SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 21
PRIMARIA - SECUNDARIA -
BACHARELATO
IES PEDRO FLORIANI
1º.- XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA DE TRÁNSITO
Tendo en conta o establecido no Plan de Acción Titorial e no Plan de
Orientación Académica e Profesional, organizamos este “Plan de acollida” ou
“Programa de acollida” dos alumnos/as de Educación Primaria a Educación
Secundaria Obrigatoria, e de Educación Secundaria Obrigatoria a Bacharelato.
O obxectivo deste programa é propor unha serie de actividades que permitan
unha efectiva continuidade do alumnado, para pasar dunha etapa a outra.
A finalidade da ESO consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos
básicos de cultura, especialmente aspectos humanísticos, artísticos, científicos e
tecnolóxicos; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a
súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o
exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.
O Bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoría e ten
como finalidades proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e
humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e
incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse
para o acceso á educación superior.
O alumnado accederá á ESO se alcanzou o desenvolvemento correspondente das
competencias básicas e o adecuado grao de madurez. Accedera cando as aprendizaxes
non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa
educativa. E o alumnado accederá a Bacharelato cando cumpra os requisitos esixidos
para tales estudos.
2
O paso de Educación Primaria a ESO supón un cambio moi importante para
o alumnado e para a súa formación:
• Centro: asistirán a un novo centro, un instituto, un centro máis grande,
cun ambiente novo e máis esixente.
• Clima institucional: hai un cambio en canto a edificio, réxime de
disciplina, relación, maior autonomía por parte do alumnado e, por tanto,
maior necesidade de autocontrol e de autorregulación.
• Relación sociais: o alumnado pasa a formar parte dun grupo maior,
incorporándose alumnado novo no grupo.
• Metodoloxía: a exposición por parte do profesorado ten maior peso
dentro da metodoloxía, a aprendizaxe memorística adquire unha maior
importancia, os docentes móstranse máis distantes afectivamente, etc.
Aspectos que inciden no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado.
Os alumnos primordialmente van ser valorados en función das súas
destrezas académicas.
• Horario: o horario de clase é máis extenso e intensivo, tendo maior
número de horas de clase. O maior número de profesores e de materias
leva consigo unha sobrecarga de traballo para o novo alumnado.
O éxito dun programa de transición e acollida radica na colaboración entre os
centros de partida e o centro de chegada, articulando conxuntamente medidas que
favorezan unha transición gradual que axude ó alumnado a adaptarse a nova situación,
minimizando a aparición de efectos negativos no plano social, persoal e académico. É
fundamental o traballo coordinado, sistemático e colaborativo dende o centros
3
educativos.
O desenvolvemento do alumnado é un proceso continuo e ascendente, que
acontece como resultado da educación: os logros que se producen nunha etapa, sexa
primaria ou secundaria, teñen repercusións para a seguinte e serán a base doutras
aprendizaxes posteriores.
O noso PLAN DE ACOLLIDA fundaméntase nos plantexamentos de educación
integradora e comprensiva, preocupada polo desenvolvemento equilibrado da
personalidade dos estudantes, pola atención a diversidade e a comprensión de
desigualdades de orixe socio-económico.
A Lei Orgánica 2/2006 de 3 Maio, de Educación (LOE) establece no seu
artigo121.4: Corresponde ás administracións educativas favorecer a coordinación
entro os proxectos educativos entre os centros de Educación Primaria e Educación
Secundaria, co obxecto de que a incorporación dos alumnos a ESO sexa gradual e
positiva.
Por todo o anterior, o paso dunha etapa educativa a outra debe ser continuo,
gradual e coherente, evitando cambios bruscos, e contando coa colaboración da
comunidade educativa (o propio alumnado, profesorado, pais/nais, alumnado en xeral,
departamento de orientación,…).
4
O PLAN DE ACOLLIDA diríxese basicamente a tres grupos:
 ALUMNADO. Os alumnos/as que finalizan a etapa de Educación
Primaria dos CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO e CEIP PORTO
CABEIRO, e inician os seus estudos en 1º ESO, dado que constitúen o
centro da nosa tarefa educativa. Dentro deste grupo arbítranse unha serie
de medidas que atendan de xeito xeral ás necesidades do grupo-clase, sen
esquecer, a atención ao alumnado que presente unhas características
específicas. Tamén se terá en conta ao alumnado que procede do IES
ILLA SAN SIMÓN, ou doutro instituto e que se incorpora a 1º de
Bacharelato.
 FAMILIAS. As familias dos alumnos/as que se incorporan a 1º da ESO
e 1º de Bacharelato. A colaboración das familias do alumnado é de suma
importancia, é un aspecto fundamental para obter uns óptimos resultados
neste proceso de adaptación.
 PROFESORADO. Os responsables do deseño e desenvolvemento do
Programa serán os que a continuación se enumeran:
 Equipo de mestres e mestras. Basicamente os titores dos
alumnos de 6º de primaria.
 Equipo de profesores de secundaria. Os titores do
alumnado de 4º ESO.
 O Equipo directivo dos diferentes centros.
 Os Departamentos de Orientación. Concretamente os
orientadores dos centros implicados.
5
2º.- OBXECTIVOS DO PLAN
Os obxectivos deste PLAN DE ACOLLIDA responden as necesidades
detectadas nos diferentes centros educativos, e serán as seguintes:
1. Facilitar una axeitada transición e adaptación do alumnado aos cambios
producidos no contexto escolar, de Educación Primaria a 1º da ESO, e de 4º da
ESO a 1º de Bacharelato.
2. Facilitar o proceso de acollida e integración para previr situacións de
inadaptación, ansiedade, illamento ou baixo rendemento escolar.
3. Establecer unha primeira e axeitada comunicación entre os centros e as familias.
4. Orientar ás familias sobre aqueles aspectos que permitan a adaptación dos seus
fillos/as a nova etapa educativa. Orientalos acerca da educación secundaria, o
bacharelato, a organización do centro, etc.
5. Orientar ao profesorado co intercambio de datos, documentación e información
de interese para mellorar a resposta educativa do alumnado.
6. Promover a coordinación entre os centros de primaria e o instituto, e entre o
instituto Illa San Simón e o Instituto Pedro Floriani.
7. Coordinar as actuación titoriais entre os diferentes centros.
8. Adoptar as medidas oportunas de atención a diversidade: adaptacións
curriculares, medidas de reforzo, agrupamentos específicos, etc.
9. Coordinación nas actuacións a levar a cabo nun primeiro momento da
incorporación do alumnado.
6
3º.- METODOLOXIA
O principio metodolóxico polo que nos orientaremos para levar a cabo este
programa é a participación activa de todos os axentes implicados, dende un enfoque
colaborativo. É fundamental a coordinación das distintas persoas implicadas para
desenvolver as actividades previstas, así como asumir as responsabilidades que lle
corresponden a cada axente educativo.
Neste senso, os Departamentos de Orientación xunto cos titores e parte do
equipo directivo asumirán a principal responsabilidade.
Referente o traballo coas familias e o alumnado, manteremos unha actitude
aberta e confiada, para aminorar ansiedades innecesarias, evitar malentendidos e
posibles problemas de integración no centro. A súa vez, intentaremos implicar ás
familias na responsabilidade do proceso, facilitándolles criterios e consellos que lles
permitan comprender a importancia da súa participación no programa.
7
4º.- ACTIVIDADES – ACTUACIÓNS
4.1.- ACTIVIDADES CO ALUMNADO PARA 1º ESO
ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES
Sensibilización ante o cambio da etapa e de centro Maio e xuño Orientador
primaria
Xornada de portas abertas. Visita das instalacións,
reunión informativa, …no IES PEDRO FLORIANI
Visita do alumnado de 6º primaria ao Instituto. Charla
informativa con participación do alumnado de 1º ESO,
carpeta con plano, materias, normas, …
Maio ou Xuño Titores, alumnos
de 1º ESO,
orientadores, xefe
de estudos
Traspaso de información do alumnado que ingresará no
instituto
Xuño Orientadores e
xefe de estudos
4.2.- ACTIVIDADES CO ALUMNADO PARA 1º BACHARELATO
ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES
Sensibilización ante o cambio de centro e etapa Febreiro Orientador
Xornada de portas abertas. Visita das instalacións,
reunión informativa, …no IES PEDRO FLORIANI
Visita do alumnado de 4º ESO ao Instituto.
Charla informativa
Marzo Titores,
Orientadores,
equipo directivo
4.3.- ACTIVIDADES CO PROFESORADO
ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES
Planificación das actividades do PLAN DE ACOLLIDA Abril e maio Orientadores
Reunións para coñecemento do alumnado Maio ou xuño Orientadores e
xefe de estudos
Intercambio de información (Informe Individualizado de
Tránsito)
Xuño Titores e
orientadores
Alumnado con necesidades específicas de apoio
(ANEAE).
Reunión para establecer unhas pautas de actuación para o
curso seguinte
Xuño Titores, PT, AL,
orientadores
Traspaso de información do alumnado que ingresará no
instituto
Xuño Orientadores e
xefe de estudos
Análise dos datos e organización das medidas de atención
a diversidade
Xuño, setembro Orientador e xefe
de estudos
Avaliación das actividades do PROGRAMA DE
ACOLLIDA
Setembro Orientadores
4.4.- ACTIVIDADES COAS FAMILIAS DOS ALUMNOS
ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES
Información das actividades do PLAN. Presentación das
actividades a desenvolver
Xuño Titor, xefes de
estudos,
orientadores
Reunión de coordinación, para establecemento de pautas
de actuación
Terceiro trimestre Orientadores
Visita ao IES PEDRO FLORIANI. Charla na que se
informa sobre as características da ESO.
Maio ou Xuño Equipo directivo e
orientadores
Proceso de matriculación Xuño Pais/nais,
alumnos,
administrativos
8
A coordinación das diferentes actuacións realizarase a través dos Departamentos
de Orientación de primaria e da ESO, e ao longo de todo o curso.
A charla as familias será informativa, sobre as características da ESO e da
oferta educativa do Instituto. Poderase revisar a documentación que deberán cubrir os
pais/nais para facer a matrícula dos seus fillos. Entrega de dípticos con diferente
información sobre o noso instituto.
A sesión informativa dirixida aos alumnos de 6º de primaria contará coa
colaboración dos titores deses grupos, orientadores, e algún membro do equipo
directivo. Tamén contaremos coa asistencia de 2 alumnos de 1º ESO, un por cada
titoría. Xuntos contestarán as dúbidas e inquedanzas que podan ter os alumnos de novo
ingreso en relación ao inicio dos estudos da ESO no novo centro.
9
5º.- AVALIACIÓN.
A avaliación será continua, levarase a cabo o longo do desenvolvemento do
programa, e estará a cargo de todos os participantes.
Os criterios básicos de avaliación son:
• Grao de satisfacción do profesorado, alumnado e familias (pais/nais) sobre o
proceso de transición e acollida.
• Grao de colaboración entre os diferentes centros implicados.
• Grao de coordinación entre os departamentos de orientación.
• Grao de comunicación coas familias do alumnado implicado.
• Información suficiente sobre a normativa do centro: horarios, materiais, …
• Integración entre os diferentes compañeiros.
Os instrumentos de avaliación serán a observación e o rexistro de
incidencias, así como a recollida de opinións entre os membros da comunidade
educativa que foron acollidos.
O proceso de seguimento e valoración do programa realizarase a principios do
mes de setembro, comezado o curso seguinte, e finalizando coa elaboración dunha
memoria que terá en conta: idoneidade das actuacións, a implicación das familias, a
integración dos alumnos/as, adecuación do informe individualizado de tránsito, …
10
6º.- CONCLUSIÓN
A transición y acollida dende un enfoque preventivo e colaborativo supón
coordinar a actuación dos distintos niveis que interveñen no sistema de orientación,
optimizando os recursos (persoais e materiais) e mellorando os sistemas de
comunicación entre eles. Tamén é de vital importancia unha adecuada avaliación
inicial, para logo poder estableces as medidas de atención a diversidade oportunas para
o alumnado que as requira e evitar situacións negativas para os alumnos/as. Por outro
lado, este programa tamén permítenos realizar unha primeira toma de contacto coas
familias do alumnado, e iniciar o establecemento de vínculos co centro e cos titores, e a
implicación directa das familias no proceso educativo dos seus fillos.
11
ORGANIZACIÓN DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (LOMCE)
1º ESO
MATERIAS HORAS
TRONCAIS
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4
XEOGRAFÍA E HISTORIA 3
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 4
MATEMÁTICAS 5
INGLÉS 3
ESPECÍFICAS
EDUCACIÓN PLÁTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL 2
FRANCÉS 2
EDUCACIÓN FÍSICA 2
RELIXIÓN OU VALORES ÉTICOS 1
DE LIBRE
CONFIGURACIÓN
LINGUA GALEGA E LITERATURA 4
Materia a determinar polo centro 1
Titoría 1
TOTAL 32 horas
12
ORGANIZACIÓN DO BACHARELATO (LOMCE)
1º BACHARELATO DE CIENCIAS
MATERIAS HORAS
XERAIS
FILOSOFÍA 2
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3
LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3
INGLÉS 3
MATEMÁTICAS I 4
TRONCAIS
Elexir dúas
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4
DEBUXO TÉCNICO I 4
FÍSICA E QUÍMICA 4
ESPECÍFICAS
EDUCACIÓN FÍSICA 2
Elexir entre dúas e tres
ANALIXE MUSICAL I 3
ANATOMÍA APLICADA 3
CULTURA CIENTÍFICA 3
DEBUXO ARTÍSTICO I 3
DEBUXO TÉCNICO I 3
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3
RELIXIÓN 1
SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3
TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3
VOLUME 3
MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1
UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4
1º BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
MATERIAS HORAS
XERAIS
FILOSOFÍA 2
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3
LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3
INGLÉS 3
LATÍN I (Itinerario de humanidades) 4
MATEMÁTICAS APLICADAS AÁS CIENCIAS SOCIAIS I (Itinerario
de ciencias sociais)
4
TRONCAIS
Elexir dúas
ECONOMÍA 4
GREGO I 4
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 4
LITERATURA UNIVERSAL 4
ESPECÍFICAS
EDUCACIÓN FÍSICA 2
Elexir entre dúas e tres
ANALIXE MUSICAL I 3
ANATOMÍA APLICADA 3
CULTURA CIENTÍFICA 3
DEBUXO ARTÍSTICO I 3
DEBUXO TÉCNICO I 3
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3
RELIXIÓN 1
SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3
TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3
VOLUME 3
13
MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1
UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4
INFORME INDIVIDUALIZADO DE AVALIACIÓN- 3º CICLO EP
CURSO ACADÉMICO: __________
1. DATOS PERSOAIS
ALUMNO/A:_________________________________________________________________
DATA DE NACEMENTO:_____________________________________________________
2. CONTEXTO FAMILIAR Datos relevantes da situación do alumno/a e da familia postos a disposición do centro
para axudar ao proceso.
2.1. INFORMACIÓN SOBRE O ALUMNO/A
2.2 OBSERVACIÓNS SOBRE A SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR
3. AVALIACIÓN INICIAL A desenvolver durante o primeiro mes do inicio do ciclo.
3.1 INFORMES ANTERIORES
De final de etapa. □ De final de ciclo.
Psicopedagóxico. □ De entidades ou organismos externos.
Outros………………………………………………………………………
Particularidades: □ Procedencia doutro centro………………………………
3.2 RESUMO DO HISTORIAL ACADÉMICO
14
Medidas de atención á diversidade:
Reforzo Educativo.
Apoio na aula.
Apoio fóra da aula.
Adaptación curricular.
Outras: (Permanencia dun ano máis nun ciclo, flexibilización do período de escolaridade…)
………………………………………………………………………………………………….
Acadou os obxectivos das diferentes áreas curriculares do ciclo anterior.
Áreas nas que non se acadaron os obxectivos:
CUALIFICACIÓN INSUFICIENTE
C.M. MA. L.C. L.G. E.A.(Plást.) E.A.
(Músic.)
L.E. E.F.
ESTE ALUMNO/A PROMOCIONOU POR CONSIDERAR QUE AS APRENDIZAXES NON ACADADAS NON SUPOÑEN UN OBSTÁCULO PARA AVANZAR
CEIP____________________
Rúa ____________________ (Pontevedra)
Tf./Fax
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
3.3 GRAO DE DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
4. MEDIDAS EDUCATIVAS (Ordinarias ou extraordinarias organizadas ao longo do ciclo)
4.1 ATENCIÓN XERAL
Evoluciona satisfactoriamente participando íntegramente na proposta de
tarefas e proxectos programados)
4.2 MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Reforzo Educativo.
15
COMPETENCIA DIMENSIÓN VALORACIÓN
1 2 3 4 GLOBAL
1
COMUNICACIÓN
LINGÜÍSTICA
1- Falar e escoitar
2- Ler
3- Expresarse por escrito
2
MATEMATICA
1- Comprender, interpretar e organizar a información.
2- Dominar a expresión matemática oral e escrita.
3- Formular e resolver problemas
3
NO COÑECEMENTO E
INTERACCIÓN CO
MUNDO FÍSICO
1- Coñecer, comprender e aplicar nocións e experiencias científicas e
tecnolóxicas básicas.
2- Comprender como interactúan os seres vivos e o medio.
3- Valorar a importancia do exercicio físico, a nutrición e a saúde.
4- Coñecer e aplicar procesos científicos e tecnolóxicos.
4
NO TRATAMENTO DA
INFORM. E C. DIXITAL
1- Dominar linguaxes específicas básicas (textual, numérica, visual, etc.)
para organizalas e analizalas.
2- Usar as novas tecnoloxías para obter información e reelaborala.
5
SOCIAL E CIDADÁ
1- Comunicarse en distintos contextos mediante o diálogo e a
negociación, expresando as súas ideas e respectando as alleas.
2- Respectar e valorar as normas de convivencia democrática.
3- Comprender a evolución da realidade histórica e social, evitando
calquera tipo de prexuízo ou discriminación.
6
CULTURAL E
ARTÍSTICA
1- Disfrutar coas creacións artísticas propias e dos demáis, usando
diferentes técnicas artísticas.
2- Valorar o patrimonio artístico e cultural.
7
APRENDER A
APRENDER
1- Adquirir responsabilidades en relación co propio traballo, realizándoo
con esforzo e autonomía.
2- Sentir satisfacción co traballo ben feito, desenvolvendo a confianza
en si mesmo e o gusto por aprender.
8
AUTONOMÍA E
INICIATIVA PERSOAL
1- Saber deliberar e tomar as propias decisións.
2- Saber buscar solucións a problemas, valorando o positivo de aprender
dos erros.
3- Coñecerse a si mesmo, as súas posibilidades e limitacións, e con
capacidade de autocontrol.
1 = Sen progreso
2 = Progreso Insuficiente
3 = Progreso Suficiente
4= Progreso Adecuado
VALORACIÓN GLOBAL
> 50% de 2 Progreso Insuficiente
≥ 50% de 3 Progreso Suficiente
≥ 50% de 4 Progreso Adecuado
Apoio na aula.
Apoio fóra da aula.
Adaptación Curricular.
Outras:
………………………………………………………………………………
……………
5. GRAO DE APRENDIZAXE ACADADO
5.1 APROXIMACIÓN AOS REFERENTES DA AVALIACIÓN
5.2 GRAO DE ADQUISICIÓN DAS APRENDIZAXES EN RELACIÓN COS
OBXECTIVOS E O DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
1. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA 1 2 3 4
Capta o sentido de textos orais recoñecendo as ideas principias e secundarias.
Exprésase de forma oral mediante textos que presenten de maneira coherente coñecementos,
feitos e opinións.
Le textos de diverso tipo coa fluidez, pronunciación, entonación e ritmo adecuados ao seu
contido.
Comprende o que le, localiza, recupera información e recoñece as ideas principias e
secundarias.
Exprésase por escrito de forma clara e ordenada usando as normas gramaticais e ortográficas.
Mantén conversas cotiás e familiares, empregando formas e estructuras básicas propias da
lingua estranxeira sobre temas coñecidos en situacións de comunicación predecibles.
Comprende textos breves escritos en lingua estranxeira.
Produce textos moi breves escritos en lingue estranxeira, comprensibles e adaptados ás
características da situación e á intención comunicativa.
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA
2. COMPETENCIA MATEMÁTICA 1 2 3 4
Le, escribe e ordena, empregando razoamentos apropiados, distintos tipos de números
(naturais, enteiros, fraccións e decimais ata as centésimas) e os manexa en situacións da vida
real.
Ten fluidez no uso de estratexias personais de cálculo mental para realizar operacións e cálculos
numéricos sinxelos en operacións de suma, resta, multiplicación e división simples, combinando ata dúas
operacións en situacións de resolucións de problemas.
Aplica estratexias sinxelas e busca procedementos matemáticos adecuados para formular e
resolver problemas, expresando de forma ordenada e clara o proceso seguido.
Coñece e manexa, en contextos reais, os instrumentos máis adecuados e as unidades de medida
usuais, facendo previamente estimacións e expresando con precisión medidas de lonxitude,
superficie, peso/masa, capacidade e tempo.
Recolle, rexistra, realiza, le e interpreta representacións gráficas e táboas numéricas dun
conxunto de datos relativos a contextos familiares.
Coñece e utiliza as nocións xeométricas de paralelismo, perpendicularidade, simetría,
perímetro e superficie para describir e comprender situacións da vida cotiá.
16
Supera globalmente os criterios de avaliación das áreas curriculares.
Suspende as seguintes áreas:
CUALIFICACIÓN INSUFICIENTE
C.M. MA. L.C. L.G. E.A.(Plást.) E.A.
(Músic.)
L.E. E.F.
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA
3. COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E A INTERACCIÓN CO MUNDO
FÍSICO
1 2 3 4
Planifica e realiza sinxelas investigacións: observa e pregúntase, manipula e experimenta,
formula hipótese, verifica e argumenta.
Interpreta, realiza e emprega planos, mapas, croquis e itinerarios tendo en conta os signos
convencionais e a escala gráfica.
Emprega as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade para situar nas liñas do
tempo feitos históricos e outros feitos relevantes.
Planifica a construcción de obxectos e aparellos cunha finalidade previa, empregando fontes
enerxéticas, operadores e materiais apropiados.
Adopta comportamentos de protección do medio ambiente na vida cotiá.
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA
4. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL 1 2 3 4
Emprega diferentes procedementos de búsqueda, selección, organización e interpretación da
información.
Emprega de maneira adecuada distintas tecnoloxías da información e a comunicación para a
búsqueda de información e a creación de diferentes produccións.
Presenta un informe, utilizando soporte papel e dixital, recollendo información de diferentes fontes
(directas, libros, Internet) con diferentes medios, seguindo un plan de traballo e expresando
conclusións.
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA
5. COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ 1 2 3 4
Participa activamente nas actividades da aula e do centro.
Acepta e practica as normas de convivencia.
Argumenta e defende as opinións propias, escoita e valora críticamente as opinións dos demáis,
amosando unha actitude de respecto cara as persoas.
Participa na toma de decisións do grupo, empreñando o diálogo para favorecer os acordos e
asumindo as súas obrigas.
Amosa respecto polas diferenzas e as características persoais propias e dos seus compañeiros e
compañeiras.
Acepta a corrección no caso de equivocación e asume responsabilidades.
Ten adquiridos hábitos de saúde, de hixiene e de alimentación.
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA
6. COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA 1 2 3 4
Representa de forma persoal ideas, accións e situacións valéndose dos recursos que a linguaxe
plástica, visual, musical e corporal proporcionan.
Constrúe composicións grupais en interacción cos compañeiros e compañeiras utilizando
recursos expresivos vocais, instrumentais e corporais.
Recoñece e valora as manifestacións artísticas e culturais do mundo social e cultural actual e
doutras épocas.
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA
7. COMPETENCIA PARA A PRENDER A APRENDER 1 2 3 4
Utiliza técnicas para aprender a aprender: organiza, memoriza e recupera a información, a
través de resumes, esquemas ou mapas mentais.
Reflexiona sobre a súa aprendizaxe: organización do traballo, aceptación do erro como parte do
proceso de aprendizaxe, autocorrección e autoavaliación.
Emprega a lectura como medio de obter información.
Usa as tecnoloxías da comunicación e a información para aprender a aprender e para
comunicarse.
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA
8. AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL 1 2 3 4
Amosa unha actitude de esforzo persoal e actúa de forma coordinada e cooperativa na
17
resolución de tarefas que se plantexan.
Amosa interese, creatividade e iniciativa persoal na resolución de tarefas.
É autónomo/a na planificación, toma de decisións e realización das tarefas.
Razoa e argumenta con lóxica comprobando a validez do proceso levado a cabo.
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA
6. DECISIÓN DE PROMOCIÓN
Segundo os datos do apartado (5) que resumen a información das actas de avaliación.
Alcanza os obxectivos de todas as áreas, amosando destrezas nas oito competencias e un
grao de madurez suficiente.
Non alcanza os obxectivos das áreas cualificadas negativamente no apartado (5.1)
Amosa un grao de desenvolvemento insuficiente nas seguintes competencias:
C.L MA. C.M. C.D. S.C. C.A. A.A. A.P.
PROMOCIONA Á E.S.O.
NON PROMOCIONA Á E.S.O. ( e permanecerá un ano máis no 3º ciclo)
7. MEDIDAS QUE SE PROPOÑEN PARA O PRÓXIMO CURSO
Reforzo Educativo.
Apoio na aula.
Apoio fóra da aula.
Adaptación Curricular.
Exención da 2ª lengua estranxeira
Outras:
………………………………………………………………………………
….
OBSERVACIÓNS
En Redondela, a ………………………. de……………………. 20…..
18
O/A profesor/a titor/a
Sinatura
INFORME DE TRÁNSITO DE EDUCACIÓN PRIMARIA A E.S.O.
1º.- DATOS DE IDENTIFICACIÓN
APELIDOS:____________________________________________________________________________
NOME: ______________________________________________________________________________
DATA DE NACEMENTO: ____________________________________IDADE: ______________________
CURSO: _____________GRUPO: _____________
TITOR/A:_____________________________________________________________
2º.- ESCOLARIZACIÓN
Permaneceu un ano máis: si non
• No primeiro ciclo …………………………………………………………………………………
• No segundo ciclo………………………………………………………………………………….
• No terceiro ciclo ………………………………………………………………………………….
Necesitou medidas de apoio nas áreas de:
• Lingua española……………………………………………………………………………………
• Lingua galega ………………………………………………………………………………………
• Educación física……………………………………………………………………………………..
• Educación artística ………………………………………………………………………………
• Matemáticas ……………………………………………………………………………………….
• Lingua estranxeira ……………………………………………………………………………….
Tipo de apoio recibido:
• Dentro da aula………………………………………………………………………………………
• Fora da aula ordinaria …………………………………………………………………………
Apoio dado por:
• Profesor/a titor/a …………………………………………………………………………………..
• Profesorado de PEDAGOXIA TERAPÉUTICA ……………………….......................
• Profesorado de AUDICIÓN E LINGUAXE………………………………………………….
Respondeu ao apoio:
• Avanzando ben…………………………………………………………………………………………
• Avanzando moi lentamente ……………………………………………………………………..
• Esforzándose pero non avanzando ……………………………………………………………..
• Non colaborando ……………………………………………………………………………………..
Medida curricular de atención a diversidade adoptada:
• Reforzo educativo……………………………………………………………………………………..
• Adaptación curricular ……………………………………………………………………………….
• Reforzo pedagóxico…………………………………………………………………………………..
• Agrupamento flexible………………………………………………………………………………..
3º.- NIVEL DE COMPETENCIA CURRICULAR
LINGUA
SI AS
VECES
NON
Lectura e comprensión
- Silabea ou deletrea ao ler
- Le textos con fluidez
19
- Comprende o que le
- Ten unha correcta expresión oral
- Busca e procesa a información
Expresión escrita
- Escribe oracións
- Escribe textos longos
- Realiza correctamente composicións
MATEMÁTICAS
SI AS
VECES
NON
- Suma
- Resta
- Multiplica
- Divide
- Razoamento lóxico
- Resolución de problemas
• O seu nivel de competencia curricular sitúase no ciclo:
 1º ciclo de primaria
 2º ciclo de primaria
 3º ciclo de primaria
• Aconséllase que en 1º ESO curse:
 Lingua estranxeira si……… non ……
Ou esté exento de 2 lingua estranxeira, polo motivo seguinte,: __________________________________
_____________________________________________________________________________________
• Nivel no que se sitúa ao alumno:
 Alumno sen problemas de aprendizaxe
 Alumno con dificultades de aprendizaxe, e necesita:
 Reforzo educativo, nas áreas: ______________________________________
 ACs, nas áreas: __________________________________________________
4º.- INTERACIÓN NA CLASE
O/A alumno/a maniféstase na aula (subliñar)
• Distraído/a ou atento/a
• Desmotivado/a ou motivado/a
• Despreocupado/a ou responsable
• Impulsivo/a ou reflexivo
• Lento na tarefa ou rápido/a
• Dependente no seu traballo ou independente
5º.- ACTITUDES
• Introvertido/a ou extrovertido/a
• Tímido/a ou atrevido
• Agresivo/a ou dócil
• Inquieto/a ou tranquilo/a
• Irrespetuoso/a ou respetuoso/a
6º.- RELACIÓN FAMILIA-COLEXIO
• De colaboración
• Non colaboradora, debido a:
_____________________________________________________
20
_
7º.- OUTROS ASPECTOS QUE CONSIDERE DE INTERESE:
____________________________________________________________
____________________________________________________________
____________________________________________________________
____________________________________________________________
_______________
En _____________________ a ______ de _____________ de 20____
Asdo. o/a titor/a do curso. Don/Dona:
_________________________________
21

Más contenido relacionado

Similar a Plan de acollida ies pedro floriani

Similar a Plan de acollida ies pedro floriani (20)

Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiro
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiro
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
Pxa 2019 20
Pxa 2019 20Pxa 2019 20
Pxa 2019 20
 
Pxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 webPxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 web
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do EstranxeiroAcollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
 
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do EstranxeiroAcollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 

Más de pedrofloriani

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESOORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESOpedrofloriani
 
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO 0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO pedrofloriani
 
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATOITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATOpedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016pedrofloriani
 
DÍA DA PAZ - REFUGIADOS
DÍA DA PAZ - REFUGIADOSDÍA DA PAZ - REFUGIADOS
DÍA DA PAZ - REFUGIADOSpedrofloriani
 
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN pedrofloriani
 
APRENDENDO A ESTUDAR.
APRENDENDO A ESTUDAR. APRENDENDO A ESTUDAR.
APRENDENDO A ESTUDAR. pedrofloriani
 
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN NA ESO
ORIENTACIÓN NA ESO ORIENTACIÓN NA ESO
ORIENTACIÓN NA ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIAORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIApedrofloriani
 
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOpedrofloriani
 
Folleto formacion profesional_basica
Folleto formacion profesional_basicaFolleto formacion profesional_basica
Folleto formacion profesional_basicapedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 

Más de pedrofloriani (20)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESOORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
 
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO 0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
 
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATOITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
 
AUTISMO
AUTISMOAUTISMO
AUTISMO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
 
DÍA DA PAZ - REFUGIADOS
DÍA DA PAZ - REFUGIADOSDÍA DA PAZ - REFUGIADOS
DÍA DA PAZ - REFUGIADOS
 
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
 
DISLEXIA
DISLEXIA DISLEXIA
DISLEXIA
 
APRENDENDO A ESTUDAR.
APRENDENDO A ESTUDAR. APRENDENDO A ESTUDAR.
APRENDENDO A ESTUDAR.
 
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
 
ORIENTACIÓN NA ESO
ORIENTACIÓN NA ESO ORIENTACIÓN NA ESO
ORIENTACIÓN NA ESO
 
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIAORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
 
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
 
IES PEDRO FLORIANI
IES PEDRO FLORIANIIES PEDRO FLORIANI
IES PEDRO FLORIANI
 
Folleto formacion profesional_basica
Folleto formacion profesional_basicaFolleto formacion profesional_basica
Folleto formacion profesional_basica
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 

Plan de acollida ies pedro floriani

  • 1. PRIMARIA - SECUNDARIA - BACHARELATO IES PEDRO FLORIANI
  • 2. 1º.- XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA DE TRÁNSITO Tendo en conta o establecido no Plan de Acción Titorial e no Plan de Orientación Académica e Profesional, organizamos este “Plan de acollida” ou “Programa de acollida” dos alumnos/as de Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria, e de Educación Secundaria Obrigatoria a Bacharelato. O obxectivo deste programa é propor unha serie de actividades que permitan unha efectiva continuidade do alumnado, para pasar dunha etapa a outra. A finalidade da ESO consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos básicos de cultura, especialmente aspectos humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns. O Bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoría e ten como finalidades proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior. O alumnado accederá á ESO se alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas e o adecuado grao de madurez. Accedera cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa educativa. E o alumnado accederá a Bacharelato cando cumpra os requisitos esixidos para tales estudos. 2
  • 3. O paso de Educación Primaria a ESO supón un cambio moi importante para o alumnado e para a súa formación: • Centro: asistirán a un novo centro, un instituto, un centro máis grande, cun ambiente novo e máis esixente. • Clima institucional: hai un cambio en canto a edificio, réxime de disciplina, relación, maior autonomía por parte do alumnado e, por tanto, maior necesidade de autocontrol e de autorregulación. • Relación sociais: o alumnado pasa a formar parte dun grupo maior, incorporándose alumnado novo no grupo. • Metodoloxía: a exposición por parte do profesorado ten maior peso dentro da metodoloxía, a aprendizaxe memorística adquire unha maior importancia, os docentes móstranse máis distantes afectivamente, etc. Aspectos que inciden no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado. Os alumnos primordialmente van ser valorados en función das súas destrezas académicas. • Horario: o horario de clase é máis extenso e intensivo, tendo maior número de horas de clase. O maior número de profesores e de materias leva consigo unha sobrecarga de traballo para o novo alumnado. O éxito dun programa de transición e acollida radica na colaboración entre os centros de partida e o centro de chegada, articulando conxuntamente medidas que favorezan unha transición gradual que axude ó alumnado a adaptarse a nova situación, minimizando a aparición de efectos negativos no plano social, persoal e académico. É fundamental o traballo coordinado, sistemático e colaborativo dende o centros 3
  • 4. educativos. O desenvolvemento do alumnado é un proceso continuo e ascendente, que acontece como resultado da educación: os logros que se producen nunha etapa, sexa primaria ou secundaria, teñen repercusións para a seguinte e serán a base doutras aprendizaxes posteriores. O noso PLAN DE ACOLLIDA fundaméntase nos plantexamentos de educación integradora e comprensiva, preocupada polo desenvolvemento equilibrado da personalidade dos estudantes, pola atención a diversidade e a comprensión de desigualdades de orixe socio-económico. A Lei Orgánica 2/2006 de 3 Maio, de Educación (LOE) establece no seu artigo121.4: Corresponde ás administracións educativas favorecer a coordinación entro os proxectos educativos entre os centros de Educación Primaria e Educación Secundaria, co obxecto de que a incorporación dos alumnos a ESO sexa gradual e positiva. Por todo o anterior, o paso dunha etapa educativa a outra debe ser continuo, gradual e coherente, evitando cambios bruscos, e contando coa colaboración da comunidade educativa (o propio alumnado, profesorado, pais/nais, alumnado en xeral, departamento de orientación,…). 4
  • 5. O PLAN DE ACOLLIDA diríxese basicamente a tres grupos:  ALUMNADO. Os alumnos/as que finalizan a etapa de Educación Primaria dos CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO e CEIP PORTO CABEIRO, e inician os seus estudos en 1º ESO, dado que constitúen o centro da nosa tarefa educativa. Dentro deste grupo arbítranse unha serie de medidas que atendan de xeito xeral ás necesidades do grupo-clase, sen esquecer, a atención ao alumnado que presente unhas características específicas. Tamén se terá en conta ao alumnado que procede do IES ILLA SAN SIMÓN, ou doutro instituto e que se incorpora a 1º de Bacharelato.  FAMILIAS. As familias dos alumnos/as que se incorporan a 1º da ESO e 1º de Bacharelato. A colaboración das familias do alumnado é de suma importancia, é un aspecto fundamental para obter uns óptimos resultados neste proceso de adaptación.  PROFESORADO. Os responsables do deseño e desenvolvemento do Programa serán os que a continuación se enumeran:  Equipo de mestres e mestras. Basicamente os titores dos alumnos de 6º de primaria.  Equipo de profesores de secundaria. Os titores do alumnado de 4º ESO.  O Equipo directivo dos diferentes centros.  Os Departamentos de Orientación. Concretamente os orientadores dos centros implicados. 5
  • 6. 2º.- OBXECTIVOS DO PLAN Os obxectivos deste PLAN DE ACOLLIDA responden as necesidades detectadas nos diferentes centros educativos, e serán as seguintes: 1. Facilitar una axeitada transición e adaptación do alumnado aos cambios producidos no contexto escolar, de Educación Primaria a 1º da ESO, e de 4º da ESO a 1º de Bacharelato. 2. Facilitar o proceso de acollida e integración para previr situacións de inadaptación, ansiedade, illamento ou baixo rendemento escolar. 3. Establecer unha primeira e axeitada comunicación entre os centros e as familias. 4. Orientar ás familias sobre aqueles aspectos que permitan a adaptación dos seus fillos/as a nova etapa educativa. Orientalos acerca da educación secundaria, o bacharelato, a organización do centro, etc. 5. Orientar ao profesorado co intercambio de datos, documentación e información de interese para mellorar a resposta educativa do alumnado. 6. Promover a coordinación entre os centros de primaria e o instituto, e entre o instituto Illa San Simón e o Instituto Pedro Floriani. 7. Coordinar as actuación titoriais entre os diferentes centros. 8. Adoptar as medidas oportunas de atención a diversidade: adaptacións curriculares, medidas de reforzo, agrupamentos específicos, etc. 9. Coordinación nas actuacións a levar a cabo nun primeiro momento da incorporación do alumnado. 6
  • 7. 3º.- METODOLOXIA O principio metodolóxico polo que nos orientaremos para levar a cabo este programa é a participación activa de todos os axentes implicados, dende un enfoque colaborativo. É fundamental a coordinación das distintas persoas implicadas para desenvolver as actividades previstas, así como asumir as responsabilidades que lle corresponden a cada axente educativo. Neste senso, os Departamentos de Orientación xunto cos titores e parte do equipo directivo asumirán a principal responsabilidade. Referente o traballo coas familias e o alumnado, manteremos unha actitude aberta e confiada, para aminorar ansiedades innecesarias, evitar malentendidos e posibles problemas de integración no centro. A súa vez, intentaremos implicar ás familias na responsabilidade do proceso, facilitándolles criterios e consellos que lles permitan comprender a importancia da súa participación no programa. 7
  • 8. 4º.- ACTIVIDADES – ACTUACIÓNS 4.1.- ACTIVIDADES CO ALUMNADO PARA 1º ESO ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES Sensibilización ante o cambio da etapa e de centro Maio e xuño Orientador primaria Xornada de portas abertas. Visita das instalacións, reunión informativa, …no IES PEDRO FLORIANI Visita do alumnado de 6º primaria ao Instituto. Charla informativa con participación do alumnado de 1º ESO, carpeta con plano, materias, normas, … Maio ou Xuño Titores, alumnos de 1º ESO, orientadores, xefe de estudos Traspaso de información do alumnado que ingresará no instituto Xuño Orientadores e xefe de estudos 4.2.- ACTIVIDADES CO ALUMNADO PARA 1º BACHARELATO ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES Sensibilización ante o cambio de centro e etapa Febreiro Orientador Xornada de portas abertas. Visita das instalacións, reunión informativa, …no IES PEDRO FLORIANI Visita do alumnado de 4º ESO ao Instituto. Charla informativa Marzo Titores, Orientadores, equipo directivo 4.3.- ACTIVIDADES CO PROFESORADO ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES Planificación das actividades do PLAN DE ACOLLIDA Abril e maio Orientadores Reunións para coñecemento do alumnado Maio ou xuño Orientadores e xefe de estudos Intercambio de información (Informe Individualizado de Tránsito) Xuño Titores e orientadores Alumnado con necesidades específicas de apoio (ANEAE). Reunión para establecer unhas pautas de actuación para o curso seguinte Xuño Titores, PT, AL, orientadores Traspaso de información do alumnado que ingresará no instituto Xuño Orientadores e xefe de estudos Análise dos datos e organización das medidas de atención a diversidade Xuño, setembro Orientador e xefe de estudos Avaliación das actividades do PROGRAMA DE ACOLLIDA Setembro Orientadores 4.4.- ACTIVIDADES COAS FAMILIAS DOS ALUMNOS ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES Información das actividades do PLAN. Presentación das actividades a desenvolver Xuño Titor, xefes de estudos, orientadores Reunión de coordinación, para establecemento de pautas de actuación Terceiro trimestre Orientadores Visita ao IES PEDRO FLORIANI. Charla na que se informa sobre as características da ESO. Maio ou Xuño Equipo directivo e orientadores Proceso de matriculación Xuño Pais/nais, alumnos, administrativos 8
  • 9. A coordinación das diferentes actuacións realizarase a través dos Departamentos de Orientación de primaria e da ESO, e ao longo de todo o curso. A charla as familias será informativa, sobre as características da ESO e da oferta educativa do Instituto. Poderase revisar a documentación que deberán cubrir os pais/nais para facer a matrícula dos seus fillos. Entrega de dípticos con diferente información sobre o noso instituto. A sesión informativa dirixida aos alumnos de 6º de primaria contará coa colaboración dos titores deses grupos, orientadores, e algún membro do equipo directivo. Tamén contaremos coa asistencia de 2 alumnos de 1º ESO, un por cada titoría. Xuntos contestarán as dúbidas e inquedanzas que podan ter os alumnos de novo ingreso en relación ao inicio dos estudos da ESO no novo centro. 9
  • 10. 5º.- AVALIACIÓN. A avaliación será continua, levarase a cabo o longo do desenvolvemento do programa, e estará a cargo de todos os participantes. Os criterios básicos de avaliación son: • Grao de satisfacción do profesorado, alumnado e familias (pais/nais) sobre o proceso de transición e acollida. • Grao de colaboración entre os diferentes centros implicados. • Grao de coordinación entre os departamentos de orientación. • Grao de comunicación coas familias do alumnado implicado. • Información suficiente sobre a normativa do centro: horarios, materiais, … • Integración entre os diferentes compañeiros. Os instrumentos de avaliación serán a observación e o rexistro de incidencias, así como a recollida de opinións entre os membros da comunidade educativa que foron acollidos. O proceso de seguimento e valoración do programa realizarase a principios do mes de setembro, comezado o curso seguinte, e finalizando coa elaboración dunha memoria que terá en conta: idoneidade das actuacións, a implicación das familias, a integración dos alumnos/as, adecuación do informe individualizado de tránsito, … 10
  • 11. 6º.- CONCLUSIÓN A transición y acollida dende un enfoque preventivo e colaborativo supón coordinar a actuación dos distintos niveis que interveñen no sistema de orientación, optimizando os recursos (persoais e materiais) e mellorando os sistemas de comunicación entre eles. Tamén é de vital importancia unha adecuada avaliación inicial, para logo poder estableces as medidas de atención a diversidade oportunas para o alumnado que as requira e evitar situacións negativas para os alumnos/as. Por outro lado, este programa tamén permítenos realizar unha primeira toma de contacto coas familias do alumnado, e iniciar o establecemento de vínculos co centro e cos titores, e a implicación directa das familias no proceso educativo dos seus fillos. 11
  • 12. ORGANIZACIÓN DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (LOMCE) 1º ESO MATERIAS HORAS TRONCAIS BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4 XEOGRAFÍA E HISTORIA 3 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 4 MATEMÁTICAS 5 INGLÉS 3 ESPECÍFICAS EDUCACIÓN PLÁTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL 2 FRANCÉS 2 EDUCACIÓN FÍSICA 2 RELIXIÓN OU VALORES ÉTICOS 1 DE LIBRE CONFIGURACIÓN LINGUA GALEGA E LITERATURA 4 Materia a determinar polo centro 1 Titoría 1 TOTAL 32 horas 12
  • 13. ORGANIZACIÓN DO BACHARELATO (LOMCE) 1º BACHARELATO DE CIENCIAS MATERIAS HORAS XERAIS FILOSOFÍA 2 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3 LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3 INGLÉS 3 MATEMÁTICAS I 4 TRONCAIS Elexir dúas BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4 DEBUXO TÉCNICO I 4 FÍSICA E QUÍMICA 4 ESPECÍFICAS EDUCACIÓN FÍSICA 2 Elexir entre dúas e tres ANALIXE MUSICAL I 3 ANATOMÍA APLICADA 3 CULTURA CIENTÍFICA 3 DEBUXO ARTÍSTICO I 3 DEBUXO TÉCNICO I 3 LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3 RELIXIÓN 1 SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3 TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3 VOLUME 3 MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1 UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4 1º BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS MATERIAS HORAS XERAIS FILOSOFÍA 2 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3 LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3 INGLÉS 3 LATÍN I (Itinerario de humanidades) 4 MATEMÁTICAS APLICADAS AÁS CIENCIAS SOCIAIS I (Itinerario de ciencias sociais) 4 TRONCAIS Elexir dúas ECONOMÍA 4 GREGO I 4 HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 4 LITERATURA UNIVERSAL 4 ESPECÍFICAS EDUCACIÓN FÍSICA 2 Elexir entre dúas e tres ANALIXE MUSICAL I 3 ANATOMÍA APLICADA 3 CULTURA CIENTÍFICA 3 DEBUXO ARTÍSTICO I 3 DEBUXO TÉCNICO I 3 LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3 RELIXIÓN 1 SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3 TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3 VOLUME 3 13
  • 14. MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1 UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4 INFORME INDIVIDUALIZADO DE AVALIACIÓN- 3º CICLO EP CURSO ACADÉMICO: __________ 1. DATOS PERSOAIS ALUMNO/A:_________________________________________________________________ DATA DE NACEMENTO:_____________________________________________________ 2. CONTEXTO FAMILIAR Datos relevantes da situación do alumno/a e da familia postos a disposición do centro para axudar ao proceso. 2.1. INFORMACIÓN SOBRE O ALUMNO/A 2.2 OBSERVACIÓNS SOBRE A SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR 3. AVALIACIÓN INICIAL A desenvolver durante o primeiro mes do inicio do ciclo. 3.1 INFORMES ANTERIORES De final de etapa. □ De final de ciclo. Psicopedagóxico. □ De entidades ou organismos externos. Outros……………………………………………………………………… Particularidades: □ Procedencia doutro centro……………………………… 3.2 RESUMO DO HISTORIAL ACADÉMICO 14 Medidas de atención á diversidade: Reforzo Educativo. Apoio na aula. Apoio fóra da aula. Adaptación curricular. Outras: (Permanencia dun ano máis nun ciclo, flexibilización do período de escolaridade…) …………………………………………………………………………………………………. Acadou os obxectivos das diferentes áreas curriculares do ciclo anterior. Áreas nas que non se acadaron os obxectivos: CUALIFICACIÓN INSUFICIENTE C.M. MA. L.C. L.G. E.A.(Plást.) E.A. (Músic.) L.E. E.F. ESTE ALUMNO/A PROMOCIONOU POR CONSIDERAR QUE AS APRENDIZAXES NON ACADADAS NON SUPOÑEN UN OBSTÁCULO PARA AVANZAR CEIP____________________ Rúa ____________________ (Pontevedra) Tf./Fax XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
  • 15. 3.3 GRAO DE DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS 4. MEDIDAS EDUCATIVAS (Ordinarias ou extraordinarias organizadas ao longo do ciclo) 4.1 ATENCIÓN XERAL Evoluciona satisfactoriamente participando íntegramente na proposta de tarefas e proxectos programados) 4.2 MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Reforzo Educativo. 15 COMPETENCIA DIMENSIÓN VALORACIÓN 1 2 3 4 GLOBAL 1 COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA 1- Falar e escoitar 2- Ler 3- Expresarse por escrito 2 MATEMATICA 1- Comprender, interpretar e organizar a información. 2- Dominar a expresión matemática oral e escrita. 3- Formular e resolver problemas 3 NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO 1- Coñecer, comprender e aplicar nocións e experiencias científicas e tecnolóxicas básicas. 2- Comprender como interactúan os seres vivos e o medio. 3- Valorar a importancia do exercicio físico, a nutrición e a saúde. 4- Coñecer e aplicar procesos científicos e tecnolóxicos. 4 NO TRATAMENTO DA INFORM. E C. DIXITAL 1- Dominar linguaxes específicas básicas (textual, numérica, visual, etc.) para organizalas e analizalas. 2- Usar as novas tecnoloxías para obter información e reelaborala. 5 SOCIAL E CIDADÁ 1- Comunicarse en distintos contextos mediante o diálogo e a negociación, expresando as súas ideas e respectando as alleas. 2- Respectar e valorar as normas de convivencia democrática. 3- Comprender a evolución da realidade histórica e social, evitando calquera tipo de prexuízo ou discriminación. 6 CULTURAL E ARTÍSTICA 1- Disfrutar coas creacións artísticas propias e dos demáis, usando diferentes técnicas artísticas. 2- Valorar o patrimonio artístico e cultural. 7 APRENDER A APRENDER 1- Adquirir responsabilidades en relación co propio traballo, realizándoo con esforzo e autonomía. 2- Sentir satisfacción co traballo ben feito, desenvolvendo a confianza en si mesmo e o gusto por aprender. 8 AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL 1- Saber deliberar e tomar as propias decisións. 2- Saber buscar solucións a problemas, valorando o positivo de aprender dos erros. 3- Coñecerse a si mesmo, as súas posibilidades e limitacións, e con capacidade de autocontrol. 1 = Sen progreso 2 = Progreso Insuficiente 3 = Progreso Suficiente 4= Progreso Adecuado VALORACIÓN GLOBAL > 50% de 2 Progreso Insuficiente ≥ 50% de 3 Progreso Suficiente ≥ 50% de 4 Progreso Adecuado
  • 16. Apoio na aula. Apoio fóra da aula. Adaptación Curricular. Outras: ……………………………………………………………………………… …………… 5. GRAO DE APRENDIZAXE ACADADO 5.1 APROXIMACIÓN AOS REFERENTES DA AVALIACIÓN 5.2 GRAO DE ADQUISICIÓN DAS APRENDIZAXES EN RELACIÓN COS OBXECTIVOS E O DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS 1. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA 1 2 3 4 Capta o sentido de textos orais recoñecendo as ideas principias e secundarias. Exprésase de forma oral mediante textos que presenten de maneira coherente coñecementos, feitos e opinións. Le textos de diverso tipo coa fluidez, pronunciación, entonación e ritmo adecuados ao seu contido. Comprende o que le, localiza, recupera información e recoñece as ideas principias e secundarias. Exprésase por escrito de forma clara e ordenada usando as normas gramaticais e ortográficas. Mantén conversas cotiás e familiares, empregando formas e estructuras básicas propias da lingua estranxeira sobre temas coñecidos en situacións de comunicación predecibles. Comprende textos breves escritos en lingua estranxeira. Produce textos moi breves escritos en lingue estranxeira, comprensibles e adaptados ás características da situación e á intención comunicativa. VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA 2. COMPETENCIA MATEMÁTICA 1 2 3 4 Le, escribe e ordena, empregando razoamentos apropiados, distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccións e decimais ata as centésimas) e os manexa en situacións da vida real. Ten fluidez no uso de estratexias personais de cálculo mental para realizar operacións e cálculos numéricos sinxelos en operacións de suma, resta, multiplicación e división simples, combinando ata dúas operacións en situacións de resolucións de problemas. Aplica estratexias sinxelas e busca procedementos matemáticos adecuados para formular e resolver problemas, expresando de forma ordenada e clara o proceso seguido. Coñece e manexa, en contextos reais, os instrumentos máis adecuados e as unidades de medida usuais, facendo previamente estimacións e expresando con precisión medidas de lonxitude, superficie, peso/masa, capacidade e tempo. Recolle, rexistra, realiza, le e interpreta representacións gráficas e táboas numéricas dun conxunto de datos relativos a contextos familiares. Coñece e utiliza as nocións xeométricas de paralelismo, perpendicularidade, simetría, perímetro e superficie para describir e comprender situacións da vida cotiá. 16 Supera globalmente os criterios de avaliación das áreas curriculares. Suspende as seguintes áreas: CUALIFICACIÓN INSUFICIENTE C.M. MA. L.C. L.G. E.A.(Plást.) E.A. (Músic.) L.E. E.F.
  • 17. VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA 3. COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E A INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO 1 2 3 4 Planifica e realiza sinxelas investigacións: observa e pregúntase, manipula e experimenta, formula hipótese, verifica e argumenta. Interpreta, realiza e emprega planos, mapas, croquis e itinerarios tendo en conta os signos convencionais e a escala gráfica. Emprega as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade para situar nas liñas do tempo feitos históricos e outros feitos relevantes. Planifica a construcción de obxectos e aparellos cunha finalidade previa, empregando fontes enerxéticas, operadores e materiais apropiados. Adopta comportamentos de protección do medio ambiente na vida cotiá. VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA 4. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL 1 2 3 4 Emprega diferentes procedementos de búsqueda, selección, organización e interpretación da información. Emprega de maneira adecuada distintas tecnoloxías da información e a comunicación para a búsqueda de información e a creación de diferentes produccións. Presenta un informe, utilizando soporte papel e dixital, recollendo información de diferentes fontes (directas, libros, Internet) con diferentes medios, seguindo un plan de traballo e expresando conclusións. VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA 5. COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ 1 2 3 4 Participa activamente nas actividades da aula e do centro. Acepta e practica as normas de convivencia. Argumenta e defende as opinións propias, escoita e valora críticamente as opinións dos demáis, amosando unha actitude de respecto cara as persoas. Participa na toma de decisións do grupo, empreñando o diálogo para favorecer os acordos e asumindo as súas obrigas. Amosa respecto polas diferenzas e as características persoais propias e dos seus compañeiros e compañeiras. Acepta a corrección no caso de equivocación e asume responsabilidades. Ten adquiridos hábitos de saúde, de hixiene e de alimentación. VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA 6. COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA 1 2 3 4 Representa de forma persoal ideas, accións e situacións valéndose dos recursos que a linguaxe plástica, visual, musical e corporal proporcionan. Constrúe composicións grupais en interacción cos compañeiros e compañeiras utilizando recursos expresivos vocais, instrumentais e corporais. Recoñece e valora as manifestacións artísticas e culturais do mundo social e cultural actual e doutras épocas. VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA 7. COMPETENCIA PARA A PRENDER A APRENDER 1 2 3 4 Utiliza técnicas para aprender a aprender: organiza, memoriza e recupera a información, a través de resumes, esquemas ou mapas mentais. Reflexiona sobre a súa aprendizaxe: organización do traballo, aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe, autocorrección e autoavaliación. Emprega a lectura como medio de obter información. Usa as tecnoloxías da comunicación e a información para aprender a aprender e para comunicarse. VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA 8. AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL 1 2 3 4 Amosa unha actitude de esforzo persoal e actúa de forma coordinada e cooperativa na 17
  • 18. resolución de tarefas que se plantexan. Amosa interese, creatividade e iniciativa persoal na resolución de tarefas. É autónomo/a na planificación, toma de decisións e realización das tarefas. Razoa e argumenta con lóxica comprobando a validez do proceso levado a cabo. VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA 6. DECISIÓN DE PROMOCIÓN Segundo os datos do apartado (5) que resumen a información das actas de avaliación. Alcanza os obxectivos de todas as áreas, amosando destrezas nas oito competencias e un grao de madurez suficiente. Non alcanza os obxectivos das áreas cualificadas negativamente no apartado (5.1) Amosa un grao de desenvolvemento insuficiente nas seguintes competencias: C.L MA. C.M. C.D. S.C. C.A. A.A. A.P. PROMOCIONA Á E.S.O. NON PROMOCIONA Á E.S.O. ( e permanecerá un ano máis no 3º ciclo) 7. MEDIDAS QUE SE PROPOÑEN PARA O PRÓXIMO CURSO Reforzo Educativo. Apoio na aula. Apoio fóra da aula. Adaptación Curricular. Exención da 2ª lengua estranxeira Outras: ……………………………………………………………………………… …. OBSERVACIÓNS En Redondela, a ………………………. de……………………. 20….. 18
  • 19. O/A profesor/a titor/a Sinatura INFORME DE TRÁNSITO DE EDUCACIÓN PRIMARIA A E.S.O. 1º.- DATOS DE IDENTIFICACIÓN APELIDOS:____________________________________________________________________________ NOME: ______________________________________________________________________________ DATA DE NACEMENTO: ____________________________________IDADE: ______________________ CURSO: _____________GRUPO: _____________ TITOR/A:_____________________________________________________________ 2º.- ESCOLARIZACIÓN Permaneceu un ano máis: si non • No primeiro ciclo ………………………………………………………………………………… • No segundo ciclo…………………………………………………………………………………. • No terceiro ciclo …………………………………………………………………………………. Necesitou medidas de apoio nas áreas de: • Lingua española…………………………………………………………………………………… • Lingua galega ……………………………………………………………………………………… • Educación física…………………………………………………………………………………….. • Educación artística ……………………………………………………………………………… • Matemáticas ………………………………………………………………………………………. • Lingua estranxeira ………………………………………………………………………………. Tipo de apoio recibido: • Dentro da aula……………………………………………………………………………………… • Fora da aula ordinaria ………………………………………………………………………… Apoio dado por: • Profesor/a titor/a ………………………………………………………………………………….. • Profesorado de PEDAGOXIA TERAPÉUTICA ………………………....................... • Profesorado de AUDICIÓN E LINGUAXE…………………………………………………. Respondeu ao apoio: • Avanzando ben………………………………………………………………………………………… • Avanzando moi lentamente …………………………………………………………………….. • Esforzándose pero non avanzando …………………………………………………………….. • Non colaborando …………………………………………………………………………………….. Medida curricular de atención a diversidade adoptada: • Reforzo educativo…………………………………………………………………………………….. • Adaptación curricular ………………………………………………………………………………. • Reforzo pedagóxico………………………………………………………………………………….. • Agrupamento flexible……………………………………………………………………………….. 3º.- NIVEL DE COMPETENCIA CURRICULAR LINGUA SI AS VECES NON Lectura e comprensión - Silabea ou deletrea ao ler - Le textos con fluidez 19
  • 20. - Comprende o que le - Ten unha correcta expresión oral - Busca e procesa a información Expresión escrita - Escribe oracións - Escribe textos longos - Realiza correctamente composicións MATEMÁTICAS SI AS VECES NON - Suma - Resta - Multiplica - Divide - Razoamento lóxico - Resolución de problemas • O seu nivel de competencia curricular sitúase no ciclo:  1º ciclo de primaria  2º ciclo de primaria  3º ciclo de primaria • Aconséllase que en 1º ESO curse:  Lingua estranxeira si……… non …… Ou esté exento de 2 lingua estranxeira, polo motivo seguinte,: __________________________________ _____________________________________________________________________________________ • Nivel no que se sitúa ao alumno:  Alumno sen problemas de aprendizaxe  Alumno con dificultades de aprendizaxe, e necesita:  Reforzo educativo, nas áreas: ______________________________________  ACs, nas áreas: __________________________________________________ 4º.- INTERACIÓN NA CLASE O/A alumno/a maniféstase na aula (subliñar) • Distraído/a ou atento/a • Desmotivado/a ou motivado/a • Despreocupado/a ou responsable • Impulsivo/a ou reflexivo • Lento na tarefa ou rápido/a • Dependente no seu traballo ou independente 5º.- ACTITUDES • Introvertido/a ou extrovertido/a • Tímido/a ou atrevido • Agresivo/a ou dócil • Inquieto/a ou tranquilo/a • Irrespetuoso/a ou respetuoso/a 6º.- RELACIÓN FAMILIA-COLEXIO • De colaboración • Non colaboradora, debido a: _____________________________________________________ 20
  • 21. _ 7º.- OUTROS ASPECTOS QUE CONSIDERE DE INTERESE: ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ _______________ En _____________________ a ______ de _____________ de 20____ Asdo. o/a titor/a do curso. Don/Dona: _________________________________ 21