SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 69
Ou como Penélope decidiu
acompañar a Ulises.
Unidade didáctica para Ensino Secundario e Bacharelato
Marta Dacosta Alonso
Esta unidade didáctica titúlase Facerse ao mar, é dicir,
iniciar unha viaxe. Unha viaxe que ten por obxecto
reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres,
tomando como pretexto e documentación textos
poéticos en que se atopan elementos para propiciar o
debate e procurar unha maior sensibilidade sobre este
tema.
A unidade leva por subtítulo ―Ou como Penélope
decidiu acompañar a Ulises‖, porque esta personaxe
literaria representa o rol tradicionalmente asignado á
muller, e nós queremos ofrecer a posibilidade de superar
esa situación para chegar a un tempo novo en que
homes e mulleres viaxemos xuntos e compartamos de
forma igualitaria a viaxe e o que nela aconteza.
Quen é Penélope ?
Πηνελοπεια

Penélope é unha das personaxes da
lenda de Ulises que aparece recollida
en A Odisea, poema épico atribuído a
Homero. Penélope era a compañeira
de Ulises, rei de Itaca, e un dos que
acode ao chamamento de Menelao
para atacar Troia.
Estatua de Penélope no Vaticano

É así como inicia unha longuísima
viaxe, chea de aventuras, que dura uns
vinte anos. Durante todo ese tempo
ela vaino agardar e gardarlle
fidelidade.

Fonte: www.wikipedia.org
Mentres, moitos homes acoden
a Ítaca e tentan convencer a
Penélope da morte do seu home
para casar con ela. Penélope
resístese e idea unha
estrataxema para entreter os
seus pretendentes, que xa loitan
entre si para saber quen casará
con ela. Promete casar cun deles
no momento en que remate o
sudario que está confeccionando
para o rei Laertes. Mais
Penélope destece de noite o que
teceu de día, prolongando
infinitamente a confección da
tea para evitar ter que casar e
agardar a que regresa Ulises.
Por este motivo Penélope
simboliza a fidelidade e a
castidade.

Penelope (Le travail interrompu), por Adolphe

William Bougereau, 1891.
Πηνελοπεια non viaxou ...
Na literatura actual, a personaxe de Penélope ten o
significado simbólico de representar a muller que
desenvolve o rol feminino estabelecido de ama de casa
que queda no fogar para coidar del e dos seus
habitantes, a muller que renuncia a toda evolución
persoal ou a realizar os seus soños. Esa foi Penélope, a
que quedou no fogar resistindo fronte aos pretendentes,
gardando o reino de Itaca dos usurpadores, mentres
Ulises viaxaba e se enriquecía espiritualmente
coñecendo outras terras e outras xentes.
Penélope permanece no fogar e nin coñece mundo nin
aprende nada. Por iso as Penélopes do século XXI
decidimos viaxar, porque tamén queremos coñecer e
saber.
Pesquisar:
Para saber máis sobre estas personaxes
podes buscar información no libro de
Anisia Miranda, Mitos e lendas da vella
Grecia, publicado por Edicións do Castro.
TEMPO DA
MULLER
TEMPO DA
IGUALDADE
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes na
historia da literatura universal, non só na galega, debeu
enfrontarse a unha sociedade que non estaba preparada para
asumir que unha muller escribise e triunfase nese labor.
Rosalía convértese en escritora nun momento en que a
sociedade galega, como a europea, ou como a sociedade en
todo o mundo, non aceptaba que as mulleres puidesen
realizar as mesmas actividades cós homes, como escribir,
labor aínda máis difícil se quen escribía o facía nunha lingua
que era consinderada inculta ou que mesmo non tiña a
consideración de lingua.
Rosalía tivo que desenvolver o seu labor baixo esta dobre
crítica: a de ser unha muller non ―normal‖ por realizar un
traballo asignado comunmente aos homes e a de facelo
empregando a lingua dos labregos e o pobo máis pobre. Por
este motivo podemos dicir que Rosalía foi dobremente
ousada.
Ela foi a primeira escritora que
publicou un libro integramente en
galego, Cantares Gallegos, co que
se inicia o Rexurdimento en 1863.
Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
E leva o fol ó muiño,
E trai o estrume ó cortello,
E vai á fonte por augua,
E vai a misa cos nenos,
E fai o leito i o caldo...
Xan, en fin, é un Xan compreto,
Desos que a cada muller
Lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un Xan,
Casi sempre atopa un Pedro.
Pepa, a fertunada Pepa,
Muller do Xan que sabemos,
Mentras seu home traballa
Ela lava os pés no rego,
Cátalle as pulgas ó gato,
Peitea os longos cabelos,
Bótalles millo ás galiñas
Marmura coa irmán d'o crego,
Mira si hai ovos no niño,
Bota un ollo ós mazanceiros,
e lambe a nata do leite
E si pode bota un neto

Coa comadre, que agachado
Traillo embaixo do mantelo,
E cando Xan pola noite
Chega cansado e famento,
Ela x'o espera antre as mantas,
E ó velo entrar dille quedo:
—Por Dios non barulles moito,
Que me estou mesmo morrendo.
—¿Pois que tés, ña mulleriña?
—¿Que hei de ter? deita eses nenos
Que esta madre roe en min
Cal roe un can nun codelo,
I ó cabo ha de dar comigo
Nos terrós do simiterio...
—Pois, ña Pepa, toma un trago
De resólio qu'aquí teño,
E durme, ña mulleriña
Mentras os meniños deito.
De bágoas se enchen os ollos,
De Xan ó ver tales feitos,
Mas non temás, qu'antre mil,
N'hai mais q'un anxo antre os demos,
N'hai mais que un atormentado
Antre mil que dan tormentos.
―Xan‖, Follas Novas, 1880.
Neste poema de Follas Novas, Rosalía emprega un recurso
literario que chamamos ironía
consistente en dicir o contrario do que se pensa
para resaltar o que realmente queremos dicir
mais deixando claro, neste caso ao final do poema, que
está a falar dunha situación extraordinaria
O poema ―Xan‖ reflexiona sobre a situación da muller,
mais non o fai dicindo directamente as penurias que as
mulleres pasan.
Empregar o recurso da ironía é unha forma de procurar a
empatía do lector ou lectora, evitando un tratamento máis
directo e crítico que podería conlevar o seu rexeitamento.
É pois un recurso empregado coa finalidade de procurar a
boa acollida da crítica social que no poema se fai e para
pór de relevo unha situación que non é a habitual, pois o
habitual é que as mulleres soporten importantes xornadas
de traballo, o que se chama dobre xornada laboral.
Como dixemos antes, Rosalía de Castro, a
quen hoxe recoñecemos como a grande
poeta nacional que dá inicio á
recuperación da nosa literatura,
experimentou a negación á que a
sociedade somete ás mulleres. Rosalía foi
negada, como muller e como escritora, e
así o recolle ela mesma no texto Las
literatas. Carta a Eduarda.
―Por lo que a mi respecta, se dice muy corrientemente
que mi marido trabaja sin cesar para hacerme inmortal.
Versos, prosa, bueno o malo, todo es suyo; pero sobre
todo lo que les parece menos malo, y no hay
principiante de poeta ni hombre sesudo que no lo
afirme. ¡De tal modo le cargan pecados que no ha
cometido! Enfadosa preocupación, penosa tarea, por
cierto la de mi marido, que costándole aún trabajo
escribir para si (porque la mayor parte de los poetas son
perezosos), tiene que hacer además los libros de su
mujer, sin duda con el objeto de que digan que tiene
una esposa poetisa (esa palabra ya llegó a hacerme
daño) o novelista, es decir, lo peor que puede ser hoy
una mujer.‖
Mª P. García Negro, A. Gómez Sánchez e F. Rodríguez Sánchez
(ed.), Literatura feminina e feminista da segunda metade do século
XIX. Antoloxía, Vigo, AS-PG, 1996, páx. 35.
Actividades:
 Traduce para a nosa lingua o fragmento anterior.
 Rosalía válese dunha figura retórica para realizar este comentario.

Cal é esta figura? Emprégaa ti mesma, ti mesmo, nun breve texto
en que recollas a valoración das mulleres na sociedade de hoxe en
día.
 O poema ―Xan‖ é un romance (versos de arte menor que riman en
asoante nos pares), é unha das estrofas máis sinxelas e ao tempo
máis rítmicas. Por que non probamos a seguir o ritmo e escribimos
un texto irónico sobre a situación da muller...?
Para saber máis:
Debemos explicar por que temos ante nós un texto escrito en castelán. Por un
lado está o feito de que mesmo os defensores do noso idioma consideraban
naquela altura que a nosa lingua non era axeitada para certos xéneros
literarios, o cal é unha manifestación de diglosia. Mais debemos considerar
tamén a argumentación de Celia Mª Armas no seu libro As mulleres
escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía. Nel conclúe a dificultade de que se
unan dúas situacións de carácter extraordinario como son o feito de que unha
muller escriba e que escriba en galego. A investigadora sinala que só se dá o
caso de Rosalía Castro. As conclusións deste estudo rematan coas seguintes
palabras:

―Rosalía non só se tivo que enfrontar ás mesmas dificultades das coetáneas,
senón que tivo que facer fronte a moitas outras derivadas da súa capacidade
para ultrapasar fronteiras que lle tiñan predeterminadas xa non só á súa
creación, senón á súa propria intelixencia. Foi moito máis alá do que calquer
das outras, e xa non só nos temas que cultivou, senón no código que
empregou ela en solitario, o galego, a lingua considerada da incultura e tamén
a lingua protagonista do nacente e reivindicado sistema literario galeguista.‖
(páx. 335)
Durante moito tempo a cara pública da
humanidade foi o home: presidentes,
escritores, políticos, médicos, mestres,
músicos, investigadores,... a presenza da
muller era unha excepción, pois o papel
que a sociedade lle destinaba non incluía a
realización de actividades que acadasen
relevo público. Sucedía mesmo cando se
representaban actividades que tanto eran
realizadas por homes como por mulleres.
Hoxe podemos atopar xa na
literatura textos en que se
fala da muller e se
recuperan espazos.

No seguinte poema as
protragonistas son as
mulleres traballadoras,
concretamente as
costureiras, traballadoras do
sector textil.

A Leiteira, 1658-60, Johannes Vermeer
CEDO
aínda de noite
cada día
as mulleres do barrio
danzan ó son das máquinas de coser
nos sotos sen transparencia ós ollos do pobo.
Traballan os fíos nos beizos
Biliscándoos cos dentes.
Fanlles o amor coa lingua
De xeito que entran sen grosura
Polo burato da agulla.
Cada día
xa de noite
collen o autobús de volta.
Todas levan os dedos encarnados
e a face de número dous.

Cada día
sempre
as mesmas paredes cubertas de humidade
e a cea sen facer.
Pensar que as lavandeiras se extinguiran
E de socato ver que unha se pousa ó pé das túas dedas
Porque confundíu os fíos marróns con miñocas.

Fonte:
http://sepiensa.org.mx/contenidos/historia_mundo/siglo_xx/eu
a/1_mayo/1_mayo.htm

En cada soño
aparece o ritmo da incesable máquina
e o puto número dous da face.
A eterna dualidade do segundo número pitagórico.
Antía Otero, “Cedo”, O son da xordeira, 2003.
COSTUREIRAS
1908
129 mulleres
costureiras da fábrica Sirtwood Cotton de New York
morreron abrasadas no seu lugar de traballo
Por que?
Secundaban unha folga que tiña mobilizadas máis de
40.000 costureiras de Manhattan.
As súas demandas eran a igualdade salarial co home, a
mellora nas condicións hixiénicas da fábrica, un tempo
para a lactancia e a redución da xornada laboral.
O empresario negouse a dialogar coas súas empregadas
e, segundo o mito, ordenou pechar todas as portas con
cadeados e prender lume ás instalacións.
Desde entón conmemórase todos os 8 de
marzo o día da muller
Xa sexa porque tivo lugar o incendio ese día,
ou porque se realizou unha manifestación
de mulleres para reivindicar os seus dereitos
A cor lila é, teoricamente, a cor que as
mulleres estaban empregando para tinxir as
teas coas que traballaban.
Para saber máis...
―A historiografía máis estendida popularmente vincula a
celebración dese día cos acontecementos que
supostamente tiveron lugar en 1908 (...) Outros estudos,
con poderosos argumentos para prestarlles atención,
indican que o citado incendio non foi o 8 de marzo de
1908 senón o 25 de marzo de 1911 na fábrica da
compañía Triangle Shirtwaist. Neste incendio morreron
moitas traballadoras, a maioría inmigrantes de entre 17
e 24 anos.‖ Este información está extraída do artigo
―Días para a memoria, días para a loita!‖, de Silvia
Bermúdez Pérez, que podedes ler íntegro en
www.galizacig.com e que foi publicado o 21 de marzo de
2005. No artigo referénciase como a historiografía oficial
non recolle que a orixe do oito de marzo está vinculada
á loita das mulleres comunistas e que ten entre as súas
raíces as accións levadas a cabo polas mulleres rusas.
Agora que sabes todo isto, como
comentarías o poema ―Cedo‖?

Lede a continuación este poema de
Ana Romaní:
Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
Ana Romaní, ―Camiñan descalzas polas rochas...‖, Das últimas mareas,
1994.
Actividades:
Que simbolizará ―camiñar descalzas polas
rochas‖?
Por que podemos dicir que este é un
poema en que a escritora fala dun novo
tempo para as mulleres?
Sabes algunha lenda de naufraxios?
Sabes que son os ―raqueiros‖?
Na historia…
A historia está cheas de heroes masculinos, rara vez as
protagonistas dos acontecementos son mulleres. Se ben é
posíbel que o papel secundario que sempre se nos asignou
tivese como consecuencia que non estivésemos presentes nos
grandes acontecementos, tamén é certo que en moitas ocasións
ese papel secundario conlevou que non se valorase debidamente
a nosa contribución activa.
En diferentes ámbitos estase a traballar para reparar esta
inxustiza, tamén na literatura.
Constanza de Castro
Dona Constanza, a auga pezoñenta
apousouche nos labios flor de morte.
A carraxe que a sede foi máis forte,
a traizón foi que a morte máis cruenta.
Raza do Mariscal, raíz violenta,
afondaches na terra cando o Norte
virou cara a Castela como a sorte,
como a xente ao lume que máis quenta.
Por iso volverás en cada hedra
a abrazar contra o olvido e o desleixo
este teu Vilaxoán de pedra a pedra.
Miña señor, na Cal da Loba deixo
toda a sede de Patria que nos medra
e a auga de Galicia coma un beixo.

Ponte do pasatempo, Mondoñedo. Fonte:
http://gl.wikipedia.org/wiki

Marica Campo, ―Constanza de Castro‖, www.bvg.udc.es
Neste poema a escritora Marica Campo recupera unha figura
esquecida, pois, como dixemos, este está sendo un dos labores das
escritoras: poñerlle palabras á memoria das mulleres, ao seu papel
na historia. Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela,
ficou na súa torre de Vilaxoán, na Caldaloba, mentres durou o
asedio das tropas dos Reis Católicos, once meses. Durante ese
tempo chegou carecer do máis básico, como a auga, e así bebeu
dun alxibe e morreu envelenada. Estes feitos aconteceron en 1483,
ano en que foi asasinado o Mariscal Pardo de Cela por mandato dos
Reis Católicos.
Pardo de Cela era un señor feudal galego que se enfrontou aos Reis
Católicos. A súa morte vén simbolizar a loita pola liberdade dos
galegos, e encádrase dentro da política dos Reis Católicos de
eliminar a nobreza de orixe galega, defensora dos intereses dos
galegos e galegas, e subsituíla por nobreza procedente de Castela,
co obxectivo de dominar Galiza.
María Pita

Loitou contra os
ingleses

Concepción Arenal

S. XVI

Intelectual e xurista

Urania Mella
Presidenta da Asocicaición
de mulleres antifascistas

S. XIX

Pesquisar:

Para saber máis sobre outras mulleres significadas ao longo da historia e non
sempre ben coñecidas podes consultar o Álbum de mulleres do Consello da
Cultura Galega (http://www.culturagalega.org/album/) de onde se tomaron as
ilustracións.
Na vida
doméstica.
A figura da nai
Gustav Klimt, As tres idades da muller, 1905
As escritoras levamos á poesía moitas das
cuestións que nos preocupan e que nos
ocupan. No seguinte poema de Marilar
Aleixandre vemos como a escritora
reflexiona sobre as tarefas da muller,
nomeadamente sobre a vida doméstica
(ela di derrotas... por que?), a través dun
diálogo coa fotografía da súa nai.
derrotas domésticas
debeu ser moi difícil
degolar as anguías
sen cortar os dedos
arrandearte para que non te cubrisen
as escamas do ollomol
liscar do nó corredío das sabas
nas noites opacas
que batallas contra os garavanzos
medrando disformes na agua que absurda tarefa
escoller lentellas de arroz
que impotencia
cando o leite fervido vai por fóra
inevitablemente
e se o batifundo das tixolas
non che deixaba oír a música
se o teu francés e alemán
eran inútiles contra a graxa nos fogóns
se os tubos de agua berran como nenos
ou gaivotas e as patacas se pegan
no fondo da tarteira
nai
¿como é que estás sorrindo nas fotos?
Marilar Aleixandre, “Derrotas domésticas”, Catálogo de velenos, 1999.
Tamén Olga Novo fala coa súa nai, mais
neste caso o poema adquire forma de carta
e nel fálalle á nai do que está a facer nese
momento.
Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.
une saison en enfer. repite comigo Une-Saison-En-Enfer.
trinta xeracións de meu analfabetas Eu estou aprendendo
ladrar.
marcar un nunca territorio coa epiglote
coma un cadelo coma un can de palleiro
escadelearme ata volver en min en can entón pronuncio
Walt Walt
Walt Whitman mamá.
estou aprendendo a ladrar.
póñome de cu pró sol agárrome a unha aixada e
tento imitar o son do cuco do cuco de cu pró sol entón
a miña gorxa esprémese de dor
e oulan coma nunca os futuros posibles que nos fan
esbombar as veas
coma unha pota de leite na lareira.
(...)
e eu míroche prós ollos prós olliños estás tan cansa
pero eu non e aquí
é o intre da furia can
escoito con atención a campá de cris
tal dos teus soños incumpridos
(...)
velaquí me tés bailando berrando choutando
unha mestra gutural un volcanciño gutural
coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf.
eu míroche prás mans podería lamberche as cicatrices das
mans
ata que deran luz
e curarche as hernias discais cun só verso alexandrino
cunha sílaba de centeo cru cun oh-là-là e despois despois
contar unha por unha as túas canas enraizadas nas idades do
mundo
a túa lingua plantígrada mamá

podería mesmo reestructurarche a osamenta
co implante dunha canción anarquista.
ás veces sinto a dor sedimentándose
lámina
por
lámina
coma a pizarra:
(...)
para poder ladrar eu tería que rillar durante anos
a túa alerxia ó pó á peluxe dos chopos
a túa anemia circulando en sentido inverso polo sangue
tería que ir contigo enterrar ó teu irmán de vintesete anos e
apretar a meixela para non tronzar a lingua
coa súa tuberculose
mamaíña.
ben sei eu que para poder ladrar
tería que ir contigo á miña infancia
e verme case morrer deshidratada
e pregarlle á virxe na que non cres
que me devolvera á vida de tres meses e medio
e soldarme no teu colo para sempre
coma unha peza de ferro do teu ventre.
(...)
ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.
Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.
(...)
Olga Novo, “29 de xaneiro do 2002”, A cousa vermella,
2004.
Actividades:
 Por que nos damos conta de que este poema é unha carta?
 Que quere dicir cando escribe que ―está aprendendo a ladrar‖?, Que









é para os cans ladrar?
Por que repite Walt?
Sabes que era Walt Withman?
Procura información sobre é Virginia Woolf e poñédea en común.
Unha vez que tes claro que quere dicir coa metáfora de que está
aprendendo a ladrar, de que mais cousas fala no poema? Hai
anécdotas concretas que estea a relatar? Podemos saber algo da
biografía de Olga Novo ou a súa nai a través deste poema?
Cal dirías que é a relación de Olga Novo coa súa nai despois de ler
este poema?
Atopas diferencias co poema de Marilar Aleixandre?
Escribe un poema que sexa unha carta dirixida á nai.
A invisibilidade.
O teito de
cristal.
Sylvia Plath, fotografía extraída de http://www.sylviaplath.de/
Ben, estamos a falar da recuperación da figura da muller,
ou da recuperación da súa memoria, de reivindicar cal é o
posto que lles corresponde, de dicir que as mulleres
realizan tarefas importantes, coma os homes, para os que
a literatura ten exemplos de poemas dedicados aos
soldados, aos labregos, aos mariñeiros, aos traballadores...
Hoxe, na literatura galega, e noutras, tamén podemos
atopar poemas dedicados a valorar o labor doméstico das
mulleres ou a súa entrega ao traballo no campo ou o seu
importante papel como coidadoras da familia.
Pensades que todos este traballos son igual de importantes
que calquera outros e que por tanto merecen, tamén, estar
na literatura, ou onde sexa?
A invisibilidade e o teito de cristal:
Por tanto, estamos empeñadas en valorizar o traballo e o
papel da muller, é dicir en VISIBILIZAR as mulleres, porque
a situación que tiveron até o de agora é unha situación de
INVISIBILIDADE, é dicir, non se fala das mulleres como se
non se visen. Hai unha anécdota que lle acontece a unha
escritora americana que exemplifica perfectamente que é a
invisibilidade.
Ao longo do século XX e en todo o planeta, podemos asistir
á procura da independencia económica da muller, á
procura dun espazo propio, da liberdade intelectual... Os
exemplos son diversos. Un dos máis rechamantes, pola
obra que produciu e por ser protagonista dunha biografía
tráxica que exemplificou a invisibilidade feminina, é o de
Sylvia Plath.
Na biografía que Linda Wagner-Martin realiza sobre a
escritora (Sylvia Plath, Barcelona, Circe, 2001, páx. 202),
lemos o testemuño dun crítico literario que pon en
evidencia até que punto as mulleres eran invisíbeis para a
sociedade americana dos anos 60:
―Ted baixou a preparar o carriño mentres ela vestía ao
bebé. Eu quedei un momento atrás ... Sylvia entón
volveuse a min, nada efusiva de súpeto.
-Alegroume moito que elixiras aquel poema –díxome-. É un
dos meus preferidos, aínda que ao parecer non lle gustaba
a ninguén máis.
Eu non entendía nada. Non sabía de que me estaba
falando. Deuse conta e aclaroumo.
-O que publicaches no Observer hai un ano. Sobre a
fábrica de noite.
-¡Vállame Deus, mais se ti es Sylvia Plath! –tocoume a min
abraiarme agora-. Ou!, síntoo. Si era un poema precioso.
―Precioso‖ non era o termo axeitado, mais ¿que outra
cousa lle dis a unha xove ama de casa intelixente?...‖
Actividades:
Por que subliñan o apelido da escritora, Plath?

Sería este o apelido que empregaba
habitualmente? Como valoras este feito?
Cres que o mesmo crítico protagonista da
anécdota ten a visión axeitada de Sylvia Plath ao
considerala ―unha ama de casa nova e
intelixente‖?
Este texto ilustra o concepto de invisibilidade
feminina, como? .
Invisibilidade:
Termo que se utiliza para significar que as
mulleres non receben a mesma atención cós
homes e que non están igualmente presentes na
sociedade porque son ignoradas.
Sobre a invisibilidade fala Luísa Villalta no
seguinte poema, subliña os fragmentos que
inciden neste tema.
Os teus pasos de home e os meus
sempre se cruzan , ao non saber onde van.
Oblicuamente esvaes os ollos até a miña imaxe
ao ponto en que pergunto que é o que ves
através do meu espello pesado como a soedade.
Unha muller, contestas, e non miras
como me estraña ficar no ceo da tua voz vacia.
(...)
Pergunto outra vez, a cada un que pasa,
se de verdade son unha muller, o que é iso,
se me enganaron sempre ou teño algun camiño.
Todos os que me van cruzando non me acertan.
Sen embargo o que son, unha muller, ao cabo é todo
o que sei de min no espello en que me levas.
Para que aprenda a nova ti me apertas
cos brazos indecíbeis de ternura
do meu alimento á tua transcendéncia.
O meu camiño fixo-se-me extranxeiro, estou perdida
nen meu, porque é teu, nen xa imaxe,
porque non sei que levas no fardo do corazón.
Pero se non me ves, es ti quen erra.
Luísa Villalta, “Os teus pasos de home...”, Ruído, 1995.
Teito de cristal:
Fai referencia a que as mulleres, sendo a
maior parte da poboación e estando
igualmente preparadas, ou máis, non
ocupan cargos importantes.
As mulleres na Universidade de
Santiago de Compostela
De cada 100 estudantes 64 son mulleres.
Aproban máis mulleres ca homes (44%/33%).
Mais son menos as catedráticas cós catedráticos
(12% de mulleres)
Fonte: Senén Barro, A USC ten nome de muller , Discurso de apertura do curso académico 20062007, o 2 de outubro de 2006.
Sobre este concepto do teito de cristal fala este poema de Xohana Torres.
PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
―QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.‖
Así falou Penélope:
―Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.‖

Tempo de Ría, 1992
Actividades:
Por que dicimos que propón rachar ese

teito de cristal? En que consistía a lenda
de Penélope?
Que pensades vós?
Princesas:
Quero
abandonar
a vida morta
das princesas
Lupe Gómez, Levantar as tetas, 2004

.
Actividades:
Quen pode explicar este poema?
A que se refire cando fala da vida morta das

princesas? Por que?
Que conto vos lembra este poema?
Neses contos as protagonistas que quedan
durmidas porque se envelenan ou que morren
son sempre mulleres?
Pensa nun conto en que un príncipe sexa
salvado por unha princesa.
As princesas durmidas que son espertadas polo
príncipe simbolizan o papel sometido da muller,
que está durmida ou morta, é dicir, sen vida,
mentres non é salvada por un prícipe, un home.
A muller cobra vida ao pasar ás mans do home,
o que vén simbolizar a absoluta dependencia do
sexo masculino.

Se non hai ningún conto dun príncipe que sexa
salvado por unha princesa... haberá que
escribilo?...
... Maltratadas:
Nesa dependencia a muller pasou a ser
considerada un obxecto e a ser tratada
como tal, por iso moitas veces son vitimas
de situacións abusivas, como neste poema
que escribe Marica Campo:
Lapidadas
Como ovellas que van ao matadeiro
camiñades a serdes lapidadas
en reas, silenciosas e humilladas,
baixo a mirada atenta do carneiro.
Que o voso sangue sexa o derradeiro
a mollar esas terras magoadas
polo integrismo cruel, polas brigadas
dunha fe que vos nega todo abeiro.
¡Maldita sexa a man que tira a pedra!
¡Maldito na semente e no futuro
o nome dos que erguen ese muro
sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedra
nai piadosa a cubrilas, nai que medra
a reclamar a vida en berro puro!
Publicado en www.bvg.udc.es
Actividades:
Sabedes en que lugares do mundo sucede isto?
Por que, por que lapidan as mulleres?
Pensades que é moi inxusto?
Credes que deben recibir castigo?
Pensades que isto soamente sucede en latitudes

afastadas?
Sabedes que tamén aquí as mulleres son vítimas
de situacións de abuso? Se cadra ao lado de
nós?
Lede os seguinte poemas de Medos Romero.
Non me pareu nai
para a intempérie
e o castigo,
para a agonia en soedade
deste descampado.
Non nacín, nai, para a tortura
da besta e o delírio.
Non, para berar sempre
non.
Non nacín, nai, para ser cruz
desta fria poceira.

A tristeza es ti, nesa violencia
coa que te adentras en min,
brutal, como un can
enlouquecido.
A tristeza toda está nese xeito
inútil no que non me sabes amar.
Tan só porque non me oes,
tal vez porque nin me escoitas.

Medos Romero, O pozo da ferida, 2006, Deputación da Coruña.
Actividades:
Estes poemas lémbranvos algunha das noticias
que oídes nos telexornais?, comentádeas e
sinalade como se reflicte esa situación nos
poemas.
Comentemos os poemas.
Este libro nace ante a desolación que
experimentou a súa autora ao coñecerse o
asasinato dunha meniña chamada Erika, se
cadra lembrades o feito...
Unha tarefa de
todos e todas
Le o seguinte poema, identifica o seu

tema e explica de que nos fala.
Quen escribiría un poema así? Unha
muller, un home?, neste século, no XIX?
Resopra
Fol de lume
Seu corpo acendido
Hai só unha hora
Andaba María enorme nas agras
Sachando as patacas
Agora é unha balea varada na praia
Unha egua espantada
Un furacán de desexos
E de augas
Pola boca das pernas
Miña nai asoma a cabeza.
As mulleres emprenderon un traballo de
renovación da poesía asumindo o papel que lles
correspondía tamén na literatura, pois somos as
mulleres as primeiras que debemos loitar pola
igualdade.
Mais esta achega das escritoras incide tamén na
literatura escrita por homes. Rafa Villar, o
poeta autor de Casa ou sombra, chegou dicir
que se identificaba coas mulleres escritoras da
súa xeración.
Todo é máis doado se o facemos entre
todos e todas, e o certo é que que tamén
para os homes e os nenos é necesaria a
igualdade entre homes e mulleres, pois a
igualdade contribuirá a unha sociedade
máis xusta e, por iso, máis libre.
Hoxe en día, tamén na obra dos escritores
atopamos a recuperación do espazo para
a muller, estes son algúns exemplos:
Eduardo Estévez, O caderno da
pequena difunta.
Carlos Negro, Héleris.
Sechu Sende, Odisea.
Vázquez Pintor, Lira.
O poema que lestes antes é un exemplo:
pertence ao libro As horas de María de
Paco Souto, un fermoso libro en que nos
deixa o legado da memoria dunha muller
que sobreviviu a un tempo atroz, o da
ditadura e a posguerra, unha muller que
foi quen de sacar adiante a casa e a
familia, como moitas outras mulleres.
Tamén entre a poesía das décadas de 60
e 70 podemos atopar algún exemplo
parello, é o caso do poema de María
Soliña, un poema que recupera a memoria
dunha muller torturada e asasinada
inxustamente.
María Soliña
Celso Emilio Ferreiro cóntase entre os
poetas que nos deixaron un retrato
feminino de singular importancia, é o caso
do seu poema María Soliña que se basea
na historia dunha muller de setenta anos
que despois de perder a súa familia, o
home e máis o irmán, no ataque dos
turcos a Cangas en decembro de 1617, é
acusada polo tribunal da Santa Inquisición
de bruxa e xulgada como tal.
Para saber máis...
―As mulleres, igual que ocorrera na Coruña con María Pita, defenden as
costas dos ataques piratas e moitas veces son violadas e torturadas,
ademais de roubadas, nestes ataques. Posteriormente a estes feitos varias
das mulleres que organizaron a resistencia nas costas do Morrazo foron
acusadas de bruxería ante o Tribunal da Inquisición. Unha delas sería María
Soliño, ... A Inquisición confiscaba, previamente aos xuízos, os bens das
persoas procesadas e partía sempre da base da culpabilidade, tendo que
ser a acusada a que demostrase a súa inocencia. Ademais, a denuncia ante
a Inquisición podía ser anónima.
María Soliña, xunto con outras compañeiras, foi encarcerada, torturada; os
seus bens foron confiscados polo Santo Oficio e ela condenada por
bruxería. Malia que é certo que non foi queimada viva, como moitas outras
mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron
coa súa vida; pasou a converterse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi
especialmente das mulleres, perante o poder e o despotismo.‖
Fonte: Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega
(http://www.culturagalega.org/album/)
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Agora tócanos a nós.
Elixide un tema, algúns dos que estivemos
falando, e deixade voar as vosas palabras
e a vosa emoción. Como unha canción
que vos nacese das mans, escribide o
voso propio poema.
Bibliografía














A.A.V.V., Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega, http://www.culturagalega.org/album
Armas García, Celia Mª, As mulleres escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía, Compostela,
Laiovento, 2002
Blanco, Carme, Literatura galega da muller, Vigo, Xerais, 1991
Barro,Senén, A USC ten nome de muller , Discurso de apertura do curso académico 2006-2007, o 2 de outubro de 2006.

Bermúdez Pérez, Silvia, ―Días para a memoria, días para a loita!‖, 2005, www.galizacig.com
García Negro, Mª P., Gómez Sánchez, A. e Rodríguez Sánchez, F. (ed.), Literatura feminina e
feminista da segunda metade do século XIX. Antoloxía, Vigo, AS-PG, 1996.
Macedo, Ana Gabriela; Amara, Ana Luísa Amaral (ed.) Dicionário da crítica feminista Porto,
Ediçoes Afrontamento, 2005
Miranda, Anisia, Mitos e lendas da vella Grecia, Sada, Edicións do Castro, 1985.
Vicente López Soto, Diccionario de autores, obras y personajes de la literatura griega, Barcelona,
Editorial Juventud, 1984
Villalta, Luisa, ―Por qué os homes non nos len? (A difícil homologación da literatura escrita por
mulleres)‖, en Doce ensaios arredor de Virginia Wollf,
Wagner-Martin , Linda, Sylvia Plath, Barcelona, Circe, 2001.
Woolf, Virginia, Un cuarto de seu, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia e Sotelo Branco,
2005.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popularroimelo
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castroaninha9813
 
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasLecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na manDinche o corazón na man
Dinche o corazón na manMarlou
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Filgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariaFilgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariarevoltadafreixa
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaXenza
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
O alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESOO alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESOA MARALEIXA
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 

La actualidad más candente (20)

Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popular
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
 
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasLecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
 
Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na manDinche o corazón na man
Dinche o corazón na man
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Filgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariaFilgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literaria
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
O alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESOO alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESO
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Follas novas
Follas novasFollas novas
Follas novas
 

Similar a Facerse ao mar de Marta Dacosta

Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
 
Letras galegas 2021: Xela Arias
Letras galegas 2021: Xela AriasLetras galegas 2021: Xela Arias
Letras galegas 2021: Xela AriasAgrela Elvixeo
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoAsnosasletras
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteAnalise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteXenza
 

Similar a Facerse ao mar de Marta Dacosta (20)

Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Chus Pato
Chus PatoChus Pato
Chus Pato
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Letras galegas 2021: Xela Arias
Letras galegas 2021: Xela AriasLetras galegas 2021: Xela Arias
Letras galegas 2021: Xela Arias
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Rosalia
RosaliaRosalia
Rosalia
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteAnalise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
 
risco
riscorisco
risco
 
Roteiro carlos casares
Roteiro carlos casaresRoteiro carlos casares
Roteiro carlos casares
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 

Más de trafegandoronseis

O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónstrafegandoronseis
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Albertetrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Taniatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmotrafegandoronseis
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristiantrafegandoronseis
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e Davidtrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvarotrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paulatrafegandoronseis
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e Davidtrafegandoronseis
 

Más de trafegandoronseis (20)

Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
Que é literatura?
Que é literatura?Que é literatura?
Que é literatura?
 
Club de lectura
Club de lecturaClub de lectura
Club de lectura
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Vicente Risco
Vicente RiscoVicente Risco
Vicente Risco
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
Relaciones en igualdad
Relaciones en igualdadRelaciones en igualdad
Relaciones en igualdad
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Tania
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e David
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paula
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
 

Facerse ao mar de Marta Dacosta

  • 1. Ou como Penélope decidiu acompañar a Ulises. Unidade didáctica para Ensino Secundario e Bacharelato Marta Dacosta Alonso
  • 2. Esta unidade didáctica titúlase Facerse ao mar, é dicir, iniciar unha viaxe. Unha viaxe que ten por obxecto reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres, tomando como pretexto e documentación textos poéticos en que se atopan elementos para propiciar o debate e procurar unha maior sensibilidade sobre este tema. A unidade leva por subtítulo ―Ou como Penélope decidiu acompañar a Ulises‖, porque esta personaxe literaria representa o rol tradicionalmente asignado á muller, e nós queremos ofrecer a posibilidade de superar esa situación para chegar a un tempo novo en que homes e mulleres viaxemos xuntos e compartamos de forma igualitaria a viaxe e o que nela aconteza.
  • 3. Quen é Penélope ? Πηνελοπεια Penélope é unha das personaxes da lenda de Ulises que aparece recollida en A Odisea, poema épico atribuído a Homero. Penélope era a compañeira de Ulises, rei de Itaca, e un dos que acode ao chamamento de Menelao para atacar Troia. Estatua de Penélope no Vaticano É así como inicia unha longuísima viaxe, chea de aventuras, que dura uns vinte anos. Durante todo ese tempo ela vaino agardar e gardarlle fidelidade. Fonte: www.wikipedia.org
  • 4. Mentres, moitos homes acoden a Ítaca e tentan convencer a Penélope da morte do seu home para casar con ela. Penélope resístese e idea unha estrataxema para entreter os seus pretendentes, que xa loitan entre si para saber quen casará con ela. Promete casar cun deles no momento en que remate o sudario que está confeccionando para o rei Laertes. Mais Penélope destece de noite o que teceu de día, prolongando infinitamente a confección da tea para evitar ter que casar e agardar a que regresa Ulises. Por este motivo Penélope simboliza a fidelidade e a castidade. Penelope (Le travail interrompu), por Adolphe William Bougereau, 1891.
  • 5. Πηνελοπεια non viaxou ... Na literatura actual, a personaxe de Penélope ten o significado simbólico de representar a muller que desenvolve o rol feminino estabelecido de ama de casa que queda no fogar para coidar del e dos seus habitantes, a muller que renuncia a toda evolución persoal ou a realizar os seus soños. Esa foi Penélope, a que quedou no fogar resistindo fronte aos pretendentes, gardando o reino de Itaca dos usurpadores, mentres Ulises viaxaba e se enriquecía espiritualmente coñecendo outras terras e outras xentes. Penélope permanece no fogar e nin coñece mundo nin aprende nada. Por iso as Penélopes do século XXI decidimos viaxar, porque tamén queremos coñecer e saber.
  • 6. Pesquisar: Para saber máis sobre estas personaxes podes buscar información no libro de Anisia Miranda, Mitos e lendas da vella Grecia, publicado por Edicións do Castro.
  • 9. Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes na historia da literatura universal, non só na galega, debeu enfrontarse a unha sociedade que non estaba preparada para asumir que unha muller escribise e triunfase nese labor. Rosalía convértese en escritora nun momento en que a sociedade galega, como a europea, ou como a sociedade en todo o mundo, non aceptaba que as mulleres puidesen realizar as mesmas actividades cós homes, como escribir, labor aínda máis difícil se quen escribía o facía nunha lingua que era consinderada inculta ou que mesmo non tiña a consideración de lingua. Rosalía tivo que desenvolver o seu labor baixo esta dobre crítica: a de ser unha muller non ―normal‖ por realizar un traballo asignado comunmente aos homes e a de facelo empregando a lingua dos labregos e o pobo máis pobre. Por este motivo podemos dicir que Rosalía foi dobremente ousada.
  • 10. Ela foi a primeira escritora que publicou un libro integramente en galego, Cantares Gallegos, co que se inicia o Rexurdimento en 1863.
  • 11. Xan vai coller leña ó monte, Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apaña-lo esterco, E leva o fol ó muiño, E trai o estrume ó cortello, E vai á fonte por augua, E vai a misa cos nenos, E fai o leito i o caldo... Xan, en fin, é un Xan compreto, Desos que a cada muller Lle conviña un polo menos. Pero cando un busca un Xan, Casi sempre atopa un Pedro. Pepa, a fertunada Pepa, Muller do Xan que sabemos, Mentras seu home traballa Ela lava os pés no rego, Cátalle as pulgas ó gato, Peitea os longos cabelos, Bótalles millo ás galiñas Marmura coa irmán d'o crego, Mira si hai ovos no niño, Bota un ollo ós mazanceiros, e lambe a nata do leite E si pode bota un neto Coa comadre, que agachado Traillo embaixo do mantelo, E cando Xan pola noite Chega cansado e famento, Ela x'o espera antre as mantas, E ó velo entrar dille quedo: —Por Dios non barulles moito, Que me estou mesmo morrendo. —¿Pois que tés, ña mulleriña? —¿Que hei de ter? deita eses nenos Que esta madre roe en min Cal roe un can nun codelo, I ó cabo ha de dar comigo Nos terrós do simiterio... —Pois, ña Pepa, toma un trago De resólio qu'aquí teño, E durme, ña mulleriña Mentras os meniños deito. De bágoas se enchen os ollos, De Xan ó ver tales feitos, Mas non temás, qu'antre mil, N'hai mais q'un anxo antre os demos, N'hai mais que un atormentado Antre mil que dan tormentos. ―Xan‖, Follas Novas, 1880.
  • 12. Neste poema de Follas Novas, Rosalía emprega un recurso literario que chamamos ironía consistente en dicir o contrario do que se pensa para resaltar o que realmente queremos dicir mais deixando claro, neste caso ao final do poema, que está a falar dunha situación extraordinaria
  • 13. O poema ―Xan‖ reflexiona sobre a situación da muller, mais non o fai dicindo directamente as penurias que as mulleres pasan. Empregar o recurso da ironía é unha forma de procurar a empatía do lector ou lectora, evitando un tratamento máis directo e crítico que podería conlevar o seu rexeitamento. É pois un recurso empregado coa finalidade de procurar a boa acollida da crítica social que no poema se fai e para pór de relevo unha situación que non é a habitual, pois o habitual é que as mulleres soporten importantes xornadas de traballo, o que se chama dobre xornada laboral.
  • 14. Como dixemos antes, Rosalía de Castro, a quen hoxe recoñecemos como a grande poeta nacional que dá inicio á recuperación da nosa literatura, experimentou a negación á que a sociedade somete ás mulleres. Rosalía foi negada, como muller e como escritora, e así o recolle ela mesma no texto Las literatas. Carta a Eduarda.
  • 15. ―Por lo que a mi respecta, se dice muy corrientemente que mi marido trabaja sin cesar para hacerme inmortal. Versos, prosa, bueno o malo, todo es suyo; pero sobre todo lo que les parece menos malo, y no hay principiante de poeta ni hombre sesudo que no lo afirme. ¡De tal modo le cargan pecados que no ha cometido! Enfadosa preocupación, penosa tarea, por cierto la de mi marido, que costándole aún trabajo escribir para si (porque la mayor parte de los poetas son perezosos), tiene que hacer además los libros de su mujer, sin duda con el objeto de que digan que tiene una esposa poetisa (esa palabra ya llegó a hacerme daño) o novelista, es decir, lo peor que puede ser hoy una mujer.‖ Mª P. García Negro, A. Gómez Sánchez e F. Rodríguez Sánchez (ed.), Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX. Antoloxía, Vigo, AS-PG, 1996, páx. 35.
  • 16. Actividades:  Traduce para a nosa lingua o fragmento anterior.  Rosalía válese dunha figura retórica para realizar este comentario. Cal é esta figura? Emprégaa ti mesma, ti mesmo, nun breve texto en que recollas a valoración das mulleres na sociedade de hoxe en día.  O poema ―Xan‖ é un romance (versos de arte menor que riman en asoante nos pares), é unha das estrofas máis sinxelas e ao tempo máis rítmicas. Por que non probamos a seguir o ritmo e escribimos un texto irónico sobre a situación da muller...?
  • 17. Para saber máis: Debemos explicar por que temos ante nós un texto escrito en castelán. Por un lado está o feito de que mesmo os defensores do noso idioma consideraban naquela altura que a nosa lingua non era axeitada para certos xéneros literarios, o cal é unha manifestación de diglosia. Mais debemos considerar tamén a argumentación de Celia Mª Armas no seu libro As mulleres escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía. Nel conclúe a dificultade de que se unan dúas situacións de carácter extraordinario como son o feito de que unha muller escriba e que escriba en galego. A investigadora sinala que só se dá o caso de Rosalía Castro. As conclusións deste estudo rematan coas seguintes palabras: ―Rosalía non só se tivo que enfrontar ás mesmas dificultades das coetáneas, senón que tivo que facer fronte a moitas outras derivadas da súa capacidade para ultrapasar fronteiras que lle tiñan predeterminadas xa non só á súa creación, senón á súa propria intelixencia. Foi moito máis alá do que calquer das outras, e xa non só nos temas que cultivou, senón no código que empregou ela en solitario, o galego, a lingua considerada da incultura e tamén a lingua protagonista do nacente e reivindicado sistema literario galeguista.‖ (páx. 335)
  • 18. Durante moito tempo a cara pública da humanidade foi o home: presidentes, escritores, políticos, médicos, mestres, músicos, investigadores,... a presenza da muller era unha excepción, pois o papel que a sociedade lle destinaba non incluía a realización de actividades que acadasen relevo público. Sucedía mesmo cando se representaban actividades que tanto eran realizadas por homes como por mulleres.
  • 19. Hoxe podemos atopar xa na literatura textos en que se fala da muller e se recuperan espazos. No seguinte poema as protragonistas son as mulleres traballadoras, concretamente as costureiras, traballadoras do sector textil. A Leiteira, 1658-60, Johannes Vermeer
  • 20. CEDO aínda de noite cada día as mulleres do barrio danzan ó son das máquinas de coser nos sotos sen transparencia ós ollos do pobo. Traballan os fíos nos beizos Biliscándoos cos dentes. Fanlles o amor coa lingua De xeito que entran sen grosura Polo burato da agulla. Cada día xa de noite collen o autobús de volta. Todas levan os dedos encarnados e a face de número dous. Cada día sempre as mesmas paredes cubertas de humidade e a cea sen facer. Pensar que as lavandeiras se extinguiran E de socato ver que unha se pousa ó pé das túas dedas Porque confundíu os fíos marróns con miñocas. Fonte: http://sepiensa.org.mx/contenidos/historia_mundo/siglo_xx/eu a/1_mayo/1_mayo.htm En cada soño aparece o ritmo da incesable máquina e o puto número dous da face. A eterna dualidade do segundo número pitagórico. Antía Otero, “Cedo”, O son da xordeira, 2003.
  • 21. COSTUREIRAS 1908 129 mulleres costureiras da fábrica Sirtwood Cotton de New York morreron abrasadas no seu lugar de traballo Por que? Secundaban unha folga que tiña mobilizadas máis de 40.000 costureiras de Manhattan. As súas demandas eran a igualdade salarial co home, a mellora nas condicións hixiénicas da fábrica, un tempo para a lactancia e a redución da xornada laboral. O empresario negouse a dialogar coas súas empregadas e, segundo o mito, ordenou pechar todas as portas con cadeados e prender lume ás instalacións.
  • 22. Desde entón conmemórase todos os 8 de marzo o día da muller Xa sexa porque tivo lugar o incendio ese día, ou porque se realizou unha manifestación de mulleres para reivindicar os seus dereitos A cor lila é, teoricamente, a cor que as mulleres estaban empregando para tinxir as teas coas que traballaban.
  • 23. Para saber máis... ―A historiografía máis estendida popularmente vincula a celebración dese día cos acontecementos que supostamente tiveron lugar en 1908 (...) Outros estudos, con poderosos argumentos para prestarlles atención, indican que o citado incendio non foi o 8 de marzo de 1908 senón o 25 de marzo de 1911 na fábrica da compañía Triangle Shirtwaist. Neste incendio morreron moitas traballadoras, a maioría inmigrantes de entre 17 e 24 anos.‖ Este información está extraída do artigo ―Días para a memoria, días para a loita!‖, de Silvia Bermúdez Pérez, que podedes ler íntegro en www.galizacig.com e que foi publicado o 21 de marzo de 2005. No artigo referénciase como a historiografía oficial non recolle que a orixe do oito de marzo está vinculada á loita das mulleres comunistas e que ten entre as súas raíces as accións levadas a cabo polas mulleres rusas.
  • 24. Agora que sabes todo isto, como comentarías o poema ―Cedo‖? Lede a continuación este poema de Ana Romaní:
  • 25. Camiñan descalzas polas rochas, pantasmas de sal habitan as sombras, saben que as últimas mareas esqueceron na praia os restos do naufraxio. As mulleres recollen cada noite os tesouros de auga, líquidos e fráxiles, rebélanse contra a Historia, constrúen co mar as estatuas que nunca permanezan. As mulleres de sal, con argazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece. Ana Romaní, ―Camiñan descalzas polas rochas...‖, Das últimas mareas, 1994.
  • 26. Actividades: Que simbolizará ―camiñar descalzas polas rochas‖? Por que podemos dicir que este é un poema en que a escritora fala dun novo tempo para as mulleres? Sabes algunha lenda de naufraxios? Sabes que son os ―raqueiros‖?
  • 27. Na historia… A historia está cheas de heroes masculinos, rara vez as protagonistas dos acontecementos son mulleres. Se ben é posíbel que o papel secundario que sempre se nos asignou tivese como consecuencia que non estivésemos presentes nos grandes acontecementos, tamén é certo que en moitas ocasións ese papel secundario conlevou que non se valorase debidamente a nosa contribución activa. En diferentes ámbitos estase a traballar para reparar esta inxustiza, tamén na literatura.
  • 28. Constanza de Castro Dona Constanza, a auga pezoñenta apousouche nos labios flor de morte. A carraxe que a sede foi máis forte, a traizón foi que a morte máis cruenta. Raza do Mariscal, raíz violenta, afondaches na terra cando o Norte virou cara a Castela como a sorte, como a xente ao lume que máis quenta. Por iso volverás en cada hedra a abrazar contra o olvido e o desleixo este teu Vilaxoán de pedra a pedra. Miña señor, na Cal da Loba deixo toda a sede de Patria que nos medra e a auga de Galicia coma un beixo. Ponte do pasatempo, Mondoñedo. Fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki Marica Campo, ―Constanza de Castro‖, www.bvg.udc.es
  • 29. Neste poema a escritora Marica Campo recupera unha figura esquecida, pois, como dixemos, este está sendo un dos labores das escritoras: poñerlle palabras á memoria das mulleres, ao seu papel na historia. Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela, ficou na súa torre de Vilaxoán, na Caldaloba, mentres durou o asedio das tropas dos Reis Católicos, once meses. Durante ese tempo chegou carecer do máis básico, como a auga, e así bebeu dun alxibe e morreu envelenada. Estes feitos aconteceron en 1483, ano en que foi asasinado o Mariscal Pardo de Cela por mandato dos Reis Católicos. Pardo de Cela era un señor feudal galego que se enfrontou aos Reis Católicos. A súa morte vén simbolizar a loita pola liberdade dos galegos, e encádrase dentro da política dos Reis Católicos de eliminar a nobreza de orixe galega, defensora dos intereses dos galegos e galegas, e subsituíla por nobreza procedente de Castela, co obxectivo de dominar Galiza.
  • 30. María Pita Loitou contra os ingleses Concepción Arenal S. XVI Intelectual e xurista Urania Mella Presidenta da Asocicaición de mulleres antifascistas S. XIX Pesquisar: Para saber máis sobre outras mulleres significadas ao longo da historia e non sempre ben coñecidas podes consultar o Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega (http://www.culturagalega.org/album/) de onde se tomaron as ilustracións.
  • 31. Na vida doméstica. A figura da nai Gustav Klimt, As tres idades da muller, 1905
  • 32. As escritoras levamos á poesía moitas das cuestións que nos preocupan e que nos ocupan. No seguinte poema de Marilar Aleixandre vemos como a escritora reflexiona sobre as tarefas da muller, nomeadamente sobre a vida doméstica (ela di derrotas... por que?), a través dun diálogo coa fotografía da súa nai.
  • 33. derrotas domésticas debeu ser moi difícil degolar as anguías sen cortar os dedos arrandearte para que non te cubrisen as escamas do ollomol liscar do nó corredío das sabas nas noites opacas que batallas contra os garavanzos medrando disformes na agua que absurda tarefa escoller lentellas de arroz que impotencia cando o leite fervido vai por fóra inevitablemente e se o batifundo das tixolas non che deixaba oír a música se o teu francés e alemán eran inútiles contra a graxa nos fogóns se os tubos de agua berran como nenos ou gaivotas e as patacas se pegan no fondo da tarteira nai ¿como é que estás sorrindo nas fotos? Marilar Aleixandre, “Derrotas domésticas”, Catálogo de velenos, 1999.
  • 34. Tamén Olga Novo fala coa súa nai, mais neste caso o poema adquire forma de carta e nel fálalle á nai do que está a facer nese momento.
  • 35. Querida mamá: estou aprendendo a ladrar. une saison en enfer. repite comigo Une-Saison-En-Enfer. trinta xeracións de meu analfabetas Eu estou aprendendo ladrar. marcar un nunca territorio coa epiglote coma un cadelo coma un can de palleiro escadelearme ata volver en min en can entón pronuncio Walt Walt Walt Whitman mamá. estou aprendendo a ladrar. póñome de cu pró sol agárrome a unha aixada e tento imitar o son do cuco do cuco de cu pró sol entón a miña gorxa esprémese de dor e oulan coma nunca os futuros posibles que nos fan esbombar as veas coma unha pota de leite na lareira. (...) e eu míroche prós ollos prós olliños estás tan cansa pero eu non e aquí é o intre da furia can escoito con atención a campá de cris tal dos teus soños incumpridos (...) velaquí me tés bailando berrando choutando unha mestra gutural un volcanciño gutural coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf. eu míroche prás mans podería lamberche as cicatrices das mans ata que deran luz e curarche as hernias discais cun só verso alexandrino cunha sílaba de centeo cru cun oh-là-là e despois despois contar unha por unha as túas canas enraizadas nas idades do mundo a túa lingua plantígrada mamá podería mesmo reestructurarche a osamenta co implante dunha canción anarquista. ás veces sinto a dor sedimentándose lámina por lámina coma a pizarra: (...) para poder ladrar eu tería que rillar durante anos a túa alerxia ó pó á peluxe dos chopos a túa anemia circulando en sentido inverso polo sangue tería que ir contigo enterrar ó teu irmán de vintesete anos e apretar a meixela para non tronzar a lingua coa súa tuberculose mamaíña. ben sei eu que para poder ladrar tería que ir contigo á miña infancia e verme case morrer deshidratada e pregarlle á virxe na que non cres que me devolvera á vida de tres meses e medio e soldarme no teu colo para sempre coma unha peza de ferro do teu ventre. (...) ben o sei ben sei eu todo que para eu aprender este ladrido á fin fixeron falla mil mulleres lavando a reo no río de Saá e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso desaprendendo canto es esfuracando as túas dúbidas. Querida mamá: estou aprendendo a ladrar. (...) Olga Novo, “29 de xaneiro do 2002”, A cousa vermella, 2004.
  • 36. Actividades:  Por que nos damos conta de que este poema é unha carta?  Que quere dicir cando escribe que ―está aprendendo a ladrar‖?, Que        é para os cans ladrar? Por que repite Walt? Sabes que era Walt Withman? Procura información sobre é Virginia Woolf e poñédea en común. Unha vez que tes claro que quere dicir coa metáfora de que está aprendendo a ladrar, de que mais cousas fala no poema? Hai anécdotas concretas que estea a relatar? Podemos saber algo da biografía de Olga Novo ou a súa nai a través deste poema? Cal dirías que é a relación de Olga Novo coa súa nai despois de ler este poema? Atopas diferencias co poema de Marilar Aleixandre? Escribe un poema que sexa unha carta dirixida á nai.
  • 37. A invisibilidade. O teito de cristal. Sylvia Plath, fotografía extraída de http://www.sylviaplath.de/
  • 38. Ben, estamos a falar da recuperación da figura da muller, ou da recuperación da súa memoria, de reivindicar cal é o posto que lles corresponde, de dicir que as mulleres realizan tarefas importantes, coma os homes, para os que a literatura ten exemplos de poemas dedicados aos soldados, aos labregos, aos mariñeiros, aos traballadores... Hoxe, na literatura galega, e noutras, tamén podemos atopar poemas dedicados a valorar o labor doméstico das mulleres ou a súa entrega ao traballo no campo ou o seu importante papel como coidadoras da familia. Pensades que todos este traballos son igual de importantes que calquera outros e que por tanto merecen, tamén, estar na literatura, ou onde sexa?
  • 39. A invisibilidade e o teito de cristal: Por tanto, estamos empeñadas en valorizar o traballo e o papel da muller, é dicir en VISIBILIZAR as mulleres, porque a situación que tiveron até o de agora é unha situación de INVISIBILIDADE, é dicir, non se fala das mulleres como se non se visen. Hai unha anécdota que lle acontece a unha escritora americana que exemplifica perfectamente que é a invisibilidade.
  • 40. Ao longo do século XX e en todo o planeta, podemos asistir á procura da independencia económica da muller, á procura dun espazo propio, da liberdade intelectual... Os exemplos son diversos. Un dos máis rechamantes, pola obra que produciu e por ser protagonista dunha biografía tráxica que exemplificou a invisibilidade feminina, é o de Sylvia Plath. Na biografía que Linda Wagner-Martin realiza sobre a escritora (Sylvia Plath, Barcelona, Circe, 2001, páx. 202), lemos o testemuño dun crítico literario que pon en evidencia até que punto as mulleres eran invisíbeis para a sociedade americana dos anos 60:
  • 41. ―Ted baixou a preparar o carriño mentres ela vestía ao bebé. Eu quedei un momento atrás ... Sylvia entón volveuse a min, nada efusiva de súpeto. -Alegroume moito que elixiras aquel poema –díxome-. É un dos meus preferidos, aínda que ao parecer non lle gustaba a ninguén máis. Eu non entendía nada. Non sabía de que me estaba falando. Deuse conta e aclaroumo. -O que publicaches no Observer hai un ano. Sobre a fábrica de noite. -¡Vállame Deus, mais se ti es Sylvia Plath! –tocoume a min abraiarme agora-. Ou!, síntoo. Si era un poema precioso. ―Precioso‖ non era o termo axeitado, mais ¿que outra cousa lle dis a unha xove ama de casa intelixente?...‖
  • 42. Actividades: Por que subliñan o apelido da escritora, Plath? Sería este o apelido que empregaba habitualmente? Como valoras este feito? Cres que o mesmo crítico protagonista da anécdota ten a visión axeitada de Sylvia Plath ao considerala ―unha ama de casa nova e intelixente‖? Este texto ilustra o concepto de invisibilidade feminina, como? .
  • 43. Invisibilidade: Termo que se utiliza para significar que as mulleres non receben a mesma atención cós homes e que non están igualmente presentes na sociedade porque son ignoradas. Sobre a invisibilidade fala Luísa Villalta no seguinte poema, subliña os fragmentos que inciden neste tema.
  • 44. Os teus pasos de home e os meus sempre se cruzan , ao non saber onde van. Oblicuamente esvaes os ollos até a miña imaxe ao ponto en que pergunto que é o que ves através do meu espello pesado como a soedade. Unha muller, contestas, e non miras como me estraña ficar no ceo da tua voz vacia. (...) Pergunto outra vez, a cada un que pasa, se de verdade son unha muller, o que é iso, se me enganaron sempre ou teño algun camiño. Todos os que me van cruzando non me acertan. Sen embargo o que son, unha muller, ao cabo é todo o que sei de min no espello en que me levas. Para que aprenda a nova ti me apertas cos brazos indecíbeis de ternura do meu alimento á tua transcendéncia. O meu camiño fixo-se-me extranxeiro, estou perdida nen meu, porque é teu, nen xa imaxe, porque non sei que levas no fardo do corazón. Pero se non me ves, es ti quen erra. Luísa Villalta, “Os teus pasos de home...”, Ruído, 1995.
  • 45. Teito de cristal: Fai referencia a que as mulleres, sendo a maior parte da poboación e estando igualmente preparadas, ou máis, non ocupan cargos importantes.
  • 46. As mulleres na Universidade de Santiago de Compostela De cada 100 estudantes 64 son mulleres. Aproban máis mulleres ca homes (44%/33%). Mais son menos as catedráticas cós catedráticos (12% de mulleres) Fonte: Senén Barro, A USC ten nome de muller , Discurso de apertura do curso académico 20062007, o 2 de outubro de 2006.
  • 47. Sobre este concepto do teito de cristal fala este poema de Xohana Torres. PENÉLOPE DECLARA o oráculo: ―QUE á banda do solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo. QUE ramos de loureiro erguen rapazas QUE cor malva se decide o acio. QUE acades disas patrias a vindima. QUE amaine o vento, beberás o viño. QUE sereas sen voz a vela embaten. QUE un sumario de xerfa polos cons.‖ Así falou Penélope: ―Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR.‖ Tempo de Ría, 1992
  • 48. Actividades: Por que dicimos que propón rachar ese teito de cristal? En que consistía a lenda de Penélope? Que pensades vós?
  • 49. Princesas: Quero abandonar a vida morta das princesas Lupe Gómez, Levantar as tetas, 2004 .
  • 50. Actividades: Quen pode explicar este poema? A que se refire cando fala da vida morta das princesas? Por que? Que conto vos lembra este poema? Neses contos as protagonistas que quedan durmidas porque se envelenan ou que morren son sempre mulleres? Pensa nun conto en que un príncipe sexa salvado por unha princesa.
  • 51. As princesas durmidas que son espertadas polo príncipe simbolizan o papel sometido da muller, que está durmida ou morta, é dicir, sen vida, mentres non é salvada por un prícipe, un home. A muller cobra vida ao pasar ás mans do home, o que vén simbolizar a absoluta dependencia do sexo masculino. Se non hai ningún conto dun príncipe que sexa salvado por unha princesa... haberá que escribilo?...
  • 52. ... Maltratadas: Nesa dependencia a muller pasou a ser considerada un obxecto e a ser tratada como tal, por iso moitas veces son vitimas de situacións abusivas, como neste poema que escribe Marica Campo:
  • 53. Lapidadas Como ovellas que van ao matadeiro camiñades a serdes lapidadas en reas, silenciosas e humilladas, baixo a mirada atenta do carneiro. Que o voso sangue sexa o derradeiro a mollar esas terras magoadas polo integrismo cruel, polas brigadas dunha fe que vos nega todo abeiro. ¡Maldita sexa a man que tira a pedra! ¡Maldito na semente e no futuro o nome dos que erguen ese muro sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedra nai piadosa a cubrilas, nai que medra a reclamar a vida en berro puro! Publicado en www.bvg.udc.es
  • 54. Actividades: Sabedes en que lugares do mundo sucede isto? Por que, por que lapidan as mulleres? Pensades que é moi inxusto? Credes que deben recibir castigo? Pensades que isto soamente sucede en latitudes afastadas? Sabedes que tamén aquí as mulleres son vítimas de situacións de abuso? Se cadra ao lado de nós? Lede os seguinte poemas de Medos Romero.
  • 55. Non me pareu nai para a intempérie e o castigo, para a agonia en soedade deste descampado. Non nacín, nai, para a tortura da besta e o delírio. Non, para berar sempre non. Non nacín, nai, para ser cruz desta fria poceira. A tristeza es ti, nesa violencia coa que te adentras en min, brutal, como un can enlouquecido. A tristeza toda está nese xeito inútil no que non me sabes amar. Tan só porque non me oes, tal vez porque nin me escoitas. Medos Romero, O pozo da ferida, 2006, Deputación da Coruña.
  • 56. Actividades: Estes poemas lémbranvos algunha das noticias que oídes nos telexornais?, comentádeas e sinalade como se reflicte esa situación nos poemas. Comentemos os poemas. Este libro nace ante a desolación que experimentou a súa autora ao coñecerse o asasinato dunha meniña chamada Erika, se cadra lembrades o feito...
  • 58. Le o seguinte poema, identifica o seu tema e explica de que nos fala. Quen escribiría un poema así? Unha muller, un home?, neste século, no XIX?
  • 59. Resopra Fol de lume Seu corpo acendido Hai só unha hora Andaba María enorme nas agras Sachando as patacas Agora é unha balea varada na praia Unha egua espantada Un furacán de desexos E de augas Pola boca das pernas Miña nai asoma a cabeza.
  • 60. As mulleres emprenderon un traballo de renovación da poesía asumindo o papel que lles correspondía tamén na literatura, pois somos as mulleres as primeiras que debemos loitar pola igualdade. Mais esta achega das escritoras incide tamén na literatura escrita por homes. Rafa Villar, o poeta autor de Casa ou sombra, chegou dicir que se identificaba coas mulleres escritoras da súa xeración.
  • 61. Todo é máis doado se o facemos entre todos e todas, e o certo é que que tamén para os homes e os nenos é necesaria a igualdade entre homes e mulleres, pois a igualdade contribuirá a unha sociedade máis xusta e, por iso, máis libre. Hoxe en día, tamén na obra dos escritores atopamos a recuperación do espazo para a muller, estes son algúns exemplos:
  • 62. Eduardo Estévez, O caderno da pequena difunta. Carlos Negro, Héleris. Sechu Sende, Odisea. Vázquez Pintor, Lira.
  • 63. O poema que lestes antes é un exemplo: pertence ao libro As horas de María de Paco Souto, un fermoso libro en que nos deixa o legado da memoria dunha muller que sobreviviu a un tempo atroz, o da ditadura e a posguerra, unha muller que foi quen de sacar adiante a casa e a familia, como moitas outras mulleres.
  • 64. Tamén entre a poesía das décadas de 60 e 70 podemos atopar algún exemplo parello, é o caso do poema de María Soliña, un poema que recupera a memoria dunha muller torturada e asasinada inxustamente.
  • 65. María Soliña Celso Emilio Ferreiro cóntase entre os poetas que nos deixaron un retrato feminino de singular importancia, é o caso do seu poema María Soliña que se basea na historia dunha muller de setenta anos que despois de perder a súa familia, o home e máis o irmán, no ataque dos turcos a Cangas en decembro de 1617, é acusada polo tribunal da Santa Inquisición de bruxa e xulgada como tal.
  • 66. Para saber máis... ―As mulleres, igual que ocorrera na Coruña con María Pita, defenden as costas dos ataques piratas e moitas veces son violadas e torturadas, ademais de roubadas, nestes ataques. Posteriormente a estes feitos varias das mulleres que organizaron a resistencia nas costas do Morrazo foron acusadas de bruxería ante o Tribunal da Inquisición. Unha delas sería María Soliño, ... A Inquisición confiscaba, previamente aos xuízos, os bens das persoas procesadas e partía sempre da base da culpabilidade, tendo que ser a acusada a que demostrase a súa inocencia. Ademais, a denuncia ante a Inquisición podía ser anónima. María Soliña, xunto con outras compañeiras, foi encarcerada, torturada; os seus bens foron confiscados polo Santo Oficio e ela condenada por bruxería. Malia que é certo que non foi queimada viva, como moitas outras mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida; pasou a converterse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi especialmente das mulleres, perante o poder e o despotismo.‖ Fonte: Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega (http://www.culturagalega.org/album/)
  • 67. Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache, María Soliña. Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: ai, que soliña quedache, María Soliña. Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría: ai, que soliña quedache, María Soliña.
  • 68. Agora tócanos a nós. Elixide un tema, algúns dos que estivemos falando, e deixade voar as vosas palabras e a vosa emoción. Como unha canción que vos nacese das mans, escribide o voso propio poema.
  • 69. Bibliografía            A.A.V.V., Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega, http://www.culturagalega.org/album Armas García, Celia Mª, As mulleres escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía, Compostela, Laiovento, 2002 Blanco, Carme, Literatura galega da muller, Vigo, Xerais, 1991 Barro,Senén, A USC ten nome de muller , Discurso de apertura do curso académico 2006-2007, o 2 de outubro de 2006. Bermúdez Pérez, Silvia, ―Días para a memoria, días para a loita!‖, 2005, www.galizacig.com García Negro, Mª P., Gómez Sánchez, A. e Rodríguez Sánchez, F. (ed.), Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX. Antoloxía, Vigo, AS-PG, 1996. Macedo, Ana Gabriela; Amara, Ana Luísa Amaral (ed.) Dicionário da crítica feminista Porto, Ediçoes Afrontamento, 2005 Miranda, Anisia, Mitos e lendas da vella Grecia, Sada, Edicións do Castro, 1985. Vicente López Soto, Diccionario de autores, obras y personajes de la literatura griega, Barcelona, Editorial Juventud, 1984 Villalta, Luisa, ―Por qué os homes non nos len? (A difícil homologación da literatura escrita por mulleres)‖, en Doce ensaios arredor de Virginia Wollf, Wagner-Martin , Linda, Sylvia Plath, Barcelona, Circe, 2001. Woolf, Virginia, Un cuarto de seu, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia e Sotelo Branco, 2005.