SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do
Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do
R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha
moción relativa á tramitación de procedementos sancionadores de tráfico
empregando un equipo de captación de imaxes e un cinemómetro operados
por unha empresa privada contratada para o efecto.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
I.- Aparentemente, o Alcalde-Presidente da Pobra do Caramiñal, sen existir
informe técnico algún que avale a necesidade e/ou oportunidade da medida,
contactou verbalmente cunha empresa con domicilio social en
CANTABRIA, a mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L., a fin de
encomendarlle a vixilancia con medios de captación de imaxe móviles das
rúas do Concello da Pobra do Caramiñal, así como o control da velocidade
dos vehículos por medio dun cinemómetro.
E dise aparentemente, porque tras solicitar a vista do expediente
administrativo tramitado para a determinación da necesidade e
oportunidade do contrato, así como as súas características, verificouse que
non existe nin unha definición nin das tarefas a realizar, nin do prazo da súa
realización, nin do custe das mesmas... nin a formalización dun contrato
escrito.
Cómpre salientar que non se trata dun provedor de material de oficina
consumible (folios, tinta, etc.), senón dun servizo profesional que NUNCA
FOI PRESTADO NA POBRA DO CARAMIÑAL, polo que non existe
experiencia previa na realización de contratos administrativos con este
obxecto. Noutro orde de cousas, a empresa contratada ten domicilio en
Torrelavega (Cantabria), a máis de 600 km. da nosa Vila.
II.- O feito de que se trate dun contrato menor, no que a adxudicación se
realiza de maneira directa e o expediente se completa segundo o TRLCSP
coa aprobación do gasto e a simple incorporación da factura, non aclara os
puntos máis básicos, pois deberan existir traballos preparatorios, que non
constan, así como informes previos do Xefe da Policía Local indicando os
lugares de especial perigrosiade para o tráfico rodado nos que se
encomenda a realización das labores de vixilancia.
Xúntase documento oficial da DGT, acreditativo de que (con datos a
setembro de 2014) o último accidente grave na Pobra foi en 2009, co
falecemento dun veciño (DEP).
III.- A maior abundamento, non se realizou unha campaña de
concienciación ou divulgativa para a veciñanza, nin se deu "bombo e
platillo" ao radar como se fai con outras actuacións do Sr. Maceiras; por
citar un exemplo, a inauguración do Auditorio O'Lagar, realizada de forma
ilegal a criterio da Xunta Electoral de Zona, pero desenvolvida con
publicidade tanto institucional como comercial en prensa escrita.
Se a contratación da empresa foi estritamente legal, ¿por que se lle ocultou
á cidadanía? ¿Por que non se deu coñecemento no Pleno?
IV.- O motivo non pode ser outro que o meramente recadatorio; mesmo se
di nas rúas que a empresa cobra "a quiñón", unha porcentaxe do recadado,
de aí que se omitise calquera sinalización ou advertencia a fin de garantir
os termos económicos do negocio.
A denuncias formuladas (diversas fontes municipais din que son 300, se
ben o Alcalde di que son "duascentas e pico"), tendo en conta que o límite
dos contratos menores é de 18.000 euros (art. 138.3 TRLCSP), enténdese
que serán as imprescindibles para que a empresa acade a citada suma,
descontada a parte da multa que quedaría para o Concello.
De ser así, obviamente non sería necesaria a previa consignación
orzamentaria (lembremos a existencia dun teito de gasto e o "corralito"
imposto polo Plan de Pago a Provedores ao que se acolleu o Concello pola
súa nefasta situación económico-financeira), polo que non se aprobaría o
gasto até que o Concello recadase o importe necesario.
Se esta situación é certa, estaríamos a falar probablemente da existencia
dunha reserva de dispensación, por canto non se formularían as denuncias
polos feitos captados polo dispositivo técnico unha vez acadado o importe
contratado, cousa que o "radar" e o operador do mesmo non poden saber no
momento de captación das supostas infraccións.
V.- Non existe constancia de que no momento de captación das imaxes
estivese presente un axente da policía local, a fin de outorgar ás imaxes
captadas a presunción da veracidade de que gozan os feitos denunciados
por un axente, polo que a mera impugnación en vía administrativa da
sanción, ao non poder adverar o instrutor do procedemento a realidade da
suposta infracción, suporía a obligatoriedade do arquivo do procedemento,
por non poder desvirtuar a presunción de inocencia a denuncia formulada
por un particular (o operador do radar, empregado de VIALINE GESTIÓN,
S.L.).
Non consta tampouco a sinatura dun contrato de confidencialidade para a
cesión dos datos de carácter persoal dos condutores denunciados á
mercantil xestora do servizo, se ben se puido comprobar que VIALINE
GESTIÓN, S.L. ten debidamente inscrito na Agencia Española de
Protección de Datos un ficheiro coa seguinte descrición:
Identificación y finalidad del fichero:
Nombre del fichero: EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS
Descripción de la finalidad: CONJUNTO DE DATOS NECESARIOS PARA LA
GESTION DE EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS
SANCIONADORES EN MATERIA DE TRAFICO
POR CUENTA Y AUXILIO DE LA ADMON
TITULAR DE LA POTESTAD SANCIONADORA
Tipificación de la finalidad: OTRAS FINALIDADES
Tipos de datos, estructura y organización del fichero:
Datos especialmente protegidos:
Otros datos especialmente protegidos:
Datos de carácter identificativo: D.N.I./N.I.F.
NOMBRE Y APELLIDOS
DIRECCION
IMAGEN/VOZ
FIRMA ELECTRONICA
MATRICULA
Otros tipos de datos: CARACTERISTICAS PERSONALES
CIRCUNSTANCIAS SOCIALES
Sistema de tratamiento: MIXTO
Origen y procedencia de los datos:
Origen: EL PROPIO INTERESADO O SU
REPRESENTANTE LEGAL
ADMINISTRACIONES PUBLICAS
Colectivos: CLIENTES Y USUARIOS
PERSONAS DE CONTACTO
REPRESENTACION LEGAL
CONDUCTORES. TITULARES DE VEHICULOS.
Cesión o comunicación de datos:
Destinatarios: ORGANIZACIONES O PERSONAS
DIRECTAMENTE RELACIONADAS CON EL
RESPONSABLE
OTROS ÓRGANOS DE LA AMINISTRACIÓN
PÚBLICA
FUERZAS Y CUERPOS DE SEGURIDAD
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA CON
COMPETENCIA EN LA MATERIA
É dicir, VIALINE GESTIÓN, S.L. declara ante a AGPD que xestiona
ficheiros con datos cedidos polas Administracións públicas para o
desenvolvemento das súas actividades, pero non consta que o Concello da
Pobra lle teña cedido os datos indicados seguindo o procedemento
regulamentario.
En consecuencia, o contrato administrativo estaría viciado por infracción
do disposto na Disposición Adicional 26ª do TRLCSP, e a cesión de datos
suporía unha infracción do disposto no art. 12 da LOPD.
O Concello non pode ampararse nas especialidades tocante á tramitación
do procedemento de selección do contratista no caso dos contratos menores
para omitir as obrigas legalmente establecidas, nada menos que nunha Lei
orgánica para o desenvolvemento dun dereito fundamental recoñecido na
Constitución española.
O contrato de cesión de datos debe revestir forma escrita, e debe ter sido
redactado e outorgado con anterioridade ao inicio da prestación do servizo,
como documento imprescindible.
VI.- Noutro orde de cousas, non consta que se instalasen no casco urbano
as sinais obrigatorias relativas a que se trataba dunha zona video-vixilada,
consonte o disposto na "Instrucción 1/2006, de 8 de noviembre, de la
Agencia Española de Protección de Datos, sobre el tratamiento de datos
personales con fines de videovigilancia a través de sistemas de cámaras o
videocámaras" publicada no BOE n.º 296, de 12.12.2006.
Téñase en conta que, por tratarse dunha empresa privada a captadora das
imaxes, e non dun equipo de captación e videovixilancia xestionado polos
corpos e forzas de seguridade, non está excluído do ámbito de aplicación da
instrución citada consonte o disposto no seu art. 1.2.
En consecuencia, a captación das imaxes podería terse captado con
infracción do dereito constitucional á intimidade e á propia imaxe (art. 18
CE), polo que as probas videográficas da suposta infracción de tráfico
serían nulas por terse obtido con vulneración do dereito irrenunciable
contido no art. 5 da LOPD.
Estariamos a falar de que o tratamento das matrículas e cruce de datos cos
de titularidade dos vehículos, adoecerían de vicios con entidade suficiente
como para determinar a nulidade de todo o actuado.
VII.- Toda a escuridade relativa ao procedemento de contratación,
execución da prestación, e tramitación dos procedementos sancionadores
debe ser aclarada, pois estanse a causar inquedanzas aos veciños da vila
que non teñen a obriga de soportar, e estase a trasladar unha imaxe da
institución do Concello da Pobra do Caramiñal absolutamente nociva, ao
quebrar de forma directa o principio de confianza lexítima que informa as
relacións entre o administrado e a Administración.
A normativa de transparencia non é unha ferramenta electoral, senón unha
ferramenta para que os cidadáns poidan exercitar o seu dereito a coñecer e
a participar dos asuntos públicos.
En consecuencia, proponse ao Pleno do Concello da Pobra do Caramiñal a
adopción dos seguintes:
ACORDOS
1.- Que se cree inmediata e urxentemente unha comisión especial de
investigación entre os voceiros dos grupos políticos con representación
municipal, a fin de dilucidar se a actuación do Concello da Pobra do
Caramiñal por medio do seu Alcalde-Presidente no relativo á contratación
directa da mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L. para a prestación dun
servizo de video-vixilancia e medición da velocidade de vehículos cun
cinemómetro, se axusta á legalidade vixente, así como para investigar se as
labores desenvolvidas por esta mercantil na execución do servizo
contratado vulneraron as normas aplicables, en particular no relativo ao
dereito constitucional á protección da intimidade recollido no art. 18 da
Constitución española, e desenvolvido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de
decembro, de protección de datos de carácter persoal, e o seu regulamento
(RD 1720/2007, de 21 de decembro).
Con carácter irrenunciable, as sesións da comisión de investigación cuxa
constitución se solicita deberán ser ABERTAS AO PÚBLICO EN
XERAL, preferentemente en horario que permita a asistencia dos veciños,
e as labores de dirección e control dos debates deberán ser realizadas por
funcionario público independente.
2.- Que se diten as correspondentes ordes de suspensión dos procedementos
sancionadores iniciados contra os condutores con base no contrato e
actividades realizadas pola mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L., até que
finalicen as labores de investigación da comisión, coa elevación a un Pleno
extraordinario do seu ditame para a adopción dos acordos que no seu caso
corresponda, incluída no seu caso a declaración de nulidade da contratación
e a anulación da totalidade dos procedementos sancionadores, ordenando
neste último caso a devolución das cantidades percibidas dos veciños que
se acolleron ao "pronto pago", mailos xuros correspondentes.
3.- Subsidiariamente, para o caso de que o Pleno non estime conveniente a
celebración dunha comisión especial de investigación, e ante a presumible
infracción de dereitos constitucionais pola instalación de medios de
captación de imaxe con infracción do disposto na normativa de protección
de datos de carácter persoal, así como a inexistencia dos documentos de
cesión de datos especialmente protexidos e de garantías da súa
confidencialidade, así como a presumible comisión de irregularidades
invalidantes na tramitación dos expedientes sancionadores, que se acorde
que polo órgano competente se inicie o procedemento de revisión de oficio
dos expedientes sancionadores iniciados, e previa declaración de nulidade
dos medios de proba das supostas infraccións obrantes aos mesmos, se
diten as correspondentes resolucións de arquivo dos expedientes, con
devolución das cantidades percibidas dos cidadáns que abonaron as
sancións propostas con ou sen redución, incrementadas nos xuros que
correspondan.
4.- Que se adopten medidas que REALMENTE sirvan para mellorar a
seguridade das vías urbanas da Pobra do Caramiñal, en particular mediante
a esixencia á Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña de que
proceda á instalación de sinalización adicional (vertical e horizontal), así
como á instalación de pasos peonís sobreelevados que obriguen aos
condutores a diminuír a velocidade -os chamados "gardas tumbados"-.
A Pobra do Caramiñal, 11 de marzo de 2015
Mª Teresa García Guillán

More Related Content

Viewers also liked

TWITTER TOP 100 CATEGORIE Kantoren
TWITTER TOP 100 CATEGORIE KantorenTWITTER TOP 100 CATEGORIE Kantoren
TWITTER TOP 100 CATEGORIE Kantoren
Fou-Khan Tsang
 
1983 Niles West versus HP Homecoming
1983 Niles West versus HP Homecoming1983 Niles West versus HP Homecoming
1983 Niles West versus HP Homecoming
Dave Levine
 
Commercio Elettrico giugno-luglio 2013
Commercio Elettrico giugno-luglio 2013Commercio Elettrico giugno-luglio 2013
Commercio Elettrico giugno-luglio 2013
CommercioElettrico
 
Cynthia Perez Resume 2016
Cynthia Perez Resume 2016Cynthia Perez Resume 2016
Cynthia Perez Resume 2016
Cynthia Perez
 
M.BERG- ARCH201-CD-SET
M.BERG- ARCH201-CD-SETM.BERG- ARCH201-CD-SET
M.BERG- ARCH201-CD-SET
Marcia Berg
 

Viewers also liked (20)

Using Yola To Create Adsense Ready Blog
Using Yola To Create Adsense Ready BlogUsing Yola To Create Adsense Ready Blog
Using Yola To Create Adsense Ready Blog
 
Guesss introduction pres
Guesss introduction presGuesss introduction pres
Guesss introduction pres
 
Contratto standard listbroking.es
Contratto standard listbroking.esContratto standard listbroking.es
Contratto standard listbroking.es
 
Programa electoral 26-J: UPyD
Programa electoral 26-J: UPyDPrograma electoral 26-J: UPyD
Programa electoral 26-J: UPyD
 
TWITTER TOP 100 CATEGORIE Kantoren
TWITTER TOP 100 CATEGORIE KantorenTWITTER TOP 100 CATEGORIE Kantoren
TWITTER TOP 100 CATEGORIE Kantoren
 
Deine eigene App von appkind
Deine eigene App von appkindDeine eigene App von appkind
Deine eigene App von appkind
 
Dp vdl g2_d_03_1111_3
Dp vdl g2_d_03_1111_3Dp vdl g2_d_03_1111_3
Dp vdl g2_d_03_1111_3
 
1983 Niles West versus HP Homecoming
1983 Niles West versus HP Homecoming1983 Niles West versus HP Homecoming
1983 Niles West versus HP Homecoming
 
Invents 3 eso - el telèfon
Invents   3 eso - el telèfonInvents   3 eso - el telèfon
Invents 3 eso - el telèfon
 
Alex Aperte
Alex AperteAlex Aperte
Alex Aperte
 
Commercio Elettrico giugno-luglio 2013
Commercio Elettrico giugno-luglio 2013Commercio Elettrico giugno-luglio 2013
Commercio Elettrico giugno-luglio 2013
 
Dc Bar Social Media Twitter Shaun Dakin Dc Bar Presentation
Dc Bar Social Media Twitter Shaun Dakin Dc Bar PresentationDc Bar Social Media Twitter Shaun Dakin Dc Bar Presentation
Dc Bar Social Media Twitter Shaun Dakin Dc Bar Presentation
 
Cynthia Perez Resume 2016
Cynthia Perez Resume 2016Cynthia Perez Resume 2016
Cynthia Perez Resume 2016
 
Ruta corta pedales_de_hierro_2016
Ruta corta pedales_de_hierro_2016Ruta corta pedales_de_hierro_2016
Ruta corta pedales_de_hierro_2016
 
Manual de terapeutas avanzados
Manual de terapeutas avanzados Manual de terapeutas avanzados
Manual de terapeutas avanzados
 
Presentación Tesis Doctoral
Presentación Tesis Doctoral Presentación Tesis Doctoral
Presentación Tesis Doctoral
 
La aplicación de la tecnología de ozono a la salud pública (franken)
La aplicación de la tecnología de ozono a la salud pública (franken)La aplicación de la tecnología de ozono a la salud pública (franken)
La aplicación de la tecnología de ozono a la salud pública (franken)
 
Linkedin como herramienta de Marketing para las empesas
Linkedin como herramienta de Marketing para las empesasLinkedin como herramienta de Marketing para las empesas
Linkedin como herramienta de Marketing para las empesas
 
M.BERG- ARCH201-CD-SET
M.BERG- ARCH201-CD-SETM.BERG- ARCH201-CD-SET
M.BERG- ARCH201-CD-SET
 
Nutricion
NutricionNutricion
Nutricion
 

Moción multas radar

  • 1. Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa á tramitación de procedementos sancionadores de tráfico empregando un equipo de captación de imaxes e un cinemómetro operados por unha empresa privada contratada para o efecto. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS I.- Aparentemente, o Alcalde-Presidente da Pobra do Caramiñal, sen existir informe técnico algún que avale a necesidade e/ou oportunidade da medida, contactou verbalmente cunha empresa con domicilio social en CANTABRIA, a mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L., a fin de encomendarlle a vixilancia con medios de captación de imaxe móviles das rúas do Concello da Pobra do Caramiñal, así como o control da velocidade dos vehículos por medio dun cinemómetro. E dise aparentemente, porque tras solicitar a vista do expediente administrativo tramitado para a determinación da necesidade e oportunidade do contrato, así como as súas características, verificouse que non existe nin unha definición nin das tarefas a realizar, nin do prazo da súa realización, nin do custe das mesmas... nin a formalización dun contrato escrito. Cómpre salientar que non se trata dun provedor de material de oficina consumible (folios, tinta, etc.), senón dun servizo profesional que NUNCA FOI PRESTADO NA POBRA DO CARAMIÑAL, polo que non existe experiencia previa na realización de contratos administrativos con este obxecto. Noutro orde de cousas, a empresa contratada ten domicilio en Torrelavega (Cantabria), a máis de 600 km. da nosa Vila. II.- O feito de que se trate dun contrato menor, no que a adxudicación se realiza de maneira directa e o expediente se completa segundo o TRLCSP coa aprobación do gasto e a simple incorporación da factura, non aclara os puntos máis básicos, pois deberan existir traballos preparatorios, que non constan, así como informes previos do Xefe da Policía Local indicando os
  • 2. lugares de especial perigrosiade para o tráfico rodado nos que se encomenda a realización das labores de vixilancia. Xúntase documento oficial da DGT, acreditativo de que (con datos a setembro de 2014) o último accidente grave na Pobra foi en 2009, co falecemento dun veciño (DEP). III.- A maior abundamento, non se realizou unha campaña de concienciación ou divulgativa para a veciñanza, nin se deu "bombo e platillo" ao radar como se fai con outras actuacións do Sr. Maceiras; por citar un exemplo, a inauguración do Auditorio O'Lagar, realizada de forma ilegal a criterio da Xunta Electoral de Zona, pero desenvolvida con publicidade tanto institucional como comercial en prensa escrita. Se a contratación da empresa foi estritamente legal, ¿por que se lle ocultou á cidadanía? ¿Por que non se deu coñecemento no Pleno? IV.- O motivo non pode ser outro que o meramente recadatorio; mesmo se di nas rúas que a empresa cobra "a quiñón", unha porcentaxe do recadado, de aí que se omitise calquera sinalización ou advertencia a fin de garantir os termos económicos do negocio. A denuncias formuladas (diversas fontes municipais din que son 300, se ben o Alcalde di que son "duascentas e pico"), tendo en conta que o límite dos contratos menores é de 18.000 euros (art. 138.3 TRLCSP), enténdese que serán as imprescindibles para que a empresa acade a citada suma, descontada a parte da multa que quedaría para o Concello. De ser así, obviamente non sería necesaria a previa consignación orzamentaria (lembremos a existencia dun teito de gasto e o "corralito" imposto polo Plan de Pago a Provedores ao que se acolleu o Concello pola súa nefasta situación económico-financeira), polo que non se aprobaría o gasto até que o Concello recadase o importe necesario. Se esta situación é certa, estaríamos a falar probablemente da existencia dunha reserva de dispensación, por canto non se formularían as denuncias polos feitos captados polo dispositivo técnico unha vez acadado o importe contratado, cousa que o "radar" e o operador do mesmo non poden saber no momento de captación das supostas infraccións. V.- Non existe constancia de que no momento de captación das imaxes estivese presente un axente da policía local, a fin de outorgar ás imaxes
  • 3. captadas a presunción da veracidade de que gozan os feitos denunciados por un axente, polo que a mera impugnación en vía administrativa da sanción, ao non poder adverar o instrutor do procedemento a realidade da suposta infracción, suporía a obligatoriedade do arquivo do procedemento, por non poder desvirtuar a presunción de inocencia a denuncia formulada por un particular (o operador do radar, empregado de VIALINE GESTIÓN, S.L.). Non consta tampouco a sinatura dun contrato de confidencialidade para a cesión dos datos de carácter persoal dos condutores denunciados á mercantil xestora do servizo, se ben se puido comprobar que VIALINE GESTIÓN, S.L. ten debidamente inscrito na Agencia Española de Protección de Datos un ficheiro coa seguinte descrición: Identificación y finalidad del fichero: Nombre del fichero: EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS Descripción de la finalidad: CONJUNTO DE DATOS NECESARIOS PARA LA GESTION DE EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS SANCIONADORES EN MATERIA DE TRAFICO POR CUENTA Y AUXILIO DE LA ADMON TITULAR DE LA POTESTAD SANCIONADORA Tipificación de la finalidad: OTRAS FINALIDADES Tipos de datos, estructura y organización del fichero: Datos especialmente protegidos: Otros datos especialmente protegidos: Datos de carácter identificativo: D.N.I./N.I.F. NOMBRE Y APELLIDOS DIRECCION IMAGEN/VOZ FIRMA ELECTRONICA MATRICULA Otros tipos de datos: CARACTERISTICAS PERSONALES CIRCUNSTANCIAS SOCIALES Sistema de tratamiento: MIXTO Origen y procedencia de los datos:
  • 4. Origen: EL PROPIO INTERESADO O SU REPRESENTANTE LEGAL ADMINISTRACIONES PUBLICAS Colectivos: CLIENTES Y USUARIOS PERSONAS DE CONTACTO REPRESENTACION LEGAL CONDUCTORES. TITULARES DE VEHICULOS. Cesión o comunicación de datos: Destinatarios: ORGANIZACIONES O PERSONAS DIRECTAMENTE RELACIONADAS CON EL RESPONSABLE OTROS ÓRGANOS DE LA AMINISTRACIÓN PÚBLICA FUERZAS Y CUERPOS DE SEGURIDAD ADMINISTRACIÓN PÚBLICA CON COMPETENCIA EN LA MATERIA É dicir, VIALINE GESTIÓN, S.L. declara ante a AGPD que xestiona ficheiros con datos cedidos polas Administracións públicas para o desenvolvemento das súas actividades, pero non consta que o Concello da Pobra lle teña cedido os datos indicados seguindo o procedemento regulamentario. En consecuencia, o contrato administrativo estaría viciado por infracción do disposto na Disposición Adicional 26ª do TRLCSP, e a cesión de datos suporía unha infracción do disposto no art. 12 da LOPD. O Concello non pode ampararse nas especialidades tocante á tramitación do procedemento de selección do contratista no caso dos contratos menores para omitir as obrigas legalmente establecidas, nada menos que nunha Lei orgánica para o desenvolvemento dun dereito fundamental recoñecido na Constitución española. O contrato de cesión de datos debe revestir forma escrita, e debe ter sido redactado e outorgado con anterioridade ao inicio da prestación do servizo, como documento imprescindible.
  • 5. VI.- Noutro orde de cousas, non consta que se instalasen no casco urbano as sinais obrigatorias relativas a que se trataba dunha zona video-vixilada, consonte o disposto na "Instrucción 1/2006, de 8 de noviembre, de la Agencia Española de Protección de Datos, sobre el tratamiento de datos personales con fines de videovigilancia a través de sistemas de cámaras o videocámaras" publicada no BOE n.º 296, de 12.12.2006. Téñase en conta que, por tratarse dunha empresa privada a captadora das imaxes, e non dun equipo de captación e videovixilancia xestionado polos corpos e forzas de seguridade, non está excluído do ámbito de aplicación da instrución citada consonte o disposto no seu art. 1.2. En consecuencia, a captación das imaxes podería terse captado con infracción do dereito constitucional á intimidade e á propia imaxe (art. 18 CE), polo que as probas videográficas da suposta infracción de tráfico serían nulas por terse obtido con vulneración do dereito irrenunciable contido no art. 5 da LOPD. Estariamos a falar de que o tratamento das matrículas e cruce de datos cos de titularidade dos vehículos, adoecerían de vicios con entidade suficiente como para determinar a nulidade de todo o actuado. VII.- Toda a escuridade relativa ao procedemento de contratación, execución da prestación, e tramitación dos procedementos sancionadores debe ser aclarada, pois estanse a causar inquedanzas aos veciños da vila que non teñen a obriga de soportar, e estase a trasladar unha imaxe da institución do Concello da Pobra do Caramiñal absolutamente nociva, ao quebrar de forma directa o principio de confianza lexítima que informa as relacións entre o administrado e a Administración. A normativa de transparencia non é unha ferramenta electoral, senón unha ferramenta para que os cidadáns poidan exercitar o seu dereito a coñecer e a participar dos asuntos públicos. En consecuencia, proponse ao Pleno do Concello da Pobra do Caramiñal a adopción dos seguintes: ACORDOS
  • 6. 1.- Que se cree inmediata e urxentemente unha comisión especial de investigación entre os voceiros dos grupos políticos con representación municipal, a fin de dilucidar se a actuación do Concello da Pobra do Caramiñal por medio do seu Alcalde-Presidente no relativo á contratación directa da mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L. para a prestación dun servizo de video-vixilancia e medición da velocidade de vehículos cun cinemómetro, se axusta á legalidade vixente, así como para investigar se as labores desenvolvidas por esta mercantil na execución do servizo contratado vulneraron as normas aplicables, en particular no relativo ao dereito constitucional á protección da intimidade recollido no art. 18 da Constitución española, e desenvolvido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e o seu regulamento (RD 1720/2007, de 21 de decembro). Con carácter irrenunciable, as sesións da comisión de investigación cuxa constitución se solicita deberán ser ABERTAS AO PÚBLICO EN XERAL, preferentemente en horario que permita a asistencia dos veciños, e as labores de dirección e control dos debates deberán ser realizadas por funcionario público independente. 2.- Que se diten as correspondentes ordes de suspensión dos procedementos sancionadores iniciados contra os condutores con base no contrato e actividades realizadas pola mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L., até que finalicen as labores de investigación da comisión, coa elevación a un Pleno extraordinario do seu ditame para a adopción dos acordos que no seu caso corresponda, incluída no seu caso a declaración de nulidade da contratación e a anulación da totalidade dos procedementos sancionadores, ordenando neste último caso a devolución das cantidades percibidas dos veciños que se acolleron ao "pronto pago", mailos xuros correspondentes. 3.- Subsidiariamente, para o caso de que o Pleno non estime conveniente a celebración dunha comisión especial de investigación, e ante a presumible infracción de dereitos constitucionais pola instalación de medios de captación de imaxe con infracción do disposto na normativa de protección de datos de carácter persoal, así como a inexistencia dos documentos de cesión de datos especialmente protexidos e de garantías da súa confidencialidade, así como a presumible comisión de irregularidades invalidantes na tramitación dos expedientes sancionadores, que se acorde que polo órgano competente se inicie o procedemento de revisión de oficio dos expedientes sancionadores iniciados, e previa declaración de nulidade dos medios de proba das supostas infraccións obrantes aos mesmos, se
  • 7. diten as correspondentes resolucións de arquivo dos expedientes, con devolución das cantidades percibidas dos cidadáns que abonaron as sancións propostas con ou sen redución, incrementadas nos xuros que correspondan. 4.- Que se adopten medidas que REALMENTE sirvan para mellorar a seguridade das vías urbanas da Pobra do Caramiñal, en particular mediante a esixencia á Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña de que proceda á instalación de sinalización adicional (vertical e horizontal), así como á instalación de pasos peonís sobreelevados que obriguen aos condutores a diminuír a velocidade -os chamados "gardas tumbados"-. A Pobra do Caramiñal, 11 de marzo de 2015 Mª Teresa García Guillán