SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 5
Descargar para leer sin conexión
1
O roubo de Pontenova
ROUBADO O CADRO DE ÓSCAR POI NA TARDE DE ONTE
Este era o gran titular co que abría o xornal A Nova esta mañá.
A nai e o pai de Marga miráronse atónitos. Roubaran o cadro! Que horror!!!
A cuestión era que no colexio de Marga roubaran un cadro que fora doado por un pintor
da zona que chegou ter bastante fama, tamén tiña os bigotes máis longos da contorna . Iso
foi o que pensou Marga cando viu a foto do pintor no xornal.
A dirección do colexio non quería un escándalo nin que a xente do pobo pensase que non
coidaban os bens de todos, polo que decidiron poñer en marcha unha investigación, a
maiores da que levaban as autoridades. E quen mellor para levar a cabo esta misión que
uns investigadores do pobo, xente seria e discreta que tiñan unha oficina de investigación:
FERREIROS NON – Investigadores privados - Rúa Perdidos – Núm. 17, 1º B.
Así foi como Pedro Ferreiros López e Rosa Non García, aínda non saíran do seu asombro,
cando aquela mañá do mes de abril soou o teléfono para informalos de que pasaran polo
colexio para darlles os detalles e facérense cargo do roubo do cadro.
Marga miraba a cara dos seus pais que era de preocupación e alarma. Non aguantou máis e
preguntou:
- Que pasa?
Os pais contestaron:
- Nada só que temos que ir ao colexio nun momento. Pecha a porta e
non abras a ninguén.
Marga mirounos e dixo: -En serio! En sábado ides ao cole? Que pasa? é polo do roubo?.
Rosa mirouna e díxolle con apuro : - Non pasa nada, nos imos ao noso e ti non te metas .
Avisoooteee! Recolle o teu cuarto! E non abras a porta!
2
Dicindo isto, a nai e o pai de Marga saíron da casa cos seus paraugas e poñendo as súas
gabardinas ( un bo detective nunca vai sen gabardina) o caso é que chovía a chuzos, en
abril augas mil. En resume, Marga, filla de detectives, quedou na casa moi intrigada e
certamente enfurruñada, rosmando: recolle o cuarto, recolle o cuarto, xa, a nena que non
saiba nada . Pois é o meu cole ! O cadro non me gustaba pero... é do meu cole e o meu cole
non se rouba!
Marga indignada dirixiuse cara o teléfono e chamou a Martiño:
- Viches o xornal?!
- Bos días, Marga! É sábado pola mañá que pasa?
- Que se viches o xornal! Roubaron no cole.
- Que? Quen? Non levarían a Flora (era conserxe vella e rosmona á que os nenos non
querían moito)
- Non oh! Oxalá! Levaron o cadro grande, o do gaiteiro, o que está na entrada.
- O do señor dos bigotes?
- Si ese .
- E para que o queren? se é ben feo.
- Eu que sei, o certo é que segundo lles oín a meus pais, ten certo valor xa que o
pintor foi famoso.
- Teus pais van investigar?
- Creo que si pero xa sabes a min non me din anda. Pero NÓS tamén!
- Nós!
- Si nos os da panda, non imos quedar coma parvos vendo que rouban no noso cole.
Calquera día rouban os balóns, e daquela qué?
- Tes razón, ou os libros de Geronimo Stilton se lles dá por roubar.
- Chama aos outros e quedamos pola tarde ás tres no banco da praza.
- OK.
- Chao.
Marta, sen ter ganas, arranxou o seu cuarto pois sabía que coa súa nai non había que xogar.
Cando acabou, oíu a porta, seus pais acababan de chegar pingando. Deus, como chovía!
A nai arranxou o xantar e o seu pai limpou a casa.
Cando xantaron Marga morría por preguntar que pasara. Mais, sabía que se preguntaba non
lle contaban, era mellor esperar e deixar que falaran eles. E falaron contaron o que lles dixo
a directora. No centro non había sinais de violencia, non romperan nada, nin levaran nada
máis, e iso que estaban gardados os cartos para a excursión a Roma dos de 4º da ESO.
Tamén contaron que a directora estaba preocupada porque ela cría que podería ser alguén
do propio colexio. Non había pegadas de ningún tipo. Quen roubou o cadro sabía o que
facía. As autoridades dixeran que o cadro tiña gran valor xa que ese pintor ultimamente
estaba moi considerado. Marga anotaba todo isto na súa mente para contarllo aos seus
compañeiros.
Despois de discutir un pouco para que a deixasen saír á praza co día que estaba e abrigada
que parecía unha cebola, foi xunta dos seus amigos. Non eran moitos, con ela catro:
Martiño, Marcos e Marta. Os catro M! Como lle gustaba fantasear a Marga, a ela íalle,
coma aos seus pais, aquilo de investigar aínda que non fora máis que onde ía o gato da
veciña. O caso era investigar!
3
Marga contoulles o que sabía. Os compañeiros tamén oíran o caso nas casas e os rumores
que corrían polo pobo: que se alguén ,Dona Manuela, que era a que o vía todo, vira unha
sombra pola noite, outro que vira unha furgona que parecía duns melenudos... cada veciño
vira unha cousa. Iso que o colexio estaba apartado das casas que se non....
Entre os catro decidiron que había que empezar investigando aos profes, porque os
alumnos nunca levarían algo tan, tan feeooo. Os alumnos sabían que non era un Picasso era
o cadro do gaiteiro gordo, cun marco horroroso, e, se o pintor estaba valorado sería porque
tiña outros mellores que senón, dígoche eu...
Marcos pensou que o mellor era ir ao lugar dos feitos, e aló foron. Saltaron o muro e sorte
tiveron de que non os pillaran . Déronlle sete voltas ao cole pero non viron nada. Decidiron
xuntarse de novo o domingo para poñer as ideas en claro, tiñan que pensar toda a noite.
O domingo á tarde, xuntáronse de novo, cada un contou o que oíra na súa casa, outra vez,
non había por onde empezar todo era dixo, díxome.. Marta, rapaza sensata, opinou:
- Eu coido que era mellor esperar a mañá e fixarnos en todo, estudar aos profes.
- Tes razón - dixo Martiño – se falta algún ao mellor é porque o está vendendo
- Marga mirounos con cara de ofendida e dixo- xa se fora así de fácil. Meus pais han
ir falar con eles e non pode faltar ningún, a policía tamén falará con eles.
- Hai algúns que viven por aquí podemos seguir os seus pasos. Ademais son os mais
sospeitosos: o de Mates, que é raro!, a de lingua é sinistra, o de ciencias xa che
digo...
- Vale, vale dixeron todos á vez.
O luns, chovía, outra vez, e na casa de Marga todo eran présas ela e os seus pais tiñan que
ir ao cole, raro, raro, coma cando tiña catro anos . Pero se xa ía en quinto. En fin, eran
moitos os nervios. Marga pasara toda a noite pensando en como espiar aos profes que eran
do pobo para descubrir ao ladrón.
Uf! E se non é un profe e se foi o cociñeiro, ou Flora... ou Berta a das fotocopias.... Hai
demasiados sospeitosos, pensaba intranquila mentres ía oíndo o que falaban seus pais.
Cando chegou ao colexio alí estaba a directora, o xefe de estudos, todos, coma se fosen
castigar a alguén, case sentiu pena polos seus pais, logo recompúxose e pensou – Nós
tamén imos investigar.
Os catro M estiveron más preocupados de observar aos profesores que de atender ao que
era un adxectivo ou aos metros cadrados. Cando soou a serea saíron pitando para o patio.
Non se falaba doutra cousa, e Marga de repente sentiu que todos se botaban enriba dela
para preguntarlle qué era o que sabía. Eu, Eu, nOOOOn sei nada. Os detectives son meus
pais!!!!!!!
Os seus compañeiros sacárona como puideron do medio de toda aquela lea. Foron para os
baños que eran un sitio tranquilo e seguro. Marga explicoulles aos demais que seus pais
pensaban parecido a eles e que ían comezar polo persoal do centro, interrogándoos e
pescudando os seus movementos. Marga botáballe moito conto , gustáballe ser o centro de
atención. Non se pode negar.
Marcos opinou que había que fixarse en todo e en todos ían dedicar o resto da mañá a iso,
ben, despois do exame de inglés. Pola tarde, se deixaba de chover, habían quedar para dar
unha volta preto das casas dos que traballaban no cole.
- Imos, vén Flora! Non lle gusta o barullo no baño.
4
- Bo! A esa non lle gusta nada.
- Por que será tan rara?
- Non sei, será que nunca tivo mozo
- Vale xa saíu o machista
- Ei, non te poñas así Marta eu só facía unha broma...
- Rapaces! dixeron as dúas á vez.
Á hora de comer Marga e os seus pais estaban tensos, eles non querían contar as súas
sospeitas e Marga quería saber. Non aguantou máis e preguntou: Que se sabe? Sabedes
quen é o culpable?. Non!!!, dixeron a coro seus pais.
Marga, entende que hai moita xente que traballa no cole que son nosos veciños e non
podemos falar deles á lixeira, non estaría ben , explicou súa nai.
- Xa mamá pero eu quero saber, e podo axudar. Os pais riron e acariñárona, sen dicir nada.
-Mamá hei quedar cos nenos esta tarde.
-Vale, pero sen tolerías que te coñezo!
- Tranqui má!
Marga despois de facer as súas tarefas xuntouse cos seus compañeiros e foron dando unha
volta e barallando posibilidades, outra vez: O de mates, raro, pero soso, non o vían
roubando o cadro, el era moi pequeno e o cadro moi grande. A de lingua ía ao seu, non
roubaría un cadro dese señor, se fose de Lugrís ao mellor...
- Flora foi Flora - dixo Martiño.
Marga mirouno con cara de sorpresa e díxolle:
- Que mosca che picou a ti con Flora , en serio?...
- Marcos, ti tamén cres que foi Flora, verdade? Dixo Martiño.
- Home, non sei, se cadra.
Vale admitiron Marta e Marga, imos cara a casa de Flora é certo que é a máis rara de todos
eles e ela é alta e forte para cargar co cadro.
- Si, dixo Martiño, o seu sobriño ten un furgona é melenudo e Flora conduce.
- Aclárate tío non entendo nada , dixo Marga, levou o cadro Flora ou o seu sobriño.
- Non sei, pero xa verás como teño razón.
- Veña imos.
Sen razón lóxica, que diría meu pai, foron cara a casa de Flora deron voltas e máis voltas
non vían nada. Nisto Flora saíu. Deixou a porta aberta e, Martiño e Marga non o
dubidaron, sen pensar entraron, os outros dous quedaron fóra por se volvía Flora.
A casa era escura e cheiraba a rancio, así describen as casas escuras non libros, o caso é
que cheiraba moi mal a nunca abrir ou algo así. Foron adaptándose a ver na escuridade e
alí plantificado no medio do salón ¡ O CADRO ! Non podía ser, demasiado fácil para ser
verdade, se seus pais aínda non empezaran co caso en serio e ela xa o resolvera.
A cousas as veces son fáciles e outras non pero... Flora tamén estaba no salón e con Marta
e Marcos cada un pola súa orella, tiñan cara de dor, pobres, Marga e Martiño quedaron
brancos e tremendo. Flora mirábaos con pinta de ilos matar ou iso pensaban eles.
– Que facedes aquí? Preguntou con voz forte.
- Nós, nos... chegaron a dicir eles, todos tiñan medo.
5
- FIU FIU . O son dun was, non se atrevían a moverse. Era o de Marga. Pero sen saber
como sacou o teléfono era súa nai e moi rápido, escribiu: é Flora casa dela, vide . Cando
Flora lle quitou o móbil do demo, como dixo ela, xa se enviara o was , isto do 4G éche un
invento...
Ao pouco chegaron os pais de Marga entraron e atoparon a Flora, aos nenos cheos de
medo e ao cadro, todos no salón, sen moverse, uns tíñanlle medo aos outros.
Os pais de Marga vendo tal panorama preguntaron só:
- Porque Flora?
Ela contestou: - El non lle gustaba a ninguén eu tampouco, estamos ben xuntos.
FIN
CLARA BRAGE AMADO. 5º Primaria CPI Virxe da Cela (Monfero).
Xuño 2015

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaLoisperez
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Rocioepablo
RocioepabloRocioepablo
RocioepabloCCMC
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitospaulaif
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.Yolanda Castro
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 

La actualidad más candente (20)

Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da Rosalía
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Rocioepablo
RocioepabloRocioepablo
Rocioepablo
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Tertulias de cine
Tertulias de cineTertulias de cine
Tertulias de cine
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 

Destacado

Dmr 15 ideas_es_vf
Dmr 15 ideas_es_vfDmr 15 ideas_es_vf
Dmr 15 ideas_es_vfsatelite1
 
Cartel filgueira valverde
Cartel filgueira valverdeCartel filgueira valverde
Cartel filgueira valverdesatelite1
 
Tríptico curuxa galego (1)
Tríptico curuxa galego (1)Tríptico curuxa galego (1)
Tríptico curuxa galego (1)satelite1
 
Vinilo programacion febreiro_2016 (1)
Vinilo programacion febreiro_2016 (1)Vinilo programacion febreiro_2016 (1)
Vinilo programacion febreiro_2016 (1)satelite1
 
Poster pasado milagreiro
Poster pasado milagreiroPoster pasado milagreiro
Poster pasado milagreirosatelite1
 
Crónica presentación libro pepe dopico
Crónica presentación libro pepe dopicoCrónica presentación libro pepe dopico
Crónica presentación libro pepe dopicosatelite1
 
Convocatoria día mundial radio 2015
Convocatoria día mundial radio 2015Convocatoria día mundial radio 2015
Convocatoria día mundial radio 2015satelite1
 
Feísmo 3º eso ccss
Feísmo 3º eso ccssFeísmo 3º eso ccss
Feísmo 3º eso ccsssatelite1
 
Fotonovela o marta
Fotonovela o martaFotonovela o marta
Fotonovela o martasatelite1
 
Nós tamén creamos
Nós tamén creamosNós tamén creamos
Nós tamén creamossatelite1
 
Folleto programacion decembro
Folleto programacion decembroFolleto programacion decembro
Folleto programacion decembrosatelite1
 
Crónica 23 de abril
Crónica 23 de abrilCrónica 23 de abril
Crónica 23 de abrilsatelite1
 
Folleto marzo 2016
Folleto marzo 2016Folleto marzo 2016
Folleto marzo 2016satelite1
 
Traemos a vida á escola
Traemos a vida á escolaTraemos a vida á escola
Traemos a vida á escolasatelite1
 
Bases ouff escola 2016
Bases ouff escola 2016Bases ouff escola 2016
Bases ouff escola 2016satelite1
 
Crónica maios 2016
Crónica maios 2016Crónica maios 2016
Crónica maios 2016satelite1
 
Crónica entroido 2016
Crónica entroido 2016Crónica entroido 2016
Crónica entroido 2016satelite1
 
Noiteboa teatro
Noiteboa teatroNoiteboa teatro
Noiteboa teatrosatelite1
 
Dip robótica002
Dip robótica002Dip robótica002
Dip robótica002satelite1
 
Cartel programacion xuno
Cartel programacion xunoCartel programacion xuno
Cartel programacion xunosatelite1
 

Destacado (20)

Dmr 15 ideas_es_vf
Dmr 15 ideas_es_vfDmr 15 ideas_es_vf
Dmr 15 ideas_es_vf
 
Cartel filgueira valverde
Cartel filgueira valverdeCartel filgueira valverde
Cartel filgueira valverde
 
Tríptico curuxa galego (1)
Tríptico curuxa galego (1)Tríptico curuxa galego (1)
Tríptico curuxa galego (1)
 
Vinilo programacion febreiro_2016 (1)
Vinilo programacion febreiro_2016 (1)Vinilo programacion febreiro_2016 (1)
Vinilo programacion febreiro_2016 (1)
 
Poster pasado milagreiro
Poster pasado milagreiroPoster pasado milagreiro
Poster pasado milagreiro
 
Crónica presentación libro pepe dopico
Crónica presentación libro pepe dopicoCrónica presentación libro pepe dopico
Crónica presentación libro pepe dopico
 
Convocatoria día mundial radio 2015
Convocatoria día mundial radio 2015Convocatoria día mundial radio 2015
Convocatoria día mundial radio 2015
 
Feísmo 3º eso ccss
Feísmo 3º eso ccssFeísmo 3º eso ccss
Feísmo 3º eso ccss
 
Fotonovela o marta
Fotonovela o martaFotonovela o marta
Fotonovela o marta
 
Nós tamén creamos
Nós tamén creamosNós tamén creamos
Nós tamén creamos
 
Folleto programacion decembro
Folleto programacion decembroFolleto programacion decembro
Folleto programacion decembro
 
Crónica 23 de abril
Crónica 23 de abrilCrónica 23 de abril
Crónica 23 de abril
 
Folleto marzo 2016
Folleto marzo 2016Folleto marzo 2016
Folleto marzo 2016
 
Traemos a vida á escola
Traemos a vida á escolaTraemos a vida á escola
Traemos a vida á escola
 
Bases ouff escola 2016
Bases ouff escola 2016Bases ouff escola 2016
Bases ouff escola 2016
 
Crónica maios 2016
Crónica maios 2016Crónica maios 2016
Crónica maios 2016
 
Crónica entroido 2016
Crónica entroido 2016Crónica entroido 2016
Crónica entroido 2016
 
Noiteboa teatro
Noiteboa teatroNoiteboa teatro
Noiteboa teatro
 
Dip robótica002
Dip robótica002Dip robótica002
Dip robótica002
 
Cartel programacion xuno
Cartel programacion xunoCartel programacion xuno
Cartel programacion xuno
 

Similar a O roubo de pontenova clara brage 5º primaria

Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoMaría Fernandez García
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Meigamaior
 
As sombras dos templarios
As sombras dos templariosAs sombras dos templarios
As sombras dos templariosYolanda Castro
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2noagaliza
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contosquendadeira
 
xenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdfxenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdfEncarna Lago
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciapabloedlg
 
Vikingos. 5º B
Vikingos. 5º BVikingos. 5º B
Vikingos. 5º Bceipcoiron
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principiosatelite1
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principiosatelite1
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)MonContos
 
Os biosbardos
Os biosbardosOs biosbardos
Os biosbardosegsumay
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bRemoeaLinguaLinguaGa
 

Similar a O roubo de pontenova clara brage 5º primaria (20)

A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
Confianza
ConfianzaConfianza
Confianza
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
 
As sombras dos templarios
As sombras dos templariosAs sombras dos templarios
As sombras dos templarios
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
xenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdfxenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdf
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 
Vikingos. 5º B
Vikingos. 5º BVikingos. 5º B
Vikingos. 5º B
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principio
 
Ocemiterio luciar
Ocemiterio luciarOcemiterio luciar
Ocemiterio luciar
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)
 
Os biosbardos
Os biosbardosOs biosbardos
Os biosbardos
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac b
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 

Más de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

O roubo de pontenova clara brage 5º primaria

  • 1. 1 O roubo de Pontenova ROUBADO O CADRO DE ÓSCAR POI NA TARDE DE ONTE Este era o gran titular co que abría o xornal A Nova esta mañá. A nai e o pai de Marga miráronse atónitos. Roubaran o cadro! Que horror!!! A cuestión era que no colexio de Marga roubaran un cadro que fora doado por un pintor da zona que chegou ter bastante fama, tamén tiña os bigotes máis longos da contorna . Iso foi o que pensou Marga cando viu a foto do pintor no xornal. A dirección do colexio non quería un escándalo nin que a xente do pobo pensase que non coidaban os bens de todos, polo que decidiron poñer en marcha unha investigación, a maiores da que levaban as autoridades. E quen mellor para levar a cabo esta misión que uns investigadores do pobo, xente seria e discreta que tiñan unha oficina de investigación: FERREIROS NON – Investigadores privados - Rúa Perdidos – Núm. 17, 1º B. Así foi como Pedro Ferreiros López e Rosa Non García, aínda non saíran do seu asombro, cando aquela mañá do mes de abril soou o teléfono para informalos de que pasaran polo colexio para darlles os detalles e facérense cargo do roubo do cadro. Marga miraba a cara dos seus pais que era de preocupación e alarma. Non aguantou máis e preguntou: - Que pasa? Os pais contestaron: - Nada só que temos que ir ao colexio nun momento. Pecha a porta e non abras a ninguén. Marga mirounos e dixo: -En serio! En sábado ides ao cole? Que pasa? é polo do roubo?. Rosa mirouna e díxolle con apuro : - Non pasa nada, nos imos ao noso e ti non te metas . Avisoooteee! Recolle o teu cuarto! E non abras a porta!
  • 2. 2 Dicindo isto, a nai e o pai de Marga saíron da casa cos seus paraugas e poñendo as súas gabardinas ( un bo detective nunca vai sen gabardina) o caso é que chovía a chuzos, en abril augas mil. En resume, Marga, filla de detectives, quedou na casa moi intrigada e certamente enfurruñada, rosmando: recolle o cuarto, recolle o cuarto, xa, a nena que non saiba nada . Pois é o meu cole ! O cadro non me gustaba pero... é do meu cole e o meu cole non se rouba! Marga indignada dirixiuse cara o teléfono e chamou a Martiño: - Viches o xornal?! - Bos días, Marga! É sábado pola mañá que pasa? - Que se viches o xornal! Roubaron no cole. - Que? Quen? Non levarían a Flora (era conserxe vella e rosmona á que os nenos non querían moito) - Non oh! Oxalá! Levaron o cadro grande, o do gaiteiro, o que está na entrada. - O do señor dos bigotes? - Si ese . - E para que o queren? se é ben feo. - Eu que sei, o certo é que segundo lles oín a meus pais, ten certo valor xa que o pintor foi famoso. - Teus pais van investigar? - Creo que si pero xa sabes a min non me din anda. Pero NÓS tamén! - Nós! - Si nos os da panda, non imos quedar coma parvos vendo que rouban no noso cole. Calquera día rouban os balóns, e daquela qué? - Tes razón, ou os libros de Geronimo Stilton se lles dá por roubar. - Chama aos outros e quedamos pola tarde ás tres no banco da praza. - OK. - Chao. Marta, sen ter ganas, arranxou o seu cuarto pois sabía que coa súa nai non había que xogar. Cando acabou, oíu a porta, seus pais acababan de chegar pingando. Deus, como chovía! A nai arranxou o xantar e o seu pai limpou a casa. Cando xantaron Marga morría por preguntar que pasara. Mais, sabía que se preguntaba non lle contaban, era mellor esperar e deixar que falaran eles. E falaron contaron o que lles dixo a directora. No centro non había sinais de violencia, non romperan nada, nin levaran nada máis, e iso que estaban gardados os cartos para a excursión a Roma dos de 4º da ESO. Tamén contaron que a directora estaba preocupada porque ela cría que podería ser alguén do propio colexio. Non había pegadas de ningún tipo. Quen roubou o cadro sabía o que facía. As autoridades dixeran que o cadro tiña gran valor xa que ese pintor ultimamente estaba moi considerado. Marga anotaba todo isto na súa mente para contarllo aos seus compañeiros. Despois de discutir un pouco para que a deixasen saír á praza co día que estaba e abrigada que parecía unha cebola, foi xunta dos seus amigos. Non eran moitos, con ela catro: Martiño, Marcos e Marta. Os catro M! Como lle gustaba fantasear a Marga, a ela íalle, coma aos seus pais, aquilo de investigar aínda que non fora máis que onde ía o gato da veciña. O caso era investigar!
  • 3. 3 Marga contoulles o que sabía. Os compañeiros tamén oíran o caso nas casas e os rumores que corrían polo pobo: que se alguén ,Dona Manuela, que era a que o vía todo, vira unha sombra pola noite, outro que vira unha furgona que parecía duns melenudos... cada veciño vira unha cousa. Iso que o colexio estaba apartado das casas que se non.... Entre os catro decidiron que había que empezar investigando aos profes, porque os alumnos nunca levarían algo tan, tan feeooo. Os alumnos sabían que non era un Picasso era o cadro do gaiteiro gordo, cun marco horroroso, e, se o pintor estaba valorado sería porque tiña outros mellores que senón, dígoche eu... Marcos pensou que o mellor era ir ao lugar dos feitos, e aló foron. Saltaron o muro e sorte tiveron de que non os pillaran . Déronlle sete voltas ao cole pero non viron nada. Decidiron xuntarse de novo o domingo para poñer as ideas en claro, tiñan que pensar toda a noite. O domingo á tarde, xuntáronse de novo, cada un contou o que oíra na súa casa, outra vez, non había por onde empezar todo era dixo, díxome.. Marta, rapaza sensata, opinou: - Eu coido que era mellor esperar a mañá e fixarnos en todo, estudar aos profes. - Tes razón - dixo Martiño – se falta algún ao mellor é porque o está vendendo - Marga mirounos con cara de ofendida e dixo- xa se fora así de fácil. Meus pais han ir falar con eles e non pode faltar ningún, a policía tamén falará con eles. - Hai algúns que viven por aquí podemos seguir os seus pasos. Ademais son os mais sospeitosos: o de Mates, que é raro!, a de lingua é sinistra, o de ciencias xa che digo... - Vale, vale dixeron todos á vez. O luns, chovía, outra vez, e na casa de Marga todo eran présas ela e os seus pais tiñan que ir ao cole, raro, raro, coma cando tiña catro anos . Pero se xa ía en quinto. En fin, eran moitos os nervios. Marga pasara toda a noite pensando en como espiar aos profes que eran do pobo para descubrir ao ladrón. Uf! E se non é un profe e se foi o cociñeiro, ou Flora... ou Berta a das fotocopias.... Hai demasiados sospeitosos, pensaba intranquila mentres ía oíndo o que falaban seus pais. Cando chegou ao colexio alí estaba a directora, o xefe de estudos, todos, coma se fosen castigar a alguén, case sentiu pena polos seus pais, logo recompúxose e pensou – Nós tamén imos investigar. Os catro M estiveron más preocupados de observar aos profesores que de atender ao que era un adxectivo ou aos metros cadrados. Cando soou a serea saíron pitando para o patio. Non se falaba doutra cousa, e Marga de repente sentiu que todos se botaban enriba dela para preguntarlle qué era o que sabía. Eu, Eu, nOOOOn sei nada. Os detectives son meus pais!!!!!!! Os seus compañeiros sacárona como puideron do medio de toda aquela lea. Foron para os baños que eran un sitio tranquilo e seguro. Marga explicoulles aos demais que seus pais pensaban parecido a eles e que ían comezar polo persoal do centro, interrogándoos e pescudando os seus movementos. Marga botáballe moito conto , gustáballe ser o centro de atención. Non se pode negar. Marcos opinou que había que fixarse en todo e en todos ían dedicar o resto da mañá a iso, ben, despois do exame de inglés. Pola tarde, se deixaba de chover, habían quedar para dar unha volta preto das casas dos que traballaban no cole. - Imos, vén Flora! Non lle gusta o barullo no baño.
  • 4. 4 - Bo! A esa non lle gusta nada. - Por que será tan rara? - Non sei, será que nunca tivo mozo - Vale xa saíu o machista - Ei, non te poñas así Marta eu só facía unha broma... - Rapaces! dixeron as dúas á vez. Á hora de comer Marga e os seus pais estaban tensos, eles non querían contar as súas sospeitas e Marga quería saber. Non aguantou máis e preguntou: Que se sabe? Sabedes quen é o culpable?. Non!!!, dixeron a coro seus pais. Marga, entende que hai moita xente que traballa no cole que son nosos veciños e non podemos falar deles á lixeira, non estaría ben , explicou súa nai. - Xa mamá pero eu quero saber, e podo axudar. Os pais riron e acariñárona, sen dicir nada. -Mamá hei quedar cos nenos esta tarde. -Vale, pero sen tolerías que te coñezo! - Tranqui má! Marga despois de facer as súas tarefas xuntouse cos seus compañeiros e foron dando unha volta e barallando posibilidades, outra vez: O de mates, raro, pero soso, non o vían roubando o cadro, el era moi pequeno e o cadro moi grande. A de lingua ía ao seu, non roubaría un cadro dese señor, se fose de Lugrís ao mellor... - Flora foi Flora - dixo Martiño. Marga mirouno con cara de sorpresa e díxolle: - Que mosca che picou a ti con Flora , en serio?... - Marcos, ti tamén cres que foi Flora, verdade? Dixo Martiño. - Home, non sei, se cadra. Vale admitiron Marta e Marga, imos cara a casa de Flora é certo que é a máis rara de todos eles e ela é alta e forte para cargar co cadro. - Si, dixo Martiño, o seu sobriño ten un furgona é melenudo e Flora conduce. - Aclárate tío non entendo nada , dixo Marga, levou o cadro Flora ou o seu sobriño. - Non sei, pero xa verás como teño razón. - Veña imos. Sen razón lóxica, que diría meu pai, foron cara a casa de Flora deron voltas e máis voltas non vían nada. Nisto Flora saíu. Deixou a porta aberta e, Martiño e Marga non o dubidaron, sen pensar entraron, os outros dous quedaron fóra por se volvía Flora. A casa era escura e cheiraba a rancio, así describen as casas escuras non libros, o caso é que cheiraba moi mal a nunca abrir ou algo así. Foron adaptándose a ver na escuridade e alí plantificado no medio do salón ¡ O CADRO ! Non podía ser, demasiado fácil para ser verdade, se seus pais aínda non empezaran co caso en serio e ela xa o resolvera. A cousas as veces son fáciles e outras non pero... Flora tamén estaba no salón e con Marta e Marcos cada un pola súa orella, tiñan cara de dor, pobres, Marga e Martiño quedaron brancos e tremendo. Flora mirábaos con pinta de ilos matar ou iso pensaban eles. – Que facedes aquí? Preguntou con voz forte. - Nós, nos... chegaron a dicir eles, todos tiñan medo.
  • 5. 5 - FIU FIU . O son dun was, non se atrevían a moverse. Era o de Marga. Pero sen saber como sacou o teléfono era súa nai e moi rápido, escribiu: é Flora casa dela, vide . Cando Flora lle quitou o móbil do demo, como dixo ela, xa se enviara o was , isto do 4G éche un invento... Ao pouco chegaron os pais de Marga entraron e atoparon a Flora, aos nenos cheos de medo e ao cadro, todos no salón, sen moverse, uns tíñanlle medo aos outros. Os pais de Marga vendo tal panorama preguntaron só: - Porque Flora? Ela contestou: - El non lle gustaba a ninguén eu tampouco, estamos ben xuntos. FIN CLARA BRAGE AMADO. 5º Primaria CPI Virxe da Cela (Monfero). Xuño 2015