3. Wonder. A lección de August
Parte 1: August
1. Quen é o personaxe principal e cántos anos ten?
2. Que significa para ti “ser normal”?
3. Que pediría August a unha lámpada dos desexos? Que pedirías ti?
4. Azul de nenos e rosa de nenas? En que frase demostra August que el tamén ten
moito que aprender sobre isto?
5. Quen é o Señor Traseronian e porque le fai tanta gracia o nome a August?
6. August demostra estar moi asustado por ir ao colexo; fai unha lista de pros e
contras de ir ao cole como se a fixera el mesmo.
7. Na túa opinión, que tal foi a visita ao colexio de Beecher?
8. Que impresión temos de Julian baseándonos nos seus comentarios e reaccións?
9. Escribe 3 sensacións ou sentimentos que che provoca un primeiro día nunha
escola nova.
10.Si te tiveras que presentar nunha aula nova que dirías sobre ti?
11.Que comentario fai Julian en resposta a August que parecendo inofensivo ten un
significado insultante?
12.Explica coas túas palabras que é un precepto.
13.Con quen come Agust o primeiro día?
14.Explica de xeito resumido o xogo de “Tocar queixo” ou a “Peste”.
15.Que pasou a mañá de Halloween? Que cres que levou a Jack Will a falar así
cando pensaba que August non o esoitaba?
www.afiestradamestra.gal
4. Wonder. A lección de August
Parte 2: Via
1. Quen é Via?
2. Cal é a diferencia entre empatía e simpatía? Mira este
vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=ALh6NYPSanI
Cal cres que ten máis valor e por que?
3. Despois de ler o capítulo “Un paseo por la galaxia” describe o carácter de Via.
4. Escolle unha palabra para describir a sensación que ten Via durante a estancia en
Montauk.
5. Lendo o capítulo “August a través de la mirilla” fai un debuxo do rostro de August.
6. Via quere moitísimo a Auggie pero, por que cres que pode pasar momentos
difíciles para aceptar a totalidade de como é el?
7. O capítulo Comandante Tom (Mayor Tom) chámase así pola canción Space Oddity
d e David Bowie. Escoita e examina detidamente a letra, despois escribe un
pequeño parágrafo sobre como a canción pode relacionarse con Via e tamén con
August.
8. Que pasa entre Miranda e Via?
9. Por que cres que se enfada Via cando August corta a súa trenza?
10.Por que non foi Via ao cole o día de Halloween?
11.Por que lle gusta tanto Halloween a August?
12.En que se parece a mañá de Halloween de August á de Via?
13.Como cres que se sentiu Via cando a súa nai non pasou a falar con ela na cama?
14.Como cres que se sentiu a nai?
15.Por que Vía convence a August para voltar ao colexio?
www.afiestradamestra.gal
5. Wonder. A lección de August
Parte 3: Summer
1. Despois de ler “Niños raros” escribe 3 adxectivos que describan a Summer.
2. Como cres que se sentiu August cando Summer sentou con ela?
3. Resume nunha frase o que sucede na festa de Savanna.
4. Por que August cre que Summer é a súa amiga por obligación?
5. No seu colexio montan unha exposición sobre Exipto. Sobre que cres que sería
interesante montala ti?
6. Como reacciona August cando Summer pregunta de xeito educado pola súa
apariencia?
7. Que pista da Summer a Jack sobre o enfado de August?
Parte 4: Jack
1. “O esencial é invisible aos ollos” é unha frase do libro “O principiño” coa que
comeza esta parte. Que cres que quere dicir?
2. Por que Jack comeza a pasar máis tempo con August?
3. De que se decatou Jack na clase de ciencias?
4. Por que Jack pega a Julian? Que consecuencias ten ese acto? Pensas que son
xustas? Por que?
5. Sinala as ideas máis importantes dos e-mails, cartas e mensaxes de Facebook.
6. Se tiveras que escoller un “bando” cal escollerías e por que?
7. Por que é importante que xogos inmaduros coma esa guerra deixen de existir nos
colexios?
www.afiestradamestra.gal
6. Wonder. A lección de August
Parte 5: Justin
1. Por que a Justin gústalle tanto Olivia?
2. Que fai que Olivia sinta nervios cando Justin coñece a August?
3. Por que Justin di que a súa familia non se parece en nada á familia Pullman?
4. Que fai Justin cando Jack se vai no autobús? Que cres que é o que lle fai actuar?
5. A justin ensínanlle a lista dos “bandos” e por exemplo, Charlotte non aparece nela.
Son os compañeiros/as “neutrais” aínda máis peligrosos que os “matóns”?
6. Por que Olivia di que é unha “persona horrible”?
7. Que quere decir Justin coa frase “O universo coida de todos os seus paxaros”?
Estas de acordo ou en desacordo con esa frase?
Parte 6: August
1. Como molestan Julian, Miles e Henry a Jack e August?
2. Que cousas comezaron a cambiar en marzo?
3. August di: “É curioso: ás veces precúpaste un montón por algo que ao final resulta
non ser nada”. Pasouche algo así algunha vez?
4. Escribe polo menos 4 palabras para os sentimentos de Via en “El secreto de Via”
5. Escribe polo menos 4 palabras para os sentimentos de August en “Mi cueva”
6. Despois da despedida de Daisy, que experimenta August por primeira vez na
casa?
7. Quen fai de Emily na obra de teatro finalmente?
www.afiestradamestra.gal
7. Wonder. A lección de August
Parte 7: Miranda
1. Quen é Miranda?
2. Por que minte Miranda no campamento?
3. Por que cambia a apariencia de Miranda?
4. Porque Miranda non chama a Via despois do campamento?
5. Miranda di que Eva é unha amiga máis “fácil” que Via, por que?
6. Describe como é para ti un bo amigo/a. É fácil?
7. Porque se sinte tan feliz Miranda despois da obra de teatro?
Parte 8: August
1. Cando a nai de August di que non pode crer todo o que creceu este ano tamén di
que non se refire á súa estatura. A que se refire entón?
2. Que pasa mentres están no bosque?
3. Por que cres que Amos, Miles e Henry deciden axudar?
4. Que cambiou cando voltaron ao colexio?
5. Que significa “intentar sempre ser máis amables do necesario”?
6. Que premio recibiu August? Por que?
7. Como remata a historia?
www.afiestradamestra.gal
9. Wonder. A lección de August
Dándoo todo nun parágrafo (ou un par)
Convence a alguén para
que lea Wonder.
Que é máis importante: a
beleza interior ou exterior.
Que é o máis dificil de
aceptarse a un mesmo e
aos demáis tal e como
son?
Escribe algo amable que
fixeras hoxe. Que podes
facer mañá?
Define VALENTÍA nas
túas verbas e explica a
súa importancia.
Escribe algo que
aprenderas no colexio
que non teña que ver
coas áreas curriculares.
Se ves que están
molestando a alguén na
escola...
Que farías e por que?
A perseverancia é o esforzo
continuado por lograr algo a
pesar das dificultades, erros ou
oposicións.
Debuxa como cres que é
ese termo e explícate
brevemente debaixo.
www.afiestradamestra.gal
10. Wonder. A lección de August
Se un amigo/a está tendo
un día difícil que 3
pequenos consellos lle
darías?
Mira este vídeo:
https://goo.gl/n8fYBq
Que diferencia a simpatía
da empatía? Cal é máis
importante? Por que?
Precepto: “Cando teñas
que escoller entre ter
razón e ser amable,
escolle ser amable”
Precepto: “Os teus actos
son os teus monumentos”
Precepto: “Ningún ser
humano é unha illa,
completo por si mesmo”
Escribe e explica o teu
propio precepto.
www.afiestradamestra.gal
12. Wonder. A lección de August
Twitter:
En 140 caracteres (letras, puntación, espazos...) resume a novela, despois compartiremos
os chíos coa clase e poderemos darlle a “favorito” aos que máis se axusten e crear chíos
mellorados. #wonder
Crítica:
Unha revista contrátate para escribir unha reseña ou crítica do libro. Nun parágrafo
escribe a túa opinión e por que os lectores deben ou non deben ler este libro. Valora
tamén o libro cunha puntuación de 1 a 10.
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
________________________________________________
www.afiestradamestra.gal
13. Wonder. A lección de August
Poesía:
Escribe un poema (mínimo 8-10 versos) desde a perspectiva dun dos personaxes.
Escribe tamén unha pequena explicación sobre o significado da poesía. Sé creativo/a!
www.afiestradamestra.gal
14. Wonder. A lección de August
Cómic:
Escolle a túa escena favorita do libro e crea un comic (unhas 5 viñetas) da escena. Colle
o papel e emprega coidadosamente os debuxos, palabras, cores, etc.
Música:
Os productores da película sobre este libro contactan contigo para axudarlles coa banda
sonora. Escolle 5 cancións que ti pensas que irían ben coa peli e explica as túas escollas.
www.afiestradamestra.gal
15. Wonder. A lección de August
Máis alá:
Ao final do libro, August e os seus compañeiros entrarán en 6º, escribe un capítulo extra
sobre o primeiro día de curso. Que sucede? Como son os/as profes? Que personaxe
mostra o seu punto de vista? (mínimo 4 parágrafos)
www.afiestradamestra.gal
16. Wonder. A lección de August
¿Cómo é August?
Enche o seu retrato de palabras que reflictan os seus sentimentos ao longo da novela
(Emprega cores, tipos de letra, direccións...)
www.afiestradamestra.gal
17. Wonder. A lección de August
O teu retrato Wonder
Nesta tarefa crearás o teu retrato “Wonder”, sigue as instruccións!
1. Selecciona e debuxa ao estilo “wonoder”
(trazo groso e negro) a forma da túa cara.
2. Selecciona e engade aos debuxos os seguintes elementos co mesmo estilo:
• Pelo
• Ollo (dereito ou esquerdo)
• Orellas (si é que se ven)
• Accesorios (gafas, gorros/as,
diademas, lazos,...)
3. Enche todo o debuxo con palabras, frases e/ou pequenos debuxos que che
representen a ti e ao que verdadeiramente lle das importancia. Como queres que te
vexan?
4. Unha vez rematado escribe nunha tarxeta unhas liñas que expliquen o teu retrato
para engadilas á túa obra.
www.afiestradamestra.gal
18. Wonder. A lección de August
_________________________________________________
www.afiestradamestra.gal
20. Wonder. A lección de August
A campaña:
Toda fotografía conta unha historia.
Todos/as buscamos de xeito natural historias e significados nas imaxes, cando as vemos unimos a
nosa subxectividade, valores e experiencias para darlles un significado.
A fotograía é unha ferramenta moi poderosa para unha campaña, un modo único de,
seleccionando coidadosamente un momento e un espazo, transmitir unha mensaxe.
Sodes os encargados/as de realizar unha campaña fotográfica que sirva
para concienciar a toda a escola da importancia da amabilidade e o
valor da diversidade e o respecto!
En equipos deberedes pensar que é o que queredes transmitir e como podedes
transformar esa mensaxe nunha fotografía (e unha pequena mensaxe/slogan).
Aquí tedes roles para os membros do equipo e tarefas que debedes acometer.
Pensade que unha única persona pode asumir varios roles e que un rol que esixa
moito traballo pode ser asumido por máis de un membro do equipo!
• Creativos/as (todos/as!): Pensan a ídea que queren transmitir, a mensaxe (en
contra da discriminación por razóns de... /a favor de.../ pedindo.../advertindo...)
• Deseñador/a de arte: Plantexa como se vai plasmar a mensaxe nunha imaxe, fai o
boceto da fotografía antes de realizarse (imaxe, ángulo, encadre, luz...)
• Modelos/Atrecistas: Listan e preparan todo o preciso para a foto (quen sae (eles
mesmos?), que sae, obxectos, roupa, localización...)
• Fotógrafo/a: Toma a instantánea.
• Deseñador/a gráfico: Realiza o deseño do cartaz que acompaña á fotografía e no
cal se manda unha mensaxe escrita directa.
• Redactor/a e presentador/a: Preparan como presentarán o seu traballo aos
compañeiros/as. Como explican o seu traballo.
www.afiestradamestra.gal
21. Wonder. A lección de August
Equipo:__________________________________________________________________
Idea xeral (Que queremos transmitir?)
• Non esquezades redactar e preparar a presentación.
• Non esquezades o final dos bocetos (tomar a imaxe e realizar o cartaz)
• Non esquezades reflectir impresións personais do proceso no diario/ portfolio.
www.afiestradamestra.gal
Boceto da imaxe: Listaxe de elementos necesarios:
Boceto do cartaz
22. Wonder. A lección de August
Importante:
Aquí podedes ver os elementos principais que se terán en conta no traballo, tédeos moi
presentes para a realización do mesmo!
0 - 2.4 2.5 – 4.9 5.0 – 7.4 7.4 - 10
Mensaxe
O producto non
envía unha
mensaxe definida
O producto envía
unha mensaxe
correcta
O producto envía
unha mensaxe
clara e dacordo
cos valores que se
procuran
O producto e envía
unha mensaxe
interesante e
positiva dacordo
cos valores que se
procuran
transmitir.
Creatividade
O producto e o
proceso non foron
creativos, están
inacabados,
copiados...
O producto é
correcto e implica
certo
desenvolvemento
creativo
O producto mostra
creatividade grupal
para crear unha
imaxe única
O producto mostra
un esforzo creativo
grupal para
elaborar unha
peza xenuína
Linguaxe
fotográfica
(luz,
encadre...)
Non emprega
ningún elemento
de linguaxe
fotográfica
Emprega polo
menos un
elemento da
linguaxe
fotográfica
Emprega a
linguaxe
fotográfica para
crear unha imaxe
adecuada.
Emprega a
linguaxe
fotográfica tendo
en conta tanto a
imaxe como o
mensaxe que
quere transmitir
Presentación
Non realizan
presentación ou
está improvisada.
Realizan unha
presentación
correcta pero
escasa da imaxe
creada.
Explican a súa
imaxe de xeito
correcto.
Explican tanto a
imaxe, o que
queren transmitir,
por que escolleron
esa mensaxe e
tamén o proceso
levado a cabo.
Traballo en
equipo
Tívose que intervir
en numerosas
ocasións para o
funcionamento do
grupo, resolver
conflictos,
cambios, etc.
O equipo precisou
de algunha
intervención para
funcionar,
reorganizar roles
ou tarefas, etc.
O equipo
funcionou
correctamente,
cada membro
asumiu os seus
roles e precisaron
e intervención
puntuais.
O equipo
funcionou
correctamente,
cada membro
asumiu os seus
roles e tarefas,
traballaron de
forma coordinada
e creativa, con
respecto, axuda,
paciencia, etc.
www.afiestradamestra.gal