Breve presentación sobre a Arte románica para 2º da ESO, inclúe tamén o prerrománico e o mozárabe, segue os contidos da editorial Anaya e de Consorcio editorial.
2. A meirande parte da poboación era
analfabeta OS MOSTEIROS foron os
únicos lugares onde quedou recluída a
cultura grazas ao labor dos monxes e
monxas que vivían baixo a dirección dun
abade ou abadesa.
O LABOR DOS COPISTAS, a maioría eran monxes
que copiaban a man os textos antigos que logo
decoraban os ilustradores ou miniaturistas.
Copiáronse textos relixiosos pero tamén
científicos de autores gregos e latinos. Destaca a
escola de tradutores de Toledo.
Da evolución do latín, xurden as LINGUAS ROMANCES OU ROMÁNICAS como o castelán, o
galego, catalán, italiano, francés. Comezan a escribirse obras nesas linguas como o Cantar do
Mío cid. O latín seguía sendo a lingua culta.
Dase un desenvolvemento urbán e comercial xurden NOVAS CIDADES.
Nas catedrais, que se constrúen nas cidades europeas, aparecen as ESCOLAS
CATEDRALICIAS, cunha importante labor docente.
NACEN AS UNIVERSIDADES, a partir de escolas existentes ou novas, fundadas polo Papa
ou o Rei. Entre as máis antigas están : Bolonia, París, Oxford e Palencia e Salamanca en
España.
No 1440, o alemán Gutenberg inventa a IMPRENTA DE TIPOS MÓBILES. A imprenta
difundíuse rápidamente.
3. Todos os Monasteiros
"clásicos" teñen polo menos un
claustro. En torno a este
claustro atópanse os lugares
principalis do mosteiro
(lugares regulares) e neste
este claustro desenvolvese
unha gran parte da vida dos
monxes. algúns Mosteiros
teñen dous, tres ou máis
claustros; o Mosteiro de Santa
María de Sobrado ten tres
claustros, como se aprecia na
imaxe aérea: o claustro de
entrada, ou dos peregrinos; o
claustro das procesiones ou
dos medallóns; e o claustro
grande donde na actualidade
se desenvolve vida dos
monxes.
Mosteiro de Sta María de
Sobrado dos monxes. A
Coruña.
4.
5. Chamámoslle así ás manifestacións artísticas realizadas en cada país
antes do xurdimento do románico. En España, está representada pola
asturiana e a mozárabe.
A arte Asturiana desenvolveuse entre finais do século VIII e principios do
X no reino de Asturias. Construíronse pequenas igrexas e pazos empregando
arcos semicirculares e cubertos con bóvedas de canón. Entre as edificacións
máis destacadas están o palacete de santa María del Naranco e as Igrexas
de S. Miguel de Lillo e S. Salvador de Valdedios.
A Arte Mozárabe desenvolveuse no século X, na área baixo o dominio
cristián. Edificáronse igrexas, que utilizaron arcos de ferradura e se cubriron
com madeira ou con bóveda de canós de ferradura. Entre elas encóntranse
S. Miguel de la Escalada (León), San Baudelio de Berlanga (Soria) e S.
Cebrián de Mazote (Valladolid). En Galicia destaca a pequena e fermosa
capela de S. Miguel en Celanova.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12.
13. A orixe desta ruta remóntase ao ano 813 cando un ermitán
descubríu en Galicia unha tumba que se identificou coa do
apóstolo Santiago. Dende entón, organizáronse peregrinacións
desde toda Europa por un itinerario coñecido como ruta
Xacobea ou Camiño Francés. Este partía de diversos lugares
de Francia, que confluía en Puente La reina (Navarra) e desde
alí levaban a Compostela.
Ao longo do Camiño, a peregrinación favoreceu o
desenvolvemento da artesanía e do comercio para atender as
necesidades dos peregrinos: impulsou o florecemento das
cidades; propiciou a construción de pontes, hospedaxes,
hospitais, mosteiros e igrexas, e impulsou os intercambios
culturais con Europa.
14.
15. A arquitectura románica desenvolveuse entre os séculos XII e
XII, e tivo dous focos principais: Cataluña e o Camiño de
Santiago.
O foco catalán caracterizouse pola decoración de arcos
cegos e a realización de igrexas con campanarios moi
desenvolvidos, como as de San Clemente e Sta. María de
Tahull.
O foco do Camiño de Santiago, ligado ao románico francés e
ao camiño de Santiago, tivo como exemplos principais a
catedral de Jaca (Huesca), o mosteiro de santa María de
Sangüesa (Navarra), San Martín de Frómista (Palencia), San
23. A finalidade básica da escultura era complementar á arquitectura.
Usábase pedra na escultura que decoraba os edificios. Pedra e
madeira nas estatuas (escultura exenta, que non está arrimada). Con
menos frecuencia o marfil e os metais.
a escultura colocábase en capiteis, tímpanos, arquivoltas e estatuascolumnas.
Os Temas representados: temas relixiosos da biblia e da vida dos
santos. Destaca a figura de Cristo.
A principal finalidade desta escultura é ilustrar, ensinar aos fieis.
Finalidade didáctica e simbólica. (chamaselle “o evanxeo en pedra”).
Son figuras ríxidas, de pouco volume, dispostos de fronte, rostros
simétricos, inexpresivos. A escultura está condicionada polo espazo no
que se expresa, ás veces as figuras son pouco proporcionadas.
28. Dous conxuntos: as realizadas sobre as paredes e as que ilustraban os
libros relixiosos. Realizadas a maioría delas entre os séculos XII e XIII.
29. Decoración dos muros interiores das igrexas. Realizadas coa técnica
do fresco (sobre unha capa húmida de cal que se aplica sobre o muro e
con cores diluídas en auga de cal).
Temas representados: relatos bíblicos, vida de Cristo e dos Santos.
Representación do Pantocrator e o tetramorfos (os catro evanxelistas cos seus
símbolos). Cores e fondos planos, figuras perfiladas en negro, simetría na
composición e nas figuras.
30. A miniatura, decoraba os textos dos libros. Realizada con técnica de
augada sobre pergameo.
31. Tamén se realizaron pinturas sobre táboa para decorar os frontais.
Frontal de la Virgen de Avià.
Museu d’Art de Catalunya.
Barcelona.
Frontal de Urgell o de los Apóstoles. Catedral de
la Seu d´Urgell. S. XII. Museo Nacional de Arte de
Cataluña. Barcelona.
32.
33. Foi o maior templo da España cristiá. A súa construción iniciouse en 1075 e
rematou en 1211.
A construción atraeu a moitos traballadores, especialmente a canteiros
organizados e dirixidos por importantes mestres. Os máis famosos foron o
mestre Mateo, autor da porta das Praterías, e o Mestre Mateo, autor do
Pórtico da Gloria, que é a obra cume da escultura de estilo románico.
A catedral compostelá é o mellor exemplo das chamadas igrexas de
peregrinación. Ten tres espazosas naves, capaces de albergar un gran
número de fieis; ademáis, as naves laterias prolóngase pola cabeceira e dan
lugar ao deambulatorio; grazas a el, os peregrinos poden circular polo
templo e ver os oficios que se fan no altar maior. Tamén posúe numerosas
capelas laterais para poder celebrar varias misas á vez.
A actual fachada principal, a universalmente coñecida fachada do
Obradoiro, non pertence a esta época medieval, senon que foi construída
no século XVII en estilo barroco.
34.
35.
36.
37.
38. O grandioso Pórtico da Gloria está situado na
catedral de Santiago de Compostela. Esta catedral foi
iniciada no ano 1075 e, tras varios anos paralizada, a
obra foi relanzada polo bispo Xelmírez a finais do XI.
Entre os anos finais do século XII e os iniciais do XIII
dirixíu as obras do Mestre Mateo do que, como a
maioría dos artistas medievais, sabemos pouco. Nun
documento de 1168 e nunha inscripción no lintel do
Pórtico, con data de 1188, figura como o seu mestre
escultor. O Pórtico da Gloria está organizado en tres
arcos da anchura das naves, polo que o central é
maior. As escenas representadas están relacionadas
co libro do Apocalipse da san Xoán e con varias
pasaxes bíblicas. Aínda que por tradición se inclúe
como obra do románico, responde mellor
ás
39.
40.
41.
42. Esta presentación, foi realizada seguindo os contidos dos libros de texto
das editoriais Anaya e Consorcio Editorial para 2º da ESO. O seu único fin
e servir de apoio na aula para unha mellor comprensión dos contidos por
parte do alumnado. Sen ningún interese lucrativo. As imaxes foron obtidas
en diferentes páxinas web.
TERESA NÉCEGA RODRÍGUEZ