SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 157
ESPAZOS NATURAIS
LIC OS ANCARES-O COUREL
2-O COUREL
Un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os
Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas
no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden
serras e vales percorridos por ríos que forman parte da cunca do Navia e do Sil.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas,
pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que
destacan as grandes fragas).
A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes
dunha protección de maior nivel.
SITUACIÓN: No surleste da provincia
de Lugo, nas comarcas dos Ancares,
Quiroga, Sarria e Terra de Lemos.
Localidades de referencia: A Proba de
Navia, San Román de Cervantes,
Becerreá, As Nogais, Pedrafita do
Cebreiro, Triacastela, Samos, A Cruz do
Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do
Brollón, Quiroga.
SUPERFICIE: 102.635 ha
CONCELLOS:
Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá
As Nogais, Triacastela, Pedrafita do
Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do
Courel, A Pobra de Brollón Quiroga
Ribas do Sil.
VALORES NATURAIS: fragas,
brañas, pegadas glaciarias, ríos, bosques
de ribeira, fervenzas, pregamentos,
paisaxe e unha rica flora e fauna.
CLIMA
Oceánico de montaña, con precipitacións abondosas, invernos longos e temperaturas
contrastadas, máis suavizadas nos vales, con influencias mediterráneas nalgunhas áreas,
onde se dan veráns máis secos e cálidos.
Folgoso coa serra do Courel ao fondo
Paisaxe humanizada do Courel (Romeor)
2-O COUREL
Nesta segunda parte do traballos sobre o LIC “Os Ancares-O Courel” incluímos o territorio que
se estende desde Pedrafita do Cebreiro e o val do Navia ata o val do Sil, terras que se agrupan
arredor da Serra do Courel e outras serras próximas, unha sucesión de terreos montesíos,
vales e carrozos que acollen fermosas paisaxes e numerosos tesouros naturais.
PROTECCIÓN
-LIC (29 de decembro de 2004)
-ZEC (31 de marzo de 2014)
-Monumento Natural
“Pregamento xeolóxico de
Campodola e Leixazós”.
O territorio é unha sucesión de serras e vales encaixados que se agrupan a partir da serra do
Courel, un eixo que atravesa a área de NE a SO e que rematan no sur no río Sil. Ao leste
sitúanse as serras dos Cabalos, Cabreiros, Cereixido e A Aciñeira; ao noroeste as serra de
Oribio, Rañadoiro e Piornal e ao oeste as da Trapa, Loúzara e Auga Levada. As máximas
alturas atópanse na serra do Courel. As serras están moi fracturadas e pregadas e os distintos
terreos afundidos foron aproveitados polos ríos para escavar profundos vales.
Vista dos cumes do Courel desde o Pía Paxaro
O Courel destaca polas súas formacións xeolóxicas, -con morrenas glaciares terminais e
bloques erráticos, e numerosas covas calcárias- e a riqueza da súa flora e fauna, unha das
máis completas e diversas de Galiza, porque a súa situación na fronteira entre a rexión
eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos
rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies.
Val de Visuña
XEOLOXÍA/RELEVO
O territorio encádrase dentro das Serras Orientais galegas. A combinación entre a
composición das rochas e as forzas oroxénicas, que deron lugar a fracturas e pregamentos,
conformou unha paisaxe variada de vales abruptos, cavorcos e cumes que foron logo
desgastados ou escavados polos ríos e o xeo ata conformar o aspecto actual. As rochas máis
comúns son as lousas, os xistos e, en menor medidas as cuarcitas e as calcárias.
Rochas calcárias, aciñeiras e castiñeiros no Taro Branco.
Cavorcos na serra do Courel
Golada da Lucenza. As goladas son pasos entre cumes para cruzar as serras.
SERRA DO COUREL
Orientada en dirección NE-SO. Está limitada ao sur polo val do Sil, ao oeste polo río Lor, e polo
leste polos vales do Quiroga e O Selmo. Está constituída por unha cadea de montañas
pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas (destacan as de dirección nordeste polas
que circula o Lor). Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e
xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias. O relevo é abrupto con gorxas
profundas e pendentes fortes.
As principais alturas son o Formigueiros con 1.647 m, o Pía Paxaro con 1.619 m e o Pico do Boi
con 1.178 m.
Vista da cara noroeste da serra do Courel desde o alto do Hospital.
Vista da cara sur da serra do Courel desde o Faro.
GLACIARISMO
Na partes altas da serra do Courel consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes
mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa) como en Vilarbacú, o val de Visuña ou da
Seara, o circo da lagoa da Lucenza...
Val de Visuña
Val da Seara
Lagoa de Lucenza. Instalada nun antigo circo glaciar e moi colmatada polos sedimentos.
Serra do Courel desde Seceda
Pena das Aigas
Pia Paxaro
Pico do Boi
Vista da Serra do Piornal desde O Cebreiro.
SERRA DO PIORNAL
Situada no norte do concello de Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE e limitada polo
val do Navia ao nordeste. O monte máis alto é o Carballeda, con 1.392 m.
Serra do Rañadoiro desde Hospital.
SERRA DO RAÑADOIRO
Situada entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE. O punto máis alto é a
Muralla, con 1.480 m. Na vertente sur nace o río Lóuzara afluente do Lor.
Vista xeral do Cebreiro.
Está situado a nas estribacións da serra do Rañadoiro 1.300 m de altura, entre os montes Pozo de Area (1.394 m) e o
Chan da Poza (1.402). É unha zona de transición entre as serras de Ancares e O Courel.
SERRA DO ORIBIO
Esténdese en dirección E-SO en terreos de Samos e Triacastela, limitada ao norte polo val do
río Sarria e ao sur polo Lóuzara. Cara ao sur prolóngase nos montes Balbón (1.148 m) e
Modorriñas (1.167) ata a serra da Trapa. Está formada por pelitas e pequenos filóns de
calcárias. O monte máis alto é O Oribio, con 1.447 m. Na vertente oeste nacen varios
afluentes do río Sarria ou Oribio e na leste afluentes do Lóuzara.
Vista desde o Oribio cara a Triacastela e Ancares.
MONTES DE LÓUZARA
Esténdense con direción NE-SO, rodeados polo norte e oeste polo río do Lóuzara e polo leste e
sur polo Lor. Forma o límite oeste da cunca do río Sil.
A máxima altura é A Escrita, con 1.460 m.
Alto do Monteiro (1.142 m). Polo alto da aba sur
discorre a estrada de Seceda a Folgoso e Seoane.
SERRA DA TRAPA
Serra de perfís suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con
orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val
do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son
xistos e lousas. A máxima altura é o Legua, con 1.301 m.
Noutros tempos houbo unha gran actividade de mineiría de ferro.
Vista xeral da cara sur da serra da Trapa (Pena Redonda)
Pena dos Catro Cabaleiros, onde coínciden os concellos do Courel, A Pobra de Brollón, O Incio e Samos.
Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.
Vista oeste da serra dos Cabalos desde o Courel, co Montouto no
centro. Neste cume conflúen Lugo, Ourense e León.
SERRA DOS CABALOS
Serra con dirección NE-SO, situada nos límites entre Galiza e León. Está formada por lousas,
granitos, areíscas, cuacitas e calcárias. O punto máis alto é o Pico Montouto, con 1.524 m.
Polo norte, o leste e o sur está rodeada polo Selmo e os seus afluentes e polo oeste o curso
alto do Soldón. Nela nacen afluentes do Soldón (que vai ao Sil). Na súa vertente norte acolle
as Devesas do Cervo e de Mazaies.
Val do Soldón, sobre cuarcita armoricana, continuación cara ao leste do gran sinclinal de
Campodola, onde se observan espectaculares pregamentos de arrastre.
SERRA DO CABREIRO
Prolongación da serra dos Cabalos cara ao suroeste entre os ríos Soldón e Vilarmel. As
máximas alturas son o Pico da Serrada (1.494 m) e o Alto do Cabreiro (1.388 m). Dos seus
cumes baixan varios regos afluentes do Soldón.
Cara sur da Serra do
Cabreiro en inverno.
SERRA DE CEREIXIDO
Situado a partir da Serra dos Cabalos entre Quiroga e A Rúa, con dirección NE-SW. limitada
polo norte polo río de Barreiros, polo oeste, polo Soldón e polo sur o val do Sil e a depresión
de Valdeorras. Está formada por lousas, granitos, cuacitas e calcárias. A máxima altura é o
Lagoa Grande, con 1.246 m.
SERRA DE BIDUEDO
Esténdese ao leste do río Lor con dirección NE-SO. O cume máis importante é Os Conventos
(1.136 m)
Canón do Lor, entre Vilar e Froxán
PREGAMENTOS
As serras da zona, en especial O Courel, son un auténtico museo de xeoloxía. En distintos
puntos podemos contemplar pregamentos e fallas nos estratos do terreo que son unha
testemuña das forzas tectónicas que crearon e erosionaron estas montañas durantes millóns
de anos. O máis importante é o de Campodola, pero tamén se poden ver na serra de Auga
Levada e Pena Grande, na estrada de Quiroga a Monforte.
Os conventos. Pregues en cuarcitas
AS COVAS
Nalgunhas serras da área do Courel hai formacións calcárias nas que se orixinan cavidades
polas que circulan regos subterráneos e nas que hai galerías con estalactitas e estalagmitas:
Santalla, Buraca das Choias (Visuña); Sima Aradel (Campelo); Traslacosta (Paderne); O Oso,
Tarelo, Longo do Meo (Parada)...
Buraca das Choias
Cova en Santalla.
REDE FLUVIAL
Unha densa rede de regatos e regos que baixan das numerosas serras e se articulan arredor
de varios afluentes do Sil: Lor, Quiroga, Selmo e Soldón, e das cabeceiras do Navia e o Oribio
ou Sarria.
Son ríos que salvan fortes desniveis e circulan por profundos vales onde son frecuentes as
fervenzas, coñecidas no Courel no nome de pincheiras.
Pincheira de Ferramulín
En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e
percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e
fervenzas. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico
patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, ferrerías, mazos...
Canón do río
Fiais, afluente
do Soldón
No Courel chámanlle carrozos aos regatos miúdos que discorren encaixados no terreo
Ferrería de Seoane, no Lor.
Muíños en Ferramulín
Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val limitado pola serra do Piornal, á
esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita, á dereita.
RÍO NAVIA
Nace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km
por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior
parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas
das comarcas do Cebreiro, Ancares e A Fonsagrada. Ten un forte caudal de augas procedentes
da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos.
Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera.
O Sil en Augasmestas no encontro co Lor.
RÍO SIL
Nace en Asturias, na Cordilleira Cantábrica e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en
Galiza pola depresión de Valdeorras. Percorre un pequeno tramo do espazo polo sur e recibe
pola dereita o Soldón, Quiroga e Lor.
O Lor ao pouco do seu nacemento
RÍO LOR
Nace nos montes do Cebreiro e ten
como cabeceiras os regatos Fonlor
(que nace no Cebreiro), Fonte Grande
e Brañuelas (que baixan da serra do
Courel). Ten un percorrido de 50 km
por terreos do Courel e desemboca no
Sil en Augasmestas (Castro) entre
Quiroga e A Pobra do Brollón. Discorre
case sempre encaixado entre ribeiras
escarpadas cubertas dunha variada
vexetación autóctona.
Os afluentes máis importantes pola
dereita son o Parada, Folgoso e
Vilamor e pola esquerda o Loureiro e o
Lóuzara.
O Lor na ponte das
Arandainas.
Fervenza de Pontalor, nun afluente
do Lor entre Lousada (Pedrafita do
Cebreiro) e Vilela (O Courel).
O Lor en Vilar
O Lor en
Barxa de Lor
O Lor en Augasmestas, nunha pincheira que só se pode
ver cando se baleira o encoro.
RÍO PEQUENO
Baixa dos Montes de Lóuzara e xúntase co Lor
en Seoane do Courel.
Fervenzas: Pozo da Grada e Rego dos Bois
Pozo da GradaRego dos Bois, un afluente do Pequeno.
O Lor en Augasmestas no encontro co Sil.
RÍO LOÚZARA
É o afluente máis longo do Lor, con 28 km de percorrido. Baixa desde a Serra do Rañadoiro e forma un
profundo val entre as serras de Oribio e Lóuzara.
Fervenzas: Cova da Fonte, Santalla, Lousadela, Rexiu ou Rixio (Na parroquia de Vilamor)
O Lóuzara en Santalla
Pincheira na Cova da
Fonte (Santalla).
Pincheira de Santalla de abaixo, nun
afluente do Lóuzara.
Río Lóuzara entre a serra de Lóuzara e da Trapa
Pincheira nun dos regos que caen
no Lóuzara en Casela.
Pincheira de Rixio, nun afluente do
Lor en Vilamor.
Fonte do Cervo na
Devesa de Rogueira
Rego da Rogueira
Pincheira en Folgoso, nun
afluente do Lor.
RÍO QUIROGA
Nace na cara sudoeste do Pía Páxaro, preto da aldea de Vilarbacú, e fórmase coa confluencia
do Rego de Porto Mourelos ou Vilarbacú e o de Pacios. Percorre un total de 24 km sempre
dentro do Concello de Quiroga e desemboca no Sil preto da capital municipal. Os afluentes
principais son Ferreiriño, As Forcadiña e Regueira..
Pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda).
Pincheira da Pedriña na
Cruz de Outeiro.
Pincheira en Bustelo, nun
afluente do Quiroga.
Pincheira da Ola na Cruz de Outeiro.
RÍO SOLDÓN
Nace en A Seara, na cara norte do Aira Grande (Serra do Courel), producto da unión do regato
dos Palleiros, o rego das Lastras e a fonte do Caleiro. Percorre terras dos concellos do Courel e
Quiroga e desemboca no Sil en Paradaseca. Os seus afluentes pola esquerda son o Montouto,
Richein, Vilarmel, Barreiros e Ferredo ou Fiais. Pola dereita recibe numerosos regos de curto
percorrido.
Pincheiras: Rego de Montouto, Rinán, Caroceiro, Cereixido, canón do Fiais…
O Soldón en Rugando, ondo houbo
unha importante ferrería
Pincheira de Rinán, nun rego que vai ao
Montouto, afluente do Soldón.
Rego de Montouto
Pincheira do Caroceiro, nun afluente do Soldón.
A máis alta do Courel, con 40 m.
Rego de Fiais ou Ferredo. Ten numerosas pincheiras
de moi dificil acceso.
Río Visuña, unha
das cabeceiras do
Selmo.
RÍO SELMO
Nace na aba sur do Pico Formigueiros, da unión do rego de Forgas, o rego da Lagoa e o rego
dos Chaos e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao
Sil preto da localidade berciana de Frieira. Atravesa o Val de Seara que noutros tempos vertía
ao río Soldón e, debido a un afundimento da foxa berciana a finais do Terciario, as augas
pasaron a verter na cunca do Selmo. Este río sofre un brusco cambio de dirección á altura da
Seara.
Pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...
Pincheira no Rego de Murelos Pincheira de Fócaro, na Seara, nun afluente do Murelos.
Pincheira na Seara
Pincheira en Vieiros
Pincheira no Selmo, preto de Vieiros.
Pincheira en Ferramulín nun afluente do Selmo
Carvorco da Fervenza Grande. Hórreos.
RÍO SARRIA
Nace no Oribio e fai de linde do espazo entre Triacastela e Samos.
Canón do Sarria, no seu nacemento na serra do Oribio
POZO DO LAGO
Unha pequen lagoa nas abas do Rañadoiro (Chao da Lagua).
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-
Nanojuncetea
-Lagos e estanques distróficos naturais
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Queirogais alpinos e boreais
-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis
-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta
-Prados alpinos e subalpinos calcáreos
-Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (*
paraxes con notables orquídeas)
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas
montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Prados de sega de montaña
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
-Pavimentos calcarios
-Covas non explotadas polo turismo
-Faiais acidófilos atlánticos con sotobosque de Ilex e ás veces de Taxus (Quercion robori-
petraeae ou Ilici-Fagenion)
-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion
-Turbeiras boscosas
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
-Bosques mediterráneos de Taxus baccata
-Soutos
-Sobreirais
-Aciñeirais
-Acevedos
Viola arvensis
FLORA
A variedade litolóxica, morfolóxica, altitudinal e de orientación, xunto coa súa situación no
punto de contacto entre as áreas eurosiberiana ou atlántica e mediterránea fan que a
variedade florística do Courel sexa impresionante, coa presenza de formacións vexetais de
grande valor ecolóxico (fragas, aciñeirais, faiais...) e numerosas especies únicas ou pouco
comúns.
Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces,
piornos, xestas, carqueixas, xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas,
que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Nas proximidades das poboacións
hai soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira e algunhas zonas están
repoboadas con piñeiros
FORMACIÓNS VEXETAIS MÁIS CARACTERÍSTICAS DO COUREL:
-Mato, no que predominan as queirugas e as carqueixas.
-Devesas (fragas), nas ladeiras moi húmidas, cubertas pola neve no inverno, cun estrato arbóreo de
especies caducifolias: carballos, faias, acivros, abelairas, carbas...
-Aciñeirais, ligados aos terreos calcarios de ladeiras orientadas ao Sur.
-Bosques de ribeira: ameneiros, salgueiros, freixos, pradairos...
-Reboleiras, nas zonas umbrías, bosques de cerquiños mesturados con algún carballo e o híbrido de
ambos.
-Soutos
Devesa da Rogueira
É a devesa máis extensa e coñecida de Galiza. Foi declarada recentemente polo Fondo Mundial para a
Natureza como unha das seis áreas de bosque autóctono máis importantes da Península Ibérica. Xunto co
bosque de Albergária, no Geres portugués é o faial máis occidental de Europa.
Interior da Devesa da Rogueira
Devesa de Zanfoga. Situada na vertente norte de Pena Cerveira ao Sur de
Zanfoga, nas proximidades de Rubiais. Está formada principalmente por
cerquiños, bidueiros, abelairas e carballos.
Devesa do Faro
Devesa de Riocereixa. Na vertente norte do Pico Faro.
Hai faias mesturadas con carballos, acivros e teixos.
Devesa ddo Cervo, nas abas do Montouto
Devesa de Paderne ou da Escrita (ao fondo).
Situasa na aba norte dos montes de Lóuzara.
Faial de Liñares. Na empinada ladeira do alto do Penedo, sobre rochas
calcarias. O bosque complétano acivros, bidueiros e capudres.
Devesa de Fonteformosa. Contén o faial
máis puro de Galicia formado por árbores
de grande altura.
Faial do Sixto (Lousada-Pedrafita do Cebreiro)
Aciñeiral de MercurínAciñeiras (Quercus ilex subsp. ballota): aparecen por
baixo dos 800 metros, nos afloramentos calcarios.
Sobreiras (Quercus suber) en Froxán
Souto de Paderne
Castiñeiro (Castanea sativa).
Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque.
A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.
Souto de Outeiro
Bidueiros (Betula celtiberica)
Chopo (Populus nigra) destaca nas beiras dos ríos e regatos pola súa
verticalidade e a cor amarela que collen no outono.
Teixos (Taxus baccata) na Devesa de Rogueira
Cerdeira de Santa Lucía
(Prunus mahaleb)
Abruñeiro (Prunus spinosa)
Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia)
Érbedo (Arbutus unedo)
Acivro (Ilex aquifolium).
Pradeira de montaña con orquídeas
Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e
sérvenlle de refuxio á fauna.
Xesta (Cytisus multiflorus)
Breixos (Erica umbellata)
Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)
Mostallo (Sorbus aria)
Esteva (Cistus salvifolius)
Lithodora diffusa
Rhamnus legionensis
Pinguicola vulgaris, unha pequena planta carnívora
que vive en zonas moi húmidas.
Pinguicola grandiflora
Saxifraga spathularis
Saxifraga paniculata
Matthiola fruticulosa
Erinus alpinus
O Courel presenta unha das riquezas máis
altas do país en canto a diversidade de
flora (máis de 800 especies, case a metade
das que hai en de Galiza, entre elas
numerosas plantas únicas ou raras).
Sideritis caureliana
Rhamnus legionensis
Gentiana aurantica
Primula legionensis
Primula elatior bergidensis
Arenaria grandiflora subsp. incrassata
Armeria duriaei
Crepis albida subsp. asturica
Festuca elegans
Festuca summilusitanica
Genista sanabrensis
Gentiana lutea subsp. aurantiaca
Iberis contracta
Omphalodes nitida
Lithodora diffusa
Luzula sylvatica, subsp. herriquesii
Saxifraga spathularis
Pinguicola grandiflora
arleira (Berberis vulgaris)
mostallo (Sorbus aria)
Genista obtusiramea
Erodium glandulosum
Ophrys ustulata
Campanula arbatica subsp. adsurgens,
Leontodon farinosus...
Campanula arvatica supsp. adsurgens, especie
endémica da Cordilleira Cantábrica.
Omphalodes nitida (endemismo)
Armeria duriaei
Xensá (Gentiana lutea)Tragopon dubium
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Festuca elegans
Festuca summilusitanica
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissus ssp.nobilis
Santolina semidentata
Narcissus asturiensis
Saxifraga trifurcata
Soldaconsolda (Polygonatum verticillatum).
Especie rizomatosa da que xorden talos aéreos que
desaparecen no outono. So está presente nas
Serras Orientais.
Herba do pobre (Clematis vitalba).
Herba do gando (Helleborus foetidus)
Amorodos (Fragaria vesca).
Atópanse habitualmente nos
límites do bosque, en zonas
húmidas.
Hornungia petreae
Erodium glandulosum
Arzaia (Lavandula stoechas)
Antrrhinum meonantum
Arabis auriculata
Orquídeas. No Courel atópase unha gran variedade. entre
elas a Ophrys ustulata (única cita en Galiza).
Dactylorhiza sambucina Orchis maculaOrchis italica
Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium).
Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga.
No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galiza.
Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)
Liques
ÁRBORES SENLLEIRAS
Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)
TEIXO
(Taxus Bacata)
-Devesa da Escrita (Folgoso do
Courel). Varios exemplares de ata
4,6 m de perímetro.
Teixo dos Sete Homes. Devesa da Escrita (Paderne,
Folgoso do Courel) -4,6 m de perímetro.
CASTIÑEIRO
(Castanea
sativa)
-Suascasas (Seceda- Folgoso do Courel) -Máis de
7 m de perímetro.
-Seceda (Folgoso do Courel) -5,28 m de
perímetro.
-Paderne (Meiraos, Folgoso do Courel)
-O Val da Fonte (Paderne, Meiraos, Folgoso do
Courel) -18,70 m de altura, 7,80 m de perímetro.
(P)
-Miraz (Meiraos, Folgoso do Courel) -7,15, 6,50 e
6,32 m de perímetro.
-Vilar (Vilamor-Folgoso do Courel)
-Mercurín (Folgoso do Courel) -6,20 m de
perímetro
-Ferrería Vella (Folgoso do Courel) -9,30, 6,70 E
6,50 m de perímetro
-Visuña (Folgoso do Courel) -6,10 e 4,67 m de
perímetro.
-Moreiras (Ribas de Sil)
-Ramil (Triacastela) “O que non se abarca” -8,40
m de perímetro.
-Vilavella (Triacastela) -9,40 m de perímetro
-As Pasantes (Triacastela) --8,40 m de perímetro. Castiñeiro Val da Fonte. Paderne. (P)
Castiñeiro en Seceda Castiñeiro en Ferreiravella
Castiñeiro en Vilar
-Ramil (Triacastela)
“O que non se abarca”
-8,40 m de perímetro.
-As Pasantes (Triacastela) --8,40 m de perímetro.
-Vilavella (Triacastela) -9,40 m de perímetro
Donicela
(Mustela nivalis)
FAUNA
A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo ou únicas.
Hai contabilizadas 170 especies de vertebrados.
MAMÍFEROS (40 especies):
Lobo, raposo, gato bravo, algaria,
martaraña, garduña, armiño, donicela,
lontra, teixugo, porco bravo, corzo,
rebezo, ourizo cacho, toupa cega, rato de
almizcle, furafollas (grande, ibérico e
pequeño), murgaño patibranco, leirón
rilón, corta rubia, trilladeira nival, rato
mouro, lebre, coello, esquio, morcego
pequeno de ferradura, morcego
mediterráneo de ferradura, morcego
grande de ferradura, morcego de orellas
fendidas, morcego rateiro grande,
morcego común, morcego orelludo
meridional, morcego orelludo común,
morcego das covas...
Xabarín
(Sus
scrofa)
AVES:
Miñato queimado, aguia albela, gatafornela, azor,
gabián, miñato común, aguia real, falcón pequeno,
lagarteiro peneireiro, bufo (real e pequeno), moucho
común, avelaiona, curuxa común, pombo torcaz,
pomba zura, avenoiteira cincenta, bubela común,
laverca, cotovía (pequena e dos camiños), andoriña
(dos penedos, de cu branco), pica patinegra montesa,
merlo rieiro, martiño peixeiro, picanzo (vermello e
real, perdiz (rubia e charrela), papuxas, picafollas,
ferreiriños, escribentas, papamoscas, choias...
Aguia real
(Aquila
chrysaetos)Tordo (Turdus philomelos)
Anduriña (Hirundo rustica)
Víbora de Seoane (Vipera seoanei)
RÉPTILES:
Lagarto arnao, lagarto das silvas, lagartixa da
serra, lagartixa da braña, lagartixa dos penedos,
lagartixa galega, esgonzo común, escáncer
común, cobregón, serpe riscada, cobra lagarteira
meridional, cobra lagarteira común, cobra de
colar, cobra viperina, víbora de Seoane...
Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)
Rá patilonga (Rana iberica)
Sapo común (Bufo bufo)
ANFIBIOS:
Ra vermella, ra patilonga, pintafontes
común, pintafontes palmado, pintafontes
verde, píntega común, saramaganta,
sapiño comadrón, sapiño pintoxo, sapo
común, sapo corriqueiro...
INSECTOS
Aparecen especies de
bolboretas raras en Galiza:
Plebejus thersites, Parnassius
apollo asturiensis, Lycaena
hippothoe, Aricia morronensis.
Recentemente descubríronse
varias especies de coleópteros
habitantes das covas exclusivos
do Courel (Galaicodytes
caurelensis e Domene
lathromene) ou raros (Leoneilla
bergidi, descuberto no Bierzo).
Cicindela campestris. Este chamativo
escarabello é un carnívoro que caza, á carreira,
arañas e larvas de insectos.
Bolboreta (Anthocharis cardamines), femia e macho
Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis).
Bolboreta (Procris statices)
Bolboreta (Euphydryas aurinia)
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Invertebrados
Austropotamobius pallipes
Cerambyx cerdo
Lucanus cervus
Euphydryas aurinia
Elona quimperiana
Geomalacus maculosus
Margaritifera margaritifera
Peixes
Chondrostoma polylepis
Rutilus arcasii
Anfibios
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Réptiles
Lacerta monticola
Lacerta schreiberi
Mamíferos
Barbastella barbastellus
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Miniopterus schreibersii
Myotis emarginatus
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Cerambix cerdo
ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, actividades forestais, apicultura, mineiría (explotacións de lousa e
calcárias), turismo...
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Estas serras están habitadas desde tempos moi antigos como o atestiguan petroglifos,
mámoas, castros e outros achádegos arqueolóxicos. Na Cova do Uro (entre Pedrfita do
Cebreiro e Folgoso do Courel) atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan
de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados
en todo o país.
Castro da Torre
Castelo de Carbedo
A zona tivo intensa actividade mineira: ouro e ferro nos tempos dos romanos, antimonio
(Vilarbacú, que pechou en 1947), chumbo e cinc (no Cebreiro, que pechou na década de
1980), e siderúrxica a partir do XVI,do que das mostra as abundantes ferrerías hidráulicas.
Vilarbacú
A Toca. Antiga
explotación romana de
ouro no Courel.
De todas as épocas consérvase un rico
patrimonio histórico-artístico (castros,
petróglifos, igrexas, pontes, pazos,
castelos...) e etnográfico (núcleos de
poboación, pallozas, hórreos, pontellas,
muíños, mazos, ferrerías, fornos de cal,
ouriceiras, albarizas, aparellos...)
Igrexa de Santa María a
Real, no Cebreiro.
Formou parte dun
mosteiro fundado no
século IX que tivo gran
importancia como
institución hospitalaria
no Camiño Francés da
Ruta Xacobea.
O edificio do antigo
hospital está
convertido en
hospedería.
O Mazo
(restos dunha das
ferrerías máis
importantes do Courel
Antigo forno de cal en Cereixido. Nestes fornos
calcinábase a rocha calcária a altas temperaturas
para convertela en cal. Durante 60 horas
queimábanse queirogas e toxos. Unha fornada
podia levar ata 50 carros de combustible.
Visuña
Outeiro
Outeiro
Hórreo en Zanfoga
Sequeiros
para as
castañas
A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos
Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel.
É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha
unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro-
gandeira: corte, forno, almacén...
AS PALLOZAS
Palloza no Cebreiro.
A planta pode ser redonda, elíptica, oval,
rectangular-redondeada...
A construción está realizada cos materiais da
contorna aplicando técnicas elementais. Nas
paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de
castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e
palla centea para a cuberta.
Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas
de calor.
O interior está dividido en dúas partes por unha
parede que separa a zona do gando (estravariza) da
das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división
horizontal (barra) que serve de almacén de herba e
palla para o inverno, e como dormitorio no verán.
O piso é terreo agás na zona da lareira que vai
enlousado.
Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira
para delimitar un cuarto de durmir.
A altura do cume serve para darlle inclinanción á
cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir
que o fume se eleve.
A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para
protexerse dos ventos e íllase da humidade cun
rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a
neve.
Interior dunha palloza-
museo no Cebreiro.
Reparando o colmo dunha palloza.
O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá,
Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a
cortes ou palleiras.
O Cebreiro (arredor de 1981).
MONUMENTO NATURAL
“PREGAMENTO XEOLÓXIO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS”
Está situado sobre o val do río Ferreiriño en fronte dos núcleos de Campodola e Leixazós
(Quiroga). Mide máis de 2 km e está formado por capas de xistos e cuarcitas. É un exemplo
típico dun pregamento tombado. Un sinclinal, unha dobra de forma cóncava na que o eixe de
flexión foi orixinalmente vertical. As capas que o compoñen conteñen distintos minerais de
períodos xeolóxicos distintos, destacan en cor crara as cuarcitas (478-488 millóns de anos)
sobre as zonas escuras con vexetación formadas por lousas (458-478 millóns de anos). Enriba
existiu outro gran pregamento orientado en dirección inversa, un anticlinal, que desapareceu
a causa da erosión.
Vese desde a estrada de Quiroga a a Seoane onde hai un miradoiro e unha área de interpretación.
Sinclinal do Courel, o maior pregamento tombado
que pode observarse na Península Ibérica.
Pena Redonda
O INCIO
•Pena Redonda
•Pena dos Catro Cabaleiros
PUNTOS DE INTERESE
Seceda
FOLGOSO DO COUREL
•Minas: A Toca, Torubio Oeste e Torubio
Leste, Romeor
•Bosques: Romeor, O Faro,
Fonteformosa (faias), O Sixto, Liñares,
Riocereixa, aciñeiral de Campelo;
devesas da Rogueira, A Escrita, O
Cervo...
•Formacións calcárias: Taro Branco
•Ferrería de Seoane
•Seceda, aldea declarada “adea típica e
conxunto etnográfico de interese
turístico” Decreto 201/1997 do 3 de
xullo.)
•Castros: A Torre, Brigo
•Soutos: Miraz, Vilar, Ferramulín,
Outeiro...
•Museos: Vilar
•Igrexa de San Pedro de Esperante.
Museo en Vilar
Palloza no Cebreiro
PEDRAFITA DO CEBREIRO
•O Cebreiro: Igrexa de Santa María,
pallozas
•Igrexa de Hospital
•Devesas de Zanfoga, Riocereixa,
Brañas,... Faiais de Liñares. Sixto,
Fonteformosa...
•Fervenza de Pontalor no rego de Vilela
•Monte do Murallón (vistas
panorámicas)
•Pozo do Lago
Igrexa de Hospital
Albarizas na
serra da Trapa
A POBRA DE BROLLÓN
•Monte Legua
•Mesa dos Catro Cabaleiros
QUIROGA
•Pregamento de Campodola e Leixazóz (miradoiro e área de interpretación)
•Río Quiroga, pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda).
•Río Soldón, pincheiras: Rego de Montouto, Rinán, Caroceiro, Cereixido, canón do Fiais…
•Río Selmo, pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...
•Núcleos tardicionais: A Seara, Outeiro...
•Vilarbacú (antigas explotacións mineiras)
•O Mazo, ferrería de Rugando
•Miradoiro de Bustelo
•Fornos de Cal de Cereixido
•Lagoa de Lucenza
Outeiro
A Seara
O Sil en Ribas de Sil, fronte
a Augasmestas
RIBAS DO SIL
•Canón do sil
•Soutos e carballeiras na beira do Sil
O Lóuzara en Gundriz
SAMOS
•Gundriz: fervenza e mazo
•Santalla: fervenzas e cova
•Serra do Oribio
Fragas na aba norte do Oribio
TRIACASTELA
•Río Oribio
•Fragas do Oribio
•Nogueira
•Castiñeiros
PROBLEMAS
-Abandono do medio rural
-Incendios forestais
-Repoboacións con especies alóctonas...
-Apertura de pistas
-Explotacións mineiras
-Presión turística
-Furtivismo
O Lor en Augasmestas
co encoro baleiro.
Louseiras no
Courel
Fiais, unha aldea abandoada Ferramulín
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Debuxos: Mon Daporta
Setembro 2016

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Montañas xeoloxía
Montañas xeoloxíaMontañas xeoloxía
Montañas xeoloxíamonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerêsmonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancaresmonadela
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurésmonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courelmonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistralmonadela
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoiramonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiromonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 

La actualidad más candente (20)

As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Montañas xeoloxía
Montañas xeoloxíaMontañas xeoloxía
Montañas xeoloxía
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancares
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiro
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 

Destacado

Configuración de Buscadores en la WWW
Configuración de Buscadores en la WWWConfiguración de Buscadores en la WWW
Configuración de Buscadores en la WWWAlfonso F.S.
 
20121102 bagster technologique
20121102 bagster technologique20121102 bagster technologique
20121102 bagster technologiqueKlaus Hartmann
 
Analisis derechos television deportes y futbol España 2013 2014 - Sports Tv r...
Analisis derechos television deportes y futbol España 2013 2014 - Sports Tv r...Analisis derechos television deportes y futbol España 2013 2014 - Sports Tv r...
Analisis derechos television deportes y futbol España 2013 2014 - Sports Tv r...César Fraile Diez
 
Parasitologia basica
Parasitologia basicaParasitologia basica
Parasitologia basicalqc_miguel
 
TEA Y SUEÑO. ¿Qué hay que saber sobre el status bioeléctrico de los niños con...
TEA Y SUEÑO. ¿Qué hay que saber sobre el status bioeléctrico de los niños con...TEA Y SUEÑO. ¿Qué hay que saber sobre el status bioeléctrico de los niños con...
TEA Y SUEÑO. ¿Qué hay que saber sobre el status bioeléctrico de los niños con...ASPAU Asociación Proyecto Autismo
 

Destacado (7)

A materia prima
A materia primaA materia prima
A materia prima
 
Configuración de Buscadores en la WWW
Configuración de Buscadores en la WWWConfiguración de Buscadores en la WWW
Configuración de Buscadores en la WWW
 
20121102 bagster technologique
20121102 bagster technologique20121102 bagster technologique
20121102 bagster technologique
 
Analisis derechos television deportes y futbol España 2013 2014 - Sports Tv r...
Analisis derechos television deportes y futbol España 2013 2014 - Sports Tv r...Analisis derechos television deportes y futbol España 2013 2014 - Sports Tv r...
Analisis derechos television deportes y futbol España 2013 2014 - Sports Tv r...
 
Castillos de españa
Castillos de españaCastillos de españa
Castillos de españa
 
Parasitologia basica
Parasitologia basicaParasitologia basica
Parasitologia basica
 
TEA Y SUEÑO. ¿Qué hay que saber sobre el status bioeléctrico de los niños con...
TEA Y SUEÑO. ¿Qué hay que saber sobre el status bioeléctrico de los niños con...TEA Y SUEÑO. ¿Qué hay que saber sobre el status bioeléctrico de los niños con...
TEA Y SUEÑO. ¿Qué hay que saber sobre el status bioeléctrico de los niños con...
 

Similar a LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel

Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
Espazo natural Río Baleo
Espazo natural Río BaleoEspazo natural Río Baleo
Espazo natural Río Baleomonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sormonadela
 

Similar a LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel (15)

Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
Espazo natural Río Baleo
Espazo natural Río BaleoEspazo natural Río Baleo
Espazo natural Río Baleo
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sor
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel

  • 1. ESPAZOS NATURAIS LIC OS ANCARES-O COUREL 2-O COUREL
  • 2.
  • 3. Un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales percorridos por ríos que forman parte da cunca do Navia e do Sil. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas). A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.
  • 4. SITUACIÓN: No surleste da provincia de Lugo, nas comarcas dos Ancares, Quiroga, Sarria e Terra de Lemos. Localidades de referencia: A Proba de Navia, San Román de Cervantes, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, A Cruz do Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga. SUPERFICIE: 102.635 ha CONCELLOS: Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón Quiroga Ribas do Sil. VALORES NATURAIS: fragas, brañas, pegadas glaciarias, ríos, bosques de ribeira, fervenzas, pregamentos, paisaxe e unha rica flora e fauna.
  • 5. CLIMA Oceánico de montaña, con precipitacións abondosas, invernos longos e temperaturas contrastadas, máis suavizadas nos vales, con influencias mediterráneas nalgunhas áreas, onde se dan veráns máis secos e cálidos. Folgoso coa serra do Courel ao fondo
  • 6. Paisaxe humanizada do Courel (Romeor)
  • 7. 2-O COUREL Nesta segunda parte do traballos sobre o LIC “Os Ancares-O Courel” incluímos o territorio que se estende desde Pedrafita do Cebreiro e o val do Navia ata o val do Sil, terras que se agrupan arredor da Serra do Courel e outras serras próximas, unha sucesión de terreos montesíos, vales e carrozos que acollen fermosas paisaxes e numerosos tesouros naturais.
  • 8.
  • 9. PROTECCIÓN -LIC (29 de decembro de 2004) -ZEC (31 de marzo de 2014) -Monumento Natural “Pregamento xeolóxico de Campodola e Leixazós”.
  • 10. O territorio é unha sucesión de serras e vales encaixados que se agrupan a partir da serra do Courel, un eixo que atravesa a área de NE a SO e que rematan no sur no río Sil. Ao leste sitúanse as serras dos Cabalos, Cabreiros, Cereixido e A Aciñeira; ao noroeste as serra de Oribio, Rañadoiro e Piornal e ao oeste as da Trapa, Loúzara e Auga Levada. As máximas alturas atópanse na serra do Courel. As serras están moi fracturadas e pregadas e os distintos terreos afundidos foron aproveitados polos ríos para escavar profundos vales. Vista dos cumes do Courel desde o Pía Paxaro
  • 11. O Courel destaca polas súas formacións xeolóxicas, -con morrenas glaciares terminais e bloques erráticos, e numerosas covas calcárias- e a riqueza da súa flora e fauna, unha das máis completas e diversas de Galiza, porque a súa situación na fronteira entre a rexión eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies. Val de Visuña
  • 12. XEOLOXÍA/RELEVO O territorio encádrase dentro das Serras Orientais galegas. A combinación entre a composición das rochas e as forzas oroxénicas, que deron lugar a fracturas e pregamentos, conformou unha paisaxe variada de vales abruptos, cavorcos e cumes que foron logo desgastados ou escavados polos ríos e o xeo ata conformar o aspecto actual. As rochas máis comúns son as lousas, os xistos e, en menor medidas as cuarcitas e as calcárias. Rochas calcárias, aciñeiras e castiñeiros no Taro Branco.
  • 13.
  • 14. Cavorcos na serra do Courel
  • 15. Golada da Lucenza. As goladas son pasos entre cumes para cruzar as serras.
  • 16. SERRA DO COUREL Orientada en dirección NE-SO. Está limitada ao sur polo val do Sil, ao oeste polo río Lor, e polo leste polos vales do Quiroga e O Selmo. Está constituída por unha cadea de montañas pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas (destacan as de dirección nordeste polas que circula o Lor). Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias. O relevo é abrupto con gorxas profundas e pendentes fortes. As principais alturas son o Formigueiros con 1.647 m, o Pía Paxaro con 1.619 m e o Pico do Boi con 1.178 m. Vista da cara noroeste da serra do Courel desde o alto do Hospital.
  • 17. Vista da cara sur da serra do Courel desde o Faro.
  • 18. GLACIARISMO Na partes altas da serra do Courel consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa) como en Vilarbacú, o val de Visuña ou da Seara, o circo da lagoa da Lucenza... Val de Visuña
  • 20. Lagoa de Lucenza. Instalada nun antigo circo glaciar e moi colmatada polos sedimentos.
  • 21. Serra do Courel desde Seceda
  • 25. Vista da Serra do Piornal desde O Cebreiro. SERRA DO PIORNAL Situada no norte do concello de Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE e limitada polo val do Navia ao nordeste. O monte máis alto é o Carballeda, con 1.392 m.
  • 26. Serra do Rañadoiro desde Hospital. SERRA DO RAÑADOIRO Situada entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE. O punto máis alto é a Muralla, con 1.480 m. Na vertente sur nace o río Lóuzara afluente do Lor.
  • 27. Vista xeral do Cebreiro. Está situado a nas estribacións da serra do Rañadoiro 1.300 m de altura, entre os montes Pozo de Area (1.394 m) e o Chan da Poza (1.402). É unha zona de transición entre as serras de Ancares e O Courel.
  • 28. SERRA DO ORIBIO Esténdese en dirección E-SO en terreos de Samos e Triacastela, limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo Lóuzara. Cara ao sur prolóngase nos montes Balbón (1.148 m) e Modorriñas (1.167) ata a serra da Trapa. Está formada por pelitas e pequenos filóns de calcárias. O monte máis alto é O Oribio, con 1.447 m. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria ou Oribio e na leste afluentes do Lóuzara.
  • 29. Vista desde o Oribio cara a Triacastela e Ancares.
  • 30. MONTES DE LÓUZARA Esténdense con direción NE-SO, rodeados polo norte e oeste polo río do Lóuzara e polo leste e sur polo Lor. Forma o límite oeste da cunca do río Sil. A máxima altura é A Escrita, con 1.460 m.
  • 31. Alto do Monteiro (1.142 m). Polo alto da aba sur discorre a estrada de Seceda a Folgoso e Seoane.
  • 32. SERRA DA TRAPA Serra de perfís suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son xistos e lousas. A máxima altura é o Legua, con 1.301 m. Noutros tempos houbo unha gran actividade de mineiría de ferro. Vista xeral da cara sur da serra da Trapa (Pena Redonda)
  • 33. Pena dos Catro Cabaleiros, onde coínciden os concellos do Courel, A Pobra de Brollón, O Incio e Samos. Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.
  • 34. Vista oeste da serra dos Cabalos desde o Courel, co Montouto no centro. Neste cume conflúen Lugo, Ourense e León. SERRA DOS CABALOS Serra con dirección NE-SO, situada nos límites entre Galiza e León. Está formada por lousas, granitos, areíscas, cuacitas e calcárias. O punto máis alto é o Pico Montouto, con 1.524 m. Polo norte, o leste e o sur está rodeada polo Selmo e os seus afluentes e polo oeste o curso alto do Soldón. Nela nacen afluentes do Soldón (que vai ao Sil). Na súa vertente norte acolle as Devesas do Cervo e de Mazaies.
  • 35. Val do Soldón, sobre cuarcita armoricana, continuación cara ao leste do gran sinclinal de Campodola, onde se observan espectaculares pregamentos de arrastre.
  • 36. SERRA DO CABREIRO Prolongación da serra dos Cabalos cara ao suroeste entre os ríos Soldón e Vilarmel. As máximas alturas son o Pico da Serrada (1.494 m) e o Alto do Cabreiro (1.388 m). Dos seus cumes baixan varios regos afluentes do Soldón. Cara sur da Serra do Cabreiro en inverno.
  • 37. SERRA DE CEREIXIDO Situado a partir da Serra dos Cabalos entre Quiroga e A Rúa, con dirección NE-SW. limitada polo norte polo río de Barreiros, polo oeste, polo Soldón e polo sur o val do Sil e a depresión de Valdeorras. Está formada por lousas, granitos, cuacitas e calcárias. A máxima altura é o Lagoa Grande, con 1.246 m.
  • 38. SERRA DE BIDUEDO Esténdese ao leste do río Lor con dirección NE-SO. O cume máis importante é Os Conventos (1.136 m) Canón do Lor, entre Vilar e Froxán
  • 39. PREGAMENTOS As serras da zona, en especial O Courel, son un auténtico museo de xeoloxía. En distintos puntos podemos contemplar pregamentos e fallas nos estratos do terreo que son unha testemuña das forzas tectónicas que crearon e erosionaron estas montañas durantes millóns de anos. O máis importante é o de Campodola, pero tamén se poden ver na serra de Auga Levada e Pena Grande, na estrada de Quiroga a Monforte. Os conventos. Pregues en cuarcitas
  • 40. AS COVAS Nalgunhas serras da área do Courel hai formacións calcárias nas que se orixinan cavidades polas que circulan regos subterráneos e nas que hai galerías con estalactitas e estalagmitas: Santalla, Buraca das Choias (Visuña); Sima Aradel (Campelo); Traslacosta (Paderne); O Oso, Tarelo, Longo do Meo (Parada)... Buraca das Choias
  • 42. REDE FLUVIAL Unha densa rede de regatos e regos que baixan das numerosas serras e se articulan arredor de varios afluentes do Sil: Lor, Quiroga, Selmo e Soldón, e das cabeceiras do Navia e o Oribio ou Sarria. Son ríos que salvan fortes desniveis e circulan por profundos vales onde son frecuentes as fervenzas, coñecidas no Courel no nome de pincheiras. Pincheira de Ferramulín
  • 43. En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e fervenzas. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, ferrerías, mazos... Canón do río Fiais, afluente do Soldón
  • 44. No Courel chámanlle carrozos aos regatos miúdos que discorren encaixados no terreo
  • 47. Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val limitado pola serra do Piornal, á esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita, á dereita. RÍO NAVIA Nace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e A Fonsagrada. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera.
  • 48. O Sil en Augasmestas no encontro co Lor. RÍO SIL Nace en Asturias, na Cordilleira Cantábrica e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza pola depresión de Valdeorras. Percorre un pequeno tramo do espazo polo sur e recibe pola dereita o Soldón, Quiroga e Lor.
  • 49. O Lor ao pouco do seu nacemento RÍO LOR Nace nos montes do Cebreiro e ten como cabeceiras os regatos Fonlor (que nace no Cebreiro), Fonte Grande e Brañuelas (que baixan da serra do Courel). Ten un percorrido de 50 km por terreos do Courel e desemboca no Sil en Augasmestas (Castro) entre Quiroga e A Pobra do Brollón. Discorre case sempre encaixado entre ribeiras escarpadas cubertas dunha variada vexetación autóctona. Os afluentes máis importantes pola dereita son o Parada, Folgoso e Vilamor e pola esquerda o Loureiro e o Lóuzara.
  • 50. O Lor na ponte das Arandainas. Fervenza de Pontalor, nun afluente do Lor entre Lousada (Pedrafita do Cebreiro) e Vilela (O Courel). O Lor en Vilar
  • 51. O Lor en Barxa de Lor O Lor en Augasmestas, nunha pincheira que só se pode ver cando se baleira o encoro.
  • 52. RÍO PEQUENO Baixa dos Montes de Lóuzara e xúntase co Lor en Seoane do Courel. Fervenzas: Pozo da Grada e Rego dos Bois Pozo da GradaRego dos Bois, un afluente do Pequeno.
  • 53. O Lor en Augasmestas no encontro co Sil.
  • 54. RÍO LOÚZARA É o afluente máis longo do Lor, con 28 km de percorrido. Baixa desde a Serra do Rañadoiro e forma un profundo val entre as serras de Oribio e Lóuzara. Fervenzas: Cova da Fonte, Santalla, Lousadela, Rexiu ou Rixio (Na parroquia de Vilamor) O Lóuzara en Santalla
  • 55. Pincheira na Cova da Fonte (Santalla). Pincheira de Santalla de abaixo, nun afluente do Lóuzara.
  • 56. Río Lóuzara entre a serra de Lóuzara e da Trapa
  • 57. Pincheira nun dos regos que caen no Lóuzara en Casela. Pincheira de Rixio, nun afluente do Lor en Vilamor.
  • 58. Fonte do Cervo na Devesa de Rogueira Rego da Rogueira Pincheira en Folgoso, nun afluente do Lor.
  • 59. RÍO QUIROGA Nace na cara sudoeste do Pía Páxaro, preto da aldea de Vilarbacú, e fórmase coa confluencia do Rego de Porto Mourelos ou Vilarbacú e o de Pacios. Percorre un total de 24 km sempre dentro do Concello de Quiroga e desemboca no Sil preto da capital municipal. Os afluentes principais son Ferreiriño, As Forcadiña e Regueira.. Pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda).
  • 60. Pincheira da Pedriña na Cruz de Outeiro. Pincheira en Bustelo, nun afluente do Quiroga.
  • 61. Pincheira da Ola na Cruz de Outeiro.
  • 62. RÍO SOLDÓN Nace en A Seara, na cara norte do Aira Grande (Serra do Courel), producto da unión do regato dos Palleiros, o rego das Lastras e a fonte do Caleiro. Percorre terras dos concellos do Courel e Quiroga e desemboca no Sil en Paradaseca. Os seus afluentes pola esquerda son o Montouto, Richein, Vilarmel, Barreiros e Ferredo ou Fiais. Pola dereita recibe numerosos regos de curto percorrido. Pincheiras: Rego de Montouto, Rinán, Caroceiro, Cereixido, canón do Fiais…
  • 63. O Soldón en Rugando, ondo houbo unha importante ferrería
  • 64. Pincheira de Rinán, nun rego que vai ao Montouto, afluente do Soldón. Rego de Montouto
  • 65. Pincheira do Caroceiro, nun afluente do Soldón. A máis alta do Courel, con 40 m. Rego de Fiais ou Ferredo. Ten numerosas pincheiras de moi dificil acceso.
  • 66. Río Visuña, unha das cabeceiras do Selmo. RÍO SELMO Nace na aba sur do Pico Formigueiros, da unión do rego de Forgas, o rego da Lagoa e o rego dos Chaos e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao Sil preto da localidade berciana de Frieira. Atravesa o Val de Seara que noutros tempos vertía ao río Soldón e, debido a un afundimento da foxa berciana a finais do Terciario, as augas pasaron a verter na cunca do Selmo. Este río sofre un brusco cambio de dirección á altura da Seara. Pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...
  • 67. Pincheira no Rego de Murelos Pincheira de Fócaro, na Seara, nun afluente do Murelos.
  • 69. Pincheira no Selmo, preto de Vieiros. Pincheira en Ferramulín nun afluente do Selmo Carvorco da Fervenza Grande. Hórreos.
  • 70. RÍO SARRIA Nace no Oribio e fai de linde do espazo entre Triacastela e Samos. Canón do Sarria, no seu nacemento na serra do Oribio
  • 71. POZO DO LAGO Unha pequen lagoa nas abas do Rañadoiro (Chao da Lagua).
  • 72. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto- Nanojuncetea -Lagos e estanques distróficos naturais -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p. -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais secos europeos -Queirogais alpinos e boreais -Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis -Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta -Prados alpinos e subalpinos calcáreos -Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (* paraxes con notables orquídeas) -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental) -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Prados de sega de montaña -Turbeiras altas activas -'Mires' de transición -Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)
  • 73. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii -Pavimentos calcarios -Covas non explotadas polo turismo -Faiais acidófilos atlánticos con sotobosque de Ilex e ás veces de Taxus (Quercion robori- petraeae ou Ilici-Fagenion) -Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion -Turbeiras boscosas -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica -Bosques mediterráneos de Taxus baccata -Soutos -Sobreirais -Aciñeirais -Acevedos
  • 74. Viola arvensis FLORA A variedade litolóxica, morfolóxica, altitudinal e de orientación, xunto coa súa situación no punto de contacto entre as áreas eurosiberiana ou atlántica e mediterránea fan que a variedade florística do Courel sexa impresionante, coa presenza de formacións vexetais de grande valor ecolóxico (fragas, aciñeirais, faiais...) e numerosas especies únicas ou pouco comúns. Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces, piornos, xestas, carqueixas, xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas, que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Nas proximidades das poboacións hai soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira e algunhas zonas están repoboadas con piñeiros
  • 75. FORMACIÓNS VEXETAIS MÁIS CARACTERÍSTICAS DO COUREL: -Mato, no que predominan as queirugas e as carqueixas. -Devesas (fragas), nas ladeiras moi húmidas, cubertas pola neve no inverno, cun estrato arbóreo de especies caducifolias: carballos, faias, acivros, abelairas, carbas... -Aciñeirais, ligados aos terreos calcarios de ladeiras orientadas ao Sur. -Bosques de ribeira: ameneiros, salgueiros, freixos, pradairos... -Reboleiras, nas zonas umbrías, bosques de cerquiños mesturados con algún carballo e o híbrido de ambos. -Soutos
  • 76. Devesa da Rogueira É a devesa máis extensa e coñecida de Galiza. Foi declarada recentemente polo Fondo Mundial para a Natureza como unha das seis áreas de bosque autóctono máis importantes da Península Ibérica. Xunto co bosque de Albergária, no Geres portugués é o faial máis occidental de Europa.
  • 77. Interior da Devesa da Rogueira
  • 78. Devesa de Zanfoga. Situada na vertente norte de Pena Cerveira ao Sur de Zanfoga, nas proximidades de Rubiais. Está formada principalmente por cerquiños, bidueiros, abelairas e carballos.
  • 80. Devesa de Riocereixa. Na vertente norte do Pico Faro. Hai faias mesturadas con carballos, acivros e teixos.
  • 81. Devesa ddo Cervo, nas abas do Montouto
  • 82. Devesa de Paderne ou da Escrita (ao fondo). Situasa na aba norte dos montes de Lóuzara.
  • 83. Faial de Liñares. Na empinada ladeira do alto do Penedo, sobre rochas calcarias. O bosque complétano acivros, bidueiros e capudres.
  • 84. Devesa de Fonteformosa. Contén o faial máis puro de Galicia formado por árbores de grande altura.
  • 85. Faial do Sixto (Lousada-Pedrafita do Cebreiro)
  • 86. Aciñeiral de MercurínAciñeiras (Quercus ilex subsp. ballota): aparecen por baixo dos 800 metros, nos afloramentos calcarios.
  • 88. Souto de Paderne Castiñeiro (Castanea sativa). Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.
  • 91. Chopo (Populus nigra) destaca nas beiras dos ríos e regatos pola súa verticalidade e a cor amarela que collen no outono.
  • 92. Teixos (Taxus baccata) na Devesa de Rogueira
  • 93. Cerdeira de Santa Lucía (Prunus mahaleb)
  • 94. Abruñeiro (Prunus spinosa) Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia) Érbedo (Arbutus unedo) Acivro (Ilex aquifolium).
  • 95. Pradeira de montaña con orquídeas
  • 96. Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e sérvenlle de refuxio á fauna.
  • 99. Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)
  • 100. Mostallo (Sorbus aria) Esteva (Cistus salvifolius)
  • 102. Pinguicola vulgaris, unha pequena planta carnívora que vive en zonas moi húmidas. Pinguicola grandiflora
  • 105. O Courel presenta unha das riquezas máis altas do país en canto a diversidade de flora (máis de 800 especies, case a metade das que hai en de Galiza, entre elas numerosas plantas únicas ou raras). Sideritis caureliana Rhamnus legionensis Gentiana aurantica Primula legionensis Primula elatior bergidensis Arenaria grandiflora subsp. incrassata Armeria duriaei Crepis albida subsp. asturica Festuca elegans Festuca summilusitanica Genista sanabrensis Gentiana lutea subsp. aurantiaca Iberis contracta Omphalodes nitida Lithodora diffusa Luzula sylvatica, subsp. herriquesii Saxifraga spathularis Pinguicola grandiflora arleira (Berberis vulgaris) mostallo (Sorbus aria) Genista obtusiramea Erodium glandulosum Ophrys ustulata Campanula arbatica subsp. adsurgens, Leontodon farinosus... Campanula arvatica supsp. adsurgens, especie endémica da Cordilleira Cantábrica.
  • 108. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Festuca elegans Festuca summilusitanica Narcissus asturiensis Narcissus pseudonarcissus ssp.nobilis Santolina semidentata Narcissus asturiensis
  • 110. Soldaconsolda (Polygonatum verticillatum). Especie rizomatosa da que xorden talos aéreos que desaparecen no outono. So está presente nas Serras Orientais. Herba do pobre (Clematis vitalba).
  • 111. Herba do gando (Helleborus foetidus) Amorodos (Fragaria vesca). Atópanse habitualmente nos límites do bosque, en zonas húmidas.
  • 114. Orquídeas. No Courel atópase unha gran variedade. entre elas a Ophrys ustulata (única cita en Galiza). Dactylorhiza sambucina Orchis maculaOrchis italica
  • 115. Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium). Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga. No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galiza.
  • 116. Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)
  • 117. Liques
  • 118. ÁRBORES SENLLEIRAS Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P) TEIXO (Taxus Bacata) -Devesa da Escrita (Folgoso do Courel). Varios exemplares de ata 4,6 m de perímetro. Teixo dos Sete Homes. Devesa da Escrita (Paderne, Folgoso do Courel) -4,6 m de perímetro.
  • 119. CASTIÑEIRO (Castanea sativa) -Suascasas (Seceda- Folgoso do Courel) -Máis de 7 m de perímetro. -Seceda (Folgoso do Courel) -5,28 m de perímetro. -Paderne (Meiraos, Folgoso do Courel) -O Val da Fonte (Paderne, Meiraos, Folgoso do Courel) -18,70 m de altura, 7,80 m de perímetro. (P) -Miraz (Meiraos, Folgoso do Courel) -7,15, 6,50 e 6,32 m de perímetro. -Vilar (Vilamor-Folgoso do Courel) -Mercurín (Folgoso do Courel) -6,20 m de perímetro -Ferrería Vella (Folgoso do Courel) -9,30, 6,70 E 6,50 m de perímetro -Visuña (Folgoso do Courel) -6,10 e 4,67 m de perímetro. -Moreiras (Ribas de Sil) -Ramil (Triacastela) “O que non se abarca” -8,40 m de perímetro. -Vilavella (Triacastela) -9,40 m de perímetro -As Pasantes (Triacastela) --8,40 m de perímetro. Castiñeiro Val da Fonte. Paderne. (P)
  • 120. Castiñeiro en Seceda Castiñeiro en Ferreiravella
  • 122. -Ramil (Triacastela) “O que non se abarca” -8,40 m de perímetro.
  • 123. -As Pasantes (Triacastela) --8,40 m de perímetro. -Vilavella (Triacastela) -9,40 m de perímetro
  • 124. Donicela (Mustela nivalis) FAUNA A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo ou únicas. Hai contabilizadas 170 especies de vertebrados. MAMÍFEROS (40 especies): Lobo, raposo, gato bravo, algaria, martaraña, garduña, armiño, donicela, lontra, teixugo, porco bravo, corzo, rebezo, ourizo cacho, toupa cega, rato de almizcle, furafollas (grande, ibérico e pequeño), murgaño patibranco, leirón rilón, corta rubia, trilladeira nival, rato mouro, lebre, coello, esquio, morcego pequeno de ferradura, morcego mediterráneo de ferradura, morcego grande de ferradura, morcego de orellas fendidas, morcego rateiro grande, morcego común, morcego orelludo meridional, morcego orelludo común, morcego das covas... Xabarín (Sus scrofa)
  • 125. AVES: Miñato queimado, aguia albela, gatafornela, azor, gabián, miñato común, aguia real, falcón pequeno, lagarteiro peneireiro, bufo (real e pequeno), moucho común, avelaiona, curuxa común, pombo torcaz, pomba zura, avenoiteira cincenta, bubela común, laverca, cotovía (pequena e dos camiños), andoriña (dos penedos, de cu branco), pica patinegra montesa, merlo rieiro, martiño peixeiro, picanzo (vermello e real, perdiz (rubia e charrela), papuxas, picafollas, ferreiriños, escribentas, papamoscas, choias... Aguia real (Aquila chrysaetos)Tordo (Turdus philomelos)
  • 127. Víbora de Seoane (Vipera seoanei) RÉPTILES: Lagarto arnao, lagarto das silvas, lagartixa da serra, lagartixa da braña, lagartixa dos penedos, lagartixa galega, esgonzo común, escáncer común, cobregón, serpe riscada, cobra lagarteira meridional, cobra lagarteira común, cobra de colar, cobra viperina, víbora de Seoane... Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)
  • 128. Rá patilonga (Rana iberica) Sapo común (Bufo bufo) ANFIBIOS: Ra vermella, ra patilonga, pintafontes común, pintafontes palmado, pintafontes verde, píntega común, saramaganta, sapiño comadrón, sapiño pintoxo, sapo común, sapo corriqueiro...
  • 129. INSECTOS Aparecen especies de bolboretas raras en Galiza: Plebejus thersites, Parnassius apollo asturiensis, Lycaena hippothoe, Aricia morronensis. Recentemente descubríronse varias especies de coleópteros habitantes das covas exclusivos do Courel (Galaicodytes caurelensis e Domene lathromene) ou raros (Leoneilla bergidi, descuberto no Bierzo). Cicindela campestris. Este chamativo escarabello é un carnívoro que caza, á carreira, arañas e larvas de insectos.
  • 131. Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis). Bolboreta (Procris statices) Bolboreta (Euphydryas aurinia)
  • 132. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Invertebrados Austropotamobius pallipes Cerambyx cerdo Lucanus cervus Euphydryas aurinia Elona quimperiana Geomalacus maculosus Margaritifera margaritifera Peixes Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii Anfibios Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta monticola Lacerta schreiberi Mamíferos Barbastella barbastellus Galemys pyrenaicus Lutra lutra Miniopterus schreibersii Myotis emarginatus Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Cerambix cerdo
  • 133. ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, actividades forestais, apicultura, mineiría (explotacións de lousa e calcárias), turismo...
  • 134. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL Estas serras están habitadas desde tempos moi antigos como o atestiguan petroglifos, mámoas, castros e outros achádegos arqueolóxicos. Na Cova do Uro (entre Pedrfita do Cebreiro e Folgoso do Courel) atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país. Castro da Torre Castelo de Carbedo
  • 135. A zona tivo intensa actividade mineira: ouro e ferro nos tempos dos romanos, antimonio (Vilarbacú, que pechou en 1947), chumbo e cinc (no Cebreiro, que pechou na década de 1980), e siderúrxica a partir do XVI,do que das mostra as abundantes ferrerías hidráulicas. Vilarbacú A Toca. Antiga explotación romana de ouro no Courel.
  • 136. De todas as épocas consérvase un rico patrimonio histórico-artístico (castros, petróglifos, igrexas, pontes, pazos, castelos...) e etnográfico (núcleos de poboación, pallozas, hórreos, pontellas, muíños, mazos, ferrerías, fornos de cal, ouriceiras, albarizas, aparellos...) Igrexa de Santa María a Real, no Cebreiro. Formou parte dun mosteiro fundado no século IX que tivo gran importancia como institución hospitalaria no Camiño Francés da Ruta Xacobea. O edificio do antigo hospital está convertido en hospedería. O Mazo (restos dunha das ferrerías máis importantes do Courel
  • 137. Antigo forno de cal en Cereixido. Nestes fornos calcinábase a rocha calcária a altas temperaturas para convertela en cal. Durante 60 horas queimábanse queirogas e toxos. Unha fornada podia levar ata 50 carros de combustible. Visuña Outeiro
  • 139. A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel. É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro- gandeira: corte, forno, almacén... AS PALLOZAS Palloza no Cebreiro.
  • 140. A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais. Nas paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e palla centea para a cuberta. Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas de calor. O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir. A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve. A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a neve.
  • 141. Interior dunha palloza- museo no Cebreiro. Reparando o colmo dunha palloza.
  • 142. O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou palleiras. O Cebreiro (arredor de 1981).
  • 143. MONUMENTO NATURAL “PREGAMENTO XEOLÓXIO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS” Está situado sobre o val do río Ferreiriño en fronte dos núcleos de Campodola e Leixazós (Quiroga). Mide máis de 2 km e está formado por capas de xistos e cuarcitas. É un exemplo típico dun pregamento tombado. Un sinclinal, unha dobra de forma cóncava na que o eixe de flexión foi orixinalmente vertical. As capas que o compoñen conteñen distintos minerais de períodos xeolóxicos distintos, destacan en cor crara as cuarcitas (478-488 millóns de anos) sobre as zonas escuras con vexetación formadas por lousas (458-478 millóns de anos). Enriba existiu outro gran pregamento orientado en dirección inversa, un anticlinal, que desapareceu a causa da erosión. Vese desde a estrada de Quiroga a a Seoane onde hai un miradoiro e unha área de interpretación.
  • 144. Sinclinal do Courel, o maior pregamento tombado que pode observarse na Península Ibérica.
  • 145. Pena Redonda O INCIO •Pena Redonda •Pena dos Catro Cabaleiros PUNTOS DE INTERESE
  • 146. Seceda FOLGOSO DO COUREL •Minas: A Toca, Torubio Oeste e Torubio Leste, Romeor •Bosques: Romeor, O Faro, Fonteformosa (faias), O Sixto, Liñares, Riocereixa, aciñeiral de Campelo; devesas da Rogueira, A Escrita, O Cervo... •Formacións calcárias: Taro Branco •Ferrería de Seoane •Seceda, aldea declarada “adea típica e conxunto etnográfico de interese turístico” Decreto 201/1997 do 3 de xullo.) •Castros: A Torre, Brigo •Soutos: Miraz, Vilar, Ferramulín, Outeiro... •Museos: Vilar •Igrexa de San Pedro de Esperante.
  • 148. Palloza no Cebreiro PEDRAFITA DO CEBREIRO •O Cebreiro: Igrexa de Santa María, pallozas •Igrexa de Hospital •Devesas de Zanfoga, Riocereixa, Brañas,... Faiais de Liñares. Sixto, Fonteformosa... •Fervenza de Pontalor no rego de Vilela •Monte do Murallón (vistas panorámicas) •Pozo do Lago Igrexa de Hospital
  • 149. Albarizas na serra da Trapa A POBRA DE BROLLÓN •Monte Legua •Mesa dos Catro Cabaleiros
  • 150. QUIROGA •Pregamento de Campodola e Leixazóz (miradoiro e área de interpretación) •Río Quiroga, pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda). •Río Soldón, pincheiras: Rego de Montouto, Rinán, Caroceiro, Cereixido, canón do Fiais… •Río Selmo, pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín... •Núcleos tardicionais: A Seara, Outeiro... •Vilarbacú (antigas explotacións mineiras) •O Mazo, ferrería de Rugando •Miradoiro de Bustelo •Fornos de Cal de Cereixido •Lagoa de Lucenza Outeiro
  • 152. O Sil en Ribas de Sil, fronte a Augasmestas RIBAS DO SIL •Canón do sil •Soutos e carballeiras na beira do Sil
  • 153. O Lóuzara en Gundriz SAMOS •Gundriz: fervenza e mazo •Santalla: fervenzas e cova •Serra do Oribio
  • 154. Fragas na aba norte do Oribio TRIACASTELA •Río Oribio •Fragas do Oribio •Nogueira •Castiñeiros
  • 155. PROBLEMAS -Abandono do medio rural -Incendios forestais -Repoboacións con especies alóctonas... -Apertura de pistas -Explotacións mineiras -Presión turística -Furtivismo O Lor en Augasmestas co encoro baleiro. Louseiras no Courel
  • 156. Fiais, unha aldea abandoada Ferramulín
  • 157. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Debuxos: Mon Daporta Setembro 2016