SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 18
José Iván Parada Guajardo-Fajardo
Comezamos hoxe, con este primeiro artigo, unha serie de publicacións que
pretenden achegar información rigorosa e útil acerca de aspectos sobre dieta e
alimentación, que como sabemos é un piar básico no tratamento da diabete.
Dende o rigor, e coa formación que teño en dietética e a perspectiva que me
dá coñecer un caso de diabete xuvenil de primeira man, ademais do meu paso por
unha unidade de educación diabetolóxica, intentaremos mes a mes achegar un
pouco de claridade sobre aspectos que afectan á dieta e á alimentación dos nosos
rapaces.
O carácter destes artigos é só informativo, e non debe en ningún caso
contravir calquera indicación proveniente do equipo médico a cargo.
As recomendacións son as establecidas para a poboación xeral, polo que
calquera prescrición do equipo diabetolóxico, que terá en conta todas as
condicións particulares de cada paciente, será a pauta a seguir.
Trataremos neste primeiro artigo sobre un tema que parece, nos últimos
tempos, ocupar un lugar destacado nos faladoiros, publicacións e conversacións
informais sobre alimentación; o leite.
Intentaremos achegar un pouco de información para que cada quen
configure o seu criterio.
En canto aos argumentos que se esgrimen hoxe en día en
contra e a favor do seu consumo, debemos ser coidadosos á hora de
asumir uns ou outros, e ser conscientes de que determinadas
correntes de opinión se fundamentan en feitos que como pouco
podemos cualificar de inconsistentes. A teoría actual en contra do
consumo de leite baséase na argumentación de que os humanos
somos os únicos mamíferos que seguimos consumindo leite tras a
desteta e na vida adulta. Isto é tan certo como o é o feito de que
somos unha especie que posúe un código cultural tan sofisticado
que nos leva a unha gran cantidade de comportamentos que non
están imprimidos no noso código xenético ou que non se poden
xulgar tan só dende o punto de vista da selección natural, ou dito
doutro xeito, por criterios puramente biolóxicos, e que non obstante
non cuestionamos, como o uso de métodos para o control da
natalidade.
Aínda se nos empeñásemos en atender a criterios biolóxicos,
encontramos na evolución da nosa especie a grupos humanos que
progresan en ambientes carentes de fontes alternativas de calcio
que non sexan o leite, polo que o seu consumo como adultos se
mantén, xa que supón unha vantaxe evolutiva, polo que o
argumento da única especie consumidora de leite fai máis auga
aínda.
En canto ás campañas publicitarias, xa parece que superadas,
que incitaban ao consumo desenfreado de leite, pódese dicir que
quizais estaban influenciadas máis por criterios comerciais que por
criterios puramente nutricionais.
Hoxe en día, correntes de opinión de dubidosa orixe,
encontrámonos con criterios a favor e en contra do consumo de leite
entre sociedades e organismos médicos, alimentarios e dietéticos
como por exemplo o leite de soia, deberiamos utilizar no seu lugar a
denominación bebida de... ( soia no exemplo que manexamos).
Deste xeito evitaremos asimilar as características nutricionais entre
ambos os dous alimentos, que en ocasións son moi dispares.
É certo que o leite é un alimento moi completo, cunha
composición nutricional na que destacan proteínas de alta calidade
biolóxica (con todos os aminoácidos esenciais), un tipo de hidrato
de carbono (a lactosa) e unha porcentaxe importante de graxas
(saturadas principalmente); ademais, conta cun perfil de vitaminas
moi variado, e minerais, entre os que destaca o calcio.
Imos a continuación a resumir as vantaxes e inconvenientes do leite
en función da súa composición nutricional:
- En canto ás proteínas, podemos dicir que a calidade e cantidade
destas que achega o converte nun alimento moi interesante para os
nosos rapaces de cara ao seu crecemento.
Non nos cansaremos de repetir durante estes artigos que a dieta da
diabete non é só aquela que coordina a inxestión de hidratos de
carbono coa pauta insulínica, senón que tamén é a que garante o
crecemento do rapaz e prevén das posibles complicacións da
enfermidade, principalmente cardiovasculares.
No que ao crecemento se refire, esa achega de proteínas de
calidade asegúranos que as necesidades de proteínas en nenos e
adolescentes, que se sitúan en torno aos 0,95 gr. de proteína por
quilo de peso e día, se satisfán. Nos países desenvoltos, entre os
que se inclúe España, a achega de proteínas foi durante os últimos
anos axeitada, mesmo excesiva en determinadas circunstancias. Non
obstante, a partir da crise económica que aínda nos afecta, o
consumo de proteínas está a decaer perigosamente, polo que o leite
pode ocupar un lugar destacado no mantemento dos niveis óptimos
de achega proteica, especialmente en nenos e adolescente.
Por último, dicir que un exceso de leite pode quitar o apetito
debido ao efecto saciante das proteínas.
- Veremos agora o que acontece co hidrato de carbono que contén o
leite, a lactosa.
A lactosa é o azucre presente de xeito natural no leite. Debido á súa
complexidade non pode ser absorbida polas células do intestino. Por
acción dunha encima, a lactosa segregada polas propias células do
intestino, esta lactosa convértese en dous hidratos de carbono máis
sinxelos, a glicosa e a galactosa, que si poden ser absorbidos.
A deficiencia de lactosa, condición moi frecuente no mundo, con
variacións segundo os diferentes grupos de poboación, orixina que
esa lactosa non asimilada no intestino delgado alcance o intestino
groso, onde é fermentada pola flora do colon, producindo síntomas
característicos como a distensión abdominal, diarrea, flatulencia... e
provocando o cadro coñecido como intolerancia á lactosa. Outras
veces, esta intolerancia é secundaria a diferentes enfermidades,
como a celiaquía, en ocasións asociada á diabete tipo 1.
Deberá ser o médico o que diagnostique esta condición de
intolerancia e determine que medidas a seguir, que poden incluír o
uso de leites adaptados ou sen lactosa. Este tipo de leites, máis
caros que o leite común, utilízanse de xeito non xustificado e
indiscriminado, sen motivo médico, formando parte dunha moda
que pode ter detrás intereses comerciais.
A lactosa, como hidrato carbono que é e como xa sabemos,
débese ter en conta á hora de calcular as necesidades de insulina. En
canto á capacidade que ten a lactosa de aumentar os niveis de
glicosa en sangue (índice glicémico), podemos dicir que é baixo (27
sobre 100) no caso do leite enteiro) e un pouco máis alto (33 sobre
100) no caso do desnatado.
- O leite contén unha cantidade importante de graxas saturadas,
como en xeral os seus derivados e outros alimentos de orixe animal.
Axudas moi ricas en graxas saturadas parecen predispoñer para un
bo número de enfermidades, especialmente cardiovasculares. Polo
tanto, as recomendacións dietéticas hoxe en día din que o consumo
de graxa saturada non debe supoñer máis do 10% das calorías
diarias, e baixar esta cantidade ao 7% cando a persoa teña un risco
elevado de enfermidade cardiovascular, como é o caso dos nosos
rapaces. Agora ben, é tan importante non superar estas cantidades
recomendadas como garantir que o seu consumo non se substitúe
por opcións como hidratos de carbono refinados (bolleria e
pastelaría, sobre todo industrial), e si en cambio por graxas
monoinsaturadas (aceite de oliva e aceites de sementes en
xeral) e poliinsaturadas (aceites de sementes en xeral, froitos secos,
peixe…).
As opcións semidesnatadas (metade de graxas) ou desnatadas
(sen graxas) poden reducir ou mitigar o problema de exceso de
graxa saturada.
Poñeremos un exemplo práctico que inclúe estes conceptos que
acabamos de tratar:
Estimando que as necesidades enerxéticas dun neno ou nena
de entre 6-9 anos son de 2000 Kcal/día, e que dous vasos de leite
enteiro dunha porción habitual (250 ml porción habitual x 2 = 500
ml) achegan 10 gr. de graxa saturada (90 Kcal ), obtemos que con
eses dous vasos de leite xa cubrimos o 4,5% das
cantidades diarias recomendadas de graxa saturada, polo que ante
unha achega moderada doutros alimentos ricos neste tipo de graxa
(carne, pastelaría) imos estar a roldar ou superar a
achega recomendada de xeito habitual.
- Se hai un nutriente que caracteriza o leite, e que de feito definiu o
consumo deste ao longo da evolución humana, é o calcio.
Imprescindible en pequenas cantidades en procesos biolóxicos
como a contracción muscular, a coagulación sanguínea ou a
transmisión de impulsos nerviosos, ten un papel crítico na
construción e mantemento dos dentes e ósos.
Posiblemente o primeiro recordo que teñamos moitos de nós
en relación á alimentación sexa o dos nosos maiores advertíndonos
do importante que era tomar o vaso de leite para os nosos ósos e
crecemento en xeral; non se trata de rematar co recordo, pero si
matizalo e refinalo en virtude dos avances que en materia de
alimentación e nutrición se van producindo.
O calcio é o elemento do que están formados os nosos ósos na
súa maior parte. Ademais da súa función estrutural, os ósos
participan nun complexo mecanismo de regulación do calcio,
necesario en diferentes tecidos para acometer as funcións que antes
comentamos.
Os ósos non son materia inerte; todo o contrario, encóntrase nun
permanente estado de destrución/reconstrución. Ata a idade
aproximada de 30 anos, os ósos teñen a maior capacidade de
asimilación de calcio, e a cantidade de calcio que consigamos
depositar ata esa idade vai ser o que determine en boa medida a
nosa saúde ósea na madurez e vellez. Polo tanto asegurar unha
achega axeitada de calcio vólvese indispensable na infancia,
adolescencia e madurez temperá.
Retomando o fío inicial do parágrafo, podémonos facer a seguinte
pregunta: son o leite e os seus derivados a fonte inesgotable e
infalible de calcio que sempre cremos? E aquí é cando xorden
opinións, como a do Departamento de Saúde e Nutrición da
Universidade de Harvard, que afirman que o calcio dos lácteos non é
a única nin talvez a mellor fonte de calcio. O leite e os seus
derivados conteñen unha cantidade de calcio importante, ademais
de vitamina D (tanto de xeito natural como suplementada) e lactosa,
que contribúen á absorción de calcio no intestino. Pero de igual
xeito, un exceso de proteína na dieta contribúe a unha acidificación
excesiva do sangue, que o corpo vai amortecer extraendo calcio dos
ósos; Ademais, o leite contén cantidades importantes de vitamina A
preformada (retinol) que parece non ser beneficioso para a saúde
ósea. Polo tanto, quizais fose o momento para empezar a utilizar
outras estratexias que contribúan á achega apropiada de calcio,
sen depender exclusivamente do leite e derivados, como o consumo
de verduras de folla verde, froitos secos ou soia.
Podemos tamén contribuír á nosa saúde ósea co exercicio
regular e co consumo axeitado de vitamina k (verduras de folla
verde) e vitamina D, fundamental para a absorción do calcio, pero
escasa de xeito xeral na dieta, mediante o consumo de peixe e
produtos enriquecidos (bebida de soia). A achega de vitamina D
depende tamén en boa medida do tempo que pasemos ao aire libre
e da latitude na que vivamos.
Outras medidas serían limitar o consumo de sodio, da cafeína
ou dos refrescos de cola (alteran o equilibrio fósforo/calcio).
Debemos advertir ademais que un exceso de calcio pode
interferir na absorción de ferro, e polo tanto diminuír as reservas
deste mineral imprescindible.
E agora é cando vostedes, despois deste aluvión de
información se preguntarán: Pero, leite si ou leite non?
Eu voulles confiar o meu criterio e opinión.
O leite é un alimento moi completo, e por este motivo pode ser
un instrumento importante á hora de garantir a achega adecuada de
nutrientes, xa que en xeral na nosa cultura é un alimento agradable
e ben tolerado (agás en casos de alerxias e intolerancias nas que o
seu consumo se verá loxicamente limitado e descartado). Coa
dificultade que entraña inculcar hábitos saudables en nenos e
adolescentes, poderosamente influenciados por pautas culturais
importadas que buscan exclusivamente o rendemento económico,
creo que debe ser un alimento presente a diario na dieta dos nosos
rapaces. Tamén vimos as desvantaxes e riscos que
representa o seu consumo, sobre todo seguindo as pautas pasadas
que recomendaban un consumo ilimitado.
A clave creo que pasa por buscar unha solución de compromiso
que inclúa na dieta cantidades de leite que compensen os seus
inconvenientes, ou dito doutro xeito, promover un consumo
razoable e responsable.
O doutor Ragnar Hanas, experto en diabete tipo 1 en nenos e
adolescentes, recomenda un consumo de dúas porcións diarias de
leite (ou derivados), que equivalen a medio litro de leite ou catro
iogures. O cambio de leite enteiro a desnatado non debería
producirse antes dos tres anos, debido ás importantes necesidades
de graxa antes desta idade.
Para ás demais idades, a elección das opcións semidesnatadas ou
desnatadas dependerá da cantidade de graxa saturada que conte a
dieta, tendo a precaución de non superar as cantidades antes
recomendadas, podendo contar coa axuda dun dietista ou profesional
da saúde se non se dominan os conceptos básicos da dieta.
A universidade de Harvard, no seu prato ideal que propón para
cada día, inclúe dunha a dúas porcións de lácteos ou derivados, mentres
que o departamento de agricultura de EUA propón a cantidade de 2/3
porcións/día.
A pirámide Naos de la Axencia Española de Seguridade Alimentaria
e Nutrición propón o consumo diario de leite, sen precisar cantidades.
En caso de maior demanda por parte do menor, pódense utilizar
bebidas de soia ou avea, por exemplo, fortificadas en calcio, vitamina A
e Vitamina D pero cun perfil graxo e proteico máis saudable.
Como recomendación xeral creo que a dieta dos nosos rapaces
debe incluír a diario dous porcións de leite ou os seus derivados,
preferiblemente nas súas formas menos graxas, coa posibilidade de
aumentar ou diminuír estas cantidades unha vez valorado o
conxunto da dieta por parte dun profesional da saúde, sexa médico,
enfermeira educadora ou dietista/nutricionista, que valorarán, de
xeito global que outros factores inflúen no crecemento, control da
diabete e prevención de enfermidades asociadas.
José Iván Parada Guajardo-Fajardo

Más contenido relacionado

Similar a O leite

Alimentación e nutrientes
Alimentación e nutrientesAlimentación e nutrientes
Alimentación e nutrientes
LOPEZMOURENZA
 
Tema 2 alim e nutri
Tema 2 alim e nutriTema 2 alim e nutri
Tema 2 alim e nutri
montx189
 
A química no deporte c
A química no deporte cA química no deporte c
A química no deporte c
iesasorey
 
Alimentación humana
Alimentación humanaAlimentación humana
Alimentación humana
irenetraba
 

Similar a O leite (20)

O leite
O leiteO leite
O leite
 
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTES
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTESALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTES
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTES
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Alimentación e nutrientes
Alimentación e nutrientesAlimentación e nutrientes
Alimentación e nutrientes
 
A OBESIDADE INFANTIL
A OBESIDADE INFANTILA OBESIDADE INFANTIL
A OBESIDADE INFANTIL
 
Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude
 
A nutricion
A nutricionA nutricion
A nutricion
 
Alimentación e saúde
Alimentación e saúdeAlimentación e saúde
Alimentación e saúde
 
Patróns textuais
Patróns textuaisPatróns textuais
Patróns textuais
 
Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
traballo froita
traballo froitatraballo froita
traballo froita
 
A alimentación dos deportistas
A alimentación dos deportistasA alimentación dos deportistas
A alimentación dos deportistas
 
Tema 2 alim e nutri
Tema 2 alim e nutriTema 2 alim e nutri
Tema 2 alim e nutri
 
Tema 2 alim e nutri biolog 3
Tema 2 alim e nutri biolog 3Tema 2 alim e nutri biolog 3
Tema 2 alim e nutri biolog 3
 
O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4
 
O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4
 
A química no deporte c
A química no deporte cA química no deporte c
A química no deporte c
 
Alimentación humana
Alimentación humanaAlimentación humana
Alimentación humana
 
Os alimentos
Os alimentosOs alimentos
Os alimentos
 
Dieta equilibrada
Dieta equilibrada Dieta equilibrada
Dieta equilibrada
 

O leite

  • 1. José Iván Parada Guajardo-Fajardo
  • 2. Comezamos hoxe, con este primeiro artigo, unha serie de publicacións que pretenden achegar información rigorosa e útil acerca de aspectos sobre dieta e alimentación, que como sabemos é un piar básico no tratamento da diabete. Dende o rigor, e coa formación que teño en dietética e a perspectiva que me dá coñecer un caso de diabete xuvenil de primeira man, ademais do meu paso por unha unidade de educación diabetolóxica, intentaremos mes a mes achegar un pouco de claridade sobre aspectos que afectan á dieta e á alimentación dos nosos rapaces. O carácter destes artigos é só informativo, e non debe en ningún caso contravir calquera indicación proveniente do equipo médico a cargo. As recomendacións son as establecidas para a poboación xeral, polo que calquera prescrición do equipo diabetolóxico, que terá en conta todas as condicións particulares de cada paciente, será a pauta a seguir. Trataremos neste primeiro artigo sobre un tema que parece, nos últimos tempos, ocupar un lugar destacado nos faladoiros, publicacións e conversacións informais sobre alimentación; o leite.
  • 3. Intentaremos achegar un pouco de información para que cada quen configure o seu criterio. En canto aos argumentos que se esgrimen hoxe en día en contra e a favor do seu consumo, debemos ser coidadosos á hora de asumir uns ou outros, e ser conscientes de que determinadas correntes de opinión se fundamentan en feitos que como pouco podemos cualificar de inconsistentes. A teoría actual en contra do consumo de leite baséase na argumentación de que os humanos somos os únicos mamíferos que seguimos consumindo leite tras a desteta e na vida adulta. Isto é tan certo como o é o feito de que somos unha especie que posúe un código cultural tan sofisticado que nos leva a unha gran cantidade de comportamentos que non están imprimidos no noso código xenético ou que non se poden xulgar tan só dende o punto de vista da selección natural, ou dito doutro xeito, por criterios puramente biolóxicos, e que non obstante
  • 4. non cuestionamos, como o uso de métodos para o control da natalidade. Aínda se nos empeñásemos en atender a criterios biolóxicos, encontramos na evolución da nosa especie a grupos humanos que progresan en ambientes carentes de fontes alternativas de calcio que non sexan o leite, polo que o seu consumo como adultos se mantén, xa que supón unha vantaxe evolutiva, polo que o argumento da única especie consumidora de leite fai máis auga aínda. En canto ás campañas publicitarias, xa parece que superadas, que incitaban ao consumo desenfreado de leite, pódese dicir que quizais estaban influenciadas máis por criterios comerciais que por criterios puramente nutricionais. Hoxe en día, correntes de opinión de dubidosa orixe, encontrámonos con criterios a favor e en contra do consumo de leite entre sociedades e organismos médicos, alimentarios e dietéticos
  • 5. como por exemplo o leite de soia, deberiamos utilizar no seu lugar a denominación bebida de... ( soia no exemplo que manexamos). Deste xeito evitaremos asimilar as características nutricionais entre ambos os dous alimentos, que en ocasións son moi dispares. É certo que o leite é un alimento moi completo, cunha composición nutricional na que destacan proteínas de alta calidade biolóxica (con todos os aminoácidos esenciais), un tipo de hidrato de carbono (a lactosa) e unha porcentaxe importante de graxas (saturadas principalmente); ademais, conta cun perfil de vitaminas moi variado, e minerais, entre os que destaca o calcio. Imos a continuación a resumir as vantaxes e inconvenientes do leite en función da súa composición nutricional: - En canto ás proteínas, podemos dicir que a calidade e cantidade destas que achega o converte nun alimento moi interesante para os nosos rapaces de cara ao seu crecemento.
  • 6. Non nos cansaremos de repetir durante estes artigos que a dieta da diabete non é só aquela que coordina a inxestión de hidratos de carbono coa pauta insulínica, senón que tamén é a que garante o crecemento do rapaz e prevén das posibles complicacións da enfermidade, principalmente cardiovasculares. No que ao crecemento se refire, esa achega de proteínas de calidade asegúranos que as necesidades de proteínas en nenos e adolescentes, que se sitúan en torno aos 0,95 gr. de proteína por quilo de peso e día, se satisfán. Nos países desenvoltos, entre os que se inclúe España, a achega de proteínas foi durante os últimos anos axeitada, mesmo excesiva en determinadas circunstancias. Non obstante, a partir da crise económica que aínda nos afecta, o consumo de proteínas está a decaer perigosamente, polo que o leite pode ocupar un lugar destacado no mantemento dos niveis óptimos de achega proteica, especialmente en nenos e adolescente.
  • 7. Por último, dicir que un exceso de leite pode quitar o apetito debido ao efecto saciante das proteínas. - Veremos agora o que acontece co hidrato de carbono que contén o leite, a lactosa. A lactosa é o azucre presente de xeito natural no leite. Debido á súa complexidade non pode ser absorbida polas células do intestino. Por acción dunha encima, a lactosa segregada polas propias células do intestino, esta lactosa convértese en dous hidratos de carbono máis sinxelos, a glicosa e a galactosa, que si poden ser absorbidos. A deficiencia de lactosa, condición moi frecuente no mundo, con variacións segundo os diferentes grupos de poboación, orixina que esa lactosa non asimilada no intestino delgado alcance o intestino groso, onde é fermentada pola flora do colon, producindo síntomas característicos como a distensión abdominal, diarrea, flatulencia... e provocando o cadro coñecido como intolerancia á lactosa. Outras
  • 8. veces, esta intolerancia é secundaria a diferentes enfermidades, como a celiaquía, en ocasións asociada á diabete tipo 1. Deberá ser o médico o que diagnostique esta condición de intolerancia e determine que medidas a seguir, que poden incluír o uso de leites adaptados ou sen lactosa. Este tipo de leites, máis caros que o leite común, utilízanse de xeito non xustificado e indiscriminado, sen motivo médico, formando parte dunha moda que pode ter detrás intereses comerciais. A lactosa, como hidrato carbono que é e como xa sabemos, débese ter en conta á hora de calcular as necesidades de insulina. En canto á capacidade que ten a lactosa de aumentar os niveis de glicosa en sangue (índice glicémico), podemos dicir que é baixo (27 sobre 100) no caso do leite enteiro) e un pouco máis alto (33 sobre 100) no caso do desnatado.
  • 9. - O leite contén unha cantidade importante de graxas saturadas, como en xeral os seus derivados e outros alimentos de orixe animal. Axudas moi ricas en graxas saturadas parecen predispoñer para un bo número de enfermidades, especialmente cardiovasculares. Polo tanto, as recomendacións dietéticas hoxe en día din que o consumo de graxa saturada non debe supoñer máis do 10% das calorías diarias, e baixar esta cantidade ao 7% cando a persoa teña un risco elevado de enfermidade cardiovascular, como é o caso dos nosos rapaces. Agora ben, é tan importante non superar estas cantidades recomendadas como garantir que o seu consumo non se substitúe por opcións como hidratos de carbono refinados (bolleria e pastelaría, sobre todo industrial), e si en cambio por graxas monoinsaturadas (aceite de oliva e aceites de sementes en
  • 10. xeral) e poliinsaturadas (aceites de sementes en xeral, froitos secos, peixe…). As opcións semidesnatadas (metade de graxas) ou desnatadas (sen graxas) poden reducir ou mitigar o problema de exceso de graxa saturada. Poñeremos un exemplo práctico que inclúe estes conceptos que acabamos de tratar: Estimando que as necesidades enerxéticas dun neno ou nena de entre 6-9 anos son de 2000 Kcal/día, e que dous vasos de leite enteiro dunha porción habitual (250 ml porción habitual x 2 = 500 ml) achegan 10 gr. de graxa saturada (90 Kcal ), obtemos que con eses dous vasos de leite xa cubrimos o 4,5% das cantidades diarias recomendadas de graxa saturada, polo que ante unha achega moderada doutros alimentos ricos neste tipo de graxa (carne, pastelaría) imos estar a roldar ou superar a
  • 11. achega recomendada de xeito habitual. - Se hai un nutriente que caracteriza o leite, e que de feito definiu o consumo deste ao longo da evolución humana, é o calcio. Imprescindible en pequenas cantidades en procesos biolóxicos como a contracción muscular, a coagulación sanguínea ou a transmisión de impulsos nerviosos, ten un papel crítico na construción e mantemento dos dentes e ósos. Posiblemente o primeiro recordo que teñamos moitos de nós en relación á alimentación sexa o dos nosos maiores advertíndonos do importante que era tomar o vaso de leite para os nosos ósos e crecemento en xeral; non se trata de rematar co recordo, pero si matizalo e refinalo en virtude dos avances que en materia de alimentación e nutrición se van producindo.
  • 12. O calcio é o elemento do que están formados os nosos ósos na súa maior parte. Ademais da súa función estrutural, os ósos participan nun complexo mecanismo de regulación do calcio, necesario en diferentes tecidos para acometer as funcións que antes comentamos. Os ósos non son materia inerte; todo o contrario, encóntrase nun permanente estado de destrución/reconstrución. Ata a idade aproximada de 30 anos, os ósos teñen a maior capacidade de asimilación de calcio, e a cantidade de calcio que consigamos depositar ata esa idade vai ser o que determine en boa medida a nosa saúde ósea na madurez e vellez. Polo tanto asegurar unha achega axeitada de calcio vólvese indispensable na infancia, adolescencia e madurez temperá.
  • 13. Retomando o fío inicial do parágrafo, podémonos facer a seguinte pregunta: son o leite e os seus derivados a fonte inesgotable e infalible de calcio que sempre cremos? E aquí é cando xorden opinións, como a do Departamento de Saúde e Nutrición da Universidade de Harvard, que afirman que o calcio dos lácteos non é a única nin talvez a mellor fonte de calcio. O leite e os seus derivados conteñen unha cantidade de calcio importante, ademais de vitamina D (tanto de xeito natural como suplementada) e lactosa, que contribúen á absorción de calcio no intestino. Pero de igual xeito, un exceso de proteína na dieta contribúe a unha acidificación excesiva do sangue, que o corpo vai amortecer extraendo calcio dos ósos; Ademais, o leite contén cantidades importantes de vitamina A preformada (retinol) que parece non ser beneficioso para a saúde ósea. Polo tanto, quizais fose o momento para empezar a utilizar outras estratexias que contribúan á achega apropiada de calcio,
  • 14. sen depender exclusivamente do leite e derivados, como o consumo de verduras de folla verde, froitos secos ou soia. Podemos tamén contribuír á nosa saúde ósea co exercicio regular e co consumo axeitado de vitamina k (verduras de folla verde) e vitamina D, fundamental para a absorción do calcio, pero escasa de xeito xeral na dieta, mediante o consumo de peixe e produtos enriquecidos (bebida de soia). A achega de vitamina D depende tamén en boa medida do tempo que pasemos ao aire libre e da latitude na que vivamos. Outras medidas serían limitar o consumo de sodio, da cafeína ou dos refrescos de cola (alteran o equilibrio fósforo/calcio). Debemos advertir ademais que un exceso de calcio pode interferir na absorción de ferro, e polo tanto diminuír as reservas deste mineral imprescindible.
  • 15. E agora é cando vostedes, despois deste aluvión de información se preguntarán: Pero, leite si ou leite non? Eu voulles confiar o meu criterio e opinión. O leite é un alimento moi completo, e por este motivo pode ser un instrumento importante á hora de garantir a achega adecuada de nutrientes, xa que en xeral na nosa cultura é un alimento agradable e ben tolerado (agás en casos de alerxias e intolerancias nas que o seu consumo se verá loxicamente limitado e descartado). Coa dificultade que entraña inculcar hábitos saudables en nenos e adolescentes, poderosamente influenciados por pautas culturais importadas que buscan exclusivamente o rendemento económico, creo que debe ser un alimento presente a diario na dieta dos nosos rapaces. Tamén vimos as desvantaxes e riscos que
  • 16. representa o seu consumo, sobre todo seguindo as pautas pasadas que recomendaban un consumo ilimitado. A clave creo que pasa por buscar unha solución de compromiso que inclúa na dieta cantidades de leite que compensen os seus inconvenientes, ou dito doutro xeito, promover un consumo razoable e responsable. O doutor Ragnar Hanas, experto en diabete tipo 1 en nenos e adolescentes, recomenda un consumo de dúas porcións diarias de leite (ou derivados), que equivalen a medio litro de leite ou catro iogures. O cambio de leite enteiro a desnatado non debería producirse antes dos tres anos, debido ás importantes necesidades de graxa antes desta idade.
  • 17. Para ás demais idades, a elección das opcións semidesnatadas ou desnatadas dependerá da cantidade de graxa saturada que conte a dieta, tendo a precaución de non superar as cantidades antes recomendadas, podendo contar coa axuda dun dietista ou profesional da saúde se non se dominan os conceptos básicos da dieta. A universidade de Harvard, no seu prato ideal que propón para cada día, inclúe dunha a dúas porcións de lácteos ou derivados, mentres que o departamento de agricultura de EUA propón a cantidade de 2/3 porcións/día. A pirámide Naos de la Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición propón o consumo diario de leite, sen precisar cantidades. En caso de maior demanda por parte do menor, pódense utilizar bebidas de soia ou avea, por exemplo, fortificadas en calcio, vitamina A e Vitamina D pero cun perfil graxo e proteico máis saudable.
  • 18. Como recomendación xeral creo que a dieta dos nosos rapaces debe incluír a diario dous porcións de leite ou os seus derivados, preferiblemente nas súas formas menos graxas, coa posibilidade de aumentar ou diminuír estas cantidades unha vez valorado o conxunto da dieta por parte dun profesional da saúde, sexa médico, enfermeira educadora ou dietista/nutricionista, que valorarán, de xeito global que outros factores inflúen no crecemento, control da diabete e prevención de enfermidades asociadas. José Iván Parada Guajardo-Fajardo