1. GALICIA NA IDADE MEDIA
A sociedade galega medieval era feudal; é dicir, costituida por labregos (na súa maioria),
artesans e comerciantes, nobres e o rei.
Nesta sociedade, Galicia ao igual que o resto da Europa cristiá, coñeceu unha etapa
histótica de gran desenvolvemento, e é neste contexto que se explica que aparecese
unha extraordinaria cultura literaria e artística, que acadou unha dimensión universal.
Por unha parte a chamada arte románica que tivo o seu explendor durante os S. XI e XIII,;
e pola banda da literatura, a lírica galego- portuguesa, que foi o principal vehículo de
expresión literaria no occidente peninsular.
A literatura medieval.
A composición literaria máis abundante desta época foron as chamadas cantigas coas
que se acadaron altas cotas de perfección artística.
As cantigas tiñan por función entreter e animar á nobreza. Para iso, amenizábanse con
diversos instrumentos musicais e ata con danzas e bailes.
Os interpretes e compositores destas catigas eran diferentes segundo a súa categoría
social:
1. Trobador. Nobre que compoñia cantigas e rara vez as interpretaba.
2. Segrel. Fidalgo que interpretaba as sús propias cantigas.
3. Xograr. O seu rango social era o mais baixo dos tres e so interpretaba o que
compoñian os trovadores.
4. Menestrel. Músicos que acompañaban no recitado da cantiga.
5. Soldadeira. Mulleres que amenizaban co baile.
As cantigas á súa vez diferenciabanse en tres grupos segundo a intención e o interprete
da mesma.
2. 1. CANTIGAS DE AMOR.
Composicións nas que un cabaleiro expresa os seus sentimentos a unha muller á que lle
chama senhor. Esta senhor trátase dunha muller da aristocracia polo que o cabaleiro ou
trobador non pode mostrar mais que absoluta submisión cara a súa amada que considera
perfecta.
Polo tanto o tema destas cantigas é o amor non correspondido, o sufrimento ao non
poder obter o amor da senhor, salgo algunas excepcións nas que ese amor é válido.
Recursos empregados.
a) Dobre. Repetición dunha mesma palabra ou grupo delas en lugares simétricos.
b) Mordobre. Repetición de palabras dunha mesma familia léxica.
c) Atá- finda. A frase iniciada no último verso dunha estrofa.
d) Finda. Estrofa mais breve situada ao final da cantiga.
Tipos de Cantigas de Amor.
a) Cantigas de refrán. Compostas por estrofas nas que se repite o último verso ao
longo do poema.
b) Cantigas de mestría. Compostas por poemas de sete versos.
2. CANTIGAS DE AMIGO.
Breves composicións nas que unha voz feminina, se dirixe ao seu amado, normalmente
ausente que aparece citado como amigo. En moitas cantigas a moza diríxese á nai, a
unha amiga ou a elementos da natireza para contar os seus sentimentos.
O tema central destas cantigas polo tanto éo amor dunha muler, polo seu amigo. Ainda
que a voz é feminina, o autor da cantiga é semrpe un trovador que finxe ser unha muller.
Nestas cantigas, dánselle valores simbólicos a alguns elementos da natureza como son:
- Os cervos que simbolizan o namorado.
- A auga que representa a amada e a virxinidade
- As fontes como lugar de encontró
- O mar como símbolo da paixón
- O vento como símbolo a masculinidade.
3. Recursos empregados.
a) Paralelismo. Repetición que vai relacionando as estrofas por parellas.
b) Leixaprén. Relaciona cada parella de estrofas coa parella seguinte.
c) Refrán. Verso que se repite ao final de cada unha das estrofas.
Tipos de Cantigas de Amigo.
a) Bailadas. Unha rapaza expresa a alegría que lle produce o namoramento e
convida as amigas a bailar.
b) Barcoladas ou mariñas. Presenta o mar como elemento común.
c) Cantigas de romaría. Desenvólvese ao pé dunha ermida.
d) Albas ou alboradas. Están localizadas neses momentos do día.
3. CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR.
Poemas satíricos e burlescos onde os trovadores critican a sociedade medieval sin facer
distición de clase social.
Ainda que resulta difícil diferencialas, podemos distinguir por un lado as cantigas de
escarnio (critícase algo ou alguén de forma encuberta e irónica, é dicir, con dobres
sentidos) e as cantigas de maldicir (a burla faise mediante unha linguaxe explícita).
O tema que presentas estas composicións son moi diversas, polo que se poden clasificar
en:
a) Sátira social. Faise burla de tódalas clases socias en excepción.
b) Sátira política. Ridiculízase a covardía dos nobres na guerra.
c) Sátiras sexuais. Son escarnios contra monxas, cregose soldadeiras.
d) Sátira literaria. Búrlanse dos principais tópicos das cantigas de amor.
e) Sátira moral. Critícanse determinados vicios da época.
Os recursos que se empregan nestas cantigas non se distingues das outras: hainas con
refrán e de mestría, etc. Para identificalas hai que fixarse no contido.
4. 4. AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA: Lirica relixiosa.
Son un conxunto de 427 cantigas cuxo obxectivo é loar a Virxe Maria. Estas composicións
son froito do traballo realizado por o rei Afonso X o Sabio, que tamén é autor dun bo
número delas.
O tema destas cantigas era duplo: relixioso e propagandístico de determinados
santuarios.
Estas cantigas, distínguense dous tipos:
1. Cantigas líricas ou de loor. Textos de loanzas á Virxe María escritas como as
cantigas de amor.
2. Cantigas narrativas ou de milagres. Relatan un milagre da Virxee teñen intención
didáctica.
OS SECULOS ESCUROS E OS PRECURSORES.
Chamamos Séculos Escuros ao longo período nos que non houbo producción literaria en
galego debido a acontecementos políticos que provocaron a implantación da lingua
castelá como lingua da administración, da Igrexa e da educación.
Esta etapa xurdiu entre a transición da Idade Media á Idade Moderna, é dicir, durante a
Guerra Civil, onde os Reis Católicos impuxeron o seu réxime e desbotaron por completo o
uso do galego.
No Século XVIII a situación comeza a mudar no ámbito da intelectualidade, dado que en
Galicia houbo moitos ilustrados que loitaron pola defensa do galego entre os aue
destacan:
- Padre Feixoo, quen demostrou que o galego non era unha forma corrupta do
castelán senón un irmán galego do portugués.
- Padre Sarmiento, o cal defendeu o uso do galego no ensino, na Igrexa e na
Administración, ademáis de ser un recopilador do léxico galego.
5. O Prerrexurdimento (S. XIX) 1808 – 1863.
Abrangue dende a invasión das tropas napoleónicas ate a publicación da primeira obra
íntegramente en galego (Cantares gallegos de Rosalía de Castro).
Nas primeiras décadas deste século escribíronse algún textos nesta lingua de diversos
caracteres:
- Propagandísticos ( contra a invasión francesa)
- Literatura de circunstancias (matrimonios de conveniencia)
- Poemas como “ Belmiro e Benigno” de Nicomedes Pastor Diaz.
Os precursores.
A partir de 1833 Galicia dividese nas 4 provincias actuais fronte as 7 do Antigo Reino de
Galicia, en vixencia ate ese momento. Con esto desenvolveuse un movemento
provincialista, que reivindicaba Galcicia como provincia única e unida a este, unha
literatura “precursora” onde os escritores loitaban pola defensa do galego e a
recuperación da cultura galega. Destacan:
- Xoán Manuel Pintos (1811- 1878) coa publicación A galita galega que ten por
obxectivo a aprendizaxe do idioma galego.
- Francisco Añón (1812 – 1878) cuxos poemas tiñan fin costumista e reivindicativo
como o himno patriótico
O REXURDIMENTO
Foi un movemento cultura, social e literario que se desenvolveu na segunda metade do S.
XIX co obxectivo de dignificar a identidade galega, é dicir, conseguir o poder político,
administartivo e recuperar así o idioma galego.
Este movemento inaugurouse coa publicación en 1863 da primeira obra escrita
íntegramente en galego, “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro e rematou coa
creación das Irmandades da Fala en 1916. A esta poeta, seguena na defenss do galego
aoutres como, Curros Enrriquez e Eduardo Pondal.
6. Contexto socio - histórico.
O Rexurdimento prodúcese nunha etapa moi inestable políticamente falando dado que
había unha constante alternancia no poder entre moderados e progresistas ata o ano
1868, ano no que comeza o Sexenio Revolucionario, que da paso á primeira República
española. Ao pouco chega ao poder Alfonso XII e volve a haber inestabilidade política
entre conservadores e liberais.
No eido social, Galicia sufre dúas grandes lacras:
- a implantación do poder central nas redes caciquis para imponer os seus intereses
- perpetuación do sistema foral que regulaba a propiedade da terra, provocando o
empobrecemento das clases populares, logrando con isto a emigración da xente en
busca de melloras de vida.
A situación da cultura e da lingua.
A mediados do S. XIX apareceron as primeiras publicacións periodícas que introduciron
textos en galego. Xa nos anos 70 chegan os primeiros xornais e revistas monolíngues en
galego como: O Tio Marcos da Portela e A Monteira.
Tamén foron moi importantes as publicacións de Historia de Galicia a cargo de Benitto
Vicetto e Manuel Murguia, cuxo obxectivo era demostrar a vixencia da narración galega
ao longo dos séulos.
Tamén xorden as primeiras gramáticas Saco e Arce e os diccionarios do idioma galego de
Marcial Valladares e as primeiras editoriais galegas creadas na Coruña: Librería Gallega e
Biblioteca Gallega.
O novo pensamento: o galeguismo.
A partir do ano 1840 xorde o galleguismo como novo movemento social, político e cultural
que pretende recuperar a identidade galega e atribuirlle poder político.
Este movemento sufreu diversas fases:
1. O provincialismo (1840- 1836). Galicia pasa de sete provincias que había no
Antigo Reino de Galicia a catro. Esta división provocou como reacción o
nacemento dest movemento político cuxa pretensión era a reivindicación de Galicia
como provincia única.
7. 2. O federalismo (1869 – 1881). Movemento que pretendía facer de Galicia un
estado federal.
3. O rexionalismo (1881 – 1916). Movemento desenvolvido parellos aos cataláns e
vascos. Estes seguiron duas correntes: a liberal liderada por Manuel Murguia e a
tradicionalista de carácter conservador, liderada por Alfredo Brañas.
4. O nacionalismo. É a evolución das correntes anteriores que pulaban polo
recoñecemento sa identidade galega. Nace coa constitución das Irmandades da
Fala que consideran a Galicia como unha nación con dereitos políticos.
ROSALIA DE CASTRO.
Naceu no ano 1834 en Santiago de Compostela, criada en Ames, onde coñece
plenamente a vida rural galega. Despois marcha a estudar a Santiago e contacta co
movemento Liceo de la Juventud onde coñece a Eduardo Pondal e a Aurelio Aguirre.
No ano 1856 marcha a vivir a Madrid, cidade onde comeza a publicar os seus primeiros
libros e onde casa con Manuel Murguía.
Finalmente instalase na Casa da Matanza, en Padron sobre o ano 1875.
Morre de cancro en 1885 e os seus restos están no Panteón dos Galegos Ilustres dende o
ano 1891.
Muller escritora en galego.
Desempeñou un papel admirable na sua época pola defensa fervente das mulleres nunha
sociedade patriarcal, a loita constante por reivindicarse como escritora empregando este
recurso para a defensa da muller e finalmente, a defensa da súa lingua, o galego.
Estpo levouna a gañarse multiples desprezos por parte da sociedade.
Estilo e lingua.
Empregou multiples recursos da literatura popular como paralelismos, comparaciñons,
aliteracións, onomatopeas.., asi como diversos símbolos que tanta forza producía nos
seus poemas.
8. Tamén emprega na súa obra a fala popular da zona de Santiago de Compostela na que
predomina o uso dun rexistro coloquial.
Obras.
1. Cantares gallegos.
Con esta obre publicada o 17 de Maio de 1863, inaugúrase a literatura galega
comtemporanea. Cen anos despois instaurase esa data como o Dia Das Letras Galegas.
Esta formado por 36 poemas onde lle pon voz unha rapaza que desenvolve un cantar
popular. Ten uns estrutura circular xa que no primeiro poema faise unha presentación
dunha voz feminina á que a autora lle pide que cante en lingua galega e no último dos
poemas, a mesma rapaza se disculpa por non cantr tan ben como Galicia o merece.
Os poemas que conforman este libro teñen unha temática diversa:
1. Costumista. Poemas de carácter descriptivo nos que se recrean estampas cotiás
da vida labrega e crenzas relixiosas.
2. Amorosa.
3. Intimista. Emerxe a visión pesimista do amor.
4. Social. Poemas en defensa da xustiza social.
2. Follas novas.
Publicado na Habana en 1880. No prólogo aclara que trata duha obra diferente, centrada
nun sentimento pesimista da vida, pero sen impedir mostrar os problemas do pobo.
Esta estruturado en cinco partes ( vaguedás, do íntimo, varia, da terra, as viuvas dos
vivos e as viuvas dos mortos) e duas temáticas ben diferenciadas ( a dor existencial, a
norte, o paso do tempo, saudade…e a denuncia da pobreza dos labregos, a
emigración…)
Nesta obre emprega gran variedade e orixinalidade métrica ( octosílabos,
hendecasílabos…)
9. MANUEL CURROS HENRRIQUEZ.
Naceu en Celanova en 1851 e por conflictos co seu pai, marcha a vivir a Madrid onde
realizou os seus estudos de bacharelato e a carreira de Dereito que nunca rematou.
Na estadia en Madrid, participou en ambientes universitarios e intelectuais mentres
políticamente se vive unha etapa de revolución. Esto lévalle a conformar o seu
pensamento político defendendo o República como forma de goberno e o federalismo
como modelo de organización do Estado.
En Ourense logra o primeiro premio e convertese na carta de presentación como poeta
galego.
En 1895 emigra a Cuba onde pasa os últimos anos da súa vida. Ali foi un personaxe moi
recoñecido ademáis de ser o impulsor da creación da RAG.
Morre en 1908 na Habana e é repatriado a Coruña onde recide unha fervente homenaxe.
Obra.
1. Aires da mina terra.(1880)
Os poemas que compoñen esta obra teñen diversas temáticoas como son:
- Liña cívica ou social. Denuncia as opresións e inxustizas cara os máis débiles e
critica aos caciques e fidalgos. Tamén hai boa carga anticlerical nalgúns poemas.
- Liña costumista. Continua a estética propia da poesía popular onde tratan os seus
poemas de lendas, tradicións e tipos populares.
- Liña intimista. Som moi escasos e neles mostra a alegría no nacemento dun fillo
ou a dor pola norte da nai.
2. O divino sainete ( 1888)
Trátase dun longo poema narrativo de carácter burlesco que parodia a Divina comedia d
Dante Alighieri.
Está protagonizada polo propio Curros que en compañía de Francisco Añçon, realiza
unha viaxe a Roma para gañar o xubileo. Añón será o seu guía polos sete vagóns dun
tren que representan os sete pecados capitais. Unha vez en Roma, Curros entrevístase
co Papa León XIII e aconséllalle que a igreza abandone a súa riqueza e volva a vida , as
repeticións…
10. Estilo e lingua.
Emprega un galego popular da zona de Celanova como medio para achegarse as
problemáticas que quere expresar e reivindicar. Ainda así coida moito o uso do léxico e a
sintaxe evitando os cstelanismos.
Buscou a sinxeleza e a claridade para que se entendese ben o que quería decir e
expresar empregando recursos como a ironía, os paralelismos
EDUARDO PONDAL
Naceu en Ponteceso en 1835 no seo dunha familia acomodada. Estudou medicina en
Santiago de Compostela onde frecuentou as tertulias do Liceo San Agustin e coñeceu o
poeta Aurelio Aguirre, con quen promoveu, o 2 de marzo de 1856, O Banquete de Conxo.
Na nova Céltica, faladoiro ca Libraría Carré con Manuel Murguia, Martinez Salazar e
Manuel Lugris Freire, entre outros, coñece os poemas de Ossián e asume o papel de
bardo.
En 1890 escribe o poema Os pinos musicada por Pascual Veiga e estreada na Habana
en 1907 e que finalmente se converte no himno de Galicia
O seu poemario Queixume dos pinos (1886) contén poemas de carater épico e lírico nos
que destacan:
- o celtismo( defensa da orixe celta de Galicia e a proposta de construcción dunha
épica céltica para o pobo galego)
- o ossianismo ( recreación dun pasado hermoico ideal no que o pobo galego se
vise reflectido)
- a natureza ( protagonismo da terra, das árbores, do vento)
- a virilidade (épico militar que ensalza o forte e o enerxético, identficado co home,
fronte a o débil e feble, identificado coa muller)