SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 18
Actividades para o fomento da lectoescrita
dende unha perspectiva construtivista II
Prof. Montse Pena Presas
Textos
instrutivos
Función: regular o comportamento
humano para a consecución dalgún
obxectivo.
Modelos: instrucións escolares,
receitas de cociña, normas de xogos,
instrucións de materiais e aparatos, etc.
Contido: explicación de como facer
determinada tarefa e presenza de
gráficos e signos para ilustrar o contido.
Textos instrutivos: esquema
didáctico
 1. Selecciónase o contexto para o uso e a produción deste tipo de textos, con respecto a
unha necesidade concreta formulada na aula.
 2. Coméntanse modelos convencionais sobre o tema seleccionado. Este comentario debe
permitir tirar a información sobre as súas características gráficas e lingüísticas e activar os
coñecementos previos sobre o tema que se vai tratar.
 3. Elabórase colectivamente o pretexto, considerando: a estrutura en bloques, a ordenación
numerada das tarefas que se requiren, a organización en oración simples.
 4. Escritura: construción colectiva do texto, seguindo as pautas do pretexto. En EI
proponse normalmente a escritura do primeiro bloque: a lista de ingredientes e materiais, etc.
 5. Corríxese colectivamente e pásase a limpo se é preciso.
Textos instrutivos: o exemplo das receitas
 Podemos aproveitar calquera momento para traballar unha receita: as festas tradicionais, os
trazos do contorno, as estacións do ano...
 Podemos motivar aos nenos e nenas para que traian libros de receitas de cociña. Os menús
podémolos facer co menú do colexio, se hai comedor.
 Coa lectura das receitas traballamos a secuenciación, polo que os nenos e nenas se poden
dar conta da necesidade de ler unha receita antes de cociñala.
 A idea é que o alumnado ten que vivir este traballo dunha maneira moi práctica,
empregando a observación directa na elaboración.
 En 5º e 6º de infantil propoñemos traballar os títulos das receitas, a lista de ingredientes ou
os utensilios necesarios. Tamén paga a pena que vexan como se escribe o texto escrito e a
correspondencia entre este e o debuxo dos alimentos e utensilios.
Receitas II
 Cómpre asegurarnos de que os
nenos e nenas entenden o
concepto de receita.
 Os nenos e nenas que non saben
ler aínda poden aproveitar as
fotografías que adoitan aparecer
neste tipo de libros.
 En 6ª de Infantil é importante que
deamos importancia ao traballo de
vocabulario, ao aspecto formal, aos
diferentes tipos de texto, etc.
Receitas III
Actividade 1. Títulos de receitas
Obxectivo: chegar á escritura espontánea do título
Descrición: pensaremos o nome da receita entre todos e a mestra escribiráa na pizarra. Podemos
tentar que o alumnado dicte as letras e despois eles copiarán nunha folla onde hai imaxes a lista dos
ingredientes e a secuenciación do proceso.
Actividade 2. O menú escolar
Obxectivo: iniciarse na lectura e escribir nomes
Descrición: dar a cada neno unha fotocopia do menú. Intentar lelo entre todos. Recortar e pegar,
nunha cartolina, as palabras que queiran e tentar lelas. Copialas nunha folla.
Actividade 3. Inventamos un menú
Obxectivo: fomentar a creatividade e escribir nomes.
Descrición: pensar entre todos e todas un menú de platos disparatados. Poñémoslles algúns
exemplos: ameixas con chocolate, filete con tortitas, etc. Pedimos que escriban o seu prato preferido
e que o debuxen.
Textos literarios
 Función: introducir no lectorado sentimentos e
emocións; entretemento e diversión; comunicar
fantasías ou feitos extraordinarios; transmitir valores
culturais, sociais e morais.
 Modelos: contos, narracións, lendas; poesías,
refráns, cancións, adiviñas, teatro e banda
deseñada.
 Contido: fórmulas establecidas de principio e fin;
descrición de personaxes e situacións, ambientes,
narración de feitos vividos ou fantásticos...
Textos literarios: o exemplo dos contos
 É unha das modalidades literarias que abarca máis actividades de lectoescritura.
 Pódenselles achegar empregando diferentes técnicas: explicado pola mestra, con apoio dun
libro, con monicreques, con diapositivas, con recortables, gravado en cintas, etc.
 Con este formato os nenos e nenas comezan a aprender a seguir o fío argumental da
narración, memorizan os principios e os finais e tamén as frases feitas ou as cancións
introducidas.
 É un elemento que sirve para favorecer a confianza e a cohesión do grupo, porque permite
fomentar a atención.
 Pódense traballar dende os 2 anos, aínda que a súa relación coa lectoescritura podémola
traballar preferiblemente a partir dos 3.
Contos II
 Actividade 1. Xa lemos contos!
 Obxectivos: observar as características dos contos e
diferenciar o debuxo da escritura.
 Descrición: a mestra presenta e comenta as
características dun conto. Despois, pedirá a un neno que
lle sinale: por onde empezamos a mirar un conto, onde
remata, que o poña dereito, que pasa se o poñemos do
revés, sinalar onde hai debuxos, onde hai letra...
 Actividade 2. Letra e debuxo dun conto
 Obxectivos: razoar a identificación de contos coñecidos e
relacionar os títulos dos contos coas súas ilustracións.
 Descrición: prepáranse debuxos representativos dalgúns
contos coñecidos. Preséntase o cartel dun conto e
pídese que o lean. Cando identificaron o título, teñen que
relacionalo coa imaxe correspondente.
Contos III
 Actividade 3. Borrouse o título!
 Obxectivo: escoitar un conto para porlle título libremente.
 Descrición: a mestra cóntalle un conto aos nenos. Antes diralles que presten atención porque
lle teñen que poñer un título. Cando conte o conto, a mestra dará unha folla onde haxa unha
ilustración significativa do conto. Terana que pintar e pensar un título.
 Actividade 4. Inventamos un conto!
 Obxectivo: ter en conta a coherencia dun relato, inventar un conto entre todos e escribilo
igual.
 Descrición: cando estean familiarizados cos contos e teñamos traballado que partes ten cada
un deles (principio, nó e desenvolvemento), propoñémoslles inventar un conto entre todos. A
mestra pide ao alumnado que decidan quen é o protatonista. Pensan que pode suceder e
como remata. Ponse en común. A mestra escribe na pizarra e os nenos e nenas vana
axudando.
Textos literarios: actividades con poemas e
cancións
 Actividade 1. Esquecéronnos as palabras!
 Obxectivos: combinar a lectura comprensiva e a escritura a partir dun poema memorizado
previamente.
 Desenvolvemento: aprendemos un poema de memoria. Despois lémolo colectivamente,
identificando os espazos en branco, que representan as palabras que hai que escribir. En parellas,
decidimos a palabra que falta e escribímola. Por último, discutimos os resultados e analizamos
posibles erros.
 Actividade 2. Reconstruímos unha canción desordeada.
 Obxectivos: practivar e aprender a lectura a partir dun texto motivador.
 Desenvolvemento: memorizamos a canción. A docente le os diferentes versos que a compoñen.
Falamos da rima, da disposición en versos e estrofas, do estribillo, etc. Localizamos o título.
 Por último, lemos e ordeamos os versos ata que construímos o texto. Discutimos o resultado.
Textos informativos
Función: coñecer, ou transmitir,
explicacións e informacións de carácter
xeral. O seu obxectivo é o de
comprender, ou cominicar, as
características principais do tema, sen
maior profundización.
Modelos: diarios e revistas, folletos,
novas, artigos e reportaxes, anuncios e
propaganda, invitacións e entrevistas.
Contido: moi diverso.
Textos informativos: o exemplo da noticia. Esquema didáctico
 1. Seleccionar situacións na aula en que estea xustificado o uso de textos informativos
diversos: novas importantes, que sexa interesante comentar; repaso diario do xornal como rutina,
elaboracións de murais informativos sobre novas do cole ou da vila...
 2. Presentación de modelos: que é o xornal, para que serve, como é, de que maneira se
organiza o contido, que coñecementos ten o alumnado sobre el. Pode facerse en varias sesións.
 3. Lectura do xornal e selección de novas: é preferible que se organice como unha tarefa
habitual na escola.
 4. Lectura da nova. A. Explicar o obxectivo da lectura, lectura do titular por parte do profesor ou
dun alumno, comentario, intercambio de ideas suxeridas polo título e observación de fotos. B.
Anticipación e formulación de hipóteses. Chamar a atención dos nenos en aspectos como que,
como, cando, onde, quen, por que... Finalmente, recapitularase toda a información.
 5. Escritura. A. Explicar claramente a finalidade e os obxectivos da escritura: rexistrar
informacións relevantes, confección dun mural, etc. B. Explicar a consigna e as condicións da
actividade: titular, pé de foto... individualmente, por parellas...
Textos informativos. A noticia
 Actividade 1. Observación dos xornais
 Obxectivos: familiarizarse coa estrutura e a función dos xornais, ademais de coa súa lectura.
 Desenvolvemento: presentamos ao alumnado diferentes clases de xornais, amosando
diferenzas e elementos comúns. Analizamos o formato, tipografía, compaxinación, presenza
de fotos, etc. Podemos ler algúns titulares e formularlles preguntas acerca do que pode
interesarlles.
 Actividade 2. Escritura do pé de foto dunha nova
 Obxectivos: fomentar o interese polos acontecementos que suceden, afondar no sistema
alfabético e ter en conta as relacións texto-imaxe.
 Desenvolvemento: compartimos a información que temos sobre unha nova concreta e
relacionamos a foto elixida coa nova correspondente. Analizamos outros pés de foto no
xornal. Elaboramos un pre-texto, escribimos e, por último, corriximos.
Textos informativos.
Os anuncios
 Actividade 1. Xogamos cos anuncios!
 Obxectivos: diferenciar entre imaxes, números e
letras, relacionar o texto e a intención do anuncio e
desenvolver a actitude crítica fronte ao consumismo.
 Desenvolvemento: observamos xornais e revistas.
Despois diferenciamos entre anuncios publicitarios e
outros textos. Vemos que a imaxe ten máis
importancia que as palabras. O profesor le o texto do
anuncio e, entre todos, localízanse palabras ou letras
significativos. Comentamos criticamente o texto.
Textos
expositivos.
Complexos de escribir en EI,
pero útiles para a lectura.
Función: fannos comprender ou transmitir
novos coñecementos.
Modelos: libros de texto, libros
informativos, biografías...
Contido: definicións e
enunciados, descricións, explicacións de
procesos, resumos, argumentacións,
hipóteses.
Textos expositivos.
 Actividade 1. Confeccionamos un diccionario de clase.
 Obxectivos: escribir textos minimamente complexos e ter unha síntese do que se vai vendo na
aula.
 Descrición: neste diccionario incluímos vocabulario básico e termos usados para o estudo de
temas ou, personaxes dos contos lidos. Isto consiste nun recurso útil non só para lembrar, senón
para usar como fonte de consulta para a resolución de problemas de escritura: identificación de
letras, corrección da escrita de palabras, etc.
 Desenvolvemento: identificamos a palabra que queremos incluír no diccionario. Escribimos a
palabra no borrador e facemos unha corrección colectiva. Despois escribimos en limpo no lugar
correspondente e por último clasificámola segundo o criterio.
 Actividade 2. Ditamos a descrición dun animal.
 Obxectivos: traballar unha temática concreta e ser capaz de ver que procedementos se empregan
na escrita.
 Desenvolvemento: cun libro informativo, lemos como se describen varios animais en gran grupo e
coa axuda da mestra, que irá marcando as pautas. Despois, tentamos ditarlle a ela a descrición
dun animal que non apareza na obra.
Bibliografía
 Díez de Ulzurrum Pausas, A. (1999). El
aprendizaje de la lectoescritura desde
una perspectiva constructivista. Vol. I e
II. Barcelona: Graó.
 Maruny Curto, L., Ministral, M., e
Miralles, M. (1996). Escribir y leer. III.
Materiales y recursos para el aula.
Barcelona: Edelvives-Ministerio de
Educación y Ciencia.

Más contenido relacionado

Similar a Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptx

Similar a Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptx (20)

Unidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdiUnidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdi
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Reunion de decembro
Reunion de decembroReunion de decembro
Reunion de decembro
 
Littlewhiterabbit
LittlewhiterabbitLittlewhiterabbit
Littlewhiterabbit
 
Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017
 
3 T. E.I. ceip da cruz
3 T. E.I. ceip da cruz3 T. E.I. ceip da cruz
3 T. E.I. ceip da cruz
 
K:\Pel\Projects Infantedu\Littlewhiterabbit
K:\Pel\Projects Infantedu\LittlewhiterabbitK:\Pel\Projects Infantedu\Littlewhiterabbit
K:\Pel\Projects Infantedu\Littlewhiterabbit
 
Proxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo EurekaProxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo Eureka
 
Ler e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escolaLer e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escola
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Proxecto impresionismo
Proxecto impresionismoProxecto impresionismo
Proxecto impresionismo
 
Unidade didactica sobre convivencia
Unidade didactica sobre convivenciaUnidade didactica sobre convivencia
Unidade didactica sobre convivencia
 
Programación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º linguaProgramación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º lingua
 
Lectura comprensiva
Lectura comprensivaLectura comprensiva
Lectura comprensiva
 
Tâche 2. Comment s'y prendre
Tâche 2. Comment s'y prendreTâche 2. Comment s'y prendre
Tâche 2. Comment s'y prendre
 
Descubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a Prehistoria
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
 
Tâche 2: Comment s'y prendre?
Tâche 2: Comment s'y prendre?Tâche 2: Comment s'y prendre?
Tâche 2: Comment s'y prendre?
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 

Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptx

  • 1. Actividades para o fomento da lectoescrita dende unha perspectiva construtivista II Prof. Montse Pena Presas
  • 2. Textos instrutivos Función: regular o comportamento humano para a consecución dalgún obxectivo. Modelos: instrucións escolares, receitas de cociña, normas de xogos, instrucións de materiais e aparatos, etc. Contido: explicación de como facer determinada tarefa e presenza de gráficos e signos para ilustrar o contido.
  • 3. Textos instrutivos: esquema didáctico  1. Selecciónase o contexto para o uso e a produción deste tipo de textos, con respecto a unha necesidade concreta formulada na aula.  2. Coméntanse modelos convencionais sobre o tema seleccionado. Este comentario debe permitir tirar a información sobre as súas características gráficas e lingüísticas e activar os coñecementos previos sobre o tema que se vai tratar.  3. Elabórase colectivamente o pretexto, considerando: a estrutura en bloques, a ordenación numerada das tarefas que se requiren, a organización en oración simples.  4. Escritura: construción colectiva do texto, seguindo as pautas do pretexto. En EI proponse normalmente a escritura do primeiro bloque: a lista de ingredientes e materiais, etc.  5. Corríxese colectivamente e pásase a limpo se é preciso.
  • 4. Textos instrutivos: o exemplo das receitas  Podemos aproveitar calquera momento para traballar unha receita: as festas tradicionais, os trazos do contorno, as estacións do ano...  Podemos motivar aos nenos e nenas para que traian libros de receitas de cociña. Os menús podémolos facer co menú do colexio, se hai comedor.  Coa lectura das receitas traballamos a secuenciación, polo que os nenos e nenas se poden dar conta da necesidade de ler unha receita antes de cociñala.  A idea é que o alumnado ten que vivir este traballo dunha maneira moi práctica, empregando a observación directa na elaboración.  En 5º e 6º de infantil propoñemos traballar os títulos das receitas, a lista de ingredientes ou os utensilios necesarios. Tamén paga a pena que vexan como se escribe o texto escrito e a correspondencia entre este e o debuxo dos alimentos e utensilios.
  • 5. Receitas II  Cómpre asegurarnos de que os nenos e nenas entenden o concepto de receita.  Os nenos e nenas que non saben ler aínda poden aproveitar as fotografías que adoitan aparecer neste tipo de libros.  En 6ª de Infantil é importante que deamos importancia ao traballo de vocabulario, ao aspecto formal, aos diferentes tipos de texto, etc.
  • 6. Receitas III Actividade 1. Títulos de receitas Obxectivo: chegar á escritura espontánea do título Descrición: pensaremos o nome da receita entre todos e a mestra escribiráa na pizarra. Podemos tentar que o alumnado dicte as letras e despois eles copiarán nunha folla onde hai imaxes a lista dos ingredientes e a secuenciación do proceso. Actividade 2. O menú escolar Obxectivo: iniciarse na lectura e escribir nomes Descrición: dar a cada neno unha fotocopia do menú. Intentar lelo entre todos. Recortar e pegar, nunha cartolina, as palabras que queiran e tentar lelas. Copialas nunha folla. Actividade 3. Inventamos un menú Obxectivo: fomentar a creatividade e escribir nomes. Descrición: pensar entre todos e todas un menú de platos disparatados. Poñémoslles algúns exemplos: ameixas con chocolate, filete con tortitas, etc. Pedimos que escriban o seu prato preferido e que o debuxen.
  • 7. Textos literarios  Función: introducir no lectorado sentimentos e emocións; entretemento e diversión; comunicar fantasías ou feitos extraordinarios; transmitir valores culturais, sociais e morais.  Modelos: contos, narracións, lendas; poesías, refráns, cancións, adiviñas, teatro e banda deseñada.  Contido: fórmulas establecidas de principio e fin; descrición de personaxes e situacións, ambientes, narración de feitos vividos ou fantásticos...
  • 8. Textos literarios: o exemplo dos contos  É unha das modalidades literarias que abarca máis actividades de lectoescritura.  Pódenselles achegar empregando diferentes técnicas: explicado pola mestra, con apoio dun libro, con monicreques, con diapositivas, con recortables, gravado en cintas, etc.  Con este formato os nenos e nenas comezan a aprender a seguir o fío argumental da narración, memorizan os principios e os finais e tamén as frases feitas ou as cancións introducidas.  É un elemento que sirve para favorecer a confianza e a cohesión do grupo, porque permite fomentar a atención.  Pódense traballar dende os 2 anos, aínda que a súa relación coa lectoescritura podémola traballar preferiblemente a partir dos 3.
  • 9. Contos II  Actividade 1. Xa lemos contos!  Obxectivos: observar as características dos contos e diferenciar o debuxo da escritura.  Descrición: a mestra presenta e comenta as características dun conto. Despois, pedirá a un neno que lle sinale: por onde empezamos a mirar un conto, onde remata, que o poña dereito, que pasa se o poñemos do revés, sinalar onde hai debuxos, onde hai letra...  Actividade 2. Letra e debuxo dun conto  Obxectivos: razoar a identificación de contos coñecidos e relacionar os títulos dos contos coas súas ilustracións.  Descrición: prepáranse debuxos representativos dalgúns contos coñecidos. Preséntase o cartel dun conto e pídese que o lean. Cando identificaron o título, teñen que relacionalo coa imaxe correspondente.
  • 10. Contos III  Actividade 3. Borrouse o título!  Obxectivo: escoitar un conto para porlle título libremente.  Descrición: a mestra cóntalle un conto aos nenos. Antes diralles que presten atención porque lle teñen que poñer un título. Cando conte o conto, a mestra dará unha folla onde haxa unha ilustración significativa do conto. Terana que pintar e pensar un título.  Actividade 4. Inventamos un conto!  Obxectivo: ter en conta a coherencia dun relato, inventar un conto entre todos e escribilo igual.  Descrición: cando estean familiarizados cos contos e teñamos traballado que partes ten cada un deles (principio, nó e desenvolvemento), propoñémoslles inventar un conto entre todos. A mestra pide ao alumnado que decidan quen é o protatonista. Pensan que pode suceder e como remata. Ponse en común. A mestra escribe na pizarra e os nenos e nenas vana axudando.
  • 11. Textos literarios: actividades con poemas e cancións  Actividade 1. Esquecéronnos as palabras!  Obxectivos: combinar a lectura comprensiva e a escritura a partir dun poema memorizado previamente.  Desenvolvemento: aprendemos un poema de memoria. Despois lémolo colectivamente, identificando os espazos en branco, que representan as palabras que hai que escribir. En parellas, decidimos a palabra que falta e escribímola. Por último, discutimos os resultados e analizamos posibles erros.  Actividade 2. Reconstruímos unha canción desordeada.  Obxectivos: practivar e aprender a lectura a partir dun texto motivador.  Desenvolvemento: memorizamos a canción. A docente le os diferentes versos que a compoñen. Falamos da rima, da disposición en versos e estrofas, do estribillo, etc. Localizamos o título.  Por último, lemos e ordeamos os versos ata que construímos o texto. Discutimos o resultado.
  • 12. Textos informativos Función: coñecer, ou transmitir, explicacións e informacións de carácter xeral. O seu obxectivo é o de comprender, ou cominicar, as características principais do tema, sen maior profundización. Modelos: diarios e revistas, folletos, novas, artigos e reportaxes, anuncios e propaganda, invitacións e entrevistas. Contido: moi diverso.
  • 13. Textos informativos: o exemplo da noticia. Esquema didáctico  1. Seleccionar situacións na aula en que estea xustificado o uso de textos informativos diversos: novas importantes, que sexa interesante comentar; repaso diario do xornal como rutina, elaboracións de murais informativos sobre novas do cole ou da vila...  2. Presentación de modelos: que é o xornal, para que serve, como é, de que maneira se organiza o contido, que coñecementos ten o alumnado sobre el. Pode facerse en varias sesións.  3. Lectura do xornal e selección de novas: é preferible que se organice como unha tarefa habitual na escola.  4. Lectura da nova. A. Explicar o obxectivo da lectura, lectura do titular por parte do profesor ou dun alumno, comentario, intercambio de ideas suxeridas polo título e observación de fotos. B. Anticipación e formulación de hipóteses. Chamar a atención dos nenos en aspectos como que, como, cando, onde, quen, por que... Finalmente, recapitularase toda a información.  5. Escritura. A. Explicar claramente a finalidade e os obxectivos da escritura: rexistrar informacións relevantes, confección dun mural, etc. B. Explicar a consigna e as condicións da actividade: titular, pé de foto... individualmente, por parellas...
  • 14. Textos informativos. A noticia  Actividade 1. Observación dos xornais  Obxectivos: familiarizarse coa estrutura e a función dos xornais, ademais de coa súa lectura.  Desenvolvemento: presentamos ao alumnado diferentes clases de xornais, amosando diferenzas e elementos comúns. Analizamos o formato, tipografía, compaxinación, presenza de fotos, etc. Podemos ler algúns titulares e formularlles preguntas acerca do que pode interesarlles.  Actividade 2. Escritura do pé de foto dunha nova  Obxectivos: fomentar o interese polos acontecementos que suceden, afondar no sistema alfabético e ter en conta as relacións texto-imaxe.  Desenvolvemento: compartimos a información que temos sobre unha nova concreta e relacionamos a foto elixida coa nova correspondente. Analizamos outros pés de foto no xornal. Elaboramos un pre-texto, escribimos e, por último, corriximos.
  • 15. Textos informativos. Os anuncios  Actividade 1. Xogamos cos anuncios!  Obxectivos: diferenciar entre imaxes, números e letras, relacionar o texto e a intención do anuncio e desenvolver a actitude crítica fronte ao consumismo.  Desenvolvemento: observamos xornais e revistas. Despois diferenciamos entre anuncios publicitarios e outros textos. Vemos que a imaxe ten máis importancia que as palabras. O profesor le o texto do anuncio e, entre todos, localízanse palabras ou letras significativos. Comentamos criticamente o texto.
  • 16. Textos expositivos. Complexos de escribir en EI, pero útiles para a lectura. Función: fannos comprender ou transmitir novos coñecementos. Modelos: libros de texto, libros informativos, biografías... Contido: definicións e enunciados, descricións, explicacións de procesos, resumos, argumentacións, hipóteses.
  • 17. Textos expositivos.  Actividade 1. Confeccionamos un diccionario de clase.  Obxectivos: escribir textos minimamente complexos e ter unha síntese do que se vai vendo na aula.  Descrición: neste diccionario incluímos vocabulario básico e termos usados para o estudo de temas ou, personaxes dos contos lidos. Isto consiste nun recurso útil non só para lembrar, senón para usar como fonte de consulta para a resolución de problemas de escritura: identificación de letras, corrección da escrita de palabras, etc.  Desenvolvemento: identificamos a palabra que queremos incluír no diccionario. Escribimos a palabra no borrador e facemos unha corrección colectiva. Despois escribimos en limpo no lugar correspondente e por último clasificámola segundo o criterio.  Actividade 2. Ditamos a descrición dun animal.  Obxectivos: traballar unha temática concreta e ser capaz de ver que procedementos se empregan na escrita.  Desenvolvemento: cun libro informativo, lemos como se describen varios animais en gran grupo e coa axuda da mestra, que irá marcando as pautas. Despois, tentamos ditarlle a ela a descrición dun animal que non apareza na obra.
  • 18. Bibliografía  Díez de Ulzurrum Pausas, A. (1999). El aprendizaje de la lectoescritura desde una perspectiva constructivista. Vol. I e II. Barcelona: Graó.  Maruny Curto, L., Ministral, M., e Miralles, M. (1996). Escribir y leer. III. Materiales y recursos para el aula. Barcelona: Edelvives-Ministerio de Educación y Ciencia.