SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 23
Descargar para leer sin conexión
ÍNDICE

1. Xustificación.


2. Introdución.


3. Marco legal.


4. Observatorio da convivencia.

  4.1 Composición.


  4.2 Funcións.

  4.3 Reunións.


5. Contextualización e avaliación inicial.

  5.1 Análise conceptual.

  5.2 Características do centro e do seu contorno.


  5.3 Situación actual da convivencia no centro.

  5.4 Actuacións levadas a cabo ata o momento.

  5.5 Detección de necesidades.

6. Plan de actuación.


  6.1 Obxectivos a alcanzar.


  6.2 Actuacións previstas: alumnado profesorado, persoal non docente,
  familias, comunidade en xeral…


  6.3 Protocolos de actuacións.


  6.4 Temporalización e recursos humanos e materiais.




                                        1
1. XUSTIFICACIÓN.

Aprender a vivir xuntos, aprender a convivir cos demais, ademais de constituír unha
finalidade esencial da educación, representa un dos principais retos para os sistemas
educativos actuais. Son moitas as razóns que fan que esta aprendizaxe se considere non
só valiosa en si mesma, senón imprescindible para a construción dunha sociedade máis
democrática, máis solidaria, máis cohesionada e máis pacífica na que fenómenos como o
acoso escolar, a violencia doméstica, a violencia de xénero, o maltrato... non teñan cabida.

O informe da UNESCO da Comisión Internacional sobre a educación para o século XXI
propoñía a ampliación dos obxectivos educativos máis alá do estrito campo do
coñecemento e, máis concretamente, sinalaba a necesidade de que os alumnos aprendan
na escola a convivir, coñecendo mellor ós demais e creando un espírito novo que impulse a
realización de proxectos comúns e a solución pacífica e intelixente dos conflitos.

Este mesmo interese é compartido por gran parte da sociedade española, tal e como
recollía o Barómetro do CIS do mes de xullo de 2005. Por enriba incluso da formación e dos
coñecementos necesarios para obter un bo emprego, unha gran parte dos enquisados
valoraba como unha das calidades máis importantes a adquirir ao longo da escolaridade
obrigatoria a de ser un bo cidadán, é dicir, a capacidade para exercer dereitos e deberes,
aprendendo a respectar aos demais.

Unha das percepcións máis estendidas fai referencia ao progresivo incremento dos
problemas de convivencia nos centros educativos e, de forma especial, nos centros de
secundaria. Aínda que as situacións de indisciplina e de acoso escolar entre escolares
existiron sempre, parece ter cobrado unha maior relevancia nos últimos anos, en parte
“grazas” aos medios de comunicación.

Por unha parte, aumentaron os problemas e dificultades do profesorado para poder impartir
as clases e levar a cabo o proceso de ensino, o que en termos xerais se coñece como
condutas disruptivas, e por outra parte, apareceron condutas de agresión entre
compañeiros, que adoptan formas diversas, desde a agresión física directa ata a
psicolóxica máis sutil.

Nos últimos anos numerosos estudos valoraron no só o alcance real dos problemas que
atentan contra a convivencia, senón tamén as causas e factores que os producen. Parece
existir un amplo acordo sobre a complexidade que encerra a convivencia escolar e a
presenza de múltiples factores que contribúen a explicar os principais problemas da
convivencia.

Entre os factores que se apuntaron como responsables das dificultades de convivencia
sinalamos os seguintes.
                                            2
En primeiro lugar estarían os de carácter social, tales como certas características da
sociedade actual (permisividade, cambios no papel das familias, modelos dos medios de
comunicación), e por diferenzas interculturais ou situacións de exclusión ou marxinación.

Outro grupo de factores son os de carácter psicolóxico, tales como a impulsividade, a falta
de tolerancia á frustración, a falta de habilidades sociais…

Hai tamén factores propiamente educativos como son o tipo de ensinanza e currículo que
se propón, as metodoloxías empregadas, os resultados académicos do alumnado, a
organización dos propios centros, e o tipo de relacións e nivel de participación que se
establecen entre os diferentes sectores da comunidade educativa.

Os centros educativos son espazos privilexiados para a educación da convivencia xa que
son lugares onde a coexistencia se exerce de maneira activa a través da relación entre os
diferentes axentes que nela interveñen.

É nos centros onde se practica a solidariedade e a responsabilidade cidadá e onde tamén
se   constrúen as normas formais e informais que interveñen na forma de resolver os
problemas que a propia convivencia xera.

Por todo isto, como educadores, é a nosa obriga elaborar e poñer en práctica un plan de
convivencia útil e que dea resposta a un dos retos máis importante da sociedade: saber
aprender a cohabitar de tal modo que os conflitos sexan resoltos dunha maneira non
violenta.

O conflito é inherente á vida en común das persoas. É algo normal en toda sociedade libre
e democrática.

Debe entenderse como algo positivo para desenvolver o labor educativo, e sobre todo,
servir como medio de aprendizaxe para solucionar o conflito de forma democrática,
dialogada e pacífica, buscando a harmonía nas relacións entre as persoas.



2. INTRODUCIÓN.

Nestes momentos existe un amplo consenso sobre o feito de que, no contexto
socioeducativo actual, os modelos sancionadores resultan claramente insuficientes e
inadecuados para a xestión dos conflitos e a mellora da convivencia nos nosos centros
educativos. Non abonda con ter contempladas e aplicar medidas de carácter sancionador
para os problemas de disciplina; pola contra, deben cobrar especial importancia actuacións
e medidas de carácter educativo desenvoltas a través do currículo, os procesos de ensino-
aprendizaxe, a organización do centro, a acción titorial, os distintos plans e programas
educativos...
                                            3
No marco deste modelo, o Plan de Convivencia de centro é un documento que recolle as
medidas necesarias, que articula o propio centro, para o fortalecemento da convivencia, de
forma que se mellore o clima que debe presidir as relacións entre os diferentes membros da
comunidade educativa e se fomente a prevención e a resolución pacífica de conflitos.

A realización dun Plan de Convivencia de centro debe propiciar cambios nos modelos de
organización escolar, nos procesos de ensino-aprendizaxe, nas pautas de actuación do
profesorado, na súa formación e na do alumnado e tamén nas relacións coas familias e
coa comunidade en xeral.

Para acadar os obxectivos que se inclúen neste Plan de Convivencia Escolar resulta
imprescindible a colaboración estreita de todos os sectores da Comunidade Educativa, o
desenvolvemento de actividades que favorezan a mellora do clima de convivencia escolar e
o seguimento titorial e docente continuo que advirta e axude a previr as condutas que
alteren o clima de convivencia escolar. Aínda que a resolución non sexa doada, nin os
resultados rápidos, os datos demóstrannos que os centros que acometeron programas
específicos están de acordo, polo xeral, en que se obtiveron bos resultados. Isto non quere
dicir que os conflitos desaparezan, pero si que diminuíron e que cando se presentan de
novo, dispoñen xa dunha serie de recursos e medidas educativas para neutralizalos, polo
que a súa perspectiva actual é mellor que a que tiñan anteriormente. O único que seguro
que non mellora os conflitos é non facer nada ao respecto. Neste sentido algunhas das
ideas que debemos ter en conta neste Plan de Convivencia son:

O noso traballo non pode ser só como "lexisladores" ou "sancionadores".

A solución debe ser: global, preventiva, democrática, adaptada á nosa realidade e debe
implicar a toda a comunidade educativa.

É importante antepoñer o valor educativo ao punitivo.

Trátase de crear un documento verdadeiramente útil, realista, dinámico e adaptado as
peculiaridades e necesidades do centro, que axude a mellorar o conxunto de relacións que
en toda comunidade educativa se establecen e a mellorar, en definitiva, a vida social do
centro.

Tras a realización dun diagnóstico da situación da convivencia no noso centro, é
imprescindible que os obxectivos e actuacións que no plan se establezan estean en
consonancia co contido do Proxecto Educativo de centro, do cal vai formar parte, así como
que as medidas ou accións que se vaian desenvolver, modifiquen e/ou se inclúan nos
diferentes documentos de planificación do centro: Proxecto Curricular de Centro e
Programacións Didácticas, Plan de Atención á Diversidade (PAD) e Plan de Acción Titorial
(PAT) e, dende logo, ser a fonte básica para a concreción dos futuros Regulamentos de
                                           4
Réxime Interno.



  3. MARCO LEGAL.

  Lei orgánica 2/2006,do 3 de maio, de educación (LOE).

  Nesta lei recóllese entre os principios e fins do sistema educativo a educación para a
  prevención de conflitos e para a súa resolución pacífica, así como a non violencia en todos
  os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

  No seu artigo 121, inclúe un matiz importante no que afecta aos instrumentos de
  planificación, xestión e control, pois fala dun Proxecto educativo do centro (PEC) que:

  •   Recolla os valores, obxectivos e prioridades de actuación.

  •   Incorpore a concreción curricular que aprobe o Claustro.

  •   Recolla a forma de atender á diversidade do alumnado.

  •   Recolla a acción titorial (PAT).

  •   Incorpore o Plan de convivencia.

  Lei 27/2005, do 30 de novembro, de fomento da educación e da cultura de paz.

  Esta lei establece unha serie de medidas, para o ámbito educativo, de fomento da
  educación e da cultura de paz, co fin de promover a cultura de paz e non-violencia na nosa
  sociedade.

  Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da
  Convivencia Escolar. (DOG do martes 8 de maio).

  Este decreto ten por obxecto crear e regular o Observatorio Galego da Convivencia
  Escolar, como órgano colexiado de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade
  educativa no que se refire á convivencia escolar. O citado Observatorio organízase en tres
  niveis: autonómico, provincial e de centro educativo.

  Instrucións sobre a constitución do Observatorio da Convivencia nos centros educativos e
  para a elaboración do Plan de convivencia.



4. OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA.

  4.1. Composición.

  En función do establecido no Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula
  o Observatorio Galego da Convivencia Escolar, artigo 7 (apartado 4), no noso centro está
                                               5
formado polos seguintes integrantes:

  •    Presidenta: Rosa Mª Furelos León.

  •    Xefa de estudos: Consuelo Ucha Peña.

  •    Representantes do profesorado: Ramón Javier Fernández Samaniego, Ángel Manuel
       Iglesias Lago, José Luís Rodríguez Soto, Eduardo Reirís Mouriño e Margarita López
       Portela.

  •    Orientador: Rubén M. Mouriño Guldrís.

  •    Representante de pais e nais: pendente das eleccións ao Consello Escolar (30 de
       novembro).

  •    Representante do persoal non docente: Emilio Codeseda Ucha.

  •    profesor dinamizador da Convivencia Escolar no centro durante o curso 2010-2011 é
       Rubén M. Mouriño Guldrís.

  4.2. Funcións.

  Unha das tarefas implícitas nas funcións é impulsar a elaboración e posta en marcha do
  Plan de convivencia e o seu seguimento e avaliación.

  As funcións básicas do observatorio son:

  a)   A participación na dinamización do plan de Convivencia do centro.

  b)   A elaboración dun informe anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no seu
  ámbito, así como sobre as iniciativas a nivel de centro.

  c)    A coordinación de actuacións conxuntas dos ámbitos implicados e relacionadas coa
  mellora da convivencia.

  d)    Propoñer á Administración Educativa as medidas oportunas para a mellora da
  convivencia.

  e)   Aqueloutras que a administración lle encomende.

  4.3 Xuntanzas:

  A comisión de convivencia manterá tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por
  trimestre, e con carácter extraordinario cantas veces sexa convocado pola súa presidencia,
  por iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus
  membros.



5. CONTEXTUALIZACIÓN E AVALIACIÓN INICIAL.
                                               6
5.1 Análise conceptual.

En primeiro lugar debemos delimitar o que se entende por conflito escolar, dado que na
ampla investigación existente sobre o tema dá lugar a confusións. Entre os termos
utilizados podemos encontrar: agresividade, violencia, conflitos, intimidación, bullying,
condutas antisociais, condutas disruptivas, problemas de convivencia… Sendo común a
tendencia a empregar indiscriminadamente conflito e violencia como se de sinónimos se
tratase. Sen embargo, “mentres o conflito responde a situacións cotiás da vida social e
escolar, na que se dan enfrontamentos de intereses, discusión e necesidade de abordar o
problema, a violencia é unha das maneiras de enfrontarse a esa situación” (Etxeberría,
Esteve y Jordán, 2001, 82).

Por outro lado, a violencia é consecuencia dunha aprendizaxe como antes se dixo,
mentres que o conflito é inherente ao ser humano, forma parte da convivencia humana, da
súa propia natureza, da súa aprendizaxe, da súa estrutura básica e esencial que lle
permite madurar e desenvolverse como persoa.

Non só consideramos o conflito como natural e inevitable á existencia humana, senón que
o consideramos como algo necesario. En efecto, “o conflito no só é unha realidade e un
feito máis ou menos cotiá en educación, senón que tamén é necesario afrontalo como un
valor, pois o conflito e as posicións discrepantes poden e deben xerar debate e servir de
base para a crítica pedagóxica” (Jares, 2002)

Outros dous termos sobre os que existe confusión son agresividade e violencia. A
violencia non é sinónimo de agresividade. Asociamos a agresividade á combatividade, á
capacidade de afirmación, e polo tanto, como algo necesario e positivo para a
supervivencia e o desenvolvemento do individuo. Unha cousa é agresión ou diferentes
formas de violencia e outra diferente é a agresividade ou combatividade.

Outro concepto a definir é o de bullyng. Este refírese a actos repetidos de violencia contra
outros que non poden defenderse facilmente, é “un abuso sistemático de poder” (Smith y
Sharp,1994). O maltrato entre iguais dáse cando hai unha agresión non accidental e
frecuente que pode adoptar diferentes formas:

• Agresión física: atacar fisicamente aos demais (patadas, puñetazos...).

• Agresión    verbal:   alcumes,   insultos,    ameazas,   intimidacións,   desafíos,   malas
  contestacións, vexacións, comentarios racistas, humillacións...

• Agresión indirecta: inducir a agredir a un terceiro.

• Agresión social: propagar rumores pexorativos, rexeitamento e exclusión social (ignorar,
  non deixar participar…).

                                            7
As súas características son: abuso sistemático de poder, maltrato e non existencia de
posibilidade de defensa da vítima.

Por último pasamos a delimitar o que nos entendemos por convivencia. Convivir é vivir en
compañía doutros, polo tanto enténdese por convivir a relación entre todas as persoas que
compoñen unha comunidade, no noso caso, pais/nais, alumnos e alumnas, profesores e
profesoras, e persoal laboral non docente.

Unha boa convivencia esixe respecto mutuo, aceptación e cumprimento de normas
comúns, doutras opinións e estilos de vida, respecto á diversidade, e resolución pacífica
de tensións e conflitos. Convivir supón algo máis que coexistir ou tolerar.

5.2 Características do centro e do seu contorno.

     5.2.1   O medio no que se sitúa:

     O centro de educación infantil e primaria Fermín Bouza Brey está situado na vila de
     Ponteareas que é o centro neurálxico da comarca do Condado, sendo un dos máis
     grandes, tanto en número de alumnado como de postos de traballo de toda a
     provincia de Pontevedra.

     5.2.2. Situación socioeconómica:

     Ponteareas, casco urbano, ten un florecente comercio en todos os ramos debido á
     súa privilexiada situación xeográfica e como cabeceira de comarca considérase a
     capital comercial e ademais conta con Centro de Saúde, Administración de Facenda,
     tres xulgados de Primeira Instancia e Instrución, oficina de Emprego e Axencia da
     Seguridade Social. É o centro terciario por excelencia, no que os servizos e o
     comercio, xunto coa industria, son os principais motores da súa economía.
     Os sábados e días de feira son xornadas fundamentais para o comercio pontareán
     pois é lugar de cita de xentes de toda a bisbarra.
     No que atinxe a industria só conta con fábricas de derivados do cemento, factorías de
     granito, unha fábrica de caucho, industrias madeireiras e de cerámica e da
     construción en xeral que xunto coas carpinterías, fontanerías e talleres de oficios
     diversos dan ocupación a poucos habitantes do municipio. A maioría da poboación
     busca o seu traballo          na zona industrial de O Porriño, A Cañiza        e Vigo:
     aproximadamente seis de cada dez asalariados afincados na vila gañan a súa
     nómina nestes sitios de xeito que en moitos casos os pais/nais do alumnado saen
     moi cedo a mañá e non regresan ás súas casas ata a tarde -noite. Traballando na
     industria   do   automóbil,    sector   naval,   empresas   de construción,   industrias
     conserveiras... Ás veces completando os seus ingresos traballando no campo os
     sábados e domingos. As mulleres da zona do rural, nais dos alumnos/as, comparten
                                             8
as tarefas da casa coas do campo. Hai que sinalar un barrio da parroquia de Xinzo
que tivo desde hai tempo protagonismo nos mercados de peixe de Vigo, deixando
boas rendas nesta zona, dato curioso non sendo unha parroquia costeira.
Conta cun núcleo urbano importante que é Ponteareas. A paisaxe urbana da mesma
é a propia das localidades que creceron sen planificar, alternándose sen orden fincas
agrícolas e solares urbanos, talleres, almacéns industriais, vivendas e locais
hostaleiros. Ademais da combinación de edificios antigos a carón de edificios de oito
plantas   súmase a este caos as obras sen rematar como consecuencia da
suspensión das competencias urbanísticas.
Mesmo así a vida bule: vense nenos e nenas por todas partes, cousa pouco
frecuente na maioría das cidades galegas.


Os basamentos sobre os que descansa a puxanza de Ponteareas son tres:
•   A súa excelente localización.
•   seren cabeza do partido xudicial.
•   forte crecemento demográfico: un de cada cinco veciños ten menos de vinte
    anos de idade.
A proximidade a Vigo e a súa excelente localización cunha vivenda máis asequible,
reequilibraron a pirámide demográfica: Ponteareas deixou de ser eminentemente
rural para converterse en metade urbano, metade rural debido a que nos derradeiros
anos incrementouse a poboación con moita xente nova que veu residir á vila. No
período 1970-2005, Ponteareas incrementou a súa poboación nun 50%. Na
actualidade conta aproximadamente con 21.993 habitantes (fonte INE, a 01-01-06).
Isto faise notar na realidade do noso Centro, xa que a rateo nalgunhas aulas supera
os vinte cinco alumnos/as.
O colexio está emprazado na zona urbana pero ao falar do contorno do colexio
compre facer mención das parroquias que escolarizan os nenos/as neste centro
escolar (a meirande parte destes son transportados).
As parroquias son as seguintes: Areas, Arnoso, Xinzo, Moreira e Angoares e das
aldeas de Parada (Xinzo), Ganade (Areas) e A Porteliña pertencente a Cristiñade que
acoden ao centro     en catro liñas de transporte escolar, todas elas dotadas de
acompañante.

5.2.3. ¿Cómo é o noso colexio?

•   O noso colexio conta cun cadro de profesores cunha excelente e ampla
    preparación ademais dunha grande experiencia profesional
•   O noso colexio valora tanto a preparación académica como a formación integral

                                        9
da persoa.
•   É un centro público onde impartimos:
    o    Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos ( 6 grupos).
    o    Educación Primaria de 1º a 6º nivel, de 6 a 12 anos (23 grupos; un deles
    levado a cabo no CRA A Picaraña)).
A tendencia é que dentro de dous cursos contemos coa liña catro en primaria , aínda
que o centro na actualidade non dispón de aulas para acoller a 4ª liña completa.
Dispoñemos de cinco aulas e unha, pequena habilitada, destinadas á educación
infantil (tres no edificio de Primaria e dúas e a pequena      no edificio de infantil
coñecido como “casiña”).

No Edificio de Primaria contamos con:

•   Vinte aulas de educación primaria ademais de dúas habilitadas, na antiga cociña
    e nunha titoría.
•   Aula de música.
•   Unha pequena aula de pedagoxía terapéutica (compartida por dous especialistas)
•   Unha titoría, habilitada para a mesma función.
•   Unha aula de audición e linguaxe.
•   Unha biblioteca.

No Edificio Administrativo contamos con:

•   Sala de informática.
•   Salas de secretaría
•   Dirección.
•   Sala de profesores (escasa para celebrar reunións con 45 profesores).
•   Unha pequena sala de acción titorial (compartida coa ANPA).
•   Orientación.

O Ximnasio

Faise escaso para o número de alumnado. Na maioría do horario de educación física
de primaria se imparte a dous grupos ao tempo con dous profesores á vez. Dispón de
salas titoriais e servizos para alumnado e profesorado.

Dúas aulas prefabricadas

A aula dereita se usa para atención temperá (gardería de 7:30 a 9:00) e como aula
de psicomotricidade de educación infantil. E para outros eventos como charlas,
contacontos… Ademais a ANPA o usa para actividades extraescolares.
A aula esquerda se usa como sala de proxeccións, para impartir actividades

                                     10
alternativas ou relixión e para actividades extraescolares organizadas pola ANPA.
    O centro conta con dúas pistas deportivas e un campo de xogos.
    Non dispón de patio cuberto nin dun lugar axeitado para poder celebrar reunións
    xerais coas familias. E dispón de escasos servizos sanitarios para o elevado número
    de alumnos, na actualidade seiscentos trinta.
    Contamos cun excelente equipo de 45 profesores/as volcados en ofrecer             unha
    educación de calidade, contando con especialistas en primaria, infantil, música,
    educación física, inglés, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e servizo de
    orientación.
    A educación que se imparte está baseada na tolerancia e o respecto a todo tipo de
    crenzas e opinións.
    Impartimos unha educación individualizada (sempre que o grupo o permite)
    fomentando o traballo e responsabilidade, desenvolvidos nun ambiente de liberdade,
    no respecto aos principios democráticos, potenciando a autoestima, e facilitando a
    superación persoal.
    O centro estará aberto a novos métodos, recursos e instrumentos que fagan máis
    eficaz a consecución de obxectivos.
    O noso horario é de xornada continua de 9:00 a 14:00 horas

    Actividades complementarias e extraescolares organizadas polo Centro.

    Ao longo do curso escolar os equipos de profesorado (nivel, ciclos) programan un
    gran número de actividades promovidas polo alto valor pedagóxico:
    •   As actividades complementarias son unha ferramenta pedagóxica moi importante
        para estimular o interese e motivar o traballo do alumnado.
    •   Elas contribúen a un achegamento experimental do alumnado á sociedade na
        que vive.
    •   A través delas o alumno/a conecta “in situ” cos contados e actividades que se
        desenvolven no currículo.
    •   Nalgúns casos é o propio profesorado os que explican noutros é persoal
        especializado     de   diferentes   empresas   ou institucións   que   colaboran    ,
        explicándolle aos alumnos/as os diferentes temas con maior precisión,
        complementando o traballo da aula.
    •   alumnado, xeralmente, fai antes, durante e despois das actividades ou visitas,
        traballos ou recibe explicacións que contribúen a reforzar as áreas fundamentais.
    •   Fomentan o traballo en equipo, colaborativo e desenvolven habilidades sociais.

Servizos escolares complementarios. Actividades Extraescolares.

O colexio dispón dun servizo de gardería (atención temperá) de 7:30 a 9:00, organizado
                                            11
polo Concello.
Actividades extraescolares organizadas pola ANPA, polo Concello e outras entidades, en
horario de tarde. Todos os cursos escolares se programan en función da demanda das
familias.
Actividades da ANPA:
•   Iniciación ao francés.
•   Xadrez.
•   Técnicas de estudo.
•   Danza moderna.
•   Manualidades.
Actividades do Concello e outras entidades:
•   Balonmán.
•   Escola de ciclismo.
•   Judo.
Ademais o colexio é empregado polo concello para outras actividades non vinculadas cos
nenos/as.

Servizo de transporte

Catro autobuses que cobren catro zonas.

5.3 Situación actual da convivencia no centro.

Para coñecer a situación actual da convivencia do noso centro empregáronse dúas clases
de fontes de datos, por un lado realizouse unha análise dos partes de amoestacións no
curso 2009-2010 e máis dos dous cursos anteriores; e por outro lado tívose en conta a
opinión de todo o claustro no que a convivencia escolar se refire.

a) Revisión de partes de amoestacións.

Con respecto a esta revisión de partes sinalar en primeiro lugar o seguinte:

•   No relativo á etapa de infantil salientar a non existencia de partes de amoestacións.

•   No relativo á etapa de primaria pódense cualificar as incidencias acaecidas como
    mínimas e que as mesmas foron resoltas polos diferentes titores con pequenas
    actuacións ou sancións.

Dos resultados anteriores pódese concluír unha serie de afirmacións:

•   Que tendo en conta o reducido número de faltas graves, a conflitividade nas aulas foi
    escasa.

•   Podemos apreciar que os partes de amoestacións concéntranse nun reducido número

                                          12
de alumnos. Debemos sinalar que o alumnado que acumulaba a maior parte das
    amoestación era alumnado moi desmotivados academicamente.

•   A relación de conflitos existentes no noso centro serían:

    o   Condutas disruptivas (levantarse sen permiso, falar durante as explicacións...).

    o   Condutas violentas (dano físico e verbal) ou dano ás propiedades e mobilario
        escolar).

•   Pódese sinalar tamén que como algo inherente á vida en común das persoas, en
    ocasións se dan situacións de conflito entre os membros da Comunidade Educativa,
    Comunidade Educativa – familias ou entre as propias familias entre elas. Estes
    conflitos trátanse de resolver de forma democrática, dialogada e pacífica, buscando
    harmonía nestas relacións interpersoais.

En resumo podemos concluír que na actualidade o clima de convivencia no noso centro é
bo. Non se observan serios problemas. Nos cursos altos aparecen conflitos esporádicos
que se resolven fundamentalmente co diálogo e con medidas disciplinarias de carácter
menor. Nalgún caso é necesario tomar unha medida máis severa como proceder a
apartar, temporalmente, ao alumno do grupo, permanecendo na biblioteca traballando
só...

5.4 Actuacións levadas a cabo ata o momento.

Principalmente e a través do plan de acción titorial realízanse actividades encamiñadas a
mellorar a convivencia no noso centro tales como: a divulgación da organización e
funcionamento do centro, o adestramento en habilidades sociais, a análise de dereitos e
deberes, debates sobre a normativa da aula e do centro, actividades de fomento da
tolerancia, a aceptación da diversidade e a resolución pacífica dos conflitos…

Xunto a estas medidas eminentemente formativas, tamén se responde coa aplicación das
normas de convivencia establecidas a través do Regulamento de Réxime Interno, que
periodicamente se revisa para adaptalo á realidade existente.

5.5. Detección de necesidades.

Da análise dos partes de amoestacións e da análise das propostas e suxestións dos
equipos de ciclo extráese que nos atopamos ante un centro con escasa conflitividade e
con aceptables relacións entre os diferentes membros da comunidade educativa, sen
embargo si convén traballar un serie de elementos:

•   Debemos potenciar o traballo sobre unha serie de aspectos relacionados coa
    convivencia, especialmente a través do PAT, para o que nos apoiaremos nunha serie
    de programas.
                                          13
•   Resulta imprescindible o coñecemento do RRI.

   •   Realizar actividades de formación para o profesorado sobre a resolución de conflitos
       dentro e fora da aula.

   •   Establecer un sistema de mediación entre iguais (no 3º ciclo).

   •   Potenciar o funcionamento do Equipo de Convivencia.

6. PLAN DE ACTUACIÓN.

   6.1 Obxectivos.

        6.1.1   Obxectivos xerais

        A través do presente plan pretendemos a consecución dunha serie de obxectivos,
        que podemos considerar como xerais, os cales pasamos a concretar:

        •   Mellorar a convivencia e a comunicación entre todos os membros da comunidade
            educativa.

        •   Promover e desenvolver actuacións relativas á convivencia escolar.

        •   Favorecer unhas adecuadas relacións entre todos os membros da Comunidade
            Educativa.

        •   Concienciar e sensibilizar a toda a Comunidade Educativa sobre a importancia
            dunha         adecuada     convivencia escolar, necesaria para un correcto
            funcionamento do centro e para un bo clima educativo que facilite os procesos de
            ensino -aprendizaxe.

        •   Implicar a toda a comunidade educativa na difusión, desenvolvemento e
            seguimento deste plan de convivencia para mellorar as relacións en xeral e a
            conduta do alumnado en particular.

        •   Conseguir a integración do todo o alumnado sen discriminación por raza, sexo,
            idade, crezas… Valorar positivamente a diversidade cultural de todo o alumnado.

        6.1.2. Obxectivos específicos.

        •   Favorecer a integración do alumnado dentro do centro e do grupo aula.

        •   Crear un clima agradable e saudable tanto non centro como na aula.

        •   Desenvolver habilidades e estratexias que melloren a convivencia.

        •   Superar todo tipo de discriminacións e de prexuízos e adoptar actitudes de
            solidaridade, tolerancia, respecto e responsabilidade.

        •   Concienciarse da importancia da sinceridade como vía para acadar unha boa
                                             14
amizade.

          •      Valorar ou diálogo e a mediación como unha vía de solución de conflitos.

          •      Aprender estratexias para a resolución dos problemas de forma pacífica.

          •      Favorecer o desenvolvemento duns principios morais baseados nos dereitos
                 humanos.

          •      Favorecer o desenvolvemento das habilidades sociais para mellorar a interacción
                 entre os diferentes membros dá comunidade educativa.

          •      Favorecer unha autoestima positiva dos noso alumnado a través dunha
                 convivencia democrática.

          •      Desenvolver a capacidade de autocontrol entre o noso alumnado.

          •      Desenvolver o sentido da responsabilidade social e do compromiso persoal.

          •      Impulsar a colaboración das familias no desenvolvemento dunha auténtica
                 educación en valores.

6.2 Actuacións previstas.

As actuacións, que deben contribuír á consecución dos obxectivos propostos, estrutúranse en
diferentes ámbitos que, dado o seu carácter interdisciplinar e globalizador, contribúen de forma
integrada tanto á mellora da convivencia no centro como á resolución pacífica e non violenta
dos conflitos.

     6.2.1 Actuacións xerais.

     Non consideramos a convivencia como unha mera aplicación de medidas disciplinarias,
     senón como un fin educativo a traballar. A convivencia é un obxectivo formativo en se
     mesmo e fundamental de todo proceso educativo. Para conseguir unha boa convivencia
     no centro e para lograr un clima participativo e democrático é necesario potenciar estas
     condutas. Para iso, debe desenvolverse no alumnado unha serie de valores e habilidades
     de comunicación e de relación social.

     •   Realizar actividades de difusión do Plan de Convivencia entre todos os sectores da
         comunidade educativa (xuntanzas e charlas expositivas dirixidas ao alumnado,
         profesorado, familias e persoal non docente). Non consideramos os aspectos da
         convivencia só como aspectos organizativos senón ademais como contidos a
         desenvolver e parte de formación do alumnado. Débese ter en conta a convivencia e a
         participación como parte da aprendizaxe.

     •   Creación dun servizo de mediación entre iguais (no 3º ciclo) para a mellora da

                                                 15
convivencia no centro; debe ter un carácter preventivo, pero tamén debe ser unha
    medida directa de resolución de conflitos e unha medida posterior e reparadora.

•   Mellorar a vixilancia nos períodos de lecer prestando especial atención aos accesos,
    patios de recreo e zonas de xogo. Coordinación a través dos ciclos, da xefatura de
    estudos e da dirección.

•   Organización dos espazos e control dos corredores nos cambios de clase (obrigas do
    profesor/a de garda). Compromisos de puntualidade do profesorado. Supervisión pola
    xefatura de estudo.

•   Establecer canles para informar ao equipo directivo de calquera situación na que se
    produzan condutas contrarias ás normas de convivencia para poder atallalas.
    Colocación dunha caixa de correo de “axuda” onde calquera alumno/a poida expoñer
    se sofre algún tipo de acoso ou se o detectou no contorno escolar.

6.2.2   Actuacións do Equipo Directivo e dos Órganos Colexiados.

•   Debate e revisión do Plan de Convivencia por parte do Equipo de Convivencia, do
    Claustro e do Consello Escolar.

•   Concreción de actuacións para cada curso escolar (Plan xeral anual). Trátase da
    adaptación e posta en marcha daquelas accións anuais que, partindo do Plan de
    Convivencia, axuden á mellora do clima de ensino - aprendizaxe.

6.2.3 Actuacións do Comisión de Convivencia.

•   Reunións cada trimestre e cando se considere necesario.

•   Inclusión, por parte dos diferentes departamento e ciclos, nas programacións de
    actividades para a educación en valores, establecemento de normas acordadas cos
    alumnos e actividades de aprendizaxe cooperativa.

6.2.4 Actuacións do profesorado.

Ante os conflitos e faltas de orde que poidan aparecer, o profesorado debe actuar con
flexibilidade, moderación e criterio, tendo en conta á persoa e as diferenzas individuais do
alumnado. Debe coidar que ao aplicar a medida correctora o alumnado vexa que é xusta,
necesaria, sentida, comprendida e aceptada para que así se converta en motivación para
un cambio positivo. Algunhas das actividades a realizar son:

•   Establecer un clima de traballo adecuado e tentar mantelo durante todo o curso. Unha
    práctica que pode axudar é que cada profesor/a na súa materia trate de consensuar as
    normas de funcionamento do grupo clase. Deberase ter en conta os seguintes
    criterios para a elaboración de estas normas:

                                          16
o   Deben ser claras e concretas, para que resulte fácil determinar si se cumpren ou
            non.

        o   Enunciadas, preferiblemente, en positivo: mellor expresar un comportamento
            correcto que unha prohibición.

        o   Que resulten realistas e fáciles de cumprir.

        o   Que sexan xustas e comprensibles, que se entenda o seu sentido e a súa razón de
            ser.

        o   Non excesivas en número.

        o   Non poden ir contra as normas establecidas no centro nin contra outras de rango
            superior.

        o   Deben elaborarse nas primeiras clases de cada curso académico

        o   Cada norma deberá conter unha medida correctora no caso de incumprirse. Esta
            debe estar relacionada coa norma que non se cumpre.

        o   Resulta imprescindible que todo o profesorado as cumpra.

•   Tamén se deben incluír normas para o profesorado.

•   Fomentar o asociacionismo entre o alumnado, como por exemplo a través do traballo en
    grupos cooperativos formados por grupos heteroxéneos en xénero, nivel de rendemento
    escolar, estrutura de razoamento socio – moral…

A acción titorial é a actividade docente máis especificamente indicada para traballar co
alumnado a convivencia escolar e a resolución de conflitos, sen por iso esquecer que esa
tarefa é responsabilidade de toda a comunidade educativa e que debe estar presente no
conxunto da vida escolar. O Plan de Acción Titorial (PAT) guía a acción de todos os docentes
do noso centro nas tarefas titoriais e na que se debe prestar especial interese á promoción da
convivencia e ao tratamento dos conflitos interpersoais. Neste plan recóllese a realización
dunha serie de actividades:

•   Actividades de acollida e integración do alumnado. Recepción do alumnado polos seus
    respectivos titores e establecemento de forma consensuada das normas de convivencia
    que van regular o funcionamento de cada grupo-clase.

•   Desenvolvemento de actividades para reforzar as habilidades sociais, a prevención do
    maltrato e do acoso. (Programa de habilidades sociais elaborado polo Departamento de
    Orientación).

•   Actividades de reparto de responsabilidade no grupo. Cada grupo debe elixir un delegado e

                                                17
un subdelegado e nomearanse encargados para diferentes tarefas como: programación de
exames, control da aula e do seu material, encargado de subir e baixar as persianas,
encargado de notificar as faltas de asistencia...

•   Realización de actividades que favorezan o desenvolvemento dun autoconcepto e
    autoestima axeitado.

•   Actividades para o coñecemento da normativa legal, RRI, dereitos e deberes, Plan de
    Convivencia…

•   Fomentar as asembleas de clase, que ao tomar decisións que afecten a todo o grupo,
    tanto o titor como os profesores de área poidan establecer canles de participación e de
    resolución de conflitos.

•   Potenciar a figura do delegado, que debe fomentar a convivencia, colaborando cos
    titores nos temas que afecten á convivencia do grupo.

•   Nas sesións de titoría de pre e post-avaliación incluír unha análise da convivencia no
    grupo e formular propostas de mellora.

•   No relativo ás familias, presentar moi claramente as posibilidades de comunicación e
    participación dende o principio: axendas, día de entrevistas co titor ou titora, horario,
    xuntanzas con outros membros do profesorado e equipo directivo.

•   Conmemoracións. Sería desexable que ao inicio do curso se decidira que
    conmemoracións se van traballar nese ano, establecendo un sistema de rotación para
    cada curso escolar. Algúns dos días a conmemorar serían:

    o   Semana da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia.

    o   Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres.

    o   Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

    o   Día Escolar pola Paz.

    o   Día Internacional da Muller Traballadora.

•   Deseño e implementación dun Programa de Cultura da Paz e Interculturalidade, que se
    desenvolverá a través da titoría e de xeito interdisciplinar a través do currículo dos
    diferentes cursos e materias.

•   Deseño e implementación dun Programa de Educación para a Saúde que axude a
    adoptar hábitos promotores da saúde, en tanto que contribúen a reducir os
    comportamentos de alto risco asociados con enfermidades transmitidas sexualmente,
    embarazos non programados, abuso de alcol e drogas, violencia e danos á integridade

                                             18
física, entre outros. Este programa será implementado a través da titoría e daquelas
    materias con maiores contidos relacionados coa temática a abordar.

•   Elaborar un Plan de Acollida para todo o profesorado novo, que entre por primeira vez
    no noso centro brindándolles a mellor información posible para que se integren de
    forma   satisfactoria,      informándoos   sobre   algúns   aspectos   de   organización   e
    funcionamento: horarios, plano da edificación, actividades e protocolo de faltas de
    asistencia.

•   Coidar a acollida de cada novo profesor ou profesora ao centro, despedidas por
    traslado, xubilacións...

•   Traballar todos os niveles de participación para que as familias sintan que o centro é un
    lugar agradable onde se teñen en conta as súas opinións e para iso é fundamental o
    traballo dende a titoría.

6.2.5 Actuacións do alumnado.

•   Comunicar ao Equipo de Convivencia as presuntas situacións de conflitos, maltrato,
    acoso, agresións…

•   Participar nas diferentes actividades que se realizan no centro para a mellora na
    convivencia.

•   Rexeitar condutas contrarias ás normas de convivencia, sexistas, de racismo,
    xenofobia... dentro e fóra do contorno escolar.

•   Colaborar co profesorado na acollida de alumnado de novo ingreso. Establecer a
    figura do alumno/a titor (ver Plan de Acollida). Especial coidado na integración do
    alumnado con ANEAE e dos alumnado inmigrante.

•   Dinamizar a Xunta de Delegados/as con calendario de xuntanzas non só co Equipo
    Directivo     senón   tamén     co   Departamento     de    Actividades   Extraescolares   e
    Complementarias.

•   Participar no coidado da “ecoloxía da clase”: tentar manter unha clase limpa, agradable,
    ordenada, ben decorada, personalizada segundo os gustos do seu alumnado. Trátase
    de promover a participación do alumnado neste aspecto para favorecer que se sintan
    “orgullosos da súa aula”.

6.2.6 Actuacións das familias.

•   Colaborar co profesorado en cantas cuestións se lles soliciten.

•   Informar ao titor/a do seu fillo/a de situacións de alteración do comportamento, acoso ou
    intimidación.
                                               19
•   Colaborar co centro nas medidas impostas aos seus fillos/as por condutas contrarias ás
        normas de convivencia.

    6.2.7 Coordinación con outras institucións.

    •   Colaborar e ter un contacto periódico con asuntos sociais. Este contacto establecerase
        fundamentalmente entre o Departamento de Orientación do centro e a traballadora
        social do Concello de Ponteareas. Pedirase a colaboración desta última cando sexa
        preciso traballar, dende un punto de vista social, con algunha familia en concreto.

    •   Liñas de colaboración con sanidade, ben para colaborar en distintas campañas de
        carácter xeral ou dun xeito máis especifico cos centros de orientación familiar, ou coa
        Unidade de Saúde Infantil - xuvenil, no caso de alumnado que deba ser remitido a este
        servizo polo departamento de orientación. Neste último caso realizarase un seguimento
        conxunto dos mesmos.

    •   Colaboración cos servizos de xustiza, especialmente no caso de tutela de menores,
        defensa dos dereitos dos menores, problemas de absentismo escolar que non sexan
        resoltos nos contactos previos coas familias.

    •   Solicitude de colaboración cos Equipos de Orientación Específicos nos casos de
        alumnos con graves problemas de toda índole.

6.3 Protocolos de actuacións.

As actuacións teñen que ver fundamentalmente co fomento da convivencia en todos os
sectores da comunidade educativa, coa adquisición de valores democráticos e coa prevención
de comportamentos que poidan alterar o discorrer normal da vida do Centro.

A nivel preventivo e en caso de incumprimento das normas de convivencia establecidas e en
relación coas alteracións do comportamento seguiremos os seguintes procedementos:

•   Protocolo de actuación no caso de falta leve. Segundo o RRI:

    o Establécense as normas internas de convivencia.

    o Descríbense e clasifícanse as faltas leves.

    o Infórmase das correccións estipuladas para ela e quen son competentes para corrixilas

•   Protocolo de actuación no caso de faltas graves: remisión ao Observatorio da Convivencia.
    Segundo RRI:

    o Infórmase das correccións estipuladas para elas e quen son competentes para corrixilas

    o Protocolo de actuación diante de condutas gravemente prexudiciais para a convivencia
        no centro: expediente disciplinario.

                                                20
o As faltas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro poderán dar orixe á
   apertura dun expediente disciplinario que será resolto polo Consello Escolar.

o O procedemento para a tramitación de expedientes disciplinarios é:

   •   Acordo de instrución de expediente disciplinario

   •   Nomeamento de instrutor.

   •   Instrución.

   •   Trámite de audiencia.

   •   Resolución.

   •   Recurso.

o O nomeamento do instrutor farase por orde alfabética entre os membros do profesorado
   que non teñan relación académica directa co alumnado implicado.

   •   Protocolo de actuación no caso de maltrato entre iguais.

       o Para os casos especiais de alumnado que protagonice posibles situacións de
          acoso e intimidación entre iguais aterémonos aos protocolos establecidos na
          publicación editada pola CEOU da Xunta de Galicia no ano 2007, Plan de
          Convivencia do Centro, no seu anexo XIII.

       o É imprescindible diferenciar claramente outro tipo de manifestacións violentas
          (sen continuidade no tempo, sen inferioridade dalgunha das persoas
          participantes...) dos casos de verdadeiro acoso escolar. As situacións de acoso
          veñen definidas pola coincidencia simultánea de:

              Evidente intención de facer dano.

              Condutas agresivas reiteradas.

              Desequilibrio de forzas entre a persoa ou persoas acosadoras e a vítima.

       o Non debemos esquecer tampouco que calquera membro da comunidade
          educativa ten a obriga de poñer en coñecemento do equipo directivo do centro a
          posible existencia de indicios razoables dunha situación desta índole.

       o A tal efecto, colocarase unha caixa de correo para que se poidan comunicar
          este tipo de situacións de xeito anónimo. A partir desta detección hai que realizar
          unha recollida de información e contraste da mesma, que permita tomar a
          decisión máis axeitada a cada caso.

       o Unha vez detectado o acoso deberemos actuar así:

                                          21
A dirección do centro redactará un informe no que se reflictan os datos
                significativos recollidos na investigación, que se remitirá á Inspección
                Educativa.

                 O centro informará da situación á Delegación Provincial da Consellería de
                Educación e Ordenación Universitaria e á Fiscalía de Menores. Estas
                institucións débense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello, se
                existen e, de non existir, con Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

                Convén estar en contacto cos distintos servizos e institucións para realizar
                actuacións coordinadas.

                A dirección do centro manterá informado do proceso que se está a seguir ao
                Consello Escolar, que é o responsable de impoñer as oportunas correccións.

                O expediente seguirá o curso establecido no Real Decreto 732/1995, do 5 de
                maio de 1995, dereitos e deberes dos alumnos e normas de convivencia
                (Capítulo III). En todo caso, ao intervir a Fiscalía de Menores, o expediente
                quedará en suspenso en espera da correspondente resolución xudicial.

                O centro educativo arbitrará medidas de actuación, complementarias ás
                correctivas, que permitan paliar os efectos negativos da situación de acoso e
                eviten que se repita. Para a organización das mesmas é fundamental ter en
                conta a información recollida ao longo do proceso de investigación para poder
                adaptalas a cada caso en concreto en función das súas características. Estas
                actuacións levaranse a cabo coa vítima, coa persoa ou persoas agresoras e
                os observadores en particular, e, dun xeito máis global, con toda a
                comunidade educativa.

                Estas actuacións deben ser coñecidas polo Consello Escolar, que valorará a
                súa eficacia.

          o É moi importante a contextualización destas actuacións e que nelas estean
              involucradas      todas   as    persoas     ou    institucións   que   poidan   contribuír
              positivamente:     equipo      directivo,   titorías,   profesorado,   departamento    de
              orientación, familias, persoal non docente, equipos de orientación específicos,
              servizos sociais, Fiscalía de Menores, ONG, asociacións (veciñais, culturais...).

6.4    Temporalización e recursos humanos e materiais.

No traballo en convivencia non podemos esquecer o sentido de proceso, e polo tanto, o seu
sentido “imperfecto” que no levará a un continuo axuste das actuacións.

A convivencia debe ser traballada continuamente, polo que as actuacións relacionadas co Plan
                                                   22
de Convivencia de Centro decidiranse anualmente na PXA. Desta maneira priorizaranse os
núcleos de traballo e seleccionaranse os obxectivos.

A Comisión de Convivencia elaborará unha proposta para incluír na PXA e o Consello Escolar
dará a súa aprobación. Cada ano elaborarase unha memoria anual valorativa das actuacións
que servirá de pauta para as propostas do seguinte curso. Tamén se inclúen aspectos do Plan
de Convivencia entre os indicadores para avaliar anualmente os proxectos institucionais do
centro.




                                              23

Más contenido relacionado

Similar a Plan de convivencia

PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Pptguest1a0f53
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Pptguest1a0f53
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)satelite1
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasLoudes Otero
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Grupo PREMIR
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02xoserivas
 
Prog. ed. etico civica 4º
Prog. ed. etico civica  4ºProg. ed. etico civica  4º
Prog. ed. etico civica 4ºxoserivas
 
Programa Candidatura Redondas 2
Programa Candidatura Redondas 2Programa Candidatura Redondas 2
Programa Candidatura Redondas 2xanperican
 
Programa da candidatura
Programa da candidaturaPrograma da candidatura
Programa da candidaturaxanperican
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)mjtaboada
 

Similar a Plan de convivencia (20)

Convivencia
ConvivenciaConvivencia
Convivencia
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuñoPlan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
 
mediacion
mediacionmediacion
mediacion
 
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
 
Prog. ed. etico civica 4º
Prog. ed. etico civica  4ºProg. ed. etico civica  4º
Prog. ed. etico civica 4º
 
Oie
OieOie
Oie
 
Oie
OieOie
Oie
 
Programa Candidatura Redondas 2
Programa Candidatura Redondas 2Programa Candidatura Redondas 2
Programa Candidatura Redondas 2
 
Programa da candidatura
Programa da candidaturaPrograma da candidatura
Programa da candidatura
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 

Más de profesorbouzabrey (17)

Introducir datos no blog
Introducir datos no blogIntroducir datos no blog
Introducir datos no blog
 
Información
InformaciónInformación
Información
 
Equipo tic
Equipo ticEquipo tic
Equipo tic
 
Equipo infantil
Equipo infantilEquipo infantil
Equipo infantil
 
Equipo directivo
Equipo directivoEquipo directivo
Equipo directivo
 
Equipo convivencia
Equipo convivenciaEquipo convivencia
Equipo convivencia
 
Equipo biblioteca
Equipo bibliotecaEquipo biblioteca
Equipo biblioteca
 
Equipo 3º ciclo
Equipo 3º cicloEquipo 3º ciclo
Equipo 3º ciclo
 
Equipo 2º ciclo
Equipo 2º cicloEquipo 2º ciclo
Equipo 2º ciclo
 
Equipo 1º ciclo
Equipo 1º cicloEquipo 1º ciclo
Equipo 1º ciclo
 
Desvío
DesvíoDesvío
Desvío
 
Datos xerais
Datos xeraisDatos xerais
Datos xerais
 
Datos das enquisas
Datos das enquisasDatos das enquisas
Datos das enquisas
 
Coordinación pedagóxica
Coordinación pedagóxicaCoordinación pedagóxica
Coordinación pedagóxica
 
Actividades extraescolares horario
Actividades extraescolares horarioActividades extraescolares horario
Actividades extraescolares horario
 
Actividades complementarias
Actividades complementariasActividades complementarias
Actividades complementarias
 
Proxectolector
ProxectolectorProxectolector
Proxectolector
 

Plan de convivencia

  • 1. ÍNDICE 1. Xustificación. 2. Introdución. 3. Marco legal. 4. Observatorio da convivencia. 4.1 Composición. 4.2 Funcións. 4.3 Reunións. 5. Contextualización e avaliación inicial. 5.1 Análise conceptual. 5.2 Características do centro e do seu contorno. 5.3 Situación actual da convivencia no centro. 5.4 Actuacións levadas a cabo ata o momento. 5.5 Detección de necesidades. 6. Plan de actuación. 6.1 Obxectivos a alcanzar. 6.2 Actuacións previstas: alumnado profesorado, persoal non docente, familias, comunidade en xeral… 6.3 Protocolos de actuacións. 6.4 Temporalización e recursos humanos e materiais. 1
  • 2. 1. XUSTIFICACIÓN. Aprender a vivir xuntos, aprender a convivir cos demais, ademais de constituír unha finalidade esencial da educación, representa un dos principais retos para os sistemas educativos actuais. Son moitas as razóns que fan que esta aprendizaxe se considere non só valiosa en si mesma, senón imprescindible para a construción dunha sociedade máis democrática, máis solidaria, máis cohesionada e máis pacífica na que fenómenos como o acoso escolar, a violencia doméstica, a violencia de xénero, o maltrato... non teñan cabida. O informe da UNESCO da Comisión Internacional sobre a educación para o século XXI propoñía a ampliación dos obxectivos educativos máis alá do estrito campo do coñecemento e, máis concretamente, sinalaba a necesidade de que os alumnos aprendan na escola a convivir, coñecendo mellor ós demais e creando un espírito novo que impulse a realización de proxectos comúns e a solución pacífica e intelixente dos conflitos. Este mesmo interese é compartido por gran parte da sociedade española, tal e como recollía o Barómetro do CIS do mes de xullo de 2005. Por enriba incluso da formación e dos coñecementos necesarios para obter un bo emprego, unha gran parte dos enquisados valoraba como unha das calidades máis importantes a adquirir ao longo da escolaridade obrigatoria a de ser un bo cidadán, é dicir, a capacidade para exercer dereitos e deberes, aprendendo a respectar aos demais. Unha das percepcións máis estendidas fai referencia ao progresivo incremento dos problemas de convivencia nos centros educativos e, de forma especial, nos centros de secundaria. Aínda que as situacións de indisciplina e de acoso escolar entre escolares existiron sempre, parece ter cobrado unha maior relevancia nos últimos anos, en parte “grazas” aos medios de comunicación. Por unha parte, aumentaron os problemas e dificultades do profesorado para poder impartir as clases e levar a cabo o proceso de ensino, o que en termos xerais se coñece como condutas disruptivas, e por outra parte, apareceron condutas de agresión entre compañeiros, que adoptan formas diversas, desde a agresión física directa ata a psicolóxica máis sutil. Nos últimos anos numerosos estudos valoraron no só o alcance real dos problemas que atentan contra a convivencia, senón tamén as causas e factores que os producen. Parece existir un amplo acordo sobre a complexidade que encerra a convivencia escolar e a presenza de múltiples factores que contribúen a explicar os principais problemas da convivencia. Entre os factores que se apuntaron como responsables das dificultades de convivencia sinalamos os seguintes. 2
  • 3. En primeiro lugar estarían os de carácter social, tales como certas características da sociedade actual (permisividade, cambios no papel das familias, modelos dos medios de comunicación), e por diferenzas interculturais ou situacións de exclusión ou marxinación. Outro grupo de factores son os de carácter psicolóxico, tales como a impulsividade, a falta de tolerancia á frustración, a falta de habilidades sociais… Hai tamén factores propiamente educativos como son o tipo de ensinanza e currículo que se propón, as metodoloxías empregadas, os resultados académicos do alumnado, a organización dos propios centros, e o tipo de relacións e nivel de participación que se establecen entre os diferentes sectores da comunidade educativa. Os centros educativos son espazos privilexiados para a educación da convivencia xa que son lugares onde a coexistencia se exerce de maneira activa a través da relación entre os diferentes axentes que nela interveñen. É nos centros onde se practica a solidariedade e a responsabilidade cidadá e onde tamén se constrúen as normas formais e informais que interveñen na forma de resolver os problemas que a propia convivencia xera. Por todo isto, como educadores, é a nosa obriga elaborar e poñer en práctica un plan de convivencia útil e que dea resposta a un dos retos máis importante da sociedade: saber aprender a cohabitar de tal modo que os conflitos sexan resoltos dunha maneira non violenta. O conflito é inherente á vida en común das persoas. É algo normal en toda sociedade libre e democrática. Debe entenderse como algo positivo para desenvolver o labor educativo, e sobre todo, servir como medio de aprendizaxe para solucionar o conflito de forma democrática, dialogada e pacífica, buscando a harmonía nas relacións entre as persoas. 2. INTRODUCIÓN. Nestes momentos existe un amplo consenso sobre o feito de que, no contexto socioeducativo actual, os modelos sancionadores resultan claramente insuficientes e inadecuados para a xestión dos conflitos e a mellora da convivencia nos nosos centros educativos. Non abonda con ter contempladas e aplicar medidas de carácter sancionador para os problemas de disciplina; pola contra, deben cobrar especial importancia actuacións e medidas de carácter educativo desenvoltas a través do currículo, os procesos de ensino- aprendizaxe, a organización do centro, a acción titorial, os distintos plans e programas educativos... 3
  • 4. No marco deste modelo, o Plan de Convivencia de centro é un documento que recolle as medidas necesarias, que articula o propio centro, para o fortalecemento da convivencia, de forma que se mellore o clima que debe presidir as relacións entre os diferentes membros da comunidade educativa e se fomente a prevención e a resolución pacífica de conflitos. A realización dun Plan de Convivencia de centro debe propiciar cambios nos modelos de organización escolar, nos procesos de ensino-aprendizaxe, nas pautas de actuación do profesorado, na súa formación e na do alumnado e tamén nas relacións coas familias e coa comunidade en xeral. Para acadar os obxectivos que se inclúen neste Plan de Convivencia Escolar resulta imprescindible a colaboración estreita de todos os sectores da Comunidade Educativa, o desenvolvemento de actividades que favorezan a mellora do clima de convivencia escolar e o seguimento titorial e docente continuo que advirta e axude a previr as condutas que alteren o clima de convivencia escolar. Aínda que a resolución non sexa doada, nin os resultados rápidos, os datos demóstrannos que os centros que acometeron programas específicos están de acordo, polo xeral, en que se obtiveron bos resultados. Isto non quere dicir que os conflitos desaparezan, pero si que diminuíron e que cando se presentan de novo, dispoñen xa dunha serie de recursos e medidas educativas para neutralizalos, polo que a súa perspectiva actual é mellor que a que tiñan anteriormente. O único que seguro que non mellora os conflitos é non facer nada ao respecto. Neste sentido algunhas das ideas que debemos ter en conta neste Plan de Convivencia son: O noso traballo non pode ser só como "lexisladores" ou "sancionadores". A solución debe ser: global, preventiva, democrática, adaptada á nosa realidade e debe implicar a toda a comunidade educativa. É importante antepoñer o valor educativo ao punitivo. Trátase de crear un documento verdadeiramente útil, realista, dinámico e adaptado as peculiaridades e necesidades do centro, que axude a mellorar o conxunto de relacións que en toda comunidade educativa se establecen e a mellorar, en definitiva, a vida social do centro. Tras a realización dun diagnóstico da situación da convivencia no noso centro, é imprescindible que os obxectivos e actuacións que no plan se establezan estean en consonancia co contido do Proxecto Educativo de centro, do cal vai formar parte, así como que as medidas ou accións que se vaian desenvolver, modifiquen e/ou se inclúan nos diferentes documentos de planificación do centro: Proxecto Curricular de Centro e Programacións Didácticas, Plan de Atención á Diversidade (PAD) e Plan de Acción Titorial (PAT) e, dende logo, ser a fonte básica para a concreción dos futuros Regulamentos de 4
  • 5. Réxime Interno. 3. MARCO LEGAL. Lei orgánica 2/2006,do 3 de maio, de educación (LOE). Nesta lei recóllese entre os principios e fins do sistema educativo a educación para a prevención de conflitos e para a súa resolución pacífica, así como a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social. No seu artigo 121, inclúe un matiz importante no que afecta aos instrumentos de planificación, xestión e control, pois fala dun Proxecto educativo do centro (PEC) que: • Recolla os valores, obxectivos e prioridades de actuación. • Incorpore a concreción curricular que aprobe o Claustro. • Recolla a forma de atender á diversidade do alumnado. • Recolla a acción titorial (PAT). • Incorpore o Plan de convivencia. Lei 27/2005, do 30 de novembro, de fomento da educación e da cultura de paz. Esta lei establece unha serie de medidas, para o ámbito educativo, de fomento da educación e da cultura de paz, co fin de promover a cultura de paz e non-violencia na nosa sociedade. Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar. (DOG do martes 8 de maio). Este decreto ten por obxecto crear e regular o Observatorio Galego da Convivencia Escolar, como órgano colexiado de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa no que se refire á convivencia escolar. O citado Observatorio organízase en tres niveis: autonómico, provincial e de centro educativo. Instrucións sobre a constitución do Observatorio da Convivencia nos centros educativos e para a elaboración do Plan de convivencia. 4. OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA. 4.1. Composición. En función do establecido no Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar, artigo 7 (apartado 4), no noso centro está 5
  • 6. formado polos seguintes integrantes: • Presidenta: Rosa Mª Furelos León. • Xefa de estudos: Consuelo Ucha Peña. • Representantes do profesorado: Ramón Javier Fernández Samaniego, Ángel Manuel Iglesias Lago, José Luís Rodríguez Soto, Eduardo Reirís Mouriño e Margarita López Portela. • Orientador: Rubén M. Mouriño Guldrís. • Representante de pais e nais: pendente das eleccións ao Consello Escolar (30 de novembro). • Representante do persoal non docente: Emilio Codeseda Ucha. • profesor dinamizador da Convivencia Escolar no centro durante o curso 2010-2011 é Rubén M. Mouriño Guldrís. 4.2. Funcións. Unha das tarefas implícitas nas funcións é impulsar a elaboración e posta en marcha do Plan de convivencia e o seu seguimento e avaliación. As funcións básicas do observatorio son: a) A participación na dinamización do plan de Convivencia do centro. b) A elaboración dun informe anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no seu ámbito, así como sobre as iniciativas a nivel de centro. c) A coordinación de actuacións conxuntas dos ámbitos implicados e relacionadas coa mellora da convivencia. d) Propoñer á Administración Educativa as medidas oportunas para a mellora da convivencia. e) Aqueloutras que a administración lle encomende. 4.3 Xuntanzas: A comisión de convivencia manterá tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre, e con carácter extraordinario cantas veces sexa convocado pola súa presidencia, por iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus membros. 5. CONTEXTUALIZACIÓN E AVALIACIÓN INICIAL. 6
  • 7. 5.1 Análise conceptual. En primeiro lugar debemos delimitar o que se entende por conflito escolar, dado que na ampla investigación existente sobre o tema dá lugar a confusións. Entre os termos utilizados podemos encontrar: agresividade, violencia, conflitos, intimidación, bullying, condutas antisociais, condutas disruptivas, problemas de convivencia… Sendo común a tendencia a empregar indiscriminadamente conflito e violencia como se de sinónimos se tratase. Sen embargo, “mentres o conflito responde a situacións cotiás da vida social e escolar, na que se dan enfrontamentos de intereses, discusión e necesidade de abordar o problema, a violencia é unha das maneiras de enfrontarse a esa situación” (Etxeberría, Esteve y Jordán, 2001, 82). Por outro lado, a violencia é consecuencia dunha aprendizaxe como antes se dixo, mentres que o conflito é inherente ao ser humano, forma parte da convivencia humana, da súa propia natureza, da súa aprendizaxe, da súa estrutura básica e esencial que lle permite madurar e desenvolverse como persoa. Non só consideramos o conflito como natural e inevitable á existencia humana, senón que o consideramos como algo necesario. En efecto, “o conflito no só é unha realidade e un feito máis ou menos cotiá en educación, senón que tamén é necesario afrontalo como un valor, pois o conflito e as posicións discrepantes poden e deben xerar debate e servir de base para a crítica pedagóxica” (Jares, 2002) Outros dous termos sobre os que existe confusión son agresividade e violencia. A violencia non é sinónimo de agresividade. Asociamos a agresividade á combatividade, á capacidade de afirmación, e polo tanto, como algo necesario e positivo para a supervivencia e o desenvolvemento do individuo. Unha cousa é agresión ou diferentes formas de violencia e outra diferente é a agresividade ou combatividade. Outro concepto a definir é o de bullyng. Este refírese a actos repetidos de violencia contra outros que non poden defenderse facilmente, é “un abuso sistemático de poder” (Smith y Sharp,1994). O maltrato entre iguais dáse cando hai unha agresión non accidental e frecuente que pode adoptar diferentes formas: • Agresión física: atacar fisicamente aos demais (patadas, puñetazos...). • Agresión verbal: alcumes, insultos, ameazas, intimidacións, desafíos, malas contestacións, vexacións, comentarios racistas, humillacións... • Agresión indirecta: inducir a agredir a un terceiro. • Agresión social: propagar rumores pexorativos, rexeitamento e exclusión social (ignorar, non deixar participar…). 7
  • 8. As súas características son: abuso sistemático de poder, maltrato e non existencia de posibilidade de defensa da vítima. Por último pasamos a delimitar o que nos entendemos por convivencia. Convivir é vivir en compañía doutros, polo tanto enténdese por convivir a relación entre todas as persoas que compoñen unha comunidade, no noso caso, pais/nais, alumnos e alumnas, profesores e profesoras, e persoal laboral non docente. Unha boa convivencia esixe respecto mutuo, aceptación e cumprimento de normas comúns, doutras opinións e estilos de vida, respecto á diversidade, e resolución pacífica de tensións e conflitos. Convivir supón algo máis que coexistir ou tolerar. 5.2 Características do centro e do seu contorno. 5.2.1 O medio no que se sitúa: O centro de educación infantil e primaria Fermín Bouza Brey está situado na vila de Ponteareas que é o centro neurálxico da comarca do Condado, sendo un dos máis grandes, tanto en número de alumnado como de postos de traballo de toda a provincia de Pontevedra. 5.2.2. Situación socioeconómica: Ponteareas, casco urbano, ten un florecente comercio en todos os ramos debido á súa privilexiada situación xeográfica e como cabeceira de comarca considérase a capital comercial e ademais conta con Centro de Saúde, Administración de Facenda, tres xulgados de Primeira Instancia e Instrución, oficina de Emprego e Axencia da Seguridade Social. É o centro terciario por excelencia, no que os servizos e o comercio, xunto coa industria, son os principais motores da súa economía. Os sábados e días de feira son xornadas fundamentais para o comercio pontareán pois é lugar de cita de xentes de toda a bisbarra. No que atinxe a industria só conta con fábricas de derivados do cemento, factorías de granito, unha fábrica de caucho, industrias madeireiras e de cerámica e da construción en xeral que xunto coas carpinterías, fontanerías e talleres de oficios diversos dan ocupación a poucos habitantes do municipio. A maioría da poboación busca o seu traballo na zona industrial de O Porriño, A Cañiza e Vigo: aproximadamente seis de cada dez asalariados afincados na vila gañan a súa nómina nestes sitios de xeito que en moitos casos os pais/nais do alumnado saen moi cedo a mañá e non regresan ás súas casas ata a tarde -noite. Traballando na industria do automóbil, sector naval, empresas de construción, industrias conserveiras... Ás veces completando os seus ingresos traballando no campo os sábados e domingos. As mulleres da zona do rural, nais dos alumnos/as, comparten 8
  • 9. as tarefas da casa coas do campo. Hai que sinalar un barrio da parroquia de Xinzo que tivo desde hai tempo protagonismo nos mercados de peixe de Vigo, deixando boas rendas nesta zona, dato curioso non sendo unha parroquia costeira. Conta cun núcleo urbano importante que é Ponteareas. A paisaxe urbana da mesma é a propia das localidades que creceron sen planificar, alternándose sen orden fincas agrícolas e solares urbanos, talleres, almacéns industriais, vivendas e locais hostaleiros. Ademais da combinación de edificios antigos a carón de edificios de oito plantas súmase a este caos as obras sen rematar como consecuencia da suspensión das competencias urbanísticas. Mesmo así a vida bule: vense nenos e nenas por todas partes, cousa pouco frecuente na maioría das cidades galegas. Os basamentos sobre os que descansa a puxanza de Ponteareas son tres: • A súa excelente localización. • seren cabeza do partido xudicial. • forte crecemento demográfico: un de cada cinco veciños ten menos de vinte anos de idade. A proximidade a Vigo e a súa excelente localización cunha vivenda máis asequible, reequilibraron a pirámide demográfica: Ponteareas deixou de ser eminentemente rural para converterse en metade urbano, metade rural debido a que nos derradeiros anos incrementouse a poboación con moita xente nova que veu residir á vila. No período 1970-2005, Ponteareas incrementou a súa poboación nun 50%. Na actualidade conta aproximadamente con 21.993 habitantes (fonte INE, a 01-01-06). Isto faise notar na realidade do noso Centro, xa que a rateo nalgunhas aulas supera os vinte cinco alumnos/as. O colexio está emprazado na zona urbana pero ao falar do contorno do colexio compre facer mención das parroquias que escolarizan os nenos/as neste centro escolar (a meirande parte destes son transportados). As parroquias son as seguintes: Areas, Arnoso, Xinzo, Moreira e Angoares e das aldeas de Parada (Xinzo), Ganade (Areas) e A Porteliña pertencente a Cristiñade que acoden ao centro en catro liñas de transporte escolar, todas elas dotadas de acompañante. 5.2.3. ¿Cómo é o noso colexio? • O noso colexio conta cun cadro de profesores cunha excelente e ampla preparación ademais dunha grande experiencia profesional • O noso colexio valora tanto a preparación académica como a formación integral 9
  • 10. da persoa. • É un centro público onde impartimos: o Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos ( 6 grupos). o Educación Primaria de 1º a 6º nivel, de 6 a 12 anos (23 grupos; un deles levado a cabo no CRA A Picaraña)). A tendencia é que dentro de dous cursos contemos coa liña catro en primaria , aínda que o centro na actualidade non dispón de aulas para acoller a 4ª liña completa. Dispoñemos de cinco aulas e unha, pequena habilitada, destinadas á educación infantil (tres no edificio de Primaria e dúas e a pequena no edificio de infantil coñecido como “casiña”). No Edificio de Primaria contamos con: • Vinte aulas de educación primaria ademais de dúas habilitadas, na antiga cociña e nunha titoría. • Aula de música. • Unha pequena aula de pedagoxía terapéutica (compartida por dous especialistas) • Unha titoría, habilitada para a mesma función. • Unha aula de audición e linguaxe. • Unha biblioteca. No Edificio Administrativo contamos con: • Sala de informática. • Salas de secretaría • Dirección. • Sala de profesores (escasa para celebrar reunións con 45 profesores). • Unha pequena sala de acción titorial (compartida coa ANPA). • Orientación. O Ximnasio Faise escaso para o número de alumnado. Na maioría do horario de educación física de primaria se imparte a dous grupos ao tempo con dous profesores á vez. Dispón de salas titoriais e servizos para alumnado e profesorado. Dúas aulas prefabricadas A aula dereita se usa para atención temperá (gardería de 7:30 a 9:00) e como aula de psicomotricidade de educación infantil. E para outros eventos como charlas, contacontos… Ademais a ANPA o usa para actividades extraescolares. A aula esquerda se usa como sala de proxeccións, para impartir actividades 10
  • 11. alternativas ou relixión e para actividades extraescolares organizadas pola ANPA. O centro conta con dúas pistas deportivas e un campo de xogos. Non dispón de patio cuberto nin dun lugar axeitado para poder celebrar reunións xerais coas familias. E dispón de escasos servizos sanitarios para o elevado número de alumnos, na actualidade seiscentos trinta. Contamos cun excelente equipo de 45 profesores/as volcados en ofrecer unha educación de calidade, contando con especialistas en primaria, infantil, música, educación física, inglés, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e servizo de orientación. A educación que se imparte está baseada na tolerancia e o respecto a todo tipo de crenzas e opinións. Impartimos unha educación individualizada (sempre que o grupo o permite) fomentando o traballo e responsabilidade, desenvolvidos nun ambiente de liberdade, no respecto aos principios democráticos, potenciando a autoestima, e facilitando a superación persoal. O centro estará aberto a novos métodos, recursos e instrumentos que fagan máis eficaz a consecución de obxectivos. O noso horario é de xornada continua de 9:00 a 14:00 horas Actividades complementarias e extraescolares organizadas polo Centro. Ao longo do curso escolar os equipos de profesorado (nivel, ciclos) programan un gran número de actividades promovidas polo alto valor pedagóxico: • As actividades complementarias son unha ferramenta pedagóxica moi importante para estimular o interese e motivar o traballo do alumnado. • Elas contribúen a un achegamento experimental do alumnado á sociedade na que vive. • A través delas o alumno/a conecta “in situ” cos contados e actividades que se desenvolven no currículo. • Nalgúns casos é o propio profesorado os que explican noutros é persoal especializado de diferentes empresas ou institucións que colaboran , explicándolle aos alumnos/as os diferentes temas con maior precisión, complementando o traballo da aula. • alumnado, xeralmente, fai antes, durante e despois das actividades ou visitas, traballos ou recibe explicacións que contribúen a reforzar as áreas fundamentais. • Fomentan o traballo en equipo, colaborativo e desenvolven habilidades sociais. Servizos escolares complementarios. Actividades Extraescolares. O colexio dispón dun servizo de gardería (atención temperá) de 7:30 a 9:00, organizado 11
  • 12. polo Concello. Actividades extraescolares organizadas pola ANPA, polo Concello e outras entidades, en horario de tarde. Todos os cursos escolares se programan en función da demanda das familias. Actividades da ANPA: • Iniciación ao francés. • Xadrez. • Técnicas de estudo. • Danza moderna. • Manualidades. Actividades do Concello e outras entidades: • Balonmán. • Escola de ciclismo. • Judo. Ademais o colexio é empregado polo concello para outras actividades non vinculadas cos nenos/as. Servizo de transporte Catro autobuses que cobren catro zonas. 5.3 Situación actual da convivencia no centro. Para coñecer a situación actual da convivencia do noso centro empregáronse dúas clases de fontes de datos, por un lado realizouse unha análise dos partes de amoestacións no curso 2009-2010 e máis dos dous cursos anteriores; e por outro lado tívose en conta a opinión de todo o claustro no que a convivencia escolar se refire. a) Revisión de partes de amoestacións. Con respecto a esta revisión de partes sinalar en primeiro lugar o seguinte: • No relativo á etapa de infantil salientar a non existencia de partes de amoestacións. • No relativo á etapa de primaria pódense cualificar as incidencias acaecidas como mínimas e que as mesmas foron resoltas polos diferentes titores con pequenas actuacións ou sancións. Dos resultados anteriores pódese concluír unha serie de afirmacións: • Que tendo en conta o reducido número de faltas graves, a conflitividade nas aulas foi escasa. • Podemos apreciar que os partes de amoestacións concéntranse nun reducido número 12
  • 13. de alumnos. Debemos sinalar que o alumnado que acumulaba a maior parte das amoestación era alumnado moi desmotivados academicamente. • A relación de conflitos existentes no noso centro serían: o Condutas disruptivas (levantarse sen permiso, falar durante as explicacións...). o Condutas violentas (dano físico e verbal) ou dano ás propiedades e mobilario escolar). • Pódese sinalar tamén que como algo inherente á vida en común das persoas, en ocasións se dan situacións de conflito entre os membros da Comunidade Educativa, Comunidade Educativa – familias ou entre as propias familias entre elas. Estes conflitos trátanse de resolver de forma democrática, dialogada e pacífica, buscando harmonía nestas relacións interpersoais. En resumo podemos concluír que na actualidade o clima de convivencia no noso centro é bo. Non se observan serios problemas. Nos cursos altos aparecen conflitos esporádicos que se resolven fundamentalmente co diálogo e con medidas disciplinarias de carácter menor. Nalgún caso é necesario tomar unha medida máis severa como proceder a apartar, temporalmente, ao alumno do grupo, permanecendo na biblioteca traballando só... 5.4 Actuacións levadas a cabo ata o momento. Principalmente e a través do plan de acción titorial realízanse actividades encamiñadas a mellorar a convivencia no noso centro tales como: a divulgación da organización e funcionamento do centro, o adestramento en habilidades sociais, a análise de dereitos e deberes, debates sobre a normativa da aula e do centro, actividades de fomento da tolerancia, a aceptación da diversidade e a resolución pacífica dos conflitos… Xunto a estas medidas eminentemente formativas, tamén se responde coa aplicación das normas de convivencia establecidas a través do Regulamento de Réxime Interno, que periodicamente se revisa para adaptalo á realidade existente. 5.5. Detección de necesidades. Da análise dos partes de amoestacións e da análise das propostas e suxestións dos equipos de ciclo extráese que nos atopamos ante un centro con escasa conflitividade e con aceptables relacións entre os diferentes membros da comunidade educativa, sen embargo si convén traballar un serie de elementos: • Debemos potenciar o traballo sobre unha serie de aspectos relacionados coa convivencia, especialmente a través do PAT, para o que nos apoiaremos nunha serie de programas. 13
  • 14. Resulta imprescindible o coñecemento do RRI. • Realizar actividades de formación para o profesorado sobre a resolución de conflitos dentro e fora da aula. • Establecer un sistema de mediación entre iguais (no 3º ciclo). • Potenciar o funcionamento do Equipo de Convivencia. 6. PLAN DE ACTUACIÓN. 6.1 Obxectivos. 6.1.1 Obxectivos xerais A través do presente plan pretendemos a consecución dunha serie de obxectivos, que podemos considerar como xerais, os cales pasamos a concretar: • Mellorar a convivencia e a comunicación entre todos os membros da comunidade educativa. • Promover e desenvolver actuacións relativas á convivencia escolar. • Favorecer unhas adecuadas relacións entre todos os membros da Comunidade Educativa. • Concienciar e sensibilizar a toda a Comunidade Educativa sobre a importancia dunha adecuada convivencia escolar, necesaria para un correcto funcionamento do centro e para un bo clima educativo que facilite os procesos de ensino -aprendizaxe. • Implicar a toda a comunidade educativa na difusión, desenvolvemento e seguimento deste plan de convivencia para mellorar as relacións en xeral e a conduta do alumnado en particular. • Conseguir a integración do todo o alumnado sen discriminación por raza, sexo, idade, crezas… Valorar positivamente a diversidade cultural de todo o alumnado. 6.1.2. Obxectivos específicos. • Favorecer a integración do alumnado dentro do centro e do grupo aula. • Crear un clima agradable e saudable tanto non centro como na aula. • Desenvolver habilidades e estratexias que melloren a convivencia. • Superar todo tipo de discriminacións e de prexuízos e adoptar actitudes de solidaridade, tolerancia, respecto e responsabilidade. • Concienciarse da importancia da sinceridade como vía para acadar unha boa 14
  • 15. amizade. • Valorar ou diálogo e a mediación como unha vía de solución de conflitos. • Aprender estratexias para a resolución dos problemas de forma pacífica. • Favorecer o desenvolvemento duns principios morais baseados nos dereitos humanos. • Favorecer o desenvolvemento das habilidades sociais para mellorar a interacción entre os diferentes membros dá comunidade educativa. • Favorecer unha autoestima positiva dos noso alumnado a través dunha convivencia democrática. • Desenvolver a capacidade de autocontrol entre o noso alumnado. • Desenvolver o sentido da responsabilidade social e do compromiso persoal. • Impulsar a colaboración das familias no desenvolvemento dunha auténtica educación en valores. 6.2 Actuacións previstas. As actuacións, que deben contribuír á consecución dos obxectivos propostos, estrutúranse en diferentes ámbitos que, dado o seu carácter interdisciplinar e globalizador, contribúen de forma integrada tanto á mellora da convivencia no centro como á resolución pacífica e non violenta dos conflitos. 6.2.1 Actuacións xerais. Non consideramos a convivencia como unha mera aplicación de medidas disciplinarias, senón como un fin educativo a traballar. A convivencia é un obxectivo formativo en se mesmo e fundamental de todo proceso educativo. Para conseguir unha boa convivencia no centro e para lograr un clima participativo e democrático é necesario potenciar estas condutas. Para iso, debe desenvolverse no alumnado unha serie de valores e habilidades de comunicación e de relación social. • Realizar actividades de difusión do Plan de Convivencia entre todos os sectores da comunidade educativa (xuntanzas e charlas expositivas dirixidas ao alumnado, profesorado, familias e persoal non docente). Non consideramos os aspectos da convivencia só como aspectos organizativos senón ademais como contidos a desenvolver e parte de formación do alumnado. Débese ter en conta a convivencia e a participación como parte da aprendizaxe. • Creación dun servizo de mediación entre iguais (no 3º ciclo) para a mellora da 15
  • 16. convivencia no centro; debe ter un carácter preventivo, pero tamén debe ser unha medida directa de resolución de conflitos e unha medida posterior e reparadora. • Mellorar a vixilancia nos períodos de lecer prestando especial atención aos accesos, patios de recreo e zonas de xogo. Coordinación a través dos ciclos, da xefatura de estudos e da dirección. • Organización dos espazos e control dos corredores nos cambios de clase (obrigas do profesor/a de garda). Compromisos de puntualidade do profesorado. Supervisión pola xefatura de estudo. • Establecer canles para informar ao equipo directivo de calquera situación na que se produzan condutas contrarias ás normas de convivencia para poder atallalas. Colocación dunha caixa de correo de “axuda” onde calquera alumno/a poida expoñer se sofre algún tipo de acoso ou se o detectou no contorno escolar. 6.2.2 Actuacións do Equipo Directivo e dos Órganos Colexiados. • Debate e revisión do Plan de Convivencia por parte do Equipo de Convivencia, do Claustro e do Consello Escolar. • Concreción de actuacións para cada curso escolar (Plan xeral anual). Trátase da adaptación e posta en marcha daquelas accións anuais que, partindo do Plan de Convivencia, axuden á mellora do clima de ensino - aprendizaxe. 6.2.3 Actuacións do Comisión de Convivencia. • Reunións cada trimestre e cando se considere necesario. • Inclusión, por parte dos diferentes departamento e ciclos, nas programacións de actividades para a educación en valores, establecemento de normas acordadas cos alumnos e actividades de aprendizaxe cooperativa. 6.2.4 Actuacións do profesorado. Ante os conflitos e faltas de orde que poidan aparecer, o profesorado debe actuar con flexibilidade, moderación e criterio, tendo en conta á persoa e as diferenzas individuais do alumnado. Debe coidar que ao aplicar a medida correctora o alumnado vexa que é xusta, necesaria, sentida, comprendida e aceptada para que así se converta en motivación para un cambio positivo. Algunhas das actividades a realizar son: • Establecer un clima de traballo adecuado e tentar mantelo durante todo o curso. Unha práctica que pode axudar é que cada profesor/a na súa materia trate de consensuar as normas de funcionamento do grupo clase. Deberase ter en conta os seguintes criterios para a elaboración de estas normas: 16
  • 17. o Deben ser claras e concretas, para que resulte fácil determinar si se cumpren ou non. o Enunciadas, preferiblemente, en positivo: mellor expresar un comportamento correcto que unha prohibición. o Que resulten realistas e fáciles de cumprir. o Que sexan xustas e comprensibles, que se entenda o seu sentido e a súa razón de ser. o Non excesivas en número. o Non poden ir contra as normas establecidas no centro nin contra outras de rango superior. o Deben elaborarse nas primeiras clases de cada curso académico o Cada norma deberá conter unha medida correctora no caso de incumprirse. Esta debe estar relacionada coa norma que non se cumpre. o Resulta imprescindible que todo o profesorado as cumpra. • Tamén se deben incluír normas para o profesorado. • Fomentar o asociacionismo entre o alumnado, como por exemplo a través do traballo en grupos cooperativos formados por grupos heteroxéneos en xénero, nivel de rendemento escolar, estrutura de razoamento socio – moral… A acción titorial é a actividade docente máis especificamente indicada para traballar co alumnado a convivencia escolar e a resolución de conflitos, sen por iso esquecer que esa tarefa é responsabilidade de toda a comunidade educativa e que debe estar presente no conxunto da vida escolar. O Plan de Acción Titorial (PAT) guía a acción de todos os docentes do noso centro nas tarefas titoriais e na que se debe prestar especial interese á promoción da convivencia e ao tratamento dos conflitos interpersoais. Neste plan recóllese a realización dunha serie de actividades: • Actividades de acollida e integración do alumnado. Recepción do alumnado polos seus respectivos titores e establecemento de forma consensuada das normas de convivencia que van regular o funcionamento de cada grupo-clase. • Desenvolvemento de actividades para reforzar as habilidades sociais, a prevención do maltrato e do acoso. (Programa de habilidades sociais elaborado polo Departamento de Orientación). • Actividades de reparto de responsabilidade no grupo. Cada grupo debe elixir un delegado e 17
  • 18. un subdelegado e nomearanse encargados para diferentes tarefas como: programación de exames, control da aula e do seu material, encargado de subir e baixar as persianas, encargado de notificar as faltas de asistencia... • Realización de actividades que favorezan o desenvolvemento dun autoconcepto e autoestima axeitado. • Actividades para o coñecemento da normativa legal, RRI, dereitos e deberes, Plan de Convivencia… • Fomentar as asembleas de clase, que ao tomar decisións que afecten a todo o grupo, tanto o titor como os profesores de área poidan establecer canles de participación e de resolución de conflitos. • Potenciar a figura do delegado, que debe fomentar a convivencia, colaborando cos titores nos temas que afecten á convivencia do grupo. • Nas sesións de titoría de pre e post-avaliación incluír unha análise da convivencia no grupo e formular propostas de mellora. • No relativo ás familias, presentar moi claramente as posibilidades de comunicación e participación dende o principio: axendas, día de entrevistas co titor ou titora, horario, xuntanzas con outros membros do profesorado e equipo directivo. • Conmemoracións. Sería desexable que ao inicio do curso se decidira que conmemoracións se van traballar nese ano, establecendo un sistema de rotación para cada curso escolar. Algúns dos días a conmemorar serían: o Semana da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia. o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres. o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. o Día Escolar pola Paz. o Día Internacional da Muller Traballadora. • Deseño e implementación dun Programa de Cultura da Paz e Interculturalidade, que se desenvolverá a través da titoría e de xeito interdisciplinar a través do currículo dos diferentes cursos e materias. • Deseño e implementación dun Programa de Educación para a Saúde que axude a adoptar hábitos promotores da saúde, en tanto que contribúen a reducir os comportamentos de alto risco asociados con enfermidades transmitidas sexualmente, embarazos non programados, abuso de alcol e drogas, violencia e danos á integridade 18
  • 19. física, entre outros. Este programa será implementado a través da titoría e daquelas materias con maiores contidos relacionados coa temática a abordar. • Elaborar un Plan de Acollida para todo o profesorado novo, que entre por primeira vez no noso centro brindándolles a mellor información posible para que se integren de forma satisfactoria, informándoos sobre algúns aspectos de organización e funcionamento: horarios, plano da edificación, actividades e protocolo de faltas de asistencia. • Coidar a acollida de cada novo profesor ou profesora ao centro, despedidas por traslado, xubilacións... • Traballar todos os niveles de participación para que as familias sintan que o centro é un lugar agradable onde se teñen en conta as súas opinións e para iso é fundamental o traballo dende a titoría. 6.2.5 Actuacións do alumnado. • Comunicar ao Equipo de Convivencia as presuntas situacións de conflitos, maltrato, acoso, agresións… • Participar nas diferentes actividades que se realizan no centro para a mellora na convivencia. • Rexeitar condutas contrarias ás normas de convivencia, sexistas, de racismo, xenofobia... dentro e fóra do contorno escolar. • Colaborar co profesorado na acollida de alumnado de novo ingreso. Establecer a figura do alumno/a titor (ver Plan de Acollida). Especial coidado na integración do alumnado con ANEAE e dos alumnado inmigrante. • Dinamizar a Xunta de Delegados/as con calendario de xuntanzas non só co Equipo Directivo senón tamén co Departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias. • Participar no coidado da “ecoloxía da clase”: tentar manter unha clase limpa, agradable, ordenada, ben decorada, personalizada segundo os gustos do seu alumnado. Trátase de promover a participación do alumnado neste aspecto para favorecer que se sintan “orgullosos da súa aula”. 6.2.6 Actuacións das familias. • Colaborar co profesorado en cantas cuestións se lles soliciten. • Informar ao titor/a do seu fillo/a de situacións de alteración do comportamento, acoso ou intimidación. 19
  • 20. Colaborar co centro nas medidas impostas aos seus fillos/as por condutas contrarias ás normas de convivencia. 6.2.7 Coordinación con outras institucións. • Colaborar e ter un contacto periódico con asuntos sociais. Este contacto establecerase fundamentalmente entre o Departamento de Orientación do centro e a traballadora social do Concello de Ponteareas. Pedirase a colaboración desta última cando sexa preciso traballar, dende un punto de vista social, con algunha familia en concreto. • Liñas de colaboración con sanidade, ben para colaborar en distintas campañas de carácter xeral ou dun xeito máis especifico cos centros de orientación familiar, ou coa Unidade de Saúde Infantil - xuvenil, no caso de alumnado que deba ser remitido a este servizo polo departamento de orientación. Neste último caso realizarase un seguimento conxunto dos mesmos. • Colaboración cos servizos de xustiza, especialmente no caso de tutela de menores, defensa dos dereitos dos menores, problemas de absentismo escolar que non sexan resoltos nos contactos previos coas familias. • Solicitude de colaboración cos Equipos de Orientación Específicos nos casos de alumnos con graves problemas de toda índole. 6.3 Protocolos de actuacións. As actuacións teñen que ver fundamentalmente co fomento da convivencia en todos os sectores da comunidade educativa, coa adquisición de valores democráticos e coa prevención de comportamentos que poidan alterar o discorrer normal da vida do Centro. A nivel preventivo e en caso de incumprimento das normas de convivencia establecidas e en relación coas alteracións do comportamento seguiremos os seguintes procedementos: • Protocolo de actuación no caso de falta leve. Segundo o RRI: o Establécense as normas internas de convivencia. o Descríbense e clasifícanse as faltas leves. o Infórmase das correccións estipuladas para ela e quen son competentes para corrixilas • Protocolo de actuación no caso de faltas graves: remisión ao Observatorio da Convivencia. Segundo RRI: o Infórmase das correccións estipuladas para elas e quen son competentes para corrixilas o Protocolo de actuación diante de condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro: expediente disciplinario. 20
  • 21. o As faltas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro poderán dar orixe á apertura dun expediente disciplinario que será resolto polo Consello Escolar. o O procedemento para a tramitación de expedientes disciplinarios é: • Acordo de instrución de expediente disciplinario • Nomeamento de instrutor. • Instrución. • Trámite de audiencia. • Resolución. • Recurso. o O nomeamento do instrutor farase por orde alfabética entre os membros do profesorado que non teñan relación académica directa co alumnado implicado. • Protocolo de actuación no caso de maltrato entre iguais. o Para os casos especiais de alumnado que protagonice posibles situacións de acoso e intimidación entre iguais aterémonos aos protocolos establecidos na publicación editada pola CEOU da Xunta de Galicia no ano 2007, Plan de Convivencia do Centro, no seu anexo XIII. o É imprescindible diferenciar claramente outro tipo de manifestacións violentas (sen continuidade no tempo, sen inferioridade dalgunha das persoas participantes...) dos casos de verdadeiro acoso escolar. As situacións de acoso veñen definidas pola coincidencia simultánea de: Evidente intención de facer dano. Condutas agresivas reiteradas. Desequilibrio de forzas entre a persoa ou persoas acosadoras e a vítima. o Non debemos esquecer tampouco que calquera membro da comunidade educativa ten a obriga de poñer en coñecemento do equipo directivo do centro a posible existencia de indicios razoables dunha situación desta índole. o A tal efecto, colocarase unha caixa de correo para que se poidan comunicar este tipo de situacións de xeito anónimo. A partir desta detección hai que realizar unha recollida de información e contraste da mesma, que permita tomar a decisión máis axeitada a cada caso. o Unha vez detectado o acoso deberemos actuar así: 21
  • 22. A dirección do centro redactará un informe no que se reflictan os datos significativos recollidos na investigación, que se remitirá á Inspección Educativa. O centro informará da situación á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e á Fiscalía de Menores. Estas institucións débense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello, se existen e, de non existir, con Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Convén estar en contacto cos distintos servizos e institucións para realizar actuacións coordinadas. A dirección do centro manterá informado do proceso que se está a seguir ao Consello Escolar, que é o responsable de impoñer as oportunas correccións. O expediente seguirá o curso establecido no Real Decreto 732/1995, do 5 de maio de 1995, dereitos e deberes dos alumnos e normas de convivencia (Capítulo III). En todo caso, ao intervir a Fiscalía de Menores, o expediente quedará en suspenso en espera da correspondente resolución xudicial. O centro educativo arbitrará medidas de actuación, complementarias ás correctivas, que permitan paliar os efectos negativos da situación de acoso e eviten que se repita. Para a organización das mesmas é fundamental ter en conta a información recollida ao longo do proceso de investigación para poder adaptalas a cada caso en concreto en función das súas características. Estas actuacións levaranse a cabo coa vítima, coa persoa ou persoas agresoras e os observadores en particular, e, dun xeito máis global, con toda a comunidade educativa. Estas actuacións deben ser coñecidas polo Consello Escolar, que valorará a súa eficacia. o É moi importante a contextualización destas actuacións e que nelas estean involucradas todas as persoas ou institucións que poidan contribuír positivamente: equipo directivo, titorías, profesorado, departamento de orientación, familias, persoal non docente, equipos de orientación específicos, servizos sociais, Fiscalía de Menores, ONG, asociacións (veciñais, culturais...). 6.4 Temporalización e recursos humanos e materiais. No traballo en convivencia non podemos esquecer o sentido de proceso, e polo tanto, o seu sentido “imperfecto” que no levará a un continuo axuste das actuacións. A convivencia debe ser traballada continuamente, polo que as actuacións relacionadas co Plan 22
  • 23. de Convivencia de Centro decidiranse anualmente na PXA. Desta maneira priorizaranse os núcleos de traballo e seleccionaranse os obxectivos. A Comisión de Convivencia elaborará unha proposta para incluír na PXA e o Consello Escolar dará a súa aprobación. Cada ano elaborarase unha memoria anual valorativa das actuacións que servirá de pauta para as propostas do seguinte curso. Tamén se inclúen aspectos do Plan de Convivencia entre os indicadores para avaliar anualmente os proxectos institucionais do centro. 23