3. Tempo e clima
TEMPO ATMOSFÉRICO: termo que designa ás
condicións particulares da atmosfera nun lugar e nun
momento determinados (temperatura, humidade, presión,
insolación, ventos...)
CLIMA: sucesión habitual de estados atmosféricos nhnha
área determinada durante un longo período de tempo;
polo tanto, resulta da análise estatística das distintas
variables atmosféricas durante un gran número de anos,
alomenos 30.
4. A atmosfera✗
É unha capa gasosa, duns 800 Kms. de altura, que envolve
a Terra.Está composta por diversos gases. Nitróxeno (75'5%
da masa total) e osíxeno (23'2%) son os máis abundantes
pero, dende o punto de vista climático, cómpre destacar o
papel que xogan o vapor de auga e o dióxido de carbono.
✗
Está formada por diferents capas: troposfera,
estratosfera, mesosfera, termosfera e exosfera. A
troposfera, capa inferior de espesor variable (9 Km. Sobre
os polos, 17 sobre o Ecuador) é o espazo no que se
desenvolven os fenómenos meteorolóxicos..
5. ✗
Desviación producida pola
rotación da Terra sobre os
fluidos presentes nela. Estes
desvíanse cara a dereita no
hemisferio N e cara a
esquerda no hemisferio S. A
súa presenza fai máis
complexo o funcionamento
dos intercambios de calor
entre o ecuador e os polos.
A forza de Coriolis
6. A presión atmosférica
Dado que O aire pesa, este exerce unha presión sobre os seres vivos e obxectos da
superficie terrestre. A presión atmosférica dun lugar non é máis có peso da columna
de aire existente sobre ese lugar.
A unidade utilizada para medir a presión atmosférica é o hectopascal (100 newtons/m2
),
equivalente a 1 milibar (mb)
A presión media a nivel do mar é de 1.013'2 mb. Os valores superiores considéranse alta
presión e os inferiores de baixa presión. A presión redúcese coa altura pero non
uniformemente xa que a medida que se ascende descende a gravidade. Asimesmo, en
principio, a presión redúcese ao aumentar a temperatura xa que ao quencer o aire este se
expande, mentres que ao enfríarse este se contrae.
As diferencias de presión entre diferentes zonas da terra causan movementos horizontais
de aire entre as áreas de alta e as de baixa presión chamados ventos.
7. A circulación xeral atmosférica,
1 A circulación xeral
atmosférica constitúe o
mecanismo que a escala planetaria
rexe os procesos de compensación
térmica, cinética e hidríca entre o
ecuador e os polos a través dos
movementos das masas de aire.
Estes desprazamentos poden
explicarse globalmente en base a
un esquema tricelular (células de
Hadley, células polares e células de
Ferrel)
8. A circulación xeral atmosférica,
2✗
ZONAS OU CINTOS DE PRESIÓN
ATMOSFÉRICA RELATIVA:
✗ Cinto de baixas presións
ecuatoriais ( Zona de Converxencia
Intertropica, ZCIT), de carácter
eminentemente térmico.
✗
Altas presións subtropicais, de
carácter dinámico (movementos de
subsidencia atmosférica)
✗
Baixas presións das latitudes
medias, de orixe dinámico, derivadas do
choque entre masas de aire de
características físicas diferentes (fronte
polar).
✗
Altas presións polares, de orixe
fundamentalmente térmico.
VENTOS:
✗ Alisios, entre as altas presións
subtropicais e as baixas presións
ecuatoriais., de compoñente E.
✗
Ventos do oeste (Westerlies), entre as
altas presións subtropicais e as baixas
presións das latitudes medias.
✗
Ventos polares do E, entre os
anticiclóns polares e as depresións das
latitudes medias.
O emprazamento da ZCIT cambia ao
longo do ano desprazándose cara o
trópico no que se produza o solsticio de
verán. Este movemento modifica tamén
a posición latitudinaldos demáis cintos
de presión
10. FACTORES XEOGRÁFICOS: A latitude
✗ A España peninsular sitúase no sector
meridional das latitudes medias
((36O
-44o
47'N). Por isto, son apreciables
oscilacións térmicas ao longo do ano
que nos permiten falar de estacións
climáticas diferenciadsa (verán, inverno,
primavera, outono). Asimesmo, a
Península é afectada, agás no verán,
polo paso das frontes nubosas
asociadas aos ventos do Oeste.
✗ O arquipiélago canario localízase nas
latitudes subtropicais (27O
38'-29O
24').
Conseguintemente, as oscilacións
térmicas e as precipitacións son ben
escasas..
11. FACTORES XEOGRÁFICOS:
A posición
✗
Entre dúas masas continentais: a
Península Ibérica sitúase no extremo SW
de Eurasia e ao N e W de África, polo que
recibe o influxo das masas de aire
continentais procedentes de ámbolos
dous continentes.
✗
Entre dúas masas mariñas: a Península
Ibérica sitúase entre o océano Atlántico e
o mar Mediterráneo, posición que facilita
o paso de borrascas asociadas á fronte
polar e a entradas das perturbacións
xeradas sobre o Mediterráneo.
12. FACTORES XEOGRÁFICOS:
O influxo mariño
A presenza de grandes masas de auga
contribúe a suavizar as temperaturas.
Isto reflíctese nunha menor amplitude
térmica tanto diaria como anual.
As correntes mariñas teñen localmente
un significativo influxo sobre certas áreas
costeiras: así a corrente cálida do Golfo
contribúe a caldear o litoral atlántico e
cantábrico peninsular, mentres a corrente
fría de Canarias resfresca o arquipiélago.
O influxo oceánico do mar sobre a
Península Ibérica esta moi limitado polo
seu carácter macizo e a disposición
periférica dos relevos montañosos.
13. FACTORES XEOGRÁFICOS: O relevo
✗
Altitude: a medida que aumenta a altitude
descenden as termperaturas (0'6º/100 m.:
gradiente vertical de temperatura).
✗ Orientación:
●
Respecto ó Sol: as ladeiras orientadas ao
S (solainas) son máis cálidas e menos
humidas que as orientadas ao N
(umbrías).
●
Respecto aos ventos dominantes: as
ladeiras expostas (barlovento) son máis
húmidas que as abrigadas del (sotavento)
✗
Disposición: a disposición periférica do relevo
peninsular limita o impacto do influxo mariño
a unha estreita franxa costeira e aos
arquipiélagos..
14. FACTORES TERMODINÁMICOS:
Centros de acción, 1
✗
Denóminamos centros de acción as
áreas de altas (anticiclóns) e baixas
presións (depresións ou borrascas).
Segundo a súa orixe, podemos
cualificarse como:
✗
Dinámicos: o ascenso ou descenso
do aire no seu interior prodúcese
en todo o espesor da troposfera.
✗
Térmicos: cando a dináimca seral de
atmosfera se ve interrompida en
superficie por causas térmicas
(quencemento ou enfriamento
acusado).
15. FACTORES TERMODINÁMICOS:
Centros de acción, 2
ANTICICLÓNS BORRASCAS ou
DEPRESIÓNS
Dinámicos
ANTICICLÓN DAS AZORES, de
orixe subtropical e posición variable.
Durante o verán ocupa posicións
septentrionais e a súa presenza
provoca unha significativa redución
das precipitacións
DEPRESIÓN DE ISLANDIA, de
orixe noratlántico, e asociada a
frontes que provocan
abundantes precipitacións,
sobre todo no N e W peninsular.
ANTICICLÓN ESCANDINAVO, de
orixe polar e xerador de masas frías,
incide sobre as latitudes
peninsulares en inverno.
DEPRESIÓN DE LIGURIA, que
ocasiona precipitacións
significativas no litoral
mediterráneo
Térmicos
ANTICICLON INVERNAL
CENTROEUROPEO
DEPRESIÓN ESTIVAL DO
NORTE DE ÁFRICA.
ANTICICLON INVERNAL DA
PENÍNSULA IBÉRICA.
DEPRESIÓN ESTIVAL DA
PENÍNSULA IBÉRICA
16. FACTORES TERMODINÁMICOS:
Masas de aire, 1
✗
Defínese masa de aire como un
volume de aire que ocupa unha gran
extensión e que, logo de permanecer
por un longo período na súa area
orixinaria, adquiriu unhas
características de humidade e
temperatura homoxéneas.
✗
A medida que as masas de aire se
desprazan seguindo as pautas
sinaladas pola presión atmosférica, as
súas características van mudando,
sobre todo nas capas inferiores.
17. FACTORES TERMODINÁMICOS: Masas de
aire, 2
HUM/LAT Continentais Marítimas
Ártica ÁRTICA MARÍTIMA (Am):
-Orixe: Océano Glacial Ártico.
-Trazos: moi fría e pouco humida.
-Época: inverno, abril.
-Efectos: ondas de frío.
Polar POLAR CONTINENTAL (Pc):
-Orixe: anticiclón eurosiberiano.
-Trazos: moi fría e seca.
-Época: inverno.
-Efectos: ondas de frío, nevadas
POLAR MARÍTIMA (Pm):
-Orixe: Atlántico Norte.
-Trazos: fría e húmida.
-Época: inverno.
-Efectos: tempo inestable, choiva.
Tropical TROPICAL CONTINENTAL (Tc):
-Orixe: Norte de África.
-Trazos: moi cálida e seca.
-Época: verán.
-Efectos: ondas de calor en verán,
suba das temperaturas o resto do
ano
TROPICAL MARÍTIMA (Tm):
-Orixe: Atlántico subtropical.
-Trazos: calida e húmida.
-Epoca: todo o ano..
-Efectos: bo tempo en outono-inverno,
tempo inestable no verán.
18. FACTORES TERMODINÁMICOS:
As frontes
✗
Defínese fronte como a liña de separación
que se establece cando dúas masas de aire de
caracterísitcas físicas (temperatura, humidade)
diferentes entran en contacto. A fronte que
separa as masas de aire tropicais das masas
de aire polares denomínase fronte polar,
representado graficamente como unha
sucesión de frontes fríos e calidos (familia de
borrascas) de dirección E-W.
CLIMATIC
As frontes pódense clasificar en tres grupos: frontes frías, cálidas e ocluídas.
-Nas frontes cálidas o aire máis cálido avanza sobre o aire frío que ten diante,
movéndose por riba del.
-Nas frontes frías, o aire polar avanza e despraza cara arriba ao tropical. Nas
frontes cálidas a subida do aire cálido é sobre o frío é moito máis brusca e rápida
ca sobre as frotnes cálidas.
-Cando a fronte fría alcanza á cálida prodúcese unha fronte ocluída: o aire cálido
sepárase do chan e os dous sectores de aire frío fusiónanse.
19. FACTORES TERMODINÁMICOS:
O jet stream.
A tropopausa, a separación entre a troposfera
e a estratosfera, non é continúa senón que
presenta unhs chanzos, por eles discorren as
correntes en chorro (jet streams ) polar e
subtropical. O jet stream polar é unha
corrente tubular, aplanada e horizontal
inducida polo devandito escalón e que, no
hemisferio N, se traduce na aceleración en
altura dos ventos do W. Ten unha lonxitude de
miles de km., unha anchura de varios centos
de km. e pode chegar a acadar velocidades de
400 km./h.. Non obstante, tanto a súa
velocidade como a súa latitude e
configuración cambian ao longo do ano. http://virga.sfsu.edu/crws/jetstream.html
20. ElEMENTOS DO CLIMA
✗
Presión atmosférica.
✗
Ventos.
✗
Insolación.
✗
Temperatura do aire
✗
Humidade atmosférica e precipitacións.
✗
Evapotranspiración e aridez.
21. ElEMENTOS DO CLIMA:
A presión atmosférica
A presión media do aire depende dos factores
termodináimicos, o relevo, a latitude e da lonxitude. En
España ollamos unha reducción desta de W a E debida a
tres factores:
✗
A importancia do Anticiclón das Azores para o W.
✗ A progresiva elevación da Meseta de W a E que
produce a elevación das masas de aire.
✗
A presenza do Mediterráneo, mar cálido que adoita
favorece a presenza de masas ciclónicas.
Ao longo do ano a situación barométrica tamén cambia:
✗ As altas presións predominan no inverno e no verán.
✗ As baixas presións son características da primavera e
do outono.
Sobre a Meseta adoitan aparecer baixas presións no verán e
altas presións no inverno de orixe térmico.
22. ElEMENTOS DO CLIMA:
Os ventos
✗
Ventos xerais característicos da latitude:
✗
Ventos do Oeste que afectan a toda
a Península.
✗
Ventos de compoñente E asociados
ás baixas presións mediterráneas,
frecuentes no Levante.
✗
Alisios que afectán ao arquipiélago
canario.
✗
Ventos rexionais moi condicionados pola
orientación e disposición do relevo, caso do
cierzo (Aragón), a tramuntana (Cataluña)
ou o levante (Valencia)
✗
Ventos locais, caso das brisas de costa (do
mar á costa polo día, da costa ao mar pola
noite) e de montaña (do val á montaña polo
día, da montaña ao val pola noite).
23. ElEMENTOS DO CLIMA:
Insolación
A insolación é a cantidade de
radiación solar que incide sobre un
lugar nun período de tempo
determinado. Depende de:
✗
A latitude.
✗
A altitude.
✗
A orientación do relevo.
✗
A nubosidade.
24. ElEMENTOS DO CLIMA:
Temperatura do aire
A temperatura defínese como
o grao de calor que este posúe.
Depende de:
-A latitude.
-A altitude.
-A insolación.
-A proximidade ao mar.
Para analizala debemos ter en
conta fundamentalmente tres
magnitudes:
-a temperatura media anual,
-as temperaturas medias
mensuais,
-e a amplitude térmica anual.
25. ElEMENTOS DO CLIMA:
Humidade atmosférica, 1
A humidade é a cantidade de vapor de auga que conten un volume de aire. Se
a medimos por unidade de volume (gr. de vapor/m3 de aire) falamos de
humidade absoluta. A porcentaxe entre a humidade absoluta e o punto de
saturación desa masa de aire coñécese como humidade relativa.
A humidade depende de:
✗
A temperatura.
✗
A proximidade a grandes superficies acuáticas..
✗
O relevo (efecto foehn)).
A condensación da humidade atmosférica produce:
✗
Nubes, produto da condensación do vapor de auga na atmosfera.
Presentan diversas formas (cirros, cúmulos e estratos).
✗
Néboas, orixínanse cando a condensación se produce nas capas de aire en
contacto co chan como consecuencia de procesos de advección ou
irradiación.
27. ElEMENTOS DO CLIMA: Humidade
atmosférica
A humídade relativa anual en España
é superior ao 60%. Non obstante, en
relación a esta variable, podemos
distinguir entre:
✗
As áreas costeiras, próximas ao
mar e abertas ás adveccións
oceánicas superan o 70%,
especialmente no norte da
Península, con máximos das Rías
Baixas.
✗
No interior, illado das adveccións
oceánicas e do mar polas cadeas
montañosas, a humidade relativa
baixa do 65%. Os mínimos
sitúanse en areas do S e do E do
interior peninsular e no S da illa
de Tenerife.
28. ElEMENTOS DO CLIMA: Precipitacións, 1
As precipitacións varían en función do relevo (altitude, orientación,
disposición), das adveccións que se reciban (ventos húmidos do N, NW,
E e sw fronte aos ventos secos do s e do NE) e dos centros de presión
que afecten (anticiclóns ou depresións). En función da causa que as
orixine podemos distinguir tres tipos de precipitacións:
✗
Orográficas, derivadas do ascenso dunha masa de aire cálida e
humida contra unha barreira montañosa..
✗
Convectivas: provocadas polo quencemento da superfice terrestre
que quence e fai ascender o aire en contacto con ella.
✗
Frontais: provocadas polo contacto entre masas de aire de
características físicas diferentes que provoca o ascenso da máis
cálida
29. ElEMENTOS DO CLIMA: Precipitacións, 2
A precipitación media anual en España
está arredor dos 650 mm.. As enormes
diferencias na súa distribución permien
diferenciar tres grandes áreas:
-A España chuviosa (Galicia, cornixa
cantábrica, Pirineos e algúns enclaves
montañosos do interior) que reciben
máis de de 800 mm.
-A España seca (costa mediterránea e
interior peninsular) recibe menos de
600 mm. Dentro dla podemos
destacar zonas moi secas ( SE
peninsular,áreas dos vales do Douro e
Ebro, zonas da Mancha, Canarias) con
menos de 400 mm.
-Zonas de transición, concéntricas ás
anteriores, con precipitacións entre 600
e 800 mm.
30. ElEMENTOS DO CLIMA:
Evapotranspiración e aridez, 1
A evotranspiración consiste na suma de dous procesos:
✗
Un físico, a evaporación, polo que as moléculas de auga do solo e
as capas acuáticas pasan do estado líquido ao gaseoso.
✗
Outro biolóxico, a transpiración, polo que as prantas expulsan á
atmosfera a auga que xa no aproveitan.
Depende da temperatura, do vento, pero tamén da cantidade de auga
dispoñible. Por iso, ao utilizar este termos, debemos diferenciar entre:
✗
Evapotranspiración potencial: equivalente á cantidade auga
globalmente perdida en dirección a atmosfera por unha cobertera
vexetal constante e suficientemente alimentada de agua.
✗
Evapotranspiración real: suma efectiva da evaporación de auga
contida no solo e nas capas de auga máis a da tranpiración das
plantas.
31. ElEMENTOS DO CLIMA:
Evapotraspiración e aridez, 2
Á relación entre as precipitacións recibidas
por un lugar e a evapotranspiración sufrida
recibe o nome de balanzo hídrico. Esta
variable, que podemos medir a través dos
diversos índices de aridez (Martonne,
Gaussen, Lautesach-Maier) ten unha enorme
importancia económica, humana e ecolóxica.
Dende este punto de vista, podemos dividir o
territorio español en:
✗
España húmeda, con superávit hídrico
(Galicia, costa cantrábrica, Pireneos, unha
reducida área rexión arredor de
Gibraltar).
✗
España seca, con déficit hídrico
(interior peninsular, litoral mediterráneo)
acadando os índices de aridez máis
elevados no SE e nas Canarias.