SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 8
Descargar para leer sin conexión
ANTROIDO 2015
Como ben se escoitaba entre a xente do público… “este ano superádesvos”… Este e
outros comentarios similares denotaban unha crítica máis que positiva cara o Antroido 2015
celebrado no CPI Virxe da Cela. A verdade é que o tema deste ano tiña moito xogo… o Mar, en
todas as súas vertentes e posibilidades. Non faltaron piratas, capitáns de barco, pescantinas,
peixiños, sereas, e incluso un Neptuno que ollaba impasible o devenir dos acontecementos,
hierático co seu tridente e amosando todo o seu poderío.
Non soamente se apreciaba todo un traballo de semanas na elaboración dos disfraces,
senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnados dos diferentes cursos
levaron a cabo, baténdose en duelo co repiquetear das gotiñas de choiva que golpeaban o
teito do patio cuberto e que non conseguiron “augar a festa”. Todos e todas, alumnos/as,
profesores/as e pais/nais merecían un premio por colaborar para lograr un espectáculo de
tanta talla (aproveitamos para dar os parabéns ao departamento de plástica pola proposta
“Concurso de carautas de Entroido”, que axudou a decorar o escenario), cousa que fixo suar
aos membros do xurado á hora de deliberar… Eiquí van os resultados:
“Os Piratas do Río Lambre” e “Fondo de Bikini” foron as divertidas e traballadísimas
propostas dos máis pequerrechos, os nenos e nenas de Educación Infantil, que recolleron unha
mención especial. Outra mención especial recaeu no alumnado de 3º e 4º de primaria, polo
seu fermoso disfraz “Pesca de peixes”, ilustrando toda a parafernalia das artes mariñeiras.
Simpáticas e moi ben rimadas estiveron as “Coplas de Entroido baixo o mar”, dos rapaces e
rapazas de 6º de primaria, que facían alusión non só ao Entroido en xeral, senón ao noso
universo do CPI Virxe da Cela e que tamén levaron outra mención especial. O premio á
orixinalidade recaeu na vistosa e exótica representación de “A danza do Dragón”, por parte do
alumnado de 1º da ESO, utilizando un espectacular dragón de varios metros de lonxitude que
percorreu o patio cuberto entre os aplausos do público; os rapaces e rapazas de 2º da ESO
recolleron o premio á mellor coreografía polo baile “Quieto Parao”, perfectamente
uniformados e montados nun simpático carricoche; as rapazas de 3º e 4º da ESO viron
recompensadas tantas horas de dedicación para construír o seu disfraz “Son unha taza” co
premio ao máis traballado; e xa finalmente os rapaces de 4º de ESO recolleron
atropelladamente o premio ao máis divertido co seu breve pero efectivo número “Tropa de
asalto”.
Crónica antroido 2015
Crónica antroido 2015
Crónica antroido 2015
Crónica antroido 2015
Crónica antroido 2015
Crónica antroido 2015
Crónica antroido 2015

Más contenido relacionado

Similar a Crónica antroido 2015

Antroido 2014
Antroido 2014Antroido 2014
Antroido 2014satelite1
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blogmafebesada
 
8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOSxurxobou
 
Crónica festival letras galegas e maios 2015
Crónica festival letras galegas e maios 2015Crónica festival letras galegas e maios 2015
Crónica festival letras galegas e maios 2015satelite1
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraMemoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraSeixebra
 
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksSwimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksmelarodriguez
 
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteMemoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteEncarna Lago
 
Actividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce NlActividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce Nlsatelite1
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18Cid22
 
Festival de nadal 2012
Festival de nadal 2012Festival de nadal 2012
Festival de nadal 2012satelite1
 

Similar a Crónica antroido 2015 (18)

Antroido 2014
Antroido 2014Antroido 2014
Antroido 2014
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blog
 
8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS
 
Crónica festival letras galegas e maios 2015
Crónica festival letras galegas e maios 2015Crónica festival letras galegas e maios 2015
Crónica festival letras galegas e maios 2015
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraMemoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
 
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksSwimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
 
Apiramide2007
Apiramide2007Apiramide2007
Apiramide2007
 
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteMemoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Actividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce NlActividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce Nl
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
Festival de nadal 2012
Festival de nadal 2012Festival de nadal 2012
Festival de nadal 2012
 
Revista escolar 2012 (5)
Revista escolar 2012 (5)Revista escolar 2012 (5)
Revista escolar 2012 (5)
 

Más de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Crónica antroido 2015

  • 1. ANTROIDO 2015 Como ben se escoitaba entre a xente do público… “este ano superádesvos”… Este e outros comentarios similares denotaban unha crítica máis que positiva cara o Antroido 2015 celebrado no CPI Virxe da Cela. A verdade é que o tema deste ano tiña moito xogo… o Mar, en todas as súas vertentes e posibilidades. Non faltaron piratas, capitáns de barco, pescantinas, peixiños, sereas, e incluso un Neptuno que ollaba impasible o devenir dos acontecementos, hierático co seu tridente e amosando todo o seu poderío. Non soamente se apreciaba todo un traballo de semanas na elaboración dos disfraces, senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnados dos diferentes cursos levaron a cabo, baténdose en duelo co repiquetear das gotiñas de choiva que golpeaban o teito do patio cuberto e que non conseguiron “augar a festa”. Todos e todas, alumnos/as, profesores/as e pais/nais merecían un premio por colaborar para lograr un espectáculo de tanta talla (aproveitamos para dar os parabéns ao departamento de plástica pola proposta “Concurso de carautas de Entroido”, que axudou a decorar o escenario), cousa que fixo suar aos membros do xurado á hora de deliberar… Eiquí van os resultados: “Os Piratas do Río Lambre” e “Fondo de Bikini” foron as divertidas e traballadísimas propostas dos máis pequerrechos, os nenos e nenas de Educación Infantil, que recolleron unha mención especial. Outra mención especial recaeu no alumnado de 3º e 4º de primaria, polo seu fermoso disfraz “Pesca de peixes”, ilustrando toda a parafernalia das artes mariñeiras. Simpáticas e moi ben rimadas estiveron as “Coplas de Entroido baixo o mar”, dos rapaces e rapazas de 6º de primaria, que facían alusión non só ao Entroido en xeral, senón ao noso universo do CPI Virxe da Cela e que tamén levaron outra mención especial. O premio á orixinalidade recaeu na vistosa e exótica representación de “A danza do Dragón”, por parte do alumnado de 1º da ESO, utilizando un espectacular dragón de varios metros de lonxitude que percorreu o patio cuberto entre os aplausos do público; os rapaces e rapazas de 2º da ESO recolleron o premio á mellor coreografía polo baile “Quieto Parao”, perfectamente uniformados e montados nun simpático carricoche; as rapazas de 3º e 4º da ESO viron recompensadas tantas horas de dedicación para construír o seu disfraz “Son unha taza” co premio ao máis traballado; e xa finalmente os rapaces de 4º de ESO recolleron atropelladamente o premio ao máis divertido co seu breve pero efectivo número “Tropa de asalto”.