SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 18
Descargar para leer sin conexión
Autor:
Xosé Veiras García
Ecoloxista e biólogo
Blog: http://unclaronobosque.prazapublica.com
xveiras@yahoo.es
@xoseveiras
Novembro de 2015
Esta publicación licenciouse coa Licenza Creative Commons Recoñecemento-
Non comercial 4.0 Internacional. Para ver unha copia desta licenza, visite
http://creativecommons.org/licenses/by-nc/4.0/.
Sumario
Demasiado tempo perdido 3
Eólica e crise apenas diminúen as emisións de Galicia 5
Cal é a nosa pegada climática? 11
Mudar a economía para que non mude o clima 14
Os impactos do cambio climático en Galicia 15
O mundo debe avanzar rapidamente cara a unha redución das emisións
actuais e futuras de gases de efecto invernadoiro para minimizar os
considerábeis riscos do cambio climático (…). Se non actuamos, exporemos as
futuras xeracións da humanidade a un risco desmedido e inaceptábel.
Declaración de Mainau de científicos galardoados co Premio Nobel.
3 de xullo de 2015.
Antes viviamos nun mundo pequeno nun grande planeta. Agora habitamos un
mundo grande –con grandes impactos- nun planeta pequeno. É por iso polo
que necesitamos respectar os límites ambientais.
Big World. Small Planet. Abundance within planetary boundaries.
Johan Rockström.
Max Ström Publishing, 2015.
A actual crise climática pon en entredito non só o capitalismo, senón tamén
os relatos de crecemento e progreso sen fin que tan fundamentais son para a
nosa civilización e nos que todos –dun xeito ou doutro- seguimos estando
atrapados.
Esto lo cambia todo. El capitalismo contra el clima.
Naomi Klein.
Paidós, 2015.
O ritmo de consumo, de desperdicio e de alteración do medio superou as
posibilidades do planeta, de tal xeito que o estilo de vida actual, por ser
insustentábel, só pode rematar en catástrofes, como de feito xa está
ocorrendo periodicamente en diversas rexións.
Carta encíclica Laudato Si do Papa Francisco.
Roma, 24 de maio de 2015.
Agosto de 2015 foi o mes máis cálido no planeta Terra desde que hai rexistros
(1880). E 2014 foi o primeiro ano, durante a era industrial, en que a
dispoñibilidade de enerxía primaria per cápita disminuiu a respecto do ano
anterior (exceptuando shocks do petróleo esóxenos como o de 1973-74). Estas
dúas dinámicas –quentamento climático e escaseza crecente de enerxía e
materiais—están determinando xa, e van facelo de forma moito máis intensa,
o destino dos seres humanos no século XXI –que hai tempo eu veño
chamando o Século da Grande Proba
Sobre ecosocialismo e cambio climático.
Jorge Riechmann.
Bogotá, 22 de setembro de 2015
Estamos a chocar contra os límites
do planeta. O cambio climático é
unha manifestación diso. O
crecemento acelerado do consumo
e a poboación, posibilitado polo uso
masivo de combustíbeis fósiles,
liberou unha cantidade inxente de
gases de efecto invernadoiro á
atmosfera, até ultrapasarmos a
capacidade do planeta de os
absorber, desestabilizando o clima
de xeito moi perigoso.
A cegueira perante os sinais
ambientais dun modelo económico
produtivista e consumista guiado
polos intereses dunha minoría
privilexiada da Humanidade
(apenas un 20%) levounos a unha
dramática situación. O cambio
climático xa está aquí,
golpeando sobre todo as xentes e
países empobrecidos. Xa é tarde
de máis para evitarmos que atinxa
unha dimensión desastrosa. Porén,
se se comezaren a reducir axiña
as emisións globais de dióxido de
carbono (CO2) e outros gases
causantes do cambio climático,
semella posíbel aínda evitarmos
un cambio climático
terribelmente devastador.
Segundo os datos máis recentes do
Carbon Global Project, as emisións
globais de CO2 procedentes da
queima de combustíbeis fósiles e a
produción de cemento ascenderon
a 36.000 millóns de toneladas
durante 2013, as maiores da
historia humana. As proxeccións
apuntan a un novo incremento en
2014. Desde 1990, o ano de
referencia para o Protocolo de
Quioto, aumentaron o 61%.
Galicia, cunhas elevadas emisións
por habitante, debería ter reducido
nas últimas décadas a súa achega ao
cambio climático de forma
importante. Mais non ten sido así.
As emisións galegas de gases de
invernadoiro tan só diminuíron
o 4% entre 1990 e 2013, último
ano para o que hai datos. O
crecemento previsíbel das
emisións en 2014 e 2015 volverá
situalas por riba do nivel de
1990. A evolución das emisións no
noso país contrasta coa seguida no
conxunto da UE, onde baixaron un
20% durante o mesmo período.
Non obstante, cómpre destacar que
a UE só reduciu significativamente
as súas emisións territoriais. Se
consideramos a súa pegada de
carbono, isto é, as emisións
asociadas ao consumo europeo, sen
importar o lugar no que se
producen, o desempeño da UE no
combate ao cambio climático é ben
diferente. As emisións ligadas ao
consumo da UE en 2009 eran un 2%
máis altas que en 1995. E é que unha
parte considerábel das presións
ambientais asociadas ao
sobreconsumo da UE teñen lugar
fóra do seu territorio, en moitos
casos en países empobrecidos. A UE
exporta destrución ambiental ao
resto do mundo. E non só no que
atinxe ás emisións de gases de
invernadoiro. Tamén noutras
categorías de impacto ambiental.
Tamén os padróns de produción
e consumo de Galicia impactan
negativamente no medio
ambiente a escala global. Está moi
estendida a crenza de que somos un
país rico en recursos naturais, mais
mesmo plenamente explotados,
non abondarían para soster a nosa
estrutura produtiva e o noso estilo
de vida actuais, inviábeis sen a
importación neta de grandes
cantidades de alimentos,
combustíbeis ou minerais, con
elevadas pegadas de deterioración
ambiental asociadas. Por exemplo,
máis do 80% da enerxía primaria
usada anualmente en Galicia
procede do exterior. Importamos
petróleo, carbón, gas natural e
agrocombustíbeis. Non temos
excedente enerxético. Todo o
contrario.
A nosa terra emitiu 27 millóns e
medio de toneladas de gases de
invernadoiro durante 2013. Desde
1990 as emisións reducíronse o
4%. Unha diminución insuficiente
que foi posíbel grazas ao
crecemento da produción
renovábel e á crise económica.
Entre 1990 e 2007 medraron o 23%,
pero desde 2007 caeron o 28%.
O crecemento da produción
renovábel e a crise económica
favoreceron a diminución da
xeración eléctrica con carbón,
causa principal da caída das
emisións a respecto de mediados
da década pasada. Con todo, as
térmicas de carbón de Meirama (Gas
Natural Fenosa) e As Pontes
(ENDESA) seguen a ser a maior
fonte de gases de invernadoiro en
Galicia. As centrais eléctricas de
carbón son aínda responsábeis
dun terzo das emisións galegas. A
redución da produción eléctrica con
carbón a respecto de 1990 fixo que
as emisións do sector enerxético
baixasen un 30% no período 1990-
2013. Non tería sido posíbel sen a
expansión da produción renovábel,
nomeadamente da eólica. Porén, a
actividade das centrais de carbón
tocou fondo en 2010 para
repuntar despois, en parte debido
á ofensiva anti-renovábeis do
Goberno Rajoy, principal
responsábel do estancamento da
capacidade de produción eléctrica
renovábel en Galicia, despois dun
período de forte crecemento.
Moi diferente ten sido a evolución
das emisións do transporte. Entre
1990 e 2013, e malia o descenso
rexistrado desde o estoupido da
crise económica, incrementou as
emisións en case un 50%.
As emisións do transporte
disparáronse polo aumento do
número de vehículos e do seu uso,
favorecido pola sobredotación de
infraestruturas, un crecemento das
cidades e as súas áreas de influencia
xerador de dependencia do
automóbil e unha insuficiente oferta
de transporte colectivo.
Alén do sector enerxético, a
industria tamén diminuiu as súas
emisións en comparación con 1990,
se ben nunha proporción e nunha
cantidade moito menores. A crise
económica dos últimos anos foi
decisiva na redución das emisións
industriais.
A achega ao cambio climático da
agricultura e a gandaría
incrementouse nun 20% desde
1990, a pesar da caída brutal no
número de explotacións agrarias.
Nos últimos anos as emisións,
procedentes do gando e do uso de
fertilizantes nitroxenados, tenden a
se estabilizar.
Moito maior foi o medre das
emisións do sector residencial,
comercial e institucional. En 2013
as emisións foron o 67% superiores
ás de 1990. En termos absolutos, foi
o sector no que máis aumentaron
as emisións, despois do
transporte.
Outras actividades cuxas emisións
figuran no inventario do Ministerio
de Medio Ambiente teñen moito
menor peso que as anteriores. Son o
tratamento e eliminación de
residuos (512.750 toneladas en 2013)
e as emisións fuxitivas dos
combustíbeis fósiles (334.000
toneladas)
A achega de Galicia ao cambio
climático é moi importante en
termos relativos. As emisións por
habitante no noso país, malia teren
descendido nos últimos anos para
volver a níveis da década de 1990,
ultrapasan as emisións medias
mundiais e mesmo as do conxunto
da UE.
Cinco grandes empresas foron
responsábeis do 45 % das emisións
galegas de gases de invernadoiro
durante 2013. Son multinacionais
privadas españolas ou estranxeiras
do sector enerxético ou da
transformación de metais, un sector
moi intensivo en consumo
enerxético. Para diminuíren
sensibelmente as súas emisións estas
empresas terían que recortar a súa
produción.
Para termos unha visión completa
da responsabilidade de Galicia no
quentamento global, alén das
emisións territoriais, cómpre
considerarmos tamén a nosa
pegada climática: a cantidade de
gases de  invernadoiro emitida
para producir todos os bens e
servizos que demandamos. Para
calculala, ás emisións desde o
territorio galego hai que lle restar
as asociadas ás exportacións e
sumarlle as vecelladas
ás importacións.
Lamentabelmente,
sabemos moi pouco
sobre a pegada
climática de
Galicia. Tan só se
estimou
parcialmente, tendo
en conta apenas o
consumo privado. E
ademais tan só para un só
ano.
O impacto climático das familias
é moi desigual. As emisións
medias do 10% dos fogares
españois con maior nivel de gasto
son unhas sete veces superiores ás
emisións do 10% dos fogares con
menor nivel de gasto.
Se alén do consumo privado se
incorporasen as outras
compoñentes da nosa demanda
interna (o gasto público e as
decisións de investimento), menos
importantes, semella que a pegada
climática de Galicia para 2007
estaría no intervalo das 8-11
toneladas. Polo tanto, é unha
pegada insustentábel e elevada a
nivel mundial.
A crise dos últimos anos e a
conseguinte caída do consumo
diminuiu a nosa pegada climática.
Galicia debe asumir de vez a súa
responsabilidade na crise climática,
sen agardar por un improbábel
cumio climático mundial que “salve
o clima”, sen limitarse a seguir
iniciativas europeas ou españolas
que até hoxe careceron da
ambición necesaria. Ademais dunha
obriga moral, reducirmos as
emisións de gases causantes do
cambio climático contribuirá á
construción dunha sociedade máis
resiliente, mellor preparada para se
adaptar a un inevitábel escenario
mundial de recursos naturais
decrecentes e graves problemas
socioambientais.
Ningún goberno da Xunta
adoptou medidas, obxectivos e
prazos para a diminución, en
termos absolutos, das nosas
emisións de gases de
invernadoiro. Nunca houbo unha
política climática autonomica
merecente de tal nome. Pola
contra, si houbo vontade política
para defender teimudamente as
ineficientes e moi contaminantes
térmicas de carbón, para promover
intensamente o transporte por
estrada mediante a ampliación
desmedida da capacidade viaria, ou
para impulsar por todos os medios
a incineración dos residuos
urbanos.
O compromiso climático por parte
das institucións locais tamén deixa
moito que desexar. Polo xeral,
Concellos e Deputacións coidan
que a mitigación da mudanza
climática non é asunto delas, a
pesar da súa especial
responsabilidade en ámbitos como
a planificación urbanística, a
mobilidade ou os residuos urbanos,
decisivos para a mitigación e
adaptación ao cambio climático.
A única política institucional
desenvolvida até hoxe cun impacto
climático positivo importante foi a
tendente ao desenvolvemento das
enerxías renovábeis
(nomeadamente da eólica). Esta
política traduciuse en aforros
importantes de emisións de CO2,
non simbólicos, como os derivados
doutras políticas proclima de moito
menor alcance, senón certamente
cuantiosos. Lamentabelmente, o
actual Goberno estatal decretou un
“parón renovábel” que só beneficia
o oligopolio eléctrico, cuxo negocio
se sustenta nas enerxías sucias.
A descarbonización da economía
baixo criterios de sustentabilidade
ecolóxica e xustiza social require
dunha profunda transformacion
do noso modelo económico
produtivista e consumista.
Decrecer o uso de recursos naturais
e substituír os recursos fóseis por
renovábeis son desafíos chaves.
Entre as medidas concretas
necesarias para recortar as
emisións pódense salientar o peche
a curto prazo das térmicas de
carbón de Meirama e As Pontes, a
eliminación dos incentivos ao uso
do vehículo privado e o
potenciamento do transporte
colectivo, a expansión das enerxías
renovábeis da forma máis
descentralizada posíbel ou a
promoción dunha alimentación
máis vexetariana e baseada en
alimentos ecolóxicos, próximos e
de temporada.
O cambio climático castiga con
maior dureza os países
empobrecidos, os menos
responsábeis na xeración do
problema climático pero os máis
vulnerábeis ás súas consecuencias.
Mais tamén para unha sociedade
desenvolvida como a nosa, o
cambio climático podería chegar a
ser devastador. O quentamento
global tornará Galicia moito menos
habitábel e rica en vida.
Secas moito
máis intensas
no interior
Menos pesca e
marisco
Vagas de lumes
forestais máis
destrutivas
Perda de biodiversidade.
Extinción do urogalo e do
salmón.
Diminución da
produción
agraria e
gandeira
Desaparición de praias e
marismas pola suba do
nivel do mar.
Temporais máis
frecuentes e intensos
Maiores dificultades
nos abastecementos
de auga
Máis vagas de
calor
Referencias dos datos sobre emisións:
Tempo de actuar. Galicia e a crise climática

Más contenido relacionado

Similar a Tempo de actuar. Galicia e a crise climática

Trabajo Cmc
Trabajo CmcTrabajo Cmc
Trabajo CmcBix0
 
Emisións de CO2 en Galicia
Emisións de CO2 en GaliciaEmisións de CO2 en Galicia
Emisións de CO2 en Galiciabificacheiras
 
2º Traballo Do Cambio Climatico
2º Traballo Do Cambio Climatico2º Traballo Do Cambio Climatico
2º Traballo Do Cambio Climaticoshakirapoem
 
Xeo2-Sector secundario
Xeo2-Sector secundarioXeo2-Sector secundario
Xeo2-Sector secundarioaialo1
 
Desenvolvemento Sostible
Desenvolvemento SostibleDesenvolvemento Sostible
Desenvolvemento Sostible0laya91
 
Cambio ClimáTico
Cambio ClimáTicoCambio ClimáTico
Cambio ClimáTicoguest2af14d
 
Cambio Climático
Cambio ClimáticoCambio Climático
Cambio Climáticoiespobra3b
 
O Cambio Climático: O Desastre do Mundo
O Cambio Climático: O Desastre do MundoO Cambio Climático: O Desastre do Mundo
O Cambio Climático: O Desastre do Mundoiespobra3b
 
O Cambio Climático:Ode
O Cambio Climático:OdeO Cambio Climático:Ode
O Cambio Climático:Odeiespobra3b
 
Traballo soci 2
Traballo soci 2Traballo soci 2
Traballo soci 2iespobra3b
 
Programa cambio climatico
Programa cambio climaticoPrograma cambio climatico
Programa cambio climaticoMarga Bio
 
Xeo2 sector secundario.Contidos
Xeo2 sector secundario.ContidosXeo2 sector secundario.Contidos
Xeo2 sector secundario.Contidosaialo1
 
Desenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento SustentableDesenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento Sustentablenancyespana
 
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente MacUnidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente Maccamposseijo
 

Similar a Tempo de actuar. Galicia e a crise climática (20)

Trabajo Cmc
Trabajo CmcTrabajo Cmc
Trabajo Cmc
 
Emisións de CO2 en Galicia
Emisións de CO2 en GaliciaEmisións de CO2 en Galicia
Emisións de CO2 en Galicia
 
2º Traballo Do Cambio Climatico
2º Traballo Do Cambio Climatico2º Traballo Do Cambio Climatico
2º Traballo Do Cambio Climatico
 
Ahmed
AhmedAhmed
Ahmed
 
Xeo2-Sector secundario
Xeo2-Sector secundarioXeo2-Sector secundario
Xeo2-Sector secundario
 
Contaminación Del Aire
Contaminación Del AireContaminación Del Aire
Contaminación Del Aire
 
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Desenvolvemento Sostible
Desenvolvemento SostibleDesenvolvemento Sostible
Desenvolvemento Sostible
 
Cambio ClimáTico
Cambio ClimáTicoCambio ClimáTico
Cambio ClimáTico
 
Industria
IndustriaIndustria
Industria
 
Cambio Climático
Cambio ClimáticoCambio Climático
Cambio Climático
 
O Cambio Climático: O Desastre do Mundo
O Cambio Climático: O Desastre do MundoO Cambio Climático: O Desastre do Mundo
O Cambio Climático: O Desastre do Mundo
 
O Cambio Climático:Ode
O Cambio Climático:OdeO Cambio Climático:Ode
O Cambio Climático:Ode
 
Traballo soci 2
Traballo soci 2Traballo soci 2
Traballo soci 2
 
Programa cambio climatico
Programa cambio climaticoPrograma cambio climatico
Programa cambio climatico
 
Macho et al.
Macho et al.Macho et al.
Macho et al.
 
Xeo2 sector secundario.Contidos
Xeo2 sector secundario.ContidosXeo2 sector secundario.Contidos
Xeo2 sector secundario.Contidos
 
Desenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento SustentableDesenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento Sustentable
 
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente MacUnidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
 
O cambio climático
O cambio climáticoO cambio climático
O cambio climático
 

Tempo de actuar. Galicia e a crise climática

  • 1.
  • 2. Autor: Xosé Veiras García Ecoloxista e biólogo Blog: http://unclaronobosque.prazapublica.com xveiras@yahoo.es @xoseveiras Novembro de 2015 Esta publicación licenciouse coa Licenza Creative Commons Recoñecemento- Non comercial 4.0 Internacional. Para ver unha copia desta licenza, visite http://creativecommons.org/licenses/by-nc/4.0/. Sumario Demasiado tempo perdido 3 Eólica e crise apenas diminúen as emisións de Galicia 5 Cal é a nosa pegada climática? 11 Mudar a economía para que non mude o clima 14 Os impactos do cambio climático en Galicia 15
  • 3. O mundo debe avanzar rapidamente cara a unha redución das emisións actuais e futuras de gases de efecto invernadoiro para minimizar os considerábeis riscos do cambio climático (…). Se non actuamos, exporemos as futuras xeracións da humanidade a un risco desmedido e inaceptábel. Declaración de Mainau de científicos galardoados co Premio Nobel. 3 de xullo de 2015. Antes viviamos nun mundo pequeno nun grande planeta. Agora habitamos un mundo grande –con grandes impactos- nun planeta pequeno. É por iso polo que necesitamos respectar os límites ambientais. Big World. Small Planet. Abundance within planetary boundaries. Johan Rockström. Max Ström Publishing, 2015. A actual crise climática pon en entredito non só o capitalismo, senón tamén os relatos de crecemento e progreso sen fin que tan fundamentais son para a nosa civilización e nos que todos –dun xeito ou doutro- seguimos estando atrapados. Esto lo cambia todo. El capitalismo contra el clima. Naomi Klein. Paidós, 2015. O ritmo de consumo, de desperdicio e de alteración do medio superou as posibilidades do planeta, de tal xeito que o estilo de vida actual, por ser insustentábel, só pode rematar en catástrofes, como de feito xa está ocorrendo periodicamente en diversas rexións. Carta encíclica Laudato Si do Papa Francisco. Roma, 24 de maio de 2015. Agosto de 2015 foi o mes máis cálido no planeta Terra desde que hai rexistros (1880). E 2014 foi o primeiro ano, durante a era industrial, en que a dispoñibilidade de enerxía primaria per cápita disminuiu a respecto do ano anterior (exceptuando shocks do petróleo esóxenos como o de 1973-74). Estas dúas dinámicas –quentamento climático e escaseza crecente de enerxía e materiais—están determinando xa, e van facelo de forma moito máis intensa, o destino dos seres humanos no século XXI –que hai tempo eu veño chamando o Século da Grande Proba Sobre ecosocialismo e cambio climático. Jorge Riechmann. Bogotá, 22 de setembro de 2015
  • 4. Estamos a chocar contra os límites do planeta. O cambio climático é unha manifestación diso. O crecemento acelerado do consumo e a poboación, posibilitado polo uso masivo de combustíbeis fósiles, liberou unha cantidade inxente de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, até ultrapasarmos a capacidade do planeta de os absorber, desestabilizando o clima de xeito moi perigoso. A cegueira perante os sinais ambientais dun modelo económico produtivista e consumista guiado polos intereses dunha minoría privilexiada da Humanidade (apenas un 20%) levounos a unha dramática situación. O cambio climático xa está aquí, golpeando sobre todo as xentes e países empobrecidos. Xa é tarde de máis para evitarmos que atinxa unha dimensión desastrosa. Porén, se se comezaren a reducir axiña as emisións globais de dióxido de carbono (CO2) e outros gases causantes do cambio climático, semella posíbel aínda evitarmos un cambio climático terribelmente devastador. Segundo os datos máis recentes do Carbon Global Project, as emisións globais de CO2 procedentes da queima de combustíbeis fósiles e a produción de cemento ascenderon a 36.000 millóns de toneladas durante 2013, as maiores da historia humana. As proxeccións apuntan a un novo incremento en 2014. Desde 1990, o ano de referencia para o Protocolo de Quioto, aumentaron o 61%. Galicia, cunhas elevadas emisións por habitante, debería ter reducido nas últimas décadas a súa achega ao cambio climático de forma importante. Mais non ten sido así. As emisións galegas de gases de invernadoiro tan só diminuíron o 4% entre 1990 e 2013, último ano para o que hai datos. O crecemento previsíbel das emisións en 2014 e 2015 volverá situalas por riba do nivel de 1990. A evolución das emisións no noso país contrasta coa seguida no conxunto da UE, onde baixaron un 20% durante o mesmo período. Non obstante, cómpre destacar que a UE só reduciu significativamente as súas emisións territoriais. Se consideramos a súa pegada de carbono, isto é, as emisións asociadas ao consumo europeo, sen importar o lugar no que se producen, o desempeño da UE no combate ao cambio climático é ben
  • 5. diferente. As emisións ligadas ao consumo da UE en 2009 eran un 2% máis altas que en 1995. E é que unha parte considerábel das presións ambientais asociadas ao sobreconsumo da UE teñen lugar fóra do seu territorio, en moitos casos en países empobrecidos. A UE exporta destrución ambiental ao resto do mundo. E non só no que atinxe ás emisións de gases de invernadoiro. Tamén noutras categorías de impacto ambiental. Tamén os padróns de produción e consumo de Galicia impactan negativamente no medio ambiente a escala global. Está moi estendida a crenza de que somos un país rico en recursos naturais, mais mesmo plenamente explotados, non abondarían para soster a nosa estrutura produtiva e o noso estilo de vida actuais, inviábeis sen a importación neta de grandes cantidades de alimentos, combustíbeis ou minerais, con elevadas pegadas de deterioración ambiental asociadas. Por exemplo, máis do 80% da enerxía primaria usada anualmente en Galicia procede do exterior. Importamos petróleo, carbón, gas natural e agrocombustíbeis. Non temos excedente enerxético. Todo o contrario.
  • 6. A nosa terra emitiu 27 millóns e medio de toneladas de gases de invernadoiro durante 2013. Desde 1990 as emisións reducíronse o 4%. Unha diminución insuficiente que foi posíbel grazas ao crecemento da produción renovábel e á crise económica. Entre 1990 e 2007 medraron o 23%, pero desde 2007 caeron o 28%. O crecemento da produción renovábel e a crise económica favoreceron a diminución da xeración eléctrica con carbón, causa principal da caída das emisións a respecto de mediados da década pasada. Con todo, as térmicas de carbón de Meirama (Gas Natural Fenosa) e As Pontes (ENDESA) seguen a ser a maior fonte de gases de invernadoiro en Galicia. As centrais eléctricas de carbón son aínda responsábeis dun terzo das emisións galegas. A redución da produción eléctrica con carbón a respecto de 1990 fixo que as emisións do sector enerxético baixasen un 30% no período 1990-
  • 7. 2013. Non tería sido posíbel sen a expansión da produción renovábel, nomeadamente da eólica. Porén, a actividade das centrais de carbón tocou fondo en 2010 para repuntar despois, en parte debido á ofensiva anti-renovábeis do Goberno Rajoy, principal responsábel do estancamento da capacidade de produción eléctrica renovábel en Galicia, despois dun período de forte crecemento.
  • 8. Moi diferente ten sido a evolución das emisións do transporte. Entre 1990 e 2013, e malia o descenso rexistrado desde o estoupido da crise económica, incrementou as emisións en case un 50%. As emisións do transporte disparáronse polo aumento do número de vehículos e do seu uso, favorecido pola sobredotación de infraestruturas, un crecemento das cidades e as súas áreas de influencia xerador de dependencia do automóbil e unha insuficiente oferta de transporte colectivo.
  • 9. Alén do sector enerxético, a industria tamén diminuiu as súas emisións en comparación con 1990, se ben nunha proporción e nunha cantidade moito menores. A crise económica dos últimos anos foi decisiva na redución das emisións industriais. A achega ao cambio climático da agricultura e a gandaría incrementouse nun 20% desde 1990, a pesar da caída brutal no número de explotacións agrarias. Nos últimos anos as emisións, procedentes do gando e do uso de fertilizantes nitroxenados, tenden a se estabilizar. Moito maior foi o medre das emisións do sector residencial, comercial e institucional. En 2013 as emisións foron o 67% superiores ás de 1990. En termos absolutos, foi o sector no que máis aumentaron as emisións, despois do transporte. Outras actividades cuxas emisións figuran no inventario do Ministerio de Medio Ambiente teñen moito menor peso que as anteriores. Son o tratamento e eliminación de residuos (512.750 toneladas en 2013) e as emisións fuxitivas dos combustíbeis fósiles (334.000 toneladas)
  • 10. A achega de Galicia ao cambio climático é moi importante en termos relativos. As emisións por habitante no noso país, malia teren descendido nos últimos anos para volver a níveis da década de 1990, ultrapasan as emisións medias mundiais e mesmo as do conxunto da UE.
  • 11. Cinco grandes empresas foron responsábeis do 45 % das emisións galegas de gases de invernadoiro durante 2013. Son multinacionais privadas españolas ou estranxeiras do sector enerxético ou da transformación de metais, un sector moi intensivo en consumo enerxético. Para diminuíren sensibelmente as súas emisións estas empresas terían que recortar a súa produción.
  • 12. Para termos unha visión completa da responsabilidade de Galicia no quentamento global, alén das emisións territoriais, cómpre considerarmos tamén a nosa pegada climática: a cantidade de gases de  invernadoiro emitida para producir todos os bens e servizos que demandamos. Para calculala, ás emisións desde o territorio galego hai que lle restar as asociadas ás exportacións e sumarlle as vecelladas ás importacións. Lamentabelmente, sabemos moi pouco sobre a pegada climática de Galicia. Tan só se estimou parcialmente, tendo en conta apenas o consumo privado. E ademais tan só para un só ano.
  • 13. O impacto climático das familias é moi desigual. As emisións medias do 10% dos fogares españois con maior nivel de gasto son unhas sete veces superiores ás emisións do 10% dos fogares con menor nivel de gasto. Se alén do consumo privado se incorporasen as outras compoñentes da nosa demanda interna (o gasto público e as decisións de investimento), menos importantes, semella que a pegada climática de Galicia para 2007 estaría no intervalo das 8-11 toneladas. Polo tanto, é unha pegada insustentábel e elevada a nivel mundial. A crise dos últimos anos e a conseguinte caída do consumo diminuiu a nosa pegada climática.
  • 14. Galicia debe asumir de vez a súa responsabilidade na crise climática, sen agardar por un improbábel cumio climático mundial que “salve o clima”, sen limitarse a seguir iniciativas europeas ou españolas que até hoxe careceron da ambición necesaria. Ademais dunha obriga moral, reducirmos as emisións de gases causantes do cambio climático contribuirá á construción dunha sociedade máis resiliente, mellor preparada para se adaptar a un inevitábel escenario mundial de recursos naturais decrecentes e graves problemas socioambientais. Ningún goberno da Xunta adoptou medidas, obxectivos e prazos para a diminución, en termos absolutos, das nosas emisións de gases de invernadoiro. Nunca houbo unha política climática autonomica merecente de tal nome. Pola contra, si houbo vontade política para defender teimudamente as ineficientes e moi contaminantes térmicas de carbón, para promover intensamente o transporte por estrada mediante a ampliación desmedida da capacidade viaria, ou para impulsar por todos os medios a incineración dos residuos urbanos. O compromiso climático por parte das institucións locais tamén deixa moito que desexar. Polo xeral, Concellos e Deputacións coidan que a mitigación da mudanza climática non é asunto delas, a pesar da súa especial responsabilidade en ámbitos como a planificación urbanística, a mobilidade ou os residuos urbanos, decisivos para a mitigación e adaptación ao cambio climático. A única política institucional desenvolvida até hoxe cun impacto climático positivo importante foi a tendente ao desenvolvemento das enerxías renovábeis
  • 15. (nomeadamente da eólica). Esta política traduciuse en aforros importantes de emisións de CO2, non simbólicos, como os derivados doutras políticas proclima de moito menor alcance, senón certamente cuantiosos. Lamentabelmente, o actual Goberno estatal decretou un “parón renovábel” que só beneficia o oligopolio eléctrico, cuxo negocio se sustenta nas enerxías sucias. A descarbonización da economía baixo criterios de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social require dunha profunda transformacion do noso modelo económico produtivista e consumista. Decrecer o uso de recursos naturais e substituír os recursos fóseis por renovábeis son desafíos chaves. Entre as medidas concretas necesarias para recortar as emisións pódense salientar o peche a curto prazo das térmicas de carbón de Meirama e As Pontes, a eliminación dos incentivos ao uso do vehículo privado e o potenciamento do transporte colectivo, a expansión das enerxías renovábeis da forma máis descentralizada posíbel ou a promoción dunha alimentación máis vexetariana e baseada en alimentos ecolóxicos, próximos e de temporada.
  • 16. O cambio climático castiga con maior dureza os países empobrecidos, os menos responsábeis na xeración do problema climático pero os máis vulnerábeis ás súas consecuencias. Mais tamén para unha sociedade desenvolvida como a nosa, o cambio climático podería chegar a ser devastador. O quentamento global tornará Galicia moito menos habitábel e rica en vida. Secas moito máis intensas no interior Menos pesca e marisco Vagas de lumes forestais máis destrutivas Perda de biodiversidade. Extinción do urogalo e do salmón. Diminución da produción agraria e gandeira Desaparición de praias e marismas pola suba do nivel do mar. Temporais máis frecuentes e intensos Maiores dificultades nos abastecementos de auga Máis vagas de calor
  • 17. Referencias dos datos sobre emisións: