SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 2
Descargar para leer sin conexión
BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 190 - Maio 2016
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
CANTOS CAMIÑOS COÑECES?
Seguro que nunca nos paramos a pensar na cantidade de camiños que coñe-
cemos e de cantos estamos a descubrir. Non me refiro só aos camiños de
terra, asfalto, etc., e non tería ningún senso poñernos a pensar e a intentar dar
resposta a esta pregunta. A pregunta que fago é a seguinte: cantos camiños
coñeces para facer felices aos demais e ser ti mesmo/a feliz? Invítote a que
intentes dar unha resposta.
Ao mellor os camiños descubertos nin sequera conseguen facer felices aos
demais nin a un mesmo tampouco. Quizais porque é un camiño moi indivi-
dualista; quizais porque a felicidade que buscamos non é a auténtica felicida-
de; quizais porque non temos claras as claves do camiño polo que nos tocou
camiñar.
Suxíroche que probes, se non o fixeches xa, a ir polo camiño do amor, un
camiño no que vas encontrar necesidade de perdón, de misericordia, de con-
siderar se ese camiño de amor polo que vas non é demasiado terrenal. Este
ano o Papa Francisco invítanos a facer un cami-
ño de misericordia ou, como nos dixo hai pouco,
o camiño da alegría do amor.
Se queres afondar máis no tema, hai dous docu-
mentos recentes do Papa que dan cumprida infor-
mación, a Encíclica Misericordiae Vultus (A cara
da misericordia) e a Exhortación Apostólica
Amoris Laetitia (A alegría do amor).
Seguro que non te equivocas de camiño!
PASOU A PASCUA POR NÓS?
Os cincuenta días de Pascua teñen un significado moi especial na vida dos cristiáns,
tendo como referente a Resurrección de Xesús.
Imos descubrindo un Xesús glorioso que se reencontra cos seus discípulos e cos que
o acompañaron en vida para reiterar o seu compromiso permanente con eles, reite-
rándolles con forza unha mensaxe de esperanza e unha fe que nos mostra desde a
súa propia resurrección e dos numerosos signos que os Apóstolos realizaban no seu
nome.
Durante este tempo, a lectura do libro dos Feitos dos Apóstolos sitúa á primeira e
primitiva Igrexa no ámbito da fraternidade, convídanos a permanecer na fidelidade
ao Evanxeo lembrando a memoria de Xesús na celebración eucarística e obedecen-
do o mandato de percorrer o mundo anunciando a boa nova do novo Reino de Deus.
O Papa Francisco insiste moito este ano en anunciar a mensaxe da misericordia;
fronte a un mundo non crente, presentar en primeiro plano a mensaxe dun Deus
misericordioso máis que a dun Deus xuíz ou vengador. O ser paternal e maternal de
Deus ten que inspirar a nosa relación coas súas criaturas, especialmente coas que
con amor creou á súa imaxe.
Cos Salmos loamos a inesgotable misericordia divina e anunciamos a Deus como
“Pai compasivo e misericordioso e Pai de todo consolo” (2 Cor 1,3), “rico en mise-
ricordia” (Ef 2,4).
A actualización da mensaxe de Deus e a súa misericordia vólvense relevantes nunha
nova evanxelización, pero non para fomentar un relativismo no que os valores evan-
xélicos xa non sexan importantes nin atractivos, senón para actualizar o mesmo
Evanxeo de sempre, o único Evanxeo da misericordia e a compaixón.
Só anunciaremos con eficacia se comunicamos a Deus de modo moi concreto á vista
das necesidades e dos sufrimentos das persoas, como misericordioso e salvador da
realidade humana actual, e afirmarmos que, sobre as tebras que envolven o noso
mundo, reina o rostro do Pai que é magnánimo e bondadoso e coñece e ama a cada
individuo, un Pai que coñece que é o que necesitamos (cf. Mt 6,8.32).
A alegría pascual ten que converterse nun signo propiamente cristián. A Exhortación
Apostólica Amoris Laetitia do Papa Francisco é unha boa oportunidade para refle-
xionar persoalmente sobre a verdadeira alegría que se contaxia no amor de Deus e
unha oportunidade para levala ás nosas comunidades e aos nosos ambientes e, dun
xeito especial, ás nosas familias e fogares motores dunha convivencia fraterna e de
esperanza.
Aínda que coa festa da Ascensión remata a Pascua, que nunca pasen os seus valo-
res transcendentes e a conciencia de que Xesús sempre nos espera.
Grazas, Pai, por ter acceso a auga
que hidrata o noso corpo e nos limpa.
Grazas, Pai, polo pan da cada día que
Ti nos dás en comida.
Grazas polo don da auga do
Bautismo porque nel somos revesti-
dos de Cristo.
Grazas polo pan eucarístico porque
nel nos sentimos identificados contigo.
Pedímosche que derrames a túa
misericordia sobre os sedentos e os
famentos deste mundo que precisan
da auga que calma a sede e do pan
que fortalece o corpo. Amén
PARROQUIA VIVA
1.- S. Xosé artesán. XXIII Xornada
de solidariedade cos parados. Día do
enfermo.
7.- Cuarta etapa do Camiño
Portugués (Pontevedra - Caldas de
Reis). Almorzo en Caldas. Visita á
planta de Iogures CLESA. Saída dos
Tilos ás 8 da mañá.
8.- Ascensión do Señor. Reunión cos
pais/nais dos nenos e nenas que reci-
birán a primeira comuñón, o día 26
de xuño ás 11.
9 a 13.- Encontros de Noivos, ás
20:30, nun local da Asociación
Recreativa e Cultural.
15.- Pentecostés. Confirmacións ás
12.
21.- Quinta etapa do Camiño
Portugués (Caldas de Reis - Padrón).
Saída ás 8:30 dos Tilos.
22.- Reunión cos pais/nais dos nenos
e nenas que se preparan para primei-
ra comuñón, o día 2 de xullo ás 11.
25.- Reunión do grupo de Cáritas, ás
20:30.
29.- Reunión cos pais/nais dos
nenos/as que recibirán este ano a pri-
meira comuñón o 3 de xullo ás 11.
DAR DE COMER AO
FAMENTO E DE BEBER
AO SEDENTO
Falar da comida ou da bebida é algo
básico para a vida en xeral e para o
ser humano en particular; e tamén é
un dereito humano o acceso á comi-
da e á bebida.
Tanto o dereito á comida como o
dereito á bebida, se non é realidade, é
un atentado contra a vida e, como tal,
un acto de violación dos dereitos
humanos.
Hoxe constatamos que no noso
mundo globalizado hai moita xente
que ten sede desta auga e tamén ten
fame e sede de máis xustiza social e,
aínda máis, fame e sede dunha pala-
bra amable ou de consolo que sexa
bálsamo do sufrimento que padecen
tantas persoas deste mundo.
Debemos, pois, ofrecer este don de
Deus coa liberdade que nos dá o feito
de que tanto o pan como a auga da
vida están significados no alimento
do pan e da auga dos que participa-
mos na mesa da vida e do alimento
diario. Así iremos
un pouco máis alá
xunto ás obras de
misericordia cor-
porais de dar de
comer ao famento
e de beber ao
sedento.
CÁRITAS
TODOS DIÁCONOS
A Primitiva Igrexa movíase na proxi-
midade fomentando a fraternidade
entre todos os crentes ata o punto de
“ter todo en común”. A comunicación
cristiá de bens era denominador común
e signo perceptible das propias comu-
nidades.
Tan era así que os propios Apóstolos
convocaron os sete diáconos nun xesto
de compromiso laico para atender “as
mesas”, é dicir, as necesidades das per-
soas coas que convivían e celebraban a
fe.
Isto esperta a nosa responsabilidade
evanxélica. Uns proclamaban a Xesús
coa palabra e outros con servizos, pero
uns e outros comprometidos polo
mesmo amor.
Por iso se di que “Cáritas somos
todos”, o cal significa que ninguén nos
pode liberar do noso compromiso per-
soal cos máis necesitados e excluídos e
non só pola esmola senón pola proxi-
midade con todo o que sofre.
Pero ao mesmo tempo, a Caridade de
Deus dentro da Igrexa non é só com-
promiso de cada crente senón tamén da
propia comunidade, por iso o amor
necesita organizarse e estruturarse para
que sexa eficiente, real, estable e per-
manente; non só por compartir bens
materiais, senón tamén desde a comu-
ñón entre todos, a fracción do pan e a
oración.
ORACIÓN

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (20)

Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017
 
Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014
 
Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013
 
Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013
 
Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 
Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014
 
4º advento b 2014 bene pagola
4º advento b  2014  bene pagola4º advento b  2014  bene pagola
4º advento b 2014 bene pagola
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 
28º domingo toc 2013 bene pagola
28º domingo toc  2013  bene pagola28º domingo toc  2013  bene pagola
28º domingo toc 2013 bene pagola
 
Boletin tilos 167
Boletin tilos 167Boletin tilos 167
Boletin tilos 167
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 
31º defuntos tob 2015 bene pagola
31º defuntos tob  2015 bene pagola31º defuntos tob  2015 bene pagola
31º defuntos tob 2015 bene pagola
 
10º corpus christi 2015 b bene pagola
10º corpus christi 2015  b  bene pagola10º corpus christi 2015  b  bene pagola
10º corpus christi 2015 b bene pagola
 

Similar a Boletin mayo 2016 (18)

Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 
Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
49 pd v xaneiro 2012
49  pd v xaneiro 201249  pd v xaneiro 2012
49 pd v xaneiro 2012
 
3º coresma c 2013
3º coresma c 2013 3º coresma c 2013
3º coresma c 2013
 
Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18
 
Pv se xuño 2012
Pv se xuño 2012Pv se xuño 2012
Pv se xuño 2012
 
Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011
 
Pv xaneiro 2013
Pv xaneiro 2013Pv xaneiro 2013
Pv xaneiro 2013
 
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
 
Palabra de-vida-agosto-2013
Palabra de-vida-agosto-2013Palabra de-vida-agosto-2013
Palabra de-vida-agosto-2013
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
 
Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin
BoletinBoletin
Boletin
 
Ofrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo ReinoOfrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo Reino
 

Más de parroquiadostilos

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adoradorparroquiadostilos
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNparroquiadostilos
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALparroquiadostilos
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfparroquiadostilos
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfparroquiadostilos
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoparroquiadostilos
 

Más de parroquiadostilos (9)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletin mayo 2016

  • 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 190 - Maio 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS CANTOS CAMIÑOS COÑECES? Seguro que nunca nos paramos a pensar na cantidade de camiños que coñe- cemos e de cantos estamos a descubrir. Non me refiro só aos camiños de terra, asfalto, etc., e non tería ningún senso poñernos a pensar e a intentar dar resposta a esta pregunta. A pregunta que fago é a seguinte: cantos camiños coñeces para facer felices aos demais e ser ti mesmo/a feliz? Invítote a que intentes dar unha resposta. Ao mellor os camiños descubertos nin sequera conseguen facer felices aos demais nin a un mesmo tampouco. Quizais porque é un camiño moi indivi- dualista; quizais porque a felicidade que buscamos non é a auténtica felicida- de; quizais porque non temos claras as claves do camiño polo que nos tocou camiñar. Suxíroche que probes, se non o fixeches xa, a ir polo camiño do amor, un camiño no que vas encontrar necesidade de perdón, de misericordia, de con- siderar se ese camiño de amor polo que vas non é demasiado terrenal. Este ano o Papa Francisco invítanos a facer un cami- ño de misericordia ou, como nos dixo hai pouco, o camiño da alegría do amor. Se queres afondar máis no tema, hai dous docu- mentos recentes do Papa que dan cumprida infor- mación, a Encíclica Misericordiae Vultus (A cara da misericordia) e a Exhortación Apostólica Amoris Laetitia (A alegría do amor). Seguro que non te equivocas de camiño! PASOU A PASCUA POR NÓS? Os cincuenta días de Pascua teñen un significado moi especial na vida dos cristiáns, tendo como referente a Resurrección de Xesús. Imos descubrindo un Xesús glorioso que se reencontra cos seus discípulos e cos que o acompañaron en vida para reiterar o seu compromiso permanente con eles, reite- rándolles con forza unha mensaxe de esperanza e unha fe que nos mostra desde a súa propia resurrección e dos numerosos signos que os Apóstolos realizaban no seu nome. Durante este tempo, a lectura do libro dos Feitos dos Apóstolos sitúa á primeira e primitiva Igrexa no ámbito da fraternidade, convídanos a permanecer na fidelidade ao Evanxeo lembrando a memoria de Xesús na celebración eucarística e obedecen- do o mandato de percorrer o mundo anunciando a boa nova do novo Reino de Deus. O Papa Francisco insiste moito este ano en anunciar a mensaxe da misericordia; fronte a un mundo non crente, presentar en primeiro plano a mensaxe dun Deus misericordioso máis que a dun Deus xuíz ou vengador. O ser paternal e maternal de Deus ten que inspirar a nosa relación coas súas criaturas, especialmente coas que con amor creou á súa imaxe. Cos Salmos loamos a inesgotable misericordia divina e anunciamos a Deus como “Pai compasivo e misericordioso e Pai de todo consolo” (2 Cor 1,3), “rico en mise- ricordia” (Ef 2,4). A actualización da mensaxe de Deus e a súa misericordia vólvense relevantes nunha nova evanxelización, pero non para fomentar un relativismo no que os valores evan- xélicos xa non sexan importantes nin atractivos, senón para actualizar o mesmo Evanxeo de sempre, o único Evanxeo da misericordia e a compaixón. Só anunciaremos con eficacia se comunicamos a Deus de modo moi concreto á vista das necesidades e dos sufrimentos das persoas, como misericordioso e salvador da realidade humana actual, e afirmarmos que, sobre as tebras que envolven o noso mundo, reina o rostro do Pai que é magnánimo e bondadoso e coñece e ama a cada individuo, un Pai que coñece que é o que necesitamos (cf. Mt 6,8.32). A alegría pascual ten que converterse nun signo propiamente cristián. A Exhortación Apostólica Amoris Laetitia do Papa Francisco é unha boa oportunidade para refle- xionar persoalmente sobre a verdadeira alegría que se contaxia no amor de Deus e unha oportunidade para levala ás nosas comunidades e aos nosos ambientes e, dun xeito especial, ás nosas familias e fogares motores dunha convivencia fraterna e de esperanza. Aínda que coa festa da Ascensión remata a Pascua, que nunca pasen os seus valo- res transcendentes e a conciencia de que Xesús sempre nos espera.
  • 2. Grazas, Pai, por ter acceso a auga que hidrata o noso corpo e nos limpa. Grazas, Pai, polo pan da cada día que Ti nos dás en comida. Grazas polo don da auga do Bautismo porque nel somos revesti- dos de Cristo. Grazas polo pan eucarístico porque nel nos sentimos identificados contigo. Pedímosche que derrames a túa misericordia sobre os sedentos e os famentos deste mundo que precisan da auga que calma a sede e do pan que fortalece o corpo. Amén PARROQUIA VIVA 1.- S. Xosé artesán. XXIII Xornada de solidariedade cos parados. Día do enfermo. 7.- Cuarta etapa do Camiño Portugués (Pontevedra - Caldas de Reis). Almorzo en Caldas. Visita á planta de Iogures CLESA. Saída dos Tilos ás 8 da mañá. 8.- Ascensión do Señor. Reunión cos pais/nais dos nenos e nenas que reci- birán a primeira comuñón, o día 26 de xuño ás 11. 9 a 13.- Encontros de Noivos, ás 20:30, nun local da Asociación Recreativa e Cultural. 15.- Pentecostés. Confirmacións ás 12. 21.- Quinta etapa do Camiño Portugués (Caldas de Reis - Padrón). Saída ás 8:30 dos Tilos. 22.- Reunión cos pais/nais dos nenos e nenas que se preparan para primei- ra comuñón, o día 2 de xullo ás 11. 25.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20:30. 29.- Reunión cos pais/nais dos nenos/as que recibirán este ano a pri- meira comuñón o 3 de xullo ás 11. DAR DE COMER AO FAMENTO E DE BEBER AO SEDENTO Falar da comida ou da bebida é algo básico para a vida en xeral e para o ser humano en particular; e tamén é un dereito humano o acceso á comi- da e á bebida. Tanto o dereito á comida como o dereito á bebida, se non é realidade, é un atentado contra a vida e, como tal, un acto de violación dos dereitos humanos. Hoxe constatamos que no noso mundo globalizado hai moita xente que ten sede desta auga e tamén ten fame e sede de máis xustiza social e, aínda máis, fame e sede dunha pala- bra amable ou de consolo que sexa bálsamo do sufrimento que padecen tantas persoas deste mundo. Debemos, pois, ofrecer este don de Deus coa liberdade que nos dá o feito de que tanto o pan como a auga da vida están significados no alimento do pan e da auga dos que participa- mos na mesa da vida e do alimento diario. Así iremos un pouco máis alá xunto ás obras de misericordia cor- porais de dar de comer ao famento e de beber ao sedento. CÁRITAS TODOS DIÁCONOS A Primitiva Igrexa movíase na proxi- midade fomentando a fraternidade entre todos os crentes ata o punto de “ter todo en común”. A comunicación cristiá de bens era denominador común e signo perceptible das propias comu- nidades. Tan era así que os propios Apóstolos convocaron os sete diáconos nun xesto de compromiso laico para atender “as mesas”, é dicir, as necesidades das per- soas coas que convivían e celebraban a fe. Isto esperta a nosa responsabilidade evanxélica. Uns proclamaban a Xesús coa palabra e outros con servizos, pero uns e outros comprometidos polo mesmo amor. Por iso se di que “Cáritas somos todos”, o cal significa que ninguén nos pode liberar do noso compromiso per- soal cos máis necesitados e excluídos e non só pola esmola senón pola proxi- midade con todo o que sofre. Pero ao mesmo tempo, a Caridade de Deus dentro da Igrexa non é só com- promiso de cada crente senón tamén da propia comunidade, por iso o amor necesita organizarse e estruturarse para que sexa eficiente, real, estable e per- manente; non só por compartir bens materiais, senón tamén desde a comu- ñón entre todos, a fracción do pan e a oración. ORACIÓN