Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

A organización política das sociedades. A organización política e territorial de España (3º ESO)

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 7 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (19)

A los espectadores también les gustó (20)

Anuncio

Similares a A organización política das sociedades. A organización política e territorial de España (3º ESO) (20)

Más de rubempaul (20)

Anuncio

Más reciente (20)

A organización política das sociedades. A organización política e territorial de España (3º ESO)

  1. 1. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA E TERRITORIAL DE ESPAÑA 1. O ESTADO COMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA DA SOCIEDADE • O Estado é o conxunto de institucións creadas para regular a vida e as actividades das persoas que viven nun mesmo territorio, gobernadas por unhas mesmas leis baixo un mesmo poder. • O territorio do Estado está delimitado por unhas fronteiras. • As persoas que viven nun mesmo Estado están sometidas ao seu poder e as súas leis e teñen uns dereitos e unhas obrigas comúns. Dentro dunhas mesmas fronteiras poden convivir persoas de diversas culturas e nacionalidades. • Entre outras funcións do Estado destacan: ◦ Establecer as leis (Parlamento) e velar polo seu cumprimento (poder xudicial). ◦ Manter a orde interior (policía) e a seguridade exterior (exército). ◦ Dirixir e desenvolver a política exterior. ◦ Recadar impostos. ◦ Dirixir a economía. ◦ Administrar e xestionar servizos (educación, sanidade) e infraestruturas públicas (estradas, aeroportos, ferrocarrís,...). 2. O EXERCICIO DO PODER. A DEMOCRACIA • Nunha democracia, a elección dos gobernantes realízana todos os cidadáns e cidadás maiores de idade xa que a soberanía (o exercicio do poder) reside no pobo. • Un Estado é democrático cando os cidadáns e cidadás participan nas tarefas do goberno. • A democracia é directa cando os cidadáns reunidos nunha asemblea ou a través dun referendo (consultar unha cuestión concreta) toman as decisións, e é representativa se os cidadáns votan nas eleccións a quen toma as decisións e exerce a soberanía no seu nome. • As persoas elixidas forman o Parlamento que elabora e aproba as leis e elixe ao Presidente do Goberno. • As eleccións democráticas deben ser libres (todos os cidadáns e cidadás se poden presentar como candidatos), plurais (preséntanse varias opcións políticas), facerse por sufraxio universal (poden votar todos os cidadáns e cidadás maiores de idade), e ser periódicas (cada certo tempo, xeralmente cada catro anos). • Os cidadáns adoitan participar na política mediante os partidos políticos. Os cidadáns, co seu voto, escollen unha das opcións políticas ou votan en branco. • A división de poderes pretende que ningunha institución acapare o poder: o Parlamento 1
  2. 2. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA desempeña a función lexislativa; (elabora e vota as leis) o Goberno, a función executiva (determina a política a seguir) e os tribunais, a función xudicial (aplica as leis e castiga a quen non as cumpre). 3. ESTADOS DEMOCRÁTICOS E ESTADOS NON DEMOCRÁTICOS • Existen diferentes tipos de Estados democráticos: ◦ Monarquías parlamentarias: o xefe de Estado é o Rei, que reina pero non goberna, o seu cargo é vitalicio e hereditario (non é elixido pola cidadanía): Reino Unido, Bélxica, Países Baixos, Suecia, Noruega, España. ◦ Nas Repúblicas parlamentarias, o xefe do Estado é o Presidente da república, elixido pola cidadanía. O Goberno do Estado está en mans do Primeiro Ministro ou Presidente do Goberno: Portugal, Francia, Italia, Alemaña, Estados Unidos... • Os principais tipos de Estados non democráticos son: ◦ Monarquías absolutas: o Rei concentra todos os poderes do Estado (Arabia Saudí, Omán, Catar...). ◦ Ditaduras: unha persoa, co apoio dun partido político ou do exército, goberna cun poder total (China, Corea do Norte, Cuba). Son repúblicas. 4.TRATADOS, DECLARACIÓNS E ORGANIZACIÓNS • Os Estados relaciónanse uns con outros, xurdindo, a veces, problemas entre eles. • Para conseguir unha acción conxunta dos Estados, tómanse algunhas iniciativas como a sinatura de tratados, convenios internacionais e declaracións internacionais de dereitos: Declaración Universal de Dereitos Humanos, Declaración dos dereitos da Infancia,... • Tamén se crean Organizacións internacionais nas que os Estados delegan algunhas funcións. As Organizacións Supranacionais intentan solucionar problemas comúns. No ámbito mundial a máis importante é a Organización das Nacións Unidas (ONU), creada en 1945. Ten na actualidade 193 membros. Os seus principais obxectivos son: manter a paz e a seguridade mundial, a cooperación internacional e a defensa dos dereitos humanos. • Relacionadas coa ONU están outras organizacións como: ◦ UNICEF: ten como finalidade protexer a infancia e a xuventude do mundo. ◦ UNESCO: cuxos fins son acadar a paz e o benestar social a través da cultura. ◦ ACNUR: Axencia da ONU para axudar aos refuxiados. • Organizacións supranacionais de ámbito rexional son a Unión Europea (U.E) ou a Liga Árabe ou a OTAN. 5. AS ORGANIZACIÓNS NON GUBERNAMENTAIS (ONG) • As Organizacións Non Gobernamentais (ONG) son entidades privadas de carácter público que teñen fins humanitarios e sociais e que non dependen de gobernos nin partidos políticos. • Están formadas por empresas, centros de investigación ou asociacións. Poden estar formadas por milleiros de persoas que aportan e recollen fondos, e contan con empregados e colaboradores desinteresados. 2
  3. 3. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA • Funcións: ◦ Levan a cabo accións humanitarias: Cruz Roja, Manos Unidas, Médicos sin Fronteras. ◦ Promover o respecto dos dereitos humanos: Amnistía Internacional. ◦ Protexer o medio ambiente: Greenpeace, WWF. 6. A UNIÓN EUROPEA 6.1. O PROCESO DE CREACIÓN DA U.E • A creación dun mercado común europeo iniciouse co Tratado de Roma (1957), asinado por Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. Nace a CEE. Prevía a unidade política e económica de Europa. • O Tratado da Unión Europea, asinado en Maastricht (1992), decidiu a unión monetaria, facilitou a participación cidadá a través das eleccións ao Parlamento europeo, fixou políticas de solidariedade entre rexións e estableceu obxectivos comúns para a política exterior e de defensa. • A Unión Económica e Monetaria aprobouse en 1999, e o euro empezou a circular a partir de 2002. En 19 países é a moeda oficial (eurozona). • Os países membros da Unión Europea na actualidade son vinte e oito, á que se foron sumando en distintos procesos de adhesión. A UE é unha zona moi diversa (distintas linguas, relixións,...) mais réxese por uns valores básicos: a paz, a democracia, o Estado de dereito e o respecto aos dereitos humanos. • Os Estados membros son: • 1957: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. • 1973: Reino Unido, Irlanda e Dinamarca. • 1981: Grecia. • 1986: España e Portugal. • 1990: Alemaña reunificada. • 1995: Austria, Finlandia e Suecia. • 2004: Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Letonia, Lituania, República Checa, Chipre, Malta, Polonia e Hungría. • 2007: Bulgaria e Romanía. • 2013: Croacia. 6.2. AS INSTITUCIÓNS DA U.E • A Unión Europea está formada por institucións supranacionais, que están por enriba dos Estados, e das que forman parte representantes deses Estados. ◦ O Consello Europeo. Formado polos xefes de Estado ou de Goberno dos Estados membros e mais o seu Presidente e o Presidente de la Comisión Europea. É o máximo órgano político e define as orientacións xerais. ◦ O Consello da Unión Europea. Formado por un ministro de cada país, que varía en función dos temas a tratar. Nel tómanse as decisións máis importantes. 3
  4. 4. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA ◦ O Parlamento europeo. Elixido por sufraxio universal. Exerce a función lexislativa, crea e reforma leis e aproba os orzamentos da UE. Sede: Estrasburgo ◦ A Comisión Europea. Formada polo Presidente e os Comisarios, exerce a función executiva. Garante o cumprimento das normativas europeas, elabora os orzamentos,...Sede: Bruxelas. ◦ O Tribunal de Xustiza. Garante o respecto, a interpretación e o cumprimento das leis europeas. ◦ O Defensor do Pobo. Pode ser consultado polos cidadáns que crean que foron tratados inxustamente por algunha institución da UE. ◦ Outras institucións: o Banco Central Europeo (BCE), o Tribunal de Contas ou o Comité das Rexións ou o Banco Europeo de Investimentos. 6.3. ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA • En 1979 España iniciou as negociacións para a súa adhesión á CEE. Estas duraron sete anos e caracterizáronse pola necesidade de adaptación da economía española á comunitaria. Esta adaptación deuse sobre todo no ámbito da produción agraria e pesqueira. • España e Portugal incorporáronse á Comunidade Económica Europea en 1986. • Conta cun único Comisario e 54 deputados no Parlamento europeo. • O desenvolvemento económico e social de España débese, en parte, ao proceso de integración europea. Os fondos e os investimentos procedentes da UE fixeron posible gran parte do seu crecemento. Os fondos europeos (estruturais e de cohesión) serviron para financiar infraestruturas como autovías, o AVE, aeroportos ou portos; programas educativos (Erasmus), tarxeta sanitaria europea e proxectos de restauración do patrimonio histórico e cultural. 7. ORGANIZACIÓN POLÍTICA DE ESPAÑA • Segundo a Constitución española de 1978, España é unha monarquía parlamentaria. O Rei de España é o Xefe de Estado, pero o Goberno é elixido polo Parlamento. A Coroa, na persoa do Rei é a máxima representación do Estado: é árbitro e moderador das institucións. O cargo de Rei é vitalicio e hereditario e a súa persoa inviolable. • A nosa forma de goberno, establecida na Constitución, baséase na división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. ◦ En España, o Parlamento denomínase Cortes Xerais. Está formado por dúas cámaras: Congreso dos Deputados e o Senado. As Cortes exercen dúas funcións: a lexislativa, elaborar e aprobar as leis, e o control do Goberno. O Congreso dos Deputados elixe o Presidente do Goberno. ◦ O Goberno español (poder executivo) está formado polo Presidente (elixido polo Congreso) e os Ministros (elixidos polo Presidente). ◦ A aplicación das leis (poder xudicial) lévana a cabo xuíces e tribunais de xustiza: O máximo órgano xudicial é o Tribunal Supremo. O Tribunal Constitucional é a instancia xudicial que garante que as leis non vulneren a Constitución. • Os cidadáns e cidadás españois (pobo), seguindo o principio de soberanía nacional, eliximos aos nosos representantes. Os partidos políticos son as canles a través das 4
  5. 5. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA cales os cidadáns e cidadás participan na vida política. Poden ser de ámbito estatal ou autonómico. 8. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA • Segundo a Constitución española, o Estado español organiza o territorio en municipios, provincias e Comunidades Autónomas: ◦ Os municipios (8.114) son as unidades administrativas e territoriais máis elementais do Estado. Está formado por un ou máis núcleos de poboación. O goberno dun municipio é responsabilidade do Concello formado polo alcalde e os concelleiros. ◦ As provincias (50) son territorios constituídos pola agrupación de varios municipios: A división do territorio español en provincias ideouse en 1833 (Javier de Burgos). A institución encargada do goberno da provincia é a Deputación Provincial presidida por un Presidente. ◦ As Comunidades Autónomas. O Estado español adoptou unha organización descentralizada. Entre 1979 e 1983 organizáronse as 17 Comunidades Autónomas actuais. Delas, sete teñen unha única provincia. ▪ As Comunidades Autónomas réxense polos seus Estatutos de Autonomía, onde se recollen as institucións, normas e competencias, así como os recursos económicos que lles correspondan para exercelas. As competencias autonómicas poden ser exclusivas (vivenda, educación, sanidade,...) ou compartidas co Estado. ▪ As institucións de autogoberno das Comunidades Autónomas son: • O Presidente autonómico. • A Asemblea ou Parlamento: unha única cámara formada por deputados. • Goberno ou Consello: formado polo Presidente e os conselleiros. En Galicia chámase Xunta. ◦ En 1995, os municipios de Ceuta e Melilla constituíronse tamén en Cidades Autónomas. 9. A AUTONOMÍA DE GALICIA 9.1. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DE GALICIA • Galicia constituíuse en Comunidade Autónoma en 1981 coa aprobación do seu Estatuto de Autonomía. • As institucións da Comunidade Autónoma son: ◦ O Parlamento: representa ao pobo galego, controla á Xunta, aproba as leis e os orzamentos. Fórmano os deputados/as elixidos pola cidadanía. ◦ A Xunta: é o órgano de goberno, propón as leis e fainas cumprir. Fórmana o Presidente e os conselleiros/as. ◦ O Presidente: elixido polo Parlamento, nomea os seus conselleiros/as e dirixe a acción de goberno. ◦ Outras institucións: o Tribunal Superior de Xustiza: é a máxima institución xudicial de Galicia: o Valedor do Pobo: é o encargado de protexer os dereitos dos cidadáns e 5
  6. 6. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA cidadás da Comunidade. 9.2. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE GALICIA • A Constitución e o Estatuto de Autonomía organizan o territorio galego. ◦ Galicia está formada por 4 provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; por 53 bisbarras ou comarcas e por numerosos concellos (314). ◦ Ademais, Galicia organiza o seu territorio en aldeas, parroquias, vilas e cidades. ▪ A aldea: formada por varias casas agrupadas (uns 50 habitantes), é o típico asentamento galego. ▪ A parroquia: formada por varias aldeas, está moi arraigada por ser considerada o lugar de orixe. ▪ As vilas: actúan de capitais de comarcas. Hainas cunha función primordial (industrial, comercial, pesqueira ou turística). ▪ As cidades: son grandes núcleos de poboación. As maiores sitúanse na costa (Vigo, A Coruña). No prelitoral destaca Santiago. • Galicia forma xunto co norte de Portugal da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, encargada de promover intereses e proxectos comúns entre as dúas zonas. 6
  7. 7. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA cidadás da Comunidade. 9.2. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE GALICIA • A Constitución e o Estatuto de Autonomía organizan o territorio galego. ◦ Galicia está formada por 4 provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; por 53 bisbarras ou comarcas e por numerosos concellos (314). ◦ Ademais, Galicia organiza o seu territorio en aldeas, parroquias, vilas e cidades. ▪ A aldea: formada por varias casas agrupadas (uns 50 habitantes), é o típico asentamento galego. ▪ A parroquia: formada por varias aldeas, está moi arraigada por ser considerada o lugar de orixe. ▪ As vilas: actúan de capitais de comarcas. Hainas cunha función primordial (industrial, comercial, pesqueira ou turística). ▪ As cidades: son grandes núcleos de poboación. As maiores sitúanse na costa (Vigo, A Coruña). No prelitoral destaca Santiago. • Galicia forma xunto co norte de Portugal da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, encargada de promover intereses e proxectos comúns entre as dúas zonas. 6

×