1. NORMAS BÁSICAS DA AULA
O alumnado deberá:
1. Pedir permiso para entrar na aula, saudar educadamente e
amosar un trato respectuoso co resto das persoas.
2. Non deambular pola clase sen autorización do profesorado e
sentar correctamente, evitando bambearse e facer ruídos.
3. Respectar as regras da comunicación no que se refire a
escoitar a quen fala, respectar a quenda de palabra e ter en conta
as opinións dos demais.
4. Os papeis e outro lixo non deberán ser botados nunca ao chan
nin polas ventás.
5. Non pintar as mesas nin as cadeiras.
6. Evitar as condutas que alteran a atención da clase: rir de
maneira indebida, berrar, mascar chicle, consumir alimentos, usar
aparatos de música ou teléfonos móbiles (agás uso didáctico
supervisado polo profesor/a).
7. Agardar a autorización do/a profesor/a para abandonar a aula;
e antes de saír, deixar as mesas e as cadeiras en orde, a luz
apagada e a porta pechada.
8. Está prohibido permanecer nas aulas durante o recreo (agás
se se conta coa supervisión do profesorado).
9. Os traslados, entradas e saídas das aulas faranse de forma
silenciosa e ordenada.
10. O alumnado, agás que cambie de aula, ten que permanecer
dentro das aulas entre clases. Queda terminantemente
prohibido ir ao baño nos cambios de clase; se precisa ir,
agardará ao profesor que chegue e pediralle permiso.
NOTA: Este documento tenun carácter simplemente informativoe orientador
IES PEDRO FLORIANI
Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800
REDONDELA (Pontevedra)
Telf: 986 40 19 11 Fax: 986 40 39 44
Correo electrónico: ies.pedro.floriani@edu.xunta.es
1º ESO (LOMCE)
2. A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA:
A ESO é una nova etapa educativa que se cursa despois da
educación primaria e que se estrutura en dous ciclos: o 1º
ciclo consta de 3 cursos (1º, 2º e 3º ESO) e o 2º ciclo que
consta de 1 curso (4º ESO).
O alumnado promocionará de curso cando superase todas
as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas
materias como máximo e repetirán curso cando teñan
avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas
materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua
castelá e Literatura ou Matemática de forma simultánea.
HORARIO:
Luns: de 9:00 h ás 14:30 h e de 16:50 h ás 18:30 h
Resto dos días: de 9:00 h ás 14:30 h
MATERIAS:
En cada curso da ESO hai un conxunto de materias que todo
alumnado debe cursar (troncais) e outras específicas e de libre
configuración.
1º ESO
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4 h
MATEMÁTICAS 5 h
XEOGRAFÍA E HISTORIA 3 h
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 4 h
1ª LINGUA ESTRANXEIRA 3 h
LINGUA GALEGA E LITERATURA 4 h
EDUCACIÓN FÍSICA 2 h
RELIXIÓN OU VALORES ÉTICOS 1 h
EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL 2 h
2º LINGUA ESTRANXEIRA 2 h
TITORÍA 1 h
LIBRE CONFIGURACIÓN DO CENTRO 1 h
Total 32 h
32 h