2. DAVID LO ZANO GARBALA
• David Lozano Garbala naceu no 1974
en Zaragoza, unha cidade amable da
que se afasta de vez en cando polo
seu desexo de viaxar. Estudou Dereito
e exerceu como avogado, aínda que
abandonou esa profesión para
dedicarse a escribir. Dende hai uns
anos, exerce como profesor e, á hora
de escribir DONDE SURGEN LAS
SOMBRAS, tivo en conta qué historia
lles gustaría ler aos seus alumnos .
3. ARGUMENTO DA NOVELA
• Álex desaparece despois de entrar por erro nun estraño videoxogo.
Este feito coincide co asasinato de tres persoas en atroces
circunstancias. Xunto a un inspector de policía, os amigos de Álex
inician a súa busca. Con eles penetramos nas zonas máis sinistras,
ocultas baixo os nosos pés.
4. OS PERSONAXES
• Álex Urbina: mozo de 18 años, fanático dos xogos on-line (Camelot), medio coxo.
• Gabriel Vázquez: amigo de Álex, moi intelectual.
• Mateo: fraco, deportista, amigo de Alex, un pouco temeroso, precipitado (non pensa ben
nas consecuencias dos seus actos).
• Lucía Laín: amiga de Álex, rubia e guapa, que sabe moito de informática.
• Inspector Garcés: inspector de policía que descobre todo [clave para pedir reforzos: “vai
calor”].
• Antonio Valls: un vello arqueólogo.
• Juan Balmes: un capataz da brigada encargada de limpar sumidoiros, xa xubilado.
• Ramón Alonso: arquitecto.
5. • Raquel: noiva de Álex e cómplice das persoas que raptaron a Álex.
• José María Ramos: detective que se encarga das desaparicións de mozos en Zaragoza e cómplice
dos que raptaron a Álex, sobriño do xefe desa organización criminal.
• Ernesto Abad: funcionario do concello que controla a unidade de limpeza de sumidoiros da cidade.
• Dahmer: home de negro encapuchado, xefe da organización Obscuritas, o cal veste de forma máis
elegante que o resto. É o sobrenome de Arturo Ramos.
• Julio: un informático axudante de Garcés.
• Arturo Ramos: experto en informática, tío de José María, que adopta o sobrenome de Dahmer.
• Thor: un home moi grande e forte. Ten un serio trastorno metal e foi educado para obedecer as
voces do altavoz e para matar; porta unha machada.
6. MÁIS TÍTULO S PUBLICADO S PO LO
AUTO R
• HEREJÍA
• HYDE
• CIELO ROJO
• LA PUERTA OSCURA
• DONDE SURGEN LAS SOMBRAS (O LIBRO QUE ESTAMOS
LENDO)
7. A NOSA OPINIÓN
• Parécenos un libro intrigante. Cada vez que o
empezamos a ler, éntrannos ganas de seguir
lendo. Algo que nos chama a atención é como o
autor, David Lozano Garbala, é capaz de
escribir este libro simplemente apoiándose
nunha noticia dun xornal.
8. FINFIN
•GRAZAS POR VER ESTA PRESENTACIÓN.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE.
Ainhoa, Nuria, Alicia e Gemma