IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
1. OS POBOS PRERROMANOS E A HISPANIA ROMANA
1.- A CHEGADA DE POBOS COLONIZADORES
● A comezos do I milenio a.C., grupos de pobos indoeuropeos procedentes do Centro e Leste de Europa
penetraron polos Pireneos e asentáronse no Norte peninsular e na Meseta.
● Os pobos indoeuropeos mesturáronse coas comunidades autóctonas, ás que lles achegaron o coñecemento
da metalurxia do ferro, e conformaron o que coñecemos como pobos celtas peninsulares.
● Tamén fenicios, gregos e cartaxineses, procedentes do Mediterráneo oriental, chegaron ás costas Leste e
Sur da Península ao longo do I milenio a.C., onde fundaron algunhas colonias.
● Os pobos colonizadores procedentes do Mediterráneo estableceron contactos comerciais cos pobos
autóctonos. Da influencia destes pobos orixinouse o que coñecemos como cultura ibérica.
1
2.- OS POBOS PRERROMANOS
● Na Península Ibérica, durante o I milenio a.C. estaba formada por pobos diferentes agrupados en grandes
grupos: iberos, celtas e celtiberos.
● Os pobos iberos ocupaban a costa mediterránea. Tiñan un gran desenvolvemento urbano e coñecían a
escritura.
● As rexións do centro, do Oeste e do Norte da Península estaban habitadas polos pobos de orixe
indoeuropea que coñecemos co nome de celtas. Coñecían a metalurxia do ferro, pero non a escritura.
● As relacións entre celtas e iberos deron orixe á aparición dos celtiberos. Situábanse esencialmente no Leste
da Meseta e no Sistema Ibérico.
3.- OS POBOS GALAICOS. A CULTURA CASTREXA
● A comezos do I milenio a.C., as terras da actual Galicia estaban habitadas por pobos divididos en tribos que
dominaban a metalurxia do cobre e do bronce, entre os que destacaban: oestrimnios, albións e cilinios.
● Nos séculos VII-VI a.C. xurde a denominada cultura castrexa, xa que a característica específica é o castro, un
asentamento fortificado. No seu interior localizábanse as vivendas de planta circular, con muros de pedra e
cubertas de palla e ramaxe.
● A cultura castrexa abranguía Galicia, o Norte de Portugal e o Oeste de Asturias.
● Os pobos galaicos vivían da agricultura, da gandaría, da pesca e do marisqueo. A minaría era unha
importante fonte de riqueza.
● Estes pobos non usaban a moeda nin a escritura.
● A sociedade castrexa organizábase en tribos, formadas por varios castros.
● A súa relixión era politeísta.
2. ● Salientan os castros de Baroña (Porto do Son), Santa Tegra (A Guarda) e o Castro de Viladonga (Castro de
Rei, Lugo).
2
4.- A CONQUISTA DE HISPANIA
● As guerras entre Roma e Cartago polo dominio do Mediterráneo Occidental (Guerras Púnicas) foron a orixe
da ocupación romana da Península Ibérica.
● Os cartaxineses ocuparon militarmente a zona oriental da Península e fundaron Cartago Nova.
● No ano 220 a.C., o xeneral cartaxinés Aníbal planeou a conquista de Roma desde a Península Ibérica.
● No ano 218 a.C., dous exércitos romanos ao mando dos irmáns Escipión desembarcaron nas costas de
Emporion (Xirona), dispostos a enfrontárense aos cartaxineses. Foi o inicio da conquista romana da Península
Ibérica.
● A conquista da Península, á que os romanos denominaron Hispania, durou 200 anos: primeiro dominaron a
costa mediterránea, posteriormente a Meseta, máis tarde loitaron contra os pobos da zona occidental da
Península: os lusitanos (liderados por Viriato), os arévacos (resistencia de Numancia) e os vacceos e por último,
co sometemento dos galaicos, dos cántabros e dos ástures, finalizou a conquista da Península Ibérica.
5.- HISPANIA, UN TERRITORIO DO IMPERIO ROMANO
● Os romanos dividiron Hispania en provincias, a fronte das cales se achaba un gobernador.
● No século II a. C. eran dúas: Hispania Citerior e Hispania Ulterior.
● Augusto estableceu tres provincias: Tarraconensis, Baetica (Bética) e Lusitania.
● En época de Diocleciano, había cinco: Tarraconensis, Gallaecia, Carthaginensis, Lusitania e Baetica. A finais
do século IV creouse a provincia Baleárica.
● En Hispania creáronse grandes latifundios onde se producía trigo, aceite e viño.
● Os romanos explotaron a riqueza mineira de Hispania e obtiñan prata, ouro, cobre, ferro e mercurio.
● O comercio tivo gran importancia grazas á rede de calzadas (ex.: Vía da Prata) e ao transporte marítimo.
6.- GALLAECIA, UNHA PROVINCIA ROMANA
● Os romanos chamáronlle Gallaecia ao territorio ocupado polos galaicos.
● A partir de campamentos militares, naceron cidades como Lucus Augusti (Lugo), Brácara Augusta (Braga,
Portugal) e Astúrica Augusta (Astorga).
● Para administrar mellor o territorio, Roma dividiu a provincia Gallaecia en tres conventus. A meirande parte
do territorio da Galicia actual quedou englobado no Conventus Lucensis.
● Os romanos explotaban os recursos mineiros nos leitos do Miño e mais do Sil (Montefurado), ou nas
montañas auríferas.
● Fundaron enclaves portuarios como o porto romano de Brigantium (A Coruña).
3. 3
7.- A ROMANIZACIÓN
● A adopción do dereito romano unificou xuridicamente a todos os habitantes do Imperio. Os hispanos
adquiriron a cidadanía romana no ano 212 d.C.
● O latín converteuse na lingua habitual dos hispanos. Destacaron autores como Marcial, Quintiliano, Lucano
ou Séneca.
● Houbo varios emperadores hispanos: Traxano, Adriano e Teodosio.
● En España consérvanse magníficos exemplos das construcións romanas: teatros (Itálica, Mérida e Sagunto),
anfiteatros (Itálica, Mérida e Tarragona), circos (Mérida e Tarragona), termas (Lugo, Barcelona e Mérida),
murallas (Lugo), pontes (Córdoba, Alcántara e Mérida) e acuedutos (Segovia, Tarragona e Mérida).
● Ademais, construíronse outras obras de carácter conmemorativo, como os arcos de triunfo (Bará e
Medinaceli), templos (Baelo Claudia, Barcelona e Mérida) e monumentos funerarios (Zaragoza e Tarragona).
● En escultura consérvanse retratos de emperadores, estatuas de divindades, relevos, sartegos, etc.
● Os mosaicos e mais os restos de pinturas conservados adornaban as vivendas e as vilas rurais, e achegan
información sobre a vida cotiá dos romanos.