SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 13
Descargar para leer sin conexión
TEMA 1
A poesía das Irmandades da Fala.
Características, autores e obras
representativas.
2020 – 2021
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
1. As Irmandades da Fala.
En 1916 aparece o libro de Villar Ponte Nacionalismo gallego, que marca o punto de
partida para a fundación da primeira Hirmandade de amigos da Fala. O 17 de maio de 1916
unha serie de galeguistas forman a "Hermandá de Amigos da Fala da Cruña", á que seguen
numerosas Irmandades noutras vilas e cidades galegas. Conscientes de que a recuperación da
nosa personalidade diferenciada pasa pola defensa do idioma propio, promoven o
espallamento e utilización do galego a todos os
niveis da comunicación e a súa actualización e
restauración. Recupérase A Nosa Terra, agora como
boletín monolingüe en galego, que se converterá en
voceiro do galeguismo ata a súa clausura, en 1936.
Ademais fundan editoriais onde publican, na lingua
do país, tanto xornais e revistas como obras
ensaísticas, ao tempo que potencian xéneros
literarios como a narrativa curta ou o teatro. En 1921 aparece a editorial Céltiga en Ferrol; en
1924, a editorial Lar na Coruña; en 1927, a máis importante, Nós, na Coruña.
2. características literarias.
A literatura galega intersecular reproduce en ton menor as voces dos grandes poetas
do XIX, é dicir, é unha fase continuísta. A negativa consideración deste período canto á
calidade poética, vén determinada pola falta de orixinalidade e a reiteración nos vellos temas e
formas, que xa estaban esgotados. Canto ao contido, basicamente vemos reproducidas as tres
liñas temáticas que conformaran o horizonte literario do Rexurdimento (o costumismo
ruralista dalgúns poemas de Rosalía, o historicismo profético de Pondal e a poesía civil de
Curros). Manteñen a súa vixencia a liña social, que amosa a preocupación pola situación do
país, fundamentalmente polas penurias económicas dos labregos, reivindicación dos nosos
sinais de identidade, sobre todo o idioma, así como o chamamento a recuperar a nosa
historia e as súas figuras senlleiras; a liña intimista e a costumista-paisaxística. Asistimos a
unha interpretación poética que combina a tradición cultural galega cun certo influxo
modernista -saudosismo, símbolismo- palpábel tanto no fondo como na forma.
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 1
3. Poetas de “antre dous séculos”.
O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é Antonio Noriega
Varela, o máis destacado representante dunha xeración de transición: por unha parte acepta o
popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver
nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. Pero o poeta máis destacado da
época é Ramón Cabanillas, escritor vencellado ás Irmandades da Fala, supón un revulsivo
que vén superar esta fase e abre a porta a un novo renacer literario.
3.1. Antonio Noriega Varela
Afastado ideoloxicamente do ideario galeguista, Noriega Varela
mantivo un compromiso fiel á lingua galega na súa obra, sometida a
unha continua reelaboración. De 1904 data o seu primeiro libro,
Montañesas, adherido aínda á liña costumista decimonónica.
Posteriormente, e baixo o influxo do saudosismo portugués, a súa
poesía depúrase dos elementos costumistas e descritivos, buscando
expresar un lirismo máis puro, o lirismo puro da natureza. Resultado
desa evolución poética é Do ermo (1920), poemario en que están
presentes novas liñas temáticas, como a saudade ou a morte, e onde se detecta unha marcada
tendencia á introspección. Xa na súa última etapa, destacan as composicións humorísticas e os
poemas vencellados á reflexión social, que o achegan ás liñas poéticas dominantes no período.
Naceu en Mondoñedo no 1869. Moi relixioso, ingresou con catorce anos no Seminario,
onde se fixo popular gracias ao seu carácter festeiro e satírico, mais non puido ordenarse
sacerdote ao lle negar Roma a dispensa por ser fillo de solteira. Faise mestre e en 1901 pasou
a rexentar a escola de Fondós en Foz. Alí fixo amizade con Antón Vilar Ponte. Por influencia
dos seus amigos, empezou a colaborar no periódico anticaciquil e proagrarista “Guau-guau”, o
que lle supuxo o desterro a Calvos de Randín. Tres anos despois logrou o seu traslado á escola
de Trasalba, preto da cidade de Ourense. Isto supúxolle a posibilidade de trabar novas
relacións. A máis salientábel sería a de Otero Pedrayo, baixo cuxa protección coñeceu a Basilio
Álvarez e entrou en contacto cos escritores portugueses parnasianistas e simbolistas (Teixeira
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 2
de Pascoães, Guerra Junqueiro, Eugénio de Castro e Antero de Quental). Este contacto levarao
por unha vía poética de maior pureza afastándose da liña costumista e descritiva
decimonónica. Con case 57 anos obtivo un destino definitivo como mestre e instalouse en
Abadín, retomando os contactos da mocidade. Completamente afastado de toda preocupación
social e de toda renovación estética, a súa poesía centrouse cada vez máis na contemplación
bucólica da paisaxe.
Xa en 1930 solicita por motivos de saúde un traslado que o leva a Viveiro, Santa María
de Chavín, o seu derradeiro destino como docente. Esta etapa coincide coa 2ª República e logo
coa sublevación militar. Diante destes acontecementos posicionouse claramente. Coherente
coa súa ideoloxía tradicionalista opúxose á Repúbica; así durante este goberno el mantivo o
crucifixo na súa escola. Nesta época incrementa a súa produción poética (agora en español).
Chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu pasamento en 1947, un momento de fondo
pesimismo.
Obra
A súa obra reflicte a predilección por temas da inspiración clásica, como a montaña
lucense e as súas xentes. En toda ela están presentes as súas crenzas tradicionalistas e
conservadoras, que o mantiveron afastado do galeguismo. Foi coñecido como o cantor da
montaña.
A crítica fala de Noriega como autor dun só libro Montañesas (1904), que
a partir da súa terceira edición titulou Do ermo.. Agora ben, a escrita deste pasou
por diferentes edicións, revisións e aumentos. En 1904 publica Montañesas, con
16 composicións. Foi ampliada en 1910 en 53 poemas que inclúen dous poemas
extensos “de Ruada”, gañador do 1º premio nun certame en Mondoñedo, e “Leite
Fresco” cadro de costumes. En 1920 aparece Do Ermo composto por 48 poemas;
30 novos e 18 incorporados da obra anterior (en xeral os máis líricos e
relixiosos). Abandona o lirismo e o ton descritivo e centra a atención na lírica da
montaña. Será esta a única edición que inclúe algún poema anticaciquil e
agrarista (“Acción Gallega”, “Prós mozos”, “En boa hora”) froito momentáneo do
compromiso con algúns amigos. En 1929 hai unha 3ª edición e en 1946 unha 4ª.
Distinguimos dúas etapas na traxectoria do autor: unha representada por Montañesas
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 3
na súa primeira edición de 1904 onde predomina a poesía realista decimonónica, e outra
representada por Do Ermo, de liña intimista franciscana integrada na poesía do século XX. A
segunda edición de Montañesas representa a transición entre ambas.
Á súa obra de creación cómpre engadir Como falan os brañegos, conxuntos de refráns e
ditos populares da súa terra.
3.1.1. Temas
Natureza humilde propia do
franciscanismo poético; os seres máis
pequenos e insignificantes espertan nel
sentimentos de amor e solidariedade (vid.
“Toda humilde beleza”). Alabanza da montaña,
na liña do Beatus ille horaciano (gabanza á
vida retirada, á vida do campo). Paso do tempo,
Tempus Fugit, asociado á «saudade» pola
mocidade perdida. Mutación ou metamorfoses
extraída das Metamorfoses de Ovidio. Se alí
Dafne, perseguida por Apolo, se converte en
loureiro coa axuda dos deuses, agora trocarase
en bidueira; o orballo da mañá que transforma
os elementos da natureza en xoias; etc... A
saudade; nomeadamente esa saudade da
montaña que impregna toda a poesía d’O Ermo. O tema da morte que non só aparece nos
poemas autobiográficos. O seu amor pola montaña é tan intenso que nin a morte conseguirá
afastalo dela, pois é alí onde quer ser soterrado.
3. 2. Ramón
Cabanillas.
A figura de Cabanillas é extensa e complexa, tanto pola súa lonxevidade como
pola amplitude, pluralidade e complexidade da súa obra. Esta estivo marcada
tanto pola evolución ideolóxica e intelectual do autor como por unha
constante reelaboración. Poeta agrarista, activo participante nas actividades
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 4
das Irmandades da Fala e na creación do Partido Galeguista.
Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de grande proxección
pública, que xogou un papel determinante na superación dos moldes do Primeiro
Renacemento malia comezar a publicar a idade avanzada.
Naceu en Fefiñáns (Cambados, Pontevedra) no ano 1876. Despois de abandonar a
carreira eclesiástica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario
do Concello.
Con trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre 1910 e 1915. Establécese na
Habana onde convive cunha actividade intelectual, burocrática, galeguista e persoal moi
intensa. Mantén contacto coa intelectualidade galeguista emigrante e os asiduos do café «La
Puerta del Sol», compoñentes da bohemia literaria e artística dos galegos residentes en Cuba
(Antón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres, Xulio Sigüenza, Virxilio Blanco..).
En 1913 publica No desterro, prologado por Basilio Álvarez, o famoso cura de Beiro,
líder de Acción Gallega, con quen mantivo sempre unha fonda amistade e máis unha comunión
ideolóxica no referente á loita anticaciquil. En 1915, ano da publicación de Vento mareiro,
renunciando a un propósito inicial de visitar os Estados Unidos volve a Cambados: «Estuve a
dos dedos de irme a Filadelfia, en los Estados Unidos. El puñetero inglés que no me entra!»-.
O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente
en A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Foi aclamado como Poeta da
Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da construción nacional, abandonando os ecos
intimistas presentes na súa primeira poesía.
O día 31 de agosto de 1920 é recibido na Real Academia Galega para ocupar unha
vacante. Nove anos despois, o 26 de maio de 1929 le o seu discurso de ingreso na Real
Academia Española. Fixa a súa residencia en Madrid para asistir ás sesións da Academia e, a
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 5
partir deste momento, a súa vida vai ser unha permanente peregrinación (Madrid, Valencia,
Cambados, Baracaldo, Samos...) e o poeta perde a estabilidade da súa vida ideal, familiar e
máis aldeá, para someterse a outras imposicións do seu rango de poeta universalmente
recoñecido.
Co paso dos anos van devalando as súas facultades: a vista, a saúde, mesmo as ansias de
escribir. Morre en Cambados o 9 de novembro de 1959. É enterrado en Cambados, aínda que
posteriormente os seus restos foron trasladados a Compostela e depositados na igrexa
conventual de Santo Domingo, na mesma capela ca os de Rosalía de Castro e Alfredo Brañas.
Autor de rápido recoñecemento popular e académico, Cabanillas conduciu a nosa
poesía cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro
do canon da literatura galega, a pesar de se presentar tan diversa que fai difícil a adscrición do
escritor a unha corrente ou xeración.
3.2.1. Encadramento xeracional e estético
Ramón Cabanillas Enríquez é unanimemente considerado como a síntese e superación
do Rexurdimento, herdeiro do máis elevado da tradición decimonónica e ao mesmo tempo
actualizador da poesía galega. Con el incorpora, certamente de forma serodia, os elementos
básicos das estéticas post-simbolistas europeas interseculares.
Se ben hai autores que optan por integralo nunha "Xeración Antre Dous Séculos",
cremos máis atinado encadrar a Ramón Cabanillas na xeración das Irmandades, aínda que por
idade lle corresponda dentro dela o rango de "irmán maior". Cinco anos máis vello que Antón
Villar Ponte, oito anos maior que Risco, dez que Castelao ou Johán Vicente Viqueira, sen
embargo a súa peripecia biográfica e intelectual asimilase á dos máis novos e conflúe con eles
plenamente. Coma eles, Cabanillas inicia o seu labor literario na segunda década do século e
alcanza especial fecundidade nos anos 20, no período de plena eclosión cultural do
galeguismo de preguerra. Participan ombro con ombro nas mesmas empresas galeguizadoras,
desde o Seminario de Estudos Galegos ao Partido Galeguista, ademais de colaborar nas
principais publicacións alentadas desde as Irmandades (A Nosa Terra, Nós, ...). De feito, os
homes das Irmandades -preferentemente prosistas- fixeron del un estandarte, ao cualificalo
como 'Poeta da Raza".
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 6
3.2.2. A obra de Ramón Cabanillas
Escribiu fundamentalmente poesía lírica e poesía narrativa, pero tamén publicou teatro
e esporadicamente textos ensaísticos como o seu discurso de entrada na RAG A saudade nos
poetas galegos (1920) ou o prólogo á Antífona da cantiga.
Cabanillas supera o risco de converterse nun epígono máis do Rexurdimento mercé á
incorporación ao galego dos rexistros que caracterizan a modernidade poética. Desde o punto
de vista estritamente literario, a estética de Ramón Cabanillas constitúe unha síntese peculiar
dos seguintes elementos básicos: a tradición clásica greco-latina; a tradición folclórica galega;
os "mestres maiores" do Rexurdimento; e o romanticismo tardío -Heinrich Heine está
presente con Rosalía na inspiración de A rosa de cen follas (1927) e de maneira especial os
movementos simbolistas e post-simbolistas da segunda metade do século.
A formación de Cabanillas coincide coa eclosión do modernismo, síntese de correntes
post-simbolistas que realiza o poeta nicaraguano Rubén Darío. Cabanillas ten ocasión de
aproximarse de forma directa a elas na súa estadía en Cuba. Do modernismo hispano adopta
as roupaxes externas: a versatilidade métrica e rítmica, con versos alexandrinos ou sonetos de
arte menor; un lixeiro exotismo con princesas, pierrots, mandaríns chineses, xardíns amenos,
etc.; e o gusto polo sensual, os ambientes lánguidos, a musicalidade, o preciosismo verbal e os
efectos coloristas. Sen embargo, outros trazos de igual relevo afástano da estética puramente
modernista: o gusto polo folclore popular, o léxico rural, a anécdota narrativa... A maiores,
Cabanillas asome para a súa obra un marcado ideal ético e unha finalidade concienciadora que
pouco teñen que ver co esteticismo e as teorías da art pour l'art.
Tras incorporarse ao proxecto cultural das Irmandades da Fala, Cabanillas toma
contacto tamén co saudosismo portugués. Desde o punto de vista estético apreciamos un
crecente interese polos temas históricos, unha tendencia mítica e certo misticismo entre
cristián e panteísta. Nos mesmos anos coñece a obra do poeta e dramaturgo irlandés William
Bufier Yeats e o pensamento da Irish Literary Society, institución fundada en 1891 coa
finalidade de promover unha literatura nacional irlandesa. O modelo irlandés, tantas veces
invocado polos galeguistas, reforza a tendencia mitificadora na obra de Cabanillas. Aínda cabe
engadir para entender a súa estética de madurez a lectura do poeta vitoriano Alfred Tennyson,
que na segunda metade do XIX resucitara as lendas centradas na corte do rei Arturo.
Todos estes elementos, unidos a un profundo coñecemento da tradición decimonónica
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 7
e da poesía popular, dan lugar a unha obra rica e plural. Cabanillas incorpora aos seus textos
rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega ao tempo que renova os modelos
habituais mediante un novo tratamento en que se combina sensualismo, plasticidade e un
perfecto dominio do ritmo e da linguaxe.
3.2.3. Evolución literaria
Aínda que poeta tardío -a súa primeira obra data de 1913, cando conta xa trinta e sete
anos- a lonxevidade e fecundidade literaria de Cabanillas fan que ao longo da súa obra
experimente unha forte evolución, que podemos apreciar tanto no aspecto formal como nas
preferencias temáticas. Podemos distinguir catro etapas ben delimitadas desde o punto de
vista literario e histórico-biográfico:
3.2.3.1. Etapa de formación ou pregaleguista (1910-1915):
Don Ramón Cabanillas comeza a publicar en Cuba. Na illa entra en contacto con núcleos
galeguistas que o animan a escribir e a facelo en galego. En 1912 coñece a Basilio Álvarez e
impresionado pola súa oratoria asume o ideario agrarista e convértese en portavoz literario
do movemento.
Nestes anos escribe os seus dous primeiros libros, No desterro. Visión gallegas (1913) e
Vento mareiro (1915), de grande similitude estética e temática. No formal, apreciamos neles a
asimilación da tradición poética do Rexurdimento, así como a incorporación dos achados
métricos e estilísticos do modernismo. Canto á temática, os poemas desta época expresan a
nostalxia do desterrado que a través da lembranza reconstrúe a presencia dos lugares nativos,
as paisaxes familiares, os amores infantís, a nai, a esposa, etc.
Á par desta poesía descritiva ou narrativa, encontramos tamén un reducido número de
poemas -catro entre cincuenta en No desterro; oito en Vento mareiro- que mostran a voz dun
poeta civil, empeñado en denunciar con versos rabiosos e incendiarios os males do foro, a
miseria dos labregos e as ansias de redención que atravesa o campo galego. Poemas como "A
Basilio Álvarez", "Acción gallega", "A un cacique", "Lume no pazo", etc., convértense en
auténticas proclamas anticaciquis e antiseñoriais e marcan nos anos seguintes o perfil
literario do autor, que pasa a ser saudado como o herdeiro de Curros.
3.2.3.2. Etapa galeguista (1916-1920):
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 8
Nos anos seguintes, o poeta asome decididamente o papel encomendado e pon a súa
pluma ao servizo das ideas que intentan difundir as Irmandades da Fala.
A esta época corresponde a obra Da terra asoballada (1917) así
como un bo número de poemas que pasan a engrosar a segunda edición de
Vento mareiro (1921). Nesta etapa abandona os aspectos sanguinarios e
vingativos para adoptar unha actitude didáctica, de cara a lograr unha
aproximación paulatina do pobo ao galeguismo. Prefire gabar nos seus
poemas os persoeiros representativos do galeguismo histórico (Rosalía,
Pondal, Brañas ... ) ou contemporáneo (Lois Porteiro), ao tempo que chama
ao pobo galego a recuperaren o seu orgullo nacional cunha intencionalidade redignificadora
na liña dalgúns poetas do Rexurdimento.
Galiza pasa a ser o suxeito colectivo dos seus poemas, entendida como un conxunto de
grupos sociais heteroxéneos pero igualmente asoballados. Por moito que siga identificando a
esencia do país coa súa base campesiña, o fidalgo xa non é só unha figura corrupta e
sanguinaria e preséntasenos tamén en ocasións como paradigma de honestidade e amor á
terra.
3.2.3.3. Etapa mítico-saudosista (1921-1930):
A poesía do cambadés empéñase agora nunha reconstrución mitificadora do pasado
nacional. Lonxe de calquera pretensión de obxectividade, Cabanillas pretende achegarse a
unha verdade intrahistórica que mostre aos lectores as grandes leccións do pasado como
única maneira de facérense donos do seu futuro.
Con esta intencionalidade escribe os tres longos poemas narrativos que compoñen Na
noite estrelecida (1926), "A espada Escalibor", "O cabaleiro do Sant-Grial" e "O sono do rei
Artur", onde emprende unha actualización da materia de Bretaña para adaptar a complexa
lenda medieval a unha mensaxe patriótica e cristiá. As tres "sagas" conforman un código de
conduta do "cabaleiro galeguista" e unha guía de redención da patria elaborada nunha
linguaxe fortemente simbólica cargada de misticismo.
Nos mesmos anos, e respondendo a idénticas preocupacións, escribe a peza de teatro O
Mariscal (1926). Tamén nesta época aparecen dispersos en xornais e revistas un feixe de
poemas de temática histórica que serán recollidos moitos anos máis tarde no libro Camiños no
tempo (1949). Constitúen estas obras unha especie de "historia mítica" centrada en catro
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 9
momentos que Cabanillas considera claves na constitución da nacionalidade: a época celta,
que aborda a través de personaxes e actitudes de marcado selo pondaliano; a Alta Idade
Media, mitificada na apropiación das lendas artúricas; o período de esplendor medieval
(secúlo XII) dominado polas loitas entre Xelmírez e dona Urraca e a perda do reino con Afonso
VII; e por último a crise do século XV en que as loitas irmandiñas, a dominación castelá e o
sometemento da nobreza significan o fracaso das aspiracións nacionais de Galiza.
A nova materia trae consigo un novo tratamento formal: a linguaxe poética é máis rica e
conceptuosa; son máis frecuentes as referencias eruditas; créase un sistema pechado de
símbolos aos que só pode ter acceso un lector medianamente culto... No tocante á
versificación, bota man de metros cultos antes inusuais na súa obra, como o alexandrino, se
ben alterna o seu uso con romances e outras estrofas populares.
Paralelamente a esta corrente mítico-saudosista, Cabanillas escribe na década dos 20
unha outra poesía de carácter relixioso e milagreiro, entre a que destacamos a lenda en verso
O bendito San Amaro (1925), xunto con outros textos que teñen como figura central o Apóstolo
Santiago, símbolo que nesta altura tenta recuperar o galeguismo.
Mais a proba que confirma a variedade de rexistros caracterizadores de Ramón
Cabanillas é a publicación do poemario A rosa de cen follas. Breviario dan amor (1927), cuxo
título é tomado dun verso de Rosalía de Castro; agora o poeta renunciará á poesía combativa e
costumista para cantar o amor con evidentes influencias de clásicos como Bécquer ou Heine.
3.2.3.4. Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959):
A partir de 1931 aproximadamente Cabanillas enmudece como poeta. Sen embargo,
cando xa sobrepasa os setenta anos e parece que a súa obra non vai ter continuidade, inicia
unha segunda madurez creadora. A esta resurrección non é allea a situación de penuria e
persecución que atravesa a lingua. Cabanillas, membro da Real Academia Española, católico
fervente e de ideas conservadoras, está a salvo das desconfianzas e censuras do réxime e volve
xogar, como xa fixera tres décadas atrás, un papel simbólico de primeira magnitude na
recuperación cultural de posguerra.
Ademais de dúas obras que mostran o seu labor como estudoso da literatura popular e
tradutor -Antífona da cantiga (1950) e Versos de alleas terras e tempos idos (1955)- nestes
anos dá a coñecer dous poemarios orixinais: Da miña zanfona (1954) e Samos (1958).
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 10
1. Indica os elementos do modernismo presentes neste fragmento de Na noite estrelecida.
2. Como está caracterizado o bardo?
3. A que se refire neste poema “Terra de Caledonia”? E “os guerreiros da cruz”?
4. En que época/estilo encadrarías este poema? Por que?
A ti miña muller, arca pechada,
Que no seu fondo garimoso encerra
O que me queda santo sobre a terra,
Van estes versos de visión dourada.
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 11
Nun nimbo lumioso surde o bardo adiviño, envolveito en brancuras
recendentes de liño, ollos gazos, profundos, longa barba frorida,
cingue a frente coas hedras da coroa druída
na man, que reloce como un lirio bendito,
ten a fouce de our o do litúrxico rito;
a fouce segadora da mandrágora, ó raio
de feitizo e de agoiro dos luares de Maio.
É Merlín o profeta, o celta armoricán,
dos silfos e das lumias ollado por irmán,
sabidor dos encantos e os máxicos conxuros,
das virtudes das herbas e dos fados escuros;
que nos craros dos bosques e os baixíos costeiros deprendeu o diviño
lenguaxe dos luceiros;
o bardo das edades, o da segreda cencia
que a terra fixo súa, impóndolle obedencia
ás ágoas da riada, ós rochedos do cume,
ás nubes da tormenta, á ardentía do lume.
Eles diranche que, ó través da vida,
Sempre, sempre miña alma soñadora
Pideulle a Dios que na postrera hora
Cerre os meus ollos esa man querida.
5. A emigración, que Cabanillas coñece por experiencia persoal, non provoca a máis mínima crítica
social: tan só no poema inicial de No desterro, "Camiño adiante", se nos presenta como decisión
liberadora do labrego que marcha canso de sufrir a humillación e a inxustiza. Como está caracterizado
o labrego neste poema?
6. Que é Acción Gallega?En que época de Cabanillas encadras este poema e por que? Destaca os
elementos anticaciquís presentes nel.
“Acción gallega”
¡Irmáns! ¡Irmáns galegos! ¡Ergámonos sen medo!
¡Desde Ortegal ó Miño ¡Que o lume da toxeira
a folla do fouciño envolva na fogueira
fagamos rebrillar! o pazo señorial!
Que vexa a vila podre, ¡Xa o fato de caciques
coveira da canalla, ladróns e herexes fuxe
a aldea que traballa ó redentor empuxe
disposta pra loitar.
da alma rexional!
Antes de ser escravos, Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos! ¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos que corra o sangue a regos
desde a montaña ó mar. desde a montaña ó mar.
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 12

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4ºxenevra
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmotrafegandoronseis
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán Landín
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilRomán Landín
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerraXesús Amboaxe
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 

La actualidad más candente (20)

Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Vangardas 1
Vangardas 1Vangardas 1
Vangardas 1
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra Civil
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 

Similar a Poesia das irmandades 21

DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍAFiz
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e Davidtrafegandoronseis
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010Felipe
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismoxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 

Similar a Poesia das irmandades 21 (20)

noriega
norieganoriega
noriega
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
Uxío Novoneira. Vida e obra. Letras-2010
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyraGuia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismo
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Lorenzo Varela
Lorenzo VarelaLorenzo Varela
Lorenzo Varela
 
Jesús Bal y Gay
Jesús Bal y GayJesús Bal y Gay
Jesús Bal y Gay
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 

Más de xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaxenevra
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaxenevra
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4ºxenevra
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºxenevra
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4ºxenevra
 

Más de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxía
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4º
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4º
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4º
 

Último

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Poesia das irmandades 21

  • 1. TEMA 1 A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. 2020 – 2021 IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
  • 2. 1. As Irmandades da Fala. En 1916 aparece o libro de Villar Ponte Nacionalismo gallego, que marca o punto de partida para a fundación da primeira Hirmandade de amigos da Fala. O 17 de maio de 1916 unha serie de galeguistas forman a "Hermandá de Amigos da Fala da Cruña", á que seguen numerosas Irmandades noutras vilas e cidades galegas. Conscientes de que a recuperación da nosa personalidade diferenciada pasa pola defensa do idioma propio, promoven o espallamento e utilización do galego a todos os niveis da comunicación e a súa actualización e restauración. Recupérase A Nosa Terra, agora como boletín monolingüe en galego, que se converterá en voceiro do galeguismo ata a súa clausura, en 1936. Ademais fundan editoriais onde publican, na lingua do país, tanto xornais e revistas como obras ensaísticas, ao tempo que potencian xéneros literarios como a narrativa curta ou o teatro. En 1921 aparece a editorial Céltiga en Ferrol; en 1924, a editorial Lar na Coruña; en 1927, a máis importante, Nós, na Coruña. 2. características literarias. A literatura galega intersecular reproduce en ton menor as voces dos grandes poetas do XIX, é dicir, é unha fase continuísta. A negativa consideración deste período canto á calidade poética, vén determinada pola falta de orixinalidade e a reiteración nos vellos temas e formas, que xa estaban esgotados. Canto ao contido, basicamente vemos reproducidas as tres liñas temáticas que conformaran o horizonte literario do Rexurdimento (o costumismo ruralista dalgúns poemas de Rosalía, o historicismo profético de Pondal e a poesía civil de Curros). Manteñen a súa vixencia a liña social, que amosa a preocupación pola situación do país, fundamentalmente polas penurias económicas dos labregos, reivindicación dos nosos sinais de identidade, sobre todo o idioma, así como o chamamento a recuperar a nosa historia e as súas figuras senlleiras; a liña intimista e a costumista-paisaxística. Asistimos a unha interpretación poética que combina a tradición cultural galega cun certo influxo modernista -saudosismo, símbolismo- palpábel tanto no fondo como na forma. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 1
  • 3. 3. Poetas de “antre dous séculos”. O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela, o máis destacado representante dunha xeración de transición: por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. Pero o poeta máis destacado da época é Ramón Cabanillas, escritor vencellado ás Irmandades da Fala, supón un revulsivo que vén superar esta fase e abre a porta a un novo renacer literario. 3.1. Antonio Noriega Varela Afastado ideoloxicamente do ideario galeguista, Noriega Varela mantivo un compromiso fiel á lingua galega na súa obra, sometida a unha continua reelaboración. De 1904 data o seu primeiro libro, Montañesas, adherido aínda á liña costumista decimonónica. Posteriormente, e baixo o influxo do saudosismo portugués, a súa poesía depúrase dos elementos costumistas e descritivos, buscando expresar un lirismo máis puro, o lirismo puro da natureza. Resultado desa evolución poética é Do ermo (1920), poemario en que están presentes novas liñas temáticas, como a saudade ou a morte, e onde se detecta unha marcada tendencia á introspección. Xa na súa última etapa, destacan as composicións humorísticas e os poemas vencellados á reflexión social, que o achegan ás liñas poéticas dominantes no período. Naceu en Mondoñedo no 1869. Moi relixioso, ingresou con catorce anos no Seminario, onde se fixo popular gracias ao seu carácter festeiro e satírico, mais non puido ordenarse sacerdote ao lle negar Roma a dispensa por ser fillo de solteira. Faise mestre e en 1901 pasou a rexentar a escola de Fondós en Foz. Alí fixo amizade con Antón Vilar Ponte. Por influencia dos seus amigos, empezou a colaborar no periódico anticaciquil e proagrarista “Guau-guau”, o que lle supuxo o desterro a Calvos de Randín. Tres anos despois logrou o seu traslado á escola de Trasalba, preto da cidade de Ourense. Isto supúxolle a posibilidade de trabar novas relacións. A máis salientábel sería a de Otero Pedrayo, baixo cuxa protección coñeceu a Basilio Álvarez e entrou en contacto cos escritores portugueses parnasianistas e simbolistas (Teixeira IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 2
  • 4. de Pascoães, Guerra Junqueiro, Eugénio de Castro e Antero de Quental). Este contacto levarao por unha vía poética de maior pureza afastándose da liña costumista e descritiva decimonónica. Con case 57 anos obtivo un destino definitivo como mestre e instalouse en Abadín, retomando os contactos da mocidade. Completamente afastado de toda preocupación social e de toda renovación estética, a súa poesía centrouse cada vez máis na contemplación bucólica da paisaxe. Xa en 1930 solicita por motivos de saúde un traslado que o leva a Viveiro, Santa María de Chavín, o seu derradeiro destino como docente. Esta etapa coincide coa 2ª República e logo coa sublevación militar. Diante destes acontecementos posicionouse claramente. Coherente coa súa ideoloxía tradicionalista opúxose á Repúbica; así durante este goberno el mantivo o crucifixo na súa escola. Nesta época incrementa a súa produción poética (agora en español). Chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu pasamento en 1947, un momento de fondo pesimismo. Obra A súa obra reflicte a predilección por temas da inspiración clásica, como a montaña lucense e as súas xentes. En toda ela están presentes as súas crenzas tradicionalistas e conservadoras, que o mantiveron afastado do galeguismo. Foi coñecido como o cantor da montaña. A crítica fala de Noriega como autor dun só libro Montañesas (1904), que a partir da súa terceira edición titulou Do ermo.. Agora ben, a escrita deste pasou por diferentes edicións, revisións e aumentos. En 1904 publica Montañesas, con 16 composicións. Foi ampliada en 1910 en 53 poemas que inclúen dous poemas extensos “de Ruada”, gañador do 1º premio nun certame en Mondoñedo, e “Leite Fresco” cadro de costumes. En 1920 aparece Do Ermo composto por 48 poemas; 30 novos e 18 incorporados da obra anterior (en xeral os máis líricos e relixiosos). Abandona o lirismo e o ton descritivo e centra a atención na lírica da montaña. Será esta a única edición que inclúe algún poema anticaciquil e agrarista (“Acción Gallega”, “Prós mozos”, “En boa hora”) froito momentáneo do compromiso con algúns amigos. En 1929 hai unha 3ª edición e en 1946 unha 4ª. Distinguimos dúas etapas na traxectoria do autor: unha representada por Montañesas IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 3
  • 5. na súa primeira edición de 1904 onde predomina a poesía realista decimonónica, e outra representada por Do Ermo, de liña intimista franciscana integrada na poesía do século XX. A segunda edición de Montañesas representa a transición entre ambas. Á súa obra de creación cómpre engadir Como falan os brañegos, conxuntos de refráns e ditos populares da súa terra. 3.1.1. Temas Natureza humilde propia do franciscanismo poético; os seres máis pequenos e insignificantes espertan nel sentimentos de amor e solidariedade (vid. “Toda humilde beleza”). Alabanza da montaña, na liña do Beatus ille horaciano (gabanza á vida retirada, á vida do campo). Paso do tempo, Tempus Fugit, asociado á «saudade» pola mocidade perdida. Mutación ou metamorfoses extraída das Metamorfoses de Ovidio. Se alí Dafne, perseguida por Apolo, se converte en loureiro coa axuda dos deuses, agora trocarase en bidueira; o orballo da mañá que transforma os elementos da natureza en xoias; etc... A saudade; nomeadamente esa saudade da montaña que impregna toda a poesía d’O Ermo. O tema da morte que non só aparece nos poemas autobiográficos. O seu amor pola montaña é tan intenso que nin a morte conseguirá afastalo dela, pois é alí onde quer ser soterrado. 3. 2. Ramón Cabanillas. A figura de Cabanillas é extensa e complexa, tanto pola súa lonxevidade como pola amplitude, pluralidade e complexidade da súa obra. Esta estivo marcada tanto pola evolución ideolóxica e intelectual do autor como por unha constante reelaboración. Poeta agrarista, activo participante nas actividades IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 4
  • 6. das Irmandades da Fala e na creación do Partido Galeguista. Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública, que xogou un papel determinante na superación dos moldes do Primeiro Renacemento malia comezar a publicar a idade avanzada. Naceu en Fefiñáns (Cambados, Pontevedra) no ano 1876. Despois de abandonar a carreira eclesiástica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do Concello. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre 1910 e 1915. Establécese na Habana onde convive cunha actividade intelectual, burocrática, galeguista e persoal moi intensa. Mantén contacto coa intelectualidade galeguista emigrante e os asiduos do café «La Puerta del Sol», compoñentes da bohemia literaria e artística dos galegos residentes en Cuba (Antón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres, Xulio Sigüenza, Virxilio Blanco..). En 1913 publica No desterro, prologado por Basilio Álvarez, o famoso cura de Beiro, líder de Acción Gallega, con quen mantivo sempre unha fonda amistade e máis unha comunión ideolóxica no referente á loita anticaciquil. En 1915, ano da publicación de Vento mareiro, renunciando a un propósito inicial de visitar os Estados Unidos volve a Cambados: «Estuve a dos dedos de irme a Filadelfia, en los Estados Unidos. El puñetero inglés que no me entra!»-. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. O día 31 de agosto de 1920 é recibido na Real Academia Galega para ocupar unha vacante. Nove anos despois, o 26 de maio de 1929 le o seu discurso de ingreso na Real Academia Española. Fixa a súa residencia en Madrid para asistir ás sesións da Academia e, a IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 5
  • 7. partir deste momento, a súa vida vai ser unha permanente peregrinación (Madrid, Valencia, Cambados, Baracaldo, Samos...) e o poeta perde a estabilidade da súa vida ideal, familiar e máis aldeá, para someterse a outras imposicións do seu rango de poeta universalmente recoñecido. Co paso dos anos van devalando as súas facultades: a vista, a saúde, mesmo as ansias de escribir. Morre en Cambados o 9 de novembro de 1959. É enterrado en Cambados, aínda que posteriormente os seus restos foron trasladados a Compostela e depositados na igrexa conventual de Santo Domingo, na mesma capela ca os de Rosalía de Castro e Alfredo Brañas. Autor de rápido recoñecemento popular e académico, Cabanillas conduciu a nosa poesía cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da literatura galega, a pesar de se presentar tan diversa que fai difícil a adscrición do escritor a unha corrente ou xeración. 3.2.1. Encadramento xeracional e estético Ramón Cabanillas Enríquez é unanimemente considerado como a síntese e superación do Rexurdimento, herdeiro do máis elevado da tradición decimonónica e ao mesmo tempo actualizador da poesía galega. Con el incorpora, certamente de forma serodia, os elementos básicos das estéticas post-simbolistas europeas interseculares. Se ben hai autores que optan por integralo nunha "Xeración Antre Dous Séculos", cremos máis atinado encadrar a Ramón Cabanillas na xeración das Irmandades, aínda que por idade lle corresponda dentro dela o rango de "irmán maior". Cinco anos máis vello que Antón Villar Ponte, oito anos maior que Risco, dez que Castelao ou Johán Vicente Viqueira, sen embargo a súa peripecia biográfica e intelectual asimilase á dos máis novos e conflúe con eles plenamente. Coma eles, Cabanillas inicia o seu labor literario na segunda década do século e alcanza especial fecundidade nos anos 20, no período de plena eclosión cultural do galeguismo de preguerra. Participan ombro con ombro nas mesmas empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ao Partido Galeguista, ademais de colaborar nas principais publicacións alentadas desde as Irmandades (A Nosa Terra, Nós, ...). De feito, os homes das Irmandades -preferentemente prosistas- fixeron del un estandarte, ao cualificalo como 'Poeta da Raza". IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 6
  • 8. 3.2.2. A obra de Ramón Cabanillas Escribiu fundamentalmente poesía lírica e poesía narrativa, pero tamén publicou teatro e esporadicamente textos ensaísticos como o seu discurso de entrada na RAG A saudade nos poetas galegos (1920) ou o prólogo á Antífona da cantiga. Cabanillas supera o risco de converterse nun epígono máis do Rexurdimento mercé á incorporación ao galego dos rexistros que caracterizan a modernidade poética. Desde o punto de vista estritamente literario, a estética de Ramón Cabanillas constitúe unha síntese peculiar dos seguintes elementos básicos: a tradición clásica greco-latina; a tradición folclórica galega; os "mestres maiores" do Rexurdimento; e o romanticismo tardío -Heinrich Heine está presente con Rosalía na inspiración de A rosa de cen follas (1927) e de maneira especial os movementos simbolistas e post-simbolistas da segunda metade do século. A formación de Cabanillas coincide coa eclosión do modernismo, síntese de correntes post-simbolistas que realiza o poeta nicaraguano Rubén Darío. Cabanillas ten ocasión de aproximarse de forma directa a elas na súa estadía en Cuba. Do modernismo hispano adopta as roupaxes externas: a versatilidade métrica e rítmica, con versos alexandrinos ou sonetos de arte menor; un lixeiro exotismo con princesas, pierrots, mandaríns chineses, xardíns amenos, etc.; e o gusto polo sensual, os ambientes lánguidos, a musicalidade, o preciosismo verbal e os efectos coloristas. Sen embargo, outros trazos de igual relevo afástano da estética puramente modernista: o gusto polo folclore popular, o léxico rural, a anécdota narrativa... A maiores, Cabanillas asome para a súa obra un marcado ideal ético e unha finalidade concienciadora que pouco teñen que ver co esteticismo e as teorías da art pour l'art. Tras incorporarse ao proxecto cultural das Irmandades da Fala, Cabanillas toma contacto tamén co saudosismo portugués. Desde o punto de vista estético apreciamos un crecente interese polos temas históricos, unha tendencia mítica e certo misticismo entre cristián e panteísta. Nos mesmos anos coñece a obra do poeta e dramaturgo irlandés William Bufier Yeats e o pensamento da Irish Literary Society, institución fundada en 1891 coa finalidade de promover unha literatura nacional irlandesa. O modelo irlandés, tantas veces invocado polos galeguistas, reforza a tendencia mitificadora na obra de Cabanillas. Aínda cabe engadir para entender a súa estética de madurez a lectura do poeta vitoriano Alfred Tennyson, que na segunda metade do XIX resucitara as lendas centradas na corte do rei Arturo. Todos estes elementos, unidos a un profundo coñecemento da tradición decimonónica IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 7
  • 9. e da poesía popular, dan lugar a unha obra rica e plural. Cabanillas incorpora aos seus textos rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega ao tempo que renova os modelos habituais mediante un novo tratamento en que se combina sensualismo, plasticidade e un perfecto dominio do ritmo e da linguaxe. 3.2.3. Evolución literaria Aínda que poeta tardío -a súa primeira obra data de 1913, cando conta xa trinta e sete anos- a lonxevidade e fecundidade literaria de Cabanillas fan que ao longo da súa obra experimente unha forte evolución, que podemos apreciar tanto no aspecto formal como nas preferencias temáticas. Podemos distinguir catro etapas ben delimitadas desde o punto de vista literario e histórico-biográfico: 3.2.3.1. Etapa de formación ou pregaleguista (1910-1915): Don Ramón Cabanillas comeza a publicar en Cuba. Na illa entra en contacto con núcleos galeguistas que o animan a escribir e a facelo en galego. En 1912 coñece a Basilio Álvarez e impresionado pola súa oratoria asume o ideario agrarista e convértese en portavoz literario do movemento. Nestes anos escribe os seus dous primeiros libros, No desterro. Visión gallegas (1913) e Vento mareiro (1915), de grande similitude estética e temática. No formal, apreciamos neles a asimilación da tradición poética do Rexurdimento, así como a incorporación dos achados métricos e estilísticos do modernismo. Canto á temática, os poemas desta época expresan a nostalxia do desterrado que a través da lembranza reconstrúe a presencia dos lugares nativos, as paisaxes familiares, os amores infantís, a nai, a esposa, etc. Á par desta poesía descritiva ou narrativa, encontramos tamén un reducido número de poemas -catro entre cincuenta en No desterro; oito en Vento mareiro- que mostran a voz dun poeta civil, empeñado en denunciar con versos rabiosos e incendiarios os males do foro, a miseria dos labregos e as ansias de redención que atravesa o campo galego. Poemas como "A Basilio Álvarez", "Acción gallega", "A un cacique", "Lume no pazo", etc., convértense en auténticas proclamas anticaciquis e antiseñoriais e marcan nos anos seguintes o perfil literario do autor, que pasa a ser saudado como o herdeiro de Curros. 3.2.3.2. Etapa galeguista (1916-1920): IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 8
  • 10. Nos anos seguintes, o poeta asome decididamente o papel encomendado e pon a súa pluma ao servizo das ideas que intentan difundir as Irmandades da Fala. A esta época corresponde a obra Da terra asoballada (1917) así como un bo número de poemas que pasan a engrosar a segunda edición de Vento mareiro (1921). Nesta etapa abandona os aspectos sanguinarios e vingativos para adoptar unha actitude didáctica, de cara a lograr unha aproximación paulatina do pobo ao galeguismo. Prefire gabar nos seus poemas os persoeiros representativos do galeguismo histórico (Rosalía, Pondal, Brañas ... ) ou contemporáneo (Lois Porteiro), ao tempo que chama ao pobo galego a recuperaren o seu orgullo nacional cunha intencionalidade redignificadora na liña dalgúns poetas do Rexurdimento. Galiza pasa a ser o suxeito colectivo dos seus poemas, entendida como un conxunto de grupos sociais heteroxéneos pero igualmente asoballados. Por moito que siga identificando a esencia do país coa súa base campesiña, o fidalgo xa non é só unha figura corrupta e sanguinaria e preséntasenos tamén en ocasións como paradigma de honestidade e amor á terra. 3.2.3.3. Etapa mítico-saudosista (1921-1930): A poesía do cambadés empéñase agora nunha reconstrución mitificadora do pasado nacional. Lonxe de calquera pretensión de obxectividade, Cabanillas pretende achegarse a unha verdade intrahistórica que mostre aos lectores as grandes leccións do pasado como única maneira de facérense donos do seu futuro. Con esta intencionalidade escribe os tres longos poemas narrativos que compoñen Na noite estrelecida (1926), "A espada Escalibor", "O cabaleiro do Sant-Grial" e "O sono do rei Artur", onde emprende unha actualización da materia de Bretaña para adaptar a complexa lenda medieval a unha mensaxe patriótica e cristiá. As tres "sagas" conforman un código de conduta do "cabaleiro galeguista" e unha guía de redención da patria elaborada nunha linguaxe fortemente simbólica cargada de misticismo. Nos mesmos anos, e respondendo a idénticas preocupacións, escribe a peza de teatro O Mariscal (1926). Tamén nesta época aparecen dispersos en xornais e revistas un feixe de poemas de temática histórica que serán recollidos moitos anos máis tarde no libro Camiños no tempo (1949). Constitúen estas obras unha especie de "historia mítica" centrada en catro IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 9
  • 11. momentos que Cabanillas considera claves na constitución da nacionalidade: a época celta, que aborda a través de personaxes e actitudes de marcado selo pondaliano; a Alta Idade Media, mitificada na apropiación das lendas artúricas; o período de esplendor medieval (secúlo XII) dominado polas loitas entre Xelmírez e dona Urraca e a perda do reino con Afonso VII; e por último a crise do século XV en que as loitas irmandiñas, a dominación castelá e o sometemento da nobreza significan o fracaso das aspiracións nacionais de Galiza. A nova materia trae consigo un novo tratamento formal: a linguaxe poética é máis rica e conceptuosa; son máis frecuentes as referencias eruditas; créase un sistema pechado de símbolos aos que só pode ter acceso un lector medianamente culto... No tocante á versificación, bota man de metros cultos antes inusuais na súa obra, como o alexandrino, se ben alterna o seu uso con romances e outras estrofas populares. Paralelamente a esta corrente mítico-saudosista, Cabanillas escribe na década dos 20 unha outra poesía de carácter relixioso e milagreiro, entre a que destacamos a lenda en verso O bendito San Amaro (1925), xunto con outros textos que teñen como figura central o Apóstolo Santiago, símbolo que nesta altura tenta recuperar o galeguismo. Mais a proba que confirma a variedade de rexistros caracterizadores de Ramón Cabanillas é a publicación do poemario A rosa de cen follas. Breviario dan amor (1927), cuxo título é tomado dun verso de Rosalía de Castro; agora o poeta renunciará á poesía combativa e costumista para cantar o amor con evidentes influencias de clásicos como Bécquer ou Heine. 3.2.3.4. Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959): A partir de 1931 aproximadamente Cabanillas enmudece como poeta. Sen embargo, cando xa sobrepasa os setenta anos e parece que a súa obra non vai ter continuidade, inicia unha segunda madurez creadora. A esta resurrección non é allea a situación de penuria e persecución que atravesa a lingua. Cabanillas, membro da Real Academia Española, católico fervente e de ideas conservadoras, está a salvo das desconfianzas e censuras do réxime e volve xogar, como xa fixera tres décadas atrás, un papel simbólico de primeira magnitude na recuperación cultural de posguerra. Ademais de dúas obras que mostran o seu labor como estudoso da literatura popular e tradutor -Antífona da cantiga (1950) e Versos de alleas terras e tempos idos (1955)- nestes anos dá a coñecer dous poemarios orixinais: Da miña zanfona (1954) e Samos (1958). IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 10
  • 12. 1. Indica os elementos do modernismo presentes neste fragmento de Na noite estrelecida. 2. Como está caracterizado o bardo? 3. A que se refire neste poema “Terra de Caledonia”? E “os guerreiros da cruz”? 4. En que época/estilo encadrarías este poema? Por que? A ti miña muller, arca pechada, Que no seu fondo garimoso encerra O que me queda santo sobre a terra, Van estes versos de visión dourada. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 11 Nun nimbo lumioso surde o bardo adiviño, envolveito en brancuras recendentes de liño, ollos gazos, profundos, longa barba frorida, cingue a frente coas hedras da coroa druída na man, que reloce como un lirio bendito, ten a fouce de our o do litúrxico rito; a fouce segadora da mandrágora, ó raio de feitizo e de agoiro dos luares de Maio. É Merlín o profeta, o celta armoricán, dos silfos e das lumias ollado por irmán, sabidor dos encantos e os máxicos conxuros, das virtudes das herbas e dos fados escuros; que nos craros dos bosques e os baixíos costeiros deprendeu o diviño lenguaxe dos luceiros; o bardo das edades, o da segreda cencia que a terra fixo súa, impóndolle obedencia ás ágoas da riada, ós rochedos do cume, ás nubes da tormenta, á ardentía do lume.
  • 13. Eles diranche que, ó través da vida, Sempre, sempre miña alma soñadora Pideulle a Dios que na postrera hora Cerre os meus ollos esa man querida. 5. A emigración, que Cabanillas coñece por experiencia persoal, non provoca a máis mínima crítica social: tan só no poema inicial de No desterro, "Camiño adiante", se nos presenta como decisión liberadora do labrego que marcha canso de sufrir a humillación e a inxustiza. Como está caracterizado o labrego neste poema? 6. Que é Acción Gallega?En que época de Cabanillas encadras este poema e por que? Destaca os elementos anticaciquís presentes nel. “Acción gallega” ¡Irmáns! ¡Irmáns galegos! ¡Ergámonos sen medo! ¡Desde Ortegal ó Miño ¡Que o lume da toxeira a folla do fouciño envolva na fogueira fagamos rebrillar! o pazo señorial! Que vexa a vila podre, ¡Xa o fato de caciques coveira da canalla, ladróns e herexes fuxe a aldea que traballa ó redentor empuxe disposta pra loitar. da alma rexional! Antes de ser escravos, Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos que corra o sangue a regos desde a montaña ó mar. desde a montaña ó mar. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 12