SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 102
A prosa do primeiro terzo do XX:
as Irmandades e o Grupo Nós
(narrativa, ensaio e xornalismo).
Que dicir das Irmandades que xa
non saibades??
Realizar cuestionario edmodo
Risco é director e Castelao director artístico
A revista vincúlase ao pensamento
nacionalista
Escriben en galego sobre calquera
tema universal
A publicidade era maioritariamente
en galego.
O deseño gráfico ten moita
importancia.
literatura
pensamento político
filosofía
etnografía
arte
lingüística
Escriben en galego sobre calquera tema universal
Ramón Otero Pedrayo,
Vicente Risco,
Florentino L. Cuevillas
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Antón Lousada Diéguez.
Procedencia fidalga ou burguesa,
Primeira etapa de inadaptados: dandismo,
cosmopolitismo simbolista....
É a partir de 1918 cando centran a súa
atención en Galicia.
Provén do agrarismo
Procedencia social popular.
Son homes polifacéticos,
enciclopédicos, que
verten a súa sabedoría
sobre Galiza
Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo
en diferentes obras:
Otero Pedrayo en Arredor de si;
Florentino L. Cuevillas en Dos nosos tempos;
Risco en Nós, os inadaptados.
A comezos de 1918 deciden incorporarse ás
Irmandades da Fala.
Ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo, concibindo
Galiza como un país de base labrega, alleo ás
tensións da loita de clases, onde a elite fidalga aínda
poida cumprir un papel dirixente.
Recuperación do idioma.
Líderes do Partido Galeguista.
Creadores da moderna prosa literaria
galega
O Grupo Nós
Prolíficos e activos membros do Seminario de Estudos Galegos.
No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua
A narrativa
O ensaio
O teatro
Polifacéticos
A narrativa
Superar a temática
costumista,
ruralista e
humorística
Editar en formato libro a
través de editoras
creadas por eles (Lar e
Nós)
Crear unha lingua
literaria culta
Acabar coa diglosia
das novelas do XIX
Lusismos, cultismos,
préstamos,
hiperenxebrismos
Introducir o espazo
urbano
O ensaio
Son os pioneiros en
empregar o galego neste
xénero.
Ámbitos
histórico lingüístico etnográfico
Político-
ideolóxico
xeográfico
Nace en Ourense.
Criouse no seo dunha familia liberal e culta.
Infancia en Trasalba:
contacto coa paisaxe,
coa vida aldeá e
cos ritos señoriais do pazo.
Regresa a Ourense.
Funda con Cuevillas e Risco o grupo dos
"inadaptados".
Estuda Bacharelato en Ourense.
Posteriormente trasladouse a Santiago.
Máis tarde a Madrid.
Ingresará nas Irmandades da Fala no ano 1918.
Colabora en A Nosa Terra, Nós
Fai parte do Seminario de Estudios Galegos, do que foi o derradeiro
presidente.
Foi tamén membro da Real Academia Galega.
Participa na fundación do Partido Galeguista e sae
elixido, en 1931, deputado das Cortes Constituíntes.
No seo do Partido, Otero situábase ideoloxicamente no
bando conservador.
Ao comezar a guerra civil, a pesar do seu talante
conservador e relixioso, foi expedientado, cesado
como catedrático.
En 1949 foi restituído na súa cátedra.
Participou tamén na fundación da Editorial Galaxia e numerosos traballos
foron publicados na revista Grial.
A partir de 1937 Otero Pedrayo sofre a
ditadura franquista, apártano durante
once anos da súa cátedra e a súa obra
vese afectada, xa que comeza unha
escrita en castelán e a que fai en
galego está limitada desde o punto de
vista temático.
Galiza
Desde o punto de vista do
seu pasado histórico.
Nel é de crucial
importancia a ldade
Media:
A romería de XeImírez
(1934) centrada no século
XII arredor do arcebispo
Diego Xelmírez.
Desde o punto de vista da clase
social fidalga, que debería ser a
encargada de rexenerar económica e
ideoloxicamente Galicia.
Descrición crítica e
saudosa sobre a fidalguía
galega e sobre a súa
decadencia, moral e
económica.
Melancolicamente
describe o
ascenso dunha
nova clase social
foránea, a
burguesía, que
castelaniza o país.
Tema
evolución ideolóxica
Axíña chegarás a Madrid. Xa
non ouvirás noxentas falas.
Terás que disimular o acento.
Tivo noxo do acento galego.
Gostaba da chuvia e dos
asfaltos brillantes.
1
Cando pisou a terra do camiño
labrego, as rodeiras dos carros
déronlle unha seguridade que
non atopaba nos asfaltos
brillantes de europa (...)
Adrián lera os poetas novos.
Non lle producía a impresión do
pequeno libro esquecido na
alcoba da casa vella, perdida na
campía galega. Xurdía unha
afirmación de raza e lingua. Ao
correr do inverno Adrián falaba
sempre galego cos labregos (...)
2
Está divida en tres partes:
"Os señores da terra", "A maorazga" e "O estudiante.
Amósanos a sociedade galega rural no trance da súa
transformación durante o século XIX.
Os camiños da vida (1928).
compromiso esperanzador coa
terra.
Arredor de si (1930)
Adrián Solovio
Inadaptado
Individualista e antigalego
Conflicto existencial
Galiza
Viaxe espacial e existencial
Novela xeracional
O tratamento literario da súa obra:
Narracións realistas:
Relatan con visión obxectiva a vida
rural da sociedade galega do
século XIX.
Ademais de Os camiños da vida,
pertencen a este apartado:
• Pantelas, home libre (1925).
• Contos do camiño e da rúa (1932)
• O mesón dos ermos (1936)
Narracións culturalistas:
As accións e os personaxes perden
relevancia en prol da exposición de
ideas e referencias culturais, que
son claves para a interpretación de
Galicia.
Ademais de Arredor de si,
pertencen a este ciclo:
• Escrito na néboa (1927)
• Fra Vernero (1934).
• A romaría de Xelmírez (1934).
• Devalar (1935).
Narracións realistas
Grande destreza nas descricións e diálogos.
Ambientadas na Galiza rural do s. XIX, narran o proceso
de decadencia da fidalguía e os cambios que experimenta a
sociedade rural.
Este relato breve marca o inicio da
carreira narrativa de Otero Pedrayo.
Pantelas, o protagonista, regresa á
súa terra despois de pasar no
cárcere doce anos, tinxidos pola
lembranza da paisaxe natal.
Pantelas, home libre (1925).
Conxunto de sete relatos;
Trata o tema da decadencia da
fidalguía.
Contos do camiño e da rúa (1932)
Novela curta;
retratos realistas da vida da aldea e
a descrición da paisaxe.
O mesón dos ermos (1936)
Narracións culturalistas
Narran a evolución da conciencia galeguista na súa
época.
Son novelas sen acción, ideolóxicas, case máis
próximas ao ensaio que á narrativa.
Presenta a figura de Adrián Solovio,
mozo fidalgo que soña con vivir unha
vida intelectual e que nos ofrece as
análises do seu mundo interior.
A obra é como unha preparación ou
boceto de Arredor de si.
Escrito na néboa (1927)
Constitúe unha excepción na obra oteriana
ó ser a única novela que non fai referencia
a Galicia.
Narra a vida dun personaxe histórico,
Zacarías Werner. Pero, sobre todo, a novela
é unha visión da Europa daquel tempo.
Fra Vernero (1934).
É unha novela histórica de asunto
medieval.
A romeiría de Xelmírez (1934).
Xunto con Os camiños da vida e Arredor de si
fecha un ciclo sobre a formación da conciencia
galeguista.
É a novela máis moderna de Otero desde o
punto de vista técnico: componse dunha serie
de cadros que conforman todos xuntos unha
representación da Galicia do tempo do
Seminario de Estudos Galegos, vista nun clima
de esperanza e plenitude.
Devalar (1935).
A tradición A fidalguía A paisaxe
Temas
Sabedoría acumulada por sucesivas xeracións ó longo dos
séculos, conformando deste xeito a cultura espiritual do pobo
galego.
A tradición
Xenreira de Otero contra os tendeiros-comerciantes de orixe
foránea que irrompen na vida galega, traendo uns ideais
materialistas (enriquecemento burgués) destructores dos
modos de vida tradicionais.
Xeran ademais nas cidades un desprezo polos labregos
(clase sustentadora do ser de Galicia) e fomentan unha
cultura mimética e antigalega.
Outra potencia nova ía medrando na aldea: o tendeiro.Inda non estaba
rematada a carreira, un día tódolos cotos e solainasse encheron de xente
ós montóns. Entraba o comercio na aldea. Xente de tralla que xuraba,
gastaba, traía novos falares, non respectaba as festas nin os costumes
antergos (...) Outros da mesma caste ían espallando ó correr de tódalas
novas carreteiras os fundamentos dunha burguesía que mainamente
sustituía a fidalguía anterga dos pazos.
Simboliza para Otero a vida tradicional e sosegada da aldea,
sometida ós ciclos naturais.
A fidalguía
Otero ataca esta caste pola súa deserción da aldea e o éxodo cara á
cidade, onde rematará alienada cultural e politicamente, renegando
da súa condición galega, mentres os comerciantes foráneos se fan
coa dirección da sociedade.
Crea literariamente unha fidalguía ideal, "nacionalista",
consciente da súa función na rexeneración da caste e na
redención de Galicia.
O herdeiro, con todo de gastar a vida cabalgando por chairas e camiños, sempre
foi de ruín retrato. Esbrancuxado, faciana sen sombras, ollos raposeiros,
maneiras curtas diante dos iguais, mandonas e crueis cos paisanos. Os seus
grandes amigos - ou, mellor, compañeiros - eran Fuco de Penoutás e o sobriño
do abade, rapazotes maiores ca el e mantidos coas regalías do pazo. Non se
fartaban de comer e beber e lucían moita fachenda a conta allea. Levaban o
herdeiro ás mozas e ás xoguetas dos pobos da ribeira, onde ás veces se
demoraba a compaña por semanas enteiras, ata que esmoían os cartos. Nin
comprendía o sufrimento de Misia Xacinta. Que non quedaba no herdeiro, pois
xa sospeitaba que os pequenos lle ían saír tortos. O segundo, don Farruco, inda
que cativo de corpo figuraba gracioso e de linda cariña: só lle pracía estar
deitado preto das criadas no lavadeiro e na cociña facendo todo o mal que podía
e disimulando cun riso agarimoso... Don Caetano, cada ano máis pallaso, foi
esquencendo a administración do patrimonio.
A paisaxe
A paisaxe está dotada de vida e goberna a vida do home, configurando a
súa psicoloxía.
Este motivo é fundamental na súa narrativa, inzada de naturezas
humanizadas, que non son un simple escenario senón que, dotadas de
movemento e animación, se enxergan como consubstanciais co ser
humano.
o factor cósmico
(forzas xeolóxicas,
astronómicas e
atmosféricas)
o factor
biolóxico (flora e
fauna)
o factor humano
(agricultura, arquitectura,
arte)
Tempo planetario tempo vital Tempo histórico
 referencias culturais e eruditas que en ocasións limitan a
comprensión da historia novelada en si.
 Así mesmo, os extensos parágrafos, os longos períodos
subordinados
 un léxico rural moi enxebre crea unha linguaxe complexa que en
ocasións foi definida como «barroca».
 Nalgunha obra narrativa non se perciben uns límites claros entre
novela e ensaio.
Abundan as elipses e asíndetons, procedementos
que favorecen o dinamismo discursivo;
 Estilo lírico e barroco, ateigado de suxerentes
imaxes, nas evocacións da paisaxe
 grande fluír metafórico, a abundancia de epítetos,
etc.
Eleva o galego ao rango de lingua de cultura: o galego
unha lingua non diglósica.
• afán de diferencialismo
• capacidade creadora
• Otero foxe, conscientemente, no seu galego, de todo o
que sexa común ó español: daquela ha empregar
dialectalismos, hiperenxebrismos, etc.
lingua popular + arcaísmos, portugués...
- Creación de palabras novas sobre a existencia
doutras: fado fadalidade...
- Creación de neoloxismos: pranouto, o mundo de
alem-cova...
- Substitución do sufixo -dor por -doiro: lembradoiro,
vibradoiro.
(Ourense, 1884-1963)
Familia acomodada.
Preocupación intelectual:
profundo coñecemento da
actualidade das vangardas
literarias.
Interese polo esoterismo e as
filosofìas orientais.
Funda en 1917 a revista La
Centuria, da que saíron sete
números.
A finais dese mesmo ano incorporouse
ao movemento galeguista, entrando
nas Irmandades da Fala e colaborando
no xornal A Nosa Terra.
Foi fundador da revista Nós e colaborou no
Seminario de Estudos Galegos.
En 1930 Risco realizou unha viaxe como bolseiro co fin de se
achegar á etnografía centroeuropea. Os catro meses que pasa en
Alemaña márcano ideoloxicamente cara un pensamento máis
conservador e católico.
De regreso publicou "Da Alemaña" na revista Nós, un conxunto de
artigos que serán compilados posteriormente en
Mittleleuropa (1934), onde se pode apreciar a súa postura
ideolóxica, cada vez máis tradicionalista.
A súa aportación máis destacada dentro do Partido
Galeguista foi a creación e posterior escisión da
Dereita Galeguista.
Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas
sublevados.
A instancias dos seus vellos camaradas, baixo o título
de Leria, publicou en 1961 unha escolma de traballos
filosóficos, críticos e literarios, redixidos na nosa lingua
entre 1920 e 1955.
Podemos distinguir tres etapas na súa
traxectoria intelectual
Pregaleguista
(ata 1920)
Nacionalista
(1920 – 1934)
Postnacionalista
(1934 – 1963)
Nós, os ínadaptados (1933).
Estuda a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional.
1 Pregaleguista
(ata 1920)
Descrición do decadentismo de fin de século,
Cosmopolitismo,
Interese polas filosofías orientais...
A segunda etapa (nacionalista, 1920-1934):
•Ingreso nas Irmandades e a fundación da revista Nós.
2
teosofía, budismo e
orientalismo.
cristianismo, celtismo e atlantismo
Ideólogo do movemento galeguista coa publicación da
Teoría do nacionalismo galego (1920).
Exalta o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da
raza, nunha concepción orgánico-historicista da nación.
Galíza non será nada se se uniformíza con
España. Ser diferentes é ser existentes. Pódese
ceder en todo, agás no noso patrimonio
espiritual.
A terceira etapa (postnacionalista, 1934-1963)
comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa,
publicadas en Nós e que logo recollería en parte no libro
Mitteleuropa (1934
3
desencanto polas direccións que tomaba o
movemento galeguista ao aliarse coa esquerda para
salvar a autonomía.
BASES FILOSOFICA DO PENSAMENTO DE
RISCO:
Irracionalismo
gnoseolòxico Visiòn cìclica
da historia
O sentimento
da Terra
A ditadura da razón
leva a un
esmorecemento do
espírito e conduce á
decadencia. Exalta o
sentimento como
facultade
cognoscitiva.
hylícos (materialistas),
psíquicos (racionalistas) e
pneumáticos
(espiritualistas).
O sentimento relixioso
da Terra é unha
constante
antropolóxica e
cultural do home
galego.
Neste senso valora a fala como o elemento máis
espiritual da cultura, pois modela o pensamento e a
maneira de ser das xentes ata o punto de que o
cambio de lingua determina a dexeneración espiritual
dos pobos.
Narrativa curta
Do caso que lle aconteceu ao
doutor Alveiros (1919)
A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán
(1925)
O lobo da xente (1935)
A coutada (1926)
Os europeos en Abrantes (1927)
Do caso que lle aconteceu ao
doutor Alveiros (1919) é a súa
primeira obra narrativa.
O doutor Alveiros, o protagonista,
vive unha estraña aventura na que
entra en contacto co mundo dos
mortos e, despois de facer uso dos
seus coñecementos esotéricos, logra
liberar a momia de Tutankhamen das
súas vendas e presencia a
participación do defunto faraón na
Danza Macabra.
Trátase dunha narración humorística
con notas críticas referidas ás
materias ocultistas tratadas no texto.
Viña n-os anuncios de preferencia. Pouco explícito, mais atraguía o ollar vagariñante.
O Dr. Alveiros leuno, e quedous'a pensar. O fin escribiu pregando que lle deran
explicaciós. El non sabía, afellas, segredo ningún; sabía o que saben moitos qu'andan
âs voltas co-isas cousas do demo. Estudiar, estudiaba, pro lle non viña o diaño a soplar
âs orellas. Escribiu porqu'era curioso.
Era home de moita cachaza e d'un forte escepticismo. Com'él hai moitos outros que
andan a estudiar as bruxerías; en este com'en outro calquera ramo da cencia, os que
tolean son poucos. Mais o Alveiros, dend'o día qu'escribíu, agardou a resposta c'unha
impacencia que medraba ô pasar cada día.
O fin, chegou. E puña:
Sr. D. Bieito Alveiros
Moi distinto señor:
Teño moito gusto en lle mandar as aclaraciós que desexa. Teño coñocemento das
suas pubricaciós, e creo que vostede e o que tal pra me servire no conto. Agora, qu'o
que eu quero que vostede faga se s'anima a elo é difícile. Tamén o premeo é merecente
de qu'un faga un esforzo. Trátase de atopar un rescrito que podía volvel-o movemento a
unha momia enfaixada y-embalsamada pol-os exipcios. Se vostede m'o pode dar, os
trinta mil pesos son seus.
Pregandoll'o maor segredo, fica de V. afmo. S. S. q. ll. b. a. m.
R. Dehmel.
A trabe de ouro e a trabe de alquítrán (1925)
é tamén un relato de base folclórica, pero
agora nitidamente literaturizado:
Bastián penetra no mundo soterraño, onde
residen os mouros (representantes do poder
da ciencia e da técnica) e mais os Avós da
Raza (druídas celtas que aparecen como
conservadores da tradición milenaria).
Dimensión doutrinaria e didáctica: o
camiño de recuperación da
identidade galega conduce as
orixes celtas da nosa cultura.
Os europeos
en Abrantes
(1927)
é unha novela inacabada da
que Risco publicou uns
capítulos en Nós.
Constitúen unha sátira de
persoas e lugares da vida
ourensá.
Socialmente, a poboación divídese en tres
clases; a alta é a médico; a media,o xefe
de estación e o cabo da garda civil e a
baixa, tódolos demais. Esta división
tripartita fúndase na consideración social,
mais pódese facer outra entre o elemento
militar e o civil, outra entre a clase
industrial e a clase agraria, etc..., porque
Abrantes é un mundo en pequeno. En
Abrantes non hai costumes.... Os homes
xúntanse na tenda onde venden viño e
gasosas. O viño, cando hai colleita no
país, é agre; cando non o hai, é composto.
As gasosas teñen a temperatura do
tempo; quentes no verán e frías no
inverno. As mulleres xúntanse nas portas.
Os nenos e os cans xúntanse en tódolas
partes.
Coma as gasosas, así é o clima de
Abrantes: no inverno é un glaciar, no
verán é un inferno. O verán de Abrantes é
bíblico; é unha praga, é as dez pragas de
Narrativa longa
Pero o cume da súa narrativa é O porco
de pé (1928).
Parodia.
Sátira das estructuras sociais ourensás.
Personaxes:
don Celidonio, comerciante de orixe castelá
que chega a alcalde e representa a
vulgaridade e materialismo da nova
burguesía.
o doutor Alveiros é un intelectual
espiritualista.
Estilo
Longas enumeracións.
Imaxes paródicas e caricaturescas.
E levouno de arrastro ao comedor estilo español, onde
estaban as persoas de respecto, arredor da gran mesa
onde campaban inmensas tartas, colosais brazos de
xitano, pasteis enormes, montañas de pastas, pasteis,
masas, froitas escarchadas, emparedados,
empanadillas, roscas, bisciotos, melindres, amendoados
Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde.
A parenta inflou coma o fol da gaita. [...]
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha
que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan
lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo
vánselle un pouco para abaixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en
pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a
testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar
un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual
por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta,
co mesmo adubo de ourego e pemento).
Castelao é en moitos aspectos, a figura máis
relevante da historia da cultura galega do século
XX.
coñecedor da psicoloxía do pobo galego, a
súa obra está toda inzada de comprensión e
humanidade.
 Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886.
 Familia mariñeira.
 O pai enriqueceu na emigración: na Pampa .
 En terras arxentinas viviu Castelao dos dez ós
catorce anos;.
 A vida da Pampa e da emigración deixaron
fonda pegada no rapaz, que habería de
reflectilas en máis dunha ocasión na súa obra.
De volta en Galicia, estuda o bacharelato e logo a carreira de
Medicina en Santiago, comezando a ser popular polas caricaturas
dos profesores e compañeiros.
Licenciado en 1908, regresa a Rianxo a exercer a medicina, e alí
participa na política municipal.
Deixou a medicina para ingresar por oposición no Instituto
Xeográfico e Estatístico. Destinado en Pontevedra, tamén
exerceu o profesorado como axudante da cátedra de Debuxo no
Instituto desta cidade.
Fíxenme médico por amor a
meu pai. Nunca exercín por
amor á humanidade
En xullo de 1933 foi nomeado académico de
número da Real Academia Galega.
o seu discurso de ingreso é sobre As cruces
de pedra na Galiza.
Coa proclamación da Segunda República, Castelao, nas filas do
Partido galeguista, é elixido deputado pola provincia de Pontevedra, e
nas Cortes Constituíntes fai unha apaixonada defensa da lingua
galega. Participa activamente na vida política, especialmente a prol da
consecución do Estatuto de Autonomía para Galicia.
O Estatuto foi aprobado por unha amplísima maioría e
unha alta participación (de case o 75%).
Castelao marchou a Madrid xa a primeiros de xullo e agardou alí á
Comisión que entregaría oficialmente o proxecto ó Goberno. O día
14 de xullo reuníronse co Presidente das Cortes, Diego Martínez
Barrio, e o 17 con Manuel Azaña, Presidente da República.
Ao día seguinte comeza a Guerra Civil.
Castelao xa nunca volvería a Galiza
En 1938 viaxa a Moscú, onde expón as coleccións de debuxos que
amosan estampas da guerra. En Nova York tamén expón, e nesa
cidade publica a colección Milicianos, con debuxos sobre o mesmo
tema. Viaxa logo a Cuba e finalmente establece a súa residencia en
Bos Aires, onde funda, con outros exiliados, a revista Galeuzca.
No ano 1946 é nomeado ministro do goberno da República no exilio.
Morreu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950 e foi soterrado no
panteón do Centro Galego.
En 1984 os seus restos foron trasladados a
Galicia.
A personalidade de Castelao non coincide co esquema vital
e ideolóxico dos integrantes do Grupo Nós está ligado.
Presenta características que o afastan do grupo:
Castelao intégrase no galeguismo moi axiña e mantense
nel durante toda a súa vida.
 A súa obra está máis próxima ao pobo galego xa que gaña
en calor e fondura humanas
Está lonxe da intelectualidade que caracteriza as obras dos
outros autores.
No prólogo diríxese ao lector e explica como atopou
as memorias do esqueleto que veñen a continuación.
Estas son unha serie de secuencias narrativas que
non gardan outra unidade que a de estar
contadas por un mesmo narrador (o esqueleto, que
lembra sucesos da súa vida pasada) a dous colegas
de cemiterio, percibidos a través da prótese de vidro
que lle tapara, de vivo, o oco dun ollo perdido.
A primeira obra narrativa de Castelao é Un ollo de vidro,
"Memorias dun esquelete". (1922, Céltiga)
A temática de ultratumba xa fora abordada por Risco con
tratamento semellante do humor negro, pero hai nesta
como no resto das obras de Castelao unha dose de
tenrura inusual no mestre ourensán. É ben significativa da
súa concepción de humor a cita de Mark Twain inserida
por Castelao no inicio do libro:
Debaixo do humorismo hai sempre
unha grande dor; por iso no ceo
non hai humoristas.
Este humor de Castelao non é alleo á sátira social
de carácter anticaciquil:
Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos
homes e fun ler o seu nome de bronce no rico
mármore da campa. O seu nome só abondoume.
Fora un canalla que roubara para dar regalía ó
seu bandullo de porco; dono da xustiza, roubala
desde a súa confortable casa. Para que dicir
máis? Era...,fora un cacique!.
Conxunto de prosas con ilustracións.
A editorial Nós, en 1929, publicou
unha segunda colección, e en 1934
unha edición que recolle o contido
dos dous libros precedentes.
Cousas, 1926
- Non veñas máis pedir á miña porta.
- E pois logo a ver cando vén vostede a
pedir á miña.
A "cousa" constitúe a fórmula literaria
máis orixinal e característica de
Castelao.
Ateigadas de lirismo e
sinxelas na forma.
A emigración: os fracasados traen
consigo a enfermidade; os triunfantes
desvincúlanse do mundo do que
partiron, mais fica a morriña, a
saudade.
A problemática da muller: a fidalga
só ten como función a maternidade (
para reproducir a súa clase); a
popular loita por conseguir a
felicidade partindo de condicións
precarias.
A crítica dun progreso que vén
pola acumulación de capital e que
pode provocar a inxustiza e a
infelicidade.
O libro Retrincos, publicado en
1934, é unha colección de cinco
contos que se nos presentan como
autobiográficos e que recollen cinco
momentos da vida de Castelao,
ordenados cronoloxicamente.
O segredo: relata unha
anécdota de estadía do
narrador cando era neno
pampa arxentina
O inglés: desenvólvese tamén
na pampa e trata de un neno
que pintaba na polbeira do seu
pai os barcos da escuadra
española e un inglés ríase da
exaltación patrióticado do
pequeno debuxante
Peito de lobo: trata dun
estudiante que se lle ocorre facer
para as festas da súa vila, un
cabezudo que reproducía o rostro
dun mariñeiro coñecido. Isto fixo
que se enfadara, pero co tempo
fóise amigando porque se sentía
inmortalizado na súa propia vila.
O retrato é unha fermosa
anécdota de cando Castelao xa
deixara a medicina: a curación
imposible para un médico é o
milagre feito polo pintor. O relato
está datado en 1922, en
Pontevedra.
A Sabela é unha narración da súa época
de deputado en Cortes. O relato artéllase
sobre o contraste entre a moza que fora a
súa compañeira de bailes e a muller en
que se converteu co paso do tempo. O
relato está datado en 1934, tamén en
Pontevedra, e tampouco fora publicado
anteriormente.
Os dous de sempre.
É a única novela de Castelao
Ten a estrutura semellante ás novelas
picarescas.
Protagonistas: Rañolas e Pedriño.
A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para mandarllo ós
meniños de Farruco: un sobriño casado fóra da vila.
A probe vella mantíñase de peixes pequenos, dos peixes que mercan as señoras
gordas para botarllos ó gato, e todo por aforrar para os fillos de Farruco.
En días sinalados a tía Ádega mandáballe[s] ós sobriños un caixón cheo de
cousas de comer, e quedábase cavilando no contentamento dos rapaces. A caixa
sempre contiña lambetadas de mérito: chourizos, anacos de pernil, roscas de
ovo, cachos de tarta, melindres, zucre...
Humanismo: os seus personaxes son tratados
con emotividade e sentimentos amables,
especialmente os das clases populares.
Indulxencia polos defectos humanos.
Humorismo: tendencia á
caricatura, ao uso da
ironía.Non cae no sarcástico.
Crítica das inxustizas e
preocupación polos
problemas sociais, denuncia
a miseria dos labregos e
mariñeiros.
Galeguismo, sempre en Galiza e coa
preocupación por deixar ás claras a nosa
identidade e carácter.
Visión popularista da literatura.
Distancia do culturalismo e aristocratismo
da arte fronte a Risco ou Otero Pedrayo,
procurando usar recursos propios da arte
popular e entendibles polas xentes
humildes.
Lirismo: sentimento
persoal, prosa rítmica cando
o contido é emotivo. Subliña
o clímax da emoción
O tema principal que vertebra a obra de Castelao é a morte.
Tratada sempre de forma orixinal, variada e tinguida de humor, é o
eixe temático de discursos realistas e fantásticos, que se
entrecruzan frecuentemente (Un ollo de vidro, Os vellos non deben de
namorarse...)
 Grande calidade estética:
 riqueza léxica,
 atinada construción sintáctica,
 humorismo
 lirismo
solidariedade co ser humano.
Castelao descóbrenos a dignidade dopaisano galego.
Os desenlaces están coidados con esmero e a
miúdo rematan nun clímax con epifonema (figura de
pensamento que conclúe un relato cunha exclamación
ou meditación profundas). Deste xeito, o narrador
expresa nunha atinada síntese a esencia do relato.
Da morea de entullos surdía o corpo de Rañolas, en coiriño de todo, sentado
nunha cadeira derreada. O tronco sen cabeza, desfeito en carniza; os longos
brazos pendurados; as pernas tocas.
Na parede branca, salferida de miolos sanguiñentos, deixa Rañolas a súa
despedida. Era unha soia verba, escrita con letras grandes e mouras:
¡PROTESTO!
o verdadeiro heroísmo consiste en
trocar os anceios en realidades,
as ideias en feitos
CASTELAO ······· 1886-1950
Sempre en Galiza (Buenos Aires, 1944 [1ª
ed.] e 1961 [2ª])
Conxunto de textos diversos recollidos nun volume
en diferentes sitios e anos.
Componse dun limiar ou “Adro”
(14 artigos escritos en 1935) ao
que seguen catro “Libros” (o
primeiro, de 1937; o derradeiro,
inacabado, de 1947).
É un ideario plural e complexo no que hai reflexións sobre
cultura e lingua, historia e análise política dos tempos da
República e posguerra.
Dous dos eixos:
o carácter de nación de Galiza e
o seu pensamento sobre a situación lingüística.
¿Con que dereito se nos obriga a
deprendermos a lingua de Castela e non se
obriga aos casteláns a deprenderen a nosa?
CASTELAO ······· 1886-1950
Chegan a decir que o problema galego igual que o
vasco e catalán, depende da solución que acorde a
maioría dos hespañoes... ¡Estábamos aviados!
CASTELAO ······· 1886-1950
os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos
bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses
aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do
"carácter nacional"
CASTELAO ······· 1886-1950
Atila en Galicia
Moitas veces os mártires
crean mundos que os
herois nin tansiquera son
capaces de concebir. E na
Miña Terra complirase a
vontade dos mártires.
Castelao Valencia, Xulio
de 1.937
Milicianos
Estas estampas relembran os
primeiros meses de guerra
cando a heroica tolería do
pobo coutou a marcha dos
militares e dounos tempo
para crear o Exército da
República.
Castelao New York, Agosto
1.938
Album Nos
Este álbum de dibuxos foi composto antr´os anos dezaseis e dezaoito, cando
Galiza s´esperguizaba d´un longo sono. Con este medio cento de dibuxos
intentei desacougar a todol-os licenciados da Universidade (amas de cría do
caciquismo), a todol-os homes que vivían do favor oficial... As intencións eran
nobles e o pesimismo aparente. Certo que a tristura d´estes dibuxos queima
com´a raxeira do sol que pasa por unha lupa; mais eu non quixen cantal-a
ledicia das nosas festas, nin a fartura dos casamentos, sinón as tremendas
angurias do decotío labrego e mariñeiro. Algúns espíritos sensibles que choran
co-a melanconía dos tangos e dos fados, atoparon desmedida esta door das
miñas estampas; outros espíritos inertes ollaron pouco patriotismo no afán de
ser verdadeiro. Con todo, eu sigo coidando que o pesimismo pode ser
libertador cando desperta carraxes e cobizas d´unha vida máis limpa. Cicáis
hoxe atácase as nosas mágoas c´un humor menos acedo; mais ninguén pode
negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahi porqué me arrisco a
publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e
sirven de pretesto para "conferencias" que influiron no actual rexurdimento da
galeguidade. E co-as chatas que ten eu gárdolle lei e quero espoñela de novo ô
xuicio de todos.
Castelao Galiza, 1931.
Galicia Martir
Aos Galegos que andan pol-o
mundo:
Estas estampas, arrincadas da
miña propia door, van dirixidas a
vós que sempre amáchedes a
liberdade e sodes a única reserva
que nos queda para reconstruir o
fogar desfeito.
Castelao Valencia, Febreiro de
1.937
Esta dor non se cura con resiñación
Non enterran cadavres, enterran semente
Debuxos de Negros
Unha pequena mostra dos espléndidos debuxos que Castelao
adicou ás minorias étnicas de New York e ao pobo de Cuba.
Castelao 1939
caricaturista,
A caricatura de Castelao é o método polo que chega ó
máis fundo da alma galega e nelas o ton humorístico, o
trazo caricatural é só un pretexto baixo o cal se enmascara
algo máis profundo.
Castelao é o introdutor en España das dúas direccións
máis acusadas da caricatura moderna:
o fondo social e a simplicidade expresiva;
Xeracion nos 21

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmotrafegandoronseis
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán Landín
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3Ignacio Rodiño
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 

La actualidad más candente (20)

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Vicente risco
Vicente riscoVicente risco
Vicente risco
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 

Similar a Xeracion nos 21

tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_litexenevra
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nósxenevra
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroLoli Cid Cid
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Marlou
 
O teatro do primeiro terzo do século xx irmandades, vangardas e grupo nós
O teatro do primeiro terzo do século xx  irmandades, vangardas e grupo nósO teatro do primeiro terzo do século xx  irmandades, vangardas e grupo nós
O teatro do primeiro terzo do século xx irmandades, vangardas e grupo nósXosé Luís Janeiro Espiñeira
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
LETRAS GALEGAS, 2020
LETRAS GALEGAS, 2020LETRAS GALEGAS, 2020
LETRAS GALEGAS, 2020ME PP
 

Similar a Xeracion nos 21 (20)

A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_lite
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Otero pedrayo
Otero pedrayoOtero pedrayo
Otero pedrayo
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
 
O teatro do primeiro terzo do século xx irmandades, vangardas e grupo nós
O teatro do primeiro terzo do século xx  irmandades, vangardas e grupo nósO teatro do primeiro terzo do século xx  irmandades, vangardas e grupo nós
O teatro do primeiro terzo do século xx irmandades, vangardas e grupo nós
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
Otero pedrayo
Otero pedrayoOtero pedrayo
Otero pedrayo
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Literaturadoexilio
LiteraturadoexilioLiteraturadoexilio
Literaturadoexilio
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
LETRAS GALEGAS, 2020
LETRAS GALEGAS, 2020LETRAS GALEGAS, 2020
LETRAS GALEGAS, 2020
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 

Más de xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaxenevra
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaxenevra
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4ºxenevra
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4ºxenevra
 

Más de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxía
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4º
 

Xeracion nos 21

  • 1. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
  • 2. Que dicir das Irmandades que xa non saibades?? Realizar cuestionario edmodo
  • 3.
  • 4.
  • 5. Risco é director e Castelao director artístico
  • 6. A revista vincúlase ao pensamento nacionalista Escriben en galego sobre calquera tema universal A publicidade era maioritariamente en galego. O deseño gráfico ten moita importancia.
  • 8.
  • 9. Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Antón Lousada Diéguez. Procedencia fidalga ou burguesa, Primeira etapa de inadaptados: dandismo, cosmopolitismo simbolista.... É a partir de 1918 cando centran a súa atención en Galicia. Provén do agrarismo Procedencia social popular. Son homes polifacéticos, enciclopédicos, que verten a súa sabedoría sobre Galiza
  • 10. Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo en diferentes obras: Otero Pedrayo en Arredor de si; Florentino L. Cuevillas en Dos nosos tempos; Risco en Nós, os inadaptados. A comezos de 1918 deciden incorporarse ás Irmandades da Fala. Ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo, concibindo Galiza como un país de base labrega, alleo ás tensións da loita de clases, onde a elite fidalga aínda poida cumprir un papel dirixente.
  • 11. Recuperación do idioma. Líderes do Partido Galeguista. Creadores da moderna prosa literaria galega O Grupo Nós Prolíficos e activos membros do Seminario de Estudos Galegos.
  • 12. No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua A narrativa O ensaio O teatro Polifacéticos
  • 13. A narrativa Superar a temática costumista, ruralista e humorística Editar en formato libro a través de editoras creadas por eles (Lar e Nós) Crear unha lingua literaria culta Acabar coa diglosia das novelas do XIX Lusismos, cultismos, préstamos, hiperenxebrismos Introducir o espazo urbano
  • 14. O ensaio Son os pioneiros en empregar o galego neste xénero. Ámbitos histórico lingüístico etnográfico Político- ideolóxico xeográfico
  • 15.
  • 16.
  • 17. Nace en Ourense. Criouse no seo dunha familia liberal e culta. Infancia en Trasalba: contacto coa paisaxe, coa vida aldeá e cos ritos señoriais do pazo.
  • 18. Regresa a Ourense. Funda con Cuevillas e Risco o grupo dos "inadaptados". Estuda Bacharelato en Ourense. Posteriormente trasladouse a Santiago. Máis tarde a Madrid.
  • 19. Ingresará nas Irmandades da Fala no ano 1918. Colabora en A Nosa Terra, Nós Fai parte do Seminario de Estudios Galegos, do que foi o derradeiro presidente. Foi tamén membro da Real Academia Galega.
  • 20. Participa na fundación do Partido Galeguista e sae elixido, en 1931, deputado das Cortes Constituíntes. No seo do Partido, Otero situábase ideoloxicamente no bando conservador. Ao comezar a guerra civil, a pesar do seu talante conservador e relixioso, foi expedientado, cesado como catedrático.
  • 21. En 1949 foi restituído na súa cátedra. Participou tamén na fundación da Editorial Galaxia e numerosos traballos foron publicados na revista Grial. A partir de 1937 Otero Pedrayo sofre a ditadura franquista, apártano durante once anos da súa cátedra e a súa obra vese afectada, xa que comeza unha escrita en castelán e a que fai en galego está limitada desde o punto de vista temático.
  • 22.
  • 23. Galiza Desde o punto de vista do seu pasado histórico. Nel é de crucial importancia a ldade Media: A romería de XeImírez (1934) centrada no século XII arredor do arcebispo Diego Xelmírez. Desde o punto de vista da clase social fidalga, que debería ser a encargada de rexenerar económica e ideoloxicamente Galicia. Descrición crítica e saudosa sobre a fidalguía galega e sobre a súa decadencia, moral e económica. Melancolicamente describe o ascenso dunha nova clase social foránea, a burguesía, que castelaniza o país. Tema
  • 24. evolución ideolóxica Axíña chegarás a Madrid. Xa non ouvirás noxentas falas. Terás que disimular o acento. Tivo noxo do acento galego. Gostaba da chuvia e dos asfaltos brillantes. 1 Cando pisou a terra do camiño labrego, as rodeiras dos carros déronlle unha seguridade que non atopaba nos asfaltos brillantes de europa (...) Adrián lera os poetas novos. Non lle producía a impresión do pequeno libro esquecido na alcoba da casa vella, perdida na campía galega. Xurdía unha afirmación de raza e lingua. Ao correr do inverno Adrián falaba sempre galego cos labregos (...) 2
  • 25.
  • 26.
  • 27. Está divida en tres partes: "Os señores da terra", "A maorazga" e "O estudiante. Amósanos a sociedade galega rural no trance da súa transformación durante o século XIX. Os camiños da vida (1928).
  • 28. compromiso esperanzador coa terra. Arredor de si (1930) Adrián Solovio Inadaptado Individualista e antigalego Conflicto existencial Galiza Viaxe espacial e existencial Novela xeracional
  • 29. O tratamento literario da súa obra: Narracións realistas: Relatan con visión obxectiva a vida rural da sociedade galega do século XIX. Ademais de Os camiños da vida, pertencen a este apartado: • Pantelas, home libre (1925). • Contos do camiño e da rúa (1932) • O mesón dos ermos (1936) Narracións culturalistas: As accións e os personaxes perden relevancia en prol da exposición de ideas e referencias culturais, que son claves para a interpretación de Galicia. Ademais de Arredor de si, pertencen a este ciclo: • Escrito na néboa (1927) • Fra Vernero (1934). • A romaría de Xelmírez (1934). • Devalar (1935).
  • 30. Narracións realistas Grande destreza nas descricións e diálogos. Ambientadas na Galiza rural do s. XIX, narran o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios que experimenta a sociedade rural.
  • 31. Este relato breve marca o inicio da carreira narrativa de Otero Pedrayo. Pantelas, o protagonista, regresa á súa terra despois de pasar no cárcere doce anos, tinxidos pola lembranza da paisaxe natal. Pantelas, home libre (1925).
  • 32. Conxunto de sete relatos; Trata o tema da decadencia da fidalguía. Contos do camiño e da rúa (1932)
  • 33. Novela curta; retratos realistas da vida da aldea e a descrición da paisaxe. O mesón dos ermos (1936)
  • 34. Narracións culturalistas Narran a evolución da conciencia galeguista na súa época. Son novelas sen acción, ideolóxicas, case máis próximas ao ensaio que á narrativa.
  • 35. Presenta a figura de Adrián Solovio, mozo fidalgo que soña con vivir unha vida intelectual e que nos ofrece as análises do seu mundo interior. A obra é como unha preparación ou boceto de Arredor de si. Escrito na néboa (1927)
  • 36. Constitúe unha excepción na obra oteriana ó ser a única novela que non fai referencia a Galicia. Narra a vida dun personaxe histórico, Zacarías Werner. Pero, sobre todo, a novela é unha visión da Europa daquel tempo. Fra Vernero (1934).
  • 37. É unha novela histórica de asunto medieval. A romeiría de Xelmírez (1934).
  • 38. Xunto con Os camiños da vida e Arredor de si fecha un ciclo sobre a formación da conciencia galeguista. É a novela máis moderna de Otero desde o punto de vista técnico: componse dunha serie de cadros que conforman todos xuntos unha representación da Galicia do tempo do Seminario de Estudos Galegos, vista nun clima de esperanza e plenitude. Devalar (1935).
  • 39. A tradición A fidalguía A paisaxe Temas
  • 40. Sabedoría acumulada por sucesivas xeracións ó longo dos séculos, conformando deste xeito a cultura espiritual do pobo galego. A tradición Xenreira de Otero contra os tendeiros-comerciantes de orixe foránea que irrompen na vida galega, traendo uns ideais materialistas (enriquecemento burgués) destructores dos modos de vida tradicionais. Xeran ademais nas cidades un desprezo polos labregos (clase sustentadora do ser de Galicia) e fomentan unha cultura mimética e antigalega. Outra potencia nova ía medrando na aldea: o tendeiro.Inda non estaba rematada a carreira, un día tódolos cotos e solainasse encheron de xente ós montóns. Entraba o comercio na aldea. Xente de tralla que xuraba, gastaba, traía novos falares, non respectaba as festas nin os costumes antergos (...) Outros da mesma caste ían espallando ó correr de tódalas novas carreteiras os fundamentos dunha burguesía que mainamente sustituía a fidalguía anterga dos pazos.
  • 41. Simboliza para Otero a vida tradicional e sosegada da aldea, sometida ós ciclos naturais. A fidalguía Otero ataca esta caste pola súa deserción da aldea e o éxodo cara á cidade, onde rematará alienada cultural e politicamente, renegando da súa condición galega, mentres os comerciantes foráneos se fan coa dirección da sociedade. Crea literariamente unha fidalguía ideal, "nacionalista", consciente da súa función na rexeneración da caste e na redención de Galicia. O herdeiro, con todo de gastar a vida cabalgando por chairas e camiños, sempre foi de ruín retrato. Esbrancuxado, faciana sen sombras, ollos raposeiros, maneiras curtas diante dos iguais, mandonas e crueis cos paisanos. Os seus grandes amigos - ou, mellor, compañeiros - eran Fuco de Penoutás e o sobriño do abade, rapazotes maiores ca el e mantidos coas regalías do pazo. Non se fartaban de comer e beber e lucían moita fachenda a conta allea. Levaban o herdeiro ás mozas e ás xoguetas dos pobos da ribeira, onde ás veces se demoraba a compaña por semanas enteiras, ata que esmoían os cartos. Nin comprendía o sufrimento de Misia Xacinta. Que non quedaba no herdeiro, pois xa sospeitaba que os pequenos lle ían saír tortos. O segundo, don Farruco, inda que cativo de corpo figuraba gracioso e de linda cariña: só lle pracía estar deitado preto das criadas no lavadeiro e na cociña facendo todo o mal que podía e disimulando cun riso agarimoso... Don Caetano, cada ano máis pallaso, foi esquencendo a administración do patrimonio.
  • 42. A paisaxe A paisaxe está dotada de vida e goberna a vida do home, configurando a súa psicoloxía. Este motivo é fundamental na súa narrativa, inzada de naturezas humanizadas, que non son un simple escenario senón que, dotadas de movemento e animación, se enxergan como consubstanciais co ser humano. o factor cósmico (forzas xeolóxicas, astronómicas e atmosféricas) o factor biolóxico (flora e fauna) o factor humano (agricultura, arquitectura, arte) Tempo planetario tempo vital Tempo histórico
  • 43.
  • 44.
  • 45.  referencias culturais e eruditas que en ocasións limitan a comprensión da historia novelada en si.  Así mesmo, os extensos parágrafos, os longos períodos subordinados  un léxico rural moi enxebre crea unha linguaxe complexa que en ocasións foi definida como «barroca».  Nalgunha obra narrativa non se perciben uns límites claros entre novela e ensaio.
  • 46. Abundan as elipses e asíndetons, procedementos que favorecen o dinamismo discursivo;  Estilo lírico e barroco, ateigado de suxerentes imaxes, nas evocacións da paisaxe  grande fluír metafórico, a abundancia de epítetos, etc.
  • 47. Eleva o galego ao rango de lingua de cultura: o galego unha lingua non diglósica. • afán de diferencialismo • capacidade creadora • Otero foxe, conscientemente, no seu galego, de todo o que sexa común ó español: daquela ha empregar dialectalismos, hiperenxebrismos, etc.
  • 48. lingua popular + arcaísmos, portugués... - Creación de palabras novas sobre a existencia doutras: fado fadalidade... - Creación de neoloxismos: pranouto, o mundo de alem-cova... - Substitución do sufixo -dor por -doiro: lembradoiro, vibradoiro.
  • 49.
  • 50. (Ourense, 1884-1963) Familia acomodada. Preocupación intelectual: profundo coñecemento da actualidade das vangardas literarias. Interese polo esoterismo e as filosofìas orientais.
  • 51. Funda en 1917 a revista La Centuria, da que saíron sete números. A finais dese mesmo ano incorporouse ao movemento galeguista, entrando nas Irmandades da Fala e colaborando no xornal A Nosa Terra. Foi fundador da revista Nós e colaborou no Seminario de Estudos Galegos.
  • 52. En 1930 Risco realizou unha viaxe como bolseiro co fin de se achegar á etnografía centroeuropea. Os catro meses que pasa en Alemaña márcano ideoloxicamente cara un pensamento máis conservador e católico. De regreso publicou "Da Alemaña" na revista Nós, un conxunto de artigos que serán compilados posteriormente en Mittleleuropa (1934), onde se pode apreciar a súa postura ideolóxica, cada vez máis tradicionalista.
  • 53. A súa aportación máis destacada dentro do Partido Galeguista foi a creación e posterior escisión da Dereita Galeguista. Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados. A instancias dos seus vellos camaradas, baixo o título de Leria, publicou en 1961 unha escolma de traballos filosóficos, críticos e literarios, redixidos na nosa lingua entre 1920 e 1955.
  • 54. Podemos distinguir tres etapas na súa traxectoria intelectual Pregaleguista (ata 1920) Nacionalista (1920 – 1934) Postnacionalista (1934 – 1963)
  • 55. Nós, os ínadaptados (1933). Estuda a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional. 1 Pregaleguista (ata 1920) Descrición do decadentismo de fin de século, Cosmopolitismo, Interese polas filosofías orientais...
  • 56. A segunda etapa (nacionalista, 1920-1934): •Ingreso nas Irmandades e a fundación da revista Nós. 2 teosofía, budismo e orientalismo. cristianismo, celtismo e atlantismo Ideólogo do movemento galeguista coa publicación da Teoría do nacionalismo galego (1920). Exalta o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza, nunha concepción orgánico-historicista da nación. Galíza non será nada se se uniformíza con España. Ser diferentes é ser existentes. Pódese ceder en todo, agás no noso patrimonio espiritual.
  • 57. A terceira etapa (postnacionalista, 1934-1963) comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa, publicadas en Nós e que logo recollería en parte no libro Mitteleuropa (1934 3 desencanto polas direccións que tomaba o movemento galeguista ao aliarse coa esquerda para salvar a autonomía.
  • 58. BASES FILOSOFICA DO PENSAMENTO DE RISCO: Irracionalismo gnoseolòxico Visiòn cìclica da historia O sentimento da Terra A ditadura da razón leva a un esmorecemento do espírito e conduce á decadencia. Exalta o sentimento como facultade cognoscitiva. hylícos (materialistas), psíquicos (racionalistas) e pneumáticos (espiritualistas). O sentimento relixioso da Terra é unha constante antropolóxica e cultural do home galego.
  • 59. Neste senso valora a fala como o elemento máis espiritual da cultura, pois modela o pensamento e a maneira de ser das xentes ata o punto de que o cambio de lingua determina a dexeneración espiritual dos pobos.
  • 60.
  • 61. Narrativa curta Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán (1925) O lobo da xente (1935) A coutada (1926) Os europeos en Abrantes (1927)
  • 62. Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) é a súa primeira obra narrativa. O doutor Alveiros, o protagonista, vive unha estraña aventura na que entra en contacto co mundo dos mortos e, despois de facer uso dos seus coñecementos esotéricos, logra liberar a momia de Tutankhamen das súas vendas e presencia a participación do defunto faraón na Danza Macabra. Trátase dunha narración humorística con notas críticas referidas ás materias ocultistas tratadas no texto. Viña n-os anuncios de preferencia. Pouco explícito, mais atraguía o ollar vagariñante. O Dr. Alveiros leuno, e quedous'a pensar. O fin escribiu pregando que lle deran explicaciós. El non sabía, afellas, segredo ningún; sabía o que saben moitos qu'andan âs voltas co-isas cousas do demo. Estudiar, estudiaba, pro lle non viña o diaño a soplar âs orellas. Escribiu porqu'era curioso. Era home de moita cachaza e d'un forte escepticismo. Com'él hai moitos outros que andan a estudiar as bruxerías; en este com'en outro calquera ramo da cencia, os que tolean son poucos. Mais o Alveiros, dend'o día qu'escribíu, agardou a resposta c'unha impacencia que medraba ô pasar cada día. O fin, chegou. E puña: Sr. D. Bieito Alveiros Moi distinto señor: Teño moito gusto en lle mandar as aclaraciós que desexa. Teño coñocemento das suas pubricaciós, e creo que vostede e o que tal pra me servire no conto. Agora, qu'o que eu quero que vostede faga se s'anima a elo é difícile. Tamén o premeo é merecente de qu'un faga un esforzo. Trátase de atopar un rescrito que podía volvel-o movemento a unha momia enfaixada y-embalsamada pol-os exipcios. Se vostede m'o pode dar, os trinta mil pesos son seus. Pregandoll'o maor segredo, fica de V. afmo. S. S. q. ll. b. a. m. R. Dehmel.
  • 63. A trabe de ouro e a trabe de alquítrán (1925) é tamén un relato de base folclórica, pero agora nitidamente literaturizado: Bastián penetra no mundo soterraño, onde residen os mouros (representantes do poder da ciencia e da técnica) e mais os Avós da Raza (druídas celtas que aparecen como conservadores da tradición milenaria). Dimensión doutrinaria e didáctica: o camiño de recuperación da identidade galega conduce as orixes celtas da nosa cultura.
  • 64. Os europeos en Abrantes (1927) é unha novela inacabada da que Risco publicou uns capítulos en Nós. Constitúen unha sátira de persoas e lugares da vida ourensá. Socialmente, a poboación divídese en tres clases; a alta é a médico; a media,o xefe de estación e o cabo da garda civil e a baixa, tódolos demais. Esta división tripartita fúndase na consideración social, mais pódese facer outra entre o elemento militar e o civil, outra entre a clase industrial e a clase agraria, etc..., porque Abrantes é un mundo en pequeno. En Abrantes non hai costumes.... Os homes xúntanse na tenda onde venden viño e gasosas. O viño, cando hai colleita no país, é agre; cando non o hai, é composto. As gasosas teñen a temperatura do tempo; quentes no verán e frías no inverno. As mulleres xúntanse nas portas. Os nenos e os cans xúntanse en tódolas partes. Coma as gasosas, así é o clima de Abrantes: no inverno é un glaciar, no verán é un inferno. O verán de Abrantes é bíblico; é unha praga, é as dez pragas de
  • 65. Narrativa longa Pero o cume da súa narrativa é O porco de pé (1928). Parodia. Sátira das estructuras sociais ourensás. Personaxes: don Celidonio, comerciante de orixe castelá que chega a alcalde e representa a vulgaridade e materialismo da nova burguesía. o doutor Alveiros é un intelectual espiritualista.
  • 66. Estilo Longas enumeracións. Imaxes paródicas e caricaturescas. E levouno de arrastro ao comedor estilo español, onde estaban as persoas de respecto, arredor da gran mesa onde campaban inmensas tartas, colosais brazos de xitano, pasteis enormes, montañas de pastas, pasteis, masas, froitas escarchadas, emparedados, empanadillas, roscas, bisciotos, melindres, amendoados
  • 67. Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. [...] Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo. O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).
  • 68.
  • 69. Castelao é en moitos aspectos, a figura máis relevante da historia da cultura galega do século XX. coñecedor da psicoloxía do pobo galego, a súa obra está toda inzada de comprensión e humanidade.
  • 70.  Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886.  Familia mariñeira.  O pai enriqueceu na emigración: na Pampa .  En terras arxentinas viviu Castelao dos dez ós catorce anos;.  A vida da Pampa e da emigración deixaron fonda pegada no rapaz, que habería de reflectilas en máis dunha ocasión na súa obra.
  • 71. De volta en Galicia, estuda o bacharelato e logo a carreira de Medicina en Santiago, comezando a ser popular polas caricaturas dos profesores e compañeiros. Licenciado en 1908, regresa a Rianxo a exercer a medicina, e alí participa na política municipal. Deixou a medicina para ingresar por oposición no Instituto Xeográfico e Estatístico. Destinado en Pontevedra, tamén exerceu o profesorado como axudante da cátedra de Debuxo no Instituto desta cidade. Fíxenme médico por amor a meu pai. Nunca exercín por amor á humanidade
  • 72. En xullo de 1933 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega. o seu discurso de ingreso é sobre As cruces de pedra na Galiza.
  • 73. Coa proclamación da Segunda República, Castelao, nas filas do Partido galeguista, é elixido deputado pola provincia de Pontevedra, e nas Cortes Constituíntes fai unha apaixonada defensa da lingua galega. Participa activamente na vida política, especialmente a prol da consecución do Estatuto de Autonomía para Galicia.
  • 74. O Estatuto foi aprobado por unha amplísima maioría e unha alta participación (de case o 75%). Castelao marchou a Madrid xa a primeiros de xullo e agardou alí á Comisión que entregaría oficialmente o proxecto ó Goberno. O día 14 de xullo reuníronse co Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, e o 17 con Manuel Azaña, Presidente da República. Ao día seguinte comeza a Guerra Civil.
  • 75. Castelao xa nunca volvería a Galiza En 1938 viaxa a Moscú, onde expón as coleccións de debuxos que amosan estampas da guerra. En Nova York tamén expón, e nesa cidade publica a colección Milicianos, con debuxos sobre o mesmo tema. Viaxa logo a Cuba e finalmente establece a súa residencia en Bos Aires, onde funda, con outros exiliados, a revista Galeuzca. No ano 1946 é nomeado ministro do goberno da República no exilio. Morreu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950 e foi soterrado no panteón do Centro Galego. En 1984 os seus restos foron trasladados a Galicia.
  • 76.
  • 77. A personalidade de Castelao non coincide co esquema vital e ideolóxico dos integrantes do Grupo Nós está ligado. Presenta características que o afastan do grupo: Castelao intégrase no galeguismo moi axiña e mantense nel durante toda a súa vida.  A súa obra está máis próxima ao pobo galego xa que gaña en calor e fondura humanas Está lonxe da intelectualidade que caracteriza as obras dos outros autores.
  • 78.
  • 79. No prólogo diríxese ao lector e explica como atopou as memorias do esqueleto que veñen a continuación. Estas son unha serie de secuencias narrativas que non gardan outra unidade que a de estar contadas por un mesmo narrador (o esqueleto, que lembra sucesos da súa vida pasada) a dous colegas de cemiterio, percibidos a través da prótese de vidro que lle tapara, de vivo, o oco dun ollo perdido. A primeira obra narrativa de Castelao é Un ollo de vidro, "Memorias dun esquelete". (1922, Céltiga)
  • 80. A temática de ultratumba xa fora abordada por Risco con tratamento semellante do humor negro, pero hai nesta como no resto das obras de Castelao unha dose de tenrura inusual no mestre ourensán. É ben significativa da súa concepción de humor a cita de Mark Twain inserida por Castelao no inicio do libro: Debaixo do humorismo hai sempre unha grande dor; por iso no ceo non hai humoristas.
  • 81. Este humor de Castelao non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil: Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos homes e fun ler o seu nome de bronce no rico mármore da campa. O seu nome só abondoume. Fora un canalla que roubara para dar regalía ó seu bandullo de porco; dono da xustiza, roubala desde a súa confortable casa. Para que dicir máis? Era...,fora un cacique!.
  • 82. Conxunto de prosas con ilustracións. A editorial Nós, en 1929, publicou unha segunda colección, e en 1934 unha edición que recolle o contido dos dous libros precedentes. Cousas, 1926
  • 83. - Non veñas máis pedir á miña porta. - E pois logo a ver cando vén vostede a pedir á miña. A "cousa" constitúe a fórmula literaria máis orixinal e característica de Castelao.
  • 84. Ateigadas de lirismo e sinxelas na forma. A emigración: os fracasados traen consigo a enfermidade; os triunfantes desvincúlanse do mundo do que partiron, mais fica a morriña, a saudade. A problemática da muller: a fidalga só ten como función a maternidade ( para reproducir a súa clase); a popular loita por conseguir a felicidade partindo de condicións precarias. A crítica dun progreso que vén pola acumulación de capital e que pode provocar a inxustiza e a infelicidade.
  • 85. O libro Retrincos, publicado en 1934, é unha colección de cinco contos que se nos presentan como autobiográficos e que recollen cinco momentos da vida de Castelao, ordenados cronoloxicamente. O segredo: relata unha anécdota de estadía do narrador cando era neno pampa arxentina O inglés: desenvólvese tamén na pampa e trata de un neno que pintaba na polbeira do seu pai os barcos da escuadra española e un inglés ríase da exaltación patrióticado do pequeno debuxante Peito de lobo: trata dun estudiante que se lle ocorre facer para as festas da súa vila, un cabezudo que reproducía o rostro dun mariñeiro coñecido. Isto fixo que se enfadara, pero co tempo fóise amigando porque se sentía inmortalizado na súa propia vila. O retrato é unha fermosa anécdota de cando Castelao xa deixara a medicina: a curación imposible para un médico é o milagre feito polo pintor. O relato está datado en 1922, en Pontevedra. A Sabela é unha narración da súa época de deputado en Cortes. O relato artéllase sobre o contraste entre a moza que fora a súa compañeira de bailes e a muller en que se converteu co paso do tempo. O relato está datado en 1934, tamén en Pontevedra, e tampouco fora publicado anteriormente.
  • 86. Os dous de sempre. É a única novela de Castelao Ten a estrutura semellante ás novelas picarescas. Protagonistas: Rañolas e Pedriño.
  • 87. A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para mandarllo ós meniños de Farruco: un sobriño casado fóra da vila. A probe vella mantíñase de peixes pequenos, dos peixes que mercan as señoras gordas para botarllos ó gato, e todo por aforrar para os fillos de Farruco. En días sinalados a tía Ádega mandáballe[s] ós sobriños un caixón cheo de cousas de comer, e quedábase cavilando no contentamento dos rapaces. A caixa sempre contiña lambetadas de mérito: chourizos, anacos de pernil, roscas de ovo, cachos de tarta, melindres, zucre...
  • 88. Humanismo: os seus personaxes son tratados con emotividade e sentimentos amables, especialmente os das clases populares. Indulxencia polos defectos humanos. Humorismo: tendencia á caricatura, ao uso da ironía.Non cae no sarcástico. Crítica das inxustizas e preocupación polos problemas sociais, denuncia a miseria dos labregos e mariñeiros. Galeguismo, sempre en Galiza e coa preocupación por deixar ás claras a nosa identidade e carácter. Visión popularista da literatura. Distancia do culturalismo e aristocratismo da arte fronte a Risco ou Otero Pedrayo, procurando usar recursos propios da arte popular e entendibles polas xentes humildes. Lirismo: sentimento persoal, prosa rítmica cando o contido é emotivo. Subliña o clímax da emoción
  • 89. O tema principal que vertebra a obra de Castelao é a morte. Tratada sempre de forma orixinal, variada e tinguida de humor, é o eixe temático de discursos realistas e fantásticos, que se entrecruzan frecuentemente (Un ollo de vidro, Os vellos non deben de namorarse...)
  • 90.  Grande calidade estética:  riqueza léxica,  atinada construción sintáctica,  humorismo  lirismo solidariedade co ser humano. Castelao descóbrenos a dignidade dopaisano galego.
  • 91. Os desenlaces están coidados con esmero e a miúdo rematan nun clímax con epifonema (figura de pensamento que conclúe un relato cunha exclamación ou meditación profundas). Deste xeito, o narrador expresa nunha atinada síntese a esencia do relato. Da morea de entullos surdía o corpo de Rañolas, en coiriño de todo, sentado nunha cadeira derreada. O tronco sen cabeza, desfeito en carniza; os longos brazos pendurados; as pernas tocas. Na parede branca, salferida de miolos sanguiñentos, deixa Rañolas a súa despedida. Era unha soia verba, escrita con letras grandes e mouras: ¡PROTESTO!
  • 92. o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos CASTELAO ······· 1886-1950
  • 93. Sempre en Galiza (Buenos Aires, 1944 [1ª ed.] e 1961 [2ª]) Conxunto de textos diversos recollidos nun volume en diferentes sitios e anos. Componse dun limiar ou “Adro” (14 artigos escritos en 1935) ao que seguen catro “Libros” (o primeiro, de 1937; o derradeiro, inacabado, de 1947).
  • 94. É un ideario plural e complexo no que hai reflexións sobre cultura e lingua, historia e análise política dos tempos da República e posguerra. Dous dos eixos: o carácter de nación de Galiza e o seu pensamento sobre a situación lingüística. ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? CASTELAO ······· 1886-1950 Chegan a decir que o problema galego igual que o vasco e catalán, depende da solución que acorde a maioría dos hespañoes... ¡Estábamos aviados! CASTELAO ······· 1886-1950 os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do "carácter nacional" CASTELAO ······· 1886-1950
  • 95.
  • 96. Atila en Galicia Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tansiquera son capaces de concebir. E na Miña Terra complirase a vontade dos mártires. Castelao Valencia, Xulio de 1.937
  • 97. Milicianos Estas estampas relembran os primeiros meses de guerra cando a heroica tolería do pobo coutou a marcha dos militares e dounos tempo para crear o Exército da República. Castelao New York, Agosto 1.938
  • 98. Album Nos Este álbum de dibuxos foi composto antr´os anos dezaseis e dezaoito, cando Galiza s´esperguizaba d´un longo sono. Con este medio cento de dibuxos intentei desacougar a todol-os licenciados da Universidade (amas de cría do caciquismo), a todol-os homes que vivían do favor oficial... As intencións eran nobles e o pesimismo aparente. Certo que a tristura d´estes dibuxos queima com´a raxeira do sol que pasa por unha lupa; mais eu non quixen cantal-a ledicia das nosas festas, nin a fartura dos casamentos, sinón as tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro. Algúns espíritos sensibles que choran co-a melanconía dos tangos e dos fados, atoparon desmedida esta door das miñas estampas; outros espíritos inertes ollaron pouco patriotismo no afán de ser verdadeiro. Con todo, eu sigo coidando que o pesimismo pode ser libertador cando desperta carraxes e cobizas d´unha vida máis limpa. Cicáis hoxe atácase as nosas mágoas c´un humor menos acedo; mais ninguén pode negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahi porqué me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e sirven de pretesto para "conferencias" que influiron no actual rexurdimento da galeguidade. E co-as chatas que ten eu gárdolle lei e quero espoñela de novo ô xuicio de todos. Castelao Galiza, 1931.
  • 99. Galicia Martir Aos Galegos que andan pol-o mundo: Estas estampas, arrincadas da miña propia door, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para reconstruir o fogar desfeito. Castelao Valencia, Febreiro de 1.937 Esta dor non se cura con resiñación Non enterran cadavres, enterran semente
  • 100. Debuxos de Negros Unha pequena mostra dos espléndidos debuxos que Castelao adicou ás minorias étnicas de New York e ao pobo de Cuba. Castelao 1939
  • 101. caricaturista, A caricatura de Castelao é o método polo que chega ó máis fundo da alma galega e nelas o ton humorístico, o trazo caricatural é só un pretexto baixo o cal se enmascara algo máis profundo. Castelao é o introdutor en España das dúas direccións máis acusadas da caricatura moderna: o fondo social e a simplicidade expresiva;