SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 3
Descargar para leer sin conexión
Bases Festival Olloboi 2018 
A Asociación ​Olloboi ​convoca o Festival Audiovisual “​OlloBoi 2018​” que se rexerá polas 
seguintes bases: 
 
Destinatari@s e Requisitos 
● Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas relacionadas co ámbito 
escolar público, concertado ou privado, formación regrada ou non: alumnado, 
profesorado e PAS. Os/As menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do 
seu titor ou titora legal. 
● O concurso está ​dirixido a todos os niveis educativos​ (Primaria, Secundaria, 
Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Escolas Audiovisuais). Poderán 
participar centros educativos de formación non regrada sempre e cando os 
traballos involucren a alumnado. 
● Aceptaranse videocreacións (ficción ou documental) ​de duración preferentemente 
non superior ós 20 minutos​. 
● A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que ​se valorará o uso do idioma 
galego, a sensibilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos 
animais​. 
● Terase en conta que as imaxes e audios dos traballos sexan propiedade dos autores 
e autoras do vídeo, quen consenten na divulgación do material, sempre co 
recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos (recoméndase que os rexistren 
baixo licenza ​Creative Commons​). De non ser material propio, recoméndase que os 
recursos utilizados sexan de código aberto (CC). Se se empregan recursos con 
dereitos de autor, a responsabilidade de uso dos mesmos recaerá sobre os 
creadores/as da peza audiovisual. 
● Aceptaranse ​traballos realizados nos últimos 3 anos​ sempre que non se presentaran 
en edicións anteriores do concurso. 
● Os traballos deberán estar accesibles a todo o público en Internet, aloxados en 
Vimeo ​ou en ​Youtube​. 
Categorías 
 
Na edición actual entregaranse NOVE PREMIOS organizados en categorías en función das 
idades do alumnado implicado:  
 
● Olloboi Peque: para traballos elaborados con ou para alumnado de ata 12 anos 
● Olloboi Plus18: para pezas elaboradas por alumnado de centros de ensino superior 
(escolas universitarias, ciclos de formación profesional superior, etc.) 
● Olloboi Xeral, onde participan todas as pezas presentadas de acordo cos seguintes 
epígrafes: 
 
 
 
a. Olloboi Interpretación: ​onde se valorará unha boa dirección de actores 
e/ou un reparto ben escollido, evidenciándose na naturalidade ou 
adecuación das interpretacións 
b. Olloboi Montaxe​: o que amose unha edición mellor planificada, sexa esta 
narrativa, expresiva, fragmentada, de continuidade... 
c. Olloboi Fotografía​: onde se valorará o emprego das leis de composición 
visual (respectándoas ou conculcándoas cun fin determinado), a escolla da 
paleta cromática, etc. 
d. Olloboi DJ​: a mellor sonorización e/ou interpretación musical, orixinal ou 
versión. 
e. Olloboi Guión​: o mellor texto orixinal, onde se primará a existencia de 
personaxes e situacións verosímiles. Terase en conta a comicidade. 
f. Olloboi Arte e estética​: onde se terá en conta a construción de escenarios, 
vestiario e maquillaxe. Terán especial cabida nesta categoría as animacións, 
Stop Motion, Time Lapse, etc. 
● Olloboi Zamburrioi​: premio especial concedido pola Asociación Olloboi. 
 
Premios e Xurado 
● A contía dos premios determinarase en función do patrocinio ou axudas acadadas. 
● A Organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das 
categorías, así como a engadir categorías novas ó longo do desenvolvemento do 
festival. 
● O Xurado estará constituído por membros da ​Rede Cómplice de Olloboi​; 
procurarase ter no mesmo a representantes do mundo docente e do audiovisual 
profesional. 
Fases do Festival 
● O festival desenvólvese nas seguintes fases: 
a. Inscrición de traballos​ en ​olloboi.com​ ​durante os meses de FEBREIRO, 
MARZO e ABRIL. 
b. Encontro Olloboi 2018​ (venres 11 de maio, lugar a determinar) 
i. Pola mañá desenvolverase a actividade ​Muchachada Matiné​: un 
roteiro socioaudiovisual por Boiro coorganizado coa A.C. Unión de 
Muchachas. A inscrición na actividade está aberta a alumnado de 
toda Galicia, é de balde, e inclúe a axuda profesional para realizar 
unha peza audiovisual na propia mañá. 
ii. Pola tarde realizarase un CineForum para presentar unha produción 
audiovisual galega. A continuación entregaranse os premios. 
 
Inscrición de traballos 
● Os/as participantes rexistraranse en ​olloboi.com​ indicando un correo electrónico 
válido que a organización utilizará para futuras comunicacións sobre a súa 
participación no concurso.  
● Para inscribir un traballo haberá que introducir a seguinte información: 
a. Dirección do vídeo en Internet​: URL de ​Vimeo ​ou ​Youtube ​a través da que 
se pode acceder ao vídeo. 
b. Título do traballo​. 
c. Descrición​: onde se recomenda incluír unha breve sinopse, os créditos, e 
calquera outra información pública que poida ser de interese para a 
audiencia. 
d. Nivel Educativo​: ó que pertence maioritariamente o equipo que elaborou o 
traballo (Infantil, Primaria, ESO, etc.). 
e. Centro educativo​: colexio, instituto, escola, facultade, etc. de procedencia 
do traballo. 
f. Responsable do centro educativo​: especialmente no caso de traballos 
presentados por alumnado menor de idade, e para facilitar a validación dos 
mesmos por parte da organización, recoméndase proporcionar os datos dun 
profesor ou profesora do centro que avale ou coordine o traballo e que 
poida actuar de interlocutor do centro con Olloboi. 
 
● Cada participante poderá inscribir tantos traballos como desexe.  
Outras disposicións 
● Calquera cuestión que poida xurdir ó longo do desenvolvemento do festival e que 
non estea reflectida nestas bases será resolta pola organización do festival, e 
comunicada o mellor e máis orixinalmente que se vaia podendo :) 
● O festival comprométese a difundir o material na medida das súas posibilidades, 
polo que a inscrición de traballos presupón a cesión de dereitos de distribución, 
comprometéndose a organización a facer explícita a autoría dos materiais. 
 
Sorte e a crear!!

Más contenido relacionado

Similar a Bases olloboi 2018 (9)

Bases enregueifate 2020
Bases enregueifate 2020Bases enregueifate 2020
Bases enregueifate 2020
 
Bases monologos solidarios
Bases monologos solidariosBases monologos solidarios
Bases monologos solidarios
 
Colexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cineColexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cine
 
V clmntk gallego a3
V clmntk gallego a3V clmntk gallego a3
V clmntk gallego a3
 
V clmntk gallego a3
V clmntk gallego a3V clmntk gallego a3
V clmntk gallego a3
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copia
 
Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)
 
Micromovies fases
Micromovies fasesMicromovies fases
Micromovies fases
 
Piale 2016
Piale 2016 Piale 2016
Piale 2016
 

Más de satelite1

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Bases olloboi 2018

  • 1. Bases Festival Olloboi 2018  A Asociación ​Olloboi ​convoca o Festival Audiovisual “​OlloBoi 2018​” que se rexerá polas  seguintes bases:    Destinatari@s e Requisitos  ● Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas relacionadas co ámbito  escolar público, concertado ou privado, formación regrada ou non: alumnado,  profesorado e PAS. Os/As menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do  seu titor ou titora legal.  ● O concurso está ​dirixido a todos os niveis educativos​ (Primaria, Secundaria,  Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Escolas Audiovisuais). Poderán  participar centros educativos de formación non regrada sempre e cando os  traballos involucren a alumnado.  ● Aceptaranse videocreacións (ficción ou documental) ​de duración preferentemente  non superior ós 20 minutos​.  ● A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que ​se valorará o uso do idioma  galego, a sensibilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos  animais​.  ● Terase en conta que as imaxes e audios dos traballos sexan propiedade dos autores  e autoras do vídeo, quen consenten na divulgación do material, sempre co  recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos (recoméndase que os rexistren  baixo licenza ​Creative Commons​). De non ser material propio, recoméndase que os  recursos utilizados sexan de código aberto (CC). Se se empregan recursos con  dereitos de autor, a responsabilidade de uso dos mesmos recaerá sobre os  creadores/as da peza audiovisual.  ● Aceptaranse ​traballos realizados nos últimos 3 anos​ sempre que non se presentaran  en edicións anteriores do concurso.  ● Os traballos deberán estar accesibles a todo o público en Internet, aloxados en  Vimeo ​ou en ​Youtube​.  Categorías    Na edición actual entregaranse NOVE PREMIOS organizados en categorías en función das  idades do alumnado implicado:     ● Olloboi Peque: para traballos elaborados con ou para alumnado de ata 12 anos  ● Olloboi Plus18: para pezas elaboradas por alumnado de centros de ensino superior  (escolas universitarias, ciclos de formación profesional superior, etc.)  ● Olloboi Xeral, onde participan todas as pezas presentadas de acordo cos seguintes  epígrafes: 
  • 2.       a. Olloboi Interpretación: ​onde se valorará unha boa dirección de actores  e/ou un reparto ben escollido, evidenciándose na naturalidade ou  adecuación das interpretacións  b. Olloboi Montaxe​: o que amose unha edición mellor planificada, sexa esta  narrativa, expresiva, fragmentada, de continuidade...  c. Olloboi Fotografía​: onde se valorará o emprego das leis de composición  visual (respectándoas ou conculcándoas cun fin determinado), a escolla da  paleta cromática, etc.  d. Olloboi DJ​: a mellor sonorización e/ou interpretación musical, orixinal ou  versión.  e. Olloboi Guión​: o mellor texto orixinal, onde se primará a existencia de  personaxes e situacións verosímiles. Terase en conta a comicidade.  f. Olloboi Arte e estética​: onde se terá en conta a construción de escenarios,  vestiario e maquillaxe. Terán especial cabida nesta categoría as animacións,  Stop Motion, Time Lapse, etc.  ● Olloboi Zamburrioi​: premio especial concedido pola Asociación Olloboi.    Premios e Xurado  ● A contía dos premios determinarase en función do patrocinio ou axudas acadadas.  ● A Organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das  categorías, así como a engadir categorías novas ó longo do desenvolvemento do  festival.  ● O Xurado estará constituído por membros da ​Rede Cómplice de Olloboi​;  procurarase ter no mesmo a representantes do mundo docente e do audiovisual  profesional.  Fases do Festival  ● O festival desenvólvese nas seguintes fases:  a. Inscrición de traballos​ en ​olloboi.com​ ​durante os meses de FEBREIRO,  MARZO e ABRIL.  b. Encontro Olloboi 2018​ (venres 11 de maio, lugar a determinar)  i. Pola mañá desenvolverase a actividade ​Muchachada Matiné​: un  roteiro socioaudiovisual por Boiro coorganizado coa A.C. Unión de  Muchachas. A inscrición na actividade está aberta a alumnado de  toda Galicia, é de balde, e inclúe a axuda profesional para realizar  unha peza audiovisual na propia mañá.  ii. Pola tarde realizarase un CineForum para presentar unha produción  audiovisual galega. A continuación entregaranse os premios.   
  • 3. Inscrición de traballos  ● Os/as participantes rexistraranse en ​olloboi.com​ indicando un correo electrónico  válido que a organización utilizará para futuras comunicacións sobre a súa  participación no concurso.   ● Para inscribir un traballo haberá que introducir a seguinte información:  a. Dirección do vídeo en Internet​: URL de ​Vimeo ​ou ​Youtube ​a través da que  se pode acceder ao vídeo.  b. Título do traballo​.  c. Descrición​: onde se recomenda incluír unha breve sinopse, os créditos, e  calquera outra información pública que poida ser de interese para a  audiencia.  d. Nivel Educativo​: ó que pertence maioritariamente o equipo que elaborou o  traballo (Infantil, Primaria, ESO, etc.).  e. Centro educativo​: colexio, instituto, escola, facultade, etc. de procedencia  do traballo.  f. Responsable do centro educativo​: especialmente no caso de traballos  presentados por alumnado menor de idade, e para facilitar a validación dos  mesmos por parte da organización, recoméndase proporcionar os datos dun  profesor ou profesora do centro que avale ou coordine o traballo e que  poida actuar de interlocutor do centro con Olloboi.    ● Cada participante poderá inscribir tantos traballos como desexe.   Outras disposicións  ● Calquera cuestión que poida xurdir ó longo do desenvolvemento do festival e que  non estea reflectida nestas bases será resolta pola organización do festival, e  comunicada o mellor e máis orixinalmente que se vaia podendo :)  ● O festival comprométese a difundir o material na medida das súas posibilidades,  polo que a inscrición de traballos presupón a cesión de dereitos de distribución,  comprometéndose a organización a facer explícita a autoría dos materiais.    Sorte e a crear!!