3. INTRODUCIÓN
Neste traballo vamos a explicar
algunhas características e
curiosidades dalgúns
invertebrados mariños (poríferos,
vermes mariños, cnidarios,
moluscos, crustáceos,
equinodermos).
4. AS ESPONXAS
Existen máis de 5.000 especies de esponxas no mundo. das
cales 150 viven en auga doce.
Atópanse en todos os océanos do mundo, tamén en ríos e
lagos de auga doce. Tamén poden vivir pegadas ás rochas.
O aspecto corporal das esponxas é moi variado aínda que a
forma máis sinxela e característica é a dun "saco" cunha
abertura eferente e grande na parte superior, o ósculo, que é
por onde sae a auga.
Absorben auga a través dos seus poros, alimentándose dos
restos de plantas e animais que contén. Tamén comen
plancton.
Teñen reprodución asexual (por fragmentación) e sexual.
Curiosidade: AS ESPECIES GRANDES VIVEN MÁIS DE 100
ANOS.
5. ARENÍCOLA
Ten o corpo formado por 3 partes diferentes,
duns 11-20 cm de lonxitude. A parte anterior
con 6 segmentos engrosados de sedas, e
non ten branquias. A súa cor e rosado, verde
ou marrón.
Vive escavando na area en augas pouco
profundas. Son característicos os cordóns de
area que deixa na superficie, xa que se
alimenta de area.
6. ANÉMONA
O seu corpo está composto por un pé, un
corpo cilíndrico e unha serie de tentáculos
que rodean unha boca central. Cando
algo toca a anémona, esta dispara uns
filamentos en forma de arpóns que
inxecta un veleno paralizante. Despois, os
tentáculos levan a presa á boca.
Curiosidade: ALGUNHAS ESPECIES
PODEN VIVIR MÁIS DE 50 ANOS.
7. AMEIXA
A ameixa é un molusco bivalvo que vive en
auga salgada.
Vive enterrada na area a 5-10 cm da superficie
en fondos areosos ou fangosos, nos que
excava e se oculta.
Aliméntase de pequenos seres vivos mediante
a filtración de auga.
Curiosidade: EXISTE UNHA ESPECIE DE
AMEIXA QUE PODE CHEGAR A ALCANZAR
OS 300 KG E VIVIR 200 ANOS.
8. NÉCORA
A nécora é un crustáceo decápodo. Vive preto da costa
entre as rochas e pedras, incluso en fondos fangosos
como bateas e area. Habita ata profundidades non
superiores a 70 metros. O seu sentido da territorialidade
é moi forte, por iso ataca ós intrusos que entran nel.
A nécora é un animal omnívoro, que se alimenta tanto de
algas e peixes mortos coma de animais de menor
tamaño, chegando en ocasións a devorar ós seus
semellantes. É un ser vivo ovíparo.
Curiosidade: PARA MEDRAR DEBE EXPERIMENTAR
MUDAS.
9. OURIZO DE MAR
O ourizo de mar pertence á familia dos equinodermos, e
caracterízase por ter espiñas móviles ambulacrais que
lles permiten desprazarse polo fondo mariño de forma
moi lenta.
Normalmente miden entre 5 e 8 cm de diámetro e
apenas pesan. Fisicamente poden ser verdes, marróns
ou violetas. As espiñas miden 2 ou 3 cm.
Este ser vivo aliméntase de pláncton, algas, caracois e
mexillóns.
Viven en zonas moi rochosas e soen estar a 30 metros
de profundidade.
Curiosidade: EXISTEN APROXIMADAMENTE HAI 540
MILLÓNS DE ANOS.
10. CONCLUSIÓN E
VALORACIÓN
Neste traballo descubrimos moitas cousas
sobre alguns invertebrados mariños.
Ademais con este traballo tivemos a
oportunidade de aprender e divertirnos á
vez .
Non tivemos ningunha dificultade,
ademáis xa sabíamos algunhas cousas
do que dimos na clase.