SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 14
Descargar para leer sin conexión
CATEDRAL
  DE
SANTIAGO

   1
O DESCUBRIMENTO DO SEPULCRO

       A tradición conta que Santiago o Maior viaxou a Hispania entre os anos 33 e
44 d.C. Regresou a Palestina onde morreu degolado. Posteriormente os discípulos de
Santiago meteron a cabeza e o corpo do apóstolo nun saco perfumado e trouxérono
a Galicia. Todo isto non está acreditado historicamente.

        Polo 813, en plena Reconquista (baixo o goberno de Afonso II, o Casto, no reino
Ástur e baixo o de Carlomagno no Imperio Carolinxio), un ermitán, Paio, viu durante
varias noites unhas luces estrañas sobrevoando unha fraga. Foi avisado o bispo de Iria
Flavia, Teodomiro. Este descubriu un vello templo de pedra no medio dun arruinado
cemiterio. O templo parecía da época romana, con dúas plantas. Segundo
Teodomiro na parte inferior había tres sartegos cos corpos do apóstolo Santiago “o
Maior” e os seus discípulos, Teodoro e Atanasio..

       Afonso II dá conta do feito a Carlomagno e a nova propágase por toda
Europa. Desta maneira a paraxe que ocupara un cemiterio da época romana pasa a
ser coñecido como “Campo Stellae”, é dicir, “Campo da Estrela” (significado de
Compostela). O rei ástur mandou erguer alí mesmo, ao carón do templo romano,
unha pequena igrexa feita con materiais pobres. Alí ían chegar os primeiros
peregrinos francos, normandos, bretóns, etc.




       Con Afonso III ergueuse unha segunda igrexa de maiores proporcións.
Consagrada no 899, empregáronse ricos materiais procedentes dos espolios feitos por
Afonso III no Al-Ándalus.

       O templo romano mantíñase en pé. Compostela seguía medrando debido,
sobre todo o asentamento de estranxeiros e o desenvolvemento do comercio.

       Nesta época tamén tivo lugar a chegada de Almanzor ( Al-Mansur), coñecido
polos cristiáns como “o azote de Deus”, que cun poderoso exército arrasou a igrexa de

                                          2
Santiago. Aínda que levou para Córdoba (capital de Al-Ándalus) as campás,
respectou a tomba do Apóstolo. A igrexa foi rapidamente reconstruída polo bispo
Pedro de Mezonzo.

        Ao redor do ano 1070 fixéronse os planos da catedral románica, xa que a
igrexa anterior quedárase pequena. Debuxaron unha planta de grandes dimensións
para acoller e impresionar aos peregrinos. Déronlle forma de cruz latina (símbolo de
Xesucristo) e puxéronlle capelas absidais (as que sobresaen do templo) na cabeceira e
no cruceiro, tres naves por brazo e unha fachada principal, a do Oeste, a que dá hoxe
á Praza do Obradoiro, franqueada por dúas torres. A cidade era moi pequena e foi
preciso derrubar muros e foxos defensivos para poder ir erguendo a catedral(non
sería rematada ata o ano 1211).

                               A CATEDRAL ROMÁNICA

       Iniciouse a súa construción no 1075 en tempos de Diego Peláez comezando
pola cabeceira, a parte máis vella da catedral actual. Construíron tres das cinco
capelas proxectadas; a do centro, de planta rectangular dedicada ao Salvador, e as
outras dúas de planta semicircular dedicadas a San Pedro (mantense sen
modificacións) e a de San Xoán, que sufriría algúns cambios. Nos espazos entre as
capelas abriuse cadansúa porta e sobre elas unha ventá e un óculo. Entre a capela
de S. Pedro e a do Salvador está a Porta Santa. Máis tarde construíronse as capelas
de Santa Fé (aínda se conserva intacta), que é a segunda á esquerda, segundo se
mira cara o Altar Maior; a da dereita, dedicada a San Andrés, desaparecería a finais
do século XVII para construír a capela do Pilar.




                                         3
4
O CRUCEIRO E OS PRIMEIROS TRAMOS DAS NAVES
                            MAIORES

       No ano 1101 o bispo Diego Xelmírez ordenou acelerar as obras da catedral e
mandou derrubar a igrexa de Afonso III. Construíronse os brazos do cruceiro e os
primeiros tramos das naves maiores, así como as dúas fachadas do cruceiro: A do
Paraíso (sería substituída no século XVIII pola fachada actual) e a das Praterías que
se conserva practicamente sen modificacións. As capelas absidais dos brazos do
cruceiro fixéronse de contado para poder instalar nelas as reliquias de diversos santos.

       Na intersección dos brazos da cruz érguese un alto ciborio de planta octogonal
con altas ventás que iluminaban a catedral, que sufriría modificacións no século XIV e
na época barroca.

                             AS PORTAS DO CRUCEIRO

        As dúas fachadas estaban decoradas con esculturas que narraban pasaxes
bíblicas exemplarizantes; os peregrinos debían quedar ben informados visualmente
da doutrina católica. Na porta das Praterías Xelmírez celebraba xuízos todos os
venres, tanto civís como eclesiásticos. A inscrición “Anfus Rex”, que leva unha das
figuras da fachada, refírese a Afonso VII, rei de Galicia e coroado por Xelmírez na
catedral. Durante o reinado de Afonso VII Portugal obtivo a independencia de
Galicia.

                                           5
Na porta norte, a do Paraíso, que era por onde entraban os peregrinos,
narrábase a historia do xénero humano, a caída no pecado e a Redención(
figuras que representaban a creación de Adán e Eva, a súa expulsión do Paraíso…).
       Estas figuras están hoxe na porta da Pratería. Tamén, nesta porta norte,
estaba representada unha lenda celta non relixiosa, a de Tristán e Isolda.

       Na porta sur, a das Praterías, continuaba a narración co tema da Redención
(tentacións de Xesús ou a súa Paixón). Tamén hai unha estatuíña dunha muller
que colle no seu colo unha caveira e que foi identificada como unha muller adúltera
condenada a bicar dúas veces ao día o cranio do seu amante, degolado polo seu
home. Este programa continuou despois na porta oeste, cando foi rematada co tema
do Xuízo final e a Gloria. O peregrino que chegara a percorrer ben atento as tres
portas quedaba informado adecuadamente da doutrina.

          A IMPORTANCIA DO MESTRE MATEO.O PÓRTICO DA
                         GLORIA

      No 1168 e, grazas ao orzamento real, o mestre Mateo puido continuar as obras.

       Para poder prolongar os dous tramos finais do brazo maior (cara ao oeste)
había que salvar un desnivel no terreo de varios metros. Para resolvelo construíu na
parte baixa do terreo unha cripta ou capela con piares e bóvedas suficientemente
robustos como para soportaren os dous tramos das naves maiores e a fachada oeste
da catedral. Esta cripta foi dedicada a Santiago Alfeo, o apóstolo máis novo.

        Na fachada do oeste, a do actual Obradoiro, erguéronse tamén dúas robustas
torres de planta cadrada que podían ser usadas como defensa en caso de guerra. Na


                                         6
actualidade estas torres forman a base dos campanarios barrocos. Entre as torres
construíuse unha fachada cun enorme rosetón que iluminaba as naves.




                              O PÓRTICO DA GLORIA

       A expresividade e o movemento das figuras do Pórtico, que semellan falar
entre elas, fan que sexa a obra acabada da arte románica. Estas figuras dan inicio a
arte gótica.

      A portada do Pórtico da Gloria componse de tres arcadas, a central con
tímpano e as laterais sen el. O conxunto representa o “final dos tempos”. Hai máis de
duascentas figuras dispostas ao longo dos tres arcos e nos seus apoios.

        A arcada central está dividida por un parteluz, que un piar situado no medio
das portas de grandes dimensións para axudar a soportar o tímpano. No parteluz
aparecen, de abaixo arriba, unha figura dun home loitando con dous leóns ( esa
figura pode representar a Hércules ou Adán), a árbore de Xesé, símbolo da vida de
Cristo, a Trinidade, Santiago nunha serenísima actitude e as Tentacións de Cristo.

       Na arquivolta están os vintecatro anciáns do Apocalipse que afinan os seus
instrumentos musicais.

       No tímpano aparece Cristo resucitado no centro amosando as chagas das
mans e rodeado polos catro evanxeistas cos seus símbolos: Xoán coa aguia, Mateo co
anxo, Lucas co touro e Marcos co león. Aos lados están os anxos cos atributos da
Paixón: a columna, a cruz, a coroa con espiños, a lanza e os escravos, o xerro e a
sentencia, o flaxelo, a cana coa esponxa e a cartela con INRI. Para os piares da
dereita e esquerda fixádevos no debuxo. Só unha aclaración: na columna , debaixo

                                         7
de San Paulo, represéntase a Resurrección dos mortos, e debaixo de Isaías
represéntase o sacrificio de Isaac.




                                    8
9
A arcada da esquerda representa o pobo xudeu agardando pola chegada de
Cristo no Limbo dos Xustos. Na arquivolta exterior aparecen reis e patriarcas do
Antigo Testamento. Na arquivolta interior está Xesús no Limbo dos Xustos, entre
Adán e Eva e outras figuras do pobo hebreo. Nas columnas hai catro profetas. Esta
parte do Pórtico comunícase coa central por medio duns anxos que conducen aos
xustos á Gloria, representada no tímpano da arcada central.

        Na arcada da dereita represéntase o Xuízo Final ao que serán sometidos
todos, segundo a Biblia. No centro do arco están os rostros de Cristo e do arcanxo San
Miguel, á dereita os condenados e á esquerda os xustos cos anxos. Os xustos están
representados por nenos.

                        O INTERIOR DA CATEDRAL

       O interior da catedral compostelá é románico. A planta é de cruz latina con
tres naves en cada brazo. Na cabeceira hai un amplo deambulatorio para facilitar o
acceso dos peregrinos ás reliquias do Apóstolo. A este deambulatorio dan as cinco
capelas radiais, a central dedicada ao Salvador. As naves centrais están cubertas por
bóvedas de canón sobre arcos peraltados.

       A bóveda do deambulatorio é de aresta cruzada e as das naves laterais de
aresta simple. A iluminación do cruceiro débese á luz do ciborio.

       As grandes presións do edificio son contrarrestadas no alto por unha tribuna
que percorre o templo, mesmo ao redor do deambulatorio. Polo exterior os muros
descargan nos contrafortes unidos que enmarcan as xanelas.

       A de Santiago pertence ao grupo das chamadas igrexas de peregrinación,
como as de San Martiño de Tours, San Marcial de Limoges, Santa Fé de Conques e
San Senin de Toulouse. Todas pertencen a unha mesma época e a un mesmo ideal
construtivo.
                                         10
O arcebispado Pedro Muñiz consagrou a catedral no 1211. No altar maior
situouse a imaxe de Santiago, labrada no primeiro cuarto do século XIII, hoxe cuberta
cunha esclavina de prata.



                                      MÁIS COUSAS

O Panteón Real

       Estaba situado no cruceiro norte, na que hoxe é capela de Santa Catarina.
Anos máis tarde o Panteón dos reis galegos sería trasladado á actual capelas das
Reliquias. As estatuas funerarias son de Reimundo de Borgoña( o que casou con Dona
Urruca e foi pai de Afonso VII), a raíña dona Berenguela, muller de Afonso VII, os reis
Fernando II e Afonso IX. A de Xoana de Castro é do S. XIV.

O Claustro gótico

       En 1240-50 construíuse o claustro da catedral, máis pequeno que o actual
(construído no Renacemento). Para a súa realización o arcebispo Xelmírez deixara
no seu testamento un rabaño de vacas leiteiras.

       A principios do século XIV o arcebispo Berenguel fortifica a catedral e manda
levantar unha torre defensiva que hoxe é a base á torre do Reloxo ( estilo barroco)

Claustro renacentista

       A mediados do século XVI, o bispo Alonso III de Fonseca mandou construír o
claustro actual no lugar do vello (realizado no século XIII é de estilo gótico), pero de
maiores proporcións e con aspecto de palacio. Para construílo houbo que derrubar as
casas de madeira e as tendas que se agrupaban arredor do claustro vello.

       O claustro renacentista ten tres fachadas, a das Praterías construída en 1540;
a da actual rúa de Fonseca, que é como un muro de contención de gran altura,
construído en 1566; e a da actual praza do Obradoiro, cunha galería de columnas
na parte superior acabada en 1614

       A fachada das Praterías é a dun palacio. Os muros están decorados con
escudos e medallóns de reis, arcebispos e persoeiros varios. No segundo andar hai dos
escudos, o imperial de España e o do Cabildo. No terceiro hai varios medallóns con
pasaxes da vida de Cristo e un coa imaxe da Virxe co Neno. No baixo están as tendas
dos prateiros.

       Na esquina entre a praza das Praterías e a fachada que dá a actual Fonseca
érguese a exótica torre do Tesouro.




                                          11
O Botafumeiro

      Este incensario xa funcionaba na Idade Media e penduraba naquela época
dunhas trabes de madeira cruzadas no ciborio que estorbaban o paso da luz.

       O novo mecanismo foi deseñado polo mestre Celma nunhas ferrerías biscaíñas.
En cambio, o botafumeiro mudou a súa forma ao longo dos séculos.Os primeiros nos
estaban cubertos e desprendían perigosamente as brasas sobre as cabezas dos
peregrinos.


                                       12
O OBRADOIRO

             A fachada do Obradoiro é a culminación da arte barroca galega ( á
que corresponde o actual ciborio)I. As obras iniciáronse en 1738 e rematáronse en 1750,
morto xa Fernando de Casas, o arquitecto que dirixiu esas reformas barrocas. A
fachada é unha combinación de pedra e vidro. Remata todo o conxunto coa imaxe
de Santiago Peregrino, custodiado polos seus discípulos. As torres que flanquean a
fachada foron engrandecidas sobre as antigas torres medievais. A torre das
Campás, a dereita, segundo se mira desde o Obradoiro, foi elevada por Peña de
Toro antes de construírse a fachada barroca. A torre da Carraca, á da esquerda,
fíxoa Fernando de Casa igual á das Campás para manter a simetría.




       A torre do Reloxio

              Situada entre a praza da Quintana e a Porta das Praterías. A
metade inferior é medieval. A metade superior, barroca, construída por Domingo de
Andrade en 1676 está constituída por varios corpos decrecentes decorados con formas
vexetais e motivos xacobeos, As esquinas que rodean os reloxos están custodiados por
catro torretas con cúpulas. Na torre do Reloxo está a campá coñecida como
Berenguela, famosa polo seu son grave e estrondoso.




                                          13
A Porta Santa

      Por detrás da catedral constrúese un muro que cobre toda a cabeceira. Para
acceder á vella Porta Santa ábrese unha entrada no muro deseñada polo mesmo
que proxecta a Torre do Reloxo. Adórnase aproveitando 24 estatuíñas feitas no taller
do mestre Mateo para o coro pétreo do interior da catedral.

       Como remate desta porta colócanse tres esculturas de Pedro del Campo; a
maior, de Santiago, no centro, e as dos lados son dos discípulos Teodoro e Atanasio.
Esta porta só se abre os ANOS SANTOS.




      As ilustracións están extraídas dun monográfico publicado pola FUNDACIÓN
CAIXA GALICIA no ano 2000 e editado pola NOSA TERRA. ISBN 84-89231-65-6




                                        14

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

O mosteiro de Oseira
O mosteiro de OseiraO mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira
mercedesdans
 
Santa maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraSanta maría a real de oseira
Santa maría a real de oseira
Yolandaseara
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanova
Yolandaseara
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
camposseijo
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
papoularosa
 
U N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E Bizantina
U N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E BizantinaU N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E Bizantina
U N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E Bizantina
camposseijo
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourense
Yolandaseara
 

La actualidad más candente (20)

Arte medieval o románico
Arte medieval o románicoArte medieval o románico
Arte medieval o románico
 
DO COLISEO A SAN CLEMENTE
DO COLISEO A SAN CLEMENTEDO COLISEO A SAN CLEMENTE
DO COLISEO A SAN CLEMENTE
 
A arquitectura romana
A arquitectura romanaA arquitectura romana
A arquitectura romana
 
O mosteiro de Oseira
O mosteiro de OseiraO mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira
 
Santa maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraSanta maría a real de oseira
Santa maría a real de oseira
 
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de CompostelaCatedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela
 
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o CinquecentoA arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
 
A arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en EuropaA arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en Europa
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanova
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
Baixa idade media en europa
Baixa idade media en europaBaixa idade media en europa
Baixa idade media en europa
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
 
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANODO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
 
A arquitectura islámica. Al-Ándalus
A arquitectura islámica. Al-ÁndalusA arquitectura islámica. Al-Ándalus
A arquitectura islámica. Al-Ándalus
 
U N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E Bizantina
U N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E BizantinaU N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E Bizantina
U N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E Bizantina
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourense
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
Arquitectura no neoclasicismo
Arquitectura no neoclasicismoArquitectura no neoclasicismo
Arquitectura no neoclasicismo
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 

Similar a A catedral de santiago

Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
Talogo
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
agreloroberto
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
camposseijo
 
Catedral de santiago de compostela_touro
Catedral de santiago de compostela_touroCatedral de santiago de compostela_touro
Catedral de santiago de compostela_touro
Cilanda15
 
Exemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosExemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilos
victorefisica1
 

Similar a A catedral de santiago (20)

Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románico
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Arte Románico
Arte RománicoArte Románico
Arte Románico
 
ARTE ROMÁNICA
ARTE ROMÁNICA ARTE ROMÁNICA
ARTE ROMÁNICA
 
Arte románica
Arte románicaArte románica
Arte románica
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
Cruceiros
CruceirosCruceiros
Cruceiros
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
Catedral de santiago
Catedral de santiagoCatedral de santiago
Catedral de santiago
 
O camiño de santiago
O camiño de santiagoO camiño de santiago
O camiño de santiago
 
Catedral de santiago_Touro2015
Catedral de santiago_Touro2015Catedral de santiago_Touro2015
Catedral de santiago_Touro2015
 
Románico
RománicoRománico
Románico
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
Románico
RománicoRománico
Románico
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
 
Catedral de santiago de compostela_touro
Catedral de santiago de compostela_touroCatedral de santiago de compostela_touro
Catedral de santiago de compostela_touro
 
Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013
 
Exemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosExemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilos
 

Más de papoularosa (20)

PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
 
O traballo dun ferreiro
O traballo dun ferreiroO traballo dun ferreiro
O traballo dun ferreiro
 
Cuestionario
CuestionarioCuestionario
Cuestionario
 
Cuestionario
CuestionarioCuestionario
Cuestionario
 
Tema 2 o relevo terrestre
Tema 2 o relevo terrestreTema 2 o relevo terrestre
Tema 2 o relevo terrestre
 
Achegamento ao tema
Achegamento ao temaAchegamento ao tema
Achegamento ao tema
 
Un paseo pola vía ii
Un paseo pola vía iiUn paseo pola vía ii
Un paseo pola vía ii
 
Arpa de boca
Arpa de bocaArpa de boca
Arpa de boca
 
O renacemento espanol
O renacemento espanolO renacemento espanol
O renacemento espanol
 
Renacemento
RenacementoRenacemento
Renacemento
 
A galicia medieval
A galicia medievalA galicia medieval
A galicia medieval
 
EXERCICIOS REINOS CRISTIANOS
EXERCICIOS REINOS CRISTIANOSEXERCICIOS REINOS CRISTIANOS
EXERCICIOS REINOS CRISTIANOS
 
Londres
LondresLondres
Londres
 
Práctica impress
Práctica impress Práctica impress
Práctica impress
 
O feudalismo
O feudalismoO feudalismo
O feudalismo
 
Letrasgalegas2012
Letrasgalegas2012Letrasgalegas2012
Letrasgalegas2012
 
London 2012
London 2012London 2012
London 2012
 
Londres 2012
Londres 2012Londres 2012
Londres 2012
 
Costa amalfitana presentación
Costa amalfitana presentaciónCosta amalfitana presentación
Costa amalfitana presentación
 
O islam
O islamO islam
O islam
 

A catedral de santiago

  • 2. O DESCUBRIMENTO DO SEPULCRO A tradición conta que Santiago o Maior viaxou a Hispania entre os anos 33 e 44 d.C. Regresou a Palestina onde morreu degolado. Posteriormente os discípulos de Santiago meteron a cabeza e o corpo do apóstolo nun saco perfumado e trouxérono a Galicia. Todo isto non está acreditado historicamente. Polo 813, en plena Reconquista (baixo o goberno de Afonso II, o Casto, no reino Ástur e baixo o de Carlomagno no Imperio Carolinxio), un ermitán, Paio, viu durante varias noites unhas luces estrañas sobrevoando unha fraga. Foi avisado o bispo de Iria Flavia, Teodomiro. Este descubriu un vello templo de pedra no medio dun arruinado cemiterio. O templo parecía da época romana, con dúas plantas. Segundo Teodomiro na parte inferior había tres sartegos cos corpos do apóstolo Santiago “o Maior” e os seus discípulos, Teodoro e Atanasio.. Afonso II dá conta do feito a Carlomagno e a nova propágase por toda Europa. Desta maneira a paraxe que ocupara un cemiterio da época romana pasa a ser coñecido como “Campo Stellae”, é dicir, “Campo da Estrela” (significado de Compostela). O rei ástur mandou erguer alí mesmo, ao carón do templo romano, unha pequena igrexa feita con materiais pobres. Alí ían chegar os primeiros peregrinos francos, normandos, bretóns, etc. Con Afonso III ergueuse unha segunda igrexa de maiores proporcións. Consagrada no 899, empregáronse ricos materiais procedentes dos espolios feitos por Afonso III no Al-Ándalus. O templo romano mantíñase en pé. Compostela seguía medrando debido, sobre todo o asentamento de estranxeiros e o desenvolvemento do comercio. Nesta época tamén tivo lugar a chegada de Almanzor ( Al-Mansur), coñecido polos cristiáns como “o azote de Deus”, que cun poderoso exército arrasou a igrexa de 2
  • 3. Santiago. Aínda que levou para Córdoba (capital de Al-Ándalus) as campás, respectou a tomba do Apóstolo. A igrexa foi rapidamente reconstruída polo bispo Pedro de Mezonzo. Ao redor do ano 1070 fixéronse os planos da catedral románica, xa que a igrexa anterior quedárase pequena. Debuxaron unha planta de grandes dimensións para acoller e impresionar aos peregrinos. Déronlle forma de cruz latina (símbolo de Xesucristo) e puxéronlle capelas absidais (as que sobresaen do templo) na cabeceira e no cruceiro, tres naves por brazo e unha fachada principal, a do Oeste, a que dá hoxe á Praza do Obradoiro, franqueada por dúas torres. A cidade era moi pequena e foi preciso derrubar muros e foxos defensivos para poder ir erguendo a catedral(non sería rematada ata o ano 1211). A CATEDRAL ROMÁNICA Iniciouse a súa construción no 1075 en tempos de Diego Peláez comezando pola cabeceira, a parte máis vella da catedral actual. Construíron tres das cinco capelas proxectadas; a do centro, de planta rectangular dedicada ao Salvador, e as outras dúas de planta semicircular dedicadas a San Pedro (mantense sen modificacións) e a de San Xoán, que sufriría algúns cambios. Nos espazos entre as capelas abriuse cadansúa porta e sobre elas unha ventá e un óculo. Entre a capela de S. Pedro e a do Salvador está a Porta Santa. Máis tarde construíronse as capelas de Santa Fé (aínda se conserva intacta), que é a segunda á esquerda, segundo se mira cara o Altar Maior; a da dereita, dedicada a San Andrés, desaparecería a finais do século XVII para construír a capela do Pilar. 3
  • 4. 4
  • 5. O CRUCEIRO E OS PRIMEIROS TRAMOS DAS NAVES MAIORES No ano 1101 o bispo Diego Xelmírez ordenou acelerar as obras da catedral e mandou derrubar a igrexa de Afonso III. Construíronse os brazos do cruceiro e os primeiros tramos das naves maiores, así como as dúas fachadas do cruceiro: A do Paraíso (sería substituída no século XVIII pola fachada actual) e a das Praterías que se conserva practicamente sen modificacións. As capelas absidais dos brazos do cruceiro fixéronse de contado para poder instalar nelas as reliquias de diversos santos. Na intersección dos brazos da cruz érguese un alto ciborio de planta octogonal con altas ventás que iluminaban a catedral, que sufriría modificacións no século XIV e na época barroca. AS PORTAS DO CRUCEIRO As dúas fachadas estaban decoradas con esculturas que narraban pasaxes bíblicas exemplarizantes; os peregrinos debían quedar ben informados visualmente da doutrina católica. Na porta das Praterías Xelmírez celebraba xuízos todos os venres, tanto civís como eclesiásticos. A inscrición “Anfus Rex”, que leva unha das figuras da fachada, refírese a Afonso VII, rei de Galicia e coroado por Xelmírez na catedral. Durante o reinado de Afonso VII Portugal obtivo a independencia de Galicia. 5
  • 6. Na porta norte, a do Paraíso, que era por onde entraban os peregrinos, narrábase a historia do xénero humano, a caída no pecado e a Redención( figuras que representaban a creación de Adán e Eva, a súa expulsión do Paraíso…). Estas figuras están hoxe na porta da Pratería. Tamén, nesta porta norte, estaba representada unha lenda celta non relixiosa, a de Tristán e Isolda. Na porta sur, a das Praterías, continuaba a narración co tema da Redención (tentacións de Xesús ou a súa Paixón). Tamén hai unha estatuíña dunha muller que colle no seu colo unha caveira e que foi identificada como unha muller adúltera condenada a bicar dúas veces ao día o cranio do seu amante, degolado polo seu home. Este programa continuou despois na porta oeste, cando foi rematada co tema do Xuízo final e a Gloria. O peregrino que chegara a percorrer ben atento as tres portas quedaba informado adecuadamente da doutrina. A IMPORTANCIA DO MESTRE MATEO.O PÓRTICO DA GLORIA No 1168 e, grazas ao orzamento real, o mestre Mateo puido continuar as obras. Para poder prolongar os dous tramos finais do brazo maior (cara ao oeste) había que salvar un desnivel no terreo de varios metros. Para resolvelo construíu na parte baixa do terreo unha cripta ou capela con piares e bóvedas suficientemente robustos como para soportaren os dous tramos das naves maiores e a fachada oeste da catedral. Esta cripta foi dedicada a Santiago Alfeo, o apóstolo máis novo. Na fachada do oeste, a do actual Obradoiro, erguéronse tamén dúas robustas torres de planta cadrada que podían ser usadas como defensa en caso de guerra. Na 6
  • 7. actualidade estas torres forman a base dos campanarios barrocos. Entre as torres construíuse unha fachada cun enorme rosetón que iluminaba as naves. O PÓRTICO DA GLORIA A expresividade e o movemento das figuras do Pórtico, que semellan falar entre elas, fan que sexa a obra acabada da arte románica. Estas figuras dan inicio a arte gótica. A portada do Pórtico da Gloria componse de tres arcadas, a central con tímpano e as laterais sen el. O conxunto representa o “final dos tempos”. Hai máis de duascentas figuras dispostas ao longo dos tres arcos e nos seus apoios. A arcada central está dividida por un parteluz, que un piar situado no medio das portas de grandes dimensións para axudar a soportar o tímpano. No parteluz aparecen, de abaixo arriba, unha figura dun home loitando con dous leóns ( esa figura pode representar a Hércules ou Adán), a árbore de Xesé, símbolo da vida de Cristo, a Trinidade, Santiago nunha serenísima actitude e as Tentacións de Cristo. Na arquivolta están os vintecatro anciáns do Apocalipse que afinan os seus instrumentos musicais. No tímpano aparece Cristo resucitado no centro amosando as chagas das mans e rodeado polos catro evanxeistas cos seus símbolos: Xoán coa aguia, Mateo co anxo, Lucas co touro e Marcos co león. Aos lados están os anxos cos atributos da Paixón: a columna, a cruz, a coroa con espiños, a lanza e os escravos, o xerro e a sentencia, o flaxelo, a cana coa esponxa e a cartela con INRI. Para os piares da dereita e esquerda fixádevos no debuxo. Só unha aclaración: na columna , debaixo 7
  • 8. de San Paulo, represéntase a Resurrección dos mortos, e debaixo de Isaías represéntase o sacrificio de Isaac. 8
  • 9. 9
  • 10. A arcada da esquerda representa o pobo xudeu agardando pola chegada de Cristo no Limbo dos Xustos. Na arquivolta exterior aparecen reis e patriarcas do Antigo Testamento. Na arquivolta interior está Xesús no Limbo dos Xustos, entre Adán e Eva e outras figuras do pobo hebreo. Nas columnas hai catro profetas. Esta parte do Pórtico comunícase coa central por medio duns anxos que conducen aos xustos á Gloria, representada no tímpano da arcada central. Na arcada da dereita represéntase o Xuízo Final ao que serán sometidos todos, segundo a Biblia. No centro do arco están os rostros de Cristo e do arcanxo San Miguel, á dereita os condenados e á esquerda os xustos cos anxos. Os xustos están representados por nenos. O INTERIOR DA CATEDRAL O interior da catedral compostelá é románico. A planta é de cruz latina con tres naves en cada brazo. Na cabeceira hai un amplo deambulatorio para facilitar o acceso dos peregrinos ás reliquias do Apóstolo. A este deambulatorio dan as cinco capelas radiais, a central dedicada ao Salvador. As naves centrais están cubertas por bóvedas de canón sobre arcos peraltados. A bóveda do deambulatorio é de aresta cruzada e as das naves laterais de aresta simple. A iluminación do cruceiro débese á luz do ciborio. As grandes presións do edificio son contrarrestadas no alto por unha tribuna que percorre o templo, mesmo ao redor do deambulatorio. Polo exterior os muros descargan nos contrafortes unidos que enmarcan as xanelas. A de Santiago pertence ao grupo das chamadas igrexas de peregrinación, como as de San Martiño de Tours, San Marcial de Limoges, Santa Fé de Conques e San Senin de Toulouse. Todas pertencen a unha mesma época e a un mesmo ideal construtivo. 10
  • 11. O arcebispado Pedro Muñiz consagrou a catedral no 1211. No altar maior situouse a imaxe de Santiago, labrada no primeiro cuarto do século XIII, hoxe cuberta cunha esclavina de prata. MÁIS COUSAS O Panteón Real Estaba situado no cruceiro norte, na que hoxe é capela de Santa Catarina. Anos máis tarde o Panteón dos reis galegos sería trasladado á actual capelas das Reliquias. As estatuas funerarias son de Reimundo de Borgoña( o que casou con Dona Urruca e foi pai de Afonso VII), a raíña dona Berenguela, muller de Afonso VII, os reis Fernando II e Afonso IX. A de Xoana de Castro é do S. XIV. O Claustro gótico En 1240-50 construíuse o claustro da catedral, máis pequeno que o actual (construído no Renacemento). Para a súa realización o arcebispo Xelmírez deixara no seu testamento un rabaño de vacas leiteiras. A principios do século XIV o arcebispo Berenguel fortifica a catedral e manda levantar unha torre defensiva que hoxe é a base á torre do Reloxo ( estilo barroco) Claustro renacentista A mediados do século XVI, o bispo Alonso III de Fonseca mandou construír o claustro actual no lugar do vello (realizado no século XIII é de estilo gótico), pero de maiores proporcións e con aspecto de palacio. Para construílo houbo que derrubar as casas de madeira e as tendas que se agrupaban arredor do claustro vello. O claustro renacentista ten tres fachadas, a das Praterías construída en 1540; a da actual rúa de Fonseca, que é como un muro de contención de gran altura, construído en 1566; e a da actual praza do Obradoiro, cunha galería de columnas na parte superior acabada en 1614 A fachada das Praterías é a dun palacio. Os muros están decorados con escudos e medallóns de reis, arcebispos e persoeiros varios. No segundo andar hai dos escudos, o imperial de España e o do Cabildo. No terceiro hai varios medallóns con pasaxes da vida de Cristo e un coa imaxe da Virxe co Neno. No baixo están as tendas dos prateiros. Na esquina entre a praza das Praterías e a fachada que dá a actual Fonseca érguese a exótica torre do Tesouro. 11
  • 12. O Botafumeiro Este incensario xa funcionaba na Idade Media e penduraba naquela época dunhas trabes de madeira cruzadas no ciborio que estorbaban o paso da luz. O novo mecanismo foi deseñado polo mestre Celma nunhas ferrerías biscaíñas. En cambio, o botafumeiro mudou a súa forma ao longo dos séculos.Os primeiros nos estaban cubertos e desprendían perigosamente as brasas sobre as cabezas dos peregrinos. 12
  • 13. O OBRADOIRO A fachada do Obradoiro é a culminación da arte barroca galega ( á que corresponde o actual ciborio)I. As obras iniciáronse en 1738 e rematáronse en 1750, morto xa Fernando de Casas, o arquitecto que dirixiu esas reformas barrocas. A fachada é unha combinación de pedra e vidro. Remata todo o conxunto coa imaxe de Santiago Peregrino, custodiado polos seus discípulos. As torres que flanquean a fachada foron engrandecidas sobre as antigas torres medievais. A torre das Campás, a dereita, segundo se mira desde o Obradoiro, foi elevada por Peña de Toro antes de construírse a fachada barroca. A torre da Carraca, á da esquerda, fíxoa Fernando de Casa igual á das Campás para manter a simetría. A torre do Reloxio Situada entre a praza da Quintana e a Porta das Praterías. A metade inferior é medieval. A metade superior, barroca, construída por Domingo de Andrade en 1676 está constituída por varios corpos decrecentes decorados con formas vexetais e motivos xacobeos, As esquinas que rodean os reloxos están custodiados por catro torretas con cúpulas. Na torre do Reloxo está a campá coñecida como Berenguela, famosa polo seu son grave e estrondoso. 13
  • 14. A Porta Santa Por detrás da catedral constrúese un muro que cobre toda a cabeceira. Para acceder á vella Porta Santa ábrese unha entrada no muro deseñada polo mesmo que proxecta a Torre do Reloxo. Adórnase aproveitando 24 estatuíñas feitas no taller do mestre Mateo para o coro pétreo do interior da catedral. Como remate desta porta colócanse tres esculturas de Pedro del Campo; a maior, de Santiago, no centro, e as dos lados son dos discípulos Teodoro e Atanasio. Esta porta só se abre os ANOS SANTOS. As ilustracións están extraídas dun monográfico publicado pola FUNDACIÓN CAIXA GALICIA no ano 2000 e editado pola NOSA TERRA. ISBN 84-89231-65-6 14