4. FERROL 1936
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Xosé Manuel Suárez
Deseño e maquetación: Bucle Comunicación
Edita: Concello de Ferrol. Concellería de Educación
ISBN: 978-84-692-9900-5
Depósito legal: C 228-2010
5. A liberdade é un dereito hoxe consolidado
na nosa sociedade, aínda que é certo que non
precisamos percorrer demasiada distancia
neste mundo globalizado para darnos conta
que non abunda noutros puntos do planeta.
Pero na nosa terra non foi sempre así. Os
intentos do home por ocultar episodios de
represión e abuso sempre se atopan coa
teimuda memoria dos protagonistas de cada
tempo e Ferrol 1936, Golpe de Estado e
Represión invita á comunidade escolar a
facer un exercicio educativo, histórico,
sociolóxico e sen dúbida democrático de
recuperación das vivencias, das testemuñas
e dos sentimentos daqueles que escribiron a
crónica de Ferrol nas últimas décadas e, máis
concretamente, entre 1936 ata os anos 80.
A nosa historia máis recente precisa dunha
investigación que nos achegue a todos nós,
en xeral, e aos máis novos, en particular, á
realidade do que ocorreu dende xullo do
1936 no noso país.
É unha das accións, na miña opición unha
das máis destacadas, que propón a unidade
didáctica que o Concello pon á vosa
disposición, pero non a única. A partir dun
relatorio rigoroso da realidade, asinado polo
profesor Xosé Manuel Suárez, permitiráselles
aos alumnos e alumnas ampliar os seus
coñecementos a través de dinámicas de
aprendizaxe activas, co que favorecerá a súa
actitude crítica respecto á historia.
Esta publicación é unha porta aberta á
reflexión, á análise, á investigación... sempre
e cando saia das estanterías e se atope con
docentes dispostos a aproveitarse dela e
introducila nos seus plans de estudo. Son a
peza clave entre a obra e os destinatarios.
Aqueles que precisan coñecer o pasado para
escribir con tino o presente e evitar que nunca
xamais se repitan os feitos dramáticos que
anteriores edicións padeceron inxustamente.
Vicente Irisarri
Nesta unidade didáctica o alumnado de Ferrol
poderá achegarse ao acontecido na nosa
cidade e na comarca. Darase conta que os
militares o que fixeron o 18 de xullo do 1936
foi un Golpe de Estado e, posteriormente,
non só levaron a cabo unha represión, uns
xuízos sen ningunha garantía legal senón que
o que foi peor, mantiveron no tempo o acoso
daqueles que tiñan unhas ideas diferentes.
A lei da memoria histórica proporciónanos o
marco legal que nos permite revisar o noso
pasado e coa obxectividade que outorga a
distancia no tempo.
Agradézolle ao autor, Xosé Manuel Suárez,
este traballo, que estou segura vai ser unha
ferramenta estupenda para o profesorado,
sobre todo para o de Ciencias Sociais.
Para todos eles o meu agradecemento por
intentar emendar algúns esquecementos que
seguimos atopando nos libros de texto.
Mercedes Carbajales
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Saúda da concelleira de Educación
3
FERROL 1936
Saúda do alcalde
6.
7. #1
TEXTO
Xa manifestamos que a primitiva erección do arsenal no reinado de D. Felipe V, foi
nas ribeiras da vila da Graña, onde se levantaron edificios e bancadas, e se construíron
dende 1730 a 1735, algúns buques, establecéndose alí os almacéns e oficinas do Departamento. Que despois se fixeron ensaios na ribeira oriental do monte de Esteiro, e
que achando aquel sitio con mellores disposicións, dispuxo D. Fernando VI a translación ao Ferrol das oficinas do Departamento e a edificación en Esteiro do novo estaleiro, cuxas primeiras gradas se principiaron en 1740 e as últimas se concluíron en 1751.
Que seguidamente se levantaron as colosais obras da gran dársena, dende o ano 1752
ata o de 1770, as cales remataron no reinado de Don Carlos III, causando a admiración
xeral de nacionais e estranxeiros, pola súa solidez e magnificiencia, e polo breve tempo
en que foron edificadas sobre o fondo do mar.
Os fortes que defendían a ría de Ferrol, moito antes de que o porto fose declarado departamento de mariña e praza de guerra, eran os antigos castelos de San
Martín e San Felipe, que abondaron en 1596 para impoñer respecto á Armada inglesa do Conde de Essex [...]. Despois que se levantou o establecemento naval, aumentouse a defensa, robustecendo a estreita garganta da ría con outras baterías
e castelos, e facendo do antigo de San Felipe unha fortaleza máis respectable.
De todos estes castelos e baterías o principal é o de San Felipe, levantado nun promontorio que forma a costa, e o cal domina a ría de tal maneira que os seus lumes enfilan
toda a canle. O antigo forte debeu fabricarse despois do ano de 1577 [...]. A construción
do novo castelo é xa obra contemporánea dos arsenais e a súa edificación moi sólida.
Consta dunha gran batería baixa, doutra máis elevada e da que constituía o antigo
castelo, con troneiras para 150 canóns.
Montero Aróstegui, Historia y descripción de la ciudad y departamento naval del Ferrol,
1859. Adaptación.
5
FERROL 1936
Ferrol naceu pola decisión da monarquía borbónica do XVIII de aproveitar a
extraordinaria forma da súa ría, cunha estreita entrada que se abre ao final,
para crear estaleiros reais onde construír, armar e reparar a flota de guerra.
En relación co Arsenal creánse os barrios da Magdalena, nome dunha antiga
ermida do lugar, como poboación residencial e administrativa, e o de Esteiro,
para acoller aos traballadores das obras. O castelo de San Felipe remodelouse,
na mesma época, como defensa da entrada a aquel conxunto urbano e fabril.
Neste cenario de cidade ilustrada teñen lugar, en 1936, os feitos do golpe de
Estado e a forte represión posterior.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
O ESCENARIO HISTÓRICO
8. ✍
ACTIVIDADES
ANÁLISE
• Onde se situaba o primeiro arsenal de Ferrol?
• Cando se realizan as obras das gradas e da dársena do Arsenal Militar, segundo
Montero Aróstegui?
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
• Que castelos existían na ría antes do século da Ilustración? Cal se reforma por que?
• Explica as actividades das zonas numeradas no plano urbano. 1. Ferrol Vello. 2. A
Magdalena. 3. Esteiro. 4. Arsenal Militar.
FERROL 1936
6
Ferrol, cidade da Ilustración. Cadernos Ateneo Ferrolán, nos. 17 e 18, p. 90.
9. #2
O GOLPE DE ESTADO
7
FERROL 1936
A intención dos militares, os xenerais Mola, Sanjurjo, Franco, Cabanellas…, que o
17 de xullo de 1936 encabezan a rebelión, é vencer nas principais cidades españolas
obrigando ao Goberno da II República a deixar o poder en pouco tempo, pero este
obxectivo non se consegue pola resistencia popular nas principais cidades, polo que
se inicia a Guerra Civil.
O territorio español quedou dividido en dúas zonas en función do éxito que obtiveron os sublevados. Reproducíase o mapa resultante das eleccións de febreiro de
1936, os militares triunfaron naquelas rexións onde foran máis votadas as candidaturas de dereitas (Navarra e Castela León) mentres que fracasaban onde a vitoria electoral fora da Fronte Popular (Madrid, Cataluña, Valencia, País Vasco, Asturias, Cantabria
e Castela A Mancha). Galicia é unha excepción a esta regra: a candidatura da Fronte
Popular vencera nas provincias de A Coruña, Pontevedra e Lugo, pero queda baixo o
poder dos rebeldes en poucos días, sendo as cidades de A Coruña e Ferrol claves para
ese logro.
A Coruña era a sede da VIII División Militar. Ferrol era a base naval con máis efectivos
de España. Os dous mandos principais da Armada en Ferrol, o vicealmirante Núñez,
xefe da Base Naval, e o contralmirante Azarola, xefe do Arsenal, non foran contactados
polos axentes do xeneral Mola para sumarse á insurrección. As ordes de Emilio Mola
para a Armada con base en Ferrol eran asegurar o control da cidade, detendo aos que
poideran opoñerse ao Movemento, e dominar a costa entre o Miño e o Bidasoa, sobre
todo a zona asturiana, impedindo o subministro de armas aos mineiros, e colocar unidades en Xixón, Santander e Bilbao.
En Galicia, a Guerra Civil enceta na mañá do 20 de xullo en A Coruña. Os oficiais sublevados declaran o estado de guerra, o que permite ao Exército a asunción de todos os
poderes e a derrogación inmediata dos dereitos dos cidadáns. En A Coruña a toma do
Goberno Civil ten lugar o mesmo día 20. Os enfrontamentos en Ferrol chegan ata o día 22.
En Ferrol o pobo desarmado maniféstase ante o Arsenal e é dispersado a tiros, piden
armas para defender a Constitución e reciben disparos. En tres días hai trinta mortos e
máis dun cento de feridos. Na cidade dos estaleiros os obreiros e os mariñeiros, como
nas xornadas da Revolución Rusa, loitan xuntos contra a reacción fascista e enfróntanse aos oficiais que queren dominar os barcos. O Rexemento de Artillaría de Costa, o
mellor dotado en armamento de España, toma as rúas da cidade e os edificios vitais,
entre eles o Concello (día 21). Pero a loita decisiva dase no Arsenal, entre os oficiais
dos navíos e a mariñeiría. Cabos, mariñeiros e fogueiros dominan o acoirazado España
e o cruceiro Almirante Cervera, onde suben a bordo traballadores, mulleres e nenos,
pero ao non estar en condicións de combate teñen que renderse (22 de xullo). Se os
cruceiros Libertad, Jaime I e Cervantes, non tiveran que saír cara ao Estreito de Xibraltar
por orde do Goberno para evitar o paso dos sublevados de África á Península, Ferrol e
Galicia permanecerían fieis á República.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
TEXTO 1
10. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
FERROL 1936
8
Entre o 20 e 22 de xullo do 36 os sublevados toman Ferrol. Desde o cuartel do
Baluarte (2) os soldados de artillaría de costa despréganse pola cidade e dominan a
Praza de Armas, a Praza de Amboaxe, entran en contacto coa Capitanía (4) e diante do
Arsenal para impedir saír aos mariñeiros leais á República. Desde o cuartel de Infantería
de Mariña (1) os rebeldes controlan Esteiro, chegando ata o Concello. (16) No cruceiro
Cervera (20), no acoirazado España (19) e no transporte Contramaestre Casado (21) as
tripulacións dirixidas polos cabos deteñen aos oficiais rebeldes. Unha vez triunfante a
rebelión (22 de xullo), os alzados teñen no seu poder a base naval e os seus efectivos,
aos que hai que sumar os novos cruceiros Canarias (17) e Baleares (18).
TEXTO 2
Por que Galicia sucumbiu?
Tamén debeu quedar claro que nas cidades e vilas de Galicia non houbo entreguismo a favor do Alzamento. Os dirixentes e sectores máis activos da Fronte Popular; é
dicir, os socialistas, republicanos de esquerda, cenetistas, comunistas, agrarios de esquerda, nacionalistas, comprenderon de inmediato a gravidade do momento e xuntáronse coas autoridades provinciais e cos alcaldes para buscar fórmulas para defender
a República. E non se dedicaron nesta ocasión a cantar aleluias a favor da República,
senón que procuraron armas, montaron barricadas nos concellos e nas pontes, incautáronse de todos os automóbiles e camións para desprazarse aos pobos e aldeas para
organizar a resistencia…
Carecendo Galicia de grandes cidades e dun proletariado masivo e organizado, que
puidese aproveitar as vantaxes dunha loita urbana, como sucedeu en Madrid, en Barcelona e noutras cidades, Galicia estaba de antemán condenada a sucumbir. Estrangulada a resistencia nas cidades, o resto do territorio tiña que sucumbir. Non por falta de
alento republicano senón de medios e de organización. Ben o sabían os vencedores,
que iniciaron unha brutal represión para evitar que o republicanismo volvera a erguerse no que ía ser a retagarda da España franquista.
En segundo lugar, debemos tamén referirnos á ausencia dun poder central republi-
11. cano en Galicia que organizara eficazmente a resistencia. Xa Castelao se referiu a este
punto cando nos di que a carencia dun poder autonómico propio, que coordinara os
esforzos das autoridades leais e mobilizara o pobo, foi a causa principal do fracaso da
resistencia.
(A Gran Historia de Galicia, tomo XI, vol. 5, Arrecife, 2007, pp. 83 e 87)
✍
ACTIVIDADES
• Que importancia tiña Ferrol para o golpe de Estado?
• Que forza militar toma o Concello de Ferrol?
• Os obreiros e os mariñeiros da Armada de Ferrol, opuxeronse ou non ao golpe?
Demostra a veracidade da túa resposta.
• Houbo algún tipo de resistencia ao golpe nas cidades e vilas de Galicia? Argumenta
a resposta.
• Explica as causas polas que Galicia sucumbiu á sublevación militar do 20 de xullo.
• Por que se produce unha represión tan extensa e brutal en Galicia?
• Nomea as localidades sinaladas no mapa.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
9
FERROL 1936
• Que xeneral dirixía a sublevación contra o Goberno da II República?
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
ANÁLISE
12. OPINIÓN
• Pensas que vencer en Ferrol era moi importante para decidir que Galicia estivese
nun bando ou noutro, ou, pola contra, non era esencial.
INVESTIGACIÓN
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
• Pregunta a persoas maiores que sucesos lembran do inicio da Guerra Civil nas súas
localidades. Trátase de que entrevistes a testemuñas directas de feitos acontecidos
hai 73 anos, pero tamén podes recorrer aos que os coñezan de maneira indirecta,
porque llos contaron, algúns deses acontecementos.
• Procura en libros de historia que sucesos da sublevación militar de xullo de 1936 se
produciron na túa localidade.
FERROL 1936
10
Camión blindado utilizado polo Rexemento de Artillaría de Costa na sublevación en Ferrol e en vilas
como Fene e Pontedeume
13. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
11
FERROL 1936
Concello de Ferrol, no Cantón de Molins. O 20 de xullo de 1936 foi canoneado polos artilleiros do
Rexemento de Artillaría de Costa. O edificio municipal tiña sacos terreiros nas fiestras pero a súa
resistencia foi pouca. Uns sesenta homes (o alcalde Santamaría, López Bouza, o tenente de alcalde
socialista Morgado, tres concelleiros do PSOE e un de Unión Republicana, con máis de corenta gardas
municipais e mariñeiros do Cervera) entrégase antes das nove e media da mañá do 21 de xullo
14. #3
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
A REPRESIÓN VIOLENTA
FERROL 1936
12
Fusilamentos e paseos foron os dous métodos empregados. A pena de morte por
fusilamento era consecuencia de sentenza de tribunais militares, en consellos de guerra nos que son xulgados civís e militares, aplicando os códigos militares do século XIX
(o Código de Xustiza Militar, no Exército, e o Código Penal da Mariña de Guerra, na Armada). Os condenados a morte ou a perpetua por este medio en Ferrol érano por rebelión, traizón, sedición ou auxilio á rebelión. No chamado paseo non precisaban retorcer
as normas do Dereito: as vítimas eran sacadas dos cárceres (barcos como o Plus Ultra,
prisións do Arsenal, cuarteis...), para ser fusilados sobre os muros dun cemiterio, preto
dunha foxa común. Logo unha nota da comandancia da Garda Civil, do Xefe de Policía
ou do Delegado de Orde Público, abondaba para xustificar a execución nun intento de
fuxida dos reos. As vítimas son alcaldes (os de Fene, Cedeira, Mañón, Mugardos, Cabanas), concelleiros, militantes de partidos da Fronte Popular (Partido Galeguista, Partido
Socialista, PCE, Esquerda Republicana, Unión Republicana) e sindicalistas (UGT, CNT).
Segundo a época predominou unha ou outra forma de represión: o método ilegal
foi o máis utilizado nos primeiros meses, entre agosto e outubro de 1936, a partir de
novembro dese ano o paseo decaeu (sen desaparecer) e foi o consello de guerra o
medio represor máis activo: a aparencia de legalidade impoñíase. Entre xullo de 1936
e decembro de 1939 dos 715 executados en Ferrol e bisbarra, un 65 por cento foron
vítimas dun paseo, o que fai concluír que a represión na bisbarra caracterizouse polo
predominio das execucións extralegais.
Agosto e setembro de 1936 son os meses máis sanguentos, con trescentas oitenta
vítimas. Prodúcense execucións colectivas sen xuízo previo; sácase aos detidos da Escollera, do Plus Ultra… O camposanto de Canido ve a morte de Jaime Quintanilla (alcalde
do PSOE dende 1931 ata 1934), Juan García Niebla (mestre), Guillermo Cedrón (do PCE),
José López Bouza (Esquerda Republicana), o exsacerdote Matías Usero (de Unión Republicana), o sindicalista anarquista Mario Rico...; o 22 de setembro trinta e tres persoas no
cemiterio de Serantes; no mesmo lugar a finais dese mes corenta e dous tripulantes do
mercante Udondo son pasados polas armas por decisión das autoridades de Mariña. Os
consellos de guerra provocan tamén fusilamentos colectivos, como o de trinta e dous
mariños do acoirazado España en decembro de 1936. A aplicación da pena máxima ou
duras penas de cárcere aos opositores ao réxime fraqnuista mantense como norma e
superará o final da guerra.
Do total de executados en tres anos (715), os domiciliados na bisbarra ferrolana alcanzan o 73 por cento, algo máis de cincocentos represaliados. Na lista aparecen doce
mulleres e por idades pódese falar de certa xuventude dos represaliados: case o 70
por cento tiña menos de 41 anos, mentres que o 44 por cento era menor de 31 anos,
con 45 casos con menos de 21 anos. En Ferrol, os lugares de execución ou paseo máis
utilizados foron:
w Os cemiterios de Canido e Serantes, onde teñen lugar centos de execucións extraxudiciais.
w Arsenal Militar: 143 fusilados por sentenza de consellos de guerra da Armada.
15. Castelo de San Felipe: 71 fusilados como mínimo, por sentenza de consellos de
guerra do Exército.
A represión afectou a todos os sectores sociais, pero fíxoo en maior proporción sobre dous sectores: os obreiros da construción naval, traballadores do mar e labregos,
por unha parte, e por outra militares, sobre todo da Armada: mariñeiros, fogueiros e
suboficiais, por esta orde. Eses dous grupos achegan máis da metade dos executados,
pero o perfil profesional dos represaliados mostra un amplo abano, con estamentos
de clase media (funcionarios, mestres, oficiais militares, avogados, comerciantes, propietarios rendistas, profesionais por conta propia, ...) xunto a clases populares, todos
interesados na defensa dun réxime de dereitos individuais e liberdades que garantía a
Constitución de 1931.
✍
ACTIVIDADES
ANÁLISE
• A represión violenta desatada polos sublevados desde xullo de 1936 tivo dous
medios, cales? Cal dos dous produciu máis vítimas na comarca?
13
FERROL 1936
• Que partidos políticos foron perseguidos?
• Cantas mulleres morreron por fusilamento ou paseo na comarca?
• Que lugares do concello de Ferrol veron máis execucións?
• Que dous grupos profesionais foron os máis afectados pola represión violenta na
Guerra Civil na comarca?
• De que delitos foron acusados os civís e militares procesados nos consellos de guerra?
• Tendo en conta a cantidade de fusilados xudiciais na comarca de Ferrol (254,
entre eles só unha muller: Amada García) e os datos totais de Galicia, calcula as
porcentaxes que significan os datos de Ferrol. Que conclusión obtés?
Penas de morte executadas (por sentenzas de consello de guerra)
homes
mulleres
totais
Galicia*
1.087
4
1.091
Ferrol**
253
1
254
Porcentaxes das vítimas de Ferrol
*Informe do Proxecto Interunivesitario sobre as vítimas da represión en Galicia na Guerra Civil. Xullo, 2009.
**Suárez, X. M. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca, 2002.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
w
16. • Completa a táboa. Que conclusión obtés?
Mortes extraxudiciais (paseos)
homes
Galicia
Ferrol
mulleres
totais
4.474
86
4.560
450
11
461
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Porcentaxes das vítimas de Ferrol
FERROL 1936
14
Lugar exacto da Punta do Martelo (Arsenal) onde se realizaban os fusilamentos na Guerra Civil. Aquí
foron fusilados 143 homes condenados por tribunais da Mariña, o dobre de executados (tras consello de
guerra) que no castelo de San Felipe
17. #4
CEN VÍTIMAS DA REPRESIÓN VIOLENTA EN FERROL E COMARCA
AGOSTO, 1936
Día 2 (en Cabanas):
Juan Pereiro (albanel, concelleiro de Cabanas, de Unión Republicana, 20
anos).
Antonio Brage (albanel, de UR, 19 anos).
Día 4 (no cuartel de Infantería de Mariña, cuartel de Dores, Esteiro).
Antonio Azarola (contralmirante, Xefe do Arsenal).
Día 7 (na Punta do Martelo do Arsenal):
José Manso (mestre de mariñeiría da Armada).
Día 8 (en Mugardos):
Manuel Gallego (buzo).
Antonio Gallego (buzo).
Día 9 (en Miño):
José A. Sánchez (labrego).
Día 10
Enrique Caruncho (socialista, 26 anos).
Manuel Real (estibador, de CNT).
(en Pontedeume):
Rodrigo Álvarez (secretario do Concello de Ares).
Leonardo Martínez (mestre, de Pontedeume).
José López (socialista, exalcalde de Ares).
Día 12 (en Miño):
Cesáreo Blanco (de Leiro, labrego, 23 anos).
Día 13 (en Cedeira):
Andrés Bouzamayor (asasinado pola Garda Civil).
1
Se non se sinala expresamente, o lugar da execución ou paseo é Ferrol.
15
FERROL 1936
Día 25 (en Ombre, Pontedeume):
Juan Prieto (alcalde de Mugardos, do Partido Comunista, obreiro).
Manuel Serantes (vixiante de pesca).
Felipe Tejedor (garda municipal).
Día 26 (no cemiterio de Canido, en Ferrol1):
Julio Sas (de Betanzos, obreiro, de CNT).
Tomás Fuentes (de Betanzos, obreiro, de CNT).
Día 30
Pedro López Amor (maquinista do acoirazado España, primeiro fusilado en
Ferrol por consello de guerra).
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
XULLO, 1936
18. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
FERROL 1936
16
Día 13 (no cuartel de Artillaría de Ferrol):
Fernando Carballo (empregado do Concello de Ferrol, de UR).
Manuel Morgado (concelleiro socialista ferrolán, médico).
Día 14
José Permuy (fogueiro, 22 anos, de Fene).
Manuel López (socialista, electricista).
(en Xestoso, Monfero):
Andrés García (de Esquerda Republicana, labrego).
Antonio Marcos (de ER, industrial).
Día 15
Gonzalo Seoane (obreiro const. naval, fusilado sen xuizo xunto ó seu fillo
Pedro).
Pedro Seoane (18 anos, libertario).
Juan Golpe (da construción naval, tío do anterior).
Juan Pérez (da naval, 21 anos).
José Ferreiro (socialista, 21).
Marcelino Rey (xornaleiro da naval).
Vicente Couce (17 anos, de Juventudes Libertarias de Ferrol).
Ignacio Blanco (carpinteiro, de Narón).
Francisco Pita (de infantería de Mariña, de Narón).
Día 16 (por suposta fuxida, tras ser detidos):
Andrés Díaz (socialista, obreiro da naval).
Estanislao González (obreiro da naval).
(cerca de Ares):
Manuel López (de Redes, obreiro da naval, 21 anos).
Jesús Losada (socialista, de Ares).
Día 17
Alfonso Abrodes (da naval, 23 anos).
José Pérez (carpinteiro, de Fene).
Ramón Souto (industrial, alcalde de Fene, socialista).
Jesús Tenreiro (secretario do Concello de Fene).
Alfonso Raja (auxiliar naval do acoirazado España).
Ángel Monteagudo (maquinista do España).
Avelino Parrilla (suboficial da Armada, de Mugardos).
Jaime Quintanilla (médico, socialista).
Juan García (mestre, natural da Graña, Ferrol).
Ángel García (de Pontedeume, rexistrador da propiedade, de ER).
Ramón Ríos (maquinista da Armada retirado, tenente de alcalde de Mugardos, de ER).
Cipriano Canosa (maquinista).
Manuel Besteiro (radiotelegrafista).
Manuel Serantes (oficial do España).
Juan Romalde (de artillaría de Mariña).
Día 18 (no cemiterio da Capela):
Manuel Prado (funcionario, de ER).
Ramón Sardiña (de Esquerda Republicana, empregado do ferrocarril).
Celestino Sardiña (secretario interino do Concello de Pontedeume, de ER).
Ramón Agras (funcionario municipal de Pontedeume, de ER).
19. 2
JSU: Juventud Socialista Unificada.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
17
FERROL 1936
Día 18 (asasinados no cemiterio de Mugardos, acusados de intento de sabotaxe):
Eduardo Sánchez (médico, 27 anos, de Betanzos, comunista).
Antonio Otero (peón).
Joaquín Seco (21 anos, electricista).
José Tenreiro (secretario do Concello de Mugardos, natural de Pontedeume).
Antonio Fernández (mecánico).
(no Arsenal, por sentenza de consello de guerra):
M. López Rodríguez (cabo de Artillaría, por desobediencia a superior fronte
a unha sedición).
J. López Saavedra (cabo de mariñeiría, por traizón).
(dous soldados do Rex. de Artillaría de Costa):
José López López (20 anos).
Manuel López López (22, de Moeche).
(ao intentar fuxir segundo a explicación oficial, en realidade paseados en Canido):
Andrés Iglesias (tenente de alcalde de Fene, socialista, militar retirado).
Guillermo Cedrón (dirixente comunista de Ferrol, comerciante).
Mario Rico (obreiro constr. naval e sindicalista de CNT).
Felipe Hermida (funcionario xudicial de Ferrol).
Carlos Pérez (do PCE, electricista da naval).
Manuel González (empregado do Concello de Ferrol).
Venancio Pérez (comunista, secretario da JSU2 de Ferrol).
José Rico (auxiliar de Artillaría da Armada, de Fene).
Antonio Fernández (19 anos, mecánico, de JSU).
Ramón Hermo (auxiliar naval).
Día 19 (en Miño):
María Vázquez (mestra, socialista).
(preto da igrexia de Caamouco, Ares):
Leonardo Díaz (de Pontedeume, farmacéutico).
Pablo Rico (alcalde de Monfero, de ER, labrego).
Juan Rico (labrego, de Monfero).
Santiago Rodeiro (mariñeiro, de Pontedeume).
José M. Varela (ferreiro, secretario da Soc. Agraria de Grandal, Vilarmaior).
Segundo Martín (natural de Astorga, empregado do ferrocarril).
Ramiro Vázquez (reloxeiro, de Pontedeume, socialista).
José R. Fernández (mestre, de Pontedeume, socialista).
(en As Pontes):
Manuel Franco (de ER).
Joaquín Antón (27).
Francisco Guerreiro (concelleiro da Fronte Popular).
(en O Val, Narón):
Gabriel Cruz (obreiro da naval).
Luís Rodríguez (obreiro naval).
J. López Leira (de San Mateo, socialista, concelleiro en Narón).
20-21 (paseados en Ferrol):
Matías Usero (de UR, exsacerdote).
José Bueno (socialista, dono dun quiosco no Cantón de Molins).
20. Pedro Almazán (mestre, do PCE, de Narón).
Manuel Teijeiro (dirixente comarcal de UGT, empregado municipal).
Francisco López (presidente de JSU de Ferrol e secretario da Sociedade de
Xastras e Xastres de UGT; empregado municipal).
Manuel Pérez (garda municipal de Ferrol).
Día 21 (en Cedeira):
José Freire (peón, asasinado pola Garda Civil).
(en Laraxe, Cabanas):
Salvador Cervera (cabo de mariñeiría, de Barallobre).
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
✍
FERROL 1936
18
ACTIVIDADES
ANÁLISE
• Completa as táboas cos datos das 100 primeiras vítimas.
Adscrición ideolóxica
UR
(Unión Republicana)
ER
(Esquerda Republicana)
Socialistas
(PSOE-UGT-JS)
PCE
(Partido Comunista de
España)
JSU (Juventud Socialista
Unificada)
Libertarios-CNT
Total identificados
Identidades (inicial do nome e apelido)
Cantidade
21. Ocupación
Identidades (inicial do nome e apelido)
Cantidade
Militares (fogueiros,
mariñeiros, soldados,
suboficiais, auxiliares,
oficiais) – incluídos os
retirados
Labregos
Funcionarios e
empregados
Mestres
Comercio e industriais
Médicos
Outros
Total identificados
• Realiza un gráfico de columnas do número de vítimas por profesión.
19
FERROL 1936
Traballadores do mar
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Obreiros e artesáns
(construcción naval,
mecánicos, estibadores,
electricistas,
carpinteiros…)
22. • Encrucillado. Vítimas da represión, 1936.
1
2
4
6
3
8
5
7
9
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
11
FERROL 1936
20
10
13
15
17
14
12
16
19
21
Horizontais:
1 Apelido, foi alcalde de Ferrol de 1931 a 1936.
3 Ramón S..., alcalde de Fene.
5 Nome, médico asasinado en Mugardos.
7 Nome (de dereita a esquerda), mozo libertario, fusilado co pai.
9 Apelido de María, mestra de Pontedeume.
11 Nome máis apelido, alcalde de Mugardos.
13 Apelido, e nome dunha árbore galega, funcionario do Concello ferrolán que
presidía o comité da Fronte Popular.
15 Nome, mugardesa fusilada en S. Felipe.
17 Nome, presidía a JSU de Ferrol, formada por socialistas e comunistas.
19 Apelido, contralmirante xefe do Arsenal.
21 Apelidos, militar, o primeiro fusilado por consello de guerra.
Verticais:
2 Apelido, exerceu como sacerdote.
4 T + peza que pecha caixas ou recipientes.
6 Os dous apelidos, ferrolán que entregou o proxecto de Estatuto de Autonomía en
Madrid.
8 Mario... sindicalista de CNT, en Canido o 18 de agosto de 1936.
10 Guillermo …, dirixente comunista ferrolán.
12 Primeira nota musical.
14 Anfibio.
16 En portugués, negación.
23. #5
DATOS DE VÍTIMAS DE EXECUCIÓNS POR VECIÑANZA NA COMARCA
Totais vítimas
concello
Executados
sumariais
Excs.
ilegais
Ferrol-Serantes*
47.211
227
86
141
Fene
6.540
39
10
29
Mugardos
7.112
36
8
28
Cedeira
7.430
31
13
18
Pontedeume
7.056
24
4
20
Narón
12.278
23
5
18
OrtigueiraCariño**
20.614
19
3
16
Ares
4.850
16
7
9
Mañón
4.059
12
6
6
Monfero
6.473
11
0
11
Cabanas
3.584
9
1
8
Cerdido
3.350
9
1
8
Neda
6.565
9
4
5
Miño
5.326
8
2
6
As Pontes
5.026
7
0
7
Valdoviño
8.027
6
1
5
Vilarmaior
3.124
3
1
2
Moeche
3.509
1
1
0
176.333
490
153
337
TOTAL
* Ferrol e Serantes unificáronse en 1940.
** Ortigueira e Cariño estaban integrados no mesmo concello.
% de excs. ilegais Excs. por
sobre os totais mil habs.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Poboación
(1930)
21
FERROL 1936
Concello
24. ✍
ACTIVIDADES
ANÁLISE
• Completa a táboa cos datos das columnas que faltan.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
• Colorea o mapa de acordo coa lenda. Escribe a relación dos 22 concellos.
FERROL 1936
22
• Fai un listado ordenado dos concellos por número de vítimas (en tanto por mil).
• En que concello o número de fusilados por consello de guerra foi superior ao
número de vítimas de paseos?
• En que concellos todos os executados foron vítimas de fusilamentos extraxudiciais?
• Na páxina seguinte, realiza un gráfico de columnas coas cantidades totais de
vítimas por concello. En cada columna podes expresar a cantidade de execucións
de cada clase.
• Que conclusións obtés dos datos?
26. #6
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
RELATO DUN ENCARCERADO EN 1936 EN FERROL
FERROL 1936
24
20 de xullo. Ao enterarme na aldea onde estaba pasando o verán con meus familiares do que estaba sucedendo, díxenlle a miña nai que ía interesarme por meu pai,
Fernando Carballo, que por razón dos seus cargos de Presidente da Fronte Popular de
Ferrol e ademais como xefe do Negociado de Persoal de Arbitrios do Concello, tiña que
estar no seu destino. Dirixinme alí e observei que estaba tranquilo, aconsellándome
que fora a tranquilizar á familia.
El estaba reunido co alcalde Santamaría e co resto da Corporación, para tomar as
medidas necesarias para facer fronte aos sucesos que se aveciñaban, polo que non se
enterou da miña decisión de quedarme.
Antes do relatado xa presenciei como chegaba ás portas do Concello unha compañía de Infantería de Mariña, ao mando dun capitán. Por este motivo baixou o alcalde e
preguntou ao citado cal era a súa posición, contestando aquel que viña a defender a
República para evitar o comunismo, polo que Santamaría entrou de novo no Concello.
Do cuartel de Artillaría saiu unha batería cos seus mandos e un canón que situaron
nos xardíns fronte ao Concello, co que dispararon varias veces, ferindo a un garda municipal e a outra persoa.
Antes acordárase que se as tropas saían se tocara a sirea da Constructora Naval e
os obreiros saíran todos á rúa. Algúns da Fronte Popular pedían que os traballadores
saíran armados, porque o almirante Azarola prometera entregar armas; isto non pasou
e cando quixeron entrar a recollelas foilles imposible, debido ás descargas das metralladoras que a Infantería de Mariña instalara na entrada.
Varios cabos e mariñeiros lograron chegar ao Concello e ofreceron a súa axuda. O
xefe da Garda Municipal mantíñase en contacto por radiotelegrafía cos buques Cervera
e España.
Ao día seguinte fixéronnos baixar coas mans en alto e fomos conducidos ao Goberno Militar, escoltados por tropas, pola rúa Real, en medio de insultos e humillacións. Eu
camiñaba ao lado de meu pai quen me dicía que non mirara aos que nos infamaban.
Cando chegamos ao Goberno Militar, na rúa San Diego, saiu o comandante Vierna,
que se abrazou ao tenente de alcalde Morgado asegurando que non nos pasaría nada
malo. Logo, en camións do Exército, leváronnos ao cuartel de Artillaría, onde estiven
dous días, ata que co resto dos presos, agás o alcalde, os concelleiros e meu pai, que
quedaron no cuartel do Baluarte, fun parar á Escollera, a onde chegamos esposados
de dous en dous. Neste traslado a min tocoume cun mestre de escola chamado Pedro
Almazán.
Na prisión da Escollera transcurrían os días sen suceder nada reseñable, ata que
chegou por fin o esperado, comezaron levando a varios detidos a declarar, someténdoos a fortes malleiras, que realizaban na piscina da Escola de Máquinas e nun local de
Falanxe. Algúns regresaban ás celas da morte a seguir sufrindo, a esperar ser nomeado
nunha das terribles listas que todos os días, de madrugada, lían para facer unha saca.
Sabíamos que os que fusilaban ían para unhas foxas comúns que había a todo o longo
do cemiterio de Canido.
27. Historia de un condenado a las “celdas de la muerte” de Fernando Carballo. Adaptación.
✍
ACTIVIDADES
ANÁLISE
• Quen escribe o relato?
• Quen era Fernando Carballo? Que día foi fusilado? Busca a información no texto e
na lista de 100 vítimas da represión.
• Cal era a razón que os militares sublevados expoñían para xustificar o Alzamento?
• Que forzas militares atacan o Concello e que día se entregaron os que estaban
dentro?
• Canto tempo e en que recintos estivo preso o autor do relato?
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
25
FERROL 1936
Seguiron coas fatídicas listas, dicíannos que os nomeados eran para ser conducidos
ao castelo de San Felipe. Os traslados foron axiña coñecidos pola súa falsidade. O lugar
ao que eran conducidos era a entrada da Dársena Militar, e debido á escasa distancia
entre a Escollera e a chamada Punta do Martelo, oiamos os berros dos presos chamándolles asasinos, criminais, etcétera, e despois dos berros, escoitabamos os disparos de
fusís e os tiros de gracia.
Naquelas noites na Escollera ninguén durmía, mentres non chegaban coas famosas
listas; pero, pola miña parte, cheguei a non soportar esta continua tensión e quedaba
durmido no chan, nunha colchoneta, outros facíano en coys, e ao espertar e non ver
aos que descansaban ao meu lado, enterábame de que os levaran de mañanciña.
Así foron pasando os días, ata que o 25 de setembro fun conducido ao Plus Ultra.
Nesta “checa” estabamos aloxados nunha bodega de carga, sen luz e na máis completa
suciedade. Éramos uns douscentos homes con só dous caldeiros de auga: un para beber e lavarnos, o outro para defecar.
Nesta nova prisión estiven ata o 5 de outubro, data na que fun nomeado nunha
lista con oito compañeiros. Conforme nos nomeaban saíamos a cuberta, aos cinco primeiros os esposaron, o seguinte fun eu e non me esposaron, ao igual que aos tres restantes. Leváronnos nunha lancha da Mariña cara a Porta do Arsenal; alí había un coche
dos antigos de sete prazas, e os cinco esposados con dous gardas civís, o conductor e
outro membro de dito corpo partiron no coche (despois soubemos que os fusilaron).
Aos catro restantes nos levaron á Porta do Arsenal. Eran as once da noite, non había
unha soa luz e era outubro, polo que non se vía nada a dous metros. A garda formábana un oficial co sable ao ombreiro e a tropa cos fusís descansados. Fixéronnos berrar:
Arriba España! Viva España!, e deseguido ordearonnos saír do Arsenal sen mirar atrás.
28. • En que locais tiñan lugar os interrogatorios aos detidos no Arsenal?
• Onde se realizaban os fusilamentos que se escoitaban desde a Escollera?
OPINIÓN
• Pensas que o relato é totalmente real ou ten partes imaxinadas?
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
• Que parte do texto te impresiona máis e por que?
FERROL 1936
26
Almacéns da Escollera. Arsenal Militar
Porta do Arsenal
29. #7
Xaime Quintanilla Martínez naceu en A Coruña o 13 de xuño de 1891. Estudou
Medicina en Santiago de Compostela. En 1917 creou en Ferrol una clínica de cirurxía
e fíxose popular pola súa calidade humana para cos máis humildes. A súa actividade
política céntrase principalmente na defensa do galeguismo e no socialismo, participando na I Asemblea das Irmandades da Fala e noutras asembleas políticas. Desde 1917
publica varios artigos en defensa do idioma galego en A Nosa Terra.
Participou en varios xornais como Ferrol Deportivo, Diario de Vigo ou El Correo Gallego, daquela editado en Ferrrol, do que chegou a ser director e redactor xefe. Tamén
dirixiu a revista Céltiga. Ademais publicou obras como Saudade (1922), a comedia dramática Alén, o drama Donosiña (estreada no Teatro Jofre en 1920) e o traballo 0.
Foi o primeiro alcalde republicano de Ferrol (1931), á fronte dunha corporación municipal composta polo PSOE e o Partido Republicano Radical. Xaime Quintanilla seguiu
27
FERROL 1936
José López Bouza naceu no barrio obreiro de Esteiro, Ferrol, en febreiro de 1890.
Aos 18 anos emigrou a Arxentina, lugar tradicional de destino da emigración galega,
onde se vinculou ao anarcosindicalismo, sendo expulsado dese país en outubro de
1911 pola súa actividade política. De volta a Galicia, conseguiu un traballo como funcionario municipal na súa localidade natal, á vez que continuaba coa súa militancia
anarquista. Así, foi un dos máximos impulsores do Ateneo Obrero Sindicalista e da
Comisión Pro Enseñanza Racionalista ferrolá, e un dos impulsores do Congreso Internacional da Paz, convocado a comezos de 1915 para reunir a socialistas, sindicalistas,
anarquistas e sociedades obreiras de todo o mundo para terminar a Primeira Guerra
Mundial. Foi detido varias veces polas súas actividades sindicalistas. Con todo, uns anos
despois, cara a 1918, evolucionaría ao republicanismo de centro. Fundou unha escola
en Canido, Ferrol, á que acudían tanto nenos como maiores de toda a comarca. A escola
seguiu en funcionamento ata ben entrada a década de 1920.
Trala proclamación da República o 14 de abril de 1931 (foi a persoa que izou a bandeira republicana no concello de Ferrol) é nomeado gobernador civil de Ourense (xuño,
1931) e seguidamente de Lugo (agosto, 1931), ata que cesa en xullo de 1932, voltando
a Ferrol, ao seu posto de funcionario no Negociado de Augas do Concello.
Presidente da ORGA en Ferrol, e posteriormente de Esquerda Republicana, tralo triunfo da Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Ferrol e
presidente da Deputación Provincial da Coruña (23 de marzo de 1936). Participou na
campaña para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia e como presidente
do Comité central de Autonomía de Galicia viaxou a Madrid a mediados de xullo para
entregar o proxecto de Estatuto nas Cortes Españolas. Ao producirse a sublevación militar, López Bouza, rexeitando os consellos de Castelao, decidiu volver a Ferrol o mesmo
día 18, participando na defensa do concello contra os sublevados (20 de xullo). Trala
rendición do edificio foi detido e xulgado, sendo condenado a cadea perpetua e trasladado ao buque prisión Plus Ultra (barco de pasaxe da Trasmediterránea). Sen embargo,
foi sacado do buque e fusilado en Canido o 30 de agosto de 1936.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
DÚAS BIOGRAFÍAS
30. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
sendo o alcalde ferrolán ata outubro de 1934, cando foi destituído polo Goberno, acusado de tomar parte nos sucesos que tiveron lugar na cidade no marco da folga revolucionaria.En 1935 preside a Federación de Colectividades Socialistas da provincia de
A Coruña. En febreiro de 1936, trala vitoria do Frente Popular, recuperou o seu cargo de
concelleiro, aínda que non ocupou a alcaldía, deixándoa ao seu compañeiro de partido,
Antonio Santamaría, obreiro de calderería do estaleiro.
Formou parte da xestora da Deputación Provincial da Coruña e participou activamente na campaña de xuño de 1936 para o referendo de aprobación do Estatuto de
Autonomía de Galicia. Trala sublevación militar contra o lexítimo goberno republicano,
foi detido dúas veces, ambas na súa casa, sendo liberado a primeira delas. A segunda,
foi pechado no buque prisión Plus Ultra, da que o sacaron o 17 de agosto para ser
fusilado, sen xuizo, no muro do cemiterio de Canido, xunto con outros catorce presos,
entre eles o mestre Juan García Niebla.
✍
ACTIVIDADES
• Escribe unha cronoloxía dos dous políticos republicanos, escollendo os feitos
principais para cada ano da súa vida.
FERROL 1936
28
José López Bouza
1890
31. Xaime Quintanilla
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
1891
FERROL 1936
29
Plus Ultra. Barco de pasaxe, da Compañía Trasmediterránea. Confiscado polos sublevados, e 1890
fondeado na ría ferrolá, foi utilizado como prisión. A principios de agosto de 1936 contiña a uns 650
detidos, que foron procesados en consellos de guerra ou sacados para ser paseados, normalmente en
Canido
32. #8
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
O CASTELO DE SAN FELIPE
O castelo de San Felipe foi escenario de fusilamentos por motivos políticos na Guerra Civil. Alomenos 71 persoas sofriron a pena de morte tras sentenza de consello de
guerra nesta fortificación
defensiva do século XVIII.
O castelo xa fora utilizado en 1934 como prisión dos
detidos por participar na
folga revolucionaria de outubro.
No verán de 1936 acolleu
aos civís e militares procesados
por traición, rebelión, sedición, acusados de opoñerse
á sublevación militar. Aquí
foron pasados polas armas os
xenerais Salcedo Molinuevo e Caridad Pita, pero tamén
traballadores, alcaldes
(como o de Cedeira, co seu fillo),
concelleiros, sindicalistas...,
condenados á máxima pena por
tribunais do Exército. Na
lista de vítimas só figura unha
muller, a mugardesa Amada García (27 de xaneiro, 1937).
Este debuxo, do muro
do castelo onde se producían os
fusilamentos, foi publicado no xornal Galicia, en Bos Aires, editado polos exiliados republicanos.
FERROL 1936
30
✍
ACTIVIDADES
INVESTIGACIÓN
• Realiza un mapa da Ría de Ferrol e localiza o castelo de San Felipe.
• Procura información (en Internet, en publicacións) sobre Amada García e escribe a
súa historia.
• No libro Guerra Civil e represión en Ferrol e comarca (Concello de Ferrol, 2002), que
podes atopar nunha biblioteca pública ou na rede (www.terra.es/personal/suarxm),
busca a relación de vítimas e escribe un listado dos fusilados en San Felipe desde
novembro de 1936 ata novembro de 1937.
34. #9
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CEDEIRA
FERROL 1936
32
Na praia deste pobo mariñeiro funcionou entre 1937 e 1938 un Campo de concentración de Presentados y Prisioneros, para acoller aos capturados en barcos no Mar Cantábrico
que fuxindo da guerra intentaban chegar a Francia. A súa apertura debeu coincidir coa
caída de Asturias, co final da fronte norte, en outubro de 1937. Apurado o cerco sobre
Asturias, os que intentaban fuxir desde portos asturianos en mercantes e pesqueiros eran
apresados por barcos da flota franquista e levados a Ribadeo, Ferrol e A Coruña. Logo se
lles distribuía polos campos de concentración costeiros de Cedeira, Rianxo e Muros para
ser identificados e clasificados en función da súa “perigosidade” política.
Os presos que chegaron a Cedeira en 1937 foron encerrados en tres edificios de
fábricas de conservas de peixe. O recinto, na praia, a cen metros da vila mariñeira, foi
rodeado por un valado de catro arames de espiños sostidos en estacas de piñeiro. O
campo estaba vixiado exteriormente por soldados, mentres os milicianos falanxistas
facían a garda interior.
As fábricas, construídas con muros de mampostería e cuberta de tella a dúas augas, tiñan os chans de cemento; neles se esparexía palla como leito para uns presos
que en 1937 eran 369: a maioría labregos, xornaleiros e obreiros. En marzo de 1938 a
poboación reclusa do campo chegou a 724 reos, mentras en agosto cae ata 28. Pouco
despois sería pechado.
A tradición oral da zona conta que varios dos presos foron executados na praia de
Vilarrube (Valdoviño). Os reos recibían a terrible visita de falanxistas que se adicaban a
percorrer os campos para identificalos. Se tiveran algún cargo político na zona republicana ou foran oficiais do exército republicano eran sacados para un consello de guerra:
en Asturias ou en Camposancos (A Guardia, Pontevedra). Para evitar estas represalias,
algúns presos agachaban a súa identidade baixo domicilios, profesións e nomes falsos.
Orixes dos presos do campo de concentración de Cedeira (1937).
Orixe declarado
Nº
Asturias
254
Galicia
46
Castela-León
28
País Vasco
13
Cantabria
8
Aragón
4
Castela-A Mancha
2
Cataluña
2
Comunidad valenciana
2
Andalucía
2
Madrid
1
35. Madrid
1
Estranxeiro
6
Non consta
1
Total
Fonte: Padrón de 1937, Cedeira. Arquivo Municipal
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
369
FERROL 1936
33
✍
ACTIVIDADES
INVESTIGACIÓN
• Cal era a diferencia principal entre un campo de concentración e unha prisión?
Escolle a resposta:
a) O campo de concentración funcionaba de maneira temporal, provisional.
b) Unha prisión acolle condenados xudicialmente.
c) Un campo de concentración servía como recinto de retención para persoas
sen condena, para ser identificadas e clasificadas.
d) As prisións atópanse en xeral en zona urbanas.
Razoa por que escolles esa resposta.
36. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
• Completa este gráfico cos nomes das Comunidades Autónomas de orixe dos
presos.
FERROL 1936
34
• Calcula as porcentaxes de detidos que proviñan de Asturias, Galicia, Castela León,
País Basco e Cantabria. Total: 369.
• Por que os retidos agachaban a súa identidade?
• Lista de presos no Campo de Concentración de Cedeira, 1937 (mostra de 100
casos).
Ángel Méndez Vázquez, 18 anos, Asturias, xornaleiro.
Alejandro Meana Fresno, 27, Asturias, labrego.
Antonio Hernández Matrio, 23, Salamanca, chocolateiro.
Antonio Rojas Cobo, 54, Santander, carpinteiro.
Aquilino Martínez González, 58, Lugo, mariñeiro.
Antonio Teijeiro Brujo, 36, Barallobre (Fene), mariñeiro.
Avelino Iglesias Sánchez, 23, Xixón, axustador.
Antonio Con Cajigal, 19, Onís, labrego.
Andrés Fernández Ordóñez, 19, Asturias, mineiro.
Antonio Incorriandieta Gómez, 18, Asturias, mariñeiro.
Adolfo Labrego Cabreros, 27, Oviedo, marmorista.
Ángel López Marqués, 28, Cudillero, mariñeiro.
Antonio Martínez Fernández, 49, Asturias, panadeiro.
Antonio Martínez Rubio, 34, Asturias, labrego.
Ángel Martínez Álvarez, 21, Asturias, labrego.
Antonio Noriego Fernández, 39, Llanes, panadeiro.
Antonio Pastrana Pérez, 23, Infiesto, labrego.
Antonio Palacios Suárez, 18, Onís, pescador.
Ángel Peláez Guerra, 23, Llanes, telleiro.
Antonio Pereira, 19, Portugal, aserrador.
Ángel Ramos Rodríguez, 24, Xixón, xornaleiro.
Antonio Rey Bouza, 25, Mugardos, mariñeiro.
Alfredo Suárez Álvarez, 18, Asturias, peón.
Ángel Valle Blanco, 21, Llanes, peón.
Atilano Vigón Palacios, 23, Asturias, mariñeiro.
Benigno García Fernández, 40, Asturias, fogueiro.
Benito Suárez Jabona, 19, Asturias, labrego.
37. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
35
FERROL 1936
Bartolomé Álvarez Cuadrileo, 37, Asturias, labrego.
Eduardo Marcos Díaz, 26, Xixón, chófer.
Emilio Migoya Espinella, 37, Asturias, labrego.
Emilio Pascual González, 21, León, labrego.
Enrique Penayos Pilar, 19, Onís, labrego.
Emiliano Suárez Fernández, 23, Asturias, comercio.
Faustino Fernández Alfonso, 27, Luarca, mineiro.
Faustino Palacio Guzmán, 34, Asturias, mineiro.
Francisco Lema Rodríguez, 26, Ponteceso, pescador.
Fermín Palacios Estrada, 31, Villaviciosa, labrego.
Francisco Pernas Cora, 35, A Estrada, panadeiro.
Francisco Sánchez Sánchez, 22, Vilagarcía, comercio.
Fernando Seijido Lorenzo, 28, Ferrol, carpinteiro.
Francisco Tobas Taibo, 52, Xixón, pintor.
Félix de la Vega Sordo, 24, Llanes, carpinteiro.
Ginés Menéndez Fernández, 32, Asturias, mariñeiro.
Germán González Pérez, 23, León, estudante.
Gerardo Menéndez Martínez, 15, Asturias, peón.
Herminio Martínez Vázquez, 27, Langreo, mineiro.
Heliodoro Menéndez Rodríguez, 23, Cudillero, comercio.
Herminio Muñiz Pérez, 26, Xixón, camareiro.
Higinio Paredes Álvarez, 30, Trubia, ferroviario.
Juan Folibia Blanco, 29, Infiesto, carpinteiro.
Julio Vallnia Fernández, 22, Asturias, marmorista.
José Ramón Martínez, 26, Serantes, guarnicioneiro.
José Ramos Martínez, 31, Ribadeo, Lugo, mariñeiro.
José del Río García, 57, Asturias, pintor.
José Sala Fernández, 26, Xixón, peón.
José Méndez, 46, Cuba, labrego.
José Mera Sánchez, 20, Vega, Asturias, labrego.
Juan Mere Gala, 35, Onís, albanel.
Juan Montes González, 22, Onís, carpinteiro.
José Morón Romero, 30, Huelva, chófer.
José Orenga d’Albert, 23, Castellón, chófer.
José Iglesias Fernández, 35, Asturias, peón.
José T... Ares, 22, Llanes, peón.
Juan Linares, 30, Alicante, mariñeiro.
Jesús López López, 31, Cudillero, pescador.
Joaquín López Álvarez, 24, Asturias, oficinista.
José Mª Fernández Fernández, 35, Asturias, mineiro.
José Fernández Valdés, 29, Asturias, labrego.
José Fernández Iglesias, 32, Navia, mamposteiro.
José Ferrera Ordóñez, 28, Asturias, mineiro.
Julio Carus Miranda, 20, Infiesto, labrego.
Jesús Cueto Cuesta, 32, Asturias, labrego.
José Ramón Alonso Rillo, 23, Asturias, pescador.
José Díaz Álvarez, 25, Xixón, camareiro.
Juan Vizoso Sánchez, 30, Viveiro, mariñeiro.
38. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
FERROL 1936
36
José Crespo, 27, Marín, mariñeiro.
José Gallardo Suárez, 30, Muros, mariñeiro.
José González Alonso, 22, Onís, albanel.
Manuel Noriega García, 19, Llanes, pescador.
Manuel Sánchez Sánchez, 24, Llanes, peón.
Marino Sánchez Hevia, 20, Asturias, estudante.
Manuel Siloa Cortés, 20, Portugal, maquinista.
Manuel Sobres González, 29, Villaviciosa, chófer.
Manuel Amarga Álvarez, 23, Asturias, albanel.
Manuel Otero Sánchez, 19, Asturias, mineiro.
Pedro Cuervo Sataburo, 42, Barcelona, cesteiro.
Ramón García Alonso, 35, Luarca, industrial.
Ramón Heras Gutiérrez, 24, Asturias, mariñeiro.
Rafael Iglesias Rodríguez, 19, Cudillero, labrego.
Rafael Piñera del Gallego, 55, Xixón, maquinista.
Ramón Pérez Rodríguez, 27, Asturias, peón.
Ramón Fernández Menéndez, 38, Xixón, empregado.
Rufino Iglesias de Caso, 40, Arxentina, carpinteiro.
Sabino García González, 29, Asturias, xornaleiro.
Santos Bárcena Cuesta, 29, Navia, labrego.
Secundino Sal Menéndez, 19, Luanco, mariñeiro.
Serafín Suárez Pérez, 37, Pravia, fogueiro.
Servando Fernández del Valle, 21, Asturias, albanel.
Valentín Suárez Díaz, 37, Asturias, labrego.
Wenceslao Lista Alfavián, 41 anos, Corme, patrón.
Anota o número de presos por oficio ou profesión
Actividade
albanel
aserrador
axustador
camareiro
carpinteiro
cesteiro
chocolateiro
chófer
comercio
empregado
estudante
ferroviario
fogueiro
guarnicioneiro
industrial
labrego
Número
Porcentaxe
39. 100 %
• Contabiliza o número de traballadores por sectores productivos:
-Sector primario: mineiros, labregos, pescadores, e mariñeiros.
-Sector secundario: albaneis, peóns, xornaleiros, marmoristas, carpinteiros, pintores,
obreiros …
-Sector terciario: artesáns, camareiros, chóferes, comercio, empregados, ferroviarios,
maquinistas, fogueiros …
-Non activos: estudantes.
• Cos datos realiza un gráfico de columnas.
• Cos datos de idade realiza un gráfico do número de presos por grupos: ata 20 anos,
21-30, 31-40, 41-50, e maiores de 50 anos.
• Cantos anos teñen os presos de menor e maior idade?
• Escribe un informe de conclusións sobre as idades e profesións dos retidos no
Campo de Concentración de Cedeira en 1937.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
100
37
FERROL 1936
mamposteiro
maquinista
mariñeiro
marmorista
mineiro
oficinista
panadeiro
patrón
peón
pescador
pintor
telleiro
xornaleiro
TOTAL
40. #10
MEMORIA HISTÓRICA
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
A paz debe sustentarse na xustiza e esta esixe que a sociedade coñeza o que sucedeu. Dentro deste coñecemento histórico ocupan un lugar importante todos e cada
un dos que morreron ou foron asasinados por defender a legalidade. As familias teñen
dereito a recuperar non só os restos dos seus senón tamén a súa honra e dignidade,
pero toda a sociedade necesita promocionar a memoria histórica, para que os que nos
sigan saiban o que pasou e por que motivos.
FERROL 1936
38
Juan García Niebla.
Mestre, 1936
Francisco Iturralde.
Funcionario de Correos, 1936
José Novás Soto.
Mestre, 1936
María Vázquez Suárez.
Mestra, 1936
Ángel Roldós Gelpi.
Comerciante, 1937
Rogelio Caridad Pita.
Xeneral de Brigada, 1936
41. José Ambrós Gordillo.
Mestre, 1936
Manuel Real Pérez.
Estibador, 1936
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Manuel Barreiro Rey.
De Intendencia de Mariña, 1939
FERROL 1936
39
Ramón Souto González.
Industrial, 1936
Victorino Rascado Souto.
Mecánico, 1936
Miguel Mendiguchía Real.
Capitán retirado de Infantería
de Mariña, 1936
Rufino Redondo Senra.
Mestre, 1936
Eusebio Faramiñán.
Mariñeiro, 1936
Avelino Casteleiro Fontán.
Obreiro da industria naval, 1936
42. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Alejandro Porto Leis.
Electricista da naval, 1938
FERROL 1936
40
✍
Mario Rico Cobas. Obreiro da
industria naval, sindicalista, 1936
ACTIVIDADES
INVESTIGACIÓN
• Procura máis datos sobre algúns dos represaliados e completa unha ficha de cada
un. Utiliza a rede e bibliografía.
DEBATE ACTUAL: AS FOSAS DO FRANQUISMO.
O tempo remátase para as vítimas de Franco
A discusión sobre competencias entre xuíces e Administracións deixa a
apertura de foxas no limbo
Hai maxistrados convencidos de que a Guerra Civil arrancou en 1934 e que a Lei de
Memoria Histórica é “unha perversión ética que corrompe e envelena o presente”.
Hai xuíces que cren que o 18 de xullo de 1936 Franco iniciou un plan de exterminio
de rojos que provocou a desaparición de máis de 150.000 persoas e a substracción
de preto de 30.000 nenos. Hai xuíces, poucos, que se cren competentes para
ordenar a apertura das foxas comúns onde xacen as vítimas. Outros, algúns máis,
que opinan que non é da súa incumbencia. E a maioría, que gardan silenzo e deixan
nun caixón a causa que recibiron da Audiencia Nacional hai meses para levantar os
cadáveres das cunetas.
Mentres uns e outros debaten se iniciar unha causa para abrir as foxas de Franco
é ou non prevaricación e se deben ou non encargarse deses enterramentos
clandestinos no pobo máis próximo á súa xurisdición, miles de familiares de vítimas
esperan. Algúns, dende 1936.
43. Emilio Silva, presidente da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica
(ARMH), insiste con frecuencia neste dato: os fillos dos desaparecidos da Guerra
Civil teñen, como mínimo, 70 anos (o pasado 1 de abril cumpriuse ese mesmo
aniversario do fin da contenda). E morren. “Non hai tempo”, repite Silva, cada vez
que un novo obstáculo, unha discrepancia xudicial, pospón o desexo dos familiares
de enterrar as vítimas nun lugar distinto ao que foron botados polos seus asasinos.
08/06/2009. El País.
• Que posturas teñen os xuíces sobre as foxas da Guerra Civil?
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
• Cal é a túa opinión? Cres que as foxas deben abrirse?
FERROL 1936
41
Cemiterio de As Pontes. Exhumación (agosto, 2006) da fosa na que foron sepultados catro membros da
familia Ramos, asasinados polos sublevados en 1936. Fotos: ARMH
44. #11
RESPOSTAS
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
1. O escenario histórico
Análise
FERROL 1936
42
1. O primeiro arsenal de Ferrol estaba localizado na vila de A Graña.
2. As obras das gradas e da dársena do Arsenal Militar, segundo Montero Aróstegui,
realízanse entre 1740 e 1770.
3. San Martín e San Felipe. O castelo de San Felipe foi remodelado no XVIII para defender mellor os estaleiros reais.
4. 1. Ferrol Vello: barrio mariñeiro e muelle comercial. 2. A Magdalena: función residencial e administrativa. 3. Esteiro: vivendas para os traballadores, primeiro
das obras e logo dos estaleiros. 4. Arsenal: construír, armar e reparar buques da
Armada.
2. O golpe de estado
Análise
1. O xeneral Emilio Mola dirixía a sublevación contra o Goberno da II República, era
o Director, aínda que o xefe inicial foi o xeneral Sanjurjo.
2. Ferrol era a principal base naval de España e unha cidade cunha importante poboación obreira e republicana.
3. O Rexemento de Artillaría de Costa.
4. Sí, os obreiros e os mariñeiros ferroláns opuxéronse ao golpe. Os mariñeiros da
Armada detiveron aos oficiais rebeldes e fixéronse donos dos navíos; tamén intentaron saír do Arsenal para defender o Concello do ataque dos golpistas. Os
traballadores defenderon a República no Concello, nas rúas de Ferrol e nas vilas
da comarca. A proba está nos máis de trinta mortos e no cento de feridos que se
producen na sublevación.
5. Os dirixentes e sectores máis activos da Fronte Popular xuntáronse coas autoridades provinciais e cos alcaldes para buscar fórmulas para defender a República.
Procuraron armas, montaron barricadas nos concellos e nas pontes, incautáronse
de automóbiles e camións.
6. Galicia carecía de grandes cidades e dun proletariado masivo e organizado, que
puidese aproveitar as vantaxes dunha loita urbana. Estrangulada a resistencia nas
cidades, o resto do territorio tiña que sucumbir. Non faltaba alento republicano
senón medios e organización. Neste punto notouse a ausencia dun poder central
republicano en Galicia que organizara eficazmente a resistencia.
7. Para evitar que o republicanismo volvera a erguerse no que ía ser a retagarda da
España franquista na Guerra Civil.
8. 1. Ferrol. 2. Narón. 3. Mugardos. 4. Neda. 5. Fene. 6. Pontedeume. 7. Valdoviño. 8.
Cedeira. 9. Ortigueira. 10. Cariño. 11. As Pontes. 12. Ares. 13. O Barqueiro.
45. 3. A represión violenta
Análise
mulleres
4
1
25%
totais
1.091
254
23%
Os procesos militares de Ferrol causaron case a cuarta parte dos fusilados tras consello de guerra en Galicia.
8. Mortes extraxudiciais (paseos)
Galicia
Ferrol
Porcentaxe das vítimas de Ferrol sobre o total
homes
4.474
450
10%
mulleres
86
11
12,8%
totais
4.560
461
10%
A cantidade de persoas asasinadas na comarca ferrolá ronda a décima parte do total
de Galicia, do que se deduce que o medio represor do consello de guerra foi máis
importante na zona de Ferrol que no conxunto de Galicia.
4. Cen vítimas da represión violenta en Ferrol e comarca
Por adscrición ideolóxica (44 identificados)
w UR (Unión Republicana): 4 identificados
J. Pereiro, A. Brage, F. Carballo, M. Usero.
w ER (Esquerda Republicana): 10 identificados
A. García, A. Marcos, Áng. García, R. Ríos, M. Prado, C. Sardiña, R. Sardiña, R.
Agras, P. Rico, M. Franco.
w Socialistas (PSOE-UGT-JS): 16 identificados
E. Caruncho, J. López, M. Morgado, M. López, J. Ferreiro, A. Díaz, J. Losada,
R. Souto, J. Quintanilla, A. Iglesias, M. Vázquez, R. Vázquez, J. R. Fernández, J.
López Leira, J. Bueno, M. Teijeiro.
w PCE (Partido Comunista de España): 5 identificados
J. Prieto, E. Sánchez, G. Cedrón, C. Pérez, P. Almazán
43
FERROL 1936
Galicia
Ferrol
Porcentaxe das vítimas de Ferrol sobre o total
homes
1.087
253
23%
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
1. Os medios represores utilizados foron o consello de guerra e o paseo. O método
extraxudicial foi o que máis mortes provocou.
2. Os partidos políticos perseguidos foron os os grupos anarquistas e os integrados
na Fronte Popular: Partido Galeguista, Unión Republicana, Esquerda Republicana, PSOE e Partido Comunista.
3. Foron doce as mulleres fusiladas ou paseadas na Guerra Civil na comarca.
4. Os cemiterios de Canido e Serantes, o Arsenal e o castelo de San Felipe.
5. Os dous sectores profesionais máis afectados pola represión violenta foron: os
obreiros da construción naval, traballadores do mar e labregos, por unha parte,
e por outra militares, sobre todo da Armada: mariñeiros, fogueiros e suboficiais.
6. Traizón, rebelión militar, auxilio á rebelión e sedición.
7. Penas de morte executadas (por sentenzas de consello de guerra)
46. w
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
w
FERROL 1936
44
JSU (Juventud Socialista Unificada): 3 identificados
V. Pérez, A. Fernández, F. López.
Libertarios-CNT: 6 identificados
J. Sas, T. Fuentes, M. Real, P. Seoane, V. Couce, M. Rico
Por ocupación: (87 identificados)
w Militares (fogueiros, mariñeiros, soldados, suboficiais, auxiliares, oficiais) incluídos
os retirados: 21 identificados
P. López, A. Azarola, J. Manso, J. Permuy, F. Pita, A. Raja, A. Monteagudo, A.
Parrilla, R. Ríos, C. Canosa, M. Besteiro, M. Serantes, J. Romalde, M. López Rod.,
J. López Saav., J. López López, M. López López, A. Iglesias, J. Rico, R. Hermo, S.
Cervera.
w Obreiros e artesáns (construcción naval, mecánicos, estibadores, electricistas, carpinteiros…): 29 identificados
J. Prieto, J. Sas, T. Fuentes, J. Pereiro, A. Brage, M. Gallego, A. Gallego, M. Real,
M. López, G. Seoane, J. Golpe, J. Pérez, M. Rey, I. Blanco, A. Díaz, E. González, M.
López, A. Abrodes, J. Pérez, J. Seco, A. Fernández, M. Rico, C. Pérez, A. Fernández, J.M. Varela, G. Cruz, L. Rodríguez, J. López Leira, J. Freire.
w Traballadores do mar: 1 identificado
S. Rodeiro.
w Labregos: 5 identificados
J. A. Sánchez, C. Blanco, A. García, P. Rico, J. Rico.
w Funcionarios e empregados: 16 identificados
M. Serantes, F. Tejedor, R. Álvarez, F. Carballo, Jesús Tenreiro, Ang. García, M.
Prado, C. Sardiña, R. Sardiña, R. Agras, José Tenreiro, F. Hermida, S. Martín, M.
Teijeiro, F. López, M. Pérez.
w Mestres: 5 identificados
L. Martínez, J. García, M. Vázquez, J. R. Fernández, P. Almazán.
w Comercio e industriais: 6 identificados
A. Marcos, R. Souto, G. Cedrón, L. Díaz, R. Vázquez, J. Bueno.
w Médicos: 3 identificados
M. Morgado, J. Quintanilla, E. Sánchez.
w Outros: 1 identificado
M. Usero.
Gráfico de columnas de vítimas por ocupación profesional
47. Encrucillado
5. Datos das vítimas por veciñanza
Concello
Poboación
(1930)
Totais
vítimas
concello
Excs.
sumariais
Excs.
ilegais
% de excs.
ilegais sobre
os totais
47.211
227
86
141
61’5
4,8
Fene
6.540
39
10
29
74’4
5,9
Mugardos
7.112
36
8
28
77’8
Cedeira
7.430
31
13
18
59,1
4,2
Pontedeume
7.056
24
4
20
93’4
3,5
Narón
12.278
23
5
18
79’3
1,9
OrtigueiraCariño**
20.614
19
3
16
84’2
0,9
Ares
4.850
16
7
9
56’3
3,3
Mañón
4.059
12
6
6
50’0
2,9
Monfero
6.473
11
0
11
100’´0
1,7
Cabanas
3.584
9
1
8
89’9
2,5
Cerdido
3.350
9
1
8
89’9
2,7
Neda
6.565
9
4
5
55’6
1,4
Miño
5.326
8
2
6
75’0
1,5
As Pontes
5.026
7
0
7
100’0
1,4
Valdoviño
8.027
6
1
5
83’4
0,7
Vilarmaior
3.124
3
1
2
66’7
0,9
Moeche
3.509
1
1
0
100’0
0,3
176.333
490
153
337
68’7
2,77
Ferrol-Serantes*
TOTAL
Excs.
por mil
habs.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Verticais:
2 Usero
4 T. Tapa
6 López Bouza
8 Rico
10 Cedrón
12 Do
14 Ra
16 Nao
45
FERROL 1936
Horizontais:
1 Quintanilla
3 Souto
5 Eduardo
7 Ordep (Pedro)
9 Vázquez
11 Juan Prieto
13 Carballo
15 Amada
17 Francisco
19 Azarola
21 López Amor
48. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
1. Executados por cada mil habitantes. Veciñanza
FERROL 1936
46
1, Ferrol (con Serantes). 2, Narón. 3, Valdoviño. 4, Cedeira. 5, Cariño. 6, Ortigueira. 7,
Mañón. 8, Cerdido. 9, Moeche. 10, San Sadurniño. 11, Neda. 12, Fene. 13, Mugardos.
14, Ares. 15, Cabanas. 16, A Capela. 17, As Somozas. 18, As Pontes. 19, Pontedeume.
20, Miño. 21, Vilarmaior. 22, Monfero.
3. De maior a menor tanto por mil: Fene, Mugardos, Ferrol-Serantes, Cedeira,
Pontedeume, Ares, Mañón, Cerdido, Cabanas, Narón, Monfero, Miño, As Pontes,
Neda, Ortigueira-Cariño, Vilarmaior, Valdoviño, Moeche.
4. Moeche.
5. As Pontes e Monfero.
6. Gráfico de vítimas por concello, por veciñanza coñecida.
49. 7. Dúas biografías
José López Bouza
1890
Febreiro. Nace en Esteiro, Ferrol.
1908
Emigra a Arxentina
1911
É expulsado de Arxentina polas súas actividades no anarcosindicalismo.
1915
Participa na organización do Congreso Internacional da Paz.
1918
Evoluciona cara ao republicanismo.
1931
Afiliado a ORGA, participa na proclamación da 2ª República o 14 de
abril.
1931/1932 Desempeña os cargos de gobernador civil de Ourense e Lugo.
1936
Desde marzo preside a Xestora da Deputación de A Coruña.
1936
Mediados de xullo. Preside a Comisión que entrega o proxecto de Estatuto de Autonomía nas Cortes Españolas.
1936
30 de agosto. Asasinado no cemiterio de Canido.
Xaime Quintanilla
1891
Xuño. Nace en A Coruña.
1917
1917
1920
1931
1934
1935
Crea unha clínica de cirurxía en Ferrol.
Forma parte das Irmandades da Fala.
Estrea o drama Donosiña.
14 de abril, é elixido alcalde de Ferrol. É o primeiro alcalde socialista na
historia da cidade.
Outubro. É destituído como alcalde por apoiar a folga revolucionaria.
Preside a Federación Provincial de Colectividades Socialistas (PSOE).
47
FERROL 1936
6. Relato dun encarcerado en 1936 en Ferrol
Análise
1. Escribe o relato o fillo de Fernando Carballo, do mesmo nome que o pai.
2. Fernando Carballo era un funcionario do Concello de Ferrol, xefe do Negociado
de Arbitrios (impostos), militante de Unión Republicana e Presidente do comité
local da Fronte Popular. Foi fusilado o 13 de agosto no cuartel de Artillaría, co
tenente de alcalde socialista Morgado.
3. Supostamente defender a República dunha evolución a un réxime comunista.
4. Forzas de Infantería de Mariña e de Artillaría de Costa. O 21 de xullo de 1936.
5. Fernando Carballo (fillo) estivo detido desde o 21 de xullo ata o 5 de outubro
de 1936 nestes lugares: cuartel de Artillaría (o Baluarte), cadea da Escollera e no
barco Plus Ultra.
6. Os interrogatorios aos detidos no Arsenal tiñan lugar na Escola de Máquinas e
nun local habilitado para Falanxe.
7. Os fusilamentos que se escoitaban desde a Escollera eran os realizados na
Punta do Martelo.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
7. Resposta libre. Debera incluír: destacan seis concellos, cunha taxa superior a tres
executados por mil habitantes (censo de 1930¬). Son todos municipios costeiros,
en relación co núcleo urbano e industrial ferrolán: Ferrol-Serantes, Fene, Mugardos,
Ares, Cedeira e Pontedeume.
50. 1936
1936
1936
Febreiro. Restituído no seu cargo de concelleiro dimite como alcalde.
Participa na campaña do referendo do Estatuto.
17 de agosto. Asasinado no cemiterio de Canido.
8. San Felipe
Respostas libres.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
9. Campo de concentración de Cedeira, 1937
1. Diferencia principal entre un campo de concentración e unha prisión
Resposta: c) Un campo de concentración servía como recinto de retención para
persoas sen condena, para ser identificadas e clasificadas.
Razoa por que escolles esa resposta:
A función principal dun Campo de Concentración na Guerra Civil era a de clasificar a persoas detidas en masa, en función da súa perigosidade política.
2. Orixes dos presos. Cedeira, 1937.
FERROL 1936
48
3. Porcentaxes de detidos que proviñan de Asturias (68,9 %), Galicia (12,4), Castela
León (7,5) , País Basco (3,5) e Cantabria (2,2).
4. Os retidos agachaban a súa identidade porque querían ocultar cargos e militancia
na zona republicana e evitar a represión.
Anota o número de presos por oficio ou profesión.
Actividade
Número
Porcentaxe
albanel
4
4%
aserrador
1
1%
axustador
1
1%
camareiro
2
2%
carpinteiro
6
6%
cesteiro
1
1%
chocolateiro
1
1%
chófer
4
4%
comercio
3
3%
52. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Gráfico do número de presos por idade:
Ata 20 anos: 18 / 21-30: 51 / 31-40: 22 / 41-50: 4 / máis de 50: 5.
FERROL 1936
50
O menor tiña 15 anos e o maior 58.
Informe de conclusións sobre as idades e profesións dos retidos no Campo de Concentración de Cedeira.
Resposta libre. Debería incluir:
O sector productivo máis afectado pola represión foi o primario, o que se corresponde co maior número de efectivos de poboación activa que naquela época engrosaba
ese sector en España. A presenza de empregados do sector servizos indica que a represión franquista tivo un carácter xeral, abranguendo a un amplio abano social, non só
as clases máis populares se veron afectadas polo proceso inquisidor e depurativo do
franquismo.
No aspecto das idades dos presos de Cedeira destaca a mocidade relativa dos mesmos, os grupos de idades con maior representación son os menores de 31 anos, que
significaban o 70 por cen do número total.
10. Memoria histórica
Respostas libres.
53. #12
CONTIDOS
Conceptos
A Guerra Civil española.
Ferrol na época da II República.
Ferrol: porto e cidade da Ilustración.
As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
A represión violenta: métodos, lugares, cuantificación, vítimas.
Procedementos, destrezas e habilidades
Interpretación de mapas e gráficos.
Análise de textos históricos, de mapas, de gráficos e de fotografías para obter
información.
Comprensión de procesos e identificación de causas e consecuencias.
Procura de información na Internet.
Valoración crítica da fiabilidade das informacións.
Investigación no ámbito familiar ou coñecido de vivencias persoais durante a
Guerra Civil.
Lectura de textos e identificación de posturas diferentes ante un asunto.
Actitudes
Sentimento de pertenza a unha localidade e a unha comarca.
Interese por coñecer a historia do noso contorno.
Valoración dunha Constitución democrática como lei fundamental do ordenamento político.
Rexeitamento da violencia e das guerras como mecanismos para dirimir conflitos.
Respecto polas ideoloxías diferentes á propia.
Sentimento de empatía polas vítimas da represión franquista.
Valoración do movemento pola recuperación da memoria histórica.
Valoración do patrimonio cultural e artístico.
51
FERROL 1936
Explicar os principais feitos e consecuencias do golpe de Estado de xullo de 1936
na comarca.
Explicar o proceso represivo como consecuencia do golpe de Estado de xullo de
1936.
Explicar características da represión violenta na comarca.
Identificar algunhas vítimas mortais da represión.
Interpretar e realizar mapas e planos.
Interpretar e realizar gráficos de barras ou de columnas.
Localizar determinados puntos xeográficos nun mapa da comarca.
Comprender as orixes urbanísticas de Ferrol.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
OBXECTIVOS
54. COMPETENCIAS BÁSICAS TRABALLADAS
Comunicación lingüística
Usar vocabulario específico relacionado co tema.
Buscar as ideas principais do tema e interpretar e organizar a información.
Elaborar respostas escritas.
Argumentar e debater sobre un tema.
Competencias matemáticas
Elaborar e interpretar gráficos de barras.
Calcular e interpretar porcentaxes.
GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN
Aprender a aprender
Como obter información de documentos escritos e iconográficos.
Comentar textos, táboas, mapas e gráficos.
Como obter información na Rede.
FERROL 1936
52
Tratamento da información e competencia dixital
Usar táboas, mapas, gráficos e imaxes como fonte de información.
Buscar e sintetizar información recollida en Internet.
Ler e comentar artigos de prensa.
Competencia social e cidadá
Sentir empatía polas persoas que padeceron os efectos da Guerra Civil. Comprender cal era a súa situación e cales podían ser os seus sentimentos.
Valorar o mantemento da memoria histórica como axuda para evitar repetir
erros do pasado e comprender mellor o presente.
Ser quen de respectar e debater diferentes ideas sendo capaces de amosar a
nosa opinión.
Autonomía e iniciativa persoal
Planificar tarefas de traballo individual.
Analizar e valorar con criterio a fiabilidade dunha información.
Formarse unha opinión propia apoiada en argumentos sólidos.
AVALIACIÓN
Por medio das actividades propostas e doutras que o profesorado libremente deseñe co material presentado na unidade.
55. ÍNDICE
Saúda do alcalde ............................................................................................................................................................................ 3
Saúda da concelleira de Educación .................................................................................................................................................. 3
O escenario histórico ............................................................................................................................................................................ 5
O golpe de estado ............................................................................................................................................................................................. 7
A represión violenta ................................................................................................................................................................................... 12
Cen vítimas da represión violenta en Ferrol e comarca ................................................................................................ 15
Datos de vítimas de execucións por veciñanza na comarca .................................................................................. 21
Relato dun encarcerado en 1936 en Ferrol ............................................................................................................................ 24
Dúas biografías ............................................................................................................................................................................................... 27
O Castelo de San Felipe ............................................................................................................................................................................. 30
Campo de concentración de Cedeira ......................................................................................................................................... 32
Memoria histórica ....................................................................................................................................................................................... 38
Respostas ............................................................................................................................................................................................................ 42
Obxectivos ......................................................................................................................................................................................................... 51