SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 114
ESPAZOS NATURAIS
LIC Carnota-Monte Pindo
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do
Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan
extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións
graníticas, canóns fluviais e fervenzas.
Vista desde a enseada de Carnota desde a Pena Forcada
SITUACIÓN: Sudoeste da provincia
da Coruña, nas comarcas de Muros,
Xallas e Fisterra. Poboacións de
referencia: Cee, Ézaro, O Pindo,
Carnota.
SUPERFICIE: 4.674 ha
CONCELLOS: Carnota, Cee,
Corcubión, Dumbría e Mazaricos
VALORES NATURAIS:
formacións graníticas, praias,
marismas, dunas, cantís, flora e
fauna...
Hai unha proposta de ampliación
pendente de aprobar que inclúe os
Montes de Buxantes ata o Xallas e o
espazo mariño ata Fisterra
Boca do Río
PROTECCIÓN
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004
-Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014
-Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZECVN), de 4.674 ha.
-Inclúe parte da Reserva mariña “Os Miñarzos”
O seu principal obxectivo
é a recuperación e
conservación das
poboacións de especies
explotadas, posibilitando
a sostibilidade das
pesquerías na contorna
do ecosistema mariño.
Toda actividade
profesional, tanto
pesqueira coma
marisqueira, que se vaia
desenvolver dentro da
reserva mariña queda
suxeita ás medidas
adoptadas nun Plan de
Xestión Integral.
RESERVA MARIÑA DE “OS MIÑARZOS”,
Situada entre Punta Raposeiros e Punta Larada.
Promovida pola confraría de Lira, e aprobada en abril de 2007, é a primeira
reserva mariña do litoral atlántico da península, con 1.200 ha. Trátase dun espazo
mariño amparado legalmente co fin de promover una utilización sostible e
protexer o seu patrimonio natural e cultural.
Praia de Caldebarcos
CLIMA
Atlántico, caracterizado polas temperaturas suaves e abundantes precipitacións.
As chuvias concéntranse principalmente no período outono-inverno e redúcense
notablemente (ata un 90 %) na época estival.
XEOLOXÍA/RELEVO
As serras deste espazo están constituídas por granitoides alcalinos e
calcoalcalinos formadas despois da Oroxenia Hercínica e caen bruscamente cara
ao mar. Na parte alta son amesetadas con cumes planos. Destacan os Montes do
Buxantes ao norte e o O Pindo, ao sur, separadas polo canón do Xallas.
Vista desde os montes da Ruña. Á esquerda o Pindo e á dereita Buxantes, separados polo Xallas.
Cacholas no alto da Moa (O Pindo)
En toda a zona abondan as formas erosivas creadas nos granitos que conforman
conxuntos espectaculares de bolos, penedos, formas acasteladas, pedras de
equilibrio, figuras de formas suxerentes, pías, cacholas...
MACIZO DO PINDO
Ten unha orientación NE-SO e está separado dos montes de Buxantes polo val
encaixado do río Xallas. O punto mái alto é o Pico da Moa, con 627 m. As rochas
dominantes son as granodioritas (granito vermello de grandes cristais). Ten un
grande interese xeolóxico e botánico.
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares.
Accedese a pé desde O Pindo (Carnota) ou O Fieiro (Mazaricos).
O Pindo desde Fisterra
Cara sur do Pindo desde Lira
Cara sur do Pindo desde As Paxareiras
Cara sur do Pindo desde a Punta dos Remedios
Cara leste do Pindo desde A Ruña
Pico da Moa (627 m), o máis alto do Pindo
Penafiel (390 m de altura)
A erosión nos granitos do Pindo deu lugar a bolos, penedos,
paredes lisas e pías ou cacholas moi espectaculares.
O Pedrullo
“O Xigante”
Vista desde o monte Pindo: península e enseada de Fisterra e ría de Corcubión
Vista desde o Pindo sobre o mar de Fisterra
Vista desde o Pindo cara a Carnota
MACIZO TECTÓNICO DE BUXANTES OU BUXÁN
Ten unha orientación NE-SO e está separado do Pindo polo val encaixado do río
Xallas. Os puntos máis máis altos son o Alto da Ameixueira (488 m) e Carbaliza
(472 m). Accedese desde Ézaro pola estrada que sobe ao mirador ou pola estrada
de Brens.
Vista xeral desde os montes da Ruña
Vista xeral desde o Pindo dos montes de Buxantes, en terras de Dumbría e Cee
Granitos en Buxantes
Vista do Alto Furado desde o miradoiro de Ézaro
Vista dos montes de Buxantes e o canón do Xallas
Vista desde os montes de Buxantes sobre a desembocadura do Xallas (á dereita Ézaro)
REDE FLUVIAL
Os ríos son de curto percorrido e pendente forte debido á proximidade das serras
ao mar, o que favorece a presenza de rápidos e fervenzas. Teñen un grande poder
erosivo e, na época de abondantes chuvias, un comportamento torrencial. No
verán acusan a seca. O Xallas é o máis longo e de maior caudal.
O Xallas antes de precipitarse no
salto da súa desembocadura
O río Xallas, neste espazo, encáixase no tramo final,
entre o Pindo e os montes de Buxantes e, nos últimos
metros, salva un grande desnivel e cae ao mar na ría
de Ézaro nunha fervenza única en Europa.
RÍO XALLAS
Nace no Monte Castelo, percorre terras de Santa Comba, Zas, Dumbría, Mazaricos
e Carnota e, depois de 64,5 km cae nun salto de 30 m de altura na enseada de
Ézaro. Antes da desembocadura forma un abrupto canón escavado nos duros
granitos dos macizos do Pindo e Buxantes.
É un río dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico.
Canón do Xallas
FERVENZA DO XALLAS,
entre Carnota e Dumbría.
A do Xallas é unha fervenza con moita
historia. Estivo sen auga durante
moitos anos, logo abríase por horas e,
despois de moitas denuncias mantense
co caudal ecolóxico.
Unha lenda conta que detrás da
fervenza existía unha porta máxica
vixiada por bruxas. O mozo que se
atrevía a pasar chegaba a debaixo do
río e podía casar cunha fermosa
princesa encantada e acadar unha
grande fortuna.
Imaxe dun día de enchente
Desembocadura do Xallas no Ézaro.
Imaxe da época en que non circulaba auga polo río
RÍO VALDEBOIS
Nace no Pindo e, despois dun curto percorrido, desemboca na lagoa de
Caldebarcos ou Estivariña. O Louredo únese a el na lagoa.
Aba sur do Pindo co val do río Valdebois
RÍO PEDRAFIGUEIRA
Nace na vertente oeste serra das Forcadas e desemboca na praia de Carnota
xunto co Rateira.
Vista do espazo desde a Punta de Rebordelo
A COSTA
Alterna tramos rochosos de pequena altura, illotes, enseadas e areais. As rochas
dominantes son granitos
ILLAS LOBEIRAS son un conxunto de pequenas illas e illotes graníticos situados na bocana
da ría de Cee e Corcubión. Pertencen ao concello de Corcubión. Manteñen colonias
nidificantes de gaivota patiamarela e corvo mariño cristado. No inverno acollen a numerosas
aves acuáticas.
PUNTA DE QUILMAS
Rochas traballadas polo mar na punta de QUILMAS
PUNTA DE QUILMAS
PUNTA DE QUILMAS
O PORTIÑO
COSTA DE CABRA. É un tramo de costa rochosa con moitos baixos e illotes a algúns areais solitarios
(Carballiños, Insuela ou Porto Negros...). Abondan as algas que son recollidas para a industria.
PUNTA DE CALDEBARCOS
Acolle un pequeno porto ao pé dos restos de factorías de salga.
Vista da enseada de Carnota coas praias de Caldebarcos e Carnota,
separadas pola Boca do Río, e as marismas de Estivariña.
ENSEADA DE CARNOTA
Ábrese entre as puntas de Caldebarcos e dos Remedios. O fondo está ocupado por un
extenso areal formado polas praias de Caldebarcos, Carnota, Mar de Lira, Cons, Xaxebe e
Portocubelo.
O río Valdebois e o rego de Louredo forman na súa desembocadura unha ampla marisma
parcialmente pechada por unha frecha de area na que se asenta un importante sistema
dunar. A marisma de Estivariña, o areal interior de Caldebarcos chamado tamén a
Berberecheira é unha área dunha grande riqueza ecolóxica que acolle un importante banco
de berberechos.
CARNOTA-CALDEBARCOS
A praia de Carnota e as dunas de Caldebarcos forman un sistema de marismas e dunas
fixadas pola vexetación separadas do mar por un gran areal de máis de 7 km de lonxitude (o
máis grande de Galiza). Nelas desembocan os ríos Valdebois e Pedrafigueira. A zona de
marismas está dividida en dúas partes: Caldebarcos, ao Norte e A Lagoa, ao Sur, divididas
pola punta Larada que separa as praias de Carnota e Caldebarcos ou San Mamede.
Conservan unha rica flora e fauna típica de marismas e dunas. É unha importante área de
invernada de aves acuáticas. Nas dunas aniñan a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e
o pernileiro (Burhinus oedicnemus).
Marismas de Caldebarcos (Estivariña)
Dunas fixadas e marismas de Caldebarcos
Boca do Río co Pindo ao fondo
Dunas de Caldebarcos coa praia de Carnota ao fondo
Costa de Lira e Punta dos Remedios desde as Forcadas
PRAIA MAR DE LIRA
PUNTA DE PORTO CABELO, no remate do espazo protexido
-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
-Esteiros
-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar
-Lagoas costeiras
-Grandes calas e baías pouco profundas
-Arrecifes
-Vexetación anual sobre argazos
-Vexetación perenne de coídos
-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas
-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou
areentas
-Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)
-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Dunas móbiles embrionarias
-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
-Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea)
-Depresións intradunales húmidas
-Dunas con céspedes do Malcolmietalia
-Dunas con vexetación esclerófila do Cisto-Lavenduletalia
-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea
uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-
Batrachion
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion
caeruleae)
-Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-
Veronicion dillenii
-Covas non explotadas polo turismo
-Furnas mariñas
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,
Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
O Pindo acolle unha pequena
poboación de carballo anano
(Quercus lusitanica) única en Galiza.
É un carballo de estrutura arbustiva
que pode acadar os 2 m de altura.
Emite ponlas a rente do chan e ten
un crecemento moi lento. Atópase na
metade sur de Portugal, SO de
Andalucía e norte de África.
FLORA
A grande diversidade de hábitats presentes neste espazo da lugar á formación de
comunidades vexetais interesantes, tanto mariñas, como de auga doce, de areais,
vales fluviais ou monte. As árbores autóctonas están limitadas a pequenos
espazos nos vales do ríos e no monte Pindo.
A vexetación dominante nos MONTES é o mato de toxo, xunto con breixos e xestas.
Aparecen esporadicamente algúns carballos, acivros e loureiros. Hai grandes áreas
repoboadas con eucalipto, piñeiro marítimo e piñeiro de Monterrei. Na zonas húmidas hai
breixos de turbeira, rorelas, esfagnos...
Acivro no Pindo
Rorela (Drosera rotundifolia). Planta carnívora que se atopa nas turbeiras dos cumes
Leucanthemum merinoi.
Unha margarida con flores de gran tamaño,
endémica do noroeste da Península Ibérica.
Toxo, unha das especies máis abundantes
do mato nos montes da comarca.
Genista anglica
Centaurea corcubionensis. É unha planta
que medra nos rochedos próximos ao mar.
É un endemismo no NW da Península Ibérica
que se atopa na costa desde O Pindo ata o
cabo de San Hadrián (Malpica) e polo
interior ata Santa Comba e Zas.
Nas BEIRAS DOS RÍOS consérvanse especies de ribeira, que se extenden ata onde chega a
influencia da auga. Na mesma beira atopamos distintas variedades de salgueiros e os
amieiros. Aséntase logo outra liña formada por bidueiras, freixos, abeleiras... No
sotobosque medran arbustos como o sabugueiro, sanguiño, silvas e plantas rubideiras
como a hedra, madreselva, saltasebes e valdeba. Nos esteiros abondan os xuncos, os
carrizos, a espartina, chantaxe do mar...
Os xuncos son as plantas máis comúns das marismas pola súa
capacidade para soportar o mergullo e a salinidade.
Caldebarcos
Nos AREAIS podemos atopar: arenaria do mar, barriña, eiruga mariña, poligono
da praia, aceda, grama mariña, leiteira, correola da praia, cardo mariño, cebola
das gaivotas, melga de mar, alelí das praias, herba do cuco, espigadilla do mar,
silene, tomelo bravo, rabo de lebre, cardo leiteiro, buño das praias, queiruga
mariña...
Feos (Ammophila arenaria) suxeitando as dunas. Unha planta perfectamente adaptada á vida nos areas,
con longos e profundos talos subterráneos que deteñen a area que arrastra o vento e constribúen a
formar e fixar as dunas.
Pan de paxaro (Sedum acre), de flores amarelas e
uvas de lagarto ou piñeiriña (Sedum album), de
flores brancas. Son plantas adaptadas a lugares
secos, pobres e expostos ao sol (pedregais,
tellados) que tamén viven nas dunas
almacenando auga nas súas follas carnosas.
Honckenya peploides. É a planta con flores
que vive máis preto do mar nas praias entre
area solta. Tamén é a que máis sofre os
impactos dos usuarios dos areais.
O alhelí mariño (Mathiola
sinuata) florece durante a
primavera e o verán nos
areais costeiros. Todas as
plantas que viven nas
praias presentan
adaptacións específicas
que lles permiten soportar
as duras condicións
ambientais (seca, forte
exposición solar e ao
vento...). No alhelí
podemos ver cores craras
que reflicten a luz, pelos
que illan do vento,
reducen a seca e reteñen
a humidade e forma
redonda e compacta para
ofrecer menos resistencia
ao vento.
Leiteira (Euphorbia paralias), medra
nas areas soltas das praias
Silene portensis. A pesar da súa aparente
fraxilidade está perfectamente adaptada para
soportar as duras condicións que se dan nas
dunas das praias.
Paxariños (Linaria poligalifolia)
Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus)
Seseli tortuosum. Vive nas dunas fixadas.
Blackstonia perfoliata, unha planta que se
atopa nas dunas preto das zonas máis
húmidas.
Iberis procumbens
Carrasco bravo (Helychrysum picardii)
Herba namoradeira (Armeria pubigera)
Nos CANTÍS E ROCHEDOS podemos atopar: perixel do mar, herba namoradeira,
fento mariño, Leucanthemum...
Fento mariño (Asplenium marinum). Vive nos furados dos cantís e nas fendas das paredes da beiramar.
Liques nas rochas da beira do mar
Herba coral (Sarcocornia perennis), unha planta carnosa de
pequenas flores que resiste a vida mergullada no mar.
Nas rochas do litoral e nos fondos mariños hai unha grande variedade de algas e
algunha planta vascular (herba coral, seba...)
Carrapuchos (Chondrus crispus). Esta pequena
alga que vive en lugares que case nunca descobre
o mar recóllese para a industria. Dela obtéñense
produtos que se usan para mellorar as cualidades
organolépticas e a conservación dos alimentos.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis
comúns nas rochas das áreas abrigadas.
Soportan ben a desecación e serven de acobillo
a caramuxos, caracolas, cangrexos...
Golfos (Laminaria digitata)
ESPECIES DE INTERESE
Arnica montana
Xiphion boissieri
Centaurea corcubionensis
Dryopteris guanchica
Eryngium juresianum
Fritillaria pyrenaica
Hymenophyllum tunbrigense
Limonium dodartii
Linkagrostis juressi
Nanozostera noltii
Narcissus bulbocodium
Narcissus triandrus
Ruscus aculeatus
Lirio do Xurés (Xiphion boissieri).
Planta en perigo de extinción
presente na serra do Xurés/Gêres,
no Courel... e no Pindo en pequeno
número.
Limonium dodartii
CATÁLOGO GALEGO
DE ESPECIES AMEAZADAS
Dryopteris guanchica
Eryngium duriaei subsp. juresianum
Hymenophyllum tunbrigense
Xiphion boissieri
Linkagrostis juressi
Limonium dodartii
Ranunculus bupleuroides
Mazaricos en Caldebarcos
FAUNA
A área de Caldebarcos e Carnota acolle importantes pboacións de aves
invernantes como as de píllara riscada (Arenaria interpres), mazarico real
(Numenius arquata), píllara cincenta (Pluvialis squatarola) ou gabita (Haematopus
ostralegus). Nas dunas aniñan a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e o
pernileiro (Burhinus oedicnemus).
Varias especies de caracois:
Colchlicella (arriba) e Theba pisana
(abaixo) descansan formando grupos
nas partes máis altas das plantas.
Sapiños de esporas (Pelobates cultripes), anfibios de
costumes nocturnas, raros en Galiza, que teñen o límite
norte de distribución nos areais de carnota.
Chinche sobre unha flor de carraspique (Iberis
procumbens). A capacidade para pasar
desapercibidos é fundamental para a
supervivencia dos animais pequenos.
Eiruga da avelaíña Brithys crini que se
alimenta unicamente de cebola das
gaivotas (Pancratium maritimum), unha
planta común das dunas fixadas.
Cabalos no Pindo
No Pindo hai catalogadas 70 especies de aves, entre as que destaca a gatafornela,
a tartaraña cincenta e, ocasionalmente, a aguia real.
No monte viven mandas de cabalos garranos (Equus ferus).
Polbo (Octopus vulgaris)
No litoral e nos fondos mariños aséntase un bo número de especies de
invertebrados: mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas, ourizos, estrelas de mar,
polbos, cangrexos, nécoras, e numerosos peixes que crían na zona ou son
visitantes ocasionais.
As rochas son o lugar idóneo para o asentamento
das chuponas ou ventosas (Anemonia sulcata).
Lontras (Lutra lutra )
ESPECIES DE INTERESE
MAMÍFEROS
Canis lupus
Genetta genetta
Lutra lutra
Mustela erminea
Mustela putorius
Pipistrellus pipistrellus
Plecotus auritus
Plecotus austriacus
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Stenella coeruleoalba
AVES
Accipiter gentilis
Accipiter nisus
Actitis hypoleucos
Aegithalos caudatus
Alauda arvensis
Alca torda
Alcedo atthis
Alectoris rufa
Anas clypeata
Anas crecca
Anas penelope
Anas platyrhynchos
Anser anser
Anthus trivialis
Apus apus
Ardea cinerea
Arenaria interpres
Athene noctua
Burhinus oedicnemus
Buteo buteo
Calidris alba
Calidris alpina
Calidris canutus
Calidris ferruginea
Calidris maritima
Calidris minuta
Pernileiro (Burhinus oedicnemus).
Unha ave propia de terreos áridos de costumes
crepusculares, rara en Galiza, que aniña nos areais
de Carnota, onde se alimenta de insectos, caracois
e outros pequenos animais.
Caprimulgus europaeus
Certhia brachydactyla
Charadrius alexandrinus
Charadrius hiaticula
Chlidonias niger
Cinclus cinclus
Circaetus gallicus
Circus aeruginosus
Circus cyaneus
Circus pygargus
Cisticola juncidis
Columba livia
Columba palumbus
Corvus corone
Coturnix coturnix
Cuculus canorus
Delichon urbica
Dendrocopos major
Egretta alba
Egretta garzetta
Emberiza cia
Emberiza cirlus
Emberiza citrinella
Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica
Erithacus rubecula
Falco peregrinus
Falco subbuteo
Píllara papuda
(Charadrius alexandrinus)
Cría nos areais de Carnota e
Caldebarcos
Cría de píllara papuda
Falco tinnunculus
Gallinago gallinago
Gallinula chloropus
Garrulus glandarius
Gavia arctica
Gavia immer
Gavia stellata
Haematopus ostralegus
Hippolais polyglotta
Hirundo rustica
Lanius collurio
Larus argentatus
Larus cachinnans
Larus fuscus
Larus marinus
Larus minutus
Larus ridibundus
Limosa lapponica
Limosa limosa
Lullula arborea
Melanitta fusca
Melanitta nigra
Mergus serrator
Milvus migrans
Milvus migrans
Monticola solitarius
Motacilla alba
Motacilla cinerea
Gabitas (Haematopus ostralegus)
Motacilla flava
Numenius arquata
Numenius phaeopus
Oriolus oriolus
Parus ater
Parus caeruleus
Parus cristatus
Parus major
Phalacrocorax aristotelis
Phalaropus fulicaria
Phoenicurus ochruros
Phylloscopus bonelli
Phylloscopus ibericus
Pica pica
Picus viridis
Platalea leucorodia
Plegadis falcinellus
Pluvialis apricaria
Pluvialis squatarola
Podiceps nigricollis
Porzana porzana
Prunella modularis
Ptyonoprogne rupestris
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Pyrrhula pyrrhula
Rallus aquaticus
Regulus ignicapilla
Rissa tridactyla
Mazarico (Numenius phaeopus)
Chasco (Saxicola torquata)
Saxicola torquata
Sitta europaea
Somateria mollissima
Sterna albifrons
Sterna sandvicensis
Streptopelia decaocto
Streptopelia turtur
Strix aluco
Sula bassana
Sylvia atricapilla
Sylvia borin
Sylvia communis
Sylvia melanocephala
Sylvia undata
Tachybaptus ruficollis
Tetrax tetrax
Tringa erythropus
Tringa glareola
Tringa nebularia
Tringa totanus
Troglodytes troglodytes
Turdus merula
Turdus philomelos
Turdus viscivorus
Tyto alba
Upupa epops
Uria aalge
Vanellus vanellus
Escáncer (Anguis fragilis)
RÉPTILES
Anguis fragilis
Chalcides bedriagai
Chalcides striatus
Coronella austriaca
Coronella girondica
Elaphe scalaris
Iberolacerta monticola
Lacerta lepida
Lacerta schreiberi
Natrix natrix
Podarcis hispanica
Psammodromus algirus
Rhinechis scalaris
Saramaganta (Chioglossa lusitanica)
ANFIBIOS
Alytes obstetricans
Bufo calamita
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Lissotriton boscai
Pelophyllax perezi
Rana iberica
Triturus marmoratus
PEIXES
Alosa alosa
Alosa fallax
Chondrostoma duriense
Chondrostoma polylepis
Sargo
INVERTEBRADOS
Cerambyx cerdo
Charonia lampas subsp. lampas
Coenagrion mercuriale
Elona quimperiana
Geomalacus maculosus
Hirudo medicinalis
Lucanus cervus
Nucella lapillus
Patella ulyssiponensis
Buguina Charonia
lampas subsp. lampas)
MAMÍFEROS
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
AVES
Burhinus oedicnemus
Charadrius alexandrinus
Circus cyaneus
Circus pygargus
Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica
Haematopus ostralegus
Phalacrocorax aristotelis
Rissa tridactyla
Tetrax tetrax
CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS
RÉPTILES
Chalcides bedriagai
Iberolacerta monticola
ANFIBIOS
Chioglossa lusitanica
Rana iberica
PEIXES
Alosa alosa
INVERTEBRADOS
Bolma rugosa
Cerambyx cerdo
Echinus esculentus
Elona quimperiana
Geomalacus maculosus
Esqueleto do ourizo do mar
(Echinus esculentus) Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla)
Caldebarcos
ACTIVIDADES
-Pesca e marisqueo
-Enerxía eléctrica
-Agro-gandaría
-Lecer
O Pindo
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A zona estivo habitada desde tempos moi antigos (os vestixios arqueolóxicos
máis antigos son de hai 6.000 anos).
No Pindo hai restos arqueolóxicos e petróglifos, restos de tres castelos
destruídos na revolta irmandiña (A Moa, Penafiel e O Pedrullo), unha capela e
numerosas lendas que fan referencia á prehistoria. Ao pé da Moa existen restos
dunha explotación de wolframio. Ao pé do Pedrullo hai unha lagoa na que se
explotaron aluvións de estano. Hai numerosas covas que serviron de refuxio
durante a Guerra Civil. A cova máis destacada é a Casa da Xoana
O macizo do Pindo está cheo de lendas e tradicións relacionadas con serpes de
sete cabezas, tesouros agochados, fadas, e sacrificios. Ata hai pouco tempo
facíanse ritos de fertilidade e nas rochas antropomórficas. Numerosos
historiadores de todos os tempos fan referencia a el. O Padre Sarmiento (século
XVIII) fala das ruínas do castelo e de pedras de virtudes fecundadoras e con
poder para facer que as mulleres collesen mozo e as nais tivesen un bo parto e
abundancia de leite. Para Otero Pedrayo é o Olimpo Celta, o monte sagrado dos
celtas galegos.
REFRÁNS
-Cando o monte Pindo ten Touca, temos chuvia, moita ou pouca
-Borraxeira no Pedregal, ven o vendaval
Río Xallas sen caudal ecolóxico
coa fervenza seca
PROBLEMAS
-incendios
-repoboacións con especies alóctonas
-vertedoiros de lixo
-presión humana
-encoros
-extracción de áridos
-parques eólicos
-especies invasoras (téñense detectado unhas 36)
Hórreo de Carnota
PUNTOS DE INTERESE
CARNOTA
-Monte Pindo: A Moa, Penafiel, pedras con formas (O Xigante,
-Puntas Quilmas, Caldebarcos, Porto Cabelo (Lira)
-Praias: Os Cabaliñs, A Insuela, Caldebarcos, Carnota, Mar de Lira, Cons, Xaxebe...
-Marismas de Estivariña e A Lagoa
-Restos de salgas en Punta Quilmas
-Igrexa e hórreo de Carnota
Caldebarcos
CEE
-Monte de Buxantes: lagoa Seca, Montemaior, Monteagudo
CORCUBIÓN
-Illas Lobeiras
-Faro das illas Lobeiras
Casa da Pedra, centro de
interpretación do espazo natural
DUMBRÍA
-Montes de Buxantes
-Ézaro
-Canón e fervenza do Xallas
-Enseada de Ézaro
-Casa da Pedra
Fervenza do Xallas
MAZARICOS
-Monte Pindo
-Canón do Xallas
O Pindo e o encoro de Santa Uxía, no Xallas
Canón do Xallas
ASOCIACIÓN MONTE PINDO PARQUE NATURAL
Unha Asociación sen ánimo de lucro, creada en 2010, radicada no concello de Carnota e aberta ao
mundo enteiro, que PROMOVE A DECLARACIÓN DE PARQUE NATURAL PARA O MONTE PINDO,
mediante a recollida de apoios humanos, loxísticos e económicos, a promoción de campañas de
sensibilización coas problemáticas do Monte Pindo, a divulgación de información, a realización de
actividades formativas e informativas, culturais, recreativas, reivindicativas... dirixidas aos diversos
sectores da sociedade, asi como o fomento das accións de voluntariado para atender e mellorar os
espazos degradados. Todo o anterior co obxectivo tamén de lograr o progreso socioeconómico da súa
veciñanza xerando máis oportunidades económicas e de traballo que permitan aspirar a ter mellor
calidade de vida nunha paisaxe privilexiada.
Montaxe e fotos: Adela Leiro Mon Daporta
Debuxos: Mon Daporta
actualizado en xuño 2017

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costaMonContos
 
Dumbría, A Costa
Dumbría, A CostaDumbría, A Costa
Dumbría, A CostaMonContos
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costaMonContos
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega monadela
 
LIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/MasmaLIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/Masmamonadela
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Mortebienesgalicia
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior monadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaMonContos
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedraismonadela
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de CorcubionMonContos
 
Burela, a costa
Burela, a costaBurela, a costa
Burela, a costamonadela
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabramonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanzamonadela
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costamonadela
 

La actualidad más candente (20)

Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Dumbría, A Costa
Dumbría, A CostaDumbría, A Costa
Dumbría, A Costa
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costa
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
LIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/MasmaLIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/Masma
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de Corcubion
 
Burela, a costa
Burela, a costaBurela, a costa
Burela, a costa
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabra
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 

Similar a LIC Carnota-Pindo

Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiromonadela
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de CamariñasMonContos
 
Lic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-MandeoLic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-Mandeomonadela
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaMonContos
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Silmonadela
 
LIC Costa da Vela
LIC Costa da VelaLIC Costa da Vela
LIC Costa da Velamonadela
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costamonadela
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de BurónReserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burónmonadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
Mañón. A Costa
Mañón. A CostaMañón. A Costa
Mañón. A Costamonadela
 
Viveiro, A costa
Viveiro, A costaViveiro, A costa
Viveiro, A costamonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
Lic Carnota-Pindo
Lic Carnota-PindoLic Carnota-Pindo
Lic Carnota-Pindoiesasorey
 
Espazos naturais de galicia ale mendez
Espazos naturais de galicia   ale mendezEspazos naturais de galicia   ale mendez
Espazos naturais de galicia ale mendezCMEDIOMRIVERO
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Río Mandeo
Río MandeoRío Mandeo
Río Mandeomonadela
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costamonadela
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneiramonadela
 

Similar a LIC Carnota-Pindo (20)

Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
Lic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-MandeoLic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-Mandeo
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A Costa
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
LIC Costa da Vela
LIC Costa da VelaLIC Costa da Vela
LIC Costa da Vela
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costa
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de BurónReserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Mañón. A Costa
Mañón. A CostaMañón. A Costa
Mañón. A Costa
 
Viveiro, A costa
Viveiro, A costaViveiro, A costa
Viveiro, A costa
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Lic Carnota-Pindo
Lic Carnota-PindoLic Carnota-Pindo
Lic Carnota-Pindo
 
Espazos naturais de galicia ale mendez
Espazos naturais de galicia   ale mendezEspazos naturais de galicia   ale mendez
Espazos naturais de galicia ale mendez
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Río Mandeo
Río MandeoRío Mandeo
Río Mandeo
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneira
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoimonadela
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzosmonadela
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costamonadela
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costamonadela
 
Paderne, A Costa
Paderne, A CostaPaderne, A Costa
Paderne, A Costamonadela
 
Miño, A Costa
Miño, A CostaMiño, A Costa
Miño, A Costamonadela
 
Cabanas, A Costa
Cabanas, A CostaCabanas, A Costa
Cabanas, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costa
 
Paderne, A Costa
Paderne, A CostaPaderne, A Costa
Paderne, A Costa
 
Miño, A Costa
Miño, A CostaMiño, A Costa
Miño, A Costa
 
Cabanas, A Costa
Cabanas, A CostaCabanas, A Costa
Cabanas, A Costa
 

LIC Carnota-Pindo

  • 2. Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa. É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas. Vista desde a enseada de Carnota desde a Pena Forcada
  • 3. SITUACIÓN: Sudoeste da provincia da Coruña, nas comarcas de Muros, Xallas e Fisterra. Poboacións de referencia: Cee, Ézaro, O Pindo, Carnota. SUPERFICIE: 4.674 ha CONCELLOS: Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos VALORES NATURAIS: formacións graníticas, praias, marismas, dunas, cantís, flora e fauna...
  • 4. Hai unha proposta de ampliación pendente de aprobar que inclúe os Montes de Buxantes ata o Xallas e o espazo mariño ata Fisterra
  • 5. Boca do Río PROTECCIÓN -Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004 -Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014 -Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZECVN), de 4.674 ha. -Inclúe parte da Reserva mariña “Os Miñarzos”
  • 6. O seu principal obxectivo é a recuperación e conservación das poboacións de especies explotadas, posibilitando a sostibilidade das pesquerías na contorna do ecosistema mariño. Toda actividade profesional, tanto pesqueira coma marisqueira, que se vaia desenvolver dentro da reserva mariña queda suxeita ás medidas adoptadas nun Plan de Xestión Integral. RESERVA MARIÑA DE “OS MIÑARZOS”, Situada entre Punta Raposeiros e Punta Larada. Promovida pola confraría de Lira, e aprobada en abril de 2007, é a primeira reserva mariña do litoral atlántico da península, con 1.200 ha. Trátase dun espazo mariño amparado legalmente co fin de promover una utilización sostible e protexer o seu patrimonio natural e cultural.
  • 7. Praia de Caldebarcos CLIMA Atlántico, caracterizado polas temperaturas suaves e abundantes precipitacións. As chuvias concéntranse principalmente no período outono-inverno e redúcense notablemente (ata un 90 %) na época estival.
  • 8. XEOLOXÍA/RELEVO As serras deste espazo están constituídas por granitoides alcalinos e calcoalcalinos formadas despois da Oroxenia Hercínica e caen bruscamente cara ao mar. Na parte alta son amesetadas con cumes planos. Destacan os Montes do Buxantes ao norte e o O Pindo, ao sur, separadas polo canón do Xallas. Vista desde os montes da Ruña. Á esquerda o Pindo e á dereita Buxantes, separados polo Xallas.
  • 9. Cacholas no alto da Moa (O Pindo) En toda a zona abondan as formas erosivas creadas nos granitos que conforman conxuntos espectaculares de bolos, penedos, formas acasteladas, pedras de equilibrio, figuras de formas suxerentes, pías, cacholas...
  • 10. MACIZO DO PINDO Ten unha orientación NE-SO e está separado dos montes de Buxantes polo val encaixado do río Xallas. O punto mái alto é o Pico da Moa, con 627 m. As rochas dominantes son as granodioritas (granito vermello de grandes cristais). Ten un grande interese xeolóxico e botánico. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares. Accedese a pé desde O Pindo (Carnota) ou O Fieiro (Mazaricos). O Pindo desde Fisterra
  • 11. Cara sur do Pindo desde Lira
  • 12. Cara sur do Pindo desde As Paxareiras
  • 13. Cara sur do Pindo desde a Punta dos Remedios
  • 14. Cara leste do Pindo desde A Ruña
  • 15. Pico da Moa (627 m), o máis alto do Pindo
  • 16. Penafiel (390 m de altura)
  • 17. A erosión nos granitos do Pindo deu lugar a bolos, penedos, paredes lisas e pías ou cacholas moi espectaculares.
  • 19.
  • 20.
  • 22. Vista desde o monte Pindo: península e enseada de Fisterra e ría de Corcubión
  • 23. Vista desde o Pindo sobre o mar de Fisterra
  • 24. Vista desde o Pindo cara a Carnota
  • 25. MACIZO TECTÓNICO DE BUXANTES OU BUXÁN Ten unha orientación NE-SO e está separado do Pindo polo val encaixado do río Xallas. Os puntos máis máis altos son o Alto da Ameixueira (488 m) e Carbaliza (472 m). Accedese desde Ézaro pola estrada que sobe ao mirador ou pola estrada de Brens. Vista xeral desde os montes da Ruña
  • 26. Vista xeral desde o Pindo dos montes de Buxantes, en terras de Dumbría e Cee
  • 28. Vista do Alto Furado desde o miradoiro de Ézaro
  • 29. Vista dos montes de Buxantes e o canón do Xallas
  • 30. Vista desde os montes de Buxantes sobre a desembocadura do Xallas (á dereita Ézaro)
  • 31. REDE FLUVIAL Os ríos son de curto percorrido e pendente forte debido á proximidade das serras ao mar, o que favorece a presenza de rápidos e fervenzas. Teñen un grande poder erosivo e, na época de abondantes chuvias, un comportamento torrencial. No verán acusan a seca. O Xallas é o máis longo e de maior caudal. O Xallas antes de precipitarse no salto da súa desembocadura
  • 32. O río Xallas, neste espazo, encáixase no tramo final, entre o Pindo e os montes de Buxantes e, nos últimos metros, salva un grande desnivel e cae ao mar na ría de Ézaro nunha fervenza única en Europa. RÍO XALLAS Nace no Monte Castelo, percorre terras de Santa Comba, Zas, Dumbría, Mazaricos e Carnota e, depois de 64,5 km cae nun salto de 30 m de altura na enseada de Ézaro. Antes da desembocadura forma un abrupto canón escavado nos duros granitos dos macizos do Pindo e Buxantes. É un río dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico.
  • 34. FERVENZA DO XALLAS, entre Carnota e Dumbría. A do Xallas é unha fervenza con moita historia. Estivo sen auga durante moitos anos, logo abríase por horas e, despois de moitas denuncias mantense co caudal ecolóxico. Unha lenda conta que detrás da fervenza existía unha porta máxica vixiada por bruxas. O mozo que se atrevía a pasar chegaba a debaixo do río e podía casar cunha fermosa princesa encantada e acadar unha grande fortuna. Imaxe dun día de enchente
  • 35.
  • 36. Desembocadura do Xallas no Ézaro. Imaxe da época en que non circulaba auga polo río
  • 37. RÍO VALDEBOIS Nace no Pindo e, despois dun curto percorrido, desemboca na lagoa de Caldebarcos ou Estivariña. O Louredo únese a el na lagoa.
  • 38. Aba sur do Pindo co val do río Valdebois
  • 39. RÍO PEDRAFIGUEIRA Nace na vertente oeste serra das Forcadas e desemboca na praia de Carnota xunto co Rateira.
  • 40. Vista do espazo desde a Punta de Rebordelo A COSTA Alterna tramos rochosos de pequena altura, illotes, enseadas e areais. As rochas dominantes son granitos
  • 41. ILLAS LOBEIRAS son un conxunto de pequenas illas e illotes graníticos situados na bocana da ría de Cee e Corcubión. Pertencen ao concello de Corcubión. Manteñen colonias nidificantes de gaivota patiamarela e corvo mariño cristado. No inverno acollen a numerosas aves acuáticas.
  • 43. Rochas traballadas polo mar na punta de QUILMAS
  • 47. COSTA DE CABRA. É un tramo de costa rochosa con moitos baixos e illotes a algúns areais solitarios (Carballiños, Insuela ou Porto Negros...). Abondan as algas que son recollidas para a industria.
  • 48. PUNTA DE CALDEBARCOS Acolle un pequeno porto ao pé dos restos de factorías de salga.
  • 49. Vista da enseada de Carnota coas praias de Caldebarcos e Carnota, separadas pola Boca do Río, e as marismas de Estivariña. ENSEADA DE CARNOTA Ábrese entre as puntas de Caldebarcos e dos Remedios. O fondo está ocupado por un extenso areal formado polas praias de Caldebarcos, Carnota, Mar de Lira, Cons, Xaxebe e Portocubelo. O río Valdebois e o rego de Louredo forman na súa desembocadura unha ampla marisma parcialmente pechada por unha frecha de area na que se asenta un importante sistema dunar. A marisma de Estivariña, o areal interior de Caldebarcos chamado tamén a Berberecheira é unha área dunha grande riqueza ecolóxica que acolle un importante banco de berberechos.
  • 50. CARNOTA-CALDEBARCOS A praia de Carnota e as dunas de Caldebarcos forman un sistema de marismas e dunas fixadas pola vexetación separadas do mar por un gran areal de máis de 7 km de lonxitude (o máis grande de Galiza). Nelas desembocan os ríos Valdebois e Pedrafigueira. A zona de marismas está dividida en dúas partes: Caldebarcos, ao Norte e A Lagoa, ao Sur, divididas pola punta Larada que separa as praias de Carnota e Caldebarcos ou San Mamede. Conservan unha rica flora e fauna típica de marismas e dunas. É unha importante área de invernada de aves acuáticas. Nas dunas aniñan a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e o pernileiro (Burhinus oedicnemus).
  • 51. Marismas de Caldebarcos (Estivariña)
  • 52. Dunas fixadas e marismas de Caldebarcos
  • 53. Boca do Río co Pindo ao fondo
  • 54. Dunas de Caldebarcos coa praia de Carnota ao fondo
  • 55. Costa de Lira e Punta dos Remedios desde as Forcadas
  • 56. PRAIA MAR DE LIRA
  • 57. PUNTA DE PORTO CABELO, no remate do espazo protexido
  • 58. -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda -Esteiros -Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar -Lagoas costeiras -Grandes calas e baías pouco profundas -Arrecifes -Vexetación anual sobre argazos -Vexetación perenne de coídos -Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas -Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas -Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi) -Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae) -Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae) TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
  • 59. -Dunas móbiles embrionarias -Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas) -Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises) -Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea) -Depresións intradunales húmidas -Dunas con céspedes do Malcolmietalia -Dunas con vexetación esclerófila do Cisto-Lavenduletalia -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho- Batrachion -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais secos europeos -Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
  • 60. -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Turbeiras altas activas -'Mires' de transición -Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi- Veronicion dillenii -Covas non explotadas polo turismo -Furnas mariñas -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
  • 61. O Pindo acolle unha pequena poboación de carballo anano (Quercus lusitanica) única en Galiza. É un carballo de estrutura arbustiva que pode acadar os 2 m de altura. Emite ponlas a rente do chan e ten un crecemento moi lento. Atópase na metade sur de Portugal, SO de Andalucía e norte de África. FLORA A grande diversidade de hábitats presentes neste espazo da lugar á formación de comunidades vexetais interesantes, tanto mariñas, como de auga doce, de areais, vales fluviais ou monte. As árbores autóctonas están limitadas a pequenos espazos nos vales do ríos e no monte Pindo.
  • 62. A vexetación dominante nos MONTES é o mato de toxo, xunto con breixos e xestas. Aparecen esporadicamente algúns carballos, acivros e loureiros. Hai grandes áreas repoboadas con eucalipto, piñeiro marítimo e piñeiro de Monterrei. Na zonas húmidas hai breixos de turbeira, rorelas, esfagnos... Acivro no Pindo
  • 63. Rorela (Drosera rotundifolia). Planta carnívora que se atopa nas turbeiras dos cumes
  • 64. Leucanthemum merinoi. Unha margarida con flores de gran tamaño, endémica do noroeste da Península Ibérica. Toxo, unha das especies máis abundantes do mato nos montes da comarca.
  • 66. Centaurea corcubionensis. É unha planta que medra nos rochedos próximos ao mar. É un endemismo no NW da Península Ibérica que se atopa na costa desde O Pindo ata o cabo de San Hadrián (Malpica) e polo interior ata Santa Comba e Zas.
  • 67. Nas BEIRAS DOS RÍOS consérvanse especies de ribeira, que se extenden ata onde chega a influencia da auga. Na mesma beira atopamos distintas variedades de salgueiros e os amieiros. Aséntase logo outra liña formada por bidueiras, freixos, abeleiras... No sotobosque medran arbustos como o sabugueiro, sanguiño, silvas e plantas rubideiras como a hedra, madreselva, saltasebes e valdeba. Nos esteiros abondan os xuncos, os carrizos, a espartina, chantaxe do mar...
  • 68. Os xuncos son as plantas máis comúns das marismas pola súa capacidade para soportar o mergullo e a salinidade.
  • 69. Caldebarcos Nos AREAIS podemos atopar: arenaria do mar, barriña, eiruga mariña, poligono da praia, aceda, grama mariña, leiteira, correola da praia, cardo mariño, cebola das gaivotas, melga de mar, alelí das praias, herba do cuco, espigadilla do mar, silene, tomelo bravo, rabo de lebre, cardo leiteiro, buño das praias, queiruga mariña...
  • 70. Feos (Ammophila arenaria) suxeitando as dunas. Unha planta perfectamente adaptada á vida nos areas, con longos e profundos talos subterráneos que deteñen a area que arrastra o vento e constribúen a formar e fixar as dunas.
  • 71. Pan de paxaro (Sedum acre), de flores amarelas e uvas de lagarto ou piñeiriña (Sedum album), de flores brancas. Son plantas adaptadas a lugares secos, pobres e expostos ao sol (pedregais, tellados) que tamén viven nas dunas almacenando auga nas súas follas carnosas. Honckenya peploides. É a planta con flores que vive máis preto do mar nas praias entre area solta. Tamén é a que máis sofre os impactos dos usuarios dos areais.
  • 72. O alhelí mariño (Mathiola sinuata) florece durante a primavera e o verán nos areais costeiros. Todas as plantas que viven nas praias presentan adaptacións específicas que lles permiten soportar as duras condicións ambientais (seca, forte exposición solar e ao vento...). No alhelí podemos ver cores craras que reflicten a luz, pelos que illan do vento, reducen a seca e reteñen a humidade e forma redonda e compacta para ofrecer menos resistencia ao vento.
  • 73. Leiteira (Euphorbia paralias), medra nas areas soltas das praias Silene portensis. A pesar da súa aparente fraxilidade está perfectamente adaptada para soportar as duras condicións que se dan nas dunas das praias.
  • 75. Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus)
  • 76. Seseli tortuosum. Vive nas dunas fixadas. Blackstonia perfoliata, unha planta que se atopa nas dunas preto das zonas máis húmidas.
  • 79. Herba namoradeira (Armeria pubigera) Nos CANTÍS E ROCHEDOS podemos atopar: perixel do mar, herba namoradeira, fento mariño, Leucanthemum...
  • 80. Fento mariño (Asplenium marinum). Vive nos furados dos cantís e nas fendas das paredes da beiramar.
  • 81. Liques nas rochas da beira do mar
  • 82. Herba coral (Sarcocornia perennis), unha planta carnosa de pequenas flores que resiste a vida mergullada no mar. Nas rochas do litoral e nos fondos mariños hai unha grande variedade de algas e algunha planta vascular (herba coral, seba...)
  • 83. Carrapuchos (Chondrus crispus). Esta pequena alga que vive en lugares que case nunca descobre o mar recóllese para a industria. Dela obtéñense produtos que se usan para mellorar as cualidades organolépticas e a conservación dos alimentos. Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis comúns nas rochas das áreas abrigadas. Soportan ben a desecación e serven de acobillo a caramuxos, caracolas, cangrexos...
  • 85. ESPECIES DE INTERESE Arnica montana Xiphion boissieri Centaurea corcubionensis Dryopteris guanchica Eryngium juresianum Fritillaria pyrenaica Hymenophyllum tunbrigense Limonium dodartii Linkagrostis juressi Nanozostera noltii Narcissus bulbocodium Narcissus triandrus Ruscus aculeatus Lirio do Xurés (Xiphion boissieri). Planta en perigo de extinción presente na serra do Xurés/Gêres, no Courel... e no Pindo en pequeno número.
  • 86. Limonium dodartii CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Dryopteris guanchica Eryngium duriaei subsp. juresianum Hymenophyllum tunbrigense Xiphion boissieri Linkagrostis juressi Limonium dodartii Ranunculus bupleuroides
  • 87. Mazaricos en Caldebarcos FAUNA A área de Caldebarcos e Carnota acolle importantes pboacións de aves invernantes como as de píllara riscada (Arenaria interpres), mazarico real (Numenius arquata), píllara cincenta (Pluvialis squatarola) ou gabita (Haematopus ostralegus). Nas dunas aniñan a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e o pernileiro (Burhinus oedicnemus).
  • 88. Varias especies de caracois: Colchlicella (arriba) e Theba pisana (abaixo) descansan formando grupos nas partes máis altas das plantas. Sapiños de esporas (Pelobates cultripes), anfibios de costumes nocturnas, raros en Galiza, que teñen o límite norte de distribución nos areais de carnota.
  • 89. Chinche sobre unha flor de carraspique (Iberis procumbens). A capacidade para pasar desapercibidos é fundamental para a supervivencia dos animais pequenos. Eiruga da avelaíña Brithys crini que se alimenta unicamente de cebola das gaivotas (Pancratium maritimum), unha planta común das dunas fixadas.
  • 90. Cabalos no Pindo No Pindo hai catalogadas 70 especies de aves, entre as que destaca a gatafornela, a tartaraña cincenta e, ocasionalmente, a aguia real. No monte viven mandas de cabalos garranos (Equus ferus).
  • 91. Polbo (Octopus vulgaris) No litoral e nos fondos mariños aséntase un bo número de especies de invertebrados: mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas, ourizos, estrelas de mar, polbos, cangrexos, nécoras, e numerosos peixes que crían na zona ou son visitantes ocasionais. As rochas son o lugar idóneo para o asentamento das chuponas ou ventosas (Anemonia sulcata).
  • 92. Lontras (Lutra lutra ) ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Canis lupus Genetta genetta Lutra lutra Mustela erminea Mustela putorius Pipistrellus pipistrellus Plecotus auritus Plecotus austriacus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Stenella coeruleoalba
  • 93. AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Actitis hypoleucos Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alca torda Alcedo atthis Alectoris rufa Anas clypeata Anas crecca Anas penelope Anas platyrhynchos Anser anser Anthus trivialis Apus apus Ardea cinerea Arenaria interpres Athene noctua Burhinus oedicnemus Buteo buteo Calidris alba Calidris alpina Calidris canutus Calidris ferruginea Calidris maritima Calidris minuta Pernileiro (Burhinus oedicnemus). Unha ave propia de terreos áridos de costumes crepusculares, rara en Galiza, que aniña nos areais de Carnota, onde se alimenta de insectos, caracois e outros pequenos animais.
  • 94. Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Charadrius alexandrinus Charadrius hiaticula Chlidonias niger Cinclus cinclus Circaetus gallicus Circus aeruginosus Circus cyaneus Circus pygargus Cisticola juncidis Columba livia Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Cuculus canorus Delichon urbica Dendrocopos major Egretta alba Egretta garzetta Emberiza cia Emberiza cirlus Emberiza citrinella Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Erithacus rubecula Falco peregrinus Falco subbuteo Píllara papuda (Charadrius alexandrinus) Cría nos areais de Carnota e Caldebarcos Cría de píllara papuda
  • 95. Falco tinnunculus Gallinago gallinago Gallinula chloropus Garrulus glandarius Gavia arctica Gavia immer Gavia stellata Haematopus ostralegus Hippolais polyglotta Hirundo rustica Lanius collurio Larus argentatus Larus cachinnans Larus fuscus Larus marinus Larus minutus Larus ridibundus Limosa lapponica Limosa limosa Lullula arborea Melanitta fusca Melanitta nigra Mergus serrator Milvus migrans Milvus migrans Monticola solitarius Motacilla alba Motacilla cinerea Gabitas (Haematopus ostralegus)
  • 96. Motacilla flava Numenius arquata Numenius phaeopus Oriolus oriolus Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Parus major Phalacrocorax aristotelis Phalaropus fulicaria Phoenicurus ochruros Phylloscopus bonelli Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis Platalea leucorodia Plegadis falcinellus Pluvialis apricaria Pluvialis squatarola Podiceps nigricollis Porzana porzana Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhula pyrrhula Rallus aquaticus Regulus ignicapilla Rissa tridactyla Mazarico (Numenius phaeopus)
  • 97. Chasco (Saxicola torquata) Saxicola torquata Sitta europaea Somateria mollissima Sterna albifrons Sterna sandvicensis Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sula bassana Sylvia atricapilla Sylvia borin Sylvia communis Sylvia melanocephala Sylvia undata Tachybaptus ruficollis Tetrax tetrax Tringa erythropus Tringa glareola Tringa nebularia Tringa totanus Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba Upupa epops Uria aalge Vanellus vanellus
  • 98. Escáncer (Anguis fragilis) RÉPTILES Anguis fragilis Chalcides bedriagai Chalcides striatus Coronella austriaca Coronella girondica Elaphe scalaris Iberolacerta monticola Lacerta lepida Lacerta schreiberi Natrix natrix Podarcis hispanica Psammodromus algirus Rhinechis scalaris
  • 99. Saramaganta (Chioglossa lusitanica) ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Lissotriton boscai Pelophyllax perezi Rana iberica Triturus marmoratus
  • 100. PEIXES Alosa alosa Alosa fallax Chondrostoma duriense Chondrostoma polylepis Sargo
  • 101. INVERTEBRADOS Cerambyx cerdo Charonia lampas subsp. lampas Coenagrion mercuriale Elona quimperiana Geomalacus maculosus Hirudo medicinalis Lucanus cervus Nucella lapillus Patella ulyssiponensis Buguina Charonia lampas subsp. lampas)
  • 102. MAMÍFEROS Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVES Burhinus oedicnemus Charadrius alexandrinus Circus cyaneus Circus pygargus Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Haematopus ostralegus Phalacrocorax aristotelis Rissa tridactyla Tetrax tetrax CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS RÉPTILES Chalcides bedriagai Iberolacerta monticola ANFIBIOS Chioglossa lusitanica Rana iberica PEIXES Alosa alosa INVERTEBRADOS Bolma rugosa Cerambyx cerdo Echinus esculentus Elona quimperiana Geomalacus maculosus Esqueleto do ourizo do mar (Echinus esculentus) Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla)
  • 103. Caldebarcos ACTIVIDADES -Pesca e marisqueo -Enerxía eléctrica -Agro-gandaría -Lecer
  • 104. O Pindo HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zona estivo habitada desde tempos moi antigos (os vestixios arqueolóxicos máis antigos son de hai 6.000 anos). No Pindo hai restos arqueolóxicos e petróglifos, restos de tres castelos destruídos na revolta irmandiña (A Moa, Penafiel e O Pedrullo), unha capela e numerosas lendas que fan referencia á prehistoria. Ao pé da Moa existen restos dunha explotación de wolframio. Ao pé do Pedrullo hai unha lagoa na que se explotaron aluvións de estano. Hai numerosas covas que serviron de refuxio durante a Guerra Civil. A cova máis destacada é a Casa da Xoana
  • 105. O macizo do Pindo está cheo de lendas e tradicións relacionadas con serpes de sete cabezas, tesouros agochados, fadas, e sacrificios. Ata hai pouco tempo facíanse ritos de fertilidade e nas rochas antropomórficas. Numerosos historiadores de todos os tempos fan referencia a el. O Padre Sarmiento (século XVIII) fala das ruínas do castelo e de pedras de virtudes fecundadoras e con poder para facer que as mulleres collesen mozo e as nais tivesen un bo parto e abundancia de leite. Para Otero Pedrayo é o Olimpo Celta, o monte sagrado dos celtas galegos.
  • 106. REFRÁNS -Cando o monte Pindo ten Touca, temos chuvia, moita ou pouca -Borraxeira no Pedregal, ven o vendaval
  • 107. Río Xallas sen caudal ecolóxico coa fervenza seca PROBLEMAS -incendios -repoboacións con especies alóctonas -vertedoiros de lixo -presión humana -encoros -extracción de áridos -parques eólicos -especies invasoras (téñense detectado unhas 36)
  • 108. Hórreo de Carnota PUNTOS DE INTERESE CARNOTA -Monte Pindo: A Moa, Penafiel, pedras con formas (O Xigante, -Puntas Quilmas, Caldebarcos, Porto Cabelo (Lira) -Praias: Os Cabaliñs, A Insuela, Caldebarcos, Carnota, Mar de Lira, Cons, Xaxebe... -Marismas de Estivariña e A Lagoa -Restos de salgas en Punta Quilmas -Igrexa e hórreo de Carnota Caldebarcos
  • 109. CEE -Monte de Buxantes: lagoa Seca, Montemaior, Monteagudo
  • 111. Casa da Pedra, centro de interpretación do espazo natural DUMBRÍA -Montes de Buxantes -Ézaro -Canón e fervenza do Xallas -Enseada de Ézaro -Casa da Pedra Fervenza do Xallas
  • 112. MAZARICOS -Monte Pindo -Canón do Xallas O Pindo e o encoro de Santa Uxía, no Xallas Canón do Xallas
  • 113. ASOCIACIÓN MONTE PINDO PARQUE NATURAL Unha Asociación sen ánimo de lucro, creada en 2010, radicada no concello de Carnota e aberta ao mundo enteiro, que PROMOVE A DECLARACIÓN DE PARQUE NATURAL PARA O MONTE PINDO, mediante a recollida de apoios humanos, loxísticos e económicos, a promoción de campañas de sensibilización coas problemáticas do Monte Pindo, a divulgación de información, a realización de actividades formativas e informativas, culturais, recreativas, reivindicativas... dirixidas aos diversos sectores da sociedade, asi como o fomento das accións de voluntariado para atender e mellorar os espazos degradados. Todo o anterior co obxectivo tamén de lograr o progreso socioeconómico da súa veciñanza xerando máis oportunidades económicas e de traballo que permitan aspirar a ter mellor calidade de vida nunha paisaxe privilexiada.
  • 114. Montaxe e fotos: Adela Leiro Mon Daporta Debuxos: Mon Daporta actualizado en xuño 2017