Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
1. FRANCÉS
Na sociedade da globalización a formación multilingüe co dominio de dúas ou máis linguas
estranxeiras permite unha maior integración e interrelación no mundo. Nesta etapa preténdese
que os alumnos/as desenvolvan unha competencia comunicativa básica que lles permita
expresarse nesa lingua en situación próximas, acordes coa súa idade e intereses
TIC
Traballaremos con : HARDWARE: arquitectura de un PC, compoñentes básicos, periféricos.
SOFTWARE: sistemas operativos, aplicacións (antivirus, optimización, …) procesadores de
texto, folla de cálculo, presentacións, internet, edición de imaxe, de vídeo e de son.
CULTURA CLÁSICA
Esta materia optativa poderase cursar unha soa vez en 3º ou 4º de ESO. A maior parte dos
pobos de Occidente basean a súa cultura nas culturas grega e latina. Esta materia optativa
pretende que os alumnos/as estuden:
Mitoloxía: Deuses e heroes. Descubrir a súa presenza na cultura actual.
A pegada de Grecia e Roma na nosa sociedade e na vida cotiá actual.
Espectáculos en Grecia e Roma.
Influencias do alfabeto grego e romano nas nosas linguas.
EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL
Está dirixida a todos aquel alumnado que queira atopar un canle para a expresión artística na
súa vida. Recoméndase para interesados en Arquitectura, Belas Artes e todas as ramas de
Deseño. Vense importantes movementos artísticos coma o Futurismo (movemento), Fauvismo
(color), Surrealismo (mundo interno), Por Art (cartelismo, comics, publicidade), Abstracción
xeometría e cubismo, texturas, pintura xestual (grafismo caligráfico). Todos os traballos son
abordados desde a vivencia e a expresión persoal. Omaterial que se usa é gratuito.
CULTURA CIENTÍFICA
O Universo a Terra e o medio ambiente, Seres vivos e contaminación, Saúde. Avances
científicos e tecnolóxicos do último século: biotecnoloxía, materiais e tecnoloxías da
comunicación, aplicacións e repercusións para a sociedade. Priorizarase o traballo en grupo, a
investigación e realización de debates.
MÚSICA
Trabállanse aspectos musicais moi diversos: a música do mundo , a música popular urbana
(pop, rock ...), a música contemporánea en Galicia e en España, as profesións da música
(intérprete, director de orquestra, letrista, musicólogo, programador musical, mestre de música,
profesor de instrumento e canto,...), as músicas escénicas (ópera, zarzuela, ballet, ...) e a
música e os medios.
FILOSOFÍA
Os contidos son: o coñecemento (a ciencia, os mitos, os sentidos e a razón), psicoloxia (a
aprendizaxe: memoria e intelixencia, a personalidade: o inconsciente e os soños, o
desenvolvemento da persoa) e a ética e sociedade (principais explicacións do comportamento
humano. Os dereitos humanos). No traballo na aula buscarase a comprensión dos conceptos e
a mellora da expresión oral e escrita pero tamén os traballos de grupo destinados a mellorar a
expresión plástica e visual, musical e artística en xeral, como confección de murais, análise de
cancións e películas de cine, dramatizacións, debate e moitas outras cousas.
TECNOLOXÍA
Os contidos son: as instalacións nas vivendas, a iniciación a electrónica, neumática e
hidráulica. Realización de proxectos. Interesante para facer enxeñerías ou CS de electricidade,
mecánica, automática, ...
NOTA: Este documento ten un carácter simplemente informativo e orientador
IES PEDRO FLORIANI
Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800
REDONDELA (Pontevedra)
Telf: 886 120 416 - 886 120 413
Correo electrónico: ies.pedro.floriani@edu.xunta.es
4º ESO
2. OPCIÓNS EN 4º ESO
1. ENSINANZAS ACADÉMICAS para a iniciación ao BACHARELATO.
2. ENSINANZAS APLICADAS para a iniciación á FP
PROMOCIÓN
O alumnado terá promoción de curso no caso de superaren todas as
materias cursadas ou teren avaliación negativa en dúas materias
como máximo, e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en
tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan
simultaneamente Lingua Galega e Matemáticas, ou Lingua Castelá e
Literatura e Matemáticas.
Quen teña promoción sen superar todas as materias deberá
matricularse das materias non superadas, seguirá os programas de
reforzo que estableza o profesorado.
Ao final de etapa entregaráselles ao pai/nai/titor legal un CONSELLO
ORIENTADOR que incluirá unha proposta do itinerario máis
adecuado para seguir, así como a identificación do logro dos
obxectivos da etapa e de adquisición das competencias.
AVALIACIÓN FINAL DA ESO
Ao finalizar 4º ESO, o alumnado realizará unha avaliación
individualizada pola opción de ensinanzas académicas ou pola de
ensinanzas aplicadas. Os alumnos/as poderán realizar a avaliación
por calquera das dúas opcións. os que non superasen a avaliación
ou desexen elevar a súa cualificación final da ESO poderán repetir a
avaliación en convocatorias sucesivas.
Para obter o título de graduado na ESO cumprirá a superación da
AVALIACIÓN FINAL.