SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 16
Descargar para leer sin conexión
Unha viaxe
ás orixes:
benvidos
á cidá
P
R
O
G
R
A
M
A
DIDÁCTICO
Visita
o noso
BLOG
novos
obradoiros
a cidá
dos nen@s
explorar,
descubrir,
crear,
aprender
O Proxecto Educativo
do Parque Arqueolóxico
da Cultura Castrexa
fundaméntase en
experiencias de
aprendizaxe interactivas,
dinámicas e significativas.
3 8
5
1 O Parque 6 Información
xeral
2 7
4
Programa
didáctico
Recomendacións
Facemos as
maletas!
Obradoiros LANSBRICA
Blog escolar
índice
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa
— PACC— articula unha proposta didáctica
que, tendo a exposición como punto de partida
e o castro de San Cibrao de Las como elemento
central, proporciona aos escolares os recursos,
as ferramentas e as estratexias que lles permiten
construír coñecemento e, en consecuencia, ser os
actores do seu propio proceso formativo.
A EXPOSICIÓN
A mostra permanente que alberga o Centro de
Interpretación posúe as claves interpretativas
que facilitan unha maior e mellor comprensión
da cultura castrexa, unha cultura que confire ao
nosoterritoriopersonalidadepropiadendehaimais
de 2500 anos. Os contidos que se tratan na visita
guiada á exposición estable céntranse naqueles
aspectos que funcionan como complemento da
visita á área arqueolóxica:
a. Territorio e paisaxe: a pegada castrexa.
b. Os poboadores dos castros: vida cotiá e
universo simbólico.
c. O impacto da chegada romana.
d. Lansbrica: investigación e posta en valor.
O CASTRO
O castro de San Cibrao de Las é un xacemento arqueolóxico único,
que destaca pola súa extensión, pola monumentalidade das súas
fortificacións e por posuír unha incipiente organización urbana.
Constitúe o recurso interpretativo ideal para que os escolares descubran
como foi evolucionando a sociedade ao longo da Idade do Ferro a través
do seu modelo de hábitat – o castro- e se aproximen, de xeito rigoroso e
didáctico, á vida cotiá dos homes e mulleres do NO peninsular durante este
período. Os contidos da visita guiada pola área arqueolóxica articúlanse
arredor de de tres eixos temáticos:
a. O espazo doméstico
b. O espazo urbano
c. O castro e o seu territorio
1. o parque
*Os grupos escolares
poderán reservar máis dun obradoiro,
así como axustar os tempos
e os contidos das actividades en
función das súas necesidades e intereses.
*Posibilidade de visita en galego,
castelán e inglés.
*Temos a disposición dos centros
escolares fichas didácticas para preparar
previamente a visita.
Máis información no momento
de facer a reserva.
*Os grupos escolares
poderán reservar máis dun
obradoiro, así como axustar os
tempos e os contidos das actividades en
función das súas necesidades e intereses.
*Posibilidade de visita en galego,
castelán e inglés.
*Temos a disposición dos centros
escolares fichas didácticas para preparar
previamente a visita.
Máis información no momento
de facer a reserva.
Este programa fundaméntase en dous tipos
de experiencias educativas:
• as visitas guiadas á exposición estable e á
área arqueolóxica.
• a realización de obradoiros temáticos, en
relación coa cultura castrexa e a arqueoloxía.
Todas as actividades están deseñadas para
estimular a imaxinación e a curiosidade nos
alumnos; con elas o que se pretende é que
os escolares acaden novos coñecementos,
pero tamén que gocen da experiencia e que
poidan aprender divertíndose.
OBXECTIVOS DO PROGRAMA
2. o programa didáctico
OPCIÓNS DE VISITA
1
2
PROGRAMA BÁSICO
Inclúe o acceso ao Parque, a visita guiada pola exposición (30 min.) e a visita guiada polo
xacemento (60 min.). Duración aproximada: 2 horas, incluíndo un pequeno descanso.
O programa didáctico do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa baséase nunha proposta de actividades atractiva e de calidade,
sempre adaptada ás necesidades e particularidades de cada grupo e nivel educativo –incluído o alumnado con NNEE–.
PROGRAMA COMPLETO
Inclúe o acceso ao Parque, a visita guiada pola exposición (30 min.), a visita guiada
polo xacemento (60 min.) e a realización dun obradoiro (60 min.) —a escoller entre a
oferta permanente que se describe a continuación—. Duración aproximada: 3 horas, incluíndo
un pequeno descanso.
1. Ofrecer aos grupos escolares a
posibilidade de vivir unha xornada
didáctica e amena, en relación coa
cultura castrexa, a Idade do Ferro e o
castro de San Cibrao de Las.
2. Introducir aos máis novos na cultura
propia da súa contorna a través dunha
inmersión na vida de hai 2.500 anos
en Galicia, primando o contacto de
primeira man co recurso.
3. Considerar aos alumnos como
axentes activos que poden construír
ou modificar as súas estruturas de
coñecemento a partir de experiencias
de aprendizaxe deseñadas.
4. Fomentar entre a poboación escolar
actitudes de respecto, valoración
e custodia cara ao patrimonio
arqueolóxico.
3. os obradoiros
do pacc
Hai case 100 anos que Florentino L.
Cuevillas comezou a escavar o castro
de San Cibrao de Las; dende entón,
moitos foron os arqueólogos que se
aventuraron a descubrir os segredos
que agocha esta cidade. Convértete nun
auténtico rastreator da Idade do Ferro
e desenterra o pasado de Lansbrica!
Destinatari@s:
todas as idades
Duración: 1h.
Mediante a recreación dunha escavación
arqueolóxica os rapaces convértense en
arqueólog@s por un día e experimentan
todasastarefaspropiasdestaapaixonante
profesión. Trátase dun obradoiro que
potencia o interese e a sensibilidade polo
patrimonio arqueolóxico.
3. ARQUEOLANSBRICA
Un pouco de auga, algúns grans de sal,
fariña de landra, o forno quente e...Voilà,
todo preparado! Só nos faltas ti, un bo
cociñeiro ou cociñeira que amase e
prepareosaborosopanpoloquedevecían
os castrexos, anímaste a probar?
Destinatari@s:
Ed. Infantil, 1º e 2º ciclo de Ed. Primaria.
NNEE
Duración: 1h.
Este obradoiro ten a finalidade de dar a
coñecer unha das bases fundamentais
da alimentación castrexa: a agricultura.
Dunha maneira didáctica e amena,
@s pequen@s descobren o proceso de
transformación dos cereais: sementan,
moen e elaboran un alimento básico da
dieta castrexa, as tortas de pan.
1. PAN DE LANDRA
Non? Pois a que esperas! Prepara as
túas mellores galas e apúntate a esta
entretida viaxe no tempo. Descubre,
explora, aprende... e desfruta da túa
estancia na cidade de Lansbrica!
Destinatari@s:
E. Infantil. 1º e 2º Ciclo de Ed. Primaria.
NNEE.
Duración: 1h.
Estaorixinalactividadecomezacunrelato
sobre os modos de vida na Idade do Ferro
do NO peninsular. A continuación, @s
nen@selaboran-conmaterialfunxibleede
refugallo- algún dos elementos materiais
máis representativos desta cultura. Deste
xeito comeza unha entretida viaxe no
tempo á cidade de Lansbrica.
2. E TI, XA ES DO CLAN?
Se non che gusta a verdura só hai unha
maneira de sobrevivir na Prehistoria...
Cazando! Prepara as armas, afina a
puntería ao máximo e fai diana; só así
desfrutarás dun suculento manxar
propio de guerreiros.
Destinatari@s:
3º ciclo de Ed. Primaria, Ed. Secundaria,
Bacharelato e Ed. Postobrigatoria, NNEE.
Duración: 1h.
Este obradoiro constitúe unha boa ocasión
para coñecer a caza como actividade
fundamental da Prehistoria e comprender a
súa importancia na Idade do Ferro como un
fenómeno de xerarquía social. Ademais, @s
participantes poderán experimentar de forma
práctica o funcionamento dalgunhas armas
empregadas para a caza ao longo desta etapa.
6. WILD LANSBRICA
Os mestres artesáns de Lansbrica
está buscando novos talentos!
Trenzados, trísceles, rosetas, espirais...
Experimenta coa xeometría galaica e
descubre o misterio que agochan estes
símbolos do pasado.
Destinatari@s:
2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria., Ed.
Secundaria e Bacharelato.
Duración: 1h.
Tras unha breve introdución teórica sobre
a plástica castrexa e as súas diferentes
manifestacións; os participantes neste
taller realizan, entre outros, a súa propia
interpretación do tríscele pintado, un dos
excepcionais achados da última campaña
de escavación no castro de Las.
5. A MEMORIA DA PEDRA
Estás buscando casa? En Quen vive
aí? abrímosche as portas dunha típica
vivenda castrexa. Dáte unha volta, pasa
ata a cociña, acomódate no salón e colle
ideas para construír a túa propia.
Destinatari@s:
Educación Primaria, NNEE.
Duración: 1h.
A través de breves explicacións teóricas,
o manexo de reproducións e o modelado
do barro, os participantes neste obradoiro
coñecen como eran as vivendas castrexas:
a súa evolución no tempo, as diferentes
tipoloxías e a funcionalidade das
estancias; así como as técnicas e materiais
empregados na súa construción.
4. QUEN VIVE AÍ?
Centos de romanos achegándose á
nosa cidade! Á presa, debemos avisar
aos demais membros da comunidade
e prepararnos para o que poida
acontecer. Confiemos ao deus Bandua a
nosa sorte!!
Destinatari@s:
3º ciclo de Ed. Primaria, Ed. Secundaria e
Bacharelato.
Duración: 1h.
Este divertido obradoiro xira en torno á
importancia dos guerreiros na sociedade
castrexa, os deuses aos que rendían culto
e o seu universo simbólico. Un reto en
forma de xincana ao que @s alumn@s
se enfrontan en grupos, percorrendo o
xacemento e tratando de acadar o mellor
resultado no menor tempo posible.
7. DEUSES E GUERREIROS
Fixeron falta milleiros de anos de
evolución para que a humanidade
descubrira un dos segredos mellor
gardados da natureza: o lume.
Amosarémosche como producilo, pero
na túa man estará conseguilo!
Destinatari@s:
Ed. Secundaria, Bacharelato e Ed.
Postobrigatoria.
Duración: 1h.
Coa realización desta actividade
preténdese dar a coñecer, de forma
atractiva, a evolución no control e
produción do lume; dende o seu
descubrimento ata a época castrexa. Os
participantes neste obradoiro poderán
experimentar diferentes técnicas
prehistóricas para a obtención do lume.
9. NUN CHISCO ... UN MISTO!
Dende que chegaron os romanos aquí
só aceptan moedas…paga ti logo! Co
ben que nos ía co troco … agora cada
vez resulta máis complicado chegar a
fin de mes!
Destinatari@s:
Ed. Secundaria e Bacharelato.
Duración: 1h.
As formas tradicionais de troco, as
moedas como fontes de información e a
súa circulación no noso territorio sentan
as bases deste interesante obradoiro.
Nel, @s alumn@s deseñan e reproducen
varias moedas, incluíndo a da caetra,
unha moeda que contén as claves para
comprender a conquista romana do NO
peninsular.
8. PAGAS TI OU PAGO EU?
1. pan de landra
2. e ti, xa es do clan?
3. arqueolansbrica
4. quen vive aí?
5. a memoria da pedra
6. wild lansbrica
7. deuses e guerreiros
8. pagas ti ou pago eu?
9. nun chisco, un misto!
OS
OBRADOIROS
DO PACC
Infantil
2º Ciclo
3-6 anos
1º Ciclo
6-7 anos
1º Ciclo
12-14
anos
1º Ciclo
16-17
anos
2º Ciclo
8-9 anos
2º Ciclo
14-16
anos
2º Ciclo
17-18
anos
Nenos
e/ou
adultos
Nenos
e/ou
adultos
3º Ciclo
10-11
anos
Primaria Secundaria Bacharelato P.Xeral NNEE
Pero non vos alarmedes, que o noso destino é
o voso centro escolar!
Coas MALETAS DIDÁCTICAS DO PACC
viaxaremos no tempo a través dos materiais
que formaban parte da vida cotiá dos homes
e mulleres da Idade do Ferro. Os obxectos
contarannos o día a día dos poboadores dos
castros: como aprenderon a facer lume, con
que armas cazaban, que alimentos cociñaban,
as ferramentas que empregaban nos diferentes
traballos...
Nesta maleta caben moitas máis cousas, como
os obradoiros que adaptamos aos espazos
dos centros educativos: ENCAIXADOS
NO PASADO, onde traballaremos como
verdadeir@s arqueólog@s, e LUME LUME, no
que coñeceremos os segredos para obter tan
prezado tesouro.
Se queres facer as maletas connosco, solicita
toda a información no 988 267 285 ou en
info@pacc.es e acompáñanos nesta fantástica
viaxe ao pasado!
4. facemos
as maletas!
“O Parque d@s Nen@s”
Queres preparar a visita do teu grupo escolar ao
Parque Arqueolóxico? Buscas recursos didácticos
para traballar na aula sobre a cultura castrexa?
Andas na procura de información para realizar un
traballo ou ampliar os contidos vistos na clase?
Este é o teu lugar!
O Parque d@s Nen@s é un espazo interactivo e de
aprendizaxe onde traballar contidos e preparar a
visita, pero tamén onde compartir as experiencias
vividas polo grupo no Parque Arqueolóxico.
Estamos desexando que o coñezas e participes!
5. blog escolar
LANSBRICA: A CIDÁ DOS NEN@S
Visita o PACC co teu grupo escolar e recibirás
unha invitación para participar -de xeito
gratuíto- en Lansbrica: a Cidá dos nen@s; unha
xornada didáctica e amena en relación coa cultura
castrexa, a Idade do Ferro e o castro de San
Cibrao de Las, pensada para toda a
comunidade educativa.
Gustaríanos que formarades parte deste proxecto
e xuntos desfrutar do PACC como un espazo onde
descubrir, aprender e desfrutar en familia.
Se estás interesad@, ponte en contacto connosco
a través do enderezo electrónico info@pacc.es ou
no teléfono 988267285 e informámoste.
*O programa de actividades escollido polo centro
debe incluír a realización dun obradoiro didáctico.
* Esta xornada terá lugar ao remate da
campaña escolar.
Visita o
BLOG
6. información xeral
RECOMÉNDASE
1.	 Calcular axeitadamente a hora de
saída do centro escolar. Os retrasos
poden dificultar a realización das
actividades programadas e mesmo
afectar negativamente a outros
grupos.
2.	 Que un docente ou titor/a acompañe
sempre ao grupo.
3.	 Avisar con antelación de posibles
alerxias ou calquera outra
información relevante para o óptimo
desenvolvemento das actividades.
Horarios
•	 1denovembro-28defebreiro:
	 de 10:00h a 15:00h
•	 1 de marzo-30 de xuño,
	 16desetembro-31deoutubro:
	 de 10:00h a 18:00h
•	 1 de xullo- 15 de setembro:
	 de 11:00h a 21:00h
•	 *Semana Santa e fins de
semana de maio e xuño:
	 de 10:00h a 20:00h
•	 OParqueArqueolóxicopecha
todos os luns, agás festivos.
•	 Servizo de catering no
restaurante do Parque
Arqueolóxico.
•	 Tarifasreducidasentempada
baixa (novembro-febreiro).
Máis información no
momento de facer a reserva.
Servizos complementarios
COMO TRAMITAR A RESERVA
1.	 Unhavezescollidosadataeoprograma
de actividades, contacte co Parque
Arqueolóxico da Cultura Castrexa no
teléfono 988 267 285 ou no enderezo
electrónico reservas@pacc.es para
formalizar a reserva.
2.	 Unha semana antes da realización da
actividade, recibirá unha mensaxe
electrónica de CONFIRMACIÓN DE
VISITA coa data, a hora de inicio, o
programa a realizar e o importe a
abonar.
3.	 O grupo escolar deberá confirmar a súa
asistencia, cunha antelación mínima
de 48 horas, para que a reserva sexa
completamente válida. No caso de non
mediar unha confirmación da reserva,
non se garante a visita.
4.	 O día da visita deberá presentar, no
mostradordoCentrodeInterpretación,
a folla de CONFIRMACIÓN DE VISITA
que lle foi enviada previamente.
CONSELLOS PARA A VISITA
•  Levar calzado adecuado e roupa cómoda.
•  Levar gorra e protección solar, roupa de abrigo, paraugas e/ou
chuvasqueiro, en función da climatoloxía e a época do ano na
que se realice a visita.
•  Deixar as pertenzas non imprescindibles na consigna.
•  Silenciar os teléfonos móbiles antes do comezo das actividades.
CÓMPRE LEMBRAR QUE
No Centro de Interpretación
Está prohibido:
•  Tomar fotografías e gravar imaxes de vídeo.
•  O acceso de animais de compañía, agás cans-guía.
•  O consumo de alimentos e bebidas, salvo nos espazos habilitados.
•  Correr, facer ruído ou berrar.
No castro
•  A área arqueolóxica está protexida por lei e calquera dano sobre
ela será sancionado.
•  Cómpre seguir o itinerario marcado pol@ guía para a visita.
•  Non hai fontes no percorrido, polo que é aconsellable levar auga.
•  Está prohibido fumar, tirar lixo ou calquera outra actividade que
poida danar a contorna.
7. recomendacións
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa foi creado para o uso e o
desfrutedetodos;porestemotivo,todosdebemoscolaborarnocoidado
e na protección do castro e das súas instalacións, só así seremos quen
de garantir a súa conservación para as xeracións futuras.
N 42° 21’ 38.521’’
O 8° 2’ 1.721’’
COMO
CHEGAR
LANSBRICA
O Territorio dos Poboados Fortificados
PROGRAMAS E TARIFAS
DESCRICIÓN
DURACIÓN
TARIFAS (tempada alta)
TARIFAS (tempada baixa)
MALETAS DIDÁCTICAS
PROGRAMA INFANTIL PROGRAMA BÁSICO PROGRAMA COMPLETO
Visita guiada polo
castro, pola exposición
e obradoiro a escoller
2,5 horas
4 €
3,50 €
2,5 horas
5 €
4 €
1,5 horas
3 €
2,50 €
3€ (todas as idades)
Visita guiada
polo castro e pola
exposición
Visita guiada polo
castro, pola exposición e
obradoiro a escoller
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica
San Cibrao de Las s/n CP 32455
San Amaro - Punxín, Ourense
info@pacc.es   •   reservas@pacc.es   •   988 267 285
www.pacc.es

Más contenido relacionado

Similar a Dossier escolar pacc 2019

Programa escolar museomar-2015
Programa escolar museomar-2015Programa escolar museomar-2015
Programa escolar museomar-2015Encarna Lago
 
Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Encarna Lago
 
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.Encarna Lago
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetesEncarna Lago
 
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAREncarna Lago
 
Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaEncarna Lago
 
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteMemoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteEncarna Lago
 
Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla
Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De NarlaMemoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla
Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De NarlaEncarna Lago
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAEncarna Lago
 
Mes da Ciencia en galego
Mes da Ciencia en galegoMes da Ciencia en galego
Mes da Ciencia en galegorosaliaogrove
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Encarna Lago
 
Actividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce NlActividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce Nlsatelite1
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Encarna Lago
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Maria Lemos Cerqueira
 

Similar a Dossier escolar pacc 2019 (20)

Programa escolar museomar-2015
Programa escolar museomar-2015Programa escolar museomar-2015
Programa escolar museomar-2015
 
Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
 
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
 
Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristina
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteMemoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
 
Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla
Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De NarlaMemoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla
Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
 
Mes da Ciencia en galego
Mes da Ciencia en galegoMes da Ciencia en galego
Mes da Ciencia en galego
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
 
Actividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce NlActividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce Nl
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
 
Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)
 

Más de satelite1

Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

Más de satelite1 (20)

Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Último

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Dossier escolar pacc 2019

  • 1. Unha viaxe ás orixes: benvidos á cidá P R O G R A M A DIDÁCTICO Visita o noso BLOG novos obradoiros a cidá dos nen@s
  • 2. explorar, descubrir, crear, aprender O Proxecto Educativo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa fundaméntase en experiencias de aprendizaxe interactivas, dinámicas e significativas.
  • 3. 3 8 5 1 O Parque 6 Información xeral 2 7 4 Programa didáctico Recomendacións Facemos as maletas! Obradoiros LANSBRICA Blog escolar índice
  • 4. O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa — PACC— articula unha proposta didáctica que, tendo a exposición como punto de partida e o castro de San Cibrao de Las como elemento central, proporciona aos escolares os recursos, as ferramentas e as estratexias que lles permiten construír coñecemento e, en consecuencia, ser os actores do seu propio proceso formativo. A EXPOSICIÓN A mostra permanente que alberga o Centro de Interpretación posúe as claves interpretativas que facilitan unha maior e mellor comprensión da cultura castrexa, unha cultura que confire ao nosoterritoriopersonalidadepropiadendehaimais de 2500 anos. Os contidos que se tratan na visita guiada á exposición estable céntranse naqueles aspectos que funcionan como complemento da visita á área arqueolóxica: a. Territorio e paisaxe: a pegada castrexa. b. Os poboadores dos castros: vida cotiá e universo simbólico. c. O impacto da chegada romana. d. Lansbrica: investigación e posta en valor. O CASTRO O castro de San Cibrao de Las é un xacemento arqueolóxico único, que destaca pola súa extensión, pola monumentalidade das súas fortificacións e por posuír unha incipiente organización urbana. Constitúe o recurso interpretativo ideal para que os escolares descubran como foi evolucionando a sociedade ao longo da Idade do Ferro a través do seu modelo de hábitat – o castro- e se aproximen, de xeito rigoroso e didáctico, á vida cotiá dos homes e mulleres do NO peninsular durante este período. Os contidos da visita guiada pola área arqueolóxica articúlanse arredor de de tres eixos temáticos: a. O espazo doméstico b. O espazo urbano c. O castro e o seu territorio 1. o parque
  • 5. *Os grupos escolares poderán reservar máis dun obradoiro, así como axustar os tempos e os contidos das actividades en función das súas necesidades e intereses. *Posibilidade de visita en galego, castelán e inglés. *Temos a disposición dos centros escolares fichas didácticas para preparar previamente a visita. Máis información no momento de facer a reserva. *Os grupos escolares poderán reservar máis dun obradoiro, así como axustar os tempos e os contidos das actividades en función das súas necesidades e intereses. *Posibilidade de visita en galego, castelán e inglés. *Temos a disposición dos centros escolares fichas didácticas para preparar previamente a visita. Máis información no momento de facer a reserva. Este programa fundaméntase en dous tipos de experiencias educativas: • as visitas guiadas á exposición estable e á área arqueolóxica. • a realización de obradoiros temáticos, en relación coa cultura castrexa e a arqueoloxía. Todas as actividades están deseñadas para estimular a imaxinación e a curiosidade nos alumnos; con elas o que se pretende é que os escolares acaden novos coñecementos, pero tamén que gocen da experiencia e que poidan aprender divertíndose. OBXECTIVOS DO PROGRAMA 2. o programa didáctico OPCIÓNS DE VISITA 1 2 PROGRAMA BÁSICO Inclúe o acceso ao Parque, a visita guiada pola exposición (30 min.) e a visita guiada polo xacemento (60 min.). Duración aproximada: 2 horas, incluíndo un pequeno descanso. O programa didáctico do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa baséase nunha proposta de actividades atractiva e de calidade, sempre adaptada ás necesidades e particularidades de cada grupo e nivel educativo –incluído o alumnado con NNEE–. PROGRAMA COMPLETO Inclúe o acceso ao Parque, a visita guiada pola exposición (30 min.), a visita guiada polo xacemento (60 min.) e a realización dun obradoiro (60 min.) —a escoller entre a oferta permanente que se describe a continuación—. Duración aproximada: 3 horas, incluíndo un pequeno descanso. 1. Ofrecer aos grupos escolares a posibilidade de vivir unha xornada didáctica e amena, en relación coa cultura castrexa, a Idade do Ferro e o castro de San Cibrao de Las. 2. Introducir aos máis novos na cultura propia da súa contorna a través dunha inmersión na vida de hai 2.500 anos en Galicia, primando o contacto de primeira man co recurso. 3. Considerar aos alumnos como axentes activos que poden construír ou modificar as súas estruturas de coñecemento a partir de experiencias de aprendizaxe deseñadas. 4. Fomentar entre a poboación escolar actitudes de respecto, valoración e custodia cara ao patrimonio arqueolóxico.
  • 7. Hai case 100 anos que Florentino L. Cuevillas comezou a escavar o castro de San Cibrao de Las; dende entón, moitos foron os arqueólogos que se aventuraron a descubrir os segredos que agocha esta cidade. Convértete nun auténtico rastreator da Idade do Ferro e desenterra o pasado de Lansbrica! Destinatari@s: todas as idades Duración: 1h. Mediante a recreación dunha escavación arqueolóxica os rapaces convértense en arqueólog@s por un día e experimentan todasastarefaspropiasdestaapaixonante profesión. Trátase dun obradoiro que potencia o interese e a sensibilidade polo patrimonio arqueolóxico. 3. ARQUEOLANSBRICA Un pouco de auga, algúns grans de sal, fariña de landra, o forno quente e...Voilà, todo preparado! Só nos faltas ti, un bo cociñeiro ou cociñeira que amase e prepareosaborosopanpoloquedevecían os castrexos, anímaste a probar? Destinatari@s: Ed. Infantil, 1º e 2º ciclo de Ed. Primaria. NNEE Duración: 1h. Este obradoiro ten a finalidade de dar a coñecer unha das bases fundamentais da alimentación castrexa: a agricultura. Dunha maneira didáctica e amena, @s pequen@s descobren o proceso de transformación dos cereais: sementan, moen e elaboran un alimento básico da dieta castrexa, as tortas de pan. 1. PAN DE LANDRA Non? Pois a que esperas! Prepara as túas mellores galas e apúntate a esta entretida viaxe no tempo. Descubre, explora, aprende... e desfruta da túa estancia na cidade de Lansbrica! Destinatari@s: E. Infantil. 1º e 2º Ciclo de Ed. Primaria. NNEE. Duración: 1h. Estaorixinalactividadecomezacunrelato sobre os modos de vida na Idade do Ferro do NO peninsular. A continuación, @s nen@selaboran-conmaterialfunxibleede refugallo- algún dos elementos materiais máis representativos desta cultura. Deste xeito comeza unha entretida viaxe no tempo á cidade de Lansbrica. 2. E TI, XA ES DO CLAN?
  • 8. Se non che gusta a verdura só hai unha maneira de sobrevivir na Prehistoria... Cazando! Prepara as armas, afina a puntería ao máximo e fai diana; só así desfrutarás dun suculento manxar propio de guerreiros. Destinatari@s: 3º ciclo de Ed. Primaria, Ed. Secundaria, Bacharelato e Ed. Postobrigatoria, NNEE. Duración: 1h. Este obradoiro constitúe unha boa ocasión para coñecer a caza como actividade fundamental da Prehistoria e comprender a súa importancia na Idade do Ferro como un fenómeno de xerarquía social. Ademais, @s participantes poderán experimentar de forma práctica o funcionamento dalgunhas armas empregadas para a caza ao longo desta etapa. 6. WILD LANSBRICA Os mestres artesáns de Lansbrica está buscando novos talentos! Trenzados, trísceles, rosetas, espirais... Experimenta coa xeometría galaica e descubre o misterio que agochan estes símbolos do pasado. Destinatari@s: 2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria., Ed. Secundaria e Bacharelato. Duración: 1h. Tras unha breve introdución teórica sobre a plástica castrexa e as súas diferentes manifestacións; os participantes neste taller realizan, entre outros, a súa propia interpretación do tríscele pintado, un dos excepcionais achados da última campaña de escavación no castro de Las. 5. A MEMORIA DA PEDRA Estás buscando casa? En Quen vive aí? abrímosche as portas dunha típica vivenda castrexa. Dáte unha volta, pasa ata a cociña, acomódate no salón e colle ideas para construír a túa propia. Destinatari@s: Educación Primaria, NNEE. Duración: 1h. A través de breves explicacións teóricas, o manexo de reproducións e o modelado do barro, os participantes neste obradoiro coñecen como eran as vivendas castrexas: a súa evolución no tempo, as diferentes tipoloxías e a funcionalidade das estancias; así como as técnicas e materiais empregados na súa construción. 4. QUEN VIVE AÍ?
  • 9. Centos de romanos achegándose á nosa cidade! Á presa, debemos avisar aos demais membros da comunidade e prepararnos para o que poida acontecer. Confiemos ao deus Bandua a nosa sorte!! Destinatari@s: 3º ciclo de Ed. Primaria, Ed. Secundaria e Bacharelato. Duración: 1h. Este divertido obradoiro xira en torno á importancia dos guerreiros na sociedade castrexa, os deuses aos que rendían culto e o seu universo simbólico. Un reto en forma de xincana ao que @s alumn@s se enfrontan en grupos, percorrendo o xacemento e tratando de acadar o mellor resultado no menor tempo posible. 7. DEUSES E GUERREIROS Fixeron falta milleiros de anos de evolución para que a humanidade descubrira un dos segredos mellor gardados da natureza: o lume. Amosarémosche como producilo, pero na túa man estará conseguilo! Destinatari@s: Ed. Secundaria, Bacharelato e Ed. Postobrigatoria. Duración: 1h. Coa realización desta actividade preténdese dar a coñecer, de forma atractiva, a evolución no control e produción do lume; dende o seu descubrimento ata a época castrexa. Os participantes neste obradoiro poderán experimentar diferentes técnicas prehistóricas para a obtención do lume. 9. NUN CHISCO ... UN MISTO! Dende que chegaron os romanos aquí só aceptan moedas…paga ti logo! Co ben que nos ía co troco … agora cada vez resulta máis complicado chegar a fin de mes! Destinatari@s: Ed. Secundaria e Bacharelato. Duración: 1h. As formas tradicionais de troco, as moedas como fontes de información e a súa circulación no noso territorio sentan as bases deste interesante obradoiro. Nel, @s alumn@s deseñan e reproducen varias moedas, incluíndo a da caetra, unha moeda que contén as claves para comprender a conquista romana do NO peninsular. 8. PAGAS TI OU PAGO EU?
  • 10. 1. pan de landra 2. e ti, xa es do clan? 3. arqueolansbrica 4. quen vive aí? 5. a memoria da pedra 6. wild lansbrica 7. deuses e guerreiros 8. pagas ti ou pago eu? 9. nun chisco, un misto! OS OBRADOIROS DO PACC Infantil 2º Ciclo 3-6 anos 1º Ciclo 6-7 anos 1º Ciclo 12-14 anos 1º Ciclo 16-17 anos 2º Ciclo 8-9 anos 2º Ciclo 14-16 anos 2º Ciclo 17-18 anos Nenos e/ou adultos Nenos e/ou adultos 3º Ciclo 10-11 anos Primaria Secundaria Bacharelato P.Xeral NNEE
  • 11. Pero non vos alarmedes, que o noso destino é o voso centro escolar! Coas MALETAS DIDÁCTICAS DO PACC viaxaremos no tempo a través dos materiais que formaban parte da vida cotiá dos homes e mulleres da Idade do Ferro. Os obxectos contarannos o día a día dos poboadores dos castros: como aprenderon a facer lume, con que armas cazaban, que alimentos cociñaban, as ferramentas que empregaban nos diferentes traballos... Nesta maleta caben moitas máis cousas, como os obradoiros que adaptamos aos espazos dos centros educativos: ENCAIXADOS NO PASADO, onde traballaremos como verdadeir@s arqueólog@s, e LUME LUME, no que coñeceremos os segredos para obter tan prezado tesouro. Se queres facer as maletas connosco, solicita toda a información no 988 267 285 ou en info@pacc.es e acompáñanos nesta fantástica viaxe ao pasado! 4. facemos as maletas!
  • 12. “O Parque d@s Nen@s” Queres preparar a visita do teu grupo escolar ao Parque Arqueolóxico? Buscas recursos didácticos para traballar na aula sobre a cultura castrexa? Andas na procura de información para realizar un traballo ou ampliar os contidos vistos na clase? Este é o teu lugar! O Parque d@s Nen@s é un espazo interactivo e de aprendizaxe onde traballar contidos e preparar a visita, pero tamén onde compartir as experiencias vividas polo grupo no Parque Arqueolóxico. Estamos desexando que o coñezas e participes! 5. blog escolar LANSBRICA: A CIDÁ DOS NEN@S Visita o PACC co teu grupo escolar e recibirás unha invitación para participar -de xeito gratuíto- en Lansbrica: a Cidá dos nen@s; unha xornada didáctica e amena en relación coa cultura castrexa, a Idade do Ferro e o castro de San Cibrao de Las, pensada para toda a comunidade educativa. Gustaríanos que formarades parte deste proxecto e xuntos desfrutar do PACC como un espazo onde descubrir, aprender e desfrutar en familia. Se estás interesad@, ponte en contacto connosco a través do enderezo electrónico info@pacc.es ou no teléfono 988267285 e informámoste. *O programa de actividades escollido polo centro debe incluír a realización dun obradoiro didáctico. * Esta xornada terá lugar ao remate da campaña escolar. Visita o BLOG
  • 13. 6. información xeral RECOMÉNDASE 1. Calcular axeitadamente a hora de saída do centro escolar. Os retrasos poden dificultar a realización das actividades programadas e mesmo afectar negativamente a outros grupos. 2. Que un docente ou titor/a acompañe sempre ao grupo. 3. Avisar con antelación de posibles alerxias ou calquera outra información relevante para o óptimo desenvolvemento das actividades. Horarios • 1denovembro-28defebreiro: de 10:00h a 15:00h • 1 de marzo-30 de xuño, 16desetembro-31deoutubro: de 10:00h a 18:00h • 1 de xullo- 15 de setembro: de 11:00h a 21:00h • *Semana Santa e fins de semana de maio e xuño: de 10:00h a 20:00h • OParqueArqueolóxicopecha todos os luns, agás festivos. • Servizo de catering no restaurante do Parque Arqueolóxico. • Tarifasreducidasentempada baixa (novembro-febreiro). Máis información no momento de facer a reserva. Servizos complementarios COMO TRAMITAR A RESERVA 1. Unhavezescollidosadataeoprograma de actividades, contacte co Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa no teléfono 988 267 285 ou no enderezo electrónico reservas@pacc.es para formalizar a reserva. 2. Unha semana antes da realización da actividade, recibirá unha mensaxe electrónica de CONFIRMACIÓN DE VISITA coa data, a hora de inicio, o programa a realizar e o importe a abonar. 3. O grupo escolar deberá confirmar a súa asistencia, cunha antelación mínima de 48 horas, para que a reserva sexa completamente válida. No caso de non mediar unha confirmación da reserva, non se garante a visita. 4. O día da visita deberá presentar, no mostradordoCentrodeInterpretación, a folla de CONFIRMACIÓN DE VISITA que lle foi enviada previamente.
  • 14. CONSELLOS PARA A VISITA • Levar calzado adecuado e roupa cómoda. • Levar gorra e protección solar, roupa de abrigo, paraugas e/ou chuvasqueiro, en función da climatoloxía e a época do ano na que se realice a visita. • Deixar as pertenzas non imprescindibles na consigna. • Silenciar os teléfonos móbiles antes do comezo das actividades. CÓMPRE LEMBRAR QUE No Centro de Interpretación Está prohibido: • Tomar fotografías e gravar imaxes de vídeo. • O acceso de animais de compañía, agás cans-guía. • O consumo de alimentos e bebidas, salvo nos espazos habilitados. • Correr, facer ruído ou berrar. No castro • A área arqueolóxica está protexida por lei e calquera dano sobre ela será sancionado. • Cómpre seguir o itinerario marcado pol@ guía para a visita. • Non hai fontes no percorrido, polo que é aconsellable levar auga. • Está prohibido fumar, tirar lixo ou calquera outra actividade que poida danar a contorna. 7. recomendacións O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa foi creado para o uso e o desfrutedetodos;porestemotivo,todosdebemoscolaborarnocoidado e na protección do castro e das súas instalacións, só así seremos quen de garantir a súa conservación para as xeracións futuras. N 42° 21’ 38.521’’ O 8° 2’ 1.721’’ COMO CHEGAR
  • 15. LANSBRICA O Territorio dos Poboados Fortificados PROGRAMAS E TARIFAS DESCRICIÓN DURACIÓN TARIFAS (tempada alta) TARIFAS (tempada baixa) MALETAS DIDÁCTICAS PROGRAMA INFANTIL PROGRAMA BÁSICO PROGRAMA COMPLETO Visita guiada polo castro, pola exposición e obradoiro a escoller 2,5 horas 4 € 3,50 € 2,5 horas 5 € 4 € 1,5 horas 3 € 2,50 € 3€ (todas as idades) Visita guiada polo castro e pola exposición Visita guiada polo castro, pola exposición e obradoiro a escoller
  • 16. Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica San Cibrao de Las s/n CP 32455 San Amaro - Punxín, Ourense info@pacc.es • reservas@pacc.es • 988 267 285 www.pacc.es