SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 64
 
O nome da tendencia partiu, segundo  Huidobro , dunha conferencia pronunciada no Ateneo de Bos Aires en 1916:  “fue allí donde se me bautizó como creacionista, por haber dicho en mi conferencia que la primera condición del poeta es crear, la segunda, crear, y la tercera, crear”.  A súa premisa fundamental é a consideración da creación artística con total independencia respecto dos modelos que ofrece a realidade, de xeito que o poema non imite o mundo, senón que  cree un novo da nada , ó facelo xurdir da visión interior do poeta.
[object Object],[object Object]
Implicou unha busca de  novos recursos expresivos  que superasen as técnicas herdadas da tradición. Supresión da puntuación formulación de anacolutos incorporación de letras soltas rupturas sintácticas creación de metáforas orixinais palabras carentes de significado
É unha estética na que os signos lingüísticos non se escollen como portadores de contido –de aí a abundancia de voces sen significado recoñecible– senón pola súa  capacidade de suxestión poética .
O  Creacionismo  está ligado na literatura galega a  Manuel Antonio  e ao seu libro  De catro a catro  (Nós, 1928), en senso  estrito  o  único  rompedor e  vangardista  da nosa literatura. Con todo, a presenza do  eu poético  afástao do Creacionismo xa que  rompe  coa  deshumanización  propia das vangardas (isto non acontece na obra de Vicente Huidobro). Vicente Risco na carta que dirixiu  a Manuel Antonio para informalo  das novas tendencias da arte,  afirmaba que creacionismo  “ é o nome que Vicente Huidobro lle dá ó cubismo especial que el fai”
Foi V. Risco quen lle amosou a importancia pola  visión da natureza , a preocupación polo retrato do momento puntual e pola poesía xaponesa dos  haiku , en que se tratan cuestións esenciais do ser humano. Ademais, na súa relación epistolar, o autor ourensán informouno sobre as  innovacións poéticas  que tiñan lugar na literatura mundial, a relación entre creacionismo e cubismo plástico, e outras características que empregou Manuel Antonio na súa obra.
 
Manuel Antonio Pérez Sánchez  naceu e morreu en  Rianxo , 1900-1930) Aos  catro  anos, por mor da tuberculose e da morte de seu pai, trasladouse a Padrón, á casa da súa avoa e dun dos seus tíos, sochantre na colexiata de Iria Flavia Formación católica xermanofilia Interese polo carlismo Aos  trece  anos decidiu marchar a Santiago de Compostela. comezou o seu compromiso co galeguismo e o republicanismo
Na  I Guerra Mundial   apoia  nun  primeiro momento  aos  alemáns , aínda que antes de que esta remate  cambiará  de parecer.  Tamén apoiará aos bolxeviques na  Revolución Rusa  e, en 1918 a  Revolución Sandinista  en América.
Dous anos despois ingresou en Vigo na  Escola de Náutica . Nesa época comezaron as súas colaboracións na prensa da época, como  A Nosa Terra ,  Galicia ,  La Redención ,  Ronsel  ou  Suevia,  e apareceu “O sol da libertade”, o seu primeiro poema editado, que é apenas a única composición de carácter social do autor.  Na cidade olívica afiliouse á  Xuventude Nazonalista Galega  (1920) e escribiu, xunto a Xavier Soto, o texto “ Terra ceibe! Os bos galegos ”, dirixido contra o concello de Vigo.
Participou no consello de redacción de  Ronsel  xunto a  Álvaro Cebreiro , con quen publicou o texto provocador e rupturista  Máis Alá !  (1922), o único manifesto vangardista da literatura galega, e onde se realizaba unha denodada defensa sobre a lingua e o nacionalismo, que non conseguiu que callara nos autores da época, en xeral moi conservadores e que o consideraron un discurso que intentaba romper as liñas continuístas do grupo Nós, o ruralismo da literatura galega e todo o que estaba a suceder naquel momento no ámbito literario  Urbano Lugrís, Paisaje nocturno
Despois de rematar a súa formación náutica (1923) comezou os seus estudos de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1924 foi o representante en Rianxo da Irmandade Nazonalista Galega. Entre os anos 1926 e 1927 tivo lugar un dos acontecementos máis decisivos na obra do poeta, as súas prácticas como piloto no  paquebote Constantino Candieira , capitaneado por Augusto Lustres Rivas, onde concibiu o seu libro de poemas  De catro a catro  (1928), editado por Nós na Coruña.
Nos anos seguintes realizou unha viaxe a América do Sur co barco holandés Gelria, na que posiblemente concibiu o libro de poemas  Sempre... e mais dispois .   En 1929 embarcou rumbo a África do Sur co barco vigués Arosa, ata que finalmente, enfermo de tuberculose, decidiu regresar á casa. O 28 de xaneiro do 1930 faleceu na aldea de Asados (Rianxo).
É  autodidacta : O seu  autodidactismo  é moi  elevado  xa que mesmo traduce a E. A. Poe.
Dentro da produción literaria do autor ocupan un papel especial dous textos en  prosa   que seguen as coordenadas da literatura rupturista das proclamas de vangarda: - O  manifesto Máis Alá , 1921. Escrito por el e asinado tamén polo debuxante Álvaro Cebreiro. -  Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu . Ambos son considerados manifestos en canto comparten o espírito de provocación e son miméticos a respecto dos manifestos de vangarda internacionais.
 
[object Object],[object Object],[object Object]
É un manifesto  vangardista , na liña doutros publicados na Europa do momento. Será un manifesto ao que se referirán os  poetas  dos anos  80 .  É un manifesto que en xeral se caracteriza pola presenza da idea de  transformación da sociedade  e dun  espírito loitador , case que arroutado.  Apoia  a fracción de  Antón Villar Ponte  (máis progresista) dentro das  Irmandades  da Fala, xa que consideraban a Leandro Carré como representante do pasado, contrario á modernidade.
“ O xesto” Exprésase que non pretende ser un manifesto só literario, senón que vai  alén  a da  literatura . Neste senso conecta co manifesto  superrealista  de 1924. “ Os vellos” Márcase a idea de que “os  vellos ” son os que escriben na actualidade coma en tempos pasados, idea expresada en  Nós, os inadaptados  de Risco. “ O ruralismo” Deféndese a implicación da  arte  na  sociedade , a interdependencia entre arte e sociedade. “ Os devanceiros” ,[object Object],[object Object],“ Pollitos bien” Crítica a  Valle – Inclán , un escritor con talento que para acadar recoñecemento escribe en castelán e non en galego. “ Tamén hai outros” Reivindicación. “ A fala” ,[object Object],[object Object],“ Desbotando” ,[object Object],[object Object],“ ¡MOCEDADE!” Necesidade de  non se estancar  (“peregrinaxe sen chegada,”).
Prólogo de un libro de poemas que ninguén escribeu , ficción na que reconstrúe un prólogo para un libro inexistente, pero que lle gustaría que existise.
Nun dos seus tres artigos en prosa,  “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu” , fai unha reflexión sobre a súa creación e refírese á influencia que exercen na súa obra algúns ismos:   O autor d'iste libro, a difrenza dos poetas da sua terra, tan homildosos devotos  da Santa, do Bardo e do Rebelde, non por asomellar-se a ninguén, e  moito menos o consabido trío. Fixo da sua independenza un sagro fanatismo,  e vel-eiquí o tendes só, ergueito e orguloso.          Ten, ademais, o seu arte resoanzas futuristas, creacionistas,  dadaístas e non sei que mais, todas elas anárquicamente escolmadas  e autocraticamente peneiradas. (...) O   ritmo dos seus versos non se pode levar c'os pés n-o piso nin c'os cotelos  encol da táboa; e él quixera facel-os decote de tal xeito que non puderan ser  declamados nin adeprendidos de memoria. Isto somentes, xa o leva dereito  a perder a ademiranza das amabres mociñas románticas e dos amenos  diletantes de segunda man.
 
De catro a catro  (1928) é o único libro que publica en vida. Até 1972 crese que Manuel Antonio só é autor desta obra e do manifesto “ ¡Máis Alá!” . Pero  García Sabell  posuía  dúas maletas  que a nai de Manuel Antonio lle entregara trala súa morte e nelas estaban datados e con título máis  poemas . En  1972  García Sabell  publica  en dous tomos estes poemas, o que nos permite reconstruír a súa obra:
[object Object],[object Object]
[object Object],Podemos falar xa dunha  poesía vangardista . É un anuncio de  De catro a catro  (hai xa un protagonismo do mar).
[object Object],[object Object],A obra reflicte o proceso da viaxe marítima, seguindo unha liña temporal.
[object Object]
Sempre e máis dispois  (1928 – 1929). 7 poemas un argumento unitario e personaxe común: Xan, emigrante en Bos Aires. A temática rural contraponse ao mundo moderno. Usa imaxes tipográfico-visuais na liña dos caligramas cubistas e creacionistas. Rómpese a orde habitual de lectura e do verso.
 
Natureza non inventada Renovación da metalinguaxe Humor e ironía Rexeitamento do eu creador coma deus Afastamento do contido Compromiso ideolóxico Obxectividade Marcas de disidencia estética Pegadas do Creacionismo
A obxectividade .  Xorde como reacción contra o intimismo, o sentimentalismo e o subxectivismo románticos que conducían á visión falseada da realidade. Daquela, xoga parodicamente con algúns dos elementos máis gastados da poesía romántica e modernista (os ambientes nocturnos, o misterio, a lúa, as estrelas... Noiva miña  vestida de lua  que romantizas ¡tan cursi! pol-o xardín [«Lied olme Worte»]
O afastamento do contido .  Desaparecen os elementos tráxicos e o amor e maila morte (temas recorrentes no romantismo) son vistos con frialdade, pois os poemas vangardistas son moito máis mesurados no ton. Sentel-me a proa  fumando a miña pipa  Pero outra noite pensarei en ti. [«Lied olme Worte»]
Cando lemos o poema anterior non podemos pensar só en que Manuel Antonio pretende retratar un retallo da súa biografía polo feito de que se sitúe nunha travesía en barco e fume en pipa, senón que,  a voz poética, tenta expresar, cunha imaxe plástica e ben coñecida polo autor, a soidade . Sen embargo, non sempre consegue evitar un ton sentimental cando o ambiente, os obxectos e as situacións evocadas forman parte, tamén, da súa vida. Sentel-me a proa  fumando a miña pipa  Pero outra noite pensarei en ti. [«Lied olme Worte»]
Humorismo e Ironía.  Manuel Antonio non ten un gran sentido do humor, sen embargo podemos atopar nel algunhas pinceladas humorísticas ou irónicas. Consígueo con adxectivacións inesperadas que dan lugar a sintagmas orixinais: Coa boca aberta -caille a baba- Está mirándonos o babión do Sol. Ou, como xa vimos, engadindo un verso / frase que marque o distanciamento: Noiva miña  vestida de lua  que romantizas ¡tan cursi! pol-o xardín
A renovación da metalinguaxe poética.  É especialmente destacada no aspecto léxico (introducción no código poético de palabras de códigos extraliterarlos), e semántico (asociación libre de conceptos que non se poden relacionar na norma lingüística, ou sexa, a creación de imaxes). Introduce neoloxismos, linguaxe técnica marítima (morse SOS), anglicismos ou outros préstamos, cultismos (radiograma, pirotecnia) e hiperenxebrismos.
En canto á  estrutura dos poemas , son moi significativos os espazos en branco, a disposición e a diferente medida dos versos, as repeticións ou as formas en debuxo como caligramas.
Compromiso Coa súa obra pretendeu buscar a depuración da lingua e conseguir un rexistro literario culto, tentando que  a lingua galega non estivese marxinada  da estética que imperaba en Europa naqueles anos e que os autores galegos non caesen no enxebrismo como forma de recuperación da súa lingua.  Partidario do  monolingüismo , estivo á marxe da moda dos escritores que, como Ramón Cabanillas, procuraban no contido os elementos fundamentais da súa creación literaria.
 
Foi o único libro publicado en vida de Manuel Antonio. Subtitulado "Follas d'un diario d'abordo", contén 19 poemas. Deberon ser compostos en 1926‑27 nunha singradura do Constantino Candeira.
O eixo é unha viaxe marítima que se abre cun poema, "Intencións", que sinala o comezo da aventura, e remata coa volta a terra ("Adeus"). No medio do navegación, dous poemas ("Recalada" e " Navy Bar ") supoñen a paréntese dunha escalada en terra.
Superestrutura da obra   Viaxe odiseica (partida – viaxe - retorno) Baixada a terra “ Navy Bar” “ Recalada” Contemplación do mar desde a ribeira, bótase de menos o eu que realizou a travesía Chegada e despedida do mar: desdobramento do “eu” Anuncio da partida Viaxe a emprender Viladomar “ Adeus” “ Intencións” Foulas
Universo temático
Hai unha unidade temática esencial pola presenza permanente do  mar . Proxecta nel as súas vivencias nun proceso de  identificación . É un mar persoal: máis que a realidade exterior interésalle a experiencia interior; concíbese como un espacio simbólico.  O que o diferencia doutros textos de tema mariñeiro é o tratamento: é o seu un  mar humanizado ,  desrealizado e, en oposición á teoría vangardista, fondamente sentido.
É, pois, un navegar para atoparse a un mesmo só diante do mundo. Viaxe polo mar P1 ou P4 inzada de terminoloxía náutica Os obxectos e os seres inanimados cobran vida, afastándose progresivamente do eu poético esta ausencia e o silencio para afundirse na  soidade .
O  fluír temporal  é un dos temas máis destacados. Maniféstase a través da sucesión dos elementos naturais do cosmos (o sol, a lúa, as estrelas, a noite, a alba) e a través dos elementos técnicos de medición (reloxo, almanaques, diarios, horas, cronometraxes). Así, esta captación do paso do tempo rexístrase fundamentalmente polo sentido da vista e do oído, ás veces superpostos en logradas imaxes. O minuteiro (tic-tac) Asumiu o compás das travesías.
A concepción da existencia é contradictoria: o estatismo preside a navegación e, ao mesmo tempo, todo pasa.  E ese adeus a todo, que provoca a  saudade , únese á idea do  naufraxio , presente en toda a obra. O naufraxio non constitúe un mero accidente da navegación senón tamén unha vivencia íntima, que simboliza o desarraigo existencial. Aínda sen se facer explícita, latexa a idea da morte. Por todo isto, da obra emana un ton triste, corroborado pola carga negativa da maioría dos adxectivos. Pero a Lua esta noite desertou d'os almanaques
O  barco  (paquebote, fragata...) representa fisicamente o eu lírico: o barco é o home, o eu do poeta.  É un dos eixes simbólicos do libro que podemos interpretar como imaxe da vida (e do claustro materno).
O  vento  é outro símbolo ambivalente. A súa ausencia impide a aventura pero o seu descontrol pode supoñer a morte.  A súa forza podemos identificala coa forza do fado. A navegación polo mar é así a vida, fronte ao estatismo.
Sen concesións ao sentimentalismo, son moi escasas as referencias ao  EU , que continuamente se dilúe no  NÓS . Mais no poema final ("Adeus") prodúcese a esgazadura, a liberación da tensión, o desvelamento da traxedia latexante ao longo do libro: é como a premonición da propia morte. E ficamos nós sós Sin o Mar e sin o barco Nós.
 
intencións sos
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Mariña-noiturno Beira do mar Un silezo de brétema é o enterro da tarde fracasada Inconcretamente teño unha voce Eu e a onda infinda amigante repétema. Fose o veleiro canso Diluéuse no táxico da brétema do lonxe do serán e do mar E suxeréuse a visión cavilosa da neurosis don monxe. Na alameda noiturna misántropo cada farol case non se adiviñan as mudeces que choran Volve do mar un son Algo (non se sabe in chega) sintese vir encol. Con anacos do meu interior ,  Manoel Antonio  (1900-1930)
RECALADA ATOPAREMOS no peirán as follas evadidas do almanaque dos nosos soños As novas rúas de sempre exhibirán o escaparate das mesmas noivas inéditas Fumaremos nas pipas despectivas tódalas transeúntes hostilidades mudas Un vaso desbicado noutro porto rematarémolo aquí no mesmo bar cabo do mariñeiro descoñecido que nos repite a mesma ubicua sorrisa loira Nos bordeis xa saben que a nosa moeda ten o anverso de ouro e o reverso sentimental Os ecos imprevistos do noso cantar sonámbulo apagarán os focos de madrugada Mañá despertaremos na ausencia desta xornada Esquivouse unha folla do diario efusivo Eramo-los espectadores na prestidixitación dunha hora artificial.
………… NAVY BAR  … ESTE bar ten balances …E tamén está listo pra se facer á vela … Enchéronnos o vaso con toda a auga do Mar pra compor un cock-tail de horizontes … Pendurados das horas …atlas xeográficos de esperantos están sin tradución …E tatexan as pipas co ademán políglota das bandeiras … Ese cantar improvisado ………………………………é o mesmo que xa se improvisou nalgures … Quen chegou avisándonos desa cita noiturna que temos co vento ao N.E. na encrucillada das estrelas apagadas? … Eiquí bebe de incónito
O Mariñeiro Descoñecido -sin xeografía nin literatura- …A noite dos naufraxos …co seu brazo salvavidas …aferrará connosco unha vela de chuvascos … O vaso derradeiro estaba cheo de despedidas … Polas rúas dispersas ibámonos fechando cada un dentro da súa alta mar … No repouso dalgún vaso tódalas noites naufraga o Bar. ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
 
 
POEMAS DEL FARO II Manuel Antonio,  “Foulas ” faro faro faro faro faro OS BRAZOS tocos d'o Faro chaman ás aas d'afora, A hora d'algunha banda  presinte-se que vai indo Pero n-o Faro decote  outro fracaso decata Coma si o mañán morrera  hai n-a nolte un xeito raro E o agoiro d'agora  camiña infindamente a se alongare faro Faro faro faro ... faro...
RADIOGRAMA de pirotécnicos instintos  (pirotecnia de resonancias)  que polos vieiros dos ecos xogarán ós labirintos. EU SON! O meu nome  acenderá unha estrela nova  en cada constelación.
 
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object]

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Modernisme, Avantguardes, Noucentisme.1
Modernisme, Avantguardes, Noucentisme.1Modernisme, Avantguardes, Noucentisme.1
Modernisme, Avantguardes, Noucentisme.1Joan Buades Beltran
 
Rafael Alberti -Javier - Garazi
Rafael Alberti -Javier - GaraziRafael Alberti -Javier - Garazi
Rafael Alberti -Javier - Garazirosaespfi
 
L’avantguardisme 4eso
L’avantguardisme 4esoL’avantguardisme 4eso
L’avantguardisme 4esomontse.ciberta
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Modernisme i victor català
Modernisme i victor catalàModernisme i victor català
Modernisme i victor catalàmarcuenca
 
Vicent andrés estellés
Vicent andrés estellésVicent andrés estellés
Vicent andrés estelléslauura26
 
El modernisme - context general i literatura catalana
El modernisme - context general i literatura catalanaEl modernisme - context general i literatura catalana
El modernisme - context general i literatura catalanagemmaencamp
 
La poesia catalana dels segles XIX i XX
La poesia catalana dels segles XIX i XXLa poesia catalana dels segles XIX i XX
La poesia catalana dels segles XIX i XXtorrascat
 
llibre de meravelles .pdf
llibre de meravelles .pdfllibre de meravelles .pdf
llibre de meravelles .pdfLumays1
 
El teatre modernista simbolista, santiago rusiñol
El teatre modernista simbolista, santiago rusiñolEl teatre modernista simbolista, santiago rusiñol
El teatre modernista simbolista, santiago rusiñolJordialejandro
 
Escola mallorquina
Escola mallorquinaEscola mallorquina
Escola mallorquinayovima70
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismoxenevra
 

La actualidad más candente (20)

Modernisme, Avantguardes, Noucentisme.1
Modernisme, Avantguardes, Noucentisme.1Modernisme, Avantguardes, Noucentisme.1
Modernisme, Avantguardes, Noucentisme.1
 
Rafael Alberti -Javier - Garazi
Rafael Alberti -Javier - GaraziRafael Alberti -Javier - Garazi
Rafael Alberti -Javier - Garazi
 
Els Jocs Florals
Els Jocs FloralsEls Jocs Florals
Els Jocs Florals
 
L’avantguardisme 4eso
L’avantguardisme 4esoL’avantguardisme 4eso
L’avantguardisme 4eso
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Modernisme i victor català
Modernisme i victor catalàModernisme i victor català
Modernisme i victor català
 
Vicent andrés estellés
Vicent andrés estellésVicent andrés estellés
Vicent andrés estellés
 
Pere quart
Pere quartPere quart
Pere quart
 
Joan Maragall
Joan MaragallJoan Maragall
Joan Maragall
 
La RenaixençA A Catalunya Pp
La RenaixençA A Catalunya PpLa RenaixençA A Catalunya Pp
La RenaixençA A Catalunya Pp
 
El modernisme - context general i literatura catalana
El modernisme - context general i literatura catalanaEl modernisme - context general i literatura catalana
El modernisme - context general i literatura catalana
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
La poesia catalana dels segles XIX i XX
La poesia catalana dels segles XIX i XXLa poesia catalana dels segles XIX i XX
La poesia catalana dels segles XIX i XX
 
Víctor Català
Víctor CatalàVíctor Català
Víctor Català
 
llibre de meravelles .pdf
llibre de meravelles .pdfllibre de meravelles .pdf
llibre de meravelles .pdf
 
Modernismo y generación del 98
Modernismo y generación del 98Modernismo y generación del 98
Modernismo y generación del 98
 
El teatre modernista simbolista, santiago rusiñol
El teatre modernista simbolista, santiago rusiñolEl teatre modernista simbolista, santiago rusiñol
El teatre modernista simbolista, santiago rusiñol
 
Escola mallorquina
Escola mallorquinaEscola mallorquina
Escola mallorquina
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismo
 
Les avantguardes literàries
Les avantguardes literàriesLes avantguardes literàries
Les avantguardes literàries
 

Destacado

Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8carlalago95
 
As vangardas en galicia
As vangardas en galiciaAs vangardas en galicia
As vangardas en galiciaXesús Amboaxe
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010xenevra
 
As vangardas en Galicia
As vangardas en GaliciaAs vangardas en Galicia
As vangardas en Galiciamati2011
 
Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010xenevra
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nósxenevra
 

Destacado (8)

Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
 
As vangardas en galicia
As vangardas en galiciaAs vangardas en galicia
As vangardas en galicia
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
As vangardas en Galicia
As vangardas en GaliciaAs vangardas en Galicia
As vangardas en Galicia
 
Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
 

Similar a creacionismo

O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOA MARALEIXA
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
A poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónA poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónMarlou
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 

Similar a creacionismo (20)

O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardas
 
Poesía das vangardas
Poesía das vangardasPoesía das vangardas
Poesía das vangardas
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Vangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalíaVangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalía
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
A poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónA poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guión
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 

Más de xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaxenevra
 

Más de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 

creacionismo

  • 1.  
  • 2. O nome da tendencia partiu, segundo Huidobro , dunha conferencia pronunciada no Ateneo de Bos Aires en 1916: “fue allí donde se me bautizó como creacionista, por haber dicho en mi conferencia que la primera condición del poeta es crear, la segunda, crear, y la tercera, crear”. A súa premisa fundamental é a consideración da creación artística con total independencia respecto dos modelos que ofrece a realidade, de xeito que o poema non imite o mundo, senón que cree un novo da nada , ó facelo xurdir da visión interior do poeta.
  • 3.
  • 4. Implicou unha busca de novos recursos expresivos que superasen as técnicas herdadas da tradición. Supresión da puntuación formulación de anacolutos incorporación de letras soltas rupturas sintácticas creación de metáforas orixinais palabras carentes de significado
  • 5. É unha estética na que os signos lingüísticos non se escollen como portadores de contido –de aí a abundancia de voces sen significado recoñecible– senón pola súa capacidade de suxestión poética .
  • 6. O Creacionismo está ligado na literatura galega a Manuel Antonio e ao seu libro De catro a catro (Nós, 1928), en senso estrito o único rompedor e vangardista da nosa literatura. Con todo, a presenza do eu poético afástao do Creacionismo xa que rompe coa deshumanización propia das vangardas (isto non acontece na obra de Vicente Huidobro). Vicente Risco na carta que dirixiu a Manuel Antonio para informalo das novas tendencias da arte, afirmaba que creacionismo “ é o nome que Vicente Huidobro lle dá ó cubismo especial que el fai”
  • 7. Foi V. Risco quen lle amosou a importancia pola visión da natureza , a preocupación polo retrato do momento puntual e pola poesía xaponesa dos haiku , en que se tratan cuestións esenciais do ser humano. Ademais, na súa relación epistolar, o autor ourensán informouno sobre as innovacións poéticas que tiñan lugar na literatura mundial, a relación entre creacionismo e cubismo plástico, e outras características que empregou Manuel Antonio na súa obra.
  • 8.  
  • 9. Manuel Antonio Pérez Sánchez naceu e morreu en Rianxo , 1900-1930) Aos catro anos, por mor da tuberculose e da morte de seu pai, trasladouse a Padrón, á casa da súa avoa e dun dos seus tíos, sochantre na colexiata de Iria Flavia Formación católica xermanofilia Interese polo carlismo Aos trece anos decidiu marchar a Santiago de Compostela. comezou o seu compromiso co galeguismo e o republicanismo
  • 10. Na I Guerra Mundial apoia nun primeiro momento aos alemáns , aínda que antes de que esta remate cambiará de parecer. Tamén apoiará aos bolxeviques na Revolución Rusa e, en 1918 a Revolución Sandinista en América.
  • 11. Dous anos despois ingresou en Vigo na Escola de Náutica . Nesa época comezaron as súas colaboracións na prensa da época, como A Nosa Terra , Galicia , La Redención , Ronsel ou Suevia, e apareceu “O sol da libertade”, o seu primeiro poema editado, que é apenas a única composición de carácter social do autor. Na cidade olívica afiliouse á Xuventude Nazonalista Galega (1920) e escribiu, xunto a Xavier Soto, o texto “ Terra ceibe! Os bos galegos ”, dirixido contra o concello de Vigo.
  • 12. Participou no consello de redacción de Ronsel xunto a Álvaro Cebreiro , con quen publicou o texto provocador e rupturista Máis Alá ! (1922), o único manifesto vangardista da literatura galega, e onde se realizaba unha denodada defensa sobre a lingua e o nacionalismo, que non conseguiu que callara nos autores da época, en xeral moi conservadores e que o consideraron un discurso que intentaba romper as liñas continuístas do grupo Nós, o ruralismo da literatura galega e todo o que estaba a suceder naquel momento no ámbito literario Urbano Lugrís, Paisaje nocturno
  • 13. Despois de rematar a súa formación náutica (1923) comezou os seus estudos de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1924 foi o representante en Rianxo da Irmandade Nazonalista Galega. Entre os anos 1926 e 1927 tivo lugar un dos acontecementos máis decisivos na obra do poeta, as súas prácticas como piloto no paquebote Constantino Candieira , capitaneado por Augusto Lustres Rivas, onde concibiu o seu libro de poemas De catro a catro (1928), editado por Nós na Coruña.
  • 14. Nos anos seguintes realizou unha viaxe a América do Sur co barco holandés Gelria, na que posiblemente concibiu o libro de poemas Sempre... e mais dispois . En 1929 embarcou rumbo a África do Sur co barco vigués Arosa, ata que finalmente, enfermo de tuberculose, decidiu regresar á casa. O 28 de xaneiro do 1930 faleceu na aldea de Asados (Rianxo).
  • 15. É autodidacta : O seu autodidactismo é moi elevado xa que mesmo traduce a E. A. Poe.
  • 16. Dentro da produción literaria do autor ocupan un papel especial dous textos en prosa que seguen as coordenadas da literatura rupturista das proclamas de vangarda: - O manifesto Máis Alá , 1921. Escrito por el e asinado tamén polo debuxante Álvaro Cebreiro. - Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu . Ambos son considerados manifestos en canto comparten o espírito de provocación e son miméticos a respecto dos manifestos de vangarda internacionais.
  • 17.  
  • 18.
  • 19. É un manifesto vangardista , na liña doutros publicados na Europa do momento. Será un manifesto ao que se referirán os poetas dos anos 80 . É un manifesto que en xeral se caracteriza pola presenza da idea de transformación da sociedade e dun espírito loitador , case que arroutado. Apoia a fracción de Antón Villar Ponte (máis progresista) dentro das Irmandades da Fala, xa que consideraban a Leandro Carré como representante do pasado, contrario á modernidade.
  • 20.
  • 21. Prólogo de un libro de poemas que ninguén escribeu , ficción na que reconstrúe un prólogo para un libro inexistente, pero que lle gustaría que existise.
  • 22. Nun dos seus tres artigos en prosa, “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu” , fai unha reflexión sobre a súa creación e refírese á influencia que exercen na súa obra algúns ismos:  O autor d'iste libro, a difrenza dos poetas da sua terra, tan homildosos devotos da Santa, do Bardo e do Rebelde, non por asomellar-se a ninguén, e moito menos o consabido trío. Fixo da sua independenza un sagro fanatismo, e vel-eiquí o tendes só, ergueito e orguloso.        Ten, ademais, o seu arte resoanzas futuristas, creacionistas, dadaístas e non sei que mais, todas elas anárquicamente escolmadas e autocraticamente peneiradas. (...) O ritmo dos seus versos non se pode levar c'os pés n-o piso nin c'os cotelos encol da táboa; e él quixera facel-os decote de tal xeito que non puderan ser declamados nin adeprendidos de memoria. Isto somentes, xa o leva dereito a perder a ademiranza das amabres mociñas románticas e dos amenos diletantes de segunda man.
  • 23.  
  • 24. De catro a catro (1928) é o único libro que publica en vida. Até 1972 crese que Manuel Antonio só é autor desta obra e do manifesto “ ¡Máis Alá!” . Pero García Sabell posuía dúas maletas que a nai de Manuel Antonio lle entregara trala súa morte e nelas estaban datados e con título máis poemas . En 1972 García Sabell publica en dous tomos estes poemas, o que nos permite reconstruír a súa obra:
  • 25.
  • 26.
  • 27.
  • 28.
  • 29. Sempre e máis dispois (1928 – 1929). 7 poemas un argumento unitario e personaxe común: Xan, emigrante en Bos Aires. A temática rural contraponse ao mundo moderno. Usa imaxes tipográfico-visuais na liña dos caligramas cubistas e creacionistas. Rómpese a orde habitual de lectura e do verso.
  • 30.  
  • 31. Natureza non inventada Renovación da metalinguaxe Humor e ironía Rexeitamento do eu creador coma deus Afastamento do contido Compromiso ideolóxico Obxectividade Marcas de disidencia estética Pegadas do Creacionismo
  • 32. A obxectividade . Xorde como reacción contra o intimismo, o sentimentalismo e o subxectivismo románticos que conducían á visión falseada da realidade. Daquela, xoga parodicamente con algúns dos elementos máis gastados da poesía romántica e modernista (os ambientes nocturnos, o misterio, a lúa, as estrelas... Noiva miña vestida de lua que romantizas ¡tan cursi! pol-o xardín [«Lied olme Worte»]
  • 33. O afastamento do contido . Desaparecen os elementos tráxicos e o amor e maila morte (temas recorrentes no romantismo) son vistos con frialdade, pois os poemas vangardistas son moito máis mesurados no ton. Sentel-me a proa fumando a miña pipa Pero outra noite pensarei en ti. [«Lied olme Worte»]
  • 34. Cando lemos o poema anterior non podemos pensar só en que Manuel Antonio pretende retratar un retallo da súa biografía polo feito de que se sitúe nunha travesía en barco e fume en pipa, senón que, a voz poética, tenta expresar, cunha imaxe plástica e ben coñecida polo autor, a soidade . Sen embargo, non sempre consegue evitar un ton sentimental cando o ambiente, os obxectos e as situacións evocadas forman parte, tamén, da súa vida. Sentel-me a proa fumando a miña pipa Pero outra noite pensarei en ti. [«Lied olme Worte»]
  • 35. Humorismo e Ironía. Manuel Antonio non ten un gran sentido do humor, sen embargo podemos atopar nel algunhas pinceladas humorísticas ou irónicas. Consígueo con adxectivacións inesperadas que dan lugar a sintagmas orixinais: Coa boca aberta -caille a baba- Está mirándonos o babión do Sol. Ou, como xa vimos, engadindo un verso / frase que marque o distanciamento: Noiva miña vestida de lua que romantizas ¡tan cursi! pol-o xardín
  • 36. A renovación da metalinguaxe poética. É especialmente destacada no aspecto léxico (introducción no código poético de palabras de códigos extraliterarlos), e semántico (asociación libre de conceptos que non se poden relacionar na norma lingüística, ou sexa, a creación de imaxes). Introduce neoloxismos, linguaxe técnica marítima (morse SOS), anglicismos ou outros préstamos, cultismos (radiograma, pirotecnia) e hiperenxebrismos.
  • 37. En canto á estrutura dos poemas , son moi significativos os espazos en branco, a disposición e a diferente medida dos versos, as repeticións ou as formas en debuxo como caligramas.
  • 38. Compromiso Coa súa obra pretendeu buscar a depuración da lingua e conseguir un rexistro literario culto, tentando que a lingua galega non estivese marxinada da estética que imperaba en Europa naqueles anos e que os autores galegos non caesen no enxebrismo como forma de recuperación da súa lingua. Partidario do monolingüismo , estivo á marxe da moda dos escritores que, como Ramón Cabanillas, procuraban no contido os elementos fundamentais da súa creación literaria.
  • 39.  
  • 40. Foi o único libro publicado en vida de Manuel Antonio. Subtitulado "Follas d'un diario d'abordo", contén 19 poemas. Deberon ser compostos en 1926‑27 nunha singradura do Constantino Candeira.
  • 41. O eixo é unha viaxe marítima que se abre cun poema, "Intencións", que sinala o comezo da aventura, e remata coa volta a terra ("Adeus"). No medio do navegación, dous poemas ("Recalada" e " Navy Bar ") supoñen a paréntese dunha escalada en terra.
  • 42. Superestrutura da obra Viaxe odiseica (partida – viaxe - retorno) Baixada a terra “ Navy Bar” “ Recalada” Contemplación do mar desde a ribeira, bótase de menos o eu que realizou a travesía Chegada e despedida do mar: desdobramento do “eu” Anuncio da partida Viaxe a emprender Viladomar “ Adeus” “ Intencións” Foulas
  • 44. Hai unha unidade temática esencial pola presenza permanente do mar . Proxecta nel as súas vivencias nun proceso de identificación . É un mar persoal: máis que a realidade exterior interésalle a experiencia interior; concíbese como un espacio simbólico. O que o diferencia doutros textos de tema mariñeiro é o tratamento: é o seu un mar humanizado , desrealizado e, en oposición á teoría vangardista, fondamente sentido.
  • 45. É, pois, un navegar para atoparse a un mesmo só diante do mundo. Viaxe polo mar P1 ou P4 inzada de terminoloxía náutica Os obxectos e os seres inanimados cobran vida, afastándose progresivamente do eu poético esta ausencia e o silencio para afundirse na soidade .
  • 46. O fluír temporal é un dos temas máis destacados. Maniféstase a través da sucesión dos elementos naturais do cosmos (o sol, a lúa, as estrelas, a noite, a alba) e a través dos elementos técnicos de medición (reloxo, almanaques, diarios, horas, cronometraxes). Así, esta captación do paso do tempo rexístrase fundamentalmente polo sentido da vista e do oído, ás veces superpostos en logradas imaxes. O minuteiro (tic-tac) Asumiu o compás das travesías.
  • 47. A concepción da existencia é contradictoria: o estatismo preside a navegación e, ao mesmo tempo, todo pasa. E ese adeus a todo, que provoca a saudade , únese á idea do naufraxio , presente en toda a obra. O naufraxio non constitúe un mero accidente da navegación senón tamén unha vivencia íntima, que simboliza o desarraigo existencial. Aínda sen se facer explícita, latexa a idea da morte. Por todo isto, da obra emana un ton triste, corroborado pola carga negativa da maioría dos adxectivos. Pero a Lua esta noite desertou d'os almanaques
  • 48. O barco (paquebote, fragata...) representa fisicamente o eu lírico: o barco é o home, o eu do poeta. É un dos eixes simbólicos do libro que podemos interpretar como imaxe da vida (e do claustro materno).
  • 49. O vento é outro símbolo ambivalente. A súa ausencia impide a aventura pero o seu descontrol pode supoñer a morte. A súa forza podemos identificala coa forza do fado. A navegación polo mar é así a vida, fronte ao estatismo.
  • 50. Sen concesións ao sentimentalismo, son moi escasas as referencias ao EU , que continuamente se dilúe no NÓS . Mais no poema final ("Adeus") prodúcese a esgazadura, a liberación da tensión, o desvelamento da traxedia latexante ao longo do libro: é como a premonición da propia morte. E ficamos nós sós Sin o Mar e sin o barco Nós.
  • 51.  
  • 53.
  • 54. Mariña-noiturno Beira do mar Un silezo de brétema é o enterro da tarde fracasada Inconcretamente teño unha voce Eu e a onda infinda amigante repétema. Fose o veleiro canso Diluéuse no táxico da brétema do lonxe do serán e do mar E suxeréuse a visión cavilosa da neurosis don monxe. Na alameda noiturna misántropo cada farol case non se adiviñan as mudeces que choran Volve do mar un son Algo (non se sabe in chega) sintese vir encol. Con anacos do meu interior , Manoel Antonio (1900-1930)
  • 55. RECALADA ATOPAREMOS no peirán as follas evadidas do almanaque dos nosos soños As novas rúas de sempre exhibirán o escaparate das mesmas noivas inéditas Fumaremos nas pipas despectivas tódalas transeúntes hostilidades mudas Un vaso desbicado noutro porto rematarémolo aquí no mesmo bar cabo do mariñeiro descoñecido que nos repite a mesma ubicua sorrisa loira Nos bordeis xa saben que a nosa moeda ten o anverso de ouro e o reverso sentimental Os ecos imprevistos do noso cantar sonámbulo apagarán os focos de madrugada Mañá despertaremos na ausencia desta xornada Esquivouse unha folla do diario efusivo Eramo-los espectadores na prestidixitación dunha hora artificial.
  • 56. ………… NAVY BAR … ESTE bar ten balances …E tamén está listo pra se facer á vela … Enchéronnos o vaso con toda a auga do Mar pra compor un cock-tail de horizontes … Pendurados das horas …atlas xeográficos de esperantos están sin tradución …E tatexan as pipas co ademán políglota das bandeiras … Ese cantar improvisado ………………………………é o mesmo que xa se improvisou nalgures … Quen chegou avisándonos desa cita noiturna que temos co vento ao N.E. na encrucillada das estrelas apagadas? … Eiquí bebe de incónito
  • 57.
  • 58.  
  • 59.  
  • 60. POEMAS DEL FARO II Manuel Antonio, “Foulas ” faro faro faro faro faro OS BRAZOS tocos d'o Faro chaman ás aas d'afora, A hora d'algunha banda presinte-se que vai indo Pero n-o Faro decote outro fracaso decata Coma si o mañán morrera hai n-a nolte un xeito raro E o agoiro d'agora camiña infindamente a se alongare faro Faro faro faro ... faro...
  • 61. RADIOGRAMA de pirotécnicos instintos (pirotecnia de resonancias) que polos vieiros dos ecos xogarán ós labirintos. EU SON! O meu nome acenderá unha estrela nova en cada constelación.
  • 62.  
  • 63.
  • 64.