SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 117
PARQUE NACIONAL
Peneda-Gerês
Inclúe unha ampla área de montaña nas
serras do Gerês, Amarela, Soajo e A Peneda,
que se extenden formando un arco ao longo
da fronteira entre o norte de Portugal e o sur
de Galiza.
Parte da serra do Gerês/Xurés vista desde os cumes do Laboreiro.
SUPERFICIE:
70 290 ha
CONCELLOS:
Melgaço, Arcos
de Valdevez,
Ponte da Barca,
Terra de Bouro e
Montealegre.
TIPO DE PROTECCIÓN:
-PARQUE NACIONAL (8-5-1971)
Forma un conxunto co parque natural
galego da Baixa Limia-Serra do Xurés,
constituido conxuntamente, desde 1997
como Parque Transfronteirizo Gerês-
Xurés e a RESERVA DA BIOSFERA co
mesmo nome (26/5/ 2009)
Inclúe ademais (totalmente ou en parte):
-ZEPA Serra do Gerês
-SIC Serras da Peneda e Gerês
-Zona de Protecção Especial (ZPE) da
Serra do Gerês
-Reserva Biogenética Matas de Palheiros-
Albergaria
VALORES NATURAIS
E CULTURAIS:
Ecosistemas de montaña, ríos, bosques,
formacións glaciarias, unha gran
variedade de flora e fauna atlánticas e
mediterráneas, arte, arqueoloxía,
etnografía...
O Parque Nacional da Peneda-
Gerês foi a primeira Área
protexida creada en Portugal,
sendo a única co estatuto de
Parque Nacional, recoñecido
internacionalmente por parte
da Unión Internacional para a
Conservación da Natureza
(UICN), debido á riqueza do
seu patrimonio natural e
cultural e por ser un dos
últimos redutos do país onde
se atopan ecosistemas no seu
estado natural, con reducida
ou nula influencia humana,
integrados nunha paisaxe
humanizada.
Gando nos arredores de Pitões das Junias.
O RELEVO
Unha sucesión de serras que marcan a fronteira entre Portugal e Galiza:
Laboreiro, Santa Eufemia, Xurés/Gerês e Pisco. Ademáis inclúe as serras da
Peneda, Amarela e Soajo, en Portugal.
As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados
no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés.
Cumes do Gerês/Xurés desde o encoro de Paradela
É unha área de relevo moi accidentado con grandes desniveis e numerosos
afloramentos rochosos. É unha rexión esencialmente granítica, fortemente
fracturada, aínda que tamén aparece unha importante mancha de rochas
metasedimentarias (xistos) e de depósitos de orixe glaciar, como moreas ou
blocos erráticos. A liña fronteiriza é rica en wolframita.
No decurso da oroxenia varisca ou hercínica formáronse as rochas graníticas. As
mais antigas, que datan de hai pouco mais de 300 millóns de anos, afloran nas
serras do Soajo e Amarela, no planalto de Castro Laboreiro e no extremo oriental
da serra do Gerês. Os granitos recentes (29 millóns de anos) afloran nas serras
da Peneda e do Gerês creando un relevo máis vigoroso.
Cumes do Gerês/Xurés
A falla xeolóxica do Gerês-Lobios (Galiza) relaciónase con tensións tardo-
hercínicas que deron lugar a unha fraturación que cortou e desprazou os granitos
da rexión. A falla ten unha dirección NNE-SSE, e é responsable da deslocación
dos vales dos ríos Cávado e Homem e das surxencias termais da Vila do Gerês e
do rio Caldo (Lovios).
Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita), seguindo a falla
Gerês-Lobios (Galiza). Na parte alta atópase o paso fronteirizo da Portela do Home.
GLACIARISMO:
No Cuaternario tiveron lugar importantes variacións climáticas. As glaciacións rexistradas
nesa época afectaron ás latitudes medias deixando marcas evidentes nas serras da Peneda
e do Gerês.
Nos cumes desenvolveuse un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2
, entre
os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo, especialmente na serra do Xurés/ Gerês,
consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares (Ramisquedo, Coucelinho,
Cervas); vales glaciares en forma de U (Homen, O Cabril, Alto Vez); moreas glaciares
(Ramisquedo, val do Vez, O Cabril).
Val glaciar do río Homen
SERRA DO LABOREIRO
Forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre Portugal e Galiza;
desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata os vales dos
río Castro Laboreiro e Agro (Limia). De morfoloxía suave, formada por granitos de
dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental.
Os cumes máis altos son o Gestosa (1.344 m), en Portugal e o Codesal -marco 34-
(1.334 m), na fronteira.
Nos cumes do Laboreiro fórmase unha ampla penichaira duns 1.200 m de altitude
Desde os cume hai unha vistas impresionantes para os catro puntos cardinais.
Na serra do Laboreiro nacen as cabeceiras do ríos Castro Laboreiro (Limia).
Cumes da Gestosa e serra do Xurés ao fondo.
Penedo Grande e Pena de Anamão
SERRA DE SANTA EUFEMIA
Compartida entra Portugal e Galiza, situada entre entre os vales dos ríos Caldo e
Limia, con orientación N-S. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa
Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. Unha grande
área da serra está declarada Reserva Integral
Vista xeral da serra de Santa Eufemia desde Olelas (Galiza).
Cume de Santa Eufemia.
Santa Eufemia desde o Pé do Cabril.
SERRA DO XURÉS/GERÊS
Con orientación NE-SO. Compartida por Portugal e Galiza (Ourense). Destaca pola
súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos
arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546
m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías
(granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de
picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que
foi explotada no tempo da II Guerra Mundial.
Vista xeral da serra do Gerês desde Tourem
Val do Homen
No Xurés/ Gerês consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis
occidentais de Europa: circos glaciares, vales, moreas, rochas estriadas, acumulacións de
depósitos fluvioglaciais... (Homen, Coucelinho, Cervas...)
Pé do Cabril
Pé da Medela
O Sobreiro e, ao fondo, A Nevosa, o cume máis alto da serra.
Vista da serra do Gerês desde Salamonde
O Caucãu (no centro)
Domo granítico da Rocalva
Roca Negra e Rocalva
Vale do Laço (camiño da Rocalva)
As Gralleiras
A Fontefría
Cabras feras nas Gralleiras
A Fontefría e Brazaleite
Vista xeral da serra do Xurés/ Gerês desde Pitões das Junias
Vista xeral da serra do Xurés/Gerês desde Salamonde
A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés/Gerês é rocha espida ou está cuberto por un mato
espeso de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación.
Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, érbedos, sobreiras e algúns
loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas
especies endémicas.
Prados de montaña no curral da Rocalva
SERRA DO PISCO
Compartida co concello de Muíños (Ourense-Galiza). De orientación NE-SO e
unida ao Xurés/Gerês polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con
1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os
granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe moi erosionada. Na
súa maior parte está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros.
Hai unha zona repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes
baixas, cara a ao val do Salas.
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río
Salas e arredores.
Vista xeral da serra do Pisco.
Vista do Encoro do Salas desde os cumes da Serra do Pisco.
SERRA DA PENEDA
Esténdese con dirección N-S e a máxima elevación é o Outeiro Alvo con 1.314
metros. Está formada por rochas graníticas espidas.
Serra da Peneda desde o Laboreiro, á dereita o Outeiro Alvo.
Penameda na Serra da Peneda
Serra da Peneda e santuario da Nosa Señora da Peneda.
SERRA DE SOAJO
Esténdese con dirección NE-SO e está formada por masas graníticas que
sobresaen nos cumes e forman curiosas paisaxes de penedos. O monte máis alto
é A Pedrada, con 1.416 m.
SERRA AMARELA
•Esténdese con dirección NE-SO entre os ríos Lima e Homen, en Portugal. Acada
1.362 m na Louriça. Está formada por rochas graníticas espidas e algunha faixa
de xistos e metagrauvacas. A vexetación domonante é a matogueira que na
primavera enche todo de cor amarela, o que da nome á serra.
A Serra Amarela, detrás do monte de Santa Eufemia (vista desde Queguas-Galiza)
A Serra Amarela (vista desde o encoro de Vilarinho das Furnas)
Val do río das Furnas na Serra Amarela.
OS RÍOS
Os ríos principais son o Limia/Lima (co Castro Laboreiro, Vez, Adrão, Froufe,
Germil e Cabril) que atravesa o espazo de NE a SO e o Cávado (co Beredo e
Homen) polo sur. O río Mouro discorre cara ao Miño desde a serra da Peneda.
A grande cantidade de vales e corgas canalizan a auga das numerosas cabeceiras
dos ríos que baixan das serras dando lugar a unha rede hidrográfica densa,
composta por un conxunto de afluentes e subafluentes que corren, dun modo
xeral, por vales de encostas escarpadas.
En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman
series de rápidos e algunhas fervenzas importantes.
Son de réxime pluvial e sofren importantes variacións de caudal, acusando unha
importante seca no verán.
RÍO LIMIA/LIMA
Nace no monte Talariño (Sarreaus-Galiza). Desde os 600 m de altitude da Limia
baixa aos 250 m na fronteira portuguesa e desemboca en Viana do Castelo. Neste
espazo recibe pola dereita as augas do Castro Laboreiro, Adrão e Vez; e pola
esquerda o Cabril, Froufe e Germil. Está encorado en Lindoso.
Encoro (albufeira) de Lindoso, compartido entre Portugal e
Galiza. O Limia, neste espazo, está encorado en case todo o seu
Encoro de Lindoso, coa serra do Quinxo ao fondo.
RÍO BARCIA ou CASTRO LEBOREIRO
Nace en Portugal e durante unha grande parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos
de Lobios e Entrimo (Galiza). Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo
e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso.
O río Castro Laboreiro no barranco de Olelas.
O río Castro Laboreiro en Castro Laboreiro (Portugal)
O río da Peneda e un afluente do
Castro Laboreiro que cae nun gran
salto ao pé do Santuario da Nosa
Señora da Peneda.
RÍO SALAS
Nace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Percorre un pequeno
tramo neste espazo, onde está encorado para producir enerxía eléctrica.
Encoro de Salas. No primeiro plano Tourém.
RÍO CÁVADO
Nace nas abas portuguesas da serra do Larouco e desemboca en Esposende. Os
principais afluentes son o Beredo, Cabril, Fafião, Arado e Homen pola dereita; e o
Rabagào, o e o Saltadouro, pola esquerda.
Encoro de Paradela na confluencia do Beredo e o Cávado coa Serra do Gerês ao fondo.
Encoro da Caniçada, na confluencia dos ríos Gerès e Cávado. Ao fondo a Portela do Homen.
RÍO HOMEN
É o afluente máis importante do Cávado. Nace nos cumes do Gerês (debaixo do Sobreiro) e,
despois de 37 km de percorrido, xúntase co Cávado en Soutelo. Está encorado en Vilarinho
das Furnas. No curso alto discorre por un antigo val glaciar no que hai numerosos saltos e
pozas.
Encoro de Vilariño das Furnas (ao fondo a serra Amarela).
Río Homen
Cascata nun afluente do río Homen
que baixa da serra Amarela.
Cascata do Arado
Cascata no rego do Campesinho, un afluente
do río Beredo en Pitões das Junias.
Poço Azul no río Conho (Fafião)
RÍO MOURO
Nace na serra da Peneda e xúntase co Miño preto de Mato (Monçao).
Val do Mouro entre a Serra da Peneda
e a Fonte Seca
Río Mouro en Lamas de Mouro
LAGOAS:
Nos cumes achairados das serras consérvanse algunhas lagoas naturais (Marinho) e outras
reforzadas por pequenas presas (A Peneda, Os Carríns, Olelas).
Lagoa da Meadinha na serra da Peneda.
CLIMA
A temperatura media anual é de 13ºC debido á influencia oceánica, con
amplitudes térmicas elevadas. As temperaturas máis altas danse entre xullo e
setembro, e as máis baixas corresponden ao período entre decembro e febreiro.
As grandes diferencias de altitude e orientación dan lugar a variacións locais.
AS AUGAS TERMAIS
Xorden en distintos puntos do espazo aproveitando as liñas de fallas.
En Caldas de Gerés hai un centro balneario.
FLORA
A singular posición bioxeográfica da área, en transición entre as rexións
eurosiberiana e mediterránea, xunto cos diferencias de altitude e orientación,
permite unha gran divesidade de especies (No espazo hai catalogadas 1.100).
Unha grande parte do territorio das serras está ocupado por diferentes tipos de matogueiras
e pasteiros (favorecido por sucesivas queimas e pastoreo). As masas arbóreas son
reducidas e hai unha boa cantidade de superficie ocupada por plantacións forestais,
especialmente de piñeiros (Pinus insignis, Pinus pinaster e Pinus sylvestris).
-CARBALLEIRA: bosque mixto de árbores
de folla caediza e persistente. Dominada
por carvalho negral (Quercus pyrenaica) e
por carvalho-alvarinho (Quercus robur).
Nas zonas máis altas vai acompañado da
uva do monte ou arandeira (Vaccinum
myrtillus), o medronheiro ou érbedo
(Arbutus unedo) e o azevinho ou acivro
(tamén coñecido como azevinheiro ou
pica folha) (Ilex aquifolium). Nas partes
baixas e máis expostas ao sol aparecen a
sobreira (Quercus suber), o padreiro ou
pradairo (Acer pseudoplatanus), o
pilriteiro ou estripo (Crataegus
monogyna), a tramaceira ou capudre
(Sorbus aucuparia), o azereiro ou loro
(Prunus lusitanica ssp.lusitanica), a
gilbardeira ou xilbarbeira (Ruscus
aculeatus), a betónica-bastarda (Melittis
melissophyllum), o martagão (Lilium
martagon)… Destaca a presenza da
orquídea satirião macho (Orchis mascula).
As carballeiras ocupan parte dos vales
dos rios Ramiscal, Peneda, Gerês e
Beredo.
HÁBITATS MÁIS CARACTERÍSTICOS:
Mata de Albergaría
Érbedos na Bouá da Mó.
Loro ou acereiro (Prunus lusitanica).
Froitos de faia
orquídea satirião macho (Orchis mascula).
-BOSQUE DE RIBEIRA: coa presenza do amieiro (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix…), do
freixo (Fraxinus spp), do vidoeiro ou bidueiro (Betula pubescens) do teixo (Taxus
baccata), do feto do Gerês ou feto do botão (Woodwardia radicans), a Spiraea
hypericifolia ssp. abovata, a angélica (Angelica laevis), a flor dos viúvos ou paxariños
(Aquilegia vulgaris), o androsemo (Hypericum androsaemum)…
Río Homen
Feto do Gerês ou feto do botão
(Woodwardia radicans),
Flor dos viúvos ou paxariños
(Aquilegia vulgaris)
-TURBEIRAS (TURFEIRAS) e MATOS HÚMIDOS, habitats raros e vulnerables que se
desenvolven en solos enchoupados onde podemos atopar urce dos brejos ou breixo de
turbeira (Erica tetralis), a lameirinha (Erica ciliaris), bolas de algodão ou xuncas de algodón
(Eriophorum angustifolium), orvalhinha ou rorela (Drosera rotundifolia), Pinguicula
lusitanica…
Turbeiras nas cabeceiras do río Conho
Urce dos brejos ou breixo de turbeira
(Erica tetralis)
Bolas de algodão ou xuncas de algodón
(Eriophorum angustifolium)
-LAMEIROS OU PRADOS DE LIMA: prados seminaturais de composición variable segundo
a humidade do solo.
Curral da Rocalva
Orquídeas (Dactylorhiza maculata)
-MATOGUEIRAS DE SUBSTITUCIÓN: piornais, uceiras, carqueixais, toxeiras, xesteiras, que
ocupan antigas áreas de carballeiras. Aquí podemos atopar o genebreiro, zimbro ou
xenebreiro (Juniperus communis subsp. nana) o alho bravo (Allium scorzonerifolium), a
armeria (Armeria humilis ssp. humilis), o lírio do Gerês (Iris boissieri), ou o narciso
bravo (Narcissus rupicola), genciana ou xensá (Gentiana pneumonanthe)….
Genebreiro, zimbro ou xenebreiro (Juniperus communis subsp. nana)
Lírio do Gerês/Xurés (Iris boissieri),
endemismo do noroeste Ibérico, en perigo de
extinción.
Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp.
juresianum), especie endémica do Xurés.
Armeria humilis, endemismo dos
cumes do Xerés-Gerês.
Plantago radicata. Unha chantaxe de
pequeno tamaño que só vive nas
montañas da metade norte da
península Ibérica, en terreos pobres,
pedregosos e areentos, por enriba
dos 800 m de altitude.
Alecrim da serra, tomentelo, tormentelo ou tomelo
bravo (Thymus caespititius)
ÁRBORES
SENLLEIRAS
Carballo
(Quercus robur)
-Mata da Albergaría.
Érbedo (Arbutus unedo) á beira do río Conho (serra do Gerês)
FAUNA
Este territorio proporciona refuxio
a fauna de gran valor natural
como consecuencia da
interacción entre as
características orográficas e as
diversas comunidades vexetais
presentes.
A cabra brava (Capra pyrenaica
lusitanica), subespecie endémica do
Gêres-Xurés desapareceu hai máis
dun século. Actualmente hai un
programa de recuperación con Capra
pirenaica victoriae.
INVERTEBRADOS: destacan, polo interese para a súa conservación: as borboletas
Euphydryas aurinia e Callimorpha quadripunctata, a vacaloura ou cabra-loura (Lucanus
cervus) e a lesma Geomalacus maculosus.
Bolboreta Euphydryas aurinia.
VERTEBRADOS: hai censadas 235 especies, das que 204 son protexidas a nivel
nacional e internacional. 71 pertencen á lista de especies ameazadas do Livro
Vermelho de Vertebrados de Portugal.
Nas partes altas das serras habita en semiliberdade o cabalo garrano, raza galaico-portuguesa, da que
se está levando a cabo un programa de recuperación.
MAMÍFEROS
Destaca a presenza da toupeira de auga (Galemys pyrenaicus), o gato bravo (Felis
sylvestris), a lontra (Lutra lutra), a marta (Martes martes), o lobo (Canis lupus), o corzo
(Capreolus capreolus), o arminho (Mustela erminea), esquilo-vermelho (Sciurus vulgaris),
leirón (Glis glis) que alcanzaría nestas serras o límite sudoccidental da súa área de
distribución europea.
Hai identificadas 15 especies de morcegos, da que 10 teñen estatuto de ameazadas 5 en
perigo de extinción): morcego de-ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros), morcego
de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum), morcego de ferradura mediterráneo
(Rhinolophus euryale), morcego rato grande (Myotis myotis) e morcego lanudo (Myotis
emarginatus).
O corzo (Capreolus capreolus), emblema do Parque Nacional
AVES
Están catalogadas 147 especies, con
variacións ao longo do ano polas
migracións estacionais.
Destaca a presenza de aves de rapina,
incluíndo especies moi ameazadas e
de distribución moi localizada, como
a aguia real (Aquila chrysaetos), a
aguia perdigueira (Hieraaetus
fasciatus) e o bufo real (Bubo bubo).
Ademais, nidifican a aguia cobreira
(Circaetus gallicus), o falcão ou
miñato abelleiro (Pernis apivorus), o
tartaranhão-azulado ou gatafornela
(Circus cyaneus), o  tartaranhão-
caçador ou tartaraña cincenta (Circus
pygargus) e o  falcão ou falcón
peregrino (Falco peregrinus).
O bufo real (Bubo bubo) ten
no parque o único lugar de
reprodución coñecido para
Portugal.
O espazo (xuntamente co Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés) acolle algunhas das
poboacións máis sudoccidentais de especies típicamente eurosiberianas, como a petinha
das árvores ou pica das árbores (Anthus trivialis), a felosa das figueiras ou papuxa
picafollas (Sylvia borin), o picanço de dorso ruivo ou picanzo vermello (Lanius collurio ), o
dom fafe ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula), a escrevedeira amarela ou escribente
amarelo (Emberiza citrinella), o cruzabico ou bicotorto (Loxia curvirostra).
Entre a avifauna acuática destaca a presenza como invernante do mergullón cristado
(Podiceps cristatus); a narceja ou becacina cabra (Gallinago gallinago), a da píllara
pequena (Charadrius dubius), o merlo de auga ou rieiro (Cinclus cinclus)…
Tamén podemos atopar gralha ou choia de bico vermelho (Pyrrhocorax pyrrhocorax), o
cartaxo nortenho ou chasca colipinta (Saxicola rubetra).
Dom fafe ou paporrubio
real (Pyrrhula pyrrhula)
RÉPTILES:
Lagarto de água ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagartixa do mato ou lagarta
rabuda (Psammodromus algirus), víbora cornuda ou fuciñuda (Vipera latastei), víbora de
Seoane (Vipera seoanei)…
Lagarto de água ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi).
ANFIBIOS
Destaca a salamandra lusitânica ou salamántiga galega (Chioglossa lusitanica) endémica de
Galiza e norte de Portugal.
Salamandra lusitânica ou salamántiga galega (Chioglossa lusitanica)
PEIXES
Destacan como máis característicos o barbo (Barbus bocagei), o cacho (Squalius
carolitertii), a vermella (Rutilus arcasii), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), e o
espiñento (Gasterosteus gymnurus).
Espiñentos na lagoa dos Carríns
PRINCIPAIS ACTIVIDADES:
Agrogandeiro, forestal, apicultura, produción artesanal de alimentos (como o
fumeiro) turismo, produción de enerxía eléctrica….
Destaca a cría de razas de vacas autóctonas barrosá e cachena e os cabalos
garranos.
Unha das principais actividades das serras é o pastoreo.
Na serra do laboreiro consérvase unha raza autóctona de can, o can da serra.
Vaca barrosã portuguesa.
HISTORIA E PATRIMONIO CULTURAL
As terras do Xurés-Gerês foron habitadas deste tempos moi antigos. Nelas
deixaron pegadas as xentes da prehistoria (castros, mámoas, petróglifos), os
romanos (construiron por este territorio unha das principais vías de
comunicación da provincia Gallaecica), as xentes da Idade Media (castelos) e
tempos posteriores (asentamentos, explotacións mineiras, igrexas, mosteiros…).
Na actualidade, xunto cos importantes valores naturais, acolle un rico patrimonio
histórico artístico e etnográfico. Hai catalogados 500 lugares de interese histórico
e arqueolóxico.
ARTE RUPESTRE:
Chá da Rapada, santuario
rupestre de Gião ou
o Penedo do Encanto da
Bouça do Colado (Parada).
DOLMES:
Castro Leboreiro, Outeiro
do Ferro, Mourela, Lapa da
Moura (Serra Amarela).
Mámoa escavada na
Portela do Pau (Monçao).
No interior do dolme hai
petrógifos.
A PAISAXE
No espazo alternan paisaxes naturais, onde o elemento dominante é a montaña e as
formacións graníticas, as grandes áreas achairadas dos cumes dalgunhas serras (como o
Laboreiro), ou os profundos vales e cavorcos dos ríos, coas paisaxes humanizadas de
pasteiros, cultivos e diversos elementos construtivos que foron desenvolvendose ao longo
dos tempos en función das necesidades e adaptación ao ambiente: núcleos de poboación,
muros, levadas, pontes e pontellas, hórreos ou espigueiros, camiños, foxos de lobo,
muíños, refuxíos, casarotas, alvarizas ou silhas dos ursos, almiñas…
Rouças
(Arcos de Valdevez)
RESTOS ROMANOS:
Miliarios e Geira (calzada romana)...
Na época romana foi unha importante zona de paso. Por esta zona discorría unha das catro
vías, a que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaban Galiza para unir Braga e Astorga.
Miliarios ábeira do Encoro de Vilarinho das Furnas.
Miliario convertido en pé de cruceiro.
Vilarinho das Furnas.
IGREXAS:
Santuario da Peneda, San Bento da Porta Aberta, Bom Jesus do Monte, mosteiro de Pitôes
das Júnias…
Restos do mosteiro de Pitões das Junias
PONTES:
Castro Laboreiro, Cava da Velha (Mezio),
Dorna, A Peneda, Soaxo, Río Cabril
(Cabril), Eíxões (Campo do Gerês),
Mizarela (Ferral, Montalegre)...
Ponte sobre o río Mouro
(Lamas de Mouro).
Ponte Cava da Vella, sobre o río
Castro Laboreiro (Assureira).
Pontella en Portos (Castro Laboreiro).
HÓRREOS/ESPIGUEIROS:
Vilameá, Soajo, Lindoso,
Cidadelhe, Parada...
Soajo
Lindoso
FORNOS COMUNAIS:
Tourem, Ameijoeira,
Forno en Ameijoeira
CASAROTAS/CURRAIS:
(Refuxio de pastores)
Curral do Mouro, Pión de Paredes,
Portela da Amoreira, Curral do
Marabaixo, Curral da Carballa...
Os Carríns
Curral da Malhadoura
(A Emida)
FOXOS DO LOBO:
Construcións para cazar lobos.
Branda de Corvelas, Cabreiro,
Sistelo e A Peneda (Serra da
Peneda), Fafiao, Portela da
Farra (Parada), Pitões das
Junias...
Pitões das Junias
Fafião
ALBARIZAS OU SILHAS DOS URSOS:
Estruturas de pedra que protexen os cortizos. As producións das abellas, que aproveitan a
gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a
economía das persoas que viven nestas áreas.
Silhas do Moninho, Sarillão, Várcea, Xertelo, Lapela...
Lapelas
CASTELOS:
Lindoso, Castro Laboreiro, Covide...
Castro Laboreiro
Lindoso
EXPLOTACIÓNS MINEIRAS:
Especialmente para a explotación do volframio, moi activas durante a II Guerra Mundial,
pecharon definitivamente na década de 1970.
Os Carríns (Serra do Gerês)
MUÍÑOS HIDRÁULICOS:
Na maioría dos ríos do espazo: Cabril, Paredes do Río...
Conxunto etnográfico de Paredes do Río
LAGARES DE ACEITE
Para moer as olivas.
Santa Ane, As Olas-Vilaboa, Pincães...
As Olas (Portugal)
Fonte, pía e lavadoiro en Paredes do Río
BRANDAS:
As brandas eran asentamentos habitados durante o verán mentres se mantiña o gando nas
partes altas da serra, aproveitábase para facer cultivos de verán destinados a alimento das
persoas ou dos animais. Actualmente algúnhas son residencias permanentes. O resto do
ano habitaban nas inverneiras (asentamentos de máis baixa altitude).
Brandas de Portos (Castro Laboreiro)
Pitóes das Junias (Montalegre)
Cainheiras (Castro Laboreiro)
Castro Laboreiro desde o Penedo Grande
PROBLEMAS
Incendios forestais, asolagamento de terreos polos encoros, liñas de alta tensión,
abandono do rural (emigración), extinción de especies, especies invasoras...…
Debido ás cortas, ao antigo costume de realizar queimas para a creación de pastos para o
gando e ao intenso pastoreo, estas serras sufriron xeneralizados procesos erosivos que, ao
longo dos séculos, provocaron enormes perdas de solo e afloramento dun substrato pétreo
descarnado.
INFORMACIÓN VISITANTES, MUSEOS
Parque Natural Peneda-Gerês: varias Portas do Parque: Lamas de Mouro, Mezio, Lindoso,
Campo do Gerês, Paradela e Montalegre.
Ecomuseo: Barroso (Gerês)
Museo etnográfico da auga: Paredes do Río (Gerês)
Centro de Educación Ambiental: Vidoeiro (Gerês)
Centro de visitantes e
museo na Porta de Campo
do Gerês
ITINERARIOS DE INTERESE
NATURAL, PAISAXÍSTICO,
HISTÓRICO-ETNOGRÁFICO...
Por todo o territorio do parque hai
numerosas trilhos ou rutas
sinalizadas de diferentes
temáticas e dificultades.
As “mariolas” son
moreas de pedras que
se empregan para
indicar os roteiros.
Montaxe e fotos:
Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro
Xullo 2016
Mariola camiño do Pé do Cabril

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Impactos sobre os aquiferos
Impactos sobre os aquiferosImpactos sobre os aquiferos
Impactos sobre os aquiferosmarciotecsoma
 
Ondas sísmicas e descontinuidades
Ondas sísmicas e descontinuidadesOndas sísmicas e descontinuidades
Ondas sísmicas e descontinuidadesAna Castro
 
Formaçao das Rochas Sedimentares
Formaçao das Rochas SedimentaresFormaçao das Rochas Sedimentares
Formaçao das Rochas SedimentaresArminda Malho
 
Tratamento de águas residuais
Tratamento de águas residuaisTratamento de águas residuais
Tratamento de águas residuaisSandra Semedo
 
Aula Prática - Granulometria e Morfoscópia dos Sedimentos
Aula Prática - Granulometria  e Morfoscópia dos SedimentosAula Prática - Granulometria  e Morfoscópia dos Sedimentos
Aula Prática - Granulometria e Morfoscópia dos SedimentosYago Matos
 
Erosão fluvial
 Erosão fluvial Erosão fluvial
Erosão fluvialinessalgado
 
O Limpa Palavras
O Limpa PalavrasO Limpa Palavras
O Limpa Palavrascplse
 
Factores Abióticos - Luz
Factores Abióticos - LuzFactores Abióticos - Luz
Factores Abióticos - LuzCatir
 
5 rochas magmáticas
5  rochas magmáticas5  rochas magmáticas
5 rochas magmáticasmargaridabt
 
Aula07 geo pg_sens_remoto_pdi
Aula07 geo pg_sens_remoto_pdiAula07 geo pg_sens_remoto_pdi
Aula07 geo pg_sens_remoto_pdirailano
 
Aspetos geomorfológicos numa região granítica
Aspetos geomorfológicos numa região graníticaAspetos geomorfológicos numa região granítica
Aspetos geomorfológicos numa região graníticaLuís Filipe Marinho
 
Fernando pessoa e ondjaki
Fernando pessoa e ondjakiFernando pessoa e ondjaki
Fernando pessoa e ondjakiRosário Cunha
 
Geologia estrutural dobras
Geologia estrutural   dobrasGeologia estrutural   dobras
Geologia estrutural dobrasJose1602Baiona
 
Factores abióticos - luz
Factores abióticos - luzFactores abióticos - luz
Factores abióticos - luzCatir
 
Escala vertical perfil topográfico
Escala vertical   perfil topográficoEscala vertical   perfil topográfico
Escala vertical perfil topográficoFlávio Pontes Paris
 
Relatório de levantamento topográfico altimétrico - Sistematização de terrenos
Relatório de levantamento topográfico altimétrico - Sistematização de terrenosRelatório de levantamento topográfico altimétrico - Sistematização de terrenos
Relatório de levantamento topográfico altimétrico - Sistematização de terrenosluancaio_aguas
 
GEOGRAFIA A - Síntese 2
GEOGRAFIA A - Síntese 2GEOGRAFIA A - Síntese 2
GEOGRAFIA A - Síntese 2Idalina Leite
 

La actualidad más candente (20)

Impactos sobre os aquiferos
Impactos sobre os aquiferosImpactos sobre os aquiferos
Impactos sobre os aquiferos
 
Sienito
SienitoSienito
Sienito
 
Ondas sísmicas e descontinuidades
Ondas sísmicas e descontinuidadesOndas sísmicas e descontinuidades
Ondas sísmicas e descontinuidades
 
Formaçao das Rochas Sedimentares
Formaçao das Rochas SedimentaresFormaçao das Rochas Sedimentares
Formaçao das Rochas Sedimentares
 
Tratamento de águas residuais
Tratamento de águas residuaisTratamento de águas residuais
Tratamento de águas residuais
 
Os fósseis
Os fósseisOs fósseis
Os fósseis
 
Aula Prática - Granulometria e Morfoscópia dos Sedimentos
Aula Prática - Granulometria  e Morfoscópia dos SedimentosAula Prática - Granulometria  e Morfoscópia dos Sedimentos
Aula Prática - Granulometria e Morfoscópia dos Sedimentos
 
Erosão fluvial
 Erosão fluvial Erosão fluvial
Erosão fluvial
 
O Limpa Palavras
O Limpa PalavrasO Limpa Palavras
O Limpa Palavras
 
Factores Abióticos - Luz
Factores Abióticos - LuzFactores Abióticos - Luz
Factores Abióticos - Luz
 
5 rochas magmáticas
5  rochas magmáticas5  rochas magmáticas
5 rochas magmáticas
 
Aula07 geo pg_sens_remoto_pdi
Aula07 geo pg_sens_remoto_pdiAula07 geo pg_sens_remoto_pdi
Aula07 geo pg_sens_remoto_pdi
 
Aspetos geomorfológicos numa região granítica
Aspetos geomorfológicos numa região graníticaAspetos geomorfológicos numa região granítica
Aspetos geomorfológicos numa região granítica
 
Fernando pessoa e ondjaki
Fernando pessoa e ondjakiFernando pessoa e ondjaki
Fernando pessoa e ondjaki
 
Geologia estrutural dobras
Geologia estrutural   dobrasGeologia estrutural   dobras
Geologia estrutural dobras
 
Japão monte fuji
Japão monte fujiJapão monte fuji
Japão monte fuji
 
Factores abióticos - luz
Factores abióticos - luzFactores abióticos - luz
Factores abióticos - luz
 
Escala vertical perfil topográfico
Escala vertical   perfil topográficoEscala vertical   perfil topográfico
Escala vertical perfil topográfico
 
Relatório de levantamento topográfico altimétrico - Sistematização de terrenos
Relatório de levantamento topográfico altimétrico - Sistematização de terrenosRelatório de levantamento topográfico altimétrico - Sistematização de terrenos
Relatório de levantamento topográfico altimétrico - Sistematização de terrenos
 
GEOGRAFIA A - Síntese 2
GEOGRAFIA A - Síntese 2GEOGRAFIA A - Síntese 2
GEOGRAFIA A - Síntese 2
 

Destacado

Giulietta 2.0 jt dm 2 170-cv distinctive
Giulietta 2.0 jt dm 2 170-cv distinctiveGiulietta 2.0 jt dm 2 170-cv distinctive
Giulietta 2.0 jt dm 2 170-cv distinctiveDavide Ciambelli
 
Goldmedia Mobile Monitor 2011- Vortrag ConLife 2011
Goldmedia Mobile Monitor 2011- Vortrag ConLife 2011Goldmedia Mobile Monitor 2011- Vortrag ConLife 2011
Goldmedia Mobile Monitor 2011- Vortrag ConLife 2011Goldmedia Group
 
Los hermanos (Brother's) su origen, desarrollo y testimonio
Los hermanos (Brother's)   su origen, desarrollo y testimonioLos hermanos (Brother's)   su origen, desarrollo y testimonio
Los hermanos (Brother's) su origen, desarrollo y testimonioantoniomd
 
Edmodo red social educativa
Edmodo red social educativaEdmodo red social educativa
Edmodo red social educativamiguellibra2012
 
How to Engage Your Customer With Mobile Marketing in 2013
How to Engage Your Customer With Mobile Marketing in 2013How to Engage Your Customer With Mobile Marketing in 2013
How to Engage Your Customer With Mobile Marketing in 2013Lorel Marketing Group
 
El mejor trabajo que he visto en mi vida
El mejor trabajo que he visto en mi vidaEl mejor trabajo que he visto en mi vida
El mejor trabajo que he visto en mi vidallucNapoleonpro
 
2012 07 ijl2012_seminar_diamond-club-brunch
2012 07 ijl2012_seminar_diamond-club-brunch2012 07 ijl2012_seminar_diamond-club-brunch
2012 07 ijl2012_seminar_diamond-club-brunchEddie Prentice
 
Relaciones industriales mafer
Relaciones industriales maferRelaciones industriales mafer
Relaciones industriales mafermafer_12
 
G1.pacheco.guallasamin.rina.comercio electronico
G1.pacheco.guallasamin.rina.comercio electronicoG1.pacheco.guallasamin.rina.comercio electronico
G1.pacheco.guallasamin.rina.comercio electronicoRina Pacheco
 
NREL’s Research Support Facility: Making Plug Loads Count
NREL’s Research Support Facility:  Making Plug Loads CountNREL’s Research Support Facility:  Making Plug Loads Count
NREL’s Research Support Facility: Making Plug Loads CountShanti Pless
 
Benedetti, mario primavera con una esquina rota
Benedetti, mario   primavera con una esquina rotaBenedetti, mario   primavera con una esquina rota
Benedetti, mario primavera con una esquina rotaClarita Cra
 
Catálogo Deportivo Petzl-2014
Catálogo Deportivo Petzl-2014Catálogo Deportivo Petzl-2014
Catálogo Deportivo Petzl-2014IANASA
 
Impacts of Lafayette Mining In The Island of Rapu-Rapu Albay Resulting From C...
Impacts of Lafayette Mining In The Island of Rapu-Rapu Albay Resulting From C...Impacts of Lafayette Mining In The Island of Rapu-Rapu Albay Resulting From C...
Impacts of Lafayette Mining In The Island of Rapu-Rapu Albay Resulting From C...No to mining in Palawan
 
Informe ((365 dias de la mision gran vivienda venezuela, 11 paginas
Informe ((365 dias de la mision gran vivienda venezuela, 11 paginasInforme ((365 dias de la mision gran vivienda venezuela, 11 paginas
Informe ((365 dias de la mision gran vivienda venezuela, 11 paginasmartinserrano
 
Goods4Cast - Inventory Optimization Solution
Goods4Cast - Inventory Optimization SolutionGoods4Cast - Inventory Optimization Solution
Goods4Cast - Inventory Optimization SolutionSergey Kotik
 

Destacado (20)

Giulietta 2.0 jt dm 2 170-cv distinctive
Giulietta 2.0 jt dm 2 170-cv distinctiveGiulietta 2.0 jt dm 2 170-cv distinctive
Giulietta 2.0 jt dm 2 170-cv distinctive
 
BonDia Lleida 14122011
BonDia Lleida 14122011BonDia Lleida 14122011
BonDia Lleida 14122011
 
Goldmedia Mobile Monitor 2011- Vortrag ConLife 2011
Goldmedia Mobile Monitor 2011- Vortrag ConLife 2011Goldmedia Mobile Monitor 2011- Vortrag ConLife 2011
Goldmedia Mobile Monitor 2011- Vortrag ConLife 2011
 
Movie pitch
Movie pitchMovie pitch
Movie pitch
 
Los hermanos (Brother's) su origen, desarrollo y testimonio
Los hermanos (Brother's)   su origen, desarrollo y testimonioLos hermanos (Brother's)   su origen, desarrollo y testimonio
Los hermanos (Brother's) su origen, desarrollo y testimonio
 
Edmodo red social educativa
Edmodo red social educativaEdmodo red social educativa
Edmodo red social educativa
 
Summary Design Trends Report 08/09
Summary Design Trends Report 08/09Summary Design Trends Report 08/09
Summary Design Trends Report 08/09
 
How to Engage Your Customer With Mobile Marketing in 2013
How to Engage Your Customer With Mobile Marketing in 2013How to Engage Your Customer With Mobile Marketing in 2013
How to Engage Your Customer With Mobile Marketing in 2013
 
El mejor trabajo que he visto en mi vida
El mejor trabajo que he visto en mi vidaEl mejor trabajo que he visto en mi vida
El mejor trabajo que he visto en mi vida
 
2012 07 ijl2012_seminar_diamond-club-brunch
2012 07 ijl2012_seminar_diamond-club-brunch2012 07 ijl2012_seminar_diamond-club-brunch
2012 07 ijl2012_seminar_diamond-club-brunch
 
Relaciones industriales mafer
Relaciones industriales maferRelaciones industriales mafer
Relaciones industriales mafer
 
Nano formulas
Nano formulasNano formulas
Nano formulas
 
G1.pacheco.guallasamin.rina.comercio electronico
G1.pacheco.guallasamin.rina.comercio electronicoG1.pacheco.guallasamin.rina.comercio electronico
G1.pacheco.guallasamin.rina.comercio electronico
 
Data Warehousing 101(and a video)
Data Warehousing 101(and a video)Data Warehousing 101(and a video)
Data Warehousing 101(and a video)
 
NREL’s Research Support Facility: Making Plug Loads Count
NREL’s Research Support Facility:  Making Plug Loads CountNREL’s Research Support Facility:  Making Plug Loads Count
NREL’s Research Support Facility: Making Plug Loads Count
 
Benedetti, mario primavera con una esquina rota
Benedetti, mario   primavera con una esquina rotaBenedetti, mario   primavera con una esquina rota
Benedetti, mario primavera con una esquina rota
 
Catálogo Deportivo Petzl-2014
Catálogo Deportivo Petzl-2014Catálogo Deportivo Petzl-2014
Catálogo Deportivo Petzl-2014
 
Impacts of Lafayette Mining In The Island of Rapu-Rapu Albay Resulting From C...
Impacts of Lafayette Mining In The Island of Rapu-Rapu Albay Resulting From C...Impacts of Lafayette Mining In The Island of Rapu-Rapu Albay Resulting From C...
Impacts of Lafayette Mining In The Island of Rapu-Rapu Albay Resulting From C...
 
Informe ((365 dias de la mision gran vivienda venezuela, 11 paginas
Informe ((365 dias de la mision gran vivienda venezuela, 11 paginasInforme ((365 dias de la mision gran vivienda venezuela, 11 paginas
Informe ((365 dias de la mision gran vivienda venezuela, 11 paginas
 
Goods4Cast - Inventory Optimization Solution
Goods4Cast - Inventory Optimization SolutionGoods4Cast - Inventory Optimization Solution
Goods4Cast - Inventory Optimization Solution
 

Similar a Parque Nacional Peneda Gerês

Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerêsmonadela
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurésmonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courelmonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistralmonadela
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estelorenaamarelle
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiromonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courelmonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do EumeParque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do Eumemonadela
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularEspe1959
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courelmonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candánmonadela
 

Similar a Parque Nacional Peneda Gerês (20)

Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerês
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courel
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiro
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do EumeParque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candán
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Último

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 

Último (11)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 

Parque Nacional Peneda Gerês

  • 2. Inclúe unha ampla área de montaña nas serras do Gerês, Amarela, Soajo e A Peneda, que se extenden formando un arco ao longo da fronteira entre o norte de Portugal e o sur de Galiza. Parte da serra do Gerês/Xurés vista desde os cumes do Laboreiro.
  • 3. SUPERFICIE: 70 290 ha CONCELLOS: Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montealegre.
  • 4. TIPO DE PROTECCIÓN: -PARQUE NACIONAL (8-5-1971) Forma un conxunto co parque natural galego da Baixa Limia-Serra do Xurés, constituido conxuntamente, desde 1997 como Parque Transfronteirizo Gerês- Xurés e a RESERVA DA BIOSFERA co mesmo nome (26/5/ 2009) Inclúe ademais (totalmente ou en parte): -ZEPA Serra do Gerês -SIC Serras da Peneda e Gerês -Zona de Protecção Especial (ZPE) da Serra do Gerês -Reserva Biogenética Matas de Palheiros- Albergaria VALORES NATURAIS E CULTURAIS: Ecosistemas de montaña, ríos, bosques, formacións glaciarias, unha gran variedade de flora e fauna atlánticas e mediterráneas, arte, arqueoloxía, etnografía...
  • 5. O Parque Nacional da Peneda- Gerês foi a primeira Área protexida creada en Portugal, sendo a única co estatuto de Parque Nacional, recoñecido internacionalmente por parte da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), debido á riqueza do seu patrimonio natural e cultural e por ser un dos últimos redutos do país onde se atopan ecosistemas no seu estado natural, con reducida ou nula influencia humana, integrados nunha paisaxe humanizada.
  • 6. Gando nos arredores de Pitões das Junias.
  • 7. O RELEVO Unha sucesión de serras que marcan a fronteira entre Portugal e Galiza: Laboreiro, Santa Eufemia, Xurés/Gerês e Pisco. Ademáis inclúe as serras da Peneda, Amarela e Soajo, en Portugal. As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés. Cumes do Gerês/Xurés desde o encoro de Paradela
  • 8. É unha área de relevo moi accidentado con grandes desniveis e numerosos afloramentos rochosos. É unha rexión esencialmente granítica, fortemente fracturada, aínda que tamén aparece unha importante mancha de rochas metasedimentarias (xistos) e de depósitos de orixe glaciar, como moreas ou blocos erráticos. A liña fronteiriza é rica en wolframita.
  • 9. No decurso da oroxenia varisca ou hercínica formáronse as rochas graníticas. As mais antigas, que datan de hai pouco mais de 300 millóns de anos, afloran nas serras do Soajo e Amarela, no planalto de Castro Laboreiro e no extremo oriental da serra do Gerês. Os granitos recentes (29 millóns de anos) afloran nas serras da Peneda e do Gerês creando un relevo máis vigoroso. Cumes do Gerês/Xurés
  • 10. A falla xeolóxica do Gerês-Lobios (Galiza) relaciónase con tensións tardo- hercínicas que deron lugar a unha fraturación que cortou e desprazou os granitos da rexión. A falla ten unha dirección NNE-SSE, e é responsable da deslocación dos vales dos ríos Cávado e Homem e das surxencias termais da Vila do Gerês e do rio Caldo (Lovios). Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita), seguindo a falla Gerês-Lobios (Galiza). Na parte alta atópase o paso fronteirizo da Portela do Home.
  • 11. GLACIARISMO: No Cuaternario tiveron lugar importantes variacións climáticas. As glaciacións rexistradas nesa época afectaron ás latitudes medias deixando marcas evidentes nas serras da Peneda e do Gerês. Nos cumes desenvolveuse un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2 , entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo, especialmente na serra do Xurés/ Gerês, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares (Ramisquedo, Coucelinho, Cervas); vales glaciares en forma de U (Homen, O Cabril, Alto Vez); moreas glaciares (Ramisquedo, val do Vez, O Cabril). Val glaciar do río Homen
  • 12. SERRA DO LABOREIRO Forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre Portugal e Galiza; desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata os vales dos río Castro Laboreiro e Agro (Limia). De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Os cumes máis altos son o Gestosa (1.344 m), en Portugal e o Codesal -marco 34- (1.334 m), na fronteira. Nos cumes do Laboreiro fórmase unha ampla penichaira duns 1.200 m de altitude
  • 13. Desde os cume hai unha vistas impresionantes para os catro puntos cardinais. Na serra do Laboreiro nacen as cabeceiras do ríos Castro Laboreiro (Limia). Cumes da Gestosa e serra do Xurés ao fondo.
  • 14. Penedo Grande e Pena de Anamão
  • 15. SERRA DE SANTA EUFEMIA Compartida entra Portugal e Galiza, situada entre entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. Unha grande área da serra está declarada Reserva Integral Vista xeral da serra de Santa Eufemia desde Olelas (Galiza).
  • 16. Cume de Santa Eufemia.
  • 17. Santa Eufemia desde o Pé do Cabril.
  • 18. SERRA DO XURÉS/GERÊS Con orientación NE-SO. Compartida por Portugal e Galiza (Ourense). Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. Vista xeral da serra do Gerês desde Tourem
  • 19. Val do Homen No Xurés/ Gerês consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de Europa: circos glaciares, vales, moreas, rochas estriadas, acumulacións de depósitos fluvioglaciais... (Homen, Coucelinho, Cervas...)
  • 22. O Sobreiro e, ao fondo, A Nevosa, o cume máis alto da serra.
  • 23. Vista da serra do Gerês desde Salamonde
  • 24. O Caucãu (no centro)
  • 26. Roca Negra e Rocalva
  • 27. Vale do Laço (camiño da Rocalva)
  • 30. Cabras feras nas Gralleiras
  • 31. A Fontefría e Brazaleite
  • 32. Vista xeral da serra do Xurés/ Gerês desde Pitões das Junias Vista xeral da serra do Xurés/Gerês desde Salamonde
  • 33. A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés/Gerês é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, érbedos, sobreiras e algúns loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas especies endémicas.
  • 34. Prados de montaña no curral da Rocalva
  • 35. SERRA DO PISCO Compartida co concello de Muíños (Ourense-Galiza). De orientación NE-SO e unida ao Xurés/Gerês polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe moi erosionada. Na súa maior parte está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros. Hai unha zona repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes baixas, cara a ao val do Salas. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río Salas e arredores. Vista xeral da serra do Pisco.
  • 36. Vista do Encoro do Salas desde os cumes da Serra do Pisco.
  • 37. SERRA DA PENEDA Esténdese con dirección N-S e a máxima elevación é o Outeiro Alvo con 1.314 metros. Está formada por rochas graníticas espidas.
  • 38. Serra da Peneda desde o Laboreiro, á dereita o Outeiro Alvo.
  • 39. Penameda na Serra da Peneda
  • 40.
  • 41. Serra da Peneda e santuario da Nosa Señora da Peneda.
  • 42. SERRA DE SOAJO Esténdese con dirección NE-SO e está formada por masas graníticas que sobresaen nos cumes e forman curiosas paisaxes de penedos. O monte máis alto é A Pedrada, con 1.416 m.
  • 43. SERRA AMARELA •Esténdese con dirección NE-SO entre os ríos Lima e Homen, en Portugal. Acada 1.362 m na Louriça. Está formada por rochas graníticas espidas e algunha faixa de xistos e metagrauvacas. A vexetación domonante é a matogueira que na primavera enche todo de cor amarela, o que da nome á serra. A Serra Amarela, detrás do monte de Santa Eufemia (vista desde Queguas-Galiza)
  • 44. A Serra Amarela (vista desde o encoro de Vilarinho das Furnas)
  • 45. Val do río das Furnas na Serra Amarela.
  • 46. OS RÍOS Os ríos principais son o Limia/Lima (co Castro Laboreiro, Vez, Adrão, Froufe, Germil e Cabril) que atravesa o espazo de NE a SO e o Cávado (co Beredo e Homen) polo sur. O río Mouro discorre cara ao Miño desde a serra da Peneda. A grande cantidade de vales e corgas canalizan a auga das numerosas cabeceiras dos ríos que baixan das serras dando lugar a unha rede hidrográfica densa, composta por un conxunto de afluentes e subafluentes que corren, dun modo xeral, por vales de encostas escarpadas.
  • 47. En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Son de réxime pluvial e sofren importantes variacións de caudal, acusando unha importante seca no verán.
  • 48. RÍO LIMIA/LIMA Nace no monte Talariño (Sarreaus-Galiza). Desde os 600 m de altitude da Limia baixa aos 250 m na fronteira portuguesa e desemboca en Viana do Castelo. Neste espazo recibe pola dereita as augas do Castro Laboreiro, Adrão e Vez; e pola esquerda o Cabril, Froufe e Germil. Está encorado en Lindoso. Encoro (albufeira) de Lindoso, compartido entre Portugal e Galiza. O Limia, neste espazo, está encorado en case todo o seu
  • 49. Encoro de Lindoso, coa serra do Quinxo ao fondo.
  • 50. RÍO BARCIA ou CASTRO LEBOREIRO Nace en Portugal e durante unha grande parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo (Galiza). Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso. O río Castro Laboreiro no barranco de Olelas.
  • 51. O río Castro Laboreiro en Castro Laboreiro (Portugal)
  • 52. O río da Peneda e un afluente do Castro Laboreiro que cae nun gran salto ao pé do Santuario da Nosa Señora da Peneda.
  • 53. RÍO SALAS Nace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Percorre un pequeno tramo neste espazo, onde está encorado para producir enerxía eléctrica. Encoro de Salas. No primeiro plano Tourém.
  • 54. RÍO CÁVADO Nace nas abas portuguesas da serra do Larouco e desemboca en Esposende. Os principais afluentes son o Beredo, Cabril, Fafião, Arado e Homen pola dereita; e o Rabagào, o e o Saltadouro, pola esquerda. Encoro de Paradela na confluencia do Beredo e o Cávado coa Serra do Gerês ao fondo.
  • 55. Encoro da Caniçada, na confluencia dos ríos Gerès e Cávado. Ao fondo a Portela do Homen.
  • 56. RÍO HOMEN É o afluente máis importante do Cávado. Nace nos cumes do Gerês (debaixo do Sobreiro) e, despois de 37 km de percorrido, xúntase co Cávado en Soutelo. Está encorado en Vilarinho das Furnas. No curso alto discorre por un antigo val glaciar no que hai numerosos saltos e pozas. Encoro de Vilariño das Furnas (ao fondo a serra Amarela).
  • 58. Cascata nun afluente do río Homen que baixa da serra Amarela.
  • 59. Cascata do Arado Cascata no rego do Campesinho, un afluente do río Beredo en Pitões das Junias.
  • 60. Poço Azul no río Conho (Fafião)
  • 61. RÍO MOURO Nace na serra da Peneda e xúntase co Miño preto de Mato (Monçao). Val do Mouro entre a Serra da Peneda e a Fonte Seca Río Mouro en Lamas de Mouro
  • 62. LAGOAS: Nos cumes achairados das serras consérvanse algunhas lagoas naturais (Marinho) e outras reforzadas por pequenas presas (A Peneda, Os Carríns, Olelas). Lagoa da Meadinha na serra da Peneda.
  • 63. CLIMA A temperatura media anual é de 13ºC debido á influencia oceánica, con amplitudes térmicas elevadas. As temperaturas máis altas danse entre xullo e setembro, e as máis baixas corresponden ao período entre decembro e febreiro. As grandes diferencias de altitude e orientación dan lugar a variacións locais.
  • 64. AS AUGAS TERMAIS Xorden en distintos puntos do espazo aproveitando as liñas de fallas. En Caldas de Gerés hai un centro balneario.
  • 65. FLORA A singular posición bioxeográfica da área, en transición entre as rexións eurosiberiana e mediterránea, xunto cos diferencias de altitude e orientación, permite unha gran divesidade de especies (No espazo hai catalogadas 1.100). Unha grande parte do territorio das serras está ocupado por diferentes tipos de matogueiras e pasteiros (favorecido por sucesivas queimas e pastoreo). As masas arbóreas son reducidas e hai unha boa cantidade de superficie ocupada por plantacións forestais, especialmente de piñeiros (Pinus insignis, Pinus pinaster e Pinus sylvestris).
  • 66. -CARBALLEIRA: bosque mixto de árbores de folla caediza e persistente. Dominada por carvalho negral (Quercus pyrenaica) e por carvalho-alvarinho (Quercus robur). Nas zonas máis altas vai acompañado da uva do monte ou arandeira (Vaccinum myrtillus), o medronheiro ou érbedo (Arbutus unedo) e o azevinho ou acivro (tamén coñecido como azevinheiro ou pica folha) (Ilex aquifolium). Nas partes baixas e máis expostas ao sol aparecen a sobreira (Quercus suber), o padreiro ou pradairo (Acer pseudoplatanus), o pilriteiro ou estripo (Crataegus monogyna), a tramaceira ou capudre (Sorbus aucuparia), o azereiro ou loro (Prunus lusitanica ssp.lusitanica), a gilbardeira ou xilbarbeira (Ruscus aculeatus), a betónica-bastarda (Melittis melissophyllum), o martagão (Lilium martagon)… Destaca a presenza da orquídea satirião macho (Orchis mascula). As carballeiras ocupan parte dos vales dos rios Ramiscal, Peneda, Gerês e Beredo. HÁBITATS MÁIS CARACTERÍSTICOS:
  • 68. Érbedos na Bouá da Mó.
  • 69. Loro ou acereiro (Prunus lusitanica).
  • 70. Froitos de faia orquídea satirião macho (Orchis mascula).
  • 71. -BOSQUE DE RIBEIRA: coa presenza do amieiro (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix…), do freixo (Fraxinus spp), do vidoeiro ou bidueiro (Betula pubescens) do teixo (Taxus baccata), do feto do Gerês ou feto do botão (Woodwardia radicans), a Spiraea hypericifolia ssp. abovata, a angélica (Angelica laevis), a flor dos viúvos ou paxariños (Aquilegia vulgaris), o androsemo (Hypericum androsaemum)… Río Homen
  • 72. Feto do Gerês ou feto do botão (Woodwardia radicans), Flor dos viúvos ou paxariños (Aquilegia vulgaris)
  • 73. -TURBEIRAS (TURFEIRAS) e MATOS HÚMIDOS, habitats raros e vulnerables que se desenvolven en solos enchoupados onde podemos atopar urce dos brejos ou breixo de turbeira (Erica tetralis), a lameirinha (Erica ciliaris), bolas de algodão ou xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), orvalhinha ou rorela (Drosera rotundifolia), Pinguicula lusitanica… Turbeiras nas cabeceiras do río Conho
  • 74. Urce dos brejos ou breixo de turbeira (Erica tetralis) Bolas de algodão ou xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium)
  • 75. -LAMEIROS OU PRADOS DE LIMA: prados seminaturais de composición variable segundo a humidade do solo. Curral da Rocalva
  • 77. -MATOGUEIRAS DE SUBSTITUCIÓN: piornais, uceiras, carqueixais, toxeiras, xesteiras, que ocupan antigas áreas de carballeiras. Aquí podemos atopar o genebreiro, zimbro ou xenebreiro (Juniperus communis subsp. nana) o alho bravo (Allium scorzonerifolium), a armeria (Armeria humilis ssp. humilis), o lírio do Gerês (Iris boissieri), ou o narciso bravo (Narcissus rupicola), genciana ou xensá (Gentiana pneumonanthe)….
  • 78. Genebreiro, zimbro ou xenebreiro (Juniperus communis subsp. nana)
  • 79. Lírio do Gerês/Xurés (Iris boissieri), endemismo do noroeste Ibérico, en perigo de extinción. Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp. juresianum), especie endémica do Xurés.
  • 80. Armeria humilis, endemismo dos cumes do Xerés-Gerês. Plantago radicata. Unha chantaxe de pequeno tamaño que só vive nas montañas da metade norte da península Ibérica, en terreos pobres, pedregosos e areentos, por enriba dos 800 m de altitude.
  • 81. Alecrim da serra, tomentelo, tormentelo ou tomelo bravo (Thymus caespititius)
  • 83. Érbedo (Arbutus unedo) á beira do río Conho (serra do Gerês)
  • 84. FAUNA Este territorio proporciona refuxio a fauna de gran valor natural como consecuencia da interacción entre as características orográficas e as diversas comunidades vexetais presentes. A cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica), subespecie endémica do Gêres-Xurés desapareceu hai máis dun século. Actualmente hai un programa de recuperación con Capra pirenaica victoriae.
  • 85. INVERTEBRADOS: destacan, polo interese para a súa conservación: as borboletas Euphydryas aurinia e Callimorpha quadripunctata, a vacaloura ou cabra-loura (Lucanus cervus) e a lesma Geomalacus maculosus. Bolboreta Euphydryas aurinia.
  • 86. VERTEBRADOS: hai censadas 235 especies, das que 204 son protexidas a nivel nacional e internacional. 71 pertencen á lista de especies ameazadas do Livro Vermelho de Vertebrados de Portugal. Nas partes altas das serras habita en semiliberdade o cabalo garrano, raza galaico-portuguesa, da que se está levando a cabo un programa de recuperación.
  • 87. MAMÍFEROS Destaca a presenza da toupeira de auga (Galemys pyrenaicus), o gato bravo (Felis sylvestris), a lontra (Lutra lutra), a marta (Martes martes), o lobo (Canis lupus), o corzo (Capreolus capreolus), o arminho (Mustela erminea), esquilo-vermelho (Sciurus vulgaris), leirón (Glis glis) que alcanzaría nestas serras o límite sudoccidental da súa área de distribución europea. Hai identificadas 15 especies de morcegos, da que 10 teñen estatuto de ameazadas 5 en perigo de extinción): morcego de-ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros), morcego de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum), morcego de ferradura mediterráneo (Rhinolophus euryale), morcego rato grande (Myotis myotis) e morcego lanudo (Myotis emarginatus). O corzo (Capreolus capreolus), emblema do Parque Nacional
  • 88. AVES Están catalogadas 147 especies, con variacións ao longo do ano polas migracións estacionais. Destaca a presenza de aves de rapina, incluíndo especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como a aguia real (Aquila chrysaetos), a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus) e o bufo real (Bubo bubo). Ademais, nidifican a aguia cobreira (Circaetus gallicus), o falcão ou miñato abelleiro (Pernis apivorus), o tartaranhão-azulado ou gatafornela (Circus cyaneus), o  tartaranhão- caçador ou tartaraña cincenta (Circus pygargus) e o  falcão ou falcón peregrino (Falco peregrinus). O bufo real (Bubo bubo) ten no parque o único lugar de reprodución coñecido para Portugal.
  • 89. O espazo (xuntamente co Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés) acolle algunhas das poboacións máis sudoccidentais de especies típicamente eurosiberianas, como a petinha das árvores ou pica das árbores (Anthus trivialis), a felosa das figueiras ou papuxa picafollas (Sylvia borin), o picanço de dorso ruivo ou picanzo vermello (Lanius collurio ), o dom fafe ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula), a escrevedeira amarela ou escribente amarelo (Emberiza citrinella), o cruzabico ou bicotorto (Loxia curvirostra). Entre a avifauna acuática destaca a presenza como invernante do mergullón cristado (Podiceps cristatus); a narceja ou becacina cabra (Gallinago gallinago), a da píllara pequena (Charadrius dubius), o merlo de auga ou rieiro (Cinclus cinclus)… Tamén podemos atopar gralha ou choia de bico vermelho (Pyrrhocorax pyrrhocorax), o cartaxo nortenho ou chasca colipinta (Saxicola rubetra). Dom fafe ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)
  • 90. RÉPTILES: Lagarto de água ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagartixa do mato ou lagarta rabuda (Psammodromus algirus), víbora cornuda ou fuciñuda (Vipera latastei), víbora de Seoane (Vipera seoanei)… Lagarto de água ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi).
  • 91. ANFIBIOS Destaca a salamandra lusitânica ou salamántiga galega (Chioglossa lusitanica) endémica de Galiza e norte de Portugal. Salamandra lusitânica ou salamántiga galega (Chioglossa lusitanica)
  • 92. PEIXES Destacan como máis característicos o barbo (Barbus bocagei), o cacho (Squalius carolitertii), a vermella (Rutilus arcasii), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), e o espiñento (Gasterosteus gymnurus). Espiñentos na lagoa dos Carríns
  • 93. PRINCIPAIS ACTIVIDADES: Agrogandeiro, forestal, apicultura, produción artesanal de alimentos (como o fumeiro) turismo, produción de enerxía eléctrica…. Destaca a cría de razas de vacas autóctonas barrosá e cachena e os cabalos garranos. Unha das principais actividades das serras é o pastoreo. Na serra do laboreiro consérvase unha raza autóctona de can, o can da serra.
  • 95. HISTORIA E PATRIMONIO CULTURAL As terras do Xurés-Gerês foron habitadas deste tempos moi antigos. Nelas deixaron pegadas as xentes da prehistoria (castros, mámoas, petróglifos), os romanos (construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica), as xentes da Idade Media (castelos) e tempos posteriores (asentamentos, explotacións mineiras, igrexas, mosteiros…). Na actualidade, xunto cos importantes valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico. Hai catalogados 500 lugares de interese histórico e arqueolóxico. ARTE RUPESTRE: Chá da Rapada, santuario rupestre de Gião ou o Penedo do Encanto da Bouça do Colado (Parada). DOLMES: Castro Leboreiro, Outeiro do Ferro, Mourela, Lapa da Moura (Serra Amarela). Mámoa escavada na Portela do Pau (Monçao). No interior do dolme hai petrógifos.
  • 96. A PAISAXE No espazo alternan paisaxes naturais, onde o elemento dominante é a montaña e as formacións graníticas, as grandes áreas achairadas dos cumes dalgunhas serras (como o Laboreiro), ou os profundos vales e cavorcos dos ríos, coas paisaxes humanizadas de pasteiros, cultivos e diversos elementos construtivos que foron desenvolvendose ao longo dos tempos en función das necesidades e adaptación ao ambiente: núcleos de poboación, muros, levadas, pontes e pontellas, hórreos ou espigueiros, camiños, foxos de lobo, muíños, refuxíos, casarotas, alvarizas ou silhas dos ursos, almiñas… Rouças (Arcos de Valdevez)
  • 97. RESTOS ROMANOS: Miliarios e Geira (calzada romana)... Na época romana foi unha importante zona de paso. Por esta zona discorría unha das catro vías, a que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaban Galiza para unir Braga e Astorga. Miliarios ábeira do Encoro de Vilarinho das Furnas. Miliario convertido en pé de cruceiro. Vilarinho das Furnas.
  • 98. IGREXAS: Santuario da Peneda, San Bento da Porta Aberta, Bom Jesus do Monte, mosteiro de Pitôes das Júnias… Restos do mosteiro de Pitões das Junias
  • 99. PONTES: Castro Laboreiro, Cava da Velha (Mezio), Dorna, A Peneda, Soaxo, Río Cabril (Cabril), Eíxões (Campo do Gerês), Mizarela (Ferral, Montalegre)... Ponte sobre o río Mouro (Lamas de Mouro). Ponte Cava da Vella, sobre o río Castro Laboreiro (Assureira). Pontella en Portos (Castro Laboreiro).
  • 102. CASAROTAS/CURRAIS: (Refuxio de pastores) Curral do Mouro, Pión de Paredes, Portela da Amoreira, Curral do Marabaixo, Curral da Carballa... Os Carríns Curral da Malhadoura (A Emida)
  • 103. FOXOS DO LOBO: Construcións para cazar lobos. Branda de Corvelas, Cabreiro, Sistelo e A Peneda (Serra da Peneda), Fafiao, Portela da Farra (Parada), Pitões das Junias... Pitões das Junias Fafião
  • 104. ALBARIZAS OU SILHAS DOS URSOS: Estruturas de pedra que protexen os cortizos. As producións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas. Silhas do Moninho, Sarillão, Várcea, Xertelo, Lapela... Lapelas
  • 105. CASTELOS: Lindoso, Castro Laboreiro, Covide... Castro Laboreiro Lindoso
  • 106. EXPLOTACIÓNS MINEIRAS: Especialmente para a explotación do volframio, moi activas durante a II Guerra Mundial, pecharon definitivamente na década de 1970. Os Carríns (Serra do Gerês)
  • 107. MUÍÑOS HIDRÁULICOS: Na maioría dos ríos do espazo: Cabril, Paredes do Río... Conxunto etnográfico de Paredes do Río
  • 108. LAGARES DE ACEITE Para moer as olivas. Santa Ane, As Olas-Vilaboa, Pincães... As Olas (Portugal)
  • 109. Fonte, pía e lavadoiro en Paredes do Río
  • 110. BRANDAS: As brandas eran asentamentos habitados durante o verán mentres se mantiña o gando nas partes altas da serra, aproveitábase para facer cultivos de verán destinados a alimento das persoas ou dos animais. Actualmente algúnhas son residencias permanentes. O resto do ano habitaban nas inverneiras (asentamentos de máis baixa altitude). Brandas de Portos (Castro Laboreiro)
  • 111. Pitóes das Junias (Montalegre)
  • 113. Castro Laboreiro desde o Penedo Grande
  • 114. PROBLEMAS Incendios forestais, asolagamento de terreos polos encoros, liñas de alta tensión, abandono do rural (emigración), extinción de especies, especies invasoras...… Debido ás cortas, ao antigo costume de realizar queimas para a creación de pastos para o gando e ao intenso pastoreo, estas serras sufriron xeneralizados procesos erosivos que, ao longo dos séculos, provocaron enormes perdas de solo e afloramento dun substrato pétreo descarnado.
  • 115. INFORMACIÓN VISITANTES, MUSEOS Parque Natural Peneda-Gerês: varias Portas do Parque: Lamas de Mouro, Mezio, Lindoso, Campo do Gerês, Paradela e Montalegre. Ecomuseo: Barroso (Gerês) Museo etnográfico da auga: Paredes do Río (Gerês) Centro de Educación Ambiental: Vidoeiro (Gerês) Centro de visitantes e museo na Porta de Campo do Gerês
  • 116. ITINERARIOS DE INTERESE NATURAL, PAISAXÍSTICO, HISTÓRICO-ETNOGRÁFICO... Por todo o territorio do parque hai numerosas trilhos ou rutas sinalizadas de diferentes temáticas e dificultades. As “mariolas” son moreas de pedras que se empregan para indicar os roteiros.
  • 117. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro Xullo 2016 Mariola camiño do Pé do Cabril