SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 6
Resumo da mostraxe das enquisas

A primeira observación a realizar é que só chegaron ao equipo un 47% das enquisas
entregadas. Polo tanto, os datos obtidos, referiranse cando menos á poboación que
realizou e entregou a mesma sen que poidamos extrapolar os datos aos restantes
suxeitos.

O número total de enquisas que se tiveron en conta para a elaboración dalgunhas das
seguintes táboas e extracción dalgunhas conclusións é de 19.

Comezando coa análise das dúas primeiras cuestións:

¿Emprega habitualmente o ordenador na súa casa?
¿Tes coñecementos de informática?

Sinalamos que o 100% das enquisas responderon afirmativamente ás dúas anteriores
cuestións. Polo tanto, non merecen especial observación. Sí o fará a seguinte cuestión,
xa que se pide que comuniquen o nivel de coñecementos informáticos que posúe,
obtendo a seguinte gráfica:


                      Grao de coñecementos informáticos

                        12
                        10
                         8
                         6
                         4
                         2
                         0
                               Alto     Medio
                                                   Baixo


Os datos exportáronse a unha gráfica de columnas e non de datos, debido ao baixo
número de participantes, xa que, por exemplo, habería un suxeito cun nivel alto e iso
significaría un 5% da poboación que puidera dar lugar a erros.

Como pode observarse, o nivel da maioría do claustro é medio, seguido moi preto por
un nivel de baixo dominio ou destrezas no eido informático.




                                           1
Polo tanto, sería boa a realización de cursos de formación para aqueles programas que
o profesorado precise ou crea precisar para a súa labor educativa.

No que respecta aos programas que o profesorado coñece, obtívose a gráfica que a
continuación se detalla:


                                                                                    Programas coñecidos
              20
              18
              16
              14
              12
              10
                8
                6
                4
                2
                0
                    Microsoft Word
                                     Microsoft Excel
                                                       Microsoft Access
                                                                          Microsoft PowerPoint

                                                                                                 Correo electrónico

                                                                                                                      Open Writer

                                                                                                                                    Open Calc

                                                                                                                                                Open Impress

                                                                                                                                                                   GIMP

                                                                                                                                                                          Photoshop

                                                                                                                                                                                      Encarta

                                                                                                                                                                                                Squeak

                                                                                                                                                                                                         Jclic

                                                                                                                                                                                                                 Power Dvd

                                                                                                                                                                                                                             VLC




Como pode observarse, os programas máis empregados polo profesorado son pola
seguinte orde, dende os máis empregados aos que menos:
•   Correo electrónico
•   Microsfot PowerPoint
•   Microsoft Word
•   Power Dvd
•   Jclic
•   Encarta
•   Photoshop
•   Microsoft Excel
•   ...

Obsérvase un claro uso do correo electrónico e de aplicacións ofimáticas coma Word e
PowerPoint e de programas de visualización de vídeos e do eido educativo como Jclic.

                                                                                                                                                               2
Por outra parte, obsérvase un claro descoñecemento de programas homólogos aos
anteriores coa diferenza que son gratuítos. Polo tanto, sería interesante darlle pulo ao
Open Writer (homólogo do Word), Open Impress (homólogo do PowerPoint), VLC
(moito mellor programa que o Power Dvd)...

No que respecta á pregunta sobre coñecemento de Linux (sistema operativo alternativo
a Windows) hai moito descoñecemento do mesmo. As diferentes distribucións deste
sistema operativo, permítennos traballar en máis de 24 idiomas diferentes e sendo
totalmente gratuito, existen distribucións educativas que nos permiten instalar e
empregar máis de 75.000 programas educativos totalmente gratuitos, algo que non
temos en Windows.

Os resultados obtidos foron os seguintes:

                        Coñece Linux




                                       26%


                                                     SI
                                                     NON


           74%




Pasando xa á última pregunta sobre o emprego do ordenador na aula, obtivemos unha
gráfica como a seguinte:

           Frecuencia de uso do ordenador na aula



                   8%


     31%                                            BAIXA
                                                    MEDIA
                                                    ALTA
                                          61%




Se a observamos detalladamente, vemos que a frecuencia de emprego no ordenador
na aula é moi baixa, establecéndose diferentes argumentacións ao respecto, entre as
cales topamos as seguintes:

                                                3
•   Pouca dispoñibilidade de medios (portátil e canón) Compartir o portátil con 6
    profesores/as máis.
•   Falta de horas xa que se precisa o tempo para impartir as diferentes materias.
•   Instalación eléctrica deficiente (irse a luz).
•   Ausencia de espazo axeitado para proxectar.
•   Descoñecemento da montaxe e acoplamento do portátil ao canón.
•   Diferentes modelos, diferentes configuracións.



En resposta aos anteriores problemas comentados, dende o equipo queremos intentar
darvos solucións ao respecto ou aclaracións dos puntos que comentades nas
enquisas.

1º Non dispoñer dese material na aula. Polo que teño entendido, en 2º e 3º ciclo hai
bastante equipamento informático, portátil e canón por mestre. Corrixídeme se me
trabuco. No primeiro ciclo é onde hai máis problema nese eido e por iso mesmo, estase
barallando xa a compra de portátiles para que cada mestre poida ter o seu. Respecto
aos canóns, en principio poderiamos facer quendas de uso, xa que non usaremos ás
mesmas horas os membros dun nivel o canón.

2º No que respecta á falta de horas, no primeiro trimestre entre que un se habitúa, os
nenos/as se amoldan e demais custa topar ocos, pero despois, a explicación da
materia pode ir a través das TIC’s procurando ser máis amena.

3º No referente á instalación eléctrica deficiente, xa foi revisada polo electricista –como
xa se vos comentou e a aula ten case o dobre de potencia en amperios da que se está
a consumir. A cuestión é se algún equipo ten danada a fonte, consume moita máis
corrente da debida, facendo saltar os automáticos e danando a placa dos equipos. Por
iso, rogaríasevos a tódolos mestres que apaguedes os ordenadores da sala de mestre
despois de usalos, pois moitas veces quedan prendidos. Un uso continuado dos
equipos e deixalos acesos demasiado tempo, provoca desgaste na fonte de
alimentación que ao final se acaba queimando ou, sen chegar a facelo, acaba tendo un
comportamento deficiente. OLLO: Se algún ou algunha de vós se percata que ao
acender os automáticos algún ordenador arrinca só, iso é que ten a fonte de
alimentación “tocada” e a medio - curto prazo acabará danándose o equipo. Se
notades isto, comunicádeo.


                                               4
4º O espazo para proxectar acostuma ser un grande problema ao non ter pantalla, xa
que algunhas das aulas son moi pequenas e están as paredes ocupadas ao máximo. A
pantalla que encartase e se abrise sería unha boa solución e moi útil, pero mentras non
dispomos da mesma, poderíanos servir unha sábana vella de cor branca que teñamos
na casa. É unha opción algo chapuceira e máis porque hai que mirar o modo máis
axeitado de colocala na aula e andala recollendo cada pouco, pero podería ser unha
alternativa a curto prazo.

5º Descoñecemento do acoplamento do canón ao portátil. A conexión é moi doada e só
é cuestión de práctica. Os portátiles e os canóns traen varias saídas, pero as que máis
acostuman empregarse son a VGA e HDMI. Hai que ver qué cable ven co canón e
conectalo ao portátil por un extremo e ao canón por outro. Prendelos (a orde é
indiferente en contra do que cre moita xente) e para que se vexa a imaxe só na
pantalla, só no proxector ou ambos á vez, hai que ir pulsando as teclas Fn e unha tecla
de función ata topar coa combinación máis axeitada para cada momento. Tedes máis
información na web que se vos pasara, concretamente. Porén, non hai problema por se
un día queredes montalo, falade comigo e así explícovos no momento paso a paso.




   VGA




                                                                         HDMI


Na páxina que se vos pasara: http://rai.informe.com/problemas-solucionados-df2.html
tedes cara o final da páxina un apartado que se titula “Combinaciones teclas cañón”.
Pulsades aí e teredes as principais combinacións de teclas para canóns dos
fabricantes máis coñecidos.

6º Para rematar no que respecta a diferentes modelos e diferentes configuracións
todos fan exactamente o mesmo, aínda que uns teñan máis ou menos recursos. Os
problemas era para o seu amaño ou reinstalalos que hai que ir un por un e iso sí é
unha dor de cabeza, pois non falamos dun ordenador, senón de 20.


                                           5
Pero nese eido sí que non é posible facer nada, xa que os equipos vanse repoñendo
segundo se avarían e segundo o presuposto e como sabedes iso é moi limitado e máis
coa crise. OS ordenadores vanse mudando de dous en dous ou cando xa non é
rentable o seu amaño. Cambialos todos á vez para que teñan a mesma configuración,
salvo que esteamos nun dos centros financiados por Amancio Ortega vai a ser algo
moi pero que moi difícil, por non dicir imposible. Porén, hai equipos vellos que se se
reinstalan ben, poden resultar igual de útiles e eficientes que algúns novos para o uso
que se lles da.




                                          6

Más contenido relacionado

Destacado

.Net overview
.Net overview.Net overview
.Net overviewmadydud
 
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr200911111004
 
ReciproBoo Shelter
ReciproBoo ShelterReciproBoo Shelter
ReciproBoo ShelterReciproboo
 
Blue sky marketing plan
Blue sky marketing planBlue sky marketing plan
Blue sky marketing planSunny Hồ
 
Household chores
Household choresHousehold chores
Household choresDina Mendes
 
Relational algebra
Relational algebraRelational algebra
Relational algebrashynajain
 
B2C Business models
B2C Business modelsB2C Business models
B2C Business modelsshynajain
 

Destacado (10)

Introducir datos no blog
Introducir datos no blogIntroducir datos no blog
Introducir datos no blog
 
.Net overview
.Net overview.Net overview
.Net overview
 
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
 
ReciproBoo Shelter
ReciproBoo ShelterReciproBoo Shelter
ReciproBoo Shelter
 
Blue sky marketing plan
Blue sky marketing planBlue sky marketing plan
Blue sky marketing plan
 
direct investment turkey
direct investment turkeydirect investment turkey
direct investment turkey
 
Household chores
Household choresHousehold chores
Household chores
 
Relational algebra
Relational algebraRelational algebra
Relational algebra
 
Goals optin
Goals optinGoals optin
Goals optin
 
B2C Business models
B2C Business modelsB2C Business models
B2C Business models
 

Más de profesorbouzabrey (18)

Alfombrado das rúas
Alfombrado das rúasAlfombrado das rúas
Alfombrado das rúas
 
Plan tic 2010 2011
Plan tic 2010   2011Plan tic 2010   2011
Plan tic 2010 2011
 
Plan de convivencia
Plan de convivenciaPlan de convivencia
Plan de convivencia
 
Equipo tic
Equipo ticEquipo tic
Equipo tic
 
Equipo infantil
Equipo infantilEquipo infantil
Equipo infantil
 
Equipo directivo
Equipo directivoEquipo directivo
Equipo directivo
 
Equipo convivencia
Equipo convivenciaEquipo convivencia
Equipo convivencia
 
Equipo biblioteca
Equipo bibliotecaEquipo biblioteca
Equipo biblioteca
 
Equipo 3º ciclo
Equipo 3º cicloEquipo 3º ciclo
Equipo 3º ciclo
 
Equipo 2º ciclo
Equipo 2º cicloEquipo 2º ciclo
Equipo 2º ciclo
 
Equipo 1º ciclo
Equipo 1º cicloEquipo 1º ciclo
Equipo 1º ciclo
 
Enderezos web de utilidade
Enderezos web de utilidadeEnderezos web de utilidade
Enderezos web de utilidade
 
Desvío
DesvíoDesvío
Desvío
 
Datos xerais
Datos xeraisDatos xerais
Datos xerais
 
Coordinación pedagóxica
Coordinación pedagóxicaCoordinación pedagóxica
Coordinación pedagóxica
 
Actividades extraescolares horario
Actividades extraescolares horarioActividades extraescolares horario
Actividades extraescolares horario
 
Actividades complementarias
Actividades complementariasActividades complementarias
Actividades complementarias
 
Proxectolector
ProxectolectorProxectolector
Proxectolector
 

Datos das enquisas

  • 1. Resumo da mostraxe das enquisas A primeira observación a realizar é que só chegaron ao equipo un 47% das enquisas entregadas. Polo tanto, os datos obtidos, referiranse cando menos á poboación que realizou e entregou a mesma sen que poidamos extrapolar os datos aos restantes suxeitos. O número total de enquisas que se tiveron en conta para a elaboración dalgunhas das seguintes táboas e extracción dalgunhas conclusións é de 19. Comezando coa análise das dúas primeiras cuestións: ¿Emprega habitualmente o ordenador na súa casa? ¿Tes coñecementos de informática? Sinalamos que o 100% das enquisas responderon afirmativamente ás dúas anteriores cuestións. Polo tanto, non merecen especial observación. Sí o fará a seguinte cuestión, xa que se pide que comuniquen o nivel de coñecementos informáticos que posúe, obtendo a seguinte gráfica: Grao de coñecementos informáticos 12 10 8 6 4 2 0 Alto Medio Baixo Os datos exportáronse a unha gráfica de columnas e non de datos, debido ao baixo número de participantes, xa que, por exemplo, habería un suxeito cun nivel alto e iso significaría un 5% da poboación que puidera dar lugar a erros. Como pode observarse, o nivel da maioría do claustro é medio, seguido moi preto por un nivel de baixo dominio ou destrezas no eido informático. 1
  • 2. Polo tanto, sería boa a realización de cursos de formación para aqueles programas que o profesorado precise ou crea precisar para a súa labor educativa. No que respecta aos programas que o profesorado coñece, obtívose a gráfica que a continuación se detalla: Programas coñecidos 20 18 16 14 12 10 8 6 4 2 0 Microsoft Word Microsoft Excel Microsoft Access Microsoft PowerPoint Correo electrónico Open Writer Open Calc Open Impress GIMP Photoshop Encarta Squeak Jclic Power Dvd VLC Como pode observarse, os programas máis empregados polo profesorado son pola seguinte orde, dende os máis empregados aos que menos: • Correo electrónico • Microsfot PowerPoint • Microsoft Word • Power Dvd • Jclic • Encarta • Photoshop • Microsoft Excel • ... Obsérvase un claro uso do correo electrónico e de aplicacións ofimáticas coma Word e PowerPoint e de programas de visualización de vídeos e do eido educativo como Jclic. 2
  • 3. Por outra parte, obsérvase un claro descoñecemento de programas homólogos aos anteriores coa diferenza que son gratuítos. Polo tanto, sería interesante darlle pulo ao Open Writer (homólogo do Word), Open Impress (homólogo do PowerPoint), VLC (moito mellor programa que o Power Dvd)... No que respecta á pregunta sobre coñecemento de Linux (sistema operativo alternativo a Windows) hai moito descoñecemento do mesmo. As diferentes distribucións deste sistema operativo, permítennos traballar en máis de 24 idiomas diferentes e sendo totalmente gratuito, existen distribucións educativas que nos permiten instalar e empregar máis de 75.000 programas educativos totalmente gratuitos, algo que non temos en Windows. Os resultados obtidos foron os seguintes: Coñece Linux 26% SI NON 74% Pasando xa á última pregunta sobre o emprego do ordenador na aula, obtivemos unha gráfica como a seguinte: Frecuencia de uso do ordenador na aula 8% 31% BAIXA MEDIA ALTA 61% Se a observamos detalladamente, vemos que a frecuencia de emprego no ordenador na aula é moi baixa, establecéndose diferentes argumentacións ao respecto, entre as cales topamos as seguintes: 3
  • 4. Pouca dispoñibilidade de medios (portátil e canón) Compartir o portátil con 6 profesores/as máis. • Falta de horas xa que se precisa o tempo para impartir as diferentes materias. • Instalación eléctrica deficiente (irse a luz). • Ausencia de espazo axeitado para proxectar. • Descoñecemento da montaxe e acoplamento do portátil ao canón. • Diferentes modelos, diferentes configuracións. En resposta aos anteriores problemas comentados, dende o equipo queremos intentar darvos solucións ao respecto ou aclaracións dos puntos que comentades nas enquisas. 1º Non dispoñer dese material na aula. Polo que teño entendido, en 2º e 3º ciclo hai bastante equipamento informático, portátil e canón por mestre. Corrixídeme se me trabuco. No primeiro ciclo é onde hai máis problema nese eido e por iso mesmo, estase barallando xa a compra de portátiles para que cada mestre poida ter o seu. Respecto aos canóns, en principio poderiamos facer quendas de uso, xa que non usaremos ás mesmas horas os membros dun nivel o canón. 2º No que respecta á falta de horas, no primeiro trimestre entre que un se habitúa, os nenos/as se amoldan e demais custa topar ocos, pero despois, a explicación da materia pode ir a través das TIC’s procurando ser máis amena. 3º No referente á instalación eléctrica deficiente, xa foi revisada polo electricista –como xa se vos comentou e a aula ten case o dobre de potencia en amperios da que se está a consumir. A cuestión é se algún equipo ten danada a fonte, consume moita máis corrente da debida, facendo saltar os automáticos e danando a placa dos equipos. Por iso, rogaríasevos a tódolos mestres que apaguedes os ordenadores da sala de mestre despois de usalos, pois moitas veces quedan prendidos. Un uso continuado dos equipos e deixalos acesos demasiado tempo, provoca desgaste na fonte de alimentación que ao final se acaba queimando ou, sen chegar a facelo, acaba tendo un comportamento deficiente. OLLO: Se algún ou algunha de vós se percata que ao acender os automáticos algún ordenador arrinca só, iso é que ten a fonte de alimentación “tocada” e a medio - curto prazo acabará danándose o equipo. Se notades isto, comunicádeo. 4
  • 5. 4º O espazo para proxectar acostuma ser un grande problema ao non ter pantalla, xa que algunhas das aulas son moi pequenas e están as paredes ocupadas ao máximo. A pantalla que encartase e se abrise sería unha boa solución e moi útil, pero mentras non dispomos da mesma, poderíanos servir unha sábana vella de cor branca que teñamos na casa. É unha opción algo chapuceira e máis porque hai que mirar o modo máis axeitado de colocala na aula e andala recollendo cada pouco, pero podería ser unha alternativa a curto prazo. 5º Descoñecemento do acoplamento do canón ao portátil. A conexión é moi doada e só é cuestión de práctica. Os portátiles e os canóns traen varias saídas, pero as que máis acostuman empregarse son a VGA e HDMI. Hai que ver qué cable ven co canón e conectalo ao portátil por un extremo e ao canón por outro. Prendelos (a orde é indiferente en contra do que cre moita xente) e para que se vexa a imaxe só na pantalla, só no proxector ou ambos á vez, hai que ir pulsando as teclas Fn e unha tecla de función ata topar coa combinación máis axeitada para cada momento. Tedes máis información na web que se vos pasara, concretamente. Porén, non hai problema por se un día queredes montalo, falade comigo e así explícovos no momento paso a paso. VGA HDMI Na páxina que se vos pasara: http://rai.informe.com/problemas-solucionados-df2.html tedes cara o final da páxina un apartado que se titula “Combinaciones teclas cañón”. Pulsades aí e teredes as principais combinacións de teclas para canóns dos fabricantes máis coñecidos. 6º Para rematar no que respecta a diferentes modelos e diferentes configuracións todos fan exactamente o mesmo, aínda que uns teñan máis ou menos recursos. Os problemas era para o seu amaño ou reinstalalos que hai que ir un por un e iso sí é unha dor de cabeza, pois non falamos dun ordenador, senón de 20. 5
  • 6. Pero nese eido sí que non é posible facer nada, xa que os equipos vanse repoñendo segundo se avarían e segundo o presuposto e como sabedes iso é moi limitado e máis coa crise. OS ordenadores vanse mudando de dous en dous ou cando xa non é rentable o seu amaño. Cambialos todos á vez para que teñan a mesma configuración, salvo que esteamos nun dos centros financiados por Amancio Ortega vai a ser algo moi pero que moi difícil, por non dicir imposible. Porén, hai equipos vellos que se se reinstalan ben, poden resultar igual de útiles e eficientes que algúns novos para o uso que se lles da. 6