1. Había unha vez na comarca de
Valdeorras un bosque moi colorido
de piñeiros, castiñeiros, aciñeiras,
sobreiras e teixos entre outros.
2. Alí vivían tamén moitos animais:
xabaríns, serpes, paxariños, esquíos, e
un ourizo cacho moi presumido coa súa
mamá.
3. A Pincho, o pequeno ourizo, gustáballe xogar cos
seus amigos, ir ás festas, e, por riba de todo, que
a súa nai lle lera contos nos que aparecían
animais doutros lugares: Xigantescas xirafas,
feroces leóns, canguros e cabaliños con cornos
que...ata podían voar!!
4. Ao Pincho gustáballe moito camiñar e un día
paseando atopouse cun caracol.
-Ola Ourizo, cómo estás? Son o caracol Ton, e
estaba pensando en facer unha boa festa.
5. O Pincho contestou que era unha boa idea, así que
se puxeron mans á obra: Decidiron invitar ao Oso
Panda de China, á Xirafa de África, ao Carpincho
de Uruguai...pero esquecéronse do Crocodilo do
Nilo?
6. Miña naiciña... organizaron unha
festa moi divertida!
Xogaron ás agochadas, ás catro
esquinas, bailaron, deixaron
gravadas as súas pegadas,
comeron a torta e.... pasárono
bomba!!!
7. O crocodilo do Nilo enfadado porque
non o convidaran disfrazouse e foi á
festa. Cando rematou a festa Pincho e
Ton desapareceran... Onde se meteran?
8. Pois resulta que Ton e Pincho correran
ata o souto máis cercano, e agochados
na caracocha dun castiñeiro centenario,
moi caladiños, comezaron a escoitar uns
ruídos moi, pero que moi estranos.
9. Achegáronse moi amodiño ata o lugar
do que viña o ruído....¡ Era o Crocodilo
do Nilo! Estaba moi enfadado e non
deixaba de rosmar porque non podía
quitar o disfrace.
10. Ton e Pincho faláronlle para tranquilizalo
dicindo que lle ían axudar a saír daquel
disfrace de Porco, e entre protestas e berros
aceptou a súa axuda..
11. Ton e Pincho pedíronlle desculpas
por non convidalo á festa. Croco, o
crocodilo, perdoounos e invitounos
a visitar Exipto. O ourizo e o caracol
pedíronlle permiso ás súas nais,
prepararon a equipaxe, mercaron os
billetes do avión e comezaron a
viaxe.
12. A viaxe en avión foi moi bonita...
descubriron unha paisaxe seca e desértica.
Ao chegar a Exipto viron moitos animais
que non coñecían e fixeron moitos amigos.
13. Montaron en camelo para
visitar o río Nilo, as
pirámides e a tomba dun
faraón que tiña un
labirinto onde se
perderon.
14. Tom, Croco e Pincho esgotados de tanto
camiñar polo labirinto decidiron sentarse
un anaco para descansar. Aos poucos de
sentar e beber escoitaron un ruído que cada
vez soaba máis preto deles.
15. Tremían por se fose un monstro. Non
sabían o que era pero cando estivo á vista
decatáronse que era unha momia...
botáronse a correr en todas as direccións,
pero ao cabo dun momento déronse de
conta de que estaban perdidos.
16. Daquela Croco decidiu buscar aos
seus amigos. Coa présa esvarou e
caeu, e co ruído, a momia decatouse
e foi cara el. Croco pensou rápido, e
lembrando unha antiga historia dixo:
-Lembra momia, que os teus
ancestros adoraban aos crocodilos e
cumprían os seus desexos. Se o
destino che trouxo ata min, o teu
deber é sacarnos de aquí.
18. Alí, na saída, coa luz do deserto viron unha
especie de debuxo na parede da pirámide, e ao
chegarse observaron que estaba cuberto de
area, así que pasáronlle a man e descubriron
que se trataba dun xeroglífico. Tentárono ler
pero non sabían, así que Croco ordeoulle á
momia que lles axudase a descifralo...
19. No xeroglífico había árbores...
-Que raro! -exclamou a momia
-Este xeroglífico parece un mapa .dixo
Pincho-, e ten castiñeiros e aciñeiras,
como o noso bosque. E ten unha casiña
que parece a nosa, e uns animaliños
facendo unha festa....
-Mira! Eses somos nós...
20. -Eu creo que debe haber algún tesouro exipcio
agochado nalgún lugar do noso bosque onde
fixemos a festa- dixo Pincho
-Pois non se diga máis, voltamos para a casa
de contado- acordaron entre todos
Mentras viaxaban todos ían pensando no
tesouro e no que atoparían.
Puxéronse a cavar ao redor do castiñeiro para
ver se atopaban algo, e, tras un bo anaco
cavando, Ton dixo:
-Ei, vinde ver que aquí, aquí hai algo!
Era unha porta subterránea que daba á tumba
dun faraón.
21. -Isto non poder ser. Que vai facer aquí a tumba
dun faraón?- dixo Pincho
Ton abriu o sarcófago e... sorpresa... o que
había era un tesouro con moedas de ouro e
prata, xoias... e unha nota que dicía:
“Aínda que pensedes que isto é un tesouro
que pertencía aos faraóns exipcios, a verdade e
que é meu. Asinado o pirata Barbanegra”
Todos quedaron abraiados co achado que
acababan de facer... Estaban tan contentos que
decidiron facer outra festa para celebralo e
compartilo con todos os seus amiguiños do
bosque.