SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 90
VERÍN
A NATUREZA
Vista parcial de Verín e o val de Monterrei
A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, no linde con
Portugal. É unha área de grandes contrastes de releve o que determina tamén unha
diferencia climatolóxica e grandes variacións na paisaxe.
O centro está ocupado pola depresión de Monterrei ou de Verín, unha foxa
tectónica rodeada de montañas que segue unha inclinación lixeira de norte a sur, e
atravesada polo río Támega e os seus afluentes. As maiores alturas atópanse ao
norte, nas serras do Macizo Central.
Acolle zonas de gran interese natural.
SUPERFICIE:
1.007,1 km2
POBOACIÓN:
26.955 habitantes
(2015)
CONCELLOS:
Castrelo do Val,
Cualedro, Laza,
Monterrei, Oímbra,
Riós, Verín e
Vilardevós
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
LICs Río Támega,
Macizo Central.
CLIMA
O clima do val é oceánico continental, con invernos frios e veráns quentes e secos o que
propiciao o cultivo da vide. Nas serras o clima é oceánico de montaña, con maior cantidade de
precipitacións e os veráns máis frecos.
Primavera no Larouco
Vides no inverno
ACTIVIDADES
Os servizos, a construción, a industria e a agrogandaría. O cultivo da vide está acollido a
Denominación e Orixe Protexida “Monterrei”.
Viñedos en Oímbra
PATRIMONIO
É unha comarca cun rico patrimonio histórico-artístico: castros, igrexas, castelos, pazos… e
etnográfico: arquitectura popular, tradicións… Destaca a celebración do Antroido.
Castro de San Millán (Cualedro)
Cruceiro en OímbraFonte en Vilaza
Igrexa en Laza
Igrexa no castelo de Monterrei
Igrexa en Oímbra
CASTRELO DO VAL
Está situado no centro-leste da comarca. No territorio distínguense dúas zonas: ao suroeste a
depresión de Verín, unha zona achairada de pouca altitude; ao norte e leste as serras de Fial
das Corzas, Entirlos e Urdiñeira. Os cumes máis destacados son Cabeza do Sogral, con 1.369 m
e Pena Nofre, con 1.291 m.
O río Támega atravesa o concello polo oeste e recibe como afluente o Castrelo. O Camba
circula con dirección leste e varios regos cabeceiras do Mente (Arbaiguitos e Porto) circulan
cara ao sur.
CONCELLOS
SUPERFICIE:
122,01 km2
POBOACIÓN:
1.079 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Campobecerros,
Castrelo do Val,
Goldulfes, Nocedo do
Val, Parada da Serra,
Pepín, Piornedo,
Portocamba e Servoi.
Vista do territorio de Castrelo do Val desde o monte Meda
É un concello eminentemente rural, cunha grande área de montaña na que abondan os
bosques e as plantacións de piñeiros. As principais actividades son os servizos (moi
dependente da vila de Verín), a agricultura e o sector forestal.
Ten grandes valores naturais nas serras e na veiga do Támega. A proximidade do Parque
Natural do Invernadeiro fai que sexa lugar de paso para acceder a este, por Campobecerros.
O Támega en Castrelo do Val
Detalle dunha casa en Castrelo do Val
CUALEDRO
Está situado ao oeste da comarca sobre as serras de transición entre as depresións de Verín e
A Limia. O territorio é, na súa maior parte, de montaña. Disponse en faixas paralelas de
diferente altitude con orientación norte-sur. O centro está ocupado por unha aliñación de
cumes que parten da serra do Larouco, no linde con Portugal e Baltar (coa máxima altura ao
sur, no Redondo, con 1.328 m) e continúan nos montes das Estivadas, perdendo altura cara
ao norte. No linde con Laza están os montes de Valdriz (O Meda, con 1.091 m, no linde entre
Cualedro, Laza e Monterrei).
O sistema fluvial é moi complexo xa que é un territorio que de divisoria de augas entra varias
concas no que se forman as cabeceiras de numerosos regos. O Trasmiras e Augalevada
(Faramontaos) van ao Limia. O Baldriz, o Alvarellos (co Rebordondo e Lamas) e o Búbal (co
Montes, Muíños e Pinchos) van ao Támega.
SUPERFICIE:
117,56 km2
POBOACIÓN:
1.808 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Atás, Baldriz, Carzoá, Cualedro,
Lucenza, Montes, Rebordondo,
San Millao, Vilela e A Xironda.
Vista desde a serra do Larouco
Castro romanizado de Santa Marta
As principais actividades son os servizos
(asociados ás vilas de Verín e Xinzo de
Limia), a agricultura, a gandaría e o sector
forestal.
O maior interese natural reside nas serras
onde se conservan algunhas masas de
bosques autóctonos e as paisaxes son
espectaculares.
Tén un rico patrimonio arqueolóxico con
numerosas mámoas e os castros de A
Cidade e Saceda.
Lucenza, nas abas do Larouco
SUPERFICIE:
215,83 km2
POBOACIÓN:
1.424 habitantes
PARROQUIAS:
A Alberguería, Camba,
Carraxo, O Castro de Laza,
Cerdedelo, Laza, Matamá,
Retorta, Toro e Trez.
Rosetón da igrexa románica de Arcucelos
LAZA
Está situado ao norte da comarca. No territorio distínguense tres zonas: ao norte atópanse as
maiores alturas, nas serras do Macizo Central (San Mamede, Correchouso e Fial das Corzas, co
cume máis alto no Cabeza da Veiga do Fial, con 1.552 m); no centro a depresión formada polo
val do Támoga que recibe no concello numerosos afluentes que baixan das serras: Carraxó,
Souteliño e Barcelo, pola dereita e Barxa, Abilleira, Cabras ou Correchouso e Codias pola
esquerda. Ao sur pequenas elevacións co punto máis alto no Monte Meda, con 1.089 m.
Cruceiro no remate dun pozo, en Laza
As principais actividades son os servizos, a agrogandaría e o sector forestal.
Tén áreas de gran valor ecolóxico e paisaxístico nos vales dos ríos e nas serras. Unha parte
está protexido no LIC “Macizo Central”.
Laza conserva un importante patrimonio histórico-artístico (igrexas de Retorta e San Xoán de
Laza), etnográfico (casas, muíños, festas tradicionais…). Destaca a celebración do Entroido coa
presenza dos “Peliqueiros”.
Peliqueiros no Entroido de Laza
SUPERFICIE:
119,05 km2
POBOACIÓN:
2.809 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Alvarellos, Estevesiños,
Flariz, Infesta, A
madanela, Medeiros,
Monterrei, Rebordondo,
San Cristovo, Vences e
Vilaza.
Viñedos en Monterrei
MONTERREI
Situado no centro-leste da comarca, cunha pequena parte no linde con Portugal. O territorio
forma parte dunha zona de transición entre a depresión de Verín e as serras que a separan da
Limia. No oeste atópanse os contrafortes das serras do Larouco (o cume máis alto é o Picouto,
con 904 m) e o monte Meda, o cume máis alto do concello, con 1.089, na confluencia con
Cualedro e Laza. Ao leste o terreo vai descendendo en altura ata os 300 m da depresión de
Verín, que se estende polos vales do río Vilaza ou Búbal e o seu afluente o Albarellos (da
conca do Támega). O Támega fai de linde nunha parte do concello polo leste.
As diferencias de altitude determinan diferencias climáticas e nos cultivos: nas partes baixas
do val dominan as vides da Denominación de Orixe protexida Monterrei.
Detalle da igrexa prerrománica de Santa María
de Mixós, dos séculos IX eX, con caracteres
visigóticos e mozárabes.
As principais actividades son os servizos, a industria (especialmente téxtil e vinícola) e a
agricultura.
Os espazos de maior interese natural atópanse nas serras e nos ríos. O curso do Támoga e
parte do Vilaza están protexido no LIC “Río Támega”
Monterrei ten un importante patrimonio histórico artístico: destacan a igrexa prerrománica
de Santa María de Mixós, Santa María de Medeiros, o conxunto da fortaleza e igrexa de
Monterrei e o conxunto de Vilaza. O Camiño de Santiago (Ruta da Prata) cruza o concello.
Castelo de Monterrei. O conxunto, asentado nun antigo castro,
está formado por un recinto amurallado, as Torres das Damas e
da Homenaxe, un Hospital de Peregrinos, o pazo dos Condes
(renacentista) e a igrexa gótica de Santa María de Gracia. Foi
construído entre o século XIII e o XVIII e está declarado
Monumento Nacional.
SUPERFICIE:
71,84 km2
POBOACIÓN:
2.020 habitantes (2014).
PARROQUIAS:
Bousés, As Chás, A
Granxa, Oímbra, Rabal
(separada do resto do
concello, entre Verín e
Portugal), San Cibrao e
Videferre.
Oímbra, cos cumes graníticos do Outeiro como fondo
OÍMBRA
Atópase ao sur da comarca de Verín, no linde con Portugal, nun terreo de transición entre a
depresión do Támega e as serras que a separan da Limia. A zona oriental do concello forma
parte da depresión de Verín e descende ata os 380 m de altitude. No oeste pequenas
elevacións, continuación da portuguesa serra de Leiranco: Casa da Moura (871 m), Penedo do
Mono e Alto da Hedreira (854 m) e A Nicha (846 m). O río Támega percorre o linde leste do
concello, o seu afluente, o Búbal, fai de fronteira polo norte e o Azureira (afluente do Búbal)
polo oeste, na raia de Portugal.
Vista desde o Outeiro
As principais actividades son os servizos (asociados á
cidade de Verín) e a agricultura, na que destacan o
cultivo das vides e dos pementos de Oímbra.
Os principais valores naturais están asociados aos
ríos. Parte do curso do Támega está protexido no LIC
“Támega”. O espazo “Videferre” está proposto como
LIC e pendente de aprobación.
Cruceiro de San Cibrán, de 1754
Detalle da igrexa de Oímbra
SUPERFICIE:
114,41 km2
.
POBOACIÓN:
1.684 habitantes
(2014).
PARROQUIAS:
Castrelo de Abaixo,
Castrelo de Cima,
Fumaces e A Trepa, O
Navallo, Progo, Riós,
Rubiós e Trasestrada.
Paisaxe de Riós coas serras da Urdiñeira e o Macizo Central ao fondo
RIÓS
Situado no leste da comarca e linda con Portugal polo leste. Tén distribuídos nas parroquias
de O territorio é montañoso, cunha altitude media de 700 a 980 m e está atravesado de norte
a sur polos ríos Mente e Arzoá que conflúen no linde con Portugal. Ao norte atópanse as serra
da Urdiñeira (1.157 m), Teixeiras (1.105 m), Entirlos (Fralladora, con1.125 m e Cabeza de
Valdefeira, no linde con castrelo do Val, con 1.245 m). Ao leste Os montes de Fumaces co Uzal
(1070 m) e a Coroa da Cota (1.115 m). Ao sur, no lide con Vilardevós, a serra das Penas Libres
(Cabanas, con 976 m).
Río Arzoá en Arzoá
As principais actividades son a agrogandaría (destaca o cultivo de castañas e cogomelos), as
explotacións forestais, pequenas industrias relacionadas co sector primario e os servizos.
Acolle un importante patrimonio natural: soutos con exemplares monumentais, os vales dos
ríos Mente e Arzoá, onde se atopa un enclave con mestura de especies atlánticas e
mediterráneas, as serras, con paisaxes espectaculares e bosques autóctonos…
En Riós está o Centro de Interpretación da Castaña.
A Ruta da Prata do Camiño de Santiago percorre o concello de leste a oeste.
Igrexa e souto de Riós
SUPERFICIE:
94,03 km2
.
POBOACIÓN: 14.107
habitantes (2015).
PARROQUIAS:
Ábedes, Cabreiroá, Feces de
Abaixo, Feces de Cima,
Mandin, Mourazos, Pazos,
Queirugás, Queizás, A
Rasela, Tamagos,
Tamaguelos, Tintores, Verín
e Vilamaior do Val.
Vista xeral de Verín no centro da depresión
VERÍN
Situado no centro-sur da comarca e no centro da depresión de Monterrei, lindando con
Portugal polo sur. No territorio distínguense dúas zonas. No oeste a zona máis baixa, no
fondo da Depresión de Monterrei e atravesada de norte a sur polo río Támega que recolle aos
afluentes Gondulfe, Ábedes (co rego de Quintás) e Pequeno. No leste as abas dos montes de
Fumaces e pequenas elevacións que se estenden cara ao sur. O Cume máis alto é o Alto de
Valdaugas, con 944 m.
No centro atópase a capital, centro dos servizos e das industrias do concello e da comarca e
importante nó de comunicacións coa Meseta e Portugal.
Balneario de Cabreiroá.
Unha ruta sinalizada
percorre os distintos
balnearios e fontes de
Verín: Cabreiroá, San
Antón, Sousas,
Fontenova, Fonte do
Sapo, Caldeliñas, Ponte
da Pousa e capela de San
Lázaro.
As principais actividades son os servizos, as
industrias (sobre todo téxtil e vinícola), o
comercio e a agricultura (cultivo do viñedo
da D.O. Monterrei).
Os principais valores naturais atópanse no
entorno do río, protexido no LIC “Río
Támega”.
Tén un importante patrimonio histórico
artístico: igrexas, pazos, casas tradicionais…
Río Támega
SUPERFICIE:
152,09 km2.
POBOACIÓN:
2.024 habitantes (2014).
PARROQUIAS:
Arzádegos, Berrande,
Enxames, Fumaces e A
Trepa, Moialde, Osoño,
Santa María de
Traseirexa, Soutochao,
Terroso, Vilar de Cervos,
Vilardevós e Vilarello da
Cota.
Vista de Vilardevos coa serra de Penas Libres como fondo
VILARDEVÓS
Situado ao surleste da comarca, lindando con Portugal polo sur. O territorio é montañoso e
está dividido pola Serra das Penas Libres que se estende con dirección NE-SO ata a fronteira
con Portugal e fai tamén de divisoria de augas entre as cuncas do Támega e do Mente. Os
cumes máis altos son o Marco da Cota, no linde con Portugal (1.083 m), o Salto do Cabalo
(1.059 m) e Os Cabancos (1.009 m). Ao oeste hai unha penichaira de 650 a 700 m de altitude
pola que circulan afluentes do Támega (Rego da Quintas que vai ao Ábedes e Pequeno, co
Pinal e o Porto). Ao leste, entre as serras, unha sucesión de vales profundos formados polos
afluentes do mente Arzoá, Pontón e Rexosende.
Val do Arzoá no extremo leste da serra das Penas Libres,
entre Vilardevós e Riós
As actividades máis importantes son a agrogandaría e os servizos. Os principais valores
naturais atópanse nos vales dos ríos onde se conservan bosques de ribeiras, canóns e
fervezas.
O espazo “Penas Libres” está proposto como LIC e pendente de aprobación.
Tamén ten un rico patrimonio etnográfico (muíños, pontes…) e histórico-artístico.
Área recreativa da Cdadela no
río do Pontón
RELEVO
Mencer no Macizo Central. Laza
Na comarca de Verín distínguense dúa áreas moi contrastadas: a depresión central e as serras
que a rodean.
A depresión de Verín é unha superficie achairada de orixe tectónica, rodeada de fallas con
dirección N-S que dan lugar a rebordos escarpados. A zona máis baixa atópase na parte
central, seguindo o curso do Támega (300-400 m de altitude) con pequenas e suaves
elevacións froito da erosión diferencial. Nas beiras atópanse áreas escalonadas de maior
atitude que se correspondes cos vales dos afluente do Támoga.
Ao norte atópanse as serras do Macizo Central (San Mamede, Correchouso, Altos do Samión e
Fial das Corzas); ao leste as serras dos Entirlos, Pena Nofre e Urdiñeira; ao sur a serra das
Penas Libres e os montes de Oímbra, no linde con Portugal; e ao oeste as estribación cara ao
norte da serra do Larouco (montes de Cualedro e As Estivadas), o monte Meda e As
Requeixadas. O cume máis alto da comarca é o Cabeza de Veiga do Fial, con 1.545 m.
O Val de Monterrei é unha depresión alongada
atravesada polo río Támega. É unha fosa tectónica
pechada entre dous macizos graníticos fallados que
levan asociadas fontes termais. As rochas que a rodean
son granitos, cuarcitas, lousas e algún xisto.
Os materiais son moi variados, no oeste e norte dominan os granitos, no leste as lousas e nos
vales e depresións os materiais sedimentarios.
Fraga de Lobos, cumes graníticos de 691 m de altitude no
rebordo leste da Depresión de Monterrei.
Nos cumes das serras domina o mato de uces e carqueixas, nas abas avesías hai carballeiras e
nas zonas máis baixas dominan as plantacións de piñeiros, moi afectadas polos incendios nos
últimos anos.
Bosque nas abas da serra das Penas Libres (inverno)
Carqueixas e breixos, as plantas
mais comúns nos cumes.
Uz (Erica arborea)
Scabiosa columbaria
Arzaia (Lavandula stoechas). Una planta típica de
clima mediterráneo que se pode atopar nalgunhas
serras do sur da comarca.
As mimosas, invasoras dos terreos incultos, exténdense por todas as áreas de clima suave de Galiza. Son as primeiras en
darlle cor á paisaxe ao cubrírense de flor antes de que remate o inverno.
Lagartixa rabilonga (Psammodromus algirus).
Só se atopa na metade sur de Galiza en lugares soleados e secos.
Corzo (Capreolus capreolus). Xunto co
lobo e o porco bravo son os
mamíferos de de máis tamaño que
viven nos montes da comarca.
Detalle dos cumes graníticos na primavera.
SERRA DE SAN MAMEDE
Esténdese con dirección NO-SE e toca nesta comarca no linde entre Laza e Montederramo.
Está formado por xistos e areíscas que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves e
nos cumes por granitos de dúas micas que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de
grandes penedos, e algunha cuarcita.
O cume máis alto na comarca é o Chairas de Fardán, entre Laza e Montederramo, con 1.507
m.
As zonas altas, por mor das queimas sucesivas están cubertas por un mato de xestas, piornos,
queirugas... nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas,
carballos e algún teixo. Unha parte está repoboada con piñeiros silvestres. A fauna é tamén
moi abundante e variada: lobos, raposos, corzos, xabaríns, lebres, perdices, aves de rapina,
réptis, anfibios...
Accedese desde desde Laza, por Rebordechao ou desde Vilar de Barrio por pistas de terra.
Vista dos cumes da serra de San Mamede
Vista dos Montes de Crrechouso desde o alto de Fial das Corzas
MONTES DE CORRECHOUSO
É a prolongación da Serra de San Mamede cara ao SE. O monte más destacado é do Alto do
Baroncello con 1.406 m. Na vertente sur nacen varios afluentes do Támega.
Serra de Fial das Corzas coa serra de San Mamede ao fondo
SERRA DE FIAL DAS CORZAS
Situada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. É unha serra de cumes
redondeados formada por areíscas e lousas. Os cumes máis altos na comarca son a Cabeza da
Veiga do Fial, con 1.552 m e o Cazcallal, con 1.544 m, nos lindes entre Laza e Vilariño de
Conso. A maioría da vexetación é mato e bosques nas partes baixas.
Na súa vertente occidental nace o río Camba que logo rodea a serra e vai cara ao leste a
xuntarse co Bibei, no sur o Trez, un afluente do Támoga, e no leste varios afluentes do
Navea.
Accedese desde Laza por Camba, por pistas sen asfaltar. Pódese seguir a ruta ata Manzaneda.
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares de toda a comarca e do Macizo Central.
Rochas e breixos nos cumes de Fial das Corzas Lousas rotas polos cambios de temperatura
Vista dos cumes da Serra de Fial das Corzas
Pena Nofre desde o Alto do Foxo
SERRAS DOS ENTIRLOS
Esténdese de leste a oeste polo norte do concello de Castrelo de Val e cara ao sur ata o linde
con Vilardevós, no Alto de Fumaces, entre os vales do río Camba, ao norte e o Mente, ao sur.
O punto máis alto é Pena Nofre, con 1,291 m. Prolóngase cara ao surleste na serra da Teixeira.
Está cuberta na súa maior parte por repoboacións de piñeiros.
Accedese desde Fontefrías (Castrelo de Val) ou Fumaces.
Vista do Val do río Camba no comezo do encoro das Portas.
Á dereita, no primeiro plano a serra dos Entirlos e detrás a Urdiñeira.
Vista das serras da Teixeira e da Urdiñeira desde Vendas da Barreira
SERRA DA URDIÑEIRA
Segue unha dirección norte-sur no linde entre os concellos de Castrelo do Val (comarca de
Verín) e A Gudiña (Comarca de Viana). Os cumes máis altos son A Urdiñeira, con 1.146 m, e O
Bruzo con 1.134 m.
Accedese desde Riós (Vendas da Barreira).
Lobeira nos cumes da Urdiñeira
Casa das Grallas nos cumes da Urdiñeira
SERRA DAS PENAS LIBRES
Sistema con dirección NO-SO situado en Vilardevós, que limita con Portugal polo sur. Está
formada por areiscas e granitos ao norte, lousas e cuarcitas ao leste, e materiais varios cara
ao sur (xistos e outros). Nela nacen polo sur afluentes do Mente que discorren cara a Portugal
e polo oeste afluentes do Támega. Os ríos están moi encaixados e forman vales profundos.
Os puntos máis altos son o Mairos, con 1.083 m e Salto do Cabalo, con 1.061 m.
Accedese desde Vilardevós.
Bolos e penedos, formación graníticas características da serra de Penas Libres
MONTES DE SALGUEIRAL e OUTEIRO DE BACELOS
Pechan a depresión de Verín polo suroeste
, de case 800 m de altitude..
SERRA DO LAROUCO
É unha serra con orientación NE-SO de cumes suaves que van gañando altura cara ao sur. Fai
de límite entre A Limia e Portugal e prolóngase cara ao norte ata tocar coa serra de San
Mamede polo cordal que fai de divisoria entre as depresións de A Limia e Monterrei. O
extremo norte da serra tamén se coñece co nome de Montes de Cualedro e Alto das
Estivadas, zono de paso das vías de comunicación de Ourense a Verín.
Está formada maioritariamente por materiais graníticos rotos por fracturas NNE-SSO e NNO-
SSE, e algunhas rochas metamórficas.
Cumes do Larouco
O punto máis alto nesta
comarca é o Redondo, entre
Cualedro e Portugal, con 1.328
m.
Unha gran parte está cuberta
de vexetación de mato e
repoboacións forestais de
piñeiros. Consérvanse zonas de
bosques de rebolo. Desde
diferentes puntos hai unha
vistas panorámicas
excepcionais de toda a
comarca.
Accedese desde Cualedro. Pódese
subir aos cumes polas pistas do
parque eólico.
O Pendo Gordo
Formacións rochosas no Larouco
Neveiro
Vista xeral do Lombo da Roda e o monte Meda (á dereita)
MONTES DE MEDA
Pequeno macizo montañoso situado entre as serras de San Mamede e o Larouco, no linde de
Laza, Cualedro e Monterrei. O cume máis alto é o Pico Meda, con 1.091 m.
Accedese desde Baldriz.
Montes de Baldriz
O monte Meda desde
Castrelo do Val
Vista do val do Támega en Laza desde os montes da Requeixada
MONTES DA REQUEIXADA
Esténdense entre a serra de San Mamede e a serra do Larouco e separan as depresións de
Verín e A Limia. Os cumes máis altos son o Alto de Paradiña (987 m) e O Picato (934 m). Desde
os cumes hai unhas vistas moi fermosas sobre o Macizo Central, o val do Támega en Laza e A
Limia.
Accedese pola estrada de Laza a Vilar de Barrio. Desde Alberguería pódese facer unha ruta ata Prado e
Rebordechán.
OS RÍOS
Río Támega
(Castrelo do Val)
A maior parte do sistema fluvial da
comarca de Verín forma parte da cunca do
Douro a través dos seus afluentes Támega
(o río principal da comarca, que recolle as
augas dos montes que verten cara á
depresión de Verín) e Mente que discorren
con dirección norte-sur para internarse en
terras de Portugal.
Ao norte un pequeno tramo do río
Hedreira ou da Queixa circula cara ao
Navea, e o Camba, en dirección leste cara
ao Bibei.
Os cursos dos ríos teñen fortes desniveis
nos cursos altos e un discorrer maino e
sinuoso polas chairas de Verín.
Bosque de galería no río Támega
Nas súas augas e nas beiras forman ricos ecosistemas dunha gran diversidade animal e
vexetal.
O río Támega, varios dos seus afluentes e as pozas naturalizadas que se formaron nas súas
beiras pola extraccón de áridos están protexidos no LIC “Río Támega”
Lirio amarelo. Aparece nas beiras dos ríos de
corrente lenta e das pozas.
Oucas. (Polygonum amphibium).
Pode vivir mergullada nas beiras de
correntes lentas ou de augas paradas.
Reina (Filipendula ulmaria)
Ra verde (Pelophylax perezi)
Barbo (Barbus barbus bocagei)
Sapo común (Bufo bufo) en tempo de reprodución.
No río Támega, de corrente lenta con zonas asolagadas e
abundante vexetación de ribeira, danse as condicións
apropiadas para o desenvolvemento dos anfibios, especies
protexidas cada vez máis escasas, que están ben
representadas nesta área.
O Támega en Laza
RÍO TÁMEGA
Nace no monte Talariño (Alberguería) baixa nun primeiro tramo de fortes pendentes,
remánsase polas veigas de Laza e a depresión de Monterrei e continúa por Chaves (Portugal),
despois de percorrer 51 km por territorio galego. Desemboca no Douro, en Portugal. Os seus
afluentes pola dereita son o Carraxo, Baldriz, Souteliño, Covas ou Presas, Barcelo e Bubal ou
Vilaza (Azureira, Alvarellos); e pola esquerda Portas, Barxa (Avilleira), Correchouso (Trez ou,
Ribeira), Codias, Servoi, Gondulfes, Ábedes, Sandín e Pequeno.
Unha parte do ríos e as zonas húmidas que o rodean está protexido no LIC “Río Támega”.
RÍO TREZ ou RIBEIRA
Fórmase pola confluencia de varios regos que
baixan dos Montes de Correchouso (río
Correchouso ou das Cabras) e Cabeza da Cántara
(Cereixo). Xúntase co Támega en Laza.
Fervenza dos Muíños
Está modificada pola presa dun muíño.
Río Trez pouco antes antes de se
xuntar co Támega
Rego do Corno (Correchouso ou das Cabras-
Trez-Támega) en Toro (Laza)
Rego da Profita (Cereixo-Támega)
Toro (Laza)
Rego de Auga Alta (Cereixo-
Támega)
Rego da Fervenza, nun afluente
do Támega que baixa do Monte
Meda.
Vences (Monterrei)
O Támega no Marco do Ouro (Laza)
Área recretiva en Verín
Muíño no Támega en Nocedo (Castrelo do Val)
O Támega entre Laza e Castrelo do Val
Lagoa naturalizada formada pola extracción de áridos.
O río Támega percorre o fondo do val de Monterrei e depositou aluvións cuaternarios de areas e arxilas. En tempos de
moita pluviosidade inunda as chairas das súas marxes. Na proximidades de Verín hai varias lagoas orixinadas pola
extración de áridos, algunhas delas moi naturalizadas.
O RÍO VILAZA OU BUBAL.
Nace en Portugal, percorre terreos de Cualedro e o sur de Monterrei e recibe como afluentes
ao San Cristovo, Biduedo e Albarellos.
Rego do Picho, Río Búbal
San Millán (Cualedro)
Río Azueira (Búbal-Támega)
Espiño (Bousés-Oímbra)
RÍO ÁBEDES
Nace nos montes situados no linde de Verín con Vilardevós. O Principal afluente é o rego das Quintas que
atravesa Vilardevós e xúntase con el en Ábedes (Verín).
Fervenza “Pozo do Demo” na Fraga de
Lobos, en Ábedes (Verín). No Rego das
Quintas, un afluente do río Ábedes que
nace no monte Fraga de Lobos forma
un val encaixado con pequenos saltos e
rápidos en rochas graníticas.
O Támega na Bagoeira
O Támega na Presa
Mourazos (Verín)
O Támega en Rabal (Oímbra)
RÍO CAMBA
Nace nos Altos Gancedo (Camba-Laza), rodea
polo sur o Macizo Central ourensán, pasa polos
concellos de Castrelo do Val, Vilariño de Conso e
Viana do Bolo, e xúntase co Bibei (Sil). Nesta
comarca ten parte do seu curso alto e está retido
polo encoro das Portas.
O Camba en Portocamba, encaixado entre as serras de Fial das Corzas e dos Entirlos.
Ao fondo vense dúas albarizas, construcións para protexer as colmeas.
Pontella sobre o Camba, en Castrelo do Val
Encoro das Portas no río Camba, entre Castrelo do Val (serra dos Entirlos) e Vilariño de Conso (Montes do Invernadeiro).
RÍO MENTE
Fórmase pola confluencia dos regos Caneira e Porto que baixan da serra dos Entirlos (concello
de Riós). Discorre facendo de linde natural entre os concellos de Riós e A Gudiña e despois de
Riós con Portugal e intérnase en terras portuguesas ata xuntarse co Rabaçal que vai ao Túa,
afluente do Douro. Drena as terras ao leste do Támega, desde Pena Nofre, serra do Canizo,
montes da Gudiña e a serra das Penas Libres ata a linde con Zamora e Portugal.
Recibe pola dereita o Serra Nova ou Arzoá e pola esquerda o Parada, Pontón, Rexosende e
Mouce.
Área recreativa da Cidadela (Vilardevós) no Río Pontón,
un afluente do Mente que se xunta a el en Portugal.
O Mente en Veiga
do Seixo, na
fronteira entre
Riós e Portugal.
Fervenza da Ola, (Soutochao-Vilardevós).
O rego do Pontón vai moi encaixado e forma
numerosos saltos e rápidos. A fervenza máis alta cae
uns 15 m dunha crista de cuarcitas, e máis adiante ten
varios rápidos e dúas fervenzas máis pequenas. A
vexetación é de tipo mediterráneo: aciñeiras, erbedos,
xaras, breixos, carqueixas, cantroxo…
Ponla de aciñeira
Entre os vales encaixados dos ríos Mente e Arzoá atópase o lugar coñecido como Trambolosríos, nos
concellos de Riós e Vilardevós, na fronteira con Portugal e lindando co Parque Natural portugués de
Montezinho.
A súa situación, relevo e orientación, confírenlle unha identidade ecolóxica propia na que se suceden uns
ríos de augas axitadas e os seus bosques de ribeira e galería, paredes de xistos de fortísima pendente na
que se asentan as fragas, matogueiras e un gran número de especies rupícolas.
A flora da zona, de marcada influencia mediterránea está formada por fentos, reina, lamagueiros,
xilbarbeira, amieiras, salgueiros, chopos e freixos á beira dos ríos, e aciñeiras, rebolos, erbedos ou
moragueiros, esteba, tomelo, ourego, breixos... nas ladeiras.
Entre o máis representativo da fauna atópase a osga (Tarentola mauritanica), de moi rara presenza en
Galiza, numerosos réptis e anfibios, aves como o abellaruco, anduriña dáurica, gaio azul, chasco louro
(Oenanthe hispanica), aguias cobregueira e calzada, papuxas, papamoscas, laberca, trigueiro, bufo e
avelaiona.
Non ten ningunha protección e está afectado polas repoboacións a e caza furtiva e sen control.
Val do Mente
Val do Arzoá
Macela de monte
(Helichrysum stoechas).
Florece durante o verán
nas zonas máis secas de
Galiza.
Osga (Tarentola
mauritanica).
Réptil nocturto típico
do Mediterráneo. En
Galiza só aparece no
surlesta da provincia
de Ourense.
AS ÁRBORES
Bosque na serra das Penas Libres en Vilardevós
Na comarca de Verín dominan as masas forestais de piñeiros de repoboación, moi castigadas
polo lume nos últimos anos. Só nos vales máis fondos e escarpados e nalgunhas serras se
conservan pequenos fragas naturais formadas maiormente por carballos e rebolos. Nos vales
do sur da comarca, nos ríos Mente e Arzoá atópanse especies mediterráneas como as
aciñeiras ou os érvedos. Nas proximidades das poboacións, en especial en Laza, Riós e
Vilardevós, hai soutos que ocupan grandes extensións e nos que se atopan exemplares de
castiñeiros monumentais.
Os xardíns de maior interese son os do balneario de Cabreiroá, onde se atopan algúns
exemplares monumentais de especies ornamentais.
Souto en Laza
Castiñeiro (Castanea sativa)
ÁRBORES SENLLEIRAS
Souto de Cerdedelo. (Laza)
Numerosos exemplares de bo tamaño.
O do centro da imaxe mide 8,2 m de perímetro.
Castiñeiro das Míllaras. Souto de
Cerdedelo (Laza).
-11 m de perímetro
Incluído no Catálogo de Árbores
Senlleiras de Galiza.
Castiñeiro da Igrexa de Riós.
-6,60 m de perímetro
Souto da igrexa de Riós
Corgo dos Cales (Cerdedelo, Laza).
-12 m de perímetro. Espiño (Oímbra). Na área recreativa do Sequeiro.
-8; 8,7; e 9,8 m de perímetro.
Castiñeiro do Basilio (Santa Baia, Progo-Riós)
-10,5 m de perímetro.
Santa Baia (Progo-Riós)
- 7,7 m de perímetro.
Santa Baia (Progo-Riós)
- 8,6 m de perímetro.
Santa Baia (Progo-Riós)
- 10,8 m de perímetro.
Cimeterio de Progo (Riós).
Numerosos castiñeiros de bo porte.
Cimeterio de Progo (Riós).
-9,5 m de perímetro.
Progo (Riós). Un souto no remate da localidade con varios exemplares monumentais.
Progo (Riós)
-12,5 m de perímetro.
Soutochao (Vilardevós)
Cedro do Himalaia (Cedrus deodara) do Xardín do
Balneario de Cabreiroá. -4,47 m de perímetro.
Cedro do Atlas (Cedrus atlantica). Xardín do
Balneario de Cabreiroá (Verín).
-3,27 m de perímetro.
Mirto (Myrtus conmunis) . Capela de santa Ana (Casas do Monte, Oímbra)
-23 m de perímetro de copa.
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC RÍO TÁMEGA
Inclúe o curso do río Támega ata a
fronteira con Portugal e parte do curso
dos seus afluentes Correchouso-Trez,
Bubal-Vilaza e Ábedes, así como as
veigas de Laza e Castrelo do Val e a
Fraga dos Lobos. 719 ha protexidas en
terreos dos concellos de Castro do Val,
Laza, Monterrei, Verín e Oimbra.
O maior interese deste espazo reside
nas veigas e gándaras que se forman
arredor dos ríos onde hai unha variada
flora e fauna acuáticas.
Cumes da Serra de Fial das
Corzas. O punto máis alto é
Cabeza da Veiga do Fial.
LIC MACIZO CENTRAL
É un gran espazo de 45.196 ha que nesta
comarca inclúe parte do concello de Laza.
Ao ser unha superficie tan ampla e co
relevo tan variado atopamos ecosistemas
moi diversos tanto de tipo mediterráneo
(val do Bibei) como atlántico. A zona ten
un grande interese xeolóxico e biolóxico,
aínda que está moi degradada polas
queimas (para obter terras para o
pastoreo) e os bosques están reducidos a
pequenas superficies no fondo dos vales
e nas abas dalgunhas montañas. As
paisaxes de montaña, os canóns dos ríos
e as fervenzas son espectaculares e
algúns bosques conservan exemplares de
árbores centenarios. Acolle unha gran
riqueza botánica e faunística, con
numerosos endemismos.
VIDEFERRE
É un espazo de media montaña (1.995,8 ha) que colle parte do val do Bubal e o val do seu
afluente o Azoreira que fai fronteira con Portugal, nos concellos de Oímbra e Monterrei. Os
ríos encaixanse nun terreo de fortes desniveis nas estribacións da portuguesa serra de
Leiranco coas máximas alturas na Pena Moura (865 m) e Edreira (862 m).
Destaca pola variedade de especies típicas de ambiente mediterráneo.
Foi proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de
conservación (ZEC) e está pendente de aprobación.
PENAS LIBRES
Inclúe a Serra das Penas libres e as súas estribacións entre o rego da Seara Nova e a fronteira
portuguesa, en terreos dos concellos de Riós e Vilardevós (6.043,8 ha). O río Mente, afluente
do Douro recolle as augas da maior parte da serra a través de varios afluentes. Polo norte o
Rego da Seara Nova, en parte límite do espazo, polo leste o Rego do Pontón e polo sur o rego
do Val de Madeiros. O Támega recolle as augas da vertente leste nos seus afluentes Río
Pequeno (Pinal e Fontes) e o Rego das Quintas (Ábedes).
Destaca pola variedade de especies típicas de ambiente mediterráneo.
Foi proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de
conservación (ZEC) e está pendente de aprobación.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Debuxos: Mon Daporta
Xullo 2016

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
monadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 

Similar a Comarca Verín

Similar a Comarca Verín (11)

Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 

Más de monadela

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Último

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Comarca Verín

  • 2. Vista parcial de Verín e o val de Monterrei A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, no linde con Portugal. É unha área de grandes contrastes de releve o que determina tamén unha diferencia climatolóxica e grandes variacións na paisaxe. O centro está ocupado pola depresión de Monterrei ou de Verín, unha foxa tectónica rodeada de montañas que segue unha inclinación lixeira de norte a sur, e atravesada polo río Támega e os seus afluentes. As maiores alturas atópanse ao norte, nas serras do Macizo Central. Acolle zonas de gran interese natural.
  • 3. SUPERFICIE: 1.007,1 km2 POBOACIÓN: 26.955 habitantes (2015) CONCELLOS: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs Río Támega, Macizo Central.
  • 4. CLIMA O clima do val é oceánico continental, con invernos frios e veráns quentes e secos o que propiciao o cultivo da vide. Nas serras o clima é oceánico de montaña, con maior cantidade de precipitacións e os veráns máis frecos. Primavera no Larouco
  • 6. ACTIVIDADES Os servizos, a construción, a industria e a agrogandaría. O cultivo da vide está acollido a Denominación e Orixe Protexida “Monterrei”. Viñedos en Oímbra
  • 7. PATRIMONIO É unha comarca cun rico patrimonio histórico-artístico: castros, igrexas, castelos, pazos… e etnográfico: arquitectura popular, tradicións… Destaca a celebración do Antroido. Castro de San Millán (Cualedro) Cruceiro en OímbraFonte en Vilaza
  • 8. Igrexa en Laza Igrexa no castelo de Monterrei Igrexa en Oímbra
  • 9. CASTRELO DO VAL Está situado no centro-leste da comarca. No territorio distínguense dúas zonas: ao suroeste a depresión de Verín, unha zona achairada de pouca altitude; ao norte e leste as serras de Fial das Corzas, Entirlos e Urdiñeira. Os cumes máis destacados son Cabeza do Sogral, con 1.369 m e Pena Nofre, con 1.291 m. O río Támega atravesa o concello polo oeste e recibe como afluente o Castrelo. O Camba circula con dirección leste e varios regos cabeceiras do Mente (Arbaiguitos e Porto) circulan cara ao sur. CONCELLOS SUPERFICIE: 122,01 km2 POBOACIÓN: 1.079 habitantes (2015) PARROQUIAS: Campobecerros, Castrelo do Val, Goldulfes, Nocedo do Val, Parada da Serra, Pepín, Piornedo, Portocamba e Servoi. Vista do territorio de Castrelo do Val desde o monte Meda
  • 10. É un concello eminentemente rural, cunha grande área de montaña na que abondan os bosques e as plantacións de piñeiros. As principais actividades son os servizos (moi dependente da vila de Verín), a agricultura e o sector forestal. Ten grandes valores naturais nas serras e na veiga do Támega. A proximidade do Parque Natural do Invernadeiro fai que sexa lugar de paso para acceder a este, por Campobecerros. O Támega en Castrelo do Val Detalle dunha casa en Castrelo do Val
  • 11. CUALEDRO Está situado ao oeste da comarca sobre as serras de transición entre as depresións de Verín e A Limia. O territorio é, na súa maior parte, de montaña. Disponse en faixas paralelas de diferente altitude con orientación norte-sur. O centro está ocupado por unha aliñación de cumes que parten da serra do Larouco, no linde con Portugal e Baltar (coa máxima altura ao sur, no Redondo, con 1.328 m) e continúan nos montes das Estivadas, perdendo altura cara ao norte. No linde con Laza están os montes de Valdriz (O Meda, con 1.091 m, no linde entre Cualedro, Laza e Monterrei). O sistema fluvial é moi complexo xa que é un territorio que de divisoria de augas entra varias concas no que se forman as cabeceiras de numerosos regos. O Trasmiras e Augalevada (Faramontaos) van ao Limia. O Baldriz, o Alvarellos (co Rebordondo e Lamas) e o Búbal (co Montes, Muíños e Pinchos) van ao Támega. SUPERFICIE: 117,56 km2 POBOACIÓN: 1.808 habitantes (2014) PARROQUIAS: Atás, Baldriz, Carzoá, Cualedro, Lucenza, Montes, Rebordondo, San Millao, Vilela e A Xironda. Vista desde a serra do Larouco
  • 12. Castro romanizado de Santa Marta As principais actividades son os servizos (asociados ás vilas de Verín e Xinzo de Limia), a agricultura, a gandaría e o sector forestal. O maior interese natural reside nas serras onde se conservan algunhas masas de bosques autóctonos e as paisaxes son espectaculares. Tén un rico patrimonio arqueolóxico con numerosas mámoas e os castros de A Cidade e Saceda. Lucenza, nas abas do Larouco
  • 13. SUPERFICIE: 215,83 km2 POBOACIÓN: 1.424 habitantes PARROQUIAS: A Alberguería, Camba, Carraxo, O Castro de Laza, Cerdedelo, Laza, Matamá, Retorta, Toro e Trez. Rosetón da igrexa románica de Arcucelos LAZA Está situado ao norte da comarca. No territorio distínguense tres zonas: ao norte atópanse as maiores alturas, nas serras do Macizo Central (San Mamede, Correchouso e Fial das Corzas, co cume máis alto no Cabeza da Veiga do Fial, con 1.552 m); no centro a depresión formada polo val do Támoga que recibe no concello numerosos afluentes que baixan das serras: Carraxó, Souteliño e Barcelo, pola dereita e Barxa, Abilleira, Cabras ou Correchouso e Codias pola esquerda. Ao sur pequenas elevacións co punto máis alto no Monte Meda, con 1.089 m.
  • 14. Cruceiro no remate dun pozo, en Laza As principais actividades son os servizos, a agrogandaría e o sector forestal. Tén áreas de gran valor ecolóxico e paisaxístico nos vales dos ríos e nas serras. Unha parte está protexido no LIC “Macizo Central”. Laza conserva un importante patrimonio histórico-artístico (igrexas de Retorta e San Xoán de Laza), etnográfico (casas, muíños, festas tradicionais…). Destaca a celebración do Entroido coa presenza dos “Peliqueiros”. Peliqueiros no Entroido de Laza
  • 15. SUPERFICIE: 119,05 km2 POBOACIÓN: 2.809 habitantes (2014) PARROQUIAS: Alvarellos, Estevesiños, Flariz, Infesta, A madanela, Medeiros, Monterrei, Rebordondo, San Cristovo, Vences e Vilaza. Viñedos en Monterrei MONTERREI Situado no centro-leste da comarca, cunha pequena parte no linde con Portugal. O territorio forma parte dunha zona de transición entre a depresión de Verín e as serras que a separan da Limia. No oeste atópanse os contrafortes das serras do Larouco (o cume máis alto é o Picouto, con 904 m) e o monte Meda, o cume máis alto do concello, con 1.089, na confluencia con Cualedro e Laza. Ao leste o terreo vai descendendo en altura ata os 300 m da depresión de Verín, que se estende polos vales do río Vilaza ou Búbal e o seu afluente o Albarellos (da conca do Támega). O Támega fai de linde nunha parte do concello polo leste. As diferencias de altitude determinan diferencias climáticas e nos cultivos: nas partes baixas do val dominan as vides da Denominación de Orixe protexida Monterrei.
  • 16. Detalle da igrexa prerrománica de Santa María de Mixós, dos séculos IX eX, con caracteres visigóticos e mozárabes. As principais actividades son os servizos, a industria (especialmente téxtil e vinícola) e a agricultura. Os espazos de maior interese natural atópanse nas serras e nos ríos. O curso do Támoga e parte do Vilaza están protexido no LIC “Río Támega” Monterrei ten un importante patrimonio histórico artístico: destacan a igrexa prerrománica de Santa María de Mixós, Santa María de Medeiros, o conxunto da fortaleza e igrexa de Monterrei e o conxunto de Vilaza. O Camiño de Santiago (Ruta da Prata) cruza o concello. Castelo de Monterrei. O conxunto, asentado nun antigo castro, está formado por un recinto amurallado, as Torres das Damas e da Homenaxe, un Hospital de Peregrinos, o pazo dos Condes (renacentista) e a igrexa gótica de Santa María de Gracia. Foi construído entre o século XIII e o XVIII e está declarado Monumento Nacional.
  • 17. SUPERFICIE: 71,84 km2 POBOACIÓN: 2.020 habitantes (2014). PARROQUIAS: Bousés, As Chás, A Granxa, Oímbra, Rabal (separada do resto do concello, entre Verín e Portugal), San Cibrao e Videferre. Oímbra, cos cumes graníticos do Outeiro como fondo OÍMBRA Atópase ao sur da comarca de Verín, no linde con Portugal, nun terreo de transición entre a depresión do Támega e as serras que a separan da Limia. A zona oriental do concello forma parte da depresión de Verín e descende ata os 380 m de altitude. No oeste pequenas elevacións, continuación da portuguesa serra de Leiranco: Casa da Moura (871 m), Penedo do Mono e Alto da Hedreira (854 m) e A Nicha (846 m). O río Támega percorre o linde leste do concello, o seu afluente, o Búbal, fai de fronteira polo norte e o Azureira (afluente do Búbal) polo oeste, na raia de Portugal.
  • 18. Vista desde o Outeiro As principais actividades son os servizos (asociados á cidade de Verín) e a agricultura, na que destacan o cultivo das vides e dos pementos de Oímbra. Os principais valores naturais están asociados aos ríos. Parte do curso do Támega está protexido no LIC “Támega”. O espazo “Videferre” está proposto como LIC e pendente de aprobación. Cruceiro de San Cibrán, de 1754 Detalle da igrexa de Oímbra
  • 19. SUPERFICIE: 114,41 km2 . POBOACIÓN: 1.684 habitantes (2014). PARROQUIAS: Castrelo de Abaixo, Castrelo de Cima, Fumaces e A Trepa, O Navallo, Progo, Riós, Rubiós e Trasestrada. Paisaxe de Riós coas serras da Urdiñeira e o Macizo Central ao fondo RIÓS Situado no leste da comarca e linda con Portugal polo leste. Tén distribuídos nas parroquias de O territorio é montañoso, cunha altitude media de 700 a 980 m e está atravesado de norte a sur polos ríos Mente e Arzoá que conflúen no linde con Portugal. Ao norte atópanse as serra da Urdiñeira (1.157 m), Teixeiras (1.105 m), Entirlos (Fralladora, con1.125 m e Cabeza de Valdefeira, no linde con castrelo do Val, con 1.245 m). Ao leste Os montes de Fumaces co Uzal (1070 m) e a Coroa da Cota (1.115 m). Ao sur, no lide con Vilardevós, a serra das Penas Libres (Cabanas, con 976 m).
  • 20. Río Arzoá en Arzoá As principais actividades son a agrogandaría (destaca o cultivo de castañas e cogomelos), as explotacións forestais, pequenas industrias relacionadas co sector primario e os servizos. Acolle un importante patrimonio natural: soutos con exemplares monumentais, os vales dos ríos Mente e Arzoá, onde se atopa un enclave con mestura de especies atlánticas e mediterráneas, as serras, con paisaxes espectaculares e bosques autóctonos… En Riós está o Centro de Interpretación da Castaña. A Ruta da Prata do Camiño de Santiago percorre o concello de leste a oeste. Igrexa e souto de Riós
  • 21. SUPERFICIE: 94,03 km2 . POBOACIÓN: 14.107 habitantes (2015). PARROQUIAS: Ábedes, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Feces de Cima, Mandin, Mourazos, Pazos, Queirugás, Queizás, A Rasela, Tamagos, Tamaguelos, Tintores, Verín e Vilamaior do Val. Vista xeral de Verín no centro da depresión VERÍN Situado no centro-sur da comarca e no centro da depresión de Monterrei, lindando con Portugal polo sur. No territorio distínguense dúas zonas. No oeste a zona máis baixa, no fondo da Depresión de Monterrei e atravesada de norte a sur polo río Támega que recolle aos afluentes Gondulfe, Ábedes (co rego de Quintás) e Pequeno. No leste as abas dos montes de Fumaces e pequenas elevacións que se estenden cara ao sur. O Cume máis alto é o Alto de Valdaugas, con 944 m. No centro atópase a capital, centro dos servizos e das industrias do concello e da comarca e importante nó de comunicacións coa Meseta e Portugal.
  • 22. Balneario de Cabreiroá. Unha ruta sinalizada percorre os distintos balnearios e fontes de Verín: Cabreiroá, San Antón, Sousas, Fontenova, Fonte do Sapo, Caldeliñas, Ponte da Pousa e capela de San Lázaro. As principais actividades son os servizos, as industrias (sobre todo téxtil e vinícola), o comercio e a agricultura (cultivo do viñedo da D.O. Monterrei). Os principais valores naturais atópanse no entorno do río, protexido no LIC “Río Támega”. Tén un importante patrimonio histórico artístico: igrexas, pazos, casas tradicionais… Río Támega
  • 23. SUPERFICIE: 152,09 km2. POBOACIÓN: 2.024 habitantes (2014). PARROQUIAS: Arzádegos, Berrande, Enxames, Fumaces e A Trepa, Moialde, Osoño, Santa María de Traseirexa, Soutochao, Terroso, Vilar de Cervos, Vilardevós e Vilarello da Cota. Vista de Vilardevos coa serra de Penas Libres como fondo VILARDEVÓS Situado ao surleste da comarca, lindando con Portugal polo sur. O territorio é montañoso e está dividido pola Serra das Penas Libres que se estende con dirección NE-SO ata a fronteira con Portugal e fai tamén de divisoria de augas entre as cuncas do Támega e do Mente. Os cumes máis altos son o Marco da Cota, no linde con Portugal (1.083 m), o Salto do Cabalo (1.059 m) e Os Cabancos (1.009 m). Ao oeste hai unha penichaira de 650 a 700 m de altitude pola que circulan afluentes do Támega (Rego da Quintas que vai ao Ábedes e Pequeno, co Pinal e o Porto). Ao leste, entre as serras, unha sucesión de vales profundos formados polos afluentes do mente Arzoá, Pontón e Rexosende.
  • 24. Val do Arzoá no extremo leste da serra das Penas Libres, entre Vilardevós e Riós As actividades máis importantes son a agrogandaría e os servizos. Os principais valores naturais atópanse nos vales dos ríos onde se conservan bosques de ribeiras, canóns e fervezas. O espazo “Penas Libres” está proposto como LIC e pendente de aprobación. Tamén ten un rico patrimonio etnográfico (muíños, pontes…) e histórico-artístico. Área recreativa da Cdadela no río do Pontón
  • 25. RELEVO Mencer no Macizo Central. Laza Na comarca de Verín distínguense dúa áreas moi contrastadas: a depresión central e as serras que a rodean. A depresión de Verín é unha superficie achairada de orixe tectónica, rodeada de fallas con dirección N-S que dan lugar a rebordos escarpados. A zona máis baixa atópase na parte central, seguindo o curso do Támega (300-400 m de altitude) con pequenas e suaves elevacións froito da erosión diferencial. Nas beiras atópanse áreas escalonadas de maior atitude que se correspondes cos vales dos afluente do Támoga. Ao norte atópanse as serras do Macizo Central (San Mamede, Correchouso, Altos do Samión e Fial das Corzas); ao leste as serras dos Entirlos, Pena Nofre e Urdiñeira; ao sur a serra das Penas Libres e os montes de Oímbra, no linde con Portugal; e ao oeste as estribación cara ao norte da serra do Larouco (montes de Cualedro e As Estivadas), o monte Meda e As Requeixadas. O cume máis alto da comarca é o Cabeza de Veiga do Fial, con 1.545 m.
  • 26. O Val de Monterrei é unha depresión alongada atravesada polo río Támega. É unha fosa tectónica pechada entre dous macizos graníticos fallados que levan asociadas fontes termais. As rochas que a rodean son granitos, cuarcitas, lousas e algún xisto. Os materiais son moi variados, no oeste e norte dominan os granitos, no leste as lousas e nos vales e depresións os materiais sedimentarios.
  • 27. Fraga de Lobos, cumes graníticos de 691 m de altitude no rebordo leste da Depresión de Monterrei. Nos cumes das serras domina o mato de uces e carqueixas, nas abas avesías hai carballeiras e nas zonas máis baixas dominan as plantacións de piñeiros, moi afectadas polos incendios nos últimos anos.
  • 28. Bosque nas abas da serra das Penas Libres (inverno)
  • 29. Carqueixas e breixos, as plantas mais comúns nos cumes. Uz (Erica arborea)
  • 30. Scabiosa columbaria Arzaia (Lavandula stoechas). Una planta típica de clima mediterráneo que se pode atopar nalgunhas serras do sur da comarca.
  • 31. As mimosas, invasoras dos terreos incultos, exténdense por todas as áreas de clima suave de Galiza. Son as primeiras en darlle cor á paisaxe ao cubrírense de flor antes de que remate o inverno.
  • 32. Lagartixa rabilonga (Psammodromus algirus). Só se atopa na metade sur de Galiza en lugares soleados e secos. Corzo (Capreolus capreolus). Xunto co lobo e o porco bravo son os mamíferos de de máis tamaño que viven nos montes da comarca.
  • 33. Detalle dos cumes graníticos na primavera. SERRA DE SAN MAMEDE Esténdese con dirección NO-SE e toca nesta comarca no linde entre Laza e Montederramo. Está formado por xistos e areíscas que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves e nos cumes por granitos de dúas micas que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos, e algunha cuarcita. O cume máis alto na comarca é o Chairas de Fardán, entre Laza e Montederramo, con 1.507 m. As zonas altas, por mor das queimas sucesivas están cubertas por un mato de xestas, piornos, queirugas... nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas, carballos e algún teixo. Unha parte está repoboada con piñeiros silvestres. A fauna é tamén moi abundante e variada: lobos, raposos, corzos, xabaríns, lebres, perdices, aves de rapina, réptis, anfibios... Accedese desde desde Laza, por Rebordechao ou desde Vilar de Barrio por pistas de terra. Vista dos cumes da serra de San Mamede
  • 34. Vista dos Montes de Crrechouso desde o alto de Fial das Corzas MONTES DE CORRECHOUSO É a prolongación da Serra de San Mamede cara ao SE. O monte más destacado é do Alto do Baroncello con 1.406 m. Na vertente sur nacen varios afluentes do Támega.
  • 35. Serra de Fial das Corzas coa serra de San Mamede ao fondo SERRA DE FIAL DAS CORZAS Situada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. É unha serra de cumes redondeados formada por areíscas e lousas. Os cumes máis altos na comarca son a Cabeza da Veiga do Fial, con 1.552 m e o Cazcallal, con 1.544 m, nos lindes entre Laza e Vilariño de Conso. A maioría da vexetación é mato e bosques nas partes baixas. Na súa vertente occidental nace o río Camba que logo rodea a serra e vai cara ao leste a xuntarse co Bibei, no sur o Trez, un afluente do Támoga, e no leste varios afluentes do Navea. Accedese desde Laza por Camba, por pistas sen asfaltar. Pódese seguir a ruta ata Manzaneda. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares de toda a comarca e do Macizo Central.
  • 36. Rochas e breixos nos cumes de Fial das Corzas Lousas rotas polos cambios de temperatura Vista dos cumes da Serra de Fial das Corzas
  • 37. Pena Nofre desde o Alto do Foxo SERRAS DOS ENTIRLOS Esténdese de leste a oeste polo norte do concello de Castrelo de Val e cara ao sur ata o linde con Vilardevós, no Alto de Fumaces, entre os vales do río Camba, ao norte e o Mente, ao sur. O punto máis alto é Pena Nofre, con 1,291 m. Prolóngase cara ao surleste na serra da Teixeira. Está cuberta na súa maior parte por repoboacións de piñeiros. Accedese desde Fontefrías (Castrelo de Val) ou Fumaces.
  • 38. Vista do Val do río Camba no comezo do encoro das Portas. Á dereita, no primeiro plano a serra dos Entirlos e detrás a Urdiñeira.
  • 39. Vista das serras da Teixeira e da Urdiñeira desde Vendas da Barreira SERRA DA URDIÑEIRA Segue unha dirección norte-sur no linde entre os concellos de Castrelo do Val (comarca de Verín) e A Gudiña (Comarca de Viana). Os cumes máis altos son A Urdiñeira, con 1.146 m, e O Bruzo con 1.134 m. Accedese desde Riós (Vendas da Barreira).
  • 40. Lobeira nos cumes da Urdiñeira Casa das Grallas nos cumes da Urdiñeira
  • 41. SERRA DAS PENAS LIBRES Sistema con dirección NO-SO situado en Vilardevós, que limita con Portugal polo sur. Está formada por areiscas e granitos ao norte, lousas e cuarcitas ao leste, e materiais varios cara ao sur (xistos e outros). Nela nacen polo sur afluentes do Mente que discorren cara a Portugal e polo oeste afluentes do Támega. Os ríos están moi encaixados e forman vales profundos. Os puntos máis altos son o Mairos, con 1.083 m e Salto do Cabalo, con 1.061 m. Accedese desde Vilardevós.
  • 42. Bolos e penedos, formación graníticas características da serra de Penas Libres
  • 43. MONTES DE SALGUEIRAL e OUTEIRO DE BACELOS Pechan a depresión de Verín polo suroeste , de case 800 m de altitude..
  • 44. SERRA DO LAROUCO É unha serra con orientación NE-SO de cumes suaves que van gañando altura cara ao sur. Fai de límite entre A Limia e Portugal e prolóngase cara ao norte ata tocar coa serra de San Mamede polo cordal que fai de divisoria entre as depresións de A Limia e Monterrei. O extremo norte da serra tamén se coñece co nome de Montes de Cualedro e Alto das Estivadas, zono de paso das vías de comunicación de Ourense a Verín. Está formada maioritariamente por materiais graníticos rotos por fracturas NNE-SSO e NNO- SSE, e algunhas rochas metamórficas. Cumes do Larouco O punto máis alto nesta comarca é o Redondo, entre Cualedro e Portugal, con 1.328 m. Unha gran parte está cuberta de vexetación de mato e repoboacións forestais de piñeiros. Consérvanse zonas de bosques de rebolo. Desde diferentes puntos hai unha vistas panorámicas excepcionais de toda a comarca. Accedese desde Cualedro. Pódese subir aos cumes polas pistas do parque eólico.
  • 45. O Pendo Gordo Formacións rochosas no Larouco Neveiro
  • 46. Vista xeral do Lombo da Roda e o monte Meda (á dereita) MONTES DE MEDA Pequeno macizo montañoso situado entre as serras de San Mamede e o Larouco, no linde de Laza, Cualedro e Monterrei. O cume máis alto é o Pico Meda, con 1.091 m. Accedese desde Baldriz.
  • 47. Montes de Baldriz O monte Meda desde Castrelo do Val
  • 48. Vista do val do Támega en Laza desde os montes da Requeixada MONTES DA REQUEIXADA Esténdense entre a serra de San Mamede e a serra do Larouco e separan as depresións de Verín e A Limia. Os cumes máis altos son o Alto de Paradiña (987 m) e O Picato (934 m). Desde os cumes hai unhas vistas moi fermosas sobre o Macizo Central, o val do Támega en Laza e A Limia. Accedese pola estrada de Laza a Vilar de Barrio. Desde Alberguería pódese facer unha ruta ata Prado e Rebordechán.
  • 49. OS RÍOS Río Támega (Castrelo do Val) A maior parte do sistema fluvial da comarca de Verín forma parte da cunca do Douro a través dos seus afluentes Támega (o río principal da comarca, que recolle as augas dos montes que verten cara á depresión de Verín) e Mente que discorren con dirección norte-sur para internarse en terras de Portugal. Ao norte un pequeno tramo do río Hedreira ou da Queixa circula cara ao Navea, e o Camba, en dirección leste cara ao Bibei. Os cursos dos ríos teñen fortes desniveis nos cursos altos e un discorrer maino e sinuoso polas chairas de Verín.
  • 50. Bosque de galería no río Támega Nas súas augas e nas beiras forman ricos ecosistemas dunha gran diversidade animal e vexetal. O río Támega, varios dos seus afluentes e as pozas naturalizadas que se formaron nas súas beiras pola extraccón de áridos están protexidos no LIC “Río Támega” Lirio amarelo. Aparece nas beiras dos ríos de corrente lenta e das pozas.
  • 51. Oucas. (Polygonum amphibium). Pode vivir mergullada nas beiras de correntes lentas ou de augas paradas. Reina (Filipendula ulmaria)
  • 52. Ra verde (Pelophylax perezi) Barbo (Barbus barbus bocagei) Sapo común (Bufo bufo) en tempo de reprodución. No río Támega, de corrente lenta con zonas asolagadas e abundante vexetación de ribeira, danse as condicións apropiadas para o desenvolvemento dos anfibios, especies protexidas cada vez máis escasas, que están ben representadas nesta área.
  • 53. O Támega en Laza RÍO TÁMEGA Nace no monte Talariño (Alberguería) baixa nun primeiro tramo de fortes pendentes, remánsase polas veigas de Laza e a depresión de Monterrei e continúa por Chaves (Portugal), despois de percorrer 51 km por territorio galego. Desemboca no Douro, en Portugal. Os seus afluentes pola dereita son o Carraxo, Baldriz, Souteliño, Covas ou Presas, Barcelo e Bubal ou Vilaza (Azureira, Alvarellos); e pola esquerda Portas, Barxa (Avilleira), Correchouso (Trez ou, Ribeira), Codias, Servoi, Gondulfes, Ábedes, Sandín e Pequeno. Unha parte do ríos e as zonas húmidas que o rodean está protexido no LIC “Río Támega”.
  • 54. RÍO TREZ ou RIBEIRA Fórmase pola confluencia de varios regos que baixan dos Montes de Correchouso (río Correchouso ou das Cabras) e Cabeza da Cántara (Cereixo). Xúntase co Támega en Laza. Fervenza dos Muíños Está modificada pola presa dun muíño. Río Trez pouco antes antes de se xuntar co Támega
  • 55. Rego do Corno (Correchouso ou das Cabras- Trez-Támega) en Toro (Laza)
  • 56. Rego da Profita (Cereixo-Támega) Toro (Laza) Rego de Auga Alta (Cereixo- Támega)
  • 57. Rego da Fervenza, nun afluente do Támega que baixa do Monte Meda. Vences (Monterrei)
  • 58. O Támega no Marco do Ouro (Laza)
  • 59. Área recretiva en Verín Muíño no Támega en Nocedo (Castrelo do Val) O Támega entre Laza e Castrelo do Val
  • 60. Lagoa naturalizada formada pola extracción de áridos. O río Támega percorre o fondo do val de Monterrei e depositou aluvións cuaternarios de areas e arxilas. En tempos de moita pluviosidade inunda as chairas das súas marxes. Na proximidades de Verín hai varias lagoas orixinadas pola extración de áridos, algunhas delas moi naturalizadas.
  • 61. O RÍO VILAZA OU BUBAL. Nace en Portugal, percorre terreos de Cualedro e o sur de Monterrei e recibe como afluentes ao San Cristovo, Biduedo e Albarellos.
  • 62. Rego do Picho, Río Búbal San Millán (Cualedro)
  • 64. RÍO ÁBEDES Nace nos montes situados no linde de Verín con Vilardevós. O Principal afluente é o rego das Quintas que atravesa Vilardevós e xúntase con el en Ábedes (Verín). Fervenza “Pozo do Demo” na Fraga de Lobos, en Ábedes (Verín). No Rego das Quintas, un afluente do río Ábedes que nace no monte Fraga de Lobos forma un val encaixado con pequenos saltos e rápidos en rochas graníticas.
  • 65. O Támega na Bagoeira
  • 66. O Támega na Presa Mourazos (Verín)
  • 67. O Támega en Rabal (Oímbra)
  • 68. RÍO CAMBA Nace nos Altos Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán, pasa polos concellos de Castrelo do Val, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, e xúntase co Bibei (Sil). Nesta comarca ten parte do seu curso alto e está retido polo encoro das Portas. O Camba en Portocamba, encaixado entre as serras de Fial das Corzas e dos Entirlos. Ao fondo vense dúas albarizas, construcións para protexer as colmeas. Pontella sobre o Camba, en Castrelo do Val
  • 69. Encoro das Portas no río Camba, entre Castrelo do Val (serra dos Entirlos) e Vilariño de Conso (Montes do Invernadeiro).
  • 70. RÍO MENTE Fórmase pola confluencia dos regos Caneira e Porto que baixan da serra dos Entirlos (concello de Riós). Discorre facendo de linde natural entre os concellos de Riós e A Gudiña e despois de Riós con Portugal e intérnase en terras portuguesas ata xuntarse co Rabaçal que vai ao Túa, afluente do Douro. Drena as terras ao leste do Támega, desde Pena Nofre, serra do Canizo, montes da Gudiña e a serra das Penas Libres ata a linde con Zamora e Portugal. Recibe pola dereita o Serra Nova ou Arzoá e pola esquerda o Parada, Pontón, Rexosende e Mouce. Área recreativa da Cidadela (Vilardevós) no Río Pontón, un afluente do Mente que se xunta a el en Portugal. O Mente en Veiga do Seixo, na fronteira entre Riós e Portugal.
  • 71. Fervenza da Ola, (Soutochao-Vilardevós). O rego do Pontón vai moi encaixado e forma numerosos saltos e rápidos. A fervenza máis alta cae uns 15 m dunha crista de cuarcitas, e máis adiante ten varios rápidos e dúas fervenzas máis pequenas. A vexetación é de tipo mediterráneo: aciñeiras, erbedos, xaras, breixos, carqueixas, cantroxo…
  • 72. Ponla de aciñeira Entre os vales encaixados dos ríos Mente e Arzoá atópase o lugar coñecido como Trambolosríos, nos concellos de Riós e Vilardevós, na fronteira con Portugal e lindando co Parque Natural portugués de Montezinho. A súa situación, relevo e orientación, confírenlle unha identidade ecolóxica propia na que se suceden uns ríos de augas axitadas e os seus bosques de ribeira e galería, paredes de xistos de fortísima pendente na que se asentan as fragas, matogueiras e un gran número de especies rupícolas. A flora da zona, de marcada influencia mediterránea está formada por fentos, reina, lamagueiros, xilbarbeira, amieiras, salgueiros, chopos e freixos á beira dos ríos, e aciñeiras, rebolos, erbedos ou moragueiros, esteba, tomelo, ourego, breixos... nas ladeiras. Entre o máis representativo da fauna atópase a osga (Tarentola mauritanica), de moi rara presenza en Galiza, numerosos réptis e anfibios, aves como o abellaruco, anduriña dáurica, gaio azul, chasco louro (Oenanthe hispanica), aguias cobregueira e calzada, papuxas, papamoscas, laberca, trigueiro, bufo e avelaiona. Non ten ningunha protección e está afectado polas repoboacións a e caza furtiva e sen control. Val do Mente
  • 73. Val do Arzoá Macela de monte (Helichrysum stoechas). Florece durante o verán nas zonas máis secas de Galiza. Osga (Tarentola mauritanica). Réptil nocturto típico do Mediterráneo. En Galiza só aparece no surlesta da provincia de Ourense.
  • 74. AS ÁRBORES Bosque na serra das Penas Libres en Vilardevós Na comarca de Verín dominan as masas forestais de piñeiros de repoboación, moi castigadas polo lume nos últimos anos. Só nos vales máis fondos e escarpados e nalgunhas serras se conservan pequenos fragas naturais formadas maiormente por carballos e rebolos. Nos vales do sur da comarca, nos ríos Mente e Arzoá atópanse especies mediterráneas como as aciñeiras ou os érvedos. Nas proximidades das poboacións, en especial en Laza, Riós e Vilardevós, hai soutos que ocupan grandes extensións e nos que se atopan exemplares de castiñeiros monumentais. Os xardíns de maior interese son os do balneario de Cabreiroá, onde se atopan algúns exemplares monumentais de especies ornamentais. Souto en Laza
  • 75. Castiñeiro (Castanea sativa) ÁRBORES SENLLEIRAS Souto de Cerdedelo. (Laza) Numerosos exemplares de bo tamaño. O do centro da imaxe mide 8,2 m de perímetro.
  • 76. Castiñeiro das Míllaras. Souto de Cerdedelo (Laza). -11 m de perímetro Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.
  • 77. Castiñeiro da Igrexa de Riós. -6,60 m de perímetro Souto da igrexa de Riós
  • 78. Corgo dos Cales (Cerdedelo, Laza). -12 m de perímetro. Espiño (Oímbra). Na área recreativa do Sequeiro. -8; 8,7; e 9,8 m de perímetro.
  • 79. Castiñeiro do Basilio (Santa Baia, Progo-Riós) -10,5 m de perímetro. Santa Baia (Progo-Riós) - 7,7 m de perímetro.
  • 80. Santa Baia (Progo-Riós) - 8,6 m de perímetro. Santa Baia (Progo-Riós) - 10,8 m de perímetro.
  • 81. Cimeterio de Progo (Riós). Numerosos castiñeiros de bo porte. Cimeterio de Progo (Riós). -9,5 m de perímetro.
  • 82. Progo (Riós). Un souto no remate da localidade con varios exemplares monumentais.
  • 83. Progo (Riós) -12,5 m de perímetro. Soutochao (Vilardevós)
  • 84. Cedro do Himalaia (Cedrus deodara) do Xardín do Balneario de Cabreiroá. -4,47 m de perímetro. Cedro do Atlas (Cedrus atlantica). Xardín do Balneario de Cabreiroá (Verín). -3,27 m de perímetro.
  • 85. Mirto (Myrtus conmunis) . Capela de santa Ana (Casas do Monte, Oímbra) -23 m de perímetro de copa.
  • 86. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC RÍO TÁMEGA Inclúe o curso do río Támega ata a fronteira con Portugal e parte do curso dos seus afluentes Correchouso-Trez, Bubal-Vilaza e Ábedes, así como as veigas de Laza e Castrelo do Val e a Fraga dos Lobos. 719 ha protexidas en terreos dos concellos de Castro do Val, Laza, Monterrei, Verín e Oimbra. O maior interese deste espazo reside nas veigas e gándaras que se forman arredor dos ríos onde hai unha variada flora e fauna acuáticas.
  • 87. Cumes da Serra de Fial das Corzas. O punto máis alto é Cabeza da Veiga do Fial. LIC MACIZO CENTRAL É un gran espazo de 45.196 ha que nesta comarca inclúe parte do concello de Laza. Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico. A zona ten un grande interese xeolóxico e biolóxico, aínda que está moi degradada polas queimas (para obter terras para o pastoreo) e os bosques están reducidos a pequenas superficies no fondo dos vales e nas abas dalgunhas montañas. As paisaxes de montaña, os canóns dos ríos e as fervenzas son espectaculares e algúns bosques conservan exemplares de árbores centenarios. Acolle unha gran riqueza botánica e faunística, con numerosos endemismos.
  • 88. VIDEFERRE É un espazo de media montaña (1.995,8 ha) que colle parte do val do Bubal e o val do seu afluente o Azoreira que fai fronteira con Portugal, nos concellos de Oímbra e Monterrei. Os ríos encaixanse nun terreo de fortes desniveis nas estribacións da portuguesa serra de Leiranco coas máximas alturas na Pena Moura (865 m) e Edreira (862 m). Destaca pola variedade de especies típicas de ambiente mediterráneo. Foi proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC) e está pendente de aprobación.
  • 89. PENAS LIBRES Inclúe a Serra das Penas libres e as súas estribacións entre o rego da Seara Nova e a fronteira portuguesa, en terreos dos concellos de Riós e Vilardevós (6.043,8 ha). O río Mente, afluente do Douro recolle as augas da maior parte da serra a través de varios afluentes. Polo norte o Rego da Seara Nova, en parte límite do espazo, polo leste o Rego do Pontón e polo sur o rego do Val de Madeiros. O Támega recolle as augas da vertente leste nos seus afluentes Río Pequeno (Pinal e Fontes) e o Rego das Quintas (Ábedes). Destaca pola variedade de especies típicas de ambiente mediterráneo. Foi proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC) e está pendente de aprobación.
  • 90. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Debuxos: Mon Daporta Xullo 2016