Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Ola son lecra!
1. Ola son Lecra!
Unha aperta moi forte
Gústame moito estar entre os contos que tedes na escola. Gústame moito
imaxinar aventuras con Cocorico, A Cebra Camila, Elmer,…
Tamén me encanta coñecer novos lugares e cousas novas. Nas vacacións
de nadal fixen unha excursión a sitios fantásticos. Pasei por Baroña,
Campo Lameiro e Ribeira. Alí atopei cousas curiosas que nunca antes
vira: debuxos nas rochas, unha especie de casa feita de rochas e todo un
campo cheo de círculos feitos con pedras.
Fixen unhas fotos moi chulas que vos envío. Óscar, o señor de vermello
que aparece nunha das fotos, contoume que todas esas cousas as fixeron
uns homes que viviron hai moito, moitísimo tempo. Moitísimo antes que
os avós dos vosos avós.
Como Óscar tiña moita présa non me puido contestar as mil preguntas
que se me ocorrían. Como vivían? Como se vestían? Que comían? Seguro
que a vós tamén se vos ocorren moitas preguntas sobre estes homes e
mulleres tan antigos. Seica que lle chaman o home pres... prestórico, ou
algo así. Non me lembro ben.
Que vos parece se me axudades a coñecer máis cousas destes homes que
viviron hai tanto tempo nos mesmos sitios que nós? Como sei que os de
Dodro sodes unhas nenas e nenos moi listos de seguro que atopades
moita información.
Agardo saber das vosas pesquisas.
A vosa amiga da biblioteca