SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 2
Descargar para leer sin conexión
PREPARANDO AS VODAS DE PRATA PARROQUIAIS
Visita a S. Francisco, en Santiago
O pasado, 15 de Febreiro, sábado, pola tarde, tal como estaba previsto, unhas
setenta persoas da parroquia fixemos unha visita ó convento de S. Francisco.
Recibiunos o padre Castro, gardíán do mosteiro. Dividímonos en dous grupos e estivemos vendo, durante hora e media, o museo de Terra Santa que
existe no convento franciscano. Ademais do interesante do percorrido por
Terra Santa, gardada polos pais franciscanos, houbo un acercamento á comunidade de S. Francisco, coa presenza do superior da Orde. Foi unha bonita e
fructífera visita.
Peregrinación a Asís
Como xa é sabido está prevista, para a semana do 23 ó 30 de Agosto, unha
peregrinación a Asís. Sairemos de Santiago, o día 23, en avión directo a
Roma. Estaremos dous días en Roma, e logo, en autobús marcharemos ó Val
de Rieti, terra franciscana; continuamos a Greccio e, pola tarde iremos camiño de Asís. Estaremos todo o mércores en Asís, e ó día seguinte (xoves) visitaremos Alverna. O venres iremos ó santuario de Rivotorto e a voltaremos
para xantar en Asís. O sábado, despois do almorzo, sairemos para o aeroporto de Roma, para emprender a volta a Santiago.
A preinscrición xa está en corenta prazas dun número total de 48. Logo abrirase unha lista de espera.
Cineforum sobre S. Francisco de Asís
O catedrático Dr. Luís Hueso, profesor de Historia do Cine na Universidade
de Santiago, está preparando un cineforum baseado na vida de S. Francisco
de Asís. Aínda que é unha actividade gratuíta, é necesario anotarse para logo
concretar días e horario de sesións. É unha actividade que non debemos perder tanto polo tema como pola grande valía e experiencia do profesor Hueso.

BOLETIN PARROQUIAL
Nº 172 - Marzo 2014
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

PROPOSTA CORESMAL
O Papa Francisco, con motivo da Coresma, fainos unhas propostas que debemos ter en
conta cada un dos cristiáns.
Comeza recordando as palabras de S. Paulo: “Pois coñecedes a graza do noso Señor
Xesucristo, o cal, sendo rico, fíxose pobre para vos enriquecer coa súa pobreza” (2Cor
8,9). Se ben estas palabras son dirixidas, polo apóstolo Paulo, ós cristiáns de Corinto para
animalos a ser xenerosos e axudar ós fieis de Xerusalén que pasaban necesidade, ¿que
nos din, ós cristiáns de hoxe, estas palabras?
¿Que é pois esa pobreza coa que Xesús nos libera e nos enriquece? É precisamente o seu
modo de amarnos, de estar preto de nós, como o bo samaritano que se acerca a ese home
que todos abandonaran medio morto a beira do camiño (cfr. Lc 10, 25ss). A pobreza de
Cristo que nos enriquece consiste no feito de que se fíxo carne, cargou coas nosas debilidades e os nosos pecados, comunicándonos a misericordia infinita de Deus. A pobreza
de Cristo é a maior riqueza: a riqueza de Xesús é a súa confianza ilimitada en Deus Pai,
é encomendarse a El en todo momento, buscando sempre e soamente a súa vontade e a
súa gloria.
Cando Xesús nos invita a cargar o seu “xugo levadeiro”, invítanos a enriquecernos con esta
”rica pobreza” e “pobre riqueza” súas, a compartir con El o seu espírito filial e fraterno, a
converternos en fillos no Fillo, irmáns no Irmán Primoxénito (cfr. Rom 8, 29).
Díxose que a única verdadeira tristeza é non ser santos; poderiamos dicir tamén que hai
unha única verdadeira miseria: non vivir como fillos de Deus e irmáns de Cristo.
Á imitación do noso Mestre, os cristiáns estamos chamados a mirar as miserias dos irmáns,
a tocalas, a facernos cargo delas e a realizar obras concretas coa fin de alivialas. A miseria
non coincide coa pobreza; a miseria é a pobreza sen confianza, sen solidariedade, sen esperanza. Podemos distinguir tres tipos de miseria: a miseria material, a miseria moral e a
miseria espiritual. A miseria material é que habitualmente chamamos pobreza e toca a cantos viven nunha condición que non é digna da persoa humana: privados dos seus dereitos
fundamentais e dos bens de primeira necesidade como a comida, a auga, as condicións
hixiénicas, o traballo, a posibilidade de desenvolvemento e de crecemento cultural.
Nota: Aínda que seguiremos no próximo boletín coa esta carta do Papa Francisco, aproveitemos o tempo coresmal para enriquecernos coa pobreza de Cristo.
A PALABRA DE DEUS E
COMPROMISO NO
MUNDO (II)
5. Anuncio da Palabra de Deus e os
emigrantes (VD 105).
”Neste punto suscítanse cuestións
sumamente delicadas sobre a seguridade das nacións e a acollida que se
ha de ofrecer aos que buscan refuxio,
mellores condicións de vida, saúde e
traballo”.
“Conscientes da complexidade da
situación, é preciso que as dioceses
interesadas se mobilicen co fin de
que os movementos migratorios
sexan considerados tamén unha ocasión para descubrir novas modalidades de presenza e anuncio, e se proporcionen segundo as propias posibilidades, unha adecuada acollida e
aninación destes irmáns nosos para
que, tocados pola Boa Nova, se
fagan eles mesmos anunciadores da
Palabra de Deus e testemuñas de
Xesús Resucitado, esperanza do
mundo”.
6. Anuncio da Palabra de Deus e os
que sofren (VD 106).
“E necesario poñer atención na necesidade de anunciar a Palabra de Deus
a todos os que padecen sufrimento
físico, psíquico e espiritual”.
“Hai que continuar prestando axudas
ás persoas doentes, levándolles a
presenza vivificante do Señor Xesús
na Palabra e na Eucaristía. Que se
lles axude a ler a Escritura, e a descubrir, que precisamente na súa con-

dición, poden participar de xeito particular no sufrimento redentor de
Cristo para a salvación do mundo (Ef
2Cor 4,8-11-14)”.
7. Anuncio da palabra de Deus aos
pobres (VD 107).
“A Sagrada Escritura manifesta a predilección de Deus polos pobres e
necesitados. En efecto, os primeiros
que teñen dereito ao anuncio do
Evanxeo son precisamente os pobres,
non só necesitados de pan, senón
tamén de palabras de vida. A Igrexa
non pode decepcionar os pobres: os
pastores están chamados a escoitalos,
a aprender deles, a guialos na súa fe e
a motivalos para que sexan artífices
da propia historia”.
8. A Palabra de Deus e salvagarda
da creación (VD 108).
“O compromiso no mundo requirido
pola divina Palabra impúlsanos a
mirar con ollos novos o cosmos que,
creado por Deus, leva en si, a pegada
do Verbo, por quen todo foi feito (Cf
Xn 1,2)”.
“En efecto, como crentes e anunciadores do Evanxeo temos unha responsabilidade con respecto á creación”.
“Moitas veces a arrogancia do home
que vive coma se Deus non existise
leva a explotar e deteriorar a natureza sen recoñecer nela a obra da palabra creadora. O home necesita ser
educado de novo no asombro e recoñecemento da beleza auténtica que se
manifesta nas cousas creadas”.

PARROQUIA VIVA

CÁRITAS

5.-Mércores de Cinza. Xornada de
xaxún e abstinencia que sinala o
comezo da Coresma. Ás 8 do serán,
imposición da cinza.
10.- Reunión do grupo de adultos, ás
20,30.
16.- Asemblea parroquial, ás 12,30.
17.- Reunión da comisión das vodas
de prata parroquiais, ás 20,30.
19.- Festa de S. Xosé.
23.- Celebración comunitaria do perdón, ás 11 da mañá.
26.- Reunión do grupo de Cáritas, ás
20,30.
Tódolos venres de Coresma haberá
viacrucis, as 19,30 (antes da misa).

As obras de caridade non se poden
esquecer en ningún momento porque
hai moitos que sofren permanentemente, sen tregua.
Sempre houbo pobres pero nos tempos
que corren é evidente o deterioro que
sofren moitos irmás esmagados polas
circunstancias actuais nas que todos
temos responsabilidades.
Cando falamos de pobreza váisenos a
imaxinación para os que non teñen que
comer ou non teñen cartos nin para
pagar as necesidades primarias que, por
outra parte, tería que atender o Estado e
a sociedade. Se eles non o fan, somos
os irmáns os que temos que cargar,
como cireneos, coa pesada cruz.

ACONTECEMENTOS

SÍNODO DIOCESANO

Bautismos:
Jacobo Montes Rodríguez, de David
e Laura (02-03-2014)
Jimena Noya Tobío, de Pepe e
Cristina (02-03-2014)
Defuncións:
Antonio Pérez Rey, da Cruxeira
(27-02-2014).

Desde outubro de 2012 en que se convocou o Sínodo Diocesano, houbo
unha etapa de preparación e sensibilización con oración, motivación,
información... e algúns grupos traballaron en tratar de situarnos neste contexto histórico e social en que vivimos.
Agora estamos nunha segunda etapa
de consultas, propostas de contidos,
participación de grupos, recoñecer
inercias, detectar alternativas, dialogar en comisións, priorizar aportacións, redactar propostas...
Ninguén se debe inhibir neste
momento, tócanos a cada un aportar o
noso granciño de area para poder
seguir construíndo unha Igrexa que
responda realmente as urxencias e
necesidades de hoxe.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (20)

Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014
 
Boletin junio 2016
Boletin junio 2016Boletin junio 2016
Boletin junio 2016
 
Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182
 
4º advento b 2014 bene pagola
4º advento b  2014  bene pagola4º advento b  2014  bene pagola
4º advento b 2014 bene pagola
 
Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013
 
Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 
5º domingo t oc 2016 bene pagola
5º domingo t oc  2016  bene pagola5º domingo t oc  2016  bene pagola
5º domingo t oc 2016 bene pagola
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 
5º domingo toc 2013 bene pagola
5º domingo toc 2013 bene pagola5º domingo toc 2013 bene pagola
5º domingo toc 2013 bene pagola
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
Boletin tilos 167
Boletin tilos 167Boletin tilos 167
Boletin tilos 167
 
Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013
 
10º corpus christi 2015 b bene pagola
10º corpus christi 2015  b  bene pagola10º corpus christi 2015  b  bene pagola
10º corpus christi 2015 b bene pagola
 
32º domingo tob 2015 bene pagola
32º domingo tob  2015  bene pagola32º domingo tob  2015  bene pagola
32º domingo tob 2015 bene pagola
 
3º coresma c
3º coresma c3º coresma c
3º coresma c
 

Similar a Boletin marzo 2014

Similar a Boletin marzo 2014 (20)

Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181
 
18º domingo toa 2014
18º domingo toa 201418º domingo toa 2014
18º domingo toa 2014
 
Ofrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo ReinoOfrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo Reino
 
1º domingo advento b -2014 bene pagola
1º domingo advento   b -2014  bene pagola1º domingo advento   b -2014  bene pagola
1º domingo advento b -2014 bene pagola
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola
 
1º advento c 2015 pagola
1º advento c  2015  pagola1º advento c  2015  pagola
1º advento c 2015 pagola
 
18º domingo toa 2011
18º domingo toa 201118º domingo toa 2011
18º domingo toa 2011
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
19º domingo toc 2016 bene pagola
19º domingo toc 2016  bene pagola19º domingo toc 2016  bene pagola
19º domingo toc 2016 bene pagola
 
7º pascua ascension 3013 bene pagola
7º pascua ascension  3013 bene pagola7º pascua ascension  3013 bene pagola
7º pascua ascension 3013 bene pagola
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 
Enfermo 2011 gal
Enfermo 2011 galEnfermo 2011 gal
Enfermo 2011 gal
 
Enfermo 2011 gal
Enfermo 2011 galEnfermo 2011 gal
Enfermo 2011 gal
 
Ofrenda Antigo Reino de Galicia
Ofrenda Antigo Reino de GaliciaOfrenda Antigo Reino de Galicia
Ofrenda Antigo Reino de Galicia
 
19º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 201319º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 2013
 
Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
 
28º domingo toc 2013
28º domingo toc 201328º domingo toc 2013
28º domingo toc 2013
 
3º coresma c 2013
3º coresma c 2013 3º coresma c 2013
3º coresma c 2013
 
14º domingo toc 2013 bene pagola
14º domingo toc 2013 bene pagola14º domingo toc 2013 bene pagola
14º domingo toc 2013 bene pagola
 

Más de parroquiadostilos

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adoradorparroquiadostilos
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNparroquiadostilos
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALparroquiadostilos
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfparroquiadostilos
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfparroquiadostilos
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoparroquiadostilos
 

Más de parroquiadostilos (12)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin
BoletinBoletin
Boletin
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletin marzo 2014

  • 1. PREPARANDO AS VODAS DE PRATA PARROQUIAIS Visita a S. Francisco, en Santiago O pasado, 15 de Febreiro, sábado, pola tarde, tal como estaba previsto, unhas setenta persoas da parroquia fixemos unha visita ó convento de S. Francisco. Recibiunos o padre Castro, gardíán do mosteiro. Dividímonos en dous grupos e estivemos vendo, durante hora e media, o museo de Terra Santa que existe no convento franciscano. Ademais do interesante do percorrido por Terra Santa, gardada polos pais franciscanos, houbo un acercamento á comunidade de S. Francisco, coa presenza do superior da Orde. Foi unha bonita e fructífera visita. Peregrinación a Asís Como xa é sabido está prevista, para a semana do 23 ó 30 de Agosto, unha peregrinación a Asís. Sairemos de Santiago, o día 23, en avión directo a Roma. Estaremos dous días en Roma, e logo, en autobús marcharemos ó Val de Rieti, terra franciscana; continuamos a Greccio e, pola tarde iremos camiño de Asís. Estaremos todo o mércores en Asís, e ó día seguinte (xoves) visitaremos Alverna. O venres iremos ó santuario de Rivotorto e a voltaremos para xantar en Asís. O sábado, despois do almorzo, sairemos para o aeroporto de Roma, para emprender a volta a Santiago. A preinscrición xa está en corenta prazas dun número total de 48. Logo abrirase unha lista de espera. Cineforum sobre S. Francisco de Asís O catedrático Dr. Luís Hueso, profesor de Historia do Cine na Universidade de Santiago, está preparando un cineforum baseado na vida de S. Francisco de Asís. Aínda que é unha actividade gratuíta, é necesario anotarse para logo concretar días e horario de sesións. É unha actividade que non debemos perder tanto polo tema como pola grande valía e experiencia do profesor Hueso. BOLETIN PARROQUIAL Nº 172 - Marzo 2014 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS PROPOSTA CORESMAL O Papa Francisco, con motivo da Coresma, fainos unhas propostas que debemos ter en conta cada un dos cristiáns. Comeza recordando as palabras de S. Paulo: “Pois coñecedes a graza do noso Señor Xesucristo, o cal, sendo rico, fíxose pobre para vos enriquecer coa súa pobreza” (2Cor 8,9). Se ben estas palabras son dirixidas, polo apóstolo Paulo, ós cristiáns de Corinto para animalos a ser xenerosos e axudar ós fieis de Xerusalén que pasaban necesidade, ¿que nos din, ós cristiáns de hoxe, estas palabras? ¿Que é pois esa pobreza coa que Xesús nos libera e nos enriquece? É precisamente o seu modo de amarnos, de estar preto de nós, como o bo samaritano que se acerca a ese home que todos abandonaran medio morto a beira do camiño (cfr. Lc 10, 25ss). A pobreza de Cristo que nos enriquece consiste no feito de que se fíxo carne, cargou coas nosas debilidades e os nosos pecados, comunicándonos a misericordia infinita de Deus. A pobreza de Cristo é a maior riqueza: a riqueza de Xesús é a súa confianza ilimitada en Deus Pai, é encomendarse a El en todo momento, buscando sempre e soamente a súa vontade e a súa gloria. Cando Xesús nos invita a cargar o seu “xugo levadeiro”, invítanos a enriquecernos con esta ”rica pobreza” e “pobre riqueza” súas, a compartir con El o seu espírito filial e fraterno, a converternos en fillos no Fillo, irmáns no Irmán Primoxénito (cfr. Rom 8, 29). Díxose que a única verdadeira tristeza é non ser santos; poderiamos dicir tamén que hai unha única verdadeira miseria: non vivir como fillos de Deus e irmáns de Cristo. Á imitación do noso Mestre, os cristiáns estamos chamados a mirar as miserias dos irmáns, a tocalas, a facernos cargo delas e a realizar obras concretas coa fin de alivialas. A miseria non coincide coa pobreza; a miseria é a pobreza sen confianza, sen solidariedade, sen esperanza. Podemos distinguir tres tipos de miseria: a miseria material, a miseria moral e a miseria espiritual. A miseria material é que habitualmente chamamos pobreza e toca a cantos viven nunha condición que non é digna da persoa humana: privados dos seus dereitos fundamentais e dos bens de primeira necesidade como a comida, a auga, as condicións hixiénicas, o traballo, a posibilidade de desenvolvemento e de crecemento cultural. Nota: Aínda que seguiremos no próximo boletín coa esta carta do Papa Francisco, aproveitemos o tempo coresmal para enriquecernos coa pobreza de Cristo.
  • 2. A PALABRA DE DEUS E COMPROMISO NO MUNDO (II) 5. Anuncio da Palabra de Deus e os emigrantes (VD 105). ”Neste punto suscítanse cuestións sumamente delicadas sobre a seguridade das nacións e a acollida que se ha de ofrecer aos que buscan refuxio, mellores condicións de vida, saúde e traballo”. “Conscientes da complexidade da situación, é preciso que as dioceses interesadas se mobilicen co fin de que os movementos migratorios sexan considerados tamén unha ocasión para descubrir novas modalidades de presenza e anuncio, e se proporcionen segundo as propias posibilidades, unha adecuada acollida e aninación destes irmáns nosos para que, tocados pola Boa Nova, se fagan eles mesmos anunciadores da Palabra de Deus e testemuñas de Xesús Resucitado, esperanza do mundo”. 6. Anuncio da Palabra de Deus e os que sofren (VD 106). “E necesario poñer atención na necesidade de anunciar a Palabra de Deus a todos os que padecen sufrimento físico, psíquico e espiritual”. “Hai que continuar prestando axudas ás persoas doentes, levándolles a presenza vivificante do Señor Xesús na Palabra e na Eucaristía. Que se lles axude a ler a Escritura, e a descubrir, que precisamente na súa con- dición, poden participar de xeito particular no sufrimento redentor de Cristo para a salvación do mundo (Ef 2Cor 4,8-11-14)”. 7. Anuncio da palabra de Deus aos pobres (VD 107). “A Sagrada Escritura manifesta a predilección de Deus polos pobres e necesitados. En efecto, os primeiros que teñen dereito ao anuncio do Evanxeo son precisamente os pobres, non só necesitados de pan, senón tamén de palabras de vida. A Igrexa non pode decepcionar os pobres: os pastores están chamados a escoitalos, a aprender deles, a guialos na súa fe e a motivalos para que sexan artífices da propia historia”. 8. A Palabra de Deus e salvagarda da creación (VD 108). “O compromiso no mundo requirido pola divina Palabra impúlsanos a mirar con ollos novos o cosmos que, creado por Deus, leva en si, a pegada do Verbo, por quen todo foi feito (Cf Xn 1,2)”. “En efecto, como crentes e anunciadores do Evanxeo temos unha responsabilidade con respecto á creación”. “Moitas veces a arrogancia do home que vive coma se Deus non existise leva a explotar e deteriorar a natureza sen recoñecer nela a obra da palabra creadora. O home necesita ser educado de novo no asombro e recoñecemento da beleza auténtica que se manifesta nas cousas creadas”. PARROQUIA VIVA CÁRITAS 5.-Mércores de Cinza. Xornada de xaxún e abstinencia que sinala o comezo da Coresma. Ás 8 do serán, imposición da cinza. 10.- Reunión do grupo de adultos, ás 20,30. 16.- Asemblea parroquial, ás 12,30. 17.- Reunión da comisión das vodas de prata parroquiais, ás 20,30. 19.- Festa de S. Xosé. 23.- Celebración comunitaria do perdón, ás 11 da mañá. 26.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. Tódolos venres de Coresma haberá viacrucis, as 19,30 (antes da misa). As obras de caridade non se poden esquecer en ningún momento porque hai moitos que sofren permanentemente, sen tregua. Sempre houbo pobres pero nos tempos que corren é evidente o deterioro que sofren moitos irmás esmagados polas circunstancias actuais nas que todos temos responsabilidades. Cando falamos de pobreza váisenos a imaxinación para os que non teñen que comer ou non teñen cartos nin para pagar as necesidades primarias que, por outra parte, tería que atender o Estado e a sociedade. Se eles non o fan, somos os irmáns os que temos que cargar, como cireneos, coa pesada cruz. ACONTECEMENTOS SÍNODO DIOCESANO Bautismos: Jacobo Montes Rodríguez, de David e Laura (02-03-2014) Jimena Noya Tobío, de Pepe e Cristina (02-03-2014) Defuncións: Antonio Pérez Rey, da Cruxeira (27-02-2014). Desde outubro de 2012 en que se convocou o Sínodo Diocesano, houbo unha etapa de preparación e sensibilización con oración, motivación, información... e algúns grupos traballaron en tratar de situarnos neste contexto histórico e social en que vivimos. Agora estamos nunha segunda etapa de consultas, propostas de contidos, participación de grupos, recoñecer inercias, detectar alternativas, dialogar en comisións, priorizar aportacións, redactar propostas... Ninguén se debe inhibir neste momento, tócanos a cada un aportar o noso granciño de area para poder seguir construíndo unha Igrexa que responda realmente as urxencias e necesidades de hoxe.