SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 11
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
TEMA 4: O CLIMA E A PAISAXE
1.- TEMPO E CLIMA
Son conceptos distintos:
• O tempo é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinados. Polo tanto,
podemos dicir que hoxe o tempo en Galicia é chuvioso ou con sol.
• O clima é o estado da atmosfera nun lugar durante un período de tempo amplo. Para
isto cómpre medir o tempo durante anos, décadas ou séculos. Polo tanto, podemos dicir
que o clima en Galicia é oceánico (temperado e chuvioso).
1.1. A TEMPERATURA
A temperatura atmosférica é o grao de quecemento do aire debido á radiación solar.
O aire ou atmosfera quece desde abaixo. Os raios do Sol son simplemente luz que, ao
chocar coa codia terrestre, se transforma en calor. Unha calor que a Terra non retén
senón que lla transmite ao aire.
Mídese en graos centígrados (ºC), a través dun termómetro. Para representar a
temperatura nun mapa empréganse liñas imaxinarias chamadas isotermas.
Os factores que modifican a temperatura son:
•A latitude. As temperaturas cambian coa latitude porque os raios solares non
inciden do mesmo xeito en todas as partes do planeta. No ecuador os raios caen
perpendicularmente e por iso a Terra quece máis; ao alonxarnos deste punto, máis
descende.
•A altitude. As temperaturas adoitan ser máis baixas nas zonas elevadas e van
aumentando segundo descendemos. Diminúen unha media de 0,6ºC por cada 100
1º ESO 1
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
metros de ascenso.
•A distancia respecto do mar. O mar suaviza as temperaturas, no inverno son
menos frías e no verán menos quentes por unha razón sinxela: o mar tarda máis
en quecer e arrefriar que a superficie da terra. Por iso nas zonas interiores, coma
Madrid, durante o verán vai moita máis calor que en zonas costeiras coma Galicia.
O efecto das brisas mariñas é moi importante no litorial: A brisa mariña é un
fenómeno atmosférico causado polo quecemento e arrefriado desigual de dúas
áreas veciñas, mariña e terrestre.
A distribución de temperaturas na Terra é a seguinte (dentro de cada zona ou área
existen matizacións):
• A zona cálida: Está situada entre o Trópico de Cáncer e o Trópico de Capricornio.
As temperaturas son elevadas ao longo de todo o ano.
• A zona temperada: Está situada entre o Trópico de Cáncer e o Círculo polar
Ártico (ao norte), e o Trópico de Capricornio e o Círculo polar Antártico (ao sur). As
temperaturas son moderadas e están distribuídas en catro estacións: primavera,
verán, outono e inverno.
• A zona fría: Está situada no Círculo polar Ártico (ao norte) e Antártico (ao sur). As
temperaturas son baixas ao longo de todo o ano.
1.2. A HUMIDADE E AS PRECIPITACIÓNS
A humidade é a cantidade de vapor de auga que contén o aire e podemos medila cun
higrómetro. Exprésase en porcentaxes (%).
1º ESO 2
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
Este vapor de auga, ao elevarse arrefría; isto provoca que se condense en diminutas
pingas que se unen entre si, agrandándose e formando as nubes. Estas pingas seguen a
aumentar segundo van ascendendo en altura e, como pesan moito, caen e forman as
precipitacións, tanto en forma líquida (choiva) coma sólida (neve ou sarabia). Como
recordarás, todo isto forma parte do ciclo da auga.
A cantidade de choiva caída mídese cun pluviómetro e exprésase en milímetros (mm) ou
litros por metro cadrado (l/m2).
Os factores que modifican as precipitacións son:
•A latitude. As áreas próximas ao ecuador rexistran máis choiva porque son áreas
máis cálidas e, daquela, prodúcese unha maior evaporación de auga. Por outra banda,
nos polos apenas chove porque o frío impide a evaporación de auga.
•A altitude. As zonas elevadas presentan un maior número de precipitacións que as
zonas máis baixas.
•A influencia do mar. As precipitacións son máis elevadas nas costas que no interior
porque a cantidade de auga susceptible de evaporarse é maior.
Para representar as precipitacións nun mapa debúxanse liñas imaxinarias chamadas
isohietas, que unen puntos ou lugares da superficie terrestre que presentan unha mesma
cantidade de precipitacións.
1.3. A PRESIÓN ATMOSFÉRICA E O VENTO
A presión atmoférica débese ao peso que exerce o aire sobre un lugar concreto da
superficie da Terra. A presión mídese en milibares (mb) ou hectopascais (hPa) cun
barómetro. No mapa represéntase mediante unhas liñas chamadas isóbaras.
A presión do aire descende coa altitude e oscila coa temperatura, porque o aire frío
pesa máis que o cálido.
O aire cálido, ao pesar pouco, sobe máis e crea unha área de baixas presións que se
denomina borrasca. Pola súa banda, ao pesar máis, o aire frío forma áreas de altas
presións ou anticiclóns.
• Os anticiclóns márcanse no mapa cun A porque representan zonas de altas
presións. Isto, polo xeral, implica un tempo sen chuvia e estable aínda que non
sempre é así.
• As borrascas sinálanse cun B. Trátase de zonas de baixas presións que orixinan
chuvia e tempo inestable.
O mapa do tempo divídese en zonas de altas e baixas presións representadas polas
isóbaras; a diferenza entre unha zona e outra é a isobara 1013 hPa (hectopascais).
• A fronte cálida xorde no momento no que unha masa de aire cálido empurra e
desvía a unha de aire frío. O resultado é un tempo caracterizado pola estabilidade
e a ausencia de precipitacións.
• Unha fronte fría prodúcese cando unha masa de aire frío empurra a unha de aire
quente. Este fenómeno produce baixas temperaturas e numerosas precipitacións.
O vento, pola súa parte, orixínase polo movemento de dúas masas de aire con presións
atmosféricas diferentes. Este fenómeno atmosférico mídese en quilómetros por hora
(km/h) cun anemómetro. Hai moitos tipos de ventos: alisios, monzóns, ventos do oeste,...
1º ESO 3
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
MAPAS DO TEMPO
1º ESO 4
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
2.- CLIMAS E PAISAXES DO MUNDO
2.1. CLIMAS CÁLIDOS
A zona de clima cálido sitúase nas proximidades do ecuador, entre os Trópicos de Cáncer
e Capricornio.
Caracterízase por presentar temperaturas medias elevadas, superiores aos 18 ºC,
durante todo o ano.
Dentro da zona climática cálida podemos atopar as variedades climáticas
seguintes:ecuatorial, tropical e desértica.
2.1.1. O CLIMA ECUATORIAL E A SÚA PAISAXE
LOCALIZACIÓN:
Sitúanse arredor do ecuador, en lugares como a cunca do Amazonas en América do Sur,
a cunca do Congo e da costa guineana en África, e nas illas do sueste asiático.
CLIMA:
As temperaturas son moi elevadas ao longo de todo o ano; a media anual supera os 25
ºC. Non existen diferenzas notables entre o día e a noite, nin entre as estacións do ano; a
desemellanza entre o mes máis cálido e o máis frío non supera os 3 ºC. Non existen
verdadeiras estacións.
As precipitacións son moi abundantes e regulares; superan os 1.500 ou 2.000 mm, e non
hai estación seca.
RÍOS:
Son caudalosos e regulares, debido a que se atopan nunha zona de precipitacións
abundantes. Os máis coñecidos son o Amazonas en América e o Congo en África.
VEXETACIÓN:
Por causa da calor e da humidade, a vexetación é densa, exuberante e moi diversa.
Medra en altura na procura da luz. As árbores máis altas superan os 40 metros; este feito
impide que a luz chegue ao chan e que, polo tanto, posúa vexetación algunha. Este tipo
de vexetación denomínase selva ecuatorial ou xungla.
HABITANTES E ECONOMÍA:
As selvas africanas e americanas están practicamente deshabitadas. Así a todo, viven
algúns pobos indíxenas que non teñen contacto co mundo exterior. A súa actividade
económica baséase na recolleita de froitos, na caza ou nunha agricultura moi
rudimentaria. Os exemplos máis destacados son os indíxenas da selva amazónica e os
pigmeos africanos.
Pola contra, a selva asiática rexistra altas densidades de poboación. Isto está provocando
a desaparición da propia selva en favor de plantacións de azucre e de arroz, porque esta
poboación precisa maiores recursos para a súa supervivencia.
1º ESO 5
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
2.1.2. O CLIMA TROPICAL E A SÚA PAISAXE
LOCALIZACIÓN:
Sitúanse ao norte e ao sur da zona de localización do clima ecuatorial. Polo tanto,
abranguerían as zonas seguintes: América Central, sueste de América do Sur, centro e
sur de África, sur e sueste de Asia e nordeste de Australia.
CLIMA:
As temperaturas son elevadas, a media anual supera os 20 ºC.
As precipitacións oscilan entre os 500 e os 2.000 mm, e concéntranse na estación húmida
porque neste tipo de clima só hai dúas estacións: a seca e a húmida. Estas dúas
estacións veñen marcadas pola presenza de ventos estacionais que reciben o nome de
monzóns (clima tropical húmido). No verán, sopran de norte a sur e supoñen a presenza
no terreo de choivas importantes; no inverno, estes ventos proveñen do interior, e
caracterízanse por seren secos e fríos.
RÍOS:
Son irregulares. O seu caudal é abondoso durante a estación húmida e pode chegar a
experimentar enchentes; durante a estación seca, o caudal diminúe. Un exemplo
destacado é o Nilo.
VEXETACIÓN:
Predominan dous tipos de paisaxe:
• Bosque tropical: sitúase nas áreas próximas ao ecuador. A vexetación é semellante
á da selva ecuatorial pero menos densa.
• Sabana: localízase nunha ampla chaira cuberta por herbas e arbustos; amais,
pódense atopar algunhas árbores espalladas.
HABITANTES E ECONOMÍA:
A maioría da poboación vive no agro. Gran parte do territorio está habitado por tribos
indíxenas coma a dos kikuyos en Kenya.
A economía fundamental da zona baséase na agricultura tradicional e na gandaría ao aire
libre. Nesta última actividade podemos salientar a tribo dos massai en Kenya.
Nas áreas de clima tropical tamén se practica un tipo de agricultura máis moderna,
industrial: as plantacións de cacao, café, té, azucre ou tabaco.
2.1.3. O CLIMA DESÉRTICO E A SÚA PAISAXE
LOCALIZACIÓN:
Os desertos cálidos sitúanse ao redor do Trópico de Cáncer e de Capricornio, nas zonas
continentais afastadas da influencia mariña.
CLIMA:
As temperaturas son moi altas durante todo o ano. Prodúcese unha gran variación térmica
entre o día (quente) e a noite (fría).
As precipitacións son moi escasas e irregulares, menos de 250 mm anuais.
RÍOS:
Apenas existen cursos de auga debido á práctica inexistencia de precipitacións. Só
1º ESO 6
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
nalgúns desertos se poden atopar os uadis (pequenos cursos de auga que están case
secos ao longo de todo o ano).
VEXETACIÓN:
Existen moi poucas plantas xa que escasea a auga e a calor é insoportable. Un exemplo
serían os cactos ou as datileiras que adoitan abundar nas zonas dos oasis.
HABITANTES E ECONOMÍA:
Os desertos son zonas practicamente deshabitadas A poboación pode ser sedentaria ou
nómade. Os nómades dedícanse ao pastoreo de cabras ou de camelos, e os poboadores
sedentarios están asentados nas áreas de oasis. Algúns exemplos representativos de
poboadores son os bosquimáns (habitantes do deserto de Kalahari) ou os mongois (no
deserto do Gobi).
2.2. CLIMAS TEMPERADOS
A zona de clima temperado sitúase nos dous hemisferios. No hemisferio norte esténdese
desde o Trópico de Cáncer ao Círculo polar Ártico e no hemisferio sur faríao desde o
Trópico de Capricornio ata o Círculo polar Antártico.
Caracterízase por presentar temperaturas moi variadas ao longo do ano, feito que
provoca a existencia de catro estacións: primavera, verán, outono e inverno.
Dentro da zona climática temperada podemos atopar as variedades climáticas e
paisaxísticas seguintes: oceánica, mediterránea e continental.
2.2.1. O CLIMA OCEÁNICO E A SÚA PAISAXE
LOCALIZACIÓN:
Localízanse na costa occidental de América do Norte, na costa noroccidental de Europa,
no extremo sur de América e de África, no sueste de Australia, en Tasmania e en Nova
Zelandia.
CLIMA:
As temperaturas son suaves durante todo o ano aínda que varían segundo as estacións.
A media anual oscila entre os 10 e os 20 ºC.
As precipitacións son abundantes (de 1.000 a 1.500 mm) e regulares.
RÍOS:
Teñen un caudal abondoso e regular debido ás choivas continuas ao longo de todo o ano.
VEXETACIÓN:
A vexetación característica desta zona é o bosque caducifolio, no que predominan árbores
coma faias, carballos, castiñeiros…; é dicir, aquelas que perden as follas durante o
outono. Outro tipo de vexetación característica é o prado. Naquelas zonas de clima
oceánico onde hai moita humidade e fortes ventos dáse a landa, unha vexetación de
matogueira espiñenta (coma os toxos ou as xestas).
HABITANTES E ECONOMÍA:
A economía das zonas de clima oceánico varía:
• En Europa, o terreo de clima oceánico atópase moi poboado, cunha economía
baseada na industria e no sector servizos. Nas áreas rurais están a desaparecer os
1º ESO 7
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
bosques, ou ben a favor dos campos de cultivos e prados destinados para o
alimento do gando, ou ben porque son explotados para a produción industrial de
madeira de escasa calidade.
• En América, as zonas de clima oceánico están pouco poboadas, por iso abundan
os bosques nos que o ser humano apenas participou aínda que estes son cada vez
máis escasos.
2.2.2. O CLIMA MEDITERRÁNEO E A SÚA PAISAXE
LOCALIZACIÓN:
Sitúanse na contorna do mar Mediterráneo, ao leste dos EEUU, en Suráfrica e no sueste
australiano.
CLIMA:
As temperaturas son suaves no inverno pero moi calorosas no verán, con temperaturas
agradables no outono e na primavera.
As precipitacións son escasas (entre 300 e 800 mm), e concéntranse na primavera e no
outono.
RÍOS:
Presentan un caudal irregular. No verán apenas levan auga e sofren estiaxe; no outono e
mesmo na primavera, o seu caudal é abondoso e con continuas enchentes, que poden
chegar a producir inundacións.
VEXETACIÓN:
Está composta polo bosque mediterráneo (formado por árbores de folla perenne coma
aciñeiras, sobreiras, piñeiros), e por matogueiras e arbustos coma o romeu ou a lavanda.
HABITANTES E ECONOMÍA:
É unha zona moi habitada. A súa economía baséase na agricultura e no turismo.
En canto á agricultura, predomina o cultivo da denominada tríade mediterránea (trigo-
vide-oliveira) e os cultivos horto-frutícolas. Co fin de paliar a dureza atmosférica,
adaptáronse sistemas de regadío e invernadoiros.
2.2.3. O CLIMA CONTINENTAL E A SÚA PAISAXE
LOCALIZACIÓN:
Localízanse en rexións afastadas do mar: zonas interiores de América do Norte, Europa
do Leste e norte de Asia.
CLIMA:
As temperaturas son cálidas no verán (uns 20 ºC) e frías no inverno (inferiores aos 5 ºC).
As precipitacións son moderadas (entre 300 e 1.000 mm) e máis frecuentes durante os
meses de verán.
RÍOS:
Permanecen conxelados durante o inverno. Na primavera, co desxeo, sofren enchentes e
causan importantes inundacións.
1º ESO 8
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
VEXETACIÓN:
Está formada por:
• A taiga, caracterizada por presentar unha vexetación perenne, con abetos e
piñeiros. Medra nas áreas máis frías.
• A pradaría medra nas áreas menos frías. Está formada por herbas altas.
• A estepa está composta por herbas máis pequenas, características das zonas máis
cálidas.
HABITANTES E ECONOMÍA:
A área de taiga estaba tradicionalmente habitada por un pequeno número de pastores. Na
actualidade, a actividade económica fundamental nestas zonas é o aproveitamento da
madeira para a fabricación de papel.
Por outra banda, as zonas de pradaría e estepa presentan un número elevado de
habitantes cunha economía baseada na agricultura extensiva e na gandaría.
Como curiosidade, debemos saber que os campos son tan extensos que incluso se
sementan, fertilizan e sanean desde avionetas.
2.3. CLIMAS FRÍOS
As zonas de clima frío sitúanse en ambos hemisferios. No hemisferio norte, localízase a
partir do Círculo polar Ártico e no hemisferio sur faino a partir do Círculo polar Antártico.
Ademais, atopamos zonas de clima frío nas áreas máis elevadas dos continentes: nas
montañas.
Dentro da zona climática fría podemos diferenciar entre o clima polar e o de montaña.
Trátase das zonas máis frías do planeta porque os raios do sol chegan aquí inclinados e,
polo tanto, apenas quentan a superficie da Terra.
2.3.1. O CLIMA POLAR E A SÚA PAISAXE
LOCALIZACIÓN:
As zonas de clima e paisaxe polar sitúanse nas zonas polares; é dicir, ao norte do Círculo
polar Ártico e ao sur do Círculo polar Antártico.
CLIMA:
As temperaturas son moi baixas, normalmente inferiores a 0 ºC. Poden chegar ata os -50
ºC durante o inverno e a 10 ºC no verán.
As precipitacións son escasas (menos de 300 mm) e, no caso de producírense, caen en
forma de neve, por iso se denominan desertos fríos.
RÍOS:
Os ríos son practicamente inexistentes debido ás escasas precipitacións.
VEXETACIÓN:
A vexetación típica desta zona é a tundra (mofos, liques e pequenas flores), que só medra
ao norte de Europa, América e Asia. Na zona dos Polos esta vexetación desaparece.
1º ESO 9
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
HABITANTES E ECONOMÍA:
Na Antigüidade, só habitaban estas zonas algúns grupos étnicos coma os esquimós e os
lapóns, que se dedicaban á pesca e ao pastoreo respectivamente.
Na actualidade, estas zonas atópanse máis poboadas debido á explotación de recursos
minerais (por exemplo, o petróleo) e á mellora das comunicacións. Isto acontece na
maioría das zonas polares agás na Antártida, habitada só por científicos.
2.3.2. O CLIMA DE MONTAÑA E A SÚA PAISAXE
LOCALIZACIÓN:
As zonas de clima e paisaxe de montaña sitúanse en altitudes superiores aos 2.500 m.
CLIMA:
As temperaturas son baixas durante todo o ano. Máis baixas canto maior sexa a altitude.
As precipitacións son abundantes ao longo de todo o ano e adoitan caer en forma de
neve. Ao igual que as temperaturas, canto máis elevado sexa o terreo maior número de
precipitacións se rexistran.
RÍOS:
Teñen un caudal irregular que aumenta na época do desxeo e, xa que logo, dise que
posúen un réxime nival.
VEXETACIÓN:
Varía coa altitude e, por esta razón, distribúese en diferentes niveis: no chan aparecen as
zonas de cultivo; logo, os bosques caducifolios; a continuación, os bosques de coníferas,
os prados; e finalmente, a área de neves perpetuas. Esta gradación recibe o nome de
cliserie.
HABITANTES E ECONOMÍA:
As zonas de montaña están pouco poboadas e os habitantes concéntranse nos vales.
Dedícanse á explotación gandeira, madeireira e á produción de enerxía hidroeléctrica.
Amais de ao turismo deportivo.
3.- CLIMAS E PAISASES DE EUROPA
3.1. A PAISAXE OCEÁNICA OU ATLÁNTICA
Localización: fachada occidental de Europa, norte e noroeste da P. Ibérica.
Clima oceánico:
• Temperaturas: suaves no inverno e no verán.
• Precipitacións: abundantes e regulares.
Vexetación: bosque de folla caduca e prados.
Gandaría vacúa.
Cultivos: millo, forraxes, patacas, maceiras.
Poboación rural espallada.
3.2. A PAISAXE MEDITERRÁNEA
Localización: costas e illas europeas bañadas polo mar Mediterráneo (sur de Europa).
Clima mediterráneo:
• Temperaturas: suaves no inverno e calorosas durante o verán.
1º ESO 10
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
• Precipitacións: abundantes na primavera e outono, escasas no verán.
Vexetación: bosque de folla perenne (aciñeiras, piñeiros), garrigas e estepas.
Cultivos: trigo, vide e oliveira
Poboación: área moi poboada.
3.3. A PAISAXE CONTINENTAL
Localización: Interior de Europa.
Clima continental:
• Temperaturas:veráns calorosos (altas) e invernos fríos (baixas).
• Precipitacións: escasas e concentradas no verán.
Vexetación: Taiga (bosque de abetos e piñeiros), estepa, bosque caducifolio.
Poboación: concentrada.
3.4. A PAISAXE POLAR
Localización: Norte de Islandia, Noruega, Finlandia e Rusia.
Clima polar:
• Temperaturas: moi baixas todo o ano.
• Precipitacións: escasas e en forma de neve.
Vexetación: Tundra.
Poboación: zona moi pouco poboadas. Lapóns.
3.5. A PAISAXE DE ALTA MONTAÑA
Localización: Grandes cordilleiras europeas: Alpes, Cáucaso...
Clima de alta montaña:
• Temperaturas: invernos fríos e veráns frescos.
• Precipitacións: abundantes; en forma de neve no inverno.
Vexetación: distribuída en pisos.
Poboación: zonas pouco poboadas.
1º ESO 11

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

04c o tempo e o clima
04c o tempo e o clima04c o tempo e o clima
04c o tempo e o climaroberto
 
Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas
Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario ClimogramasXeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas
Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario ClimogramasDavid Barrán Ferreiro
 
03c as augas
03c as augas03c as augas
03c as augasroberto
 
02b clima tempomet
02b clima tempomet02b clima tempomet
02b clima tempometquiquehs
 
02d clima vocabulario
02d clima vocabulario02d clima vocabulario
02d clima vocabularioquiquehs
 
A atmosfera
A atmosferaA atmosfera
A atmosferadosideza
 
Resumo x-xi-conhe-5
Resumo  x-xi-conhe-5Resumo  x-xi-conhe-5
Resumo x-xi-conhe-5Fiz
 
TEMA 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España...
TEMA 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España...TEMA 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España...
TEMA 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España...Gloria Martínez Marín
 
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do solbelenarenal
 
Tema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climaTema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climarubempaul
 
Elementos e factores do clima
Elementos e factores do climaElementos e factores do clima
Elementos e factores do climaprofesor historia
 
Elementos E factores-clima-1193079532996218-1
Elementos E factores-clima-1193079532996218-1Elementos E factores-clima-1193079532996218-1
Elementos E factores-clima-1193079532996218-1santiago
 
Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Meteorologia tiempo atmosferico nubes climaMeteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Meteorologia tiempo atmosferico nubes climavioleta Corujo
 
Comentario dun mapa do tempo
Comentario dun mapa do tempoComentario dun mapa do tempo
Comentario dun mapa do tempoprofesor historia
 
Comentar mapa do tempo en Galicia
Comentar mapa do tempo en GaliciaComentar mapa do tempo en Galicia
Comentar mapa do tempo en Galiciasantiago
 

La actualidad más candente (20)

04c o tempo e o clima
04c o tempo e o clima04c o tempo e o clima
04c o tempo e o clima
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas
Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario ClimogramasXeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas
Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas
 
03c as augas
03c as augas03c as augas
03c as augas
 
02b clima tempomet
02b clima tempomet02b clima tempomet
02b clima tempomet
 
02d clima vocabulario
02d clima vocabulario02d clima vocabulario
02d clima vocabulario
 
A atmosfera
A atmosferaA atmosfera
A atmosfera
 
Tema4 O CLIMA
Tema4 O CLIMATema4 O CLIMA
Tema4 O CLIMA
 
Resumo x-xi-conhe-5
Resumo  x-xi-conhe-5Resumo  x-xi-conhe-5
Resumo x-xi-conhe-5
 
Comentario mapa do tempo
Comentario mapa do tempoComentario mapa do tempo
Comentario mapa do tempo
 
TEMA 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España...
TEMA 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España...TEMA 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España...
TEMA 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España...
 
Clima
ClimaClima
Clima
 
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol
 
Tema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climaTema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e clima
 
Elementos e factores do clima
Elementos e factores do climaElementos e factores do clima
Elementos e factores do clima
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Elementos E factores-clima-1193079532996218-1
Elementos E factores-clima-1193079532996218-1Elementos E factores-clima-1193079532996218-1
Elementos E factores-clima-1193079532996218-1
 
Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Meteorologia tiempo atmosferico nubes climaMeteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima
 
Comentario dun mapa do tempo
Comentario dun mapa do tempoComentario dun mapa do tempo
Comentario dun mapa do tempo
 
Comentar mapa do tempo en Galicia
Comentar mapa do tempo en GaliciaComentar mapa do tempo en Galicia
Comentar mapa do tempo en Galicia
 

Destacado

A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...rubempaul
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalusrubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficerubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exiptorubempaul
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíarubempaul
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)rubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 

Destacado (20)

A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 

Similar a O clima e a paisaxe (1º ESO)

Resumo tema 3_sociais_5º
Resumo tema 3_sociais_5ºResumo tema 3_sociais_5º
Resumo tema 3_sociais_5ºFiz
 
Unidade 4 tempo e clima
Unidade 4 tempo e climaUnidade 4 tempo e clima
Unidade 4 tempo e climacamposseijo
 
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de GaliciaClimas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de Galiciaccssdidactica ddoval
 
Clima e rios de España
Clima e rios de EspañaClima e rios de España
Clima e rios de EspañaLOPEZMOURENZA
 
XEO2-Factores do clima
XEO2-Factores do climaXEO2-Factores do clima
XEO2-Factores do climaaialo1
 
Climas e paisaxes climáticos calidos
Climas e paisaxes climáticos calidosClimas e paisaxes climáticos calidos
Climas e paisaxes climáticos calidosJosé Ramón
 
O tempo atmosférico
O tempo atmosféricoO tempo atmosférico
O tempo atmosféricoTono Canosa
 
R2 sociais 6
R2 sociais 6R2 sociais 6
R2 sociais 6Fiz
 
Atmosfera
AtmosferaAtmosfera
Atmosferasagipe
 
Tempo e clima
Tempo e climaTempo e clima
Tempo e climataleyla
 
A diversidade climática
A diversidade climáticaA diversidade climática
A diversidade climáticaRosacidgalante
 
Tema 6. climas e paisaxes da terra
Tema 6. climas e paisaxes da terraTema 6. climas e paisaxes da terra
Tema 6. climas e paisaxes da terraDudas-Historia
 
Tema 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”
Tema  2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”Tema  2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”
Tema 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”Gloria Martínez Marín
 

Similar a O clima e a paisaxe (1º ESO) (18)

Resumo tema 3_sociais_5º
Resumo tema 3_sociais_5ºResumo tema 3_sociais_5º
Resumo tema 3_sociais_5º
 
Unidade 4 tempo e clima
Unidade 4 tempo e climaUnidade 4 tempo e clima
Unidade 4 tempo e clima
 
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de GaliciaClimas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
 
Clima e rios de España
Clima e rios de EspañaClima e rios de España
Clima e rios de España
 
XEO2-Factores do clima
XEO2-Factores do climaXEO2-Factores do clima
XEO2-Factores do clima
 
Climas e paisaxes climáticos calidos
Climas e paisaxes climáticos calidosClimas e paisaxes climáticos calidos
Climas e paisaxes climáticos calidos
 
O tempo atmosférico
O tempo atmosféricoO tempo atmosférico
O tempo atmosférico
 
R2 sociais 6
R2 sociais 6R2 sociais 6
R2 sociais 6
 
Atmosfera
AtmosferaAtmosfera
Atmosfera
 
Tempo e clima
Tempo e climaTempo e clima
Tempo e clima
 
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
 
A diversidade climática
A diversidade climáticaA diversidade climática
A diversidade climática
 
O sistema climático fai posible a vida2
O sistema climático fai posible a vida2O sistema climático fai posible a vida2
O sistema climático fai posible a vida2
 
Tema 6. climas e paisaxes da terra
Tema 6. climas e paisaxes da terraTema 6. climas e paisaxes da terra
Tema 6. climas e paisaxes da terra
 
Unidade 5
Unidade 5Unidade 5
Unidade 5
 
Tema 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”
Tema  2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”Tema  2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”
Tema 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”
 
Tempo e clima 02
Tempo e clima 02Tempo e clima 02
Tempo e clima 02
 
Tempo e clima
Tempo e climaTempo e clima
Tempo e clima
 

Más de rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 

Más de rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 

Último

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

O clima e a paisaxe (1º ESO)

  • 1. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA TEMA 4: O CLIMA E A PAISAXE 1.- TEMPO E CLIMA Son conceptos distintos: • O tempo é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinados. Polo tanto, podemos dicir que hoxe o tempo en Galicia é chuvioso ou con sol. • O clima é o estado da atmosfera nun lugar durante un período de tempo amplo. Para isto cómpre medir o tempo durante anos, décadas ou séculos. Polo tanto, podemos dicir que o clima en Galicia é oceánico (temperado e chuvioso). 1.1. A TEMPERATURA A temperatura atmosférica é o grao de quecemento do aire debido á radiación solar. O aire ou atmosfera quece desde abaixo. Os raios do Sol son simplemente luz que, ao chocar coa codia terrestre, se transforma en calor. Unha calor que a Terra non retén senón que lla transmite ao aire. Mídese en graos centígrados (ºC), a través dun termómetro. Para representar a temperatura nun mapa empréganse liñas imaxinarias chamadas isotermas. Os factores que modifican a temperatura son: •A latitude. As temperaturas cambian coa latitude porque os raios solares non inciden do mesmo xeito en todas as partes do planeta. No ecuador os raios caen perpendicularmente e por iso a Terra quece máis; ao alonxarnos deste punto, máis descende. •A altitude. As temperaturas adoitan ser máis baixas nas zonas elevadas e van aumentando segundo descendemos. Diminúen unha media de 0,6ºC por cada 100 1º ESO 1
  • 2. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA metros de ascenso. •A distancia respecto do mar. O mar suaviza as temperaturas, no inverno son menos frías e no verán menos quentes por unha razón sinxela: o mar tarda máis en quecer e arrefriar que a superficie da terra. Por iso nas zonas interiores, coma Madrid, durante o verán vai moita máis calor que en zonas costeiras coma Galicia. O efecto das brisas mariñas é moi importante no litorial: A brisa mariña é un fenómeno atmosférico causado polo quecemento e arrefriado desigual de dúas áreas veciñas, mariña e terrestre. A distribución de temperaturas na Terra é a seguinte (dentro de cada zona ou área existen matizacións): • A zona cálida: Está situada entre o Trópico de Cáncer e o Trópico de Capricornio. As temperaturas son elevadas ao longo de todo o ano. • A zona temperada: Está situada entre o Trópico de Cáncer e o Círculo polar Ártico (ao norte), e o Trópico de Capricornio e o Círculo polar Antártico (ao sur). As temperaturas son moderadas e están distribuídas en catro estacións: primavera, verán, outono e inverno. • A zona fría: Está situada no Círculo polar Ártico (ao norte) e Antártico (ao sur). As temperaturas son baixas ao longo de todo o ano. 1.2. A HUMIDADE E AS PRECIPITACIÓNS A humidade é a cantidade de vapor de auga que contén o aire e podemos medila cun higrómetro. Exprésase en porcentaxes (%). 1º ESO 2
  • 3. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA Este vapor de auga, ao elevarse arrefría; isto provoca que se condense en diminutas pingas que se unen entre si, agrandándose e formando as nubes. Estas pingas seguen a aumentar segundo van ascendendo en altura e, como pesan moito, caen e forman as precipitacións, tanto en forma líquida (choiva) coma sólida (neve ou sarabia). Como recordarás, todo isto forma parte do ciclo da auga. A cantidade de choiva caída mídese cun pluviómetro e exprésase en milímetros (mm) ou litros por metro cadrado (l/m2). Os factores que modifican as precipitacións son: •A latitude. As áreas próximas ao ecuador rexistran máis choiva porque son áreas máis cálidas e, daquela, prodúcese unha maior evaporación de auga. Por outra banda, nos polos apenas chove porque o frío impide a evaporación de auga. •A altitude. As zonas elevadas presentan un maior número de precipitacións que as zonas máis baixas. •A influencia do mar. As precipitacións son máis elevadas nas costas que no interior porque a cantidade de auga susceptible de evaporarse é maior. Para representar as precipitacións nun mapa debúxanse liñas imaxinarias chamadas isohietas, que unen puntos ou lugares da superficie terrestre que presentan unha mesma cantidade de precipitacións. 1.3. A PRESIÓN ATMOSFÉRICA E O VENTO A presión atmoférica débese ao peso que exerce o aire sobre un lugar concreto da superficie da Terra. A presión mídese en milibares (mb) ou hectopascais (hPa) cun barómetro. No mapa represéntase mediante unhas liñas chamadas isóbaras. A presión do aire descende coa altitude e oscila coa temperatura, porque o aire frío pesa máis que o cálido. O aire cálido, ao pesar pouco, sobe máis e crea unha área de baixas presións que se denomina borrasca. Pola súa banda, ao pesar máis, o aire frío forma áreas de altas presións ou anticiclóns. • Os anticiclóns márcanse no mapa cun A porque representan zonas de altas presións. Isto, polo xeral, implica un tempo sen chuvia e estable aínda que non sempre é así. • As borrascas sinálanse cun B. Trátase de zonas de baixas presións que orixinan chuvia e tempo inestable. O mapa do tempo divídese en zonas de altas e baixas presións representadas polas isóbaras; a diferenza entre unha zona e outra é a isobara 1013 hPa (hectopascais). • A fronte cálida xorde no momento no que unha masa de aire cálido empurra e desvía a unha de aire frío. O resultado é un tempo caracterizado pola estabilidade e a ausencia de precipitacións. • Unha fronte fría prodúcese cando unha masa de aire frío empurra a unha de aire quente. Este fenómeno produce baixas temperaturas e numerosas precipitacións. O vento, pola súa parte, orixínase polo movemento de dúas masas de aire con presións atmosféricas diferentes. Este fenómeno atmosférico mídese en quilómetros por hora (km/h) cun anemómetro. Hai moitos tipos de ventos: alisios, monzóns, ventos do oeste,... 1º ESO 3
  • 4. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA MAPAS DO TEMPO 1º ESO 4
  • 5. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 2.- CLIMAS E PAISAXES DO MUNDO 2.1. CLIMAS CÁLIDOS A zona de clima cálido sitúase nas proximidades do ecuador, entre os Trópicos de Cáncer e Capricornio. Caracterízase por presentar temperaturas medias elevadas, superiores aos 18 ºC, durante todo o ano. Dentro da zona climática cálida podemos atopar as variedades climáticas seguintes:ecuatorial, tropical e desértica. 2.1.1. O CLIMA ECUATORIAL E A SÚA PAISAXE LOCALIZACIÓN: Sitúanse arredor do ecuador, en lugares como a cunca do Amazonas en América do Sur, a cunca do Congo e da costa guineana en África, e nas illas do sueste asiático. CLIMA: As temperaturas son moi elevadas ao longo de todo o ano; a media anual supera os 25 ºC. Non existen diferenzas notables entre o día e a noite, nin entre as estacións do ano; a desemellanza entre o mes máis cálido e o máis frío non supera os 3 ºC. Non existen verdadeiras estacións. As precipitacións son moi abundantes e regulares; superan os 1.500 ou 2.000 mm, e non hai estación seca. RÍOS: Son caudalosos e regulares, debido a que se atopan nunha zona de precipitacións abundantes. Os máis coñecidos son o Amazonas en América e o Congo en África. VEXETACIÓN: Por causa da calor e da humidade, a vexetación é densa, exuberante e moi diversa. Medra en altura na procura da luz. As árbores máis altas superan os 40 metros; este feito impide que a luz chegue ao chan e que, polo tanto, posúa vexetación algunha. Este tipo de vexetación denomínase selva ecuatorial ou xungla. HABITANTES E ECONOMÍA: As selvas africanas e americanas están practicamente deshabitadas. Así a todo, viven algúns pobos indíxenas que non teñen contacto co mundo exterior. A súa actividade económica baséase na recolleita de froitos, na caza ou nunha agricultura moi rudimentaria. Os exemplos máis destacados son os indíxenas da selva amazónica e os pigmeos africanos. Pola contra, a selva asiática rexistra altas densidades de poboación. Isto está provocando a desaparición da propia selva en favor de plantacións de azucre e de arroz, porque esta poboación precisa maiores recursos para a súa supervivencia. 1º ESO 5
  • 6. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 2.1.2. O CLIMA TROPICAL E A SÚA PAISAXE LOCALIZACIÓN: Sitúanse ao norte e ao sur da zona de localización do clima ecuatorial. Polo tanto, abranguerían as zonas seguintes: América Central, sueste de América do Sur, centro e sur de África, sur e sueste de Asia e nordeste de Australia. CLIMA: As temperaturas son elevadas, a media anual supera os 20 ºC. As precipitacións oscilan entre os 500 e os 2.000 mm, e concéntranse na estación húmida porque neste tipo de clima só hai dúas estacións: a seca e a húmida. Estas dúas estacións veñen marcadas pola presenza de ventos estacionais que reciben o nome de monzóns (clima tropical húmido). No verán, sopran de norte a sur e supoñen a presenza no terreo de choivas importantes; no inverno, estes ventos proveñen do interior, e caracterízanse por seren secos e fríos. RÍOS: Son irregulares. O seu caudal é abondoso durante a estación húmida e pode chegar a experimentar enchentes; durante a estación seca, o caudal diminúe. Un exemplo destacado é o Nilo. VEXETACIÓN: Predominan dous tipos de paisaxe: • Bosque tropical: sitúase nas áreas próximas ao ecuador. A vexetación é semellante á da selva ecuatorial pero menos densa. • Sabana: localízase nunha ampla chaira cuberta por herbas e arbustos; amais, pódense atopar algunhas árbores espalladas. HABITANTES E ECONOMÍA: A maioría da poboación vive no agro. Gran parte do territorio está habitado por tribos indíxenas coma a dos kikuyos en Kenya. A economía fundamental da zona baséase na agricultura tradicional e na gandaría ao aire libre. Nesta última actividade podemos salientar a tribo dos massai en Kenya. Nas áreas de clima tropical tamén se practica un tipo de agricultura máis moderna, industrial: as plantacións de cacao, café, té, azucre ou tabaco. 2.1.3. O CLIMA DESÉRTICO E A SÚA PAISAXE LOCALIZACIÓN: Os desertos cálidos sitúanse ao redor do Trópico de Cáncer e de Capricornio, nas zonas continentais afastadas da influencia mariña. CLIMA: As temperaturas son moi altas durante todo o ano. Prodúcese unha gran variación térmica entre o día (quente) e a noite (fría). As precipitacións son moi escasas e irregulares, menos de 250 mm anuais. RÍOS: Apenas existen cursos de auga debido á práctica inexistencia de precipitacións. Só 1º ESO 6
  • 7. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA nalgúns desertos se poden atopar os uadis (pequenos cursos de auga que están case secos ao longo de todo o ano). VEXETACIÓN: Existen moi poucas plantas xa que escasea a auga e a calor é insoportable. Un exemplo serían os cactos ou as datileiras que adoitan abundar nas zonas dos oasis. HABITANTES E ECONOMÍA: Os desertos son zonas practicamente deshabitadas A poboación pode ser sedentaria ou nómade. Os nómades dedícanse ao pastoreo de cabras ou de camelos, e os poboadores sedentarios están asentados nas áreas de oasis. Algúns exemplos representativos de poboadores son os bosquimáns (habitantes do deserto de Kalahari) ou os mongois (no deserto do Gobi). 2.2. CLIMAS TEMPERADOS A zona de clima temperado sitúase nos dous hemisferios. No hemisferio norte esténdese desde o Trópico de Cáncer ao Círculo polar Ártico e no hemisferio sur faríao desde o Trópico de Capricornio ata o Círculo polar Antártico. Caracterízase por presentar temperaturas moi variadas ao longo do ano, feito que provoca a existencia de catro estacións: primavera, verán, outono e inverno. Dentro da zona climática temperada podemos atopar as variedades climáticas e paisaxísticas seguintes: oceánica, mediterránea e continental. 2.2.1. O CLIMA OCEÁNICO E A SÚA PAISAXE LOCALIZACIÓN: Localízanse na costa occidental de América do Norte, na costa noroccidental de Europa, no extremo sur de América e de África, no sueste de Australia, en Tasmania e en Nova Zelandia. CLIMA: As temperaturas son suaves durante todo o ano aínda que varían segundo as estacións. A media anual oscila entre os 10 e os 20 ºC. As precipitacións son abundantes (de 1.000 a 1.500 mm) e regulares. RÍOS: Teñen un caudal abondoso e regular debido ás choivas continuas ao longo de todo o ano. VEXETACIÓN: A vexetación característica desta zona é o bosque caducifolio, no que predominan árbores coma faias, carballos, castiñeiros…; é dicir, aquelas que perden as follas durante o outono. Outro tipo de vexetación característica é o prado. Naquelas zonas de clima oceánico onde hai moita humidade e fortes ventos dáse a landa, unha vexetación de matogueira espiñenta (coma os toxos ou as xestas). HABITANTES E ECONOMÍA: A economía das zonas de clima oceánico varía: • En Europa, o terreo de clima oceánico atópase moi poboado, cunha economía baseada na industria e no sector servizos. Nas áreas rurais están a desaparecer os 1º ESO 7
  • 8. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA bosques, ou ben a favor dos campos de cultivos e prados destinados para o alimento do gando, ou ben porque son explotados para a produción industrial de madeira de escasa calidade. • En América, as zonas de clima oceánico están pouco poboadas, por iso abundan os bosques nos que o ser humano apenas participou aínda que estes son cada vez máis escasos. 2.2.2. O CLIMA MEDITERRÁNEO E A SÚA PAISAXE LOCALIZACIÓN: Sitúanse na contorna do mar Mediterráneo, ao leste dos EEUU, en Suráfrica e no sueste australiano. CLIMA: As temperaturas son suaves no inverno pero moi calorosas no verán, con temperaturas agradables no outono e na primavera. As precipitacións son escasas (entre 300 e 800 mm), e concéntranse na primavera e no outono. RÍOS: Presentan un caudal irregular. No verán apenas levan auga e sofren estiaxe; no outono e mesmo na primavera, o seu caudal é abondoso e con continuas enchentes, que poden chegar a producir inundacións. VEXETACIÓN: Está composta polo bosque mediterráneo (formado por árbores de folla perenne coma aciñeiras, sobreiras, piñeiros), e por matogueiras e arbustos coma o romeu ou a lavanda. HABITANTES E ECONOMÍA: É unha zona moi habitada. A súa economía baséase na agricultura e no turismo. En canto á agricultura, predomina o cultivo da denominada tríade mediterránea (trigo- vide-oliveira) e os cultivos horto-frutícolas. Co fin de paliar a dureza atmosférica, adaptáronse sistemas de regadío e invernadoiros. 2.2.3. O CLIMA CONTINENTAL E A SÚA PAISAXE LOCALIZACIÓN: Localízanse en rexións afastadas do mar: zonas interiores de América do Norte, Europa do Leste e norte de Asia. CLIMA: As temperaturas son cálidas no verán (uns 20 ºC) e frías no inverno (inferiores aos 5 ºC). As precipitacións son moderadas (entre 300 e 1.000 mm) e máis frecuentes durante os meses de verán. RÍOS: Permanecen conxelados durante o inverno. Na primavera, co desxeo, sofren enchentes e causan importantes inundacións. 1º ESO 8
  • 9. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA VEXETACIÓN: Está formada por: • A taiga, caracterizada por presentar unha vexetación perenne, con abetos e piñeiros. Medra nas áreas máis frías. • A pradaría medra nas áreas menos frías. Está formada por herbas altas. • A estepa está composta por herbas máis pequenas, características das zonas máis cálidas. HABITANTES E ECONOMÍA: A área de taiga estaba tradicionalmente habitada por un pequeno número de pastores. Na actualidade, a actividade económica fundamental nestas zonas é o aproveitamento da madeira para a fabricación de papel. Por outra banda, as zonas de pradaría e estepa presentan un número elevado de habitantes cunha economía baseada na agricultura extensiva e na gandaría. Como curiosidade, debemos saber que os campos son tan extensos que incluso se sementan, fertilizan e sanean desde avionetas. 2.3. CLIMAS FRÍOS As zonas de clima frío sitúanse en ambos hemisferios. No hemisferio norte, localízase a partir do Círculo polar Ártico e no hemisferio sur faino a partir do Círculo polar Antártico. Ademais, atopamos zonas de clima frío nas áreas máis elevadas dos continentes: nas montañas. Dentro da zona climática fría podemos diferenciar entre o clima polar e o de montaña. Trátase das zonas máis frías do planeta porque os raios do sol chegan aquí inclinados e, polo tanto, apenas quentan a superficie da Terra. 2.3.1. O CLIMA POLAR E A SÚA PAISAXE LOCALIZACIÓN: As zonas de clima e paisaxe polar sitúanse nas zonas polares; é dicir, ao norte do Círculo polar Ártico e ao sur do Círculo polar Antártico. CLIMA: As temperaturas son moi baixas, normalmente inferiores a 0 ºC. Poden chegar ata os -50 ºC durante o inverno e a 10 ºC no verán. As precipitacións son escasas (menos de 300 mm) e, no caso de producírense, caen en forma de neve, por iso se denominan desertos fríos. RÍOS: Os ríos son practicamente inexistentes debido ás escasas precipitacións. VEXETACIÓN: A vexetación típica desta zona é a tundra (mofos, liques e pequenas flores), que só medra ao norte de Europa, América e Asia. Na zona dos Polos esta vexetación desaparece. 1º ESO 9
  • 10. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA HABITANTES E ECONOMÍA: Na Antigüidade, só habitaban estas zonas algúns grupos étnicos coma os esquimós e os lapóns, que se dedicaban á pesca e ao pastoreo respectivamente. Na actualidade, estas zonas atópanse máis poboadas debido á explotación de recursos minerais (por exemplo, o petróleo) e á mellora das comunicacións. Isto acontece na maioría das zonas polares agás na Antártida, habitada só por científicos. 2.3.2. O CLIMA DE MONTAÑA E A SÚA PAISAXE LOCALIZACIÓN: As zonas de clima e paisaxe de montaña sitúanse en altitudes superiores aos 2.500 m. CLIMA: As temperaturas son baixas durante todo o ano. Máis baixas canto maior sexa a altitude. As precipitacións son abundantes ao longo de todo o ano e adoitan caer en forma de neve. Ao igual que as temperaturas, canto máis elevado sexa o terreo maior número de precipitacións se rexistran. RÍOS: Teñen un caudal irregular que aumenta na época do desxeo e, xa que logo, dise que posúen un réxime nival. VEXETACIÓN: Varía coa altitude e, por esta razón, distribúese en diferentes niveis: no chan aparecen as zonas de cultivo; logo, os bosques caducifolios; a continuación, os bosques de coníferas, os prados; e finalmente, a área de neves perpetuas. Esta gradación recibe o nome de cliserie. HABITANTES E ECONOMÍA: As zonas de montaña están pouco poboadas e os habitantes concéntranse nos vales. Dedícanse á explotación gandeira, madeireira e á produción de enerxía hidroeléctrica. Amais de ao turismo deportivo. 3.- CLIMAS E PAISASES DE EUROPA 3.1. A PAISAXE OCEÁNICA OU ATLÁNTICA Localización: fachada occidental de Europa, norte e noroeste da P. Ibérica. Clima oceánico: • Temperaturas: suaves no inverno e no verán. • Precipitacións: abundantes e regulares. Vexetación: bosque de folla caduca e prados. Gandaría vacúa. Cultivos: millo, forraxes, patacas, maceiras. Poboación rural espallada. 3.2. A PAISAXE MEDITERRÁNEA Localización: costas e illas europeas bañadas polo mar Mediterráneo (sur de Europa). Clima mediterráneo: • Temperaturas: suaves no inverno e calorosas durante o verán. 1º ESO 10
  • 11. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA • Precipitacións: abundantes na primavera e outono, escasas no verán. Vexetación: bosque de folla perenne (aciñeiras, piñeiros), garrigas e estepas. Cultivos: trigo, vide e oliveira Poboación: área moi poboada. 3.3. A PAISAXE CONTINENTAL Localización: Interior de Europa. Clima continental: • Temperaturas:veráns calorosos (altas) e invernos fríos (baixas). • Precipitacións: escasas e concentradas no verán. Vexetación: Taiga (bosque de abetos e piñeiros), estepa, bosque caducifolio. Poboación: concentrada. 3.4. A PAISAXE POLAR Localización: Norte de Islandia, Noruega, Finlandia e Rusia. Clima polar: • Temperaturas: moi baixas todo o ano. • Precipitacións: escasas e en forma de neve. Vexetación: Tundra. Poboación: zona moi pouco poboadas. Lapóns. 3.5. A PAISAXE DE ALTA MONTAÑA Localización: Grandes cordilleiras europeas: Alpes, Cáucaso... Clima de alta montaña: • Temperaturas: invernos fríos e veráns frescos. • Precipitacións: abundantes; en forma de neve no inverno. Vexetación: distribuída en pisos. Poboación: zonas pouco poboadas. 1º ESO 11