SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 2
Descargar para leer sin conexión
DILEMAS MORAIS
Como resolverías a seguinte situación?
“Na clase rompeuse o cristal dunha ventana, como consecuencia da mala conduta dun
alumno. O mestre pregunta quen foi, dicindo que se o culpable non aparece toda a clase terá
que pagar a súa reparación, ademáis de sufrir outros castigos. Un grupo de alumnos sabe que
é o responsable pero deciden non dicir nada porque o alumno causante do problema é amigo
deles, e non queren que os acusen de “chivatos” ou “traidores”. Ademais, queren evitarse os
problemas e molestias que lles causaría a súa confesión.
En consecuencia, toda a clase é castigada. Ves correcta a conduta destes alumnos? Ti que
farías nun caso similar?

Xian ten 9 anos. É un rapaz inquieto e servicial, sempre disposto a facer as cousas e a axudar
incluso antes de que llo pidan. Ás veces tense que quedar so na casa e seus pais dixéronlle
que non ten que abrir a porta a ninguén. Un día que estaba so chamou á porta o carteiro
decindo que tiña que entregar un paquete urxente para seu pai e que non podía deixalo no
buzón.
- Que debe facer Xian?
- Que é máis importante, obedecer aos seus pais ou facerlle ese favor a seu pai.

Xaime ten 8 anos. É alto e forte e sempre ten gana de comer. Hoxe facíaselle tarde para ir á
escola e, coas presas, olvidóuselle coller o bocata para o recreo. Dende que se deu conta está
padecendo porque sabe que non poderá aguantar ata a hora de volver á casa. Un pouquiño
antes do recreo pediulle permiso á profe para ir ao servicio. Ao pasar por diante dunha aula
que estaba baleira, porque os alumnos fóranse ao patio a facer Educación Física, veu un
bocata asomando por unha carteira.
- Que debe facer Xaime? Debe aguantarse e pasar fame ou debe coller o bocadillo que
viu?
- E se soupera que o bocata é dun compañeiro que como moi pouco?

Chimo é un rapaz de 10 anos. É máis ben tímido e calado. Non lle gusta meterse con niguén
nin pelexarse cos compañeiros. Ten as orellas un pouco grandes e un compañeiro, Andrés,
que é moi bromista, chamoulle en varias ocasións Dumbo. A Chimo iso moléstalle moito e
quere que deixe de decirllo e de molestalo.
- Que debe facer Chimo?
- Habería diferenza se Andrés fora ou non amigo de Chimo?
Ana é unha nena de 6 anos. O outro día cando ía ao servicio viu a dúas nenas de 6º curso que
estaban nunha aula, que nese momento estaba baleira, collendo un estoxo dunha carteira. Ao
ver que as descubrira ameazárona decíndolle que se se chivaba ía levar unha paliza.
- Que debe facer Ana?
- Pode o medo impedirnos facer o que desexamos?

Toñi é unha nena de 7 anos. A súa nai di que é tan madura e responsable como se tivera 12.
Algunhas veces a súa nai ten que sair da casa e pídelle que se quede coidando ao seu avó que
vive con eles e está enfermo. Hoxe, cando Toñi volveu do colexio, a súa nai pediulle que se
quedara con el porque tiña que sair a facer unas compras necesarias. Precisamente ela, Toñi,
quedara cunha compañeira para facer uns deberes, merendar e xogar un pouco.
- Que debe facer Toñi?
- Ten ela a culpa de que os seu avó necesita axuda?
- Ten ela que cargar con esa responsabilidade?

Paulina entra nunha tenda. Na porta hai un gran cartel que di: retire un número para ser
atendido. Ao entrar, so hai unha vella que espera apoiada no seu bastón, frente ao
mostrador. Inmediatamente xúntanse detrás de Paulina, seis persoas cos seus
correspondentes números. O que despacha di en voz alta un número. A velliña dille ao que
despacha que ela non ten número pero que estaba de primeira. Efectivamente o número que
berra corresponde ao que ten Paulina na man. A vella dille que cando ela chegou non había
ninguén e para que ía sacar o número. O que despacha respóndelle que deberá sacar número
igual. A vella enfádase, peta co bastón no mostrados e márchase moi enfadada e protestando
contra a tenda e os seus donos.
Que debería facer Paulina?
Que debería facer a vella?
Que debería facer o que despacha?
Que debería facer o resto dos clientes que esperan?

Van polo ceo unha bandada de centos de paxaros.
Lentamente dous deles empezan a virar e voan cara o outro lado. A pregunta é: cales van na
dirección correcta?

Más contenido relacionado

Más de Patricia Pena Barbeito

Más de Patricia Pena Barbeito (20)

Guía lectura nadal
Guía lectura nadalGuía lectura nadal
Guía lectura nadal
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
 
Saisa ensínanos
Saisa ensínanosSaisa ensínanos
Saisa ensínanos
 
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXESSAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
 
FICHAS MÚSICA E BIBLIO
FICHAS MÚSICA E BIBLIOFICHAS MÚSICA E BIBLIO
FICHAS MÚSICA E BIBLIO
 
Tertulias de cine
Tertulias de cineTertulias de cine
Tertulias de cine
 
Inteligencia emocional
Inteligencia emocionalInteligencia emocional
Inteligencia emocional
 
Proba
ProbaProba
Proba
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
 
Taller de bandeiras
Taller de bandeirasTaller de bandeiras
Taller de bandeiras
 
O fútbol e as mates
O fútbol e as matesO fútbol e as mates
O fútbol e as mates
 
Plantillas para crear contos
Plantillas para crear contosPlantillas para crear contos
Plantillas para crear contos
 
Solsticio de inverno
Solsticio de invernoSolsticio de inverno
Solsticio de inverno
 
RECEITAS DO OUTONO
RECEITAS DO OUTONORECEITAS DO OUTONO
RECEITAS DO OUTONO
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
Resultados das enquisas
Resultados das enquisasResultados das enquisas
Resultados das enquisas
 
Historia do deporte
Historia do deporteHistoria do deporte
Historia do deporte
 
CARTA SAISA
CARTA SAISACARTA SAISA
CARTA SAISA
 
Díptico biblio
Díptico biblioDíptico biblio
Díptico biblio
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 

Dilemas morais

  • 1. DILEMAS MORAIS Como resolverías a seguinte situación? “Na clase rompeuse o cristal dunha ventana, como consecuencia da mala conduta dun alumno. O mestre pregunta quen foi, dicindo que se o culpable non aparece toda a clase terá que pagar a súa reparación, ademáis de sufrir outros castigos. Un grupo de alumnos sabe que é o responsable pero deciden non dicir nada porque o alumno causante do problema é amigo deles, e non queren que os acusen de “chivatos” ou “traidores”. Ademais, queren evitarse os problemas e molestias que lles causaría a súa confesión. En consecuencia, toda a clase é castigada. Ves correcta a conduta destes alumnos? Ti que farías nun caso similar? Xian ten 9 anos. É un rapaz inquieto e servicial, sempre disposto a facer as cousas e a axudar incluso antes de que llo pidan. Ás veces tense que quedar so na casa e seus pais dixéronlle que non ten que abrir a porta a ninguén. Un día que estaba so chamou á porta o carteiro decindo que tiña que entregar un paquete urxente para seu pai e que non podía deixalo no buzón. - Que debe facer Xian? - Que é máis importante, obedecer aos seus pais ou facerlle ese favor a seu pai. Xaime ten 8 anos. É alto e forte e sempre ten gana de comer. Hoxe facíaselle tarde para ir á escola e, coas presas, olvidóuselle coller o bocata para o recreo. Dende que se deu conta está padecendo porque sabe que non poderá aguantar ata a hora de volver á casa. Un pouquiño antes do recreo pediulle permiso á profe para ir ao servicio. Ao pasar por diante dunha aula que estaba baleira, porque os alumnos fóranse ao patio a facer Educación Física, veu un bocata asomando por unha carteira. - Que debe facer Xaime? Debe aguantarse e pasar fame ou debe coller o bocadillo que viu? - E se soupera que o bocata é dun compañeiro que como moi pouco? Chimo é un rapaz de 10 anos. É máis ben tímido e calado. Non lle gusta meterse con niguén nin pelexarse cos compañeiros. Ten as orellas un pouco grandes e un compañeiro, Andrés, que é moi bromista, chamoulle en varias ocasións Dumbo. A Chimo iso moléstalle moito e quere que deixe de decirllo e de molestalo. - Que debe facer Chimo? - Habería diferenza se Andrés fora ou non amigo de Chimo?
  • 2. Ana é unha nena de 6 anos. O outro día cando ía ao servicio viu a dúas nenas de 6º curso que estaban nunha aula, que nese momento estaba baleira, collendo un estoxo dunha carteira. Ao ver que as descubrira ameazárona decíndolle que se se chivaba ía levar unha paliza. - Que debe facer Ana? - Pode o medo impedirnos facer o que desexamos? Toñi é unha nena de 7 anos. A súa nai di que é tan madura e responsable como se tivera 12. Algunhas veces a súa nai ten que sair da casa e pídelle que se quede coidando ao seu avó que vive con eles e está enfermo. Hoxe, cando Toñi volveu do colexio, a súa nai pediulle que se quedara con el porque tiña que sair a facer unas compras necesarias. Precisamente ela, Toñi, quedara cunha compañeira para facer uns deberes, merendar e xogar un pouco. - Que debe facer Toñi? - Ten ela a culpa de que os seu avó necesita axuda? - Ten ela que cargar con esa responsabilidade? Paulina entra nunha tenda. Na porta hai un gran cartel que di: retire un número para ser atendido. Ao entrar, so hai unha vella que espera apoiada no seu bastón, frente ao mostrador. Inmediatamente xúntanse detrás de Paulina, seis persoas cos seus correspondentes números. O que despacha di en voz alta un número. A velliña dille ao que despacha que ela non ten número pero que estaba de primeira. Efectivamente o número que berra corresponde ao que ten Paulina na man. A vella dille que cando ela chegou non había ninguén e para que ía sacar o número. O que despacha respóndelle que deberá sacar número igual. A vella enfádase, peta co bastón no mostrados e márchase moi enfadada e protestando contra a tenda e os seus donos. Que debería facer Paulina? Que debería facer a vella? Que debería facer o que despacha? Que debería facer o resto dos clientes que esperan? Van polo ceo unha bandada de centos de paxaros. Lentamente dous deles empezan a virar e voan cara o outro lado. A pregunta é: cales van na dirección correcta?