2. FICHA TÉCNICO-ARTÍSTICA
País: Francia – EEUU. 2007.
Duración: 95 minutos.
Xénero: Animación. Drama.
Dirección e guión: Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud.
Productores: Marc-Antoine Robert e Xavier Rigault.
Sinopse:
Persépolis é a conmovedora historia autobiográfica de Marjane Satrapi, unha
nena iraní que crece no Irán da Revolución Islámica, en pleno auxe do
fundamentalismo islámico. Cando os fundamentalistas toman o poder forzando
ás mulleres a levar velo e encarcelan a miles de persoas.
Marjane con 10 anos descubre o punk, ABBA e a Iron Maiden mentras vive o
terror da persecución do novo goberno e a guerra de Irán e Irak. Ademais de
diferenciarse dos demais nenos por ser educada ao estilo occidental, dentro
dunha familia de clase alta e por uns pais de ideoloxía progresista e partidarios
del islamismo moderado, Marji tamén ten unha gran inquietude intelectual e
unha notable imaxinación
Conforme vai crecendo, Marjane dáse conta de que o novo réxime islámico
polo que loitaron os seus pais caeu en mans dos integristas e que non trae
consigo nada bo: as leis fanse máis represivas, o velo pasa a ser obrigatorio e
prohíbese o alcohol, as festas e a diversión. A muller convírtese en esclava do
home, debe quedarse no seu espacio privado e levar o hiyab (velo que cubre
os cabelos) é obrigatorio no momento en que sae do espacio privado. A
ensinanza mixta nas escolas, algo que era normal antes de 1979, terminou
dende o inicio da revolución.
Sobre o “hiyab”
O“hiyab” era unha prenda tradicional, vinculada só puntualmente á relixión. Se
se converteu en símbolo do Islam, débese ña presión de occidente por
convertilo integrismo totalitario.
Por tanto, nin todas as mulleres musulmanas desexan verse sin velo, nin todas
cren que o velo sexa unha forma de sometemento e esclavitude. Hainas que o
levan gustosamente e outras que odian levalo.
3. PERSONAXES
MARJANE
A protagonista da historia,nacida nunha familia
de clase alta e educada por unha avoa, unha nai
e un pai de ideoloxía progresista e
relixiosidade islámica moderada.
Non se presenta como unha vítima, senón como unha persoa que trata de
superar as dificultades surxidas.
AVOA
Muller independente e de mentalidade aberta,
provén dunha familia noble. Síntese orgullosa da
dúa orixe pero, á vez, repudia aos integristas
islámicos e ao seu empeño en determinar
cómo deben vivir as persoas. É o referente
moral e emocional para Marjane dende pequena.
.
TAJBI (nai) e EBI (pai)
Os progenitores de Marjane son unha parella de
intelectuais con esperanzas de acadar unha
república democrática e laica en Irán; a nai
despois da revolución terá que levar velo na
cabeza e ambos serán testemuñas de todas as
inxustizas que se cometen ao seu redor.
TÍO ANOUCHE
O tío de Marjane es para ela un heroe. Tras os seus estudos na URSS, volverá
a Irán, onde o réxime do Sha o encarcelará polas súas ideas comunistas.
Permanecerá no cárcere 9 anos, sufrindo torturas e malos tratos. Liberado nos
inicios da revolución, o novo goberno vólveo arrestar e será executado baixo
acusación de espiar para o Gobierno ruso.
4. RETAIS DO FILME
•
Es ilegal matar a una virgen, así que un guardia se casó con ella y le
quitó la virginidad primero
•
Era extranjera en Austria y ahora soy extranjera en mi país
•
Teníamos tantas ansias de libertad que olvidamos que no éramos libres
•
¿Por qué, como mujer, sus ropas ajustadas no tendrían efecto sobre mí
mientras que un pañuelo corto causa su excitación?