Con orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto
máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande
parte para pastos e outros cultivos.
Accedese desde a estrada de Navia de Suarna á Fonsagrada, ou pola do Cereixal a Asturias,
que percorre os cumes.
Vista desde o cume do Restelo cara á serra de Louxas.
MONTE RESTELO
É o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia e o Suarna.
Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobre as serras dos Ancares, A Fonsagrada e
Becerreá.
Bidueiros na serra do Portelo.
SERRA DO PORTELO
Situada no concello de Becerreá, con
orientación NO-SE. O punto máis alto
é o Portelo, con 938 m.
Accedese pola estrada do Cereixal
(Becerreá) a Fontaneira.
Serra de Vilamane. Ao fondo Os Ancares.
SERRA DE VILAMANE
Situada ao sur da serra do Portelo, coa mesma orientación. O monte máis alto é o Lago, con
1.046 m. Na vertente oeste nacen varios afluentes do Navia.
Accedese desde O Cereixal (Becerreá) pola estrada que vai á Fonsagrada.
SERRA DE PUÑAGO
Xunto coa da Vaqueriza e Miradoiro,
separadas por pequenas diferenzas de cota,
forman unha liña recta contínua, con
orientación N-S, na que apenas se
diferencian os cumes.
Están formadas por faixas concéntricas de
pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas. O
punto máis alto é o Lagua, con 945 m.
Accedese desde a estrada de Baralla a
Meira. Vista do conxunto das serras,
O Puñago á esquerda e a
Vaqueriza á dereita.
Detalle da serra do Puñago, na que se aprecian os distintos aproveitamentos do monte.
Nas partes baixas da
serra do Calamouco
consérvanse
carballeiras e nas
altas monte baixo e
plantacións de
piñeiros.
SERRA DE CALAMOUCO
Esténdese con orientación norte-sur a
continuación da serra de Vilamane en
terreos do concello de Becerreá. O cume
máis alto é o Castiñeira, con 896 m.
Accedese desde Becerreá.
A serra do Calamouco está atravesada poloa
autovía A Coruña-Benavente que salva os
desniveis por medio de túneis e viadutos.
Vista da cara sur da Pena do Pico.
SERRA DE PENA DO PICO
Esténdese en dirección N-SO en terreos do concello de Becerreá. Está formada por xistos e
cuarcitas e a máxima altura é o Monte da Pena, con 1.182 m. Nas súas abas consérvanse boas
carballeiras. Accedese desde Becerreá, pola estrada de Láncara.
Aciñeiral de Cruzul, na aba sur
do Serrón da Pena da Hedra
sobre unha formación de
rochas calcárias.
SERRÓN DE PENA DA HEDRA
Esténdese con orientación NO-SE, en terreos
de Becerreá e As Nogais. O punto máis alto é
O Figueiro, con 1.046 m. Nas súas abas
atópase o espazo “Cuzul-Agüeira” onse se
conservan fragas mixtas, soutos e aciñeirais
de grande valor ecolóxico.
Accedese desde As Nogais ou Becerreá.
Pena da Hedra (aba sur)
Vista da Serra do Piornal desde O Cebreiro.
SERRA DO PIORNAL
Situada no norte do concello de Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE e limitada polo
val do Navia ao nordeste. O monte máis alto é o Carballeda, con 1.392 m.
Accedese desde As Nogais ou desde Pedrafita.
Val do Navia, limitado pola dereita por un grupo de pequenas serras: Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita.
Polas abas destas serras discorren as vías de comunicación de A Coruña e Lugo coa meseta. Ao fondo á esquerda o
monte Carballeda (1.392 m) da serra do Piornal. A altitude máxima é o Chao de Pereira con 1.256 m.
Serra do Rañadoiro desde Hospital.
SERRA DO RAÑADOIRO
Situada entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE. O punto máis alto é a
Muralla, con 1.480 m. Na vertente sur nace o río Lóuzara que vai cara ao Courel a xuntarse co
Lor. Accedese desde Pedrafita (O Cebreiro) ou Triacastela.
Vista xeral do Cebreiro.
Está situado a nas estribacións da serra do Rañadoiro 1.300 m de altura, entre os montes Pozo de Area (1.394 m) e o
Chan da Poza (1.402). É unha zona de transición entre as serras de Ancares e O Courel.
Devesa de Zanfoga e serra do Courel.
SERRA DO COUREL
Orientada en dirección NE-SO, separada do sistema de serras dos Ancares pola serra do
Rañadoiro. As últimas estribacións cara ao norte están no concello de Pedrafita do Cebreiro,
no linde coa provincia de León. As principais alturas nesta comarca son O Faro, con 1.615 e o
Pico Grande, con 1.544.
Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e xistos, e, en menor
cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias. Destaca polas devesas e faiais que se conservan nas
súas ladeiras: devesa de Zanfoga e Riocereixa e faial de Fonteformosa.
Accedese desde O Cebreiro ou Hospital. Unha pista de montaña segue os cumes e sae no
Formigueiros, nun dos accesos á Devesa de Rogueira.
OS RÍOS
A rede fluvial da comarca dos Ancares está dividida en dúas polas serras do Rañadoiro e
Piornal. O Navia (que desemboca no Cantábrico, en Asturias) circula cara ao norte e recolle as
augas dos numerosos afluentes que baixan do complexo sistema de serras que rodean as súas
marxes. Cara ao sur circulan o Lor e o seu afluente o Lóuzara que recollen as augas dos
montes de Pedrafita e van verter ao Sil. O Neira recolle as augas das serras do noroeste e
xúntase ao Miño nas proximidades de Portomarín.
Rego das Pasadas,
afluente do Ser.
Río Piornedo ou de
Bous ao pé do
Mostallar.
En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e
percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e
fervenzas. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico
patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos...
Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).
Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val
limitado pola serra do Piornal, á esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira,
Chan de Pereira e A Escrita, á dereita.
RÍO NAVIA
Nace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km
por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior
parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas
das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con
constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Ten un forte caudal de augas
procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos
picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera. Varios
tramos forman parte do LIC “Ancares-Courel”.
AFLUENTES DO NAVIA
NA COMARCA:
Pola dereita: Valdeparada,
Cervantes (Casas ou Cancelada-
Toural, Noceda, Brego, Vara-),
Quindós, Ser ou Ortigal,
Vilapardín, Canlorcia, Rúa, Rao
ou Valouta.
Pola esquerda: Bullón
(Refuxiados), Narón ou Ferreiros,
Calamouco, Vilaiz, Donsal,
Bullán, Gueizán, Mosteiro e
Suarna (Lamas- Castelo, Córneas,
Castosa, Ransinde-).
O Navia en
Agüeira
(Becerreá)
“Ponte Vella” sobre o Navia na Pobra de Navia de Suarna.
Muíño no río Ferreria (afluente do
Narón) en Becerreá.
Río Narón en Cruzul.
O NARÓN é un
afluente do Navia que
discorre polo concello
de Becerreá. Fórmase
pola confluencia de
varios regueiros que
nacen nas serras de
Pena do Pico e Pena da
Hedra, o máis
importante é o
Ferreiros.
Ponte de Gatín sobre o Navia (Liber, Becerreá)
RÍO SER. Fórmase con numerosos regos que baixan dos
Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase
rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto.
Val do Ser
Fervenza no rego de Boixecide, un afluente do Ortigal.
Salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de altura en dous
saltos
RÍO ORTIGAL.
É unha das cabeceiras do Ser (Navia). Ten un
percorrido con numerosos rápidos e fervenzas.
O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace
no Penalonga e desemboca no río das
Pontes (cabeceira do Ser que á súa vez vai
ao Navia). En todo o seu percorrido forma
varias fervenzas de pequeno tamaño,
pozas e rápidos. Pódense observar na ruta
que vai de Piornedo ao Mostallar, na
estrada de Campo da Braña a Piornedo
(un pouco antes de Donís) ou na
desembocadura cando se xunta co río das
Pontes.
Pontella sobre o río Piornedo
no camiño do Mostallar.
FERVENZA DAS PONTES.
Na parroquia de Donís (Cervantes).
No rego de Bous ou de Piornedo,
pouco antes de xuntarse co río das
Pontes (Ser).
O RAO fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase
ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso.
PESQUEIRA DE LASTROA. En
Murias (Rao-Navia de Suarna). No
rego de Campos, unha das
cabeceiras do Murias, afluente do
Rao. A fervenza vese xusto en
fronte do penedo de Murias. O
acceso é practicamente imposible
xa que o río forma un canón con
moito desnivel e varias fervenzas,
rápidos e tobogáns en cuarcitas.
Canon do Rao
(Navia de Suarna),
entre Murias e
Valouta.
O Lor en Zanfoga.
RÍO LOR
Nace nos montes do Cebreiro e ten como cabeceiras os regatos Fonlor (que nace no Cebreiro),
Fonte Grande e Brañuelas (que baixa da serra do Courel). Ten un percorrido de 50 km por
terreos do Courel e desemboca no Sil en Augasmestas. Ten un curto percorrido por esta
comarca, polo concello de Pedrafita do cebreiro, no seu curso alto.
Fervenza de
Pontalor, nun
afluente do Lor
entre Lousada
(Pedrafita do
Cebreiro) e Vilela
(O Courel).
Río Neira en San
Martiño de Neira de
Rei (Baralla).
RÍO NEIRA
Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira) e xúntase ao Miño entre os concellos de
Portomarín, O Páramo e Láncara. Na comarca percorre o concello de Baralla.
Recibe pola dereita o Val Pedroso, Mazuco, A Pena, Xemil, Guimarei, Basille, A Carballeira, A
Aspara e O Val. Pola esquerda o Busto, Furco, O Souto, Pena do Gato, As Veigas, Cobo e
Toanzos.
Mazo a carón do río Busto, un afluente do Neira,
no lugar de Os Mazos (Baralla).
AS ÁRBORES
Na comarca dos Ancares atópanse varias fragas representativas dos bosques naturais
atlánticos (caducifolos) caracteristicos de Galiza. Son fragmentos dos bosques antigos
orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante.
Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo
e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en
menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como
loureiros, acivros, érvedos... Ademais atópanse boas representación de acibeirais,
carballeiras, soutos, aciñeirais e faiais. Algunhas áreas están repoboadas con piñeiros.
En moitos lugares consérvanse exemplares monumentais de carballos, bidueiros, acivros,
faias e castiñeiros.
Capudres na fraga de
Penarrubia, un dos maiores
bosques dos Ancares.
Abesedo de Donís.
Fraga da Cabanavella (Os Ancares)
Devesa de Zanfoga. Situada na vertente norte de Pena Cerveira.
Devesa de Riocereixa (serra do Courel).
Faial de Fonteformosa (serra do Courel).
Faial de Liñares, situado na encosta ladeira do Alto do Penendo (serra do Rañadoiro) sobre rochas calcárias. O bosque
complétano acivros, bidueiros e capudres.
Acibeiral nos Ancares.
O cultivo de castiñeiros tivo sempre unha
grande importancia na comarca. A utilidade
mixta do castiñeiro para madeira e castañas
favoreceu o seu cultivo, que noutros tempos
ocupou amplas superficies. Na actualidade
segue sendo unha fonte de recursos para os
habitantes da montaña.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)
A Cortella. (Becerreá).
CARBALLO (Quercus robur)
A Cortella. (Becerreá).
-14 m de altura e 5,70 m de perímetro.
Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella.
(Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de
grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P)
Río Ortigal (P)
Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)
Eixibrón (Tortes, Becerreá) -6,30 m de perímetro Eixibrón (Tortes, Becerreá) -4,37 m de perímetro
Eixibrón (Tortes, Becerreá)
-5,46 m de perímetro
San Martiño de neira (Baralla)
-5,85 m de perímetro
Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes)
CARBA/MOURÉS (Quercus petraea)
Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes).
Nas abas de Penalonga.
Varios exemplares, os de máis porte
acadan os 10,30 m de perímetro.
As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)
Avesedo de Donís (Cervantes)
Varios exemplares de ata 6,40 m de
perímetro.
Río Ortigal
Teso das Valiñas (Piornedo)
As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas
Avesedo de Donís (Cervantes)
Quercus x rosacea
(híbrido de carballo e carba)
Praza do Campo.
(Quindous- Cervantes)
-20,4 m de altura e 6,37 m de
perímetro. (P)
CERQUIÑO/REBOLO
(Quercus pyrenaica)
Praza do Campo. (Quindous. Cervantes).
Praza do Campo. (Quindous.
Cervantes). -16,9 m de altura e 4,15 m
de perímetro. (P)
As Freitas (Piornedo, Cervantes)
No Teso das Valiñas
CASTIÑEIRO
(Castanea
sativa)
Aucella (Cervantes)
Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro .
A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m
de perímetro.
Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro.
Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro.
Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no
souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de
perímetro.
Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)
-10, 30 m de perímetro.
Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do
Seixo, Cervantes)
-7 m de perímetro.
Noceda
(As Nogais)
Rebolos no Teso das Valiñas
(Piornedo, Cervantes)
Verdello de Cereixedo
Castelo de Frades
A Pedreira
(Queizán-Navia de
Suarna) Vallo (Navia de Suarna)
Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
Rao (Navia de Suarna),
Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
Noceda
(As Nogais)
Doncos (As Nogais)- 735 e 6,28 m de perímetro
Fraga da Cabana Vella
ACIVRO/XARDÓN
(Ilex aquifolium)
Fraga da Cabana Vella
(Cereixedo-Cervantes).
- Varios exemplares de bo porte.
Avesedo de Donís (Cervantes).
- Varios exemplares de bo porte de
ata 3,20 m de perímetro.
Avesedo de Donís
BIDUEIRO / BIDO
(Betula celtiberica)
Monte dos Acebais (Piornedo,
Cervantes). Nas abas de Penalonga.
Varios exemplares de ata 4,30 m de
perímetro.
Avesedo de Donís (Cervantes).
Varios exemplares de ata 4,30 m de
perímetro.
Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)
Avesedo de Donís (Cervantes).
Val do río Ortigal (Cervantes)
FAIA (Fagus sylvatica)
-Pintinidoira
(Vilaspasantes-Cervantes)
(P)
-Faias de Pintinidoira (P)
CAPUDRE (Sorbus aucuparia)
Val do río Ortigal (Cervantes)
A Corredoira (Nullán, As Nogais)
CERDEIRA (Prunus avium)
ESPAZOS PROTEXIDOS
RESERVA DA BIOSFERA
OS ANCARES
53.664 ha nos concellos de Navia de Suarna,
Cervantes e Becerreá cunha poboacións duns
4.900 habitantes.
Está situada en plenas serras orientais galegas,
ao leste da provincia de Lugo, no linde con
León. É un territorio eminentemente de
montaña de relevo accidentado. Son áreas
habitadas desde a prehistoria como o
atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos
atopados. Na actualidade conserva
importantes valores naturais e culturais.
LIC “OS ANCARES O COUREL”
É un grande espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con
León, nesta comarca os concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e
Pedrafita do Cebreiro. É un espazo eminentemente de montaña onde se atopan serras que
acadan case os dous mil metros que verten as súas augas case por completo ao río Navia.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares), ecolóxicos (diversidade de
ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas) e etnográficos.
Pita do monte (Tetrao urogallus), unha especie que desapareceu
dos Ancares. A Fauna dos Ancares é moi variada e conta con
moitas especies en perigo, a de maior interese é o oso pardo, que
procedente dos montes cantábricos aparece esporadicamente
polos Ancares.
Aula da Natureza, en Degrada.
LIC CRUZUL-AGÜEIRA
Pequeno espazo (652 ha) situado nos concellos de Becerreá e As Nogais que inclúe os bosques
de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus afluentes Valdeparada e Boullón.
O aciñeiral de Cruzul está
situado ás beiras do Río
Narón sobre un estreito
banco de calcarias
dolomíticas mesturadas con
lousas e cuarcita con fortes
pendentes que proporcionan
un ambiente seco. É o bosque
de aciñeiras situado máis ao
norte de Galiza, un enclave
mediterráneo inmerso dentro
do dominio florístico
eurosiberiano. Está formado
por aciñeiras mesturadas con
rebolos e castiñeiros. No
sotobosque hai uvas de can
(Tamus communis), Anthyllis
vulneraria e Lithodora
diffusa.
O bosque da Agüieira está
próximo á localidade da
Agüeira, na marxe esquerda
do curso alto do Navia.
Desenvólvese sobre outeiros
redondeados de lousas. Está
formado por cerquiños
acompañados de freixos,
pradairos, bidueiros, abeleiras
e abundantes fentos. Abondan
os soutos.
Entre a avifauna propia de matogueiras, pasteiros e rochedos montanos
atópanse a moi ameazada charrela (Perdix perdix), a pica alpina (Anthus
spinoletta), a azulenta alpina (Prunella collaris), o merlo rubio (Monticola
saxatilis), e a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
ZEPA OS ANCARES
Un espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se
corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de
SEO/BirdLife (2012).
A serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da área de distribución durante a época de cría para
un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, aínda que os seus efectivos
son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas están probablemente extintas na actualidade, a pita do monte
cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto mediano
(Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a estreliña do
norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste grupo de aves
forestais de ámbito moi restrinxido en Galiza.
Hai unha interesante
poboación de aves rapaces,
con presenza de aguia real
(Aquila chrysaetos),
actualmente non nidificante,
miñato abelleiro (Pernis
apivorus), aguia cobreira
(Circaetus gallicus),
gatafornela (Circus cyaneus ),
tartaraña cincenta (Circus
pygargus), aguia calzada
(Hieraaetus pennatus), falcón
peregrino (Falco peregrinus),
e bufo real (Bubo bubo),
entre as nidificantes
probables ou seguras.
Bufo real
Choia
A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos
Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel.
É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha
unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro-
gandeira: corte, forno, almacén...
AS PALLOZAS
Palloza no Cebreiro.
A planta pode ser redonda, elíptica, oval,
rectangular-redondeada...
A construción está realizada cos materiais da
contorna aplicando técnicas elementais. Nas
paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de
castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e
palla centea para a cuberta.
Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas
de calor.
O interior está dividido en dúas partes por unha
parede que separa a zona do gando (estravariza) da
das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división
horizontal (barra) que serve de almacén de herba e
palla para o inverno, e como dormitorio no verán.
O piso é terreo agás na zona da lareira que vai
enlousado.
Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira
para delimitar un cuarto de durmir.
A altura do cume serve para darlle inclinanción á
cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir
que o fume se eleve.
A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para
protexerse dos ventos e íllase da humidade cun
rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a
neve.
Interior dunha palloza-
museo no Cebreiro
Interior dunha palloza-
museo en Piornedo.
Palloza en Piornedo.
Pallozas en Piornedo (arredor de 1977).
O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A
Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou
palleiras.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Abril 2017

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 

Destacado

Lorman Education Services - Medical Records as a Defense to Your License
Lorman Education Services - Medical Records as a Defense to Your LicenseLorman Education Services - Medical Records as a Defense to Your License
Lorman Education Services - Medical Records as a Defense to Your LicenseJustin Hein
 
The leveson inquiry
The leveson inquiryThe leveson inquiry
The leveson inquiryHamzaB94
 
Perkembangan Sosial Pada Anak Homeschooling
Perkembangan Sosial Pada Anak HomeschoolingPerkembangan Sosial Pada Anak Homeschooling
Perkembangan Sosial Pada Anak HomeschoolingMuhamad Yogi
 
MBS-ConnectsNewsletterSrping2013
MBS-ConnectsNewsletterSrping2013MBS-ConnectsNewsletterSrping2013
MBS-ConnectsNewsletterSrping2013Sarah Eremita
 

Destacado (7)

Lorman Education Services - Medical Records as a Defense to Your License
Lorman Education Services - Medical Records as a Defense to Your LicenseLorman Education Services - Medical Records as a Defense to Your License
Lorman Education Services - Medical Records as a Defense to Your License
 
The leveson inquiry
The leveson inquiryThe leveson inquiry
The leveson inquiry
 
04 praktikum struktur_atom
04 praktikum struktur_atom04 praktikum struktur_atom
04 praktikum struktur_atom
 
Perkembangan Sosial Pada Anak Homeschooling
Perkembangan Sosial Pada Anak HomeschoolingPerkembangan Sosial Pada Anak Homeschooling
Perkembangan Sosial Pada Anak Homeschooling
 
Survey
SurveySurvey
Survey
 
MBS-ConnectsNewsletterSrping2013
MBS-ConnectsNewsletterSrping2013MBS-ConnectsNewsletterSrping2013
MBS-ConnectsNewsletterSrping2013
 
Google
GoogleGoogle
Google
 

Similar a Comarca Os Ancares

Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 

Similar a Comarca Os Ancares (13)

Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Os Ancares

  • 2. A comarca dos Ancares está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais. Serra dos Ancares no inverno: Tres Bispos, Penarrubia e serra das Maseiras co val do rego da Vara.
  • 3. SUPERFICIE: 1.048,7 km2 POBOACIÓN: 13.350 habitantes CONCELLOS: Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Os Ancares O Courel” e “Cruzul- Agüeira”. Os Ancares lugueses e os montes de Navia foron declarados Reserva da Biosfera pola UNESCO, en outubro de 2006.
  • 4. CLIMA Oceánico de montaña con invernos moi fríos e veráns frescos.
  • 5. Mecer na serra do Pando. Vista desde o alto do Cieiro. O vapor de auga que se condensa e descende de nivel ao baixar as temperaturas polas noites forma pola mañán masas de nubes das que sobresaen cumes.
  • 6. ACTIVIDADES Agrogandaría, forestal, pequenas industrias, servizos, turismo... Queixo do Cebreiro
  • 7. HISTORIA e PATRIMONIO A pesar do seu relevo accidentado son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Conserva un rico patrimonio histórico-artístico (castros, igrexas, castelos...) e etnográfico (pallozas, hórreos, núcleos tradicionais, pontes, alvarizas, muíños, folclore...). Capela e castro de Santa María do Castro (Cervantes )
  • 8. Igrexa de Nullán (As Nogais) Igrexa de Noceda (As Nogais)
  • 9. Igrexa de Torés (As Nogais) Igrexa de Berselos (Baralla)
  • 10. Igrexa de Santo André das Nogais
  • 11. Igrexa de San Martiño de Neira de Rei (Baralla) Igrexa de San Miguel de Ponte Neira (Baralla)
  • 12. Igrexa de Cadoalla (Becerreá)
  • 13. Igrexa de Ouselle (Becerreá) Igrexa de Eixibrón (Tortes, Becerreá)
  • 14. Igrexa de San Tomé da Cancelada (Cervantes) Igrexa de Vilapún (Cervantes)
  • 15. Igrexa de Dorna (Cervantes) Igrexa de Donís (Cervantes)
  • 16. Igrexa de Hospital (Pedrafita do Cebreiro)
  • 17. Castelo de Doiras (Cervantes) Torre de Doncos (As Nogais)
  • 18. Torre de Tores (As Nogais) Igrexa de
  • 19. Pazo de Doncos (As Nogais) Pombeiro en Doncos (As Nogais)
  • 20. Muíño en Penamaior (Becerreá) Muíño en Pontes de Gatín (Liber, Becerreá)
  • 21. CONCELLOS SUPERFICIE: 141,10 km2 POBOACIÓN: 2.774 habitantes (2014) PARROQUIAS: Aranza (Santiago), Arroxo (San Xoán), Baralla (Santa Mª Madalena), Berselos (San Martiño), Costantín (Santa María), Covas (Santiago), Ferreiros (San Pedro), Francos (San Salvador), Guimarei (San Tomé), Laxes (San Pedro), Lebruxo (San Tomé), Lexo (San Xoán), Pacios (Santa María), Pedrafita de Camporredondo (San Xoán), Penarrubia (Santa María), Piñeira (San Salvador), Pol (Santa María), Pousada (Santiago), Recesende (San Cirilo), Riba de Neira (Santalla), San Martín de Neira de Rei (San Pedro), San Miguel de Neira de Rei, Sixirei (San Pedro), Sobrado de Picato (Santa Cruz), Vale (San Xurxo), Vilachambre (Santa Mariña), Vilarpunteiro (Santa Marta), Vilartelín (Santa Eufemia). O río Neira no val de Neira de Rei. BARALLA Está situado no oeste da comarca, no val do río Neira que atravesa o territorio do concello de NE a SO. O territorio é moi irregular. Unha grande parte é montañoso: ao norte os últimos cumes da serra do Puñago, ao leste a de Vilamane e ao sur a Pena do Pico. A máxima altura é o monte Labrada con 900 m. O Neira circula nun primeiro tramo encaixado (vales de Neira de Rei e Baralla) nunha fractura entre lousas, xistos e cuarcitas, e máis abaixo ábrese formando o val de Xusá.
  • 22. Casa e hórreo en San Martiño de Neira de Rei. As principais actividades son a agrogandaría e os servizos. Conserva importantes valores naturais, etnográficos e histórico-artísticos na contorna do río Neira e os seus afluentes: bosques de ribeira, carballeiras, pontes, muíños, ferrerías, arcas para a pesca de anguías, igrexas, casas, pazos, hórreos... Hai sinalizadas varias rutas que percorren os lugares de maior interese do concello.
  • 23. SUPERFICIE: 172,01 km2 POBOACIÓN: 2.987 habitantes (2015) PARROQUIAS: Agüeira (San Xoán), Armesto (San Román), Becerreá (San Xoán), Cadoalla (San Pedro), Cascallá (Santa María), O Cereixal (San Xosé), Cruzul (San Martiño), Ferreirós de Valboa (Santa María), Fontarón (Sancti Spiritus), Furco (San Xoán), Guilfrei (Santa Eulalia), Guillén (San Pedro), Liber (San Remixio), Morcelle (San Xulián), Ouselle (San Cosme), Ousón (Santo Adrao), Pando (San Xoán), Penamaior (Santa María de San Lourenzo), Quintá de Cancelada (Santa Eulalia), Sevane (San Xoán), Tortes (San Pedro), Veiga (Santa Mariña), Vilachá (San Pedro), Vilaíz (Santiago), Vilamane (Santa María), Vilouta (Santa Mariña). Becerreá un día de inverno. Detrás a serra da Pena do Pico. BECERREÁ Está situada no centro norte da comarca, na marxe esquerda do río Navia. O territorio é montañoso e descende pouco a pouco cara ao val do Navia que fai de linde polo leste cos concellos de As Nogais e Cervantes. Ao norte atópanse as serras de Calamouco, Portelo, Restelo e Vilamane, ao sur a Pena da Hedra e Albela, e ao oeste a Pena do Pico. O cume máis alto é o Pico da Pena con 1.182 m. O Navia é o río principal e recibe en Becerreá ao San Martiño, Narón e Ferreiros.
  • 24. Santa María de Penamaior, románica do século XII, resto dun antigo mosteiro. Declarado Ben de Interese Cultural. Fronte á igrexa atópase un muíño. As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o gando vacún de leite), a forestal e os servizos. A vila de Becerreá é a capital municipal e comarcal e concentra a maioría dos servizos. Acolle importantes valores naturais arredor dos ríos e nas serras. Dentro do territorio do concello está protexido o LIC “Cruzul-Agüeira” e o linde do LIC “Os Ancares O Courel”, que afecta ao curso do río Navia. Tamén conserva un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico: pontes, muíños, igrexas, mosteiros, castros...
  • 25. CERVANTES Está situado no extremo oriental da comarca e da provincia de Lugo, no linde con León, na marxe dereita do río Navia. O relevo vai gañando altura desde o val do Navia cara ao leste ata a liña de Cumes dos Ancares onde se atopa a máxima cota (Mostallar, con 1.924 m). Os sistema fluvial está artellado arredor do Navia que recibe varios afluentes que baixan da serra dos Ancares e as súas estribacións: Ser, Castro, Cervantes... Xantes. SUPERFICIE: 277,6 km2 POBOACIÓN: 1.487 habitantes (2015) PARROQUIAS: Ambasvías (Santalla), Castelo (San Pedro), O Castro (Santa María), Cereixedo (Santiago), Donís (San Fiz), Dorna (Santa María), Lamas (San Xiao), O Mosteiro (San Xoán), Noceda (San Pedro), O Pando (Santa María), Quindous (San Xusto), A Ribeira (San Martín), San Pedro de Cervantes, San Román de Cervantes, San Tomé de Cancelada, Vilapún (Santa Comba), Vilaquinte (San Breixo), Vilarello (Santa María), Vilasante (Santiago), Vilaspasantes (San Xoán), Vilaver (San Xusto).
  • 26. É un concello de montaña eminentemente rural cunha poboación moi avellentada e unha alta taxa de emigración. As principais actividades son a agrogandaría (especialmente gando vacún) e as explotacións forestais. Recentemente están adquirindo importantacia os servizos asociados ao turismo. É un concello cuns grandes valores naturais (fragas, formacións xeolóxicas, especies animais e vexetais raras ou únicas...) e etnográficos (pallozas, hórreos, asentamentos de montaña...). Unha grande parte do territorio está protexido no do LIC “Os Ancares O Courel” e forma parte da Reserva da Biosfera “Os Ancares”. Piornedo.
  • 27. SUPERFICIE: 242,54 km2 POBOACIÓN: 1.211 habitantes (2015) PARROQUIAS: Barcia (San Miguel), Cabanela (Santa María), Castañedo (Santiago), Folgueiras (Santa Eufemia), Freixís (San Pedro), Galegos (Santiago), Moia (Santiago), Mosteiro (San Salvador), Muñís (San Xosé), Penamil (Santiago), Pin (Santa María), A Proba de Navia (Santa María Madanela), Queizán (Santiago), Rao (Santa María), A Ribeira (Santo Estevo), Ribón (Santa Mariña), Son (Santa María), Vallo (Santa Mariña), Vilarpandín (Santo Estevo). A Pobra de Navia de Suarna. No centro o castelo e a “Ponte Vella”, unha ponte medieval sobre o Navia, de posible orixe romana. NAVIA DE SUARNA Situada ao nordeste da comarca, no linde con Asturias e A Fonsagrada. O territorio pode considerarse, na súa maior parte, de alta montaña. Está ocupado por serras separadas por profundos vales dos ríos que aproveitan as fracturas do terreo. O Val do Navia atravesa o concello de SO a NE e recibe numerosos afluentes: Ser, Mingueiro, Vilarpandín, Moia e Rao, pola dereita; Queizán e Mosteiro pola esquerda. Ao norte atópanse as serras da Mora e A Bara; ao oeste Restelo, Pedruñais e Pedreo; ao sur Murias e Corneantes; e ao leste Ancares, Brañal, Surcio e Barreiro. O cume máis alto do concello é o Tesón, con 1.74 m.
  • 28. Castelo da Pobra de Navia de Suarna, destruído na Revolta Irmandiña e recostruído posteriormente. As principais actividades son as explotacións forestais, a agrogandaría (especialmente gando vacún) e os servizos. Acolle un grande patrimonio natural e etnográfico e forma parte do LIC “Os Ancares O Courel” e da Reserva da Biosfera “Os Ancares”. Serra de Airelos e val do Rao. No centro Coro, un núcleo rural que se está rehabilitando.
  • 29. Torre de Doncos situada nun resalte rochoso rodeado polo río Navia. AS NOGAIS Situado no centro-sur da comarca, Ten un relevo moi irregular con numerosas serras situadas nas dúas marxes do río Navia que atravesa o concello con dirección SE-NO nun estreito val cunha altitude media de 600-800 m. Ao norte está a serra da Pena da Hedra, ao leste Pintinidoira e A Escrita, ao sur o Rañadoiro, Piornal, A Pena e Travesa, e ao oeste o monte Albela, no linde con Triacastela (comarca de Sarria). O cume máis alto é o Alto do Poio, con 1.415 m. SUPERFICIE: 110,31 km2 POBOACIÓN: 1.191 habitantes (2015). PARROQUIAS: A Alence (santa Lucía), Doncos (Santiago), Noceda (San Xoán), As Nogais (santa María Madanela), Nullán (San Cosmede), Quintá (San Pedro), Santo André, Torés (San Xoán) e Vilaicente (San Xoán).
  • 30. Vista do territorio das Nogais desde os cumes do Rañadoiro, no linde con Pedrafita. É un concello de montaña eminentemente rural, con pequenos núcleos de poboación e atravesado polas principais vias de comunicación de Galiza coa Meseta. As principais actividades son as explotacións forestais, a agrogandaría e a mineiría. Acolle importantes valores naturais nas serras e nos vales dos ríos e un variado patrimonio histórico-artístico e etnográfico: castelos, pazos, muíños, pontes... O curso do río Navia está protexido no LIC “Os Ancares O Courel”.
  • 31. SUPERFICIE: 104,87 km2 POBOACIÓN: 1.119 habitantes (2015). PARROQUIAS: O Cebreiro (Santa María), Fonfría (San Xoán), Hospital (San Xoán), Liñares (Santo Estevo), Lousada (San Vicente), Louzarela (San Xoán), Pacios (San Lourenzo), Padornelo (San Xoán), Pedrafita do Cebreiro Santo Antón), Riocereixa (santa María Madanela), Veiga de Forcas (Santa María) e Zanfoga (San Martiño). Igrexa de Santa María a Real, no Cebreiro. Formou parte dun mosteiro fundado no século IX que tivo gran importancia como institución hospitalaria no Camiño Francés da Ruta Xacobea. O edificio do antigo hospital está convertido en hospedería. PEDRAFITA DO CEBREIRO Está situado no sur da comarca, nun terreo de transición entre as serras dos Ancares e O Courel e nun lugar natural de paso entre as serras orientais galegas e as rutas á Meseta. O relevo é moi irregular e está profundamente dividido por fallas aproveitadas polos ríos para escavar os seus vales. A norte está a serra do Piornal; ao leste os Montes de Pedrafita, o Chao da Poza (1402 m), A Pena e A Travesa; ao sur a serra do Courel (O Faro, 1.621 m); e ao oeste o Rañadoiro. O territorio de Pedrafita é punto de separación das vertentes do Navia, cara ao norte, e os Lor e o seu afluente o Lóuzara, cara ao sur.
  • 32. Pedrafita cos Ancares ao fondo. As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos, en especial o turismo asociado á natureza e ao Camiño de Santiago, que atravesa o concello e ten no Cebreiro un dos seus referentes máis destacados. Acolle un importante patrimonio natural, etnográfico e histórico-artístico. Parte do curso do Navia está protexido no LIC “Os Ancares O Courel”. Palloza no Cebreiro
  • 33. RELEVO O territorio da comarca dos Ancares é unha sucesión de serras interrumpidas por fracturas e vales fluviais encaixados con predominancia de xistos e lousas e algunhas bandas de cuarcitas. A serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con orientación norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese unha sucesión de serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Granda de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e Escrita. Na marxe esquerda do Navia atópanse, de norte a sur, as serras da Mora, Bara, Pedruñais, Portelo, Vilamane, Calamouco, Pena do Pico, Pena da Hedra, Piornal e Rañadoiro. Ao sur da comarca, en terras de Pedrafita do Cebreiro atópanse as últimas estribaciónas cara ao norte da serra do Courel. Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares,ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.
  • 34. En xeral son serras de cumes erosionados e ladeiras abruptas que se corresponden cun antigo bloque desgastado e posteriormente erguido pola Oroxenia Alpina no que máis tarde a actividade glaciar e fluvial escavou profundos vales de paredes con grandes desniveis. Vista desde o alto do Murallón (serra do Rañadoiro). No primeiro plano as serras de Pional e Pena da Hedra e ao fondo Os Ancares.
  • 35. Faial de Fonteformosa, nas abas do Faro (Pedrafita do Cebreiro), o faial máis puro de Galiza. Nestas serras consérvanse formacións vexetais de grande valor ecolóxico: matogueiras, fragas, acibeirais, carballeiras, bidueirais, soutos... e unha rica flora e fauna asociadas entre as que se atopan numerosos endemismos e especies en perigo de extinción.
  • 36. Piñeiro Rubio (Pinus silvestris), especie empregada en plantacións forestais. O capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia) é unha árbore típica das montañas. Cóbrese de flores a finais da primavera e os seus froitos vermellos atraen aos paxaros durante o outono.
  • 37. Acibeiral na Fraga da Cabanavella. Froitos de acivro (Ilex aquifolilium), Os acivros medran como sotobosque nas fragas e carballeiras e ás veces forman bosques monoespecíficos en zonas de altura moi illadas. Son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do
  • 38. Flores de arandeira (Vaccinium myrtillus). Lilium martagon
  • 39. Uvas de can (Cornus sanguinea), arbusto de follas ovais que se volven encarnadas no outono. Atópase nas sebes e beirais do bosque en zonas calcárias. A herba do pobre (Clematis vitalba) en Galiza aparece sempre asociada ás rochas calcarias.
  • 41. Vista xeral da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane. O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés. SERRA DOS ANCARES É a prolongación cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica que se extende en dirección NNE a SSO formando unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre o porto dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro e que separa administrativamente Galiza (concello de Cervantes) do Bierzo. Está limitada polo río Navia no oeste, as cabeceiras dos ríos Cua, Burbia e Ancares, polo leste e as estribacións da serra do Courel cara ao sur. As rochas máis abundantes son as lousas do Paleozoico, posteriormente pregadas na Oroxenia Hercínica, que lle confiren un perfil suave, mesturadas con cuarcitas, areíscas e granitos de dúas micas.
  • 42. Na vertente leste dos Ancares nacen os ríos que van á cunca do Sil e na oeste os da cunca do Navia (Ser, Rao...). A serra dos Ancares ten un grande interese xeolóxico, biolóxico e etnográfico. Forma parte do LIC “Ancares-Courel”, e da ZEPA e Reserva da Biosfera “Os Ancares” Pódese acceder desde Navia de Suarna, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro ou Ambasmestas. Numerosas rutas permiten percorrer os lugares de maior interese e facer travesías polos cumes conectando coas dos Ancares Leoneses. O Mostallar. O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.
  • 43. Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.
  • 44. Na partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa), como no Val de Tres Bispos, val de Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol... Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo Morrenas en Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor. Corte do solo onde se aprecian os distintos materiais transportados en períodos de xeo-desxeo.
  • 45. Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do Ortigal, afluente do Ser.
  • 46. Nas zonas baixas dos vales e ata os 1.500 m de altitude medran bosques caducifolios de enorme valor ecolóxico. Nas abas soleadas están formados por cerquiños e nas sombrías de carballos acompañados de carbas, abelairas, freixos, capudres, teixos, pradairos e acivros. Atópanse 20 endemismos de plantas da área cantábrica Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...) O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talose madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte. Interior dunha fraga camiño de Penarrubia.
  • 47. Nas partes altas da serra aparecen bidueiros acompañados de piornos, xenebreiros, e xensás. O mato está formado por carqueixas, uces e arandeiras. Tamén hai áreas de pradeiras subalpinas e algunhas turbeiras. A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela... Pinguicula lusitanica. Nas áreas achairadas dos cumes máis altos abondan as turbeiras onde se poden atopar especies adaptadas aos solos pobres que se alimentan de insectos como as pinguicolas e as rorelas.. Iris latifolia Ranunculus platanifolius
  • 48. Narcisos (Narcissus pseudonarcissus) no Campo Formoso (Val do Ortigal)
  • 49. Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte peninsular que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.
  • 50. Vista da serras da Fiosa e a Cortella (ao fondo) no primeiro plano Xantes, na beira da serra do Agulleiro. SERRA DA CORTELLA Pequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude. Accedese desde Vilar de Mouros.
  • 51. SERRA DA FIOSA Esténdese con orientación N-S, con prolongación cara á serra da Cortella, ao oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese desde San Román de Cervantes ou Quindous. O punto máis alto é o Monte da Fiosa, con 1.422 m. Accedese desde a estrada de Cervantes (San Román) a Degrada. Monte da Fiosa (á esquerda) e Pena do Santo. Vista da serra da Fiosa desde o alto de Boixecide, a carón do Albergue dos Ancares.
  • 52. Serra das Maseiras despois dunha nevada. Detrás vese Penarrubia. SERRAS DO PANDO E MASEIRAS É un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes). Accedese desde Cereixedo, Pando e Deva. Unha ruta que sae do Albergue dos Ancares permite percorrer as fragas do rego da Vara e continuar cara a Penarrubia. Desde Doiras, por Vilanova do Pedregal sae outra ruta que chega a Penarrubia e pasa polo rego de Brego. Serra do Pando. Ao fondo Tres Bispos (á esquerda) e Penarrubia (á dereita).
  • 53. Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse unhas das fragas máis importantes dos Ancares. Cereixido e detrás a serra do Pando.
  • 54. SERRA DE GRANDA DE ARROXO E VILAR Esténdese con dirección SO-NO entre os ríos de Quindous e Ser. O cume máis alto acada 1.278 m no contacto coa serra da Fiosa. Accedese desde Quindous por Vilarín ou desde Vilar.
  • 56. Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno. SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUS Esténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados. Accedese desde Vilarello ou Piornedo. Unha ruta que segue o río Piornedo sube aos cumes onde se poden atravesar fragas e acibeirais.
  • 57. SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑAL Esténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m. Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo de Murias e as Brañas de Pan de Zarco e sae na Cruz de Cespedosa. Vista da zona de Murias de Rao. De esquerda a dereita: o canón do Rao, a serra do Brañal co Penedo de Murias e a serra de Airelos.
  • 58. Vista das Brañas de Pan de Zarco, nos cumes da serra do Brañal. Cabanas na Alzada de Pan de Zarco. As Alzadas eran lugares de pastoreo no verán. As cabanas estaban acondicionadas para residir na tempada de verán mentres se coidaba do gando na montaña. Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de altura. Este impresionante penedo de cuarcitas sobresae á beira do camiño de Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.
  • 59. Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galiza, Asturias e León. SERRA DE SURCIO No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m. Accedese desde Navia de Suarna, pola estrada de Rao.
  • 60. A serra do Barreiro está cuberta de mato agás nos fondos dos vales e nas proximidades dos lugares habitados. SERRA DE BARREIRO Situada no límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE, formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura é o Dangoleo, con 1.181 m. Na vertente sur nacen pequenos ríos afluentes do Rao. Accedese desde Navia de Suarna.
  • 61. Serra de Louxas cos Ancares ao fondo. SERRA DE LOUXAS Con orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande parte para pastos e outros cultivos. Accedese desde a estrada de Navia de Suarna á Fonsagrada, ou pola do Cereixal a Asturias, que percorre os cumes.
  • 62. Vista desde o cume do Restelo cara á serra de Louxas. MONTE RESTELO É o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia e o Suarna. Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobre as serras dos Ancares, A Fonsagrada e Becerreá.
  • 63. Bidueiros na serra do Portelo. SERRA DO PORTELO Situada no concello de Becerreá, con orientación NO-SE. O punto máis alto é o Portelo, con 938 m. Accedese pola estrada do Cereixal (Becerreá) a Fontaneira.
  • 64. Serra de Vilamane. Ao fondo Os Ancares. SERRA DE VILAMANE Situada ao sur da serra do Portelo, coa mesma orientación. O monte máis alto é o Lago, con 1.046 m. Na vertente oeste nacen varios afluentes do Navia. Accedese desde O Cereixal (Becerreá) pola estrada que vai á Fonsagrada.
  • 65. SERRA DE PUÑAGO Xunto coa da Vaqueriza e Miradoiro, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferencian os cumes. Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas. O punto máis alto é o Lagua, con 945 m. Accedese desde a estrada de Baralla a Meira. Vista do conxunto das serras, O Puñago á esquerda e a Vaqueriza á dereita. Detalle da serra do Puñago, na que se aprecian os distintos aproveitamentos do monte.
  • 66. Nas partes baixas da serra do Calamouco consérvanse carballeiras e nas altas monte baixo e plantacións de piñeiros. SERRA DE CALAMOUCO Esténdese con orientación norte-sur a continuación da serra de Vilamane en terreos do concello de Becerreá. O cume máis alto é o Castiñeira, con 896 m. Accedese desde Becerreá. A serra do Calamouco está atravesada poloa autovía A Coruña-Benavente que salva os desniveis por medio de túneis e viadutos.
  • 67. Vista da cara sur da Pena do Pico. SERRA DE PENA DO PICO Esténdese en dirección N-SO en terreos do concello de Becerreá. Está formada por xistos e cuarcitas e a máxima altura é o Monte da Pena, con 1.182 m. Nas súas abas consérvanse boas carballeiras. Accedese desde Becerreá, pola estrada de Láncara.
  • 68. Aciñeiral de Cruzul, na aba sur do Serrón da Pena da Hedra sobre unha formación de rochas calcárias. SERRÓN DE PENA DA HEDRA Esténdese con orientación NO-SE, en terreos de Becerreá e As Nogais. O punto máis alto é O Figueiro, con 1.046 m. Nas súas abas atópase o espazo “Cuzul-Agüeira” onse se conservan fragas mixtas, soutos e aciñeirais de grande valor ecolóxico. Accedese desde As Nogais ou Becerreá. Pena da Hedra (aba sur)
  • 69. Vista da Serra do Piornal desde O Cebreiro. SERRA DO PIORNAL Situada no norte do concello de Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE e limitada polo val do Navia ao nordeste. O monte máis alto é o Carballeda, con 1.392 m. Accedese desde As Nogais ou desde Pedrafita.
  • 70. Val do Navia, limitado pola dereita por un grupo de pequenas serras: Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita. Polas abas destas serras discorren as vías de comunicación de A Coruña e Lugo coa meseta. Ao fondo á esquerda o monte Carballeda (1.392 m) da serra do Piornal. A altitude máxima é o Chao de Pereira con 1.256 m.
  • 71. Serra do Rañadoiro desde Hospital. SERRA DO RAÑADOIRO Situada entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE. O punto máis alto é a Muralla, con 1.480 m. Na vertente sur nace o río Lóuzara que vai cara ao Courel a xuntarse co Lor. Accedese desde Pedrafita (O Cebreiro) ou Triacastela.
  • 72. Vista xeral do Cebreiro. Está situado a nas estribacións da serra do Rañadoiro 1.300 m de altura, entre os montes Pozo de Area (1.394 m) e o Chan da Poza (1.402). É unha zona de transición entre as serras de Ancares e O Courel.
  • 73. Devesa de Zanfoga e serra do Courel. SERRA DO COUREL Orientada en dirección NE-SO, separada do sistema de serras dos Ancares pola serra do Rañadoiro. As últimas estribacións cara ao norte están no concello de Pedrafita do Cebreiro, no linde coa provincia de León. As principais alturas nesta comarca son O Faro, con 1.615 e o Pico Grande, con 1.544. Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias. Destaca polas devesas e faiais que se conservan nas súas ladeiras: devesa de Zanfoga e Riocereixa e faial de Fonteformosa. Accedese desde O Cebreiro ou Hospital. Unha pista de montaña segue os cumes e sae no Formigueiros, nun dos accesos á Devesa de Rogueira.
  • 74. OS RÍOS A rede fluvial da comarca dos Ancares está dividida en dúas polas serras do Rañadoiro e Piornal. O Navia (que desemboca no Cantábrico, en Asturias) circula cara ao norte e recolle as augas dos numerosos afluentes que baixan do complexo sistema de serras que rodean as súas marxes. Cara ao sur circulan o Lor e o seu afluente o Lóuzara que recollen as augas dos montes de Pedrafita e van verter ao Sil. O Neira recolle as augas das serras do noroeste e xúntase ao Miño nas proximidades de Portomarín. Rego das Pasadas, afluente do Ser. Río Piornedo ou de Bous ao pé do Mostallar.
  • 75. En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e fervenzas. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos... Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).
  • 76. Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val limitado pola serra do Piornal, á esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita, á dereita. RÍO NAVIA Nace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera. Varios tramos forman parte do LIC “Ancares-Courel”. AFLUENTES DO NAVIA NA COMARCA: Pola dereita: Valdeparada, Cervantes (Casas ou Cancelada- Toural, Noceda, Brego, Vara-), Quindós, Ser ou Ortigal, Vilapardín, Canlorcia, Rúa, Rao ou Valouta. Pola esquerda: Bullón (Refuxiados), Narón ou Ferreiros, Calamouco, Vilaiz, Donsal, Bullán, Gueizán, Mosteiro e Suarna (Lamas- Castelo, Córneas, Castosa, Ransinde-).
  • 77. O Navia en Agüeira (Becerreá) “Ponte Vella” sobre o Navia na Pobra de Navia de Suarna. Muíño no río Ferreria (afluente do Narón) en Becerreá. Río Narón en Cruzul. O NARÓN é un afluente do Navia que discorre polo concello de Becerreá. Fórmase pola confluencia de varios regueiros que nacen nas serras de Pena do Pico e Pena da Hedra, o máis importante é o Ferreiros.
  • 78. Ponte de Gatín sobre o Navia (Liber, Becerreá)
  • 79. RÍO SER. Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto. Val do Ser
  • 80. Fervenza no rego de Boixecide, un afluente do Ortigal. Salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de altura en dous saltos RÍO ORTIGAL. É unha das cabeceiras do Ser (Navia). Ten un percorrido con numerosos rápidos e fervenzas.
  • 81. O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace no Penalonga e desemboca no río das Pontes (cabeceira do Ser que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos. Pódense observar na ruta que vai de Piornedo ao Mostallar, na estrada de Campo da Braña a Piornedo (un pouco antes de Donís) ou na desembocadura cando se xunta co río das Pontes. Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar.
  • 82. FERVENZA DAS PONTES. Na parroquia de Donís (Cervantes). No rego de Bous ou de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río das Pontes (Ser).
  • 83. O RAO fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso. PESQUEIRA DE LASTROA. En Murias (Rao-Navia de Suarna). No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao. A fervenza vese xusto en fronte do penedo de Murias. O acceso é practicamente imposible xa que o río forma un canón con moito desnivel e varias fervenzas, rápidos e tobogáns en cuarcitas. Canon do Rao (Navia de Suarna), entre Murias e Valouta.
  • 84. O Lor en Zanfoga. RÍO LOR Nace nos montes do Cebreiro e ten como cabeceiras os regatos Fonlor (que nace no Cebreiro), Fonte Grande e Brañuelas (que baixa da serra do Courel). Ten un percorrido de 50 km por terreos do Courel e desemboca no Sil en Augasmestas. Ten un curto percorrido por esta comarca, polo concello de Pedrafita do cebreiro, no seu curso alto. Fervenza de Pontalor, nun afluente do Lor entre Lousada (Pedrafita do Cebreiro) e Vilela (O Courel).
  • 85. Río Neira en San Martiño de Neira de Rei (Baralla). RÍO NEIRA Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira) e xúntase ao Miño entre os concellos de Portomarín, O Páramo e Láncara. Na comarca percorre o concello de Baralla. Recibe pola dereita o Val Pedroso, Mazuco, A Pena, Xemil, Guimarei, Basille, A Carballeira, A Aspara e O Val. Pola esquerda o Busto, Furco, O Souto, Pena do Gato, As Veigas, Cobo e Toanzos. Mazo a carón do río Busto, un afluente do Neira, no lugar de Os Mazos (Baralla).
  • 86. AS ÁRBORES Na comarca dos Ancares atópanse varias fragas representativas dos bosques naturais atlánticos (caducifolos) caracteristicos de Galiza. Son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos... Ademais atópanse boas representación de acibeirais, carballeiras, soutos, aciñeirais e faiais. Algunhas áreas están repoboadas con piñeiros. En moitos lugares consérvanse exemplares monumentais de carballos, bidueiros, acivros, faias e castiñeiros. Capudres na fraga de Penarrubia, un dos maiores bosques dos Ancares.
  • 88. Fraga da Cabanavella (Os Ancares)
  • 89. Devesa de Zanfoga. Situada na vertente norte de Pena Cerveira.
  • 90. Devesa de Riocereixa (serra do Courel).
  • 91. Faial de Fonteformosa (serra do Courel).
  • 92. Faial de Liñares, situado na encosta ladeira do Alto do Penendo (serra do Rañadoiro) sobre rochas calcárias. O bosque complétano acivros, bidueiros e capudres.
  • 94. O cultivo de castiñeiros tivo sempre unha grande importancia na comarca. A utilidade mixta do castiñeiro para madeira e castañas favoreceu o seu cultivo, que noutros tempos ocupou amplas superficies. Na actualidade segue sendo unha fonte de recursos para os habitantes da montaña.
  • 95. ÁRBORES SENLLEIRAS Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P) A Cortella. (Becerreá). CARBALLO (Quercus robur) A Cortella. (Becerreá). -14 m de altura e 5,70 m de perímetro. Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P) Río Ortigal (P)
  • 96. Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)
  • 97. Eixibrón (Tortes, Becerreá) -6,30 m de perímetro Eixibrón (Tortes, Becerreá) -4,37 m de perímetro
  • 98. Eixibrón (Tortes, Becerreá) -5,46 m de perímetro San Martiño de neira (Baralla) -5,85 m de perímetro
  • 99. Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes) CARBA/MOURÉS (Quercus petraea) Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes). Nas abas de Penalonga. Varios exemplares, os de máis porte acadan os 10,30 m de perímetro. As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes) Avesedo de Donís (Cervantes) Varios exemplares de ata 6,40 m de perímetro. Río Ortigal Teso das Valiñas (Piornedo)
  • 100. As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas
  • 101. Avesedo de Donís (Cervantes)
  • 102. Quercus x rosacea (híbrido de carballo e carba) Praza do Campo. (Quindous- Cervantes) -20,4 m de altura e 6,37 m de perímetro. (P)
  • 103. CERQUIÑO/REBOLO (Quercus pyrenaica) Praza do Campo. (Quindous. Cervantes). Praza do Campo. (Quindous. Cervantes). -16,9 m de altura e 4,15 m de perímetro. (P) As Freitas (Piornedo, Cervantes) No Teso das Valiñas
  • 104. CASTIÑEIRO (Castanea sativa) Aucella (Cervantes) Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro . A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de perímetro. Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna) Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro. Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna) Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro. Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro. Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes) -10, 30 m de perímetro. Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo, Cervantes) -7 m de perímetro. Noceda (As Nogais)
  • 105. Rebolos no Teso das Valiñas (Piornedo, Cervantes)
  • 107. A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) Vallo (Navia de Suarna)
  • 108. Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
  • 109. Rao (Navia de Suarna), Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
  • 111. Doncos (As Nogais)- 735 e 6,28 m de perímetro
  • 112. Fraga da Cabana Vella ACIVRO/XARDÓN (Ilex aquifolium) Fraga da Cabana Vella (Cereixedo-Cervantes). - Varios exemplares de bo porte. Avesedo de Donís (Cervantes). - Varios exemplares de bo porte de ata 3,20 m de perímetro.
  • 114. BIDUEIRO / BIDO (Betula celtiberica) Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). Nas abas de Penalonga. Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro. Avesedo de Donís (Cervantes). Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro. Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)
  • 115. Avesedo de Donís (Cervantes).
  • 116. Val do río Ortigal (Cervantes)
  • 119. CAPUDRE (Sorbus aucuparia) Val do río Ortigal (Cervantes)
  • 120. A Corredoira (Nullán, As Nogais) CERDEIRA (Prunus avium)
  • 121. ESPAZOS PROTEXIDOS RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES 53.664 ha nos concellos de Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá cunha poboacións duns 4.900 habitantes. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña de relevo accidentado. Son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Na actualidade conserva importantes valores naturais e culturais.
  • 122. LIC “OS ANCARES O COUREL” É un grande espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con León, nesta comarca os concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. É un espazo eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros que verten as súas augas case por completo ao río Navia. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas) e etnográficos. Pita do monte (Tetrao urogallus), unha especie que desapareceu dos Ancares. A Fauna dos Ancares é moi variada e conta con moitas especies en perigo, a de maior interese é o oso pardo, que procedente dos montes cantábricos aparece esporadicamente polos Ancares. Aula da Natureza, en Degrada.
  • 123. LIC CRUZUL-AGÜEIRA Pequeno espazo (652 ha) situado nos concellos de Becerreá e As Nogais que inclúe os bosques de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus afluentes Valdeparada e Boullón. O aciñeiral de Cruzul está situado ás beiras do Río Narón sobre un estreito banco de calcarias dolomíticas mesturadas con lousas e cuarcita con fortes pendentes que proporcionan un ambiente seco. É o bosque de aciñeiras situado máis ao norte de Galiza, un enclave mediterráneo inmerso dentro do dominio florístico eurosiberiano. Está formado por aciñeiras mesturadas con rebolos e castiñeiros. No sotobosque hai uvas de can (Tamus communis), Anthyllis vulneraria e Lithodora diffusa. O bosque da Agüieira está próximo á localidade da Agüeira, na marxe esquerda do curso alto do Navia. Desenvólvese sobre outeiros redondeados de lousas. Está formado por cerquiños acompañados de freixos, pradairos, bidueiros, abeleiras e abundantes fentos. Abondan os soutos.
  • 124. Entre a avifauna propia de matogueiras, pasteiros e rochedos montanos atópanse a moi ameazada charrela (Perdix perdix), a pica alpina (Anthus spinoletta), a azulenta alpina (Prunella collaris), o merlo rubio (Monticola saxatilis), e a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). ZEPA OS ANCARES Un espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012). A serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da área de distribución durante a época de cría para un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, aínda que os seus efectivos son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas están probablemente extintas na actualidade, a pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto mediano (Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a estreliña do norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste grupo de aves forestais de ámbito moi restrinxido en Galiza. Hai unha interesante poboación de aves rapaces, con presenza de aguia real (Aquila chrysaetos), actualmente non nidificante, miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus ), tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia calzada (Hieraaetus pennatus), falcón peregrino (Falco peregrinus), e bufo real (Bubo bubo), entre as nidificantes probables ou seguras. Bufo real Choia
  • 125. A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel. É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro- gandeira: corte, forno, almacén... AS PALLOZAS Palloza no Cebreiro.
  • 126. A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais. Nas paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e palla centea para a cuberta. Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas de calor. O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir. A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve. A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a neve.
  • 127. Interior dunha palloza- museo no Cebreiro Interior dunha palloza- museo en Piornedo. Palloza en Piornedo.
  • 128. Pallozas en Piornedo (arredor de 1977). O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou palleiras.
  • 129. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Abril 2017