SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 2
Descargar para leer sin conexión
BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 185 - Decembro 2015
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
ADVENTO, CAMIÑO DE MISERICORDIA
Todos sabemos que o Advento é un tempo litúrxico do ano cristián que se
desenvolve ao longo de catro semanas. Coma un camiño que, día a día, nos
vai acercando á meta, o Nadal de Xesús.
Este camiño sinalado pola misericordia de Deus que, con amor de Pai, nos
envía o seu Fillo para que camiñemos con El e El ao noso carón ata chegar
á meta do seu Reino en plenitude; é camiño de misericordia porque a tenru-
ra de Deus se converte en amor de Pais cos fillos. Este camiño é tamén invi-
tación permanente de Xesús que nos acompaña a sermos misericordiosos
cos irmáns e irmás en tantas e tantas opor-
tunidades que se nos presentan ao longo dos
días, concretamente no Advento.
Cando o día 8 de decembro se inaugure en
Roma o Ano Santo da Misericordia e, aquí
en Santiago, o fagamos o día 13, ás 5 da
tarde, ábrese, unha vez máis, para nós, a
dobre porta da misericordia: por unha
banda, Deus Pai misericordioso acóllenos
co seu perdón e, por outra, ábrese a oportu-
nidade, sempre presente, de facer isto
mesmo, como fillos do Pai Deus, exercendo
a misericordia con e para con todos os
irmáns e irmás.
“Aproveitemos este Ano Santo para
abundar en Misericordia”.
O NOSO NADAL
Ademais de percorrer, durante o Advento, o camiño da misericordia, o
Advento é unha oportunidade única para preparar o Nacemento de Xesús.
Nestes momentos hai moitas propostas perigosas para converter o Nadal
nun tempo de descanso, de vacacións ou de ocio, ausente dunha mínima
presenza do verdadeiro senso navideño.
Somos un pouquiño máis xenerosos cos desfavorecidos, quizais para tran-
quilizarnos e, logo, despreocuparnos durante todo o ano no que segue
habendo necesitados moi próximos a nós.
No libriño do Evanxeo 2016 que se vos dá na parroquia aparecen as obras
de misericordia, cheas sempre de actualidade, pero especialmente no Nadal.
En cada acto de amor, de misericordia, de preocupación polos demais, o
noso corazón de carne faise un pouco máis belén no que acollemos a Xesús.
Calquera expresión (portal, belén, árbore...) debe manifestar a acollida que
lle damos a un neno (inmigrante, refuxiado...), a un mozo (que fuxe de tan-
tas escravitudes e pobrezas), a tantas e tantas familias (que non son acolli-
das nin nos portais dos nosos beléns).
¿Que novidade lle vou engadir neste Nadal, ao noso Nadal?
¡FELIZ NADAL PARA TI E OS TEUS, E FAGÁMOSLLES UN NADAL
FELIZ AOS DEMAIS!
ADVENTO, TEMPO DE ESPERANZA
Nun mundo tan convulso; nun mundo cheo de problemas e de medos; nunha
humanidade onde os corazóns xa non son de carne senón de cemento e
ferro; nun mundo no que todo nos parece normal; nun mundo e nunha
humanidade na que parece que non hai horizontes claros, necesitamos unha
grande esperanza. Unha persoa sen esperanza é como un peregrino que
camiña sen rumbo, cara a ningures.
Repetindo co Papa Francisco: “O tempo de Advento devólvenos o horizon-
te da esperanza, unha esperanza que non decepciona porque está fundada na
Palabra de Deus. Unha esperanza que non decepciona, sinxelamente porque
o Señor non decepciona endexamais. ¡El é fiel! ¡El non decepciona!
¡Pensemos e sintamos esta beleza!”.
O Advento deixa de ser esperanza en Nadal, pois xa se fai vida e realidade.
O Papa Francisco na Bula Miseri-
cordiae Vultus con motivo da pro-
clamación do Ano da Misericordia
dinos:
“Sempre temos necesidade de con-
templar o misterio da misericordia. É
fonte de alegría, de serenidade e de
paz. É condición para a nosa salva-
ción.
Misericordia: é a palabra que revela
o misterio da Santísima Trindade.
Misericordia: é o acto último e
supremo co cal Deus vén ao noso
encontro.
Misericordia: é a lei fundamental que
habita no corazón de cada persoa
cando mira con ollos sinceros o
irmán que atopa no camiño da vida.
Misericordia: é a vía que une a Deus
co home, porque abre o corazón á
esperanza de ser amados para sempre
con todo o límite do noso pecado."
Que coincida esta etapa no inicio do
Advento convértese nunha incompa-
rable oportunidade para que este pró-
ximo Nadal sexa diferente para expe-
rimentar a profundidade da nosa fe
desde o misterio de Belén.
PARROQUIA VIVA
8.- Festa da Inmaculada Concep-
ción. Inaugúrase, en Roma, o Ano
Santo da Misericordia.
9.- Grupo de Cáritas, ás 20 h.
10.- Grupo sinodal, ás 20:15 h.
13.- Apertura da Porta Santa, ás 5 da
tarde. Comezo do Ano Santo da
Misericordia.
17.- Reunión dos pais e nais dos
nenos e nenas de 2º de Primeira
Comuñón, nun salón da Asociación
Recreativa, ás 20 h.
20.- Celebración comunitaria da
misericordia, ás 11 da mañá.
Concerto de Nadal, ás 12:30, do
Grupo Coral Aleceia, no templo
parroquial dos Tilos.
25.- Nadal. Só haberá misa ás 12.
27.- Festa da Sagrada Familia.
As “obras de misericordia” non son
algo para memorizar de corrido
desde o catecismo, senón máis ben
experiencias vitais, verdadeiro cerne
da espiritualidade cristiá.
Agora ben, é o propio Catecismo da
Igrexa Católica o que orienta a súa
práctica cando na segunda sección
dedicada aos Dez Mandamentos,
capítulo primeiro, artigo 6º, “O amor
aos pobres” (n. 2447), di expresa-
mente:
“As obras de misericordia son
accións caritativas mediante as cales
axudamos o noso próximo nas súas
necesidades corporais e espirituais.
Instruír, aconsellar, consolar, confor-
tar, son obras espirituais de miseri-
cordia, como tamén o son perdoar e
sufrir con paciencia. As obras de
misericordia corporais consisten
especialmente en darlle de comer ao
famento, darlle teito a quen non o
ten, vestir o espido, visitar os enfer-
mos e os presos, enterrar os mortos.
Entre estas obras, a esmola feita aos
pobres é un dos principais testemu-
ños da caridade fraterna; é tamén
unha práctica de xustiza que agrada a
Deus”.
Preséntanos tres citas bíblicas para a
nosa consideración: Lc 3,11; Lc
11,41; e St 2,15-16.
Os adornos de Nadal es ti, cando as
túas virtudes son cores que adornan a
túa vida.
A campá de Nadal es ti, cando cha-
mas, congregas e buscas unir.
Es tamén luz de Nadal, cando ilumi-
nas coa túa vida o camiño dos demais
coa bondade, a paciencia, a alegría e
a xenerosidade.
Os anxos de Nadal es ti, cando cantas
ao mundo unha mensaxe de paz, de
xustiza e de amor.
A estrela de Nadal es ti, cando condu-
ces a alguén ao encontro co Señor.
Es tamén os Reis Meigos, cando dás
o mellor que tes sen importar a quen.
A música de Nadal es ti, cando con-
quistas a harmonía dentro de ti.
O agasallo de Nadal es ti, cando es de
verdade amigo e irmán de todo ser
humano.
A tarxeta de Nadal es ti, cando a bon-
dade está escrita nas túas mans.
A felicitación de Nadal es ti, cando
perdoas e reestableces a paz, aínda
cando sufras.
A cea de Nadal es ti, cando sacias de
pan e de esperanza o pobre que está
ao teu lado.
Ti es, si, a noite de Nadal, cando
humilde e consciente, recibes no
silencio da noite o Salvador do
mundo sen ruídos nin grandes cele-
bracións.
Ti es sorriso de confianza e de tenru-
ra, na paz interior dun Nadal perenne
que establece o Reino dentro de ti.
¡Unha moi Boa Noite de Nadal para
todos os que se parecen ao Nadal!
ANO DA MISERICORDIA
¡FELIZ NADAL
E VENTUROSO ANO DA MISERICORDIA!
MENSAXE DO PAPA
FRANCISCO ANTE O
NADAL
"O Nadal adoita ser unha festa ruidosa:
viríanos ben un pouco de silencio, para
escoitar a voz do Amor."
Nadal es ti, cando decides nacer de
novo cada día e deixar entrar a Deus na
túa alma.
O piñeiro de Nadal es ti, cando resistes
vigoroso aos ventos e dificultades da
vida.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (20)

Boletin junio 2016
Boletin junio 2016Boletin junio 2016
Boletin junio 2016
 
Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013
 
Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014
 
Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014
 
Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 
4º advento b 2014 bene pagola
4º advento b  2014  bene pagola4º advento b  2014  bene pagola
4º advento b 2014 bene pagola
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
Boletin tilos 167
Boletin tilos 167Boletin tilos 167
Boletin tilos 167
 
19º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 201319º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 2013
 
28º domingo toa 2014 bene pagola
28º domingo toa  2014  bene pagola28º domingo toa  2014  bene pagola
28º domingo toa 2014 bene pagola
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 
2º domingo toc 2013
2º domingo toc  20132º domingo toc  2013
2º domingo toc 2013
 

Similar a Boletin decembro 2015

Nº 57 decembro 2015 en galego,.
Nº 57 decembro 2015  en galego,.Nº 57 decembro 2015  en galego,.
Nº 57 decembro 2015 en galego,.ceiprandufe
 
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilosRamos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilosparroquiadostilos dos
 

Similar a Boletin decembro 2015 (20)

Evanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal aEvanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal a
 
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
 
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Misericordiosos como o pai
Misericordiosos como o paiMisericordiosos como o pai
Misericordiosos como o pai
 
2 nadal sda. familia c 2015 bene pagola
2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola
2 nadal sda. familia c 2015 bene pagola
 
Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
 
9 trindade 2015 b bene pagola
9 trindade 2015 b   bene pagola9 trindade 2015 b   bene pagola
9 trindade 2015 b bene pagola
 
Nº 57 decembro 2015 en galego,.
Nº 57 decembro 2015  en galego,.Nº 57 decembro 2015  en galego,.
Nº 57 decembro 2015 en galego,.
 
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilosRamos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
 
Credo, o esencial do
Credo, o esencial doCredo, o esencial do
Credo, o esencial do
 
Deus ámate xoán paulo ii
Deus ámate   xoán paulo iiDeus ámate   xoán paulo ii
Deus ámate xoán paulo ii
 
1º nadal b 2011 natividade do señor
1º nadal  b 2011 natividade do señor1º nadal  b 2011 natividade do señor
1º nadal b 2011 natividade do señor
 
12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola
 
3º pascua bene pagola 2012
3º pascua bene  pagola 20123º pascua bene  pagola 2012
3º pascua bene pagola 2012
 
31º defuntos tob 2015 bene pagola
31º defuntos tob  2015 bene pagola31º defuntos tob  2015 bene pagola
31º defuntos tob 2015 bene pagola
 
Pv maio 2013
Pv  maio 2013Pv  maio 2013
Pv maio 2013
 
Hora santa xoves 2020
Hora santa xoves 2020Hora santa xoves 2020
Hora santa xoves 2020
 
Sta maría nai_de_deus_ppt
Sta maría nai_de_deus_pptSta maría nai_de_deus_ppt
Sta maría nai_de_deus_ppt
 
14º domingo toc 2016 bene pagola
14º domingo  toc 2016 bene pagola14º domingo  toc 2016 bene pagola
14º domingo toc 2016 bene pagola
 

Más de parroquiadostilos

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adoradorparroquiadostilos
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNparroquiadostilos
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALparroquiadostilos
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfparroquiadostilos
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfparroquiadostilos
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoparroquiadostilos
 

Más de parroquiadostilos (12)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin
BoletinBoletin
Boletin
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletin decembro 2015

  • 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 185 - Decembro 2015 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS ADVENTO, CAMIÑO DE MISERICORDIA Todos sabemos que o Advento é un tempo litúrxico do ano cristián que se desenvolve ao longo de catro semanas. Coma un camiño que, día a día, nos vai acercando á meta, o Nadal de Xesús. Este camiño sinalado pola misericordia de Deus que, con amor de Pai, nos envía o seu Fillo para que camiñemos con El e El ao noso carón ata chegar á meta do seu Reino en plenitude; é camiño de misericordia porque a tenru- ra de Deus se converte en amor de Pais cos fillos. Este camiño é tamén invi- tación permanente de Xesús que nos acompaña a sermos misericordiosos cos irmáns e irmás en tantas e tantas opor- tunidades que se nos presentan ao longo dos días, concretamente no Advento. Cando o día 8 de decembro se inaugure en Roma o Ano Santo da Misericordia e, aquí en Santiago, o fagamos o día 13, ás 5 da tarde, ábrese, unha vez máis, para nós, a dobre porta da misericordia: por unha banda, Deus Pai misericordioso acóllenos co seu perdón e, por outra, ábrese a oportu- nidade, sempre presente, de facer isto mesmo, como fillos do Pai Deus, exercendo a misericordia con e para con todos os irmáns e irmás. “Aproveitemos este Ano Santo para abundar en Misericordia”. O NOSO NADAL Ademais de percorrer, durante o Advento, o camiño da misericordia, o Advento é unha oportunidade única para preparar o Nacemento de Xesús. Nestes momentos hai moitas propostas perigosas para converter o Nadal nun tempo de descanso, de vacacións ou de ocio, ausente dunha mínima presenza do verdadeiro senso navideño. Somos un pouquiño máis xenerosos cos desfavorecidos, quizais para tran- quilizarnos e, logo, despreocuparnos durante todo o ano no que segue habendo necesitados moi próximos a nós. No libriño do Evanxeo 2016 que se vos dá na parroquia aparecen as obras de misericordia, cheas sempre de actualidade, pero especialmente no Nadal. En cada acto de amor, de misericordia, de preocupación polos demais, o noso corazón de carne faise un pouco máis belén no que acollemos a Xesús. Calquera expresión (portal, belén, árbore...) debe manifestar a acollida que lle damos a un neno (inmigrante, refuxiado...), a un mozo (que fuxe de tan- tas escravitudes e pobrezas), a tantas e tantas familias (que non son acolli- das nin nos portais dos nosos beléns). ¿Que novidade lle vou engadir neste Nadal, ao noso Nadal? ¡FELIZ NADAL PARA TI E OS TEUS, E FAGÁMOSLLES UN NADAL FELIZ AOS DEMAIS! ADVENTO, TEMPO DE ESPERANZA Nun mundo tan convulso; nun mundo cheo de problemas e de medos; nunha humanidade onde os corazóns xa non son de carne senón de cemento e ferro; nun mundo no que todo nos parece normal; nun mundo e nunha humanidade na que parece que non hai horizontes claros, necesitamos unha grande esperanza. Unha persoa sen esperanza é como un peregrino que camiña sen rumbo, cara a ningures. Repetindo co Papa Francisco: “O tempo de Advento devólvenos o horizon- te da esperanza, unha esperanza que non decepciona porque está fundada na Palabra de Deus. Unha esperanza que non decepciona, sinxelamente porque o Señor non decepciona endexamais. ¡El é fiel! ¡El non decepciona! ¡Pensemos e sintamos esta beleza!”. O Advento deixa de ser esperanza en Nadal, pois xa se fai vida e realidade.
  • 2. O Papa Francisco na Bula Miseri- cordiae Vultus con motivo da pro- clamación do Ano da Misericordia dinos: “Sempre temos necesidade de con- templar o misterio da misericordia. É fonte de alegría, de serenidade e de paz. É condición para a nosa salva- ción. Misericordia: é a palabra que revela o misterio da Santísima Trindade. Misericordia: é o acto último e supremo co cal Deus vén ao noso encontro. Misericordia: é a lei fundamental que habita no corazón de cada persoa cando mira con ollos sinceros o irmán que atopa no camiño da vida. Misericordia: é a vía que une a Deus co home, porque abre o corazón á esperanza de ser amados para sempre con todo o límite do noso pecado." Que coincida esta etapa no inicio do Advento convértese nunha incompa- rable oportunidade para que este pró- ximo Nadal sexa diferente para expe- rimentar a profundidade da nosa fe desde o misterio de Belén. PARROQUIA VIVA 8.- Festa da Inmaculada Concep- ción. Inaugúrase, en Roma, o Ano Santo da Misericordia. 9.- Grupo de Cáritas, ás 20 h. 10.- Grupo sinodal, ás 20:15 h. 13.- Apertura da Porta Santa, ás 5 da tarde. Comezo do Ano Santo da Misericordia. 17.- Reunión dos pais e nais dos nenos e nenas de 2º de Primeira Comuñón, nun salón da Asociación Recreativa, ás 20 h. 20.- Celebración comunitaria da misericordia, ás 11 da mañá. Concerto de Nadal, ás 12:30, do Grupo Coral Aleceia, no templo parroquial dos Tilos. 25.- Nadal. Só haberá misa ás 12. 27.- Festa da Sagrada Familia. As “obras de misericordia” non son algo para memorizar de corrido desde o catecismo, senón máis ben experiencias vitais, verdadeiro cerne da espiritualidade cristiá. Agora ben, é o propio Catecismo da Igrexa Católica o que orienta a súa práctica cando na segunda sección dedicada aos Dez Mandamentos, capítulo primeiro, artigo 6º, “O amor aos pobres” (n. 2447), di expresa- mente: “As obras de misericordia son accións caritativas mediante as cales axudamos o noso próximo nas súas necesidades corporais e espirituais. Instruír, aconsellar, consolar, confor- tar, son obras espirituais de miseri- cordia, como tamén o son perdoar e sufrir con paciencia. As obras de misericordia corporais consisten especialmente en darlle de comer ao famento, darlle teito a quen non o ten, vestir o espido, visitar os enfer- mos e os presos, enterrar os mortos. Entre estas obras, a esmola feita aos pobres é un dos principais testemu- ños da caridade fraterna; é tamén unha práctica de xustiza que agrada a Deus”. Preséntanos tres citas bíblicas para a nosa consideración: Lc 3,11; Lc 11,41; e St 2,15-16. Os adornos de Nadal es ti, cando as túas virtudes son cores que adornan a túa vida. A campá de Nadal es ti, cando cha- mas, congregas e buscas unir. Es tamén luz de Nadal, cando ilumi- nas coa túa vida o camiño dos demais coa bondade, a paciencia, a alegría e a xenerosidade. Os anxos de Nadal es ti, cando cantas ao mundo unha mensaxe de paz, de xustiza e de amor. A estrela de Nadal es ti, cando condu- ces a alguén ao encontro co Señor. Es tamén os Reis Meigos, cando dás o mellor que tes sen importar a quen. A música de Nadal es ti, cando con- quistas a harmonía dentro de ti. O agasallo de Nadal es ti, cando es de verdade amigo e irmán de todo ser humano. A tarxeta de Nadal es ti, cando a bon- dade está escrita nas túas mans. A felicitación de Nadal es ti, cando perdoas e reestableces a paz, aínda cando sufras. A cea de Nadal es ti, cando sacias de pan e de esperanza o pobre que está ao teu lado. Ti es, si, a noite de Nadal, cando humilde e consciente, recibes no silencio da noite o Salvador do mundo sen ruídos nin grandes cele- bracións. Ti es sorriso de confianza e de tenru- ra, na paz interior dun Nadal perenne que establece o Reino dentro de ti. ¡Unha moi Boa Noite de Nadal para todos os que se parecen ao Nadal! ANO DA MISERICORDIA ¡FELIZ NADAL E VENTUROSO ANO DA MISERICORDIA! MENSAXE DO PAPA FRANCISCO ANTE O NADAL "O Nadal adoita ser unha festa ruidosa: viríanos ben un pouco de silencio, para escoitar a voz do Amor." Nadal es ti, cando decides nacer de novo cada día e deixar entrar a Deus na túa alma. O piñeiro de Nadal es ti, cando resistes vigoroso aos ventos e dificultades da vida.