SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 14
O IMPERIO: PRINCIPADO (27 a.C.-235 d. C.) Gaio Xulio César Octaviano  Augusto  (27 a.C.-14 d.C.) Tiberio  Claudio Nerón (14-37 d.C.) Gaio Xulio César  Calígula  (37-41 d.C.) Claudio  César Xermánico (41-54 d.C.) Claudio César  Nerón  (54-68 d.C.) DINASTÍA XULIO-CLAUDIA
PAX AVGVSTA A habilidade de Augusto consistiu en reunir na súa persoa todos os poderes das institucións republicanas, mais nunca aceptando o título de “rei” ou “soberano”. E a súa figura foi moi ben aceptada, xa que consolidou a paz interna de Roma tras un século de guerras civís. A palabra “emperador” procede da latina  imperator , que era o título concedido a un xeneral victorioso. O Senado renovoulle este apelativo a Augusto todos os anos ata a súa morte, e foi aplicado tamén ós seus sucesores. Octavio Augusto (27 a.C.-14 d.C.)
Ademais, en apariencia Augusto compartía o poder co Senado (designado por el), xa que dividiu as provincias do Imperio en dúas clases: as imperiais (necesitadas dun exército para pacificalas) e as senatoriais (xa dominadas). Virxilio e as musas Asemade, quixo dar un modelo moral ós cidadáns: a través de Gaio Mecenas, constituíu un círculo de autores literarios que escribiron obras destinadas a glorificar os “valores eternos” de Roma. Por outra banda, fixo de Roma unha cidade autenticamente monumental. A  Ara Pacis O Teatro de Marcelo
Dinastía Xulia-Claudia
Aínda que non era a súa primeira idea, Augusto designou como sucesor a un fillo da súa esposa Livia, Tiberio. Durante o seu goberno comeza unha constante: o poder do Prefecto do Pretorio, que era a garda persoal do emperador. Neste caso, Tiberio case é derrocado polo Prefecto Sexano. Retirado na illa de Capri, morre sen fillos. Calígula é un mote procedente de  caligae , unhas sandalias militares que adoitou levar desde rapaz. Accedeu á sucesión tras matar ó seu primo. O seu goberno foi arbitrario, e moitas persoas atoparon a morte polos seus caprichos, que foron sonados: mesmo quixo nomear cónsul ó seu cabalo. É asasinado nunha conspiración, e os pretorianos elixirán ó seu sucesor. Tiberio (14-37 d.C.) Calígula (37-41 d.C.)
Este será Claudio, tío de Calígula e primo de Tiberio. Escollérono porque era tatexo e contrafeito, e confiaban en podelo manexar. Mais resultou ser un gobernante asisado, que destacou nas súas campañas militares (Britania) e na construcción de acueductos. É envelenado pola súa cuarta esposa, Agripina, quen antes lle fixera adoptar ó seu fillo Lucio Domicio, máis coñecido como Nerón. O goberno de Nerón comezou ben, asesorado polo filósofo Séneca. Mais ós cinco anos parece entolecer: ordea os asasinatos da súa nai e do seu medio irmán, así como de máis membros da familia. Descontento coa cidade, ordea o seu incendio, do que logo acusará ós cristiáns. En todo isto é axudado polo Prefecto do Pretorio Tixelino. Finalmente, os mesmos pretorianos conspiran contra Nerón, quen se fai matar por un liberto. Claudio (41-54 d.C.) Nerón (54-68 d.C.)
O ano 69 resulta caótico: tres xenerais (Galba, Otón e Vitelio) son proclamados emperadores sucesivamente polas súas respectivas lexións, acantonadas en varias partes do Imperio. Logo dunha breve guerra, o exército das provincias orientais consegue facer emperador a Vespasiano, que inicia unha nova dinastía. Flavio  Vespasiano  (69-79 d.C.) Tito  Flavio (79-81 d.C.) Tito Flavio  Domiciano  (81-96 d.C.) DINASTÍA FLAVIA
Condenando ó esquecemento todo o feito por Nerón, o novo emperador restableceu a paz civil e devolveu certos poderes ó Senado. Tamén quixo embelecer a cidade, comezando o Anfiteatro Flavio ou Coliseo, que rematará o seu fillo Tito O reinado de Tito continou a liña do seu pai, e destacou na campaña de Palestina, así como na axuda ás víctimas da erupción do Vesubio que sepultou Pompeia. O derradeiro emperador da dinastía, irmán do anterior,  apartarase da moderación dos seus antecesores e instaurará un réxime de terror, con abondosos asasinatos de senadores. Fatalmente, el tamén será eliminado por unha conspiración. Vespasiano (69-79 d.C.) Tito(79-81 d.C.) Domiciano (81-96 d.C.) O Coliseo
Logo da morte violenta de Domiciano, o Senado elixe emperador a un dos seus, Marco Cocceio  Nerva , quen gobernará pacificamente entre o 96 e 98 d.C. Escolleu e formou para a súa sucesión o xeneral de orixe hispana Marco Ulpio  Traxano , quen comeza unha dinastía, a Antonina, que levará a Roma ó seu máximo esplendor económico e militar. Marco Ulpio  Traxano  (98-117 d.C.) Publio Elio  Adriano  (117-138 d.C.) Tito Aurelio  Antonino Pío  (138-161 d.C.) Marco Aurelio  Vero (161-180 d.C.) Marco Aurelio  Cómodo  Antonino (180-192 d.C.) DINASTÍA ANTONINA
Gran militar, Traxano asegurou a fronteira cos xermanos e engadiu Dacia (actual Romanía) ó Imperio. Tamén forneceu servicios públicos como termas e reparto de gran. As súas conquistas conmemóranse na columna que leva o seu nome. Adriano limítase a consolidar as fronteiras: boa proba diso é a muralla que ergueu en Britania. Favoreceu o comercio e a cultura. Fai construír un pazo nos arredores de Roma para disfrutar nel da compaña do seu amante Antínoo. Cando morre, os seus restos son soterrados nun mausoleo, hoxe Castel Sant’Angelo. Traxano (98-117 d.C.) Adriano (117-138 d.C.) Columna Traxana Muro de Adriano
A boa xestión continúa con Tito Aurelio Antonino; tanto é así que pasou á historia co alcume de “Pío”. Mesmo compartiu o goberno cos seus fillos adoptivos Marco Aurelio e Lucio Annio Vero. A morte accidental do seu irmán Lucio eleva ó trono a Marco Aurelio. É chamado “o emperador filósofo”, debido a que profesaba o estoicismo; como proba, conservamos as súas  Meditacións . Fillo de Marco Aurelio, Cómodo accede ó poder ós 19 anos, e convértese nun autócrata. Cre que é a reencarnación de Hércules (mesmo chega a combater como gladiador) e ordea asasinatos indiscriminados. Morre víctima dunha conxura. Antonino Pío (138-161 d.C.) Marco Aurelio (161-180 d.C.) Cómodo (180-192 d. C.)
Igual que no final da dinastía Xulio-Claudia, despois da morte de Cómodo sobrevén un ano de loitas polo poder entre os militares. O ano 193 coñece dous emperadores desta caste: Elio Pértinax e Didio Xuliano (este último comprou o cargo ós pretorianos). Finalmente, tras a morte de Xuliano, o Senado acepta a Septimio Severo como emperador: comeza unha nova dinastía. Septimio Severo  (193-211 d.C.) Septimio Basiano  Caracalla  (211-217 d.C.) Opelio  Macrino  (217-218 d.C.) Vario Avito  Heliogábalo  (218-222 d.C.) Alexandre Severo (222-235 d.C.) DINASTÍA dos SEVEROS
Este foi un emperador preocupado polas obras públicas e as conquistas (colocou un arco conmemorativo no Foro). Influíu no seu goberno a súa dona, a culta Xulia Domna. Morre en Britania en plena guerra. O nome de Caracalla é un alcume derivado dunha capa céltica que levaba. Concedeu a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio. Megalómano, críase un novo Alexandre Magno. Mostras: construíu unhas termas monumentais e quixo conquistar Persia. Alí foi asasinado polo Prefecto do Pretorio Macrino, que usurpou o poder. Arco de Septimio Severo Septimio Severo (193-211 d.C.) Caracalla (211-217 d.C.) Restos das termas de Caracalla
Xulia Mesa, tía de Caracalla, convence ás lexións para que asasinen a Macrino e outorguen o poder ó seu sobriño-neto Vario Avito. Éste faise chamar Heliogábalo, “o deus sol”. Na súa tolemia, pretende casar cunha virxe vestal. Obrigado pola súa avoa a nomear sucesor ó seu primo Xesio Basiano, intenta matalo, mais foi el quen rematou sendo asasinado polos pretorianos. Xesio Basiano gobernará, apioado na súa nai, Xulia Mamea, co nome de Alexandre Severo. Apoiouse de novo no Senado, mais tivo que acudir á Xermania a enfrontarse a unha rebelión. Alí mercou a retirada dos xermanos. Os lexionarios subleváronse e asasinárono. Seguirán 50 anos de anarquía militar, nos que se sucederán máis de 11 emperadores nomeados e destituidos polos soldados. Heliogábalo (218-222 d.C.) Alexandre Severo (222-235 d.C.)

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Res Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeRes Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeAlfonso Blanco
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiAlfonso Blanco
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanaeAlfonso Blanco
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 greciacamposseijo
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteSanti Pazos
 
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)Dives Gallaecia
 
Presentacion HistoriografíA Latina
Presentacion HistoriografíA LatinaPresentacion HistoriografíA Latina
Presentacion HistoriografíA Latinaguest6216d5
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 

La actualidad más candente (12)

Res Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeRes Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis Romae
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani Imperii
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanae
 
A ROMA ANTIGA
A ROMA ANTIGAA ROMA ANTIGA
A ROMA ANTIGA
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parte
 
Lendas antiga roma
Lendas antiga romaLendas antiga roma
Lendas antiga roma
 
RoMa
RoMaRoMa
RoMa
 
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
 
Unidade 10 roma
Unidade 10 romaUnidade 10 roma
Unidade 10 roma
 
Presentacion HistoriografíA Latina
Presentacion HistoriografíA LatinaPresentacion HistoriografíA Latina
Presentacion HistoriografíA Latina
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 

Similar a Historia De Roma (3) O Principado

Presentacion HistoriografíA Latina
Presentacion HistoriografíA LatinaPresentacion HistoriografíA Latina
Presentacion HistoriografíA LatinaAlba
 
Proxecto biografías:Cleopatra
Proxecto biografías:CleopatraProxecto biografías:Cleopatra
Proxecto biografías:Cleopatracarmelag65
 
Proxecto Biografías: Cleopatra
Proxecto Biografías: CleopatraProxecto Biografías: Cleopatra
Proxecto Biografías: Cleopatracarmelag65
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosAlfonso Blanco
 
HistoriografíA Latina LatíN Ii
HistoriografíA Latina LatíN IiHistoriografíA Latina LatíN Ii
HistoriografíA Latina LatíN Iilara
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaAgrela Elvixeo
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroBrais24
 
Intercambios artísticos entre exipto e roma
Intercambios artísticos entre exipto e romaIntercambios artísticos entre exipto e roma
Intercambios artísticos entre exipto e romalaura-macalpin
 
Narrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptNarrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptMrc558688
 

Similar a Historia De Roma (3) O Principado (20)

Presentacion HistoriografíA Latina
Presentacion HistoriografíA LatinaPresentacion HistoriografíA Latina
Presentacion HistoriografíA Latina
 
oratoria latina
oratoria latinaoratoria latina
oratoria latina
 
Historigrafia latina
Historigrafia latinaHistorigrafia latina
Historigrafia latina
 
Proxecto biografías:Cleopatra
Proxecto biografías:CleopatraProxecto biografías:Cleopatra
Proxecto biografías:Cleopatra
 
Proxecto Biografías: Cleopatra
Proxecto Biografías: CleopatraProxecto Biografías: Cleopatra
Proxecto Biografías: Cleopatra
 
Tito livio
Tito livioTito livio
Tito livio
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Roma
RomaRoma
Roma
 
Os romanos. Por Uxía
Os  romanos. Por UxíaOs  romanos. Por Uxía
Os romanos. Por Uxía
 
SD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdfSD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdf
 
HistoriografíA Latina LatíN Ii
HistoriografíA Latina LatíN IiHistoriografíA Latina LatíN Ii
HistoriografíA Latina LatíN Ii
 
Sistema politico
Sistema politicoSistema politico
Sistema politico
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
 
Tito livio
Tito livioTito livio
Tito livio
 
Cidades de Italia
Cidades de ItaliaCidades de Italia
Cidades de Italia
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_Touro
 
Intercambios artísticos entre exipto e roma
Intercambios artísticos entre exipto e romaIntercambios artísticos entre exipto e roma
Intercambios artísticos entre exipto e roma
 
De Troia a Roma
De Troia a RomaDe Troia a Roma
De Troia a Roma
 
Narrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptNarrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 ppt
 

Más de Alfonso Blanco

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Alfonso Blanco
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínAlfonso Blanco
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAlfonso Blanco
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasAlfonso Blanco
 
Ciencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasCiencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasAlfonso Blanco
 

Más de Alfonso Blanco (20)

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos Caraveis
 
O asasinato de JFK
O asasinato de JFKO asasinato de JFK
O asasinato de JFK
 
René Maltête
René MaltêteRené Maltête
René Maltête
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Valentín Paz-Andrade
Valentín Paz-AndradeValentín Paz-Andrade
Valentín Paz-Andrade
 
Poetizando as aulas
Poetizando as aulasPoetizando as aulas
Poetizando as aulas
 
Inventos e inventores
Inventos e inventoresInventos e inventores
Inventos e inventores
 
Os libros máis caros
Os libros máis carosOs libros máis caros
Os libros máis caros
 
Mitoloxía galega
Mitoloxía galegaMitoloxía galega
Mitoloxía galega
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas Latín
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas Flexivas
 
Etimoloxías Latinas
Etimoloxías LatinasEtimoloxías Latinas
Etimoloxías Latinas
 
Ciencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasCiencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica Gregas
 
A Tecnoloxía Romana
A Tecnoloxía RomanaA Tecnoloxía Romana
A Tecnoloxía Romana
 
Vna et Varia Lingua
Vna et Varia LinguaVna et Varia Lingua
Vna et Varia Lingua
 

Historia De Roma (3) O Principado

  • 1. O IMPERIO: PRINCIPADO (27 a.C.-235 d. C.) Gaio Xulio César Octaviano Augusto (27 a.C.-14 d.C.) Tiberio Claudio Nerón (14-37 d.C.) Gaio Xulio César Calígula (37-41 d.C.) Claudio César Xermánico (41-54 d.C.) Claudio César Nerón (54-68 d.C.) DINASTÍA XULIO-CLAUDIA
  • 2. PAX AVGVSTA A habilidade de Augusto consistiu en reunir na súa persoa todos os poderes das institucións republicanas, mais nunca aceptando o título de “rei” ou “soberano”. E a súa figura foi moi ben aceptada, xa que consolidou a paz interna de Roma tras un século de guerras civís. A palabra “emperador” procede da latina imperator , que era o título concedido a un xeneral victorioso. O Senado renovoulle este apelativo a Augusto todos os anos ata a súa morte, e foi aplicado tamén ós seus sucesores. Octavio Augusto (27 a.C.-14 d.C.)
  • 3. Ademais, en apariencia Augusto compartía o poder co Senado (designado por el), xa que dividiu as provincias do Imperio en dúas clases: as imperiais (necesitadas dun exército para pacificalas) e as senatoriais (xa dominadas). Virxilio e as musas Asemade, quixo dar un modelo moral ós cidadáns: a través de Gaio Mecenas, constituíu un círculo de autores literarios que escribiron obras destinadas a glorificar os “valores eternos” de Roma. Por outra banda, fixo de Roma unha cidade autenticamente monumental. A Ara Pacis O Teatro de Marcelo
  • 5. Aínda que non era a súa primeira idea, Augusto designou como sucesor a un fillo da súa esposa Livia, Tiberio. Durante o seu goberno comeza unha constante: o poder do Prefecto do Pretorio, que era a garda persoal do emperador. Neste caso, Tiberio case é derrocado polo Prefecto Sexano. Retirado na illa de Capri, morre sen fillos. Calígula é un mote procedente de caligae , unhas sandalias militares que adoitou levar desde rapaz. Accedeu á sucesión tras matar ó seu primo. O seu goberno foi arbitrario, e moitas persoas atoparon a morte polos seus caprichos, que foron sonados: mesmo quixo nomear cónsul ó seu cabalo. É asasinado nunha conspiración, e os pretorianos elixirán ó seu sucesor. Tiberio (14-37 d.C.) Calígula (37-41 d.C.)
  • 6. Este será Claudio, tío de Calígula e primo de Tiberio. Escollérono porque era tatexo e contrafeito, e confiaban en podelo manexar. Mais resultou ser un gobernante asisado, que destacou nas súas campañas militares (Britania) e na construcción de acueductos. É envelenado pola súa cuarta esposa, Agripina, quen antes lle fixera adoptar ó seu fillo Lucio Domicio, máis coñecido como Nerón. O goberno de Nerón comezou ben, asesorado polo filósofo Séneca. Mais ós cinco anos parece entolecer: ordea os asasinatos da súa nai e do seu medio irmán, así como de máis membros da familia. Descontento coa cidade, ordea o seu incendio, do que logo acusará ós cristiáns. En todo isto é axudado polo Prefecto do Pretorio Tixelino. Finalmente, os mesmos pretorianos conspiran contra Nerón, quen se fai matar por un liberto. Claudio (41-54 d.C.) Nerón (54-68 d.C.)
  • 7. O ano 69 resulta caótico: tres xenerais (Galba, Otón e Vitelio) son proclamados emperadores sucesivamente polas súas respectivas lexións, acantonadas en varias partes do Imperio. Logo dunha breve guerra, o exército das provincias orientais consegue facer emperador a Vespasiano, que inicia unha nova dinastía. Flavio Vespasiano (69-79 d.C.) Tito Flavio (79-81 d.C.) Tito Flavio Domiciano (81-96 d.C.) DINASTÍA FLAVIA
  • 8. Condenando ó esquecemento todo o feito por Nerón, o novo emperador restableceu a paz civil e devolveu certos poderes ó Senado. Tamén quixo embelecer a cidade, comezando o Anfiteatro Flavio ou Coliseo, que rematará o seu fillo Tito O reinado de Tito continou a liña do seu pai, e destacou na campaña de Palestina, así como na axuda ás víctimas da erupción do Vesubio que sepultou Pompeia. O derradeiro emperador da dinastía, irmán do anterior, apartarase da moderación dos seus antecesores e instaurará un réxime de terror, con abondosos asasinatos de senadores. Fatalmente, el tamén será eliminado por unha conspiración. Vespasiano (69-79 d.C.) Tito(79-81 d.C.) Domiciano (81-96 d.C.) O Coliseo
  • 9. Logo da morte violenta de Domiciano, o Senado elixe emperador a un dos seus, Marco Cocceio Nerva , quen gobernará pacificamente entre o 96 e 98 d.C. Escolleu e formou para a súa sucesión o xeneral de orixe hispana Marco Ulpio Traxano , quen comeza unha dinastía, a Antonina, que levará a Roma ó seu máximo esplendor económico e militar. Marco Ulpio Traxano (98-117 d.C.) Publio Elio Adriano (117-138 d.C.) Tito Aurelio Antonino Pío (138-161 d.C.) Marco Aurelio Vero (161-180 d.C.) Marco Aurelio Cómodo Antonino (180-192 d.C.) DINASTÍA ANTONINA
  • 10. Gran militar, Traxano asegurou a fronteira cos xermanos e engadiu Dacia (actual Romanía) ó Imperio. Tamén forneceu servicios públicos como termas e reparto de gran. As súas conquistas conmemóranse na columna que leva o seu nome. Adriano limítase a consolidar as fronteiras: boa proba diso é a muralla que ergueu en Britania. Favoreceu o comercio e a cultura. Fai construír un pazo nos arredores de Roma para disfrutar nel da compaña do seu amante Antínoo. Cando morre, os seus restos son soterrados nun mausoleo, hoxe Castel Sant’Angelo. Traxano (98-117 d.C.) Adriano (117-138 d.C.) Columna Traxana Muro de Adriano
  • 11. A boa xestión continúa con Tito Aurelio Antonino; tanto é así que pasou á historia co alcume de “Pío”. Mesmo compartiu o goberno cos seus fillos adoptivos Marco Aurelio e Lucio Annio Vero. A morte accidental do seu irmán Lucio eleva ó trono a Marco Aurelio. É chamado “o emperador filósofo”, debido a que profesaba o estoicismo; como proba, conservamos as súas Meditacións . Fillo de Marco Aurelio, Cómodo accede ó poder ós 19 anos, e convértese nun autócrata. Cre que é a reencarnación de Hércules (mesmo chega a combater como gladiador) e ordea asasinatos indiscriminados. Morre víctima dunha conxura. Antonino Pío (138-161 d.C.) Marco Aurelio (161-180 d.C.) Cómodo (180-192 d. C.)
  • 12. Igual que no final da dinastía Xulio-Claudia, despois da morte de Cómodo sobrevén un ano de loitas polo poder entre os militares. O ano 193 coñece dous emperadores desta caste: Elio Pértinax e Didio Xuliano (este último comprou o cargo ós pretorianos). Finalmente, tras a morte de Xuliano, o Senado acepta a Septimio Severo como emperador: comeza unha nova dinastía. Septimio Severo (193-211 d.C.) Septimio Basiano Caracalla (211-217 d.C.) Opelio Macrino (217-218 d.C.) Vario Avito Heliogábalo (218-222 d.C.) Alexandre Severo (222-235 d.C.) DINASTÍA dos SEVEROS
  • 13. Este foi un emperador preocupado polas obras públicas e as conquistas (colocou un arco conmemorativo no Foro). Influíu no seu goberno a súa dona, a culta Xulia Domna. Morre en Britania en plena guerra. O nome de Caracalla é un alcume derivado dunha capa céltica que levaba. Concedeu a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio. Megalómano, críase un novo Alexandre Magno. Mostras: construíu unhas termas monumentais e quixo conquistar Persia. Alí foi asasinado polo Prefecto do Pretorio Macrino, que usurpou o poder. Arco de Septimio Severo Septimio Severo (193-211 d.C.) Caracalla (211-217 d.C.) Restos das termas de Caracalla
  • 14. Xulia Mesa, tía de Caracalla, convence ás lexións para que asasinen a Macrino e outorguen o poder ó seu sobriño-neto Vario Avito. Éste faise chamar Heliogábalo, “o deus sol”. Na súa tolemia, pretende casar cunha virxe vestal. Obrigado pola súa avoa a nomear sucesor ó seu primo Xesio Basiano, intenta matalo, mais foi el quen rematou sendo asasinado polos pretorianos. Xesio Basiano gobernará, apioado na súa nai, Xulia Mamea, co nome de Alexandre Severo. Apoiouse de novo no Senado, mais tivo que acudir á Xermania a enfrontarse a unha rebelión. Alí mercou a retirada dos xermanos. Os lexionarios subleváronse e asasinárono. Seguirán 50 anos de anarquía militar, nos que se sucederán máis de 11 emperadores nomeados e destituidos polos soldados. Heliogábalo (218-222 d.C.) Alexandre Severo (222-235 d.C.)