SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 5
Descargar para leer sin conexión
https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020
VISITA DE PHILIP ALSTON (ONU) AO CPI VIRXE DA CELA
Este martes, 28 de febreiro o relator sobre Extrema Pobreza e Dereitos
Humanos da ONU, Philip Alston, visitou o CPI Virxe da Cela de Monfero (A
Coruña) dentro do programa de reunións que realiza para, en torno ao 7 de
febreiro, presentar ás autoridades estatais un informe sobre a situación da
pobreza e a exclusión social en España.
Na súa visita a Galicia, tras estar en Santiago de Compostela onde
mantivo unha reunión coa valedora do Pobo, María Dolores Fernández
Galiño, e con colectivos en situación de vulnerabilidade, acudiu ao centro
educativo de Monfero e Irixoa onde representantes do centro, das familias,
dos servizos sociais do concello e a Rede Galega para o Desenvolvemento
Rural explicaron as dificultades e retos a débenos enfrontarse as persoas que
son parte do rural español e galego.
Ademais, estaba presente o director de Avogacía de Axuda en Acción,
Alberto Casado, entidade que promove a erradicación das desigualdades, con
especial dedicación a salvagárdaa dos dereitos fundamentais de nenas e nenos
e que fixo posible o encontro do representante das Nacións Unidas con
persoas e entidades que coñecen de primeira man as situacións de exclusión ás
que se enfronta boa parte do territorio galego.
https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020
Da visita, quedamos sobre todo, coa sensación de que polo menos unha
vez a voz das persoas foi escoitada. Queremos ser parte dunha sociedade que
por moito que tente camuflarse na globalidade non pode deixar de lado nela.
Existen diferentes realidades que teñen por se mesmas ilusións e expectativas
de desenvolvemento xusto e sustentable que tamén deben ser tidas en conta.
Falamos de problemáticas como: o desmantelamento dos servizos
sociais, a falta de infraestruturas de comunicación e de transporte público, da
falta de oportunidades para mozas e maiores, da fenda dixital e de xénero, do
menor índice salarial, da muller como coidadora e traballadora sen salario, da
falta de conciencia social solidaria e do descoñecemento e do sentimento de
abandono por parte das institucións, entre outros.
Pero tamén, realizamos unha posta en valor das nosas potencialidades e
dos nosos valores de superación e de axuda mutua. De como no rural perduran
dos valores comunitarios intimamente relacionados coa natureza e coa propia
identidade cultural galega. Por exemplo, como baluartes dunha lingua que se
resiste a ser absorbida dentro da diglosia cultural actual.
Tamén do noso recursos e potencialidades: os endóxenos, os propios do
medio que entrelazados con novas xeracións cada vez máis formadas son
capaces de xerar novas formas de desenvolvemento sustentable e xusto que se
fan palpables sobre todo en momentos de crise.
O principal desafío reside en establecer propostas de desenvolvemento
endóxeno sustentable de carácter integral e non actuacións puntuais
descontextualizadas. Temos a posibilidade de escapar de
criterios mercantilistas asentados en pseudo-eficiencias que levan á
inexistencia ou ao desmantelamento efectivo dos servizos e recursos sociais
(educativos, sanitarios, economía e intervención social, benestar,
mobilidade…) do noso medio.
Urxe destacar as potencialidades do mesmo e comprender o seu valor
engadido en aspectos como a calidade de vida, estreitamente ligada a unhas
relacións comunitarias aínda apegadas a dinámicas de colaboración e esforzo
conxunto e vinculadas ao medio natural, que supuxeron, por exemplo, contar
con alternativas efectivas nos momentos de crises.
Desde un punto de vista económico, o rural é xerme de experiencias
emprendedoras que parten dos recursos naturais e persoais, capaces de
entrelazar tradición, modernidade e innovación para xerar emprego e
estabilidade, desenvolvemento local e riqueza xeral.
https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020
Exemplo diso son iniciativas ao redor dos sectores agropecuario,
gandeiro, forestal, turístico, tecnolóxico ou artesanal, unidas en moitas
ocasións a selos de calidade ambiental ou de desenvolvemento sustentable. En
canto á poboación, non só estamos ante persoas que acumulan sabedoría e
coñecementos froito do devir xeracional, senón ante novas xeracións cada vez
máis formadas, conectadas e preocupadas que poden abrir xanelas a unha
realidade global da que non debemos escapar e na que é necesario actuar con
capacidade crítica para construír unha sociedade máis xusta.
É por iso que necesitamos un revalorización identitaria da que a escola
non pode nin debe excluírse, atendendo a un contexto local con capacidade
para entender, cuestionar e actuar desde un punto de vista global. Así estas
novas xeracións non sentirán a necesidade de incorporarse a correntes
migratorias nadas da falta de oportunidades e expectativas de futuro.
Non menos importante é entender que non estamos ante un diagnóstico
común e trasladable a todos os espazos rurais (xa que estes caracterízanse pola
súa diversidade e complexidade) e que actuacións homoxéneas e centralizadas
non resultan efectivas, como se pode comprobar no contexto histórico das
escolas rurais.
Por todo o exposto, é indispensable o desenvolvemento de programas
efectivos que dean resposta á exclusión territorial a partir do intercambio de
ideas e da reflexión crítica por parte de sociedade e institucións. Situámonos
ante realidades diversas e únicas, que aínda contando con intencionalidade e
capacidade de xestión para aproveitar as súas posibilidades e recursos,
necesitan formar parte dos procesos de mellora social e económica sen
exclusións.
Atrás, debe quedar a limitación no acceso ás comunicacións, avances
tecnolóxicos, novas vías formativas e recursos sociais. Só establecendo
propostas de futuro efectivas e sustentables no tempo sairán beneficiados tanto
o propio marco contextual como a sociedade no seu conxunto.
Tamén, están as nosas escolas rurais que ofrecen parámetros de
calidade moi altos, que veñen determinados en gran medida polas súas
formas, espazos e tempos propios, adaptados á realidade na que se enmarcan e
aos intereses e necesidades do seu alumnado. Son escolas que abren as súas
portas, que funcionan como espazo para interaccionar coa comunidade e co
medio: para escoitalo, comprendelo, sentilo e como non, actuar no mesmo.
https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020
Exercen como axentes sociais comprometidos para superar as
limitacións. Ás veces, esquecidas e case sempre, en vías de extinción. Pero,
ademais, nestas escolas sabemos enfrontamos aos retos e desafíos dun día a
día marcado pola incertidume, pero cheo de ilusións: as dos nenos e nenas que
constrúen o mañá e o das xentes que cren e loitan por unha educación
diferenciada e de calidade.
Partimos da propia dificultade para identificar a escola rural,
demasiadas veces circunscrita a visións estereotipadas que deixan de lado a
súa realidade intimamente relacionada co medio onde se desenvolve. É
necesaria unha sensibilización, tanto política como da comunidade, que leve a
entender o rural de forma global e como parte dunha realidade con identidade
propia. Formamos parte dun contexto que emana riqueza e cultura para o
conxunto da sociedade, que á súa vez non pode ser parte excluínte da súa
construción idiosincrásica.
Pola súa banda, a escola rural debe tamén comprender a súa
singularidade e finalidades para atender tanto ás necesidades do seu alumnado
como ás contextuais e sociais, entrelazando función educativa e formativa con
funcionalidade social adaptativa a partir de canles efectivas de comunicación e
participación social .
Para a consecución deste ambicioso obxectivo valoramos a necesidade
dun marco organizativo propio que posibilite concibir a educación como un
ben e unha responsabilidade. Unha escola transformadora que entrecruce
realidade e futuro precisa de espazos de reflexión, participación e cooperación
verdadeiramente efectivos.
Debe implicar á Comunidade educativa no seu día a día e posibilitar
vías de colaboración con estamentos e organizacións institucionais, sociais
e/ou culturais que, ademais de achegar significatividade e valor aos procesos
de aprendizaxe, supoña o acceso a recursos tanto persoais como materiais e, o
que é máis importante, á capacidade de interacción coa realidade. Esta
responsabilidade, lonxe de contrapoñerse aos preceptos lexislativos, está en
consonancia cos mesmos, podendo instar os poderes públicos para que os
fagan efectivos (texto consolidado de LÓE, Lei 27/2013, do 27 de decembro,
de racionalización e sustentabilidade da Administración local e Lei 45/2007,
do 13 de decembro, para o Desenvolvemento sustentable do medio rural).
https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020
Falamos de equidade, calidade, non discriminación, igualdade de
oportunidades, compensación das desigualdades, colaboración entre
administracións e entre territorios… e de ser conscientes de que unha escola
con calidade e equidade é parte imprescindible do desenvolvemento
sustentable do medio rural .
Desde un punto de vista pedagóxico, preséntase unha concepción da
cultura escolar que camiña cara á innovación con capacidade para a creación e
transformación do coñecemento en aprendizaxes útiles e reais, que permitan o
desenvolvemento do sentido crítico e, por suposto, con vocación de liderado .
Falamos de aprender e de comprender en sociedade para ser capaces de
establecer retos e dotalos de propostas resolutivas viables e efectivas que
teñan en conta a interdependencia entre o medio físico e humano propia do
medio rural . Trátase, en definitiva, de preparar ás novas xeracións para
exercer unha cidadanía activa, crítica e con capacidade transformadora,
abrindo portas non só ao coñecemento, senón ás posibilidades e á superación.
Estas propostas deben ser algo real e apoiadas polas nosas institucións, para
garantir a igualdade de oportunidades e de condicións.
Monfero, 31 de xaneiro de 2020

Más contenido relacionado

Similar a Visita relator onu

Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
satelite1
 
As competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadoAs competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariado
satelite1
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015
satelite1
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
satelite1
 

Similar a Visita relator onu (20)

Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
As competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadoAs competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariado
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Dona de si
Dona de siDona de si
Dona de si
 
Educar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptxEducar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptx
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Eds
EdsEds
Eds
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
 
ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA
ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIAESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA
ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Manifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado revManifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado rev
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 

Más de satelite1

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosqueraPerfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
 

Visita relator onu

  • 1. https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020 VISITA DE PHILIP ALSTON (ONU) AO CPI VIRXE DA CELA Este martes, 28 de febreiro o relator sobre Extrema Pobreza e Dereitos Humanos da ONU, Philip Alston, visitou o CPI Virxe da Cela de Monfero (A Coruña) dentro do programa de reunións que realiza para, en torno ao 7 de febreiro, presentar ás autoridades estatais un informe sobre a situación da pobreza e a exclusión social en España. Na súa visita a Galicia, tras estar en Santiago de Compostela onde mantivo unha reunión coa valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, e con colectivos en situación de vulnerabilidade, acudiu ao centro educativo de Monfero e Irixoa onde representantes do centro, das familias, dos servizos sociais do concello e a Rede Galega para o Desenvolvemento Rural explicaron as dificultades e retos a débenos enfrontarse as persoas que son parte do rural español e galego. Ademais, estaba presente o director de Avogacía de Axuda en Acción, Alberto Casado, entidade que promove a erradicación das desigualdades, con especial dedicación a salvagárdaa dos dereitos fundamentais de nenas e nenos e que fixo posible o encontro do representante das Nacións Unidas con persoas e entidades que coñecen de primeira man as situacións de exclusión ás que se enfronta boa parte do territorio galego.
  • 2. https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020 Da visita, quedamos sobre todo, coa sensación de que polo menos unha vez a voz das persoas foi escoitada. Queremos ser parte dunha sociedade que por moito que tente camuflarse na globalidade non pode deixar de lado nela. Existen diferentes realidades que teñen por se mesmas ilusións e expectativas de desenvolvemento xusto e sustentable que tamén deben ser tidas en conta. Falamos de problemáticas como: o desmantelamento dos servizos sociais, a falta de infraestruturas de comunicación e de transporte público, da falta de oportunidades para mozas e maiores, da fenda dixital e de xénero, do menor índice salarial, da muller como coidadora e traballadora sen salario, da falta de conciencia social solidaria e do descoñecemento e do sentimento de abandono por parte das institucións, entre outros. Pero tamén, realizamos unha posta en valor das nosas potencialidades e dos nosos valores de superación e de axuda mutua. De como no rural perduran dos valores comunitarios intimamente relacionados coa natureza e coa propia identidade cultural galega. Por exemplo, como baluartes dunha lingua que se resiste a ser absorbida dentro da diglosia cultural actual. Tamén do noso recursos e potencialidades: os endóxenos, os propios do medio que entrelazados con novas xeracións cada vez máis formadas son capaces de xerar novas formas de desenvolvemento sustentable e xusto que se fan palpables sobre todo en momentos de crise. O principal desafío reside en establecer propostas de desenvolvemento endóxeno sustentable de carácter integral e non actuacións puntuais descontextualizadas. Temos a posibilidade de escapar de criterios mercantilistas asentados en pseudo-eficiencias que levan á inexistencia ou ao desmantelamento efectivo dos servizos e recursos sociais (educativos, sanitarios, economía e intervención social, benestar, mobilidade…) do noso medio. Urxe destacar as potencialidades do mesmo e comprender o seu valor engadido en aspectos como a calidade de vida, estreitamente ligada a unhas relacións comunitarias aínda apegadas a dinámicas de colaboración e esforzo conxunto e vinculadas ao medio natural, que supuxeron, por exemplo, contar con alternativas efectivas nos momentos de crises. Desde un punto de vista económico, o rural é xerme de experiencias emprendedoras que parten dos recursos naturais e persoais, capaces de entrelazar tradición, modernidade e innovación para xerar emprego e estabilidade, desenvolvemento local e riqueza xeral.
  • 3. https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020 Exemplo diso son iniciativas ao redor dos sectores agropecuario, gandeiro, forestal, turístico, tecnolóxico ou artesanal, unidas en moitas ocasións a selos de calidade ambiental ou de desenvolvemento sustentable. En canto á poboación, non só estamos ante persoas que acumulan sabedoría e coñecementos froito do devir xeracional, senón ante novas xeracións cada vez máis formadas, conectadas e preocupadas que poden abrir xanelas a unha realidade global da que non debemos escapar e na que é necesario actuar con capacidade crítica para construír unha sociedade máis xusta. É por iso que necesitamos un revalorización identitaria da que a escola non pode nin debe excluírse, atendendo a un contexto local con capacidade para entender, cuestionar e actuar desde un punto de vista global. Así estas novas xeracións non sentirán a necesidade de incorporarse a correntes migratorias nadas da falta de oportunidades e expectativas de futuro. Non menos importante é entender que non estamos ante un diagnóstico común e trasladable a todos os espazos rurais (xa que estes caracterízanse pola súa diversidade e complexidade) e que actuacións homoxéneas e centralizadas non resultan efectivas, como se pode comprobar no contexto histórico das escolas rurais. Por todo o exposto, é indispensable o desenvolvemento de programas efectivos que dean resposta á exclusión territorial a partir do intercambio de ideas e da reflexión crítica por parte de sociedade e institucións. Situámonos ante realidades diversas e únicas, que aínda contando con intencionalidade e capacidade de xestión para aproveitar as súas posibilidades e recursos, necesitan formar parte dos procesos de mellora social e económica sen exclusións. Atrás, debe quedar a limitación no acceso ás comunicacións, avances tecnolóxicos, novas vías formativas e recursos sociais. Só establecendo propostas de futuro efectivas e sustentables no tempo sairán beneficiados tanto o propio marco contextual como a sociedade no seu conxunto. Tamén, están as nosas escolas rurais que ofrecen parámetros de calidade moi altos, que veñen determinados en gran medida polas súas formas, espazos e tempos propios, adaptados á realidade na que se enmarcan e aos intereses e necesidades do seu alumnado. Son escolas que abren as súas portas, que funcionan como espazo para interaccionar coa comunidade e co medio: para escoitalo, comprendelo, sentilo e como non, actuar no mesmo.
  • 4. https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020 Exercen como axentes sociais comprometidos para superar as limitacións. Ás veces, esquecidas e case sempre, en vías de extinción. Pero, ademais, nestas escolas sabemos enfrontamos aos retos e desafíos dun día a día marcado pola incertidume, pero cheo de ilusións: as dos nenos e nenas que constrúen o mañá e o das xentes que cren e loitan por unha educación diferenciada e de calidade. Partimos da propia dificultade para identificar a escola rural, demasiadas veces circunscrita a visións estereotipadas que deixan de lado a súa realidade intimamente relacionada co medio onde se desenvolve. É necesaria unha sensibilización, tanto política como da comunidade, que leve a entender o rural de forma global e como parte dunha realidade con identidade propia. Formamos parte dun contexto que emana riqueza e cultura para o conxunto da sociedade, que á súa vez non pode ser parte excluínte da súa construción idiosincrásica. Pola súa banda, a escola rural debe tamén comprender a súa singularidade e finalidades para atender tanto ás necesidades do seu alumnado como ás contextuais e sociais, entrelazando función educativa e formativa con funcionalidade social adaptativa a partir de canles efectivas de comunicación e participación social . Para a consecución deste ambicioso obxectivo valoramos a necesidade dun marco organizativo propio que posibilite concibir a educación como un ben e unha responsabilidade. Unha escola transformadora que entrecruce realidade e futuro precisa de espazos de reflexión, participación e cooperación verdadeiramente efectivos. Debe implicar á Comunidade educativa no seu día a día e posibilitar vías de colaboración con estamentos e organizacións institucionais, sociais e/ou culturais que, ademais de achegar significatividade e valor aos procesos de aprendizaxe, supoña o acceso a recursos tanto persoais como materiais e, o que é máis importante, á capacidade de interacción coa realidade. Esta responsabilidade, lonxe de contrapoñerse aos preceptos lexislativos, está en consonancia cos mesmos, podendo instar os poderes públicos para que os fagan efectivos (texto consolidado de LÓE, Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local e Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o Desenvolvemento sustentable do medio rural).
  • 5. https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2020/01/philip-alston-onu-visita-o-cpip-virxe.html 2019-2020 Falamos de equidade, calidade, non discriminación, igualdade de oportunidades, compensación das desigualdades, colaboración entre administracións e entre territorios… e de ser conscientes de que unha escola con calidade e equidade é parte imprescindible do desenvolvemento sustentable do medio rural . Desde un punto de vista pedagóxico, preséntase unha concepción da cultura escolar que camiña cara á innovación con capacidade para a creación e transformación do coñecemento en aprendizaxes útiles e reais, que permitan o desenvolvemento do sentido crítico e, por suposto, con vocación de liderado . Falamos de aprender e de comprender en sociedade para ser capaces de establecer retos e dotalos de propostas resolutivas viables e efectivas que teñan en conta a interdependencia entre o medio físico e humano propia do medio rural . Trátase, en definitiva, de preparar ás novas xeracións para exercer unha cidadanía activa, crítica e con capacidade transformadora, abrindo portas non só ao coñecemento, senón ás posibilidades e á superación. Estas propostas deben ser algo real e apoiadas polas nosas institucións, para garantir a igualdade de oportunidades e de condicións. Monfero, 31 de xaneiro de 2020