SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 25
Descargar para leer sin conexión
OS PRIMEIROS ANOS

Valentín Paz Andrade naceu na parroquia ponte-
vedresa de San Salvador de Lérez, o 23 de abril
de 1898.
Valentín foi fillo de Francisco e Matilde que tive-
ron tres fillas máis, Matilde, Carmen e Castora.
Con tan só oito anos quedou orfo de nai.
Os seus primeiros estudos foron dirixidos pola
súa tía Dolores, casada co poeta e xornalista Xoán
Bautista Andrade, e mestra de primaria con desti-
no no mesmo Lérez.
Máis tarde estudou na Academia Balmes, que ocu-       Matilde Andrade, nai
paba un piso nunha casa da rúa pontevedresa de        de Valentín.
Manuel Quiroga e o bacharelato no Instituto de
Segunda Ensinanza, tamén en Pontevedra. O
mesmo Valentín define ao profesorado deste ins-
tituto como «de moita valía» aínda que el tamén
se recoñece coma un estudante «non dos máis
aproveitados»
Grazas á relación co seu tío Xoán Bautista coñe-
ce a Castelao, en 1916. Este coñecemento non
se transformaría en amizade ata tres anos des-
pois, na universidade compostelá. Tamén da man
do seu tío entra en contacto co xornalismo cola-
                                                         «A casa do Cristo», en
borando en diferentes semanarios e xornais:              Lérez, onde naceu Va-
«Alma Galaica», «La Provincia» e «Gaceta de              lentín Paz Andrade.
Galicia».
Ao rematar os seus estudos de bacharelato ché-
galle o momento de escoller a carreira. As dis-
crepancias familiares foron intensas: unha parte
da familia quería que estudase Mediciña e outra,
o pai e o seu tío Xoán Bautista, optaban pola avo-
gacía.
Nun primeiro momento matricúlase en Dereito,
pero, diante da oposición das súas tías, intenta
cambiar a matrícula para Mediciña, aínda que fi-
nalmente se impón a vontade do seu pai e queda
matriculado en Dereito na univesidade compos-
                                                      Francisco Paz, o pai.
telá: «Tes escollida a carreira de avogado, e non
vas cambiar polo que outros digan».
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                            2
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

A súa chegada a Santiago prodúcese no ano
1917 e participa, dende os primeiros momen-
tos, en actividades políticas de clara tendencia
galeguista.
Nunha reunión estudiantil, celebrada no audito-
rio de San Clemente, en Santiago, e coa partici-
pación de alumnado das tres facultades e da
Escola de Veterinaria, xa está Valentín na mesa
presidencial e é nesa asemblea onde é increpa-
do por un participante que o pon, segundo as
súas palabras, «como folla de pirixel» por non
ter constituído aínda unha agrupación naciona-
lista galega de estudantes.
Valentín acepta o reto e uns días despois cons-
                                                       Xoán Bautista Andrade,
titúese o Grupo Autonomista Galego de Estu-            tío de Valentín, nunha
dantes, afin ás Irmandades da Fala establecen-         caricatura de Castelao.
do a súa sede nun baixo da Rúa Nova.
Nesta nova asemblea, na que Paz Andrade é
nomeado presidente do grupo, elabórase un
manifesto político, escrito en galego, e dirixi-
do aos universitarios e á cidadanía de San-
tiago, no que se exalta á nación galega e se
fai un chamamento á acción colectiva para
erguer o país. Aparece o slogan «Terra a
Nosa» como signo identitario do novo grupo.
Era «unha primeira mensaxe da mocidade
galega, crente nun mellor destino para a súa
terra», en palabras do propio Valentín. O ma-
nifesto foi repartido polas rúas compostelás,
despois dun pequeno atranco burocrático re-
solto con éxito por Paz Andrade, entre mos-
tras de simpatía dos veciños.
Os anos de Compostela son para Valentín
os do inicio de moitas relacións persoais e
políticas, coñece a Asorey, Camilo Díaz Vali- As Irmandades da Fala supuxeron
                                                 o primeiro achegamento de Va-
ño, Villar Ponte, Dieste, Viqueira... e retoma lentín Paz Andrade ao mundo da
a súa relación con Castelao, ao que xa consi- política galega.
dera «o seu segundo mestre».
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                           3
No ano 1921 licénciase en Dereito coa máxima
nota, sobresaliente, e poucos días despois pasa
a ocuparse do seu primeiro caso na Audiencia
de Pontevedra, exercendo a defensa nun caso
de homicidio.
Xulgábase a morte dun mariñeiro a mans de
outro nun incidente sucedido na praia de Raxó.
Os dous implicados tiñan menos de dezaoito
anos. A defensa de Valentín foi efectiva e o acu-
sado quedou absolto, saíndo da cadea ese
mesmo día, aínda que tivo que fuxir cara a Cuba
pola reacción dos veciños disconformes co ve-
redicto do xurado.                                    Coa toga de avogado, des-
                                                      pois da súa licenciatura,
                                                      en 1921, en Santiago.



  EN MARROCOS

O ano 1921 é tamén o ano do chamado Desas-
tre de Annual, no que as tropas do lider marro-
quí Abd el-Krim esnaquizaron as tropas espa-
ñolas destinadas no Rif ao mando do xeneral
Silvestre.
Valentín, nesas datas xa tiña cumprido o seu ser-
vizo militar en Pontevedra como soldado de cota,
pero a necesidade de reforzos obrigou ao go-
berno de Alfonso XIII a chamar a filas a tres quin-
tas de soldados xa licenciados.
É así como Valentín é adscrito ao Rexemento
de Murcia e embarca no porto de Vigo no bu-
que «Guillén Sorolla» con destino a Ceuta. No
porto foron despedidos por milleiros de persoas
que rendiron unha homenaxe de solidariedade
a aqueles homes que ían loitar nunha cruenta
guerra e da que non se albiscaba o seu fin. Era
súa primeira toma de contacto co mar.                 O golpe militar de Primo
                                                      de Rivera, en 1923, poñía
Xa en Marrocos as boas relacións coa oficiali-        fin a decenios de política
dade permítenlle ascender rapidamente, che-           liberal.
gando a ser promovido ao cargo de sarxento, a
pesares da súa intención de quedar como sol-
dado raso.
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                             4
No seu novo destino de Tetuán
descobre os cafés e os ambien-
tes cun certo aire europeo e co-
meza a relacionarse coa po-
boación oriúnda nacendo aí as pri-
meiras crónicas para o xornal «El
Noroeste» da Coruña.
Intervén nalgunha escaramuza
coas tropas rifeñas das que sae
                                      Batería de artillería española apuntando ás
ileso.                                posicións rifeñas do Monte Gurugú, en Melilla.
Unha pequena afección cutánea
permítelle pasar polo hospital de
Xauen e posteriormente é trasladado a Ceuta. A
falla de espazo neste hospital fai que o seu des-
tino sexa Murcia e posteriormente é enviado a
Vigo e á Coruña, onde o declaran inútil para o
servizo militar.
Na Coruña, durante a súa estadía no Hospital
Militar, afonda na súa relación cos irmáns Villar
Ponte, Peña Novo, López Abente e cos restan-
tes compañeiros das Irmandades da Fala e xor-
de entre eles a idea de crear en Vigo un xornal
de información, propoñéndo a Paz Andrade
como Xefe de Redacción e coa facultade de                   Abd-el-Krim el Jatabi xunto
poder elexir aos seus colaboradores.                        co seu pai, antigo colabora-
Son os inicios do futuro xornal Galicia.                    dor das tropas españolas.




  «GALICIA. DIARIO DE VIGO»

Coa idea de poñer en marcha o novo xornal na
cidade de Vigo sae Paz Andrade da Coruña na
primavera de 1922.
No hotel Continental de Vigo celebra-
se a primeira xuntanza constitutiva. Alí
estaban Castelao, Losada, os com-
poñentes da futura redacción e Luís
Ksado, considerado como o mellor
reporteiro gráfico do país.              Cabeceira do xornal Galicia. Diario de Vigo,
Nesta primeira reunión decídese o deseñada por Alfonso R. Castelao.
nome do xornal.
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                    5
A primeira proposta de Valentín foi chamarlle
«Atlántico», idea que o promotor, Ernesto Cá-
diz, desbotou lembrándolles aos presentes que
el era «do Pacífico».
A segunda proposta de Valentín foi aceptada
por unanimidade: o xornal levaría o nome de
«Galicia» e a súa cabeceira sería rotulada polo
mesmo Castelao. Unha vez aprobado o nome e
as liñas programáticas só quedaba elixir o día
de saída do xornal á rúa, data que quedou mar-
cada para o 25 de xullo, Día de Galicia.
Os traballos non foron doados. Había que partir
de cero. Alugouse un baixo e un piso na aveni-
da Montero Ríos, de Vigo e nestas dependen-
cias instaláronse a imprenta e a redacción. Mon-
touse a rede de corresponsais en Galicia e por       Primeiro número do xornal
                                                     Galicia, do 25 de xullo de 1922.
España adiante e na data sinalada apareceu o
primero número dun xornal que nacía cun espí-        Hemeroteca da Deputación Pro-
rito galeguista e que tivo unha moi boa acollida     vincial. A Coruña

nas principais cidades galegas.
O «Galicia» era un xornal moderno para a súa
época que incluía caricaturas e debuxos de Ma-
side e Castelao, artigos de Villar Ponte, Vicente
Risco, Roberto Blanco Torres, fotografías de
Ksado...
Nos meses posteriores o xornal foise melloran-
do; na presentación gráfica, coa aparición de
páxinas dominicais de Arte e Letras e o número
extraordinario do Día de Galicia.
A ditadura de Primo de Rivera e a censura mili-
tar imposta aos medios de comunicación vai
supoñer a persecución do xornal e dos seus co-
laboradores.
Así, un primeiro encontronazo periodístico co
Xeneral Gobernador, suponlle a Valentín unha
multa de 250 pesetas (1,50 euros) ou 15 días
de cadea. Valentín opta pola cadea e un día
despois do seu ingreso en prisión declárase en
                                                     Propaganda do xornal Gali-
Vigo unha folga en solidariedade co persoal de       cia, realizada por Castelao.
artes gráficas. Ao día seguinte os catro xornais
vigueses non aparecen na rúa.
A mobilización foi seguida polos tranviarios da
cidade que abriron unha suscrición para pagar a
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                6
multa, a razón de 10 céntimos por persoa. Paz
Andrade preferiu seguir na cadea durante eses
quince días e repartir o recadado.
Ese sería o primeiro dos incidentes que tería
Valentín coas autoridades no exercicio do seu
labor como periodista e que lle custarían pasar
varias veces pola cadea e mesmo polo deste-
rro.
As presións das autoridades militares sobre o
xornal, a apatía e resignación dalgunhas forzas
políticas, os problemas económicos que dificul-
tan a adquisición de maquinaria moderna, van
levar o «Galicia» á desaparición. Un 15 de set-
embro de 1926, catro anos e dous meses des-
pois do primeiro número, desaparece finalmen-         Unha das colaboracións
                                                      gráficas de Castelao para
te o xornal que durante todo ese tempo dirixira       o xornal Galicia.
Valentín Paz Andrade e que dera cabida nas súas
                                                      Hemeroteca da Deputación
páxinas as plumas máis importantes da intelec-        Provincial. A Coruña
tualidade galega.



  A AVOGACÍA

Unha vez rematada a súa andaina como director
do «Galicia» e con evidentes problemas eco-
nómicos, Valentín retoma o seu traballo de avo-
gado. A súa primeira causa, nesta nova andaina,
consiste na defensa dun caso de contrabando
de aceite por parte duns portugueses no porto
de Vigo. Despois de moitas voltas consegue un
veredicto absolutorio o que lle permite cobrar
unha boa minuta e poñerse ao día coas débe-
das orixinadas polo peche do xornal.
O un de abril de 1927 é contratado como avo-
gado polos armadores da vila de Bouzas, agru-
pados na sociedade «La Marítima».                    Paz Andrade nunha xuntanza
                                                     de Armadores, con Fernández
A proposta de ampliar os portos españois fai         del Riego, Domingo Quiroga...
que se cree a «Unión de Entidades Viguesas»
co obxectivo da ampliación e mellora do porto        Fondo Fundación Penzol. Vigo
vigués e baixo o seu patrocinio realiza Valentín
unha viaxe ao porto francés de Lorient-Keroman,
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                  7
para asesorarse, facer un estudo económico e
coñecer o seu funcionamento e organización.
Resultado desta viaxe é a publicación do seu
primeiro traballo adicado ao mundo do mar: «Los
puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo
al estudio del problema», con ilustracións do
debuxante vigués Martín Echegaray.
Colabora tamén na revista quincenal «Industrias      Proposta de «El Faro de
Pesqueras», fundada en Vigo por José Barre-          Vigo» para as Cortes
ras Massó, sendo nomeado director da mesma           Constituíntes de 1931.

uns anos despois.
Non abandona durante estes anos a súa activi-
dade política e, en 1930, coincidindo coa caída
da dictadura de Primo de Rivera e o xeneral Be-
renguer, constitúese en Vigo o Grupo Autono-
mista Galego, do que será nomeado presiden-
te e que terá a súa primeira sede na rúa de Gar-
cía Barbón.
Paz Andrade lánzase a despertar a conciencia
política dos cidadáns galegos rememorando as
súas dotes oratorias iniciadas na súa etapa uni-
versitaria.
Valentín consideraba a celebración do Día de
Galicia, o 25 de xullo, de 1930 como o acto máis
                                                     Cartel de Luís Seoane para o
sobranceiro desta etapa política e o inicio do       Plebiscito do Estatuto de Au-
despertar da conciencia nacionalista galega.         tonomía de xuño de 1936.
Houbo mitín no teatro García Barbón, coa parti-
cipación de Ramón Cabanillas, emisión de mú-
sica galega en todas as emisoras de radio e con-
certo, tamén de música galega, a cargo da Ban-
da Municipal, na Alameda.
Un ano depois, en decembro de 1931, nunha
asemblea celebrada na cidade de Pontevedra
o Grupo Autonomista Galego queda integrado
no Partido Galeguista. Nesta mesma asemblea
decídese a disolución das Irmandades da Fala
e a súa integración no novo partido.
O acordo de constitución do Partido Galeguista
reclama o dereito de autodeterminación para
Galicia e proclama como obxectivo básico a re-
dacción dun Estatuto de Autonomía. Nesta co-         Cartel para o plebiscito do Es-
misión queda integrado Valentín, xunto a Risco,      tatuto de Autonomía de 1936,
Bóveda e Carballo Calero.                            realizado por Carlos Maside.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                               8
Paz Andrade seguía sendo asesor dos arma-
dores de Vigo, aínda que non interviña nada máis
que en casos xudiciais e non no que atinxía á
negociación cos mariñeiros ou os pactos de tra-
ballo, asuntos que levaba directamente a patro-
nal. Normalmente os casos que chegaban á xus-
tiza arranxábanse coa avenencia das dúas par-
tes, armadores e mariñeiros nos chamados Tri-
bunais Industriais, creados polo goberno da
República.
O seu posto de asesor dos armadores non o             Portada de «Valentín
colocaba nunha situación neutral. Na folga de         Paz Andrade, a memoria
buques por parellas, no segundo semestre de           do século XX», de Tucho
                                                      Calvo.
1932, Valentín é tiroteado por dous anarquistas
á saída dun café na rúa do Principe, acertándo-       Fondo RAG
lle con varios balazos.
Deste atentado tardaría tres semanas en ser
dado de alta aínda que quedaría cunha bala den-
tro do seu corpo ao ser difícil a súa extracción
sen danar a mobilidade do brazo dereito.
O 28 de xuño de 1936 é aprobado, por ampla
maioría, o Estatuto de Autonomía de Galicia en-
viándose a Madrid para a súa aprobación polas
Cortes.
O inicio da Guerra Civil, o 18 de xullo de 1936,
paraliza todo trámite posterior e o Estatuto, no
que Paz Andrade colaborara na súa redacción,         Cuberta deseñada por
queda paralizado.                                    Camilo Díaz Baliño para
                                                     unha edición do Estatuto
                                                     de Galicia.



  A GUERRA E OS DESTERROS

A chegada ao poder dos militares supón para
Paz Andrade sucesivas ordes de desterro. Os
cargos políticos exercidos durante a República
e os seus posicionamentos periodísticos xogan
na súa contra.
O seu primeiro desterro é en Verín, onde chega
acompañado dun curmán e dun amigo de am-
bos, quedando hospedado nun hotel da vila.
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                          9
Coincide con algún amigo da universidade e con
outro desterrado de Vigo, tamén condiscípulo
seu da universidade.
Pasou en Verín tres meses e medio do ano
1936 e, agás un incidente con falanxistas, Paz
Andrade considera esta estancia como a máis
placenteira dos sucesivos desterros aos que foi
castigado.
Un informe policial emitido pola comisaría de
Verín informaba que Valentín vivía no mellor ho-
tel da vila, andaba con xente acomodada, fre-
cuentaba os cafés, paseaba... e como conse-
cuencia de todo isto debía ser trasladado a outro
lugar «non tan cómodo».                              En «Sementeira do ven-
                                                     to», publicada en 1978,
Así que as autoridades pontevedresas emiten          Valentín revélase como
unha nova orde de desterro, esta vez a Requeixo      poeta social.
de Queixa, na provincia de Ourense ao pé dos         Fondo RAG
montes do Invernadoiro e xa nas lindes con Za-
mora.
En Requeixo non había onde hospedarse e é
acollido por un veciño, Manuel «O Guinea», que
lle ofrece, temporalmente a súa casa.
Despois duns días descobre, nunha aldea veci-
ña, Celeiros de Queixa, o Mesón de Tomás,
onde se aloxa ata que lle chega a orde de tras-
ladarse a Castro Caldelas e, posteriormente, a
Pobra deTrives. Nesta vila coñecerá a Pilar, coa
que casará dous anos despois.
O desterrro de Valentín remata a finais de 1937
despois dunha conversa co Delegado Gober-
nativo de Vigo que casualmente pasaba pola
mesma fonda onde el se hospedaba, a Fonda
das Noguerolas.
E así, despois de ano e medio de desterro, vol-
ta Valentín á cidade de Vigo.                        Caricatura de Valentín, da
                                                     autoría de Alfonso R. Cas-
                                                     telao.




VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                10
EN VIGO

De volta a Vigo reinicia a súa actividade como
avogado e como asesor de «La Marítima», pero
a redacción dun escrito que lle solicitan os car-
niceiros para reclamar ás autoridades militares
un incremento do prezo da carne fai que Paz
Andrade sexa encarcerado e desterrado. Esta
vez o destino do desterro é Exstremadura, en
Villanueva de la Serena, na provincia de Ba-
daxoz.
O desterro durou pouco tempo. Valentín aínda
seguía sendo o asesor xurídico de «La Maríti-
ma» e por aquelas datas estaba previsto en Bil-
bao un congreso de armadores, así que se puxo
en contacto co presidente da sociedade que á         «Pranto Matricial» é unha
súa vez moveu os fíos necesarios en Ponteve-         elexía adicada ao seu ami-
                                                     go Alfonso R. Castelao.
dra e Valentín conseguiu o permiso para aban-
donar Villanueva temporalmente e trasladarse a       Fondo Real Academia Galega
Bilbao en «misión oficial» para participar no con-
greso.
Despois duns días en Bilbao o normal sería re-
gresar a Villanueva de la Serena, pero Valentín
non está disposto e volve, pola súa conta e ris-
co, a Vigo.
O desterro acabárase.
En Vigo dirixe a revista «Industrias Pesqueras»
e colabora en «Industria Conservera», así como
en xornais galegos, «El Pueblo Gallego», «La
Noche», «El Faro de Vigo»... pero coa prohibi-
ción das autoridades militares de usar o seu pro-
pio nome.
Cando o sete de xaneiro de 1950 morre Caste-
lao en Bos Aires, Paz Andrade adícalle un arti-
go no xornal «La Noche» co título «Castelao,           Unha das ilustracións
el hombre y el artista». O artigo consegue pa-         de Souto para «Pranto
sar a censura sen demasiados atrancos aínda            Matricial».

que o director do xornal manda incluír na mes-         Fondo RAG
ma páxina, e como medida de precaución, un
artigo exaltando a unidade de España.
Cinco anos despois completa esta homenaxe
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                11
coa publicación da elexía «Pranto Matricial».
Nos anos cincuenta é invitado dúas veces polo
Centro Galego de Bos Aires a participar nunhas
Xornadas Patrióticas do 25 de xullo.
Nestas viaxes relaciónase co exilio galego e
coas autoridades arxentinas, uruguaias e brasi-
leiras ás que lles achega os seus coñecemen-
tos sobre o mundo da pesca.
Froito destas relacións é a chamada que recibe
dende Santiago de Chile para a impartición dun
curso sobre a economía da pesca. Este curso
estaba financiado pola FAO, a axencia das Na-
cións Unidas para o desenvolvemento da alimen-
tación e a agricultura.                                  Valentín Paz Andrade.
Dende ese momento Paz Andrade convértese             Fondo Real Academia Galega
nun colaborador cotián dese organismo e per-
corre Sudamérica impartindo cursos e conferen-
cias sobre economía pesqueira.
Estas viaxes non lle impiden seguir dirixindo a
revista quincenal «Industrias Pesqueras» e no
verán de 1957 é enviado á cadea durante trinta
días pola publicación dun artigo sobre o cesa-
mento do Comandante Militar da Mariña en Vigo.



  PESCANOVA

En 1960 a pesca aínda seguía a ser ar-
tesanal. A pesares dos baixos prezos do
combustible e a boa motorización das
naves, estas non se podían afastar en
exceso da costa xa que o sistema de
conservación do peixe, o xeo trillado, non
permitía viaxes moi longas. Só os adicados á
pesca do bacallau, que usaban o sal como con-
servante, podían facer percorridos máis amplos.
Os arrastreiros estaban sempre nos mesmos
caladoiros e cada vez a pesca ía a menos.
Pero as cousas van cambiar. Un empresario de
Lugo, Xosé Fernández, encárgalle a Paz Andra-
de que constitúa unha nova empresa pesqueira
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                12
con barcos frigoríficos, que exploren e exploten
novos caladoiros máis afastados e que traba-
llen con especies de máis valor comercial. Nace
deste xeito a empresa Pescanova, radicada en
Vigo e da que Valentín será o vicepresidente.
Dous buques conxeladores, o Lemos e o An-
drade inician esta nova etapa. Un vai cara os ca-
ladoiros arxentinos e o outro cara a costa de
Sudáfrica. A especie a comercializar será a pes-
cada, dunha enorme calidade e dun tamaño moi
apreciable.
O nome da compañía foi idea de Valentín, así
como o nome dos primeiros barcos, todos de
castelos galegos: Lemos, Andrade, Pambre,
                                                     En «Epistolario» recóllense
Doncos, Sobroso, Soutomaior, Vilalba e Vimian-       as cartas publicadas por Va-
zo.                                                  lentín dende 1930 a 1985.
A negativa dos distribuidores a comercializar o
                                                     Fondo Real Academia Galega
peixe conxelado, un produto máis barato que o
peixe fresco e polo tanto con menor marxe co-
mercial por peso transportado, obrigou a Pes-
canova á creación dunha rede propia de distri-
bución o que aumentou, aínda máis, os seus
beneficios empresariais. Pescanova é, na ac-
tualidade, unha multinacional líder no sector dos
alimentos ultraconxelados.



  A OBRA LITERARIA

A obra literaria de Valentín Paz Andrade non está
só ligada ao mundo da pesca, campo no que
ten numerosas publicacións e colaboracións en
revistas especializadas. É autor, tamén, de obras
de ensaio nas que achega a súa visión e dá as
claves para o desenvolvemento económico, so-
cial e cultural de Galicia.
En 1959, publica en Bos Aires, «Galicia como
tarea», en 1970, «La marginación de Galicia»,
editado en Madrid e esgotado en tres meses, e         En 1975 publicase unha
«El capital como factor del desarrollo de Gali-       nova edición de «Pranto
cia», onde establece as claves políticas e eco-       Matricial».

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                              13
nómicas do nacionalismo galego.
En 1955 xa publicara o seu primeiro libro de poe-
mas «Pranto Matricial», elexía ao seu amigo
Alfonso Rodríguez Castelao, falecido cinco anos
antes. Vinte e cinco anos despois, coincidindo
co aniversario da morte de Castelao, o libro será
reeditado por Ediciós do Castro desta vez en
edición pentalingüe: galego, eúscaro, castelán,
catalán e portugués.
Non é ata trece anos despois que publica o seu
segundo libro de poesía, «Sementeira do ven-
to», na colección Salnés da Editorial Galaxia,
onde recolle poesías compostas en moi dife-
rentes lugares: onde estivo desterrado e nas
terras de Sudamérica por onde viaxou como ex-
perto da FAO. O mesmo Paz Andrade define
esta obra como «poesía social» e é o primeiro
                                                     Con «Cen chaves de sombra»,
libro, en galego, prologado por un brasileiro,       editado en 1979, Valentín con-
Guilherme de Almeida, o chamado Príncipe dos         solida a súa obra poética.
Poetas do Brasil.                                    Fondo Real Academia Galega
Paz Andrade era un firme defensor do intercam-
bio cultural entre Brasil, Portugal e Galicia como
membros dunha mesma comunidade lingüísti-
ca, da que «Galiza é fonte, Portugal ponte e
Brasil algo que asemella ao paradiso prometi-
do», segundo as súas propias palabras.
Así que, aproveitando unha viaxe da FAO por
Brasil, decide estudar e incorporar a poesía de
João Guimarães Rosa á literatura galega em-
prendendo viaxe á rexión de Minas Gerais, en
Brasil, para entrevistarse coa familia do escritor
e participar nunha sesión da Academia Brasilei-
ra das Letras, onde puido expoñer e debater as
súas teorías sobre as semellanzas entre os dous
idiomas.
Nesta viaxe Valentín confirma que o idioma utili-
zado por Guimarães Rosa ten moitas semellan-
zas co galego, tirando, ás veces, dos mesmos             Caricatura de Paz Andra-
recursos en prosa, do mesmo mundo máxico e               de, realizada por Luís
                                                         Seoane.
dos mesmos arcaísmos.
Resultado deste traballo de investigación e eru-
dición é a publicación, en 1978, do volume «A
galecidade na obra de Guimarães Rosa», dis-
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                14
tribuída por Ediciós do Castro.
Unha parte deste libro será utilizada como dis-
curso de ingreso na Real Academia Galega, da
que fora nomeado membro numerario no ano
1964 a proposta de Otero Pedrayo, García Sa-
bell, Fernández del Riego, Ferro Couselo e Va-
les Villamarín.
O seu terceiro libro de poesía. «Cen chaves de
sombra», publicado tamén por Ediciós do Cas-
tro, vai prologado polo seu amigo Lorenzo Vare-
la e coa cuberta deseñada por Luís Seoane.
Lorenzo Varela define este libro como «poemas
dun loitador, dun home con coraxe á hora de          Parte do libro «A gale-
escribir e á hora de pelexar».                       cidade na obra de Gui-
Non acaban aquí as inquedanzas de Valentín, e        marães Rosa» será usa-
                                                     da por Valentín no seu
en 1982, Ediciós do Castro publícalle o seu en-      discurso de ingreso na
saio sobre Castelao «Castelao na luz e na som-       Real Academia.
bra».                                                Fondo RAG
O libro vai adicado á súa muller Pilar e nel repa-
sa a vida do seu amigo, do seu «segundo mes-
tre», introducindo partes que corresponderían á
súa autobiografía, pois foron moitas as viven-
cias compartidas entre estes dous grandes per-
soeiros da nosa cultura e da nosa historia. Está
considerado este traballo como a biografía máis
completa de Castelao.
O éxito do libro foi tal que houbo de realizarse
unha segunda edición, revisada e correxida, ca-
tro anos despois.
No seu último libro, publicado por Ediciós do
Castro en 1985, «Galicia lavra a sua imagen»
Paz Andrade posiciónase en contra das normas
ortográficas aprobadas pola Real Academia
Galega e avoga por un achegamento ao mundo
lusófono.
                                                     En 1985, con «Galicia la-
                                                     vra a sua imagen» posi-
                                                     ciónase contra as nor-
                                                     mas ortográficas aproba-
                                                     das pola Real Academia.

                                                     Fondo RAG




VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                               15
A POLÍTICA EN DEMOCRACIA

A partir da morte de Francisco Fran-
co, en 1975, as forzas políticas co-
mezan a buscar o seu acomodo na
nova situación de liberdade que se
abre á cidadanía.
Paz Andrade, fiel ao seu compromi-
so co país, entra a formar parte da
Comisión dos Dez, en representación
de Galicia.
Esta Comisión constituíuse en 1976
por nove partidos e comunidades au-
tónomas para negociar os pasos para Paz Andrade, cuarto pola esquerda, formou
a transición a unhas institucións de- parte da Comisión dos Dez que artellou a tran-
                                           sición á democracia, despois da morte de
mocráticas plenas no estado español, Francisco Franco.
a legalización de todos os partidos
políticos e a convocatoria dunhas
eleccións xerais libres. Os sindicatos de traba-
lladores, que nun principio ían formar parte des-
ta comisión, quedan á marxe e fan a súa propia
negociación co Ministerio de Traballo.
Paz Andrade centra o seu labor nesta Comisión
na defensa da personalidade xurídica e históri-
ca de Galicia conseguindo poñela ao mesmo
nivel que Cataluña e Euskadi.
En 1977, nas primeiras eleccións libres, Valen-
tín é elexido senador pola provincia de Ponte-
vedra.
E ao Senado leva as inquedanzas do sector pes-
queiro galego, loitando para que as comunida-
des autónomas poideran asumir competencias
no litoral propio e para evitar que o estado espa-         «Castelao na luz e na
ñol implante a zona económica exclusiva das 200            sombra» constitúe a bio-
                                                           grafía máis completa do
millas.                                                    político e artista galego.
Ese mesmo ano os deputados e senadores ga-
legos organizan unha xornada reivindicativa de             Fondo RAG

afirmación da vontade autonómica. As manifes-
tacións quedan fixadas para o domingo, 4 de
decembro, pola mañá en todas as capitais gale-
VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                 16
gas. Acórdase que a manifestación de
Vigo sexa ese mesmo día pola tarde e
que peche o acto Valentín Paz Andrade.
As manifestacións a prol dos dereitos his-
tóricos de Galicia foron un éxito. Segun-
do os datos, na Coruña os participantes
chegaron aos 150.000 e no resto das ci-
dades unhas 30.000 persoas en cada
unha delas, pero a de Vigo supuxo todo
un récord: 300.000 manifestantes na rúa Paz Andrade na clusura da manifestación
reclamando o autogoberno para Galicia. celebrada en Vigo o 4 de decembro de
                                              1977 en defensa da Autonomía Galega.
Superábase con moito a participación nas
outras dúas comunidades históricas, Ca-
taluña e Euskadi, pero todas estas mobilizacións
apenas tiveron eco na prensa española nin fo-
ron tidas en conta: nin polas Cortes, nin pola pre-
sidencia do goberno español.



  POR TODA UNHA VIDA...

No ano 1964 é nomeado, a proposta de Otero
Pedrayo, García Sabell, Fernández del Riego,
Ferro Couselo e Vales Villamarín como mem-
bro da Real Academia Galega; catorce anos de-
pois le o seu discurso de ingreso, baseado na
obra «A galecidade na obra de Guimarães
Rosa», publicada nese mesmo ano.
A partir do ano 1975 os premios, recoñecemen-
tos e galardóns a Paz Andrade son numerosos:
o Pedrón de Ouro, A Cruz de San Raimundo de
Peñafort, a Medalla da Cidade de Pontevedra, A
Medalla Castelao da Xunta de Galicia, é nomea-             Folleto da exposición
                                                           sobre Paz Andrade ce-
do membro da Real Academia das Ciencias,                   lebrada na Fundación
Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, o Premio                Luís Seoane, da Coru-
Trasalba da Fundación Otero Pedrayo...                     ña, a principios de 2012.
O 19 de maio de 1987 faleceu Paz Andrade en
Vigo, por mor dunha doenza cardiovascular, sen-
do enterrado, cuberto coa bandeira galega, no
cemiterio da súa vila natal.


VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                     17
CANDO TI VOLVAS
                                                     Valentín Paz Andrade
                                                     «Pranto Matricial»




NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,




                                                                            Autocaricatura de Alfonso Castelao publicada en «El Faro de Vigo», o 28
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,




                                                                            de xuño de 1931, o día que foi elexido Diputado por Pontevedra.
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...

                   Galiza, 1954




VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                                       18
CANTARELA DO CANTEIRO
                                                     Valentín Paz Andrade
                                                     «Sementeira do vento»

  Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
  Con sílaba de ferreiro
  canta, canta,
  os minerais sonos debullando,
  plim-plim, plim-plim, plim-plim...
  canta, canta o teu cincel.
  ...

  O teu arte, canteiro,
  arte maior do pico e da marreta,
  qué xeolóxico verso,
  na castidade crúa do perpiaño
  labrará para min?
  ...

  Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
  As voces unisílabas da pedra,
  só por túa mao, canteiro,
  se xuntaron
  ao pentagrama máxico do mundo.

                           Samil (Vigo), 1959




  Paz Andrade, terceiro pola
  esquerda, diante do monu-
  mento a Curros Enríquez, na
  Coruña, xunto a Fernández
  del Riego, Carré, Xesús Naia...

  Fondo Real Academia Galega


VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                           19
TRIADAS DO VENTO NO MAR

                                                       Valentín Paz Andrade
                                                       «Sementeira do vento»
    Verde vento polas leiras
    e vento azul polo mar,
    panos da mesma bandeira.

    Quen fora vento, meu mar
    e sobre o teu lombo brando
    puidera o corpo deitar!

    Quen fora o vento poboado
    de polen e de cantigas
    e malvises namorados!

    Quen fora o vento que rube
    a refrescar as estrelas
    despois de folgar coa nube!

    Quen fora xinete alado
    de ardor e de vidro feito
    sobre das olas montado!




                           Na celebración do Premio Trasalba da Fundación Otero
                           Pedrayo concedido a Valentín Paz Andrade, cuarto pola
                           esquerda, no ano 1986.

                           Fondo Fundación Penzol


VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                             20
O BARCO DE SOMBRAS
                                                     Valentín Paz Andrade
                                                     «Cen chaves de sombra»


Para Xosé Núñez Búa

...Despois da meia noite de Vilaxoán partían...
Polo peirao durmido vultos de homes da vila
pouco a pouco engulidos por un barco sen luces
a pasarela entrando en alongada fila.
...

Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvora
repican a maitíns as monxas dun convento,
as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen,
o mar saúda o barco coa súa mao ao vento.
...

Alá fica Rianxo con Castelao de fora,
e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro.
Despois o barco vira a costa de Pondal
para ter da liberdade o rumo verdadeiro.

Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza,      «Evasión», unha das estampas do
                                             álbum «Atila en Galicia» de Alfon-
as cantábricas puntas de Galiza dixeron:     so R. Castelao.
Adeus fillos da Terra as alleas ciscados
e que Deus vos recolla no anaco que nos deron!
...

De aqueles que unha noite de Vilaxoán partiron
poucas malvas darían camposanto da Terra.
A dispersión, a praga bíblica de Galiza,
nos exiliados roe como cinzas da Guerrra.

Pousa Nova do Mar,
San Xoán, 1976




VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                            21
CRONOLOXÍA

1898      Nace o 23 de abril na parroquia pontevedresa de Lérez. Fillo de Francisco
          e Matilde.
          O seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, exerce unha
          gran infuencia sobre el.

1916      Coñece a Alfonso R. Castelao.

1917      Comeza a carreira de Dereito en Compostela.

1919      É nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego
          de Estudantes e participa na II Asemblea Nazonalista
          Galega.

1921      Remata a carreira de dereito e é chamado de novo ao
          servizo militar sendo destinado a Marrocos.

1922      Funda o xornal «Galicia. Diario de Vigo», do que será director durante
          case cinco anos.

1924      Primeiro ingreso na cadea, por 15 días, por
          un artigo publicado na prensa.

1926      Péchase o xornal «Galicia», despois de case
          cinco anos de existencia.

1927      É nomeado avogado de «La Marítima», So-
          ciedade de armadores de Vapores Pesque-
          ros de Bouzas.
          Publica o seu primeiro libro de economía
          pesqueira e comeza as súas colaboracións
          coa revista «Industrias Pesqueras».

1930      Queda nomeado presidente do Grupo Auto-
          nomista Galego e dá un mitin no García Bar-
          bon, de Vigo, xunto con Castelao e Otero Pedrayo.

1931      Participa na creación do Partido Galeguista e na redacción do Anteproxec-
          to do Estatuto de Galicia.

1936      É tiroteado por dous anarcosindicalistas na rúa do Príncipe.É desterrado a
          Verín e sofre un segundo atentado dalgúns membros da Falanxe.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                22
CRONOLOXÍA


1937      Novos desterros a Requeixo de Queixa, Castro Caldelas e Trives.

1938      É novamente desterrado, esta vez a Villanueva de la Serena, en Badaxoz.
          Casa con María Pilar Rodríguez, á que coñecera durante o seu desterro en
          Trives.

1940      Nace o seu fillo Alfonso. Establece o seu primei-
          ro contacto epistolar despois da guerra con Cas-
          telao.

1942      Dirixe a revista «Industrias Pesqueras».

1950      Viaxa a Sudamérica como conferenciante e ten
          os seus primeiros contactos cos exiliados gale-
          gos.

1952      É nomeado delegado da FAO, dependente das
          Nacións Unidas.

1955      Publícase en Arxentina «Pranto Matricial», a elexía ao seu amigo Castelao,
          morto cinco anos antes.

1957      Ingresa de novo na cadea por un artigo publicado en «Industrias Pesque-
          ras».

1959      Publica «Galicia como tarefa».

1960      Funda en Vigo, xunto con Xosé Fernández López, a
          empresa Pescanova S. A. da que é nomeado vice-
          presidente.

1965      É nomeado membro da Real Academia Galega.

1968      Publica «Sementeira do Vento», o seu segundo li-
          bro de poemas.

1973      Organiza en Vigo a Exposición Mundial da Pesca.

1975      Recibe o Pedrón de Ouro.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                               23
CRONOLOXÍA

1976      Forma parte da chamada Comisión dos Dez para negociar, en nome de
          Galicia, a transición a un rexime democrático.

1977      É elexido senador. Pecha a multitudinaria manifestación de apoio á Autono-
          mía Galega celebrada en Vigo o 4 de decembro.

1978      Le o seu discurso de ingreso na Real Academia Ga-
          lega. Publica na Coruña «A galecidade na obra de
          Guimarães Rosa».

1979      Publica «Cen chaves de sombra» e recibe a meda-
          lla da Cidade de Pontevedra.

1982      Edítase na Coruña «Castelao na luz e na sombra».

1984      Publícase «Galiza lavra a sua imagen». Ingresa
          como membro da Real Academia Galega das Ciencias.

1986      Recibe o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo e a Medalla de Ouro
          da Cidade de Vigo.

1987      Falece en Vigo, o 19 de maio e é enterra-
          do no panteón familiar de Lérez, Ponteve-
          dra.

1997      Publícase o «Epistolario», un conxunto de
          cartas que explican a súa traxectoria vital.

2012      A Real Academia Galega adícalle o Día das
          Letras.




                                                         Debuxo de Laxeiro para o li-
                                                         bro de poemas de Valentín
                                                         Paz Andrade «Cen chaves de
                                                         sombra»

                                                         Fondo RAG



VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012                                      24

Más contenido relacionado

Destacado

Ciclo2 primaria
Ciclo2 primariaCiclo2 primaria
Ciclo2 primariasatelite1
 
Galician food
Galician foodGalician food
Galician foodsatelite1
 
School to School
School to SchoolSchool to School
School to Schoolsatelite1
 
Nerea medio ambiente contaminado
Nerea medio ambiente contaminadoNerea medio ambiente contaminado
Nerea medio ambiente contaminadosatelite1
 
Programa i xornadas ed santiago compostela
Programa i xornadas ed santiago compostelaPrograma i xornadas ed santiago compostela
Programa i xornadas ed santiago compostelasatelite1
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Traballo muiños kevin
Traballo muiños kevinTraballo muiños kevin
Traballo muiños kevinsatelite1
 
A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013
A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013
A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013satelite1
 
Alicia lan sektoreak
Alicia lan sektoreakAlicia lan sektoreak
Alicia lan sektoreakjosecajoseca
 
Correcion del examen de sgbd
Correcion del examen de sgbdCorrecion del examen de sgbd
Correcion del examen de sgbdhugofabi
 
Qingdao Sede OlíMpica
Qingdao Sede OlíMpicaQingdao Sede OlíMpica
Qingdao Sede OlíMpicaguest8460e4
 
Interacción asincrónica – colaboración en línea con revised
Interacción asincrónica – colaboración en línea con revisedInteracción asincrónica – colaboración en línea con revised
Interacción asincrónica – colaboración en línea con revisedArlinda Lopez
 
BANQUET SERVER BASIC SKILL TRAINING(1)
BANQUET SERVER BASIC SKILL TRAINING(1)BANQUET SERVER BASIC SKILL TRAINING(1)
BANQUET SERVER BASIC SKILL TRAINING(1)Chef Shadrack Ongera
 
Projecte edat-moderna
Projecte edat-modernaProjecte edat-moderna
Projecte edat-modernaxaviguapeton
 

Destacado (20)

Ciclo2 primaria
Ciclo2 primariaCiclo2 primaria
Ciclo2 primaria
 
Galician food
Galician foodGalician food
Galician food
 
School to School
School to SchoolSchool to School
School to School
 
Nerea medio ambiente contaminado
Nerea medio ambiente contaminadoNerea medio ambiente contaminado
Nerea medio ambiente contaminado
 
Programa i xornadas ed santiago compostela
Programa i xornadas ed santiago compostelaPrograma i xornadas ed santiago compostela
Programa i xornadas ed santiago compostela
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Traballo muiños kevin
Traballo muiños kevinTraballo muiños kevin
Traballo muiños kevin
 
A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013
A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013
A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013
 
Familias C
Familias CFamilias C
Familias C
 
Hiroshima, antes y hoy.
Hiroshima, antes y hoy.Hiroshima, antes y hoy.
Hiroshima, antes y hoy.
 
Alicia lan sektoreak
Alicia lan sektoreakAlicia lan sektoreak
Alicia lan sektoreak
 
Correcion del examen de sgbd
Correcion del examen de sgbdCorrecion del examen de sgbd
Correcion del examen de sgbd
 
Qingdao Sede OlíMpica
Qingdao Sede OlíMpicaQingdao Sede OlíMpica
Qingdao Sede OlíMpica
 
Business Mentoring Program 2013
Business Mentoring Program 2013Business Mentoring Program 2013
Business Mentoring Program 2013
 
Tomemos Mate
Tomemos MateTomemos Mate
Tomemos Mate
 
Interacción asincrónica – colaboración en línea con revised
Interacción asincrónica – colaboración en línea con revisedInteracción asincrónica – colaboración en línea con revised
Interacción asincrónica – colaboración en línea con revised
 
BANQUET SERVER BASIC SKILL TRAINING(1)
BANQUET SERVER BASIC SKILL TRAINING(1)BANQUET SERVER BASIC SKILL TRAINING(1)
BANQUET SERVER BASIC SKILL TRAINING(1)
 
Projecte edat-moderna
Projecte edat-modernaProjecte edat-moderna
Projecte edat-moderna
 
Borrador 4
Borrador 4Borrador 4
Borrador 4
 
Part9
Part9Part9
Part9
 

Similar a Biografia

Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...Bibliotecadicoruna
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Tino Grandio
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Tino Grandio
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoLOKIFUMI46
 
Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09xenevra
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09xenevra
 
Antolin Faraldo
Antolin FaraldoAntolin Faraldo
Antolin Faraldoalexh832
 
Guía de lectura Paz Andrade e 50 anos de letras galegas.biblioteca da deputac...
Guía de lectura Paz Andrade e 50 anos de letras galegas.biblioteca da deputac...Guía de lectura Paz Andrade e 50 anos de letras galegas.biblioteca da deputac...
Guía de lectura Paz Andrade e 50 anos de letras galegas.biblioteca da deputac...Bibliotecadicoruna
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBmarloga
 
Roteiro 2015
Roteiro 2015Roteiro 2015
Roteiro 2015Xenza
 
Biografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de CastroBiografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de Castroceipvilaxoan
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorearcalcetin5
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2voarcoslibros
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2voarcoslibros
 

Similar a Biografia (20)

Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09
 
Antolin Faraldo
Antolin FaraldoAntolin Faraldo
Antolin Faraldo
 
Guía de lectura Paz Andrade e 50 anos de letras galegas.biblioteca da deputac...
Guía de lectura Paz Andrade e 50 anos de letras galegas.biblioteca da deputac...Guía de lectura Paz Andrade e 50 anos de letras galegas.biblioteca da deputac...
Guía de lectura Paz Andrade e 50 anos de letras galegas.biblioteca da deputac...
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
 
Roteiro 2015
Roteiro 2015Roteiro 2015
Roteiro 2015
 
Biografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de CastroBiografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de Castro
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Letras galegas 2012 1
Letras galegas 2012 1Letras galegas 2012 1
Letras galegas 2012 1
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorear
 
Respostas xoves
Respostas xovesRespostas xoves
Respostas xoves
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
 

Más de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Biografia

  • 1.
  • 2.
  • 3. OS PRIMEIROS ANOS Valentín Paz Andrade naceu na parroquia ponte- vedresa de San Salvador de Lérez, o 23 de abril de 1898. Valentín foi fillo de Francisco e Matilde que tive- ron tres fillas máis, Matilde, Carmen e Castora. Con tan só oito anos quedou orfo de nai. Os seus primeiros estudos foron dirixidos pola súa tía Dolores, casada co poeta e xornalista Xoán Bautista Andrade, e mestra de primaria con desti- no no mesmo Lérez. Máis tarde estudou na Academia Balmes, que ocu- Matilde Andrade, nai paba un piso nunha casa da rúa pontevedresa de de Valentín. Manuel Quiroga e o bacharelato no Instituto de Segunda Ensinanza, tamén en Pontevedra. O mesmo Valentín define ao profesorado deste ins- tituto como «de moita valía» aínda que el tamén se recoñece coma un estudante «non dos máis aproveitados» Grazas á relación co seu tío Xoán Bautista coñe- ce a Castelao, en 1916. Este coñecemento non se transformaría en amizade ata tres anos des- pois, na universidade compostelá. Tamén da man do seu tío entra en contacto co xornalismo cola- «A casa do Cristo», en borando en diferentes semanarios e xornais: Lérez, onde naceu Va- «Alma Galaica», «La Provincia» e «Gaceta de lentín Paz Andrade. Galicia». Ao rematar os seus estudos de bacharelato ché- galle o momento de escoller a carreira. As dis- crepancias familiares foron intensas: unha parte da familia quería que estudase Mediciña e outra, o pai e o seu tío Xoán Bautista, optaban pola avo- gacía. Nun primeiro momento matricúlase en Dereito, pero, diante da oposición das súas tías, intenta cambiar a matrícula para Mediciña, aínda que fi- nalmente se impón a vontade do seu pai e queda matriculado en Dereito na univesidade compos- Francisco Paz, o pai. telá: «Tes escollida a carreira de avogado, e non vas cambiar polo que outros digan». VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 2
  • 4. EN SANTIAGO DE COMPOSTELA A súa chegada a Santiago prodúcese no ano 1917 e participa, dende os primeiros momen- tos, en actividades políticas de clara tendencia galeguista. Nunha reunión estudiantil, celebrada no audito- rio de San Clemente, en Santiago, e coa partici- pación de alumnado das tres facultades e da Escola de Veterinaria, xa está Valentín na mesa presidencial e é nesa asemblea onde é increpa- do por un participante que o pon, segundo as súas palabras, «como folla de pirixel» por non ter constituído aínda unha agrupación naciona- lista galega de estudantes. Valentín acepta o reto e uns días despois cons- Xoán Bautista Andrade, titúese o Grupo Autonomista Galego de Estu- tío de Valentín, nunha dantes, afin ás Irmandades da Fala establecen- caricatura de Castelao. do a súa sede nun baixo da Rúa Nova. Nesta nova asemblea, na que Paz Andrade é nomeado presidente do grupo, elabórase un manifesto político, escrito en galego, e dirixi- do aos universitarios e á cidadanía de San- tiago, no que se exalta á nación galega e se fai un chamamento á acción colectiva para erguer o país. Aparece o slogan «Terra a Nosa» como signo identitario do novo grupo. Era «unha primeira mensaxe da mocidade galega, crente nun mellor destino para a súa terra», en palabras do propio Valentín. O ma- nifesto foi repartido polas rúas compostelás, despois dun pequeno atranco burocrático re- solto con éxito por Paz Andrade, entre mos- tras de simpatía dos veciños. Os anos de Compostela son para Valentín os do inicio de moitas relacións persoais e políticas, coñece a Asorey, Camilo Díaz Vali- As Irmandades da Fala supuxeron o primeiro achegamento de Va- ño, Villar Ponte, Dieste, Viqueira... e retoma lentín Paz Andrade ao mundo da a súa relación con Castelao, ao que xa consi- política galega. dera «o seu segundo mestre». VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 3
  • 5. No ano 1921 licénciase en Dereito coa máxima nota, sobresaliente, e poucos días despois pasa a ocuparse do seu primeiro caso na Audiencia de Pontevedra, exercendo a defensa nun caso de homicidio. Xulgábase a morte dun mariñeiro a mans de outro nun incidente sucedido na praia de Raxó. Os dous implicados tiñan menos de dezaoito anos. A defensa de Valentín foi efectiva e o acu- sado quedou absolto, saíndo da cadea ese mesmo día, aínda que tivo que fuxir cara a Cuba pola reacción dos veciños disconformes co ve- redicto do xurado. Coa toga de avogado, des- pois da súa licenciatura, en 1921, en Santiago. EN MARROCOS O ano 1921 é tamén o ano do chamado Desas- tre de Annual, no que as tropas do lider marro- quí Abd el-Krim esnaquizaron as tropas espa- ñolas destinadas no Rif ao mando do xeneral Silvestre. Valentín, nesas datas xa tiña cumprido o seu ser- vizo militar en Pontevedra como soldado de cota, pero a necesidade de reforzos obrigou ao go- berno de Alfonso XIII a chamar a filas a tres quin- tas de soldados xa licenciados. É así como Valentín é adscrito ao Rexemento de Murcia e embarca no porto de Vigo no bu- que «Guillén Sorolla» con destino a Ceuta. No porto foron despedidos por milleiros de persoas que rendiron unha homenaxe de solidariedade a aqueles homes que ían loitar nunha cruenta guerra e da que non se albiscaba o seu fin. Era súa primeira toma de contacto co mar. O golpe militar de Primo de Rivera, en 1923, poñía Xa en Marrocos as boas relacións coa oficiali- fin a decenios de política dade permítenlle ascender rapidamente, che- liberal. gando a ser promovido ao cargo de sarxento, a pesares da súa intención de quedar como sol- dado raso. VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 4
  • 6. No seu novo destino de Tetuán descobre os cafés e os ambien- tes cun certo aire europeo e co- meza a relacionarse coa po- boación oriúnda nacendo aí as pri- meiras crónicas para o xornal «El Noroeste» da Coruña. Intervén nalgunha escaramuza coas tropas rifeñas das que sae Batería de artillería española apuntando ás ileso. posicións rifeñas do Monte Gurugú, en Melilla. Unha pequena afección cutánea permítelle pasar polo hospital de Xauen e posteriormente é trasladado a Ceuta. A falla de espazo neste hospital fai que o seu des- tino sexa Murcia e posteriormente é enviado a Vigo e á Coruña, onde o declaran inútil para o servizo militar. Na Coruña, durante a súa estadía no Hospital Militar, afonda na súa relación cos irmáns Villar Ponte, Peña Novo, López Abente e cos restan- tes compañeiros das Irmandades da Fala e xor- de entre eles a idea de crear en Vigo un xornal de información, propoñéndo a Paz Andrade como Xefe de Redacción e coa facultade de Abd-el-Krim el Jatabi xunto poder elexir aos seus colaboradores. co seu pai, antigo colabora- Son os inicios do futuro xornal Galicia. dor das tropas españolas. «GALICIA. DIARIO DE VIGO» Coa idea de poñer en marcha o novo xornal na cidade de Vigo sae Paz Andrade da Coruña na primavera de 1922. No hotel Continental de Vigo celebra- se a primeira xuntanza constitutiva. Alí estaban Castelao, Losada, os com- poñentes da futura redacción e Luís Ksado, considerado como o mellor reporteiro gráfico do país. Cabeceira do xornal Galicia. Diario de Vigo, Nesta primeira reunión decídese o deseñada por Alfonso R. Castelao. nome do xornal. VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 5
  • 7. A primeira proposta de Valentín foi chamarlle «Atlántico», idea que o promotor, Ernesto Cá- diz, desbotou lembrándolles aos presentes que el era «do Pacífico». A segunda proposta de Valentín foi aceptada por unanimidade: o xornal levaría o nome de «Galicia» e a súa cabeceira sería rotulada polo mesmo Castelao. Unha vez aprobado o nome e as liñas programáticas só quedaba elixir o día de saída do xornal á rúa, data que quedou mar- cada para o 25 de xullo, Día de Galicia. Os traballos non foron doados. Había que partir de cero. Alugouse un baixo e un piso na aveni- da Montero Ríos, de Vigo e nestas dependen- cias instaláronse a imprenta e a redacción. Mon- touse a rede de corresponsais en Galicia e por Primeiro número do xornal Galicia, do 25 de xullo de 1922. España adiante e na data sinalada apareceu o primero número dun xornal que nacía cun espí- Hemeroteca da Deputación Pro- rito galeguista e que tivo unha moi boa acollida vincial. A Coruña nas principais cidades galegas. O «Galicia» era un xornal moderno para a súa época que incluía caricaturas e debuxos de Ma- side e Castelao, artigos de Villar Ponte, Vicente Risco, Roberto Blanco Torres, fotografías de Ksado... Nos meses posteriores o xornal foise melloran- do; na presentación gráfica, coa aparición de páxinas dominicais de Arte e Letras e o número extraordinario do Día de Galicia. A ditadura de Primo de Rivera e a censura mili- tar imposta aos medios de comunicación vai supoñer a persecución do xornal e dos seus co- laboradores. Así, un primeiro encontronazo periodístico co Xeneral Gobernador, suponlle a Valentín unha multa de 250 pesetas (1,50 euros) ou 15 días de cadea. Valentín opta pola cadea e un día despois do seu ingreso en prisión declárase en Propaganda do xornal Gali- Vigo unha folga en solidariedade co persoal de cia, realizada por Castelao. artes gráficas. Ao día seguinte os catro xornais vigueses non aparecen na rúa. A mobilización foi seguida polos tranviarios da cidade que abriron unha suscrición para pagar a VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 6
  • 8. multa, a razón de 10 céntimos por persoa. Paz Andrade preferiu seguir na cadea durante eses quince días e repartir o recadado. Ese sería o primeiro dos incidentes que tería Valentín coas autoridades no exercicio do seu labor como periodista e que lle custarían pasar varias veces pola cadea e mesmo polo deste- rro. As presións das autoridades militares sobre o xornal, a apatía e resignación dalgunhas forzas políticas, os problemas económicos que dificul- tan a adquisición de maquinaria moderna, van levar o «Galicia» á desaparición. Un 15 de set- embro de 1926, catro anos e dous meses des- pois do primeiro número, desaparece finalmen- Unha das colaboracións gráficas de Castelao para te o xornal que durante todo ese tempo dirixira o xornal Galicia. Valentín Paz Andrade e que dera cabida nas súas Hemeroteca da Deputación páxinas as plumas máis importantes da intelec- Provincial. A Coruña tualidade galega. A AVOGACÍA Unha vez rematada a súa andaina como director do «Galicia» e con evidentes problemas eco- nómicos, Valentín retoma o seu traballo de avo- gado. A súa primeira causa, nesta nova andaina, consiste na defensa dun caso de contrabando de aceite por parte duns portugueses no porto de Vigo. Despois de moitas voltas consegue un veredicto absolutorio o que lle permite cobrar unha boa minuta e poñerse ao día coas débe- das orixinadas polo peche do xornal. O un de abril de 1927 é contratado como avo- gado polos armadores da vila de Bouzas, agru- pados na sociedade «La Marítima». Paz Andrade nunha xuntanza de Armadores, con Fernández A proposta de ampliar os portos españois fai del Riego, Domingo Quiroga... que se cree a «Unión de Entidades Viguesas» co obxectivo da ampliación e mellora do porto Fondo Fundación Penzol. Vigo vigués e baixo o seu patrocinio realiza Valentín unha viaxe ao porto francés de Lorient-Keroman, VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 7
  • 9. para asesorarse, facer un estudo económico e coñecer o seu funcionamento e organización. Resultado desta viaxe é a publicación do seu primeiro traballo adicado ao mundo do mar: «Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estudio del problema», con ilustracións do debuxante vigués Martín Echegaray. Colabora tamén na revista quincenal «Industrias Proposta de «El Faro de Pesqueras», fundada en Vigo por José Barre- Vigo» para as Cortes ras Massó, sendo nomeado director da mesma Constituíntes de 1931. uns anos despois. Non abandona durante estes anos a súa activi- dade política e, en 1930, coincidindo coa caída da dictadura de Primo de Rivera e o xeneral Be- renguer, constitúese en Vigo o Grupo Autono- mista Galego, do que será nomeado presiden- te e que terá a súa primeira sede na rúa de Gar- cía Barbón. Paz Andrade lánzase a despertar a conciencia política dos cidadáns galegos rememorando as súas dotes oratorias iniciadas na súa etapa uni- versitaria. Valentín consideraba a celebración do Día de Galicia, o 25 de xullo, de 1930 como o acto máis Cartel de Luís Seoane para o sobranceiro desta etapa política e o inicio do Plebiscito do Estatuto de Au- despertar da conciencia nacionalista galega. tonomía de xuño de 1936. Houbo mitín no teatro García Barbón, coa parti- cipación de Ramón Cabanillas, emisión de mú- sica galega en todas as emisoras de radio e con- certo, tamén de música galega, a cargo da Ban- da Municipal, na Alameda. Un ano depois, en decembro de 1931, nunha asemblea celebrada na cidade de Pontevedra o Grupo Autonomista Galego queda integrado no Partido Galeguista. Nesta mesma asemblea decídese a disolución das Irmandades da Fala e a súa integración no novo partido. O acordo de constitución do Partido Galeguista reclama o dereito de autodeterminación para Galicia e proclama como obxectivo básico a re- dacción dun Estatuto de Autonomía. Nesta co- Cartel para o plebiscito do Es- misión queda integrado Valentín, xunto a Risco, tatuto de Autonomía de 1936, Bóveda e Carballo Calero. realizado por Carlos Maside. VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 8
  • 10. Paz Andrade seguía sendo asesor dos arma- dores de Vigo, aínda que non interviña nada máis que en casos xudiciais e non no que atinxía á negociación cos mariñeiros ou os pactos de tra- ballo, asuntos que levaba directamente a patro- nal. Normalmente os casos que chegaban á xus- tiza arranxábanse coa avenencia das dúas par- tes, armadores e mariñeiros nos chamados Tri- bunais Industriais, creados polo goberno da República. O seu posto de asesor dos armadores non o Portada de «Valentín colocaba nunha situación neutral. Na folga de Paz Andrade, a memoria buques por parellas, no segundo semestre de do século XX», de Tucho Calvo. 1932, Valentín é tiroteado por dous anarquistas á saída dun café na rúa do Principe, acertándo- Fondo RAG lle con varios balazos. Deste atentado tardaría tres semanas en ser dado de alta aínda que quedaría cunha bala den- tro do seu corpo ao ser difícil a súa extracción sen danar a mobilidade do brazo dereito. O 28 de xuño de 1936 é aprobado, por ampla maioría, o Estatuto de Autonomía de Galicia en- viándose a Madrid para a súa aprobación polas Cortes. O inicio da Guerra Civil, o 18 de xullo de 1936, paraliza todo trámite posterior e o Estatuto, no que Paz Andrade colaborara na súa redacción, Cuberta deseñada por queda paralizado. Camilo Díaz Baliño para unha edición do Estatuto de Galicia. A GUERRA E OS DESTERROS A chegada ao poder dos militares supón para Paz Andrade sucesivas ordes de desterro. Os cargos políticos exercidos durante a República e os seus posicionamentos periodísticos xogan na súa contra. O seu primeiro desterro é en Verín, onde chega acompañado dun curmán e dun amigo de am- bos, quedando hospedado nun hotel da vila. VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 9
  • 11. Coincide con algún amigo da universidade e con outro desterrado de Vigo, tamén condiscípulo seu da universidade. Pasou en Verín tres meses e medio do ano 1936 e, agás un incidente con falanxistas, Paz Andrade considera esta estancia como a máis placenteira dos sucesivos desterros aos que foi castigado. Un informe policial emitido pola comisaría de Verín informaba que Valentín vivía no mellor ho- tel da vila, andaba con xente acomodada, fre- cuentaba os cafés, paseaba... e como conse- cuencia de todo isto debía ser trasladado a outro lugar «non tan cómodo». En «Sementeira do ven- to», publicada en 1978, Así que as autoridades pontevedresas emiten Valentín revélase como unha nova orde de desterro, esta vez a Requeixo poeta social. de Queixa, na provincia de Ourense ao pé dos Fondo RAG montes do Invernadoiro e xa nas lindes con Za- mora. En Requeixo non había onde hospedarse e é acollido por un veciño, Manuel «O Guinea», que lle ofrece, temporalmente a súa casa. Despois duns días descobre, nunha aldea veci- ña, Celeiros de Queixa, o Mesón de Tomás, onde se aloxa ata que lle chega a orde de tras- ladarse a Castro Caldelas e, posteriormente, a Pobra deTrives. Nesta vila coñecerá a Pilar, coa que casará dous anos despois. O desterrro de Valentín remata a finais de 1937 despois dunha conversa co Delegado Gober- nativo de Vigo que casualmente pasaba pola mesma fonda onde el se hospedaba, a Fonda das Noguerolas. E así, despois de ano e medio de desterro, vol- ta Valentín á cidade de Vigo. Caricatura de Valentín, da autoría de Alfonso R. Cas- telao. VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 10
  • 12. EN VIGO De volta a Vigo reinicia a súa actividade como avogado e como asesor de «La Marítima», pero a redacción dun escrito que lle solicitan os car- niceiros para reclamar ás autoridades militares un incremento do prezo da carne fai que Paz Andrade sexa encarcerado e desterrado. Esta vez o destino do desterro é Exstremadura, en Villanueva de la Serena, na provincia de Ba- daxoz. O desterro durou pouco tempo. Valentín aínda seguía sendo o asesor xurídico de «La Maríti- ma» e por aquelas datas estaba previsto en Bil- bao un congreso de armadores, así que se puxo en contacto co presidente da sociedade que á «Pranto Matricial» é unha súa vez moveu os fíos necesarios en Ponteve- elexía adicada ao seu ami- go Alfonso R. Castelao. dra e Valentín conseguiu o permiso para aban- donar Villanueva temporalmente e trasladarse a Fondo Real Academia Galega Bilbao en «misión oficial» para participar no con- greso. Despois duns días en Bilbao o normal sería re- gresar a Villanueva de la Serena, pero Valentín non está disposto e volve, pola súa conta e ris- co, a Vigo. O desterro acabárase. En Vigo dirixe a revista «Industrias Pesqueras» e colabora en «Industria Conservera», así como en xornais galegos, «El Pueblo Gallego», «La Noche», «El Faro de Vigo»... pero coa prohibi- ción das autoridades militares de usar o seu pro- pio nome. Cando o sete de xaneiro de 1950 morre Caste- lao en Bos Aires, Paz Andrade adícalle un arti- go no xornal «La Noche» co título «Castelao, Unha das ilustracións el hombre y el artista». O artigo consegue pa- de Souto para «Pranto sar a censura sen demasiados atrancos aínda Matricial». que o director do xornal manda incluír na mes- Fondo RAG ma páxina, e como medida de precaución, un artigo exaltando a unidade de España. Cinco anos despois completa esta homenaxe VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 11
  • 13. coa publicación da elexía «Pranto Matricial». Nos anos cincuenta é invitado dúas veces polo Centro Galego de Bos Aires a participar nunhas Xornadas Patrióticas do 25 de xullo. Nestas viaxes relaciónase co exilio galego e coas autoridades arxentinas, uruguaias e brasi- leiras ás que lles achega os seus coñecemen- tos sobre o mundo da pesca. Froito destas relacións é a chamada que recibe dende Santiago de Chile para a impartición dun curso sobre a economía da pesca. Este curso estaba financiado pola FAO, a axencia das Na- cións Unidas para o desenvolvemento da alimen- tación e a agricultura. Valentín Paz Andrade. Dende ese momento Paz Andrade convértese Fondo Real Academia Galega nun colaborador cotián dese organismo e per- corre Sudamérica impartindo cursos e conferen- cias sobre economía pesqueira. Estas viaxes non lle impiden seguir dirixindo a revista quincenal «Industrias Pesqueras» e no verán de 1957 é enviado á cadea durante trinta días pola publicación dun artigo sobre o cesa- mento do Comandante Militar da Mariña en Vigo. PESCANOVA En 1960 a pesca aínda seguía a ser ar- tesanal. A pesares dos baixos prezos do combustible e a boa motorización das naves, estas non se podían afastar en exceso da costa xa que o sistema de conservación do peixe, o xeo trillado, non permitía viaxes moi longas. Só os adicados á pesca do bacallau, que usaban o sal como con- servante, podían facer percorridos máis amplos. Os arrastreiros estaban sempre nos mesmos caladoiros e cada vez a pesca ía a menos. Pero as cousas van cambiar. Un empresario de Lugo, Xosé Fernández, encárgalle a Paz Andra- de que constitúa unha nova empresa pesqueira VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 12
  • 14. con barcos frigoríficos, que exploren e exploten novos caladoiros máis afastados e que traba- llen con especies de máis valor comercial. Nace deste xeito a empresa Pescanova, radicada en Vigo e da que Valentín será o vicepresidente. Dous buques conxeladores, o Lemos e o An- drade inician esta nova etapa. Un vai cara os ca- ladoiros arxentinos e o outro cara a costa de Sudáfrica. A especie a comercializar será a pes- cada, dunha enorme calidade e dun tamaño moi apreciable. O nome da compañía foi idea de Valentín, así como o nome dos primeiros barcos, todos de castelos galegos: Lemos, Andrade, Pambre, En «Epistolario» recóllense Doncos, Sobroso, Soutomaior, Vilalba e Vimian- as cartas publicadas por Va- zo. lentín dende 1930 a 1985. A negativa dos distribuidores a comercializar o Fondo Real Academia Galega peixe conxelado, un produto máis barato que o peixe fresco e polo tanto con menor marxe co- mercial por peso transportado, obrigou a Pes- canova á creación dunha rede propia de distri- bución o que aumentou, aínda máis, os seus beneficios empresariais. Pescanova é, na ac- tualidade, unha multinacional líder no sector dos alimentos ultraconxelados. A OBRA LITERARIA A obra literaria de Valentín Paz Andrade non está só ligada ao mundo da pesca, campo no que ten numerosas publicacións e colaboracións en revistas especializadas. É autor, tamén, de obras de ensaio nas que achega a súa visión e dá as claves para o desenvolvemento económico, so- cial e cultural de Galicia. En 1959, publica en Bos Aires, «Galicia como tarea», en 1970, «La marginación de Galicia», editado en Madrid e esgotado en tres meses, e En 1975 publicase unha «El capital como factor del desarrollo de Gali- nova edición de «Pranto cia», onde establece as claves políticas e eco- Matricial». VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 13
  • 15. nómicas do nacionalismo galego. En 1955 xa publicara o seu primeiro libro de poe- mas «Pranto Matricial», elexía ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, falecido cinco anos antes. Vinte e cinco anos despois, coincidindo co aniversario da morte de Castelao, o libro será reeditado por Ediciós do Castro desta vez en edición pentalingüe: galego, eúscaro, castelán, catalán e portugués. Non é ata trece anos despois que publica o seu segundo libro de poesía, «Sementeira do ven- to», na colección Salnés da Editorial Galaxia, onde recolle poesías compostas en moi dife- rentes lugares: onde estivo desterrado e nas terras de Sudamérica por onde viaxou como ex- perto da FAO. O mesmo Paz Andrade define esta obra como «poesía social» e é o primeiro Con «Cen chaves de sombra», libro, en galego, prologado por un brasileiro, editado en 1979, Valentín con- Guilherme de Almeida, o chamado Príncipe dos solida a súa obra poética. Poetas do Brasil. Fondo Real Academia Galega Paz Andrade era un firme defensor do intercam- bio cultural entre Brasil, Portugal e Galicia como membros dunha mesma comunidade lingüísti- ca, da que «Galiza é fonte, Portugal ponte e Brasil algo que asemella ao paradiso prometi- do», segundo as súas propias palabras. Así que, aproveitando unha viaxe da FAO por Brasil, decide estudar e incorporar a poesía de João Guimarães Rosa á literatura galega em- prendendo viaxe á rexión de Minas Gerais, en Brasil, para entrevistarse coa familia do escritor e participar nunha sesión da Academia Brasilei- ra das Letras, onde puido expoñer e debater as súas teorías sobre as semellanzas entre os dous idiomas. Nesta viaxe Valentín confirma que o idioma utili- zado por Guimarães Rosa ten moitas semellan- zas co galego, tirando, ás veces, dos mesmos Caricatura de Paz Andra- recursos en prosa, do mesmo mundo máxico e de, realizada por Luís Seoane. dos mesmos arcaísmos. Resultado deste traballo de investigación e eru- dición é a publicación, en 1978, do volume «A galecidade na obra de Guimarães Rosa», dis- VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 14
  • 16. tribuída por Ediciós do Castro. Unha parte deste libro será utilizada como dis- curso de ingreso na Real Academia Galega, da que fora nomeado membro numerario no ano 1964 a proposta de Otero Pedrayo, García Sa- bell, Fernández del Riego, Ferro Couselo e Va- les Villamarín. O seu terceiro libro de poesía. «Cen chaves de sombra», publicado tamén por Ediciós do Cas- tro, vai prologado polo seu amigo Lorenzo Vare- la e coa cuberta deseñada por Luís Seoane. Lorenzo Varela define este libro como «poemas dun loitador, dun home con coraxe á hora de Parte do libro «A gale- escribir e á hora de pelexar». cidade na obra de Gui- Non acaban aquí as inquedanzas de Valentín, e marães Rosa» será usa- da por Valentín no seu en 1982, Ediciós do Castro publícalle o seu en- discurso de ingreso na saio sobre Castelao «Castelao na luz e na som- Real Academia. bra». Fondo RAG O libro vai adicado á súa muller Pilar e nel repa- sa a vida do seu amigo, do seu «segundo mes- tre», introducindo partes que corresponderían á súa autobiografía, pois foron moitas as viven- cias compartidas entre estes dous grandes per- soeiros da nosa cultura e da nosa historia. Está considerado este traballo como a biografía máis completa de Castelao. O éxito do libro foi tal que houbo de realizarse unha segunda edición, revisada e correxida, ca- tro anos despois. No seu último libro, publicado por Ediciós do Castro en 1985, «Galicia lavra a sua imagen» Paz Andrade posiciónase en contra das normas ortográficas aprobadas pola Real Academia Galega e avoga por un achegamento ao mundo lusófono. En 1985, con «Galicia la- vra a sua imagen» posi- ciónase contra as nor- mas ortográficas aproba- das pola Real Academia. Fondo RAG VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 15
  • 17. A POLÍTICA EN DEMOCRACIA A partir da morte de Francisco Fran- co, en 1975, as forzas políticas co- mezan a buscar o seu acomodo na nova situación de liberdade que se abre á cidadanía. Paz Andrade, fiel ao seu compromi- so co país, entra a formar parte da Comisión dos Dez, en representación de Galicia. Esta Comisión constituíuse en 1976 por nove partidos e comunidades au- tónomas para negociar os pasos para Paz Andrade, cuarto pola esquerda, formou a transición a unhas institucións de- parte da Comisión dos Dez que artellou a tran- sición á democracia, despois da morte de mocráticas plenas no estado español, Francisco Franco. a legalización de todos os partidos políticos e a convocatoria dunhas eleccións xerais libres. Os sindicatos de traba- lladores, que nun principio ían formar parte des- ta comisión, quedan á marxe e fan a súa propia negociación co Ministerio de Traballo. Paz Andrade centra o seu labor nesta Comisión na defensa da personalidade xurídica e históri- ca de Galicia conseguindo poñela ao mesmo nivel que Cataluña e Euskadi. En 1977, nas primeiras eleccións libres, Valen- tín é elexido senador pola provincia de Ponte- vedra. E ao Senado leva as inquedanzas do sector pes- queiro galego, loitando para que as comunida- des autónomas poideran asumir competencias no litoral propio e para evitar que o estado espa- «Castelao na luz e na ñol implante a zona económica exclusiva das 200 sombra» constitúe a bio- grafía máis completa do millas. político e artista galego. Ese mesmo ano os deputados e senadores ga- legos organizan unha xornada reivindicativa de Fondo RAG afirmación da vontade autonómica. As manifes- tacións quedan fixadas para o domingo, 4 de decembro, pola mañá en todas as capitais gale- VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 16
  • 18. gas. Acórdase que a manifestación de Vigo sexa ese mesmo día pola tarde e que peche o acto Valentín Paz Andrade. As manifestacións a prol dos dereitos his- tóricos de Galicia foron un éxito. Segun- do os datos, na Coruña os participantes chegaron aos 150.000 e no resto das ci- dades unhas 30.000 persoas en cada unha delas, pero a de Vigo supuxo todo un récord: 300.000 manifestantes na rúa Paz Andrade na clusura da manifestación reclamando o autogoberno para Galicia. celebrada en Vigo o 4 de decembro de 1977 en defensa da Autonomía Galega. Superábase con moito a participación nas outras dúas comunidades históricas, Ca- taluña e Euskadi, pero todas estas mobilizacións apenas tiveron eco na prensa española nin fo- ron tidas en conta: nin polas Cortes, nin pola pre- sidencia do goberno español. POR TODA UNHA VIDA... No ano 1964 é nomeado, a proposta de Otero Pedrayo, García Sabell, Fernández del Riego, Ferro Couselo e Vales Villamarín como mem- bro da Real Academia Galega; catorce anos de- pois le o seu discurso de ingreso, baseado na obra «A galecidade na obra de Guimarães Rosa», publicada nese mesmo ano. A partir do ano 1975 os premios, recoñecemen- tos e galardóns a Paz Andrade son numerosos: o Pedrón de Ouro, A Cruz de San Raimundo de Peñafort, a Medalla da Cidade de Pontevedra, A Medalla Castelao da Xunta de Galicia, é nomea- Folleto da exposición sobre Paz Andrade ce- do membro da Real Academia das Ciencias, lebrada na Fundación Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, o Premio Luís Seoane, da Coru- Trasalba da Fundación Otero Pedrayo... ña, a principios de 2012. O 19 de maio de 1987 faleceu Paz Andrade en Vigo, por mor dunha doenza cardiovascular, sen- do enterrado, cuberto coa bandeira galega, no cemiterio da súa vila natal. VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 17
  • 19. CANDO TI VOLVAS Valentín Paz Andrade «Pranto Matricial» NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, que dende a Torre de Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte, cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, Autocaricatura de Alfonso Castelao publicada en «El Faro de Vigo», o 28 cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, de xuño de 1931, o día que foi elexido Diputado por Pontevedra. cando ti volvas polo mare; o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as pérolas das bágoas derramadas, cando ti volvas polo mare; cando ti volvas polo mare... Galiza, 1954 VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 18
  • 20. CANTARELA DO CANTEIRO Valentín Paz Andrade «Sementeira do vento» Plim-plim, plim-plim, plim-plim... Con sílaba de ferreiro canta, canta, os minerais sonos debullando, plim-plim, plim-plim, plim-plim... canta, canta o teu cincel. ... O teu arte, canteiro, arte maior do pico e da marreta, qué xeolóxico verso, na castidade crúa do perpiaño labrará para min? ... Plim-plim, plim-plim, plim-plim... As voces unisílabas da pedra, só por túa mao, canteiro, se xuntaron ao pentagrama máxico do mundo. Samil (Vigo), 1959 Paz Andrade, terceiro pola esquerda, diante do monu- mento a Curros Enríquez, na Coruña, xunto a Fernández del Riego, Carré, Xesús Naia... Fondo Real Academia Galega VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 19
  • 21. TRIADAS DO VENTO NO MAR Valentín Paz Andrade «Sementeira do vento» Verde vento polas leiras e vento azul polo mar, panos da mesma bandeira. Quen fora vento, meu mar e sobre o teu lombo brando puidera o corpo deitar! Quen fora o vento poboado de polen e de cantigas e malvises namorados! Quen fora o vento que rube a refrescar as estrelas despois de folgar coa nube! Quen fora xinete alado de ardor e de vidro feito sobre das olas montado! Na celebración do Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo concedido a Valentín Paz Andrade, cuarto pola esquerda, no ano 1986. Fondo Fundación Penzol VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 20
  • 22. O BARCO DE SOMBRAS Valentín Paz Andrade «Cen chaves de sombra» Para Xosé Núñez Búa ...Despois da meia noite de Vilaxoán partían... Polo peirao durmido vultos de homes da vila pouco a pouco engulidos por un barco sen luces a pasarela entrando en alongada fila. ... Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvora repican a maitíns as monxas dun convento, as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen, o mar saúda o barco coa súa mao ao vento. ... Alá fica Rianxo con Castelao de fora, e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro. Despois o barco vira a costa de Pondal para ter da liberdade o rumo verdadeiro. Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza, «Evasión», unha das estampas do álbum «Atila en Galicia» de Alfon- as cantábricas puntas de Galiza dixeron: so R. Castelao. Adeus fillos da Terra as alleas ciscados e que Deus vos recolla no anaco que nos deron! ... De aqueles que unha noite de Vilaxoán partiron poucas malvas darían camposanto da Terra. A dispersión, a praga bíblica de Galiza, nos exiliados roe como cinzas da Guerrra. Pousa Nova do Mar, San Xoán, 1976 VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 21
  • 23. CRONOLOXÍA 1898 Nace o 23 de abril na parroquia pontevedresa de Lérez. Fillo de Francisco e Matilde. O seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, exerce unha gran infuencia sobre el. 1916 Coñece a Alfonso R. Castelao. 1917 Comeza a carreira de Dereito en Compostela. 1919 É nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego de Estudantes e participa na II Asemblea Nazonalista Galega. 1921 Remata a carreira de dereito e é chamado de novo ao servizo militar sendo destinado a Marrocos. 1922 Funda o xornal «Galicia. Diario de Vigo», do que será director durante case cinco anos. 1924 Primeiro ingreso na cadea, por 15 días, por un artigo publicado na prensa. 1926 Péchase o xornal «Galicia», despois de case cinco anos de existencia. 1927 É nomeado avogado de «La Marítima», So- ciedade de armadores de Vapores Pesque- ros de Bouzas. Publica o seu primeiro libro de economía pesqueira e comeza as súas colaboracións coa revista «Industrias Pesqueras». 1930 Queda nomeado presidente do Grupo Auto- nomista Galego e dá un mitin no García Bar- bon, de Vigo, xunto con Castelao e Otero Pedrayo. 1931 Participa na creación do Partido Galeguista e na redacción do Anteproxec- to do Estatuto de Galicia. 1936 É tiroteado por dous anarcosindicalistas na rúa do Príncipe.É desterrado a Verín e sofre un segundo atentado dalgúns membros da Falanxe. VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 22
  • 24. CRONOLOXÍA 1937 Novos desterros a Requeixo de Queixa, Castro Caldelas e Trives. 1938 É novamente desterrado, esta vez a Villanueva de la Serena, en Badaxoz. Casa con María Pilar Rodríguez, á que coñecera durante o seu desterro en Trives. 1940 Nace o seu fillo Alfonso. Establece o seu primei- ro contacto epistolar despois da guerra con Cas- telao. 1942 Dirixe a revista «Industrias Pesqueras». 1950 Viaxa a Sudamérica como conferenciante e ten os seus primeiros contactos cos exiliados gale- gos. 1952 É nomeado delegado da FAO, dependente das Nacións Unidas. 1955 Publícase en Arxentina «Pranto Matricial», a elexía ao seu amigo Castelao, morto cinco anos antes. 1957 Ingresa de novo na cadea por un artigo publicado en «Industrias Pesque- ras». 1959 Publica «Galicia como tarefa». 1960 Funda en Vigo, xunto con Xosé Fernández López, a empresa Pescanova S. A. da que é nomeado vice- presidente. 1965 É nomeado membro da Real Academia Galega. 1968 Publica «Sementeira do Vento», o seu segundo li- bro de poemas. 1973 Organiza en Vigo a Exposición Mundial da Pesca. 1975 Recibe o Pedrón de Ouro. VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 23
  • 25. CRONOLOXÍA 1976 Forma parte da chamada Comisión dos Dez para negociar, en nome de Galicia, a transición a un rexime democrático. 1977 É elexido senador. Pecha a multitudinaria manifestación de apoio á Autono- mía Galega celebrada en Vigo o 4 de decembro. 1978 Le o seu discurso de ingreso na Real Academia Ga- lega. Publica na Coruña «A galecidade na obra de Guimarães Rosa». 1979 Publica «Cen chaves de sombra» e recibe a meda- lla da Cidade de Pontevedra. 1982 Edítase na Coruña «Castelao na luz e na sombra». 1984 Publícase «Galiza lavra a sua imagen». Ingresa como membro da Real Academia Galega das Ciencias. 1986 Recibe o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo e a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo. 1987 Falece en Vigo, o 19 de maio e é enterra- do no panteón familiar de Lérez, Ponteve- dra. 1997 Publícase o «Epistolario», un conxunto de cartas que explican a súa traxectoria vital. 2012 A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras. Debuxo de Laxeiro para o li- bro de poemas de Valentín Paz Andrade «Cen chaves de sombra» Fondo RAG VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 24